Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2005-07-01_Ordinaria. Acta de sesión 2005/07/01_Ordinaria
Acta de sesión 2005/07/01_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/3.2005-07-01_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/07/01_Ordinaria
Data(s) 2005-07-01 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día un de xullo do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13157.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 24 de xuño de 2005. ------ Folla: 2.13158.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA, PARA REALIZAR CICLO FORMATIVO SOBRE XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL Dada conta da remisión pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) do mencionado convenio. Resultando que a Confederación de Empresarios de Pontevedra realizará un ciclo formativo sobre xestión Medioambiental na PYME como se detalla no acordan segundo e terceiro. Resultando que supón un gasto para a Excma. Deputación de Pontevedra de 24.000,00 ¤ con cargo á partida 05/121.622.471.02 segundo o acorda cuarto do convenio que se trata. Vistos o informe xurídico do Secretario Accidental de data 24-05-05, o do Interventor con data 22-06-05 dicindo que existe crédito suficiente segundo RC 200500064068 así como o do enxeñeiro director do Servizo Agrario de data 22-06-05 e 23-06-05, acórdase por unanimidade a adopción do seguinte acordo: - Aprobar o "Convenio de colaboración Excma. Deputación Provincial e Confederación de Empresarios de Pontevedra: ciclo formativo sobre xestión medioambiental" e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL E CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA CICLO FORMATIVO SOBRE XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL En Pontevedra, a ……….. de ............. de ................... REUNIDOS Dunha parte o Excmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Doutra o Sr. D. José Manuel Fernández Alvariño, Presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (en adiante CEP). Ambas partes recoñécense capacidade xurídica e legal suficiente para formalizar o presente CONVENIO DE COLABORACIÓN, continuando coa experiencia positiva que ambas entidades obtiveron na sinatura de convenios de colaboración anteriores. E X P O Ñ E N 1º.- Que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, representa á totalidade dos municipios da provincia no seu conxunto, tendo entre os seus obxectivos a promoción e desenvolvemento económico de forma global e das diversas comarcas en particular, desenvolvendo, á súa vez, unha importante actividade social, contribuíndo de forma destacada á mellora do benestar e da calidade de vida de todos os residentes no seu ámbito de actuación; cunha especial preocupación polo coidado do entorno e do medio ambiente. 2º.- Que a CEP é a organización representativa dos intereses empresariais no seu ámbito de actuación, integrando á súa vez a 106 asociacións e federacións empresariais de base sectorial (servizos, industria e comercio) e de base territorial. Desempeñando un importante labor de impulso ó desenvolvemento de infraestructuras e equipamento empresarial; a promoción de iniciativas e de novos proxectos; o fomento da introducción de innovacións tecnolóxicas; a formación e información a empresarios e directivos, especialmente en materia medioambiental; a obtención e canalización de fondos de axuda para a mellora do tecido productivo; e, en xeral, o apoio constante a todas cantas iniciativas favorezan o desenvolvemento económico da provincia. 3º.- Que ambas entidades veñen colaborando na consecución dos seus obxectivos comúns de fortalecemento dos sectores productivos, o fomento da iniciativa empresarial e do emprego no seu ámbito de actuación, a cuxos efectos, 4º.- A CEP e a Excma. Deputación coinciden en afirmar que as accións de información e sensibilización, dirixidas ás empresas da provincia, son instrumentos válidos cara a unha eficaz xestión dos residuos industriais, que permita unha prevención e reducción na súa xeración e un tratamento óptimo dos xerados de forma que reduza a contaminación do entorno, provocada polo impacto industrial e empresarial. E en base ó exposto, ACORDAN PRIMEIRA.- As accións, ás que se refire o presente ANEXO, atópanse incluídas no marco xeral da parte expositiva do convenio marco de colaboración subscrito o pasado 11 de maio de 2004, e desenvolveranse durante o exercicio de 2005. SEGUNDA.- A CEP comprométese a deseñar e executar: Un Ciclo Formativo sobre Xestión Medioambiental na PYME: A CEP organizará un ciclo formativo sobre Xestión Medioambiental na PYME, para o que poderá contar coa colaboración doutras organizacións empresariais e entidades. O ciclo desenvolverase mediante seminarios (un mínimo de oito) que se impartirán nos principais núcleos e cabeceiras de comarca da provincia de Pontevedra. A título meramente indicativo identifícanse os núcleos de Vilagarcía, A Estrada/Lalín, Porriño, Ponteareas, Vigo, Pontevedra, Cangas e Tui/A Guarda. Cada seminario terá unha duración de 3 a 4 horas e centraranse en distintos aspectos da xestión medioambiental que máis directamente afectan ás PYMEs: contaminación acústica, xestión de residuos, marketing medioambiental, indicadores medioambientais, sistemas de xestión da calidade e o medio ambiente, as boas prácticas medioambientais, ... etc. TERCEIRA.- A CEP responsabilízase da correcta execución da citada acción, así como a proporcionar o equipo de técnicos que resulten necesarios (xa ben sexan externos ou propios). CUARTA.- Co fin de financiar a actuación descrita, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra establece un compromiso de gasto, con cargo á partida 05/121.622.471.02, do presuposto de 2005, por un valor de vinte e catro mil euros (24.000,00 ¤). Dos cales doce mil euros faranse efectivos á Confederación de Empresarios de Pontevedra, unha vez sexa remitida certificación do comezo da acción, acompañada dunha proposta sobre o Plan de Traballo a realizar. Concluídas as actuacións remitirase certificación da súa realización e memoria no seu caso, así como os xustificantes de gasto (recibos ou facturas), procedéndose á liquidación. Se por algunha causa non puideran levarse a cabo as actuacións, procederase ben á devolución do importe da achega da Excma. Deputación, ben a propoñer o seu destino para outras actuacións. QUINTA.- Nas publicacións impresas e en toda referencia en calquera medio de difusión, ás accións contempladas e os logros conseguidos, mencionarase á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra como patrocinadora. Pontevedra, ............ de ............... de ............... Pola Confederación de Empresariosde Pontevedra Asdo. José Manuel Fernández Alvariño PRESIDENTE Pola Excma. Diputación Provincial de Pontevedra Asdo. Rafael Louzán AbalPRESIDENTE" ------ Folla: 3.13159.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (CIF B-36.239.945) - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de douscentos oitenta e nove euros con vinte céntimos (289,20 ¤), para responder da ampliación do lote nº 2 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 09/12/2004, núm. de operación 200400086084, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de catrocentos tres euros con vinte céntimos (403,20 ¤), para responder da ampliación do lote nº 8 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 09/12/2004, núm. de operación 200400086085, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de cento sesenta euros (160,00 ¤), para responder da ampliación do lote nº 30 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 09/12/2004, núm. de operación 200400086086, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (CIF B-36.371.227) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de douscentos noventa e dous euros con oitenta céntimos (292,80 ¤), para responder da ampliación do lote nº 3 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 09/12/2004, núm. de operación 200400086088, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de seiscentos doce euros (612,00 ¤), para responder da ampliación do lote nº 7 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 09/12/2004, núm. de operación 200400086089, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de trescentos un euros con sesenta céntimos (301,60 ¤), para responder da ampliación do lote nº 12 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 09/12/2004, núm. de operación 200400086087, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRANITOS MÉNDEZ Y CONSTRUCCIONES (CIF 36.050.185) - A constituída en metálico, por importe de trescentos sesenta e catro euros (364,00 ¤), para responder da ampliación do lote nº 4 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 10/12/2004, núm. de operación 200400086316, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ESCAVACIÓNS MOSTEIRO, S.L. (CIF 36.123.800) - A constituída en metálico, por importe de noventa e seis euros con corenta e cinco céntimos (96,45 ¤), para responder da ampliación do lote nº 9 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 20/12/2004, núm. de operación 200400089524, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (CIF B-36.224.384) - A constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de setecentos catorce euros con vintecinco céntimos (714,25 ¤), para responder da ampliación do lote nº 10 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 17/12/2004, núm. de operación 200400088998, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de trescentos seis euros con vintecatro céntimos (306,24 ¤), para responder da ampliación do lote nº 27 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 17/12/2004, núm. de operación 200400088999, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de catrocentos setenta e dous euros con noventa céntimos (472,90 ¤), para responder da ampliación do lote nº 29 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004 e que foi depositado na Tesourería Provincial o 17/12/2004, núm. de operación 200400089000, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EULOGIO PUCEIRO RODIÑO (NIF 76.868.427-N) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de trescentos noventa e cinco euros (395,00 ¤), para responder da ampliación do lote nº 11 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 30/11/2004, núm. de operación 200400083911, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ALFONSO MOURIÑO AMEAL (NIF 35.424.927-M) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catrocentos trinta e cinco euros (435,00 ¤), para responder da ampliación do lote nº 13 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 15/12/2004, núm. de operación 200400087485, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PENOURIÑO, S.L. (CIF 15.739.626) - A constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de douscentos setenta euros con cincuenta céntimos (270,50 ¤), para responder da ampliación do lote nº 15 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 03/12/2004, núm. de operación 200400085700, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ANTONIO RIVERO CARPINTERO (NIF 76.913.486-Z) - A constituída en metálico, por importe de cento cincuenta euros con dez céntimos (150,10 ¤), para responder da ampliación do lote nº 16 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 30/11/2004, núm. de operación 200400084284, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (CIF B-36.010.205) - A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de cincocentos vinteoito euros con noventa e seis céntimos (528,96 ¤), para responder da ampliación do lote nº 17 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 14/12/2004, núm. de operación 200400086948, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL (NIF 35.253.197-Q) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de seiscentos corenta e sete euros con vinteoito céntimos (647,28 ¤), para responder da ampliación do lote nº 23 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 23/11/2004, núm. de operación 200400081700, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cento vintedous euros con sesenta e sete céntimos (122,67 ¤), para responder da ampliación do lote nº 32 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 23/11/2004, núm. de operación 200400081701, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CANTEIROS DO PORRIÑO REUNIDOS, S.A. (CIF A-36.027.480) - A constituída en metálico, por importe de catrocentos oitenta euros (480,00 ¤), para responder da ampliación do lote nº 51 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 25/11/2004, núm. de operación 200400082578, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA) (CIF A-36.008.886) - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil oitenta euros (1.080,00 ¤), para responder da ampliación do lote nº 54 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 23/11/2004, núm. de operación 200400081587, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. INDUSTRIAS DEL DEZA, S.L. (INDEZA) (CIF B-36.009.785) - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de douscentos noventa e catro (294,00 ¤), para responder da ampliación do lote nº 55 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 23/11/2004, núm. de operación 200400081714, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de douscentos vinte euros con cincuenta céntimos (220,50 ¤), para responder da ampliación do lote nº 55 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 20/12/2004, núm. de operación 200400089716, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS Y TRANSPORTES M. CRISÓSTOMO, S.L. (CIF B-36.248.169) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil trinta e oito euros con cincuenta e cinco céntimos (1.038,55 ¤), para responder do subministro de 2.700 tm de árido - morrillo 40/70, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 02/10/2001, núm. de operación 200100048833 (SIC/2001052954), sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBREAL, S.L. (CIF B-15.630.098) - A constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de mil seiscentos noventa e sete euros con sesenta e seis céntimos (1.697,66 ¤), para responder de obras de urbanización exterior do parque e campo da festa (Ribadumia), (Fondos propios 2004), e que foi depositado na Tesourería Provincial o 25/05/2004, núm. de operación 200400036171, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. (CIF A-36.018.786) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil oitocentos setenta e dous euros con vinteseis céntimos (1.872,26 ¤), para responder de obras de mellora de campo de fútbol de Catoira, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 09/03/2004, núm. de operación 200400019146, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil cincocentos sesenta e un euros con corenta e catro céntimos (1.561,44 ¤), para responder de obras complementarias de piscinas municipais en Ribadumia, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 26/03/2004, núm. de operación 200400023703, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CALDEVERGAZO, S.L. (CIF B-36.133.916) - A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de dous mil cento cincuenta e dous euros (2.152,00 ¤), para responder de obras complementarias Bora-Salgueiral (Fondos Propios 2004), e que foi depositado na Tesourería Provincial o 06/05/2004, núm. de operación 200400032712, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de mil cincocentos corenta e dous euros (1.542,00 ¤), para responder de obras de reforzo do firme P.K. 0,485 Ponte Caldelas-Barbudo (Ponte Caldelas), (Fondos propios 2003), e que foi depositado na Tesourería Provincial o 06/05/2004, núm. de operación 200400032713, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de tres mil cento setenta e oito euros con corenta céntimos (3.178,40 ¤), para responder de obras de EP 6205 San Salvador-Salto (Rodeiro), (Fondos propios 2003), e que foi depositado na Tesourería Provincial o 07/07/2003, núm. de operación 200300050003, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. (CIF B-36.052.702) - A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de dous mil trescentos corenta e catro euros con noventa e nove céntimos (2.344,99 ¤), para responder de obras de glorieta na EP 7106 Folgoso-Forcarei (Fondos Propios 2003), e que foi depositado na Tesourería Provincial o 30/07/2003, núm. de operación 200300055602, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B-36.052.876) - A constituída en valores, mediante aval de Caja Madrid, por importe de catro mil cento trinta euros con dezaseis céntimos (4.130,16 ¤), para responder de obras de EP acceso a Forcarei (Fondos Propios 2001), e que foi depositado na Tesourería Provincial o 29/10/2001, núm. de operación 200100053893 (SIC 2001058566), sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. METALURGIA MEDER, S.L. (CIF B-36.252.146) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos cincuenta e oito euros con quince céntimos (2.358,15 ¤), para responder de obras de reconstrucción cerramento P.K. 90-270 EP Baiona-Bahiña (Baiona), (Fondos Propios 2003), e que foi depositado na Tesourería Provincial o 15/07/2003, núm. de operación 200300052018, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SETGA, S.L. (CIF B-36.699.064) - A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de dous mil vintecinco euros con trinta e oito céntimos (2.025,38 ¤), para responder de obras de ilumminación pública en Barrantes (Ribadumia), (Fondos Propios 2004), e que foi depositado na Tesourería Provincial o 31/03/2004, núm. de operación 200400024942, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A-36.001.063) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil douscentos trinta e cinco euros con setenta e sete céntimos (2.235,77 ¤), para responder de obras de reconstrucción de obra de fábrica en Arroio Perral EP 2601 Mos-Puxeiros (Mos), (Fondos Propios 2001), e que foi depositado na Tesourería Provincial o 07/01/2001, núm. de operación 200100063912 (SIC 2001069152), sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 4.13160.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE 30 ORDENADORES Visto o expediente tramitado a instancia do Sr. Xefe de Proceso de Datos para a contratación do subministro de 30 ordenadores, por un importe máximo de 34.000,00 euros, IVE incluído, a razón dun prezo unitario máximo por ordenador de 1.133,33 euros, IVE incluído. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario Accidental de data 23 de xuño de 2005 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación do subministro dos citados ordenadores e vistos así mesmo, o documento RC de data 16-06-2005, polo que se certifica a existencia de crédito na partida 05/132.121.626.01 polo importe de 34.000,00 euros e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data, 24 de xuño de 2005. Acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante concurso, procedemento aberto, do "Subministro de 30 ordenadores", ata un importe máximo de trinta y catro mil euros (34.000,00 ¤), IVE incluído, a razón dun prezo unitario máximo por ordenador de 1.133,33 euros, IVE incluído. 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso. 3.- Autorizar o gasto por importe máximo de 34.000,00 euros, con cargo á partida 05/132.121.626.01. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE 30 ORDENADORES 1.- OBXECTO.- O subministro de 30 ordenadores de conformidade coas características que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polo xefe de Proceso de Datos, de data 20 de xuño de 2005 e que se une como anexo a este prego. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/132.121.626.01 do vixente Presuposto provincial para 2005. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo do subministro efectuarase contra a presentación da correspondente factura, unha vez recibidos os ordenadores obxecto do contrato e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO DE ENTREGA.- O subministro efectuarase no prazo que figure na oferta seleccionada e en todo caso no prazo máximo de trinta días, contados a partir da data da sinatura do contrato de subministro. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o artigo 190.1 do texto refundido do Rdl. 2/2000, de 16 de xuño, da LCAP. A Administración resérvase a facultade de comprobar no momento da recepción que os ordenadores reúnen as condicións de calidade a que se refire a cláusula 1. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto do contrato que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de trinta e catro mil euros (34.000,00 ¤), IVE incluído, a razón dun prezo unitario máximo por ordenador de 1.133,33 euros, IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contrataren as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (Rdl 2/2000) e non se atopen incursas en ningunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); estas empresas serán responsables solidarias perante a Administración e nomearán perante ela a un representante ou apoderado único. Estas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva será ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 8.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e máis a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986804126) ou telegrama no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. a) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego no que se incluirán e detallarán todos os aspectos relativos ós criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE 30 ORDENADORES Cada licitador so poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE 30 ORDENADORES Este sobre conterá a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso, os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal perante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada perante a autoridade xudicial, administrativa, notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa en ningunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, o seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 9 .- MESA DE CONTRATACIÓN Estará composta por : PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario xeral da Corporación. O interventor da Corporación. O xefe de Proceso de Datos. SECRETARIO: O xefe de Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o informe preceptivo. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Melloras ás características, ata 6 puntos. 2) Menor prezo ofertado, ata 2,5 puntos. 3) Extensións á garantía, ata 1 punto. 4) Prazo de entrega, ata 0,5 puntos. 12.- ADXUDICACIÓN Unha vez que o órgano de contratación reciba a proposta da mesa de contratación e elabore os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación notificaráselles ós participantes no concurso. Ó notificarlle a adxudicación do contrato ó adxudicatario, este será requirido para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 7ª. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; este documento é título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- GASTOS POR CONTA DO ADXUDICATARIO Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de seiscentos euros (600,00 ¤). 15.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración houbera incorrido en mora ó recibilos. 16.- PRAZO DE GARANTÍA Establécese como prazo de garantía o de dous anos. 17.- REVISIÓN DE PREZOS Non procede. 18.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 19.- RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 20.- XURISDICCIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdiccional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora desta xurisdicción. 21.- MODELO DE PROPOSICIÓN D. . . . . . . . . . . . . . . . . ., maior de idade, veciño de. . . . . . . . . . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . .. . ., titular do DNI núm . . . . . . . . . . . . . , expedido na data . . . . . . . . . . . . . . , actuando en nome propio ou en representación de . . . . .. . . . . ., con enderezo en . . .. . . . . . . ., teléfono . . . .. . . . . . . segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente á "Subministro de 30 ordenadores", comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas e de acordo ó seguinte detalle: · Polo prezo total de .............. euros, IVE incluído, a razón de ................... euros/ordenador, IVE incluído. (reseñaranse as cantidades ofertadas en letra e número) · Melloras ás características técnicas (relacionar as mesmas). · Prazo de entrega (Indicar o mesmo). · Extensións á garantía (Relacionar as mesmas). (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 5.13161.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión do día 23 de decembro de 2004 prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para a redacción dos proxectos de obra civil, para instalar cada unha das plantas depuradoras de augas residuais incluídas no Proxecto Deputrans. Dado o número de proxectos a elaborar e a dispersión dos núcleos de poboación establecéronse catro zonas de actuación que comprenden os seguintes concellos: Zona 1: A Cañiza, Crecente, Arbo e Salvaterra de Miño. Zona 2: As Neves, O Covelo e Mos. Zona 3: Ponteareas, Pazos de Borbén e Tui. Zona 4: Mondariz, O Porriño e Oia. O número de proxectos técnicos a elaborar son nove para as tres primeiras zonas e oito para a zona 4. A Xunta de Goberno en sesión do día 11 de marzo do ano 2005 adxudicou a redacción dos proxectos as seguintes empresas: Zona 1: empresa Grusamar, Ingeniería y Consulting, S.L. Zona 2: empresa Ensayos, Laboratorio y Construcción, S.L. (ELAYCO) Zona 3: empresa Aquagest, Promoción Técnica e Financeira de Abastecementos de Auga, S.A. Zona 4: empresa Soloplan, S.L. Entregados e supervisados 18 proxectos e visto o informe de Intervención no que se pon de manifesto a existencia de consignación orzamentaria con cargo á partida 05/911.441.662.02, acórdase por unanimidade aprobar os proxectos de obra civil para a instalación de plantas depuradoras de augas residuais que a continuación se relacionan: ZONA 1 CONCELLO/PARROQUIAS PRINCIPAIS/NÚCLEOS AFECTADOS/ ORZAMENTO: -A Cañiza 1. Parroquia de Achas. Grades, Legoriz, Carballo do Marco 21.012,80 2. Parroquia de Valeixe. Touzosas, Castro de Arriba, Castro de Abaixo, Miñoteira, Loureiros, Sobreiro, A Rozada, A Cavada, Temperán e Almuíña 22.263,56 -Crecente 1. Parroquia de Ribeira. Pousa, Foz, Capilla, Cabo de Vila, Fillós, Regueiro e Alboredos. 24.499,83 2. Parroquia de Filgueira. Carballás, Casás, Ceo, Tabernas, Outeiro, Viña, Pousa, Rego e Souto. 19.716,35 Arbo 1. Parroquia de Sta. María de Arbo Almuíña de Abaixo 18.977,18 2. Parroquia de Eiras. Brea de arriba, Brea de abaixo, Chan, Teimende, Arbo casco. 18.996,73 3. Parroquia de Sela Rozas 14.908,22 -Salvaterra de Miño 4. Dextros Campo da Feira e Dextros 21.898,67 ZONA 2 CONCELLO/UBICACIÓN/PRINCIPAIS NÚCLEOS AFECTADOS/ORZAMENTO: -As Neves 85.000,01 Estación Estación, Porqueira, As Neves Barrela Setados, Pozas, Costa, Portalón. -Pazos Setados, Lamela, Laxe e Pazos Outeiro San José de Ribarteme, Outeiro, Casal de Vila, Barbareira -Mos Petelos Dornelas e Estivadas 20.214,19 ZONA 4 CONCELLO/UBICACIÓN/PRINCIPAIS NÚCLEOS AFECTADOS /ORZAMENTO: -Mondariz 37.103,32 1. Parroquia de Sabaxáns Ermelo, Coto, Costal, A Chan de Fornos, A Grela, A Igrexa 2. Parroquia de Mouriscados Crespos, Fontebalán, Campo de Mouro, Fontán, A Lamela, Poñe, A Porteliza, Zamorelle -Oia 1. Viladesuso 54.480,15 A Barroca, O Enguido, Os Loureiros, O Mogollón, Paxariños, Os Pérez, Portosanín, Os Preáns, A Serraseca, O Serrallo 2. Mougás Bragadela, A Iglesia, A Cova, Os Misos, Muro, A Granxa, O Outeiro, Laxes, O Porto, As Escavelas. 3. Pedornes Cardorrío, o Matovello, Pedornes (San Mamede) O Piniño, Sobreiro, Vilar. ------ Folla: 6.13162.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS Vista a proposta do Sr. Xefe do Servizo de Cultura e Deportes, de data 24 de xuño de 2005, relativa á incoación dun expediente de transferencia de créditos, entre diversas partidas do vixente presuposto provincial, por un importe global de 6.000,00 euros, coa finalidade de afrontar gastos que se derivan da publicación das partituras con motivo da celebración do V Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra". Visto o informe de Intervención, de data 24 de xuño de 2005, no que deixa constancia de que a proposta efectuada polo Sr. Xefe do Servizo de Cultura e Deportes razoa suficientemente as variacións de crédito nas distintas partidas e cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que nas partidas cuxo crédito se minora expedíronse os RC, polos importes en que se minoran e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de créditos dentro do mesmo grupo de función pero xestionados por Centros Xestores distintos. Acórdase por unanimidade, de conformidade co disposto na Base 10ª, apartado 3 b., correspondente á execución do presuposto para o exercicio de 2005, aprobar o expediente de transferencia de crédito por importe total de 6.000,00 euros, incoado polos responsables dos Centros Xestores de Cultura, Xuventude e Deportes e Arquivo, Biblioteca e Publicacións, minorando crédito no importe e na partida que se indica e incrementando crédito no importe e na partida que se indica e incrementando crédito polo importe e na partida que se detalla a continuación: PARTIDAS A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 454.451.227.15/Traballos realizados por outras empresas/ Servizo de Publicacións 6.000 ¤ TOTAL .......... 6.000 ¤ PARTIDAS A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 451.451.481.06/ Premios, Becas e Pensións de estudio e investigación/ Certame Provincial de Bandas de Música 6.000 ¤ TOTAL .......... 6.000,00 ¤ ------ Folla: 7.13163.- APROBACIÓN DE "FESTAS DA BICICLETA" E MARCHAS POPULARES" De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, acórdase por unanimidade aprobar as propostas de celebración das Festas da Bicicleta e Marchas Populares nos concellos e datas seguintes: Concello Data Celebración VILAGARCÍA 05-06-05 Festa da bicicleta BAIONA 12-06-05 Festa da bicicleta GONDOMAR 12-06-05 Festa da bicicleta NIGRÁN 12-06-05 Festa da bicicleta REDONDELA 18-06-05 Festa da bicicleta RIBADUMIA 18-06-05 Festa da bicicleta CAMPO LAMEIRO 25-06-05 Festa da bicicleta VILABOA 25-06-05 Festa da bicicleta MARÍN 26-06-05 Festa da bicicleta MONDARIZ 26-06-05 Festa da bicicleta PORTAS 03-07-05 Festa da bicicleta MEIS 08-07-05 Festa da bicicleta FORCAREI 09-07-05 Festa da bicicleta SANXENXO 10-07-05 Festa da bicicleta MONDARIZ B. 16-07-05 Festa da bicicleta OIA 16-07-05 Festa da bicicleta POIO 24-07-05 Festa da bicicleta CERDEDO 28-07-05 Festa da bicicleta MORAÑA 30-07-05 Festa da bicicleta RODEIRO 31-07-05 Festa da bicicleta ------ Folla: 8.13164.- CONCESIÓN DE PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTIR A CURSOS A) De conformidade ó escrito presentado o 8 de xuño de 2005, polo cal o xefe do Servizo de Vías e Obras, solicita permiso e axuda económica para poder asistir ás xornadas sobre "Desenvolvemento Sostible de Fontes Marítimas Urbanas: Planeamento Integrado, Deseño e enxeñería" que terá lugar os próximos días 21 ó 23 de xuño en Santander, acórdase por unanimidade conceder a D. Rafael Llano De la Concha o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 835,40 ¤, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: a) Desprazamentos (coche propio): Pontevedra-Santander-Pontevedra (1.120 km) 215,40 ¤ Peaxe autopista 20,00 ¤ TOTAL 235,40 ¤ b) Inscrición curso 600,00 ¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 05/511.511.231.01 de locomoción por importe de 235,40 ¤ e á 05/122.314.162.00 de Inscrición ás xornadas por importe de 600,00 ¤. B) Visto ó escrito presentado no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial o 20 de Xuño de 2005, polo cal o xefe do Servizo Agrario, solicita permiso e axuda económica para asistencia á "Reunión do Consello Europeo de Diversificación Socio-Económica de FECIPE" que terá lugar o próximo día 21 de xuño en Ilhavo (Portugal), acórdase por unanimidade conceder a D. Carlos Bengoechea Peré o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 140,18 ¤, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: c) Desprazamentos (vehículo propio): Pontevedra-Ilhavo-Pontevedra (490 km) 94,24 ¤ Peaxe autopista 24,00 ¤ TOTAL 118,24 ¤ d) Dietas: Día 21 (1/2 manutenciónPortugal) 21,94 ¤ TOTAL 21,94 ¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 05/711.711.230.01 de Dietas por importe de 21,94 ¤ e á 05/711.711.231.01 de desprazamentos por importe de 118,24 ¤. ------ Folla: 9.13165.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dáse conta da seguinte: Resultando que con data 28 de abril de 2005 ( nº rex. 012784) tivo entrada nesta Deputación Providencia do Xulgado do Contencioso nº 2 de Pontevedra sobre admisión a trámite de recurso contencioso interposto por PROYECÓN GALICIA, S.A. contra expediente Licencia de Obras núm. 623/03 (Proc. Abrev. 116/2005). Resultando que con data 29 de abril seguinte solicitouse o oportuno informe pola Asesoría Xurídica ó Servizo de Vías e Obras, que o emitíu con data de 3 maio de 2005 no que se conclúe que no expediente de licencia produciuse unha duplicidade de cargos, estendéndose erroneamente dúas autorizacións de obra, unha a cargo do Ilmo. Concello de Cangas e outra a cargo da empresa adxudicataria, PROYECÓN GALICIA, S.A. e que á vista do informado polo Servizo de Vías e Obras non procedía estender ningún cargo contra a empresa PROYECÓN GALICIA, S.A. nin, en consecuencia, dictar a providencia de apremio obxecto do recurso, toda vez que a liquidación estendida no seu día ó Concello de Cangas foi aboada con data 30 de marzo de 2004. Resultando que á vista do anterior a Presidencia dictou Resolución con data 11 de maio de 2005 (nº rex. saída 006645) pola que resolvía o allanamento da Deputación no devandito recurso (Proc. Abrev. 116/2005). Resultando que con data 2 de xuño de 2005 (nº rex. 017393) ten entrada nesta Deputación Auto do referido Xulgado de data 26 de maio de 2005 polo que se ten por caducado o recurso. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable de dito Auto, acordando que pola Asesoría Xurídica se dea traslado do presente acordo ó Servizo de Vías e Obras, para o seu coñecemento e cumprimento. ------ Folla: 10.13166.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 11.13167.- APROBACIÓN DA PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O IMSERSO-FEMP E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, PARA O PROGRAMA DE "TELEASISTENCIA DOMICILIARIA" De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade a prórroga do convenio de colaboración do Programa de Teleasistencia Domiciliaria, entre o IMSERSO-FEMP e a Deputación Provincial de Pontevedra, cunha participación económica por parte do IMSERSO-FEMP do 65 %, a Xunta o 15 % e a Deputación de Pontevedra o 20% restante, sendo o custo mensual por persoa de 22,24 euros, e con cargo á partida 05/313.313.227.20. Dita prórroga é como segue: PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO O 1 DE XULLO DE 1998 ENTRE O INSTITUTO DE MAIORES E SERVIZOS SOCIAIS (IMSERSO), A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEMP) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PROXECTO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA DURANTE O EXERCICIO ECONÓMICO DO ANO 2005 Cláusula 1ª.- Segundo se establece na cláusula décimo primeira do Convenio de colaboración subscrito o 1 de xullo de 1998 coa FEMP e a Deputación Provincial de Pontevedra, acórdase prorrogar a vixencia do mencionado convenio durante o exercicio económico de 2005, de acordo coas seguintes previsións en canto ó volume de usuarios e custe do servizo: Prezo máximo do servizo mensual sen unidade móbil: 1.- Usuario titular 22,24¤ 2.- Usuario con unidade control remoto 11,12¤ 3.- Usuario sen unidade control remoto 08,90¤ O número total de usuarios ó rematar o exercicio económico estímase que acadará a cifra de 1.050. Cláusula 2ª.- O custe máximo do proxecto no exercicio económico de 2005 será de 206.832 euros de acordo coas previsións económicas que se achegan como Anexo I a este instrumento de prórroga. O IMSERSO achegará ó proxecto neste exercicio, como máximo, a cantidade de CENTO TRINTA E CATRO MIL CATROCENTOS CORENTA EUROS CON OITENTA CÉNTIMOS (134.440,80) equivalente ó 65%. Cláusula 3ª.- A supervisión e seguimento directo do proxecto e o control da calidade dos servizos que se prestan serán competencia dos servizos sociais da entidade local. Así mesmo, o IMSERSO e a FEMP, mediante actuación conxunta, levarán a cabo sempre que o estimen conveniente, a supervisión das instalacións de teleasistencia da empresa contratada, co obxecto de comprobar que a entidade adxudicataria cumpre con todos os compromisos estipulados. Cláusula 4ª.- En calquera difusión que se realice do presente proxecto, para coñecemento da poboación en xeral e dos posibles usuarios en particular, deberán figurar os entes concertantes. Cláusula 5ª.- Continuará sendo de aplicación o contido do convenio de colaboración asinado o 1 de xullo de 1998 naqueles aspectos que non fosen modificados polo presente documento de prórroga. Cláusula 6ª.- Non obstante, quedará condicionada a validez e eficacia do presente acordo á existencia de crédito adecuado e suficiente nos presupostos respectivos de gastos e dotacións para o exercicio económico do 2005. Madrid, 31 de decembro de 2004 POLA FEMPO SECRETARIO XERAL, Julio Alberto Torres Pérez POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRAO PRESIDENTE, Rafael Louzán Abal POLO IMSERSOO DIRECTOR XERAL, Angel Rodríguez Castedo ------ Folla: 12.13168.- APROBACIÓN DO PROXECTO "AQUELANDO" DENTRO DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓN GLOBAL DO FONDO SOCIAL EUROPEO Aprobándose por Resolución de 20 de abril de 2005 da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, as Bases reguladoras da Subvención Global 2005/2006 do Fondo Social Europeo; sendo intención desta Excma. Deputación provincial, presentar á mencionada convocatoria, o Proxecto "Aquelando" con obxectivo de inserción socio-laboral de mulleres, emigrantes retornados e inmigrantes, minorías étnicas e outros colectivos con factor de exclusión laboral e á vista dos informes emitidos polo Sr. Secretario Xeral Accidental desta Excma. Deputación Provincial e o Sr. Interventor Accidental, acórdase por unanimidade a aprobación do Proxecto "Aquelando", con presuposto global de 909.304,15 euros, cofinanciado nun 70 % polo Fondo Social Europeo (636.512,90 euros) e nun 30% por esta Excma. Deputación Provincial (272.791,24 euros), para a súa presentación á convocatoria de Subvención Global do Fondo Social Europeo 2005/2006. ------ Folla: 13.13169.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE DIVERSAS OBRAS Vista a Acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras", vistos os informes emitidos polo enxeñeiro director de Vías e Obras e o arquitecto provincial, nos que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, acórdase por unanimidade: 1.- Adxudicar a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A COVSA. a obra de "Acondicionamento e melloras no Mirador de Cotorredondo (Vilaboa)" na suma de 98.537,57 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses e melloras valoradas en 2.194,85 ¤, e un período de mantemento de trinta e catro meses. 2.- Adxudicar a NAROM, S.L. a obra de "Empedrado recinto de Festas de Santa María de Caselas (Salceda)" na suma de 97.655,76 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, ofertas valoradas en 8.348,31 ¤, e un período de mantemento de trinta e seis meses. Os adxudicatarios deben constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 del R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 163,22 ¤, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG, que ascendeu a un total de 326,44 ¤. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 14.13170.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE DIVERSAS OBRAS Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 10-06-2005, polo que se prestou aprobación ós proxectos obxecto do expediente, e que máis adiante se detallan; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral Accidental relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso, estimándoo correcto xuridicamente; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor Accidental, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, de "Diversas Obras", que a continuación se detallan: 1.- "E.P. 9405 Barrantes-Armenteira-Busto (Meis)" 138.142,34 ¤ 2.- "Mellora de trazado e pavimento E.P. 2909 Arcade-Viso (Soutomaior)" 167.999,99 ¤ As obras obxecto do expediente financiaranse con cargo á partida 05/511.511.612.02. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta do adxudicatario. Dito prego de condicións económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE "DIVERSAS OBRAS" 1ª. OBXECTO. A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das obras que se detallan na base 3ª deste prego, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª. FINANCIAMENTO DAS OBRAS. As obras obxecto do concurso financiaranse con cargo á partida 05/511.511.612.02. 3ª. ORZAMENTO TIPO DE LICITACIÓN. Os presupostos tipo de licitación son os que máis adiante se detallan, IVE incluído, entendéndose comprendidos nestes todo xénero de gastos, incluída a dirección técnica das obras, que será do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5% do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 1.- "E.P. 9405 Barrantes-Armenteira-Busto (Meis)" 138.142,34 ¤ 2.- "Mellora de trazado e pavimento E.P. 2909 Arcade-Viso (Soutomaior)" 167.999,99 ¤ 4ª. PRAZO DE EXECUCIÓN. O prazo para executar e rematar todas as obras incluídas nos proxectos será de: seis meses para a obra nº1 e catro meses para a obra nº2, contado a partir da comprobación do replanteo. 5ª. PRAZO DE GARANTÍA. Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir do remate e recepción destas. 6ª. FIANZAS. Definitiva por un importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que se depositará na caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de compañía de seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª. FORMA DE PAGAMENTO. O pagamento efectuarao a Tesourería provincial, previa aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo técnico director destas e á certificación-liquidación deberá achegarse a acta de recepción se as obras remataron no prazo sinalado, indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñerlle ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso, a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de dirección das obras serán do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles serán retidos. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5% do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. A todas as certificacións de obra xuntarase a factura correspondente, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª. PROPOSICIÓNS. O prazo para presentar as ofertas será de trece días, contados desde o seguinte ó da inserción do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia, de 9:00 a 13:00 horas, no Rexistro xeral desta Deputación. Se o derradeiro día do prazo cadrase en festivo, este rematará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior a este, expresando en letra e número a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª. DOCUMENTACIÓN. Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre núm. 1: proposición económica. Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se achegan á proposición económica haberán de ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que están cotexadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderá presentar varias o mesmo licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de achegar a documentación xeral e facendo referencia a que se une a outra proposición. Sobre núm. 2: documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1) DNI, cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2) Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3) Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4) Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5) Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño 6) Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecta á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización desta, sendo ademais responsable en materia de prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7) Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial, que será: grupo A, subgrupos 2 e 4, categoría c para a obra nº1, e Grupo *, subgrupo *, categoría * para a obra nº2. Quedan exentos de achegaren a documentación todos aqueles contratistas que xa o fixesen a concursos ou poxas de obras desta Deputación nos derradeiros doce meses, presentando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios achegarán, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, exped
Ãrea de notas
Nota