ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2004/06/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-06-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/06/25_Ordinaria

  • Data(s) 2004-06-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 25 de xuño de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vintecinco de xuño do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o señor deputado, D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12221.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 18 de xuño de 2004. ------ Folla: 2.12222.- MODIFICACIÓN DAS BASES DE AXUDA Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2004 Visto o informe da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños. Visto así mesmo, o informe de D. Andrés Hermida Trastoy, Director Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca, acerca das "Bases de Axuda á Pesca Costeira Artesanal 2004", acórdase por unanimidade modificar as "Bases de Axuda á Pesca Costeira Artesanal 2004", da seguinte forma: .- Punto 3.2.- Onde dicía "As embarcacións deberán estar inscritas no Censo da Flota Pesqueira Operativa", debe dicir "As embarcacións deberán estar inscritas no Censo da Flota Pesqueira Operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia". .- Punto 4.1.I).- Onde dicía "Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social, se procede, e perante a AEAT", debe dicir "Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social, se procede, e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas". .- E engadirase o punto 5.4 co seguinte texto "Non se poderán conceder estas axudas ós solicitantes que percibiran axudas polo mesmo concepto nos últimos cinco anos". ------ Folla: 3.12223.- PRÓRROGA SOLICITADA POR D. JESÚS LÓPEZ MÉNDEZ, PATRÓN MAIOR DA CONFRARÍA DE PESCADORES "LA ANUNCIADA" DE BAIONA, PARA REALIZAR E XUSTIFICAR A AXUDA ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA REXENERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS 2003 Vista a solicitude formulada por D. Jesús López Méndez, Patrón Maior da Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona, onde solicita prórroga para a realización e xustificación da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 26 de setembro de 2003, segundo "Bases de Axuda para adquisición de semente para rexeneración dos bancos marisqueiros", na contía de catro mil novecentos euros (4.900,00). Visto así mesmo o informe favorable da Bióloga do Servizo Agrario e o acordo da Comisión de Goberno de data 26 de setembro de 2003, acórdase por unanimidade a concesión dunha prórroga de seis meses para a realización e xustificación da axuda concedida no seu día, a partir da notificación do presente acordo. ------ Folla: 4.12224.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "MELLORA SEGURIDADE VIAL CARRETERA DE LOIS", NÚM. 254/390, DO CONCELLO DE RIBADUMIA, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Ribadumia unha subvención por importe de setenta e dous mil cento vinteún euros (72.121,00), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004 (libre disposición), partida 04/911.911.762.45 para financiar a obra: "Mellora seguridade vial carretera de Lois", co núm. 254/390 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 5.12225.- RENUNCIA A SUBVENCIÓN DE EMERXENCIA SOCIAL DE DONA JESUSA SOUTULLO RIVERO E DONA ESTHER PÉREZ VILAS, DE AS NEVES Visto o escrito do Sr. Alcalde do Concello das Neves de 1 de xuño de 2004, acórdase por unanimidade aceptar a renuncia a axuda de Emerxencia Social, concedida en Comisión de Goberno de 24 de outubro de 2002 a Dona Jesusa Soutullo Rivero por 2.500,00 euros para "Arranxo de vivenda" e a Dona Esther Pérez Vilas por 2.405,00 euros para "Cuarto de baño", anulando as referidas axudas. ------ Folla: 6.12226.- RENUNCIA A SUBVENCIÓN PARA CURSO DE "XARDINERÍA E FLORICULTURA" DA ASOCIACIÓN DE MULLERES PROGRESISTAS DE POIO Visto o escrito da presidenta da Asociación de Mulleres Progresistas de Poio, de 21 de maio de 2004, acórdase por unanimidade aceptar a renuncia á subvención para un curso de "Xardinería e floricultura" por importe de 450,00 euros concedida por Comisión de Goberno de 8 de agosto de 2003 procedendo a súa anulación. ------ Folla: 7.12227.- ADXUDICACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO NÚM. 1 DE "MELLORA EP 4202 TORTOREOS-CARRASQUEIRA (AS NEVES)" Visto o acordo da Comisión de Goberno adoptado en sesión celebrada o 05-07-2001, polo que se adxudicou a CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A., a obra "Mellora EP 4202 Tortoreos-Carrasqueira (As Neves)", por importe de 48.210.000 pesetas (289.747,94 euros), contando cun presuposto de contrata de 57.629.998 pesetas (346.363,26 euros); visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión de 26-03-2004, polo que se aprobou o proxecto modificado núm. 1 de dita obra na suma de 346.661,12 euros, unha vez aplicada a porcentaxe de baixa da adxudicación da obra inicial, representando un incremento sobre a adxudicación de 56.913,18 euros; visto o escrito de CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A., adxudicataria da obra inicial, no que presta a súa conformidade ó proxecto modificado núm. 1; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral estimando o expediente axustado á normativa vixente; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación, de acordo co establecido no art. 146.3 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. 3.- Adxudicar a CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A., a obra comprendida no Proxecto modificado núm. 1 de "Mellora EP 4202 Tortoreos-Carrasqueira (As Neves)", na suma de 56.913,18 euros, IVE incluído, cantidade correspondente á diferencia resultante entre o presuposto modificado e o presuposto de adxudicación da obra inicial. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 8.12228.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 18 de xuño do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan nas mesmas, de gastos efectuados polos CENTROS XESTORES e DEPENDENCIAS desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2004, acórdase por unanimidade aprobar a relación comprensiva de dez facturas, que figuran na referencia 200400000501 que importa un total global de seis mil sesenta e tres euros con noventa céntimos (6.063,90), que comeza coa emitida por Hogar Santa Isabel - Siervas de la Pasión, por importe de 2.469,69 euros e remata coa de Telefónica de España, S.A., por importe de 80,66 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de seis mil sesenta e tres euros con noventa céntimos (6.063,90), sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 9.12229.- ASISTENCIA A CURSO Visto o escrito presentado no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial o 3 de maio de 2004, polo Xefe do Servizo Agrario interesando que se conceda permiso e axuda económica ó funcionario D. Pedro Mansilla Vázquez, xefe do Servizo de Fitopatoloxía "Do Areeiro" e a Dona Olga Aguín Casal, funcionaria interina, técnica superior do Servizo Agrario, para asistir á celebración do III International Chestnut Congress, que se desenvolverá en Chaves (Portugal) dos días 20 ó 23 de outubro, acórdase por unanimidade, ó amparo do establecido no artigo 16 do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo de 8 de xaneiro de 2001 e normas aprobadas pola Comisión de Goberno de 11 de novembro de 1983, concederlle o permiso solicitado e unha axuda económica por importe de 1.652,82 euros desglosada por conceptos tal e como a continuación se relaciona: .- D. Pedro Mansilla Vázquez- Asistencia 22 e 23 de outubro de 2004 AXUDAS DE CUSTO: Día 22: 1 axuda de custo enteira 141,24 Día 23: 1 manutención 43,87 TOTAL 185,11 DESPRAZAMENTO: Coche propio: Pontevedra-Chaves-Pontevedra 210 x 2 x 0,192324 80,78 Peaxe e aparcadoiro 12,00 TOTAL 92,78 INSCRICIÓN TOTAL 390,00 .- Dona Olga Aguín Casal-Asistencia día 19 ó 23 de outubro de 2004 AXUDAS DE CUSTO: Día 19: 1 aloxamento e 1 cea 119,30 Días 20, 21 e 22: 3 axudas de custo reducidas ó 80% 112,99 338,98 Día 23: 1 manutención 43,87 TOTAL 502,15 DESPRAZAMENTO: Coche propio: Pontevedra-Chaves-Pontevedra 210 x 2 x 0,192324 80,78 Peaxe a aparcadoiro 12,00 TOTAL 92,78 INSCRICIÓN TOTAL 390,00 Estas cantidades imputaranse ás partidas 04/711.711.231.01, 04/711.711.230.01 e 04/122.314.162.00 de axudas de custo do persoal, locomoción e inscrición aboaranse de conformidade co establecido no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo. ------ Folla: 10.12230.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE MODIFICACIÓN PUNTUAL DAS NORMAS SUBSIDIARIAS DO CONCELLO DE A LAMA PARA A CREACIÓN DUN PARQUE EMPRESARIAL EN RACELO (A LAMA) Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Lama, de data 1 de xuño de 2004 (rexistro de entrada nº 020454, de data 08/06/04), pola que se remite copia do expediente en relación coas estradas provinciais sobre Proxecto de Modificación Puntual das Normas Subsidiarias do Concello de A Lama para a creación dun Parque Empresarial en Racelo (A Lama), a efectos de informe por parte desta Deputación. Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de novembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 15 de xuño de 2004, que literalmente di: "... que a pesar de que o ámbito de actuación ó que afecta a devandita modificación limita frontalmente co a EP 0301 A Lama-Ponteverdugo, na modificación proposta considérase o novo trazado de esta estrada e unha distancia da liña de edificación coincidente coa establecida para as estradas provincias pertencentes á rede primaria, polo que por parte deste servizo emítese informe positivo." A Xunta de Goberno por unanimidade, presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de A Lama. ------ Folla: 11.12231.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 12.12232.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 13.12233.- RECTIFICACIÓN E ACLARACIÓN DE ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 7 DE MAIO DE 2004 RELATIVO A "BORRADOR DE CONVENIO A SUBSCRIBIR CON DIVERSAS ASOCIACIÓNS E ENTIDADES PARA INVERSIÓN E MATERIAL" De conformidade co escrito do Xefe do Servizo de Acción Social, acórdase por unanimidade completar, rectificar e aclarar o acordo da Xunta de Goberno de 7 de maio de 2004, respecto ós conceptos e partidas de aplicación ós Convenios a subscribir coas Asociacións e Entidades que seguidamente se relacionan, de conformidade co disposto no art. 105 da Lei 30/92 de 26 de novembro de Procedemento Administrativo. CONVENIOS-SERVIZOS SOCIAIS 2004 Partida 04/313.313.780.02 Aprobado 654.000,00 euros BENEFICIARIO CONCELLO CONCEPTO CONTÍA (euros) 1. Enfermos pobres Vigo Renovar instalación calefacción 60.000,00 2. Alborada Vigo Renovar instalación eléctrica 18.000,00 3. AFAN Vigo Equipamento Asociació Freixeiro Ayuda Necesitado/ 6.000 4.Proyecto Hombre Vigo Acondicionamento inmoble Vigo 120.000,00 "Acougo" 5 BATA Vilanova Arousa Adquisición Edificio Centro Día 24.000,00 6 AMENCER Vilagarcía Arousa Construcción Centro Atención. Vilagarcía 60.000,00 7 LAR Vilagarcía Arousa Construcción Centro Ocupacional/Residencia 60.000,00 8 CON ELES Vilagarcía Arousa Construcción Centro Asistencial/Ocupacional 60.000,00 9 Asilo Vilagarcía Arousa Instalación detectores incendios/ascensor 30.000,00 10 Cáritas Interparroquial Arousa Vilagarcía Arousa Reparacións do Centro 18.000,00 11 Esclavas Virgen Dolorosa Mos Reforma/ampliación edificio 60.000,00 12 Asilo Tui Lavadora industrial 24.000,00 13 Asilo Cambados Adquisición lavadora, forno, secadora, etc. 24.000,00 14 Asilo Hermanas Desamparados Pontevedra Adquisición de cámaras frigoríficas 60.000,00 15 Comedor San Francisco Pontevedra Utensilios de cociña 6.000,00 16 Asilo Hermanitas Desamparados Vigo Instal. Megafonía xeral e timbres enfermería 18.000,00 17 San Francisco Vigo Obra en tres Centros *6.000,00 * Prevista a concesión de 18.000,00 euros, dos cales 12.000,00 euros se imputarán á partida 04/313.313.789.00 TOTAL 654.000,00 CONVENIOS-SERVIZOS SOCIAIS 2004 Partida 04/313.313.480.02 Aprobado 60.000,00 euros BENEFICIARIO CONCELLO CONCEPTO CONTÍA (euros) 1 Alecrín Vigo Piso de seguridade- funcionamento 12.000,00 2 Hoy por Mañana Vigo Funcionamento Centro 18.000,00 3 Special Olimpics Pontevedra Peregrinación discapacitados 18.000.00 Delegación Provincia Pontevedra TOTAL 48.000,00 ------ Folla: 14.12234.- INCREMENTO DO 2% DA APORTACIÓN DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Á FUNDACIÓN GALICIA EUROPA Resultando que en sesión do Padroado da Fundación Galicia Europa de data 29 de marzo de 2004, do que forma parte a Deputación Provincial, ó aprobarse o Presuposto da Fundación para o ano actual incrementouse un 2% as cuotas a aportar polos seus membros, establecéndose en 24.521,29 euros. Resultando que por Resolución Presidencial núm. 006311, de 13-05-04 se aprobou o abono á Fundación da cantidade de 24.050,00 euros, en concepto de aportación anual, sen terse en conta o aumento do 2% a que se fixo mención, posto que esa era a cantidade consignada para tal fin na partida 04/121.551.451.00 do vixente presuposto provincial. Acordouse por unanimidade o seguinte: 1º.- Aprobar o incremento do 2% na cuota anual a satisfacer á Fundación Galicia Europa, que para o actual exercicio de 2004 supón a cantidade de 471,29 euros. 2º.- Iniciar expediente de suplemento de créditos para poder proceder ó pagamento da cantidade antes mencionada. ------ Folla: 15.12235.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DOS AFOROS PARA COÑECER A INTENSIDADE MEDIA DIARIA DAS ESTRADAS DA REDE PROVINCIAL Visto o expediente tramitado ó efecto, a proposta do Enxeñeiro Director do Servizo de Vías e Obras polo que se solicita a contratación dos aforos para coñecer a intensidade media diaria das estradas da rede provincial. Visto así mesmo, o Documento RC de data 15-06-04 polo que se certifica a existencia de consignación para facer fronte ó gasto e o informe de fiscalización, emitidos todos eles por Intervención. Visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario obrante no expediente, acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación mediante concurso, procedemento aberto, dos aforos para coñecer a intensidade media diaria das estradas da rede provincial, por un importe de 40.000,00 euros, IVE incluído. Así mesmo acórdase autorizar dito gasto e aprobar o prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerán no concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido servizo, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 16.12236.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A REALIZACIÓN DUN INVENTARIO DAS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS, XEOMÉTRICAS E DE EQUIPAMENTO DA REDE DE ESTRADAS DA EXCMA. DEPUTACIÓN Visto o expediente tramitado ó efecto, a proposta do Enxeñeiro Director do Servizo de Vías e Obras polo que se solicita a contratación da realización dun inventario das características físicas, xeométricas e de equipamento da rede de estradas da Excma. Deputación. Visto así mesmo, o Documento RC de data 10-06-04 polo que se certifica a existencia de consignación para facer fronte ó gasto e o informe de fiscalización, emitidos todos eles por Intervención. Visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario obrante no expediente, acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación mediante concurso, procedemento aberto, da realización dun inventario das características físicas, xeométricas e de equipamento da rede de estradas da Excma. Deputación, por un importe de 131.892,00 euros, IVE incluído. Así mesmo acórdase autorizar dito gasto e aprobar o prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerán no concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido servizo, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 17.12237.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS" Vistos os acordos adoptados pola Xunta de Goberno en sesións de 28 de maio e 11 e 18 de xuño do presente ano polos que se aproban os proxectos obxecto do presente expediente, e que máis adiante se detallan; visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, de "Diversas obras" que a continuación se relacionan: 1.- "Mellora de trazado EP 0307 Peso-Caroi (A Lama)" (POL 2004) 300.000,00 2.- "Mellora trazado en Barreiro EP Salceda-Picoña (Salceda)" (POL 2004) 214.000,00 3.- "EP 0207 Ponte Caldelas-Parada-San Vicente (Ponte Caldelas)" (POL 2004) 318.000,00 4.- "EP 6504 Negreiros-Carboeiro (Silleda)" (POL 2004) 340.000,00 5.- "EP 6101 Vidueiro-Amedo (Dozón)" (POL 2004) 300.000,00 6.- "EP 9205 Sanxenxo-Meaño, Trav. de Lores (Meaño)" (POL 2004) 180.000,00 7.- "EP 8505 Ferreirós-Vilar (Valga)" (POL 2004) 243.998,25 8.- "EP 7106 Folgoso-Forcarei (Forcarei)" (POL 2004) 190.000,00 9.- "EP 9504 Lois-Besomaño-Ribadumia (Ribadumia)" (POL 2004) 280.000,00 10.- "EP 2803 Fornelos-Festín (Fornelos)" (POL 2004) 285.000,00 11.- "EP 8101 Portas-Romay (Portas)" (PPC 2004) 400.000,00 12.- "EP 2909 Arcade-Viso (Soutomaior-Redondela)" (PPC 2004) 270.000,00 13.- "EP 2405 Cerquido-Budiño (Porriño)" (PPC 2004) 280.000,00 14.- "Mellora EP 9510 de enlace EP 9305 (Coirón-Ribadumia-Leiro) coa EP 9504 (Lois-Besomaño-Ribadumia)" 496.944,00 TOTAL 4.097.942,25 As obras obxecto do concurso financiaranse da seguinte maneira: con cargo á partida 04/911.511-611.03 as obras números 1 a 10, ámbalas dúas inclusive; con cargo á partida 04/911.511-611.09 as obras números 11, 12 e 13, e a obra número 14 con cargo á partida 04/511.511-612.02 do vixente presuposto provincial. De acordo co informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, a obra núm. 14 "Mellora EP 9510 de enlace EP 9305 (Coirón-Ribadumia-Leiro) coa EP 9504 (Lois-Besomaño-Ribadumia)", licitarase por trámite de urxencia, rectificándose o prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso neste sentido. Así mesmo, expóñense ó público os proxectos e o prego de condicións que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 18.12238.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO,MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE "DIVERSAS OBRAS" Visto o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial, o Concello de A Illa de Arousa e o Club Céltiga de Fútbol para a execución da obra "Reforma para reposición de gradas, vestiarios e peche no campo de fútbol Salvador Otero (Illa de Arousa)", que foi aprobado pola Xunta de Goberno de 18 dos correntes, e subscrito polas partes intervenientes en 19 do mesmo mes, aprobándose o correspondente proxecto por acordo da Xunta de Goberno de 18-06-2004, por importe de 256.000,00 euros, con cargo á partida 04/123.452-622.01 do vixente presuposto provincial; visto o acordo da Xunta de Goberno adoptado en sesión celebrada o 28 de maio pasado, polo que se prestou aprobación, con cargo á partida 04/123.452-622.01, ó proxecto de "Reforma do Pavillón Polideportivo Municipal O Pombal (Cambados)", por importe de 480.809,68 euros, quedando condicionada a súa aprobación a que o Concello remite certificación de crédito dispoñible para asumir as súas achegas; visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das seguintes obras: 1.- "Reforma para reposición de gradas, vestiarios e peche no campo de fútbol Salvador Otero (Illa de Arousa)", cun tipo de licitación de 256.000,00 euros, IVE incluído. 2.- "Reforma do pavillón polideportivo municipal O Pombal (Cambados)", por importe de 480.809,68 euros, IVE incluído. A obra núm. 1 financiarase con cargo á partida 04/123.452-622.01 do vixente presuposto provincial. A obra núm. 2 financiarase con cargo á partida 123.452-622.01 nas anualidades de 2004, por importe de 240.404,85 euros, e 2005 por importe de 240.404,83 euros. Así mesmo, expóñense ó público os proxectos e o prego de condicións que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 19.12239.- ADXUDICACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO NÚM. 1 DE "PISCINAS EN CABANELAS (RIBADUMIA)" Visto o acordo da Comisión de Goberno adoptado en sesión de 30-01-2001, polo que se adxudicou a CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A., a obra "Piscina municipal en Ribadumia", por importe de 195.180,06 euros; visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno en sesión de 29-05-2003, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado núm. 1 de "Piscinas en Cabanelas (Ribadumia)", por importe de 169.917,19 euros, supoñendo un incremento sobre o importe de adxudicación de 24.737,13 euros, rectificándose dita aprobación pola Comisión de Goberno de 12-12-03 no sentido de que o importe do proxecto modificado é de 228.383,69 euros, unha vez aplicada a porcentaxe de baixa de adxudicación, representando un incremento de 33.203,63 euros; visto o escrito de CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A., adxudicataria da obra inicial, no que presta a a súa conformidade ó proxecto modificado núm. 1; visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario prestando conformidade á proposta do Servizo de Contratación; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación, de acordo co establecido no art. 146.3 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratados das Administracións Públicas. 3.- Adxudicar a CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A., a obra comprendida no proxecto modificado núm. 1 de "Piscinas en Cabanelas (Ribadumia)", na suma de 33.203,63 euros, IVE incluído, cantidade correspondente á diferencia resultante entre o presuposto modificado e o presuposto de adxudicación da obra inicial. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 20.12240.- PETICIÓN DA EMPRESA CONSTRUCCIONES CARRO, S.L., SOLICITANDO AUTORIZACIÓN DE CESIÓN DAS OBRAS COMPRENDIDAS NO PROXECTO DE: EP 9205 SANXENXO-MEAÑO, Á EMPRESA CALDEVERGAZO, S.L. Vista a petición formulada por D. José María Carro Pombo, en representación da empresa Construcciones Carro, S.L., de data 9 do actual mes de xuño, mediante a que solicita a autorización para a cesión dos dereitos e obrigas derivados do contrato subscrito con esta Deputación Provincial para a execución das obras comprendidas no proxecto de "Mellora e reforma da EP 9205 (Sanxenxo-Meaño)", a favor da empresa CALDEVERGAZO, S.L., así como a devolución da fianza, dado que o cesionario efectuará unha nova pola cantidade pendente de executar, e vistos os informes obrantes no expediente e RESULTANDO: a Comisión de Goberno desta Deputación Provincial en sesión celebrada o día 23 de xaneiro de 2003 acordou adxudicar, á vista da proposta formulada pola mesa de contratación, a Construcciones Carro, S.L., a obra de "Ensanche e mellora do firme da estrada pública EP 9205 (Sanxenxo-Meaño)", na contía de 474.741,00 euros, IVE incluído. RESULTANDO: o contratista constituíu fianza por un importe de 18.989,64 euros mediante a correspondente carta de pagamento de data 07-02-03 equivalente ó 4% do prezo de licitación, formulando o contrato correspondente o 7 de febreiro de dito ano. RESULTANDO: emítese certificación polo Enxeñeiro Director da Obra mediante a cal pon de manifesto que se leva executado un total de 231.756,46 euros, estando pendentes de executar 242.984,54 euros. Vista a Lei de Contratos das Administracións Públicas, RDL 2/2000, de 16 de xuño, así como o Regulamento Xeral correspondente e CONSIDERANDO, que o artigo 114 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, permite que os dereitos e obrigas dimanantes dun contrato de obras poderán ser cedidos a un terceiro sempre que as cualidades técnicas ou persoais non foran determinantes para a adxudicación do contratado, debendo cumprirse as condicións seguintes: a.- Autorización expresa e con carácter previo polo órgano de contratación. b.- Que o cedente teña ó menos executado un 20% do importe do contrato. c.- Que o cesionario teña capacidade para contratar coa Administración e a solvencia esixible de conformidade cos artigos 15 a 20, debendo estar debidamente clasificado se tal requisito foi esixido ó cedente. d.- Que se formalice a cesión entre o adxudicatario e o cesionario, en escritura pública. CONSIDERANDO que no caso que nos ocupa, de conformidade cos informes técnicos, cúmprense os requisitos previstos na normativa vixente, posto que segundo se deduce da certificación de obra se leva executado máis do 20% do proxecto de obra e a empresa Caldevergazo, S.L., a quen se ceden os dereitos pendentes de executar deste contrato, reúne as condicións de capacidade e solvencia por telos acreditados noutros expedientes, acórdase por unanimidade: 1.- Autorizar a cesión dos dereitos e obrigas derivados do contrato de obras subscrito entre esta Deputación Provincial e a empresa Construcciones Carro, S.L., para a execución das obras comprendidas no proxecto de mellora e reforma da EP 9205 Sanxenxo-Meaño a favor da empresa Caldevergazo, S.L., ó levar executado máis do 20% do contrato e cumprir os requisitos previstos na normativa vixente. Segundo certificación do director de obras lévanse executado un total de 231.756,46 euros estando pendentes de executar 242.984,54 euros. 2.- A cesión farase efectiva desde o momento en que se formalice entre o adxudicatario e o cesionario a correspondente escritura pública, quedando a partir de entón o cesionario subrogado en todos os dereitos e obrigas que correspondente ó cedente. 3.- O cesionario deberá constituír unha garantía por un importe do 4% das obras pendentes de executar, que ascenden a un total de 242.984,54 euros. Unha vez constituída poderá liberarse a garantía do cedente sempre e cando as obras foran executadas cumprindo todas as obrigas e previos os informes técnicos correspondentes. ------ Folla: 21.12241.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO NÚM. 1 DE "REPARACIÓN DA PONTE DE CATOIRA" Visto o acordo adoptado polo Pleno desta Deputación Provincial, en sesión de 28-02-2003, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración coa Deputación Provincial de A Coruña para a execución da obra "Reparación da Ponte de Catoira" con presuposto de 2.288.002,81 euros, financiándose a obra ó 50% entre ambas Institucións, e que foi subscrito o 05-05-2003; vista a certificación emitida polo Secretario da Deputación de A Coruña relativa a acordo plenario polo que se aproba o proxecto modificado núm. 1 de "Reparación da Ponte de Catoira", por importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra orixinal, de 2.188.570,28 euros, representando un presuposto adicional líquido de 350.452,28 euros, e que ten por obxecto reducir os prazos comprendidos no Plan de Obra do proxecto inicial; visto o escrito da Deputación Provincial de A Coruña, ó que achega dito proxecto modificado e no que, de acordo coa cláusula segunda do referido convenio, "... Cualquier incremento que se produzca en la obra como consecuencia de reformados o liquidaciones será financiado por ambas instituciones con idéntico porcentaje de financiación, previa la existencia de crédito adecuado y suficiente y aprobación por el órgano competente de las respectivas Diputaciones ...", solicita desta Deputación a remisión de acordo de aprobación do proxecto e compromiso da achega por importe de 175.226,14 euros; e, á vista do documento RC emitido por Intervención, no que se certifica a existencia de crédito dispoñible na partida 04/511.511-612.02 do vixente presuposto provincial, acórdase por unanimidade: 1.- Prestar aprobación ó proxecto modificado núm. 1 de "Reparación da Ponte de Catoira", por importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra orixinal, de 2.188.570,28 euros, representando un presuposto adicional líquido de 350.452,28 euros. 2.- Asumir o compromiso do gasto correspondente ó 50% do presuposto adicional líquido por importe de 175.226,14 euros, que aboará de acordo co establecido na cláusula cuarta do citado convenio de colaboración. ------ Folla: 22.12242.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE "OBRAS ANEXAS NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE TUI" Visto o proxecto de "Obras anexas no pavillón polideportivo de Tui", cuxo importe ascende á suma de 292.229,29 euros, IVE incluído; e, visto o documento RC, emitido por Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 04/123.452-622.01 do vixente presuposto provincial, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición