ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/10/22_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-10-22_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/10/22_Ordinaria

  • Data(s) 2004-10-22 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 22 de outubro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día vintedous de outubro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12485.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 15 de outubro de 2004. ------ Folla: 2.12486.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA CONCEDIDA Á XUNCOGA, S.C.L. PARA OBRA CIVIL Vista a petición formulada por D. Román Santalla Agra, Presidente de Xuncoga, Sociedad Cooperativa Limitada, e o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade conceder o cambio de aplicación da axuda económica concedida por Comisión de Goberno de 31 de outubro de 2003, por importe de 75.727,00 euros para obra civil e destínese á adquisición de maquinaria. ------ Folla: 3.12487.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE PONTECESURES PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "SUBMINISTRO DE CANASTRAS PARA O PAVILLÓN MUNICIPAL", INCLUÍDA NO PID 2003 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Pontecesures pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PID/03, co núm. 24/529, denominada "Subministro de canastras para o Pavillón Municipal", subvencionada con 6.000,00 euros, por Resolución Presidencial de 2 de xullo de 2003. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 4.12488.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE SANXENXO PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "PROLONGACIÓN DA REDE DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO NO LUGAR DE NANÍN-PADRIÑÁN", INCLUÍDA NO PSA/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Sanxenxo pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PSA/03, co núm. 66/613, denominada "Prolongación da rede de abastecemento e saneamento no lugar de Nanín-Padriñán", subvencionada con 25.000,00 euros, por Resolución Presidencial de 11 de agosto de 2003. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 5.12489.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE SANXENXO PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "AMPLIACIÓN DA REDE DE ABASTECEMENTO, SANEAMENTO E RECOLLIDA DE AGUAS PLUVIAIS NO LUGAR DE BARREIRO-DORRÓN", INCLUÍDA NO PSA/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Sanxenxo pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PSA/03, co núm. 67/614, denominada "Ampliación da rede de abastecemento, saneamento e recollida de aguas pluviais no lugar de Barreiro-Dorrón", subvencionada con 40.000,00 euros, por Resolución Presidencial de 11 de agosto de 2003. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 6.12490.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE SANXENXO PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "PROLONGACIÓN DA REDE DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO NO LUGAR DE OUTEIRO-DORRÓN", INCLUÍDA NO PSA/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Sanxenxo pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PSA/03, co núm. 68/615, denominada "Prolongación da rede de abastecemento e saneamento no lugar de Outeiro-Dorrón", subvencionada con 14.000,00 euros, por Resolución Presidencial de 11 de agosto de 2003. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 7.12491.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE SANXENXO PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "COLECTOR DE SANEAMENTO EN DORRÓN E SUBIDA A BARREIRO", INCLUÍDA NO PSA/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Sanxenxo pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PSA/03, co núm. 69/616, denominada "Colector de saneamento en Dorrón e subida a Barreiro", subvencionada con 14.000,00 euros, por Resolución Presidencial de 11 de agosto de 2003. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 8.12492.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA AA. VV. SAN JOSÉ DE CANTODAREA (MARÍN) PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "ARREGLO Y CONSERVACIÓN DE CRUCEIROS DE CANTODAREA", INCLUÍDA NO PAC/2002 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude da AA. VV. San José de Cantodarea (Marín), pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PAC/2002, co núm. 99/419, denominada "Arreglo y conservación de cruceiros de Cantodarea", subvencionada con tres mil euros (3.000,00), por Resolución Presidencial de data 27 de maio de 2003. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de marzo de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 9.12493.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS "SAN MIGUEL" DE VENTÍN (FORNELOS DE MONTES) PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "CONDUCCIÓN RED ELÉCTRICA HASTA CEMENTERIO Y ALUMBRADO DEL MISMO", INCLUÍDA NO PAC/2003 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude da Asociación de Veciños "San Miguel" de Ventín (Fornelos de Montes), pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PAC/2003, co núm. 5/646, denominada "Conducción red eléctrica hasta cementerio y alumbrado del mismo", subvencionada con tres mil cinco euros con seis céntimos (3.005,06), por Resolución Presidencial de 8 de setembro de 2003. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de marzo de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 10.12494.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA AGRUPACIÓN VECIÑAL TRAÍDA AGUAS DE CASALVITO (POIO), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "ACONDICIONAMIENTO TRAÍDA DE AGUAS", INCLUÍDA NO PAC/2003 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude da Agrupación Veciñal Traída Aguas de Casalvito (Poio), pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PAC/2003, co núm. 30/804, denominada "Acondicionamiento traída de aguas", subvencionada con dous mil euros (2.000,00), por Resolución Presidencial de data 19-11-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de marzo de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 11.12495.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: BARRERAS DE SEGURIDAD .- A constituída en valores mediante aval de Banco de Galicia, por importe de mil douscentos noventa e oito euros con oitenta e catro céntimos (1.298,84), para responder de: "Sinalización vertical e balizamento EP 9703 Caleiro-Pontearnelas (Vilanova)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18-12-01, segundo núm. 200100200051 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. SEÑALIZACIONES ÁNGEL LATAS, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Banco de Galicia, por importe de dous mil trescentos cincuenta e cinco euros con corenta e catro céntimos (2.355,44), para responder de: "Sinalización e balizamento EP 6202 Rodeiro-Osera e EP 8702 Catoira-Torres do Oeste", pertencente ó Convenio coa Dirección Xeral de Tráfico, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23-01-03, segundo núm. de operación 200300004263, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Banco de Galicia, por importe de mil douscentos setenta e sete euros con sesenta e sete céntimos (1.277,67), para responder de: "Sinalización vertical e balizamento EP 3606 Agolada-Cruces (Agolada), tramo I", pertencente ó Convenio coa Dirección Xeral de Tráfico, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07-01-02, segundo núm. de operación 200200001050, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. INDEZA, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Sogarpo, por importe de oito mil novecentos dezanove euros con oitenta céntimos (8.919,80), para responder de: "EP 0201 Ponte Caldelas-Barbudo (Ponte Caldelas)", pertencente ó PPC 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-08-02, segundo núm. 200200067444 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Sogarpo, por importe de catro mil novecentos trinta e oito euros con setenta e oito céntimos (4.938,78), para responder de: "EP 7010 Foxo-Riobó (A Estrada)", pertencente ó POL 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-08-2002, segundo núm. 200200067446 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil trescentos sesenta euros con vintenove céntimos (2.360,29), para responder de: "Terminación EP Castro-Dozón-Rocha (Dozón)", pertencente a Fondos Propios 2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02-06-2003, segundo núm. 200300039111 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CALDEVERGAZO, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Banco B.V., por importe de tres mil cincocentos vinteún euros con noventa e tres céntimos (3.521,93), para responder de: "Enlace Barrantes-Armenteira-Busto con estrada a campo de golf de Meis", pertencente a Fondos Propios 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-10-01, segundo núm. de operación 200100053998 SIC/2001058671 sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Banco B.V., por importe de dous mil catrocentos vinteoito euros (2.428,00), para responder de: "Continuación servizo Outeiriño, 2ª Fase (Portas)", pertencente ó Convenio co Concello 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21-06-02, segundo núm. de operación 200200051900 sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Banco B.V., por importe de dous mil novecentos noventa e tres euros con catro céntimos (2.993,04), para responder de: "EP Meira-Fraga (Moaña)", pertencente a Fondos Propios 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19-07-01, segundo núm. de operación 200100035751 SIC/2001038902 sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. SEBAGASA, SEÑALIZACIONES Y BALIZAMIENTOS DE GALICIA .- A constituída en valores mediante aval de Crédito y Caución, por importe de mil trescentos cincuenta e cinco euros con cincuenta céntimos (1.355,50), para responder de: "Sinalización EP 8001 Carracedo-Catoira (Catoira)", pertencente ó Convenio coa Dirección Xeral de Tráfico, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30-01-03, segundo núm. de operación 200300005757 sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Crédito y Caución, por importe de mil setecentos setenta e sete euros con oito céntimos (1.777,08), para responder de: "Sinalización EP 6410 Bodaño-Merza e EP 6004 Prado-Vilatuxe", pertencente ó Convenio coa Dirección Xeral de Tráfico, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-01-03, segundo núm. de operación 200300005447 sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES CARRO, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de cinco mil corenta e un euros con vintecinco céntimos (5.041,25), para responder de: "Renovación rodadura PK 5,925 EP Areas-Alxán (Ponteareas-Salceda)", pertencente a Fondos Propios 2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 05-06-03, segundo núm. de operación 200300040777 sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES BARREIRO B., S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos trinta e nove euros con catro céntimos (2.339,04), para responder de: "Reparación do Parque Comarcal de Gondomar", pertencente a Fondos Propios 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-11-02, segundo núm. de operación 200200095249 sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Banesto, por importe de catro mil douscentos noventa e sete euros con vintecatro céntimos (4.297,24), para responder de: "EP Borraxeiros-San Miguel (Agolada)", pertencente a Fondos Propios 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26-07-01, segundo núm. de operación 200100036720 SIC/2001039942 sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Caja Madrid, por importe de dous mil trescentos cincuenta e seis euros con trinta e nove céntimos (2.356,39), para responder de: "Reparación do Parque Comarcal de Ponteareas", pertencente a Fondos Propios 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-10-02, segundo núm. de operación 200200094166 sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. SINAIS ATLÁNTICOS, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Banco de Galicia, por importe de mil setecentos sesenta e oito euros con corenta e oito céntimos (1.768,48), para responder de: "Sinalización vertical e balizamento EP Riofrío-Borbén (Pazos de Borbén)", pertencente ó Convenio coa Dirección Xeral de Tráfico, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07-08-03, segundo núm. de operación 200300057250 sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 12.12496.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA EULEN, S.A., PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA NA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno na sesión ordinaria do día 22 de agosto de 2003, polo que se lle adxudicou á empresa EULEN, S.A., o contrato para prestación do servizo de limpeza da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", polo importe anual ofertado de 436.113,60 euros e por un período de dous anos a contar desde o 1 de agosto de 2003. Resultando que no citado acordo da Comisión de Goberno, así como na cláusula terceira do contrato formalizado ó efecto, figura que o prezo do contrato se actualizará anualmente de acordo coa variación que experimente o Índice de Prezos ó Consumo (IPC), fixado polo organismo competente, previa solicitude xustificada formulada polo contratista e que a primeira actualización terá lugar unha vez teña transcorrido o primeiro ano de vixencia do contrato, con efectos desde dita data. Resultando que a empresa EULEN, S.A., mediante escrito de data 23 de setembro de 2004, solicita un incremento do 3,4% sobre o prezo do contrato, con efectos desde 1 de agosto de 2004 e que o Servizo de Intervención, o 13 de outubro de 2004, informa favorablemente dita solicitude, cuantificando o incremento mensual do custo do servizo en 1.235,66 euros, emitindo o documento Rc núm. 200400072719, por importe de 6.178,30 euros, para facer frente ó incremento durante o período comprendido entre o 1 de agosto de 2004 ó 31 de decembro de 2004, acórdase por unanimidade acceder á revisión de prezos do contrato para a prestación do servizo de limpeza da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" solicitada pola empresa EULEN, S.A. (CIF A-28517308), cun incremento do 3,4% do prezo do contrato, de acordo co Índice de Prezos ó Consumo (IPC) e con efectos do 1 de agosto de 2004 ó 31 de xullo de 2005. O novo prezo revisado, ive incluído, que lle corresponde abonar á Deputación Provincial de Pontevedra por dito servizo, é o seguinte: .- Prezo mensual actual do contrato, ive incluído 36.342,80 euros .- Incremento revisión do 3,4% 1.235,66 euros .- Prezo mensual revisado, ive incluído 37.578,46 euros .