Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2005-01-05_Ordinaria. Acta de sesión 2005/01/05_Ordinaria
Acta de sesión 2005/01/05_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/1.2005-01-05_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/01/05_Ordinaria
Data(s) 2005-01-05 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e cincuenta e cinco minutos do día cinco de xaneiro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Viceinterventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.12715.- ACTAS ANTERIORES Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 23 e 29 de decembro de 2004. ------ Folla: 2.12716.- ADXUDICACION DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE DIVERSAS OBRAS Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras", vistos o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, acórdase por unanimidade: 1.- Adxudicar a Construcións Obras e Viais, S.A. (COVSA), a obra "PO-400 Estación de As Neves", na cantidade de catrocentos dezaoito mil trescentos cincuenta e dous euros con oitenta e sete céntimos (418.352,87) IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 46.067,74 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. 2.- Adxudicar a Construcciones Taboada y Ramos, SL, a obra "Rodeira-Boubeta", na cantidade de trescentos cincuenta e oito mil seiscentos corenta euros (358.640,00) IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 21.808,94 ¤ e un período de mantemento de trinta e dous meses. Os adxudicatarios deben constituír unha garantía definitiva polo importe do 4% do importe de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36.1 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP. As citadas garantías estableceranse na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, os adxudicatarios deben ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso, as cantidades correspondentes ós importes das publicacións de anuncios no BOP e DOG, que ascenderon a un total de 319,84 ¤ IVE incluído, correspondendo aboar a cada empresa a contía de 159,92 ¤. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo eso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 3.12717.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE DIVERSAS OBRAS PARA A RECUPERACIÓN E REXENERACIÓN DO ESPACIO NATURAL DE PONTEARNELAS Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 23-12-04, polo que se prestou aprobación ós proxectos "Actuación no entorno da Capela de Santa Marta (Vilanova)" e "Actuación no entorno do río Umia e do muíño da ponte (Ribadumia)", con cargo á partida 04/911.911.662.00; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental, relativo ó prego de condicións que rexerá o concurso para a contratación da obra estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das seguintes obras polos tipos de licitación que se detallan: 1.- Actuación no entorno da Capela de Santa Marta (Vilanova) 69.264,00 2.- Actuación no entorno do río Umia e do muíño da ponte (Ribadumia) 94.881,79 As obras obxecto do expediente financiaranse con cargo á partida 04/911.911.662.00. Así mesmo, expóñense ó público os proxectos a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar á súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 4.12718.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE GASÓLEO "A" PARA ABASTECER OS VEHÍCULOS E MÁQUINAS DO PARQUE DE MAQUINARIA Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 3 de decembro de 2004, polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro de gasóleo A, para abastecer os vehículos e as máquinas do Parque de Maquinaria durante o ano 2005, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP número 238 do día 10-12-04 e no DOG número 248 do día 23 de decembro de 2004. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura de plicas tivo lugar o día 30 de decembro de 2004, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura da única plica presentada pola empresa, Gasóleos Galicia, S.L., a cal foi admitida ó concurso, pasándose o expediente a informe dos correspondente servizos técnicos do Parque de Maquinaria desta Deputación. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 4 de xaneiro de 2005, en base ó informe emitido polo Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, de data 3 de xaneiro de 2005, propón a Xunta de Goberno desta Deputación, declarar deserto o citado concurso, por non cumprir a oferta presentada pola empresa Gasóleos Galicia, S.L., co especificado nos pregos de condicións. Acórdase por unanimidade: 1) Declarar deserto o concurso convocado para a contratación do subministro de gasóleo A, para abastecer os vehículos e as máquinas do Parque de Maquinaria durante o ano 2005 por non cumprir a única oferta presentada pola empresa Gasóleos Galicia, S.L. (CIF B-36.290.336) co especificado no prego de cláusulas administrativas, ó incluír na súa oferta unha cláusula relativa á actualización do prezo ofertado segundo referencia das cotizacións do mercado. 2) Debido ás constante fluctuacións que sufre o prezo do gasóleo A actualmente no mercado e ó feito de que a única empresa presentada ó concurso non manteña un prezo unitario durante toda a vixencia do contrato, instase ó Servizo de Contratación desta Deputación a que proceda á tramitación do correspondente expediente de contratación, mediante procedemento negociado sen publicidade, para a adxudicación do subministro do gasóleo A para o Parque de Maquinaria, ata un máximo de 30.000,00 euros, a razón dun prezo máximo de licitación de 0,828 euros/litro, ó obxecto de poder abastecer ós vehículos e máquinas do Parque de Maquinaria. ------ Folla: 5.12719.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DUNHA PÓLIZA DE SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL-PATRIMONIAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 3 de decembro de 2004 polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para a contratación dunha póliza de seguro de responsabilidade civil-patrimonial da Deputación Provincial de Pontevedra cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP número, 237 e no DOG número 248 de datas 10 e 23 de decembro de 2004, respectivamente. Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura da única plica presentada pola empresa, a cal foi admitida ó concurso subscrita pola Mesa de Contratación con data 10 de agosto de 2004. Visto o informe emitido, con data 3 de xaneiro de 2005, polo Secretario Accidental no que deixa constancia de que a oferta presentada pola empresa licitadora cumpre cos requisito establecidos nos pregos de condicións que rexeron o concurso. Acórdase por unanimidade: Adxudicar á empresa, Caja de Seguros Reunidos, Cía de Seguros y Reaseguros, S.A. -CASER (CIF:A-28.013.050), o concurso correspondente á contratación dunha póliza de seguro de responsabilidade civil-patrimonial da Deputación Provincial de Pontevedra durante o ano 2005, polo prezo ofertado de sesenta e sete mil seiscentos seis euros con oitenta céntimos (67.606,80 ¤), IVE incluído, sendo as sumas aseguradas as seguintes: Límites: * Por sinistro 300.000,00 ¤ * Por ano de seguro 600.000,00 ¤ * Para danos persoais por víctima 150.000,00 ¤ Franquías: * Fixa a cargo do asegurado 600,00 ¤ O servizo de Intermediación realizarase por parte de Aon Gil y Carvajal, S.A. a través dunha entidade colaboradora na cidade de Pontevedra. A contratación da póliza financiarase con cargo ás partidas 05/511.511.224.08 e 05/614.453.224.01, a razón de 55.000,00 euros e 15.000,00 euros durante o período 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2005. Para anos sucesivos habilitarase crédito suficiente nos orzamentos futuros. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4 % do prezo de adxudicación polo importe de 2.704,27 ¤, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, acórdase que a fianza provisional da empresa adxudicataria sexa devolta unha vez teña constituída a fianza definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 66,11 euros e 263,25 euros (total 329,36 ¤), por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 6.12720.- PROPOSTA DE NOMEAMENTO DE PERSOAL PARA A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE APOIO E ASESORAMENTO ÁS ENTIDADES LOCAIS POLO CPAM Acórdase por unanimidade aprobar o nomeamento con efectos retroactivos desde o 1 de outubro de 2004 e ata o 31-01-05 ó funcionario D. Benito Durán Martínez, adscrito o CPAM, para a prestación dos servizos de asistencia ós concellos. Así mesmo, autorízase ata a mesma data ó xefe do servizo do CPAM para poder nomear persoal de apoio en substitución, de ser necesario, do devandito funcionario. ------ Folla: 7.12721.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JAVIER FOLE OSORIO, EN NOME E REPRESENTACIÓN DA MUTUA ASEGURADORA PSN AGRUPACIÓN MUTUAL ASEGURADORA, A.M.A., POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO DO SEU ASEGURADO DON DIEGO ARAGUNDE RODRÍGUEZ, NA ESTRADA HERBELLO-A MAGDALENA, CRUCE COA ESTRADA PO-320, BUEU-CANGAS. Dada conta que con data de Rexistro 17.09.2004 (nº 029255) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Javier Fole Osorio en nome e representación da Mutua Aseguradora PSN Agrupación Mutual aseguradora, A.M.A. con enderezo de notificacións en Praza de Curros Enriquez, num. 1- Of. 312 de Pontevedra, por danos padecidos en automóbil do seu asegurado DON DIEGO ARAGUNDE RODRÍGUEZ, marca Fiat Stylo, matrícula 1582-BZX, na estrada Herbello - A Magdalena, cruce coa estrada PO-320, Bueu-Cangas o día 10 de agosto de 2003 e que individualiza economicamente en 277,27 ¤. Resultando.- Que con data 01.10.2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 22-10-04 co seguinte contido: "En relación con su escrito en el que solicita informe relativo sobre reclamación de responsabilidad Patrimonial formulada por D. Javier Fole Osorio, en nombre y representación de la Mutua Aseguradora PSN aseguradora A.M.A. por daños en accidente de tráfico de su asegurado D. Diego Aragunde Rodríguez, el día 10 de agosto de 2003 en la Carretera Herbello -A Magdalena, cruce con la Estrada PO-320, Bueu- Cangas, por parte del Ingeniero Técnico Jefe de la Zona, se informa: a) Sí, el 10 de agosto de 2003 existía en la Carretera Herbello -A Magdalena un socavón profundo en el Carril derecho de la Vía, en el Cruce con la PO-320, sin señalizar. b) Sí, es Vía Provincial. c) No es responsabilidad nuestra, la acera corresponde a la Xunta, fue AQUALIA el responsable". Resultando.- Que o non resultar do todo clarexado as circunstancias concorrentes solicitouse informe aclaratorio o 4-11-2004, recibíndose o 8-11-2004 co conseguinte contido: " En relación con su escrito en el que solicita informe relativo a reclamación patrimonial por daños en accidente de tráfico formulada por D. Javier Fole Osorio, en nombre y representación de la Mutua Aseguradora PSN-Aseguradora AMA, por parte del Ingeniero Técnico Jefe de la Zona, se informa: a) El socavón se encontraba en la Carretera Provincial. b) No creo, la abrieron para evacuar según se desprende de los informes." Ó anterior informe xuntáronse dúas fotos que fixeron máis doado a formación do xuízo de responsabilidade. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30,31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo por canto dos informes do enxeñeiro técnico xefe de zona sur dedúcese claramente que foi a empresa "AQUALIA" quen a abriu para a súa evacuación, sendo a beirarrúa de competencia da Xunta de Galicia, como se di no documento informativo, no apartado "c", de 22-10-04. Polo tanto non concorren os requisitos subxectivos suficientes para facer atribución de responsabilidade a Deputación, máxime cando nas fotografías amósase de xeito evidente que o punto concreto que se encerra nun círculo encóntrase na propia beirarrúa, sen chegar ó carril dereito de confluencia da estrada no sentido descendente, o que radia de modo categórico calquera relación do ente provincial co dano sufrido. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 8.12722.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 9.12722.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------
Ãrea de notas
Nota