ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/12/09_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/1.2005-12-09_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/12/09_Ordinaria

  • Data(s) 2005-12-09 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 153 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día nove de decembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Julio Souto Diz. Non asiste o señor deputado D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 153 1.13550.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 2 de decembro de 2005. ------ Folla: 153 2.13551.- CAMBIO DO OBXECTO DA AXUDA ECONÓMICA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES SAN CIPRIANO DE ALDÁN Resultando que na Xunta de Goberno do día 28 de outubro de 2005, concédese unha axuda económica para adquisición dunha cámara de frío por importe de 8.300,00 ¤ á Confraría de Pescadores de Aldán. Resultando que con data 9 de novembro de 2005, o Patrón Maior D. Jorge Pérez Rodal, solicita o cambio de aplicación de dita axuda porque foi subvencionada pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Visto o escrito formulado por D. Jorge Pérez Rodal, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Aldán, o informe da Bióloga de Sección de Pesca e Cultivos Mariños, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade o cambio de aplicación da axuda económica por importe de 8.300,00 ¤, concedida para a cámara de frío, se reduza a axuda a 1.698,45 ¤, cantidade que se destina á adquisición dunha Hidrolavadora, Caixa de ferramentas, Zodiac 240 económica e Cortina de lamas para a Lonxa. ------ Folla: 153 3.13552.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: ALVAC, S.A. (CIF. A40015851) - A constituída en valores,mediante aval de IBERAVAL, por importe de vinte e tres mil douscentos cincuenta euros (23.250,00 ¤), para responder de "Asistencia Técnica para redacción do Proxecto de E.P.4306 Ponte do Val - Barciademera (Mondariz-Covelo)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/XII/2004 segundo núm. de operación 200400088045, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de IBERAVAL, por importe de mil cento noventa e nove euros con sesenta céntimos (1.199,60 ¤), para responder de "Asistencia Técnica para redacción do Proxecto de Pavimentación e mellora da variante de Prado (Lalín)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/XII/2004 segundo núm. de operación 200400088012, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de IBERAVAL, por importe de mil cento setenta e oito euros (1.178,00 ¤), para responder de "Asistencia Técnica para redacción do Proxecto de E.P.BAIONA-BAHIÑA (BAIONA))", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/05/2003 segundo núm. de operación 200300037401, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de IBERAVAL, por importe de quince mil cento cincuenta euros (15.150,00 ¤), para responder de "Asistencia Técnica para redacción do Proxecto de E.P.5106 Covelo-Barciademera (Covelo)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/XII/2004 segundo núm. de operación 200400088053, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de IBERAVAL, por importe de dezaoito mil setecentos cincuenta euros (18.750,00 ¤), para responder de "Asistencia Técnica para redacción do Proxecto de E.P.2102 Nigrán-Vincios (Nigrán-Gondomar)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/XII/2004 segundo núm. de operación 200400088048, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 153,154 4.13553.- ADXUDICACIÓN DA OBRA RELATIVA Ó PROXECTO MODIFICADO DE "PAVIMENTADO CAPA RODAXE AVDA. CAMELIAS (PRAZA DA INDEPENDENCIA-CONCELLO) (VIGO)" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 02/07/2004, polo que se adxudicou a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra de "Pavimentado capa de rodaxe Avda. Camelias (Praza Independencia-Concello) (Vigo)" na suma de 151.965,59 ¤, IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 15/07/2005, polo que se prestou aprobación, con cargo á partida 05/911.911.662.00, ó proxecto modificado de dita obra por importe de 30.391,78 ¤; visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que se presta conformidade ás medicións e prezos que figuran no proxecto modificado; visto o informe favorable emitido polo Sr. Secretario, en canto ó procedemento a utilizar para a adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146.3 do Rdl. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. Toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola adxudicataria da obra inicial 3.- Adxudicar a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra comprendida no proxecto modificado de "Pavimentado capa de rodaxe Avda. Camelias (Praza Independencia - Concello) (Vigo)" na suma de 30.391,78 ¤, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do Rdl. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lcap, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 154 5.13554.- ADXUDICACIÓN DA OBRA RELATIVA Ó PROXECTO MODIFICADO DE "PAVIMENTADO CAPA RODAXE RÚA ARQUITECTO ANTONIO PALACIOS (VIGO)" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 02/07/2004, polo que se adxudicou a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra de "Pavimentado capa de rodaxe Avda. Arquitecto Palacios (Vigo)" na suma de 199.955,66 ¤, IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 15/07/2005, polo que se prestou aprobación, con cargo á partida 05/911.911.662.00, ó proxecto modificado de dita obra por importe de 39.988,04 ¤; visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que se presta conformidade ás medicións e prezos que figuran no proxecto modificado; visto o informe favorable emitido polo Sr. Secretario, en canto ó procedemento a utilizar para a adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno por acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146.3 do Rdl. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. Toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola adxudicataria da obra inicial 3.- Adxudicar a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra comprendida no proxecto modificado de "Pavimentado capa de rodaxe Avda. Arquitecto Palacios (Vigo)" na suma de 39.988,04 ¤, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do Rdl. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lcap, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 155 6.13555.- ADXUDICACIÓN DA OBRA RELATIVA Ó PROXECTO MODIFICADO DE "PAVIMENTADO CAPA RODAXE PRAZA DE ESPAÑA (VIGO)" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 02/07/2004, polo que se adxudicou a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra de "Pavimentado capa de rodaxe Praza de España (Vigo)" na suma de 70.302,68 ¤, IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 15/07/2005, polo que se prestou aprobación, con cargo á partida 05/911.911.662.00, ó proxecto modificado de dita obra por importe de 14.058,64 ¤; visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que se presta conformidade ás medicións e prezos que figuran no proxecto modificado; visto o informe favorable emitido polo Sr. Secretario, en canto ó procedemento a utilizar para a adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno por acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146.3 do Rdl. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. Toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola adxudicataria da obra inicial 3.- Adxudicar a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra comprendida no proxecto modificado de "Pavimentado capa de rodaxe Praza de España (Vigo)" na suma de 14.058,64 ¤, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do Rdl. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lcap, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 155 7.13556.- ADXUDICACIÓN DA OBRA RELATIVA Ó PROXECTO MODIFICADO DE "PAVIMENTADO CAPA RODAXE RÚA MARTÍNEZ GARRIDO (VIGO)" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 02/07/2004, polo que se adxudicou a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra de "Pavimentado capa de rodase rúa Martínez Garrido (Vigo)" na suma de 191.675,01¤, IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 15/07/2005, polo que se prestou aprobación, con cargo á partida 05/911.911.662.00, ó proxecto modificado de dita obra por importe de 38.333,32 ¤; visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que se presta conformidade ás medicións e prezos que figuran no proxecto modificado; visto o informe favorable emitido polo Sr. Secretario, en canto ó procedemento a utilizar para a adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno por acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146.3 do Rdl. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. Toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola adxudicataria da obra inicial 3.- Adxudicar a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra comprendida no proxecto modificado de "Pavimentado capa de rodaxe rúa Martínez Garrido (Vigo)" na suma de 38.333,32 ¤, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do Rdl. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lcap, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 155 8.13557.- INFORME EN RELACIÓN CO ESTUDO INFORMATIVO EI-1-PO-20 "AUTOVÍA A-57: PONTEVEDRA-CONEXIÓN A-52" REMITIDO POLA DEMARCACIÓN DE ESTRADAS DO ESTADO EN GALICIA Retírase da orde do día ó informe en relación co estudo informativo EI-1-PO-20 "Autovía A-57: Pontevedra-conexión A-52" remitido pola Demarcación de Estradas do Estado en Galicia. ------ Folla: 155 9.13558.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 156 10.13559.- INCREMENTO DE TARIFAS POR IPC EN CENTROS BENÉFICOS CONCERTADOS. ANOS 2003, 2004 E 2005 A proposta do Servizo de Acción Social, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o incremento de prezos do IPC do 4%, 2,6% e 3,2% correspondentes ós años 2003, 2004 e 2005 respectivamente, por importe de 19.083,28 ¤ con cargo á partida 05/313.313.227.20, das tarifas dos Centros benéficos concertados por esta Deputación e que a continuación se relacionan. CENTRO INCREMENTO: CENTRO: COLEXIO DE EDUCACIÓN ESPECIAL "Ntra. Sra. de Fátima-Don Orione" DE POSADA DE LLANES, ASTURIAS INCREMENTO: Tarifa para 2003, 2004 e 2005 (5acollido/mes) 625,64 ¤, 641,91 ¤ e 662,45 ¤ CENTRO: FOGAR "SANTA ISABEL", VIGO INCREMENTO: Tarifa para 2003, 2004 e 2005 (3 acollido/mes).- 319,73 ¤, 328,04 ¤ e 338,54 ¤ CENTRO: CENTRO "PEDRO MATA" , REUS, TARRAGONA INCREMENTO: Tarifa para 2003, 2004, 2005 (1 acollido/día).- 39,82 ¤, 40,86 ¤ e 42,17¤ CENTRO: CENTRO ASISTENCIAL "SANTA TERESA" ARÉVALO, AVILA INCREMENTO: Tarifa para 2003, 2004 e 2005 (1 acollido/día) 43,40 ¤, 44,53 ¤ e 45,95 ¤ CENTRO: RESIDENCIA "AFANÍAS-CANILLEJAS", MADRID INCREMENTO: Tarifa para 2003,2004 (de 01.01.04/ 30.04.04) (1 acollido/mes) 249,77 ¤, 256,26 ¤ CENTRO: COMPLEXO HOSPITALARIO "SAN LUIS", PALENCIA. INCREMENTO: Tarifa para 2003, 2004 e 2005 (2 acollidos/día).- 46,04 ¤, 47,24 ¤ e 48,75 ¤ CENTRO: CENTRO ASISTENCIAL "SAN JUAN DE DIOS", PALENCIA INCREMENTO:Tarifa para 2003, 2004 e 2005 (4 acollidos/día).- 43,89 ¤, 45,03 ¤ e 46,47 ¤ CENTRO: CENTRO PSIQUIÁTRICO "ADA" DE MÉRIDA, BADAJOZ. INCREMENTO: Taxa para 2003, 2004 e 2005 (1 acollido/día).- 98,35 ¤ TOTAL INCREMENTO ANOS 2003, 2004 E 2005 (4%, 2,6% E 3,2% IPC) = 19.083,28 ¤ ------ Folla: 156 11.13560.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN A FAVOR DA ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS "O CORAZÓN DO SALNÉS" DE MEAÑO, SEGUNDO A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS DE MULLERES Habéndose aprobado polo Pleno desta Excma. Deputación Provincial de 27/04/05, as Bases Reguladoras das Subvencións para Asociacións de Mulleres ano 2005, establecendose un prazo de 30 días naturais a partir do seguinte ó da súa publicación no BOP para a presentación de solicitudes e estimándose fóra de prazo, por erro material, a solicitude presentada pola Asociación de Mulleres Rurais "O Corazón do Salnés", que ademais cumpría todos os requisitos esixidos nas referidas Bases, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión da subvención, por importe de 800,00 ¤, con cargo á partida 05/313.313.480.02 a favor da Asociación de Mulleres Rurais "O Corazón do Salnés" de Meaño, para a realización do curso de "Bordado a Man" con 80 horas de duración. ------ Folla: 156 12.13561.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición