Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2004-08-06_Ordinaria. Acta de sesión 2004/08/06_Ordinaria
Acta de sesión 2004/08/06_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-08-06_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/08/06_Ordinaria
Data(s) 2004-08-06 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 6 de agosto de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta minutos do día seis de agosto do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Viceinterventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado, D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12346.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de xullo de 2004. ------ Folla: 2.12347.- CONVENIO ESPECÍFICO PARA O DESENVOLVEMENTO EN CENTROS DE TRABALLO Dada conta da remisión polo IES Manuel Antonio de Vigo, do Convenio Específico para o Desenvolvemento en Centros de Traballo. Resultando que non supón ningunha achega económica a esta Excma. Deputación. Resultando que o Convenio consiste nun Programa Formativo en Centro de Traballo dirixido ó alumnado de Formación Profesional específica da alumna Dona Paula Viña Lledó. Vistos os informes favorables do Enxeñeiro Director así como acordo da Xunta de Goberno de data 6 de abril onde se aproba Convenio igual pero para distinto IES, acórdase por unanimidade aprobar o "Convenio Específico para o Desenvolvemento en Centros de Traballo". Dito convenio é literalmente como segue: CONVENIO ESPECÍFICO PARA O DESENVOLVEMENTO DA FORMACIÓN EN CENTRO DE TRABALLO CONVENIO Nº 36013448-DS18003-056-001 Dunha parte: D/Dª Elías Carlos Cotobade Tombo con DNI. 35992456D como director/a do centro educativo IES Manuel Antonio Código de centro 36013448 localizado en Vigo provincia de Pontevedra, Avd. de Madrid, s/n - (Apartado 3138) código postal 36214 Código de identificación fiscal Q8655094D Teléfono 986273800 Fax 986253907 e doutra: D/Dª RAFAEL LOUZÁN con DNI. 35451643H como representante legal do centro de traballo ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO da empresa DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA localizado en Pontevedra provincia de Pontevedra A Robleda s/n código postal 36153 Código de identificación fiscal P3600000-H, Teléfono 986841491, Fax 986864291. EXPOÑEN S Que ámbalas dúas partes recoñecen capacidade e lexitimidade para acordar. S Que o obxectivo do presente CONVENIO é a colaboración entre ás que representan para o desenvolvemento dun PROGRAMA FORMATIVO de formación en centros de traballo, dirixido ó alumnado de formación profesional específica. S Que esta colaboración se fundamenta xuridicamente no artigo 34, punto 2, da lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE). ACORDAN S Subscribi-lo presente CONVENIO de colaboración para o desenvolvemento da formación en centros de traballo, de acordo coa normativa vixente emitida pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para o curso escolar 2004/05, por parte dos/as alumnos/as e correspondente ás ensinanzas recollidas a continuación, que ámbalas dúas partes coñecen e acatan, e de conformidade coas cláusulas que figuran no dorso deste documento. DENOMINACIÓN DA ENSINANZA (A)-Análise e control CÓDIGO DS18003TITOR DO CENTRO EDUCATIVO D/Dª Francisco Antonio Vázquez Vázquez APELIDOS E NOME Viña Lledó Paula DNI 77404486X NÚMERO HORAS 380 PERÍODO DE REALIZACIÓN DAS PRÁCTICAS DATA DE INICIO DATA FINALIZACIÓN 04/10/2004 17/12/2004 Ó presente convenio incorpórase á programación de actividades formativas (anexo II) para desenvolver polos/as alumnos/as nos centros de traballo e os documentos que faciliten o seguimento e avaliación destes En Vigo 25 de xuño 2004 O/A DIRECTOR/A DO CENTRO EDUCATIVOAsdo: Elías Carlos Cotobade Tombo O/A REPRESENTANTE DO CENTRO DE TRA-BALLOAsdo: Rafael Louzán Abal CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O alumnado que figura no presente convenio desenvolverá as actividades formativas programadas (anexo II), nos locais do centro de traballo, ou, se é o caso, naqueles lugares nos que a empresa titular do centro de traballo desenvolve a súa actividade productiva, sen que isto implique ningunha relación laboral coa empresa. SEGUNDA.- A entidade comprométese ó cumprimento da programación de actividades formativas, que previamente foran acordadas co centro educativo, a realiza-lo seu seguimento e a valoración do progreso do alumnado, e, xunto co/a titor/a do centro educativo, á revisión da programación, se unha vez iniciado o período de prácticas, e á vista dos resultados, fose necesario. TERCEIRA.- Cada alumno/a disporá dun documento de seguimento e avaliación das actividades realizadas, que será supervisado polo responsable da empresa en colaboración co titor/a do centro educativo. Neste documento figurarán as actividades formativas máis significativas realizadas na empresa, con rexistro de data e dos resultados semanais. Estes resultados semanais reflectiranse nunha ficha de seguimento e avaliación, que cubrirá o responsable na empresa. CUARTA.- A empresa nomeará unha persoa para a coordinación das actividades formativas que se realizarán no centro de traballo, que garantirá a orientación e consulta do alumnado, facilitará as relacións co profesorado-titor do centro educativo e achegará ós informes valorativos que contribúan á avaliación. A tal fin, facilitará ó profesorado-titor do centro educativo o acceso ó centro de traballo e as actuacións de valoración e supervisión do proceso. QUINTA.- A empresa ou entidade colaboradora non poderá cubrir, nin sequera con carácter interino, ningún posto de traballo do cadro de persoal co alumnado que realice actividades formativas na empresa, salvo que se estableza para o efecto unha relación laboral de contraprestación económica por servicios contratados. Neste caso, considérase que o/a alumno/a abandona o programa formativo no centro de traballo, debendo comunicar este feito á empresa ou institución colaboradora ó/a director/a do centro escolar, quen o comunicará á Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. SEXTA.- O alumnado non percibirá do centro de traballo ningunha cantidade pola realización das actividades formativas. SÉTIMA.- O presente convenio poderase extinguir por expiración do tempo convido e poderá ser rescindido por calquera das partes, mediante denuncia dalgunha delas, que será comunicada á outra cunha antelación mínima de cinco días e baseada nalgunha das seguintes causas: a) Cesamento de actividades do centro docente, da empresa ou institución colaboradora. b) Forza maior que imposibilite o desenvolvemento das actividades programadas. c) Incumprimento das cláusulas establecidas no convenio específico de colaboración, inadecuación pedagóxica das prácticas formativas, ou vulneración das normas que, en relación coa realización das actividades programadas, estean en cada caso vixentes. d) Mutuo acordo entre o centro docente, adoptado polo director do centro e a empresa ou institución colaboradora. Igualmente, poderase rescindir para un determinado alumno/a ou grupo de alumnos/as, por calquera das partes asinantes, e ser excluído da súa participación no convenio por decisión unilateral do centro, da empresa ou institución colaboradora, ou conxunta de ámbolos dous, nos seguintes casos: e) Faltas repetidas de asistencia e/ou puntualidade non xustificadas. f) Actitude incorrecta ou falta de aproveitamento, previa audiencia ó interesado. En calquera caso, o centro docente deberá informa-la delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da extinción ou rescisión dos convenios específicos de colaboración en calquera dos casos, e esta, a súa vez, o comunicará á Inspección de Traballo Provincial. Así mesmo, os representantes dos traballadores dos centros de traballo serán informados do contido deste convenio de colaboración. OITAVA.- Calquera eventualidade de accidente que puidera producirse será contemplada a teor do seguro escolar, de acordo coa regulamentación establecida polo Decreto 2078/71 do 13 de agosto (BOE do 13 de setembro). Todo iso sen prexuízo da póliza que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poida subscribir como seguro adicional para mellorar indemnizacións, cubrir danos a terceiros ou responsabilidade civil. NOVENA.- En todo momento, o alumnado irá provisto do DNI. DÉCIMA.- As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitirán ás Inspeccións de Traballo unha copia do presente convenio. DÉCIMO PRIMEIRA.- A duración deste convenio é a prevista no período de realización das prácticas, considerándose improrrogable. ------ Folla: 3.12348.- AXUDA ECONÓMICA Á CONFRARÍA DE PESCADORES SAN MARTÍN DE MOAÑA PARA A ADQUISICIÓN DE SEMENTE DE AMEIXA PARA CONTINUAR COA REALIZACIÓN DO ESTUDIO DE VIABILIDADE DA REXENERACIÓN DE BANCOS MARISQUEIROS Vista a solicitude formulada polo Patrón Maior da Confraría de Pescadores San Martín de Moaña, o informe económico favorable da Intervención, e os informes da Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do Enxeñeiro Xefe do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha axuda económica para a adquisición de semente de ameixa á Confraría de Pescadores San Martín de Moaña (CIF: G-36015212) para continuar coa realización do estudio de viabilidade da rexeneración de bancos marisqueiros, por importe de dous mil euros (2.000,00), con cargo á partida 711.711.479.01 do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 4.12349.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA "PAVIMENTACIÓN TREVELLO, ZAMAR, CAMIÑO NOVO, PRAZA RICARDO PORTELA, ETC.", DO CONCELLO DE COTOBADE, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Cotobade unha subvención por importe de sesenta e dous mil oitocentos oitenta e nove euros con corenta e oito céntimos (62.889,48), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financiar a obra: "Pavimentación Trevello, Zamar, Camiño Novo, Praza Ricardo Portela, etc.", co núm. 42/564 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 5.12350.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA "DEPÓSITO RAÑAS, ACCESO VILALEN, BORELA, ETC.", DO CONCELLO DE COTOBADE, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Cotobade unha subvención por importe de setenta mil douscentos euros (70.200,00), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financiar a obra: "Depósito Rañas, acceso Vilalen, Borela, etc.", co núm. 43/572 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 6.12351.- APROBACIÓN DAS MODIFICACIÓNS DO CONVENIO DE COLABORACIÓN A SUBSCRIBIR ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA "ADQUISICIÓN DUNHA DESBROZADORA ARTICULADA PARA O SERVIZO DE VÍAS E OBRAS DO CONCELLO" Acórdase por unanimidade, aprobar as modificacións do Convenio de colaboración a subscribir entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas, para o financiamento da "Adquisición dunha desbrozadora articulada para o Servizo de Vías e Obras do Concello", aportando a Deputación unha subvención a fondo perdido por un importe total de 25.000,00 euros, con cargo á partida 04/911.911.662.00 do vixente presuposto e sen que o gasto orixinado por todas elas exceda a dotación consignada. As modificacións introducidas afectan ós Pactos Segundo e Sexto, que quedan redactados da seguinte forma: Segundo.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra asume o financiamento da adquisición por un importe máximo de vintecinco mil euros (25.000,00), con cargo á partida 04/911.911.662.00. Sexto.- O presente CONVENIO entrará en vigor a partires da data da súa sinatura e ata a data de entrega do vehículo ó Concello por parte desta Deputación Provincial. O motivo da realización das anteriores modificacións é debido, en canto ó Segundo Pacto, a un erro estimativo do presuposto total da maquinaria, xa que non se incluía o importe do IVE correspondente. A modificación do Pacto Sexto realízase coa pretensión de aclarar o termo da vixencia do devandito Convenio. ------ Folla: 7.12352.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: ANVASOAN, S.L. .- A constituída en metálico por importe de cincocentos noventa e sete euros con sesenta céntimos (597,60), para responder do lote núm. 4 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do concurso do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 03-04-2003, núm. de operación 200300023001, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en metálico por importe de cento noventa e nove euros con vinte céntimos (199,20), para responder da ampliación do lote núm. 4 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do concurso do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 08-07-2003, núm. de operación 200300050649, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES DAFONTE, S.L. .- A constituída en metálico por importe de cento corenta e sete euros (147,00), para responder da ampliación do lote núm. 6 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do concurso do ano 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11-11-2002, núm. de operación 200200097124, sendo indispensable para retirala a presentación carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS Y TRANSPORTES M. CRISÓSTOMO, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova por importe de setecentos sesenta e seis euros con vinte céntimos (766,20), para responder do lote núm. 30 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do concurso do ano 2002, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 12-03-2002, núm. de operación 200200020188, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova por importe de mil trescentos dous euros con cincuenta e catro céntimos (1.302,54), para responder da ampliación do lote núm. 30 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2002, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 14-10-2002, núm. de operación 200200088505, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova por importe de setecentos sesenta e seis euros con vinte céntimos (766,20), para responder do lote núm. 32 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do concurso do ano 2002, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 12-03-2002, núm. de operación 200200020185, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova por importe de novecentos noventa e seis euros con seis céntimos (996,06), para responder da ampliación do lote núm. 32 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2002, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 14-10-2002, núm. de operación 200200088506, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo por importe de tres mil cincocentos vinteún euros con corenta céntimos (3.521,40), para responder do lote núm. 39 do concurso de subministro de materiais do concurso do ano 2002, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 12-03-2002, núm. de operación 200200020200, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo por importe de seis mil cincocentos trinta e oito euros con oitenta e oito céntimos (6.538,88), para responder do lote núm. 40 do concurso de subministro de materiais do concurso do ano 2002, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 12-03-2002, núm. de operación 200200020198, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo por importe de tres mil trescentos sesenta e seis euros con corenta céntimos (3.366,40), para responder do lote núm. 40 do concurso de subministro de materiais do concurso do ano 2002, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 12-03-2002, núm. de operación 200200020199, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de ACC Seguros por importe de dous mil cento catro euros (2.104,00), para responder da ampliación do lote núm. 40 do concurso de subministro de materiais do ano 2002, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 11-10-2002, núm. de operación 200200087975, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de ACC Seguros por importe de catro mil novecentos catro euros con dezaseis céntimos (4.904,16), para responder da ampliación do lote núm. 40 do concurso de subministro de materiais do ano 2002, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 11-10-2002, núm. de operación 200200087974, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS DE PUENTEAREAS, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de BCH por importe de tres mil cincocentos setenta euros (3.570,00), para responder do lote núm. 41 do concurso de subministro de materiais do concurso do ano 2002, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 12-03-2002, núm. de operación 200200020186, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de BHC por importe de mil cincuenta euros (1.050,00), para responder da ampliación do lote núm. 41 do concurso de subministro de materiais do ano 2002, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 14-10-2002, núm. de operación 200200088507, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de BCH por importe de mil novecentos trinta e dous euros (1.932,00), para responder do lote núm. 48 do concurso de subministro de materiais do concurso do ano 2002, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 12-03-2002, núm. de operación 200200020187, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de BHC por importe de dous mil noventa e tres euros (2.093,00), para responder da ampliación do lote núm. 48 do concurso de subministro de materiais do ano 2002, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 16-10-2002, núm. de operación 200200089320, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 8.12353.- APROBACIÓN DO GASTO, RECOÑECEMENTO DA OBRIGA E PAGAMENTO DA FACTURA DE CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, RELATIVA ÁS OBRAS DE "SINALIZACIÓN DO ACCESO E VALO DE MAMPOSTERÍA EN ACCESO Á PRAIA DE LAPAMÁN (BUEU)" Visto o informe de D. Alfredo Montero Vaz, Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, Xefe da Zona Norte, Director da obra de: "Acceso praia de Lapamán (Bueu)" (Fondos Propios-2003), adxudicadas a CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L., na cantidade de 22.510,19 euros, polo que nos di que foi necesaria a urxente sinalización do acceso así como a realización de valo de mampostería non contemplado no proxecto, e cuxo importe ascendeu a 2.442,33 euros, e así mesmo visto o informe favorable do Servizo de Intervención, acórdase por unanimidade prestar aprobación o gasto, o recoñecemento da obriga e o pagamento da factura de CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L., relativa ás obras de: "SINALIZACIÓN DO ACCESO E VALO DE MAMPOSTERÍA EN ACCESO A PRAIA DE LAPAMÁN (BUEU)", núm. 72/2004 de 17-06-2004 e cuxo importe ascende á cantidade antes citada de 2.442,33 euros. ------ Folla: 9.12354.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 22 de xullo do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos CENTROS XESTORES e DEPENDENCIAS desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2004, acórdase por unanimidade aprobar: .- A relación comprensiva de vintenove facturas, que figuran na referencia 200400000632, por un importe global de once mil novecentos vintesete euros con cincuenta e nove céntimos (11.927,59), a primeira das cales é a relativa a Correduría de Seguros Lorente y Rivas, S.L., por un importe de 785,55 euros, e remata coa correspondente a Talleres Fernández Franco, S.L., por un importe de 593,69 euros, na que se recoñecen obrigas por un importe de once mil novecentos vintesete euros con cincuenta e nove céntimos (11.927,59). As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 10.12355.- PRÓRROGA DE DÚAS BECAS DE INVESTIGACIÓN PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE De conformidade co establecido nas bases da convocatoria de dúas becas de investigación para o Laboratorio da Finca Mouriscade, publicadas no Boletín Oficial da Provincia núm. 118 de data 20 de xuño de 2003, acórdase por unanimidade, a proposta do Enxeñeiro-Xefe do Servizo Agrario, prorrogar estas dúas becas a Dona Mª del Pilar Cuñarro Jácome e a Dona Natalia Rodríguez González, con efectos de 16 de agosto e ata o 31 de decembro de 2004. A dotación económica destas becas ascende a 841,41 euros/mes, o que supón para o exercicio de 2004 un total de 7.572,69 euros, cantidade que se imputará á partida 04/711.711.481.01 do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 11.12356.- PRÓRROGA DUNHA BECA DE INVESTIGACIÓN PARA O LABORATORIO DA FINCA AREEIRO De conformidade co establecido nas bases da convocatoria dunha beca de investigación para o Laboratorio da Finca Areeiro, publicada no Boletín Oficial da Provincia núm. 141 de data 24 de xullo de 2002, acórdase por unanimidade, a proposta do Enxeñeiro-Xefe do Servizo Agrario, prorrogar esta beca a Dona Saleta González Pimentel, con efectos de 1 de setembro e ata o 31 de decembro de 2004. A dotación económica da referida beca ascende a 841,41 euros/mes, o que supón para o exercicio de 2004 un total de 3.365,64 euros, cantidade que se imputará á partida 04/711.711.481.01 do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 12.12357.- CONCESIÓN DE PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO Visto o escrito de data 15 de xuño presentado polo funcionario D. Pedro Mansilla Vázquez, Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, interesando permiso e axuda económica para que Dona Olga Aguín Casal poida asistir ó "XII Congreso de la Sociedad Española de Fitopatología" que terá lugar en Lloret de Mar (Girona) do 26 de setembro ó 1 de outubro de 2004, acórdase por unanimidade, ó amparo do establecido nas normas aprobadas pola Comisión de Goberno en sesión celebrada o 11 de setembro de 1983, desestimar a petición formulada pola interesada, dado que por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o pasado 25 de xuño de 2004, concedeuse a dita funcionaria permiso e axuda económica por importe de 984,93 euros para asistir ó "III International Chestnut Congress" que terá lugar en Portugal do 20 ó 23 de outubro de 2004. ------ Folla: 13.12358.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 14.12359.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptouse o seguinte acordo: ------ Folla: 15.12360.- DAR CONTA DE SENTENZA A Xunta de Goberno queda enterada da seguinte sentenza: Dada conta da Sentenza do Xulgado do Contencioso nº de Pontevedra, recaída en autos de recurso procedemento abreviado nº 95/ 2004, promovidos por D. José Benito Vilas Baulo, na que se estima a demanda formulada e anula, en consecuencia, o acordo desta Xunta de Goberno de 29 de xaneiro de 2004, no que se desestimaba a reclamación presentada de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada de Romai á Goulla, o día 19 de febreiro de 2003, acórdase: Primeiro.- Proceder ó cumprimento da sentenza nos seus propios termos, que no seu fallo condena á Deputación ó aboo a Don José Benito Vilas Baulo da cantidade de 997,42 euros e a que se acredite en execución de sentenza por substitución da ponte do motor do seu vehículo BMW 324 PO-0182-BD, ata o máximo de 330,75 euros, cantidades que devengarán o xuro legal desde a data de presentación da reclamación en vía administrativa (17-12-2003) e conforme ó artigo 106 da LRXCA a partir da notificación da sentenza. Segundo.- En consecuencia, que a Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica se dirixa ós demandantes a fin de que xustifiquen o importe total da reparación do vehículo, de conformidade co ordenado da sentenza, e que indiquen os datos da conta en entidade bancaria na á que realizar a transferencia do devandito importe, que se producirá no momento en que pola súa parte se cumpra dito trámite. Terceiro.- Dar traslado do presente acordo á Intervención, ós efectos oportunos. Cuarto.- Asemade, trasladarase ó Servizo de Vías e Obras para aclaración -en evitación actuacións similares no futuro- de porque se consigna no corpo do informe que "... INDEZA estaba en obras" (na data do sinistro, é dicir o 19-01-03) cando o propio Servizo, a través dun dos seus técnicos, recibiu a obra o 31 de outubro de 2002. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------
Ãrea de notas
Nota