ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/11/18_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/1.2005-11-18_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/11/18_Ordinaria

  • Data(s) 2005-11-18 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 89 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta minutos do día dezaoito de novembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten o señor deputado D. Ramón Campos Durán. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 89 1.13491.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 11 de novembro de 2005. ------ Folla: 89,90 2.13492.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: AEGÓN SEGUROS, S.L. (CIF A15003619) - A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de nove mil quince euros con dezaoito céntimos (9.015,18 ¤), para responder da prestación de asistencia sanitaria ós funcionarios da Deputación Provincial, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 21/04/1999, núm. de operación 1999016724, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L. (CIF B36477677) - A constituída en metálico, por importe de mil cento noventa e dous euros (1.192,00 ¤), para responder da prestación de corenta e tres cursos de vinte horas cada un en diversas asociacións de mulleres da provincia pertencentes ó proxecto piloto de promoción sociocultural denominado "Pensa en ti", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/03/2005, núm. de operación 200500023228, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DOPA-MUSICA, S.L. (CIF B36298909) - A constituída en metálico, por importe de setecentos corenta e dous euros con corenta céntimos (742,40 ¤), para responder da celebración dun concerto do grupo "Los Pecos" no Concello de Vilanova de Arousa, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/08/2005, núm. de operación 200500078940, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ICA FORMACIÓN, C.B. (CIF E36931681) - A constituída en metálico, por importe de mil cento noventa e seis euros (1.196,00 ¤), para responder da asistencia para o desenvolvemento de actividades de formación do módulo "Formación de coidadores de enfermos dependentes: alzheimer, demencias e outras enfermidades neurolóxicas dexenerativas", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/08/2004, núm. de operación 200400059022, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OCIO CREACIONES, S.L. (CIF B36947901) - A constituída en metálico, por importe de mil dous euros con vintecatro céntimos (1.002,24 ¤), para responder da actuación (concerto musical) "Los Lunnis" celebrado en Baiona, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/07/2005, núm. de operación 200500071983, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CLARO SOL, S.A. (CIF A36615763) - A constituída en valores, mediante aval de BBV, por importe de tres mil novecentos corenta euros con vintecatro céntimos (3.940,24 ¤), para responder da prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, adxudicado mediante acordo da Comisión de Goberno de data 19/04/01, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/05/2001, núm. de operación 200100026238 (SIC/2001028821), sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAFOTRANS, S.L. (CIF B36333839) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de douscentos euros con noventa e oito céntimos (200,98 ¤), para responder da adxudicación do lote nº 28 do concurso de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2000", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/10/2000, núm. de operación 2000054376, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PROMOTORA DE HOSTELERÍA GALLEGA, S.L. (CIF B15051634) - A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de tres mil catrocentos trece euros con noventa e oito céntimos (3.413,98 ¤), para responder da contratación dos servizos de hostalería (verán 2005) no Centro de Vacacións de A Lanzada", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/07/2005, núm. de operación 200500067939, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 90,93 3.13493.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA ADXUDICAR MEDIANTE CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, A ASISTENCIA TÉCNICA PARA ELABORAR UN ESTUDO SOBRE A VIABILIDADE ECONÓMICO-FINANCEIRA DA IMPLANTACIÓN DUN FERRY ENTRE VIGO E CANGAS Vista a posibilidade de comunicar por Ferry, Vigo e Cangas, permitindo o transporte de persoas e vehículos, ademais de potenciar economicamente as zonas de influencia, é necesario contratar unha asistencia técnica que permita estudar a viabilidade deste proxecto. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitidos por Intervención. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, a asistencia técnica para a realización dun estudo sobre a viabilidade económico-financeira da implantación dun ferry entre Vigo e Cangas, por un tipo máximo de licitación de trinta mil euros (30.000 ¤), IVE incluído. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Autorizar dito gasto con cargo á partida 05/511.513.227.06 do vixente Presuposto provincial. -Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán o Concurso como lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contado a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A ASISTENCIA TÉCNICA PARA ELABORAR UN ESTUDO SOBRE A VIABILIDADE ECONÓMICO-FINANCIEIRA DA IMPLANTACIÓN DUN FERRY ENTRE VIGO E CANGAS. 1.- Obxecto.- A prestación dunha asistencia técnica para analizar a viabilidade do proxecto de implantación dun servizo de Ferry que poña en comunicación Vigo e Cangas para favorecer o desenvolvemento do tecido económico nas áreas de influencia, a través do transporte de persoas e vehículos. A asistencia técnica deberá recoller como mínimo un estudo sobre a contextualización socioeconómica, mobilidade, demanda e sobre o conxunto de viabilidade. No prego de Prescricións Técnicas que se une como anexo, recóllese de forma máis detallada os obxectivos deste contrato de asistencia técnica. 2.- Financiamento.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/511.513.227.06, do vixente Presuposto provincial. 3.- Pagamento.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación da correspondente factura, unha vez presentado o estudo e dada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- Prazo de entrega.- O estudo deberá ser entregado no prazo máximo de corenta e cinco días a contar desde o día seguinte ó da súa notificación. 5.- Tipo de licitación.- O presuposto que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de trinta mil euros (30.000¤) IVE, incluído. 6.- Capacidade para contratar.- Están capacitadas para contrataren as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 desta norma. A Administración poderá contar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa con obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- Garantía definitiva.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos 15 días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- Presentación de proposicións: lugar e prazo de presentación, formalidades e documentación.- 8.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986 804 126) ou telegrama no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. a) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA ELABORAR UN ESTUDO SOBRE A VIABILIDADE ECONÓMICO FINANCEIRA DA IMPLANTACIÓN DUN FERRY ENTRE VIGO E CANGAS Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1- Proposición económica que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2- Descrición da metodoloxía de traballo e dos contidos. 3- Outras melloras plantexadas 4- Prazo de entrega Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado de documentos, deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA ELABORAR UN ESTUDO SOBRE A VIABILIDADE ECONÓMICO-FINANCIEIRA DA IMPLANTACIÓN DUN FERRY ENTRE VIGO E CANGAS. Dito sobre terá que conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración Responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de estar o corrente do cumprimento da obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documento acreditativo da solvencia económica e técnica: a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira o, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extracto de balances. c) Declaración que indique o termo medio anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os tres últimos anos. d) Declaración do material, instalacións ou equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. f) Relación dos principais traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. 9 .- Mesa de contratación.- Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario Xeral da Corporación. O interventor da Corporación. O enxeñeiro Director do Servizo de Vías e Obras. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10 .- Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas.- A Mesa de Contratación, ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo ou en sábado se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- Criterios base para a adxudicación.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1) Proposta metodolóxica e de contidos: ata 4 puntos. 2) Outras melloras: ata 2,5 puntos. 3) Menor prezo ofertado, ata 2,5 puntos. 4) Prazo de entrega, ata 1 punto. 12.- Adxudicación.- Unha vez que o órgano de contratación reciba a proposta da mesa de contratación e elabore os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, este será requirido para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 7ª. 13.- Formalidades do contrato.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; este documento é título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- Gastos a cargo do adxudicatario.- Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e demais que xere o expediente, que se orzamentan na contía máxima de seiscentos euros (600,00 ¤). 15.- Indemnización ó contratista.- O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia da execución do contrato e que non poidan imputarse á Administración. 16.- Resolución do contrato.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 17.- Réxime xurídico.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l.- 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 18.- Xurisdición competente.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía contencioso administrativa, a teor da Lei de dita xurisdición. 19.- Modelo de proposición.- D..., maior de idade, veciño de ..., con enderezo en ..., titular do DNI núm ..., expedido na data ..., actuando en nome propio (ou en representación de ..., con enderezo en ..., teléfono ..., segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado). Sabedor do anuncio para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente á "ASISTENCIA TÉCNICA PARA ELABORAR UN ESTUDO SOBRE A VIABILIDADE ECONÓMICO-FINANCIEIRA DA IMPLANTACIÓN DUN FERRY ENTRE VIGO E CANGAS, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas: · Polo prezo máximo de ........................ euros, IVE incluído. · Ofértanse como melloras ós contidos expostos no Prego de condicións: (enumerar). · O prazo máximo de entrega será de ........................................ (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 93,94 4.13494.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA "ACCESO PRAIA FLUVIAL XESTEIRA E ACCESOS", DO CONCELLO DE COTOBADE, CON CARGO Ó PAM/2005 En ampliación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó concello de Cotobade unha subvención por importe de noventa e nove mil trescentos setenta e oito euros con cincuenta céntimos (99.378,51 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra "Acceso praia fluvial Xesteira e accesos", co número 83/631 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos Técnicos Provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este Programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de Administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as Normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. ------ Folla: 94,95 5.13495.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTIR A CURSOS A) De conformidade ó escrito presentado o 27 de outubro de 2005, pola cal o Xefe do Servizo do CPAM, solicita permiso e axuda económica para que o funcionario Don Benito Duran Martínez, poida asistir á "Feria Internacional de Informática y Telecomunicaciones (SIMO)", que terá lugar os próximos días 15 ó 20 de novembro en Madrid, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do establecido nas normas aprobadas pola Comisión de Goberno o 11 de novembro de 1983, artigo 16.6.a) do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo do 8 de xaneiro de 2001e Real Decreto 462/2002 de 24 de maio sobre indemnizacións por razón do servizo, conceder a Don Benito Duran Martínez o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 585,23 ¤, co carácter de "a xustificar", estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: a) Desprazamentos (Coche propio): Pontevedra-Madrid-Pontevedra 238,48 ¤ Peaxe autoestrada 30,00 ¤ TOTAL 268,48 ¤ b) Dietas: Día 15 (manutención e aloxamento)72,12 ¤ Días 16 ó 19 ( 80% dieta) 230,80 ¤ Día 20 (1/2 manutención) 13,83 ¤ TOTAL 316,75 ¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 05/551.551.231.01 de Locomoción por importe de 268,48 ¤ e á 05/551.551.230.01 de Dieta por importe de 316,75 ¤. Para o aboamento das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 13ª de acordo nº 20.172 de data de 18 de novembro de 1983, adoptado pola Comisión de Goberno, o funcionario deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento da reunión e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, os gastos solicitados. B) De conformidade ó escrito presentado o 27 de outubro de 2005, pola cal o Xefe do Servizo do Patrimonio Documental e Bibliográfico, solicita permiso e axuda económica para que o funcionario Don Enrique Seoane Paredes, poida asistir á "Feria Internacional de Informática y Telecomunicaciones (SIMO)", que terá lugar os próximos días 15 ó 20 de novembro en Madrid, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do establecido nas normas aprobadas pola Comisión de Goberno o 11 de novembro de 1983, artigo 16.6.a) do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo do 8 de xaneiro de 2001e Real Decreto 462/2002 de 24 de maio sobre indemnizacións por razón do servizo, conceder a Don Enrique Seoane Paredes o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 585,23 ¤, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: a) Desprazamentos (Coche propio): Pontevedra-Madrid-Pontevedra 238,48 ¤ Peaxe autoestrada 30,00 ¤ TOTAL 268,48 ¤ b) Dietas: Día 15 (manutención e aloxamento) 72,12 ¤ Días 16 ó 19 ( 80% dieta) 230,80 ¤ Día 20 (1/2 manutención) 13,83 ¤ TOTAL 316,75 ¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 05/454.451.231.01 de Locomoción por importe de 268,48 ¤ e á 05/454.451.230.01 de Dieta por importe de 316,75 ¤. Para o aboamento das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 13ª de acordo nº 20.172 de data de 18 de novembro de 1983, adoptado pola Comisión de Goberno, o funcionario deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento da reunión e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, os gastos solicitados. C) De conformidade á proposta de data 11 de novembro de 2005, pola cal o xefe de Contratación, solicita permiso e axuda económica para que o funcionario Don Pablo Montero Carrera, técnico adxunto ó Servizo de Contratación, poida asistir ó curso sobre "Los Aspectos Prácticos de la Contratación", que terá lugar os próximos días 28 de novembro ó 2 de decembro de 2005 en Badajoz, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do establecido nas normas aprobadas pola Comisión de Goberno o 11 de novembro de1983, artigo 16.6.a do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo do 8 de xaneiro de 2001 e Real Decreto 462/2002 de 24 de maio sobre indemnizacións por razón do servizo, conceder a Don Pablo Montero Carrera o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 786,91 ¤, e segundo a seguinte desagregación: a) Desprazamento (Saída o 27 de novembro-regreso o 3 de decembro): Coche propio: Pontevedra-Badajoz-Pontevedra 223,10 ¤ Peaxe autoestrada 50,00 ¤ Parking en Badajoz 36,00 ¤ TOTAL 309,10 ¤ b) Dietas: Día 27 nov. (Aloxamento e ½ manutención) 77,23 ¤ Días 28 nov. ó 2 dec. ( 80% dieta) 382,25 ¤ Día 3 dec. (1/2 manutención) 18,33 ¤ TOTAL 477,81 ¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 05/123.121.231.01 de Locomoción por importe de 309,10 ¤ e á 05/123.121.230.01 de Dieta por importe de 477,81 ¤. Para o aboamento das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 13ª de acordo nº 20.172 de data de 18 de novembro de 1983, adoptado pola Comisión de Goberno, o solicitante deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento da reunión e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, os gastos solicitados. D) De conformidade á proposta presentada o 7 de novembro de 2005, pola cal a xefa do Servizo de Acción Social, solicita permiso e axuda económica para que o funcionario Don Lois Manuel Juncal Sampedro, técnico local de emprego, poida asistir en representación deste Organismo Provincial, ás xornadas de "Desenvolvemento Local e Políticas de Emprego", que terá lugar os próximos días 22 ó 24 de novembro de 2005 na Coruña, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do establecido nas normas aprobadas pola Comisión de Goberno o 11 de novembro de 1983, artigo 16.6.a) do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo do 8 de xaneiro de 2001e Real Decreto 462/2002 de 24 de maio sobre indemnizacións por razón do servizo, conceder a Don Lois Manuel Juncal Sampedro o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 270,54 ¤, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: a) Desprazamentos (Coche propio): Pontevedra-A Coruña-Pontevedra (280 km) x3 días 161,55 ¤ Autoestrada (3 días) 54,00 ¤ TOTAL 215,55 ¤ b) Dietas: ½ manutención (3 días) 54,99 ¤ TOTAL 54,99 ¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 05/313.313.231.01 de Locomoción por importe de 215,55 ¤ e á 05/313.313.230.01 de Dieta por importe de 54,99 ¤. Para o aboamento das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 13ª de acordo nº 20.172 de data de 18 de novembro de 1983, adoptado pola Comisión de Goberno, o solicitante deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento da reunión e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, os gastos solicitados. ------ Folla: 95,96 6.13496.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JOSÉ VARELA OTERO POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL 1104 MOAÑA-COIRO (CONCELLO DE MOAÑA) Dada conta de que con data de Rexistro de 2 de marzo de 2005 tivo entrada na Deputación instancia subscrita por D. José Varela Otero sobre reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en automóbil da súa propiedade como consecuencia de accidente de tráfico debido á existencia de substancia deslizante na estrada provincial 1004 Moaña-Coiro o día 11 de xaneiro de 2004, que individualiza economicamente en 1.349,34 ¤, segundo factura de reparación do vehículo que achega coa reclamación. Resultando que con data 2 de marzo de 2005 e mediante Resolución da Presidencia resólvese a inadmisión da devandita reclamación por presentación extemporánea da mesma, toda vez que segundo manifesta o accidente tivo lugar o día 11 de xaneiro de 2004 e o prazo para reclamar prescribe ó ano de producirse o accidente no suposto de danos materiais. Resultando que con data de Rexistro de 22 de marzo de 2005 ten entrada recurso de reposición contra a inadmisión, baseado en que o reclamante padeceu un erro na data do accidente, aclarando que o mesmo tivo lugar o día 28 de novembro de 2004 e non o 11 de xaneiro, e acompañando copia de informe do Sarxento-Xefe da Policía Local do Concello de Moaña, acreditativo dos feitos. Resultando que con data 31 de marzo de 2005 e mediante Resolución da Presidencia resólvese estimar dito recurso de reposición, ordenando a continuación do expediente. Resultando que con data 31 de marzo de 2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 12 de abril seguinte, co seguinte contido: "Atendiendo a su escrito de fecha 1de abril de 2005, en el que se solicitaba la emisión del oportuno informe, en relación con la reclamación de responsabilidad patrimonial formulada por D. José Varela Otero, por daños en accidente de tráfico producido el pasado 28 de noviembre de 2004 en el p.k. 1,500 de la carretera Moaña-Coiro, el Ingeniero T. Jefe de la Zona Norte emite el siguiente INFORME: Una vez estudiada la reclamación de referencia, se llega a la conclusión de admitir la responsabilidad patrimonial por parte de la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra, en relación con el accidente sufrido el pasado 28 de noviembre de 2004 por D. José Varela Otero, en el p.k. 1,500 de la carretera provincial Moaña-Coiro, haciéndole saber que los aspectos técnicos necesarios en los que fundamentar la resolución que al respecto se adopte, se encuentran en un informe que sobre la carretera provincial 1104 Moaña-Coiro, obra en poder de esa Asesoría Jurídica". Considerando que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que o consignado no informe resulta suficiente no presente suposto para apreciar a responsabilidade desta Deputación ó resultar probada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93, pois o teor literal do informe do Servizo de Vías e Obra resulta concluínte no senso de atribuír a responsabilidade á Excma. Deputación Provincial, remitíndose para a explicación da causa eficiente do sinistro a outro informe por el mesmo emitido con data 31 de marzo no que claramente se salientaba "...el desgaste de la capa de rodadura y la calidad de los áridos ...," rematando este último informe dicindo que "...este organismo tiene que asumir dicha responsabilidad". Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando que neste caso cumpriméntanse os requisitos esixidos no artigo 139.1 e 2 da Lei 30/92, é dicir, dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado en relación ó prexudicado, e 2, apartado 1, do R.d. 429/93, que aprobou o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial, o que, unido á proba da relación de causalidade, impón no presente suposto a apreciación de responsabilidade patrimonial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Estimar a reclamación presentada por Don José Varela Otero, titular do NIF nº 36046012-K, por danos en automóbil da súa propiedade marca Renault Megane, matrícula 8826-CJS, como consecuencia da existencia de substancia deslizante na estrada provincial 1104 Moaña-Coiro, o día 28 de novembro de 2004, valorados en 1.349,34 ¤, segundo factura de reparación do vehículo que se acompaña á reclamación. Segundo.- En consecuencia, aprobar o gasto, recoñecer a obriga e declarar de aboo a citada cantidade de 1.349,34 ¤ (mil trescentos corenta e nove euros con trinta e catro céntimos) con cargo á partida 05/511.511.210.00 do Presuposto. Terceiro.- A ordenación do pago da indemnización queda sometido á condición suspensiva da achega polo interesado de copia autenticada do NIF e de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria no prazo de DEZ DÍAS a partir da notificación do presente acordo. Cuarto.- Dar traslado deste acordo a AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A., con enderezo na Praza de América 1-2º planta de Vigo, C.P. 36211, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita, proceda ó ingreso da cantidade de 1.877,36 ¤ (mil oitocentos setenta e sete euros con trinta e seis céntimos), unha vez descontado o importe establecido na mesma como franquía de 601,01 ¤, na conta que esta Deputación ten aberta na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618. Quinto.- Dar traslado así mesmo á Intervención e á Tesourería, ós efectos oportunos. ------ Folla: 96,98 7.13497.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA JOSÉ CABANELAS RIVAS EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DON ANIBAL ABAL MARIÑO, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL 1104 MOAÑA-COIRO (CONCELLO DE MOAÑA) Dada conta de que con data de Rexistro de 23 de decembro de 2004 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Anibal Abal Mariño sobre reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en automóbil da súa propiedade como consecuencia de accidente de tráfico debido á existencia de substancia deslizante na estrada provincial 1004 Moaña-Coiro o día 28 de novembro de 2004, que individualiza economicamente en 2.478,37 ¤, segundo copia de factura que achega coa reclamación. Resultando que con data 2 de febreiro de 2005 ten entrada no Rexistro Xeral instancia de Dona María José Cabanelas Rivas, en nome e representación de D. Anibal Abal Mariño, reproducindo a reclamación xa presentada polo interesado con data de rexistro de entrada de 23 de decembro de 2004. Resultando que con data 4 de febreiro de 2005 e mediante oficio da Presidencia requírese a Dona María José Cabanelas Rivas para que acredite debidamente a representación que di ostentar, producíndose comparecencia nas dependencias da Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica polo interesado o día 14 de febreiro de 2005 manifestando a súa vontade de ser representado pola letrada antes citada. Resultando que con data 27 de decembro de 2004, 14 de febreiro de 2005 e 9 de marzo de 2005, e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitáronse informes ó Servizo de Vías e Obras, que os emitiu en datas 18 de febreiro e 23 de marzo de 2005, cos seguintes contidos, respectivamente: "Vista reclamación de responsabilidad patrimonial formulada por Don Anibal Abal Mariño, por daños en accidente de tráfico en la carretera que une Coiro Moaña (EP 1004), P.K. 1,500 O Casal, el día 28 de noviembre de 2004, tengo a bien informar que existe un informe sobre este punto. En este caso con actuación de la Policía Municipal debe asumirse la responsabilidad". "En relación con su escrito de fecha 9 de marzo de 2005, en el que solicita informe y confirmación de la causa de los accidentes que dieron lugar a las reclamaciones realizadas en su día por D. Anibal Abal mariño y Abigail Pombal García, por parte del Ingeniero Técnico Jefe de la Zona, se informa: Que se va a reponer la Carretera a fin de evitar futuros daños, si hay parte Policial hay que atender los daños". Considerando que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que o consignado no informe resulta suficiente no presente suposto para apreciar a responsabilidade desta Deputación ó resultar probada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93, pois tanto o informe de 18 de febreiro de 2005 (".... debe asumirse la responsabilidad") como o de 23 de marzo seguinte ("... se va a reponer la carretera a fin de evitar futuros daños, si hay parte policial hay que atender los daños") conducen de xeito indubitado á indemnización dos danos e resarcimento dos prexuízos. Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando que neste caso cumpriméntanse os requisitos esixidos no artigo 139.1 e 2 da Lei 30/92, é dicir, dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado en relación ó prexudicado, e 2, apartado 1, do R.d. 429/93, que aprobou o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial, o que, unido á proba da relación de causalidade, impón no presente suposto a apreciación de responsabilidade patrimonial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Estimar a reclamación presentada por Dona María José Cabanelas Rivas en nome e representación de D. Anibal Abal Mariño, titular do NIF nº 52490558 G, por danos en automóbil da súa propiedade marca Peugeot 306, matrícula PO 2685AZ, como consecuencia da existencia de substancia deslizante na estrada provincial 1104 Moaña-Coiro, o día 28 de novembro de 2004, valorados en 2.478,37 ¤, segundo copia de factura de reparación do vehículo que se acompaña á reclamación. Segundo.- En consecuencia, aprobar o gasto, recoñecer a obriga e declarar de aboo a citada cantidade de 2.478,37 ¤ (dous mil catrocentos setenta e oito euros con trinta e sete céntimos) con cargo á partida 05/511.511.210.00 do Presuposto. Terceiro.- A ordenación do pago da indemnización queda sometido á condición suspensiva da achega polo interesado de copia autenticada do NIF, da factura de reparación do automóbil e de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria no prazo de DEZ DÍAS a partir da notificación do presente acordo. Cuarto.- Dar traslado do presente acordo a AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A., con enderezo na Praza de América 1-2º planta de Vigo, C.P. 36211, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita, proceda ó ingreso da cantidade de 1.877,36 ¤ (mil oitocentos setenta e sete euros con trinta e seis céntimos), unha vez descontado o importe establecido na mesma como franquía de 601,01 ¤, na conta que esta Deputación ten aberta na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618. Quinto.- Dar traslado así mesmo á Intervención e á Tesourería, ós efectos oportunos. ------ Folla: 98 8.13498.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dáse conta das seguintes: a) A Xunta de Goberno queda enterada da sentenza firme e favorable ós intereses da Deputación, dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso núm. 02/4369/2002, promovido contra esta Deputación por Dona María Sila Abal Vázquez contra expediente de expropiación para execución de obras na estrada provincial 9501-Ribadumia. b) Dada conta de que con data 3 de novembro de 2005 notifícase sentenza dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso número 02/4780/2002 promovido por D. Antonio Fandiño Villar contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na Avenida de Bos Aires o día 10 de xaneiro de 2001, valorados en 334,25 ¤, e na que se acolle o recurso condenando á Deputación ó pago da indemnización solicitada mailos xuros legais desde a data de reclamación en vía administrativa, que foi o 6 de agosto de 2001, Resultando que solicitado o oportuno informe á Intervención sobre o cálculo dos xuros e existencia de consignación orzamentaria, con data 8 de novembro de 2005 emítese o mesmo, ascendendo a cantidade total a indemnizar a 398,18 ¤, con cargo á partida 05/511.511.210.00 do vixente Presuposto. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: PRIMEIRO.- Proceder ó cumprimento nos seus propios termos da referida sentenza. SEGUNDO.- En consecuencia aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo con cargo á partida orzamentaria 05/511.511.210.00 a indemnización recoñecida na mesma, máis os xuros legais correspondentes, por importe total de 398,18 ¤ (trescentos noventa e oito euros con dezaoito céntimos). TERCEIRO.- O pago efectivo da cantidade sinalada queda sometido á condición suspensiva da achega polo recorrente de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, así como copia do NIF. CUARTO.- Dar traslado do presente acordo ó interesado, á Intervención e á Tesourería, así como á Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza para o seu coñecemento. c) A Xunta de Goberno queda enterada de sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso de apelación formulado contra a dictada polo Xulgado do Contencioso nº 2 de Pontevedra en autos de Procedemento Abreviado 117/2004 sobre sanción disciplinaria promovidos por D. Aquilino Valiño e na que se desestima o recurso confirmando a sentenza de instancia. Dita sentenza deriva dun procedemento disciplinario seguido polo Servizo de Recursos Humanos, sendo a cargo do Servizo de Asesoría Xurídica a defensa no xuízo. ------ Folla: 98 9.13499.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 98,99 10.13500.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE EQUIPOS INFORMÁTICOS PARA ESTABLECER UNHA REDE LOCAL EN DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión de 2 de setembro de 2005, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, do subministro e instalación de equipos informáticos para establecer unha rede local en diversos concellos da provincia de Pontevedra, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nª 182, 21/09/05) e no DOG (Nº 182, 21/09/05). Vista a corrección de erros efectuada por acordo da Xunta de Goberno, de data 30 de setembro de 2005, rectificando o tipo máximo de licitación e publicando dito acordo no BOP (nº193, 06/10/05) e no DOG (Nº195, 10/10/05), concedéndose un novo prazo de 15 días para a presentación de ofertas. Vista o acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 26 de outubro de 2005, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe do Técnico de Informática do CPAM e a proposta da Mesa de Contratación, de data 17 de novembro do ano en curso, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación do subministro e instalación de equipos informáticos para establecer unha rede local en diversos concellos da provincia de Pontevedra á empresa Consultores Informáticos de Pontevedra, S.L. (C.I.F. B-35.100.337), polo prezo ofertado de cento catro mil cincocentos noventa e oito euros con corenta e oito céntimos (104.598,48 ¤), IVE Incluído. O pago do subministro efectuarase no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida, 05/551.551.762.27 do vixente Presuposto Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 4.183,93 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos da Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de trescentos vinte e sete euros con setenta e catro céntimos (327,74) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia (88,94 ¤) e no Diario Oficial de Galicia (238,80 ¤). ------ Folla: 99,103 11.13501.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA "VARIANTE DE PONTEARNELAS INCLUÍDA A PONTE SOBRE O RÍO UMIA (RIBADUMIA)" Visto o acordo adoptado polo Pleno, en sesión celebrada o día 29-09-2004, polo que se prestou aprobación ó convenio e colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación Provincial de Pontevedra para acondicionamento de diversas estradas entre as que se encontra a de "Variante de Pontearnelas", no que a Deputación asumía a financiamento, contratación, dirección e execución de dita obra cun presuposto de 1.079.525,90 ¤, distribuídos nas anualidades de 2005 por importe de 200.000,00¤, 2006 por importe de 600.000,00 ¤, e 2007 por importe de 279.525,90 ¤, comprometéndose a Xunta de Galicia a redactar o correspondente proxecto, e a tramitar e financiar as expropiacións ata un máximo de 180.000,00 ¤. Visto o proxecto de "Variante de Pontearnelas incluída a Ponte sobre o río Umia (Ribadumia)" remitido de pola Xunta de Galicia, cuxo importe ascende á suma de 3.261.479,74 ¤, incluídas ás expropiacións e os servizos afectados, que sufriu un incremento, con respecto á cantidade inicialmente prevista, debido á natureza do terreo que obriga a realizar unhas cimentacións cun custo máis elevado, así como obras complementarias para salvar o impacto medio ambiental, ó que descontando o importe das expropiacións (180.000,00 ¤) queda establecido en 3.081.479,74 ¤. Visto o acordo do Pleno, adoptado en sesión de 25-09-2005, polo que se modificou o referido convenio establecéndose o financiamento da obra nas seguintes anualidades: Anualidade 2005 por importe de 200.000,00 ¤, anualidades de 2006 e 2007 por importe de 1.000.000,00 ¤, cada unha, e anualidade de 2008 por importe de 881.480,34 ¤. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 28-10-2005 polo que se prestou aprobación ó proxecto de "Variante de Pontearnelas incluído ponte sobre río Umia (Ribadumia)" por importe de 3.081.479,74 ¤, unha vez detraídas as expropiacións cuxo expediente tramítase pola Xunta de Galicia, desagregado en presuposto de licitación por importe de 2.932.521,89 ¤ e servizos afectados por importe de 148.958,45 ¤. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. E, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso da referida obra por un tipo de licitación de 2.932.521,89 ¤, IVE incluído. A obra financiarase con cargo á partida 05/511.511.665.00 nas anualidades de 2005 (200.000,00 ¤) 2006 e 2007 (1.000.000,00 ¤ cada anualidade) e 2008 (881.480,34 ¤). O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA DE "VARIANTE DE PONTEARNELAS INCLUÍDO O PONTE SOBRE O RÍO UMIA (RIBADUMIA)" 1. Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran o proxecto. 2. Financiamento das obras: A obra obxecto do concurso financiarase con cargo á partida 05/511.511.665.00 nas anualidades de 2005 (200.000,00 ¤), 2006 de 2007 (1.000.000,00 ¤ cada anualidade) e 2008 (881.480,34 ¤). 3. Presuposto tipo de licitación: O presuposto tipo de licitación é de 2.932.521,89 ¤, IVE incluído, entendéndose comprendidos no mesmo todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras, que será do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 4. Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas no proxecto será de dezaoito meses, contado a partir da comprobación do replanteo. 5. Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir do remate e recepción das mesmas. 6. Fianzas: Definitiva por un importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que se depositará na caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario o de compañía de seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7. Forma de pagamento: O pagamento efectuarao a Tesourería provincial, previa aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo técnico director destas e á certificación-liquidación deberá achegarse a acta de recepción se as obras remataron no prazo sinalado, indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñerlle ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso, a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de dirección das obras serán do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles serán retidos. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8. Fórmula de revisión de prezos.- K = 0,28 Ht + 0,11 Et + 0,39 St + 0,07 Ct + 0,15 Ho Eo So Co 9. Proposicións: O prazo para a presentación de ofertas será de vinte e seis días, contados desde o seguinte ó da inserción do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia, de 9:00 a 13:00 horas, no Rexistro xeral desta Deputación. Se o derradeiro día do prazo cadrase en festivo, este rematará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior a este, expresando en letra e número a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 10. Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre núm. 1: proposición económica. Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se achegan á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que están cotexadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderá presentar varias o mesmo licitador, en caso de concorrencia de varias obras, sen necesidade de achegar a documentación xeral e facendo referencia a que se une a outra proposición. Sobre núm. 2: documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1) DNI, cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2) Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3) Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4) Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5) Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6) Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecta á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización desta, sendo ademais responsable en materia de prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7) Certificación, expedida polo Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial que será: Grupo B, subgrupo 4, categoría f, e, Grupo G, subgrupo 4, categoría e. Quedan exentos de achegaren a documentación todos aqueles contratistas que xa o fixesen nos derradeiros doce meses, presentando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios achegarán, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 11. Mesa de Contratación: Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: O titular da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario. O interventor. O enxeñeiro Director de Vías e Obras. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 12. Cualificación da documentación xeral e apertura de proposicións: O acto de celebración de cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11:00 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas terá lugar na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 13. Criterios de valoración: 1.- Reducción do prezo sobre o presuposto máximo do contrato ata 6 puntos. 2.- Prazo e programa de construcción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado ata 4 puntos. 3.- Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade constructiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora disporao a dirección de obra, previa autorización do órgano de contratación ata 2 puntos. 4.- Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións desta, non devolvéndose fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado ata 2 puntos. 5.- Plan de control de calidade da obra, que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto ata 1 punto. O concurso adxudicarase a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presente unha oferta económica que se encontre situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 14. Adxudicación definitiva. O Órgano de Contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico desta, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, notificáraselles ós participantes na licitación e publicarase no BOP dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requirirase para que constitúa a garantía definitiva, na contía e na forma establecidas na cláusula 6ª. A adxudicación da obra, así como a súa execución, queda condicionada a que pola Xunta de Galicia se decrete a ocupación dos terreos afectados pola mesma. 15. Gastos a cargo do adxudicatario: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estiman nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación Provincial e que se colocarán no lugar que lles indique a dirección de obra. 16. Ademais, os adxudicatarios estarán obrigados a colocaren toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. Sen estes requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 17. Demora na execución: Cando o contratista, por causas imputables a este, incorrese en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 ¤ por cada 601,01 ¤ do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora acaden un múltiplo do 5 % do prezo contrato o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución deste ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 18. Modelo de proposición D./Dª ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con DNI núm. ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio a efectos de notificacións en ..., sabedor da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de .... segundo o anuncio publicado no BOP núm. ..., con data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período mantemento será de: (Data e sinatura do propoñente) 19. Información pública e convocatoria do concurso: O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 20. Réxime xurídico aplicable: En todo o non previsto neste prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, de Dereito Privado. ------ Folla: 103 12.13502.- APROBACIÓN DE VARIOS PROXECTOS DE OBRA CIVIL PARA INSTALAR NOS CONCELLOS DE CRECENTE, PAZOS DE BORBÉN, TUI E OIA AS PLANTAS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS, INCLUÍDAS DENTRO DO PROXECTO DEPUTRÁNS Visto que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou, en sesión de 23 de decembro de 2004, convocar un concurso para adxudicar, mediante procedemento aberto, a redacción de obra civil para instalar cada unha das plantas depuradoras de augas residuais incluídas no proxecto Deputráns. Visto que polo mesmo órgano, en sesión de 11 de marzo dos presentes, se resolveu o mencionado concurso, adxudicando a redacción dos proxecto da zona 1 (A Cañiza, Crecente, Arbo e Salvaterra de Miño) á empresa Grusamar, Enxeñeira e Consulting, a zona 3 (Ponteareas, Pazos de Borbén e Tui) á empresa Aquagest e a Zona 4 (Mondariz, O Porriño e Oia) Resultando que as mencionadas empresa entregaron diversos proxectos que foron supervisados polo Servizo de Vías e Obras; e visto o Documento RC que certifica a existencia de crédito, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación a varios proxectos de obra civil para instalar nos concellos de Crecente, Pazos de Borbén, Tui e Oia as plantas depuradoras de augas residuais incluídas dentro do Proxecto Deputrans, de conformidade co seguintes proxectos: 1. Obra civil para a instalación de dúas depuradoras compactas no concello de Tui, unha na parroquia de Pexegueiro e outra en Rebordáns", por un importe de 37.642,53 ¤, IVE incluído. 2. Obra civil para a instalación dunha planta depuradora de augas residuais no concello de Crecente, parroquia de Freixo, por un importe de 17.204,81 ¤, IVE incluído. 3. Obra civil para a instalación de tres depuradoras compactas no concello de Pazos de Borbén, dúas en Nespereira e unha no lugar de Pazos, por un importe de 52.734,46 ¤, IVE incluído. 4. Obra civil para a instalación de dúas plantas depuradoras de augas residuais no concello de Oia, parroquia de Santa María de Oia, por un importe de 33.168,00 ¤, IVE incluído. ------ Folla: 103 13.13503.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA Vistos os proxectos redactados polo Servizo de Vías e Obras, que mais adiante se detallan; e, vistos os documentos RCs emitidos por Intervención nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/511.511.612.02, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxectos: 1.- "Terminación ensanche e mellora EP 0014 Tombo-Salgueiral (Pontevedra)", por importe de 356.918,79 ¤, IVE incluído

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición