ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/10/15_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-10-15_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/10/15_Ordinaria

  • Data(s) 2004-10-15 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 15 de outubro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día quince de outubro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12477.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 8 de outubro de 2004. ------ Folla: 2.12478.- APROBACIÓN DO PROXECTO REFORMADO Ó DE "CONSTRUCCIÓN CASA DE CULTURA EN TREMOEDO, 4ª FASE (VILANOVA DE AROUSA)" Visto o acordo da Xunta de Goberno adoptado en sesión de 09-01-2004, polo que se adxudicou a CONSTRUCTORA EDISERPO, S.L. a obra "Construcción Casa de Cultura en Tremoedo, 4ª fase (Vilanova de Arousa)" na suma de 106.890,00 euros, IVE incluído, contando dita obra cun presuposto de 116.858,52 euros; visto o proxecto reformado de dita obra, cuxo importe ascende á suma de 116.858,52 euros, redactado pola arquitecta redactora do proxecto orixinal, como consecuencia das necesidades e axustes de unidades de proxecto xurdidos no desenvolvemento da obra tales como acometida á rede xeral de auga, luminarias en porches, portalón metálico e formación de almacén en sótano, limpeza e tratamento de protección de fachadas, pintura en teito de marquesina, así como unidades de remates para lograr o acabado final, todo iso sen incrementar o presuposto inicial da obra; e, visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que manifesta a súa conformidade ó proxecto reformado, acórdase por unanimidade aprobar o proxecto reformado ó de "Construcción Casa de Cultura en Tremoedo, 4ª fase (Vilanova de Arousa)", por importe de 116.858,52 euros, IVE incluído, toda vez que non supón incremento sobre o presuposto inicial da obra, manténdose o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de CONSTRUCTORA EDISERPO, S.L. ------ Folla: 3.12479.- APROBACIÓN DO ORZAMENTO TÉCNICO DE "REINVERSIÓN DA BAIXA DA OBRA DE CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL DE VILARIÑO (NIGRÁN)" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión de 30-04-2004, polo que se adxudicou á UTE CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A.-OBRAS Y CONSTRUCCIONES SISAN, S.L., a obra "Campo de Fútbol de céspede artificial de Vilariño (Nigrán)" na suma de 328.152,60 euros, producíndose unha baixa con respecto ó presuposto inicial de 32.454,66 euros; visto o presuposto técnico de reinversión da baixa producida na adxudicación de dita obra, cuxo importe ascende á suma de 32.454,66 euros, que consiste na escavación en vaciado de terreo medio por medios mecánicos con transporte a vertedoiro, recheo de gabia ou pozo e reposición de elementos demolidos para acceso a maquinaria; e, visto o documento RC emitido por Intervención no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 04/123.452-622.01 do vixente Presuposto Provincial, acórdase por unanimidade aprobar o presuposto técnico de "Reinversión da baixa da obra Campo de Fútbol de céspede artificial de Vilariño (Nigrán)" por importe de 32.454,66 euros, IVE incluído. ------ Folla: 4.12480.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: ÁRIDOS DE CURRO, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular por importe de mil sesenta e catro euros (1.064,00), para responder do "Subministro de 3.500 tm de zahorra Z-2, do Plan de Inversións do ano 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-10-2003, núm. de operación 200300078573, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRUPO NORTE MCA, S.L. .- A constituída en metálico por importe de setecentos dezaseis euros con oito céntimos (716,08), para responder da "Prestación dos servizos necesarios para a montaxe da exposición "Ruta de la Camelia" e outras actividades complementarias do XL Concurso - Exposición Internacional da Camelia do ano 2004", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02-03-2004, núm. de operación 200400017128, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. RAFAEL CARBALLAL SÁNCHEZ - TRANSPORTES SANTA ANA .- A constituída en metálico por importe de setecentos euros (700,00), para responder do "Lote nº 26 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10-02-2003, núm. de operación 200300008310, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en metálico por importe de seiscentos cincuenta euros (650,00), para responder da "Primeira ampliación do lote nº 26 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-07-2003, núm. de operación 200300049653, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en metálico por importe de cento cincuenta euros (150,00), para responder da "Segunda ampliación do lote nº 26 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16-10-2003, núm. de operación 200300074834, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAFOTRANS, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova por importe de douscentos cincuenta euros (250,00), para responder da "Primeira ampliación do lote nº 24 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06-06-2003, núm. de operación 200300041272, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en metálico por importe de catrocentos corenta e nove euros con sesenta e catro céntimos (449,64), para responder da "Segunda ampliación do lote nº 24 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01-10-2003, núm. de operación 200300070787, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. BARBEITO Y CIA, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de Caja Duero por importe de cinco mil seiscentos setenta e nove euros con corenta e tres céntimos (5.679,43), para responder do "Subministro dunha motoniveladora con destino ó Parque de Maquinaria (lote nº 4), adxudicado por Comisión de Goberno de 13-03-2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31-03-2003, núm. de operación 200300022508, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caja Duero por importe de cinco mil seiscentos setenta e nove euros con corenta e tres céntimos (5.679,43), para responder do "Subministro dunha motoniveladora con destino ó Parque de Maquinaria (lote nº 5), adxudicado por Comisión de Goberno de 13-03-2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31-03-2003, núm. de operación 200300022600, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ELECTRICIDAD SAN ROQUE, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Simeón por importe de setecentos trinta e dous euros con vintesete céntimos (732,27), para responder do "Subministro dunha nova acometida eléctrica para a planta de aglomerado do Parque de Maquinaria, adxudicado mediante Resolución Presidencial nº 7704, de 28-07-2000", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21-08-2000, núm. de operación 2000042210, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRAINAR - TRAILER DE NAVARRA, S.L. .- A constituída en metálico por importe de mil novecentos vintetrés euros con vinte céntimos (1.923,20), para responder do "Subministro dunha plataforma-góndola para o Parque de Maquinaria, adxudicada mediante Resolución Presidencial nº 15876, de 31-12-2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-02-2003, núm. de operación 200300006861, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE (VIGO) (NIF B36000091) .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova por importe de cincuenta mil seiscentos sete euros con oitenta e seis céntimos (50.607,86), para responder da "Subscrición Convenio de Colaboración Bembrive - Deputación (50%)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28-05-2001, núm. de operación 200100025944 (SIC/2001028483), sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO, S.L. (NIF B36290963) .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova por importe de dous mil douscentos oitenta e sete euros con trinta e catro céntimos (2.287,34), para responder da "E.P. 2001 Calvario - Garrida tramo de Mosteiro (Vigo), pertencentes a fondos propios 2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20-03-2002, núm. de operación 200200026845, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. NAROM, S.L. (NIF B36163418) .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova por importe de dous mil trescentos cincuenta euros con vinteún céntimos (2.350,21), para responder do "Retranqueo muro Instituto C.P. 4006 Ponteareas - As Neves, pertencentes a fondos propios 2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 05-09-2002, núm. de operación 200200072915, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA)(NIF A36008886) .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo por importe de dous mil douscentos corenta e seis euros con corenta e sete céntimos (2.246,47), para responder de "Obras complementarias Meaño - S. Benito de Lores (Meaño), pertencentes a fondos propios 2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 12-07-2002, núm. de operación 200200058158, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Mapfre por importe de catro mil cincocentos corenta e un euros con sesenta e dous céntimos (4.541,62), para responder de "Renovación rodadura EP 4005 Areas - Alxán (Ponteareas), pertencentes a fondos propios 2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-12-2002, núm. de operación 200200103058, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor por importe de sete mil trescentos euros con dez céntimos (7.300,10), para responder de "Mellora EP 2304 Donas - Mañufe, Ponte Río Miñor (Gondomar-Nigrán), pertencentes a fondos propios 2000", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 15-01-2001, núm. de operación 200100000171, SIC/2001000347 sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de ACC Seguros por importe de trece mil cincocentos vinteseis euros (13.526,00), para responder de "EP 7005 Aguións - Santelles (A Estrada), pertencentes a fondos propios 2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16-09-2002, núm. de operación 200200074619, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L. (NIF B32204620) .- A constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia por importe de dous mil cincuenta e cinco euros con sesenta e sete céntimos (2.055,67), para responder de "Balizamento E.P. Vide Ribarteme e outras", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18-03-2003, núm. de operación 200300019667, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia por importe de mil douscentos noventa e cinco euros con un céntimo (1.295,01), para responder de "Sinalizacións vertical e balizamento C.P. 6306 Agolada - Cruces (Agolada - Cruces) tramo 2", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-01-2002, núm. de operación 200200000896, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBREAL, S.L. (NIF B15630098) .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor por importe de dous mil trescentos corenta e cinco euros con trinta e cinco céntimos (2.345,35), para responder de "Acondicionamento e reforma interior dos bungalows do Centro de Vacacións da Lanzada", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16-12-2002, núm. de operación 200200106104, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor por importe de dous mil douscentos dous euros con cincuenta e catro céntimos (2.202,54), para responder de "Reformas diversas no Colexio Residencia do Centro de Vacacións da Lanzada", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16-12-2002, núm. de operación 200200106102, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor por importe de dous mil trescentos corenta e cinco euros (2.345,00), para responder de "Reparación de cubertas en edificios de maternais, R. Fogar e E. Especial da C.I.P. Felipe", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18-03-2003, núm. de operación 200300019570, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor por importe de dous mil trescentos corenta e nove euros con setenta e oito céntimos (2.349,78), para responder de "Acondicionamento e remate das salas e despachos dos centro maternais e R. Fogar da C.I.P. Felipe", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-05-2003, núm. de operación 200300038044, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. (NIF A36018789) .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo por importe de mil oitocentos catro euros con sete céntimos (1.804,07), para responder de "Rede saneamento de augas fecais e fosa séptica para o Colexio Residencia do Centro de Vacacións da Lanzada", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17-12-2002, núm. de operación 200200106948, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo por importe de mil catrocentos doce euros con setenta e nove céntimos (1.412,79), para responder de "Rede saneamento de augas fecais e fosa séptica para os bungalows e vestiarios do Campamento do Centro de Vacacións da Lanzada", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17-12-2002, núm. de operación 200200106947, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo por importe de mil cincocentos trinta e catro euros con noventa e catro céntimos (1.534,94), para responder de "Reformas varias en roupeiros e salas de xogos dos módulos 6-8 do Centro de Educación Especial Agarimo da C.I.P. Felipe", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18-03-2003, núm. de operación 200300019655, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo por importe de dous mil trescentos cincuenta e un euros con cincuenta e tres céntimos (2.351,53), para responder do "Remate da nova rede de saneamento do Centro de Vacacións da Lanzada", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-05-2003, núm. de operación 200300038046, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo por importe de dous mil trescentos corenta e catro euros con sesenta e tres céntimos (2.344,63), para responder da "Reparación do Parque Comarcal de Codeseda", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-10-2002, núm. de operación 200200093843, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES BARREIRO B., S.L. (NIF B36117356) .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova por importe de dous mil douscentos trinta euros con noventa e dous céntimos (2.230,92), para responder de "Unidade de 1ª acollida para alumnas da C.I.P. Felipe", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 15-10-2002, núm. de operación 200200088967, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova por importe de mil novecentos oitenta e nove euros con vinte céntimos (1.989,20), para responder de "Acceso unidade de 1ª acollida para alumnas da C.I.P. Felipe", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 15-11-2002, núm. de operación 200200098341, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova por importe de dous mil trescentos vintetrés euros con catorce céntimos (2.323,14), para responder de "Unidade de 1ª acollida para alumnos da C.I.P. Felipe", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 15-10-2002, núm. de operación 200200088969, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. BETUNES Y MACADAM, S.L. (NIF B36018596) .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor por importe de mil oitocentos sesenta e sete euros con noventa céntimos (1.867,90), para responder de "Muro de peche da parte posterior da zona de vivendas e servicios xerais da C.I.P. Felipe", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 12-11-2002, núm. de operación 200200097484, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 5.12481.- ACTAS DO XURADO DO IV CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA Acórdase por unanimidade aceptar, de conformidade co establecido na base 9ª que rexeu o IV Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra", celebrado os días 1, 2 e 3 de outubro pasado no Pazo da Cultura desta cidade e nos seus propios termos, as actas do xurado cualificador do evento, concedendo os premios nas distintas categorías establecidas ás agrupacións que a continuación se reflicten: SECCIÓN TERCEIRA 223 3º PREMIO Banda Ola Unión Cultural de Campo Lameiro 230 3º PREMIO Banda de Música Xuvenil de Chapela 296 2º PREMIO Banda Xuvenil de Torroso 303 2º PREMIO Ateneo Musical de Bembrive 1º Premio e Mención de Honor Caixa Galicia, dotado con 3.000,00 euros e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 900,00 euros á Agrupación:con 350 puntos á BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE ARBO SECCIÓN SEGUNDA 313 2º PREMIO Banda de Música Municipal de Agolada 344 1º PREMIO Unión Musical de Ponteledesma 1º Premio e Mención de Honor Caixa Galicia, dotado con 3.900,00 euros e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 1.050,00 euros á Agrupación:AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN, con 351 puntos SECCIÓN PRIMEIRA 292 2º PREMIO Unión Musical de Meaño 310 2º PREMIO Banda de Música Xuvenil de Barro 348 1º PREMIO Banda de Música de Catoira 1º Premio e Mención de Honor Caixa Galicia, dotado con 4.800,00 euros e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 1.200,00 euros á Agrupación:BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO, con 351 puntos SECCIÓN ESPECIAL 342 1º PREMIO Banda de Música Cultural de Lalín 344 1º PREMIO Unión Musical de Valladares 353 1º PREMIO Banda-Escola de Música de Beade 1º Premio e Mención de Honor Caixa Galicia, dotado con 5.700,00 euros e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 1.500,00 euros á Agrupación:BANDA ARTÍSTICA DE MERZA, con 355 puntos ------ Folla: 6.12482.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptouse o seguinte acordo: ------ Folla: 7.12483.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE A ESTRADA Dada conta da comunicación do Concelleiro Delegado de Urbanismo do Concello de A Estrada, de data 5 de outubro de 2004 (rexistro de entrada nº 031130, de data 08-10-04), pola que se remite copia do expediente en relación coas estradas provinciais sobre Proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de A Estrada, a efectos de informe por parte desta Deputación. Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de novembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 14 de outubro de 2004, que literalmente di: "...visto el Proyecto y la documentación enviada, por parte de este Servicio se emite informe positivo." A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de A Estrada. ------ Folla: 8.12484.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición