ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/02/04_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/1.2005-02-04_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/02/04_Ordinaria

  • Data(s) 2005-02-04 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día catro de febreiro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o señor deputado D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.12762.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de xaneiro de 2005. ------ Folla: 2.12763.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON CARLOS JAVIER FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, POR DANOS SUFRIDOS NO SEU VEHÍCULO COMO CONSECUENCIA DO SUPOSTO MAL ESTADO DA CALZADA, NA ESTRADA PO-552 VIGO-TUY Dada conta que con data de Rexistro 17-01-05 (rex. nº 000868) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por DON CARLOS JAVIER FERNÁNDEZ GONZÁLEZ , veciño de Gándara Goian, 13 Tomiño e con domicilio a efectos de notificacións en c/ Urzaiz, 171-2ºB-C de Vigo por danos padecidos en automóbil da súa propiedade matrícula PO-5178-BL na estrada PO-552 (Vigo-Tuy) o día 22/2/2004. Resultando.- Que con data 19/01/2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, solicitouse informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu con data 21-01-2005 co seguinte contido: "... Que la PO-552 Vigo-Tuy, no pertence a la Red Provincial, es de la Xunta". Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 3.12764.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA EUGENIA VELASCO PAZOS, EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DON PABLO ANTONIO ESPANTOSO FERNÁNDEZ, POR DANOS PADECIDOS EN VEHÍCULO DA SÚA PROPIEDADE, NA ESTRADA SILLEDA-MERZA (CONCELLO DE SILLEDA) Dada conta que con data de Rexistro 13-12-2004 (Rex. nº 037099) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita Dona Eugenia Velasco Pazos en nome e representación de D. PABLO ESPANTOSO FERNÁNDEZ, con enderezo Rúa Emilio Alonso Paz, 9-2 (Silleda), por danos padecidos en automóbil da súa propiedade matrícula 1826 CMP o día 25-02-2004, e que individualiza economicamente en 928,00 ¤. Resultando.- Que con data 15-12-2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, solicitouse informe ó Servicio de Vías e Obras, que emitiu en data 10-01-2005 co seguinte contido: " - Si, es Vía Provincial -Puede ser así lo acredita las fotografías que la señal estuviese apoyado en el talud y alguien la hubiese colocado en la Carretera. Como si hubiesen colocado cualquier otro objeto. - Ver informe de Tráfico que señala negligencia en el conductor del vehículo..." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93 co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto un terceiro alleo a administración provincial situou en lugar inidóneo o sinal, non séndolle posible o Servizo encargado a súa retirada con tempo suficiente en evitación do sinistro, pois así se fai constar no informe do Servizo de Vías e Obras. Por outra banda e en apoio da total exoneración desta Deputación na responsabilidade cumpre recordar que no atestado levantado pola Garda Civil de Tráfico, Destacamento de Lalín, e máis en concreto no apartado "DESCRIPCION DEL ACCIDENTE Y CAUSAS DEL MISMO", refírese claramente o non mantemento da dilixencia debida a conducción e a errónea utilización de alumeado pola banda da conductora ("....no mantener la atención permanente a la conducción por parte de la conductora y utilización inadecuada del alumbrado"). Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 4.12765.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MIGUEL A. BOUZÓN TOMÉ, POR DANOS PADECIDOS NO SEU AUTOMÓBIL, NA ESTRADA PROVINCIAL 2901 (ESTRADA DO VISO) (CONCELLO DE REDONDELA) Dada conta que con data de Rexistro 12 de xaneiro de 2005 (Rex. nº 000565) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita D. MIGUEL A. BOUZON TOME con enderezo en Barrio San Pedro, 171 de Cesantes por danos padecidos en automóbil matrícula PO-9652-AH o día 1 de decembro de 2004, e que individualiza economicamente en 981,19 €. Resultando.- Que con data 13-01-05 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, solicitouse informe ó Servicio de Vías e Obras, que emitiu en data 19-01-05 co seguinte contido: "Que, efectivamente la C.P. 2901 es vía provincial. Que el día 1 de diciembre sobre las 17,15 se formaliza parte avisando a la Brigada del Sr. Vilar de la existencia de una mancha de aceite en la C.P. 2901 en el cruce de Cesantes que recibe la comunicación sobre las 17,25 llegando al lugar del accidente hacia las 17,30. Emplearon dispersante, como es habitual. Sobre las 18,15 llegó un camión de Protección Civil con una motobomba que lavó la carretera, entre el alto del Viso (cruce hacia el Restaurante Casas) y el enlace con la N-550 en Cesantes, permaneciendo en la zona ambas brigadas (Diputación y Protección Civil) hasta aproximadamente las 21,00 horas. A la brigada provincial actuante no le consta ningún accidente en el tiempo que permanecieron en el vial, ni tuvieron información de que lo hubiera habido antes". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto a causa eficiente do sinistro procede dun terceiro que neglixente ou fortuitamente derramou o aceite, polo que non cabe consonte coa xurisprudencia que se vai citar, responsabilizar a Deputación do acaecido. Considerando.- Que abondan precedentes xurisprudenciais no sentido antedito, "ad exemplum", a de 05-06-98, que ven dicir que "....la titularidad por la Administración Pública de la infraestructura material para la prestación de un servicio no implica que el sistema de responsabilidad convierta a aquella en aseguradora universal de todos los riesgos". No mesmo sentido, as sentencias nº 51/04 Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra en suposto de feito idéntico e no fundamento de dereito terceiro "in fine" ven dicir que "....cabe presumir que fue un vehículo que precedentemente utilizó la vía el que perdió la sustancia que originó el accidente, lo que determina la ruptura del nexo causal por la intervención de un tercero" E tamén a nº 179/04 do xulgado do Contencioso Administrativo num. 3 de Pontevedra que no "fundamento de derecho segundo" deixou dito que "....una conducción prudente no determina que se debe responsabilizar a la entidad titular de la carretera de los efectos que sobre el normal tránsito diario produzca cualquier derramamiento de fluidos". Ámbalas dúas terminan por absolver a Deputación. Folgan máis consideracións. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 5.12766.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS REFERENTE Ó PROXECTO DE PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº11, EN MIRAFLORES - PADRIÑAN DO CONCELLO DE SANXENXO Dada conta da comunicación da Sra. Xerente Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, de data 12 de xaneiro de 2004 (rexistro de entrada núm. 000649, de data 13-01-05), pola que se remite copia do expediente sobre Proxecto de Plan Parcial do solo urbanizable nº 11, en Miraflores - Padriñan do Concello de Sanxenxo, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 28 de xaneiro de 2005, que literalmente di: "...que estudiadas las conexiones que el mencionado expediente tiene sobre la Carretera Provincial y considerando que existen condición de visibilidad suficientes, por parte de este Servicio se emite informe favorable pendiente de determinar las condiciones geométricas del enlace en el correspondiente Proyecto de Urbanización". A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión á Xerencia Municipal de Urbanismo do Ilmo. Concello de Sanxenxo. ------ Folla: 6.12767.- BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), PARA O EXERCICIO 2005 Apróbanse as Bases Reguladoras do Programa de Acción Comunitaria, para o exercicio 2005, con cargo á partida 911.514.789.07, do vixente Presuposto. Ditas bases son como seguen: "BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), PARA O EXERCICIO 2005 PRIMEIRA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do RDL 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público o seguinte Plan de Acción Comunitaria para o exercicio 2005. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas bases. Dito programa, por importe de seiscentos mil euros (600.000,00 ¤), financiarase con cargo ó presuposto de 2005, partida 911.514.789.07, que poderán incrementarse mediante suplementación de créditos. SEGUNDA.- Os obxectivos das obras que se financiarán con cargo a este programa serán os seguintes: a) A mellora do medio rural e barriadas urbanas mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, que permita ós seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida. b) O desenvolvemento das Agrupacións Veciñais ó obxecto de aumentar a súa capacidade para resolver os seus problemas. Dita solución requirirá a unión de recursos, esforzos e vontades. TERCEIRA.- As actuacións comunitarias caracterízanse pola concorrencia dos seguintes requisitos: a) Libre determinación dos veciños na elección das obras que desexan executar. b) Voluntariedade na participación e liberdade de ditos veciños sobre a forma de organizarse. CUARTA.- Dado o carácter municipal das actuacións a realizar en réxime de acción comunitaria, incumbe ás Agrupacións Veciñais obter as licencias necesarias para acometer as obras solicitadas, consonte dispón o Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística e demais disposicións aplicables. QUINTA.- Decidida pola agrupación de veciños a realización da obra a executar con cargo a este programa, poden estes solicitala directamente á Deputación, axustándose ó modelo anexo a estas bases. A dita solicitude acompañaranse inescusablemente os seguintes documentos: a) Proxecto ou memoria descritiva e valorada (ou presuposto). b) Conxunto dos acordos adoptados polos veciños para a realización das obras en réxime de Acción Comunitaria, asinados polos participantes ou os seus representantes, con expresión do número do DNI, sinalando expresamente o compromiso de completar o financiamento da obra mediante a achega do traballo, transporte, maquinaria ou metálico, así como de asumir os riscos que puideran xurdir con ocasión da prestación antes citada. c) Declaración responsable na que conste se a Agrupación de Veciños obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra. d) Acta de constitución da Agrupación Veciñal, no seu caso, e fotocopia do CIF nos casos que dispoñan del. e) A conta bancaria na que haberá de ingresarse o importe da subvención. Solicitarán licencia ou autorización do Concello ou Organismo competente para a execución das obras, unha vez concedida a subvención pola Deputación. SEXTA.- O importe total das subvencións públicas destinadas a financiar obras en réxime de Acción Comunitaria utilizarase exclusivamente na adquisición de materiais e/ou alugamento de maquinaria. SÉTIMA.- A asignación de subvencións ás distintas obras farase en función dos seguintes criterios: a) Obras que teñan por obxecto a mellora do medio rural ou barriadas urbanas que supoñan un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles que permitan ós habitantes mellorar as súas condicións de vida. b) Obras que permitan o desenvolvemento das Agrupacións Veciñais e que supoñan un aumento na súa capacidade para resolver os seus problemas, e que a solución requira a unión de recursos, esforzos e vontades. c) Obras que permitan a prestación íntegra e ordenada en todo o territorio provincial dos servicios de competencia municipal citados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85, de 2 de abril, que a continuación se citan, coa excepción da compra de terreos: 1º.- Abastecemento domiciliario de auga potable. 2º.- Acceso ós núcleos de poboación e explotacións de interese económico. 3º.- Iluminación pública. 4º.- Pavimentación das vías públicas. 5º.- Outras obras de interese para a Agrupación, incluídas nos citados artigos 25 e 26. d) Se coa aplicación das normas antes citadas houbese solicitudes de obra que os cumpran por igual, aplicaranse os criterios seguintes: 1º.- Número de veciños beneficiarios da obra para a que se solicita a subvención. 2º.- A potencialidade económica da Agrupación Veciñal que solicita a realización de obras con cargo a este programa de Acción Comunitaria. 3º.- A necesidade das obras apreciada en razón da súa urxencia, estado material e condicións de uso. 4º.- Outras circunstancias globais de interese socioeconómico, que a xuízo do órgano competente se deban considerar. OITAVA.- Corresponde ó Presidente a concesión destas subvencións, que se aboarán unha vez sexa xustificado o importe da obra realizada previa presentación dos seguintes documentos: 1.- Facturas orixinais, conformadas polo Presidente da Agrupación Veciñal, con indicación do DNI. 2.- Informe dos técnicos provinciais correspondentes ó obxecto de comprobaR a realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no proxecto ou presuposto ou, no seu caso, memoria valorada. O aboo da subvención practicarase directamente á Agrupación Veciñal na conta bancaria indicada por esta. NOVENA.- A documentación a que se refire a base anterior debe reflexar a realidade da obra executada, sendo imprescindible que a obra realizada sexa a subvencionada. Non se admitirá o cambio de aplicación desta subvención se non se solicita antes do 31 de marzo do 2006, sempre que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o Presidente ou Vicepresidente en quen delegue, e que se poida realizar a nova obra no prazo de execución que se establece para as que se acollan a este programa. DÉCIMA.- As subvencións para as obras que se acollan a este programa deberanse solicitar desde o momento da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia durante 30 días naturais, e estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro do ano 2006. Se neste prazo non fose a obra xustificada, procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante poderá prorrogarse o prazo de execución cando existan razóns excepcionais, debidamente acreditadas polo promotor, e así o decida o Presidente ou Vicepresidente en quen delegue, sempre que se solicite antes da data máxima prevista para a súa execución. Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora a Presidencia poderá dispoñer de ata un 20% do crédito destinado a este Programa fóra do prazo de solicitude sinalado. O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. RECLAMACIÓNS.- Dentro dos quince días seguintes ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia poderanse interpoñer reclamacións contra as bases. Pontevedra, 1 de febreiro de 2005 O Xefe do Servicio" ------ Folla: 7.12768.- BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS PARA A FORMULACIÓN DE PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL Apróbanse as bases reguladoras da concesión de subvencións a Entidades Locais para a formulación de Planeamento Urbanístico Xeral, con cargo á partida 05/911.911.462.09 do vixente Presuposto e sen que o gasto orixinado por todos eles exceda a dotación consignada. Ditas bases son como seguen: "BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS PARA A FORMULACIÓN DE PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do RDL 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público a regulación de subvencións a Entidades Locais para a formulación de Planeamento Urbanístico Xeral. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó disposto nestas B A S E S Disposicións Xerais PRIMEIRA.- Obxecto e destinatarios. Constitúe o obxecto da presente convocatoria a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva á concellos de menos de 50.000 habitantes da Provincia de Pontevedra que o soliciten, e que desexen promover o planeamento urbanístico xeral que se prevén nestas bases. SEGUNDA.- Plans subvencionables. 1.- Poderán ser obxecto de subvención as redaccións de Plans Xerais de Ordenación Municipal, ben sexa como figura de nova formulación ou como revisión ou adaptación dos mesmos. Excepcionalmente poderán acollerse a estas axudas outras figuras de desenvolvemento do planeamento xeral municipal. Daráselle prioridade a aqueles Concellos con plans en vigor anteriores ó ano 2000. En ningún caso se poderán acoller a estas axudas as entidades locais de carácter supramunicipais 2.- Tamén se poderán acoller a estas axudas aqueles concellos que, á data de publicación destas bases, tivesen contratados ou en fase de contratación a redacción ou adaptacións de Plans Xerais de Ordenación Municipal. 3.- Igualmente, tamén será posible a concesión de axudas por fases de traballo, sempre e cando o contemple o prego de condicións , mediante o que se procedeu a súa contratación. TERCEIRA.- Financiamento. As axudas outorgadas conforme o disposto nestas bases serán financiadas con cargo a aplicación orzamentaria 911.911.462.09 do Presuposto Xeral para o exercicio 2005, e que ascende a seiscentos mil (600.000,00 ¤). Esta cantidade poderase incrementar se as dispoñibilidades económicas o permiten. CUARTA - Criterios de adxudicación. Os criterios de selección das solicitudes para o outorgamento destas axudas serán os seguintes, por orde de prevalencia: 1.- Revisión, adaptación, ou modificación do Planeamento Xeral vixente ou en tramitación consonte á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, de 29 de decembro, así como a cartografía que, de ser o caso, resultase precisa. 2.- A adxudicación das subvencións realizarase especialmente a favor daqueles municipios que non perciban subvencións da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. 3.- Prevalecerán en todo caso os plans xerais sobre outros instrumentos de planeamento como os Plans parciais. Valorarase, en todo caso, a antigüidade do Planeamento vixente, con prioridade dos concellos con plans en vigor anteriores ó ano 2000. 4.- Redacción de Plans Xerais daqueles municipios rurais pequenos que teñen especial problemática urbanística. 5.- Poderase ter en conta a entidade do concello (poboación, dimensión e complexidade dos núcleos urbanos), as especiais características urbanísticas, a influencia da aprobación do planeamento urbanístico para acadar intereses públicos concretos, a situación en áreas de alta conflictividade urbanística e a existencia de bens de interese cultural ou espacios naturais declarados polo organismo competente. Estas circunstancias acreditaranse mediante informe municipal. QUINTA.- Contía das subvencións. As subvencións que se outorguen serán de ata un 75% do presuposto total, tendo en conta o número de solicitudes presentadas e os criterios de selección. Se ben en funcións das solicitudes recibidas determinarase a cantidade a conceder a cada Entidade Local. Para a valoración do custo de execución do Plan tomárase como referencia os criterios de baremación aprobados polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, coas actualizacións que, de darse o caso, fose preciso introducir. En caso de percibir outras axudas tanto por entes públicos como privados, o importe total das subvencións recibidas non poderá superar o custe total dos gastos de realización. SEXTA.- Presentación de solicitudes. As subvencións suxeitas á presente convocatoria deberán solicitarse no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Ditas solicitudes axustaranse ó modelo que se xunta ás Bases, acompañada inescusablemente da seguinte documentación: - Instancia subscrita polo Alcalde. - Memoria e presuposto da redacción do Plan Xeral ou modificación do mesmo. - Informe municipal de acordo co previsto na Base 4ª, Apartado 2º e 3º. - Declaración responsable de se obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para o mesmo traballo. - Resolución ou certificación do acordo do órgano competente do Concello polo que se determine o traballo e a subvención para súa realización. - Certificación da adxudicación da elaboración dos traballos indicando o importe e a forma de pagamento, ou ben certificación de ter acordada a apertura do procedemento de licitación ou terse publicado a convocatoria, no suposto previsto na Base 2ª, Apartado 2. Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora a Presidencia poderá dispor de crédito para axudas que se presenten fóra do prazo establecido. SÉTIMA.- Outorgamento da subvención. 1.- En canto á competencia para o outorgamento destas subvencións, estarase o disposto nas Bases de execución do Presuposto Provincial. 2.- Unha vez dictado o acordo ou resolución de concesión da subvención, o pagamento da mesma efectuarase previa acreditación de estar ó corrente nas obrigas tributarias con esta Deputación, así como da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Seguridade Social, e previa xustificación da inversión realizada nos termos e forma que proceda. OITAVA.- Aceptación da Subvención. As Entidades Locais beneficiarias disporán dun prazo dun mes contado a partir da recepción da notificación da Resolución da Concesión para comunicar a aceptación da concesión para o devandito traballo. A tal efecto, deberá remitir un acordo do órgano competente polo que se acepta a subvención. NOVENA.- Xustificacións de subvencións. O concello terá que xustificar antes do 20-12-06, mediante certificación acreditativa aprobada polo órgano competente de terse redactado o planeamento urbanístico. En caso de que se realizase só unha fase do planeamento ou varias de acordo co disposto no prego de condicións deberá xustificarse mediante acordo do órgano competente a realización parcial dos traballos. A tal efecto, o concello deberá presentar certificación detallada, expedida polo director do traballo, relativa ó cumprimento da fase, dos pregos de prescricións do contrato subscrito e o pagamento proporcional que lle corresponde ó concello con respecto á fase citada. DÉCIMA.- Control e inspección A Deputación Provincial de Pontevedra, levará a cabo a inspección e control do cumprimento por parte do beneficiario en relación co destino correcto das subvencións outorgadas. Así mesmo, os beneficiarios deberán someterse as actuacións de control da actividade económica financeira que corresponda á Intervención Xeral, o Consello de Contas, ou a outros órganos competentes. DÉCIMO PRIMEIRA.- Prórroga Se o prazo de xustificación se incumprise, procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante, poderá prorrogarse o prazo de execución cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello e así o decida o órgano concedente, sempre que se solicite antes da data máxima prevista para a súa xustificación. Disposicións finais DECIMO SEGUNDA.- Incumprimento. O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento de Recadación. DECIMO TERCEIRA.- Reclamacións. Dentro dos quince días seguintes ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia poderanse interpoñer reclamacións contra as bases." ------ Folla: 8.12769.- COMUNICACIÓNS Quedou enterada de escrito de data 31 de xaneiro de 2005 cursado polo Sr. Xefe do Servicio da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Don Pedro Mansilla Vázquez, ó que adxunta comparecencia ante a Inspección de Garda da Comisaría de Policía de Pontevedra de idéntico día e a medio da que formula denuncia polo furto ou roubo dun ordenador no citado servicio adscrito a esta Deputación, acordándose por unanimidade personarse a través dos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral nas actuacións xudiciais que puideran levarse a cabo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 9.12770.- CONVENIO DE COLABORACIÓN "ASOCIACIÓN BANDA DE GAITAS PROVINCIA DE PONTEVEDRA" Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa Asociación de Gaitas Provincia de Pontevedra, para a creación e posta en marcha de 4 escolas de gaitas e percusión na provincia de Pontevedra distribuídas en catro zonas: Sur, Centro, Salnés e Deza, mediante a achega de noventa mil euros (90.000,00 ¤), e con cargo á partida 05/451.451.489.02 do vixente presuposto, acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN BANDA DE GAITAS PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A CREACIÓN DUNHA REDE DE ESCOLAS DE GAITAS E PERCUSIÓN NA PROVINCIA Pontevedra, de xaneiro de 2005 REÚNENSE Dunha parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, con enderezo en Pontevedra, na Avda. Montero Ríos, s/n, e CIF: P-3600000-H, e actuando en nome e representación desta. Doutra, Don Hipólito Cabezas Gómez, na súa condición de presidente da Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra, con enderezo en Vigo, na rúa Tomás Alonso, 29, con CIF G-36793677, actuando en nome e representación desta entidade, segundo as facultades que lle outorgan os Estatutos da Asociación. Ambas partes teñen plena capacidade para levaren adiante este convenio MANIFESTAN 1º.- Que as fundacións e demais entidades culturais sen ánimo de lucro levan a cabo unha importante actividade cultural que contribúe ó desenvolvemento, mellora e difusión da vida cultural tanto na propia provincia como noutros ámbitos territoriais. 2º.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra, no marco das actuacións propostas para o ano 2005, trala análise da realidade pertinente, estima oportuno e necesario iniciar os trámites para a posta en marcha dun proxecto que dea resposta á crecente demanda existente por parte dos rapaces da nosa provincia, para recibir unha formación seria, rigorosa e de calidade no ámbito formativo da música e a tradición galegas. Desde o proceso de reflexión iniciado coa análise da realidade da nosa provincia, consideramos que a creación dunha rede de Escolas de Gaitas da Provincia de Pontevedra podería contribuír ó asentamento dos pilares fundamentais da tarefa educativa a desenvolver no ámbito da música tradicional galega. O marco teórico de referencia estaría definido por dúas concepcións fundamentais: a música, e a tradición. A música, entendida como forma de expresión, representación e comunicación; e a tradición, entendida como o común denominador no proceso de busca de novas expectativas para a música galega. 3º.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra, dentro do seu ámbito competencial, desenvolve as actuacións encamiñadas á promoción, divulgación e difusión da cultura, coa finalidade de achegar esta ó conxunto da sociedade. 4º.- Que o obxecto deste convenio é a creación e a posta en marcha de 4 escolas de Gaitas e percusión na provincia de Pontevedra distribuídas en catro zonas: Sur, Centro, Salnés e Deza, baixo o establecido no proxecto didáctico que se achega en anexo aparte. a.- Obxectivos: * Coñecer a riqueza musical da gaita e da percusión, a través do desenvolvemento dun proceso de ensino-aprendizaxe onde se combinen coñecementos teórico-prácticos sobre as técnicas específicas de interpretación, e os seus valores culturais. * Coñecer e respectar as principais manifestacións artísticas presentes no seu contorno, así como os elementos máis destacados do patrimonio cultural, desenvolvendo criterios propios de valoración. b.- Destinatarios: * O proxecto formativo irá dirixido a alumnos a partir dos 8 anos, ós que se lles ofrecerá un ensino totalmente gratuíto c.- Lugares de impartición: * Establécense catro zonas na provincia: Sur, Centro, Salnés e Deza. 5º.- Que, dados os intereses comúns e fins coincidentes de ambas entidades, asinan o presente convenio de colaboración, que se rexerá baixo as seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a contribuír á realización das actividades obxecto deste convenio coa cantidade máxima de noventa mil euros (90.000,00 ¤) con cargo á partida 05/451.451.489.02 do seu presuposto. SEGUNDA.- A Asociación Banda de Gaitas de Pontevedra comprométese a que figure a colaboración e o patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra en toda a publicidade xerada polas súas actividades, tanto impresa, audiovisual ou electrónica. TERCEIRA.- A Deputación Provincial de Pontevedra aboará a suma inicial de 27.000,00 ¤ (30%) á sinatura do presente convenio, a cal se xustificará mediante achega de facturas unha vez posto en marcha o proxecto. A cantidade restante de 63.000,00 ¤ (70%) poderá ser aboada en cantidades parciais a medida que se vaia xustificando mediante facturas, os gastos efectivamente realizados, e directamente relacionados co establecido no proxecto. CUARTA.- A Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra comprométese a destinar os fondos percibidos ó obxecto para os que foron concedidos. A Deputación Provincial de Pontevedra poderá comprobar, cando o estime pertinente, a adecuación dos gastos aos fins estipulados neste convenio. QUINTA.- O presente convenio só compromete á Deputación Provincial de Pontevedra ó pago da citada cantidade para o fin establecido, sendo de exclusiva competencia da Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra o relativo ó resto das responsabilidades de calquera tipo nas que se poida incorrer por mor do desenvolvemento das actividades. SEXTA.- O incumprimento de calquera das cláusulas deste convenio será motivo suficiente para a rescisión deste. SÉTIMA.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdicción contencioso-administrativa será a competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse. OITAVA.- O período de vixencia deste convenio durará ata o 31 de decembro de 2005. NOVENA.- Este convenio obriga ás partes que o asinan o seu cumprimento, someténdose ambas partes ó acordado en todas as estipulacións. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN O PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA BANDA DE GAITAS PROVINCIA DE PONTEVEDRA Asdo.: Rafael Louzán Abal Asdo.: Hipólito Cabezas Gómez" ------ Folla: 10.12771.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DO CONCURSO PARA O SUBMINISTRO DE PRODUCTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE", ANO 2005 Visto o expediente tramitado ó efecto a proposta da Directora de Xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" para a contratación do subministro de productos alimenticios para a Cidade Infantil "Príncipe Felipe", cuxas características, unidades e tipos de productos figuran no expediente e cuxo custo se estima para o ano 2005, na cantidade máxima de 202.755,00 ¤, IVE incluído, en función de máximo mensual de 16.896,25 ¤. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental de data 14 de xaneiro do 2005 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán na contratación do subministro de ditos productos alimenticios, e vistos así mesmo, o documento RC de data 13-01-05 e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 31 de xaneiro de 2005. Acórdase por unanimidade aprobar o expediente do Concurso para a contratación, mediante procedemento aberto, do "Subministro de productos alimenticios para a Cidade Infantil "Príncipe Felipe", por un tipo máximo de licitación de douscentos dous mil setecentos cincuenta e cinco euros (202.755,00 ¤), IVE incluído, para o subministro de productos alimenticios para C.I.P.F. durante o ano 2005, en función de un máximo mensual de 16.896,25 euros, IVE incluído. Así mesmo, acórdase por unanimidade autorizar dito gasto con cargo á partida 05/422.422.221.05 e aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro de productos alimenticios, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Dito Prego de cláusulas económicas-administrativas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE PRODUCTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE", ANO 2005. 1.- OBXECTO.- O subministro de productos alimenticios necesarios para cubrir o servizo de alimentación da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" de acordo cos menús establecidos e elaborados polos servizos médicos e dietéticos do Centro e de conformidade co prego de prescricións técnicas elaborado pola Dirección de Xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" que se une anexo a este prego. O subministro destes productos figura repartido en catro grupos de alimentos (froitas e verduras; productos cárnicos; productos do almacén e despensa; e productos lácteos, embutidos, conxelados e bollería), en función da temporalidade do subministro e as características, unidades, tipos de productos e prezos unitarios máximos de cada un deles, aparecen detallados no citado prego de prescricións técnicas e será con respéctoa esa relación de productos, as súas cantidades e prezos máximos, sobre os que os licitadores deberán efectuar as súas propostas económicas. A relación de productos alimenticios e cantidades están calculadas estimativamente en función do consumo mensual, podendo estas incrementarse ou diminuír en base ó número de menores que fagan uso do servizo de alimentación ou dos menús que se teñan que elaborar, sempre e cando non afecte ó prezo máximo fixado para cada producto e sen exceder do importe máximo total determinado para o subministro global mensual do conxunto dos catro grupos de alimentos, aínda que os totais parciais mensuais destes grupos si poderán variar compensándose entre si, sempre sen exceder o total anual. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/422.422.221.05 do vixente Presuposto Provincial. 3.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado o subministro e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.-ENTREGA.- A entrega dos productos alimenticios encargados polo servizo de alimentación da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" efectuarase nun prazo máximo de 24 horas na Despensa Xeral do citado Centro. A temporalidade do subministro establecese para as carnes en 3 días á semana; productos lácteos, embutidos, conxelados e bollería en 1 ou 2 días á semana; froitas e verduras en 3 ou 4 días á semana; productos de almacén en 1 día á semana. Os productos subministrados deberán cumprir todos os controis sanitarios e hixiénicos esixidos pola normativa vixente sendo o seu cumprimento a cargo do adxudicatario que deberá responder en caso de incumprimento. No caso de defecto, mal estado ou incumprimento dos requisitos sanitarios fixados, a mercancía será devolta, debendo o adxudicatario responder coa reposición inmediata de novos productos alimenticios. Mentres non se convoque o concurso correspondente ó subministro de productos alimenticios para a Cidade Infantil "Príncipe Felipe" correspondente ó ano 2006, o adxudicatario queda obrigado a subministrar estes productos durante un prazo máximo de tres meses, mantendo o prezo de adxudicación do concurso. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto que servirá de base de licitación fíxase para o ano 2005 na cantidade máxima de douscentos dous mil setecentos cincuenta e cinco euros (202.755,00 ¤), IVE incluído, en función dun máximo mensual de dezaseis mil oitocentos noventa e seis euros con vinte e cinco euros (16.896,25 ¤), IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (RDL2/2000) e non se atopen incursas en algunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizara a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Haberá de constituírse por importe do 2% do presuposto total de licitación. Poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o artigo 35 do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. O incumprimento deste requisito será causa de exclusión do concurso. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do Prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación . 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidira en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do RD 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres cerrados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE PRODUCTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" AÑO 2005 Cada licitador soamente poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores si se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE PRODUCTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" AÑO 2005 Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a representación pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fora persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo una unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, perante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa en algunha das prohibicións para contratar que conten o art. 20 do TR da Lei de contratos das Administracións Públicas RDL 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas RDL 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Descricións e calidades dos productos a subministrar 10-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Directora de Xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". SECRETARIO: O Xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que si coincidira en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas no Acta. A continuación, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos Sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orden decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Menor prezo ofertado, ata 4 puntos. 2) Calidade do material, ata 4 puntos. 3) Prazo de entrega do subministro, ata 1 punto. 4) Proximidade xeográfica dos centros de distribución para facilitar a provisión, ata 1 punto. 13.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis ventaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 8ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. No obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e a súa costa. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calesqueira outros que xere o expediente. Presupóstanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600,00 euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías, ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración incorrera en mora ó recibilos. 17.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do TR da LCAP. 18.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no RDL 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 19.- XURISDICCIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdiccional, contencioso administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdicción. 20.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio / ou en representación de .....................con domicilio en ..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Enterado do anuncio, para adxudicar mediante Concurso o contrato correspondente ó SUBMINISTRO DE PRODUCTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" ANO 2005, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, Durante el año 2005 por el prezo total de ............................................................................................ Euros IVE incluído, a razón de ....................................................................Euros/mes IVE incluído e de acordo ó seguinte desglose por productos: (Relacionaranse todos os artigos a subministrar, coa previsión total de consumo, os seus prezos unitarios con IVE incluído, e custo, que servirán de base para o cálculo dos importes mensuais e totais) (Fecha y firma del propoñente). Pontevedra, 14 de xaneiro de 2005 EL PRESIDENTE, EL SECRETARIO" ------ Folla: 11.12772.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DE "EP 8504 FORNO-CERNADAS (VALGA)" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 12-12-2002, polo que se adxudicou a Construcciones E.C. Casas, S.L. a obra "EP 8504 Forno-Cernadas (Valga)" na suma de 310.000,00 ¤, tendo a obra un presuposto de licitación de 346.043,96 ¤; visto o proxecto modificado de dita obra cuxo importe ascende á suma de 346.043,96 ¤, redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de cambios de unidades xurdidos na execución da obra que afectan á explanación, con derribo e construcción de muros e peches en nova aliñación, muros de contención ou sostemento, formación de paseos e cunetas e afirmado da zona ensanchada, todo elo sen variar o presuposto inicial da obra; e, visto o escrito da adxudicataria da obra inicial no que manifesta a súa conformidade co proxecto modificado, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado de "EP 8504 Forno-Cernadas (Valga)" na suma de 346.043,96 ¤, toda vez que non se varía o presuposto inicial da obra, mantendo o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de Construcciones E.C. Casas, S.L. ------ Folla: 12.12773.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición