Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-01-27_Ordinaria. Acta de sesión 2006/01/27_Ordinaria
Acta de sesión 2006/01/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/2.2006-01-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/01/27_Ordinaria
Data(s) 2006-01-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 16 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e sete de xaneiro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia de D. José Juan Durán Hermida, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Julio Souto Diz. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13669.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 20 de xaneiro de 2006. ------ Folla: 16 2.13670.- PRÓRROGA PARA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2005/2006, CONCEDIDA A VECIÑOS DO CONCELLO DE CUNTIS EN SESIÓN DE DATA 07/10/05 DA XUNTA DE GOBERNO Aprobándose pola Xunta de Goberno de 26/08/2005, a concesión de Axudas ós concellos para libros de texto, curso 2005/2006, por importe global de 61.789,99 euros, con cargo á Partida 05/313.313.462.05, modificándose as contías de tales subvencións en virtude de acordo da Xunta de Goberno de 07/10/05 en conformidade coa Orde da Xunta de Galicia de 15/09/05 de ampliación da gratuidade de libros a toda a educación primaria, e á vista da solicitude dirixida en decembro de 2005 pola Alcaldesa de Cuntis, a esta Deputación, pedindo prórroga respecto á subvención de 502,86 euros, concedida a tal concello por imposibilidade de xustificar totalmente a axuda, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a concesión de prórroga ata o 31 de xaneiro de 2006, ó Concello de Cuntis, respecto da subvención para libros de texto, curso 2005/2006 por importe de 502,86 euros, concedida por Xunta de Goberno de 07/10/05. ------ Folla: 16 3.13671.- PRÓRROGA DO CONTRATO DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A SOCIEDADE UNIPERSONAL SEGURIDAD ALIMENTARIA DEL NOROESTE, S.L.(SANOR) Dada conta da petición de prórroga do contrato de Prestación de Servizos formulada pola empresa Seguridad Alimentaria del Noroeste. Resultando que a Xunta de Goberno de data 23 de setembro de 2005 aproba o contrato de prestación de servizos entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Sociedad Unipersonal Seguridad Alimentaria del Noroeste (SANOR). Visto o informe emitido polo enxeñeiro director do Servizo Agrario de 9 de xaneiro de 2006 e o dictame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 18 de xaneiro de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á prórroga do contrato de Prestación de Servizos para a recollida de mostras de materias primas para alimentación animal en diferentes Portos de Galicia, por un período de duración ata o 31 de marzo de 2006. ------ Folla: 16,17 4.13672.- ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A TRAVÉS DO SERVIZO AGRARIO-ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO E VIVEIRO FORESTAL RÍAS BAIXAS, S.L. Dada conta da petición formulada por Dona Alicia Currás Fernández, titular do Viveiro Forestal Rías Baixas, S.L., para a realización dun Acordo de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a través do Servizo Agrario-Estación de Fitopaloxía de Areeiro, para darse de alta como produtor-multiplicador de árbores froiteiros no Rexistro Oficial da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Visto o informe emitido polo enxeñeiro director do Servizo Agrario de data 17 de xaneiro de 2006 e o dictame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 18 de xaneiro de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o acordo de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a través do Servizo Agrario-Estación de Fitopatoloxía de Areeiro e o Viveiro Forestal Rías Baixas, S.L. Dito acordo é como segue: "ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - SERVIZO AGRARIO - ESTACIÓN DE FITOPATOLOXÍA E VIVEIRO FORESTAL RÍAS BAIXAS, S. L. En Pontevedra, a de de 2006 REUNIDOS Dunha parte, D. Rafael Louzán Abal, con DNI núm. 35.451.643-H, en calidade de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en nome e representación da mesma, de conformidade co Art. 34.1 b da Lei 7/85 de 2 de abril, de bases de réxime local. E de outra parte Dona Alicia Currás Fernández, en calidade de Titular do VIVEIRO FORESTAL RÍAS BAIXAS, S.L. e con D.N.I. 35.297.515-J, con domicilio social na Parroquia de Figueirido do concello de Vilaboa (Pontevedra). Ambas partes no exercicio da súas competencias que lle están legalmente atribuídas, recoñecéndose reciprocamente capacidade xurídica suficiente para subscribir o presente acordo de colaboración e a tal efecto. MANIFESTAN 1. Establecer entre ditas entidades un acordo de colaboración de Servizos Fitopatolóxicos, nos seguintes termos. 2. O Viveiro Forestal Rías Baixas, S.L., para darse de alta como produtor-multiplicador de plantas no Rexistro Oficial da Consellería de Medio Rural da Xunta, necesita dun laboratorio de recoñecido prestixio pola Consellería de Medio Rural, para efectuar as análises necesarias fitopatolóxicas e asesoramento en dita materia. Que a Estación de Fitopatoloxía do Areeiro desta Deputación, dispón dos medios persoais e materiais para efectuar as análises fitopatolóxicas necesarias, sendo un dos laboratorios para efectuar ditas determinacións recoñecido pola Consellería de Medio Rural. A tal efecto, ACORDAN 1. Que o Viveiro Forestal Rías Baixas, S.L., remitirá á Estación de Fitopatoloxía do Areeiro, as mostras para efectuar as análises fitopatolóxicas (viros, nematodos, bacterias, esencialmente), e aboará mensualmente as análises efectuadas en dito mes, efectuándose pola Excma. Deputación un cargo único mensual que englobe as análises efectuadas en dito prazo, ingresando dito importe na conta que indique a Excma. Deputación. 2. O prezo por unha determinación sexa nematodos, virus, bacterias ou outros será de 9,00 ¤ máis o 7% de Ive. Se nunha mostra remitida se solicitasen dous determinacións por exemplo, nematodos e un virus, o importe a pagar ascenderá a 18,00 ¤ máis o 7% Ive. 3. Os prezos asignados ás análises poderán modificarse nos próximos anos, se fora necesario, por modificación dos prezos públicos que estableza a Deputación. 4. O presente Acordo de Colaboración, empezará a producir o seu efecto a partir da data da sinatura ata o 31 de decembro de 2006, podéndose prorrogar o mesmo, por acordo de ambas partes e por ano natural ata un máximo de tres anos, debéndose solicitar a prórroga do mesmo cun mes de antelación a súa finalización. 5. O presente Acordo de Colaboración, poderá resolverse por denuncia de calquera das partes, mediante aviso previo, comunicándose dita denuncia, con dous meses de antelación á data de resolución. E como proba de conformidade, asinan o presente Acordo de Colaboración en todas as súas follas, no lugar e data indicada. POLA EXCMA. DEPUTACIÓN POR VIVEIRO FORESTAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. RÍAS BAIXAS, S. L. Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Alicia Currás Fernández" ------ Folla: 18 5.13673.- SUBVENCIÓN DAS ANÁLISES DE SOLOS Á ASOCIACIÓN DE VITICULTORES DE VILABOA Dada conta da petición formulada pola Asociación de Viticultores de Vilaboa, representada por D. Guillermo Martínez Pintos, presidente, e Dona Mª Esther Martínez, secretaria, solicitan se lle subvencione as análises de solos que dita Asociación realice na Estación de Fitopatoloxía de Areeiro. Visto o informe emitido polo enxeñeiro director do Servizo Agrario de data 13 de xaneiro de 2006 e o dictame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 18 de xaneiro de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a petición de subvención das análises solicitadas. ------ Folla: 18 6.13674.- PRÓRROGA DO CONTRATO DA PÓLIZA DE RESPONSABILIDADE CIVIL-PATRIMONIAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A ANUALIDADE DO 2006 Visto o acordo da Xunta de Goberno, en sesión de 5 de xaneiro de 2005, adxudicando á empresa Caja de Seguros Reunidos, Cía de Seguros e Reaseguros, S.A. (C.I.F. A-28.013.050) o contrato dunha póliza de seguro de responsabilidade civil-patrimonial da Deputación Provincial de Pontevedra por un importe anual de 67.606,80 ¤, IVE incluído. Vista a oferta da empresa para prorrogar o contrato, así como o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, e de conformidade co estipulado no artigo 198.1 do Rdl 2/2000, polo que se aproba o Texto refundido da lei de contratos das administracións públicas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Prorrogar por un ano o contrato da póliza de responsabilidade civil-patrimonial da Deputación de Pontevedra durante o ano 2006 coa empresa Caja de Seguros Reunidos, Cía de Seguros e Reaseguros, S.A.. (C.I.F. A-28.013.050) pola cantidade de sesenta e sete mil seiscentos seis euros con oitenta céntimos (67.606,80¤), IVE incluído. O contrato terá efectos desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2006, ambos incluídos. Así mesmo, acórdase autorizar dito gasto con cargo á partida 06/511.511.224.08. ------ Folla: 18,20 7.13675.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: FICHET SISTEMAS e SERVICIOS,S.A. (CIF A61213989) - A constituída en valores,mediante aval de BANESTO (cambiouse por un de BBVA), por importe de dous mil douscentos sesenta e cinco euros con trinta e tres céntimos (2.265,33 ¤), para responder de "Instalación de medidas de seguridade e contraincendios no Centro de Educación Especial da C.I.P.Felipe", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/X/2002 segundo núm. de operación 200200089997, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIÓNES CRESPO, S.A.. (CIF.A36001063) - A constituída en valores,mediante aval de BANESTO, por importe de catro mil trescentos cincuenta euros (4.350,00 ¤), para responder de "Mellora de Trazado E.P.2203 P.K. 0+500 Baiona-Baredo (Baiona)",e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/02/2002 segundo núm. de operación 200200014139, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES BARREIRO B., S.L.. (CIF B36117356) - A constituída en valores,mediante aval de CAIXAGALICIA, por importe de dous mil trescentos corenta euros con noventa e nove céntimos (2.340,99 ¤), para responder de "Reparación cuberta no edificio Sarmiento do Museo Provincial", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/XI/1996, segundo núm.1996038521 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de CAIXAVIGO E OURENSE, por importe de dous mil trescentos noventa e cinco euros con corenta céntimos (2.395,40 ¤), para responder de "Reparación cuberta xeral no edificio Garcia Flórez do Museo Provincial", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/06/2000, segundo núm.2000032233 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cincocentos trinta e catro euros con setenta e seis céntimos (1.534,76 ¤), para responder de "Reparación cuberta xeral de claraboias no Pazo Provincial", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/08/2001, segundo núm.200100040579 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil douscentos noventa e nove euros con sesenta céntimos (2.299,60 ¤), para responder de "Reparación xeral de cuberta xeral de cuberta no edificio Castro Monteagudo do Museo Provincial", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/09/2001, segundo núm.200100045488 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil douscentos setenta e seis euros con trinta céntimos (2.276,30 ¤), para responder de "Supresión de Barreiras Arquitectónicas no Pazo Provincial", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/01/2001, segundo núm.200100000029, (SIC 2001000185) de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil catrocentos vinte e dous euros con sesenta e cinco céntimos (1.422,65 ¤), para responder de "Reparación cuberta xeral no edificio Fernández Flórez do Museo Provincial", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/06/2003, segundo núm.200300040887 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil trescentos corenta e un euros con cincuenta e cinco céntimos (2.341,55 ¤), para responder de "Acondicionamento de fachadas do Pazo Provincial", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/01/2003, segundo núm.200300000004 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES OBRAS e VIALES, S.A. (COVSA) (CIF.A36008886) - A constituída en valores,mediante aval de MAPFRE CAUCIÓN e CRÉDITO, por importe de dous mil corenta e catro euros con catro céntimos (2.044,04 ¤), para responder de "Terminación EP 0203 Caritel-Anceu (Ponte Caldelas)", pertencentes a (Fondos Propios de 2001), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/11/2001, segundo núm.200100059766 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de SOGARPO, por importe de sete mil setecentos trinta euros con noventa e catro céntimos (7.730,94 ¤), para responder de "Mellora EP 4301 Riofrio-Borbén (Mondariz)", pertencentes a (Fondos Propios de 2001), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/07/2001, segundo núm.200100035824 (SIC 2001038975) de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de BBVA, por importe de catro mil trescentos noventa e dous euros con vinte céntimos (4.392,20 ¤), para responder de "Mellora do trazado e pavimentación EP 2102 Nigrán - Vincios", pertencentes a (Fondos Propios de 2001)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/09/2001, segundo núm.200100046239 (SIC 2001050057) de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de BBVA, por importe de dous mil douscentos setenta e catro euros con vinte céntimos (2.274,20 ¤), para responder de "EP 9506 Barrantes- Vilariño (Ribadumia)", pertencentes a (Fondos Propios de 2001), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/11/2001, segundo núm.200100058311 (SIC 2001063219) de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de STO.PAUL INSURANCE ESPAÑA, por importe de cinco mil setecentos euros con setenta e sete céntimos (5.700,77 ¤), para responder de "EP 6506 Breixa-Manduas (Silleda)", pertencentes a (Fondos Propios de 2001)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/08/2001, segundo núm.200100038750 (SIC 2001042112) de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de ACC SEGUROS, por importe de catro mil dezanove euros con corenta e cinco céntimos (4.019,45 ¤), para responder de "EP 8702 Catoira-Torres del Oeste (Catoira)", pertencentes a (Fondos Propios de 2001)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/01/2002, segundo núm.200200004194 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 20,21 8.13676.- APROBACIÓN DAS BASES DO "PREMIO VALLE INCLÁN 2006" De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de Bases do Premio Valle Inclán 2006, e que son do seguinte teor: "PREMIO VALLE-INCLÁN 2006 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en colaboración co Concello de Vilanova de Arousa, dentro das súas múltiples actividades no eido da cultura, convoca a terceira edición do Premio "Valle-Inclán" que, atendendo ás disposicións do regulamento correspondente, se rexerá polas seguintes B A S E S Primeira.- A convocatoria é para estudos que versen e profundicen en calquera aspecto da vida ou da obra de Valle-Inclán desde un punto de vista científico. Segunda.- O premio estará dotado coa cantidade de vinte e catro mil euros (24.000,00¤) que se achegará con cargo á partida 06/451.451.481.01 do Orzamento provincial. O xurado poderá decidir deixalo deserto ou ben conceder cantos accésits considere con este contía global. Terceira.- Os traballos deberán ter as seguintes características: - Ser orixinais e inéditos. - Deberán estar redactados en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. - Presentaranse cinco exemplares mecanografados a dobre espazo. A presentación poderá facerse baixo lema ou pseudónimo, caso no que se achegará a correspondente identificación do autor nun sobre aparte. Cuarta.- A presentación das solicitudes por parte dos candidatos farase no Rexistro Xeral desta Deputación a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ata o día 31 de xullo de 2006, aceptando os interesados as condicións establecidas na mesma. Rematado este prazo, a Secretaría Xeral da Deputación expedirá unha certificación das propostas presentadas que, xunto con elas e a documentación correspondente, lle pasará ó xurado do premio. A cada solicitude ou proposta xuntaránselle cantos documentos se consideren de interese para un mellor coñecemento de cada un dos candidatos. Quinta.- Para adxudicar o premio ó que se refire esta convocatoria constituirase un xurado integrado polos seguintes membros: Presidente: - presidente da Deputación ou deputado en quen delegue Vocais: - alcalde-presidente do concello de Vilanova de Arousa - presidente da Comisión de Cultura - un representante de cada un dos seguintes organismos: a.- Consellería de Cultura e Deporte b.- Consello da Cultura Galega c.- Fundación Valle-Inclán - tres persoas de recoñecido prestixio intelectual e académico Secretario: - O titular da Corporación ou funcionario en quen delegue. Este xurado non poderá constituírse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros, que resolverá todas as incidencias que se presenten e cuxas decisións serán inapelables; poderán así mesmo solicitar a axuda de asesores especialistas na materia. Sexta.- O xurado analizará os traballos presentados con liberdade de criterios, valorando, especialmente, aqueles aspectos que supoñan unha contribución ó estudo da vida e a obra de Valle-Inclán ou a súa relación con Galicia. Da decisión do xurado e da adxudicación do premio redactarase unha acta detallada que, asinada por tódolos membros do devandito xurado, pasará a coñecemento do Presidente da Deputación de Pontevedra, ou o órgano competente en quen delegue, para prestarlle a súa conformidade. Sétima.- A entrega do premio realizarase no lugar e a data que determine o presidente da Deputación, nun acto solemne e coa asistencia dos membros do xurado, así como de personalidades das artes e as letras. Xunto co premio, o/a galardoado/a recibirá un diploma e unha copia da acta da reunión do xurado. Oitava.- Durante o prazo dun ano, a partir da emisión do fallo do xurado, a Deputación promoverá a publicación do traballo premiado. Os traballos que non fosen galardoados poderán ser retirados no Servizo de Cultura desta Deputación, no prazo de tres meses, contados desde a data da resolución do concurso, pasados os cales quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas". ------ Folla: 21,22 9.13677.- APROBACIÓN DAS BASES DA "FESTA DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES 2006" De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta das Bases da Festa da Bicicleta e Marchas Populares a realizar nos concellos da provincia no ano 2006 e que son do seguinte teor: "FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES Esta Deputación Provincial de Pontevedra, no seu afán de fomentar o deporte popular aberto a todos os cidadáns que o desexen, vén celebrando, en colaboración cos concellos, actividades deportivas que, polo éxito alcanzado en anos anteriores, considera conveniente conservar. A súa programación rexerase polas seguintes B A S E S 1.- MARCHAS POPULARES Consisten na realización de carreiras pedestres por tramos urbanos ou rurais nos concellos, de conformidade cos seguintes requisitos: a) Poderán participar todas as persoas maiores de 8 anos en categorías masculina e feminina. b) O Concello sinalará a data idónea e o percorrido, encargándose igualmente de manter a orde coa Policía Municipal, Cruz Vermella, Protección Civil, etc. 2.- FESTAS DA BICICLETA Teñen por obxecto realizar marchas ciclistas populares de percorrido non superior a 10 km, podendo participar quen o desexe sen límite de idade e conforme ós seguintes requisitos: a) O Concello sinalará a data para a súa celebración e o percorrido para efectuar (indicando o lugar de concentración para a saída e a chegada, encargándose da orde coa Policía Municipal, servizos da Cruz Vermella, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico. b) Os peticionarios das probas realizarán as solicitudes de acordo co establecido no art. 2 no Anexo II do R.d. 1428/2003, de 21 de novembro (BOE núm. 306, de 23/12/03), polo que se aproba o Regulamento de circulación, en particular o referente a "probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos". c) A concesión da proba obriga ós concellos a informar e dar a adecuada difusión pública do evento deportivo, así como a anunciar o patrocinio deste organismo provincial. 3.- Os concellos interesados solicitarán soamente unha das probas fixadas anteriormente, mediante un escrito presentado no rexistro xeral desta Deputación, ata o 30 de xuño de 2006, achegando o compromiso formal de que, no suposto de ser favorecidos con algunha delas, cumprirán e garantirán o sinalado nestas bases. 4.- A concesión das probas ós peticionarios, autorizarase pola Xunta de Goberno, tras o informe previo da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, ata esgotar a consignación orzamentaria. 5.- Para a organización e control das marchas populares e festas da bicicleta procederase á correspondente adxudicación do contrato de prestación de servizos, asumindo a empresa adxudicataria os gastos da montaxe de valos e demais requisitos necesarios para salvagardar a seguridade dos participantes; colocación dos carteis anunciadores e publicitarios das probas, debendo ademais subscribir a correspondente póliza de seguros para evitar calquera contratempo que poidan sufrir os participantes. A empresa adxudicataria organizará as probas nos concellos da provincia tal e como se establece na base 3), achegando a Deputación a cantidade de setecentos euros (700,00 ¤) por proba celebrada. O custo deste contrato financiarase con cargo á partida orzamentaria 06/451.452.227.06, por un importe de corenta e dous mil euros (42.000,00 ¤). 6.- A Deputación Provincial de Pontevedra sufragará os gastos de adquisición de carteis anunciadores, bicicletas, camisetas, cascos e outros premios necesarios con destino ós participantes. A adquisición realizarase de acordo co procedemento de contratación oportuno, que se fará con cargo á partida 06/451.452.226.14, por importe máximo de corenta e dous mil euros (42.000,00 ¤). ------ Folla: 22 10.13678.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA JESÚS ARDAO FERNÁNDEZ EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DON CARLOS CASTRO SERANTES DE PONTEVEDRA, POR SUPOSTOS DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA CAMBADOS-RIBADUMIA (RIBADUMIA) Dada conta que con data de Rexistro 8 de abril de 2005 (Rex. nº 010402) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona María Jesús Ardao Fernández en nome e representación de Don Carlos Castro Serantes con enderezo a efecto de notificacións en r/Castelao núm. 9-Entlo. de Pontevedra, por danos padecidos en vehículo matrícula PO-7410-AT o día 7 de abril de 2004 na estrada Cambados Ribadumia sentido cambados a altura de Ribadumia (Ribadumia), e que individualiza economicamente en 1.774,25 ¤. Resultando.- Que con data 12 de abril de 2005 requiriuse a representación de Don Carlos Castro Serantes o obxecto de achegar poder notarial acreditativo de tal representación ou outorgada apoderamento apud acta tal e como é procedente, comparecendo os mesmos en 22 de abril de 2005 e outorgando o referido apoderamento. Resultando.- Que con data 25/04/05 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 27/04/05 co seguinte contido: "Si, la carretera Cambados-Ribadumia es Vía Provincial. Con esta fecha pasamos fotocopia a la Empresa Seixo. Por parte de este Servicio le indico que esta suficientemente señalizada y con reducción de velocidad y dada la hora que se produjo es imposible la colisión en condiciones normales". Resultando.- Que con data de 27/05/05 emitiu a súa vez, informe a empresa "Obras e Edificaciones Seixo, S.L." adxudicataria das obras, co seguinte teor literal: "Primero.- En la ejecución de las obras de ampliación del Puente de Ribadumia se empleó una señalización mas que suficiente, utilizando para ello, y entre otras, señales verticales de limitación de velocidad, que obligaban a la reducción paulatina hasta alcanzar los 40 km/h en las inmediaciones de la zona en obras. Por supuesto, la zona estaba señaliza con carteles que indicaban que se estaba ejecutando una obra, la existencia de maquinaria pesada y las pertinentes advertencias de peligro. Segundo.- Las obras se ejecutaron de acuerdo al Proyecto, cumpliendo en todo momento las normas de seguridad contempladas en el mismo, entre las que se encuentra las de señalización, amparadas a su vez en la Norma 8.3-IC. Tercero.- En la obra existía una señal de rotonda, indicando el trayecto correcto que tenían que recorrer los vehículos por el desvío provisional que se produjo con motivo de las obras. De esta forma se canaliza el tráfico, evitando posibles colisiones. Solo en el supuesto de que la señal no fuese respetada, contraviniendo las normas de señalización existentes en obras, pudo haberse producido la colisión a la que el presente informe se refiere. Cuarto.- Señalar que le sorprende al informante el hecho de que la colisión a la que se refiere el reclamante se haya producido hace más de un año, dejando transcurrir ese amplio período de tiempo antes de proceder a la reclamación". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por cantos informes do Técnico Xefe da Zona Sur e da empresa "Obras e Edificaciones Seixo, S.L." resultan terminantes no senso de aseverar a correcta sinalización (obligación paulatina de reducción de velocidad hasta los 40km/h) incluíndo a de execución de obra, maquinaria pesada e perigo, sinal de rotonda e desvío provisional. Todo isto facía o accidente evitable salvo que se contraviñesen as devanditas sinais. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 23 11.13679.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 23,26 12.13680.- PRÓRROGA DO SERVIZO DE LIMPEZA COA EMPRESA EULEN E APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE LIMPEZA DA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión de 12 de agosto de 2005, acordou prorrogar o contrato do servizo de limpeza da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" ata o 31 de decembro 2005 coa empresa EULEN, S.A. (C.I.F. A-28.517.308), por un importe de 187.892,30 ¤, IVE incluído, a razón de 37.578,46 euros/mes. Vistos os escritos da directora xerente da C.I.P.F. solicitando ó servizo de contratación que se inicien os trámites pertinentes para a convocatoria do concurso para adxudicar o novo contrato do servizo de limpeza das instalacións de C.I.P.F, cuxo custe estímase en 460.000,00 euros, IVE incluído, e a prorroga do contrato existente ata a entrada en vigor do novo contrato. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, os documentos RCs e o informe de fiscalización do expediente emitidos por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, o servizo de limpeza da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" durante un ano, por un tipo máximo de licitación de catrocentos sesenta mil euros (460.000,00 ¤), IVE incluído, en función de trinta e oito mil trescentos trinta e tres euros con trinta e tres céntimos (38.333,33 ¤/mes). Segundo.- Prorrogar o contrato do servizo de limpeza coa empresa Eulen, S.A. (C.I.F A-28.517.308), por un prazo máximo de tres meses ata a entrada en vigor do novo contrato, por unha cantidade máxima total de cento dezaséis mil catrocentos cincuenta e cinco euros con sesenta e dous céntimos (116.455,62 ¤) en función de 38.818,54 ¤/mes. O contrato prorrogado resolverase unha vez entre en vigor o novo contrato sen necesidade de que se cumpra o tempo máximo estipulado de tres meses. Así mesmo a Xunta de Goberno, acorda por unanimidade: -Autorizar os gastos de 116.455,62 ¤ e 460.000,00 ¤ con cargo á partida 06/422.422.227.00 do vixente Orzamento provincial. -Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán o Concurso como Lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, publicándose o anuncio do mesmo no Boletín Oficial da Comunidade Europea, cunha antelación mínima de cincuenta e dous días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia, Comunidade Autónoma e Estado." Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DA CIDADE INFANTIL PRÍCIPE FELIPE-ANO 2006 1.- OBXECTO.- É obxecto do contrato a prestación do servizo de limpeza da Cidade Infantil Príncipe Felipe, que se executará de acordo co Prego de Prescripcións Técnicas que se une como anexo. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 06/422.442.227.00, do vixente Orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, debidamente conformadas que se presentarán por mensualidades vencidas. 4.- DURACIÓN DEL CONTRATO.- O contrato terá unha duración dun ano a contar desde o día seguinte a data de formalización do contrato. O contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes antes da finalización do mesmo, sen que a duración total da prórroga poida ser concertada aillada ou conxuntamente por un prazo superior ó fixado inicialmente, todo isto de conformidade co artigo 198.1º do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato que servirá de base á adxudicación fíxase na cantidade anual de catrocentos sesenta mil euros, IVE incluído (460.000,00 ¤/ano). 6.- CLASIFICACIÓN DO CONTRATISTA.- Esíxese a clasificación previa de acordo co estipulado no artigo 25 da LCAP. A clasificación esixida para este servizo é a seguinte: GRUPO U, SUBGRUPO 1, CATEGORÍA C 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Constituirase por importe do 2% do orzamento total de licitación. Poderá constituírse en calquera das formas que contempla o artigo 35 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. O incumprimento deste requisito será causa de exclusión do concurso. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos 15 días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN; 9.1º.- As proposicións presentaranse no Rexistro da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante un prazo que non poderá ser inferior a cincuenta e dos días naturais, a partir da data de envío do anuncio do concurso á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunicades Europeas e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia, Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de plicas cadrase en festivo, prorrogarase a presentación ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: Proposición Económica para participar no Concurso para a contratación do SERVIZO DE LIMPIEZA DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE-ANO 2006" Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1- Proposición económica. Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2- Proposta e descrición de metodoloxía de traballo. 3- Outras melloras plantexadas. Cada licitador so poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se xa se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición "Documentos Xerais para participar no Concurso para a contratación do SERVIZO DE LIMPEZA DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE -ANO 2006." Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante autoridade xudicial, administrativa, notario ou organismo cualificado, facendo constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. de lei de contratos das administracións públicas Rdl 2/2000, de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. O adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de tales requisitos. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.-Clasificación do contratista 10 .- MESA DE CONTRATACIÓN. Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario xeral da Corporación O interventor da Corporación. A directora de xestión da Cidade Infantil Príncipe Felipe SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS A Mesa de Contratación ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo ou en sábado se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN. Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán: 1) Proposta metodolóxica do servizo de limpeza a ofertar: ata 5 puntos. 2) Oferta económica: ata 3 puntos. 3) Melloras: ata 2 puntos. 13.- ADXUDICACIÓN. O Órgano de contratación recibida a proposta da mesa de contratación e evaluados os informes técnicos correspondentes, dictará, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación, será notificada ós participantes no concurso. Ó efectuar a notificación da adxudicación do concurso ó adxudicatario requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 8ª. 14- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e demais que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 1.500,00 euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA POR FORZA MAIOR O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia de feitos ou circunstancias non imputables á Administración e que impida a normal presentación do servizo. 17.- REVISIÓN DE PREZOS. Non procede durante o ano inicial de execución do contrato, de conformidade co artígo 103 da LCAP. En caso de prorroga, o prezo actualizarase anualmente de acordo coa variación que experimente o Índice de Prezos ó Consumo (IPC), previa solicitude xustificada formulada polo contratista 18.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO. O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 214 do T.r. da LCAP. 19.- RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 20.- XURISDICCIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora desta xurisdición. 21.- MODELO DE PROPOSICIÓN D..., maior de idade, veciño de ..., con enderezo en ..., titular do DNI ... , expedido na data . . . , actuando en nome propio ou en representación de ..., con enderezo en ...,teléfono ... segundo acredito con poder bastanteado. Sabedor do anuncio para adxudicar mediante Concurso o contrato de SERVIZO DE LIMPEZA DA CIDADE INFANTIL Príncipe FELIPE-ANO 2006, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas: · Polo prezo máximo de .....................................Euros, IVE incluído. · Ofértase como melloras ós contidos expostos no Prego de condicións: (Enumerar) (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 26,34 13.13681.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA ADXUDICAR MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO O SUBMINISTRO DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" ANO 2006 Visto o escrito da directora xerente da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" que participa que resulta necesario contratar o subministro de productos alimenticios para o servizo de comedor ó finalizar o contrato que estaba vixente, cuxo custo estímase en 224.277,43 euros, IVE incluído. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitidos por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, o subministro de produtos alimenticios para a Cidade Infantil "Príncipe Felipe" durante o ano 2006, ata unha cantidade máxima de dous centos vinte e catro mil douscentos setenta e sete euros con corenta e tres céntimos (224.277,43 ¤), IVE incluído. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Autorizar dito gasto con cargo á partida 06/422.422.221.05 do vixente Orzamento provincial. -Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán o concurso como Lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" NO ANO 2006 1.- OBXECTO.- O subministro de produtos alimenticios necesarios para cubrir o servizo de alimentación da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" de acordo cos menús elaborados polos servizos médicos-dietéticos do centro. A relación de produtos para subministrar encóntrase desagregado no anexo 1, distribuíndose estes en catro grupos: · Produtos de almacén e despensa · Cárnicos e embutidos · Almacén e despensa · Lácteos e conxelados O servizo de alimentación da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" resérvase o dereito de realizar os pedidos que estime oportunos de calquera produto que se encontre no anexo 1, sen superar a cantidade máxima total sinalada na base quinta deste prego. Así mesmo, este Servizo non se compromete a realizar un número mínimo de pedidos, senón que os realizará en función da necesidade existente no servizo de comedor. 2.- FINANCIACIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 06/422.422.221.05. do vixente Orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado o subministro e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- ENTREGA.- A entrega dos produtos alimenticios encargados polo servizo de alimentación da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" efectuarase nun prazo máximo de 24 horas na despensa xeral do citado centro. A temporalidade do subministro dos produtos será o seguinte: · Carnes: 3 días/semana · Produtos lácteos: 1 día/semana · Froitas e verduras: 3/4 días/semana · Produtos de almacén: 1 día/semana · Conxelados: 2 días/semana Os produtos subministrados deberán cumprir todos os controis sanitarios e hixiénicos esixidos pola normativa vixente sendo o seu cumprimento a cargo do adxudicatario, que deberá responder en caso de incumprimento. En caso defecto, mal estado ou incumprimento dos requisitos sanitarios fixados, a mercancía será devolta, debendo o adxudicatario responder coa reposición inmediata de novos produtos alimenticios. Mentres non se convoque o concurso correspondente ó subministro de produtos alimenticios para a Cidade Infantil "Príncipe Felipe" correspondente ó ano 2007, o adxudicatario queda obrigado a subministrar estes produtos durante un prazo máximo de tres meses, mantendo o prezo de adxudicación do concurso. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato que servirá de base de licitación fíxase para o ano 2006 na cantidade máxima de DOUSCENTOS VINTE E CATRO MIL DOUSCENTOS SETENTA E SETE CON CORENTA E TRES CÉNTIMOS (224.277,43 ¤) euros, IVE incluído, e de conformidade cos prezos unitarios máximos que se recollen no anexo 1. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Haberá de constituírse por importe do 2% do orzamento total de licitación. Poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o artigo 35 do T.r. da Lei de contratos das administracións públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. O incumprimento deste requisito será causa de exclusión do concurso. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das administracións públicas. A constitución da garantía definitiva terá que ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación . 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no rexistro xeral da Deputación en horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes á última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" NO ANO 2006 Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1. Proposición económica, que se axustará ó modelo contido na cláusula final. 2. Memoria de calidades sobre os produtos que se vaian subministrar. 3. Proposta de distribución dos produtos (formas e centros de distribución). Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" NO ANO 2006 Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento nacional de identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a representación pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º del T.r. da Lei de contratos das administracións públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Descricións e calidades dos produtos a subministrar 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: o presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: - O secretario xeral da Corporación - O interventor da Corporación - A directora de xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" SECRETARIO: o xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións, que serán recollidas na acta. A continuación o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado destas ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o informe preceptivo. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Menor prezo ofertado, ata 4 puntos. 2) Calidade dos produtos, ata 4 puntos. 3) Prazo de entrega do subministro, ata 1 punto. 4) Proximidade xeográfica dos centros de distribución para facilitar a provisión, ata 1 punto. 13.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicándolle o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico desta, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación seralles notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 8ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e pola súa conta. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e calquera outro que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600,00 euros. 17.- OFERTAS.- A Deputación poderá beneficiarse de toda baixa nos prezos unitarios ofertados inicialmente como consecuencia das ofertas existentes no mercado . 18.- REVISIÓN DE PREZOS.- Non procede de conformidade co estipulado no artigo 103 do T.r. da LCAP. 19.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito á indemnización polos danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración incorrese en demora ó recibilos. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 22.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso-administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora de dita xurisdición. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don ..., maior de idade, veciño de ..., con domicilio en ... con DNI núm. ... , expedido con data ... , actuando en nome propio ou en representación de ... con domicilio en ..., teléfono ... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente ó SUBMINISTRO DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" AÑO 2006, comprométese a realizalo consonte o prego de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas durante o ano 2006, e de acordo cos seguintes prezos unitarios máximos: PRODUTOS DE ALMACÉN E DESPENSA Uds. Prezo Unitario(Ive Inc.) Aceite xirasol 5 l Ud. Aceite xirasol 25 l Ud. Aceite xirasol 1l Ud. Aceite oliva 1l 1º Ud. Aceite oliva 5 l 1º Ud. Oliva c/oso galón, 5 kg Ud. Olivas s/o galón, 5 kg Ud. Olivas 600 gr s/o Ud. Auga plástico 1,5 L Ud. Auga plástico 1/2 L Ud. Améndoa salgada, 100 gr Ud. Fabas ril extra kg Ud. Arroz redondo extra, 1 kg Ud. Arroz redondo extra, 5 kg Ud. Atún lata 1 kg Ud. Azucre kg Ud. Azucre sobre, 8 gr Kg Biscoitos c/s, s/s 2 ud. Ud. Biscoitos s/s, s/sucre 2 ud. Ud. Cacahuetes salgados, 100 gr Ud. Cacao po kg Ud. Café descafeínado sobre Ud. Café moído mestura 250 gr Ud. Caldo Carne 12 Pastilla Ud. Caldo carne po, kg Ud. Caldo pescado po, kg Ud. Caldo polo po, kg Ud. Caramelos Sugus, kg Ud. Cereais choco 375 gr Ud. Cereais choco 500 gr Ud. Cereais Corn fl 375 gr Ud. Cereais Corn fl 500 gr Ud. Champiñón laminado 3 kg Ud. Chocolate 75 gr Ud. Chocolate á cunca 500 gr Ud. Coca cola 2 l Ud. Coca cola lata Ud. Cocktail froitas 3 kg Ud. Cola Cao 800 gr Ud. Colorante est.100 sobres Est Colorante kg Ud. Marmelada 25 gr porc. meloc. Ud. Marmelada 25 gr porc. fresa Ud. Marmelada 25 gr porc. ameixa Ud. Crema espárrago est. 1 kg Ud. Crema porros est. 1 kg Ud. Espaguete 1 kg Ud. Espaguete, 5 kg Ud. Espárrago 17/24 1 kg Ud. Espárrago tallo 3 kg Ud. Fanta 2 l limón Ud. Fanta 2 l laranxa Ud. Fanta lata limón Ud. Fanta lata laranxa Ud. Galleta María, 5 ud. Ud. Garavanzo nacional 1ª kg Ud. Gusanitos, 100 gr Ud. Fariña, Kg Ud. Fariña saco 50 kg Kg Lentella castelá 1 kg Ud. Levedo Royal --4 sobres Ud. Macarrón 5 kg Ud. Macarrón, Kg Ud. Millo 3 kg Ud. Maizena gr. 700 gr Ud. Macela 100 s Ud. Maionesa 3, 7 kg Ud. Melocotón xarope 3 kg Ud. Menta poexo, 100 ud. Ud. Nocilla 475 gr Ud. Pasta, sopa 5 kg Ud. Patacas fritas, 170 gr Ud. Pera xarope, 3 kg Ud. Pemento doce 500 gr Ud. Pemento doce kg Ud. Piña xarope 3 kg Ud. Puré pataca, 25 kg Ud. Queixo Caserío 8 porc Ud. Rufinos millo 28-34 gr Ud. Sacarina po porción, estoxo Ud. Sal fino kg Ud. Sal gordo kg Ud. Te, 100 ud. Ud. Tila, 10 ud. Ud. Tomate enteiro pelado 5 kg Ud. Tomate frito 3 kg Ud. Tomate triturado, 5 kg Ud. Vinagre 1 litro Ud. Viño albariño botella Ud. Viño brik branco/tinto Ud. Viño Rioxa botella Ud. Cenoria raiada 3 kg Ud. Zume Brik mazá, litro Ud. Zume Brik melocotón, litro Ud. Zume Brik laranxa, litro Ud. Zume Brik piña, litro Ud. Turrón Alacante (duro), 300 gr Ud. Turrón chocolate, pastilla Ud. Turrón froitas, 300 gr Ud. Turrón Xixona (brando), 300 gr Ud. Torta imperial, 200 gr Ud. Polvoróns amendoados, 300 gr Ud. Mazapán figuriñas, 200 gr Ud. Peladillas, bolsa 150 gr Ud. Galletas danesas, lata Ud. PRODUTOS CÁRNICOS Temporalidade servizo: 3 días /semana Artigos ud. Prezo unitario (Ive Inc.) TENREIRA Albóndega fresca Kg Carne picada mestura Kg Filetes/bisté, 1ª (160 gr) Kg Hamburg. Mixta 160 gr Kg Hamburguesa, 160 gr Kg Xarrete Kg Man (asar) Kg Óso fresco Kg Ragout 1º Kg Agulla sen óso Kg Costela fresca Kg Faldra sen óso Kg CERDO Agulla des.-cabeza lombo Kg Chourizo guiso Kg Chuleta cortada Kg Cinta lombo fresca enteira Kg Costela fresca tiras Kg Costela salgada, tiras Kg Espiñazo salgado Kg Filetes ou bisté de xamón (160 gr) Kg Lacón salgado Kg Maza traseira, (asar) Kg Lingua salgada Kg Morro salgado Kg Orellas salgadas Kg Touciño con febra salgado Kg Patas salgadas Kg Rabo salgado Kg Unto salgado Kg AVES, CAZA Coello pequeno Kg Pavo, redondo (Rotti) Kg Pavo, xamonciños Kg Polo limpo eviscerado (1,9-2,0 Kg) Kg Polo, peituga s/óso enteira Kg Ovo fresco "M" Doc PRODUTOS EMBUTIDOS (Temporalidade: 1 día/semana) Artigos ud. Prezo Unitario (Ive Inc.) Touciño con febra afumado Kg Chourizo vela 1ª Kg Friame paleta cocida 11*11 Kg Xamón curado centro sen óso Kg Lombo adobado Kg Mortadela italiana Kg Paleta cocida 1ª Kg Peituga pavo cocida Kg Salchicha frankfurt 7 ud. Kg Salchichón barra 1ª Kg Salchichón extra Kg Xamón cocido sen sal Kg PRODUTOS LÁCTEOS , CONXELADOS E BOLERÍA LÁCTEOS (Temporalidade: 1 d
Ãrea de notas
Nota