- Prezo anual revisado, ive incluído 450.941,52 euros Así mesmo apróbase o gasto por importe de 14.827,92 euros en concepto de importe de diferencias por incremento do prezo do mencionado contrato durante o período do 1 de agosto de 2004 ó 31 de xullo de 2005, correspondendo a cantidade de 6.178,30 euros ás mensualidades comprendidas entre o 1 de agosto ó 31 de decembro de 2004, cuxo pagamento será librado con cargo á partida 04/422.422.227.00, número de operación 200400072719 do vixente orzamento provincial e a cantidade de 8.649,62 euros, con cargo a exercicios futuros (2005). ------ Folla: 13.12497.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE URBANIZACIÓN DE VIAL DE NOVA APERTURA ENTRE A RÚA ALCALDE GARCÍA FILGUEIRA ATA A AVDA. CONDE BUGALLAL E RAMAL DE ENLACE VIARIO UA-15 (CONCELLO DE PONTEVEDRA) Dada conta da comunicación do Tenente Alcalde Delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente do Concello de Pontevedra, de data 27 de setembro de 2004 (rexistro de entrada nº 030718, de data 05/10/04), pola que se remite copia do expediente en relación coas estradas provinciais sobre Proxecto de Urbanización de vial de nova apertura entre a rúa Alcalde García Filgueira ata a Avda. Conde Bugallal e ramal de enlace viario UA-15, tramitado a instancia de "Lar de Pontenova I,S.L.", remitido polo Concello de Pontevedra, a efectos de informe por parte desta Deputación, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de novembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias, e Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 18 de outubro de 2004, que literalmente di: "...La Urbanización mencionada se encuentra dentro de la zona urbana de Pontevedra, por lo que las directrices del planeamiento deben marcarse en el propio proyecto. La afección que éste puede tener con la Red Provincial, está en consonancia con el Plan General, por lo que le informe es positivo." A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de Pontevedra. ------ Folla: 14.12498.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos ------ Folla: 15.12499.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS PARA A FORMULACIÓN DE PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL Acórdase por unanimidade aprobar as Bases reguladoras da concesión de subvencións a Entidades Locais para a formulación de Planeamento Urbanístico Xeral, con cargo á partida 04/911.911.462.09 do vixente Orzamento e sen que o gasto orixinado por todos eles exceda a dotación consignada. Ditas base son como segue: BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS PARA A FORMULACIÓN DE PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do RDL 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público a regulación de subvencións a Entidades Locais para a formulación de Planeamento Urbanístico Xeral. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó disposto nestas BASES Disposicións Xerais PRIMEIRA.- Obxecto e destinatarios. Constitúe obxecto da presente convocatoria a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva a concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra que o soliciten, e que desexen promover calquera das figuras de planeamento urbanístico xeral que se prevén nestas bases. SEGUNDA.- Plans subvencionables. 1.- Poderán ser obxecto de subvención a redacción de Plans Xerais de Ordenación Municipal, ben sexa como figura de nova formulación ou como revisión ou adaptación dos instrumentos de planeamento vixentes ou en tramitación. Se ben, excepcionalmente poderán acollerse a estas axudas outras figuras de desenvolvemento do planeamento xeral municipal. Daráselle prioridade a aqueles concellos con plans en vigor anteriores ó ano 2000. En ningún caso se poderán acoller a estas axudas as entidades locais de carácter supramunicipal. 2.- Tamén se poderán acoller a estas axudas aqueles concellos que, á data de publicación destas bases, tivesen contratados ou en fase de contratación a redacción ou adaptacións de Plans Xerais de Ordenación Municipal. 3.- Igualmente, tamén será posible a concesión de axudas por fases de traballo, sempre e cando o contemple o prego de condicións, mediante o que se procedeu a súa contratación. TERCEIRA.- Financiamento. As axudas outorgadas conforme ó disposto nestas bases serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 911.911.462.09 do Orzamento Xeral para o exercicio 2004, e que ascende a seiscentos mil euros (600.000,00). Esta cantidade poderase incrementar se as dispoñibilidades económicas o permiten. CUARTA.- Criterios de adxudicación. Os criterios de selección das solicitudes para o outorgamento destas axudas serán os seguintes, por orde de prevalencia: 1.- Revisión, adaptación ou modificación do Planeamento Xeral vixente ou en tramitación á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, ou, no seu caso, á lexislación urbanística vixente no momento da súa solicitude, así como a cartografía que, de ser o caso, resultase precisa. 2.- A adxudicación das subvencións realizarase especialmente a favor daqueles municipios que non perciban subvencións da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. 3.- Prevalecerá en todo caso os plans xerais sobre outras figuras urbanísticas como os plans parciais. Valorarase, en todo caso, a antigüidade do Planeamento vixente, con prioridade dos concellos con plans en vigor anteriores ó ano 2000. 4.- Redacción de Plans Xerais daqueles municipios rurais pequenos que teñen especial problemática urbanística. 5.- Poderase ter en conta a entidade do concello (poboación, dimensión e complexidade dos núcleos urbanos), o seu historial urbanístico, a influencia da aprobación do planeamento urbanístico para acadar intereses públicos concretos, a situación en áreas de alta conflictividade urbanística e a existencia de bens de interese cultural ou espacios naturais declarados polo organismo competente. Estas circunstancias acreditaranse mediante informe municipal. QUINTA.- Contía das subvencións. As subvencións que se outorguen serán de ata un 75% do orzamento total, tendo en conta o número de solicitudes presentadas e os criterios de selección. Se ben en función das solicitudes recibidas determinarase a cantidade a conceder a cada Entidade Local. Para a valoración do custo de execución do Plan tomarase como referencia os criterios de baremación aprobados polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, coas actualizacións que, de darse o caso, fose preciso introducir. En caso de percibir outras axudas tanto por entes públicos como privados, o importe total das subvencións recibidas non poderá superar o custo total dos gastos de realización. SEXTA.- Presentación de solicitudes. As subvencións suxeitas á presente convocatoria deberán solicitarse no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Ditas solicitudes axustaranse ó modelo que se adxunta ás Bases, acompañada inescusablemente da seguinte documentación: S Instancia subscrita polo Alcalde. S Memoria e presuposto da redacción do Plan Xeral. S Informe municipal de acordo co previsto na Base 4ª, Apartados 2º e 3º. S Declaración responsable de se obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para o mesmo traballo. S Resolución ou certificación do acordo do órgano competente do Concello polo que se determine o traballo e a subvención para a súa realización. S Certificación da adxudicación da elaboración dos traballos indicando o importe e a forma de pagamento, ou ben certificación de ter acordada a apertura do procedemento de licitación ou terse publicado a convocatoria, no suposto previsto na Base 2ª, Apartado 2. Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora a Presidencia poderá dispor de crédito para axudas que se presenten fóra do prazo establecido. SÉTIMA.- Outorgamento da subvención. 1.- En canto á competencia para o outorgamento destas subvencións, estarase ó disposto nas Bases de execución do Presuposto Provincial. 2.- Unha vez dictado o acordo ou resolución de concesión da subvención, o pagamento da mesma efectuarase previa acreditación de estar ó corrente nas obrigas tributarias con esta Deputación, así como da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Seguridade Social, e previa xustificación da inversión realizada nos termos e forma que proceda. OITAVA.- Aceptación da subvención. As Entidades Locais beneficiarias disporán dun prazo dun mes contado a partir da recepción da notificación da Resolución de Concesión para comunicar a aceptación da concesión para o devandito traballo. A tal efecto, deberá remitir un acordo do órgano competente polo que se acepta a subvención. NOVENA.- Xustificacións de subvencións. O concello terá que xustificar antes do 20-12-05, mediante certificación acreditativa aprobada polo órgano competente de terse redactado o planeamento urbanístico. En caso de que se realizase só unha fase do planeamento ou varias de acordo co disposto no prego de condicións deberá xustificar mediante acordo do órgano competente a realización parcial dos traballos. Para tal efecto, o concello deberá presentar certificación detallada, expedida polo director do traballo, relativa ó cumprimento da fase, dos pregos de prescricións do contrato subscrito e o pagamento proporcional que lle corresponde ó concello con respecto á fase citada. DÉCIMA.- Control e inspección. A Deputación Provincial de Pontevedra, levará a cabo a inspección e control do cumprimento por parte do beneficiario en relación co destino correcto das subvencións outorgadas. Así mesmo, os beneficiarios deberán someterse ás actuacións de control de actividade económica financeira que corresponda á Intervención Xeral, ó Consello de Contas, ou a outros órganos competentes. DÉCIMO PRIMEIRA.- Prórroga. Se este prazo se incumprise procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante, poderá prorrogarse o prazo de execución cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello e así o decida o órgano concédente, sempre que se solicite antes da data máxima prevista para a súa xustificación. Disposicións finais DÉCIMO SEGUNDA.- Incumprimento. O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento de Recadación. DÉCIMO TERCEIRA.- Reclamacións. Dentro dos quince días seguintes ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia poderanse interpoñer reclamacións contra as bases. ------ Folla: 16.12500.- CORRECCIÓN DE ERRO PADECIDO EN ACORDO ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DO 8 DE OUTUBRO DE 2004 Téndose adoptado acordo na Xunta de Goberno de 8 de outubro de 2004, núm. 11.12472, relativo a recoñecemento de diversas obrigas por gastos efectuados polo Gabinete de Prensa, e producíndose un erro no mesmo, acórdase por unanimidade a corrección do mesmo e, onde di: Nº FACTURA PROVEDOR TOTAL TOTAL PROVEDOR 008/04 MS SMEDIA 696,00 euros 20041004 Antolín Hermida Armensto 1.741,38 euros 20041005 Antolín Hermida Armensto 1.741,38 euros 2004001722 Eupapress delegaciones 800,40 euros 2004400696 Eupapress delegaciones 800,40 euros debe dicir Nº FACTURA PROVEDOR TOTAL T PROVEDOR 008/04 Miguel J. Álvarez Taboada 696,00 euros 20041004 Antolín Hermida Armesto 1.741,38 euros 20041005 Antolín Hermida Armesto 1.741,38 euros 2004001722 Europapress delegaciones 800,40 euros 2004000696 Europapress delegaciones 800,40 euros ------ Folla: 17.12501.- APROBACIÓN DO PROXECTO "REHABILITACIÓN DE EDIFICIO PARA ARQUIVO PROVINCIAL" Redactado polo Servizo de Arquitectura o proxecto de "Rehabilitación de edificio para o Arquivo Provincial" por importe de 1.802.147,42 euros, IVE incluído, e á vista do documento RC emitido por Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 04/432.451-622.03 do vixente Orzamento Provincial, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto. ------ Folla: 18.12502.- ACTA DO XURADO DO PREMIO VALLE-INCLÁN De conformidade co disposto na base 6ª da convocatoria do Premio Valle-Inclán, aprobada en sesión plenaria de 28 de abril de 2004, a reunión celebrada polo Xurado Cualificador dos mesmos o pasado 20 de outubro, acórdase por unanimidade aceptar nos seus propios termos a acta do Xurado e en consecuencia outorgar os premios citados. A acta é do teor seguinte: ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO PREMIO VALLE-INCLÁN 2004 Na Sala de Xuntas desta Deputación Provincial, sendo as 11,15 horas do 20 de outubro de 2004, reúnese o Xurado cualificador de Premio Valle Inclán 2004 presidido por Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial, e os vocais: Gonzalo Durán Hermida, Alcalde-Presidente do Concello de Vilanova de Arousa, José Juan Durán Hermida, Deputado-Presidente da Comisión de Cultura, Alfonso Zulueta de Haz, Presidente do Consello da Cultura Galega, Xosé Carlos Valle Pérez, Director do Museo de Pontevedra, Margarita Santos Zas, Directora da Cátedra Valle-Inclán e profesora titular da Universidade de Santiago, Francisco Charlin Pérez, Profesor de Lingua e Literatura Galega, Víctor Fernández Freixanes, xornalista, escritor e profesor universitario, Xoan Guitián Rivera, membro do Padroado Fundación Valle-Inclán, actuando como Secretario Antonio Santos Guerra, Xefe do Servizo de Cultura e Deportes desta Deputación. Tendo por obxecto a reunión do Xurado fallar o Premio Valle-Inclán, e tras unha exhaustiva análise do contido dos traballos presentados, e deliberación e informe dos mesmos por parte dos membros do Xurado, acordouse por unanimidade, tal como se establece na súa base segunda, a concesión do Premio "Valle Inclán", cunha dotación de 15.000,00 euros ó traballo: Apelidos e Nome Dirección DNI Lema Título Núñez Sabarís, Joaquín Avda. de Ferrol, 40-4º B15706-Santiago de Compostela 35.319.608-A Carmen Nogueira Valle-Inclán en el fin de siglo. Estudio crítico de femeninas Así mesmo e dado que o xurado apreciou aspectos e ideas innovadoras, orixinais e novedosas no trato da temática, acordou por unanimidade conceder dous accésits por importe de 4.500,00 euros cada un, ós traballos: Gómez Abalo, Mª Ángeles r/Fariña Ferreño, 23-4º E36600 - Vilagarcía 35.451.760-C Farsa y licencia de La Reina Castiza, de Ramón Mª de Valle-Inclán: Génesis, construcción y sentido De Juan Bolufer, Mª Amparo e Serrano Alonso, Javier Yáñez Rebolo, 19 - 3º E LugoR/Ona de Echave, 4-3º B Lugo (27002) 32.753.531-J51.641.078-Y Valle-Inclán, político: candidato por A Coruña y Pontevedra en las elecciones constituyentes de la segunda República Por último e atendendo ó establecido na base oitava, o xurado considera de máximo interese a publicación e divulgación do traballo premiado. E non habendo máis asuntos, dase por rematada a reunión, sendo as 13,00 horas do mencionado día, firmando a presente todos os asistentes, do que como secretario dou fe. ------ Folla: 19.12503.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dase por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición