ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/04/22_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/2.2005-04-22_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/04/22_Ordinaria

  • Data(s) 2005-04-22 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e dous de abril do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia de D. Xosé Crespo Iglesias, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal nin os señores deputados D. José Enrique Sotelo Villar e D. José Manuel Figueroa Vila. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.12960.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 15 de abril de 2005. ------ Folla: 2.12961.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: PAVILLÓN BEIRO UTE (NIF G36435162) * A constituída en valores,mediante aval do Banco Pastor, por importe de novecentos sesenta e un euros con trinta e un céntimos (961,31 ¤), para responder de: "Obras complementarias Pavillón Polideportivo Municipal de Valga", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08-01-2004, segundo núm.200400002012 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. PAVILLÓN MORAÑA U.T.E. (NIF G36391993) * A constituída en valores,mediante aval do Banco Pastor, por importe de catorce mil trescentos dezaseis euros con once céntimos (14.316,11¤), para responder de: "Pavillón Polideportivo de Moraña", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07-09-2001, segundo núm. 20010004487 (SIC/2001048505) de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. * A constituída en valores,mediante aval do Banco Pastor, por importe de sete mil cincocentos setenta e dous euros con noventa e tres céntimos (7.572,93¤), para responder de: "Proxecto reformado do Pavillón Polideportivo de Moraña", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31-01-2002, segundo núm.200200008258 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. INDEZA, S.L. (NIF. B36009785) * A constituída en valores,mediante aval de Sogarpo, por importe de sete mil vinte e tres euros con sesenta e tres céntimos (7.023,63¤), para responder de: "Obra en E.P. 1304 Bueu-Iglesario de Cela (Bueu)", pertencentes a Fondos Propios 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30-12-2002, segundo núm.200200110091 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. TRANSPORTES Y MAQUINARIA C.P., S.L. (NIF. B36193605) * A constituída en valores,mediante aval do Banco Bilbao Vizcaya, por importe de mil setecentos sesenta euros con dezaoito céntimos (1.760,18 ¤), para responder de: "Ensanche y afirmado E.P.7009 Sol-Ancorados (A Estrada)", pertencentes a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 22-07-2002, segundo núm.200200060539 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIÓNS OBRAS E VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A36008886) * A constituída en valores,mediante aval do Cesce, por importe de dous mil oitenta e oito euros con corenta e un céntimos (2.088,41 ¤), para responder de: "Muros de contención y sostenimiento en EP Baión-András (Vilanova)", pertencentes a Fondos Propios de 2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28-07-2003, segundo núm.200300054708 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. * A constituída en valores,mediante aval de Deutsche Bank, por importe de dous mil douscentos oitenta e oito euros (2.288,00 ¤), para responder de: "Terminación Protección vial EP 9405 Barrantes-Armenteira (Ribadumia), pertencentes a Fondos Propios de 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-10-2003, segundo núm.200300074024 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES CARRO, S.L. (NIF. B36010700). * A constituída en valores,mediante aval do Banco Bilbao Vizcaya, por importe de novecentos sesenta e dous euros (962,00 ¤), para responder de: "E.P.7104 Cerdedo-Sto.Domingo (Cerdedo)", pertencentes a P.P.C.de 2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27-11-2002, segundo núm.200200100900 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. * A constituída en valores,mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil cincuenta e tres euros con tres céntimos (2.053,03 ¤), para responder de: "Pequenas obras de fábrica e Saneamento E.P. Carballedo - Rebordelo (Cotobade), pertencentes a Fondos Propios de 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-03-2004, segundo núm.200400018083 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L. (NIF. B32204620). * A constituída en valores,mediante aval de Banco de Galicia, por importe de dous mil trescentos vinte e catro euros con cincuenta e tres céntimos (2.324,53 ¤), para responder de: "Sinalización Vertical e balizamento E.P. 9305 Coirón-Barrantes-Lois (Meaño-Ribadumia", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18-12-2001, segundo núm.200100200048 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. SEBAGASA, S.A. (NIF. A36617942). * A constituída en valores,mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dous mil cento noventa e sete euros con un céntimo (2.197,01 ¤), para responder de: "Sinalización horizontal EE.PP. comarca de Pontevedra y Paradanta, pertencentes a Convenio coa Dirección Xeral de Tráfico", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01-08-2003, segundo núm.200300056545 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES E.C.CASAS,S.L. (NIF. B36147429). * A constituída en valores,mediante aval de Banesto, por importe de catro mil catrocentos vinte e tres euros con corenta e cinco céntimos (4.423,45 ¤), para responder de: "Modificado E.P.0507 Portela-Valiñas-Portas (Barro)", pertencentes a Fondos Propios de 2001", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01-10-2001, segundo núm.200100048553 (SIC/2001052659) de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. OBREAL, S.L. (NIF. B15630098). * A constituída en valores,mediante aval de Banco Pastor, por importe de seiscentos vinte e oito euros con cincuenta céntimos (628,50 ¤), para responder de: "obras complementarias Campo de Fútbol y gradas en Valga", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08-01-2004, segundo núm.200400002011 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (NIF. B36052876). * A constituída en valores,mediante aval de Banesto, por importe de cinco mil cincocentos setenta e catro euros con trinta e nove céntimos (5.574,39 ¤), para responder de: "Acondicionamento da explanación no Poligono Industrial de Mirallos (Moraña), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09-12-2003, segundo núm.200300091161 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. * A constituída en valores,mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos corenta e sete euros con corenta e catro céntimos (2.347,44 ¤), para responder de: "Drenaxes en EP 6509 Escuadro-Silleda, pertencentes a Fondos Propios de 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30-07-2003, segundo núm.200300055590 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ESPAÑA EXTERIOR PUBLICACIONES, S.L. * A constituída en metálico, por importe de setecentos vinte euros (720,00 ¤), para responder do contrato de prestación de servizos de edición e imprenta no periódico "España Exterior", e que foi depositado na Tesourería Provincial o 24-09-2004, núm. de operación 200400067958, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 3.12962.- RECOÑECEMENTO DE SERVIZOS De conformidade co disposto na Lei 70/78, de 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración Pública e Real decreto 1461/82, de 25 de xuño, polo que se dictan normas de aplicación da Lei 70/78 de 26 de decembro, acórdase por unanimidade, recoñecer á funcionaria Dona Beatriz Gómez Moldes, Auxiliar de Administración Xeral, adscrita a Intervención, sete meses e catorce días de servizos prestados na Consellería de Sanidade, Sergas, Complexo Hospitalario de Pontevedra e Vigo como persoal estatutario eventual, Grupo D, do 30-09-1985 ó 29-11-1985, do 19-05-1986 ó 03-08-1986 (4 meses e 16 días); do 31-01-1986 ó 25-04-1986 (2 meses e 26 días), que computan un total de 7 meses e 14 días, sendo a súa antigüidade do 10 de xuño de 1985, e que terá efectos económicos de 01-05-05. ------ Folla: 4.12963.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE ESTUDOS DE INVESTIGACIÓN PARA O LABORATORIO DA FINCA DE AREEIRO De conformidade coa proposta da Comisión seleccionadora dunha Bolsa de Licenciado en Bioloxía para a realización de tarefas de diagnóstico fitopatolóxico mediante técnicas de bioloxía molecular na Finca Areeiro, aprobada por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 11 de febreiro de 2005, acórdase por unanimidade adxudicar esta beca a Dona Mª Dolores Montenegro Gregorio, por importe de 841,40 ¤/mes, con efectos 1 de maio de 2005 e polo período dun ano, podendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos en total, á vista do informe favorable do xefe do Servizo Agrario e por acordo da Xunta de Goberno. Dita cantidade imputarase á partida 05/711.711.481.01 do presuposto provincial. A aceptación e aproveitamento desta bolsa de estudos non establece relación laboral nin funcionarial coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó citado Organismo. Así mesmo, e tendo en conta a proposta da Comisión seleccionadora, designase como suplente, en caso de renuncia da titular a Dona Cristina Silvar Pereiro. ------ Folla: 5.12964.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 6.12965.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA REMODELACIÓN TOTAL DO TERREO DE XOGO DO CAMPO MUNICIPAL DA LOMBA Estando prevista a subscrición dun convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Ilmo. Concello de Vilagarcía de Arousa para a execución da obra de "Remodelación total do terreo de xogo do Campo Municipal da Lomba", cun presuposto de 291.191,65 ¤, e, vistos os informes emitidos polo Sr. Secretario Xeral Accidental e o Sr. Interventor, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó convenio cuxo texto é o seguinte: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O ILMO. CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA "REMODELACIÓN TOTAL DO TERREO DE XOGO DO CAMPO MUNICIPAL DA LOMBA" En Pontevedra, a de de dous mil cinco. Co fin de acometer as obras de "Remodelación total do terreo de xogo do campo municipal A Lomba", preténdese a colaboración da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Ilmo. Concello de Vilagarcía de Arousa, e en consecuencia, REUNIDOS Dunha parte, o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Doutra parte, o Sr. Alcalde-Presidente do Ilmo. Concello de Vilagarcía de Arousa, D. Joaquín Javier Gago López, en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. As dúas partes, na calidade en que cada unha de elas intervén, recoñécense, reciprocamente, capacidade legal para obrigarse e outorgar o presente convenio, con suxeición ás seguintes: CLÁUSULAS 1ª As obras, a realizar mediante o presente convenio, teñen por obxecto a remodelación completa do terreo de xogo de herba natural e a dotación de drenaxe e rego automático do campo de fútbol da Lomba, cun presuposto de 291.191,65 euros, desagrado en presuposto de contrata por importe de 281.722,16 euros, e honorarios de redacción por importe de 9.469,49 euros. 2ª As obras financiaranse coa achega da Excma. Deputación Provincial, por importe de 203.834,15 euros, e do Ilmo. Concello de Vilagarcía de Arousa, por importe de 87.357,50 ¤. A achega da Deputación Provincial de Pontevedra será con cargo á partida 05/123.452.662.03, figurando incluído dito importe no expediente de modificación de crédito que se elevará ó Pleno ordinario do mes de abril, pola achega do concello de Vilagarcía de Arousa xerarase crédito en dita partida. 3ª A Deputación Provincial de Pontevedra, comprométese a asumir a contratación e execución da referida obra, correndo a súa Dirección a cargo dun técnico provincial. 4ª O Ilmo. Concello de Vilagarcía de Arousa comprométese polo presente convenio, a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial todos os terreos necesarios para a normal desagregación da obra e a obter todos os permisos e autorizacións que sexan precisos para a súa execución. 5ª Calquera reformado, modificado ou adicional que implique aumento sobre o presuposto inicial da obra, será asumido polo concello de Vilagarcía de Arousa. 6ª O presente convenio terá vixencia, a todos os efectos legais, desde a data da súa subscrición ata a finalización das obras. E en proba de conformidade, asinan o presente convenio, no lugar e data arriba sinalados. O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo. Rafael Louzán Aval O ALCALDE-PRESIDENTE DO ILMO. CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA Asdo. Joaquín Javier Gago López" ------ Folla: 7.12966.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE DIVERSOS REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA DE MOURISCADE Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do día 4 de marzo de 2005, polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro de diversos reactivos para o laboratorio da finca de Mouriscade , cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP número 56 e no DOG número 61 de datas 22 e 31 de marzo de 2005, respectivamente. Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura das plicas presentadas, subscritas pola Mesa de Contratación. Visto o informe emitido, 14 de abril do presente ano, polo enxeñeiro Director do Servizo Agrario que a oferta presentada pola empresa CIENTISOL, S.L. (CIENYTECH), CIF 15.869.605, axustase ós prezos unitarios dos reactivos establecidos e cumpre cos demais requisitos establecidos nos pregos de condicións que rexeron o concurso; e vista a proposta da Mesa de Contratación, de data 20 de abril do ano en curso, acórdase por unanimidade: - Adxudicar á empresa CIENTISOL, S.L. (CIENYTECH), CIF 15.869.605, o concurso correspondente ó subministro de diversos reactivos para o laboratorio da Finca de Mouriscade, ata unha cantidade máxima de cincuenta e un mil novecentos trece euros (51.913,00 ¤), IVE incluído, e de acordo coas seguintes prezos unitarios: RELACIÓN DE REACTIVOS Unidades Prezo Prezo estimadas unitario total SOLUCION ÁCIDA DETERXENTE (RE) 5 l. 150 42,00 ¤ 6.300,00 ¤ SOLUCIÓN NEUTRA DETERXENTE (RE) 5 l. 150 32,00 ¤ 4.800,00 ¤ POTASIO HIDRÓXIDO 0,23 N (SV) 5 l. 200 29,00 ¤ 5.800,00 ¤ ÁCIDO SULFÚRICO 0.1275 MOL/L (SV) 5 l. 200 44,00 ¤ 8.800,00 ¤ SODIO HIDROXIDO SOLUCIÓN 32 % P/V (PA) 5l. 280 29,00 ¤ 8.120,00 ¤ POTASIO SULFATO 5 KG CALIDADE (PA) 15 79,00 ¤ 1.185,00 ¤ COBRE (II) SULFATO 5-HIDRATO 500 G. CALIDADE (PA) 15 17,00 ¤ 255,00 ¤ ÁCIDO BÓRICO SOLUCIÓN 4% 5 l. CALIDADE RV 80 45,00 ¤ 3.600,00 ¤ ÁCIDO CLORHIDRICO 3N (SV) 10 l. 15 75,00 ¤ 1.125,00 ¤ ÁCIDO CLORHIDRICO 0.1 N (SV) 1 l. 180 8,00 ¤ 1.440,00 ¤ ÁCIDO SULFURICO 95-97 % 2.5 l. 80 25,00 ¤ 2.000,00 ¤ ETER PETROLEO 40-60º C (PA) 5 l. 30 55,00 ¤ 1.650,00 ¤ REACTIVO DE CARREZ I (RE) 5 l. 8 83,00 ¤ 664,00 ¤ REACTIVO DE CARREZ II (RE) 5 l. 8 88,00 ¤ 704,00 ¤ ÁCIDO CLORHIDRIDO 0.310 MOL/L. (1.128 % P/V) SV 5 l. 50 26,00 ¤ 1.300,00 ¤ ALUMINIO NITRATO 9 HIDRATO (PA) 1 KG 8 35,00 ¤ 280,00 ¤ CLORURO DE CESIO (PA) 100 GRAMOS 20 110,00 ¤ 2.200,00 ¤ ÓXIDO DE LANTANO CALIDADE PA 100 GRAMOS 8 53,00 ¤ 424,00 ¤ ÁCIDO CLORHIDRICO 37 % 1 l. 30 10,00 ¤ 300,00 ¤ ALUMBRE DE FERRO AMONIACAL SOLUCIÓN SATURADA (RV) 250 ML 15 20,00 ¤ 300,00 ¤ ÁCIDO CÍTRICO 1 - HIDRATO (PA) 1 KG 12 25,00 ¤ 300,00 ¤ ETANOL 96º V/V (PA) 1 l. 12 13,00 ¤ 156,00 ¤ POTASIO YODURO (PA) DE 250 GRAMOS 7 30,00 ¤ 210,00 ¤ TOTAL 51.913,00 ¤ O pago do subministro expresado, efectuarase no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida 05/711.711.221.07, do vixente Presuposto provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 2.076,52 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 52,71 euros e 169,15 euros (total 221,86 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 8.12967.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA ACONDICIONAMENTO INTERIOR DE INSTALACIÓNS PARA IMPLANTACIÓN DE CIDADE+ NA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación da obra acondicionamento interior de instalación para implantación de CIDADE+ na Cidade Infantil "Príncipe Felipe", visto o informe emitido polo arquitecto técnico provincial, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, acórdase por unanimidade adxudicar a referida obra a Construcciones Fernández Sarmiento, S.A. na suma de 647.400,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de doce semanas, melloras por importe de 81.565,48 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o artigo 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da LCAP, que se establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 333,02 ¤, IVE incluído, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 9.12968.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITO Vista a proposta da Sra. Xefa do Servizo de recursos Humanos e Formación, de data 13 de abril de 2005, relativa á incoación dun expediente de transferencia de créditos, entre diversas partidas do vixente presuposto provincial, por un importe global de 16.000,00 euros, coa finalidade de afrontar gastos que se derivan da contratación dun enxeñeiro técnico para o Servizo de Arquitectura e Urbanismo. Visto o informe de Intervención, de data 20 de abril de 2005, no que deixa constancia de que a proposta efectuada pola Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación razoa suficientemente as variacións de crédito nas distintas partidas e cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo, que nas partidas cuxo crédito se minora expedíronse os RC, polos importes en que se minoran e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de créditos de persoal pertencentes a distintos Centros Xestores. Acórdase por unanimidade, de conformidade co disposto na Base 10ª, apartado 3 d., correspondente á execución do presuposto para o exercicio de 2005, aprobar o expediente de transferencia de crédito por importe total de 16.000,00 euros, incoado polos responsables dos Centros Xestores de Recursos Humanos, Vías e Obras e Arquitectura, minorando créditos nos importes e nas partidas que se indican e incrementando crédito polos importes e nas partidas que se detallan a continuación: PARTIDAS A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 432.432.131.01 Persoal laboral eventual (Arquitectura) 12.000,00 ¤ 432.432.160.01 Cuotas Sociais. S.S. Persoal laboral (Arquitectura) 4.000,00 ¤ TOTAL 16.000,00 ¤ PARTIDAS A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 511.511.121.02 Retribucións complementarias. Complemento Específico (Vías e Obras) 12.000,00 ¤ 511.511.160.03 Seguridade Social. Persoal funcionario (Vías e Obras) 4.000,00 ¤ TOTAL 16.000,00 ¤ ------ Folla: 10.12969.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA PLAN DE CONTENERIZACIÓN SOTERRADA, DO CONCELLO DE CANGAS, CON CARGO Ó PAM/2005 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Cangas unha subvención por importe de sesenta e oito mil douscentos cincuenta euros (68.250,00 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Plan de contenerización soterrada" co número 209/146 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 11.12970.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA REFORMADO, AMPLIACIÓN E REMATE DO CENTRO SOCIAL DE FIGUEIRIDO, DO CONCELLO DE VILABOA, CON CARGO Ó PAM/2005 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Vilaboa unha subvención por importe de oitenta mil trescentos trinta e seis euros con oitenta e seis céntimos (80.336,86 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Reformado, ampliación e remate do Centro Social de Figueirido" co número 17/142 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 12.12971.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA ACONDICIONAMENTO RÚAS DUQUE DE RIVAS E G. NARTALLO, DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA, CON CARGO Ó PAM/2005 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Vilagarcía de Arousa unha subvención por importe de cento vinte e tres mil catrocentos cincuenta euros con vinte e oito céntimos (123.450,28 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Acondicionamento rúas Duque de Ribas e G.Nartallo" co número 10/144 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 13.12972.- CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL NO ACORDO NÚMERO 25.12939 ADOPTADO NA SESIÓN DA XUNTA DE GOBERNO DE 8 DE ABRIL DE 2005 Advertido erro no acordo nº 25.12939 adoptado pola Xunta de Goberno de data 8 de abril de 2005, relativo a aprobación de Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Fundación Celta de Vigo, acórdase por unanimidade facer a seguinte corrección: - No primeiro parágrafo onde di "co obxecto de promocionar o balonmán na cidade de Vigo e a súa área de influencia" debe dicir "para a extensión cultural e apoio deportivo ós xoves de toda a provincia de Pontevedra" sendo válido o contido restante do acordo. ------ Folla: 14.12973.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA En aras de garantir a prestación integral e adecuada dos Servizos Sociais de atención primaria, entre os cales se inclúe a axuda no fogar, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra asinaron o 21-03-05, un convenio de colaboración para o desenvolvemento do Programa de Teleasistencia Domiciliaria, co fin de ampliar a cobertura deste Servizo, que tan excelentes resultados reporta, nos casos de emerxencia respecto de persoas maiores, diminuídos e enfermos crónicos, polo que, á vista dos informes emitidos polo Sr. Secretario Accidental e o Sr. Interventor, o 1 de abril de 2005 e o 12 do mesmo mes respectivamente, acórdase por unanimidade ratificar o citado convenio de cooperación para desenvolvemento do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria polo cal a Consellería de Asuntos Sociais asumirá o 15 % do custo total da prestación, o IMSERSO o 65 % e o 20 % restante a Deputación, os Concellos e os usuarios. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA En Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2005 REUNIDOS Dunha parte: A Excma. Sra. Dona Belén Prado Sanjurjo, Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais actuando en nome e representación da Xunta de Galicia, no uso das facultades que lle veñen atribuídas no artigo 34 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, no Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 215/2004, do 23 de setembro, así como no Decreto 301/2004, do 22 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, e de conformidade co establecido no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de marzo de 1991 feito público mediante Resolución do 8 de abril de 1991, da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 82, do 30 de abril de 1991). Doutra parte: O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. As partes intervenientes recoñécense reciprocamente competencia e capacidade suficiente para a formalización do presente convenio con base no principio de liberdade de pactos e de colaboración entre as distintas Administracións Públicas e, a estes efectos. EXPOÑEN Primeiro.- A Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no artigo 27.23 do Estatuto de Autonomía de Galicia, en consonancia coa habilitación competencial outorgada ás Comunidades Autónomas polo artigo 148.1.20º da Constitución Española, ten competencia exclusiva en materia de asistencia social, polo que, na súa virtude, aprobouse a Lei 4/1993, do 14 de abril, de Servizos Sociais. De conformidade coa distribución competencial que a citada norma establece, á Administración Autonómica correspóndelle a competencia de planificación e programación xeral dos servizos, ordenando e coordinando a súa actuación cos distintos organismos e demais entidades prestadoras de servizos sociais coa finalidade de atender de forma global e ordenada as necesidades dos cidadáns, procurando un maior rendemento dos recursos dispoñibles, acadando a cobertura total no territorio autonómico, evitando os desequilibrios territoriais. O Decreto 301/2004, do 22 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, establece que o exercicio das competencias e funcións en materia de política de servizos sociais, sen prexuízo das competencias expresamente atribuídas a outras consellerías, lle corresponde á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Segundo.- A estructura do estado autonómico deseñada na Constitución Española supón a garantía de autonomía de todas as Administracións Públicas Territoriais, solidariedade e mailo funcionamento coordenado de todas elas. Recollendo este principio, e de conformidade co disposto pola Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, establece como competencias propias das Deputacións Provinciais a garantía da prestación integral e axeitada na totalidade do territorio provincial dos servizos sociais de atención primaria municipais, proporcionando apoio ós concellos para o funcionamento de ditos servizos sociais, especialmente ós de menos de 20.000 habitantes, así como a colaboración coa Administración Autonómica no exercicio das facultades de planificación, programación e asesoramento técnico e financeiro nos distintos equipamentos e programas. Terceiro.- Para o cumprimento dos seus obxectivos, segundo o Decreto 240/1995, do 28 de xullo, regulador dos servizos sociais de atención primaria, estes executarán programas básicos de actuación, entre os que se atopa o de axuda no fogar, que presta unha serie de actuacións ós cidadáns no seu propio domicilio, facilitando a permanencia no seu contorno de convivencia nos casos nos que se teña limitada a autonomía persoal. Cuarto.- A Teleasistencia Domiciliaria é un servizo, dentro do programa de axuda no fogar, que a través da liña telefónica e cun equipamento de comunicacións e informático específico, persegue o obxectivo fundamental de contribuír a lograr a permanencia de persoas vulnerables no seu medio habitual de vida. Facilitando o contacto co seu entorno socio-familiar e asegurando e intervención inmediata en crises persoais, sociais ou médicas, evitando ingresos innecesarios en centros residenciais. Quinto.- O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) asinaron un convenio marco no ano 1993 para o desenvolvemento dun Programa de Teleasistencia Domiciliaria, ó que subscribiu a súa adhesión a Deputación Provincial de Pontevedra mediante un acordo asinado no ano 1998 para financiar e xestionar a súa aplicación nos concellos da provincia, a solicitude das Corporacións Locais interesadas. Sexto.- A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais pretende potenciar a implantación simultánea do servizo en todo o territorio galego e cunhas condicións de acceso ó servizo similares, polo que leva colaborando coa Deputación Provincial, mediante a sinatura de convenios prorrogados anualmente desde 1999, no financiamento e desenvolvemento do programa de Teleasistencia Domiciliaria. Sétimo.- O custo total por persoa e mes desta prestación técnica incluída no programa de axuda no fogar ascende a 22,24 euros, dos que o IMSERSO ven asumindo o 65 %, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais un 15 %, e o 20 % restante a Deputación Provincial, os concellos e os usuarios do servizo. Oitavo.- A demanda deste servizo foi incrementándose cada ano, polo que, á vista da necesidade de cubrir a atención ás persoas en situación de risco por ter a súa autonomía persoal limitada, cómpre aumentar o número de usuarios que poden ser atendidos, de xeito que, progresivamente, se vaian acadando as ratios recomendadas desde o sistema de servizos sociais. Con base nas consideracións expostas as partes intervenientes, co obxecto de instrumentar a súa colaboración, formalizan o presente convenio consonte ás seguintes, CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Obxecto Este convenio ten por obxecto establecer os termos de colaboración entre a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e a Deputación Provincial de Pontevedra, para o desenvolvemento do programa de Teleasistencia Domiciliaria na provincia de Pontevedra. SEGUNDA.- Contido A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e a Deputación Provincial de Pontevedra consideran necesario ampliar a cobertura de atención do programa de Teleasistencia Domiciliaria, tendo en conta as demandas recibidas e os excelentes resultados que reporta a atención, en casos de emerxencia, ás persoas que estean todo ou maior parte do tempo soas e teñan a súa autonomía persoal limitada, para que se poidan manter o maior tempo posible no seu propio contorno social. Dese xeito, poden preverse os factores de risco en colectivos especialmente vulnerables, como son as persoas maiores, con discapacidades e limitacións funcionais, e os enfermos crónicos, entre outros. TERCEIRA: Presuposto Tendo en conta o importante labor que se está a desenvolver a través do programa de Teleasistencia Domiciliaria, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais comprométese, para o ano 2005, a colaborar no financiamento deste programa, con cargo a aplicación orzamentaria 16.04.212D.460.0, de conformidade co establecido no cadro seguinte: Nº máximo de terminais nos 12 meses 9.300 terminais Importe total (22,24 euros por terminal) 206.832,00 euros Achega da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais (15%) 31.024,80 euros Do importe restante (85%), o 65% achegarao o IMSERSO, e o 20 % a Deputación, concellos e usuarios, segundo os acordos que se establezan por ditas entidades. CUARTA.- Pagamentos Respecto á forma de pagamento, estarase ó disposto na Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e presuposto de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia A Dirección Xeral de Servizos Comunitarios e Inclusión Social librará a súa achega á Deputación Provincial, previa xustificación mediante a correspondente certificación do gasto. A dita certificación acreditará debidamente os gastos realizados durante o período correspondente, e terá que acompañarse da certificación do órgano correspondente da Consellería, relativa ó cumprimento do obxecto do convenio. Ata o 80 % da contía total concedida, o pagamento poderá facerse efectivo mediante libramentos parciais a conta da liquidación definitiva, a medida en que a Deputación Provincial xustifique os gastos realizados na forma prevista anteriormente. Antes de facer efectivo o 20 % restante a entidade deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas (tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto, obxecto deste convenio) das distintas Administracións Públicas competentes ou de calquera dos seus organismos. Así mesmo, deberá presentar certificación do cumprimento das actividades obxecto do convenio, sen prexuízo da presentación doutro tipo de documentación regulamentariamente establecida de acordo coa normativa sinalada. QUINTA.- Vixencia O presente convenio terá vixencia desde a súa sinatura ata o 31 de decembro do ano 2005, mes no que se prevé un número de 1.050 usuarios no programa de Teleasistencia Domiciliaria. As partes de mutuo acordo poderán prorrogalo mentres dure o fin que o motiva, sempre que exista crédito suficiente nos presupostos da Comunidade Autónoma e se cumpran os demais requisitos esixidos no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Serán causas de resolución do presente convenio que darán lugar, no seu caso, ó reintegro das cantidades indebidamente percibidas, incrementadas co interese legal do diñeiro de acordo coa normativa vixente: - O incumprimento dalgunha das estipulacións contidas nas cláusulas do mesmo. - A aplicación dos fondos outorgados no convenio para fins distintos dos que motivaron a súa concesión. - A falta de xustificación do emprego das cantidades recibidas. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. SEXTA.- Carácter O presente convenio terá carácter administrativo e rexerase, nos aspectos non recollidos nel, polo Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, de conformidade co establecido no artigo 3.2, e, no que sexa aplicable pola Lei de Réxime financeiro e orzamentario(artigos 78 e 79), texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, desenvolvido pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, e polo Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. A Deputación Provincial está obrigada a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas. En proba de conformidade de canto antecede, asinan o presente convenio as partes intervenientes no lugar e data sinalada no seu encabezamento. O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo. Rafael Louzán Abal A CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS Asdo. Belén Prado Sanjurjo" ------ Folla: 15.12974.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dáse conta da seguinte resolución xudicial: A Xunta de Goberno queda enterada da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado 255/ 2004 promovidos contra esta Deputación por Dona Dolores Pérez Ferreira, e na que se desestima a reclamación de indemnización por danos en accidente de tráfico na estrada provincial EP 8001 con dirección Caldas de Reis como consecuencia da caída dunha árbore na calzada, concretada en 577,03 €, e na que se absolve a este organismo de toda responsabilidade por entender o xulgador que non aparece probado que a causa do accidente poida achacarse á falta de conservación e mantemento da estrada provincial. ------ Folla: 16.12975.- AGRADECEMENTO DA CORPORACIÓN Ó INTERVENTOR DA MESMA Con motivo da xubilación de D. Bautista Pérez Carnero, Interventor Xeral da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, a Xunta de Goberno quere facer constar o seu agradecemento polos servizos prestados á Corporación Provincial, así como pola súa grande profesionalidade e dedicación mostrada ó longo de todos estes anos. ------ Folla: 17.12976.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición