Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-06-09_Ordinaria. Acta de sesión 2006/06/09_Ordinaria
Acta de sesión 2006/06/09_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/3.2006-06-09_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/06/09_Ordinaria
Data(s) 2006-06-09 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 275 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día nove de xuño do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Julio Souto Diz. Non asiste o señor deputado D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14035.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 2 de xuño de 2006. ------ Folla: 275,277 2.14036.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PÚBLICA, PARA A ADHESIÓN DOS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS/URBANOS, E ASOCIACIÓNS DE BASE TERRITORIAL, QUE TRABALLEN A FAVOR DO PEQUENO COMERCIO, NO MARCO DO PROXECTO MERCURIO Dentro do Proxecto Mercurio pertencente a Iniciativa Comunitaria Equal, Área Temática de Adaptabilidade, que posúe un presuposto total de 1.922.154,29 euros, vanse a desenvolver actividades da Acción 2.1 de "Estímulo do Asociacionismo" como é a convocatoria pública para a adhesión de Centros Comerciais Abertos/Urbanos e Asociacións que traballen a favor do pequeno comercio, a través da cal, poden presentarse proxectos concretos de estudos sobre tales centros, plans de actuación na problemática de xénero ou da conciliación da vida familiar e laboral, por todo o cal e a vista dos informes de 23 e o 30 de maio de 2006, emitidos polo Sr. Secretario Xeral e Interventor, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación das Bases Reguladoras da Convocatoria Pública de adhesión de Centros Comerciais Abertos/Urbanos e Asociacións que traballen a favor do pequeno comercio, cun presuposto máximo de 125.000,00 euros na partida 06/313.623.227.06 a razón dun presuposto individual variable, para cada proxecto que se presente a esta convocatoria, oscilando entre un mínimo de 600,00 euros e un máximo de 12.000,00 euros. Ditas Bases son como seguen: "CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A ADHESIÓN DE CENTROS COMERCIAIS ABERTOS/URBANOS E ASOCIACIÓNS DE BASE TERRITORIAL QUE TRABALLEN A FAVOR DO PEQUENO COMERCIO NO MARCO DO PROXECTO MERCURIO BANCO DE RECURSOS PARA A XESTIÓN COMERCIAL ANTECEDENTES O proxecto MERCURIO promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra ten como obxectivo principal apoiar a adaptabilidade ós cambios que se están producindo nos hábitos de consumo tanto nos establecementos comerciais da provincia de Pontevedra como nas persoas traballadoras no sector así como o uso das novas tecnoloxías, incidindo na modernización do sector, a conciliación da vida familiar e laboral e a igualdade de oportunidades da muller no mercado laboral. O Proxecto MERCURIO, integrado na Área Temática do Eixe III. ADAPTABILIDADE, estrutúrase entorno a catro programas ou eixes de actuación. O EIXE 2 (PROGRAMA DE FOMENTO DO ASOCIACIONISMO COMERCIAL) constitúe un programa de estímulo e apoio para a xeración e reforzo de asociacións comerciais de base territorial. Dentro do mesmo encádrase a Acción 2.1: Accións de estímulo do asociacionismo comercial, con esta acción preténdese impulsar o movemento asociativo no sector comercial na provincia de Pontevedra. BASES PRIMEIRA.- Obxecto da Convocatoria. A presente convocatoria ten como obxecto o fomento do asociacionismo comercial na provincia de Pontevedra, facilitando apoio necesario para a creación de centros comerciais abertos/urbanos ou asociacións de base territorial que traballen a favor do pequeno comercio na provincia, para o seu estímulo e dinamización e ó mesmo tempo estreitarase a colaboración da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra con este sector. SEGUNDA.- Prazo de vixencia da Convocatoria. O prazo de vixencia desta convocatoria finalizará o 31 de decembro de 2007, coincidindo o fin das actividades do proxecto Mercurio. TERCEIRA.- Beneficiarios. Poderán presentar proxectos de colaboración tanto os centros comerciais abertos/urbanos como as asociacións que traballen a favor do pequeno comercio na provincia de Pontevedra, e dentro destas, aquelas que teñan base territorial (barrio, distrito, parroquia, municipio ou comarca). CUARTA.- Liñas de actuación. A presente convocatoria ten como obxectivo principal impulsar a innovación e mellora da xestión dos centros comerciais abertos/urbanos así como das asociacións, fomentando ó mesmo tempo o asociacionismo comercial. Para iso, considéranse elixibles no marco da presente convocatoria as seguintes actuacións: 1. Accións de estudo e diagnóstico do centro comercial aberto/urbano ou asociación comercial, así como Plans Estratéxicos de actuación. 2 Plans de desenvolvemento urbanístico e mobilidade, en colaboración cos concellos. 3 Desenvolvemento da Sociedade da Información e as novas tecnoloxías para o CCA/U. 4 Desenvolvemento de plans de actuación para abordar a problemática de xénero. 5 Desenvolvemento de proxectos de conciliación da vida laboral e familiar. A realización das actividades que se atopan enmarcadas dentro destas liñas de actuación, serán executadas pola empresa contratada ó efecto pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. QUINTA.- Financiamento. O presuposto de cada proxecto será variable e estará integrado por un mínimo de 600,00 ¤ e máximo de 12.000,00 ¤, non podendo presentarse máis dun proxecto por cada Asociación ou CCA/U. Esta actividade financiarase con cargo á partida 06/313.623.227.06 do vixente Presuposto provincial cun límite máximo de 125.000,00 ¤, que dependerá do número de solicitudes que se presenten. SEXTA.- Solicitudes e documentación a presentar. As solicitudes deberán achegar a seguinte documentación: a Fotocopia cotexada da tarxeta de identificación fiscal. b. Fotocopia do DNI do representante legal da entidade. c. Certificado de estar ó corrente de obrigas tributarias e coa Seguridade Social. d. Certificado de estar ó corrente de pagos coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. e. Certificado de non dispoñer doutra subvención para este mesmo fin outorgada por outro organismo ou entidade. f. Fotocopia compulsada dos estatutos da entidade. g. Memoria explicativa do proxecto cos seguintes apartados: 1. Obxecto da actividade. 2. Xustificación e necesidade da mesma. 3. Proposta de actuación detallada. 4. Innovación do proxecto. 5. Impacto no estímulo do asociacionismo comercial. 6. Impacto medioambiental do proxecto. 7. Calendario. 8. Presuposto desagregado por conceptos. SÉTIMA.- Lugar e prazo de presentación das solicitudes. As solicitudes presentaranse por escrito en sobre pechado, indicando a entidade solicitante así como a liña de actuación na que se inclúe o proxecto. O prazo de presentación será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación das presentes Bases no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra, sito na Avda. Montero Ríos s/n. 36001. Pontevedra, ou na forma establecida no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. OITAVA.- Corrección de erros nas solicitudes. Cando a solicitude non reúna os requisitos necesarios ou non se acompañe da documentación esixible conforme ás presentes Bases, requirirase ó interesado para que no prazo máximo de 10 días, corríxase a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixese terase por desistido da súa petición, procedéndose ó arquivo da mesma. NOVENA.- Criterios e proceso de selección. Os criterios de valoración serán os seguintes: - Carácter innovador da proposta (Innovación) 20 puntos - Adecuación orzamentaria á actividade a desenvolver e cofinanciamento á mesma da entidade solicitante (Presuposto) 20 puntos - Comerciantes afectados / beneficiarios (Impacto) 20 puntos - Proxectos executados por varias asociacións (Cooperación) 20 puntos - Colaboración da administración local (Concello) no desenvolvemento dos proxectos (Colaboración). Neste caso é necesario sinalar a porcentaxe de financiamento no proxecto, debendo destinarse fondos propios da entidade local 20 puntos O proceso de selección levarase a cabo por unha Comisión de Selección constituída ó efecto e que estará composta por: · Presidente: o da Corporación ou persoa en quen delegue. · Secretario: o da Corporación ou persoa en quen delegue. · Vogais: a coordinadora do proxecto Mercurio a directora financeira do proxecto Mercurio DÉCIMA.- Resolución e formalización dos compromisos. A Deputación Provincial de Pontevedra comunicará de forma individual e por escrito a aceptación dos proxectos no prazo máximo de 30 días contados a partir do día seguinte á finalización do prazo de presentación das solicitudes. Convocarase ás entidades seleccionadas a unha reunión cos membros do equipo técnico de xestión do proxecto Mercurio para o lanzamento e desenvolvemento das actuacións. Posteriormente, deberán asinar un convenio de adhesión para o desenvolvemento das actuacións propostas, onde acatarán integramente os aspectos sinalados nesta convocatoria. DÉCIMO PRIMEIRA.- Réxime Xurídico aplicable. Nas presentes Bases será de aplicación o disposto e previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Lei xeral de subvencións, R.d. lex. 2/2004, de 5 de marzo, Texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, Real decreto 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e Bases de Execución do presuposto para o exercicio corrente. A comisión de selección queda facultada para adoptar as decisións que estime conveniente na aplicación destas Bases. DÉCIMO SEGUNDA.- Xurisdición Competente. No caso de existir discrepancias sobre a interpretación e aplicación das presentes Bases, será de aplicación a Orde Xurisdicional Contencioso-Administrativo de Pontevedra." ------ Folla: 277 3.14037.- APROBACIÓN DE VARIOS PROXECTOS DE OBRAS Vistos os proxectos de obras redactados polo Servizo de Vías e Obras, que máis adiante se detalla; e, vistos os documentos RC, emitidos por Intervención, nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible para facer fronte o gasto na partida 06/511.511.612.02, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os seguintes proxectos: 1.-Ensanche e mellora E.P. 9006 Bouza - O Facho (Castrelos - Cambados), polo importe de 101.591,90 ¤, IVE incluído; 2.- Terminación e mellora E.P. 6407 Caseda-Brandariz (Vila de Cruces), polo importe de 111.232,46, IVE incluído; e 3.- Ensanche e dotación beirarrúas en Oubiña E.P. 9002 Fefiñanes - Oubiña (Cambados), polo importe de 130.000,00, IVE incluído. ------ Folla: 277 4.14038.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA AGRUPACIÓN VECIÑAL DE BARCELA (ARBO), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "MELLORA DE CAMIÑO CIVIDA", INCLUÍDA NO PAC/2005 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude da Agrupación Veciñal de Barcela (Arbo), pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAC/2005, co núm. 174/687, denominada "Mellora de Camiño Civida", subvencionada con mil euros, por Resolución Presidencial de 26 de decembro de 2005. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2007, con carácter improrrogable. ------ Folla: 277,278 5.14039.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE A CAÑIZA PARA REALIZAR POR ADMINISTRACIÓN A OBRA "DEPURADORA NO POLÍGONO INDUSTRIAL", INCLUÍDA NO POL/2006 CO NÚM.635 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello da A Cañiza para realizar por Administración a obra do POL/2006 seguinte: - "Depuradora no Polígono Industrial", por importe 61.332,09 euros, incluída no POL/2006, co ordinal 635, debendo axustarse a súa xustificación ó que dispón o Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas, no capítulo IV, título 1º, libro II de dito Real decreto, así como no art. 187 do R.C.E. e art. 113 e 121 do Rdl 781/1986, e sempre salvo a disposición derrogatoria da Lei 13/1995. ------ Folla: 278 6.14040.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE A CAÑIZA PARA REALIZAR POR ADMINISTRACIÓN A OBRA "PAVIMENTACIÓN ACCESOS, ALUMEADO, ETC. POLÍGONO INDUSTRIAL", INCLUÍDA NO POL/2006 CO NÚM.636 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello da A Cañiza para realizar por Administración a obra do POL/2006 seguinte: - "Pavimentación acesos, alumeado, etc. Polígono Industrial", por importe 60.000,00 euros, incluída no POL/2006, co ordinal 636, debendo axustarse a súa xustificación ó que dispón o Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas, no capítulo IV, título 1º, libro II de dito Real decreto, así como no art. 187 do R.C.E. e art. 113 e 121 do Rdl 781/1986, e sempre salvo a disposición derrogatoria da Lei 13/1995. ------ Folla: 278 7.14041.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE BUEU, PARA A XUSTIFICACIÓN DA EXECUCIÓN DA OBRA DENOMINADA "HUMANIZACIÓN DA R/MONTERO RÍOS, BUEU", CO NÚMERO 264/440 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Bueu, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución da obra "Humanización da rúa Montero Ríos, Bueu", con cargo ó PAM/2005 e, co número 264/449, subvencionada por acordo da Xunta de Goberno de 08/07/05 por importe de 123.416,81 euros. Esta prórroga concédese, con carácter improrrogable, ata o 31 de outubro de 2007. ------ Folla: 278 8.14042.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE DIPLOMADO UNIVERSITARIO DE PROFESOR COA ESPECIALIDADE DE MÚSICA E CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO De conformidade coa proposta de Comisión seleccionadora dunha bolsa de Diplomado Universitario de Profesor coa especialidade de música con destino ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, publicada no Boletín oficial da provincia núm. 70, de data 10 de abril de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar esta bolsa a D. Oscar Ibáñez García, por importe de 841,41 €/mes, con efectos 16 de xuño de 2006 e polo período dun ano, podendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos en total, á vista do informe favorable do Xefe do Servizo Agrario e por acordo da Xunta de Goberno. Ditas cantidades imputaranse á partida 06/711.711.481.02 do Presuposto provincial. A aceptación e disfrute desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó citado Organismo. ------ Folla: 278,279 9.14043.- ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS DE ESTUDO PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INVESTIGACIÓN NO LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE De conformidade coa proposta da Comisión seleccionadora de dúas bolsas de investigación para o laboratorio da Finca Mouriscade, convocada no Boletín Oficial da Provincia nº 70, de data 10 de abril de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar estas bolsas a D. Sergio Sueiro Quinteiro e Dona Isaura L. Gómez Márquez, por importe de 841,41 ¤/mes, con efecto 16 de xuño de 2006 e polo período dun ano, podendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos en total, á vista do informe favorable do xefe do Servizo Agrario e por acordo da Xunta de Goberno. Ditas cantidades imputaranse á partida 06/711.711.481.02 do Presuposto provincial. A aceptación e disfrute desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó citado Organismo. ------ Folla: 279 10.14044.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 279 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.14045.- RENUNCIA DA ASOCIACICIÓN DE MM.RR. "ILLA DE CORTEGADA" DE VILAGARCÍA DE AROUSA, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 26 DE AGOSTO DE 2005, PARA "CURSO DE NOVAS TECNOLOXÍAS" Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do 26 de agosto de 2005, a concesión dunha subvención por importe de 400,00 euros para curso de novas tecnoloxías de 40 horas, a favor da Asociación de MM.RR. "Illa de Cortegada" de Vilagarcía de Arousa e como fora que con data de 2 de maio de 2006, comunícase por dita Asociación a renuncia da mesma á subvención sinalada, por decisión propia, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia á subvención para "Curso de novas tecnoloxías" de 40 horas e por importe de 400,00 euros que lle foi concedida á Asociación de MM.RR. "Illa de Cortegada" pola Xunta de Goberno de 26 de agosto de 2005. ------ Folla: 279 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.14046.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO NÚM.1 DE PROTECCIÓN VIAL E SERVIZOS NA EP PORTELA-SOUTO DE VEA (A ESTRADA) Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras que se detalla, e visto o documento RC emitido por Intervención no que se certifica a existencia de crédito dispoñible na partida 06/511.511.612.02, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó seguinte proxecto: Proxecto modificado nº 1 de protección vial e servizos na E.P. Portela - Souto Vea ( A Estrada), por importe setenta e seis mil euros (76.000,00 ¤), IVE incluído. ------ Folla: 279 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.14047.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DE PAVIMENTACIÓN DA CAPA DE RODAXE DA RÚA ALFONSO XIII Vista a Resolución Presidencial núm. 10314/04, pola que se adxudicou a Construccións Obras e Víais, S.A., a obra de "Pavimentado da capa de rodaxe da Rúa Alfonso XIII (Vigo)", na suma de 59.375,00 ¤, IVE incluído, visto o proxecto modificado, redactado polo Servizo de Vías e Obras co obxecto de definir o nivel construtivo, co súa conseguinte medición e valoración, as modificacións ás obras previstas das antes citadas, que debido a irregularidades detectadas no perfiles transversais da rúa, faise necesario a súa corrección e dese modo dotala de bombeo axeitado para a correcta evacuación das augas, incrementar a medición da regulación ata os 3.147 m2 , ascendendo seu presuposto á cantidade de 71.246,74 ¤, que supón un incremento sobre a adxudicación inicial de 11.871,74 ¤; e, visto o documento RC, emitido polo Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible para facer fronte ó gasto na partida 06/911.911.662.00, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó Proxecto modificado de pavimentado da capa de rodaxe da rúa Alfonso XIII (Vigo), polo importe de 71.246,74 ¤, que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 11.871,74 ¤. ------ Folla: 279,280 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.14048.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO NÚM. 1 DE CAMPO DE FÚTBOL DE ARBO Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o 20/08/04, polo que se adxudicou a U.T.E. Construcciones Fernández Sarmiento, S.A. -Obras y Construcciones Sisán, S.L., a obra de "Campo de Fútbol de Arbo", na suma de 475.033,00 ¤, IVE incluído, visto o proxecto modificado núm. 1 de ditas obras, redactado polo Servizo de Vías e Obras, o presente desenvolve a construción dunha bancada con capacidade para 340 espectadores sentados, con cuberta, independente, e na parte baixa da bancada situaranse os vestiarios e aseos tanto para equipos como paras os xuíces ou árbitros. No mesmo edificio situaranse así mesmo, botica de primeiros auxilios, almacéns e no propio edificio habilitaranse aseos do público, xunto a unha independencia para aloxamento da caldeira e o queimador. Levantarase a bancada actual por impedir aloxamento dunha bancada axeitada, e regularizarase a posición con respecto o campo para permitir un cómodo aparcadoiro. No terreo sobrante habilitarase un aparcadoiro que servirá para estacionar os vehículos no días nos que se celebre calquera competición. A zona supón unha superficie na que actuar duns 14.000 m2, resultando unha distribución de acordo co seguinte cadro de superficies, no que figuran as ocupacións de acordo coas previsións feitas por parte do Concello de Arbo, ascendendo o seu presuposto a cantidade de 570.037,14 ¤, que supón un incremento sobre a adxudicación inicial de 95.004,14 ¤; e, visto o documento RC, emitido polo Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible para facer fronte o gasto na partida 06/123.452.662.00, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó Proxecto modificado núm. 1 de "Campo de Fútbol de Arbo", polo importe de 570.037,14 ¤, que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 95.004,14 ¤. ------ Folla: 280 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.14049.- ADXUDICACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO NÚM.1 DA MELLORA DE BEIRARRÚAS NA RÚA DE TUI (VIGO) Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 15/07/2005, polo que se adxudicou a Construcciones Eiriña S.L., a obra de mellora de beirarrúas na rúa de Tui (Vigo), na suma de 341.229,58 ¤, IVE incluído, visto acordo pola Xunta de Goberno, en sesión de 02/06/2006, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado núm. 1 das mesmas obras, polo importe de 408.928,55 ¤, IVE incluído, visto escrito da empresa adxudicataria polo que presta conformidade ás unidades de obras e prezos que figuran no proxecto de reformado; visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral, en canto ó procedemento de adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade : 1.- Aprobar o gasto 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146 do Rdl 2/2000 , de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, toda vez que se cumpran os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola empresa adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar a Construcciones Eiriña, S.L.as obras do proxecto modificado núm. 1 da mellora de beirarrúas na rúa de Tui (Vigo), na suma de 67.563,29 IVE incluído, con cargo á partida 06/911.911.662.00.2005. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 o art 36 do Rdl 2/2000 de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 280 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.14050.- APROBACIÓN DE CONDICIÓNS COMPLEMENTARIAS AS QUE DEBE SUXEITARSE A OBRA DO CONCELLO DE GONDOMAR DENOMINADA "RENOVACIÓN RODAXE E DOTACIÓN SERVIZOS NA E.P. GONDOMAR-PEITEIROS", INCLUÍDA NO PAM/06, ANUALIDADES 2006-2007, (CONVENIO) Dado que existe un Convenio asinado entre a Deputación e o Concello de Gondomar aprobado pola Xunta de Goberno de 30 de marzo de 2005, para a execución da obra "Renovación de Rodaxe e Dotación de Servizos na E.P. Gondomar-Peiteiros", na que o Concello de Gondomar se compromete a destinar as cantidades de 84.363,19 euros do PAM/05, 84.363,19 euros do PAM/06 e 84.363,21 euros do PAM/07, para afrontar os investimentos necesarios para realización da mencionada obra, correspondéndolle a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a súa licitación, dirección, execución e recepción, é polo que a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as condicións complementarias ás que debe suxeitarse a devandita obra, respectando as mencionadas no acordo da Xunta de Goberno, de 7 de abril pasado, no que se seguiu o procedemento de concesión anticipada da mesma, e que de seguido relacionamos: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, a realizar pola Deputación Provincial mediante convenio, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que terá que axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión e ó convenio aprobado para a súa execución. c) O pagamento da subvención farase en formalización coa achega municipal para a expresada obra, segundo as certificacións técnicas que se vaian aprobando, remitíndose ó concello copia compulsada dos documentos contables e os seus xustificantes, ós efectos que procedan. ------ Folla: 280,282 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.14051.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A TRAVÉS DO SERVIZO AGRARIO (ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO) E O CONSORCIO DA CIDADE DE SANTIAGO Visto o convenio de colaboración entre o Consorcio da cidade de Santiago de Compostela e a Estación Fitopatolóxica de Areeiro da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Vistos os informes emitidos pola Secretaría Xeral de 5 de xuño de 2006; Intervención, do 10 de marzo e do 7 de xuño de 2006; e do xefe da estación Fitopatolóxica do Areeiro, de 16 de marzo de 2006. Considerando a situación do arborado existente na Alameda e Carballeira de Santa Susana da cidade de Santiago de Compostela, con árbores que mostran síntomas de decaemento, debidos probablemente a axentes fitopatóxenos. Considerando o interese do Consorcio de Santiago de Compostela en establecer un convenio para que a Excma. Deputación a través do seu Servizo Agrario (Estación Fitopatolóxica do Areeiro), realice un estudo fitopatolóxico e edafolóxico do arborado situado na Alameda e Carballeira de Santa Susana da cidade de Santiago de Compostela. Considerando que o presente convenio supón a realización dun traballo por parte da Estación Fitopatolóxica de Areeiro e a percepción dunha contraprestación por iso (12.000,00 ¤), sen que supoña gasto algún para esta Excma. Deputación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre o Consorcio da cidade de Santiago de Compostela e a Excma. Deputación de Pontevedra para realizar un estudo fitopatolóxico e edafolóxico no arborado situado na Alameda e Carballeira de Santa Susana da cidade de Santiago de Compostela", cunha contraprestación económica por importe de doce mil euros (12.000,00 ¤), que se aboarán a esta Excma. Deputación. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONSORCIO DE SANTIAGO En Pontevedra, a ....... de .................. de 2006 REUNIDOS Dunha parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, en calidade de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1,b da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local. E de outra, D. Xosé Manuel Villanueva Prieto, con DNI nº. 32.430.998-D, en calidade de Xerente do Consorcio de Santiago, de conformidade co seu nomeamento polo Consello de Administración de data 7/10/2005 e enderezo social en Casa de Vaamonde, rúa do Vilar, 59 - 15705 Santiago de Compostela. Os comparecentes recoñécense reciprocamente con capacidade para asinar o presente convenio de colaboración, a cuxo efecto, EXPOÑEN Que dada a situación do arborado existente na Alameda e Carballeira de Santa Susana da cidade de Santiago de Compostela, con arbores que mostran síntomas de decaemento, debidos probablemente a axentes fitopatóxenos, o Consorcio de Santiago está interesado en establecer un Convenio coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para que esta, a través do Servizo Agrario (Estación Fitopatolóxica do Areeiro), realice un estudo fitopatolóxico e edafolóxico do arborado situado na Alameda e Carballeira de Santa Susana da cidade de Santiago de Compostela. Por todo isto, ambas partes, acordan levar a cabo un convenio para regular a súa colaboración, con subxección ás seguintes CLÁUSULAS Primeira - Obxecto Realizar unha mostraxe e estudo fitopatolóxico e edafolóxico no arborado da Alameda e Carballeira de Santa Susana situada en Santiago de Compostela, co fin de tomar as medidas oportunas para que o arborado existente, vexete nas mellores condicións posibles. As análises fitosanitarias realizaranse durante o presente ano, tomándose mostras nas catro estacións, para coñecer en cada intre a evolución dos diferentes axentes fitopatóxenos que poden afectar as especies arbóreas presentes. O mesmo tempo efectuarase unha toma de mostras de chan, para proceder a análise edafolóxico, no período outono-primavera. A recollida de mostras e as análises fitopatolóxicas e edafolóxicas serán realizadas pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro, adscrita a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. O final de cada período estacional a Estación Fitopatolóxica do Areeiro elaborará un informe fitopatolóxico. O final do año a Estación elaborará un informe final, cos problemas detectados o longo do ano e propoñerá as medidas que se deben adoptar. Segunda.- Presuposto O Consorcio de Santiago, comprométese a financiar as mostraxes e as análises fitopatolóxicas e edafolóxicas pola cantidade de doce mil euros (12.000,00 ¤) IVE incluído. Os pagos efectuaranse trimestralmente na contía de 3.000,00 ¤, a entrega de cada informe correspondente a cada estación. Terceira.- Duración O presente convenio terá unha duración dun ano, podendo prorrogarse por acordo de ambas partes e por ano natural ata un máximo de tres anos. O presente Convenio poderá resolverse por denuncia de calquera das partes, mediante notificación con dous meses de antelación a data da resolución. Lido por ambas partes o presente convenio o asinan por triplicado exemplar, no lugar e data indicados no encabezamento, manifestando o seu expreso sometemento ó aquí recollido e ás normas de dereito público que lle fora de aplicación. Pola Deputación de Pontevedra Polo Consorcio de Santiago Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Xosé Manuel Villanueva Prieto" ------ Folla: 282,284 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 18.14052.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE DON JOAQUÍN ARIAS Y DÍAZ DE RÁBAGO E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O SEGUIMENTO DAS PRAGAS DA MACEIRA NO PAZO DE DES E UTILIZACIÓN TEMPORAL POLA EXCMA. DEPUTACIÓN DO PRADO DE PORTO BARCIA Visto o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Don Joaquín Arias y Díaz de Rábago. Vistos os informes emitidos pola Secretaría Xeral de 8 de xuño de 2006; Intervención do 8 de xuño de 2006; e do enxeñeiro director do 6 de xuño de 2006. Considerando que o convenio supón a realización dun seguimento das pragas da maceira por parte da Estación Fitopatolóxica de Areeiro e que como contraprestación cederase temporalmente a utilización do Prado de Porto Barcia. Considerando que non existe taxa polos informes fitopatolóxicos realizados en Areeiro. Considerando que non se producen obrigas pecuniarias entre as partes. Considerando que este convenio terá una natureza de contrato privado. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e Don Joaquín Arias y Díaz de Rábago para o seguimento das pragas da maceira no Pazo de Des e utilización temporal pola Excma. Deputación do Prado de Porto Barcia. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E DON JOAQUÍN ARIAS Y DÍAZ DE RÁBAGO PARA O SEGUEMENTO DAS PRAGAS DA MACEIRA NO PAZO DE DES E UTILIZACIÓN POLA EXCMA. DEPUTACIÓN DO PRADO PORTO BARCIA En Pontevedra, a de de 2006 REUNIDOS Dunha parte o Ilmo. Sr. D. RAFAEL LOUZÁN ABAL, Presidente da Deputación de Pontevedra, actuando no seu nome e representación segundo dispón o art. 34 da Lei 7/85 de 2 de abril, das bases de réxime local. E doutra, D. JOAQUÍN ARIAS Y DÍAZ DE RÁBAGO, maior de idade, provisto do N.I.F. nº 32.112.898-E, Rexistrador da Propiedade xubilado, veciño de A Coruña, Cuesta de la Palloza, 1 - 14º - esquerda, en calidade de usufrutuario vitalicio das fincas Pazo de Des e Prado de Porto Barcia. EXPOÑEN Que Don Joaquín Arias y Díaz de Rábago é usufrutuario vitalicio das seguintes fincas: 1ª.- PAZO DE DES, destinada á explotación frutícola de 14 Has. de cabida cunha plantación de 14.000 maceiras aproximadamente. NUDO PROPIETARIO DESTA FINCA, o meu fillo Don Vicente Arias Mosquera, Vicepresidente do Banco Pastor. 2ª.- PRADO DE PORTO BARCIA, destinado a herbal, de 4,42 Has. de cabida, sita na paraxe Do Porto, do termo municipal de Lalín. NUDO PROPIETARIO DESTA FINCA, o meu fillo Don José María Arias Mosquera, Presidente do Banco Pastor. A principios do mes de xaneiro do ano 2005, Don Joaquín Arias y Díaz de Rábago, levou persoalmente á Estación Fitopatolóxica do Areeiro dez bolsas numeradas contendo mostras de terra das dez parcelas que integran a súa explotación frutícola do Pazo de Des, para as correspondentes análises de solos. Ditas análises foron realizadas con data vinte do indicado mes de xaneiro, pagando as taxas correspondentes segundo a factura nº 315. O día catro de febreiro do ano 2005, Don Pedro Mansilla, director da Estación Fitopatolóxica do Areeiro dependente da Excma. Deputación de Pontevedra, telefonou a Don Joaquín Arias y Díaz de Rábago propoñéndolle un PROGRAMA DE INVESTIGACIÓN DE TRATAMENTO INTEGRADO DE FITOSANITARIOS por un ano de duración, que se podería prorrogar se se considerase oportuno ó seguinte ano na súa finca do Pazo de Des, por reunir as mellores condicións, indicando que tanto esta intervención como os gastos de desprazamento serían gratuítos, correspondendo ó usufrutuario Don Joaquín Arias y Díaz de Rábago tódolos demais gastos: persoal, produtos fitosanitarios, abonos, maquinaria, mantemento da mesma e das instalacións da explotación frutícola. Como consecuencia deste programa de investigación a Estación Fitopatolóxica do Areeiro tería a súa disposición para realizala, tal vez, a mellor explotación frutícola de Galicia e o usufrutuario Don Joaquín Arias y Díaz de Rábago contaría co asesoramento de cualificados expertos. O primeiro de febreiro do ano 2006 Don Pedro Mansilla enviou un informe fitosanitario da finca Pazo de Des; contestándolle o usufrutuario con data sete do indicado mes felicitándolle a el e ó seu equipo de colaboradores pola magnífica labor realizada, que demostra a alta profesionalidade da Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Non obstante o anteriormente sinalado, o Enxeñeiro Director do Servizo Agrario da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, Don Carlos Bengoechea Peré, a teor da conversación mantida días antes co usufrutuario Don Joaquín Arias y Díaz de Rábago, envía un fax con data 12 de abril de 2006 no que plantexa a posibilidade de que a cambio dos servizos prestados pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro, da Excma. Deputación de Pontevedra, conceda a utilización temporal para realizar no prado descrito co número dous, as actuacións a desenvolver en dita finca sen ningún custo para o usufrutuario - Cultivo da mesma a millo. O que suporía que a Excma. Deputación efectuaría as seguintes accións: 1. Preparación do terreo (labor de arado coa incorporación de cal) 2. Pase de fresa. 3. Abonado para dito cultivo. 4. Sementeira, incluído máquina de sementar. 5. Tratamento con herbicidas. 6. Colleita. Con posterioridade á colleita téñense dúas opcións: A) Deixar descansar o terreo ata o próximo año e volver ó mesmo cultivo de millo. B) Implantar unha especie pratense para a produción de herba, o que obrigaría á Excma. Deputación a realizar as actuacións propias de dito cultivo coa preparación do terreo, abonado e sementeira con colleita da herba. Posteriormente volveríase a implantar o cultivo do millo ó ano seguinte. A realización deste convenio supón para a Excma. Deputación un aforro importante, ó poder dispoñer de terreos para cultivar e obter produtos que doutra maneira debería mercar; mentres que como contraprestación, levaranse a cabo servizos de tratamento con fitosanitarios no pomar do Pazo de Des a cargo da Estación de Fitopatoloxía do Areeiro, que incluso serán de gran utilidade e aproveitamento para as tarefas de investigación que se desenvolven en dito laboratorio. Do exposto, Don Joaquín Arias y Díaz de Rábago, usufrutuario, do prado de Porto Barcia, seguindo a tradición do seu pai Don Vicente Arias de la Maza, que fai cerca de setenta anos cedeu temporal e gratuitamente á Excma. Deputación de Pontevedra unha parcela do indicado prado, ó obxecto de que o seu Servizo Agrario realizase unhas investigacións destinadas á mellora dos prados galegos, CONCEDE A UTILIZACIÓN TEMPORAL DO PRADO DE PORTO BARCIA, na forma que anteriormente se sinala coas seguintes condicións: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto deste convenio será a utilización temporal pola Excma. Deputación de Pontevedra do prado de Porto Barcia (coa opción B anteriormente sinalada) a cambio do seguimento das pragas de maceira no Pazo de Des pola Estación de Fitopatoloxía do Areeiro, pertencente á Excma. Deputación. SEGUNDA.- O prazo de utilización será de TRES ANOS, coa opción B). TERCEIRA.- O presente convenio de colaboración non dará lugar ó nacemento de obrigas pecuniarias entre as partes. CUARTA.- A produción obtida polos cultivos sinalados pertencerá á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. QUINTA.-. O presente convenio resolverase, ademais de polas causas xerais previstas na lexislación correspondente: A) Ó falecemento do usufrutuario Don Joaquín Arias y Díaz de Rábago, de conformidade co disposto no artigo 480 do Código Civil. B) No momento que, calquera que sexa a causa, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro cese o vixente Programa de Investigación de Tratamento Integrado de Fitosanitarios na loita contra as diferentes pragas e enfermidades da maceira na explotación frutícola do Pazo de Des. SEXTA.- O presente convenio comezará a producir o seu efecto a partires da data da sinatura. En proba de conformidade con tódolos contidos do presente CONVENIO DE UTILIZACIÓN TEMPORAL, asínano ambas partes. Pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, Asdo. Rafael Louzán Abal O usufrutuario, Asdo. D. Joaquín Arias y Díaz de Rábago" ------ Folla: 284,285 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 19.14053.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O PONTEVEDRA C.F. Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración co Pontevedra C.F., co obxecto de intensificar as relacións culturais e deportivas entre ámbalas institucións e a participación de xoves e nenos da provincia dos medios que o club dispón, mediante a achega de cento vinte mil euros (120.000,00 ¤), e con cargo á partida 06/451.452.489.02 do vixente presuposto a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O PONTEVEDRA, C. F. PARA A EXTENSIÓN E APOIO DEPORTIVO ÓS XOVES DE TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Pontevedra, a de de REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, presidente desta Excma. Deputación Provincial, actuando na súa representación, e D. Saturnino Mirón Gutiérrez, en calidade de presidente do Pontevedra Club de Fútbol, con CIF G-36029577 e domicilio social en r/Benito Corbal, 16-1º, do Concello de Pontevedra (36001). EXPOÑEN Que o Pontevedra, C.F. e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra senten a necesidade de intensificar as relacións culturais e deportivas entre ambas institucións, ó estares preocupadas pola divulgación e o recoñecemento dos seus valores. Por iso contemplan o axuntar esforzos para que os nenos e xoves da provincia de Pontevedra poidan asistir, comprender e participar dos medios que o Pontevedra C.F. dispón co fin de promover e de acercarse máis ó primeiro Club da capital da provincia. O desenvolvemento dos obxectivos socio-deportivos esquematizaríase do seguinte xeito: De acordo coa dirección dos colexios existentes na totalidade dos municipios pontevedreses, de acordo cos seus monitores, coas APAS e de quen designe a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para a asistencia ós partidos que o Pontevedra C. F. xogue no seu estadio durante o ano 2006. Para levar a cabo este Convenio de Extensión Deportiva, ámbalas dúas institucións ACORDAN 1º.- Que todos os colexios da provincia poderán solicitar entradas para asistir ós partidos celebrados no estadio de Pasarón e disputados polo Pontevedra C.F. o número de 300 entradas por xornada. 2º.- Que se establecen grupos de alumnos coordinados conxuntamente polo Pontevedra C. F. e os representantes dos alumnos para a asistencia ós encontros. 3º.- Manterase a publicidade institucional da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no Estadio de Pasarón. 4º.- O Club comprométese a colaborar nas actividades culturais-deportivas organizadas en centros educativos con técnicos, xogadores e directivos e coordinadas entre o Pontevedra, C.F. e a Excma. Deputación Provincial. 5º.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra disporá de 4 localidades no palco do Estadio de Pasarón durante o ano 2006 para poder atender as invitacións institucionais que poidan xurdir. 6º.- Establécese a cantidade CENTO VINTE MIL EUROS (120.000,00¤) con cargo á partida 06/451.452.489.02 como contribución da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para poder cubrir este convenio de asistencia dos alumnos da provincia ós encontros celebrados no Estadio de Pasarón polo Pontevedra, C. F. durante o presente 2006. 7º.- O Pontevedra Club de Fútbol comprométese á inserción do logo da Deputación provincial en toda a cartelería e documentación comercial que xere o mesmo nas súas actividades. 8º.- A Deputación Provincial de Pontevedra aboará a citada cantidade de 120.000,00 ¤ unha vez que o Pontevedra, C.F. xustifique a contribución con: a. Fotografías da publicidade inserta no Estadio Municipal de Pasarón. b. Certificación do Club de que a referida publicidade estivo exposta no Estadio ó longo do actual 2006. c. Memoria sobre as actividades culturais-deportivas realizadas segundo a cláusula cuarta do presente Convenio e fotocopia das tarxetas-invitación para o palco do Estadio E como proba da firme vontade de fomentar o desenvolvemento cultural e deportivo de Galicia e en particular da provincia de Pontevedra asínase o presente Convenio no lugar e data do encabezado. O Presidente, Asdo. Rafael Louzán Abal Pontevedra, C.F., Asdo. D. Saturnino Mirón Gutiérrez" ------ Folla: 285 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 20.14054.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO SOLO URBANIZABLE INDUSTRIAL PPI-7 DO CONCELLO DE O PORRIÑO Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de O Porriño, de data 24 de maio de 2006 (rexistro de entrada núm. 19250, de data 25/05/06), sobre proxecto de urbanización do solo urbanizable industrial PPI-7 do Concello de O Porriño, a efectos de informe, por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Resultando que o citado proxecto foi remitido anteriormente pola Entidade Mercantil "Auregón Proxectos Industriales, S.L.", con data 11 de maio de 2006 (rexistro de entrada núm. 17689, de 12/05/06), se ben solicitóuselle o Concello que a petición de informe fose cursada polo mesmo, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, de data 6 de xuño de 2006, que literalmente di: "...Las intersecciones que se plantean y que afectan a la E.P. 2502 Cerquido-Ribadelouro, se consideran adecuadas a la denominada R-2, mientras que la R-1 debiera alcanzar en su geometría las dimensiones de la anterior. El denominado Vial B, cuya sección tipo se considera adecuada, debiera de ubicar todas las instalaciones fuera de la calzada, reordenando las canalizaciones y registros para concentrarlas dentro de las zonas de arcén-aparcamiento-acera, a fin de liberar la calzada de las correspondientes servidumbres." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Concello de O Porriño. ------ Folla: 286 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 21.14055.- CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL NAS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS DIRIXIDAS AS ASOCIACIÓNS, SEN FINS DE LUCRO, ENMARCADAS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS Aprobadas pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, do 17 de febreiro de 2006, as Bases Reguladoras das subvencións dirixidas ás Asociacións de Servizos Sociais Especializados, ano 2006, e padecido erro material na publicación das mencionadas Bases no BOP nº 42 de 1 de marzo de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a corrección do devandito erro da cláusula primeira das Bases Reguladoras das subvencións para Asociacións de Servizos Sociais Especializados, no senso de que onde di "non serán obxecto de subvención: - As peticións dirixidas ó pago de locais, - As actividades socioeducativas, - As actividades dirixidas a 3º idade que estean incluídas no catálogo de actividades do programa "Ti tamén contas", - Xornadas, Congresos e Estudos de investigación". Debe dicir: "non serán obxecto de subvención: - As peticións dirixidas ó pago de locais, - As actividades socioeducativas, - As actividades dirixidas a 3º idade que estean incluídas no catálogo de actividades do programa Ti tamén contas". ------ Folla: 286 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 22.14056.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ORZAMENTO DUNHA OBRA DO CONCELLO DE CANGAS INCLUÍDA NO PAM 2006, ANUALIDADES 2006-2008, DENOMINADA "PASEO ALAMEDA NOVA" A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a corrección de erro no presuposto da obra "Paseo Alameda Nova", do concello de Cangas, que figura coa cantidade de 150.000,00 euros, cando en realidade debe constar co importe de 210.000,00 euros. A devandita actuación subvencionase con cargo o PAM/2006, anualidades 2006-2008, sendo aprobada a súa concesión polo acordo da Xunta de Goberno de 07/04/2006. A relación de obras subvencionadas ó Concello de "Cangas" con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como de seguido se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Orzam.TOTAL Subv. Orzam. TOTAL Subv. Orzam. TOTAL Subv. Total Subvención 1ª Fase de Ordenación Xeral e Urbanización do Barrio do Forte 299.994,07 57.184,70 299.994,07 113.815,16 299.994,07 91.490,82 262.490,68 Paseo Alameda Nova 210.000,00 40.000,00 210.000,00 90.000,00 210.000,00 80.000,00 210.000,00. Pavillón do Hio 242.995,21 43.436,95 242.995,21 94.763,08 242.995,21 82.298,57 220.498,60 Adquisición vehículo Policía 16.097,00 16.097,00 16.097,00 769.086,28 156.718,65 752.989,28 298.578,24 752.989,28 253.789,39 709.086,28 ------ Folla: 286 23.14057.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------
Ãrea de notas
Nota