ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/06/17_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/2.2005-06-17_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/06/17_Ordinaria

  • Data(s) 2005-06-17 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as oito horas e corenta e cinco minutos do día dezasete de xuño do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. Xosé Crespo Iglesias e D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13119.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 10 de xuño de 2005. ------ Folla: 2.13120.- CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E OS CONCELLOS DA PROVINCIA QUE SE ADHIRAN Ó DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS DE INTERESE XERAL (MÓDULOS TRANSVERSAIS) DENTRO DO PROXECTO CIDADE + Á vista do informe emitido o pasado 26 de abril de 2005 polo Sr. Secretario Xeral Accidental e do informe de 6 de xuño de 2005, emitido por Intervención, unido ó Documento RC nº200500057993, acórdase por unanimidade a aprobación do convenio marco de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos da Provincia, que se adhiran ó desenvolvemento de Actividades Formativas (Módulos Transversais) dentro do Proxecto Cidade+, correndo o financiamento deste convenio, por parte desta Deputación Provincial, con cargo á partida 05/422.323.227.02 do vixente orzamento provincial, cun importe de 120.000,00 euros. Dito convenio é como segue: "CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE ....................................... PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS DE INTERESE XERAL (MÓDULOS TRANSVERSAIS) DENTRO DO PROXECTO CIDADE+ Pontevedra, de de 2005 R E U N I D O S Dunha banda, D. Rafael Louzán Abal, actuando en nome e representación da Excma. Deputación de Pontevedra, consonte as facultades que lle son atribuídas no artigo 34.1-b da Lei 7/85, no artigo 105.1-a da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e no artigo 61, atribución 11 do Real decreto 2568/86. Doutra, o/a Alcalde/Alcaldesa D./Dª. ................................, actuando en nome e representación do Concello de ................................., consonte as facultades que lle son atribuídas na Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, nos artigos 21.1º a e b da lei 7/85 e atribucións 1, 2 e 12 do artigo 41 do R.d.2568/86 E X P O Ñ E N PRIMEIRO.- Que a Deputación de Pontevedra é a promotora do programa Cidade+, proxecto de colaboración transfronteiriza que se enmarca dentro da iniciativa Interreg III-A, orientada a mellorar a atención dos emigrantes retornados, a dos seus descendentes e inmigrantes, en Pontevedra e Melgaço. As actuacións comúns e básicas desta iniciativa perseguen mellorar o sistema de atención e información a estes emigrantes e promover o coñecemento do fenómeno do retorno e da inmigración, a través de traballos de documentación e divulgación. Así mesmo, o proxecto contempla a rehabilitación de infraestruturas destinadas a albergar os servizos de atención a este colectivo: aulas de formación, centro de servizos e viveiro de empresas. En Pontevedra estas actuacións compleméntanse cun programa de formación integral e de promoción do emprego destinado a facilitar a integración sociolaboral deste colectivo. SEGUNDO.- Que España pasou a ser receptora activa de fluxos migratorios, destacando o retorno dos nosos emigrantes e o incremento do número de inmigrantes. Neste contexto e ante as especiais dificultades que este colectivo atopa na súa inserción sociolaboral; a formación constitúese como unha das bases para a súa integración social ó poderlle facilitar o acceso ó emprego, reducindo, con iso, os riscos que os poden levar a unha indesexable situación de exclusión social. TERCEIRO.- Que a Excma. Deputación de Pontevedra ten entre as súas competencias e prioridades de actuación, o reforzar o desenvolvemento local na provincia, prestando especial atención á loita contra o desemprego e a atención ós colectivos con especiais dificultades de inserción. CUARTO.- O Concello de ........................................., a través da súa Concellería de ........................................................., ten como obxectivo fundamental o desenvolvemento e colaboración en programas de emprego e formación, en especial aqueles dirixidos ós colectivos que se atopan en risco ou situación de exclusión social. En virtude das manifestacións precedentes, e no exercicio das competencias que lles son propias, as partes intervenientes están interesadas en subscribir o presente convenio de colaboración consonte as seguintes C L Á U S U L A S PRIMEIRA.- OBXECTO O obxecto do presente convenio de colaboración é establecer o marco de colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e o Concello de ................................................... para o desenvolvemento de accións formativas de interese xeral (módulos transversais) dentro do programa Cidade+. Estas accións formativas versarán sobre os seguintes contidos temáticos: 1. Ofimática 2. Busca de emprego e orientación laboral 3. Internet: introdución ás novas tecnoloxías 4. Introdución á lingua e cultura española SEGUNDA.- BENEFICIARIOS/AS Serán beneficiarios/as das accións recollidas no presente convenio: a) Como colectivo prioritario, os emigrantes retornados que acrediten tal condición -sempre e cando non transcorreran máis de cinco anos tras o seu retorno- e os familiares ó seu cargo con vínculo de consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao ou adopción e que dependan economicamente do retornado. b) Tamén serán beneficiarios das accións recollidas no presente convenio os inmigrantes en situación regular en España e/ou en Portugal. Terán carácter preferente aqueles que estiveran inscritos como demandantes de emprego nas oficinas dos servizos de emprego autonómicos ou do INEM, e os residentes na provincia de Pontevedra. Durante a execución das accións formativas os/as alumnos/as gozarán dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes, contratado pola entidade que imparta a acción formativa. TERCEIRA.- COMPROMISOS DA DEPUTACIÓN A Deputación de Pontevedra será a entidade encargada de xestionar integramente a acción formativa nas datas, horarios e lugares suxeridos polo Concello e de común acordo con este. O financiamento do presente convenio por parte da Deputación de Pontevedra, realizarase con cargo á partida 05/422.323.227.02 do vixente orzamento provincial, cun importe máximo de 120.000 euros, con cargo ó programa Interreg III-A Cidade+. CUARTA.- COMPROMISOS DO CONCELLO O Concello facilitará o lugar de impartición das accións formativas e nomeará un coordinador ou interlocutor técnico coa Deputación. No caso de que non conten con instalacións adecuadas para dita acción formativa, o Concello deberá manifestalo coa suficiente antelación a fin de que a empresa adxudicataria proporcione o local adecuado para o desenvolvemento desta. A captación e selección dos/as beneficiarios/as será realizada polo Concello de ....................... en función do número de solicitudes existentes participará no proceso de selección un representante do Proxecto CIDADE+. O Concello deberá facilitarlle á Deputación a relación de admitidos con 7 días naturais de antelación ó inicio do curso. O número mínimo de participantes non poderá ser inferior a 10 e non superar os 15 alumnos por acción formativa. QUINTA.- NORMAS DE PUBLICIDADE Durante a realización da acción formativa, deberá expoñerse un cartel informativo da acción formativa que se realiza, no que constará, ademais do título do curso, os logotipos das entidades que participan no proxecto. Este cartel será facilitado polo Proxecto Cidade+. Deberá informarse ós/ás beneficiarios/as das actividades de formación da súa participación nunha medida cofinanciada pola Unión Europea. Incluirase o emblema da Unión Europea nos folletos ou en calquera outro medio publicitario de difusión dos cursos, nas carpetas e nas portadas dos materiais que se editen para os cursos, así como nos certificados de asistencia ou títulos que se entreguen ós participantes. Xunto ó emblema da Unión Europea farase constar os da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e os dos socios de proxecto, así como o logotipo de Cidade+. SEXTA.- COMISIÓN PARITARIA MIXTA DE SEGUIMENTO E CONTROL Coa finalidade de realizar a coordinación e o seguimento do presente convenio de colaboración, e para velar pola súa correcta aplicación e desenvolvemento, constituirase unha Comisión Paritaria Mixta de Seguimento e Control integrada por dous representantes de cada unha das partes, que será presidida por un representante da Deputación e resolverá as dúbidas que xurdan sobre o seu cumprimento, sendo os acordos adoptados, criterios interpretativos con valor vinculante para as partes. SÉTIMA.- CARÁCTER DO CONVENIO DE COLABORACIÓN As cuestións litixiosas que xurdan na aplicación do presente convenio de colaboración non resoltas pola Comisión Paritaria Mixta de Seguimento e Control serán resoltas pola xurisdición contencioso-administrativa, da provincia de Pontevedra. DÉCIMA.- DA PROTECCIÓN DE DATOS As partes comprométense a manter a confidencialidade dos datos persoais que manexen en execución do presente convenio consonte ó determinado na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal sen que este compromiso afecte ás obrigas de comunicación de datos establecidas no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, da Xunta de Galicia, polo que se desenvolve ó réxime de axudas públicas da comunidade autónoma de Galicia. A vixencia do presente convenio é ata a finalización da execución do programa Cidade+, e polo tanto ata o 31 de decembro de 2005, sen prexuízo das posibles prórrogas que se poidan establecer na execución daquel. E en proba de conformidade de todo o anterior as partes asinan o presente convenio de colaboración en duplicado exemplar no lugar e data indicados no encabezamento. POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRAAsdo. Rafael Louzán Abal POLO CONCELLOAsdo. ........................................" ------ Folla: 3.13121.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL E A CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA PARA A PUBLICACIÓN "AS INFRAESTRUCTURAS GALICIA-NORTE DE PORTUGAL CON ESPECIAL INCIDENCIA NO ESPAZO TRANSFRONTEIRIZO" E CICLO FORMATIVO SOBRE XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL" Retírase da orde do día o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial e a Confederación de Empresarios de Pontevedra para a publicación "as infraestructuras galicia-norte de Portugal con especial incidencia no espazo transfronteirizo" e ciclo formativo sobre xestión medioambiental. ------ Folla: 4.13122.- BASES DE AXUDA Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2005 Vistos os informes do Director Xeral de Estruturas e Mercados da Pesca da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, o enxeñeiro director do Servizo Agrario e a bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños. Visto así mesmo o informe de Asesoría Xurídica e a dispoñibilidade orzamentaria segundo RC emitido pola Intervención por importe de sesenta mil euros (60.000,00 ¤) con cargo á partida 711.711.779.02, acórdase por unanimidade aprobar as "Bases de Axuda á Pesca Costeira Artesanal 2005". Ditas bases son como seguen: "BASES DE AXUDA Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2005 PRIMEIRA. Obxecto: Subvención de investimentos realizados para a mellora de embarcacións con eslora de ata 7 m entre perpendiculares (Epp), adicadas á pesca artesanal e de baixura, con base nos portos da provincia de Pontevedra. Neste programa concederanse axudas económicas cun crédito inicial de sesenta mil euros (60.000,00), con cargo á partida orzamentaria 05/711.711.779.02, quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou Órgano competente desta Excma. Deputación, de acordo cas Bases de Execución do orzamento, para a súa concesión, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, salvo casos de urxencia nos que poderá concederse dándolle conta despois á Comisión. SEGUNDA. Tipos de investimentos que poderán acceder a unha axuda: 2.1.- Poderase subvencionar os equipamentos que supoñan unhas evidentes melloras tecnolóxicas, así como de seguridade, nos que nunca se incluirán reparacións, nin material usado. 2.2.- As axudas económicas poderán alcanzar como máximo ata o 40% dos investimentos para os que se solicitan, valorándose en base ós orzamentos presentados, aplicando os topes seguintes: 2.2.1.- Equipamento: - Halador ata 1.000.- euros - Sonda ata 600.- euros - VHF ata 300.- euros - Radar ata 700.- euros - GPS ata 500.- euros 2.2.2.- Outros equipamentos: - Valoraranse as axudas en base ós orzamentos presentados. TERCEIRA.- Beneficiarios. 3.1.- Poderán solicitar as axudas os mariñeiros profesionais e persoas xurídicas, con domicilio social e fiscal na provincia de Pontevedra, que acrediten a titularidade da embarcación para a que se solicita a axuda, e cumpran có establecido no artigo 14 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, relativo ás obrigas dos beneficiarios. Se a obra de mellora require autorización da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, o solicitante deberá ser titular da mesma a cal deberá estar en vigor. 3.2.- As embarcacións deberán estar inscritas no censo da Flota Pesqueira Operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia. 3.3.- As axudas deben estar xustificadas como data límite o 31 de marzo do ano 2006. 3.4.- O límite máximo dos investimentos sobre os que se aplicarán as axudas será de nove mil euros (9.000,00 ¤ ). 3.5.- Os beneficiarios das axudas non poderán transferir a propiedade das embarcacións nun prazo de cinco anos, agás autorización expresa desta Deputación. 3.6.- Para acceder ás axudas deberán xustificarse unhas vendas mínimas, que se establecen no exercicio do 2004 na cantidade de seis mil euros (6.000,00¤). CUARTA. - Presentación de solicitudes. 4.1.- As solicitudes de axudas deberán dirixirse ó Ilmo. Sr. Presidente, achegando a documentación seguinte: A) Orzamento do investimento. B) Copia compulsada do Permiso de Explotación. C) Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. D) Fotocopia compulsada do DNI. E) Certificación expedida por unha vendeduria legal das vendas realizadas durante o exercicio do 2004. F) Declaración de compromiso de non transferir a propiedade da embarcación, no caso de resultar beneficiario destas axudas. G) Fotocopias compulsadas da Folla de Asento e Folla de Características do Rol. H) Xustificación suficiente de ser propietario ou armador da embarcación. I) Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social, se procede, e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas. J) Certificación dos datos bancarios. QUINTA.- Valoración do proxecto. 5.1.- Os proxectos serán valorados polo Órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración: - importe das vendas xustificadas para o exercicio 2004 ata un máximo de 10 puntos. - se é a primeira vez que recibe unha axuda polas inversións que figuran nas bases ata un máximo de 10 puntos. 5.2.- Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación do investimento, que deberá facerse cumprindo có disposto no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas, e mediante a presentación de facturas orixinais pagándose o 40% da inversión xustificada e como máximo a axuda concedida. Nesta mesma factura deberá figurar o aceptado, conforme e recibido, asinado polo beneficiario coa data do día no que se presente dita xustificación. Os Técnicos do Servizo Agrario, informarán sobre a realidade do investimento. 5.3.- Estas axudas serán incompatibles con outras que cos mesmos obxectivos estableza a Administración. 5.4.- Non se poderán conceder estas axudas ós solicitantes que percibiran axudas polo mesmo concepto nos últimos cinco anos. SEXTA.- Prazo de presentación. 6.1.- Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presentar as solicitudes correspondentes. SÉTIMA.- Responsabilidades. 7.1.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. OITAVA.- No non previsto nestas Bases estarase ó disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións." ------ Folla: 5.13123.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d. lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (CIF B-36.224.384) - A constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de novecentos setenta e un euros con trinta e oito céntimos (971,38 ¤), para responder da ampliación do lote nº 10 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 12-08-2004, núm. de operación 200400058203, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PENOURIÑO, S.L. (CIF B-15.739.626) - A constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de mil douscentos dezasete euros (1.217,00 ¤), para responder da ampliación do lote nº 15 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 18-08-2004, núm. de operación 200400060008, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL (NIF 35.253.197-Q) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil vintecatro euros con oitenta e seis céntimos (1.024,86 ¤), para responder da ampliación do lote nº 23 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 18-08-2004, núm. de operación 200400060006, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de oitocentos dezasete euros con oitenta céntimos (817,80 ¤), para responder da ampliación do lote nº 32 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 18-08-2004, núm. de operación 200400060007, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MANUEL PAZ GUIMIL (NIF 35.445.788-M) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de seiscentos oito euros (608,00 ¤), para responder da ampliación do lote nº 33 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 23-08-2004, núm. de operación 200400061161, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de seiscentos corenta euros (640,00 ¤), para responder da ampliación do lote nº 34 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 23-08-2004, núm. de operación 200400061159, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. - COVSA (CIF A-36.008.886) - A constituída en valores, mediante aval de Banco Atlántico, por importe de mil douscentos vinteseis euros con catro céntimos (1.226,04 ¤), para responder da ampliación do lote nº 44 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 01-09-2004, núm. de operación 200400063344, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Banco Atlántico, por importe de mil seiscentos corenta e cinco euros (1.645,00 ¤), para responder da ampliación do lote nº 44 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 01-09-2004, núm. de operación 200400063345, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Banco Atlántico, por importe de dous mil setecentos euros (2.700,00 ¤), para responder da ampliación do lote nº 54 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 01-09-2004, núm. de operación 200400063381, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SEÑALIZACIONES Y BALIZAMIENTOS DE GALICIA - SEBAGASA (CIF A-36.617.942) - A constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dous mil seiscentos vinteoito euros (2.628,00 ¤), para responder da ampliación do lote nº 59 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 13-08-2004, núm. de operación 200400058558, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FINANZAUTO, S.A. (CIF A-28.006.922) - A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de mil cento trinta e seis euros (1.136,00 ¤), para responder do subministro dun rolo compactador vibratorio para o Parque de Maquinaria e que foi depositado na Tesourería Provincial o 15-01-2004, núm. de operación 200400003359, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MMCE RETAIL, S.A. (CIF A-79.469.771) - A constituída en metálico, por importe de mil catrocentos cincuenta e catro euros con oito céntimos (1.454,08 ¤), para responder do subministro dun vehículo todo terreo 4x4 con destino ó Parque de Maquinaria e que foi depositado na Tesourería Provincial o 03-11-2003, núm. de operación 200300079640, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 6.13124.- CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do convenio de colaboración co director do Programa de Prácticas Hospitalarias, para un programa de prácticas hospitalarias, durante os meses de xullo, agosto e setembro no Hospital do Salnés, mediante a achega de vinte e sete mil euros (27.000,00 euros), e con cargo á partida 05/451.422.454.00 do vixente orzamento, acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo, facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA No Pazo Provincial da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, o de maio de 2005. REÚNENSE Dunha parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando na súa representación segundo o establecido no art. 34.1.b) da Lei 7/85, Reguladora das bases de réxime local e demais disposicións concordantes, e doutra, D. Juan Varela Durán, con DNI 33.205.260, catedrático de Medicina da Universidade de Santiago, na súa condición de director do Programa de Prácticas Hospitalarias con CIF núm. Q-6550046-D e domicilio en Avda. Rodrigo Padrón, 2, do concello de Santiago de Compostela (15705). EXPOÑEN 1º.- O PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS en Hospitais de nivel comarcal da Comunidade Autónoma de Galicia representa unha actividade docente independente que inclúe a alumnos das tres universidades galegas, e de transcendental importancia e significado na formación dos futuros médicos, rehabilitadores e fisioterapeutas galegos. 2º.- O PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS está auspiciado, protexido e contemplado pola Lei de sanidade de Galicia (Título VIII, Art. 100-Docencia e formación: "A Rede Pública Galega de Asistencia Sanitaria estará en disposición de ser utilizada para a docencia pregraduada e posgraduada"). 3º.- A subvención económica recibida da EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, representa a única posibilidade de que o Programa de Prácticas Hospitalarias poida realizarse no único hospital de nivel comarcal desta provincia. 4º.- En xullo de 1996 comezou a realizarse o PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS nos hospitais de Verín e Valedoras, provincia de Ourense, estendéndose posteriormente dito programa ás provincias de Lugo e A Coruña e Pontevedra, e que se leva a cabo coa única subvención das Deputacións provinciais de Ourense, Lugo, A Coruña e Pontevedra, respectivamente. 5º.- Nos últimos nove anos (1996 a 2004, ámbolos dous inclusive), e subvencionado exclusivamente polas Deputacións provinciais de Ourense, Lugo, A Coruña e Pontevedra, o PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS levouse a cabo durante os tres meses do verán (xullo, agosto e setembro) nos hospitais de nivel comarcal, sempre cun grande éxito e aproveitamento, tanto por parte dos alumnos en prácticas como por parte dos facultativos dos distintos hospitais que participaron en dito programa. 6º.- O creador, iniciador, organizador e director do Programa de Prácticas Hospitalarias e coordinador xeral do mesmo, é o profesor D. Juan Varela Durán. 7º.- A través deste programa realizaron prácticas en hospitais comarcais da nosa Comunidade Autónoma máis de 950 futuros especialistas galegos das distintas ramas sanitarias durante os últimos nove anos. 8º.- No verán dos anos 2002, 2003 e 2004 tiveron lugar con grande aproveitamento e recoñecido éxito por parte dos alumnos e facultativos as primeiras prácticas hospitalarias na Fundación Hospital do Salnés. 9º.- Interesa a ambas partes acadar un acordo que permita garantir no Hospital do Salnés, de Vilagarcía de Arousa, a continuidade dunha actividade docente xa institucionalizada por nove anos de funcionamento satisfactorio e de vital importancia na formación dos futuros médicos, rehabilitadores e fisioterapeutas da Comunidade Autónoma de Galicia. Interesa, así mesmo, axilizar os trámites para que os provedores de servizos ó PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS poidan cobrar os seus honorarios sen a dilación que supón xestionar anualmente a necesaria subvención da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Polo exposto, asinan o presente convenio de acordo coas seguintes CLÁUSULAS: PRIMEIRA.- OBXECTIVO DO CONVENIO A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra subvencionará os gastos de diversa índole, ós que se refire a súa cláusula terceira, que supoñen a realización das prácticas hospitalarias no hospital de nivel comarcal Fundación Hospital do Salnés, por parte de alumnos das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e durante os meses de xullo, agosto e setembro do ano 2005. SEGUNDA.- DURACIÓN DO CONVENIO Establécese unha duración para o convenio dun ano, é dicir, que afectará ás prácticas hospitalarias a levar a cabo nos meses de xullo, agosto e setembro do ano 2005. TERCEIRA.- TIPOS DE GASTOS INCLUÍDOS NA SUBVENCIÓN Ó igual que noutros hospitais de nivel comarcal das provincias de Ourense, Lugo e A Coruña incluídos no programa, os gastos que se derivan da realización do PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS NA FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DO SALNÉS, de Vilagarcía de Arousa, e que se inclúen dentro da subvención que se solicita á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, abarcan os seguintes conceptos: * Organización das prácticas. * Coordinación dos equipos de traballo tanto a nivel universitario como hospitalario. * Publicidade do programa na que figurará o patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra. * Revisión e cualificación dos expedientes académicos dos aspirantes. * Proceso de selección de alumnos e adxudicación das prazas. * Aloxamento dos alumnos durante as prácticas en Vilagarcía de Arousa. * Manutención dos alumnos durante as prácticas en Vilagarcía de Arousa. * Seguro de responsabilidade civil de todos os alumnos do programa. * Seguro de accidentes de todos os alumnos do programa. * Seguimento do programa de prácticas con visitas hospitalarias. Debe sinalarse que todos os gastos de hostalería ocasionados polo programa (aloxamento, comidas, etc.) realizaranse sempre con empresarios de hostalería da zona. CUARTA.- CUSTO TOTAL ANUAL DO PROGRAMA A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, diante da demanda de colaborar no citado programa, destina para este obxecto a cantidade de vinte e sete mil euros (27.000,00 ¤), na partida 05/451.422.454.00 do seu orzamento. QUINTA.- COORDINADOR DO PROGRAMA DE PRÁCTICAS A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra recoñece o programa de Prácticas Hospitalarias en hospitais comarcais como unha actividade docente independente que inclúe a alumnos das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, así como doutras universidades españolas e como único coordinador do Programa ó profesor D. Juan Varela Durán. SEXTA.- PROCESO DE PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN ANUAL 6.1.- O coordinador do programa presentará no Rexistro Xeral da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, orixinais ou fotocopias cotexadas de todas as facturas dos gastos xerados na realización das prácticas, acompañado de escrito dirixido ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. As facturas xeradas por acredores do programa de prácticas (hostais, hoteis, cafeterías/bares/restaurantes seleccionados para aloxamento e manutención dos alumnos, seguro de accidentes e seguro de responsabilidade civil dos alumnos) expediranse polos citados acredores a nome do PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS. As facturas xeradas polo propio programa (organización, coordinación, publicidade, revisión e cualificación de expedientes, proceso de selección de alumnos, e seguimento do programa) expediranse polo PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS a nome da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, figurando nas mesmas o tipo de gasto e a contía, entendendo que as mesmas cumpren exclusivamente a función de xustificar unha parte da subvención concedida, nunca como xustificante de prestación de servizos á Deputación Provincial. Esta circunstancia fai posible que ditas facturas sexan substituídas por unha certificación ou certificacións con igual detalle e cuantificación. 6.2.- Unha vez recibidos os xustificantes, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra aboará a contía da subvención ó PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS, mediante transferencia bancaria á conta corrente aberta a nome do programa na entidade bancaria de que se trate, ó igual que viñeron facendo en anos anteriores tanto a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra como as Excmas. Deputacións provinciais de Ourense, Lugo e A Coruña, segundo os respectivos convenios similares. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra Asdo. Rafael Louzán Abal Coordinador do Programa dePrácticas en Hospitais Comarcais Asdo. D. Juan Varela Duran" ------ Folla: 7.13125.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 14 de xuño de 2005, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para execución do Orzamento de 2005, acórdase por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: - A relación de facturas, que figuran ca referencia 200500000586 e que contén noventa e tres facturas, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 55.056,01 ¤ Descontos do IRPF 117,20 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 251,67 ¤ TOTAL LÍQUIDO 55.190,48 ¤ ------ Folla: 8.13126.- RECOÑECEMENTO DE SERVIZOS De conformidade co disposto na Lei 70/78, de 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración Pública e Real decreto 1461/82, de 25 de xuño, polo que se dictan normas de aplicación da Lei 70/78, de 26 de decembro, acórdase por unanimidade, recoñecer á funcionaria Dona Sandra Vázquez Vázquez, Traballadora Social adscrita ó Servizo de Acción Social, once meses e dezaseis días de servizos prestados na Mancomunidade Intermunicipal dos Vales do Ulla e Umia como Asistente Social, en réxime de contratación laboral, do 17 de xullo ó 16 de decembro de 2001 (5 meses), no concello de Marín como Técnico Grado Medio Servizos Sociais, interina, do 1 de xullo ó 11 de novembro de 2003 (4 meses e 11 días), e como Asistente Social en réxime de contrato por obra ou servizo determinado a tempo parcial (50% xornada) do 16 de agosto ó 26 de decembro de 2004 (2 meses e 5 días), fixándose como data de antigüidade a efectos de trienios o 15 de xaneiro de 2004. ------ Folla: 9.13127.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON ENRIQUE LÓPEZ FERNÁNDEZ, POR DANOS SUFRIDOS EN VEHÍCULO DA SÚA PROPIEDADE, NA ESTRADA PORRIÑO-GONDOMAR (PORRIÑO) Dada conta que con data de Rexistro 06-06-05 (rex. nº 017635) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por DON ENRIQUE LOPEZ FERNANDEZ, veciño de Pontellas (Porriño) por danos padecidos en automóbil da súa propiedade matrícula PO-8906-AV na estrada Porriño Gondomar (Porriño) no p.q. 6,555 o día 06-06-2004. Resultando.- Que con data 08-06-2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 10-06-2005 co seguinte contido: "...Pongo en su conocimiento que la carretera PO-331, p.k. 6,555 NO pertenece a la red de carreteras provinciales, correspondiendo la titularidad de la citada carretera a la CPTOPV (Conselleria de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda) ". Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 10.13128.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dáse conta da seguinte: A Xunta de Goberno queda enterada da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado 21/05 promovidos contra esta Deputación pola entidade mercantil HERMANOS MÍGUEZ RIVAS, S.L, e na que se desestima a reclamación de indemnización por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 7001 A Estrada-Forcarei, concretados en 638,66 ¤, como consecuencia da invasión na calzada dun cabalo salvaxe, absolvendo a este organismo de toda responsabilidade por entender o xulgador que a Deputación non pode adoptar outras medidas de policía que eviten a irrupción de animais salvaxes na calzada máis alá da sinalización da súa presencia e a moderación da velocidade, polo que debe quedar exenta de toda responsabilidade indemnizatoria. Dita sentenza, favorable ós intereses da Deputación, deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos integramente, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral desta Deputación. ------ Folla: 11.13129.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 12.13130.- PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DO POBO XITANO Acórdase por unanimidade a ratificación do Protocolo de Colaboración subscrito o 9 de xuño de 2005, entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación do Pobo Xitano, para dotación de material de oficina e mobiliario da Oficina Estable do Pobo Xitano con sede en Porriño, sendo a achega económica desta Excma. Deputación Provincial, a suma de catorce mil euros (14.000,00 euros). Esta colaboración, materializase posteriormente nun convenio que recolla a cláusula de expositivo do referido Protocolo. Dito protocolo é como segue: "PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DO POBO XITANO Porriño, a 9 de xuño de 2005 REUNIDOS Dunha parte o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, investido coas facultades que le outorga a Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases de réxime local. E doutra, D. Israel-Elias Cabrera Gómez, con DNI 36.157.117, Mediador do Pobo Xitano na Provincia de Pontevedra. As partes intervenientes actúan no exercicio dos seus propios cargos, e coa representación que ostentan, recoñecéndose reciprocamente a capacidade para obrigarse nos termos deste documento. EXPOÑEN Que sendo unha preocupación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, o apoio o colectivo xitano, para a súa integración social efectiva, considerase de interese común promover a colaboración co mesmo, coa finalidade de por en marcha un Proxecto de Mediación do Pobo Xitano en Pontevedra, desde a Oficina Estable, sita no Porriño. Que con este Protocolo de intencións, axudaríase a adquisición de mobiliario para a devandita Oficina Estable do Pobo Xitano, de dotación informática e material de oficina. Que coa finalidade de fixar o marco xeral de colaboración entre as dúas partes, subscríbese este Protocolo Xeral conforme as seguintes, CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O presente Protocolo ten por obxecto fixar as bases de colaboración entre as partes asinantes, para a dotación de mobiliario e material de oficina da Oficina Estable do Pobo Xitano do Porriño, sendo a achega económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en tal senso, a suma de 14.000,00 euros (catorce mil euros). SEGUNDA.- A colaboración materializarase a través dun convenio específico que se subscriba, no que se recollan as cláusulas do expositivo do presente Protocolo Xeral. TERCEIRA.- O presente Protocolo Xeral entrará en vigor o día da súa sinatura e as partes poderán denunciar ou modificar o presente documento en calquera momento e de mutuo acordo. CUARTA.- As cuestións litixiosas que xurdan con respecto da interpretación, modificación ou efectos do presente acordo, deberán someterse a xurisdición contencioso-administrativa. En proba de conformidade asinan este documento, por duplicado exemplar, en unidade de acto e a un só efecto, en Porriño, na data sinalada ut supra. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo. Rafael Louzán Abal O MEDIADOR DO POBO XITANO Asdo. Inrael-Elias Cabrera Gómez" ------ Folla: 13.13131.- CORRECCIÓN DE ERROS NO ACORDO 2.12665.- DA XUNTA DE GOBERNO DE 23 DE DECEMBRO DE 2004 Visto o escrito formulado por D. José Collazo Alonso, Administrador de Viveiros Río Tollo, o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario e o acordo da Xunta de Goberno, de 23 de decembro de 2004, na que se concede unha axuda económica a Viveiros Río Tollo, S.A.T. por importe de 7.303,00 ¤, acórdase por unanimidade ó amparo de artigo 105.2 da LRXAP e PAC da Lei 30/1992, de 26 de novembro, proceder a corrección de erros no Acordo da Xunta de Goberno de 23 de decembro de 2004 no sentido que onde di F-36359982 debe dicir B-36359982. ------ Folla: 14.13132.- ADXUDICACIÓN, POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DO CONTRATO PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE COA EMPRESA LÉREZ EDICIONES, S.L. Visto o escrito do Sr. Xefe do Gabinete de Presidencia de data 25 de abril de 2005, polo que solicita que se leven a cabo os trámites necesarios para formalizar un contrato de prestación de servizos de publicidade coa empresa Lérez Ediciones, S.L., editora do periódico "Diario de Pontevedra", para a publicación de 69 suplementos con temas culturais, de ciencia e humanidades referentes ó campus de Pontevedra e da provincia en xeral, cunha tirada de 2.008 exemplares por suplemento e un total de 138.552 exemplares, así como a publicación de 15 faldróns publicitarios de 5 módulos no suplemento HQR, con contidos que fagan referencia ás actuacións realizadas pola Deputación para o fomento do deporte base e a publicación de 6 medias páxinas de publicidade e 5 publi-reportaxes a dobre páxina, con contidos que reflictan as actividades e actuacións da Deputación Provincial de Pontevedra en todos os seus ámbitos de actuación como organismo dinamizador e promotor de ditas actividades, cuxo importe máximo cifra na cantidade de 100.000,00 ¤, IVE incluído. Visto o documento RC expedido por Intervención de data 25-05-2005, certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto; vistos así mesmo os informes do Sr. Secretario Accidental sobre o prego de condicións e o de fiscalización emitido polo Sr. Interventor Accidental e vista a proposta de adxudicación de data 09-06-2005 efectuada polo Xefe do Servizo de Contratación. Acórdase por unanimidade, de conformidade co previsto no artigo 210.b) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, aprobar o expediente de contratación e o prego de condicións económico-administrativas, autorizar o gasto e adxudicar á empresa, Lérez Ediciones, S.L. (CIF B-36.003.549), o contrato para prestación de servizos de publicidade no periódico "Diario de Pontevedra", pola cantidade global de cen mil euros (100.000,00 ¤), IVE incluído e de acordo ós prezos unitarios que figuran na oferta presentada pola empresa. - 138.552 exemplares do suplemento relativo ó campus de Pontevedra,a razón de 0,5702 euros/exemplar ........... 79.000,00 ¤ - 15 faldróns no suplemento HQR, a razón de 420 euros/faldrón ........... 6.300,00 ¤ - 6 medias páxinas de publicidade, a razón de 700 euros/media páxina ........... 4.200,00 ¤ - 5 publi-reportaxes a dobre páxina, a razón de 2.100 euros/reportaxe ........... 10.500,00 ¤ TOTAL => 100.000,00 ¤ A adxudicación motívase por ser a única empresa que pode realizar o contrato de acordo ó informe do xefe do Gabinete da Presidencia, así como por cumprir as condicións esixidas no prego. Así mesmo apróbase o gasto por importe de 100.000,00 euros, que será librado no seu día con cargo á partida 05/111.111.226.02, número de operación 200500045821, do vixente Orzamento provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 4.000,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. ------ Folla: 15.13133.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO POR PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO AUTOBOMBA NODRIZA PESADA PARA O CONSORCIO COMARCAL CONTRAINCENDIOS DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA Vista a necesidade de fomentar e a optimizar os servizos de emerxencia e de salvamento das zonas transfronterizas de Galicia e Norte de Portugal aprobouse, pola Xunta de Goberno en sesión de 13 de maio de 2005, un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o concello do Porriño para a adquisición dun vehículo autobomba nodriza pesada para o Consorcio Comarcal Contraincendios das comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental de data 15 de xuño de 2005 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación do subministro do mencionado vehículo, e vistos así mesmo, os documentos RC e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 16 de xuño de 2005. Acórdase por unanimidade aprobar o expediente para contratar, mediante concurso por procedemento aberto, o subministro dun vehículo autobomba nodriza pesada para o consorcio comarcal contraincendios das comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña, por un tipo máximo de licitación de cento noventa e dous mil euros (192.000,00 ¤), IVE incluído. Así mesmo, acórdase por unanimidade: - Autorizar dito gasto con cargo á partida 05/911.223.662.03 do vixente Orzamento provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerá o mencionado concurso. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE COMO LEI FUNDAMENTAL DO CONTRATO, REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, O SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO AUTOBOMBA NODRIZA PESADA PARA O CONSORCIO COMARCAL CONTRAINCENDIOS DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA I.- Obxecto do contrato.- É obxecto do contrato o subministro dun vehículo autobomba nodriza pesada que deberá ser entregado matriculado polo adxudicatario, e conforme ó prego de prescricións técnicas que se une como anexo. II.- Financiamento do subministro.- O subministro obxecto do contrato financiarase con cargo á partida 05/911.223.662.03, do vixente Orzamento provincial e contan co cofinanciamento de fondos europeos FEDER. III.- Pagamento.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación da correspondente factura, unha vez recibido o mesmo e prestada a conformidade por esta Deputación. Realizarase o pago a medida que se vaian achegando as cantidades polos organismos cofinanciadores; no caso de que teña que pagar intereses de demora, ditos intereses imputaranse ó organismo causante da demora no ingreso das cantidades comprometidas no financiamento do subministro. IV.- Prazo de entrega.- O subministro efectuarase no prazo que figure na oferta seleccionada e en todo caso no prazo máximo de catro meses, contados a partir da sinatura do contrato do subministro. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o artigo 190.1 do Texto refundido do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño da LCAP. Os vehículos serán entregados ou ben no Parque de Maquinaria desta Deputación ou na sede do Parque Comarcal de Bombeiros do Baixo Miño, Condado e Louriña, segundo se indique pola Deputación Provincial de Pontevedra. A Administración reservase a facultade de comprobar no momento da recepción que o subministro reúne as condicións de calidade e as características recollidas nos pregos técnicos. V.- Tipo de licitación.- O orzamento do contrato que servirá de base á adxudicación fíxase na cantidade máxima cento noventa e dous mil euros (192.000,00), IVE incluído. VI.- Capacidade para contratar.- Están capacitadas para contrataren as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas en ningunha das prohibicións que contempla o art. 20 desta norma. VII.- Garantía provisional.- Constituirase por importe do 2% do orzamento total de licitación. Poderá constituírse en calquera das formas que contempla o artigo 35 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. O incumprimento deste requisito será causa de exclusión deste concurso. VIII.- Garantía definitiva.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. Dita fianza será ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos 15 días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. IX.- Presentación de proposicións: lugar e prazo de presentación, formalidades e documentación.- 9.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986 804 126) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. a) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", que se presentará pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA Ó CONCURSO DO SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO AUTOBOMBA NODRIZA PESADA PARA O CONSORCIO COMARCAL CONTRAINCENDIOS DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA. Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1- Proposición económica que se axustará ó modelo contido na cláusula final. 2- Catálogos e características técnicas do vehículo a subministrar. 3- Declaración de compromiso sobre o prazo de entrega. 4- Extensión da garantía. B) SOBRE B denominado de documentos, expresará a inscrición de: DOCUMENTOS XERAIS PARA O CONCURSO DO SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO AUTOBOMBA NODRIZA PESADA PARA O CONSORCIO COMARCAL CONTRAINCENDIOS DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA, e conterá a documentación que sinala o art.79 do Texto refundido do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, da LCAP, e en todo caso, a seguinte: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición, consistentes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal perante a Administración. d) As empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea, de Estados signatarios de acordo sobre o Espazo Económico Europeo e restantes empresas estranxeiras deberán acreditar a súa capacidade de obrar na forma prevista na LCAP e demais normativa vixente. Todas as empresas estranxeiras, comunitarias ou non, deberán presentar unha declaración de sometemento á xurisdición dos tribunais e xulgados españois. 2.- Declaración do licitador, facendo constar que non se atopa incursa en ningunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 e concordantes do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Documento de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, o seguro de indemnización por riscos profesionais. 6.- Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. 7.- Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas. X .- Mesa de contratación.- A Mesa de Contratación estará integrada ou constituída do modo seguinte: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario. O interventor. O enxeñeiro director do Servizo Agrario. O subdirector xeral de Cooperación e Réxime Xurídico da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. XI .- Cualificación da documentación e apertura de proposicións.- A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en sábado se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. XII.- Criterios base para a adxudicación.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán: 1) Menor prezo ofertado: ata 3,5 puntos. 2) Melloras ás características técnicas: ata 3,5 puntos. 3) Prazo de entrega do subministro, ata 2 puntos. 4) Extensión á garantía, ata 1 punto. XIII.- Adxudicación definitiva.- Unha vez que o órgano de contratación reciba a proposta da mesa de contratación e elabore os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, calquera que sexa o procedemento seguido e a forma de contratación empregada, será notificada ós participantes na licitación. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, este será requirido para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula VIII. XIV.- Formalización do contrato.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato de adxudicación do subministro en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; este documento é título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. XV.- Gastos a cargo do adxudicatario.- Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e demais que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de seiscentos euros (600,00 ¤). O vehículo deberá ser entregado, matriculado, correspondendo ó adxudicatario todos os gastos, taxas e impostos que se orixinen. XVI.- Revisión de prezos.- Dada a duración do contrato non é aplicable ó mesmo a revisión de prezos. XVII.- Indemnización ó contratista por forza maior.- O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías ou prexuízos nos bens antes da súa entrega, salvo que a Administración houbera incorrido en mora ó recibilos. XVIII.- Garantía.- O prazo de garantía fíxase como mínimo o de dous anos desde a entrega do subministro. XIX.- Responsabilidade do contratista por vicios ou defectos durante o prazo de garantía.- A Administración durante o prazo de garantía terá dereito á reposición ou reparación, se iso fora suficiente, dos bens subministrados que presente vicios ou defectos. Durante o prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se a Administración constatase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista e fora presumible que a súa reposición ou reparación non son suficientes para conseguir aquel fin, poderá, dentro de aquel prazo, rexeitalos e deixalos a conta do contratista. XX.- Resolución do contrato.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. XXI.- Réxime xurídico.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l.- 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. XXII.- Xurisdición competente.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora desta xurisdición. XXIII.- Modelo de proposición.- D. . . . . . . . . . .. . . . . . ., maior de idade, veciño de. . . .. . . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . . . . . ., titular do DNI núm . . . . . . . . . . , expedido na data . . . . . . . . . . , actuando en nome propio (ou en representación de . . . . . . . . . . .. . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . . . . ., conforme acredito con poder bastanteado), sabedor do anuncio publicado no BO da Provincia nº ...... do día ...... para adxudicar mediante concurso o "Subministro dun vehículo autobomba nodriza pesada para o consorcio comarcal contraincencios das comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña", comprométese a realizalo con suxeición ó prego de cláusulas particulares e de prescricións técnicas, polo prezo de .............. (en número e letra) .......... euros. (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 16.13134.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO POR PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DUN CAMIÓN DE PRIMEIRA INTERVENCIÓN PARA O PARQUE DE BOMBEIROS DO MORRAZO Vista a necesidade de contar cun servizo con capacidade e disposición necesaria para atender ás emerxencias que poidan xurdir nos concellos de Bueu, Cangas e Moaña garantindo a seguridade das persoas e bens, aprobouse un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e os mencionados concellos para a adquisición dun vehículo contraincendios e a realización de obras complementarias na sede do Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental de data 15 de xuño de 2005 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación do subministro do mencionado vehículo, e visto así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 16 de xuño de 2005. Acórdase por unanimidade aprobar o expediente para contratar, mediante concurso por procedemento aberto, o subministro dun camión de primeira intervención para o Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo, por un tipo máximo de licitación de douscentos dezaseis mil euros (216.000,00 ¤), IVE incluído. Así mesmo, acórdase por unanimidade: - Autorizar dito gasto con cargo á partida 05/911.223.662.05 do vixente Orzamento provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerá o mencionado concurso. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE COMO LEI FUNDAMENTAL DO CONTRATO, REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, O SUBMINISTRO DUN CAMIÓN DE PRIMEIRA INTERVENCIÓN PARA O PARQUE DE BOMBEIROS DO MORRAZO. I.- Obxecto do contrato.- É obxecto do contrato o subministro dun camión de primeira intervención para o Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo que deberá ser entregado matriculado polo adxudicatar

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición