ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/09/02_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/3.2005-09-02_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/09/02_Ordinaria

  • Data(s) 2005-09-02 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta minutos do día dous de setembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13304.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión ordinaria, do día 26 de agosto de 2005 ------ Folla: 2.13305.- RESOLUCIÓN DO RECURSO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO POLA FEDERACIÓN GALEGA DA CONSTRUCCIÓN CONTRA A APROBACIÓN DO PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN POR CONCURSO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DE VARIAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CON DIVERSOS CONCELLOS Dada conta do recurso de reposición interposto pola Federación Galega da Construcción, con data de entrada no Rexistro Xeral da Deputación de 24 de agosto do ano en curso, contra a clasificación empresarial esixida no prego de condicións que rexe o concurso para a contratación, por procedemento aberto, de diversas obras a executar mediante convenio con diversos concellos. Resultando que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial en sesión de 8 de xullo de 2005, aprobou o expediente para a contratación de diversas obras a executar mediante convenio con diversos concellos, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (29/7/05) e no DOGA (26/7/05). Considerando o artigo 116 e seguintes, así como as demais disposicións aplicables da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e demais lexislación vixente. E vistos os informes dos servizos de Contratación e Vías e Obras, acórdase por unanimidade estimar o recurso de reposición interposto pola Federación Galega da Construcción contra a aprobación do prego económico administrativo que rexerá a contratación por concurso, mediante procedemento aberto, de varias obras a executar mediante convenio con diversos concellos. Así mesmo acórdase: Primeiro.-Rectificar a cláusula 9.7 do prego de condicións económico-Administrativas en canto ás clasificacións esixidas nas obras nº 2 e nº 4 no seguinte sentido: Onde di: "Obras nº 1 e 5: Grupo E, subgrupo 1, categoría e, e, Grupo G, subgrupo 4, categoría e. Obra nº 2: Grupo G, subgrupo 4, categoría b. Obra nº 3: Grupo G, subgrupo 4, categoría d. Obra nº 4: Grupo E, subgrupo 1, categoría e. Obras nº 6 e 8: Grupo E, subgrupo 1, categoría c, e, Grupo G, subgrupo 4, categoría c. Obras nº 7 e 9; Grupo E, subgrupo 1, categoría c." Debe dicir: "Obra nº1: Grupo E, subgrupo 1, categoría e. Obra nº 2: Non se esixe clasificación. Obra nº 3: Grupo G, subgrupo 4, categoría d. Obra nº 4: Grupo E, subgrupo 1, categoría c, Grupo C subgrupo 6 categoría c. Obra nº 5: Grupo G, subgrupo 4, categoría e. Obras nº 6 e 8: Grupo E, subgrupo 1, categoría c, e, Grupo G, subgrupo 4, categoría c. Obras nº 7 e 9; Grupo E, subgrupo 1, categoría c." Segundo.- Como consecuencia do anteriormente exposto ábrese un prazo de licitación de vinte e seis días, a contar dende o día seguinte á última publicación no anuncio de rectificación no BOP ou DOGA. As ofertas presentadas anteriormente á obra nº 2 considéranse admitidas ó concurso. Así mesmo, as ofertas presentadas anteriormente á obra nº 4 e que posúan a clasificación esixida serán admitidas ó concurso, debendo de acreditar no novo prazo de licitación a seguinte clasificación Grupo C, subgrupo 6, categoría C. ------ Folla: 3.13306.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DO MOBILIARIO PARA VARIOS LABORATORIOS DA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO Visto o expediente de contratación tramitado ó efecto a proposta do Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, que participa que con motivo da finalización das obras de acondicionamento de novos laboratorios da Sección de Fruticultura e Ornamentais e da sección de Edafoloxía resulta necesaria a contratación de diverso mobiliario para equipar as oficinas e os laboratorios. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán na contratación, e vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, o subministro de mobiliario para varios laboratorios da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, por un tipo máximo de licitación total de cento trinta mil euros (130.000 ¤), IVE incluído, en función da seguinte división por lotes, segundo os prezos máximos que se detallan: LOTE CONCEPTO PREZO MÁXIMO 1 Mobiliario para o Laboratorio de Fruticultura e Ornamentais 40.394,75 ¤ 2 Mobiliario para o Laboratorio de Edafoloxía 58.647,34 ¤ 3 Mobiliario feito a medida 21.976,20 ¤ 4 Mobiliario de oficina 8.981,71 ¤ Así mesmo acórdase: - Autorizar dito gasto con cargo á partida 05/711.711.625.01 do vixente orzamento provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o concurso como lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito Prego é como segue: PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE MOBILIARIO PARA VARIOS LABORATORIOS DA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO. 1.- OBXECTO.- O subministro e instalación de diverso mobiliario para as diferentes estancias que conforman os novos laboratorios da sección de Fruticultura e Ornamentais, e a sección de Edafoloxía da Estación Fitopatolóxica de Areeiro. A contratación de dito subministro farase de conformidade coa seguinte división por lotes: LOTE CONCEPTO 1 Mobiliario para o Laboratorio de Fruticultura e Ornamentais 2 Mobiliario para o Laboratorio de Edafoloxía 3 Mobiliario feito a medida 4 Mobiliario de oficina O mobiliario a subministrar en cada lote encóntrase debidamente desagregado no prego de condicións administrativas que se une como anexo, sinalando, así mesmo, as características técnicas mínimas esixidas. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/711.711.625.01 do vixente Orzamento Provincial. 3.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado o subministro e instalación e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA.- Deberase realizar a entrega e instalación do mobiliario no prazo máximo de SESENTA DÍAS a contar dende o día seguinte á notificación da adxudicación nas dependencias que se indiquen na Estación Fitopatolóxica de Areeiro. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento que servirá de base de licitación fíxase, en función do número de lotes, na seguinte cantidade máxima, IVE incluído: LOTE CONCEPTO PREZO MÁXIMO 1 Mobiliario para o Laboratorio de Fruticultura e Ornamentais40.394, 75 ¤ 2 Mobiliario para o Laboratorio de Edafoloxía 58.647,34 ¤ 3 Mobiliario feito a medida 21.976,20 ¤ 4 Mobiliario de oficina 8.981,71 ¤ 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RDL 2/2000) e non incorresen nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias perante a Administración debendo nomear perante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación . 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidira en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do RD 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986-804126) ou telegrama no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. Os licitadores que participen en máis dun lote deberán presentar o SOBRE A por cada un dos lotes nos que concurse. A) SOBRE A denominado "PROPOSTA ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSTA ECONÓMICA PARA OPTAR Ó LOTE Nº___________(especificar o número de lote ó que se pretenda licitar) DO CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE MOBILIARIO PARA VARIOS LABORATORIOS DA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Proposta Económica. Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Así mesmo, deberase desagregar o prezo por unidade de cada concepto que compón o lote no que se licita, sen superar en ningún caso o prezo máximo estipulado no prego de condicións técnicas para dito concepto. 2.- Breve descrición do mobiliario a subministrar. 3.-Declaración de prazos e forma de entrega e instalación do mobiliario a subministrar. 4.-Outras melloras. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó LOTE Nº___________(especificar o número de lote ó que se pretenda licitar) DO CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE MOBILIARIO PARA VARIOS LABORATORIOS DA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a representación pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal perante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada perante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non incorrese nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas RDL 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas RDL 2/2000, de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos abastecementos realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 9-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Enxeñeiro Director do Servizo Agrario. SECRETARIO: O Xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidira en festivo ou en sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, o Secretario da Mesa de Contratación procederá, en acto público, á apertura dos Sobres A, dando lectura ás proposicións económicas formuladas e trasladando posteriormente as mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1.-Calidade do mobiliario a subministrar, ata 3 puntos. 2.-Prazo de entrega e instalación, ata 3 puntos. 3.-Menor prezo ofertado, ata 2,5 puntos. 4.-Outras melloras, ata 1,5 puntos. 12.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e avaliados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 7ª. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente, que se orzamenten na contía máxima de 600 Euros. Así mesmo, tamén se fará cargo dos gastos de transporte, entrega e instalación do mobiliario subministrado nas correspondentes dependencias da Estación Fitopatolóxica de Areeiro. 15.- PRAZO DE GARANTÍA.- Establécese como prazo de garantía un mínimo de dous anos. 16.-INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías, ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración incorrese en mora ó recibilos. 17.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do TR da LCAP. 18.-RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no RDL 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 19.-XURISDICCIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo órgano de contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía contencioso?administrativa, a teor da Lei de dita xurisdicción. 20.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio / ou en representación de .....................con domicilio en ..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sendo coñecedor do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente ó LOTE Nº___________(especificar o número de lote ó que se pretenda licitar) DO SUBMINISTRO DE MOBILIARIO PARA VARIOS LABORATORIOS DA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e coas particularidades que se detallan a continuación: -Polo prezo máximo de ...................................................................... EUROS, IVE, instalación e gastos de transporte incluídos. -O prazo de entrega e instalación do mobiliario será de ........................días. -Ofértanse as seguintes melloras (enumerar): (Data e sinatura do propoñente). Pontevedra, 30 de agosto de 2005 O PRESIDENTE, O SECRETARIO ACCIDENTAL, ------ Folla: 4.13307.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE EQUIPOS INFORMÁTICOS PARA ESTABLECER UNHA REDE LOCAL EN DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Visto o expediente de contratación tramitado ó efecto a proposta do Xefe do Servizo do Centro Provincial de Asesoramento Municipal para a adquisición de diverso equipamento informático para realizar a 3ª fase do Plan de Instalación de Redes Locais. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación , e visto así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, o subministro e instalación de equipos informáticos para establecer unha rede local en diversos concellos da provincia de Pontevedra, por un tipo máximo de licitación de sesenta e nove mil cento oitenta e seis euros con cincuenta e oito céntimos (69.186,58¤), IVE incluído. Así mesmo a Xunta de Goberno, acorda: - Autorizar dito gasto con cargo á partida 05/551.551.762.27 do vixente orzamento provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o concurso como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE EQUIPOS INFORMÁTICOS PARA ESTABLECER UNHA REDE LOCAL EN DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. 1.- OBXECTO.- O establecemento dunha rede local en diversos concellos da provincia de Pontevedra dentro da 3ª Fase do "Plan de Instalación de Redes Locais", sendo para iso necesario o subministro do seguinte equipamento: ? 5 Servidores "Pentium Xion" ou equivalente - 2800 MHZ 512 Kb, 1 Gb mem. DDR, 2 discos 36 Gb Ultra SCSI con controladora, AGP 32 Mb, DVD 16X, monitor 15'' ? 200 Tarxetas Rede 1 Gb ? 200 Rosetas de superficie dobres RJ 45, Cat. 6 ? 13.800 Cable UTP Cat. 6 ? 524 Conectores RJ 45 Cat. 6 ? 490 Capuchóns ? 13 Switche 24 1 Gb ? 7 SAI 1.000 VA ? 1 SAI 10.000 VA autonomía 30 minutos, on line ? 4 Disco copia USB 2, 40 Gb ? 3 Disco USB 2.0 - 200 Gb ? 1 Armario con regretas 24 portos ? 1 Armario de 42 U 800x100 con 3 paneis de 24 portos Cat. 6 ? 530 Canalizacións rectangulares plásticas, distintos tamaños ? 42 Núm. Licencias Windows 2003 Server ? 4 S.O. Windows 2003 Server O subministro e instalación dos equipos deberán realizarse de conformidade coas prescricións técnicas establecidas no prego de condicións técnicas que une como anexo a este prego. O adxudicatario deberá realizar a instalación e configuración dos equipos cos seus sistemas operativos, e cos programas de xestión municipal e paquetes ofimáticos que posúan os concellos. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/551.551.762.27 do vixente Orzamento Provincial. 3.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado o subministro e instalación e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA.- Deberase realizar a entrega e instalación dos equipos informáticos no prazo máximo de TRINTA DÍAS a contar dende o día seguinte a que a Deputación comunique ó adxudicatario os concellos beneficiarios da terceira fase do Plan de Equipamento. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de SESENTA E NOVE MIL CENTO OITENTA E SEIS EUROS CON CINCUENTA E OITO CÉNTIMOS (69.186,58 ¤), IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RDL 2/2000) e non incorresen nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias perante a Administración debendo nomear perante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación . 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidira en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do RD 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986 804126) ou telegrama no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado "PROPOSTA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSTA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE EQUIPOS INFORMÁTICOS PARA ESTABLECER UNHA REDE LOCAL EN DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Proposta. Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2.- Breve descrición do producto a subministrar. 3.-Declaración de prazos e forma de entrega e instalación dos productos a subministrar. 4.-Extensión da garantía e asistencia post-venta. 5.-Outras melloras. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE EQUIPOS INFORMÁTICOS PARA ESTABLECER UNHA REDE LOCAL EN DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a representación pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal perante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non incorrese nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas RDL 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas RDL 2/2000, de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico do que dispoña o empresario para a realización do contrato. 9-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Xefe do Servizo do CPAM. SECRETARIO: O Xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidira en festivo ou en sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, o Secretario da Mesa de Contratación procederá, en acto público, á apertura dos Sobres A, dando lectura ás proposicións económicas formuladas e trasladando posteriormente as mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1. Asistencia post-venta. Tempo en reparación in-situ, ata 3 puntos. 2. Prazo de instalación e posta en funcionamento, ata 3 puntos 3. Prazo de entrega, ata 2 puntos. 4. Extensións da garantía, ata 1 punto. 5. Número de unidades a maiores dentro do importe máximo, ata 1 punto. 12.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e avaliados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 7ª. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente, que se orzamentan na contía máxima de 600 Euros. Así mesmo, tamén farase cargo dos gastos de transporte, entrega e instalación dos productos subministrados ata os diferentes concellos da provincia de Pontevedra que sinale a Deputación. 15.- PRAZO DE GARANTÍA.- Establécese como prazo de garantía un mínimo de dous anos 16.-INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías, ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración incorrese en mora ó recibilos. 17.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do TR da LCAP. 18.-RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no RDL 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 19.-XURISDICCIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo órgano de contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso?Administrativa, a teor da Lei de dita xurisdicción. 20.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio /ou en representación de .....................con domicilio en ..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Tendo coñecemento do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente ó SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE EQUIPOS INFORMÁTICOS PARA ESTABLECER UNHA REDE LOCAL EN DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, coas particularidades que se detallan a continuación: -Realizarase a reparación in-situ dos equipos e a rede local (asistencia Post-venta ) no prazo de ...........................días. -O prazo de entrega dos equipos será de ............................días. -O prazo de instalación e posta en funcionamento será de .........................días. -O número de unidades a maiores a subministrar dentro do importe máximo serán de ...........................equipos. (Data e sinatura do propoñente). Pontevedra, 29 de agosto de 2005 O PRESIDENTE, O SECRETARIO ACCIDENTAL, ------ Folla: 5.13308.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 6.13309.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA DE REPARACIÓN DO CAMIÑO DE SAN SEBASTIÁN, DO CONCELLO DE GONDOMAR CON CARGO Ó PAM/2005 En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Gondomar unha subvención por importe de oitenta e dous mil trescentos cincuenta e oito euros con oitenta céntimos (82.358,80) - 2.999,81¤ de libre disposición-, con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, Partida 05/911.911-762.45 para financiar a obra: "Reparación do Camiño de San Sebastián", co número 171/551 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requiriráselle a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución , que terá que axustarse estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos Técnicos Provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este Programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de Administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as Normas que son de aplicación, evitando con isto as devolucións conseguintes. f) O pago da subvención, só se efectuará unha vez se acredite estar ó corrente nas obrigacións fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 7.13310.- CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E AS EMPRESAS ... PARA DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS, TENDENTES Á INSERCIÓN LABORAL DE EMIGRANTES RETORNADOS E INMIGRANTES Ó AMPARO DO PROXECTO INTERREG CIDADE + A fin de poder levar a cabo esta Excma. Deputación Provincial, dentro do marco do Proxecto INTERREG III-A, CIDADE + accións formativas e inserción laboral de Emigrantes Retornados e Inmigrantes, e á vista dos informes de 28/06/05 e 29/08/05 respectivamente, emitidos polo Sr. Secretario Xeral Accidental e o Sr. Interventor Accidental, acórdase por unanimidade a aprobación do Convenio Marco de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e as Empresas.... para desenvolvemento de accións formativas tendentes á inserción laboral de Emigrantes Retornados e Inmigrantes cunha achega económica desta Deputación de 250.000 ¤ para a fase de formación e de 50.000 ¤ para desprazamentos das persoas participantes, con cargo ás Partidas 05/422.323.227.02 e 05/422.323.481.01, do vixente orzamento provincial. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A EMPRESA ... PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS TENDENTES Á INSERCIÓN LABORAL DE EMIGRANTES RETORNADOS E INMIGRANTES Ó ABEIRO DO PROXECTO INTERREG CIDADE+ Pontevedra, ............... de ..................... do 2005 R E U N I D O S Por unha parte, D. Rafael Louzán Abal, Presidente de Excma. Deputación de Pontevedra, actuando en nome e representación da mesma consonte ás facultades que lle son atribuídas no artigo 34.1-b da Lei 7/85 e no artigo 105.1-a da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia . Doutra, D/Dona. ......................................., actuando en calidade de .............................. da empresa ................................................. , con poder dabondo para comprometerse neste acto ó abeiro das facultades que ten conferidas e que se elevaron a escritura pública diante do Notario do Ilustre Colexio de .............................. , Don/Dona.......................................................................o día ............................................ , o seu protocolo ........................................... E X P O Ñ E N PRIMEIRO.- Que a Deputación de Pontevedra é a promotora do proxecto Cidade +, proxecto de colaboración transfronteiriza que se enmarca dentro da iniciativa Interreg III-A, orientada a mellorar a atención dos emigrantes retornados e inmigrantes en Pontevedra e Melgaço. As actuacións comúns e básicas desta iniciativa perseguen mellorar o sistema de atención e información a estes emigrantes retornados e inmigrantes e promover o coñecemento do fenómeno do retorno e da inmigración, ó traveso de traballos de documentación e divulgación. Así mesmo, o proxecto contempla a rehabilitación de infraestructuras destinadas a albergar os servizos de atención a este colectivo: aulas de formación, centro de servizos e viveiro de empresas. En Pontevedra estas actuacións compleméntanse cun programa de formación integral e de promoción do emprego destinado a facilitar a integración socio laboral deste colectivo. SEGUNDO.- Que España pasou a ser receptora activa de fluxos migratorios no que destaca o retorno dos nosos emigrantes e o incremento do número de inmigrantes. Que neste contexto de progresivo incremento dos fluxos migratorios e ante as especiais dificultades que este colectivo atopa na súa inserción socio laboral, polas peculiaridades da súa problemática, a formación constitúese como unha das bases para a súa integración social ó poderlle facilitar o acceso ó emprego, reducindo, con iso, os riscos que os poden levar a unha indesexable situación de exclusión social. TERCEIRO.- Que esta formación, dende a óptica teórica e práctica, constitúese como elemento fundamental para a idónea incorporación dos colectivos migratorios ó noso mercado laboral. A consecución dos niveis de inserción previstos no proxecto, pasan por atopar novas vías de colaboración público privada, que faciliten a inserción laboral posterior ó desenvolvemento da acción formativa CUARTO.- Que a Excma. Deputación de Pontevedra ten entre as súas competencias e prioridades o desenvolvemento de actuacións tendentes a reforzar o desenvolvemento local na provincia, prestando especial atención á loita contra o desemprego e á atención ós colectivos con especiais dificultades de inserción. En virtude das manifestacións precedentes, e no exercicio das competencias que lles son propias, as partes intervenientes están interesadas en subscribir o presente convenio de colaboración consonte ás seguintes C L Á U S U L A S PRIMEIRA.- OBXECTO O obxecto do presente convenio de colaboración é establecer o marco de colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e a Empresa ... para facilitar a formación e inserción laboral do colectivo de emigrantes retornados asentados en Galicia, así como do colectivo de inmigrantes en xeral, no marco do proxecto Cidade+. Serán polo tanto de obrigado cumprimento, a normativa vixente de xestión de programas Interreg III-A consonte ó Programa da Iniciativa e Complemento de Programa, así coma en xeral a normativa de xestión de programas e operacións financiados con fondos europeos que sexa aplicable. Esta colaboración artíllase mediante a posta en marcha e execución dun programa de formación e inserción laboral que se concreta mediante o desenvolvemento das accións formativas que se xuntan ó presente convenio (ANEXO I). Para o desenvolvemento de novas accións formativas, ó abeiro do presente convenio, poderán engadirse novos Anexos, previa aprobación dos mesmos, seguindo o modelo establecido de ANEXO I. SEGUNDA.- BENEFICIARIOS Serán beneficiarios das accións recollidas no presente convenio os emigrantes retornados que acrediten que non transcorreron máis de cinco anos do seu retorno- e os familiares ó seu cargo (con vínculo de consanguinidade ou afinidade ata o segundo grado ou adopción e que dependan economicamente do retornado). Tamén serán beneficiarios das accións recollidas no presente convenio os inmigrantes en situación regular en España e/ou en Portugal. Terán carácter preferente aqueles que estiveran inscritos como demandantes de emprego nas oficinas dos Servicios de Colocación autonómicos ou do INEM, e os residentes na provincia de Pontevedra. A selección dos beneficiarios realizarase de forma conxunta entre a Excma. Deputación de Pontevedra e a empresa ..., e en base ás solicitudes formuladas. TERCEIRA.- CARACTERÍSTICAS DAS ACCIÓNS FORMACIÓN A parte de formación do obxecto do presente convenio será realizada pola empresa ... e a mesma axustarase ás seguintes condicións: As características das accións formativas xunto co orzamento da acción obxecto do presente documento, incorpóranse como parte integrante do mesmo como Anexos (ANEXO I), podendo ampliarse o número de accións formativas engadindo novos anexos. Cada acción formativa estará dirixida a un total de 15 persoas, non podendo iniciarse ou continuar a mesma con menos de 10 persoas. Se algunha delas causara baixa poderase substituír sempre que non se impartira máis dun tercio do módulo formativo en cuestión. Durante a execución desta fase os alumnos gozarán dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes, contratado pola empresa ... con cargo ó orzamento deste convenio. A Excma. Deputación de Pontevedra, ó abeiro do presente convenio, establece unha axuda económica ós beneficiarios, en concepto de gastos de desprazamento, por día lectivo ó que efectivamente asista, conforme ó seguinte: Residencia a menos de 12 km: 12 euros por día de asistencia (contía máxima 240 ¤ ) Residencia a máis de 12 km: 18 euros por día de asistencia (contía máxima 360 ¤) A documentación a presentar para ter dereito á percepción das axudas será o certificado ou volante de empadroamento e o informe de distancia emitido polo Concello onde residan as persoas participantes das accións formativas. INSERCIÓN LABORAL A empresa ... asume o compromiso de contratar alomenos ó 50% das persoas participantes nas accións á finalización do proceso de formación e no prazo máximo de 3 meses dende o remate da acción formativa. O contrato, a xornada parcial ou completa, terá unha duración de alomenos catro meses. O contrato a tempo parcial non poderá ser inferior ó 50% da xornada habitual a tempo completo. Quedan excluídas as modalidades de contratación en aprendizaxe e contratos en prácticas. No caso de que o beneficiario contratado ó abeiro do Programa causara baixa por motivo xustificado, deberá ser substituído por outro alumno ata a finalización do tempo pactado no contrato subscrito. En todo caso, a empresa ... garante un mínimo efectivo de contratacións de participantes nas accións formativas. A realización da práctica laboral por parte do beneficiario do programa de formación e inserción laboral terá lugar no centro de traballo da empresa e, en ningún caso, dita práctica suporá substitución do persoal con relación laboral da mesma, nin a diminución do número total de traballadores. CUARTA.- DA EXECUCIÓN DO ORZAMENTO E DO LIBRAMENTO DA ACHEGA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A execución do obxecto do presente convenio e do seu orzamento axustarase ó establecido no Anexo I, que se incorpora ó presente convenio como parte integrante do mesmo. O financiamento da parte que lle corresponde executar á empresa ... realizarase con cargo ó orzamento do presente convenio e, a tales efectos, o aboo da achega da Deputación de Pontevedra a dito financiamento realizarase á empresa ... previa presentación, por esta, dos documentos xustificativos que se establecen no Anexo I ó presente documento, achegándose a dita xustificación declaración da empresa de que se atopa ó corrente nas súas obrigas fiscais, tributarias e coa seguridade social así como declaración doutras axudas solicitadas, e no seu caso concedidas, que teñan por obxecto a subvención ou bonificación das accións incentivadas ó abeiro do presente Programa. O sistema de pagamento establecido é o seguinte: · O 100 % do custo contra a realización do 100% das horas lectivas, teóricas e prácticas, a presentación dos documentos xustificativos relacionados no Anexo I , así como á presentación dos contratos laborais do 50% dos/as beneficiarios/as da acción formativa, por parte da empresa. A empresa ... facilitaralle á Deputación de Pontevedra toda a información que lle sexa requirida en relación ó presente convenio, ós efectos de posible fiscalización da Intervención. O financiamento do presente convenio por parte da Deputación de Pontevedra, realizarase con cargo á partida 05/422-323-227.02 cun importe máximo de 250.000 euros e para as becas de desprazamento das persoas participantes nas accións formativas con cargo ó programa Interreg III-A Cidade +. QUINTA.- COMISIÓN PARITARIA MIXTA DE SEGUIMENTO E CONTROL E PARA DETERMINACIÓN DE BENEFICIARIOS Coa finalidade de realizar a coordinación e o seguimento do presente convenio de colaboración, e para velar pola súa correcta aplicación e desenvolvemento, constituirase unha Comisión Mixta Paritaria de Seguimento e Control integrada por dous representantes de cada unha das partes, que serán designados pola Deputación e pola empresa asinante deste documento. Esta Comisión presidiraa un representante da Deputación. A Comisión resolverá as dúbidas que xurdan sobre o seu cumprimento, sendo os acordos adoptados, neste sentido, inmediatamente executivos. A Comisión, así mesmo, será competente para proceder á selección dos beneficiarios do programa obxecto do presente convenio. Dita selección farase por consenso de todos os compoñentes da Comisión Paritaria. SEXTA.- CARÁCTER DO CONVENIO DE COLABORACIÓN As cuestións litixiosas que xurdan na aplicación do presente convenio de colaboración, non resoltas pola Comisión Mixta Paritaria de Seguimento e Control, serán resoltas pola xurisdicción contencioso-administrativa. SÉTIMA.- CAUSAS DE RESOLUCIÓN O incumprimento dalgunha das cláusulas deste convenio será causa da súa resolución, coa obriga de devolución do ingresado por parte da Empresa, sempre que o incumprimento fose imputable á mesma. OITAVA.- DA PROTECCIÓN DE DATOS As partes comprométense a manter a confidencialidade dos datos persoais que manexen en execución do presente convenio consonte ó determinado na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal sen que este compromiso afecte ás obrigas de comunicación de datos establecidas no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, da Xunta de Galicia, polo que se desenvolve o réxime de axudas públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. NOVENA.- APROBACIÓN DO CONVENIO O Convenio aprobarase mediante Resolución Presidencial, cada vez que se proceda á sinatura do mesmo con empresas ou asociacións empresariais, sempre que o importe de que sexa obxecto sexa inferior á cantidade de 60.000,00 ¤. A vixencia do presente convenio é ata o 31 de Decembro de 2005. E en proba de conformidade de todo o anterior as partes asinan o presente convenio de colaboración en duplicado exemplar no lugar e data indicados no encabezamento. POLA DEPUTACIÓN Asdo. .............................................. POLA EMPRESA Asdo.................................................... ANEXO I ACCIÓN FORMATIVA NOME DO CURSO: NÚMERO DE ALUMNOS: HORAS LECTIVAS: TEÓRICAS: PRÁCTICAS: HORARIO: DATA DE INICIO: DATA DE FINALIZACIÓN: LUGAR DE IMPARTICIÓN DAS CLASES: TEÓRICAS: PRÁCTICAS: ORZAMENTO DETALLADO DA ACCIÓN FORMATIVA: Os cambios que se produciran con arranxo ó recollido no presente anexo deberán de ser aprobados na comisión mixta de seguimento, non pudendo modificarse o custo total da acción formativa. XUSTIFICACIÓN DA ACCIÓN FORMATIVA E FORMA DE PAGAMENTO A Empresa....................................................., a efectos informativos, comprométese á remitir á Deputación, con carácter previo ó inicio da acción formativa a relación dos profesores (indicando titulación e/ou experiencia profesional) que van a impartir os módulos ou, no seu caso, contrato/s da asistencia para a prestación do dito servizo. Por outra banda, a empresa................................................ comunicará a relación daqueles que causaran baixa, os motivos da mesma e, finalmente, o listado dos alumnos chamados en virtude dunha substitución. Para a xustificación das correspondentes fases e pagamento por parte da Deputación, é necesario presentar a seguinte xustificación: Ó remate da acción formativa (100% de horas lectivas): l Copia dos seguros e xustificante de pagamento. l Relación de asistentes e partes de asistencia. l Copia compulsada da factura da empresa que imparta a formación. l Copia compulsada de contrato ou facturas do docente. l Copia do material formativo entregado ós alumnos. No caso de que a empresa .....................................impartira a formación con medios propios, presentará a seguinte documentación: 1. Nóminas e TC´s do persoal que imparta a acción formativa. 2. Informe do responsable da empresa que xustifique o persoal que adscribe para impartir a acción formativa, e a porcentaxe de tempo da súa nómina que imputa á acción. No que respecta á Contratación do 50% dos/as alumnos/as por parte da empresa: l Presentarase copia dos contratos dos/as alumnos/as. NORMAS DE PUBLICIDADE Deberá informarse ós beneficiarios das actividades de formación da súa participación nunha medida cofinanciada pola Unión Europea. Incluirase o emblema da Unión Europea nos folletos ou calquera outro medio publicitario de difusión dos cursos, nas carpetas e nas portadas dos materiais que se editen para os cursos, así como nos certificados de asistencia ou títulos que se entreguen ós participantes. Xunto ó emblema da Unión Europea farase constar os da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, como cofinanciador e da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios e Financiamento Territorial, como Autoridade de Xestión do Programa. Igualmente, colocaranse carteis nos que se mencione a participación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nos locais onde se leven a cabo medidas financiadas polo FEDER. POLA DEPUTACIÓN POLA EMPRESA Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. ------ Folla: 8.13311.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición