Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-03-17_Ordinaria. Acta de sesión 2006/03/17_Ordinaria
Acta de sesión 2006/03/17_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/2.2006-03-17_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/03/17_Ordinaria
Data(s) 2006-03-17 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 215 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día dezasete de marzo do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13812.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 10 de marzo de 2006. ------ Folla: 215 2.13813.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DO GROVE POLA XUNTA DE GOBERNO DE 29/04/05 PARA "DOTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS A PRAIAS: ACCESIBILIDADE Á PRAIA DE AREA GRANDE" Dada conta do escrito formulado por D. Miguel Angel Pérez García, Alcalde do Concello de O Grove, polo que solicita cambio de aplicación da subvención concedida para dotación de servizos básicos a praias - 2005. Resultando que a Xunta de Goberno de data 29 de abril de 2005 acorda entre outros a concesión dunha axuda económica ó Concello do Grove, por importe de 27.000,00 ¤, para Accesibilidade á praia de Area Grande. Visto o informe emitido pola Técnica da Sección de Medio Ambiente pertencente ó Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó cambio de aplicación da axuda económica para "Paseo de Madeira e área de recreo na praia de Rons. ------ Folla: 215,217 3.13814.- BASES REGULADORAS DE AXUDAS A ENTIDADES LOCAIS PARA DOTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS A PRAIAS Vistos os informes emitidos polo Enxeñeiro Director do Servizo Agrario, a Asesoría Xurídica e de Intervención no que certifica a existencia de consignación por importe de cincocentos vinte mil euros (520.000,00 ¤) na partida 06/711.442.762.82 do vixente Presuposto provincial, segundo retención de crédito número 200600019822, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras de Axudas a Entidades Locais para Dotación de Servizos Básicos a Praias. Ditas Bases son como seguen. "BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS PARA A DOTACIÓN DOS SERVIZOS BÁSICOS ÁS PRAIAS- 2006 1.- Principios xerais. A Deputación de Pontevedra, para manter as praias da provincia e o seu contorno nas debidas condicións de limpeza e seguridade, vai continuar coas axudas para a dotación de servizos básicos ás praias iniciadas fai nove anos. 2.- Obxecto da convocatoria. Constitúe obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se haberá de seguir para a concesión de subvencións que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida orzamentaria 711.442.762.82, para dotar de servizos básicos ás praias e ó seu contorno, cun crédito inicial de cincocentos vinte mil euros (520.000,00 ¤). 3.- Actuacións susceptibles de axudas e contía da subvención. 3.1.- Serán obxecto de axudas os investimentos realizados en equipamentos para o mantemento das praias nas debidas condicións de hixiene e seguridade: duchas, puntos de auga potable, torres de vixilancia, megafonía para a advertencia de perigo, balizaxes para separación de zonas de baño, sinalización adecuada de servizos básicos e accesos, maquinaria de limpeza e demais equipamentos necesarios para ese fin que non se encontren aquí especificados. 3.2.- As axudas económicas poderán acadar o 75% do investimento realizado, ata un máximo de trinta e seis mil sesenta e un euros (36.061,00 ¤) por proxecto. O Ilmo. Sr. Presidente ou o órgano competente desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, previo informe da Comisión Informativa de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente, salvo casos de urxencia nos que poderán concederse dándolle conta despois á Comisión. 4.- Beneficiarios. Poderá solicitar a subvención calquera municipio costeiro que teña unhas praias que se frecuenten habitualmente na época estival e que carezan dos servizos que se especifican no punto anterior, ou ben que desexen melloralos. 5.- Formalización das solicitudes. 5.1.- As solicitudes asinadas polo Alcalde do Concello solicitante dirixiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegándose a seguinte documentación: a) Memoria explicativa e detallada dos equipamentos que adquirirán. Na memoria debe figurar o nome e maila extensión das praias obxecto da actuación e, no caso de que sexa posible, co plano correspondente. b) Especificacións técnicas dos equipos dos que se prevexa a adquisición. c) Presuposto desagregado dos equipos dos que se prevexa a adquisición. d) Certificado do acordo do órgano competente da Corporación polo cal se acolle á subvención e se compromete a realizar a actuación. e) Certificación oficial, expedida polo funcionario competente, na que conste se obtivo ou solicitou axudas para estas actuacións a outras administracións públicas e a súa contía en relación co presuposto total da actuación. 5.2.- O Servizo Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar aclaracións ou ampliacións de información, así como propor que se condicione a concesión da subvención a aceptar as modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. 6.- Prazo de presentación de solicitudes. 6.1.- As axudas suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante 45 días naturais no Rexistro Xeral da Deputación Provincial. 6.2.- O procedemento ordinario de concesión das axudas será o de concorrencia competitiva. Co fin de atender imprevistos, accións que non admitan demora ou polos motivos expostos na base 25º.3 das de execución do Presuposto a Presidencia poderá dispoñer de ata un 20% do crédito destinado a estas axudas fóra do prazo anteriormente sinalado. 7.- Condicións e selección de solicitudes. 7.1.- Na selección de solicitudes teranse en conta os seguintes criterios: - Concello declarado de interese turístico galego. - Importancia turística do Municipio. - Número de usuarios das praias. - Praias candidatas para obteren a bandeira azul da UE. - Número de praias. - Interese provincial. 7.2.- Os Concellos beneficiarios deberán facer constar a colaboración da Deputación Provincial en tódalas actuacións ou adquisicións que realicen. 8.- Xustificación e aboamento das subvencións. 8.1.- As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou as rexeitan expresamente no prazo de dez días contados dende a súa notificación. Así mesmo os beneficiarios poderán, por razóns xustificadas, solicitar a reformulación das axudas concedidas. 8.2.- Será esixida a xustificación do 100% do presuposto presentado. 8.3.- Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos: - Memoria detallada da actuación. - Escrito asinado polo Alcalde que se lle dirixirá ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación solicitando que se efectúe o pagamento da subvención e indicando a contía e mailo concepto subvencionado, así como o número da conta corrente á que teña que enviar a transferencia. - Facturas orixinais, fotocopia compulsada das mesmas, ou certificación da obra realizada. - Certificado acreditativo, expedido polo secretario, de que as facturas ou certificacións que se presentan como xustificante as aprobou o órgano de decisión correspondente. - Certificación oficial, expedida polo funcionario competente, na que conste se obtivo ou solicitou axudas para o mesmo fin a outras administración públicas e a súa contía en relación co presuposto total da actuación. 8.4.- A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase antes do 31 de marzo de 2007. 9.- Control e seguimento das subvencións. Os servizos técnicos do Servizo Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente os investimentos previstos, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflectindo o resultado no correspondente informe; así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. 10.- Responsabilidades. O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. 11.- Dereito supletorio. E no non previsto nestas bases estarase ó disposto na lexislación de contratos e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e demais lexislación de pertinente aplicación." ------ Folla: 217 4.13815.- APROBACIÓN DO PROXECTO DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO Nº1 DE "MELLORA DE TRAZADO E SEGURIDADE VIAL ACCESO INSTITUTO EP BAIONA - O ROSAL" Vistos os proxectos redactados polo Servizo de Vías e Obras que se detallan, e vistos os documentos RC emitidos por Intervención nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 06/511.511.612.02, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó seguinte proxecto: Proxecto modificado nº1 de mellora de trazado e seguridade vial acceso Instituto E.P. Baiona - O Rosal (Baiona), por importe de trinta e dous mil seiscentos sesenta e oito euros con dezasete céntimos (32.668,17 ¤), IVE incluído. ------ Folla: 217 5.13816.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 14 de marzo de 2006, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación, que figura ca referencia 200600000204 e que conten trinta e tres facturas, sendo a primeira de Construcciones Casas E.C., S.L. por importe de 723,84¤ e a derradeira de Granitos Méndez y Construcciones S.L. por importe de 696,00 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 104.691,26 ¤ Descontos do IRPF 0,00 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 0,00 ¤ Total líquido 104.691,26 ¤ ------ Folla: 217,218 6.13817.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA CLOTILDE ANDRADE GARCÍA POR DANOS SUFRIDOS A CONSECUENCIA DUNHA CAÍDA NA BEIRARRÚA DA AVDA. BUENOS AIRES DE PONTEVEDRA Dada conta que con data de rexistro 03/03/2006 (Rex. nº 006408) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Clotilde Andrade García, veciña de Pontevedra e con enderezo en Rúa San Antoniño, nº 81-entlo., por danos padecidos a consecuencia dunha caída na beirarrúa da Avda. Buenos Aires á altura da Ponte Peonil de Pontevedra o día 21/11/05. Resultando.- Que con data 06/03/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 08/03/2006 co seguinte contido: "...1. Aunque la Avda. de Buenos Aires a la altura del puente peatonal de Pontevedra está incluida en la red de carreteras provinciales, la acera en la que se produjo la caída objeto del presente informe es de titularidad municipal, sin que por parte de la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra se tuviese conocimiento de la existencia de varias baldosas sueltas susceptibles de provocar una caída en esa zona al no ser competencia de esta Administración. 2. En consecuencia el técnico que suscribe entiende que es el Ayuntamiento de Pontevedra quien tiene la obligación de mantener en perfecto estado de conservación dichas aceras sin que la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra tenga responsabilidad alguna al respecto ". Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. Non obstante a Xunta de Goberno resolverá. ------ Folla: 218,219 7.13818.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA JOSEFA MOREIRA CURRÁS POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA EP 1101 BERDUCIDO-AS BARXAS (MOAÑA) Dada conta que con data de rexistro 17/02/06 (Rex. nº 005172) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Josefa Moreira Currás en representación de Dona Andrea Romero Moreira con enderezo en rúa Piñeiro nº 118 de Moaña por danos padecidos en ciclomotor o día 09/02/06, na estrada EP 1101 Berducedo-As Barxas (Moaña). Resultando.- Que con data 20/02/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 02/03/2006 co seguinte contido: " ... a) Se trata de la E.P. Moaña-Berducedo y sí, es Vía Provincial. b) en la fecha señalada, no nos consta que existiese un bache, en la zona indicada, susceptible de producir accidentes, aunque es posible que sea en el enlace al pasar la capilla que se trata de un tramo Municipal. c) No tenemos constancia de la existencia de accidentes en el lugar y fecha indicados, ni en coincidentes" Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do informe do Servizo de Vías e Obras dedúcese que o accidente produciuse nun tramo que non forma parte da E.P. 1101, senón dun tramo municipal. A maiores, ningún principio de proba achégase -agás un informe da Policía Municipal de Moaña no que se constata a existencia dunha focha- polo que non queda verificada a relación de causalidade. Neste senso, cumpre recordar que a sentenza do Tribunal Supremo de data 15/02/1994, Aranzadi 890, Poñente Sanz Bayón, deixou dito claramente que incumbe a proba a quen reclama. En coherencia co razoado, a reclamación debe ser desestimada. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 219 8.13819.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON VICTORIANO BOULLOSA PORTELA POR DANOS SUFRIDOS NA RÚA STO. TOMÉ NOGUEIRA DE ABAIXO, 37 DE MEIS Dada conta que con data de rexistro 01/02/06 (Rex. nº 002644) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Victoriano Boullosa Portela, veciño de Sto. Tomé Nogueira de Abaixo nº 37 de Meis por danos persoais padecidos a consecuencia dunha caída na rúa Santo Tomé Nogueira de Abaixo á altura do nº 37 de Meis o día 25/01/2006. Resultando.- Que con data 24/02/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 07/03/2006 co seguinte contido: " ...a) La mencionada vía no es de competencia provincial. b) El Alcantarillado fue realizado por el Ayuntamiento ". Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 219 9.13820.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 219 10.13821.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------
Ãrea de notas
Nota