ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/11/04_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/1.2005-11-04_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/11/04_Ordinaria

  • Data(s) 2005-11-04 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 67 XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 4 de novembro de 2005 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e cinco minutos do día catro de novembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. José Enrique Sotelo Villar e D. Ramón Campos Durán. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 67 1.13457.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión ordinaria do día vinte e oito de outubro de 2005. ------ Folla: 67 2.13458.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correntes expedientes, de conformidade co disposto no art. 47 e concordantes do R.d. lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: DVENTOS ORGANIZACIÓN- PROTOCOLO, S.L. (CIF B36465953) A constituída en metálico, por importe de mil cento noventa e dous euros (1.192,00 ¤), para responder da organización da celebración dunha xornada de peche do Proxecto Empleocities, adxudicado mediante Resolución Presidencial de data 31/12/2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 14/02/2005, núm. de operación 200500008053, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 67,68 3.13459.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS Nº 49/05 Vista a proposta do Sr. Xefe do Servizo de Cultura e Deportes, de data 17 de outubro de 2005, relativa á incoación dun expediente de transferencia de créditos, entre partidas do vixente presuposto provincial, por un importe global de 4.000,00 euros, coa finalidade de afrontar gastos que se derivan da contratación dos traballos de publicación das partituras de obras musicais do V Certame Provincial de Bandas de Música. Visto o informe de Intervención, de data 26 de outubro de 2005, no que deixa constancia de que a proposta efectuada polo Sr. Xefe do Servizo de Cultura e Deportes, razoa suficientemente as variacións de crédito nas partidas e cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable Visto así mesmo que na partida cuxo crédito se minora expediuse o RC, polo importe no que se minora e que o órgano competente para a probar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse dunha transferencia de crédito pertencente ó mesmo grupo de función pero xestionada por diferentes Centros Xestores. A Xunta de Goberno, de conformidade co disposto na Base 10ª, apartado 3.b), correspondente á execución do presuposto para o exercicio de 2005, acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 49/05 por importe total de 4.000,00 euros, incoado polos responsables dos Centros Xestores de Cultura, Xuventude e Deportes e Arquivos, Biblioteca e Publicacións, minorando crédito no importe e na partida que se indica e incrementando crédito polo importe e na partida que se detalla a continuación: PARTIDA A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 454.451.227.15 Traballos realizados por outras empresas-servizo de publicacións (Arquivos, Biblioteca e Publicacións) 4.000,00 ¤ TOTAL........................ 4.000,00 ¤ PARTIDA A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 451.451.481.06 Premios, Bolsas de Estudo e Pensións,... - Certame Provincial de Bandas -(Cultura, Xuventude e Deportes) 4.000,00 ¤ TOTAL........................ 4.000,00 ¤ ------ Folla: 68 4.13460.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS RIAL DE BESOMAÑO (RIBADUMIA), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "3ª FASE DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DA IGREXA PARROQUIAL", INCLUÍDA NO PAC/2004 A Xunta de Goberno por unanimidade aproba a solicitude da Asociación de Veciños Rial de Besomaño (Ribadumia), pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAC/2004, co núm. 209/757, denominada "3ª fase das obras de acondicionamento do entorno da igrexa parroquial", subvencionada con mil cincocentos euros, por Resolución Presidencial, número de saída 16252, de data 9 de decembro de 2004. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de decembro de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 68 5.13461.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA JESSICA GONZÁLEZ SANDE VECIÑA DE MOAÑA, POR DANOS NO SEU VEHÍCULO, NA ESTRADA PORTA DO CEGO-COIRO (MOAÑA) Dada conta que con data de Rexistro 12/01/05 (Rex. nº 000568) tivo entrada nesta Deputación comunicación do Concello de Moaña dando traslado de reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por Dona Jessica González Sande, con enderezo na rúa Batalla del Callao, 4-2º F (Moaña) por danos padecidos en vehículo da súa propiedade matrícula PO-3099-AF na estrada Porta do Cego-Coiro, o día 10/12/2004, e que individualiza economicamente en 571,67 ¤. Resultando que con data 13/01/2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 23/05/2005 co seguinte contido: "Que no entiendo que deba admitirse esta reclamación sin más datos que los que alegan. Efectivamente se trata de una carretera en la que hubo varios accidentes, pero sin más justificación no quiere decir que asumamos todos los accidentes" Considerando que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, pois por todo material probatorio achégase factura e unha fotografía do que parece ser un xornal no que non consta a data da nova. Así as cousas e en virtude do establecido no artigo 139 da Lei 30/92 en relación co 9 do R.d. 429/93 non se poden ter por probados sequera minimamente ou a nivel indiciario os feitos alegados, quedando a instancia reclamatoria nunha simple manifestación subxectiva carente de contraste obxectivo ningún. Cómpre lembrar neste senso que a xurisprudencia do Tribunal Supremo así o ven esixindo: "... es necesario que el reclamante acredite la realidad de los daños" (STS 20-12-1994; Poñente Sr. Mateo García), "... procede desestimar la pretensión sino se acredita la realidad del daño" (S.T.S. 24-04-90; Poñente Sr. Sánchez Andrade), "...incumbe la prueba a quien reclama" (S.T.S. 25-05-87, Poñente Sr. Sanz Bayón). Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 68,69 6.13462.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. ROSENDO GONZÁLEZ VÁZQUEZ, VECIÑO DE SAN SALVADOR DE MEIS, POR DANOS NO SEU VEHÍCULO, NA ESTRADA E.P. 9402 MOSTEIRO-BARRATES Dada conta que con data de Rexistro 13/09/05 (Rex. nº 027933) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita D. ROSENDO GONZALEZ VAZQUEZ con enderezo en Aldea de Arriba num. 36 de San Salvador de Meis, por danos padecidos no seu vehículo matrícula 4127CWF o día 12 de setembro do corrente ano, e que individualiza economicamente en 191,42 ¤. Resultando que con data 30 de setembro de 2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 20 de outubro de 2005 co seguinte contido: "1. Desde el pasado mes de agosto, la empresa Taboada y Ramos viene acometiendo una serie de obras en la carretera provincial Mosteiro-Barrantes (C.P. 9402). 2. Dicha obra se encuentra perfectamente señalizada, tanto horizontal (línea continúa amarilla) como verticalmente, con señales reglamentarias de obra marcando una velocidad máxima de entre 30 y 40 Km/hora, si bien es cierto que, desplazados al lugar del accidente operarios del Servicio de Vías y Obras, han podido observar la existencia de un mordiente en la calzada. 3. En opinión del técnico que suscribe el presente informe, si se hubiese respetado la señalización y velocidad indicadas, se hubiese evitado cualquier percance. 4. En cualquier caso se ha solicitado el oportuno informe a la empresa Taboada y Ramos para que exponga su versión de los hechos" Asemade, con data 20/10/05 emitiu -a petición da Asesoría Xurídica- informe a empresa adxudicataria das obras ("TABOADA Y RAMOS) que literalmente di: " PRIMERO.- Que la empresa TABOADA Y RAMOS, S.L. resultó adjudicataria de las obras denominadas "E.P. 9402, Mosteiro-Barrantes, y como tal lleva a cabo su ejecución de conformidad con las prescripciones del Proyecto y bajo las órdenes y supervisión de la Dirección Facultativa de las obras. SEGUNDO.-Que no se ha demostrado por el reclamante que el siniestro a que hace referencia en su escrito se produjese en la carretera de Mosteiro a Barrantes, pudiendo haber ocurrido en cualquier otro lugar, toda vez que no se aporta con la reclamación ninguna prueba ni atestado de Autoridad competente que acrediten la veracidad de lo expuesto, limitándose al parecer a aportar unas fotos del mal estado de una carretera que está en obras. TERCERO.- Que la obra está debidamente señalizada de acuerdo con la normativa vigente y las instrucciones dictadas por la Dirección de obra, con señalización de limitación de velocidad a 40 Km/hora, y en consecuencia, de conformidad con la normativa vigente en materia de tráfico, circulación de vehículos a motor y seguridad vial, los conductores que transiten por la misma deben conducir con la diligencia y precaución necesarias para evitar todo daño propio y ajeno, debiendo estar en todo momento en condiciones de controlar su vehículo, estando obligados a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta, además las características y el estado de la vía, condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación y, en general cuantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar la velocidad de su vehículo a las mismas, de manera que siempre puedan detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pueda presentarse. CUARTO.- Que en virtud de lo expuesto se rechaza cualquier posible imputación a la empresa TABOADA Y RAMOS, S.L. como eventual responsable de los daños reclamados por el Sr. González Vázquez, puesto que no se ha demostrado que el supuesto siniestro se produjera en la obra E.P. 9402, Mosteiro-Barrantes, y que en el supuesto de haber ocurrido en la misma, se habría producido por culpa exclusiva del reclamante por las razones a que se hace referencia en el presente informe." Considerando que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto dos informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico Zona Norte e máis da empresa, dedúcese o seguinte: a) Que as obras estaban perfectamente sinalizadas. b) Que si se houbese respectado a limitación de velocidade non se houbese producido o accidente. A maiores e por todo material probatorio o reclamante achega soamente instancia e fotos que nada acreditan, botándose en falla atestado da Policía Local o Municipal. Neste senso compre recordar a obriga legal de desenvolver a pertinente actividade probatoria que de consún ven esixindo o Tribunal Supremo: . "... es necesario que el reclamante acredite la realidad de los daños" (STS 20-12-1994; Poñente Sr. Mateo García), "... procede desestimar la pretensión sino se acredita la realidad del daño" (S.T.S. 24-04-90; Poñente Sr. Sánchez Andrade), "...incumbe la prueba a quien reclama" (S.T.S. 25-05-87, Poñente Sr. Sanz Bayón). Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 69,70 7.13463.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos ------ Folla: 70 8.13464.- RECTIFICACIÓN CONVENIO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN PARA "PROGRAMAS DE ASISTENCIA SOCIAL ÓS EMIGRANTES" A Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar o Convenio aprobado en Xunta de Goberno de 10 de xuño de 2005 entre a Xunta de Galicia e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para realización de Programas de Asistencia Social ós Emigrantes pasando a figurar para a súa sinatura o Excmo. Sr. Conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a nova data de 7 de setembro de 2005, así como o número de aplicación orzamentaria da Xunta de Galicia recollida na Cláusula Terceira que pasa a ser a 52.50.213A.480.0, mantendo idéntico o texto do Convenio en canto ó fondo coas correccións de que figure a Consellería referida e habilitando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura, todo iso con fundamento no artigo 105.2 da Lei 30/92. ------ Folla: 70,73 9.13465.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRAMITE DE URXENCIA, DE "DIVERSAS OBRAS DE REMANENTES DO PPC 2005" Vistos os proxectos, redactados polo Servizo de Vías e Obras, para a execución das obras de "Ensanche e mellora E.P. 9302 Xil-Cobas (Meaño)", por importe de 131.560,90 ¤ e "Ensanche e mellora E.P. 9701 Baión-András (András-Solobeira) (Vilanova de Arousa)" por importe de 132.063,18 ¤, incluídos nas obras a executar con cargo ós Remanentes do PPC 2005; vistos os informes emitidos por Intervención relativos á existencia de consignación na partida 05/911.511.611.09 do vixente Presuposto Provincial; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral Acctal. relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso, visto o informe do Servizo de Contratación no que se propón dar ó expediente trámite de urxencia toda vez que as obras terán que estar contratadas antes do próximo día 1 de decembro o que de non producirse dará lugar á perda das subvencións concedidas polo MAP para a execución das obras; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor Acctal., a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar os proxectos de "Ensanche e mellora E.P. 9302 Xil-Cobas (Meaño)", por importe de 131.560,90 ¤ e "Ensanche e mellora E.P. 9701 Baión-András (András-Solobeira) (Vilanova de Arousa)" por importe de 132.063,18 ¤, incluídos nas obras a executar con cargo ós Remanentes do PPC 2005. 2.- Aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das referidas obras. As obras financiaranse con cargo á partida 05/911.511.611.09 do vixente Presuposto Provincial. Así mesmo, expóñense ó público os proxectos obxecto do concurso por prazo de quince días, a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa a aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE "DIVERSAS OBRAS DE REMANENTES DO PPC 2005" 1. OBXECTO: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das obras que se detallan na base 3ª deste prego, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2. FINANCIAMENTO DAS OBRAS: A obra obxecto do concurso financiarase con cargo á partida 05/911.511.611.09 do vixente Presuposto provincial. 3. ORZAMENTO TIPO DE LICITACIÓN: O presuposto tipo de licitación é o que se detalla mais adiante IVE incluído, entendéndose comprendidos neste todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras, que será do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 1.- Ensanche e mellora E.P. 9302 Xil-Cobas (Meaño) 131.560,90 2.- Ensanche e mellora E.P. 9701 Baión-András (András- Solobeira)(Vilanova de Arousa) 132.063,18 4. PRAZO DE EXECUCIÓN: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas no proxecto será de: catro meses, contado a partir da comprobación do replanteo. 5. PRAZO DE GARANTÍA: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir do remate e recepción das mesmas. 6. FIANZAS: Definitiva por un importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que se depositará na caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario o de compañía de seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7. FORMA DE PAGAMENTO: O pagamento efectuarao a Tesourería provincial, previa aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo técnico director destas e á certificación-liquidación deberá achegarse a acta de recepción se as obras remataron no prazo sinalado, indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñerlle ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso, a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de dirección das obras serán do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles serán retidos. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8. PROPOSICIÓNS: O prazo para presentar as ofertas será de trece días, contados desde o seguinte ó da inserción do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia, de 9:00 a 13:00 horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o derradeiro día do prazo cadrase en festivo, este rematará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior a este, expresando en letra e número a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9. DOCUMENTACIÓN: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre núm. 1: proposición económica. Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se achegan á proposición económica haberán de ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que están cotexadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderá presentar varias o mesmo licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de achegar a documentación xeral e facendo referencia a que se une a outra proposición. Sobre núm. 2: documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1) DNI, cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2) Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3) Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4) Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5) Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño 6) Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecta á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización desta, sendo ademais responsable en materia de prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7) Documento expedido por Organismo competente acreditativo da clasificación empresarial que será: Obra nº1: Grupo G, subgrupo 4, categoría c Obra nº2: Grupo A, subgrupo 2, categoría c Quedan exentos de achegaren a documentación todos aqueles contratistas que xa o fixesen nos derradeiros doce meses, presentando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios achegarán, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 10. MESA DE CONTRATACIÓN: Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: o titular da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: - O secretario. - O interventor. - O enxeñeiro director de Vías e Obras. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS: O acto de celebración de cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11:00 horas do segundo día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas terá lugar na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12. CRITERIOS DE VALORACIÓN: 1.- Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato ata 6 puntos. 2.- Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado ata 4 puntos. 3.- Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora disporao a dirección de obra, previa autorización do órgano de contratación ata 2 puntos. 4.- Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións desta, non devolvéndose fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado ata 2 puntos. 5.- Plan de control de calidade da obra, que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto ata 1 punto. O concurso adxudicarase a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presente unha oferta económica que se encontre situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13. ADXUDICACIÓN DEFINITIVA. O Órgano de Contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico desta, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, notificáraselles ós participantes na licitación e publicarase no BOP dentro dos 48 días seguintes a esta. Ó practicar a notificación ó adxudicatario do contrato, requirirase para que constitúa a garantía definitiva, na contía e na forma establecidas na cláusula 6ª. 14. GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estiman nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación Provincial e que se colocarán no lugar que lles indique a dirección de obra. 15. Ademais, os adxudicatarios estarán obrigados a colocaren toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. Sen estes requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16. DEMORA NA EXECUCIÓN: Cando o contratista, por causas imputables a este, incorrese en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 ¤ por cada 601,01 ¤ do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora acaden un múltiplo do 5 % do prezo contrato o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución deste ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17. MODELO DE PROPOSICIÓN D./Dª ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con DNI núm. ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio (para efectos de notificacións) en ..., sabedor da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de .... segundo o anuncio publicado no BOP núm. ..., con data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estricta suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período mantemento será de: (Data e sinatura do propoñente) 18. INFORMACIÓN PÚBLICA E CONVOCATORIA DO CONCURSO: O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19. RÉXIME XURÍDICO APLICABLE: En todo o non previsto neste prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, de Dereito Privado." ------ Folla: 73 10.13466.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Resultando que esta Deputación Provincial, como consecuencia do expediente de expropiación tramitado pola Xunta de Galicia para a execución das obras de "Acondicionamento do acceso oeste O Grove (Pontevedra)" subscribiu un contrato de cesión de dereitos a favor da empresa construtora Industrias del Deza, S.L. (Indeza) adxudicataria da obra para que esta empresa cobrara o xustiprezo ó que se chegara coa administración exprópiante a cambio de que executara a reposición dos bens expropiados, consistente no traslado de cerres do Centro de Vacacións de "A Lanzada", con muros de perpiaño, malla de arame, cimentación de formigón, etc. A Xunta de Galicia, co data 26 de xuño pasado, transferiu a esta Deputación a suma de 58.323,29 euros, importe da expropiación do terreo afectado da finca de "A Lanzada". Considerando que esta cantidade corresponde aboala á empresa Industrias del Deza, SL (Indeza) polos traballos de reposición efectuados na finca de A Lanzada, e visto o informe de Intervención de data 15 de setembro do ano actual no que certifica a existencia de crédito para o aboo da mesma na partida 05/452.452.632.02 e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento da obriga seguinte: A certificación de obra correspondente á obra "Traslado de cerres por ensanche da estrada de San Vicente do Mar - A Lanzada", por importe de 58.323,29 euros, emitida pola empresa Industrias del Deza, SL. (Indeza) (CIF B-36.009.785). Esta cantidade será librada no seu día con cargo á partida 05/452.452.632.02 do vixente Presuposto provincial. ------ Folla: 73,74 11.13467.- CONCESIÓNS DE PERMISOS E AXUDAS ECONÓMICAS PARA ASISTIR A CURSOS A) De conformidade con escrito presentado no rexistro xeral desta Excma. Deputación Provincial de 18 de outubro de 2005, pola cal o Xefe do Servizo de Fitopatoloxía da Estación do Areeiro solicita permiso e axuda económica para que a funcionaria Dona Olga Aguín Casal, poida asistir á "XXI Reunión del grupo de trabajo de laboratarios de diagnóstico y prospecciones fitosanitarias", que terá lugar os próximos días 15 ó 17 de Novembro en Palma de Mallorca, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dona Olga Aguín Casal o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 947,16 ¤, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: a) Desprazamentos: Avión: (Vigo-Madrid-P.de Mallorca-Madrid-Santiago) 503,50 ¤ Pontevedra-Vigo: (vehículo propio 32 km.) 6,15 ¤ Peaxe autoestrada: (Pontevedra-Vigo) 2,60 ¤ Taxi/autobús: (Santiago-Pontevedra e desp. Mallorca) 110,00 ¤ TOTAL 622,25 ¤ b) Dietas: Día 14 (Aloxamento e ½ manutención) 77,23 ¤ Día 15,16 e 17 ( 80% dieta) 229,35 ¤ Día 18 (1/2 manutención) 18,33 ¤ TOTAL 324,91 ¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 05/711.711.230.01 de Dietas por importe de 324,91 ¤; 05/711.711.231.01 de locomoción por importe de 622,25 ¤. Para o aboamento das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 13 ª de acordo nº 20.172 de data de 18 de novembro de 1983, adoptado pola Comisión de Goberno, a funcionaria deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento da reunión e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, os gastos solicitados. B) De conformidade con escrito presentado no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial de 18 de outubro de 2005, pola cal a Directora de Xestión da Cidade Infantil Príncipe Felipe solicita permiso e axuda económica para que os Psicólogos do Centro Agarimo e do Centro infantil, Dona María Jesús Rúa Rodríguez e D. Luciano Limia Andrade, poidan asistir ó curso "Intensivo de experto en Psicopatología de la infancia y de la adolescencia",que terá lugar durante o próximo curso escolar en Madrid; e que obrigará á realización de 5 desprazamentos de venres a sábado á Capital de España, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dona María Jesús Rúa Rodríguez e D. Luciano Limia Andrade o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 5.897,90 ¤, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: a) Desprazamentos: Avión: (Vigo-Madrid-Vigo)x 5 despraz. x 2 persoas 2.000,00 ¤ Po-Vigo-Po:(coche propio a pagar a Luciano Limia)x5 despraz 57,70 ¤ Peaxe autoestrada: (Po-Vigo-Po)x 5 despraz. 26,00 ¤ Taxi/autobús:(aeroporto-hotel e desp. Madrid)x 5 despraz. 300,00 ¤ TOTAL 2.383,70 ¤ b) Dietas: Primeiro día: (1 dieta) x 2 persoas 191,12 ¤ Segundo día ( 1 manutención) x 2 persoas 73,32 ¤ TOTAL DIETAS(1 desprazamento) x 2 persoas 264,44 ¤ TOTAL DIETAS:( 5 desprazamentos x 2 persoas) 1.322,20 ¤ c) Inscrición curso: (2 persoas) 2.192,00 ¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 05/422.422.230.01 de Dietas; 05/422.422.231.01 de locomoción e á partida 05/122.314.162.00 de inscrición ó curso dos funcionarios. Para o aboamento das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 13ª do acordo nº 20.172 de data de 18 de novembro de 1983, adoptado pola Comisión de Goberno, os solicitantes deberán presentar unha memoria sobre o desenvolvemento da reunión e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, os gastos solicitados. ------ Folla: 74 12.13468.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Xeral, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición