Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2004-10-01_Ordinaria. Acta de sesión 2004/10/01_Ordinaria
Acta de sesión 2004/10/01_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-10-01_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/10/01_Ordinaria
Data(s) 2004-10-01 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 1 de outubro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día un de outubro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Sr. D. Ramón Campos Durán. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12449.- ACTA ANTERIOR Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 24 de setembro de 2004. ------ Folla: 2.12450.- BASES REGULADORAS DE AXUDAS A COOPERATIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vistas as Bases Reguladoras de axudas económicas a Cooperativas da provincia de Pontevedra rectificadas segundo informe emitido por Asesoría Xurídica, e o de Intervención no que certifica a existencia de consignación por importe de 110.000,00 Euros na partida 04/711.711.789.00 do vixente Orzamento Provincial, segundo retención de crédito número 200400066126: visto así mesmo o dictame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 22 de setembro de 2004, acórdase por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras de axudas económicas a cooperativas da provincia de Pontevedra. Ditas bases son como segue: BASES REGULADORAS DE AXUDAS PARA AS COOPERATIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PRINCIPIOS XERAIS A Deputación de Pontevedra, consciente da importancia das Cooperativas e o movemento cooperativista para o desenvolvemento do sector agropecuario provincial, establece as axudas ás mesmas e que se rexerán polas presentes bases. 1.- OBXECTO Constitúe o obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas que outorgue a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida orzamentaria 04/711.711.789.00 cun crédito inicial de CENTO DEZ MIL (110.000,00) EUROS. 2.- ACTUACIÓNS SUSCEPTIBLES DE AXUDA E CONTÍA DA SUBVENCIÓN 2.1.- Serán obxecto de axuda as inversións realizadas polas cooperativas, para mellorar os servizos que preste ós socios (construccións, equipamentos, maquinaria, instalacións, reparacións en edificios que sexan inversións, estudios técnicos, mobiliario, etc.). 2.2.- As axudas económicas poderán acadar ata o 50% da inversión realizada, sempre que sexan compatibles con outras axudas recibidas para a mesma inversión por outros organismos e que en ningún caso a concorrencia destas superará o custe da inversión realizada. 3.- ÓRGANO DE CONCESIÓN O Ilmo. Sr. Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, previo informe da Comisión de Agricultura e Gandería, salvo en casos de urxencia na que se podería conceder a axuda e dando conta posteriormente á Comisión. 4.- BENEFICIARIOS Poderá solicitar as axudas calquera cooperativa agraria da Provincia de Pontevedra, tendo prioridade para a percepción das axudas, as cooperativas de segundo grado e as cooperativas que teñan maior número de socios. 5.- FORMULACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra, adxuntándose a documentación seguinte: a) Instancia asinada polo Presidente da Cooperativa. b) Acordo do órgano de Goberno da mesma. c) Memoria descriptiva da inversión a realizar, especificando as características técnicas dos equipamentos e maquinaria, obras, estudios técnicos, mobiliario, etc. Nas obras adxuntarase orzamento técnico das mesmas, coas unidades de obra desglosada e prezo unitario das mesmas. d) Certificado de acordo da xunta de goberno da Cooperativa comprometéndose á realización das obras. e) Certificación, na que conste se se solicitaron ou se obtiveron axudas para as inversións para as que solicita axuda doutras administracións públicas, e a súa contía en relación co orzamento total das inversións a realizar. f) Tarxeta de identificación fiscal e certificado da conta bancaria. g) Número de Socios de cada cooperativa e categoría da misma. 6).- PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As axudas que se contemplan na presente Convocatoria poderán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, durante trinta (30) días naturais no Rexistro Xeral da Deputación Provincial. 7).- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS 7.1.- Para recibir as subvencións concedidas será necesario presentar na Deputación Provincial, os seguintes escritos: a) Escrito asinado polo Presidente da Cooperativa, dirixido ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra solicitando o pago da axuda concedida. b) Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas das mesmas ou certificación das obras realizadas asinada por técnico competente. c) Certificación da axuda recibida ou concedida para as mesmas inversións por outros organismos públicos e a súa contía con respecto ó gasto total realizado. d) Certificación de estar ó corrente de pago coa Seguridade Social e a A.E.A.T. 7.2.- A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase, en todo caso antes do 31 de outubro de 2005. 8).- CONTROL E SEGUEMENTO DAS SUBVENCIÓNS Os servizos técnicos do Servizo Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión de subvencións e para que se realicen correctamente as inversións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflexando os resultados no correspondente informe, así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. 9).- RESPONSABILIDADES O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nas BASES e demais normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. ------ Folla: 3.12451.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA COORDINAR ACCIÓNS DE INVESTIMENTO DERIVADAS DOS PLANS DE PORTOS EN EQUIPAMENTOS PORTUARIOS E OUTROS EQUIPAMENTOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vistos os informes do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario e da Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños, Asesoría Xurídica e a dispoñibilidade orzamentaria segundo RC emitido pola Intervención por importe de DOUSCENTOS CORENTA MIL EUROS (240.000,00), con cargo á partida 711.711.779.02. Visto igualmente o dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, acórdase por unanimidade aprobar o Convenio entre a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para coordinar accións de inversión derivadas dos plans de portos en equipamentos portuarios e outros equipamentos na provincia de Pontevedra, e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA COORDINAR ACCIÓNS DE INVESTIMENTO DERIVADAS DOS PLANS DE PORTOS EN EQUIPAMENTOS PORTUARIOS E OUTROS EQUIPAMENTOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA REUNIDOS Por unha parte, o Excmo. Sr. CONSELLEIRO DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS, D. Enrique López Veiga, investido das facultades que se lle confiren segundo o artigo 34.10 da Lei 1/ 1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, actuando en nome e representación da Xunta de Galicia (DOG do 21-03-83). E, por outra, o Ilmo. Sr. PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, D. Rafael Louzán Abal, de acordo coas competencias que se lle outorgan segundo o artigo 34.1b da Lei 7/ 85, do 2 de abril, de Bases de Réxime Local. INTERVEÑEN Ámbalas dúas partes no exercicio das competencias que lles están legalmente atribuídas, recoñecéndose reciprocamente capacidade e obrigándose segundo os termos que constan neste documento. MANIFESTAN Que a pesca artesanal e o marisqueo, sempre tiveron unha grande importancia dentro do conxunto da actividade económica galega, propiciada polas excepcionais condicións naturais que concorren nas rías e augas marítimas interiores. Esta actividade, ó xerar importantes ingresos, convértese no motor económico de moitos dos pobos do litoral, tanto polos ingresos directos como polos inducidos nas actividades auxiliares e complementarias. Que unha das medidas destinadas a consolidar o sector da pesca artesanal e o marisqueo, á vez que promover a súa modernización é a posta en marcha dos plans de portos, que contemplan unha serie de actuacións dirixidas a equipar os portos pesqueiros e as confrarías de pescadores das instalacións máis axeitadas para afrontar a modernización da pesca artesanal e o marisqueo, labor que coordina a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, dentro da Consellería. Que para o desenvolvemento destas accións están contempladas, para a provincia de Pontevedra, investimentos en equipamentos portuarios e outras instalacións destinadas a estes fins, aportando a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos a cantidade de OITOCENTOS CORENTA E NOVE MIL TRESCENTOS CINCUENTA (849.350,00.-) EUROS, con destino ás Confrarías de Pescadores, Organizacións de Productores e Agrupacións de Mariscadores. Que a Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do disposto no artigo 36. 1d, da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, é competente en materia de fomento e administración dos intereses peculiares da provincia. En consecuencia, e coa finalidade de cooperar nas accións incluídas nos plans de porto da provincia de Pontevedra, así como coordinar as accións nesta materia, as dúas partes subscriben o presente Convenio, conforme coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O presente Convenio, subscrito entre ámbalas institucións, establécese para os efectos de regular a cooperación entre a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e maila Deputación Provincial de Pontevedra para a realización das accións de equipamento portuario e outras instalacións dos portos do litoral da provincia de Pontevedra, incluídas nos Plans de Desenvolvemento Pesqueiro de Porto, elaborados polas confrarías de pescadores. En calquera caso, a aportación da Deputación ó referido programa será en beneficio das Confrarías, Organizacións de Productores ou Agrupacións de Mariscadores da provincia de Pontevedra, sen prexuízo da contribución económica e técnica que lle corresponda á Consellería como consecuencia da execución do mencionado Programa. SEGUNDA.- A Deputación comprométese a: 1.- O cofinanciamento de equipamentos portuarios e outras instalacións, por un valor de DOUSCENTOS CORENTA MIL (240.000,00.-) EUROS, financiando os investimentos de diversas Confrarías de Pescadores da provincia de Pontevedra, destinados a adquisición de equipos, vehículos, obras en locais, embarcacións e/ou reforma e mellora das mesmas e outras que de acordo coa consellería se atopen recollidas nos plans de desenvolvemento pesqueiro do porto da Confraría que a solicita, subvencionando a Deputación as referidas inversións. O pagamento realizarase ás Confrarías contra a presentación dos xustificantes do investimento, e con cargo a partida 711-711-779.02 do vixente orzamento provincial. 2.- Poñer en coñecemento da Consellería calquera incidencia que afecte ó pagamento do material reseñado. 3.- Realizar un seguimento conxunto da boa utilización dos investimentos financiados. TERCEIRA.- A Consellería comprométese a: 1.- Executar as accións previstas nos Plans de desenvolvemento pesqueiro dos portos do litoral da Provincia de Pontevedra, financiando, particularmente, aquelas de infraestructura ou instalacións que ocupen espacios portuarios, con cargo á aplicación orzamentaria 12.04.615.V.604.1. A execución destas accións realizarase mediante a formalización de convenios de colaboración coas Confrarías ou con outras entidades asociativas do sector, ou directamente pola propia Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, mediante os procedementos contractuais legalmente establecidos. Nestes convenios específicos, recollerase os sistemas de xustificación dos correspondentes pagos. 2.- Pór en coñecemento da Deputación as incidencias que lle afecten ós Plans de desenvolvemento pesqueiro dos portos na provincia de Pontevedra. 3.- Realizar un seguimento conxunto da boa utilización dos equipamentos, vehículos e maquinaria financiada. CUARTA.- Co fin de facilitar as tarefas de seguimento, control e coordinación que permitan o cumprimento dos obxectivos do presente Convenio, constitúese unha comisión mixta Consellería-Deputación, que estará integrada polos membros seguintes: -Representando á Consellería, o Delegado Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e un funcionario de dita Consellería. -Representando á Deputación, o Xefe do Servizo Agrario e a Bióloga de Pesca e Cultivos Mariños do Servizo Agrario. QUINTA.- O presente Convenio será aplicable durante o período de vixencia dos Plans de desenvolvemento pesqueiro dos portos, o que constitúe o seu obxecto, iniciándose a mesma no momento da súa sinatura e prolongándose deica o 31 de decembro do presente ano. Se, finalizado o período de cooperación, as accións obxecto deste Convenio non estivesen rematadas, o referido período de cooperación poderá ser prorrogado mediante Acta complementaria, asinada por ámbalas partes. SEXTA.- O incumprimento destas normas por unha das partes facultará á outra para rescindir o Convenio, quedando automaticamente anulados tódolos dereitos correspondentes sobre o obxecto do mesmo. Como proba de conformidade e para a debida constancia do convido, ámbalas partes outorgantes subscriben este documento que se asina en Pontevedra, o día de de 2004. O CONSELLEIRO DE PESCA O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN E ASUNTOS MARÍTIMOS DE PONTEVEDRA Asdo.: Enrique López Veiga Asdo.: Rafael Louzán Abal ------ Folla: 4.12452.- PROPOSTA DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS 2004 De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de subvencións para asociacións culturais, que se relacionan, por un total de 44.050,00 Euros, con cargo á partida 04/451.451.489.05. CONCELLO/PETICIONARIO/OBXECTO SUBVENCIÓN/IMPORTE: BUEU Coral Polifónica Marusía Axuda ós concertos de letras galegas e de verán 1.500,00 A ESTRADA Recreo Cultural da Estrada Axuda ós concertos de música coral 1.500,00 MARÍN ADEMAR-Agrupación para a defensa de Marín Axuda ós actos de liberación de Marín 600,00 MARÍN Universitat Passau-Jose I. Teijeira Martínez Axuda ó XXIV Curso de verán da Universidade de Passau 1.800,00 MEIS Agrupación Folclórica "O Trevo" Axuda ó Festival folclórico 1.200,00 MORAÑA Asociación Coral Voces Amigas Axuda ó III Certame de Panxoliñas 600,00 OIA Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia Axuda ás IV Xornadas do Mosteiro de Oia 1.800,00 PONTEAREAS AA.VV. San Jorge de Ribadetea Axuda ó Festival Cultural de Verán 600,00 PONTEAREAS Asociación Cultural San Nicolás de Prado Axuda a xornadas de teatro e encontros folclóricos 600,00 RIBADUMIA Asociación de Xubilados "A Senra" Axuda ás xornadas de Teatro 2.000,00 TOMIÑO C.F.E. Amigos das carrozas de Amorín Axuda ós actos culturais da Virxe da Agonía-2004 400,00 VIGO A.V.C.D. "Monte da Mina" de Castrelos Axuda á Festa Homenaxe ós Maiores 600,00 VIGO A.VV. "AGARIMO" San Xoán-Poulo Axuda para custes de monitoras de danza moderna 600,00 VIGO A.VV. De Coia Camiño Vello Axuda á promoción do certame literario "Os corenta anos de Coia" 600,00 VIGO AA.VV. "O Freixo" Axuda para as Escolas Folclóricas e animación infantil 1.200,00 VIGO AA.VV. De Cabral Axuda ó XII Outono Cultural 900,00 VIGO AA.VV. Emilio Crespo Cano de Navia Axuda á realización dun curso de teatro 600,00 VIGO AA.VV. San Miguel de Oia Axuda ó mes cultural-2004 900,00 VIGO Agrupación de centros deportivos e culturais de Vigo Axuda ó IV Encontro Cultural 600,00 VIGO Agrupación Folclórica Xalgarete Axuda ó X Concurso de Música Tradicional 900,00 VIGO Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia Axuda ás Xornadas de Santa Cecilia 1.000,00 VIGO Asociación Cultural "O Coto" Axuda á XVI Xuntanza Folclórica 300,00 VIGO Asociación Cultural Lareira Teatro Axuda ó curso de formación teatral 600,00 VIGO Asociación de integración Galego-Brasileira Axuda ó concurso literario 300,00 VIGO Asociación de Mariñeiros Artesanais San Miguel de Bouzas Axuda ó VI Encontro de Corais da canción mariñeira 600,00 VIGO Asociación de Mulleres "ACCEDO" Axuda para charlas e conferencias 600,00 VIGO Asociación de Viudos Unión e Amistade Axuda a curso Socioloxía 750,00 VIGO Asociación Folclórica Andarela Axuda ás XIV Xornadas Folclóricas zona sur 900,00 VIGO Asociación Folclórica Corisco Axuda á organización de festival folclórico 1.100,00 VIGO Asociación Galega San Francisco Axuda á Festa Galega de Encontro dos distintos centros 500,00 VIGO Asociación Gallaecia Axuda á realización dun curso sobre interpretación ambiental 600,00 VIGO Asociación Veciñal Cultural e Dep. San Xurxo de Saiáns Axuda ó IV Festival de Música Xove de Saiáns 2.400,00 VIGO Asociación Cultural do Salvador de Teis Axuda á promoción e recuperación de festas tradicionais 1.500,00 VIGO Asociación Gamboa Club Cultural Axuda ó Ciclo de Conferencias "Gamboa 2004" 1.500,00 VIGO Asociación Irmandade de Santa Ana Beade Axuda ós actos homenaxe da 3ª idade 1.500,00 VIGO ASPANAEX (Asociación protectora de minusválidos psíquicos) Axuda para unha xornada lúdica de intercambio 600,00 VIGO Centro Recreativo e Cultural de Cabral Axuda á organización do XV Festival Folclórico Internacional 1.200,00 VIGO Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo Axuda para exposicións de pintura e fotografía 1.800,00 VIGO CITE-Centro de Información Traballadores Extranxeiros Axuda ó "Encontro sindical cos traballadores migrantes" 1.000,00 VIGO Coral Polifónica María Madre del Buen Pastor Axuda para o Festival de Corais 2004 1.500,00 VIGO Instituto Internacional de Eutonía Axuda á organización de cursiños de formación en Eutonía 1.000,00 VIGO Plan Comunitario de Teis Axuda á recuperación e potenciación de Festas Populares 600,00 VIGO Sociedade Cultural Recreativa e Dep. Helios Axuda ó día mundial do Acordeón 1.200,00 VILAGARCÍA DE AROUSA Liceo Casino Vilagarcía Axuda ó espectáculo escenográfico de poesía, teatro e danza 600,00 VILANOVA DE AROUSA Comisión de Festas de San Roque do Monte Axuda ós actos da tradicional Festa de San Roque 900,00 TOTAL 44.050,00 ------ Folla: 5.12453.- PROPOSTA DE SUBVENCIÓNS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL DEPORTIVO INVENTARIABLE De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Deportes, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de subvencións para mellora de instalacións e adquisición de material deportivo inventariable ós Clubes e Entidades Deportivas, que se relacionan, por un total de 13.700,00 Euros, con cargo á partida 04/451.452.789.00. CONCELO/PETICIONARIO/OBXECTO SUBVENCIÓN/IMPORTE: A ESTRADA Callobre, CF Compra de material: porterías, mini fútbol, equipo informático 1.800,00 MARÍN Clube Taekwondo Mat's Compra material: petos, cascos, manopla, makiwara, saco ... 800,00 MARÍN Marín CF Construcción de instalacións para almacén e utensilios 1.800,00 MOAÑA Sociedade Deportiva Tirán Compra de oito remos 1.800,00 PONTEVEDRA Clube de tiro olímpico Cernadiñas Novas Compra de material: 3 transportadoras de blancos world Champión 1.200,00 PONTEVEDRA Mareantes Rugby Clube Pontevedra Adquisición material: sacos de placaxe, escudos, balóns, etc. 1.500,00 PORRIÑO, O Club Balonmano Porriño Compra material: balóns medicinais, conos, colchonetas, vallas 1.500,00 PORTAS Escudería Charli Romeo Compra de material: equipos emisoras, vallas, conos, balizas ... 500,00 POIO CD del Valle FS Compra de material: Cinta motorizada e estación multifuncional 1.000,00 RIBADUMIA Clube Náutico O Muiño Compra de material: 10 embarcacións, palas, banco pesas, discos... 1.800,00 TOTAL 13.700,00 ------ Folla: 6.12454.- DEVOLUCIÓN DE FIANZAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.D.Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Ley de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos acórdase a devolución das seguintes garantías: CONSTRUCCIONES BARREIRO B., S.L. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de DOUS MIL TRESCENTOS SEIS EUROS CON SETENTA CÉNTIMOS (2.306,70), para responder de: CONSTRUCCIÓN PERIMETRAL PARA RECOLLIDA DE PLUVIAIS NO PAZO PROVINCIAL, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/12/01, segundo núm.200100200044 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de Caixanova, por importe de MIL CATROCENTOS TRINTA E CINCO EUROS CON VINTE E SEIS CÉNTIMOS (1.435,26), para responder de: REPARACIÓN XERAL DA CUBERTA NA IMPRENTA PROVINCIAL, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/09/01, segundo núm.de operación 200100045489, (SIC/2001049214), sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. INDEZA, S.L. - A constituída en valores,mediante aval de ACC SEGUROS DE CAUCIÓN, por importe de CATORCE MIL SETECENTOS CORENTA E NOVE EUROS CON SETENTA E DOUS CÉNTIMOS (14.749,72), para responder de: POLIDEPORTIVO CUBERTO NO COLEXIO DE E.X.B. SANTO TOMÉ DE CAMBADOS, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/06/99, segundo núm.19990295079 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. LA SOCIEDAD ESTATAL DE INFRAESTRUCTURAS Y EQUIPAMIENTOS PENITENCIARIOS, S.A. - A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de CENTO CORENTA E UN MIL CENTO VINTE E NOVE EUROS CON SETENTA E TRES CÉNTIMOS (141.129,73), para responder de: ACONDICIONAMENTO E MELLORA EP A LAMA-PONTEVERDUGO (Cª ACCESO CENTRO PENITENCIARIO A LAMA), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 9/02/2001, segundo núm.200100002949 de operación, (SIC/2004104), sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. ZULUETA CORPORACIÓN PARA LA NATURALEZA, S.A. - A constituída en metálico, por importe de MIL SETECENTOS CINCUENTA E CATRO EUROS CON OITENTA E SETE CÉNTIMOS (1.754,87), para responder de: REMODELACIÓN E PAVIMENTO DE HERBA NATURAL NO CAMPO DE FÚTBOL DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/03/2003, segundo núm.200300021428 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 7.12455.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA COMUNIDADE DE APROVEITAMENTO DE AUGAS DE BARREIRAS E CERNADAS (SOUTOMAIOR), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "MELLORA DE CAPTACIÓN, CONDUCCIÓN A DEPÓSITO E CLORACIÓN DE AUGAS NAS FINCAS DE BARREIRAS E CERNADAS", INCLUÍDA NO PAC/2003 Apróbase por unanimidade a solicitude da Comunidade de aproveitamento de augas de Barreiras e Cernadas (Soutomaior), pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAC/2003, co número 50/811, denominada "Mellora de captación, conducción a depósito e cloración de augas nas Fincas de Barreiras e Cernadas", subvencionada con TRES MIL EUROS (3.000,00), por Resolución Presidencial de 17 de novembro de 2003. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de marzo de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 8.12456.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA "TERMINACIÓN SANEAMENTO EN PRADO-COSTA DE BARXA", DO CONCELLO DE NIGRÁN, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Nigrán unha subvención por importe de CEN MIL EUROS (100.000,00), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, Partida 04/911.911.762.45 para financiar a obra: "Terminación saneamento en Prado Costa da Barxa", co número 247/617 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requerirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servicios Técnicos Provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este Programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de ADMINISTRACIÓN, terase en conta para a aplicación do IVE nas facturas e certificacións, as Normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 9.12457.- XORNADA SOBRE PROGRAMAS COMUNITARIOS DE ESPECIAL INCIDENCIA NAS CORPORACIÓNS LOCAIS ORGANIZADA EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA De conformidade co establecido no artigo 90 do Acordo Regulador-Convenio Colectivo do 8 de xaneiro de 2001, para o persoal funcionario e laboral desta Excma. Deputación Provincial, acórdase por unanimidade, aprobar a convocatoria e bases da xornada sobre "Programas comunitarios de especial incidencia nas Corporacións Locais" organizada por este Organismo Provincial en colaboración coa Fundación Galicia Europa, que terá lugar no Pazo Provincial o día 3 de novembro de 2004 en horario de mañá e tarde. ------ Folla: 10.12458.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 11.12459.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 12.12460.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA (CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN) E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE ASISTENCIA SOCIAL ÓS EMIGRANTES Dada conta do borrador de Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia (Consellería de Emigración) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para a realización de programas de asistencia social ós emigrantes, por importe de 120.000,00 Euros durante o ano 2004, con cargo á partida 04/313.313.450.03 e vistos os informes favorables emitidos polo Sr. Vicesecretario e o Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aprobar o borrador de Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia (Consellería Emigración) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para a realización de programas de asistencia social ós emigrantes, por importe de 120.000,00 Euros con cargo á partida 04/313.313.450.03 do vixente Orzamento Provincial. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE ASISTENCIA SOCIAL ÓS EMIGRANTES En , a de dous mil catro. REUNIDOS Por unha banda a Xunta de Galicia, actuando no nome e representación da mesma, o Excmo. Sr. Conselleiro de Emigración D. AURELIO MIRAS PORTUGAL, nomeado polo DECRETO 21/2003, do 18 de xaneiro, e ó aveiro das facultades que para vincularse neste acto ten conferidas na LEI 1/1993 da Xunta de Galicia e do seu Presidente, no artigo 2º da Resolución do 8.04.1991, pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27.03.1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares. Pola outra, a Excma. Deputación de Pontevedra, actuando no seu nome e representación D. RAFAEL LOUZÁN ABAL, Presidente da institución ó aveiro das competencias que para vincular neste acto se lle confiren na Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 7/85, do 2 de abril, e na Lei 5/97, do 22 de xullo de Administración Local de Galicia. EXPOÑEN: Primeiro.- Que a Consellería de Emigración ten como unha finalidade esencial da súa actividade a atención social dos emigrantes galegos. Segundo.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra, na súa función de apoio ós municipios da provincia amosa unha especial sensibilidade en relación á situación dos veciños que residen fóra de Galicia, e en especial daqueles que sofren dificultades acusadas en determinados países de Iberoamérica, particularmente de Arxentina. Terceiro.- A Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra pretenden sumar esforzos financeiros e coordinar políticas segundo os principios de eficacia e eficiencia dos recursos destinados ó apoio social dos emigrantes. A tal fin as partes asinan o presente Convenio de colaboración segundo as seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente convenio é regular as bases de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emigración, e a Excma. Deputación de Pontevedra para cofinanciar ós programas de atención social ós emigrantes galegos e ás entidades nas que se intregran, que se desenvolven por parte da citada Consellería. Estas axudas dirixiranse preferencialmente ós emigrantes residentes na área territorial da Plata. SEGUNDA.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a transferir con carácter de en firme, ó Tesouro da Xunta de Galicia a cantidade de CENTO VINTE MIL EUROS (120.000,00), con cargo á Partida 04/313.313.450.03 dos seus orzamentos. TERCEIRA.- A Consellería de Emigración xerará crédito na aplicación orzamentaria 17.02.213 A.480.0, polo citado importe, consonte ó artigo 69 do decreto lexislativo 1/99, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A transferencia e a correlativa xeración de crédito deberán formalizarse no prazo dun mes dende a sinatura do presente convenio. CUARTA.- Esta partida deberá financiar o programa de AXUDAS ASISTENCIAIS INDIVIDUAIS, que anualmente pon en marcha a Xunta de Galicia, a prol da poboación emigrada. QUINTA.- A Consellería de Emigración a través da correspondente orde de axudas a subvencións destinará para o citado programa con cargo ó seu orzamento, CENTO VINTE MIL EUROS (120.000,00). SEXTA.- O orzamento deste convenio ascende a DOUSCENTOS CORENTA MIL EUROS (240.000,00) con cargo ós orzamentos da Deputación Provincial de Pontevedra e da Consellería de Emigración. SÉTIMA.- A vixencia do presente convenio será dende o día seguinte ó da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2004. OITAVA.- Co fin de velar pola adecuada execución por parte da Consellería de Emigración dos fondos transferidos, e con carácter xeral para asegurar o cumprimento do presente convenio, créase unha comisión paritaria integrada por dous representantes da Dirección Xeral de Emigración, da Consellería de Emigración e dous representantes da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Esta comisión será presidida por un dos representantes da Dirección Xeral de Emigración e resolverá as dúbidas que xurdan sobre o cumprimento do convenio. Os acordos adoptados neste senso serán inmediatamente executivos. No caso de discrepancias serán resoltas polo Conselleiro de Emigración, resolución que porá fin á vía administrativa. NOVENA.- O incumprimento de calquera das cláusulas deste convenio constituirá causa suficiente para a rescisión do mesmo. DÉCIMA.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdicción contencioso-administrativa será competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia del. DÉCIMO PRIMEIRA.- Como garantía do seu cumprimento por parte da Consellería de Emigración, o Secretario Xeral da mesma emitirá certificación de que os fondos aportados pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra foron destinados ós fins previstos neste convenio, na que se relacionarán os beneficiarios e os importes das axudas concedidas a cada un. Este convenio obriga ás partes que o asinan ó seu cumprimento, someténdose ambalas dúas partes ó acordado en tódalas cláusulas. Exténdese en duplicado exemplar no lugar e data arriba indicados. O CONSELLEIRO DE EMIGRACIÓN, Asdo. Aurelio Miras Portugal O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, Asdo. Rafael Louzán Abal ------ Folla: 13.12461.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA O SUBMINISTRO DE DIVERSO EQUIPAMENTO PARA O PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS DO MORRAZO Visto o acordo adoptado polo Pleno desta Corporación Provincial na sesión ordinaria do día 28 de febreiro de 2003, polo que se aprobou o Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Bueu, Cangas e Moaña para a construcción, equipamento e dotación de vehículos ó Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo, entre cuxas actuacións estaba a adquisición de equipamento do edificio e servizo, por importe de 192.300,00 Euros, que conta co cofinanciamento de fondos europeos FEDER. Visto que no citado convenio se establecía que os trámites de contratación das actuacións previstas no mesmo serían realizadas pola Deputación Provincial de Pontevedra, é polo que a Comisión de Goberno na sesión ordinaria do día 15 de maio de 2003, acordou autorizar o gasto correspondente ó equipamento de edificio e servizo para o Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo, por importe de 192.300,00 Euros. Vistos o prego de prescripcións técnicas elaborado polo Subdirector de Xestión, Cooperación e Réxime Xurídico da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia, no que relaciona o equipamento e as unidades que son necesarias subministrar de material vario, vestuario de persoal, sistemas de telecomunicacións e mobiliario para o edificio e servizo do Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo, cuxo orzamento de licitación establece na cantidade total de 192.000,00 Euros e o informe emitido polo Sr. Vicesecretario de data 29 de setembro de 2004 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerán na contratación do mencionado subministro e vistos así mesmo, o acordo adoptado pola Comisión de Goberno na sesión do día 15 de maio de 2003, autorizando o gasto correspondente ó citado equipamento e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 30 de setembro de 2004. Acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación mediante concurso, procedemento aberto, do subministro de diverso equipamento para o Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo, por un tipo máximo de licitación de CENTO NOVENTA E DOUS MIL EUROS (192.000,00) e de acordo ó detalle en canto ó tipo de equipamento e unidades a subministrar que figuran nos pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que forman parte do expediente. Así mesmo acórdase modificar o acordo adoptado pola Comisión de Goberno en sesión do día 15 de maio de 2003, no sentido de que se autoriza dito gasto por importe de 192.000,00 Euros, con cargo á partida 04/911.223.627.01.2003 e aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e vinte e sete minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------
Ãrea de notas
Nota