ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/11/19_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-11-19_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/11/19_Ordinaria

  • Data(s) 2004-11-19 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 19 de novembro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dezanove de novembro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os señores deputados, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Ramón Campos Durán, quen escusan a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12556.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 12 de novembro do ano 2004. ------ Folla: 2.12557.- AXUDA ECONÓMICA Á ASOCIACIÓN DE MARISCADORES PEDRA DA OLIVEIRA DE VILABOA PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS NA LONXA Vista a solicitude formulada polo Presidente da Asociación de Mariscadores, Pedra da Oliveira, o informe económico favorable da Intervención, os informes da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e o enxeñeiro xefe do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade conceceder unha axuda económica para a realización de obras na lonxa á Asociación de Mariscadores Pedra da Oliveira de Vilaboa (CIF: G-36.293.272), por importe de mil douscentos oitenta e cinco euros (1.285,00 ¤), con cargo á partida 711.711.779.02 do vixente orzamento provincial. ------ Folla: 3.12558.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 9 de novembro do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos centros xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2004, acórdase por unanimidade aprobar: A relación comprensiva de cincuenta e nove facturas, que figuran na referencia 200400000907, por un importe global de vintetrés mil cento sesenta e cinco euros con oitenta e un céntimos (23.165,81 ¤), a primeira das cales é a relativa a Consultores Informáticos de Pontevedra, S.L., por un importe de 278,40 euros, e finaliza coa correspondente a Distribuciones Chopi, S.L. - Manuel García Martínez, por un importe de 222,26 euros, na que se recoñecen obrigas por un importe de vintetrés mil cento sesenta e cinco euros con oitenta e un céntimos (23.165,81 ¤). As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 4.12559.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de seis mil dez euros con doce céntimos (6.010,12 ¤), para responder da: "Mellora de trazado e servizos EP Porriño-Torneiros (Porriño)", pertencente a PPC e POL/1999 de actuacións adicionais, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21-10-99, segundo núm. 1999049973 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil catrocentos sesenta e oito euros con oitenta e sete céntimos (1.468,87 ¤), para responder de: "Sostemento de calzada PK 850 EP PO-7606 Vincios-Nigrán (Gondomar)", pertencente a Temporais-2000, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19-01-01, segundo núm. 200100001115 de operación, (SIC 2001001424), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de oito mil trescentos oitenta e sete euros con setenta e dous céntimos (8.387,72 ¤), para responder de: "Valos e beirarrúas EP 5102 Lamosa-Franqueira (Covelo-Cañiza)", pertencente a Remanentes POL-2000, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19-01-01, segundo núm. 200100001116 de operación, (SIC 2001001425), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. -.- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de cinco mil oitocentos once euros con setenta e un céntimos (5.811,71 ¤), para responder do: "Proxecto complementario da construcción da EP Cañiza-Crecente", pertencente a Interreg II, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24-05-99, segundo núm. 199900000032 de operación, (SIC 1999023024), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil cincocentos once euros con vintecatro céntimos (1.511,24 ¤), para responder de: "Ampliación e reconstrucción de valos EP Riofrio-Vilar (Mondariz)", pertencente a FP 2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10-04-03, segundo núm. 200300023811 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cinco mil cincocentos vinteseis euros con noventa e un céntimos (5.526,91 ¤), para responder da: "EP 4302 Riofrio-Vilar (Mondariz)", pertencente a Remanentes PPC 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21-12-01, segundo núm. 200100200542 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TALLERES FONTIÑAS, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de seiscentos vinteún euros con noventa e dous céntimos (621,92 ¤), para responder do: "Subministro de materiais e traballos de adaptación de plataforma do Plan de inversións do ano 2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21-01-03, segundo núm. 200300003795 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. VIAXES MARSANS, S.A. .- A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de catorce mil novecentos sesenta euros (14.960,00 ¤), para responder da: "Organización e adxudicación das viaxes para a terceira idade, Lanzarote-2004", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28-05-04, segundo núm. 200400037612 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ROGELIO GONZÁLEZ OTERO (LYRA SOUND) .- A constituída en metálico, por importe de mil seiscentos vintecatro euros (1.624,00 ¤), para responder da: "Organización de cinco concertos do grupo Bozt&Flydrumks, con motivo do Xacobeo-2004", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08-07-04, segundo núm. 200400050147 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PRODUCCIONES ARTÍSTICAS LITO, S.L. .- A constituída en metálico, por importe de setecentos dezanove euros con vinte céntimos (719,20 ¤), para responder da: "Organización dun concerto do grupo Guaraná no Concello de Vilanova de Arousa o día 6 de agosto", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21-07-04, segundo núm. 200400051695 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MMC GALICIA MMC RETAIL, S.A. .- A constituída en metálico, por importe de mil cento corenta e oito euros con sesenta e oito céntimos (1.148,68 ¤), para responder do: "Subministro dun vehículo todoterreo para o Servizo Agrario", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11-11-02, segundo núm. 200200097179 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PÉREZ PRIM -CLÍNICA ORTOPÉDICA (ORTOVEDRA, S.L.) .- A constituída en metálico, por importe de mil cento sesenta e catro euros (1.164,00 ¤), para responder do: "Subministro de 15 cadeiras de rodas anfibias para facilitar o acceso de persoas discapacitadas ás praias dos distintos concellos desta Provincia", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 15-07-04, segundo núm. 200400050737 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa PROBISA, TECNOLOGIA Y CONSTRUCCIÓN, S.A. .- A constituída en valores, mediante aval de ACC Seguros, por importe de dous mil noventa e nove euros con cincuenta céntimos (2.099,50 ¤), para responder do: "Subministro de materiais plan inversións 2003. Lote 35 1ª ampliación", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-05-03, segundo núm. 200300038222 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de ACC Seguros, por importe de setecentos sete euros con cincuenta e dous céntimos (707,52 ¤), para responder do: "Subministro de materiais plan inversións 2003. Lote 37 1ª ampliación", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-05-03, segundo núm. 200300038223 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de ACC Seguros, por importe de oitocentos trinta e nove euros con oitenta céntimos (839,80 ¤), para responder do: "Subministro de materiais plan inversións 2003. Lote 35, 2ª ampliación", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10-10-03, segundo núm. 200300073762 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de ACC Seguros, por importe de mil sesenta e un euros con vinteoito céntimos (1.061,28 ¤), para responder do: "Subministro de materiais plan inversións 2003. Lote 37, 2ª ampliación", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10-10-03, segundo núm. 200300073765 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de ACC Seguros, por importe de setecentos sete euros con cincuenta e dous céntimos (707,52 ¤), para responder do: "Subministro de materiais plan inversións 2003. Lote 37, 3ª ampliación", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20-11-03, segundo núm. 200300085495 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONCELLO DE REDONDELA .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cento trinta e oito mil douscentos trinta e dous euros con setenta e oito céntimos (138.232,78 ¤), para responder de: "Aportación Concello de Redondela á Deputación para campo de fútbol de Santa Mariña", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01-03-2001, segundo núm. 200100009328 de operación (Sic/2001010689), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------Folla: 5.12560.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JOSÉ MANUEL MÍGUEZ RIVAS, EN NOME E REPRESENTACIÓN DE HERMANOS MÍGUEZ, S.L., POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA EP 7001 A ESTRADA-FORCAREI Dada conta que con data de Rexistro de 13 de setembro de 2004 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don José Manuel Míguez Rivas, en nome e representación de HERMANOS MÍGUEZ, S.L., con enderezo a efectos de notificacións no despacho da letrada Dona Marina Couselo Filgueira, sito en Pontevedra, r/ Xeneral Gutiérrez Mellado, 15-61 A, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade marca Citröen C-15, matrícula 2337-BRL, que individualiza economicamente en 638,66 ¤, como consecuencia de accidente de tráfico na estrada e.p. 7001 A Estrada-Forcarei. Resultando.- Que con data 16 de setembro de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 24 de setembro co seguinte contido: "Dando contestación a su escrito, por medio del que solicita informe relativo a reclamación de responsabilidad patrimonial, formulada por Don José Manuel Míguez Rivas, pongo en su conocimiento lo siguiente: - Sí, existía señalización como indica Tráfico. - No tuvimos conocimiento de incidente alguno. - Entiendo que como estaba señalizado, debería extremar la precaución y reducir la velocidad". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do atestado levantado pola Garda Civil de Tráfico próbase claramente que o posible dano se causa debido a forza maior concretada nun elemento alleo e imprevisible -este último referido á irrupción non á existencia de animais soltos- para a Deputación que, no seu ámbito competencial e de responsabilidade, cumpre coa obriga legal de sinalizar convenientemente, feito levado a cabo, coa advertencia vertical de "paso de animales en libertad" sinal "1ª" das recollidas no atestado das 6 existentes. Como é perfectamente comprensible, non lle é esixible á Deputación a instalación de vallas metálicas como existen nas autoestradas, por canto non se preceptúa no ordenamento xurídico vial tal prescrición, polo que a evitación do sinistro queda ó arbitrio do conductor, adaptando a súa velocidade ás circunstancias da vía. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que no presente acordo se cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------Folla: 6.12561.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------Folla: 7.12562.- ADXUDICACIÓN DA OBRA "ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DO PAVILLÓN POLIDE-PORTIVO DE LEIRADO (SALVATERRA)" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola mesa de contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas obras", entre as que se inclúe a de "Acondicionamento do entorno do pavillón polideportivo de Leirado (Salvaterra)"; visto o informe emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola mesa de contratación, acórdase por unanimidade: .- Adxudicar a CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. a obra "Acondicionamento do entorno do pavillón polideportivo de Leirado" na suma de 77.812,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras por importe de 7.235,00 ¤ e un período de mantemento de vintecatro meses. Así mesmo, e dado que, segundo o mencionado informe técnico, a oferta de dita empresa incorre en baixa temeraria, unha vez aplicados os criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, o adxudicatario deberá constituír fianza definitiva por importe do 20% do prezo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36.4 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da LCAP. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 172,08 ¤, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 8.12563.- ADXUDICACIÓN DA "ACTUALIZACIÓN E SUBMINISTRO DE LICENZAS PARA O GIS (SISTEMA DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA) DE EXPLOTACIÓN DA ENQUISA DE INFRAESTRUC-TURAS E EQUIPAMENTOS LOCAIS (EIEL)" Visto o escrito do Servizo de Cooperación ó que, como consecuencia do escrito de data 22-10-2004, do Ministerio das Administracións Públicas polo que se notifican as subvencións do Ministerio e do FEDER para o mantemento e actualización da EIEL, adxúntase orzamento de COTESA (Centro de Observación y Teledetección Espacial, S.A.), por importe de 69.397,00€, IVE incluído, para a "Actualización e subministro de licenzas do GIS de explotación da EIEL", facendo constar que dita Empresa realizou a actualización da enquisa nesta provincia e o subministro das licenzas anteriores, o que fai preciso que sexa a mesma empresa a adxudicataria desta actualización e subministro xa que é a que pode migrar as aplicacións ás novas versións tomando como base o último software existente no mercado e engadir as novas funcionalidades incorporadas; vistos os documentos RC, emitidos por Intervención, nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 04/911.911-227.06 do vixente orzamento provincial; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral Accidental no que se presta conformidade á proposta do Servizo de Contratación sobre a forma de adxudicación de dita actualización e subministro de licenzas; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade autorizar o gasto, aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo co establecido no art. 182.c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP, e adxudicar a COTESA (Centro de Observación y Teledetección Espacial, S.A.) (CIF A-47461066) a "Actualización e subministro de licenzas para o GIS (Sistema de Información Xeográfica) de explotación da Enquisa de Infraestructuras e Equipamentos Locais (EIEL)", na cantidade de 69.397,00€, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do orzamento de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do RDL 2/2000 polo que se aproba o texto refundido da LCAP, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 9.12564.- PETICIÓN DA EMPRESA CONSTRUCCIONES CARRO, S.L. SOLICITANDO AUTORIZACIÓN PARA A CESIÓN DE DIVERSAS OBRAS 1.- D. José María Carro Pombo, en representación da empresa Construcciones Carro, S.L., solicita autorización para a cesión a favor da empresa E.C. Casas dos dereitos e obrigas derivados do contrato subscrito con esta Deputación Provincial para a execución das seguintes obras: .- "Mellora do trazado e servizos EP 2401 Porriño-Mosende". .- "Urbanización zona Pedra e Lameiro EP Calvario-Garriga (Vigo) Convenio entre a Deputación Provincial e a Entidade Local Menor de Bembrive". Así mesmo, solicita autorización para a cesión a favor da empresa Caldevergazo, S.L. dos dereitos das obras "Urbanización da EP Salceda-Picoña-Salceda de Caselas". En ambas cesións solicita a devolución da garantía dado que o cesionario efectuará unha nova pola cantidade pendente de executar. 2.- A Comisión de Goberno desta Deputación Provincial en sesión celebrada o día 12 de decembro de 2002, acordou adxudicar, á vista da proposta formulada pola mesa de contratación, a Construcciones Carro, S.L., a obra "Mellora do trazado e servizos EP 2401 Porriño-Mosende", na contía de 708.305,55 euros, IVE incluído. O constratista constituíu fianza por un importe de 28.332,23 euros mediante a correspondente carta de pagamento de data 13-12-2002 equivalente ó 4% do prezo de licitación, formulando o contrato correspondente na mesma data. Emítese certificación polo enxeñeiro director da obra mediante a cal pón de manifesto que se leva executado un total de 346.840,60 ¤, estando pendentes de executar 361.464,95 ¤. A obra executada supón un 49% do total. 3.- Así mesmo a Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 10 de abril de 2003 acordou adxudicar a Construcciones Carro, S.L. a obra "Urbanización zona Pedra e Lameiro EP Calvario-Garriga (Vigo) Convenio entre a Deputación Provincial e a Entidade Local Menor de Bembrive", na contía de 340.359,67 euros, IVE incluído. O contratista constituíu fianza por un importe de 13.619,62 euros mediante a correspondente carta de pagamento de data 05-06-2003, formulando o contrato correspondente na mesma data. Emítese certificación polo enxeñeiro director da obra mediante a cal pón de manifesto que se leva executado un total de 148.109,26 ¤, estando pendentes de executar 192.250,41 ¤. A obra executada supón un 43,51 % do total. 4.- Finalmente, a Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 10 de abril de 2003, acordou adxudicar a Construcciones Carro, S.L., a obra "Urbanización da EP Salceda-Picoña-Salceda de Caselas", na contía de 340.490,46 euros, IVE incluído. O contratista constituíu fianza por un importe de 13.619,62 euros mediante a correspodente carta de pagamento de data 05-06-2003, formulando o contrato correspondente na mesma data. Emítese certificación polo enxeñeiro director da obra mediante a cal pón de manifesto que se leva executado un total de 311.473,25 ¤, estando pendentes de executar 29.017,21 euros. A obra executada supón un 91,48 % do total. Considerando, que o artigo 114 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, permite que os dereitos e obrigas dimanantes dun contrato de obras poderán ser cedidos a un terceiro sempre que as cualidades técnicas ou persoais non foran determinantes para a adxudicación do contrato, debendo cumprirse as condicións seguintes: a.- Autorización expresa e con carácter previo polo órgano de contratación. b.- Que o cedente teña ó menos executado un 20% do importe do contrato. c.- Que o cesionario teña capacidade para contratar coa Administración e a solvencia esixible de conformidade cos artigos 15 a 20, debendo estar debidamente clasificado se tal requisito fose esixido ó cedente. d.- Que se formalice a cesión, entre o adxudicatario e o cesionario, en escritura pública. Considerando que no caso que nos ocupa se cumpren os requisitos previstos na normativa vixente, posto que segundo se deduce das certificacións de obra lévase executado máis do 20% do proxecto das mesmas, e as empresas a quen se ceden os dereitos pendentes de executar destes contratos reúnen os requisitos de capacidade e solvencia por telos acreditados noutros expedientes e subsanados os erros e omisións que indica o informe de fiscalización, acórdase por unanimidade: 1.- Autorizar a cesión a favor da empresa E.C. Casas, dos dereitos e obrigas derivados do contrato de obras subscrito entre esta Deputación Provincial e a empresa Construcciones Carro, S.L. para a execución das seguintes obras, ó levar executado máis do 20% do contrato e cumprir os requisitos esixidos na normativa vixente: .- "Mellora do trazado e servizos EP 2401 Porriño-Mosende". .- "Urbanización zona Pedra e Lameiro EP Calvario-Garriga (Vigo) Convenio entre a Deputación Provincial e a Entidade Local Menor de Bembrive". Segundo certificacións do director de obras están pendentes de executar nestes proxectos 361.464,95 ¤ e 340.359,67 ¤, IVE incluído, respectivamente. 2.- Autorizar a cesión a favor da empresa Caldevergazo, S.L. dos dereitos e obrigas derivados do contrato de obras subscrito entre esta Deputación Provincial e a empresa Construcciones Carro, S.L., para a execución da obra "Urbanización da EP Salceda-Picoña-Salceda de Caselas", ó levar executado máis do 20% do contrato e cumprir os requisitos esixidos na normativa vixente. Segundo certificación do director de obras están pendentes de executar neste proxecto 29.017,21 euros, IVE incluído, respectivamente. 3.- A cesión farase efectiva desde o momento en que se formalicen entre o adxudicatario e os cesionarios as correspondentes escrituras públicas, quedando a partir de entón estes subrogados en todos os dereitos e obrigas que corresponden ó cedente. 4.- A empresa E.C. Casas deberá constituír garantías por un importe do 4% das obras pendentes de executar de ambos proxectos, que ascenden á contía de 14.458,59 euros para a obra de Porriño-Mosende e 7.690,01 euros para a de Calvario-Garriga. A empresa Caldevergazo, S.L., deberá constituír garantía por importe de 1.160,68 euros para a obra Salceda-Picoña. Unha vez constituídas estas fianzas poderán liberarse as garantías do cedente, sempre e cando as obras foran executadas cumprindo todas as obrigas e previos os informes técnicos correspondentes. ------ Folla: 10.12565.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE EXECUCIÓN (FASE 1) DE "REHABILITACIÓN DA ANTIGA RECTORAL DE ALCABRE COMO EQUIPAMENTO CULTURAL E SOCIAL (VIGO)" Visto o proxecto de execución (fase 1) para a "Rehabilitación da antiga Rectoral de Alcabre como equipamento cultural e social (Vigo)", cuxo importe ascende á suma de 180.303,60 ¤, IVE incluído; e, visto o documento RC emitidopor Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 04/911.911-662.00 do vixente orzamento provincial, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto. ------ Folla: 11.12566.- APROBACIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DE "LABORATORIOS, GARAXE E OBRADOIRO EN NOVA NAVE DE FINCA AREEIRO" Redactado polo Arquitecto Provincial o proxecto básico e de execución de "Laboratorios, garaxe e obradoiro en nova nave da Finca Areeiro", por importe de 338.650,36 ¤, IVE incluído, que ten por obxecto levar a cabo a 1ª fase da construcción dunha nova edificación destinada a albergar laboratorios de fitopatoloxía, garaxe e obradoiro para maquinaria agrícola, así como almacéns na Finca Areeiro onde se atopa o Centro de Investigacións Fitopatolóxica, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto. ------ Folla: 12.12567. ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A "REDACCIÓN DE DIVERSOS PROXECTOS" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola mesa de contratación do concurso convocado para a contratación da asistencia técnica para a "Redacción de diversos proxectos"; visto o informe emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola mesa de contratación, acórdase por unanimidade: .- Adxudicar a ALVAC, S.A. a asistencia técnica para a redacción do proxecto "EP 2102 Nigrán-Vincios (Nigrán-Gondomar)", na suma de 93.750,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de mes e medio. .- Adxudicar a ALVAC, S.A. a asistencia técnica para a redacción do proxecto "EP 4306 Ponte do Val-Barciademera (Mondariz-Covelo)", na suma de 116.250,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de mes e medio. .- Adxudicar a ALVAC, S.A. a asistencia técnica para a redacción do proxecto "EP 5106 Covelo-Barciademera (Covelo)", na suma de 75.750,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de mes e medio. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 20% do importe de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36.4 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, dado que, segundo o informe técnico emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, as ofertas do adxudicatario aínda que acadan a máxima puntuación superan a baixa máxima establecida unha vez aplicados os criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 323,06 ¤ correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 13.12568.- MODIFICACIÓN DA CLÁUSULA 1ª DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE VIGO SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA PARA O FINANCIAMENTO DE DIVERSAS OBRAS 1.- A Xunta de Goberno en sesión celebrada o 30 de abril de 2004, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Vigo para a realización de diversas obras por un importe global de 1.800.000,00 ¤ que, ampliándose, por acordo da Xunta de Goberno de 7 de maio, á cantidade de 1.996.664,53 ¤, e posteriormente en sesión de 21 de dito mes ampliouse a 2.018.101,20 ¤. 2.- Mediante procedemento negociado adxudicouse á empresa COVSA o pavimentado da capa de rodadura da rúa Ecuador, prevista no convenio, por Resolución da Presidencia de data 5 do pasado mes de xullo, e por un importe de 47.000,00 ¤. 3.- O Concello de Vigo solicita a modificación do convenio a fin de poder resolver os problemas xurdidos con motivo da rotura dun colector de augas residuais na rúa Ecuador, antes de proceder á renovación da capa de rodadura, destinando a tal fin a cantidade de 59.727,38 ¤ e propoñendo se detraia este importe da cifra prevista para invertir no Centro Socio-Cultural de Cabral-Feira, e sen que varíe o importe total do convenio. Dado que non supón unha maior inversión para a Deputación ó non variar o importe total do convenio subscrito, e que a contratación das obras do Centro Socio-Cultural de Cabral-Feira non foi posible levar a cabo ata o momento por diversas dificultades xurdidas con posterioridade á sinatura do convenio, segundo pón de manifesto o escrito do Concello de Vigo, entende o xefe do servizo de Contratación que non existe ningún inconveniente en modificar a cláusula primeira do convenio. En consecuencia préstase aprobación por unanimidade á modificación da cláusula primeira do convenio subscrito entre esta Deputación Provincial e o Concello de Vigo sobre cooperación económica para financiar diversas obras, no sentido de que na cláusula primeira se introduciría unha nova obra co título de "Novo colector na rúa Ecuador", por importe de 59.727,38 ¤ e o "Centro Socio-Cultural de Cabral-Feira" quedaría cun financiamento de 180.428,62 ¤ en vez de 240.156,00 ¤. ------ Folla: 14.12569.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dase por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición