ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/12/21_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/1.2005-12-21_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/12/21_Ordinaria

  • Data(s) 2005-12-21 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 177 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dezaoito horas e trinta minutos do día vinte e un de decembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 177 1.13596.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 16 de decembro de 2005. ------ Folla: 177 2.13597.- DEVOLUCIÓNS DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido la Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade acordase a devolución das seguintes fianzas: DRAGADOS S.A. (CIF A15139314) A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de cen mil ¤ (100.000), para responder de "Anticipo de maquinaria da obra de Ampliación do Museo de Pontevedra a Rehabilitación do Edf. Sarmiento", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 3/08/2004, segundo núm. 200400055021 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Caixagalicia, núm 147014, por importe de cen mil ¤ (100.000), para responder de "Anticipo a conta de materiais para a obra do Museo de Pontevedra e Rehabilitación do Edif. Sarmiento", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 9/12/2004, segundo núm. 200400086057 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 177,178 3.13598.- CANCELACIÓN DE AVALES RELATIVOS Á PRIMEIRA PROVISIÓN DO SUBMINISTRO DE PLANTAS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS PARA PEQUENOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN NO MARCO DO "PROXECTO DEPUTRANS 2004-2005" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 25 de febreiro de 2005, polo que se lle adxudicou á empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, (SMA) (C.I.F. - A-3688931), el concurso para contratación do subministro de plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto "Deputrans 2004-2005", por importe global de 4.622.368,00 euros, Ive incluído. Resultando que a Deputación Provincial de Pontevedra ten pendente de realizar as obras de acondicionamento dos lugares onde se teñen que instalar e poñer en funcionamento as plantas depuradoras obxecto do contrato e ante este feito procedeuse a efectuar a recepción, o día 30 de marzo de 2005, das plantas depuradoras FACET tipo STP-50 número de serie: 9313-241416; 9314-241416; 9315-241416; 9316-241416; 9317-241417; 9318-241417; 9319-241417; 9320-241417; 9321-241418; 9322-241418; 9323-241418; 9324-241418; 9325-241419; 9326-241419 e 9560-250308 e FACET tipo STP-25 números de serie: 9311-241415 e 9312-241415, que quedaron acopiadas nas instalacións que a empresa FACET IBÉRICA, S.A. ten no Polígono Industrial de Sabón en Arteixo (A Coruña), á espera da súa posterior instalación e posta en funcionamento, por parte da empresa adxudicataria, de conformidade co estipulado nos pregos de condicións que rexeron no concurso. Resultando que no prego de condición que rexeu o concurso figura a seguinte cláusula en relación á forma de pagamento: "Do prezo unitario ofertado a provisión representará o 85% do custo total (Ive incluído) e o 15% restante corresponderá á instalación e posta en marcha de forma indivisible. Se se solicita o pagamento das provisións este se realizará polas unidades almacenadas nese momento e con aval bancario para cada unha das plantas, aboándose o 75 % do importe certificado. Cada aval será devolto no momento de recepción de cada planta". Resultando que a empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, (SMA), para que se procedera ó pagamento da factura número 158050 de data 11/05/2005, por importe de 1.920.136,46 euros, que corresponde ó 85 % do total do prezo correspondente á entrega das 15 unidades de plantas para poboacións de ata 500 habitantes-equivalentes modelo FACET tipo STP-50 e 2 unidades de plantas para poboacións de ata 250 habitantes, modelo FACET tipo STP-25, presentou, entre outros, unha serie de avales do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria que foron depositados na Tesourería desta Deputación, co número operación e importe que se indica, o día 13 de maio de 2005, para responder do 75% do valor das seguintes plantas depuradoras. Nº serie planta Nº de operación Importe 9311.241415 200500050724 66.555,00 ¤ 9312-241415 200500050725 66.555,00 ¤ 9321-241418 200500050717 87.132,75 ¤ 9322-241418 200500050718 87.132,75 ¤ 9323-241418 200500050719 87.132,75 ¤ 9324-241418 200500050720 87.132,75 ¤ 9325-241419 200500050721 87.132,75 ¤ 9326-241419 200500050722 87.132,75 ¤ 9560-250308 200500050723 87.132,75 ¤ Resultando que a empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, (SMA), mediante escrito de data 1 de decembro solicita a cancelación dos avales citados do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, motivado polo feito de que achega unha serie de avales da entidade CAIXANOVA en substitución dos anteriores, os cales foron depositados na Tesourería desta Deputación, con número de operación e importe que se indica, o día 1 de decembro de 2005, para responder do 75% do valor das mesmas plantas depuradoras: Nº serie planta Nº de operación Importe 9311-241415 200500110094 66.555,00 ¤ 9312-241415 200500110095 66.555,00 ¤ 9321-241418 200500110096 87.132,75 ¤ 9322-241418 200500110098 87.132,75 ¤ 9323-241418 200500110100 87.132,75 ¤ 9324-241418 200500110102 87.132,75 ¤ 9325-241419 200500110104 87.132,75 ¤ 9326-241419 200500110106 87.132,75 ¤ 9560-250308 200500110108 87.132,75 ¤ Visto o informe de Intervención de data 13 de decembro de 2005, no que se deixa constancia dos avales depositados o 1/12/2005 cobren as mesmas garantías que os depositados o 13/05/2005. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar o cambio de garantías constituídas pola empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, (SMA), para responder do 75% do valor das seguintes plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto "Deputrans 2004-2005: Nº Serie planta Nº operación carta de pago aval substituído Nº operación carta de pago aval que garanta a planta Importe 9311-241415 200500050724 200500110094 66.555,00 ¤ 9312-241415 200500050725 200500110095 66.555,00 ¤ 9321-241418 200500050717 200500110096 87.132,75 ¤ 9322-241418 200500050718 200500110098 87.132,75 ¤ 9323-241418 200500050719 200500110100 87.132,75 ¤ 9324-241418 200500050720 200500110102 87.132,75 ¤ 9325-241419 200500050721 200500110104 87.132,75 ¤ 9326-241419 200500050722 200500110106 87.132,75 ¤ 9560-250308 200500050723 200500110108 87.132,75 ¤ 2. A devolución á empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, (SMA) dos garantes constituídos en valores, mediante avales do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, para responder do 75% do valor das plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto "Deputrans 2004-2005, que a continuación se detallan e que foron depositadas na Tesourería Provincial o 13 de maio de 2005, cos números de operación e polos importes seguintes: Nºserie planta Nº de operación Importe 9311.241415 200500050724 66.555,00 ¤ 9312-241415 200500050725 66.555,00 ¤ 9321-241418 200500050717 87.132,75 ¤ 9322-241418 200500050718 87.132,75 ¤ 9323-241418 200500050719 87.132,75 ¤ 9324-241418 200500050720 87.132,75 ¤ 9325-241419 200500050721 87.132,75 ¤ 9326-241419 200500050722 87.132,75 ¤ 9560-250308 200500050723 87.132,75 ¤ ------ Folla: 179 4.13599.- APROBACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA A OBRA "PAVIMENTACIÓN SANEAMENTO E ADECUACIÓN EXTERIOR CENTRO MULTIUSOS", DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR, CON CARGO Ó PAM/2005 En aplicación da Base 16ª de execución o orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Soutomaior unha subvención por importe de setenta mil euros (70.000,00), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra "Pavimentación, Saneamento e Adecuación Exterior Centro Multiusos" (libre disposición), co núm. 283/666 e con suxeición ás condiciones seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada non podendo cambiarse o destino ni a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requiriráselle a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que terá que axustarse estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos Técnicos Provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este Programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e nas certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con isto as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só efectuarase unha vez teña comprobado non ter débedas con esta Deputación ------ Folla: 179 5.13600.- ALEGACIÓNS Á AMPLIACIÓN E MELLORAS TECNOLÓXICAS NA PLANTA DE TRATAMENTO DE VERTIDOS DO MATADOIRO COMARCAL DO DEZA LALÍN, S.A. Dada conta do escrito do Concello de Lalín (núm. Rex. Entrada 036623, de 09/12/05), comunicándonos a solicitude de licencia para ampliación e melloras tecnolóxicas en planta de tratamento de vertidos, por parte do Matadoiro Comarcal do Deza Lalín, S.A., no Polígono Industrial de Botos, e outorgándonos dez días para facer as alegacións pertinentes, como consecuencia de lindar co Parque Comarcal de Botos desta Deputación, e Resultando que o Enxeñeiro Director de Vías e Obras emite informe o 16 de decembro, manifestando, entre outros, que a citada actividade en modo algún afectara ó normal desenvolvemento das funcións desempeñadas no citado Parque Comarcal. Considerando o disposto no artigo 30 do Decreto 2414/1961, de 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe e, en consecuencia, non realizar ningún tipo de alegacións. ------ Folla: 179 6.13601.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 179 7.13602.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA NA SUBVENCIÓN DE VIVENDA A FAVOR DE DONA MATILDE BAZ ALFAYA, CONCEDIDA NA XUNTA DE GOBERNO DE 22 XULLO DE 2005 Como queira que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de 22/07/05 aprobou a concesión de axudas para arranxo de vivendas 2005, por importe global de 188.074,00 euros, para numerosos beneficiarios de diversos concellos (A Cañiza, Barro, Campo Lameiro...) entre os cales figuraba Dona Matilde Baz Alfaia, veciña de Tomiño, para a cal se concedeu 982,29 euros de subvención e dado que a través da traballadora social dese concello solicitou prórroga para finalizar a obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder prórroga a favor de Dona Matilde Baz Alfaia, ata o 28 de febreiro de 2006, para concluír a obra obxecto da obra subvención para "Arranxo de Vivenda" que no seu día lle foi concedida por Xunta de Goberno de 22/07/05 e con cargo á partida 05/313.313.780.01. ------ Folla: 179,180 8.13603.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA NA SUBVENCIÓN DE VIVENDA A FAVOR DE DONA AMPARO BALSEIROS MONTOUTO, CONCEDIDA EN XUNTA DE GOBERNO DE 22 DE XULLO DE 2005 Aprobándose pola Xunta de Goberno de 22/07/05 desta Excma. Deputación Provincial, a concesión de subvención a favor de Dona Amparo Balseiros Montouto, veciña da Estrada, para "Arranxo de Vivenda"por importe de 3.955,88 ¤, e solicitándose prórroga de subvención pola mencionada beneficiaria o 14/12/05, por imposibilidade de finalizar as obras, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de prórroga a favor de Dona Amparo Balseiros Montouto, ata o 30 de abril de 2006, respecto da subvención para "Arranxo de vivenda" que lle foi concedida por acordo da Xunta de Goberno de 22/07/05 e con cargo á partida 05/313.313.780.01. ------ Folla: 180 9.13604.- RENUNCIA DE DON ALBERTO GARCÍA OTERO Á SUBVENCIÓN DE VIVENDA, CONCEDIDA EN XUNTA DE GOBERNO DE 22 DE XULLO DE 2005 Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 22/07/05, a concesión de subvención para "Arranxo de Vivenda" a favor de Don Alberto García Otero, veciño de Lalín, por importe total de 3.828,83 ¤, para "Instalación de baño e reparación de cuberta" e como queira que o 15/12/05 recibiuse neste Departamento de Acción Social, comunicación da traballadora social do concello, comunicando a renuncia do beneficiario á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade anular a concesión de subvención de 3.828,83 ¤, para "Arranxo de vivenda" a favor de Don Alberto García Otero, veciño de Lalín, por renuncia expresa do mesmo a tal subvención no seu día concedida por acordo da Xunta de Goberno de 22/07/05 e con cargo á partida 05/313.313.780.01. ------ Folla: 180 10.13605.- CORRECCIÓN DE ERRO DE CÓMPUTO NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 23 DE SETEMBRO DE 2005, RELATIVO ÁS SUBVENCIÓNS DE VIVENDAS, CON CARGO Á PARTIDA 05/313.313.780.01 Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 23/09/05 as subvencións para Arranxo de Vivendas, ano 2005, para un grupo de beneficiarios dos concellos de Agolada, A Guarda, Silleda e Tui, por importe total de 17.810,71 ¤ euros, con cargo á partida 05/313.313.780.01 e padecéndose erro de cómputo na aplicación contable de tal acordo da Xunta de Goberno, en relación coa subvención para "obra de conexión á rede de saneamento", concedida a Dona Zulmira da Resurrección Rodríguez, veciña de Tui, xerándose unha diferencia contable de 3,28 ¤, que non pode xa imputarse á partida 05/313.313.780.01 por falta de crédito dispoñible, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade imputar a suma de 253,35 euros, correspondente á subvención de Dona Zulmira da Resurrección Rodríguez, veciña de Tui, para arranxo da súa vivenda, á partida 05/313.313.789.00 "Outras transferencias" do vixente orzamento provincial, a efectos de subsanar o erro de aplicación contable padecido en relación co acordo da Xunta de Goberno de 23/09/05, que aprobou tal subvención. ------ Folla: 180 11.13606.- CORRECCIÓN DE ERRO ARITMÉTICO NO ACORDO ADOPTADO O 18 DE NOVEMBRO DE 2005, NÚMERO 6.13496, RELATIVO Á RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO FORMULADA POR DON JOSÉ VARELA OTERO Resultando que con data 18 de novembro de 2005 a Xunta de Goberno adoptou acordo polo que se estima reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por D. José Varela Otero, por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 1104, Moaña-Coiro. Resultando que no devandito acordo figura a cantidade de 1.877,36 ¤ como parte da indemnización que debe asumir e que debe de reintegrar a esta Deputación a aseguradora AXA AURORA IBÉRICA, S.A., cando en realidade a cantidade que corresponde é a de 748,33 ¤, resultante de descontar do importe total da indemnización recoñecida a D. José Varela Otero, de 1.349,34 ¤, o importe da franquía establecida na póliza subscrita que é de 601,01 ¤. Resultando que debe adoptarse acordo corrixindo o erro aritmético padecido. Considerando o disposto no art. 105,2 da Lei 30/92 de 26 de novembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, Rectificar o acordo número 6.13496 de 18 de novembro de 2005, relativo a reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 1104, Moaña-Coiro no sentido seguinte: Parágrafo Cuarto, onde di "... proceda ó ingreso de 1.877,36 ¤ (mil oitocentos setenta e sete euros con trinta e seis céntimos) ...", debe dicir "... proceda ó ingreso de 748,33 ¤ (setecentos corenta e oito euros con trinta e tres céntimos)...", corrixíndose así o erro aritmético padecido. ------ Folla: 180,181 12.13607.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON EUSEBIO ROSALES CARBALLAL POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA CAMIÑO FORESTAL Á ALTURA DO 401 (MARÍN) Dada conta que con data de Rexistro 3/10/2005 (Rex. nº 032838) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Eusebio Rosales Carballal con enderezo de notificacións na rúa Cristino Álvarez nº 1 - 3ª planta de A Coruña, por danos padecidos en vehículo matrícula 6875-BVF o día 11 de setembro de 2005, e que individualiza economicamente en 148,46 ¤. Resultando.- Que con data 4/11/2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 7/11/2005 co seguinte contido: " No existe ninguna carretera perteneciente a la red provincial que responda al nombre de "Camiño Forestal". En consecuencia, para emitir el informe solicitado, sería necesario que el denunciante aportase datos más precisos que sirvan para identificar el lugar exacto donde se produjo el mencionado accidente" Resultando.- Que en base ó informe anterior, requiriuse ó interesado a fin de que identificase o punto quilométrico onde se produciu o accidente, o cal foi remitido en 7/12/2005 co seguinte contido: "...Carretera forestal 401, punto kilométrico 0,300 termino municipal de Marín y judicial de Marín, Travesía de tramo de vía interurbano" Resultando.- Que con data 12/12/2005 solicitouse informe complementario e aclaratorio ó Servizo de Vías e Obras o cal foi evacuado coa mesma data e co seguinte contido: "...pongo en su conocimiento que no existe ningún vial perteneciente a la red provincial de carreteras que responda a la nomenclatura "Carretera Forestal 401" Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que ó teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd. 2568/86 e Rd. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 181,182 13.13608.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS NÚMERO 69/05 Vista a proposta da Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación, de data 20 de decembro de 2005, relativa á incoación dun expediente de transferencia de créditos, entre diversas partidas do vixente orzamento provincial, por un importe global de 260.680,00 euros, coa finalidade de afrontar os gastos que se derivan do aboo de atrasos en concepto de especial dificultade técnica, ó ser aprobado o Plan de Emprego para o persoal funcionario e laboral desta Deputación Provincial na sesión plenaria do día 26 de outubro de 2005. Visto o informe de Intervención, de data 20 de decembro de 2005, no que deixa constancia de que a proposta efectuada pola Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación razoa suficientemente as variacións de crédito nas distintas partidas e cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que nas partidas cuxo crédito se minora expediuse o RC, polo importe en que se minora e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de créditos de persoal xestionadas por diferentes Centros Xestores. A Xunta de Goberno, de conformidade co disposto na Base 10ª, apartado 3 d., correspondente á execución do orzamento para o exercicio de 2005, acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 69/05 por importe total de 280.680,00 euros, incoado polos responsables dos Centros Xestores de Recursos Humanos, Gabinete da Presidencia, Contratación, Parque Móbil, Cidade Infantil "Príncipe Felipe", Arquitectura e Urbanismo, Arquivos, Museo Provincial, Vías e Obras, Intervención e Tesourería, minorando crédito nos importes e nas partidas que se indican e incrementando crédito polos importes e nas partidas que se detallan a continuación: PARTIDAS A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN Importe 112.111.121.02 Retribucións complementarias-Complemento Específico (Gabinete de Presidencia) 1.540,00 ¤ 123.121.121.02 Retribucións complementarias-Complemento Específico (Contratación) 1.210,00 ¤ 131.121.121.02 Retribucións complementarias-Complemento Específico (Parque Móbil) 8.900,00 ¤ 422.422.121.02 Retribucións complementarias-Complemento Específico (Cidade Infantil "Príncipe Felipe") 125.400,00 ¤ 432.432.121.02 Retribucións complementarias-Complemento Específico (Arquitectura e Urbanismo) 11.980,00 ¤ 454.451.121.02 Retribucións complementarias-Complemento Específico (Arquivos Biblioteca e Publicacións) 340,00 ¤ 455.845.121.02 Retribucións complementarias-Complemento Específico (Museo Provincial) 8.620,00 ¤ 612.611.121.02 Retribucións complementarias-Complemento Específico (Tesourería) 2.670,00 ¤ 511.511.230.01 Dietas do persoal (Vías e Obras) 60.000,00 ¤ 511.511.231.01 Locomoción do persoal (Vías e Obras) 40.000,00 ¤ 455.845.150.04 Productividade - Complementaria (Museo Provincial) 10,00 ¤ 612.611.150.04 Productividade - Complementaria (Tesourería) 10,00 ¤ TOTAL 260.680,00 ¤ PARTIDAS A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN Importe 611.611.121.02 Retribucións Complementarias - Complemento Específico (Intervención) 20.680,00 ¤ 122.121.150.05 Productividade - Para novo catálogo de postos (Recursos Humanos) 240.000,00 ¤ TOTAL 260.680 ,00 ¤ ------ Folla: 182 14.13609.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE MEAÑO PARA A XUSTIFICACIÓN DA REDACCIÓN DO PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL 2004 "REVISIÓN E ADAPTACIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE MEAÑO", CO NÚMERO 16 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Meaño, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución do Planeamento Urbanístico Xeral 2004: "Revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Meaño", co núm. 16, subvencionada por Resolución Presidencial nº. 017721 de 31-12-04 por importe de 26.000,00 Euros. Esta prórroga concédese, con carácter improrrogable, ata o 20 de decembro de 2006. ------ Folla: 182 15.13610.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE CERDEDO PARA A XUSTIFICACIÓN DA REDACCIÓN DO PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL 2004 "FORMULACIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL", CO NÚMERO 7 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Cerdedo, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución do Planeamento Urbanístico Xeral 2004: "Formulación Plan Xeral de Ordenación Municipal", co núm. 7, subvencionada por Resolución Presidencial nº. 017596 de 31-12-04 por importe de 8.000,00 Euros. Esta prórroga concédese, con carácter improrrogable, ata o 20 de decembro de 2006. ------ Folla: 182 16.13611.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE MONDARIZ PARA A XUSTIFICACIÓN DA REDACCIÓN DO PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL 2004 "REVISIÓN E ADAPTACIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE MONDARIZ", CO NÚMERO 17 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Mondariz, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución do Planeamento Urbanístico Xeral 2004: "Plan Xeral de Ordenación do Territorio de Mondariz", co núm. 17, subvencionada por Resolución Presidencial nº. 017721 de 31-12-04 por importe de 35.000,00 Euros. Esta prórroga concédese, con carácter improrrogable, ata o 20 de decembro de 2006. ------ Folla: 183 17.13612.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE AGOLADA PARA A XUSTIFICACIÓN DA REDACCIÓN DO PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL 2004 "ADAPTACIÓN Á LEI 9/2002 DO PXOM EN FASE DE REDACCIÓN", CO NÚMERO 1 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Agolada, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución do Planeamento Urbanístico Xeral 2004: "Adaptación á Lei 9/2002 do PXOM en fase de redacción", co núm. 1, subvencionada por Resolución Presidencial nº. 017606 de 31-12-04 por importe de 21.000,00 Euros. Esta prórroga concédese, con carácter improrrogable, ata o 20 de decembro de 2006. ------ Folla: 183 18.13613.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a intervención desta Deputación de data 20 de decembro de 2005, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos centros xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: - A relación de facturas, que figuran ca referencia 200500001278 e que conten cento trinta e seis facturas, sendo a primeira das cales a referida a Obras, Transportes y Construcciones Fontefria, S.L. por importe de 791,96 ¤ e a derradeira a referida a Couceiro Amor, Vicente Manuel por importe de 789,13 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: - Importe total 268.454,95 ¤ - Descontos do IRPF 117,20 ¤ - Descontos do IVE soportado deducible 0,00 ¤ - Total líquido 268.337,75 ¤ ------ Folla: 183 19.13614.- PRÓRROGA DE BOLSAS DE INVESTIGACIÓN PARA O CENTRO EXPERIMENTAL DE VITICULTURA DE RIBADUMIA De conformidade co establecido nas bases da convocatoria de bolsas de investigación científica para o Centro Experimental de Viticultura de Ribadumia, publicadas no Boletín Oficial da Provincia nº 164 de data 27 de agosto de 2003, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, a proposta do Xefe do Servizo Agrario, prorrogar a D. Daniel Duran Pereira, D. David Landín Roig e Dña. Írena Cabrejas Domínguez, as bolsas que lles foron concedidas por acordos adoptados nas Xuntas de Goberno celebradas o 14 e 21 de Novembro de 2003, por importe de 841,41 ¤/mes e con efectos 01 de Decembro de 2005 e ata o 30 de novembro de 2006; así como a Dona Mª Aranzazu Jorge Fernández, a bolsa adxudicada por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 05 de decembro de 2003, por importe de 841,41 ¤/mes e con efectos de 15 de decembro de 2005 e ata o 14 de decembro de 2006. A dotación económica desta bolsa ascende a 841,41 €/mes cada unha, o cal supón un custo, a efectos económicos e para este exercicio 2005 dun total de 2.985,61 ¤, cantidade que se imputará á partida 05/711.711.481.02 do vixente orzamento provincial e segundo a seguinte desagregación: EFECTOS PRÓRROGA Nº BOLSEIROS DURACIÓN TOTAL PRORROGA 2005 01-12-2005 3 1 mes 2.524,23 ¤ 15-12-2005 1 17 días 461,38 ¤ TOTAL........... 2.985,61 ¤ ------ Folla: 183,184 20.13615.- ALEGACIÓNS Ó ESTUDO INFORMATIVO EI-1-PO-20 AUTOVÍA A-57: PONTEVEDRA-CONEXIÓN A-52 Dada conta da comunicación da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento, de data 31 de outubro de 2005, recibida nesta Deputación o día 2 de novembro de 2005 (nº rexistro entrada 033019), remitindo estudio informativo EI-1-PO-20 "Autovía A-57: Pontevedra-Conexión A-52", ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que o Enxeñeiro Director de Vías e Obras, emite informe con data 18 de novembro de 2005, no que textualmente di: "...Las diferencias alternativas presentadas ofrecen todas ellas la posibilidad de desplazarse desde el norte de la provincia hasta conectar con la A-52, sin necesidad de utilizar el Puente de Rande y el consabido nudo de Puxeiros. Las distintas alternativas se materializan en trazados distintos, que se aproximan más o menos al borde de la costa para cumplir con el objetivo anteriormente señalado. Las diferentes valoraciones que se hacen de las distintas alternativas ofrecen resultados diversos, según la óptica bajo las que se este tratando cada una de las alternativas. Del análisis multicriterio se desprende que la opción mejor valorada es la 1ª, al considerar factores concurrentes como, coste, impacto ambiental, funcionalidad, etc. A nuestro juicio esta alternativa nº 1 se aproxima más a núcleos que pueden generar incorporación de usuarios, al tronco central de la A-57, sin llegar a interferir en exceso en las poblaciones. Así mismo el punto de conexión de la solución propuesta con la alternativa nº 1 ofrece un mejor servicio al facilitar la canalización tanto del tráfico que se dirige a la meseta como aquel que tenga como destino Portugal, mientras que cualquiera de las otras alternativas se alejan considerablemente de la zona del Confurco, como quiera que el Servicio a los usuarios de la alternativa nº 1 con destino a la meseta tienen un desplazamiento semejante, por todo ello se hace recomendable la elección de la alternativa nº 1." No obstante la solución definitiva deberá intergrarse y conectar adecuadamente con la solución que se le dé a la circunvalación de Pontevedra y resolver de una manera directa el acceso al aeropuerto de Peinador por ser un punto estratégico y de frecuente utilización por los residentes en el norte de la provincia. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia-Dirección Xeral de Estradas-Ministerio de Fomento. ------ Folla: 184 21.13616.- ALEGACIÓNS Ó ESTUDO INFORMATIVO EI-1-PO-18: CIRCUNVALACIÓN DE PONTEVEDRA Visto o estudo informativo da circunvalación de Pontevedra e o informe técnico correspondente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade estimar que ningunha das alternativas previstas, tal como están expostas, resolve o problema de tráfico da cidade, incluída a variante nº4 que é, o parecer, a alternativa auspiciada polo Ministerio de Fomento. Esta última variante non é valida pola seguinte razón: 1.- Ó establecer a conexión no nudo do Pino sobrecargará en exceso este, xa de por si, punto conflictivo, polo que debía levarse a unha zona máis distante e que teña continuidade coa incorporación da variante de Marín. 2.- A conexión no outro extremo debe aproximarse cara ó exterior, mellorando así o servizo coa estrada de Vilagarcía e tendo en conta o tráfico que vai xerar a futura actuación do polígono do Consorcio Barro-Meis. 3.-Non se contemplan as conexións coas vías que intercepta nin coa A-9. Non obstante, a Deputación de Pontevedra considera necesaria e imprescindible unha estrada de circunvalación para resolver os problemas de tráfico da cidade, expectativas que non se cumpren coa variante nº 4 tal como está presentada polas razóns expostas. Esta variante coincide practicamente coa alternativa nº 3, proposta fai dous anos polo Ministerio de Fomento, e que xa naquel entón fora rexeitada por non estimarse válida para resolver os problemas de tráfico. En calquera caso a Deputación está a espera do trazado definitivo para poder plantexar o acceso á Cidade Infantil Príncipe Felipe e ó Hospital Montecelo. ------ Folla: 184 22.13617.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dezanove horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Xeral, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición