Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2004-12-10_Ordinaria. Acta de sesión 2004/12/10_Ordinaria
Acta de sesión 2004/12/10_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-12-10_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/12/10_Ordinaria
Data(s) 2004-12-10 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 10 de decembro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día dez de decembro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente, D. Rafael Louzán Abal, nin o señor deputado, D. Alfredo Rodríguez Millares, quen escusan a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12641.- AUMENTO DE TARIFAS EN CENTROS BENÉFICOS CONCERTADOS-ANO 2003 Retírase da orde do día expediente relativo ó "Aumento de tarifas en Centros Benéficos Concertados-ano 2003". ------ Folla: 2.12642.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DA ESTRADA PARA A XUSTIFICACIÓN DA ACTIVIDADE "TORNEO TRIANGULAR DE FÚTBOL SALA MEMORIAL M. COTO FERREIRO" Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello da Estrada pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución da actividade incluída no PAM/2004, subvencionada con 1.500,00 euros, denominada: "Torneo Triangular de Fútbol Sala Memorial M. Coto Ferreiro". Esta prórroga concédese ata o 18 de xaneiro de 2005. ------ Folla: 3.12643.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA "CONSTRUCCIÓN DE COLECTOR SANEAMIENTO DA FREIXA", DO CONCELLO DE PONTEAREAS, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello do Ponteareas unha subvención por importe de oitenta e oito mil cincocentos euros (88.500,00), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45, para financiar a obra: "Construcción de Colector saneamiento da Freixa", co núm. 205/752 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requerirase a previa xustificación das obras, unha vez rematada a súa execución, que haberá de axustarse estrictamente ás bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servizos técnicos provinciais poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para aplicación do IVE, nas facturas e cetificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 4.12644.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. .- A constituída en valores, mediante aval do Bco. Simeón, por importe de tres mil cincocentos trinta e sete euros con cincuenta e seis céntimos (3.537,56), para responder da: "EP 5002 Cañiza-Mourentán (Cañiza-Arbo)", pertencente ó PPC 2000, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/12/00, segundo núm. 2000069197 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval do Banco de Galicia, por importe de mil novecentos setenta e cinco euros con cincuenta e nove céntimos (1.975,59), para responder do: "Balizamento en EP Riofrío-Borbén (Pazos de Borbén)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/07/03, segundo núm. 200300052016 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO,S.L. - EIRIÑA, S.L. EN U.T.E. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de oito mil oitocentos trinta euros con sete céntimos (8.830,07), para responder de: "EP Goulla-Porrans. Portas", pertencente ó Convenio co Concello de Portas-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/03/02, segundo núm. 200200028682 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa TOPOGALICIA, S.L. .- A constituída en metálico, por importe de novecentos cincuenta e catro euros (954,00), para responder de: "Traballos de topografía (asistencia técnica para redacción do Proxecto de EP Amoedo-Soutomaior; EP Acceso estación das Neves; EP Ermidas-Xende (A Lama)" e "EPGaxate-Xende (A Lama)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/11/02, segundo núm. 200200097655 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en metálico, por importe de setecentos noventa e nove euros (799,00), para responder de: "Traballos de topografía (asistencia técnica para redacción do proxecto de Vincios-Nigrán PK 1+600 a 8+100", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/01/03, segundo núm. 200300004647 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES CALDEVERGAZO, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval do Banco Bilbao Vizcaya, por importe de mil trescentos setenta e dous euros (1.372,00), para responder da: "Reposición de servizos en EP Meirol-Autovía (Mondariz)", pertencente a Fondos Propios-2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/11/03, segundo núm. 200300079641 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES CARRO, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval do Banco Bilbao Vizcaya, por importe de mil novecentos sesenta e seis euros con noventa e nove céntimos (1.966,99), para responder da: "EP6512 Vilanova-Oleiros (Silleda)", pertencente a Fondos Propios-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/11/02, segundo núm. 200200100898 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores, mediante aval do Banco Bilbao Vizcaya, por importe de dous mil trescentos corenta e oito euros con oitenta e catro céntimos (2.348,84), para responder da: "Renovación rodadura e pavimento EP acceso a Ceán (Nigrán)", pertencente a Fondos Propios-2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/02/03, segundo núm. 200300007837 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil catrocentos tres euros con cincuenta e cinco céntimos (1.403,55), para responder da: "Reposición servizos PK 1.560 a PK 2.672 Tabagón-Goián (O Rosal)", pertencente a Fondos Propios-2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/07/03, segundo núm. 200300055969 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil douscentos corenta euros con dezaoito céntimos (2.240,18), para responder da: "Renovación pavimento PK 1.882 a PK 3.104 EP Tabagón-Goián (O Rosal)", pertencente a Fondos Propios-2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/07/03, segundo núm.200300055967 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores, mediante aval do Banco de Galicia, por importe de dous mil cincuenta e cinco euros con noventa e dous céntimos (2.055,92), para responder do: "Servizo e mellora tramos puntuais EP Eiras-Goián (O Rosal-Tomiño)", pertencente a (Fondos Propios-2003), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/05/03, segundo núm. 200300031854 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. UTE MODECAR, S.A. - PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval do Banco Gallego, por importe de dous mil trescentos setenta e oito euros con corenta céntimos (2.378,40), para responder do: "Adicional EP Hío-Donón (Cangas)", pertencente a (Fondos Propios 2003), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/11/03, segundo núm.200300081296 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ESTUDIO A. MORENO, S.L. .- A constituída en metálico, por importe de setecentos cincuenta e oito euros con sesenta e catro céntimos (758,64), para responder da: "Redacción do proxecto EP Coirón-Ribadumia-Leiro (Variante de Padrenda). Meaño", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/03/04, segundo núm. 200400021669 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. SEÑALIZACIONES ÁNGEL LATAS, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval do Banco de Galicia, por importe de dous mil cento vinte e cinco euros con vinte e nove céntimos (2.125,29), para responder do: "Balizamento en EP Ponteverdugo-Cambeses (A Lama)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/07/03, segundo núm. 200300052017 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES BARREIRO B., S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil sesenta e seis euros con cincuenta e sete céntimos (2.066,57), para responder do: "Acondicionamento de Locais no Centro de Maternais para Enfermería Xeral da Cidade Infantil Príncipe Felipe", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/08/03, segundo núm.200300056235 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil cincocentos seis euros con oitenta e nove céntimos (1.506,89), para responder do: "Acondicionamento de locais para roupeiro, sala de visitas e vestiario na planta baixa e 2ª planta do Centro de Maternais da Cidade Infantil Príncipe Felipe", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/05/03, segundo núm.200300036544 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval do Banco Gallego, por importe de seis mil catrocentos catro euros con trinta e catro céntimos (6.404,34), para responder da: "EP6502 Silleda-Castro-Merza (Silleda)", pertencente a Fondos Propios -2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/12/02, segundo núm. 200200102683 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. INDUSTRIAS DEL DEZA, S.L. (INDEZA) .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil trinta euros con dous céntimos (2.030,02), para responder da: "Demolición e recuperación ponte en Ponteverdugo (A Lama)", pertencente a Fondos Propios-2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/03/03, segundo núm. 200300019657 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dezasete mil cincocentos noventa e nove euros con cincuenta e seis céntimos (17.599,56), para responder da: "EP6009 Lalín-Rodó-Brántega (Lalín-Agolada)", pertencente ó POL-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/08/02, segundo núm. 200200067448 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES J. AMOEDO E HIJOS, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval do Banco Santander Central Hispano, por importe de mil setecentos vinte euros (1.720,00), para responder da: "Eliminación pasos estreitos PK 0-1,700 EP Ponteverdugo-Barcia (A Lama)", pertencente a Fondos Propios-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/10/03, segundo núm. 200300077603 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES,S.A. (COVSA) .- A constituída en valores, mediante aval de Acc. Seguros, por importe de mil catrocentos cincuenta e un euros con oitenta e oito céntimos (1.451,88), para responder da: "Regulación do cruce EP Vilar-Albeos con EP Lomba-Albeos (Crecente)", pertencente a Fondos Propios-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/09/02, segundo núm. 200200074620 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores, mediante aval do Banco Pastor, por importe de dous mil trescentos dezaseis euros (2.316,00), para responder de: "Acondicionamento do aparcadoiro no recinto Feiral de Cotogrande en Vigo", pertencente a Fondos Propios-2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/09/03, segundo núm. 200300066638 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Deutschebank, por importe de dous mil trescentos setenta e dous euros (2.372,00), para responder da: "Adecuación do aparcadoiro-zona B, no recinto Feiral de Cotogrande en Vigo", pertencente a Fondos Propios-2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/10/03, segundo núm. 200300074026 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 5.12645.- RECOÑECEMENTO DE SERVIZOS De conformidade co disposto na Lei 70/78, de 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración Pública e Real Decreto 1461/82, de 25 de xuño, polo que se dictan normas de aplicación da Lei 70/78 de 26 de decembro, acórdase por unaminidade recoñecer ó funcionario D. Javier Giráldez Carballo, conductor maquinista adscrito ó Servizo de Vías e Obras, 6 meses de servizos prestados no concello da Cañiza, como chofer de camión, en réxime de contratación laboral, do 1 de xullo ó 31 de decembro de 1999, fixándose como data de antigüidade a efectos de trienios o 01-09-01. ------ Folla: 6.12646.- COMUNICACIÓNS Quedou enterada a Xunta de Goberno de comunicación do Subdirector General de Régimen Jurídico y Bases de Datos Locales da Dirección General de Cooperación Local do Ministerio de Administraciones Públicas (rexistro de entrada nº 036372, de data 03-12-04), no que pon de manifesto que a devandita Dirección General resolveu inscribir no Registro de Entidades Locales o deslinde entre os termos municipais de Barro e Portas. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 7.12647.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS DE REMANENTES DO POL E PPC 2004" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola mesa de contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas obras", visto o informe emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola mesa de contratación, acórdase por unamimidade: - Adxudicar a EXCAVACIONES Y CONTRUCCIONES PÉREZ, S.L., a obra "Urbanización EP acceso a Arealonga (Avenida de San Telmo) (Redondela)", na suma de 250.731,62 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras por importe de 26.239,36 ¤ e un período de mantemento de trinta e tres meses. - Adxudicar a ELSAMEX S.A., a obra "Mellora pavimento e dotación de servizos EP Redondela-Catapeixe (Redondela)", na suma de 543.300,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses e medio, melloras por importe de 50.751,70 ¤ e un período de mantemento de trinta e tres meses. - Adxudicar a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A., a obra "Urbanización e pavimentado tramo Mosteiro-Mourelle da EP Calvario-Garrida", na suma de 426.786,02 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses e medio, melloras por importe de 35.102,19 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. - Adxudicar a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A., a obra "Urbanización e pavimentado tramo Colexio-Mosteiro da EP Calvario-Garrida", na suma de 97.625,49 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses e medio, melloras por importe de 6.588,93 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. - Adxudicar a CONSTRUCCIÓNS TABOADA Y RAMOS, S.L., a obra "Terminación EP 9402 Mosteiro-Barrantes (Meis)", na suma de 394.270,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de catro meses, melloras por importe de 23.558,87 ¤ e un período de mantemento de trinta e un meses, aínda que esta empresa acada a segunda puntuación, aplicados os criterios de valoración que rexeron o concurso, a que acada a máxima puntuación (COVSA), incorre en baixa temeraria, polo que se propón a adxudicación da obra á referida empresa co fin de non acumular varias adxudicacións nas mesmas condicións. A empresa CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A., adxudicataria das obras "Urbanización e pavimentado tramo Mosteiro-Mourelle da EP Calvario-Garrida", e "urbanización e pavimentado tramo Colexio-Mosteiro da EP Calvario-Garrida", dado que, segundo o mencionado informe técnico, aínda que as súas ofertas acadan a maior puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativos que rexeu no concurso, incorren en baixa temeraria, terá que constituír, de acordo co establecido no artigo 36.4 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP, unha garantía definitiva do 20% do importe de adxudicación de cada obra. As restantes empresas adxudicatarias constituirán unha garantía definitiva por importe do 4 % do importe de adxudicación, de acordo co establecido no artigo 36.1 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP. As citadas garantías estableceránse na Tesourería da Deputación dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, as cantidades que máis adiante se detallan correspondentes á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG que ascenderon a un total de 452,96 ¤, IVE incluído, da seguinte maneira: CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A., a suma de 181,18 ¤; os restantes adxudicatarios a cantidade de 90,59 ¤. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 8.12648.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN DE PONTEVEDRA. Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa Cámara Oficial de Comercio de Pontevedra, para a realización de actividades de promoción e potenciación da provincia de Pontevedra, mediante a achega de setenta e oito mil euros (78.000,00 ¤), e con cargo á partida 04/451.622.489.10 do vixente orzamento acordase por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN DE PONTEVEDRA Pontevedra, de decembro de 2004 R E U N I D O S D. Rafael Louzán Abal, presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e D. Manuel Durán Couto, na súa calidade de presidente, actuando en nome e representación da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra, con CIF: Q-3673001-H e domicilio social en Xardíns de Vincenti, 4-2º, do concello de Pontevedra (36001). Ambas as partes recoñécense capacidade xurídica e legal suficiente para formalizar o presente convenio de colaboración entre ambas institucións e a tal efecto E X P O Ñ E N PRIMEIRO.- A Deputación Provincial de Pontevedra apoia todas aquelas iniciativas conducentes ó desenvolvemento de accións que impliquen a promoción e potenciación da provincia de Pontevedra. SEGUNDO.- A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra no marco do recinto feiral de Pontevedra, e dentro das súas actividades de apoio á internacionalización do sector textil-confección, promoción de novas empresas e fomento do turismo, vai a realizar os seguintes eventos: - Dúas edicións da pasarela PONTUS VETERIS, nos meses de febreiro e setembro de 2004 que serán retransmitidas polos canles de televisión TVG e Canal Internacional. - Ferpalia (Feira de turismo. Bolsa de contratación turística). - Forestalia (Feira Forestal da madeira e afins). - Pomovil (Salón do automóbil). Por todo isto, e dado o interese coincidente da Deputación Provincial e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra, ambas partes, tendo en conta que de conformidade coas súas normas reguladoras poden concertar os contratos, os pactos ou as condicións que consideren axeitados sempre que non sexan contrarios ó interese público, ó ordenamento xurídico e os principios de boa administración, acordan a formalización dun convenio de colaboración consonte ás seguintes C L Á U S U LAS Primeira.- O presente Convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Deputación Provincial e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra para cofinanciar a realización das seguintes accións de apoio á internacionalización do sector textil-confección, promoción de novas empresas e fomento do turismo: - Dúas edicións da pasarela PONTUS VETERIS, nos meses de febreiro e setembro de 2004 que serán retransmitidas polos canles de televisión TVG e Canal Internacional. - Ferpalia (Feira de turismo. Bolsa de contratación turística). - Forestalia (Feira Forestal da madeira e afins). - Pomovil (Salón do automóbil). Segunda.- O orzamento total destas accións elévase á contía de seiscentos un mil cincuenta e seis euros con setenta e nove céntimos (601.056,79 ¤), distribuído do seguinte xeito: Pasarela Pontus Veteris (Febreiro).......... 107.497,93 ¤ Pasarela Pontus Veteris (Setembro).......... 144.213,80 ¤ Ferpalia.......... 108.850,27 ¤ Forestalia.......... 167.770,24 ¤ Pomovil .......... 72.724,55 ¤ Terceira.- A Deputación provincial de Pontevedra co fin de colaborar na financiamento dos gastos orixinados polas actividades relacionadas nas cláusulas anteriores, comprométese a aportar a cantidade total de setenta e oito mil euros (78.000,00 ¤), con cargo á partida 04/451.622.489.10 do vixente orzamento provincial, co seguinte detalle: Pasarela Pontus Veteris (Febreiro) .......... 24.000,00 ¤ Pasarela Pontus Veteris (Setembro) .......... 12.000,00 ¤ Ferpalia.......... 24.000,00 ¤ Forestalia.......... 12.000,00 ¤ Pomovil.......... 6.000,00 ¤ Cuarta.- A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra comprométese a organizar e xestionar a realización das accións obxecto deste convenio e financiar a contía restante do custo total. Así mesmo, comprométese a que figure en todas as accións a colaboración da Deputación Provincial e render un informe final de realizacións á Deputación por cada unha das accións previstas. Quinta.- A Excma. Deputación de Pontevedra librará o importe total do presente convenio, unha vez xustificado mediante facturas, o gasto efectivamente realizado, puidéndose librar cantidades parciais, en función do gasto realizado en cada momento, e que, igualmente se xustificará aportando as facturas correspondentes. Sexta.- Este convenio estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2004. Sétima.- A subscrición do presente convenio non comporta relación laboral, contractual ou de calquera tipo entre os profesionais que van a desenvolver as actividades e a Deputación Provincial, de tal xeito que non se lle poderá esixir responsabilidade ningunha, nin directa, nin indirecta, nin subsidiaria polos actos ou feitos acaecidos no desenvolvemento do mesmo. Oitava.- O presente convenio resolverase por incumprimento total ou parcial dalgunha das cláusulas que o regulan ou polo transcurso do tempo estipulado sen que se culminen as actividades acordadas. E, en proba de conformidade con canto antecede, asina este convenio, por duplicado, no lugar e data do encabezado. PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACION DE PONTEVEDRA Asdo.: Rafael Louzán Abal PRESIDENTE DA CÁMARA DE COMERCIO DE PONTEVEDRA Asdo.: Manuel Durán Couto ------ Folla: 9.12649.- ROGOS E PREGUNTAS Non houbo. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------
Ãrea de notas
Nota