ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2006/02/24_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/2.2006-02-24_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/02/24_Ordinaria

  • Data(s) 2006-02-24 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 135 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e catro de febreiro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13747.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 17 de febreiro de 2006. ------ Folla: 135,136 2.13748.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS (DIRECCIÓN XERAL DE INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A DOTACIÓN ECONÓMICA DE BOLSAS DE ESTUDOS A ALUMNOS DO IGAFA Seguindo a práctica de anos anteriores para contribuír á especialización de técnicos en acuicultura pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Vistos os informes emitidos pola Secretaría Xeral, Intervención e a Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños do Servizo Agrario e o Dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 15 de febreiro de 2006. A Xunta de Goberno por unanimidade acorda aprobar o Convenio de Colaboración entre a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para a dotación de sete bolsas de especialización de Técnicos en Acuicultura por importe de 15.000,00 ¤. Dito Convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS (DIRECCIÓN XERAL DE INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA REUNIDOS Dunha parte, a Sra. CONSELLEIRA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS, Excma. Sra. Dona Carmen Gallego Calvar, investida das facultades conferidas polo artigo 34.10 da Lei 1/1983 do 22 de febreiro, da Xunta e seu Presidente, actuando en nome e representación da Xunta de Galicia (DOG. 21/03/83). E doutra, o Sr. PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Ilmo. Sr. Don Rafael Louzán Abal, de acordo cas competencias que lle outorga o artigo 34.1b da Lei 7/85 do 2 de abril, das bases do réxime local, INTERVEÑEN Ámbalas partes, no exercicio das competencias que lles están legalmente atribuídas, recoñecéndose reciprocamente capacidade e obrigándose segundo os termos deste documento, MANIFESTAN Que, conscientes da importancia económica e social que para Galicia en xeral, e para a provincia de Pontevedra en particular, ten o desenvolvemento da acuicultura e a formación de técnicos nesta materia, foi creado o Instituto Galego de Formación en Acuicultura, situado na Illa de Arousa. Que, dentro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro é a encargada de coordinar estes centros. Que a Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do disposto no artigo 36. 1d, da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, é competente en materia de fomento e administración dos intereses peculiares da provincia. En consecuencia, e coa finalidade de cooperar nas accións de formación, dependentes da mencionada Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, mellorando os programas existentes para a provincia de Pontevedra, as dúas partes subscriben o presente convenio segundo as seguintes, CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O presente Convenio específico, establécese para regular a cooperación entre a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e a Deputación Provincial de Pontevedra para mellorar a calidade da formación profesional no campo da acuicultura. En calquera caso, a achega da Deputación será sen menoscabo da contribución económica e técnica que lle corresponda á Consellería como consecuencia da execución dos Programas dependentes da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. SEGUNDA.- A Deputación comprométese a dotar economicamente sete (7) bolsas para a especialización de técnicos en diferentes sectores da acuicultura. As ditas bolsas terán unha duración de tres (3) meses e consistirán na estancia dos beneficiarios en diferentes empresas con sede nalgún dos estados da Unión Europea e que estean especializados nos distintos ámbitos da acuicultura. No caso da Deputación de Pontevedra, a execución de ditas accións someterase previamente ós informes da Asesoría Xurídica e da Intervención, e posterior aprobación polo Órgano competente. TERCEIRA.- A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola súa parte, comprométese a elaborar o proxecto formativo que desenvolverán os alumnos participantes, supervisalo e facer o seguimento de cada unha das fases que o compoñen e mais elaborar unha memoria final que lle remitirán á Deputación Provincial de Pontevedra. A Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, someterá tamén ó Órgano competente da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a súa aprobación para executar as mencionadas accións. CUARTA.- A contía total das bolsas será de quince mil euros (15.000,00 ¤), que lles serán ingresadas ós alumnos seleccionados, con cargo á partida orzamentaria 05/711.711.481.01 do vixente Presuposto provincial, facéndose cargo o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da selección dos mesmos. Unha vez seleccionados os alumnos, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura deberá remitirlle á Deputación Provincial de Pontevedra un escrito onde se faga constar o destino e a finalidade da viaxe, e a asignación económica de cada bolsa (que se distribuirá en función do nivel de vida dos países de destino). O 50% da contía de cada bolsa será aboada ós beneficiarios da mesma previa entrega á Deputación de Pontevedra dunha declaración xurada na que declaren que non teñen percibido outras axudas para este mesmo fin. O 50% restante aboarase ó remitir unha memoria final unha vez rematada a viaxe. Coa finalidade de facilitar as tarefas de seguimento, control e coordinación que permitan cumprir os obxectivos do presente Convenio, noméase unha comisión mixta integrada polo director do Instituto Galego de Formación en Acuicultura, o xefe de Estudos, un representante do Consello Escolar e dous membros nomeados pola Deputación Provincial de Pontevedra, que velará pola marcha e execución do Convenio e á que lle competirá a resolución das controversias que poidan xurdir no seu desenvolvemento e execución. QUINTA.- O presente Convenio manterá a súa vixencia durante o presente exercicio económico, iniciándose esta no momento da súa sinatura e prolongándose ata o 31 de decembro do presente ano. Se, rematado o período de cooperación, as accións obxecto deste Convenio non estivesen finalizadas, o referido período de cooperación poderá ser prorrogado mediante unha acta complementaria, asinada por ambas partes. SEXTA.- O incumprimento destas normas por unha das partes facultará á outra para rescindir o Convenio, quedando automaticamente anulados tódolos dereitos correspondentes sobre o obxecto do mesmo. Como proba de conformidade e para debida constancia do convido, as dúas partes outorgantes subscriben este documento, que asinan en Pontevedra o día A CONSELLEIRA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS Asdo.: Carmen Gallego Calvar O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Asdo.: Rafael Louzán Abal" ------ Folla: 137,142 3.13749.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DO CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, O SUBMINISTRO DO MATERIAL DE SINALIZACIÓN E SEGURIDADE VIAL DIVERSO CON DESTINO ÁS VÍAS PROVINCIAIS PARA O ANO 2006 Visto o escrito do xefe xeral do Parque de Maquinaria comunicando a necesidade de contratar o subministro de diverso material de sinalización e seguridade vial con destino ás vías provinciais para o ano 2006, cuxo custo estímase na cantidade máxima de 60.000,00 ¤, IVE Incluído. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación da asistencia técnica, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, o subministro de material de sinalización e seguridade vial diverso con destino ás vías provinciais para o ano 2006, ata unha cantidade máxima de sesenta mil euros (60.000,00), IVE incluído, e de acordo cos prezos unitarios máximos que se recollen no prego de prescricións técnicas. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Autorizar 45.000,00 euros e 15.000,00 con cargo ás partidas 06/511.511.210.00 e 06/511.511.210.01, respectivamente, correspondentes ó Presuposto Provincial do ano 2006. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o concurso como Lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE MATERIAL DE SINALIZACIÓN E SEGURIDADE VIAL DIVERSO CON DESTINO ÁS VÍAS PROVINCIAIS PARA O ANO 2006. 1.- OBXECTO.- O subministro de diverso material de sinalización e seguridade vial con destino ás vías provinciais, de acordo coas características que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polo xefe xeral do Parque de Maquinaria que se une como anexo a este prego. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo ás partidas 06/511.511.210.00 e 06/511.511.210.01, do vixente Presuposto provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo do subministro efectuarase tras a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado o subministro e prestada conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO DE ENTREGA.- O subministro de material diverso de sinalización e seguridade vial obxecto do contrato realizarase coa frecuencia que marque o Parque de Maquinaria na medida que as necesidades do servizo o requiran. O material solicitado non poderá superar o prazo de cinco días hábiles dende o día seguinte á petición do material, excepto os carteis e datas que terán un prazo de entrega de 15 días naturais. As entregas deberán efectuarse no almacén do Parque de Maquinaria desta Deputación. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o art. 190.1 do texto refundido do R.d.l.2/2000, de 16 de xuño, da Lcap. A Administración resérvase a facultade de comprobar no momento da recepción do subministro que reúne as condicións de calidade mínimas esixidas no prego de prescricións técnicas. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto do contrato que servirá de base de licitación fíxase para o ano 2006 na cantidade máxima de sesenta mil euros (60.000,00 ¤), IVE incluído, e de conformidade cos prezos unitarios máximos que se recollen no anexo 1. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l.2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4 % do prezo de adxudicación e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva terá que ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación . 8 PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN; 8.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO DO SUBMINISTRO DE MATERIAL DE SINALIZACIÓN E SEGURIDADE VIAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, ANO 2006 Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se xa se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO DO SUBMINISTRO DE MATERIAL DE SINALIZACIÓN E SERGURIDADE VIAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, ANO 2006. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa ou escritura de constitución da Sociedade Mercantil debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se esta incursa nalgunha das prohibicións para contratar que conten o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000, de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para las sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración das cifras de negocios globais de subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico do que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade do material de sinalización e seguridade vial a subministrar con referencia a certas especificacións ou normas. 9 .- MESA DE CONTRATACIÓN. Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario Xeral da Corporación O interventor da Corporación. O xefe xeral do Parque de Maquinaria. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN E APERTURA DE PLICAS. A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN. Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Menor prezo ofertado, ata 7 puntos. 2) Melloras que se poidan ofertar, ata 2 puntos. 3) Prazo de entrega do subministro, ata 1 punto. 12.- ADXUDICACIÓN. O Órgano de contratación recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación, será notificada ós participantes no concurso. O practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 7ª. 13- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e demais que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600,00 euros. 15.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración incorrese en mora ó recibilos. 16.- GARANTÍA.- Establécese como prazo de garantía dous anos. 17.- RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA.- A Administración durante o prazo de garantía terá dereito á reposición ou reparación, se isto fose suficiente, dos bens subministrados que presenten vicios ou defectos. Durante o prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se a Administración constatase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista e fose presumible que a súa reposición ou reparación non son suficientes para conseguir aquel fin, poderá, dentro de aquel prazo, rechazalos e deixalos a conta do contratista. 18.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO. O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 19.- RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 20.- XURISDICCIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor da Lei de dita xurisdición. 21.- MODELO DE PROPOSICIÓNS. D ..., maior de idade, veciño de ..., con enderezo en ..., titular do DNI ..., expedido na data ..., actuando en nome propio ou en representación de ..., con enderezo en ..., teléfono ... segundo acredito con poder bastanteado. Sabedor do anuncio para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente ó subministro de material de sinalización e seguridade vial 2006 da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo cos seguintes prezos unitarios: SINAIS DE PERIGO TIPO P SINAL TRIANGULAR DE 90 cm lado a ud SINAL TRIANGULAR DE 135 cm lado a ud SINAL TRIANGULAR DE 70 cm lado (tipo TP) a ud SINAL TRIANGULAR DE 90 cm. con 3 focos xenon con batería a ud SINAL TRIANGULAR DE 90 cm con 3 focos xenon con placa solar a ud SINAL TRIANGULAR DE 90 cm con 3 focos xenon a rede eléctrica a ud OCTÓGONOS SINAL STOP DE 60 cm a ud SINAL STOP DE 90 cm a ud SINAIS DE PROHIBICIÓN E OBRIGA TIPO R SINAL CIRCULAR DE 60 cm a ud SINAL CIRCULAR DE 90 cm a ud SINAL CIRCULAR DE 60 cm (tipo TR) a ud SINAIS DE INDICACIÓN XERAL E SERVIZOS TIPO 5 E T5 SINAL CADRADO DE 60 X 60 a ud SINAL CADRADO DE 90 X 90 a ud SINAL RECTANGULAR DE 90 X 60 a ud SINAL RECTANGULAR DE 135 X 90 a ud FRECHAS (CON ESCUDO) E CARTEIS, INFORMATIVOS, LOCALIZACIÓN E ORIENTACIÓN DE CARTEL FOTOLUMINISCENTE a m2 DE FRECHA a m2 DE CARTEL a m2 PLACAS COMPLEMENTARIAS 60 X 20 a ud 60 X 30 a ud 50 X 16 a ud 40 X 20 a ud PANEL DIRECCIONAL VERMELLO/AZUL 195 X 95 a ud 195 X 45 a ud 160 X 40 a ud 80 X 40 a ud VARIOS DE POSTE DE 80X40X2 a ml DE POSTE DE 100X50X3 a ml DE PARAFUSO C/TORCA E ARANDELA 8X20 a ud DE PARAFUSO C/TORCA E ARANDELA 8X65 a ud DE TRÍPODE PREGABLE PARA DISCOS Æ 60 E TRIÁNGULOS DE 90 a ud DE TRÍPODE PREGABLE PARA DISCOS Æ 90 ETRIÁNGULOS DE 1,35 a ud DE TRÍPODE PREGABLE PARA TRIÁNGULOS DE 70 a ud DE PALETA SINALIZACIÓN DOBRE CARA a ud DE VALO CON PÉS (un panel) 165x20 a ud DE VALO MÓBIL CONTENCIÓN PEÓNS 2,51x1,10 a ud DE BALIZA BORDE DEREITO OUESQUERDO 300x950 (azul-branco/vermello-branco) a ud DE BALIZA BORDE DEREITO OUESQ. 400x400 (azul-branco/vermello branco) a ud DE DISPOSITIVO DE GUÍA a ud DE CINTA BALIZAMENTO a ml DE CONO PLÁSTICO DE 50 cm a ud DE BARREIRA SEGURIDADE DOBRE ONDA, RECTA OU CURVADA a ml DE POSTE CPN-120 ml DE TERMINAL COLA DE PEZ a ud DE TOPE FINAL BARREIRA DOBRE a ud DE TOPE FINAL BARREIRA SIMPLE a ud DE FINAL BARREIRRA COLA DE PEZ APLASTADA a ud DE SEPARADOR ESTÁNDAR a ud DE SEPARADOR CURTO a ud DE PEZA ANGULAR ud DE CAPTADORES DÚAS CARAS a ud DE XOGO PARAFUSERÍA (12 parafusos,torcas e arandelas) BIONDAS a ud DE ESPELLO COMPLETO DE 60 cm(anti vandálico) a ud DE ESPELLO COMPLETO DE 80 cm(anti vandálico) a ud DE POSTE PARA ESPELLO a ml DE TUBO PARA VARANDA PROTECCIÓNPONTES (50 ou 60 m/m) a ml DE POSTE TIPO XAMÓN a ml DE POSTE TIPO XAMÓN RECTO a ml DE REMATE VARANDA DOUS/TRES TUBOS a ud DE VARANDA TUBO RECTANGULAR: a ml Pasamáns superior de perfil 80 x 40 Pasamáns inferior de perfil 60 x 30 Barrotes separación perfil 20 x 20 Perfil inferior 60 x 30 DE PINTURA BRANCA ALCÍDICA (envase de 30 kg) a ud DE PINTURA AMARELA ALCÍDICA (envase de 30 kg) a ud DE ESFERA DE VIDRO a kg DE LINTERNA TIPO GARDA CIVIL E CAPUCHA (con cargador 12/24 V.) a ud DE BALIZA INTERMITENTE (con pilas) a ud DE PILAS PARA BALIZAS a ud DE CONXUNTO 3 FOCOS XENON DE 100 OU 200 m/m con alimentación 220 V. ou 12/24 V. a ud q O prazo de entrega do subministro será de__________________ q As melloras ofertadas ó establecido nos Pregos de Condicións son: (enumerar) (data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 142,145 4.13750.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DO CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA DUN OBSERVATORIO DO COMERCIO MINORISTA DENTRO DO PROXECTO CELSIUS Visto o escrito da Xefa do Servizo de Acción Social participando que con motivo da concesión por parte da UAFSE (Unidad Administradora del Fondo Social Europeo) do Proxecto Mercurio, enmarcado nas políticas de Iniciativa Comunitaria Equal, resulta necesaria a elaboración dun observatorio do sector Comercial da provincia (programa Celsius) que permita detectar as súas necesidades, cuxa contratación estímase en 89.000,00 euros, IVE incluído. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas economico-administrativas particulares que rexerá na contratación da asistencia técnica, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, a consultoria e asistencia técnica para elaborar un estudo sobre o comercio minorista dentro do programa Celsius, cun presuposto máximo de oitenta e nove mil euros (89.000,00 ¤), IVE incluído. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Autorizar o gasto de 89.000,00 euros con cargo á partida 06/313.623.227.06 correspondente ó Presuposto Provincial. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas que rexerá o Concurso como Lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA DUN OBSERVATORIO DO COMERCIO MINORISTA DENTRO DO PROGRAMA CELSIUS. 1.- OBXECTO A contratación da consultoría e asistencia técnica para a observación e xestión de contidos para o desenvolvemento do programa Celsius, así como a realización de enquisas a comerciantes. O contrato desagrégase nas seguintes tarefas a realizar: · Observación do sector comercial do ámbito da provincia de Pontevedra. · Produtos resultantes da observación. · Enquisas transnacionais do Proxecto Acme. No Prego de Prescricións Técnicas recóllese de forma máis detallada os obxectivos do Proxecto Celsius, así como o desenvolvemento dos traballos a realizar anteriormente enumerados. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 06/313.623.227.06, do vixente Presuposto provincial e a correspondente do seguinte exercicio. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase tras a presentación das correspondentes facturas e unha vez se preste conformidade por esta Deputación Provincial. 4.-PRAZO DE EXECUCIÓN.- O contrato entrará en vigor dende o día seguinte á formalización do contrato ata a finalización dos traballos, que deberán estar finalizados con data de 31 de decembro de 2007 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima oitenta e nove mil euros (89.000,00 ¤), IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4 % do prezo de adxudicación e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva terá que ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN; 8.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- A proposición constará de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA DUN OBSERVATORIO DO COMERCIO MINORISTA DENTRO DO PROXECTO CELSIUS Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Proposta Económica. Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2.-Descrición da metodoloxía de traballo en relación ós obxectivos do proxecto. 3.-Descrición dos produtos resultantes da observación. 4.-Outras melloras plantexadas. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se xa se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA DUN OBSERVATORIO DO COMERCIO MINORISTA DENTRO DO PROXECTO CELSIUS Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade Mercantil debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se esta incursa nalgunha das prohibicións para contratar que conten o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración que indique o termo medio anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os tres últimos anos. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. f) Relación dos principais traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. 9 .- MESA DE CONTRATACIÓN. Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario Xeral da Corporación O interventor da Corporación. A xefa de Acción Social SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN E APERTURA DE PLICAS A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado das mesmas ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN. Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1. Metodoloxía do traballo en relación cos obxectivos do programa, ata 40 puntos. 2. Calidade técnica da proposta dos produtos resultantes da observación, ata 30 puntos. 3. Outras melloras, ata 20 puntos. 4. Mellor prezo ofertado, ata 10 puntos. 12.- ADXUDICACIÓN. O Órgano de contratación recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación, será notificada ós participantes no concurso.O practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 7ª. 13- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e demais que xere o expediente, que se orzamentarán na contía máxima de 600,00 euros. 15.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA O contratista no terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á administración. 16.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO. O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 17.- RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 18.-XURISDICCIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo Órgano de Contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso?Administrativa, a teor da Lei de dita xurisdicción. 19.- MODELO DE PROPOSICIÓNS. D ..., maior de idade, veciño de ..., con enderezo en ..., titular do DNI ..., expedido na data ..., actuando en nome propio ou en representación de ..., con enderezo en ..., teléfono ... segundo acredito con poder bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante Concurso o contrato correspondente á CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA DUN OBSERVATORIO DO COMERCIO MINORISTA DENTRO DO PROXECTO CELSIUS, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, polo prezo máximo de ...........................................................................................Euros, IVE incluído. (data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 145,147 5.13751.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), PARA O EXERCICIO 2006 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, de conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cooperación, a aprobación das Bases Reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC), para o exercicio 2006. Ditas Bases son como seguen: "BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), PARA O EXERCICIO 2006 PRIMEIRA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público o seguinte Plan de Acción Comunitaria para o exercicio 2006. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas bases. Dito programa, por importe de seiscentos mil euros (600.000,00 ¤), financiarase con cargo ó Presuposto de 2006, partida 911.514.789.07, que poderán incrementarse mediante suplementación de créditos. SEGUNDA.- Os obxectivos das obras que se financiarán con cargo a este programa serán os seguintes: a) A mellora do medio rural e barriadas urbanas mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, que permita ós seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida. b) O desenvolvemento das Agrupacións Veciñais ó obxecto de aumentar a súa capacidade para resolver os seus problemas. Dita solución requerirá a unión de recursos, esforzos e vontades. TERCEIRA.- As actuacións comunitarias caracterízanse pola concorrencia dos seguintes requisitos: a) Libre determinación dos veciños na elección das obras que desexan executar. b) Voluntariedade na participación e liberdade de ditos veciños sobre a forma de organizarse. CUARTA.- Dado o carácter municipal das actuacións a realizar en réxime de acción comunitaria, incumbe ás Agrupacións Veciñais obter as licenzas necesarias para acometer as obras solicitadas, consonte dispón o Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística e demais disposicións aplicables. QUINTA.- Decidida pola agrupación de veciños a realización da obra a executar con cargo a este programa, poden estes solicitala directamente á Deputación, axustándose ó modelo anexo a estas bases. A dita solicitude acompañaranse inexcusablemente os seguintes documentos: a) Proxecto ou memoria descritiva e valorada (ou presuposto). b) Conxunto dos acordos adoptados polos veciños para a realización das obras en réxime de Acción Comunitaria, co nomeamento dun representante único da Agrupación e identificación do mesmo, sinalando expresamente o compromiso de completar o financiamento da obra mediante a achega do traballo, transporte, maquinaria ou metálico, así como de asumir os riscos que puideran xurdir con ocasión da prestación antes citada. c) Declaración responsable na que conste se a Agrupación de Veciños obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra. d) Acta de constitución da Agrupación Veciñal, no seu caso, e fotocopia do CIF nos casos que dispoñan del. e) A conta bancaria na que haberá de ingresarse o importe da subvención, que debe estar a nome da Agrupación ou como mínimo de tres titulares que figuren na Acta de constitución da mesma. Solicitarán licenza do Concello, sen prexuizo das autorizacións ou concesións que sexan necesarias outorgar polos organismos competentes, unha vez concedida a subvención pola Diputación. SEXTA.- O importe total das subvencións públicas destinadas a financiar obras en réxime de Acción Comunitaria utilizarase exclusivamente na adquisición de materiais e/ou alugamento de maquinaria. SÉTIMA.- A asignación de subvencións ás distintas obras farase en función dos seguintes criterios: a) Obras que teñan por obxecto a mellora do medio rural ou barriadas urbanas que supoñan un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles que permitan ós habitantes mellorar as súas condicións de vida. b) Obras que permitan o desenvolvemento das Agrupacións Veciñais e que supoñan un aumento na súa capacidade para resolver os seus problemas, e que a solución requira a unión de recursos, esforzos e vontades. c) Obras que permitan a prestación íntegra e ordeada en todo o territorio provincial dos servizos de competencia municipal que a continuación se citan: 1º.- Abastecemento domiciliario de auga potable. 2º.- Acceso ós núcleos de poboación e explotacións de interese económico. 3º.- Iluminación pública. 4º.- Pavimentación das vías públicas. 5º.- Outras obras de interese para a Agrupación, incluídas nos arts. 25 e 26 da Lei 7/85, de 2 de abril, coa excepción da compra de terreos. d) Se coa aplicación das normas antes citadas houbese solicitudes de obra que os cumpran por igual, aplicaranse os criterios seguintes: 1º.- Número de veciños beneficiarios da obra para a que se solicita a subvención. 2º.- A potencialidade económica da Agrupación Veciñal que solicita a realización de obras con cargo a este programa de Acción Comunitaria. 3º.- A necesidade das obras apreciada en razón da súa urxencia, estado material e condicións de uso. 4º.- Outras circunstancias globais de interese socioeconómico, que a xuízo do órgano competente se deban considerar. OITAVA.- Corresponde ó Presidente a concesión destas subvencións, que por razóns de interés público, social, económico, humanitario ou de urxencia ou emerxencia impiden seguir o procedemento de concorrencia competitiva, que se aboarán unha vez sexa xustificado o importe da obra realizada previa presentación dos seguintes documentos: 1.- Facturas orixinais, conformadas polo Presidente da Agrupación Veciñal, con indicación do DNI. 2.- Informe dos técnicos provinciais correspondentes ó obxecto de comprobar a realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no proxecto ou presuposto ou, no seu caso, memoria valorada. O aboo da subvención practicarase directamente á Agrupación Veciñal na conta bancaria indicada por esta. NOVENA.- A documentación a que se refire a base anterior debe reflexar a realidade da obra executada, sendo imprescindible que a obra realizada sexa a subvencionada. Non se admitirá o cambio de aplicación desta subvención se non se solicita antes do 31 de marzo do 2007, sempre que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o Presidente ou Vicepresidente en quen delegue, e que se poida realizar a nova obra no prazo de execución que se establece para as que se acollan a este programa. DÉCIMA.- As subvencións para as obras que se acollan a este programa deberanse solicitar dende o momento da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia durante 30 días naturais, e estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro do ano 2007. Se neste prazo non fose a obra xustificada, procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante poderá prorrogarse o prazo de execución cando existan razóns excepcionais, debidamente acreditadas polo promotor, e así o decida o Presidente ou Vicepresidente en quen delegue, sempre que se solicite antes da data máxima prevista para a súa execución. Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora a Presidencia poderá dispoñer de ata un 20% do crédito destinado a este Programa fóra do prazo de solicitude sinalado. O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. DÉCIMO PRIMEIRA.- O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder do seis meses, transcorrido o mesmo, entenderase por desestimada por silenzo administrativo, consonte se recolle no artigo 25.4 e 5 da Lei xeral de subvencións. RECLAMACIÓNS.- Dentro dos quince días seguintes ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia poderanse interpoñer reclamacións contra as bases." ------ Folla: 147,149 6.13752.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS PARA A FORMULACIÓN DO PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, aprobar as bases reguladoras da concesión de subvencións a Entidades Locais para a formulación de planeamento urbanístico xeral. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó disposto nestas Bases. Ditas Bases son como seguen: "BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS PARA A FORMULACIÓN DO PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL Disposicións Xerais PRIMEIRA.- Obxecto e destinatarios. Constitúe o obxecto da presente convocatoria a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva á concellos de menos de 50.000 habitantes da Provincia de Pontevedra que o soliciten, e que desexen promover o planeamento urbanístico xeral que se prevexan nestas bases. SEGUNDA.- Plans subvencionables. 1.- Poderán ser obxecto de subvención as redaccións de Plans Xerais de Ordenación Municipal, ben sexa como figura de nova formulación ou como revisión ou adaptación dos mesmos. Excepcionalmente poderán acollerse a estas axudas outras figuras de desenvolvemento do planeamento xeral municipal. Daráselle prioridade a aqueles Concellos con plans en vigor anteriores ó ano 2000. En ningún caso se poderán acoller a estas axudas as entidades locais de carácter supramunicipais. 2.- Tamén se poderán acoller a estas axudas aqueles concellos que, á data de publicación destas bases, tivesen contratados ou en fase de contratación a redacción ou adaptacións de Plans Xerais de Ordenación Municipal. 3.- Igualmente, tamén será posible a concesión de axudas por fases de traballo, sempre e cando o contemple o prego de condicións, mediante o que se procedeu a súa contratación. TERCEIRA.- Financiamento. As axudas outorgadas conforme o disposto nestas bases serán financiadas con cargo a aplicación orzamentaria 911.911.462.09 do Presuposto Xeral para o exercicio 2006, e que ascende a seiscentos mil (600.000,00 Euros). Esta cantidade poderase incrementar se as dispoñibilidades económicas o permiten. CUARTA - Criterios de adxudicación. Os criterios de selección das solicitudes para o outorgamento destas axudas serán os seguintes, por orde de prevalencia: 1.- Revisión, adaptación, ou modificación do Planeamento Xeral vixente ou en tramitación consonte á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, de 29 de decembro, así como a cartografía que, de ser o caso, resultase precisa. 2.- A adxudicación das subvencións realizarase especialmente a favor daqueles municipios que non perciban subvencións da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. 3.- Prevalecerán en todo caso os plans xerais sobre outros instrumentos de planeamento como os Plans parciais. Valorarase, en todo caso, a antigüidade do Planeamento vixente, con prioridade dos concellos con plans en vigor anteriores ó ano 2000. 4.- Redacción de Plans Xerais daqueles municipios rurais pequenos que teñen especial problemática urbanística. 5.- Poderase ter en conta a entidade do concello (poboación, dimensión e complexidade dos núcleos urbanos), as especiais características urbanísticas, a influencia da aprobación do planeamento urbanístico para acadar intereses públicos concretos, a situación en áreas de alta conflictividade urbanística e a existencia de bens de interese cultural ou espazos naturais declarados polo organismo competente. Estas circunstancias acreditarase mediante informe municipal. QUINTA.- Contía das subvencións. As subvencións que se outorguen serán de ata un 75% do presuposto total, tendo en conta o número de solicitudes presentadas e os criterios de selección. Se ben en funcións das solicitudes recibidas determinarase a cantidade a conceder a cada Entidade Local. Para a valoración do custo de execución do Plan tomárase como referencia os criterios de baremación aprobados polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, coas actualizacións que, de darse o caso, fose preciso introducir. En caso de percibir outras axudas tanto por entes públicos como privados, o importe total das subvencións recibidas non poderá superar o custe total dos gastos de realización. SEXTA.- Presentación de solicitudes. As subvencións suxeitas á presente convocatoria deberán solicitarse no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Ditas solicitudes axustaranse ó modelo que se adxunta ás Bases, acompañada inescusablemente da seguinte documentación: - Solicitude subscrita polo Alcalde. - Memoria e presuposto da redacción do Plan Xeral ou modificación do mesmo. - Informe municipal de acordo co previsto na Base 40, apartado 21 e 31. - Declaración responsable de se obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para o mesmo traballo. - Resolución ou certificación do acordo do órgano competente do Concello polo que se determine o traballo e a subvención para súa realización. - Certificación da adxudicación da elaboración dos traballos indicando o importe e a forma de pagamento, ou ben certificación de ter acordada a apertura do procedemento de licitación ou terse publicado a convocatoria, no suposto previsto na Base 20, apartado 2. Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora a Presidencia poderá dispor de crédito para axudas que se presenten fóra do prazo establecido. SÉTIMA.- Outorgamento da subvención. 1.- En canto á competencia para o outorgamento destas subvencións, estarase o disposto nas Bases de execución do Presuposto Provincial. 2.- Unha vez dictado o acordo ou resolución de concesión da subvención, o pagamento da mesma efectuarase previa acreditación de estar ó corrente nas obrigas tributarias con esta Deputación, así como da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Seguridade Social, e previa xustificación da inversión realizada nos termos e forma que proceda. OITAVA.- Aceptación da Subvención. As Entidades Locais beneficiarias disporán dun prazo dun mes contado a partir da recepción da notificación da Resolución da Concesión para comunicar a aceptación da concesión para o devandito traballo. A tal efecto, deberá remitir un acordo do órgano competente polo que se acepta a subvención. NOVENA.- Xustificacións de subvencións. O concello terá que xustificar antes do 20/12/07, mediante certificación acreditativa aprobada polo órgano competente de terse redactado o planeamento urbanístico. En caso de que se realizase só unha fase do planeamento ou varias de acordo co disposto no prego de condicións deberá xustificarse mediante acordo do órgano competente a realización parcial dos traballos. A tal efecto, o concello deberá presentar certificación detallada, expedida polo director do traballo, relativa ó cumprimento da fase, dos pregos de prescricións do contrato subscrito e o pagamento proporcional que lle corresponde ó concello con respecto á fase citada. DÉCIMA.- Control e inspección. A Deputación Provincial de Pontevedra, levará a cabo a inspección e control do cumprimento por parte do beneficiario en relación co destino correcto das subvencións outorgadas. Así mesmo, os beneficiarios deberán someterse as actuacións de control da actividade económica financeira que corresponda á Intervención Xeral, o Consello de Contas ou a outros órganos competentes. DÉCIMO PRIMEIRA.- Prórroga. Se o prazo de xustificación se incumprise, procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante, poderá prorrogarse o prazo de execución cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello e así o decida o órgano concedente, sempre que se solicite antes da data máxima prevista para a súa xustificación. Disposicións finais DÉCIMO SEGUNDA.- Incumprimento. O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento de Recadación. DÉCIMO TERCEIRA.- Resolucións. Se transcorridos seis meses a partir da data de finalización de presentación das solicitudes non se resolven e notifican as resolucións, entenderanse desestimadas, por silencio administrativo, consonte recolle o artigo 25.4 e 5 da Lei xeral de subvencións. DÉCIMO CUARTA.- Reclamacións. Dentro dos oito días seguintes ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia poderanse interpoñer reclamacións contra as bases." ------ Folla: 149,151 7.13753.- APROBACIÓN DAS BASES DE SUBVENCIÓNS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ADQUISICIÓN DE MATERIAL INVENTARIABLE E MELLORA DAS INSTALACIÓNS, ANO 2006 De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de subvencións a agrupacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para o desenvolvemento das súas actividades deportivas, adquisición de material inventariable e mellora de instalacións, que faciliten a práctica de tódalas modalidades deportivas e que son do seguinte teor: "BASES DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ADQUISICIÓN DE MATERIAL INVENTARIABLE E MELLORA DE INSTALACIÓNS ANO 2006 A Deputación Provincial, consciente da importancia de fomentar o deporte en todas as súas facetas e coñecedora das carencias tanto en material coma en instalacións que teñen aqueles que desexan realizar a súa práctica, establece as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promover, fomentar e impulsar as actividades e investimentos deportivos, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia. 1. Obxecto.- A finalidade desta convocatoria é apoiar ás entidades e clubs deportivos sen ánimo de lucro na realización de actividades deportivas, de adquisición de material deportivo inventariable e mellora de instalacións deportivas durante o ano 2006. A concesión das axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2006, convocándose as subvencións que a continuación se detallan: Materia Programa Partida Presuposto DEPORTES A/06 Actividades deportivas 06/451.452.489.04 100.000,00 ¤ B/06 Equipamento 06/451.452.789.00 200.000,00 ¤ C/06 Infraestruturas 06/451.452.789.04 150.000,00 ¤ O programa A/06 "actividades deportivas" vai dirixido a financiar campionatos e eventos deportivos que han desenvolver os clubs ou entidades deportivas ó longo do ano 2006. O programa B/06 "equipamento" vai dirixido a financiar a adquisición de material deportivo inventariable e a mellora de instalacións deportivas que realicen as agrupacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro no seu ámbito territorial. O programa C/06 "infraestruturas"vai dirixido a financiar o arranxo de campos deportivos non municipais. 2. Beneficiarios.- Poderán solicitar estas axudas todas as agrupacións e clubs deportivos legalmente constituídos que reúnan os seguintes requisitos: 1. Carecer de fins de lucro. 2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia ou sobre temas de interese para a provincia. 3. Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas. 4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 3. Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a. Fotocopia cotexada da tarxeta de identificación fiscal da entidade. b. Fotocopia cotexada do DNI do representante legal. c. Memoria explicativa da actividade concreta ou do investimento asinado polo representante. d. Presuposto dunha actividade concreta e determinada ou, no seu caso, do investimento asinado polo representante. A entidade haberá de solicitar, polo menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 30.000,00 ¤, para a realización de obras, ou superior a 12.000,00 ¤ para a adquisición de equipamento. e. Declaración na que conste se se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade ou investimento a subvencionar. f. Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria. g. Declaración do número de licenzas federativas. h. Declaración de estar ó corrente das obrigas tributarias. i. Certificación de estar ó corrente coa Seguridade Social. j. Certificación da conta bancaria a nome da entidade peticionaria. As entidades poderán autorizar á Deputación Provincial de Pontevedra para solicitar da Axencia Estatal da Administración Tributaria a certificación de estar ó corrente coas obrigas tributarias. As entidades só poderán solicitar unha subvención por cada programa. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites. 4. Lugar e prazo de presentación.- As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Deputación e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará ó día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 20 de abril de 2006. 5. Valoración e concesión.- A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para adxudicación das axudas os seguintes criterios: 1. Categoría da agrupación ou club, ata 15 puntos. 2. Número de licenzas federativas, ata 15 puntos. 3. Antigüidade da agrupación ou club deportivo, ata 10 puntos. 4. Presuposto total do investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, ata 30 puntos. 5. Adecuación das actividades ou investimentos que se van realizar ó interese provincial, ata 30 puntos. As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión de Xuventude e Deportes. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais non puidesen presentarse no prazo sinalado, reservándose para estes efectos a Presidencia ata un 20 % do crédito total destes programas para a súa concesión directa, tal como se establece na base 25.2ª das de execución do vixente Presuposto provincial. Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. O conxunto das axudas recibidas en ningú

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición