Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-04-28_Ordinaria. Acta de sesión 2006/04/28_Ordinaria
Acta de sesión 2006/04/28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/3.2006-04-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/04/28_Ordinaria
Data(s) 2006-04-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 180 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día vinte e oito de abril do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13925.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 21 de abril de 2006. ------ Folla: 180,182 2.13926.- APROBACIÓN DO CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN/ENTIDADE ... PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS DE INTERESE XERAL (MÓDULOS TRANSVERSAIS) DENTRO DO PROXECTO "CIDADE+" Como queira que dentro do marco do Proxecto Cidade+, pertence á Iniciativa Interreg III-A, orientado a mellorar a atención dos Emigrantes Retornados e Inmigrantes en Pontevedra e Melgaço, contémplase o desenvolvemento de accións formativas de interese xeral (módulos transversais), para a busca de emprego, introdución a Internet e introdución á lingua española, e a vistos dos informes favorables emitidos por Intervención o 03/04/06 e pola Secretaría Xeral desta Deputación o 05/04/06, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do Convenio Marco de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación/Entidade.......... para o desenvolvemento de accións formativas de interese xeral (módulos transversais) do Proxecto Cidade+, cunha achega económica por parte desta Deputación Provincial de 43.334,00, con cargo á partida 06/422.323.227.02 do vixente Orzamento provincial. Dito convenio é como segue: "CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN / ENTIDADE .......... PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS DE INTERESE XERAL (MÓDULOS TRANSVERSAIS) DENTRO DO PROXECTO CIDADE+ Pontevedra, de de 2006 R E U N I D O S Dunha banda, D. Rafael Louzán Abal, actuando en nome e representación da Excma. Deputación de Pontevedra, consonte as facultades que lle son atribuídas no artigo 34.1-b da Lei 7/85, no artigo 105.1-a da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Doutra, o/a Presidente/Presidenta D./Dª. ............................., actuando en nome e representación da Asociación/entidade .............................., con poder dabondo para comprometerse neste acto ó abeiro das facultades que ten conferidas en virtude da reunión da Xunta Directiva celebrada o ......... conforme ós estatutos que se presentaron ante o Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) o día .... de..... de E X P O Ñ E N PRIMEIRO.- Que a Deputación de Pontevedra é a promotora do programa Cidade+, proxecto de colaboración transfronteiriza que se enmarca dentro da iniciativa Interreg III-A, orientada a mellorar a atención dos emigrantes retornados, a dos seus descendentes e inmigrantes, en Pontevedra e Melgaço. As actuacións comúns e básicas desta iniciativa perseguen mellorar o sistema de atención e información a estes emigrantes e promover o coñecemento do fenómeno do retorno e da inmigración, a través de traballos de documentación e divulgación. Así mesmo, o proxecto contempla a rehabilitación de infraestruturas destinadas a albergar os servizos de atención a este colectivo: aulas de formación, centro de servizos e viveiro de empresas. En Pontevedra estas actuacións compleméntanse cun programa de formación integral e de promoción do emprego destinado a facilitar a integración sociolaboral deste colectivo. SEGUNDO.- Que España pasou a ser receptora activa de fluxos migratorios, destacando o retorno dos nosos emigrantes e o incremento do número de inmigrantes. Neste contexto e ante as especiais dificultades que este colectivo atopa na súa inserción sociolaboral; a formación constitúese como unha das bases para a súa integración social ó poderlle facilitar o acceso ó emprego, reducindo, con iso, os riscos que os poden levar a unha indesexable situación de exclusión social. TERCEIRO.- Que a Excma. Deputación de Pontevedra ten entre as súas competencias e prioridades de actuación, o reforzar o desenvolvemento local na provincia, prestando especial atención á loita contra o desemprego e a atención ós colectivos con especiais dificultades de inserción. En virtude das manifestacións precedentes, e no exercicio das competencias que lles son propias, as partes intervenientes están interesadas en subscribir o presente convenio de colaboración consonte as seguintes C L Á U S U L A S PRIMEIRA.- OBXECTO O obxecto do presente convenio de colaboración é establecer o marco de colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e a Asociación/Entidade ........ para o desenvolvemento de accións formativas de interese xeral (módulos transversais) dentro do programa Cidade+. Estas accións formativas versarán sobre os seguintes contidos temáticos: 1. Busca de emprego e orientación laboral, adxudicaranse 6 cursos 2. Internet: introdución ás novas tecnoloxías, asignaranse 3 cursos 3. Introdución á lingua e cultura española, concederanse 4 cursos SEGUNDA.- BENEFICIARIOS/AS Serán beneficiarios/as das accións recollidas no presente convenio: a) Como colectivo prioritario, os emigrantes retornados que acrediten tal condición- sempre e cando non transcorreran máis de cinco anos tras o seu retorno- e os familiares ó seu cargo con vínculo de consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao ou adopción e que dependan economicamente do retornado. b) Tamén serán beneficiarios das accións recollidas no presente convenio os inmigrantes en situación regular en España e/ou en Portugal. Terán carácter preferente aqueles que estiveran inscritos como demandantes de emprego nas oficinas dos servizos de emprego autonómicos ou do INEM, e os residentes na provincia de Pontevedra. Durante a execución das accións formativas os/as alumnos/as gozarán dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes, contratado pola entidade que imparta a acción formativa. TERCEIRA.- COMPROMISOS DA DEPUTACIÓN A Deputación de Pontevedra será a entidade encargada de xestionar integramente a acción formativa nas datas, horarios e lugares suxeridos pola Asociación/Entidade e de común acordo con este. O financiamento do presente convenio por parte da Deputación de Pontevedra, realizarase con cargo á partida 06/422.323.227.02 do vixente orzamento provincial, cun importe máximo de 43.334,00 euros, con cargo ó programa Interreg III-A Cidade+. CUARTA.- COMPROMISOS DA ASOCIACIÓN A Asociación/Entidade facilitará o lugar de impartición das accións formativas e nomeará un coordinador ou interlocutor técnico coa Deputación. No caso de que non conten con instalacións adecuadas para dita acción formativa, a Asociación/Entidade deberá manifestalo coa suficiente antelación a fin de que a Deputación proporcione o local adecuado para o desenvolvemento desta. A captación dos/as beneficiarios/as realizarase conxuntamente pola Asociación e por CIDADE +, e a selección será realizada polos Técnicos de CIDADE + e un representante da Asociación/Entidade. O número mínimo de participantes non poderá ser inferior a 10 e non superar os 15 alumnos por acción formativa. QUINTA.- NORMAS DE PUBLICIDADE Durante a realización da acción formativa, deberá expoñerse un cartel informativo da acción formativa que se realiza, no que constará, ademais do título do curso, os logotipos das entidades que participan no proxecto. Este cartel será facilitado polo Proxecto Cidade+. Deberá informarse ós/ás beneficiarios/as das actividades de formación da súa participación nunha medida cofinanciada pola Unión Europea. Incluirase o emblema da Unión Europea nos folletos ou en calquera outro medio publicitario de difusión dos cursos, nas carpetas e nas portadas dos materiais que se editen para os cursos, así como nos certificados de asistencia ou títulos que se entreguen ós participantes. Xunto ó emblema da Unión Europea farase constar os da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e os dos socios do proxecto, así como o logotipo de Cidade+. SEXTA.- COMISIÓN PARITARIA MIXTA DE SEGUIMENTO E CONTROL Coa finalidade de realizar a coordinación e o seguimento do presente convenio de colaboración, e para velar pola súa correcta aplicación e desenvolvemento, constituirase unha Comisión Paritaria Mixta de Seguimento e Control integrada por dous representantes de cada unha das partes, que será presidida por un representante da Deputación e resolverá as dúbidas que xurdan sobre o seu cumprimento, sendo os acordos adoptados, criterios interpretativos con valor vinculante para as partes. SÉTIMA.- CARÁCTER DO CONVENIO DE COLABORACIÓN As cuestións litixiosas que xurdan na aplicación do presente convenio de colaboración non resoltas pola Comisión Paritaria Mixta de Seguimento e Control serán resoltas pola xurisdición contencioso-administrativa, da provincia de Pontevedra. OITAVA.- DA PROTECCIÓN DE DATOS As partes comprométense a manter a confidencialidade dos datos persoais que manexen en execución do presente convenio consonte ó determinado na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal sen que este compromiso afecte ás obrigas de comunicación de datos establecidas no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, da Xunta de Galicia, polo que se desenvolve ó réxime de axudas públicas da comunidade autónoma de Galicia. A vixencia do presente convenio é ata a finalización da execución do programa Cidade+, e polo tanto ata o 31 de decembro de 2006, sen prexuízo das posibles prórrogas expresas que se poidan establecer na execución daquel. E en proba de conformidade de todo o anterior as partes asinan o presente convenio de colaboración en duplicado exemplar no lugar e data indicados no encabezamento. POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Asdo. Rafael Louzán Abal POLA ASOCIACIÓN/ENTIDADE Asdo. .............................................." ------ Folla: 182 3.13927- SOLICITUDE DE ANFACO PARA A PARTICIPACIÓN DA DEPUTACIÓN COMO PATROCINADOR COLABORADOR NA IIIª CONFERENCIA MUNDIAL DO ATÚN "VIGO 2006" Vistos os informes emitidos por Intervención, a bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do enxeñeiro director do Servizo Agrario e o ditame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 19 de abril de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra patrocine e colabore na III Conferencia Mundial do Atún "Vigo 2006", cunha achega de 3.000,00 ¤, e con cargo á partida 06/711.711.479.01 ------ Folla: 182 4.13928.- AXUDA ECONÓMICA Á COORDINADORA PARA O ESTUDO DOS MAMÍFEROS MARIÑOS (CEMMA) PARA ADQUISICIÓN DE EQUIPOS DE NAVEGACIÓN E SEGURIDADE DA SÚA UNIDADE MARÍTIMA Vistos os informes emitidos por Intervención, a bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do enxeñeiro director do Servizo Agrario e o ditame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 19 de abril de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha axuda económica á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) para a adquisición de equipos de navegación e seguridade para a súa unidade marítima, por importe de 6.000, 00 ¤, con cargo á partida 06/711.711.779.02. ------ Folla: 182,186 5.13929.- BASES DE AXUDA ECONÓMICA PARA A RECUPERACIÓN E CONSTRUCIÓN DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DEDICADAS AS ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN SOCIO-CULTURAL E PARA A MELLORA DE EMBARCACIÓNS DEDICADAS Á PESCA ARTESANAL E DE BAIXURA Visto os informes emitidos por Secretaría Xeral e Intervención nos que se certifica a existencia de crédito RC 200600034904 e 200600034905, e o ditame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 19 de abril de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases de axuda económica para a recuperación e construción de embarcacións tradicionais dedicadas ás actividades de promoción socio-cultural e para a mellora de embarcación dedicadas á pesca artesanal, ambas con base en portos da Provincia de Pontevedra, e cunha dotación de 75.000,00 ¤ e 100.000,00 ¤, respectivamente, con cargo á partida 06/711.711.779.02. Ditas bases son como seguen: "BASES DE AXUDA. ANO 2006. PESCA E CULTIVOS MARIÑOS A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, correspondendo a presente convocatoria ó ano 2006. 1.- Obxecto.- A Deputación Provincial de Pontevedra, dende a sección de Pesca e Cultivos Mariños, concederá dous tipos de axudas: - Axudas a investimentos realizados para a recuperación e construción de embarcacións tradicionais dedicadas a actividades de promoción socio-cultural. Estas axudas promoverán accións tendentes á recuperar o patrimonio marítimo tradicional e mellora das manifestacións culturais, así como a xerar beneficios no seu entorno. - Axudas a investimentos realizados para a mellora de embarcacións dedicadas á pesca artesanal e de baixura, con base nos portos da provincia de Pontevedra, apoiando a adquisición de equipamentos que supoñan unha evidente mellora tecnolóxica ou na seguridade. Estas axudas promoverán accións tendentes á modernización das embarcacións e mellora das condicións laborais dos seus tripulantes: haladores, sondas, radares, GPS, motores, novas embarcacións. Materia Programa Partida Orzamento PESCA Axudas ás embarcacións tradicionais 06/711-711-779.02 75.000 ¤ PESCA Axudas á pesca costeira artesanal 06/711-711-779.02 100.000 ¤ 2.- Para embarcacións tradicionais: A) Tipos de investimentos que poderán acceder a unha axuda: Poderase subvencionar a recuperación e a construción de réplicas de embarcacións tradicionais de pesca para o uso en actividades de promoción socio-cultural. As ditas axudas son incompatibles co uso da embarcación para a pesca e a acuicultura, e con calquera das axudas incluídas no programa comunitario ou autonómico de construción e modernización de embarcacións pesqueiras. Poderanse solicitar axudas para todos aqueles accesorios e materiais de mantemento das embarcacións tradicionais, que sexan de inversión e necesarios para o seu uso nas mencionadas actividades (velas,motores, remolques, reparacións da cuberta, obra morta, arboladura, seguridade, etc.). As axudas económicas poderán alcanzar como máximo ata o 50% dos investimentos para os que se solicitan, valorándose en base ós orzamentos e os proxectos presentados. B) Beneficiarios: Poderán solicitar estas axudas entidades de carácter social e cultural que teñan entre os seus obxectivos a recuperación e conservación do patrimonio marítimo, que reúnan os seguintes requisitos: 1. Carecer de fins de lucro. 2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra. 3. Estar inscrita no Rexistro de Asociacións de Galicia. 4. Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, relativo ás obrigas tributarias e coa Seguridade Social. C) Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo Agrario ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es e irán dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente, achegando ademais a seguinte documentación: a) Memoria da actividade a desenvolver. b) Orzamento do investimento. c) Certificación do órgano competente na que se especifique o acordo polo que se concede autorización para facer a solicitude ó asinante dela. Se actuase en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia. d) Fotocopia compulsada dos estatutos da persoa xurídica ou sociedade. e) Fotocopia compulsada do documento que acredite a inscrición no rexistro de asociacións. f) Fotocopia compulsada da tarxeta de identificación fiscal. g) Declaración das axudas económicas solicitadas e /ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. h) Declaración de compromiso de non transferir a propiedade da embarcación, no caso de resultar beneficiario destas axudas. i) Declaración asinada polo presidente da asociación conforme non estea incursa en causa de incompatibilidade ou incapacidade para poder percibir subvencións da Administración, conforme ó disposto no art. 13.3 da Lei 38/2003, xeral de xubvencións, e coñece e acepta as bases da convocatoria. j) Xustificación suficiente de ser propietario ou armador da embarcación ou acreditación da cesión dela. k) Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas. l) Certificación bancaria na que conste o titular, o número de conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda. As entidades poderán solicitar só unha subvención por cada proxecto. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. D) Valoración e concesión.- Os proxectos serán valorados polo órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración: - Nº de socios da Asociación ata un máximo de 10 puntos. - Características e interese da actuación ata un máximo de 20 puntos. As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión Informativa de Pesca. 3.- Para a pesca costeira artesanal: A) Tipos de investimentos que poderán acceder a unha axuda: Poderanse subvencionar os equipamentos que supoñan unhas evidentes melloras tecnolóxicas, así como de seguridade, nos que nunca se incluirán reparacións, nin material usado. Poderanse subvencionar, así mesmo, motores ou novas embarcacións que supoñan unha evidente mellora tecnolóxica ou na seguridade e melloren as condicións laborais dos seus tripulantes. As axudas económicas poderán alcanzar como máximo ata o 40% dos investimentos para os que se solicitan, valorándose en base ós orzamentos presentados, aplicando os topes seguintes: Equipamento: - Halador ata 1.000 euros - Sonda ata 600 euros - VHF ata 300 euros - Radar ata 700 euros - GPS ata 500 euros Outros equipamentos: Motores "fóra borda" ata 1.500 ¤ Motores "intra borda" ata 5.000 ¤ Nova embarcación ata 4.000 ¤ B) Beneficiarios.- Poderán solicitar estas axudas persoas físicas ou xurídicas, armadores de embarcacións artesanais, dedicados a artes menores, incluíndo a explotación de marisqueo e recursos específicos, con porto base na provincia de Pontevedra e inscritas no censo da Flota Pesqueira Operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia, que reúnan os seguintes requisitos: 1. Domicilio social na provincia de Pontevedra, no caso das persoas xurídicas, ou residencia, no caso das persoas físicas. 2. Que presenten un volume de venda en lonxa de ó menos 7.500 euros. 3. Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, relativo ás obrigas tributarias e coa Seguridade Social. C) Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo Agrario ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es e irán dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente, achegando ademais a seguinte documentación: a) Orzamento do investimento. b) Para os solicitantes de axudas a motores e/ou novas embarcacións será necesaria a presentación de autorización preceptiva da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para a instalación do novo motor e/ou da nova construción. c) Copia compulsada do Permiso de Explotación. d) Fotocopia compulsada do DNI ou da tarxeta de identificación fiscal da entidade e do DNI do representante legal no seu caso. e) Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. f) Declaración de compromiso de non transferir a propiedade da embarcación, no caso de resultar beneficiario destas axudas. g) Declaración asinada polo interesado, ou no caso de persoas xurídicas polo presidente da asociación, conforme non estea incursa en causa de incompatibilidade ou incapacidade para poder percibir axudas da Administración, conforme ó disposto no art.. 13.3 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e coñece e acepta as bases da convocatoria. h) Certificación expedida por unha vendeduría legal das vendas realizadas durante o exercicio do 2005 comercializadas en lonxa. i) Fotocopias compulsadas da Folla de Asento. j) Xustificación suficiente de ser propietario ou armador da embarcación. k) Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social, se procede, e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas. m) Certificación bancaria na que conste o titular, o número de conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda. D) Valoración e concesión.- Os proxectos serán valorados polo órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración: - Importe das vendas xustificadas para o exercicio 2005 ata un máximo de 10 puntos. - Se é a primeira vez que recibe unha axuda polas inversións que figuran nas bases ata un máximo de 10 puntos. As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión Informativa de Pesca. 4.- Lugar e prazo de presentación.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presentar as solicitudes correspondentes. 5.- Xustificación e pagamento.- Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación do investimento, cumprindo co disposto no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas. Os técnicos do Servizo Agrario informarán sobre a realidade do investimento. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: 1. Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda. 2. Xustificación con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura, número de unidades, prezos unitarios destas e custo total de cada unidade. Nestas mesmas facturas deberá figurar o aceptado, conforme e recibido, asinado polo beneficiario coa data do día no que se presente dita xustificación. 3. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. 4. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. 5. O prazo máximo de xustificación das actividades subvencionadas será de seis meses a partir da concesión da axuda, dentro do cal deberán estar realizados os investimentos subvencionados. Para o pagamento da subvención terase en conta o seguinte: a) No caso de que se xustifique gasto polo 100% do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. b) No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da mesma. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. 6.- Responsabilidades.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación e nos demais supostos recollidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 7.- Dereito supletorio.- Para o non disposto nas presentes bases, rexerá o disposto nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2006 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e demais normativa de pertinente aplicación. 8.- Prazo.- O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses, transcorrido o cal os interesados entenderán desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de concesión da axuda." ------ Folla: 186,189 6.13930.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN PARA O FOMENTO DA RIQUEZA FORESTAL DE GALICIA (AFRIFOGA) Dada conta do Convenio de Colaboración para o estudo das necesidades formativas de sensibilización e divulgación para a conservación dos espazos naturais da Provincia de Pontevedra. Vistos os informes emitidos pola Secretaría Xeral, Intervención e do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar ó Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación para o Fomento da Riqueza Foresta de Galicia (AFRIFOGA), para a realización dun programa de educación ambiental consistente na sensibilización e divulgación en materia de conservación dos espazos naturais na provincia de Pontevedra, por importe de 122.700,00 ¤. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCELENTÍSIMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN PARA O FOMENTO DA RIQUEZA FORESTAL DE GALICIA AFRIFOGA ESTUDO DE NECESIDADES FORMATIVAS E DE SENSIBILIZACIÓN E DIVULGACIÓN EN MATERIA DE CONSERVACIÓN DOS ESPAZOS NATURAIS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA En Pontevedra, a …….. de …….. de 2006 REUNIDOS Dunha parte o Ilmo. Sr. D. RAFAEL LOUZAN ABAL, Presidente da Deputación de Pontevedra, actuando no seu nome e representación segundo dispón o art. 34 da Lei 7/85, de 2 de abril, das bases de réxime local. E doutra, D. MARIANO SCOLA FERNANDEZ, Presidente da Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia - AFRIFOGA (C.I.F. Nº G-36.028.603), actuando no seu nome e representación, segundo o acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria de 27 de outubro de 2003. Interveñen en función dos seus respectivos cargos e no exercicio das facultades que para convir en nome das Entidades que representan teñen conferidas e, EXPOÑEN 1º.- Que a DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA considera accións necesarias impulsar a riqueza forestal e medioambiental da provincia, todas as medidas encamiñadas á conservación dos ecosistemas e as actuacións que favorezan o coñecemento pola sociedade, e en especial polos habitantes do medio rural, das ferramentas ou prácticas ambientais axeitadas para conquerir unha xestión sustentable. A conservación dos recursos naturais afecta a amplos sectores da sociedade, urbanos e rurais, pero son este últimos os máis involucrados na xestión cotiá dos recursos e polo tanto os que precisan dun coñecemento das disciplinas fundamentais, tanto técnicas como ambientalistas, que lles permitan a xestión dos recursos en concordancia cunha guía de boas prácticas. Polo tanto, a Deputación Provincial de Pontevedra considera do maior interese o coñecemento dos diferentes ecosistemas naturais polos distintos sectores da provincia, as súas tipoloxías de protección, as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades que lles afectan; e tamén a necesidade de prospeccionar o nivel de formación medioambiental a través de metodoloxías axeitadas, para enfocarmos e trazarmos a formación e sensibilización necesaria a complementar coas accións divulgativas correspondentes. 2º.- Que AFRIFOGA é unha asociación sen ánimo de lucro con implantación rexional pero con especial actividade e sede na provincia de Pontevedra; que agrupa a propietarios de particulares, a Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e a outros axentes implicados no medio rural. Que os fins principais da AFRIFOGA son o asesoramento e xestión forestal/medioambiental, a extensión de técnicas de xestión sustentable no medio rural, o fomento da compatibilidade entre usos e do agrupacionismo e a formación e divulgación. OBXECTIVOS DO CONVENIO Obxectivo xeral: O obxectivo final do convenio é contribuír á conservación dos recursos naturais da provincia de Pontevedra a través do estudo das necesidades de formación e sensibilización en materia medioambiental, mediante os métodos prospectivos oportunos, e a extensión segundo un programa de sensibilización. O universo de estudo son todos os axentes implicados ou relacionados cos ecosistemas naturais (agrarios e forestais) con especial incidencia nos que repercuten de maior xeito no medio. Obxectivos específicos: · Estudar a problemática medioambiental da provincia de Pontevedra relacionada cos distintos espazos rurais (agrarios, forestais e naturais) e sobre todo o relacionado cos espazos de maior interese medioambiental. · Diagnosticar as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades en relación coa conservación dos espazos naturais da provincia. · Analizar mediante metodoloxía axeitada (enquisas, entrevistas de expertos, etc.) a situación formativa, educacional e de sensibilización ambiental, con emisión de conclusións. · Avaliar o nivel de sensibilización en materia de medio ambiente, o sistema formativo actual e establecer as necesidades e o deseño da formación a distintos ámbitos segundo os tipos poboacionais. ESTIPULACIÓNS Primeira: As actividades a desenvolver pola Asociación AFRIFOGA no marco do presente Convenio son: 1. Estudar as necesidades de formación e sensibilización en materia de conservación dos espazos ou do medio natural da provincia de Pontevedra. 2. Elaborar unha guía de boas prácticas para a conservación dos recursos naturais. 3. Realizar unha campaña de divulgación e sensibilización ambiental que chegue ós distintos sectores implicados no medio rural, composta de 50 accións divulgativas e acompañada da elaboración do material gráfico correspondente a docentes e alumnos asistentes. Segunda: As actividades do presente convenio realizaranse na provincia de Pontevedra. Terceira: Para a realización das actividades, AFRIFOGA disporá do persoal técnico, equipamentos e instalacións, de tal xeito que dende a súa Central e os puntos de atención que estime oportunos na Provincia, se preste a atención que estas actuacións requiren. Do mesmo xeito, AFRIFOGA deberá pedir ou contratar o asesoramento específico que se precise naqueles temas que requiran unha especialidade tecnolóxica concreta. Cuarta: A duración do presente Convenio será de seis meses. O Convenio entrará en vigor ó día seguinte da sinatura arriba estipulada. Quinta: A achega da Deputación de Pontevedra a este Convenio ascende á cantidade de cento vinte dous mil setecentos euros (122.700,00 ¤) que se reparten por accións do seguinte xeito: ACTUACIÓN FINANCIACIÓNDeputación de Pontevedra Estudo de necesidades de formación e sensibilización en materia de conservación do medio natural na provincia de Pontevedra 35.550 Elaboración dunha guía de boas prácticas para a conservación dos espazos naturais 15.550 Campaña de divulgación e sensibilización ambiental composta por 50 accións divulgativas e medidas de acompañamento 71.600 Total 122.700 Sexta: O pagamento das cantidades efectuaranse da seguinte maneira: · Un 40 % da cantidade sinalada na cláusula anterior no momento da sinatura do Convenio. · 60 % restante á entrega da documentación xustificativa final e dos produtos rematados. Estas cantidades que se veñen de referir anteriormente efectuaranse previo cumprimento do sinalado na cláusula sétima. Sétima: Para o trámite dos pagamentos, AFRIFOGA remitirá á Deputación de Pontevedra a seguinte documentación: a) Un informe acumulativo das actuacións realizadas ó abeiro do Convenio, dende o seu comezo ata ó remate das accións, que deberá ser aprobado polo órgano competente. b) Exemplares do Estudo de necesidades de formación e sensibilización, e máis da guía para a conservación dos espazos naturais coa cartografía correspondente. c) Os xustificantes acreditativos dos gastos efectuados pola propia AFRIFOGA para o desenvolvemento das actividades contempladas no Convenio. d) As facturas ou recibos dos pagos feitos a terceiros, necesarios para o desenvolvemento do Convenio. A Deputación de Pontevedra procederá ós devanditos pagamentos a través de transferencia a conta bancaria. Oitava: No caso de que as cantidades xustificadas non acadasen os importes citados nas cláusulas quinta e sexta, aboarase polo órgano competente da Deputación de Pontevedra unicamente a cantidade xustificada. En caso de incumprimento das obrigas asumidas, AFRIFOGA procederá ó reintegro das cantidades percibidas. Novena: A Deputación de Pontevedra poderá solicitar en calquera momento información sobre o estado e cumprimento dos obxectivos sinalados. Décima: Para o seguimento e control do traballo programado establécese unha Comisión formada por: · O Deputado do Servizo ou Departamento con competencias relativas ó obxectivo do Convenio ou persoa na que este delegue, en representación da Deputación de Pontevedra. · O seu Secretario Xeral ou persoa na que este delegue, en representación da Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia - AFRIFOGA. Décimo primeira: As cláusulas e demais termos do presente Convenio poderán ser revisados ou modificados a instancia de calquera das dúas partes, de mutuo acordo, sendo obrigatoria a revisión con ocasión da promulgación de normas de calquera rango que alteren substancialmente os supostos fundamentais nos que se basea o presente Convenio. Décimo segunda: O presente Convenio ten carácter administrativo e rexerase polas estipulacións que na xurisdición se conteñen, sendo competente para entender dos litixios que puidesen xurdir, a xurisdición contencioso-administrativa. Décimo terceira: Serán causas de rescisión do presente Convenio: · A denuncia de calquera das partes con tres meses de antelación a súa finalización. · O incumprimento das cláusulas do Convenio. · O mutuo acordo das partes. Décimo cuarta: A difusión ou publicación en calquera medio dos traballos suxeitos a Convenio implicará a mención expresa da Deputación de Pontevedra como institución patrocinadora. Os traballos desenvolvidos obxecto de publicación ou impresión deberán incluír no interior e nas contraportadas dos mesmos os logotipos e os nomes de AFRIFOGA e da Deputación de Pontevedra. Décimo quinta: AFRIFOGA sométese ás actuacións de comprobación que respecto da xestión dos fondos do presente convenio pode efectuar a Deputación de Pontevedra e ós procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de conformidade co disposto no artigo 6.5 d) do Decreto lexislativo 8/1999, do 30 de decembro, que modifica o Decreto lexislativo 1/1999. Décimo sexta: A alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. Como proba de conformidade do ata aquí exposto, os comparecentes conveñen e asinan o presente documento por triplicado, no lugar e data que no seu encabezamento se expresa. Pola Deputación de Pontevedra,Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán AbalPresidente da D. de Pontevedra Por AFRIFOGA,D. Mariano Scola FernándezPresidente de AFRIFOGA" ------ Folla: 189 7.13931.- APROBACIÓN DO PROXECTO DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DE "HUMANIZACIÓN DA RÚA VELÁZQUEZ MORENO. TRAMO: PRÍNCIPE A POLICARPIO SANZ (VIGO)" Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras que se detalla, e visto o documento RC emitido por Intervención no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 06/911.911.662.00.2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó seguinte proxecto. Proxecto modificado nº 1 de mellora de humanización da rúa Velázquez Moreno. Tramo: Príncipe a Policarpo Sanz (Vigo), por importe de cincuenta e un mil setecentos setenta e dous euros con setenta e cinco céntimos (51.772,75 ¤), IVE incluído. ------ Folla: 189,190 8.13932.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONSTRUCCIONES E. C. CASAS, S.L. (CIF B-36.147.429) - A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de mil douscentos vinte e tres euros con sesenta e catro céntimos (1.223,64 ¤), para responder da primeira ampliación do lote nº 1 do concurso de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2005, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 07/06/2005, núm. de operación 200500058667, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de seiscentos trinta e catro euros con corenta e oito céntimos (634,48 ¤), para responder da segunda ampliación do lote nº 1 do concurso de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2005, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 03/11/2005, núm. de operación 200500100297, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANSPORTES AMANCIO BLANCO E HIJOS, S.L. (CIF B-36.439.404) - A constituída en metálico, por importe de mil oito euros (1.008,00 ¤), para responder da primeira ampliación do lote nº 34 do concurso de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2005, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 20/06/2005, núm. de operación 200500062455, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en metálico, por importe de setecentos cincuenta e seis euros (756,00 ¤), para responder da segunda ampliación do lote nº 34 do concurso de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2005, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 24/10/2005, núm. de operación 200500097509, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa SEÑALIZACIONES DE LA CRUZ, S.L. (CIF B-36.891.372) - A constituída en valores, mediante aval de Caixa Catalunya, por importe de dous mil oitocentos trinta e sete euros con trinta e seis céntimos (2.837,36 ¤), para responder da primeira ampliación do lote nº 60 do concurso de subministro de materiais do ano 2005, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 10/06/2005, núm. de operación 200500059978, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de mil cincocentos oitenta e catro euros con cincuenta e seis céntimos (1.584,56 ¤), para responder da segunda ampliación do lote nº 60 do concurso de subministro de materiais do ano 2005, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 21/10/2005, núm. de operación 200500096944, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa PREFABRICADOS SAN CLEMENTE, S.L. (CIF B-36.118.321) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de setecentos sesenta e oito euros con oitenta céntimos (768,80 ¤), para responder da primeira ampliación do lote nº 58 do concurso de subministro de materiais do ano 2005, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 22/06/2005, núm. de operación 200500063506, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. INDUSTRIAS DEL DEZA, S.L. - INDEZA (CIF B-36.009.785) - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil trescentos trinta e dous euros (1.332,00 ¤), para responder da primeira ampliación do lote nº 56 do concurso de subministro de materiais do ano 2005, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 13/06/2005, núm. de operación 200500060660, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OPAIN, S.L. (CIF B-36.719.490) - A constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de tres mil douscentos trinta euros con cincuenta céntimos (3.230,50 ¤), para responder de mellora do pavimento e impermeabilización de fachadas do Pavillón Polideportivo Municipal de Pazos de Borbén, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 01/09/2004, núm. de operación 200400063646, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 190,191 9.13933.- APROBACIÓN DE BASES DE "PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 2006" De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases de "Premios á Investigación - 2006", que son do seguinte teor: "CONVOCATORIA DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 2006 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, dentro das súas múltiples actividades no ámbito da cultura, vén dando preferencia especial a quen se dedica a tarefas de investigación co fin de estimular e premiar traballos que, sen dúbida, redundarán no beneficio do progreso e do benestar social. Consciente da importancia de todo isto, e seguindo a traxectoria emprendida dende hai anos, convoca os Premios á Investigación 2006, que se rexerán polas seguintes B A S E S Primeira.-A convocatoria ten por obxecto conceder os seguintes premios: a) Un de 3.000 ¤ para traballos sobre Ciencias e Tecnoloxía. b) Un de 3.000 ¤ para traballos sobre Humanidades e Ciencias Sociais. c) Un de 6.000 ¤ para traballos de calquera especialidade e tema libre, referidos á provincia de Pontevedra. d) Un de 1.500 ¤ para teses de doutoramento sobre Ciencias e Tecnoloxía e outro de 1.500 ¤ para teses de doutoramento sobre Humanidades e Ciencias Sociais. e) Un de 1.200 ¤ para proxectos de fin de carreira sobre Ciencias e Tecnoloxía e outro de 1.200 ¤ para teses de licenciatura (tesinas) ou proxectos de fin de carreira sobre Humanidades e Ciencias Sociais. As teses e proxectos presentados nos apartados d) e mais e) tiveron que ser defendidos nos anos 2005/06 en calquera dos campus das universidades galegas, ou noutras universidades, por licenciados desta institución galega, sempre que versasen sobre temáticas galegas, acreditándose dita circunstancia coa correspondente certificación académica. - Premios para xoves investigadores: a) Un de 1.500 ¤ para traballos sobre Ciencias e Tecnoloxía. b) Un de 1.500 ¤ para traballos sobre Humanidades e Ciencias Sociais. Enténdese como xove investigador todo concursante que na data da conclusión do prazo desta convocatoria non supere a idade de 26 anos. Os citados premios financiaranse con cargo á partida 06/451.451.481.01 do vixente Orzamento provincial. Segunda.- Os traballos deberán ser de investigación, inéditos e redactados especificamente para a convocatoria en calquera dos idiomas oficiais vixentes na Comunidade Autónoma galega. Presentaranse por triplicado, xunto cun resumo de 20 folios como máximo, e a máquina ademáis do currículo e os méritos do autor ou autores, facendo constar expresamente que non é tese ou tese de licenciatura, nin que foi presentado ou lido como tal. Un mesmo traballo non se poderá presentar a diversos epígrafes. Para garantir o seu anonimato proporanse "baixo un lema" sen que conste a identificación do seu autor. As teses, teses de licenciatura e proxectos fin da carreira presentaranse por duplicado e co seu título orixinal, xunto cun resumo de 20 folios como máximo. Terceira.- As instancias para tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral deste organismo ata o 31 de outubro de 2006, especificando o premio ó que se opta. Cuarta.- A selección e proposta da concesión de premios encoméndaselle a un xurado integrado polos seguintes membros: Presidente: o titular da Deputación ou deputado en quen delegue. Vocais: o presidente da Comisión Informativa de Cultura.. tres profesores nomeados pola Universidade de Vigo. un representante da UNED. un representante da Misión Biolóxica de Galicia. un representante da Real Academia Galega de Ciencias. tres persoas nomeadas pola Presidencia de recoñecido prestixio no eido da investigación. Secretario: o titular da Corporación ou funcionario en quen delegue. Este xurado, que non poderá constituírse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros, resolvendo todas as incidencias que se presenten, e sendo as súas decisións inapelables, poden solicitar a axuda de asesores especialistas en cada materia. Quinta.- O xurado cualificará o concurso coa maior amplitude de criterios, valorando a orixinalidade, obxectivos que pretende, método seguido, resultado, conclusións e aplicación práctica e currículo do autor, dando prioridade ós temas relacionados coa provincia de Pontevedra e con Galicia, eliminando aqueles traballos que non poidan catalogarse como de investigación específica e propoñendo o seu veredicto para a súa ratificación por parte do Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente en quen delegue. Sexta.- Durante o prazo dun ano, a partir da emisión do fallo, a Deputación resérvase o dereito de publicar os traballos; transcorrido este e coa autorización deste organismo, poderá facelo o autor pola súa conta. A concesión do premio non implica a perda da propiedade intelectual. Aqueles que non fosen galardoados poderán retirar os traballos no Servizo de Cultura desta Deputación, no prazo de tres meses, contados dende a resolución do concurso, pasados os cales, quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas. ------ Folla: 191 10.13934.- APROBACIÓN DA REALIZACIÓN DE FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES NOS CONCELLOS DA PROVINCIA De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as propostas de celebración da Festa da Bicicleta e Marchas Populares nos concellos seguintes: CAMBADOS 01/05/06 FESTA DA BICICLETA O ROSAL 13/05/06 FESTA DA BICICLETA SALCEDA DE CASELAS 14/05/06 FESTA DA BICICLETA VILAGARCÍA DE AROUSA 14/05/06 FESTA DA BICICLETA BAIONA 17/05/06 FESTA DA BICICLETA CATOIRA 17/05/06 FESTA DA BICICLETA GONDOMAR 17/05/06 FESTA DA BICICLETA NIGRÁN 17/05/06 FESTA DA BICICLETA PONTEAREAS 17/05/06 FESTA DA BICICLETA VILANOVA 17/05/06 FESTA DA BICICLETA AS NEVES 13/04/06 FESTA DA BICICLETA TOMIÑO 28/05/06 FESTA DA BICICLETA ------ Folla: 191,193 11.13935.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON TOMÁS PARDAL VILAN POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA SABARÍS-BAIONA -RÚA BENITO FARIÑAS- (BAIONA) Dada conta que con data de rexistro 16/11/05 (Rex. nº 034383) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Tomás Pardal Vilán con enderezo en Val nº 21 de Soutomaior, por danos padecidos en vehículo matrícula 7357-BKT o día 04/12/2004, na rúa Benito Fariñas na estrada de Sabarís-Baiona (Baiona) e que individualiza economicamente en 430,00 ¤. Resultando.- Que con data 25/11/2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 25/11/2005 co seguinte contido: " ...Efectivamente, la C/ Benito Fariñas, pertenece a la Carretera Provincial Sabarís-Belesar. En cualquier caso, para informar de un modo más preciso, deberán concretar el punto kilométrico donde tuvo lugar el siniestro, nº de vivienda, u otro elemento que pueda identificar el lugar" Resultando.- Que con data 28/11/2005 requiriuse o reclamante co fin de localizar o punto quilométrico onde se produciu o sinistro o cal foi recibido nesta Deputación o 14/12/05 co seguinte contido: "...les informe que el accidente se produjo a unos 50 metros de distancia del puente de la autopista que atraviesa la carretera hacia Belesar, tomando la dirección hacia ésta" Resultando.- Que en data 19/12/05 e en base o informe de D. Tomas Pardal Vilán solicitouse informe complementario e aclaratorio ó Servizo de Vías e Obras o cal foi recibido o 02/01/06 co seguinte contido literal: "...Del escrito complementario de fecha 7 de diciembre de 2005 presentado por D. Tomás Pardal Vilán, relativo a la reclamación de responsabilidad patrimonial, deducimos que el accidente se produjo a unos 50 mts después del paso superior de la Autopista, en dirección Belesar. En relación con el caso, el Capataz de la zona, Sr. Pintos, me informa que, una vez superado el paso de la Autopista no existe ningún bache, ni huella de que se hubiese reparado alguno. No obstante, me informa que unos 100-150 mts antes de dicho paso si se observan huellas de reparación de un bache al lado de una tapa de registro del alcantarillado, que no fue reparado por nuestra brigada, entendiendo que puede haberlo ejecutado Espina y Delfín, empresa concesionaria en el Ayuntamiento de Baiona de la gestión de ese Servicio Público" Considerando.- Que en base o anterior informe de 11/01/06 solicitáronse informes a empresa "Espina y Delfín" e ó Concello de Baiona os cales foron evacuados o 23/01/06 e 24/03/06, respectivamente, co seguinte contido: Informe da Empresa "Espina y Delfín, S.L." "...La empresa ESPINA Y DELFIN, S.L., no ha realizado en ningún momento ninguna actuación en el punto de la calzada de la rúa Benito Fariñas de Sabarís en la carretera que va de Sabarís-Baiona" Informe do Concello de Baiona: "...le informo que por este Ayuntamiento no se acordó ninguna obra a la Concesionaria del Servicio de Agua y Saneamiento, Espina y Delfín en dicha zona, y por otra parte tampoco se realizó por otros servicios municipales, actuación alguna en el lugar" Considerando.- Que en data 03/04/2006 solicitouse finalmente informe ó Servizo de Vías e Obras que o emitiu o 07/04/2006 co seguinte contido: " Según manifestación de nuestro Capataz de zona Sr. Pintos y como ya se decía en el informe de fecha 26 de diciembre de 2005, la única huella de reparación en las inmediaciones del lugar que describen como del accidente y que no fue reparada por él, es la existente al lado de una tapa de registro del alcantarillado, avería muy frecuente por pérdida de agua en el pozo que succiona los finos del relleno adyacente al mismo, mala compactación por la dificultad que supone aproximar la apisonadora a un pozo circular, etc, todo ello derivado única y exclusivamente por la instalación de un alcantarillado que, como es sabido, es un servicio municipal, no dependiente de la Diputación. Sorprende que la empresa Espina & Delfín, S.L. afirme rotundamente que "no ha realizado en ningún momento ninguna actuación...en la carretera que va de Sabarís a Baiona" Nosotros no decimos que el saneamiento lo haya ejecutado la empresa, pero ella es la concesionaria de la conservación, según tenemos conocimiento y es por tanto la encargada de subsanar las deficiencias y/o averías. Si se observa y es patente la huella de haber realizado la reparación de un bache al lado de un registro de alcantarillado y no fue corregida por la entidad a cuyo cargo está el vial, creemos que parece claro quien pudo proceder a esa concesión." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois da minuciosa instrución do procedemento (solicitáronse e evacuáronse ata 6 informes para poder chegar con aproximación ao esclarecemento dos feitos) dedúcese que se trata dunha obra non feita pola Deputación nun accesorio dunha infraestrutura da súa titularidade e sen a súa autorización preceptiva, segundo dispón o artigo 4 da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, publicada no B.O.P. o 16 de xaneiro de 1996. Sentado que a Deputación non obrou directamente nin adxudicou contrato de obras algún a ninguén, existe base suficiente para exonerar a Deputación de responsabilidade e, correlativamente, pluralidade indiciaria bastante para facer responsables, solidaria ou subsidiariamente, o Concello de Baiona e a empresa adxudicataria do servizo de augas, "Espina y Delfin, S.L." en aplicación do disposto no artigo 25.2-"l" da Lei 7/85 en relación co 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas ("...el Municipio ejercerá en todo caso competencias en las siguientes materias (...) suministro de agua, alcantarillado y tratamiento de aguas residuales (...) Será obligación del contratista (y del concesionario) indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato"). Polo tanto, a parte reclamante correspóndelle decidir a quen (Concello ou concesionario) é en qué orde xurisdicional demanda, unha vez descartada a posibilidade de accionar contra a Deputación. Considerando.- Que como ven dicindo o Tribunal Supremo "...a detentación material dunha infraestrutura por parte da Administración Pública non converte a esta en aseguradora universal de todos os riscos", o que cabe engadir, no presente suposto a circunstancia de que a causa eficiente do sinistro débese a unha actuación non feita pola Deputación e sen o seu coñecemento e autorización. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------Folla: 19312.13936.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PLAN DE SECTORIZACIÓN PARA A CREACIÓN DUN PARQUE EMPRESARIAL EN RACELO DO CONCELLO DE A LAMA Dada conta da comunicación do Concello de A Lama, de data 23 de marzo de 2006 (rexistro de entrada núm. 8997, de data 24/03/06), sobre Plan de Sectorización para a creación dun Parque Empresarial en Racelo do Concello de A Lama, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona, de data 21 de abril de 2006, que literalmente di: "... se ha detectado que en el mismo, figura como afectada la PO-5601, siendo en realidad la E.P. 0301 (A Lama-Ponteverdugo). Subsanado el error, según se desprende del documento, de fecha 21 de abril de 2006, remitido por el Arquitecto redactor del mencionado plan, por parte de este Servicio, y dado que la actuación sólo afecta a la E.P. 0301 en el sentido de articular unos puntos de entrada y en el que uno de ellos arranca de una rotonda, que está previsto ejecutar en la mencionada carretera con suficiente visibilidad, y desvinculando todo lo que hace referencia a los servicios y dotaciones del Suelo Industrial de la mencionada E.P., se emite informe favorable, debiendo en todo caso, mantener las distancias y retranqueos establecidos en la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de A Lama. ------Folla: 19313.13937.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE PLAN PARCIAL DE SOLO INDUSTRIAL DE "AS MEDELAS" EN DESENVOLVEMENTO DO PXOM DO CONCELLO DE O COVELO Dada conta da comunicación do Concello de O Covelo, de data 29 de marzo de 2006 (rexistro de entrada núm. 10901, de data 04/04/06), sobre Proxecto de Plan Parcial de solo industrial de "As Medelas" en desenvolvemento do PXOM do Concello de O Covelo, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona, de data 21 de abril de 2006, que literalmente di: "... se ha detectado que en el mismo, figura como afectada la E.P. 9302, siendo en realidad la E.P. 5107 (Covelo-Paraños). Subsanado el error, según se desprende del documento, de fecha 20 de abril de 2006, remitido por el Arquitecto redactor del mencionado plan, por parte de este Servicio, y dado que la actuación sólo afecta a la E.P. 5107 en el sentido de articular unos puntos de entrada y salida con suficiente visibilidad y desvinculando todo lo que hace referencia a los servicios y dotaciones del Suelo Industrial de la mencionada E.P., se emite informe favorable, debiendo en todo caso, mantener las distancias y retranqueos establecidos en la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de Pontevedra ------Folla: 193,19414.13938.- INFORME EN RELACIÓN CO IMPACTO AMBIENTAL SOBRE PROXECTO LIÑA ELÉCTRICA A 220 KV MAZARICOS-TAMBRE-TIBO TT.MM. MAZARICOS E OUTROS (A CORUÑA E PONTEVEDRA), REMITIDO POLA DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL DO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, de data 27 de febreiro de 2006, recibida nesta Deputación o día 27 de marzo de 2006 (nº rexistro entrada 9513), solicitando informe sobre impacto ambiental sobre proxecto liña eléctrica a 220 kv Mazaricos-Tambre-Tibo TT.MM. Mazaricos e outros (A Coruña e Pontevedra), e Resultando que o Enxeñeiro Director de Vías e Obras, emite informe con data 18 de abril de 2006, no que textualmente di: "... una vez examinado el contenido del mismo, por parte de este Servicio se emite informe favorable." Resultando que a Técnica de Medio Ambiente, emite informe con data 11 de abril de 2006, no que textualmente di: "... por parte del Servicio Agrario se hacen las siguientes observaciones desde el punto de vista medioambiental: El estudio de impacto ambiental deberá evaluar un conjunto de alternativas lo suficientemente amplio como para permitir determinar la opción de menor impacto ambiental, que se deducirá de la evaluación de cada una de ellas. Entre los aspectos a tener en cuenta para la elección del pasillo más adecuado están los siguientes: - Discurir en paralelo a otras líneas existentes para crear un único pasillo y unificar impactos siempre que sea posible. - Alejamiento de zonas con gran densidad de habitantes y enclaves de interés. - Evitar en lo posible el paso de la línea por zonas húmedas, zonas de paso de aves y espacios naturales protegidos. En la zona existen dos Lugares de Importancia Comunitaria (LICs) que son el Estuario del Tambre con una gran variedad de comunidades vegetales que permiten la aparición de un determinado número de aves acuáticas y el Sistema Fluvial Ulla-Deza con importantes poblaciones piscícolas entre las que destacan el salmón y la lamprea." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ós citados informes, e a súa remisión á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente. ------Folla: 19415.13939.- COMUNICACIÓNS Non houbo ------Folla: 194FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.13940.- REFORMULACIÓN DO CRÉDITO SOBRANTE DO PROGRAMA SOCIO-CULTURAL "SEMANAS BLANCAS 2006" PARA A SÚA APLICACIÓN DENTRO DA MESMA PARTIDA 06/313.313.227.05 DAS FACTURAS DERIVADAS DO DESEÑO, MAQUETACIÓN E IMPRESIÓN DA "GUIA DE RECURSOS DO SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL" Concluído o programa Socio-cultural "Semanas Blancas 2006", cunha participación de 873 escolares de 1º e 2º da ESO dos Centros Públicos de Ensinanza Secundaria da provincia que quixeron adherirse ó mesmo, na pasada 1ª semana do mes de abril, cun sobrante económico de 8.730,00 euros respecto do orzamento inicial co que contaba o devandito programa (90.000,00 euros) na partida orzamentaria 06/313.313.227.05, e seguindo o criterio de racionalización dos gastos e aplicación óptima dos fondos públicos cos que conta o Servizo de Acción Social, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a reformulación do crédito sobrante do programa "Semanas Blancas 2006", para a súa aplicación dentro da mesma partida orzamentaria 06/313.313.227.05, as facturas derivadas do deseño, maquetación e impresión da "Guía de Recursos do Servizo de Acción Social", para a tramitación do pagamento das mesmas a Empresa "Publitia, S.A." que levou a cabo ditos traballos. ------Folla: 194FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.13941.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 27 de abril de 2006, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polo centros xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referen
Ãrea de notas
Nota