ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/10/21_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/1.2005-10-21_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/10/21_Ordinaria

  • Data(s) 2005-10-21 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 26 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vinte e un de outubro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 26 1.13411.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 14 de outubro de 2005. ------ Folla: 26 2.13412.- AXUDA ECONÓMICA Á SOCIEDADE DE CAZA E PESCA DE LALÍN Retírase da orde do día asunto relativo á "Axuda económica á Sociedade de Caza e Pesca de Lalín". ------ Folla: 26 3.13413.- CONCESIÓN DE AXUDA ECONÓMICA Á FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA PARA A FEIRA INTERNACIONAL Resultando que con data 24 de maio de 2005 asínase un Protocolo de convenio de colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización da Feira Internacional Semana Verde de Galicia. Vistos os informes emitidos por Intervención de data 13 de setembro de 2005, o de Secretaría Xeral de 24 de maio de 2005, o do enxeñeiro director do Servizo Agrario de data 14 de outubro de 2005 e o protocolo do Convenio de colaboración de data 24 de maio de 2005 no que se adquire un compromiso de achega 60.000,00 ¤ á Feira Internacional Semana Verde. A Xunta de Goberno por unanimidade acorda a concesión dunha axuda económica por importe de 60.000,00 ¤, á Fundación Semana Verde de Galicia para a celebración da Feira Internacional Semana Verde de Galicia. ------ Folla: 26 4.13414.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO DA AXUDA ECONÓMICA CONCEDIDA Á FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA Resultando que con data 24 de maio de 2005 asínase un Protocolo de convenio de colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización da Feira Internacional Semana Verde de Galicia. Vistos os informes emitidos por Intervención de data 13 de setembro de 2005, o do enxeñeiro director do Servizo Agrario de data 14 de outubro de 2005 e o RC nº 200500086280 de 13 de setembro de 2005 e os antecedentes da celebración da Feira Internacional Semana Verde. A Xunta de Goberno por unanimidade acorda aprobar o recoñecemento extraxudicial da obriga, a teor do previsto na Base 17-1 da Reguladora do Orzamento por importe de sesenta mil euros (60.000,00 ¤) a favor da Fundación Semana Verde de Galicia. ------ Folla: 26,27 5.13415.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 17 de outubro de 2005, para o recoñecemento extraxudicial de obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran coa referencia 200500001043 e que contén oitenta e oito facturas, sendo a primeira correspondente a Editorial Aranzadi, S.A., por importe de 605,18 ¤ e a derradeira a Madrian Libros-Manuel Losada Galiñanes., por importe de 140,00 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: Importe Total 126.622,81 ¤ Descontos do IRPF 0,00 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 0,00 ¤ Total Líquido 126.622,81 ¤ ------ Folla: 27 6.13416.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d. lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda a devolución das seguintes garantías: ALFONSO MOURIÑO AMEAL (NIF 35424927M) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cincocentos trinta e oito euros con vinte céntimos (538,20 ¤), para responder do alugamento de 450 horas dun camión con destino ó Parque de Maquinaria, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 10/12/2004, núm. de operación 200400086292, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GASÓLEOS DE GALICIA, S.L. (CIF B36290336) - A constituída en metálico, por importe de mil douscentos euros (1.200,00 ¤), para responder do subministro de gasóleo A para abastecer ós vehículos e máquinas do Parque de Maquinaria, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 21/02/2005, núm. de operación 200500009585, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. UNIPREX, S.A.U. ONDA CERO (CIF A08216459) - A constituída en metálico, por importe de cincocentos noventa e nove euros con noventa e nove céntimos (599,99 ¤), para responder dos servizos de publicidade nas emisoras de onda cero radio en Pontevedra (106.9 FM), Vigo (105.4 FM), Porriño-Tui (92.6 FM), Val Miñor-Baiona (100.3 FM), Lalín (98.4 FM) e Ponteareas (101.6 FM), e que foi depositado na Tesourería Provincial o 15/12/2004, núm. de operación 200400088089, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EDITORIAL LA CAPITAL, S.L. (CIF B15162068) - A constituída en metálico, por importe de mil novecentos vinte euros (1.920,00 ¤), para responder dos servizos de publicidade no periódico "Diario de Arousa", e que foi depositado na Tesourería Provincial o 27/10/2004, núm. de operación 200400075483, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CADENA NOROESTE DE MEDIOS DE COMUNICACIÓN, S.A. (CIF A15789357) - A constituída en metálico, por importe de mil cento noventa e oito euros con oitenta céntimos (1.198,80 ¤), para responder dos servizos de publicidade mediante a emisión de 450 spots nas emisoras locais dos concellos da Provincia de Pontevedra, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 21/10/2004, núm. de operación 200400074083, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FARO DE VIGO, S.A. (CIF A36600815) - A constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de catro mil setecentos noventa e tres euros con corenta e seis céntimos (4.793,46 ¤), para responder dos servizos de publicidade no Faro de Vigo, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 26/10/2004, núm. de operación 200400074728, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TELEVISIÓN DA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS, S.L. (CIF B36223600) - A constituída en metálico, por importe de dous mil douscentos trinta euros con oitenta e seis céntimos (2.230,86 ¤), para responder dos servizos de publicidade en Telesalnés-Barbanza, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 26/10/2004, núm. de operación 200400074780, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 27,28 7.13417.- ACTAS DO "V CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" De conformidade co disposto na base 9ª das que rexeron o V Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra", celebrado os días 7, 8 e 9 de outubro pasado no Pazo da Cultura desta cidade e despois das reunións mantidas polo Xurado Cualificador, a Xunta de Goberno queda enterada das actas do mesmo, concedendo os premios nas distintas categorías establecidas ás agrupacións que a continuación se reflicten e que se achegarán con cargo á partida 05/451.451.481.06: SECCIÓN TERCEIRA 224 Terceiro Banda de Música Cultural de Mondariz 251 Terceiro Banda de Música Municipal de Valga 256 Terceiro Banda de Música Unión de Guláns 292 Segundo Banda de Música Reveriano Soutullo 298 Segundo Banda de Música Xuvenil de Chapela 369 Primeiro Agrupación Musical "Lira" de San Miguel de Oia Premio da Federación Galega de Bandas de Música Populares, dotado con 300,00 ¤ á agrupación: Agrupación Musical "Lira" de San Miguel de Oia, con 369 puntos 1º Premio e Mención de Honor Caixa Galicia, dotado con 3.000,00 ¤ e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 900,00 ¤ á agrupación: Banda de Música Xuvenil de Torroso, con 390 puntos SECCIÓN SEGUNDA 242 Terceiro Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia 250 Terceiro Banda de Música Xuvenil de Xinzo 253 Terceiro Banda de Música Popular de Rubiós 292 Segundo Agrupación Musical de Belesar 299 Segundo Banda de Música Bellas Artes Premio da Federación Galega de Bandas de Música Populares, dotado con 400,00 ¤ á agrupación: Banda de Música Bellas Artes, con 299 puntos 1º Premio e Mención de Honor Caixa Galicia, dotado con 3.900,00 ¤ e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 1.050,00 ¤ á agrupación: Banda de Música Cultural e Recreativa de Bandeira, con 380 puntos SECCIÓN PRIMEIRA 233 Terceiro Agrupación Musical de Vincios 368 Primeiro Agrupación Musical Atlántida de Matamá Premio da Federación Galega de Bandas de Música Populares, dotado con 500,00 ¤ á agrupación: Agrupación Musical Atlántida de Matamá, con 368 puntos 1º Premio e Mención de Honor Caixa Galicia, dotado con 4.800,00 ¤ e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 1.200,00 ¤ á agrupación: Unión Musical de Meaño, con 373 puntos SECCIÓN ESPECIAL 280 Terceiro Unión Musical de Valladares 332 Segundo Banda Escola de Música de Beade Premio da Federación Galega de Bandas de Música Populares, dotado con 600,00 ¤ á agrupación: Banda Escola de Música de Beade, con 332 puntos. 1º Premio e Mención de Honor Caixa Galicia, dotado con 5.700,00 ¤ e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 1.500,00 ¤ á agrupación: Banda de Música Municipal de Silleda, con 382 puntos. ------ Folla: 28,29 8.13418.- INFORME SOBRE "BORRADOR DA ORDE DE ACCESOS EN ESTRADAS CONVENCIONAIS DE ÁMBITO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA" SOLICITADO POLA DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES DA XUNTA DE GALICIA Dada conta da remisión por parte da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia do Borrador da Orde de accesos en estradas convencionais de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (rex. entrada 028650, de 20/09/05) a efectos de emisión de informe por parte desta Deputación. Resultando que solicitado informe ó Enxeñeiro Xefe do Servizo de Vías e Obras, con data 14 de outubro emite o mesmo no que textualmente di: "En relación con el escrito "Borrador da Orde de accesos a estradas convencionais de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia", estudiado el mismo por parte de este Servicio se considera que dadas las I.M.D. que soporta la Red de Estradas Autonómica, el borrador presentado ofrece una serie de características que sin duda va a redundar en la mejora de la seguridad vial por lo que por parte de este Servicio se informa favorablemente, pendientes, en todo caso, de poder profundizar en aquellos puntos en donde la Red Provincial pueda incidir en la Red Autonómica". A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe comunicándoo así á Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia. ------ Folla: 29 9.13419.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: Auséntase o Deputado D. José Enrique Sotelo Villar. ------ Folla: 29 10.13420.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CON CONCELLOS Vista a Acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras a executar mediante convenio con concellos"; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar a Construcións, Obras e Viais S.A., a obra "Renovación rodaxe E.P. Parada-Ramallosa (Nigrán)" na suma de 89.100,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución dun mes, melloras valoradas en 13.413,07 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. 2. Adxudicar a Construcciones Eiriña, S.L. a obra "Beirarrúas e dotación de servizos en rúa Padres Franciscanos (Nigrán)" na suma de 430.977,56 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 30.000,00 e un período de mantemento de trinta e catro meses. A adxudicación da obra nº 1 constituirá, de acordo co establecido no art. 36.4 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, unha garantía definitiva por importe do 20% do prezo de adxudicación toda vez que, segundo o manifestado no referido informe técnico, aínda que alcanzan a máxima puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, incorre en baixa temeraria. O adxudicatario da obra nº 2 debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o ar. 36 do R.d.l. 2/200 polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP,.que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. As fianzas serán depositadas na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativsa que rexeu no concurso, a cantidade de 66,28 ¤, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (arts. 107 e117 da Lei 30/1992, de 26 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, ou ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos arts. 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa e todo iso no prazo establecido no art. 46 da citada Lei. Todo isto sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 29,30 11.13421.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE DIVERSAS OBRAS DO POL 2005 Vista a Acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras do POL 2005"; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar a Narom, S.L. a obra "E.P. Baredo á E.P. 2202 Baiona-Loureza (Baiona)" na suma de 178.040,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de mes e medio, melloras valoradas en 14.640,00 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. 2. Adxudicar a Pavimentos de Meaño, S.L. a obra "E.P.2803 Fornelos-Festín (Fornelos de Montes)" na suma de 212.000,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de mes e medio, melloras valoradas en 12.603,05 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. 3. Adxudicar a Pavimentos de Meaño, S.L. a obra "E.P. 2606 Ponte Caldelas-Parada (Ponte Caldelas)" na suma de 238.000,00 ¤ IVE incluído, que oferta un prazo de execución dun mes e medio, melloras valoradas en 13.748,78 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. 4. Adxudicar a Construcións Obras e Viais, S.A. a obra "Ensanche Ponte Loureza EP Baiona-Loureza (Oia-Baiona)" na suma de 311.460,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución dun mes, melloras valoradas en 25.806,03 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. Os adxudicatarios deben constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, as cantidades que máis adiante se detallan, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG que ascendeu a un total de 396,02 : Pavimentos de Meaño, S.L. a sumade 198,00 ¤, os restantes adxudicatarios a suma de 99,00 ¤. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (arts. 107 e117 da Lei 30/1992, de 26 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, ou ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos arts. 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa e todo iso no prazo establecido no art. 46 da citada Lei. Todo isto sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 30,31 12.13422.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA EN MATERIA DE SEGURIDADE E SAÚDE EN OBRAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, tomado en sesión de 23 de marzo de 2005, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da Consultoría e Asistencia Técnica en materia de seguridade e saúde en obras da Deputación de Pontevedra, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (Nº 133, 12/07/05) e no DOG (Nº133, 12/07/05). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 1 de agosto de 2005, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe do Enxeñeiro Director do Servizo de Vías e Obras, así como, a proposta da Mesa de Contratación, de data 20 de outubro do ano en curso, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación da Consultoría e asistencia Técnica en materia de seguridade e saúde en obras da Deputación de Pontevedra, á empresa Darzal, Consultoría e Prevención, S.L. (CIF B-82.270.190), pola porcentaxe ofertada de 0,72 % do orzamento de execución material de cada proxecto. O contrato terá unha duración inicial de dous anos a contar desde a data da súa formalización, podéndose prorrogar de forma expresa por mutuo acordo das partes, de ano en ano, sen que a duración total, incluídas as posibles prórrogas, poida exceder do prazo de catro anos. O pago da asistencia efectuarase no seu día ó adxudicatario con cargo á partida do Orzamento Provincial con que se financie a obra a realizar. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de tres mil cento dez euros con corenta céntimos (3.110,40 ¤), que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das forma prevista no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das Administración Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberase ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de trescentos setenta e seis euros con sesenta e catro céntimos (376,64) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia (93,89 ¤) e no Diario Oficial de Galicia (282,75 ¤). Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (arts. 107 e117 da Lei 30/1992, de 26 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, ou ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos arts. 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa e todo iso no prazo establecido no art. 46 da citada Lei. Todo isto sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 31 13.13423.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DO DESEÑO E ELABORACIÓN DUNHA GUÍA DE INFORMACIÓN E RECURSOS PARA EMIGRANTES RETORNADOS NO MARCO DO PROXECTO CIDADE+ Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, tomado en sesión de 26 de agosto do presente ano, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, do deseño e elaboración dunha guía de información e recursos para emigrantes retornados no marco do proxecto Cidade +, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 171, 06/09/05) e no DOGA (nº 171, 06/09/05) Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 26 de setembro de 2005, deuse traslado ó Servizo Técnico correspondente para o seu informe. Visto o informe da Directora Xerente de Cidade +, así como, a proposta da Mesa de Contratación, de data 20 de outubro do ano en curso, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación do deseño e elaboración dunha guía de información e recursos para emigrantes retornados no marco do Proxecto Cidade +, á Fundación de Estudos e Análises (FESAN) (C.I.F. G-15.597.669), polo prezo de trinta e sete mil catrocentos cincuenta euros (37.450,00 ¤), IVE incluído. O pago da asistencia efectuarase no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida 05/422.323.227.02 do vixente Orzamento Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de mil catrocentos noventa e oito euros (1.498,00 ¤), que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño , de Texto refundido da Lei de contratos das Administración Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberase ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de douscentos noventa e sete euros con oitenta e nove céntimos (297,89 ¤) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia (88,94) e no Diario Oficial de Galicia (208,95 ¤). Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (arts. 107 e117 da Lei 30/1992, de 26 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, ou ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos arts. 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa e todo iso no prazo establecido no art. 46 da citada Lei. Todo isto sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 31,32 14.13424.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO "PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DE ENSANCHE DA EP 9305 COIRON-RIBADUMIA-LEIRO (MEAÑO-RIBADUMIA)" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 26-12-2002, polo que se adxudicou a Construcións, Obras e Viais [COVSA], S.A. a obra EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro (Meaño-Ribadumia) na suma de 651.152,98 ¤, IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 09-09-2005, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado de dita obra por importe de 781.383,57 ¤; que supoñía un incremento sobre o importe da adxudicación da obra inicial de 130.230,59 ¤; visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que presta conformidade ás medicións e prezos do proxecto modificado; visto o informe favorable emitido polo Sr. Secretario Acctal. relativo ó procedemento de adxudicación da obra comprendida no proxecto modificado; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146.3 de R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o orzamento do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar a Construcións, Obras e Viais S.A. a obra comprendida no proxecto modificado da "EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro (Meaño-Ribadumia)" na suma de 130.230,59 ¤, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o artigo 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da L.c.a.p., que se establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 32,36 15.13425.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E TELEFÓNICA MÓVILES DE ESPAÑA PARA A AMPLIACIÓN DA TELEFONÍA MÓBIL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Visto o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e Telefónica Móviles de España, S.A., para estender a cobertura do servizo de telefonía móbil a aquelas partes da provincia de Pontevedra que actualmente non dispoñen do mesmo e que sexan zonas de interese estratéxico ou núcleos urbanos de censo inferior de 400 habitantes. Resultando que neste convenio establecese que Telefónica Móviles de España, S.A., instalará as correspondentes infraestructuras soporte e os equipos telecomunicacións precisos para a prestación do servizo en aquelas zonas e emprazamentos que se identifiquen como necesarios, sempre e cando conte cos permisos e autorizacións pertinentes. Resultando que co fin de lograr a máxima eficiencia no uso dos recursos necesarios e minimizar a necesidade de constituír novas infraestructuras, a Deputación comprométese a cooperar para poñer a disposición de Telefónica Móviles de España, S.A., aquelas infraestruturas sobre as que ostente a titularidade, así como a mediar na medida das súas posibilidades, ante outras entidades e persoas físicas e xurídicas que puideran colaborar facilitando o despregue das infraestruturas. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Ratificar o convenio de colaboración asinado o 19 de outubro de 2005 entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Telefónica Móviles de España, S.A. para a ampliación da telefonía móbil na provincia de Pontevedra. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E TELEFÓNICA MÓVILES ESPAÑA En Pontevedra, a 19 de outubro de 2005 REUNIDOS Dunha parte D. Rafael Louzán Abal, con N.I.F. número 35.451.643-H, en nome e representación da Excma. Deputación de Pontevedra, na súa condición de Presidente, con C.I.F. nº P-3600000-H e enderezo na r/ Gran Vía de Montero Ríos, s/n de Pontevedra, actuando en pleno exercicio do seu cargo. Doutra parte, D. Francisco Ruiz Vinuesa, con N.I.F. nº 51.957.417-A, en representación de Telefónica Móviles España, S.A. Sociedade Unipersonal, (en adiante, TME), con C.I.F. nº A-78923125, domiciliada socialmente na Praza da Independencia, nº 6, 28001 de Madrid, na súa condición de Director Xeral de Rede e facultando para este acto segundo a escritura outorgada ante o Notario de Madrid, D. Antonio Crespo Monerri, o día 8 de setembro de 2005, co número 2787 do seu protocolo. EXPOÑEN I. Que, no marco da actual sociedade, as telecomunicacións en xeral, e as comunicacións móbiles en particular, configúranse como un dos factores clave para o desenvolvemento, progreso e benestar do conxunto da sociedade, e que, de feito, son obxecto de crecente demanda tanto polos cidadáns particulares como polo tecido empresarial e productivo, así como por toda clase de entidades de carácter público e privado que traballan en nosa comunidade, sendo, polo tanto fundamentais para garantir o acceso de todas as capas sociais á denominada "Sociedade da Información" II. Que as partes asinantes deste Convenio, cada unha dentro do ámbito das súas respectivas esferas de competencia e actividade, están firmemente comprometidas en proporcionar ós cidadáns un elevado nivel de dispoñibilidade os máis avanzados servizos de telecomunicacións, facilitando así o acceso dos cidadáns á citada Sociedade da Información. III. Que, como consecuencia do exposto e en cumprimento das funcións que ten encomendadas, a Deputación de Pontevedra ten entre os seus principais obxectivos sentar as bases necesarias para que, dentro do seu ámbito territorial, existan as condicións idóneas para o desenvolvemento das infraestructuras e servizos que integran e fan posible a Sociedade da Información, de forma que se derive un beneficio para o territorio que representa, tanto na orde do crecemento económico da zona como no da promoción das tecnoloxías máis avanzadas, lográndose, en definitiva, un aumento na calidade de vida dos seus veciños e visitantes. IV. Que, pola súa parte, TME é titular dos preceptivos títulos habilitantes que lle autorizan a prestar servizos de telecomunicacións en diversas modalidades, e, entre eles, servizos de comunicacións móbiles que, indubidablemente, forma parte de aqueles que integran a Sociedade da Información; a adecuada prestación dos mencionados servizos require o deseño e construcción dunha rede de telecomunicacións eficiente, composta de instalacións capaces de atender coa maior calidade posible a crecente demanda xerada polos cidadáns deste tipo de servizos, e TME desexa proporcionar ditos servizos, nas mellores condicións, na provincia de Pontevedra, o que conleva a implantación en dita Provincia das necesarias infraestruturas e equipamentos. V. Que pese ó esforzo xa realizado por TME para estender ó máximo a cobertura da súa rede na provincia de Pontevedra, quedan aínda algunhas zonas que por determinadas causas, orográficas ou de outra índole, non dispoñen na actualidade do seu servizo de telefonía móbil, e que ambas partes comparte o máximo interese na paulatina resolución desta carencia, sempre atendendo a criterios de máxima eficiencia na xestión dos recursos e coa utilización das solucións tecnolóxicas que resulten mais adecuadas en cada caso. Que, por todo iso, as partes conveñen en formalizar o presente Convenio de Colaboración con suxeición as seguintes ESTIPULACIÓNS PRIMEIRA.-Obxecto. O presente documento ten o carácter dun Convenio de Colaboración entre TME e a Deputación de Pontevedra, e seu obxecto é establecer os mecanismos que articularán o modo de colaboración entre as partes co obxectivo final de estender a cobertura do servizo de telefonía móbil do TME a aquelas zonas da provincia de Pontevedra que actualmente non dispoñen do mesmo. A estes efectos, TME instalará as correspondentes infraestructuras soporte e os equipos de telecomunicacións precisos para a prestación do servizo en aquelas zonas e emprazamentos que se identifiquen como necesarios, sempre e cando conte cos permisos e autorizacións necesarios; pola súa parte, a Deputación achegará súa máxima cooperación para facilitar este despregamento, todo iso de acordo co previsto no presente Convenio. Ambas partes colaborarán para que no desenvolvemento do presente acordo exista un equilibrio das prestacións efectuadas por cada unha delas, cooperando a Deputación na que a posta en servizo de instalacións de telefonía móbil por parte de TME supoña para esta o menor desembolso económico posible, permitíndolle acometer deste xeito un maior número de instalacións o que na derradeira instancia redundará, a través da mellora da calidade de cobertura na Provincia, nun beneficio para a Deputación. SEGUNDA.- Zonas de extensión do servizo As partes establecen uns entornos iniciais de análise nas que se estudiarán as posibles carencias de cobertura do servizo de telefonía móbil de TME, delimitados na forma seguinte: · Zonas de interese estratéxico ou zonas de influencia de instalación de xeración de enerxía eléctrica con tecnoloxía nuclear e complexos petroquímicos. · Infraestructuras de comunicacións de alta capacidade e grandes vías de comunicación, como autopistas e autovías, estradas nacionais e rede ferroviaria de alta velocidade. · Núcleos urbanos con censo oficial de poboación igual ou inferior a 400 habitantes conforme a derradeira edición do censo de poboación e vivenda elaborado polo Instituto Nacional de Estatística. · Outros núcleos urbanos nos que por consideracións de índole social, económica ou estratéxica se considere oportuno estender ou reforzar a cobertura do servizo de telefonía móbil automática, sempre e cando teñan un censo oficial de poboación igual ou inferior a 1.000 habitantes conforme á derradeira edición do censo de poboación e vivenda elaborado polo Instituto Nacional de Estatística. Dentro dos tres meses seguintes a sinatura do presente Convenio, TME facilitará a Deputación unha relación de poboacións, confeccionada de acordo cos criterios mencionados anteriormente, cunha asignación de prioridade, entre 1 (o mais prioritario) e 4 (o menos prioritario), nas que o seu xuízo exista neste momento carencia de cobertura ou incidencias do servizo prestado por TME. A relación así resultante constituirase no obxectivo preferente das actuacións do Convenio, sen prexuízo de que, dado o carácter extraordinariamente dinámico que presentan as comunicacións, deban a posteriori engadirse, eliminarse ou modificarse as zonas ou poboacións inicialmente sinaladas ou as súas prioridades de atención, no seno do Comité de Seguimento. A Deputación poderá, ó longo da vixencia do presente acordo, propoñer a TME a inclusión na relación de poboacións ou zonas que sexa do seu interese incorporar ó ámbito do presente Convenio, proposta que será obxecto do estudo por parte de TME. TERCEIRA- Actuacións. Definida a relación de zonas para a extensión/mellora do servizo, estudiárase por TME en cada caso qué alternativas técnicas resultan óptimas e son as máis adecuadas, e en función de ditos criterios, desenvolverá un proxecto para solucionar a incidencia do servizo detectada en cada zona. Segundo as necesidades de cada un dos proxectos concretos para cada zona, TME establecerá as necesidades de dispoñibilidade, acceso, execución ou instalación das infraestructuras soporte do servizo requiridas, como: - terreos ou espazos necesarios para aloxar os equipos - vías de acceso - liñas de dotación de enerxía eléctrica - elementos contedores dos equipos - torres, mastros ou outros elementos aptos para o soporte de antenas - obtención de permisos, licenzas e autorizacións. Co fin de lograr a máxima eficiencia no uso dos recursos necesarios e minimizar a necesidade de construír novas infraestructuras, tratarase en todo caso de aproveitar aquelas xa existentes que poidan proporcionar a funcionalidade requirida para a instalación dos equipos TME necesarios, comprometéndose a Deputación: I. A poñer a disposición TME aquelas infraestructuras sobre as que a Deputación ostente a titularidade ou o control suficiente a este efecto. II. A mediar, na medida da súas posibilidades ante outras entidades e persoas físicas e xurídicas que puideran colaborar facilitando o despregamento das infraestructuras. En concreto, se existira calquera clase de infraestructura sobre a que Deputación tivese algún tipo de influencia, e que resultara válida para o seu aproveitamento por parte de TME para a instalación ou prestación do seus servizos, a Deputación apoiará e facilitará todas as xestións tendentes a que TME obteña o acceso ó seu uso en condicións económicas e de toda índole acordes ó espírito do presente Convenio. TME encargarase de todas as xestións necesarias para a execución das infraestructuras novas necesarias, ou o acceso e a eventual adaptación das existentes, se ben a efectiva realización das citadas actividades por parte de TME quedará supeditada á obtención de cantos permisos, licenzas e autorizacións sexa necesario recadar da Administración local, autonómica e estatal, e/ou de terceiros. A Deputación realizará os seus maiores esforzos en orden á obtención de ditas autorizacións. No suposto de que fora imposible a obtención das mesmas TME verase imposibilitada a realizar a infraestructura. Neste sentido a Deputación, dentro das competencias que lle son atribuídas, en colaboración cos Concellos dos municipios das áreas obxecto deste convenio e, no seu caso, coa Comunidade autónoma de Galicia, apoiará e facilitará todas as xestións tendentes á execución das infraestructuras ante a Administracións Públicas implicadas. A estes efectos prestará a súa máxima colaboración na interlocución con terceiros que sexa necesaria en orde á obtención dos permisos necesarios para a ocupación dos terreos e a constitución de servidumes de paso indispensables para o funcionamento do servizo. TME subscribirá todos os contratos ou acordos de calquera tipo que, no seu caso, resultaran precisos para a ocupación de espazos ou terreos para a instalación de infraestructuras sempre e cando os mesmos non supoña desembolso económico algún. A Deputación de Pontevedra comprométese a colaborar para obter acordos de nulo custo que permitan o cumprimento dos obxectivos do presente Convenio e non comprometan a viabilidade económica do proxecto. No suposto de que estas condicións non se produzan TME resérvase o dereito a non realizar a instalación. CUARTA.- Mantemento e explotación de instalacións. Salvo que outra cosa se acorde expresamente para cada proxecto no seno do Comité de Seguimento que se define na seguinte estipulación, quén ostente a propiedade tanto dos elementos de infraestructura como dos equipos de telecomunicación necesarios para ofrecer a cobertura, será responsable do seu mantemento e explotación. Respecto de aquelas infraestructuras preexistentes que foran susceptibles de aproveitamento, en cada caso determinarase de forma expresa o réxime aplicable. QUINTA.- Comité de Seguimento. Para mellorar a operatividade das actuacións a realizar como consecuencia do estipulado no presente Convenio, créase un Comité de Seguimento, responsable da dirección, planificación, coordinación e execución das actividades necesarias para a consecución dos obxectivos marcados, integrado por: · Pola Deputación de Pontevedra: - D. Rafael Louzán Abal - Ou persoas delegadas polas anteriores na súa representación. · Por TME: - D. José Luis de Benito del Amo - D. Fernando Arconada San Martín - D. Joaquín Sánchez Rodríguez Ou persoas delegadas polas anteriores na súa representación. O Comité de Seguemento será responsable de : - Desenvolver, supervisar e actualizar os termos do presente Convenio. - Realizar o seguimento e control do Convenio. - Impulsar as actuacións oportunas, priorizando aquelas que sexan máis urxentes en función dos criterios que as partes acorden no seno do Comité. - Resolución dos posibles conflictos que xurdan entre as partes. O Comité, que se dotará da metodoloxía de traballo que estime conveniente, celebrará unha primeira reunión dentro dos quince días seguintes ó da sinatura do presente Convenio, e, posteriormente, sen prexuízo de que sexa necesaria unha periodicidade inferior das súas sesións en función da metodoloxía de traballo que asuma, reunirase ó menos unha vez durante cada seguinte semestre natural. SEXTA.- Duración. O prazo de vixencia do presente Convenio fíxase en dous (2) anos naturais a contar desde a data da súa sinatura, prorrogables automaticamente por períodos de un (1) ano cada un, sempre e cando non sexa denunciado por escrito por calquera das partes con seis (6) meses de antelación á data do vencemento do prazo inicial ou de calquera das prórrogas. Se en virtude das circunstancias concorrentes, as partes, de común acordo, decidiran reducir ou ampliar o prazo de vixencia establecido no parágrafo anterior, o acordo que recolla dita vontade definirá as revisións que fora necesario realizar respecto ás actuacións derivadas do presente Convenio. Sen prexuízo do anterior, os Proxectos derivados do presente acordo que se encontren vixentes no momento da finalización do mesmo, continuarán executándose ata a súa completa realización nos termos e condicións inicialmente acordados. SÉTIMA.- Notificacións. A efectos de notificacións convense como domicilio das partes o seguinte: - Pola Deputación de Pontevedra, r/Gran Vía de Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra. - Por TME, Plaza de la Independencia nº6, 28001 Madrid. Todas as notificacións que se efectúen a ditos domicilios entenderanse por ben feitas, salvo que por conducto fehaciente calquera das partes indicase á outra o seu cambio de domicilio a estes efectos. OITAVA.- Confidencialidade. Ambas partes conveñen en manter a necesaria confidencialidade respecto ós compromisos e condicións e información derivada do presente convenio, así como en relación ás instalacións que TME executará conforme ó disposto no mesmo. Así mesmo, calquera comunicado que algunha das partes considere necesario realizar a terceiros e de forma especial calquera nota ou comunicado de prensa, radio, televisión, ou calquera outro medio de difusión ou comunicación ó público, relacionada co presente convenio, coas instalacións no mesmo previstas, ou co servizo que se preste desde as mesmas, deberá ser acordada entre ambas partes. Non obstante o anterior, TME poderá utilizar a imaxe da Deputación de Pontevedra e o Convenio, ós exclusivos efectos de promocionar a mellor imaxe de ambas organizacións, bastando para tal fin con comunicar previamente á Deputación o contido da campaña, sen que sexa precisa a súa expresa autorización. NOVENA.- Resolución de conflictos e foro xurisdiccional. Dentro do marco de estreita colaboración establecido, ambas partes establecen que calquera conflicto ou diferencia que xurda como consecuencia do cumprimento, interpretación ou execución do presente Convenio será solucionada amigablemente no prazo de 30 días desde que se formule, para o cal cada unha das partes realizará os seus mellores esforzos. Se en dito prazo non se alcanzara ningunha solución, cada parte será libre de iniciar as actuacións de calquera tipo que considere pertinentes. As partes, con renuncia expresa do seu foro propio ou do que puidera corresponderlles, en cantas cuestións ou litixios se susciten, con motivo da interpretación, aplicación ou cumprimento do presente documento, sométense para a súa resolución á xurisdicción dos Xulgados e Tribunais de Madrid capital. E en proba de conformidade, subscríbese por duplicado exemplar e a un só efecto o presente Convenio en Pontevedra, na data e lugar expresados no encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra D. Rafael Louzán Abal Por TMED. Francisco Ruíz Vinuesa" D. Rafael Louzán Abal D. Francisco Ruíz Vinuesa" ------ Folla: 36 16.13426.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE "1ª FASE DE REHABILITACIÓN DA ANTIGA RECTORAL DE ALCABRE COMO EQUIPAMENTO CULTURAL E SOCIAL Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 7 dos correntes, polo que se resolveu, de mutuo acordo, o contrato subscrito coa empresa adxudicataria OPAIN, S.L., para a execución da obra de "1ª Fase de Rehabilitación da Antiga Rectoral de Alcabre", como consecuencia de que non se obtivo autorización do Servizo de Usos do Litoral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ó non adecuarse o proxecto por exceder as condicións de permisividade previstas na normativa vixente; redactado un novo proxecto cuxo importe ascende á suma de 149,877,28 ¤, e emitíndose por Intervención documento RC no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/911.911.662.00.2004, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de "1ª Fase de Rehabilitación da Antiga Rectoral de Alcabre" por importe de 149.877,28 ¤, IVE incluído. ------ Folla: 36,37 17.13427.- ANULACIÓN DO CONCURSO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA "LABORATORIOS, GARAXE E OBRADOIRO EN NOVA NAVE DA FINCA AREEIRO (1ª FASE) Resultando que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión do día 3 de decembro do ano 2004, prestou aprobación ó expediente de contratación, por procedemento aberto, médiente concurso, da obra "Laboratorios, garaxe e obradoiro en nova nave da Finxa Areeiro (1ª fase)", cun orzamento de licitación de 338.650,36 euros. O concurso publicouse no Boletín Oficial da Provincia de data 20 de decembro de 2004 e no Diario Oficial de Galicia de data 23 de decembro dese mesmo ano e presentáronse ó mesmo, en tempo e forma, dez empresas. Resultando que esta Deputación solicitou a correspondente licenza urbanística ó concello de Pontevedra e a Comisión Informativa Municipal de urbanismo e medio ambiente, con data 24 de febreiro do ano 2005, á vista da normativa prevista no Plan Xeral de Ordenación Urbana, ó estar clasificados os terreos da finca Areeiro como "Equipamentos, Fincas Singulares" integrada na trama correspondente á núcleos rurais, solo urbano, pertencente ó núcleo urbano de Mean, esixiu a esta Deputación modificacións no proxecto para a súa adecuación ó ordenamento urbanístico. Estas modificacións supuxeron unha variación no proxecto, así como no importe da súa execución. Así mesmo, ó tratarse de solicitude de licenza de construción de laboratorios, garaxe e taller, debe concederse licenza de actividades. Todo este proceso motivou que ó día de hoxe aínda non se obtivese a licenza municipal, non podendo, en consecuencia resolverse o concurso convocado para a construción de laboratorios, evitando así prexuízos á posible empresa adxudicataria, que non podería dar comezo ás obras. Considerando que de conformidade co previsto no artigo 89 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas o órgano de contratación adxudicará no prazo máximo de 3 meses desde a apertura das proposicións, podendo os empresarios admitidos ó concurso retirar a súa proposición unha vez transcorrido o prazo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, de conformidade co informe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, deixar sen efecto o concurso convocado, pola Xunta de Goberno en sesión de data 3 de decembro de 2004, para a contratación da obra "Laboratorios, garaxe e obradoiro na nova nave da Finca Areeiro (1ª fase)" procedéndose a unha nova convocatoria pública no momento que se obteña a licenza urbanística e de acordo co tipo de licitación do proxecto adecuado á normativa urbanística esixida. ------ Folla: 37 18.13428.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS LABERINTO (MARÍN), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "ABASTECEMENTO AUGA E SANEAMENTO NO LUGAR DE BAGUIN", INCLUÍDA NO PAC/2004 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude da Asociación de Veciños Laberinto (Marín), pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAC/2004, co número 196/677, denominada "Abastecemento auga e saneamento no lugar de Baguin", subvencionada con seis mil euros, por Resolución Presidencial de data 28-10-04, número de saída 14093. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de marzo de 2006, con carácter improrrogable. ------ Folla: 37,41 19.13429.- SUBVENCIÓNS PARA O APOIO Ó DEPORTE DE COMPETICIÓN E FEDERADO De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de subvencións ó apoio ó deporte base nas categorías de Clubs Náuticos e Nacionais que figuran en anexo aparte, polas cantidades de 184.993,00 ¤ e 855.000,00 ¤ respectivamente, con cargo á partida 05/451.452.489.20. Ditas subvencións son como seguen: DEPORTE BASE CLUBS NÁUTICOS CIF/ASOCIACIÓN/CONCEPTO/CONCEDIDO: CONCELLO DE BAIONA -G36623346 / MONTE REAL CLUB DE YATES/ 2.061,00/ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE BAIONA (1): 2.061,00 ¤ CONCELLO DE BUEU -G36039501 CLUB DO MAR DE BUEU 3.000,00 Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE BUEU (1): 3.000,00 ¤ CONCELLO DE CALDAS DE REIS -G36036150 CLUB NÁUTICO UMIA DE CALDAS DE REIS 5.000,00 Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE CALDAS DE REIS (1) : 5.000,00 ¤ CONCELLO DE CAMBADOS -G36217701 CLUB PIRAGÜISMO CAMBADOS 3.800,00 Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE CAMBADOS (1): 3.800,00 ¤ CONCELLO DE CANGAS -G36040756 CLUB NÁUTICO RODEIRA 3.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36040756 CLUB NÁUTICO RODEIRA 3.600,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36457877 CLUB NÁUTICO DE CANGAS 3.467,00 Solicita subvención con cargo o programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36043149 CLUB DE MAR RÍA DE ALDÁN 7.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36040681 CLUB DE REMO VILA DE CANGAS 3.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE CANGAS (5): 20.067,00 ¤ CONCELLO DE CATOIRA -G36035202 CLUB AS TORRES 9.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE CATOIRA (1): 9.000,00 ¤ CONCELLO DO GROVE -G36015634 AGRUPACIÓN CULTURAL BREOGÁN 9.800,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36037950 AMEGROVE CLUB DE REMO 6.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36048684 CLUB DE REMO MECOS 7.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DO GROVE (3): 22.800,00 ¤ CONCELLO DA GUARDA -G36111300 CLUB DE REMO ROBALEIRA 7.029,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DA GUARDA (1): 7.029,00 ¤ CONCELLO DE MARÍN -G36039659 CLUB DE MAR DE AGUETE ASOC. DEPORTIVA 5.623,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE MARÍN (1): 5.623,00 ¤ CONCELLO DE MOAÑA -G36039808 SOCIEDAD DEPORTIVA SAMERTOLAMEU 2.999,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36187367 SOCIEDAD DEPORTIVA TIRÁN 7.216,00 ¤ Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE MOAÑA (2): 10.215,00 ¤ CONCELLO DE NIGRÁN -G36626026 CLUB NÁUTICO DE PANJÓN 7.029,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE NIGRÁN (1): 7.029,00 ¤ CONCELLO DE PONTEVEDRA -G36043032 / CLUB NAVAL DE PONTEVEDRA/ 1.500,00 €/ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36050789/ CLUB RÍO VERDUGO PONTEVEDRA/ 700,00 €/ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36113827/ ESCUELA DE PIRAGÜISMO CIDADE DE PONTEVEDRA/ 1.300,00 €/ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE PONTEVEDRA (3): 3.500,00 ¤ CONCELLO DE POIO -G36250991/ CLUB ESCOLA DE PIRAGÜISMO POIO/ 9.000,00 €/ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE POIO (1): 9.000,00 ¤ CONCELLO DE PONTECESURES -G36401727 CLUB NÁUTICO DE PONTECESURES 1.100,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE PONTECESURES (1): 1.100,00 ¤ CONCELLO DE REDONDELA -G36039915 / CLUB DE REMO CHAPELA / 3.467,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE REDONDELA (1): 3.467,00 ¤ CONCELLO DE RIBADUMIA -G36252831 CLUB NÁUTICO O MUIÑO 1.200,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE RIBADUMIA (1): 1.200,00 ¤ CONCELLO DE SANXENXO -G36027621 CLUB NÁUTICO DE SANXENXO 8.435,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36397669 CLUB PIRAGÜISMO PORTONOVO 2.500,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE SANXENXO (2): 10.935,00 ¤ CONCELLO DE TOMIÑO -G36321289 CLUB DEPORTIVO MIÑO 2.500,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE TOMIÑO (1): 2.500,00 ¤ CONCELLO DE TUI -G36029908 CLUB KAYAK TUDENSE 12.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36020758 CLUB PIRAGÜISMO PENEDO 1.800,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36034999 CLUB REMO DO MIÑO 6.091,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE TUI (3): 19.891,00 ¤ CONCELLO DE VIGO -G36630127 CLUB MARÍTIMO DE CANIDO 3.280,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36726750 CLUB DE REMO CORUXO 2.999,00 ¤ Solicita subvención con cargo o programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36612752 REAL CLUB NÁUTICO DE VIGO 9.372,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36612752 REAL CLUB NÁUTICO DE VIGO 7.497,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE VIGO (4): 23.148,00 ¤ CONCELLO DE VILABOA -G36048601 CLUB NÁUTICO COBRES 600,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE VILABOA (1): 600,00 ¤ CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA -G36205698 CLUB DE REMO VILAXOÁN 2.999,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36010577 LICEO CASINO VILAGARCÍA 4.217,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado (Vela). -G36010577 LICEO CASINO VILAGARCÍA 500,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado (Piragüismo) -G36010056 REAL CLUB DE REGATAS 1.312,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA (4): 9.028,00 ¤ CONCELLO DA ILLA DE AROUSA -G36042067 CLUB PIRAGÜISMO ILLA DE AROUSA 5.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DA ILLA DE AROUSA (1): 5.000,00 ¤ DEPORTE BASE CATEGORÍA NACIONAL CIF/ASOCIACIÓN/CONCEPTO/CONCEDIDO: CONCELLO DE BUEU -G36039683 BUEU ATLÉTICO DE BALONMANO 10.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE BUEU (1): 10.000,00 ¤ CONCELLO DE CANGAS -G36011187 ALONDRA C.F. 15.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36102705 CLUB BALONMÁN CANGAS 62.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE CANGAS (2): 77.000,00 ¤ CONCELLO DA ESTRADA -G36236511 CLUBE DE BADMINTON ESTRADENSE 2.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36343499 ENREDO A ESTRADA F.S. 6.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DA ESTRADA (2): 8.000,00 ¤ CONCELLO DE LALÍN -G36104800 CLUB BALONMAN LALÍN 10.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36104685 CLUB DE RUGBI DE LALÍN 7.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE LALÍN (2): 17.000,00 ¤ CONCELLO DAS NEVES -G36367662 CLUBE BADMINTON AS NEVES 3.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DAS NEVES (1): 3.000,00 ¤ CONCELLO DE PONTEVEDRA -G36218162 CLUB BALONCESTO CIUDAD DE PONTEVEDRA 50.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36039584 CLUB BALONCESTO ARXIL DE PONTEVEDRA 30.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36024164 CLUB CISNE BALONMANO 20.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36109163 CLUB LEIS 26 F.S. 25.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36217461 CLUB NATACIÓN GALAICO 4.500,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36319903 ESCUDERÍA CELSO MÍGUEZ COMPETICIÓN 20.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36029577 PONTEVEDRA C.F. 58.500,00 ¤ Solicitude de subvención para o deporte de competición e federado -G36041978 S.D. TEUCRO 62.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36041499 SOCIEDAD GIMNÁSTICA DE PONTEVEDRA 8.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE PONTEVEDRA (9): 278.000,00 ¤ CONCELLO DO PORRIÑO -G36246858 CLUB BALONMÁN PORRIÑO 8.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DO PORRIÑO (1): 8.000,00 ¤ CONCELLO DE REDONDELA -G36429132 C.D. BALONMÁN CHAPELA 10.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36040616 SOCIEDAD ATLÉTICA REDONDELA 8.000,00 Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE REDONDELA (2): 18.000,00 ¤ CONCELLO DO ROSAL -G36105542 SOCIEDADE DEPORTIVA ATL. NOVÁS 10.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DO ROSAL (1): 10.000,00 ¤ CONCELLO DE SANXENXO -G36010163 CLUB PORTONOVO S.D. 15.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36116465 VILLALONGA F.C. 15.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE SANXENXO (2): 30.000,00 ¤ CONCELLO DE SOUTOMAIOR -G36345023 CLUB BERTOLA FEMININO C.F. 6.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE SOUTOMAIOR (1): 6.000,00 ¤ CONCELLO DE VIGO -G36681633 ASOC. DEPORTIVA FAMU 15.000,00 Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36684850 ATLÁNTICO HOCKEY CLUB 6.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36690519 C.D. AREOSA 9.000,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36711380 CLUB AMFIV 35.000,00 Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36927689 CLUB ATLETISMO FEMENINO CELTA 4.500,00 ¤ Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36685345 CLUB BOWLING CELTA 2.000,00 Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36692317 CLUB DEPORTIVO BOSCO 41.000,00 Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36713493 CLUB DEPORTIVO XUVENIL TEIS 14.500,00 Solicita subvención con cargo ó programa de axuda ó deporte de competición federado. -G36711513 CLUB RÁPIDO DE BOUZAS 15.000,00 Solicita subvención con cargo ó pro

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición