Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2005-04-08_Ordinaria. Acta de sesión 2005/04/08_Ordinaria
Acta de sesión 2005/04/08_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/2.2005-04-08_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/04/08_Ordinaria
Data(s) 2005-04-08 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día oito de abril do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o señor deputado D. José Juan Durán Hermida. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.12915.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 1 de abril de 2005. ------ Folla: 2.12916.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A EMPRESA ACQUARIUM PUNTA MOREIRAS, S.L. PARA A REALIZACIÓN DUN PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL CONSISTENTE EN VISITAS DIDÁCTICAS PARA ESTUDIANTES Vistos os informes da bióloga da sección de Pesca e Cultivos Mariños e o enxeñeiro director do Servizo Agrario. Visto así mesmo o informe de Asesoría Xurídica de data 16 de marzo de 2005 e o informe de Intervención de data 15 de marzo de 2005 no que consta a dispoñibilidade orzamentaria segundo RC emitido por importe de dezaoito mil euros (18.000,00 ¤), con cargo á partida 05/711.711.479.01, acórdase por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a empresa Acquarium Punta Moreiras S.L. para a realización dun programa de educación ambiental consistente en visitas didácticas para estudiantes, e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A EMPRESA ACQUARIUM PUNTA MOREIRAS, S.L. PARA A REALIZACIÓN DE UN PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL CONSISTENTE EN VISITAS DIDÁCTICAS PARA ESTUDIANTES REUNIDOS Dunha parte o Ilmo.Sr. Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1, b) da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Doutra D. Alfredo Fernández Prieto, Xerente e Conselleiro Delegado da empresa Acquarium Punta Moreiras S.L. INTERVEÑEN Ambas partes no exercicio das súas competencias que lle están legalmente atribuídas, recoñecéndose reciprocamente capacidade xurídica suficiente para subscribir o presente Convenio EXPOÑEN Que a Deputación de Pontevedra e a empresa Acquarium Punta Moreiras S.L., colaborarán na realización dun programa educativo sobre o medio mariño denominado "ACQUA", dirixido a estudiantes de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato, todos eles pertencentes a Centros da provincia de Pontevedra, polo que acordan subscribir o presente Convenio, o cal se rexerá polas seguintes CLÁUSULAS 1) O programa "ACQUA" divídese en tres proxectos distintos en función do tipo de destinatarios, que son os seguintes: a) PROGRAMA ACQUA UNO: dirixido a escolares de Educación Infantil, consistente nunha visita guiada polas instalacións do Acquarium para introducirse no reino submarino e a asistencia a un taller Interpretativo no cal os nenos aprenden a importancia de coidar o medio mariño. b) PROGRAMA ACQUA DOS: dirixido a estudiantes de Educación Primaria e Secundaria, consistente nunha visita temática polo Acquarium titulada "Luchando por la supervivencia" e unha travesía no catamarán de visión submarina desde o porto do Grove, co obxectivo de recoñecer o fondo mariño e as especies que o habitan, e descubrindo a través do cultivo de moluscos en batea a importancia de Arousa como un dos recunchos mais productivos da costa galega. c) PROGRAMA ACQUA TRES: dirixido a estudiantes de Bacharelato. Realizase a bordo do veleiro NAUJA, embarcación centrada en actividades de interpretación e educación ambiental mariña, co obxectivo de introducir ós estudiantes nas técnicas de navegación, así como na formación e o funcionamento das rías galegas e os cultivos mariños. 2) En cada viaxe do catamarán e do barco NAUJA, ademais da tripulación necesaria segundo a normativa en vigor para a seu despacho, Acquarium Punta Moreiras S.L., incluirá como mínimo un monitor que explique ós participantes o que observan e conteste ás preguntas que poidan formularlle. Durante a visita ó acuario, o persoal guía acompañará ós estudiantes para mostrarlles cada un dos acuarios representativos dos distintos ecosistemas de Galicia, realizando as explicacións apropiadas das especies e hábitats que se observan, ademais dunha pequena práctica na granxa mariña. No caso de que as condicións meteorolóxicas desaconsellen a saída do barco, Acquarium Punta Moreiras S.L., facilitará ós estudiantes talleres ocupacionais relacionados co mundo do mar nas súas instalacións. 3) Entregarase a cada Centro unha carpeta de unidades didácticas e a cada participante documentación e un recordo onde figure un adhesivo do programa e o patrocinio da Deputación de Pontevedra. 4) As visitas realizaranse segundo se especifica na memoria adxunta. 5) A achega da Deputación de Pontevedra, ascende á cantidade de dezaoito mil euros (18.000,00 ¤), con cargo á partida orzamentaria 711.711.479.01. Dita achega corresponde ás visitas e viaxes de 3.000 participantes cun custo de seis euros (6,00 ¤) por persoa, impostos incluídos, que se aboará á empresa Acquarium Punta Moreiras S.L., previa certificación do Xerente e Conselleiro Delegado da mesma da realización das visitas e viaxes, e expedición da correspondente factura, así como documento acreditativo da realización da actividade conformado pola persoa responsable do colexio que efectuou a mesma. 6) O aboo poderase realizar, a petición de Acquarium Punta Moreiras S.L., en tres pagos parciais nas condicións fixadas na cláusula anterior (6,00 ¤/persoa), por un importe máximo, cada un deles, de seis mil euros (6.000,00 ¤) ó haber realizado as visitas e/ou viaxes de mil (1.000.-) participantes. 7) O número total de participantes (3.000.-) será contabilizado de maneira global, podendo participar de calquera programa no cómputo global. 8) O presente Convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005, entrando en vigor o mesmo día da súa sinatura polos representantes legais de ambas entidades. En Pontevedra, de de 2005 Por la Deputación de Pontevedra Asdo. Rafael Louzán Abal Por Acquarium Punta Moreiras S.L. Asdo. Alfredo Fernández Prieto" ------ Folla: 3.12917.- APROBACIÓN DAS BASES DO CENTRO DE DÍA, CURSO 2005-2006 Con data 27 de xuño de 2003 o Pleno da Excma. Deputación aproba a Creación do Centro de Día na Cidade Infantil "Príncipe Felipe" para a atención, tanto básica como integral diaria dos menores da Provincia. Con motivo de proceder á apertura do prazo para solicitar praza neste Centro para o curso 2005-2006, acórdase por unanimidade aprobar as bases que rexerán a selección e a súa publicación. Ditas bases son como seguen: "BASES DO CENTRO DE ATENCIÓN DE DÍA Tendo en conta o disposto no Título II da Lei 4/1993 de Servicios Sociais (DOG 23/04/1993) e maila Orde do 6 de novembro de 2000 pola que se modifica a Orde do 29 de febreiro de 1996 pola que se se regulan os requisitos específicos que deben reunir os centros de menores e os centros de atención á infancia (DOG 20/11/2000), a Excma. Deputación de Pontevedra, pon en funcionamento na Cidade Infantil "Príncipe Felipe", UN CENTRO DE DÍA, servizo que supón unha alternativa á separación dos menores do núcleo familiar e asegura que as necesidades básicas dos rapaces queden cubertas permitindo que continúen os lazos afectivos e físicos coas familias. DESTINATARIOS Menores de entre 0 e os 16 anos procedentes de familias que necesiten dun apoio diario e puntual para completar a formación e atención dos seus fillos. Ofrécese o Centro de Día como alternativa o internamento, xa que permite a permanencia dos menores no seu ámbito familiar, evitando o seu desarraigo e favorecendo a súa integración social. OBXECTIVOS - Favorecer procesos de integración social tanto persoal como grupal. - Promover o cambio de actitudes e conductas nos menores, interiorizando hábitos que permitan a súa eficaz incorporación social. - Asesorar e orientar a menores e ás familias que así o soliciten ante problemas ou necesidades concretas. - Dotar de estratexias de afrontamento e recursos persoais ante situacións problemáticas e/ou de risco social que se ven favorecidas por factores que facilitan estas situacións. - Garantir ós menores unhas mellores condicións de saúde, hixiene e nutrición. - Evitar o absentismo escolar. - Evitar o internamento cando a problemática familiar non o faga estrictamente necesario, garantindo que o neno permaneza no seo da súa familia, restablecendo, fortalecendo ou creando os vínculos familiares dos menores. - Educar para capacitar ó individuo nunha libre e progresiva elección entre as diversas opcións que a vida actual lle ofrece. - Facilitar a apertura do menor cara os demais e posibilitar que se relacione positivamente co seu entorno. - Garantir o cumprimento dos obxectivos marcados polos distintos centros residenciais. INFRAESTRUCTURA Para elo contamos con: - Un entorno espacial amplo, seguro, san, alegre e propicio para a expansión dos nenos en tódolos sensos. - Unhas instalacións externas convenientemente dispostas para o xogo e a recreación (campo de fútbol, pavillón polideportivo, piscinas, espazos libres, bambáns, xardíns, zonas de recreo interiores). - Unha conexión ca cidade de Pontevedra fácil, rápida con transporte propio para servizo de persoal e alumnos. - Cun hospital a cen metros para calquera tipo de urxencia. - Cun centro escolar infantil, de primaria e de secundaria dentro do mesmo recinto. Tamén cun centro de formación profesional e unha escola de hostalería. - Con cociña xeral propia, comedor xeral e comedores particulares nas propias unidades de convivencia. - Con unidades de convivencia moi amplas, recentemente remodeladas con salas, ambiente de xogo, de descanso ou de traballo escolar segundo a necesidade de programación individualizada. - Cunha ratio de persoal/neno que tamén supera amplamente as esixencias normativas, ofrecendo grandes facilidades para a atención personalizada e a formación de titorías. - Con organización de actividades extraescolares: recreativas, formativas, transversais, complementarias, de apoio escolar, etc. - Con servizos médico, psicolóxico e de asistencia social, que contan cunha ampla experiencia nos distintos campos de atención á infancia. DESENVOLVEMENTO TEMPORAL E MODALIDADE A SEGUIR O Centro de Día da Cidade Infantil Príncipe Felipe, en función das prestacións que ofrecerá ós menores beneficiarios deste, rexerase polas modalidades de "ATENCIÓN DE DÍA BÁSICA", e "ATENCIÓN DE DÍA INTEGRAL" estes tipos de atención inclúen as seguintes prestacións: Atención de Día Básica: ? Aloxamento diúrno en instalacións adecuadas. ? Atención durante o curso lectivo, axustándose o máximo posible o calendario escolar, con excepcións da fin de semana (Sábados e Domingos) e festivos, e os meses de Xullo e Agosto (1 de Xullo ó 31 de Agosto). ? Horarios de atención flexible, dependendo das necesidades do menor, valoradas polo equipo do menor e a institución. ? Alimentación: xantar e merenda, en casos puntuais que así o requiran almorzo e cea. ? Apoio e seguimento escolar, incluíndo materiais funxibles nos casos nos que se consideren oportunos, e sempre que as familias non reciban outro tipo de axudas para esta mesma causa. ? Financiamento parcial do transporte de proximidade de ida e volta ó domicilio familiar exceptuando ós nenos de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos. ? A duración media do curso non poderá exceder dun ano, rematado este período, será preciso proceder á revisión da situación do menor e a dictar unha nova resolución. ? Participar nas actividades organizadas pola institución ou polo centro escolar ó que acuda o menor. ? Colaboración na normalización da dinámica familiar. ? Tendo en conta o disposto na Orde do 3 de xullo do 2000, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo, o horario máximo de permanencia dos nenos/as no centro, será con carácter xeral, de 8 horas diarias, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas. "Atención de Día Integral": ' Aloxamento diúrno en instalacións axeitadas. ' Atención durante todo o ano. ' Horario de atención mínimo do centro será de 8 da mañá a 8 da tarde. ' Alimentación: Inclúe almorzos, xantares, merendas e ceas. ' Hixiene e educación nos hábitos de saúde. ' Seguimento e apoio escolar, incluíndo materiais educativos e didácticos. ' Animación planificada do tempo libre e os materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades. ' Financiamento parcial do transporte de proximidade de ida e volta ó domicilio familiar exceptuando ós nenos de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos. ' Servizo de titorías; orientación psico-educativa. ' Colaboración co equipo do menor para a normalización da dinámica familiar. ' Tendo en conta o disposto na Orde do 3 de xullo do 2000, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo, o horario máximo de permanencia dos nenos/as no centro, será con carácter xeral, de 8 horas diarias, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas. ACTIVIDADES O Centro disporá dun servicio básico de manutención para os menores, con cobertura alimenticia e hixiénica; ademais, proporcionaranse os recursos cos que conta esta Institución de carácter educativo e/ou terapéutico necesarios. Os nosos esforzos centraranse nos seguintes apartados: -Actividades de apoio e seguimento escolar. -Actividades de seguimento médico-sanitario de urxencia. -Hixiene e educación nos hábitos de saúde. -Celebración de aniversario, festas (Nadal, Carnaval, Fin de curso....) - Servicio de información, orientación e acompañamento. - Animación planificada do tempo libre. -Terapia de grupo e individual-Biblioteca (promoción da lectura). - Realización de diversas actividades a través de distintos talleres como: *Taller de educación para a saúde. *Taller de deporte. *Taller de música. *Taller de habilidades sociais. *Taller de apoio escolar. Hábitos de estudo. *Taller de orientación laboral. NÚMERO DE PRAZAS · De 4 a 18 meses ............... ? 10 prazas · De 18 meses a 3 anos .........? 20 prazas · De 3 a 8 anos .................... ? 40 prazas · De 8 a 16 anos ................... ? 50 prazas O número de prazas por tramo de idade, poderá variar en función do número de solicitudes e dos ingresos decretados pola Consellería de Familia, tendo en conta que o cómputo total de prazas no poderá exceder do establecido. CRITERIOS DE ADMISIÓN -Solicitude debidamente cumprimentada Situación económica: RPC mensual da unidade familiar, referida ó salario mínimo interprofesional vixente: -Inferior ó 50% do SMI +8 puntos -Entre o 50% e o 75% do SMI +6 puntos -Superior ó 75% e inferior ó 100% do SMI +4 puntos -Entre o 100% e o 125% do SMI -4 puntos -Superior ó 125% e inferior ó 150% do SMI -6 puntos -Superior ó 150% do SMI -8 puntos Situación laboral familiar: -Situación laboral de ocupación de ámbolos dous membros parentais.. 8 puntos -Situación laboral de desemprego sen prestación económica: Pai 4 puntos Nai 4 puntos -Situación laboral de desemprego con prestación económica: Pai 3 puntos Nai 3 puntos -Traballos sen cualificar fora do fogar sen percepción económica fixa: Pai 3 puntos Nai 3 puntos No caso de familias monoparentais, adxudicaráselle a puntuación do epígrafe correspondente computando por dous, exceptuado o primeiro punto, en que a puntuación da familia monoparental se asimila á formada por dous membros. Situación Socio-Familiar: -Por cada membro menor de 18 anos a cargo da unidade familiar, incluído/a o/a neno/a para o que se solicita a praza 2 puntos -Por cada membro maior de 18 anos a cargo da unidade familiar, sen ingresos económicos, agás os pais ou titores do neno/a para o que se solicita a praza ....... 2 puntos -Por discapacidade física, psíquica ou sensorial, enfermidade crónica que requira internamento periódico, alcoholismo ou drogodependencia (segundo o grao): Pai ata 5 puntos Nai ata 5 puntos Outros membros ata 5 puntos -Pola condición de familia monoparental 6 puntos -Calquera outra circunstancia socio-familiar que sexa susceptible de valoración ó xuízo da comisión e adecuadamente acreditada ata 5 puntos -Informe dos servizos de psicoloxía da Institución, valorando as circunstancias do menor ata 5 puntos - Informe dos Servizos Sociais da Institución, valorando as circunstancias do menor, familia, entorno, ata 5 puntos -En caso de minusvalias, trastornos Psicolóxicos, etc .e imprescindible xuntar informe médico. -Existe para os menores un período de proba e de adaptación ós centros e ás súas normas, no caso de non cumprilas poderán ser dados de baixa nos centros, previo informe dos Servizos Técnicos da Cidade Infantil. - O principio de cada curso, as familias asinarán no Centro, un protocolo de compromisos, dependendo as circunstancias que motiven a admisión do menor. -Existirá a posteriori unha comisión de Seguimento, que valorará durante o transcurso da estancia do menor, se os compromisos inicias son cumpridos. -A Comisión de Seguimento ten a competencia de decidir a continuidade ou non do menor no Centro, se os compromisos non son acadados ou non se cumpren. En todo caso serán criterios de inadmisión: -Menores que se atopen en situación de desamparo e, polo tanto, suxeitos á xurisdicción da Xunta de Galicia. -Menores sen capacidade de autovalemento. -Menores con trastornos graves de conducta. -Menores con deficiencias psicolóxicas graves. -Menores con toxicomanías. A valoración da solicitude realizarase cada curso escolar, non implicando a admisión, a prorroga o curso seguinte. PRAZO de presentación das solicitudes (Modelo Anexo I) Desde o 11 de abril o 29 de abril LUGAR de presentación das solicitudes(Modelo Anexo I) Dirección Xerencia da Cidade Infantil. LUGAR de recollida das solicitudes (Modelo Anexo I) Dirección Xerencia da Cidade Infantil. TELÉFONO de información: 986-804135" ------ Folla: 4.12918.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: EDITORIAL COMPOSTELA, S.A. - EL CORREO GALLEGO - A constituída en metálico, por importe de mil catrocentos corenta euros (1.440,00), para responder da contratación para a prestación de servizos de publicidade no periódico "El Correo Gallego", sobre actuacións realizadas pola Deputación Provincial durante o ano 2004 e as previstas para o ano 2005, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 07/01/2005, núm. de operación 200500001275, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en metálico, por importe de mil douscentos euros (1.200,00 ¤), para responder do contrato para a prestación de servizos de edición e imprenta no periódico de "El Correo Gallego", e que foi depositado na Tesourería Provincial o 20/10/2004, núm. de operación 200400073920, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MARÍA DEL PILAR RODRÍGUEZ GONZÁLEZ (ORGANIZACIÓN Y COORDINACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS) - A constituída en metálico, por importe de mil cento oitenta e catro euros (1.184,00 ¤), para responder do servizo de organización da "Festa da Bicicleta" e "Marchas Populares" do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 30/04/2004, núm. de operación 200400031629, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. IDEAS POSIBLES, S.L. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de seiscentos corenta e cinco euros (645,00 ¤), para responder do contrato de asistencia para o desenvolvemento de actividades de formación do persoal funcionario e laboral que presten servizos nos centros dependentes da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (Plan Unitario de Formación 2003), e que foi depositado na Tesourería Provincial o 13/06/2003, núm. de operación 200300042702, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. RADIO VIGO, S.A. - A constituída en metálico, por importe de mil douscentos euros (1.200,00 ¤), para responder do contrato para a prestación de servizos de publicidade nas emisoras de Radio Vigo de Onda Media e Frecuencia Modulada, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 16/11/2004, núm. de operación 200400080050, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EXPLOTACIONES AGROPECUARIAS DO DEZA, S.C. - A constituída en metálico, por importe de setecentos sesenta e oito euros (768,00 ¤), para responder do contrato de alugamento de 600 horas de tractor agrícola con cortamalezas hidráulico, con destino ó Parque de Maquinaria, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 13/12/2004, núm. de operación 200400086718, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CLARO SOL, S.L. - A constituída en valores, mediante aval de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., por importe de catrocentos noventa euros con oitenta e catro céntimos (490,84 ¤), para responder do servizo de limpeza na Finca Mouriscade, ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 31/03/2004, núm. de operación 200400025059, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., por importe de oitocentos vinte e nove euros con setenta e sete céntimos (829,77 ¤), para responder do servizo de limpeza na Finca Areeiro, ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 31/03/2004, núm. de operación 200400025050, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. NORVIAL, S.L. - A constituída en valores, mediante aval do Banco Pastor, por importe de trece mil novecentos sesenta e cinco euros con sesenta e dous céntimos (13.965,62 ¤), para responder de: "Material acopiado na obra de execución de cuberta para pista polideportiva en Camos (Nigrán)", e que foi depositado na Tesourería Provincial o 03/01/2005, núm. de operación 200500000002, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 5.12919.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "CONSTRUCIÓN GARDERÍA INFANTIL, 1ª FASE", DO CONCELLO DE BARRO, CON CARGO Ó PAM/2005 Na aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Barro unha subvención por importe de sesenta e dous mil oitocentos dezanove euros con noventa e cinco céntimos (62.819,95 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Construción Gardería Infantil, 1ª Fase", co núm. 3/140 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 6.12920.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "ASFALTADO NO RURAL", DO CONCELLO DE CAMBADOS, CON CARGO Ó PAM/2005 Na aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Cambados unha subvención por importe de cento vinte e cinco mil corenta e seis euros con dous céntimos (125.046,02 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Asfaltado no rural", co núm. 11/122 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 7.12921.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "REDE DE SUMIDOIROS NA PARROQUIA DE MONDARIZ", DO CONCELLO DE MONDARIZ, CON CARGO Ó PAM/2005 Na aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Mondariz unha subvención por importe de cento vinte e catro mil douscentos noventa e tres euros con corenta e catro céntimos (124.293,44 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Rede de sumidoiros na parroquia de Mondariz", co núm. 112/127 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 8.12922.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "DEPÓSITO EN CASAL E REDE DE SUMIDOIROS EN ESPEDREGUEIRA", DO CONCELLO DE MORAÑA, CON CARGO Ó PAM/2005 Na aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Moraña unha subvención por importe de setenta e tres mil catorce euros con vinte e un céntimos (73.014,21 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Depósito en Casal e rede de sumidoiros en Espedregueira", co núm. 176/126 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 9.12923.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "SANEAMENTO EN NEGROS", DO CONCELLO DE REDONDELA, CON CARGO Ó PAM/2005 Na aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Redondela unha subvención por importe de douscentos sesenta e dous mil cincocentos sete euros con vinte e tres céntimos (262.507,23 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Saneamento en Negros", co núm. 198/108 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 10.12924.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "ADQUISICIÓN RETRO ESCAVADORA", DO CONCELLO DE SILLEDA, CON CARGO Ó PAM/2005 Na aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Silleda unha subvención por importe de sesenta e cinco mil noventa e un euros con nove céntimos (65.091,09 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Adquisición retro escavadora", co núm. 179/97 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 11.12925.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "ADQUISICIÓN CARBALLEIRA AS PEDROSAS PARA CONSTRUCIÓN DE PARQUE PÚBLICO, 2ª ANUALIDADE", DO CONCELLO DE SILLEDA, CON CARGO Ó PAM/2005 Na aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Silleda unha subvención por importe de sesenta mil cento seis euros con vinte e sete céntimos (60.106,27 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Adquisición carballeira as Pedrosas para construción de parque público, 2ª anualidade", co núm. 180/96 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 12.12926.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "SANEAMENTO E BOMBEO EN FONSÍN", DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA, CON CARGO Ó PAM/2005 Na aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de setenta mil cento trinta e seis euros con setenta e tres céntimos (70.136,73 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Saneamento e bombeo en Fonsín", co núm. 141/95 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 13.12927.- CONVENIO DE COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN CARLOS CASARES Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do convenio de colaboración coa Fundación Carlos Casares, para a promoción e difusión do legado cívico e cultural de Carlos Casares, mediante a achega de trinta mil euros (30.000,00 ¤), e con cargo á partida 05/451.451.489.05 do vixente presuposto acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo facultando o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN CARLOS CASARES Pontevedra, de marzo de 2005 REÚNENSE D. Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, con enderezo en Pontevedra, na Avda. Montero Ríos, s/n, e CIF: P-3600000-H, actuando en nome e representación desta e, Dona Kristina Berg, na súa condición de presidenta da Fundación Carlos Casares, con enderezo en Vigo, na rúa Elduayen, 36 - 2º, con CIF G-36907244, actuando en nome e representación desta entidade, segundo as facultades que lle outorgan os Estatutos da Fundación. Ambas partes teñen plena capacidade para levaren adiante este convenio e MANIFESTAN Que as fundacións e demais entidades culturais sen ánimo de lucro levan a cabo unha importante actividade cultural que contribúe ó desenvolvemento, mellora e difusión da vida cultural tanto na propia provincia como noutros ámbitos territoriais. Que a Fundación Carlos Casares vén desenvolvendo con continuidade un importante labor de promoción cultural, tanto no ámbito provincial como no galego, en correspondencia cos seus fins estatutarios, contribuíndo a establecer pontes entre a cultura galega e a cultura universal e a difundir socialmente o legado cívico e cultural de Carlos Casares. Que a Deputación Provincial de Pontevedra, como membro integrante do Padroado da Fundación Carlos Casares, comparte os obxectivos desta. Que a Deputación Provincial de Pontevedra, dentro do seu ámbito competencial, desenvolve actuacións encamiñadas á promoción, divulgación e difusión da cultura, coa finalidade de achegar esta ó conxunto da sociedade. Que, dados os intereses comúns e fins coincidentes de ambas entidades, asinan o presente convenio de colaboración. OBXECTO O obxecto deste convenio é: * A contribución á realización da III edición dos "Encontros de Mondariz Balneario", que terá lugar no Concello de Mondariz Balneario na derradeira semana de setembro do ano 2005. * A utilización da biblioteca-salón de actos da sede da Fundación Carlos Casares para presentacións de libros e publicacións da Deputación de Pontevedra, así como para calquera outros actos públicos de carácter cultural que a Deputación de Pontevedra desexe realizar no referido local. * A continuidade e itinerancia polos concellos e centros escolares da provincia da exposición "Os mundos de Carlos Casares", elaborada pola Fundación Carlos Casares e a Sociedade Galega de Desenvolvemento Comarcal. CLÁUSULAS PRIMEIRA.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a contribuír á realización das actividades obxecto deste convenio coa cantidade de TRINTA MIL EUROS (30.000,00 ¤) con cargo á partida 05/451.451.489.05 do seu presuposto. SEGUNDA.- A Fundación Carlos Casares comprométese a que figure a colaboración e o patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra en toda a publicidade xerada polas súas actividades, tanto impresa, audiovisual ou electrónica. TERCEIRA.- A Deputación Provincial de Pontevedra pagará o 50 % (15.000,00 ¤) á sinatura do presente convenio e o outro 50 % (15.000,00 ¤) restante unha vez xustificado mediante facturas, o gasto efectivamente realizado . CUARTA.- A Fundación Carlos Casares comprométese a destinar os fondos percibidos ó obxecto para os que foron concedidos. A Deputación Provincial de Pontevedra poderá comprobar, cando o estime pertinente, a adecuación dos gastos ós fins estipulados neste convenio. QUINTA.- O incumprimento de calquera das cláusulas deste convenio será motivo suficiente para a rescisión deste. SEXTA.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdicción contencioso-administrativa será a competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse. SÉTIMA.- O presente convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005. OITAVA.- Este convenio obriga ás partes que o asinan o seu cumprimento, someténdose ambas partes ó acordado en todas as estipulacións. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo. Rafael Louzán Abal A PRESIDENTA DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES Asdo. Kristina Berg" ------ Folla: 14.12928.- CONVENIO DE COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN LAXEIRO Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa Fundación Laxeiro, para a promoción e difusión da obra do artista José Otero Abeledo, Laxeiro, e dinamizar a vida cultural e artística na provincia de Pontevedra, mediante a achega de vinte e catro mil euros (24.000,00 ¤), e con cargo á partida 05/451.451.489.05 do vixente presuposto, acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo facultando o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCELENTÍSIMA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN LAXEIRO Vigo, de marzo de 2005 REÚNENSE: D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Excma. Deputación de Pontevedra, en virtude do seu cargo de Presidente. Dona María Corina Porro Martínez, na súa condición de Presidenta da Fundación Laxeiro, actuando en nome e representación da entidade, segundo as facultades que lle outorgan os seus estatutos. Ambas partes recoñécense plena capacidade para levaren adiante o presente convenio, e MANIFESTAN: Que as asociacións e fundacións culturais sen ánimo de lucro, levan a cabo un importante labor cultural que contribúe ó desenvolvemento, mellora e difusión da nosa cultura, tanto na propia comunidade, como cara ó exterior. Que a Fundación Laxeiro, declarada de INTERESE CULTURAL por Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 3 de agosto de 1999 e, declarada de INTERESE GALEGO por Orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 18 de outubro de 1999, vén desenvolvendo un labor de continuidade na promoción e difusión da figura do artista Lalínense José Otero Abeledo, Laxeiro, así como no apoio ó traballo dos novos creadores galegos e, para seguir nesta vía, precisa de colaboracións institucionais ó non contar cos medios suficientes que garantan a consecución dos fins sociais que se expresan nos seus estatutos. Que a Excma. Deputación de Pontevedra, ten atribuídas funcións en materia de fomento da cultura e, en particular, ten interese no apoio a iniciativas que, como a que nos ocupa, significan a potenciación de fillos da provincia de Pontevedra, cun labor cultural salientable, para fomentar parte do patrimonio cultural de Galicia. Que o artista José Otero Abeledo, Laxeiro, puido dar os seus primeiros pasos como artista gracias ó apoio da Excma. Deputación de Pontevedra que, no ano 1932, concedeulle unha beca de estudos que facilitou a súa aprendizaxe en Madrid. Por todo isto, para acadar unha maior eficacia na execución das actuacións, dado o interese común das partes asinantes, é polo que asinan o presente convenio de colaboración de acordo coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- A Excma. Deputación de Pontevedra, comprométese a entregarlle á Fundación Laxeiro a cantidade de VINTE E CATRO MIL EUROS (24.000,00 ¤) con cargo á partida 05/451.451.489.05 para a programación, realización e difusión de actividades culturais por parte da Fundación Laxeiro, cara á consecución do interese común de promover e difundir a obra do artista José Otero Abeledo, Laxeiro, e dinamizar a vida cultural e artística na provincia de Pontevedra, levando a cabo as actividades que se sinalan no anexo ó presente convenio de colaboración e que forma parte íntegra do mesmo. SEGUNDA.- A Fundación Laxeiro comprométese pola súa parte, a facer constar en toda a publicidade que xeren as súas actividades, a colaboración da Excma. Deputación de Pontevedra. TERCEIRA.- A Excma. Deputación de Pontevedra librará o importe total do presente convenio, unha vez xustificado, mediante facturas, o gasto efectivamente realizado, podéndose librar cantidades parciais, en función do gasto realizado en cada momento, e que, igualmente se xustificará achegando as facturas correspondentes. Os ingresos efectuaranse na conta que a Fundación Laxeiro ten aberta a estes efectos en Caixagalicia e que, de seguido se especifica: 2091-0501-62-3040053760 CUARTA.- A Fundación Laxeiro comprométese a destinar os fondos percibidos ás actividades especificadas na cláusula PRIMEIRA do presente convenio. A Excma. Deputación de Pontevedra poderá comprobar, cando o considere pertinente, a execución das actividades obxecto do presente convenio. QUINTA.- A Fundación Laxeiro ofrécese a certificar e catalogar as obras autoría de Laxeiro propiedade da Excma. Deputación de Pontevedra. SEXTA.- A Fundación Laxeiro queda obrigada a presentar unha memoria das actividades levadas a cabo cos devanditos fondos, antes do 1 de marzo de 2006. SÉTIMA.- O incumprimento de calquera das cláusulas do convenio constituirá causa suficiente de rescisión do mesmo. OITAVA.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdicción contencioso-administrativa será a competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia del. NOVENA.- O presente convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005. Este convenio obriga ás partes que o asinan ó seu cumprimento, someténdose ámbalas dúas partes ó acordado en todas as estipulacións. Esténdese por duplicado, no lugar e data arriba indicados." O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo. Rafael Louzán Abal A PRESIDENTA DA FUNDACIÓN LAXEIRO Asdo. Mª Corina Porro Martínez" ------ Folla: 15.12929.- CONVOCATORIA E BASES DA XORNADA SOBRE PROGRAMA BÁSICO DE XESTIÓN E EXECUCIÓN DUN PROXECTO EUROPEO EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA De conformidade co establecido no artigo 90 do Acordo Regulador-Convenio Colectivo do 8 de xaneiro de 2001, para o persoal funcionario e laboral desta Excma. Deputación Provincial, acórdase por unanimidade aprobar a convocatoria da xornada sobre "Programa básico de xestión e execución dun proxecto europeo" a fin de proporcionar a todos os interesados unha nova vía de recursos para o financiamento de actividades no eido local e como proxección de cara ó establecemento de redes de cooperación nos vinte e cinco estados da Unión Europea, organizada por este Organismo Provincial en colaboración coa Fundación Galicia Europa, que terá lugar no Pazo Provincial o día 10 de maio de 2005 en horario de mañá e tarde e que se rexerá polas seguintes: "BASES 1º Obxectivos: Motivar ás Corporacións locais da nosa Comunidade Autónoma para que se animen á presentación de proxectos e actuacións no ámbito comunitario. 2º Destinatarios: Funcionarios locais e outras persoas ligadas ó desenvolvemento local no ámbito municipal, comarcal ou provincial. 3º Contido: I.- ACCESO ÁS FONTES DE INFORMACIÓN - A web EUROPA.EU.INT - Outros recursos II.- PREPARACIÓN E ELABORACIÓN DUN PROXECTO - A convocatoria. - Documentación básica: guías e vademecums. - O formulario. III.- CONCEPTOS - Innovación. - Efecto multiplicador. - Boas prácticas. IV.- REALIZACIÓN DUN CASO PRÁCTICO V.- OUTRAS CONSIDERACIÓNS - Aspectos legais e financeiros. - Seguimento. - Avaliación final. 4º Duración: Dez horas, cinco de mañá e cinco de tarde. 5º Número de prazas: 25 6º Lugar e data: Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra, día 10 de maio. 7º Inscrición: No Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, Avenida Montero Ríos s/n, 36071 Pontevedra, ou mediante Fax: 986 80 41 41, antes do día 30 de abril de 2005. 8º Diploma: Outorgarase certificado de asistencia ós alumnos que participen no curso durante toda a xornada de mañá e tarde. Para calquera información poderán chamar ó teléfono: 986 80 41 00, ext. 306/307, ou ben consultar a páxina web da Fundación Galicia Europa: www.fundaciongaliciaeuropa.org." ------ Folla: 16.12930.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA JOSÉ CABANELAS RIVAS EN NOME E REPRESENTACIÓN DE EUROPCAR RENTING, S.A., POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PO-301, VILAGARCÍA - PONTEARNELAS Resultando que con data de Rexistro de 3 de xaneiro de 2005 (nº rex. 000107) tivo entrada nesta Deputación instancia asinada por Dona María José Cabanelas Rivas en nome e representación da entidade EUROPCAR RENTING, S.A., solicitando indemnización por danos en accidente de tráfico do automóbil marca Renault Megane, matrícula 6912-CPK, o día 4 de xaneiro de 2004 na estrada de Porto Meloxo (O Grove), e que valora economicamente en 583,25 ¤, desagregados en 377,35 ¤ en concepto de danos ó vehículo e 206,11 ¤ en concepto de alugamento de vehículo de substitución. Resultando que con data 4 de xaneiro de 2005 (nº Rex.saída 000053, de 05/01/2005) e por conducto da Presidencia requiriuse a Dona María José Cabanelas Rivas para a presentación de poder notarial acreditativo da representación ou apoderamento "apud acta", de conformidade co disposto nos artigos 70 en relación co 6.1 do R.d. 429/93, de 26 de marzo, e 32.3 da Lei 30/92, de 30 de novembro, modificada pola 4/99. Resultando que con data 24 de xaneiro de 2005 (nº rex. 001572) tivo entrada nesta Deputación escrito de Dona María José Cabanelas Rivas solicitando ampliación de prazo para a cumprimentación do requirimento efectuado. Resultando que con data 26 de xaneiro de 2005 (nº rex. saída 000681) remíteselle a Dona María José Cabanelas Rivas comunicación da Asesoría Xurídica sobre ampliación de prazo por período de cinco días a contar desde a notificación da citada comunicación. Resultando que con data de Rexistro de 4 de febreiro de 2005 (nº 002626) ten entrada escrito de Dona María José Cabanelas Rivas mediante o que cumprimenta o requirimento efectuado acompañando poder notarial outorgado ó seu favor pola entidade EUROPCAR RENTING, S.A. Resultando que con data 10 de febreiro de 2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 28 de febreiro de 2005, co seguinte contido: "No se identifica Carretera Provincial con esos datos y como se desprende del Documento 1 no existe ninguna Vía Provincial sin señalizar. En cualquier caso aparece un testigo y ninguna actuación Policial. En la zona se estaba actuando en Rampa a Meloxo que es un Vial ancho que enlaza dos carreteras por parte de la empresa Pavimentos de Meaño y se encuentra perfectamente señalizada". Resultando que con data 16 de febreiro de 2005 (nº rex. saída 001631) remíteselle a Dona María José Cabanelas Rivas nova comunicación da Asesoría Xurídica mediante a que se lle solicita información complementaria sobre o punto quilométrico concreto onde tivo lugar o accidente, de conformidade co informado polo Servizo de Vías e Obras, concedéndolle a tales efectos un prazo de dez días a contar desde a notificación. Resultando que con data 4 de marzo de 2005 (nº Rex. 006200) ten entrada escrito de Dona María José Cabanelas Rivas ampliando información sobre o lugar do accidente e acompañando fotografías. Resultando que remitido con data 9 de marzo de 2005 dito escrito coas fotografías que acompaña ó Servizo de Vías e Obras para novo informe, con data 30 de marzo seguinte emítese o mesmo co seguinte contido: "En relación con su escrito en el que solicita informe complementario relativo a reclamación patrimonial formulada por Doña María José Cabanelas Rivas, en representación de EUROPCAR RENTING, S.A. por parte del Ingeniero Técnico Jefe de la Zona, se informa: - Que se trata de una Vía Municipal sin acabar entre el Puerto de Meloxo y Virgen de las Mareas en el Grove". Considerando que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que o teor do citado informe do Servizo de Vías e Obras impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 17.12931.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dáse conta das seguintes Resolucións Xudiciais: a) A Xunta de Goberno queda enterada e acorda a execución nos seus propios termos da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 211/ 2004, promovidos contra esta Deputación por D. Samuel Soutullo Padín contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada de Nantes a Lores (Sanxenxo), e na que se condena á Deputación ó aboo da cantidade de 229,90 ¤ como principal, incrementada con 5,98 ¤ en concepto de xuros legais desde a data de reclamación en vía administrativa, esto é, desde 3 de decembro de 2003, segundo o ordenado na referida sentenza,concretándose nun importe total de 235,88 ¤ (douscentos trinta e cinco euros con oitenta e oito céntimos). A sentenza non é, pola súa contía, recorrible, sendo polo tanto firme. O pago da indemnización farase efectivo con cargo á partida 05/511.511.210.00 do presuposto, mediante ingreso na conta a nome do Xulgado do Contencioso nº 3 de Pontevedra nº 3597 0000 8501572004 na entidade de crédito BANESTO, Ref. Proced. 211/04, para o cal deberá darse traslado á Intervención e á Tesourería. b) A Xunta de Goberno queda enterada e acorda a execución nos seus propios termos da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 160/ 2004 (acumulados), promovidos contra esta Deputación por D. Nicolás Sangabriel Iglesias e ATLANTIS SEGUROS, S.A. contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada Ameixoada-Abelenda (Moaña), e na que se condena á Deputación ó aboo de 4.864,44 ¤ (catro mil oitocentos sesenta e catro euros con corenta e catro céntimos) a D. Nicolás Sangabriel Iglesias e 570,69 € (cincocentos setenta euros con sesenta e nove céntimos) a ATLANTIS SEGUROS, S.A. Os danos causáronse coma consecuencia dunha focha na estrada na que incluso medrou maleza, e ó achegar a recorrente Acta de Presenza Física notarial con fotografías, fixo infructuosos os esforzos alegatorios dos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral. O pago das indemnizacións farase efectivo con cargo á partida 05/511.511.210.00 do vixente presuposto, mediante ingreso na conta nº 3649 0000 00 013104 na entidade de crédito BANESTO, a nome do Xulgado do Contencioso nº 1 de Pontevedra, Ref. Proced. 160/04, para o cal deberá darse traslado á Intervención e á Tesourería. Deberá igualmente darse traslado do presente acordo á AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita no seu día, proceda ó ingreso da cantidade de 4.263,43 ¤ (catro mil douscentos sesenta e tres euros con corenta e tres céntimos), correspondentes á indemnización correspondente a ATLANTIS SEGUROS, S.A. unha vez descontado o importe establecido na mesma como franquía de 601,01 ¤, na conta que esta Deputación ten aberta na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618. c) A Xunta de Goberno queda enterada da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, recaída en Autos de Procedemento Abreviado núm. 103/ 2004 promovidos contra esta Deputación pola Confederación Intersindical Galega contra Resolución da Presidencia sobre aprobación de bases xerais e específicas de convocatorias de prazas vacantes e entre elas unha praza de Técnico Medio en Prevención de Riscos Laborais, e na que se desestima o devandito recurso declarando axustadas a dereito ditas bases. A defensa en xuízo foi levada a cabo polos Servizos Xurídicos desta Deputación. Dita sentenza non foi recorrida en apelación, posto que a demandante aquietouse a estar e pasar polo contido do fallo. d) A Xunta de Goberno queda enterada da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, recaída nos Autos de Procedemento Abreviado núm. 86/ 2004 promovidos contra esta Deputación pola funcionaria provincial Dona María Nieves Lorenzo Corcoba contra sanción recaída en expediente disciplinario, e na que estima en parte o recurso anulando no que se refire á imposición das sancións de apercibimento polo incumprimento das obrigas do posto de traballo e de suspensión de emprego e soldo durante cinco días pola grave perturbación do servizo, mantendo a sanción de apercibimento pola falta inxustificada dun día ó seu posto de traballo. A defensa en xuízo foi levada a cabo polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral desta Deputación. A devandita sentenza non foi recorrida pola sancionada, polo que se procedeu ó desconto correspondente. e) Resultando que o día 06-05-2004 prestou declaración en calidade de coimputado D. José Manuel Figueroa Vila no Xulgado de Instrucción num. 1 de Vigo coa asistenza do Letrado dos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral, pois os devanditos autos derivaban dunha denuncia interposta contra unha votación realizada no ámbito de actuación do "IFEVI" (Instituto Feiral de Vigo) do que D. José Manuel Figueroa Vila é membro en representación da Excma. Deputación de Pontevedra (nomeamento publicado no BOP de data 11 de agosto de 2003). Resultando que con data de 03-01-2005 os Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral compareceron nos meritados autos a medio de escrito de personamento. Resultando que con data 13-01-2005 presentouse escrito fundamentado polos devanditos Servizos Xurídicos instando o sobresemento libre e o non prexuízo á reputación do imputado, todo elo con fundamento no artigo 638 da vixente Lei de Axuizamento Criminal. Resultando que o martes 5 de abril de 2005 notifícaselle ós Servizos Xurídicos da Secretaria Xeral, Auto de sobresemento en relación a D. José Manuel Figueroa Vila e de continuación do procedemento respecto de dous coimputados, dictado polo Xulgado de Instrucción num. 1 de Vigo de data 29 de marzo do mesmo ano. Considerando co artigo 779 en relación co 641 da Lei de Axuizamento Criminal establecen a non recurribilidade do tan reiterado Auto en reforma, apelación nin casación téndose polo tanto ó ata de agora imputado como inocente a tódolos efectos e polo que, A Xunta de Goberno queda enterada do contido do Auto ------ Folla: 18.12932.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 19.12933.- PRÓRROGA DE AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL A BENEFICIARIO DO CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO Visto o escrito do Sr. Alcalde-Presidente do concello de Campo Lameiro, de data 10-03-05, en relación á axuda de Emerxencia Social concedida a Dona Dalia Fontenla Pérez na Xunta de Goberno de 10 de setembro de 2004, tendo en conta que non puido realizar a obra por problemas co contratista, acórdase por unanimidade conceder a prórroga solicitada ata o 31 de xuño. ------ Folla: 20.12934.- MODIFICACIÓN DO ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A EMPRESA DE TRANSFORMACIÓN AGRARIA, S.A. (TRAGSA) E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A TRAVÉS DO SERVIZO AGRARIO (ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO) PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO DE I+D: SELECCIÓN E MULTIPLICACIÓN DE EXEMPLARES DE CASTAÑO RESISTENTES Á TINTA. CARACTERIZACIÓN DE FONTES DE RESISTENCIA MEDIANTE O USO DE MARCADORES MOLECULARES Visto, o acordo 7.12747 adoptado pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación de data 28 de xaneiro de 2005 polo que se aproba o "Acordo de colaboración entre a empresa de Transformación Agraria, S.A. (TRAGSA) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a través do Servizo Agrario (Estación Fitopatolóxica do Areeiro) para a realización do proxecto de I+D: "Selección e multiplicación de exemplares de castaño resistentes á tinta. Caracterización de fontes de resistencia mediante o uso de marcadores moleculares". Visto escrito enviado por Fax desde a Asesoría Xurídica de TRAGSA de data 17-03-2005 onde se informa que, a persoa facultada para a sinatura do mencionado Convenio Don Guillermo Collarte Rodríguez non ostenta ó día da data facultades bastantes para iso, propoñéndose para a mesma ó Presidente do Grupo D. Joseph Puxeu Rocamora e visto, así mesmo, o informe do enxeñeiro Director de data 05-04-05,acórdase por unanimidade propoñer o seguinte acordo: 1.- Aprobar a "Modificación do acordo de colaboración entre a empresa de Transformación Agraria, S.A. (TRAGSA) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a través do Servizo Agrario (Estación Fitopatolóxica do Areeiro) para a realización do proxecto de I+D: "Selección e multiplicación de exemplares de castaño resistentes á tinta. Caracterización de fontes de resistencia mediante o uso de marcadores moleculares", que atinxe ó seguinte: En "REUNIDOS" onde di: "Dunha parte Don Guillermo Collarte Rodríguez ... non o foron revocadas nin diminuídas" Debe dicir: "Dunha parte Don Joseph Puxeu Rocamora na súa calidade de Presidente do Grupo Tragsa actuando en nome e representación da Empresa de Transformacións Agrarias, S.A. en adiante TRAGSA, con C.I.F. nº A-28/476208 e con enderezo social en Madrid, rúa Maldonado, 58, tendo facultades bastantes para este acto en virtude da escritura de poder outorgada ó seu favor o 5 de outubro de 2004, ante o notario de Madrid, Don Rafael Bonerdell Lenzano co número 3.357 do seu protocolo, as cales asegura non foron revocadas nin diminuídas". E nos asinantes deberá modificarse o nome de representante de TRAGSA "Don Guillermo Collarte Rodríguez" polo novo proposto "Don Joseph Puxeu Rocamora". ------ Folla: 21.12935.- RECTIFICACIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 4.12839 Visto o erro tipográfico padecido no texto do acordo 4.12839 adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión celebrada o día 11 de marzo de 2005 en relación á devolución de garantías definitivas á empresa Repsol YPF Lubricantes y Especialidades, S.A., polo lote nº 42 do concurso de subministro de materiais do Plan de Inversións do ano 2004, polo importe de 1.821,20 ¤, rectifícase o mesmo no sentido de que onde di "...mediante aval de ACC Seguros..." debe dicir "...mediante aval de BANESTO...", permanecendo invariable o resto do texto no acordo citado. ------ Folla: 22.12936.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO ORZAMENTO COMPLEMENTARIO DE TERMINACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE MORAÑA Visto o acordo da Xunta de goberno, adoptado en sesión de 13-02-2004, polo que se adxudicou a JOSYBEM, S.L. a obra "Terminación do pavillón polideportivo de Moraña" na suma de 252.986,45 ¤ IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 01-04-2005, polo que se prestou aprobación ó presuposto complementario de dita obra por importe de 29.460,12 ¤; visto o escrito da empresa adxudicataria polo que presta conformidade ó presuposto complementario; visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral Acciden
Ãrea de notas
Nota