ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/08/05_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/3.2005-08-05_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/08/05_Ordinaria

  • Data(s) 2005-08-05 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día cinco de agosto do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Julio Souto Diz. Non asiste a señora deputada Dona María Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13240.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de xullo de 2005. ------ Folla: 2.13241.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE MONDARIZ, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "APERTURA E URBANIZACIÓN RÚA SAN GREGORIO", INCLUÍDA NO PAM/04 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Mondariz, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/04, co número 118/566, denominada "Apertura y urbanización calle San Gregorio", subvencionada con 127.986,11 euros, por Acordo da Xunta de Goberno de 30-07-04. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31-10-06, con carácter improrrogable. ------ Folla: 3.13242.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JOSÉ MARÍA CRIADO DEL REY, EN NOME E REPRESENTACIÓN DE D. CONSTANTE BLANCO GÓMEZ, POR DANOS EN VEHÍCULO DA SÚA PROPIEDADE NA ESTRADA EP9205 LORES - SANXENXO (SANXENXO) Dada conta que con data de Rexistro 30-03-05 (Rex. nº 008832) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Jose M. Criado del Rey en nome e representación de D. CONSTANTE BLANCO GÓMEZ con enderezo a efecto de notificacións en García Barbón, 22-4ºB de Vigo por danos padecidos en vehículo matrícula PO-0692-AX o día 30 de marzo de 2005 sen achegar valoración económica. Resultando.- Que con data 20 de abril de 2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras co seguinte contido: "Se a estrada 9205 (Lores-Sanxenxo) é vía provincial. Se por ese Servizo tense coñecemento de que en data coincidente coa do accidente ou inmediatamente anterior ou posterior tivo lugar algún accidente de tráfico na referida estrada. Se por ese Servizo tense coñecemento da existencia de gravilla na estrada, e así mesmo, se existía algún tipo de sinalización da mesma. Calquera outro extremo que estime de interese." O cal foi emitido en data 02-05-2005 co seguinte contido: " La E.P. 9205 Lores-Sanxenxo es vía provincial. No tenemos conocimiento. Se debe indicar el lugar exacto, ya que están dos empresas." Resultando que con data 04-05-2005 requiriuse o reclamante a fin de que especificase o lugar exacto do accidente, contestándose o mesmo en 18-05-2005 nos seguinte termos: " Carretera Local 9205, Meaño Sanxenxo. Lugar de A Bouza. En una zona en la que en fecha 30 de marzo de 2004 se estaban realizando obras de ampliación y acondicionamiento de la calzada." Resultando que con data 20-05-2005 solicitouse informe Complementario e Aclaratorio ó Servizo de vías e obras en relación co achegado polo reclamante, remitíndoo en 18-07-2005 co seguinte contido: "Estaba trabajando la Empresa CARRO. Estaba señalizado convenientemente. El lugar se llama S. Benito Lores" Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto o tenor literal do informe de Vías e Obras, e máis en concreto do Enxeñeiro T. Xefe da Zona Norte di claramente que o traballo da empresa "CARRO" (la obra) "estaba señalizado convenientemente", e compre non esquecer que tal informe atópase imbuído dos principios de imparcialidade, neutralidade e especialidade técnica que inspiran a actuación de calquera funcionario público no cumprimento do seu cargo, actuación, por outra banda, que si se documenta -tal é o caso- constitúe proba plena da realidade que documenta, feito este que aínda que a parte reclamante non lle agrade debe ser confrontado coa súa actividade probatoria, que, todo hai que dicilo, é inexistente, limitándose a artellar un discurso alegatorio baleiro e carente de soporte probatorio obxectivo algún, contrariando o dictado de múltiples normas obxectivas (L.A.C. por exemplo) que esixen a quen reclama a incumbencia da carga de probar a relación de causalidade, e neste senso pódese invocar a sentenza do T.S. do 27-04-00, Aranzadi 4.951, poñente Sr. Rodríguez Zapata, que deixou dito que "... corresponde a la parte reclamante la carga de probar los fundamentos de hecho que trate de establecer según el principio general de que quien afirma o alega debe probar ("incumbit probatio quin dicit non qui negat")", e recordemos que a instancia non achega atestado algún nin propón ningún medio probatorio a practicar, polo que a reclamación só pode seguir o camiño da desestimación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 4.13243.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. ANDRÉS MALVAR PINTOS NO NOME E NA REPRESENTACIÓN DE COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DO LUGAR DE CUÑAS (PONTE CALDELAS), COMO CONSECUENCIA DAS OBRAS NA ESTRADA PONTE CALDELAS - BORELA (COTOBADE) Dada conta que con data de Rexistro 27-05-2005 (Rex. nº 016588) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Andrés Malvar Pintos en nome e representación de COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DO LUGAR DE CUÑAS, PONTE CALDELAS con enderezo a efectos de notificacións en rúa Marqués de Riestra num. 5-1ºC de Pontevedra como consecuencia das obras na estrada Ponte Caldelas - Borela (Cotobade). Resultando.- Que con data 13-06-2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 21-06-2005 co seguinte contido: "... Que dicha obra discurre en su mayor parte por los terrenos pertenecientes a la Comunidad de Montes de Cuñas. Que la obra que se está ejecutando consiste en el ensanche de la carretera ya existente, hasta obtener un ancho de firme de 7 m. Que solicitada al Concello de Ponte Caldelas la gestión pertinente para la cesión de los terrenos necesarios para la ejecución de la obra, nos remiten el escrito de cesión presentada por la "Asociación vecinal de montes en man común do lugar de Cuñas" el cual en su punto nº 1 del orden del día de la asamblea extraordinaria celebrada en su día dice: "Posible ensanche de la carretera de Pé da Múa y cesión de terrenos al Ayuntamiento. Se reúne la asamblea en segunda convocatoria y expuesto el 1er. Punto del orden del día por el presidente, es aprobado por 46 votos a favor y 8 abstenciones de 54 asistentes." Resultando.- Que solicitado informe o Concello de Ponte Caldelas en 01-07-05 ó amparo do disposto nos arts. 4.1.c) e 4.2 da Lei 30/92, na redacción dada pola 4/99, este foi emitido en 11-07-05 co seguinte contido: "...Respecto o sinalado no punto segundo do escrito presentado por D. Andres Malvar Pintos en nome e representación da C.M.V.M.C. do lugar de Cuñas (Ponte caldelas), no que se manifesta que "as obras se están executando sen consentimento expreso da Comunidade e sen que se seguise ningún procedemento expropiatorio" sinalar o seguinte: No ano 1994, ante a necesidade de afección de parte dos terreos da Comunidade, para levar a cabo as obras de mellora e ensanche da devandita estrada, acordouse verbalmente cos representantes da mesma a cesión dos terreos necesarios para levar a cabo as mencionadas obras. Dito acordo foi ratificado na Asamblea da C.M.V.M.C de data 22 de xullo de 1994. Posteriormente, no ano 2004, antes do inicio das obras, desde esta Alcaldía iniciáronse conversas cos representantes da C.M.V.M.C do lugar de Cuñas, que verbalmente manifestaron a súa conformidade á realización das devanditas obras e a cesión dos terreos necesarios ó efecto. Así mesmo, solicitouse certificado actualizado do acordo adoptado, que foi expedido con data 4 de novembro de 2004 pola Secretaria da Comunidade e do que se lle da traslado." Considerando.- Que a instancia presentase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do informe do Enxeñeiro Técnico Xefe Zona Sur e máis do remitido polo Sr. Alcalde de Ponte Caldelas dedúcese a vontade clara, expresa e terminante da Comunidade de Montes na man común do lugar de Cuñas de facer cesión dos terreos necesarios, extremo que resulta corroborado coa certificación expedida pola Secretaria, Dona Ana Orge Arruti na que se recolle indubitadamente a vontade asamblearia de facer a cesión, concretada en 46 votos a favor e 8 abstencións de 54 asistentes. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 5.13244.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JAVIER COUSIÑO CRESPO, POR DANOS PADECIDOS EN VEHÍCULO DA SÚA PROPIEDADE NA ESTRADA BAIONA-O ROSAL (BAIONA) Dada conta que con data de Rexistro 30-06-2005 (Rex. nº 021222) tivo entrada nesta Deputación comunicación do Concello de Baiona dando traslado da instancia subscrita por D. JAVIER COUSIÑO CRESPO por danos padecidos en vehículo matrícula 3652-BHL o día 10 de abril de 2005, e que individualiza economicamente en 1.523,89 ¤ segundo copia de factura de reparación que se xunta. Resultando.- Que con data 05-07-2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 13-07-2005 co seguinte contido: "... La carretera Baiona-O Rosal es efectivamente de la red provincial y efectuadas las oportunas indagaciones por el capataz encargado de la zona ha podido conocerse: -La tapa objeto presuntamente del accidente, pertenece a un registro para llave de paso de una conducción de agua que da servicio al Parador Nacional de Baiona -El registro, y en consecuencia la tapa, no se halla en el carril de circulación de la carretera, sino en la zona de aparcamiento de los autobuses del transporte escolar - Un vecino que vive frente al Colegio informó al Capataz de este Servicio que el domingo día 10-04-05 escuchó un ruido anómalo y pudo observar a un vehículo, circulando a considerable velocidad, en dirección a Torroña y la tapa de registro aludido desplazada de su posición hasta la propia calzada - Como conoce a la persona que está encargada del mantenimiento de la red de agua del Parador le comunicó la anomalía, y personal de ese establecimiento procedió el lunes día 11 a su reparación." Considerando.- Que a instancia presentase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur dedúcese que a causa eficiente do sinistro é unha tapa dun rexistro para chave de paso dunha conducción de auga que da Servizo o Parador Nacional e que, a maior abundamento, atópase na zona de aparcamento dos autobuses do trasporte escolar e non no carril de circulación. Considerando.- Que tratándose dun elemento accesorio dun servizo exclusivamente municipal (artigo 25-2-"l" da Lei 7/85) e atopándose o mesmo non no firme de rodadura da vía provincial se non en terreo que sirve a outra finalidade, non pode esta Deputación máis que resolver a petición do interesado en sentido desestimatorio, suxeríndolle o reclamante se así o estima oportuno, o cauce da reclamación no ámbito do dereito privado en virtude do artigo 1.902 do Código Civil, ben contra o terceiro que moveu a tapa do sitio, ben contra o Concello, por ser o titular do servizo ou no seu caso contra a empresa concesionaria do mesmo. Proba cabal de canto se deixa exposto o é a reparación que persoal do parador fixo da anomalía, e, a maiores, xurisprudencia do Tribunal Supremo deixou dito que "...a detentación dunha infraestructura material para a prestación dun Servizo non converte as Administracións públicas en aseguradoras universais de todos os riscos" Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 6.13245.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DA ESTRADA Dada conta da comunicación do Concello da Estrada, de data 7 de xuño de 2005 (rexistro de entrada núm. 018396, de data 10-06-05), pola que se remite copia do expediente sobre Proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de A Estrada, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e: Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 29 de xullo de 2005, que literalmente di: " En la documentación examinada vienen reflejadas todas las carreteras provinciales de termino municipal de A Estrada (Tomo XI pag. 181,182,183,184). En la misma, se clasifica estas carreteras como vías Tipo II. - En lo referente a - Línea de cierre - Línea de edificación - Alineaciones Las mismas están definidas de acuerdo a la legislación y reglamentos vigentes. Lo que informo a Ud. a los efectos oportunos." A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de A Estrada. ------ Folla: 7.13246.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE O PROXECTO "MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 1 PXOM ACTUACIÓN URBANÍSTICA PARA O DESENVOLVEMENTO DA AVDA. URBANA DE CONEXIÓN COA ESTRADA PO-308 COA AUTOVÍA DO SALNÉS" Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Sanxenxo, de data 6 de xullo de 2005 (rexistro de entrada núm. 022605, de data 07-07-05), pola que se remite petición de informe ó proxecto de "modificación puntual nº1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sanxenxo, actuación urbanística para o desenvolvemento da "Av. Urbana de conexión coa estrada PO-308 coa Autovía do Salnés", e: Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 3 de agosto de 2005, que literalmente di: "... La propuesta de modificación está formada por cuatro tramos diferenciales, - Tramo 1- Longitud 230 m.l. comprendido entre la vía rápida Pontevedra y la carretera provincial EP 9205 Sanxenxo -Meaño. Este tramo según el autor de la modificación, ya está previsto su ejecución en Plan General, por lo que se habrá informado en su día. En todo caso, la intersección que se produce se resuelve mediante glorieta (así lo definen los planos), la cual cumplirá con las " recomendaciones para el diseño de glorietas" del Ministerio de Fomento. - Tramo 2 - de nueva creación, longitud 1.370 m.l. que conecta la carretera provincial E.P. 9205 Sanxenxo - Meaño con la también carretera provincial 9203 Padriñan- Laxe. En este tramo y definido ya el enlace con la EP 9205, se produce la intersección con la E.P. 9203, que habrá que definir en el proyecto constructivo o bien, y dado que desde esta intersección hasta la carretera autonómica C-550 queda un tramo de 550 m.l., ceder este tramo al Concello de Sanxenxo. - Tramo 3 - Tramo de 1.000 m.l. que discurre todo él por la EP 9203 Padriñan - Laxe. Se cederá este tramo de carretera al Concello de Sanxenxo, ya que la carretera de la Diputación, en su concepción actual, desaparece y pasa a ser una avenida urbana. - Tramo 4 - de nueva creación de 300 m.l. que conecta la carretera provincial EP 9203 Padriñán-Laxe con la carretera autonómica C-550. La intersección entre la vía provincial y este tramo de nueva construcción, se realiza mediante una glorieta, la cual se construirá según las "recomendaciones para el diseño de glorietas" del Ministerio de Fomento." A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de Sanxenxo. ------ Folla: 8.13247.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dáse conta das seguintes: a) Dada conta de que con data 4 de xullo de 2005 notifícase sentenza dictada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra en autos de Procedemento Ordinario núm. 295/ 2004 promovidos por D. Alberto González Rodríguez e Dª. Cecilia Toledano Gómez contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico solicitando indemnización por importe de 17.618,10 ¤ e 6.166,45 ¤, respectivamente, o que arroxa un total de 23.784,55 ¤, na que, dándolle a razón parcialmente á Deputación, se obriga ó pago de 4.476,94 ¤, é dicir, 19.307,61 ¤ menos do reclamado, desagregados en 1.859,91 ¤ a favor de D. Alberto e 1.617,43 ¤ a Dna. Cecilia e actualizados na cantidade de 308,71 ¤ conforme ó índice de prezos ó consumo e xuros legais, de conformidade co ordenado na sentenza. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: PRIMEIRO.- Proceder ó cumprimento nos seus propios termos da referida sentenza. SEGUNDO.- En consecuencia aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo con cargo á partida orzamentaria 05/511.511.210.00 as indemnizacións recoñecidas na mesma, que se concretan, unha vez emitido informe pola Intervención, nas seguintes cantidades: - A Don Alberto González Rodríguez 2.859,51 ¤ por danos persoais e materiais, máis 197,18 ¤ en concepto de actualización conforme ó IPC e xuros legais, ascendendo o importe total a indemnizar a 3.056,69 ¤ (tres mil cincuenta e seis euros con sesenta e nove céntimos). - A Dna. Cecilia Toledano Gómez, 1.617,43 ¤, por danos persoais e materiais ós que hai que sumar 111,53 ¤ en concepto de actualización do IPC e xuros legais, ascendendo o importe total a indemnizar a 1.728,96 ¤ (mil setecentos vinte e oito con noventa e seis céntimos). TERCEIRO.- O pago efectivo das cantidades sinaladas queda sometido á condición suspensiva da achega polos recorrentes de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, así como copia dos NIF, para o que deberán ser notificados do presente acordo pola Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica. CUARTO.- Notificar igualmente o presente acordo á aseguradora AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita no seu día proceda ó reintegro a esta Deputación das cantidades seguintes, mediante ingreso na conta que esta Deputación ten aberta na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618: - 2.455,68 ¤ correspondentes á indemnización recoñecida a Don Alberto González Rodríguez, unha vez descontado o importe da franquía (601,01 ¤) que debe asumir esta Deputación por danos materiais. - 1.127,95 ¤, correspondentes á indemnización recoñecida a Dona Cecilia Toledano Gómez, unha vez descontado o importe da franquía (601,01 ¤) que debe asumir esta Deputación por danos materiais. Dita sentenza deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos polos Servizos Xurídicos da Deputación, incluso a defensa en xuízo. b) Resultando que con data 20 de xuño de 2005 presentouse escrito pola Asesoría Xurídica desta Deputación perante o Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra solicitando a acumulación dos Procedementos Abreviado 135/ 2005 e Ordinario 135/ 2005 promovidos por Dª María del Carmen Afonso Martínez e Dª Rosario Afonso Martínez , que se substanciaban, respectivamente, nos Xulgados do Contencioso núm. 3 e nº 1 de Pontevedra, baseándose en que ambos recursos derivan das mesmas obras executadas a medio de Convenio entre o Concello de Pontevedra e esta Deputación. Resultando que con data 21 de xullo de 2005 tivo entrada nesta Deputación Auto do Xulgado do Contencioso nº 1 de Pontevedra declarando procedente a solicitude de acumulación formulada polo letrado desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido do devandito Auto, estando o desenvolvemento do resto dos trámites procesuais ata o remate do procedemento principal. c) Resultando que con data 8 de xullo de 2004 o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra dictou sentenza en autos de Procedemento Abreviado núm. 72/ 2004 promovidos por D. José Aurelio Fernández Bascuas contra expediente sancionador por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, na que se estimaba dito recurso, anulando o expediente sancionador. Resultando que con data 5 de agosto de 2004 formúlase pola Asesoría Xurídica da Deputación recurso de apelación contra a devandita sentenza. Resultando que con data 7 de outubro de 2004 díctase Auto polo Xulgado do Contencioso nº 3 de Pontevedra decretando que non procede o recurso de apelación por entender que dita sentenza non é apelable por razón da contía da sanción. Resultando que con data 14 de outubro preséntase perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 escrito de preparación de recurso de queixa e pedindo a reposición do Auto que inadmitía a apelación, baseado en que o obxecto do recurso non se limita exclusivamente á contía da sanción económica senón á reposición do medio físico anterior á infracción denunciada, entendendo, en consecuencia, que debe admitirse a apelación da sentenza. Resultando que o 22 de outubro díctase Auto polo Xulgado no que desestima a reposición do Auto de 7 de outubro que inadmitía a apelación. Resultando que con data 11 de novembro de 2004 preséntase perante a Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recurso de queixa. Resultando que dictadas Providencias pola Sala do Contencioso-Administrativo en datas 20 de abril e 5 de maio de 2005 para achega de documentación complementaria sobre o recurso de queixa formulado, con data 27 de maio de 2005 díctase Auto declarando inadmisible o recurso de queixa. Resultando que con data 27 de xuño de 2005 formúlase pola Asesoría Xurídica da Deputación recurso de súplica contra o Auto de 27 de maio, antes citado. Resultando que con datas 7 e 12 de xullo de 2005 díctanse sendos Autos pola Sala do Contencioso-Administrativo anulando o Auto dictado pola mesma Sala de 27 de maio de 2005 e admitindo a trámite o recurso de apelación, respectivamente. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable dos devandito Autos, estando o desenvolvemento do resto dos trámites procesuais ata o remate do procedemento principal. ------ Folla: 9.13248.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 10.13249.- ADXUDICACIÓN DO PROXECTO DE OBRAS COMPLEMENTARIAS NA SEDE DO PARQUE COMARCAL CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 19-IV-2003, polo que se adxudicou a CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A., a obra de "Parque Comarcal de Bombeiros de O Morrazo", na suma de 451.000,00 euros, IVE incluído, visto acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 24-06-2005, polo que se prestou aprobación ó proxecto de "Obras complementarias na Sede do Parque Comarcal Contraincendios e Salvamento da Comarca do Morrazo", polo importe de 58.570,65 ¤, IVE incluído, visto escrito da empresa adxudicataria polo que presta conformidade ás unidades de obra e prezos que figuran no proxecto de reformado; visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral Accidental, en canto ó procedemento de adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146.2 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. 2.- Adxudicar a CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A., as obras "Complementarias na sede do Parque Comarcal Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo", na suma de 58.570,65 ¤, IVE incluído. O adxudicatario deberá constituír fianza definitiva por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións, públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 11.13250.- ADXUDICACIÓN DO PROXECTO DA OBRA DE LIQUIDACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL EN SISÁN (RIBADUMIA) Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 30-xaneiro-2003, polo que se adxudicou a UTE OBREAL, S.L. - CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A., a obra de "Pavillón Polideportivo en Sisán (Ribadumia)", na cantidade de 361.522,96 euros, IVE incluído, visto acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 29-05-2003, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado núm. 1 das mesmas obras, polo importe de 425.080,98 ¤, IVE incluído, o que representa un incremento sobre o importe de adxudicación de 63.558,02 ¤, IVE incluído, e así mesmo pola Xunta de Goberno de 03-07-2003, adxudicouse a UTE OBREAL, S.L. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A., na suma de 63.558,02 ¤, IVE incluído, tamén pola Xunta de Goberno do 23-12-2004, aprobouse o Orzamento Técnico da "LIQUIDACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL EN SISÁN (RIBADUMIA)", polo importe de 41.700,52 ¤, IVE incluído, visto escrito da empresa adxudicataria polo que presta conformidade ás unidades de obra e prezos que figuran no proxecto de reformado; visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral Accidental, en canto ó procedemento de adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146.3 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. 2.- Adxudicar a PABELLÓN RIBADUMIA UTE, as obras de "Liquidación de Pavillón Polideportivo Municipal en Sisán (Ribadumia), na suma de 41.700,52 ¤, IVE incluído. O adxudicatario deberá constituír fianza definitiva por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións, públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 12.13251.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición