Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-06-30_Ordinaria. Acta de sesión 2006/06/30_Ordinaria
Acta de sesión 2006/06/30_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/3.2006-06-30_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/06/30_Ordinaria
Data(s) 2006-06-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 312 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día trinta de xuño do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14095.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 23 de xuño de 2006. ------ Folla: 312 2.14096.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, OUTORGADA A DON JUAN CARLOS PASARÍN COUSIDO, POLA XUNTA DE GOBERNO DE 22 DE XULLO DE 2005 Aprobado pola Xunta de Goberno de 22 de xullo de 2005, unha subvención para "arranxo de vivenda", a favor de D. Juan Carlos Pasarín Cousido, veciño do Concello de Barro, por importe de 961,54 euros, e concedida prórroga ó interesado ata o 31 de marzo de 2006 en virtude de acordo da Xunta de Goberno de 10 de marzo do presente ano sen que lograse o beneficiario da subvención acometer a obra, e visto o escrito de 20 de xuño de 2006 remitido polo concello de Barro, polo que se solicita polo interesado nova prórroga ata finais do mes de novembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder prórroga ata o 30 de novembro de 2006, a favor de D. Juan Carlos Pasarín Cousido, veciño do Concello de Barro, respecto á subvención para "arranxo de vivenda" (instalación eléctrica) que polo importe de 961,54 euros, lle foi concedida pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de 22 de xullo de 2005. ------ Folla: 312,314 3.14097.- BASES REGULADORAS DAS AXUDAS ECONÓMICAS A COOPERATIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Dada conta das Bases Reguladoras de axudas económicas a cooperativas da provincia de Pontevedra. Visto o documento RC 200600055816 emitido por Intervención no que certifica a existencia de crédito para facer fronte ó gasto, e o ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ás Bases Reguladoras de axudas económica ás Cooperativas da provincia de Pontevedra, por importe de 90.000,00 ¤ con cargo á partida 06/711.711.789.00 Ditas bases son como seguen: "BASES REGULADORAS DE AXUDAS ECONÓMICAS A COOPERATIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PRINCIPIOS XERAIS A Deputación de Pontevedra, consciente da importancia das Cooperativas e o movemento cooperativista para o desenvolvemento do sector agropecuario provincial, establece as axudas ás mesmas e que se rexerán polas presentes bases. 1.- OBXECTO Constitúe o obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas económicas ás Cooperativas da Provincia de Pontevedra que outorgue a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, segundo os principios de obxectividade e concorrencia competitiva de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida orzamentaria 06/711.711.789.00 cun crédito inicial de NOVENTA MIL EUROS (90.000,00). 2.- ACTUACIÓNS SUSCEPTIBLES DE AXUDA E CONTÍA DA SUBVENCIÓN 2.1.- Serán obxecto de axuda os investimentos realizados polas cooperativas, para mellorar os servizos que preste ós socios (construcións, equipamentos, maquinaria, instalacións, reparacións en edificios que sexan investimentos, estudos técnicos, mobiliario, etc.). 2.2.- As axudas económicas poderán alcanzar ata o 50% do investimento realizado, sempre que sexan compatibles con outras axudas recibidas para a mesma investimento por outros organismos e que en ningún caso a concorrencia destas superará o custo do investimento realizado. 3.- ÓRGANO DE CONCESIÓN O órgano competente para a concesión destas axudas é o Ilmo. Sr. Presidente, salvo aquelas que, sendo competencia orixinaria da presidencia, superen os 60.102,00 Euros, nese caso serían competencia da Xunta de Goberno, previo ditame da Comisión de Agricultura e Gandería, salvo en casos de urxencia na que se podería conceder a axuda e dando conta posteriormente á Comisión. 4.- BENEFICIARIOS Poderá solicitar as axudas calquera cooperativa agraria da provincia de Pontevedra, tendo prioridade para a percepción das axudas, as cooperativas de segundo grado e as cooperativas que teñan maior número de socios. 5.- FORMULACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra, achegándose a documentación seguinte: a. Instancia asinada polo Presidente da Cooperativa, fotocopias compulsadas do DNI do solicitante e CIF da Cooperativa. b. Acordo do órgano de goberno da Cooperativa autorizando a solicitude da axuda. c. Memoria descritiva do investimento a realizar, especificando as características técnicas dos equipamentos e maquinaria, obras, estudos técnicos, mobiliario, etc. Nas obras achegarase presuposto técnico das mesmas, coas unidades de obra desagregada e prezo unitario das mesmas. d. Certificado de acordo da Xunta de Goberno da Cooperativa comprometéndose á realización das obras. e. Certificación, na que conste se se solicitaron ou se obtiveron axudas para os investimentos para os que solicita axuda doutras administracións públicas, e a súa contía en relación co presuposto total dos investimentos a realizar. f. Tarxeta de identificación fiscal e certificado da conta bancaria. g. Número de socios de cada cooperativa e categoría da mesma. h. Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000,00 Euros, no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000,00 Euros no suposto de subministro de bens de equipo ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención (art. 31.3 Lei 38/03). Esta situación deberá acreditarse no expediente da subvención concedida. i. Certificación de estar ó corrente de pago coa Seguridade Social e das súas obrigacións tributarias estatais e autonómicas. j. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo terase por desistido arquivándose sen máis trámites. k. Declaración asinada polo Presidente da Cooperativa conforme non está incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co establecido no art. 13 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións. l. Declaración do Presidente da Cooperativa de realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións, de acordo co establecido no art. 14 da Lei Xeral de Subvencións. 6).- VALORACIÓN E CONCESIÓN As axudas solicitadas serán valoradas polo órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración. . Número de socios da Cooperativa, SAT ou organización de produtores ata un máximo de 10 puntos. · Cooperativas de segundo grado fronte a Cooperativas de primeiro grado 10 puntos. · Características e interese da actuación ata un máximo de 10 puntos. 7).- PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As axudas que se contemplan na presente Convocatoria poderán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, durante trinta (30) días naturais no Rexistro Xeral da Deputación Provincial, no Servizo Agrario ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es. 8).- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS 8.1.- Para recibir as subvencións concedidas será necesario presentar na Deputación Provincial, os seguintes documentos: a. Escrito asinado polo Presidente da Cooperativa, dirixido ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra solicitando o pago da axuda concedida. b. Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas das mesmas ou certificación das obras realizadas asinada por técnico competente. c. Certificación da axuda recibida ou concedida para os mesmos investimentos por outros organismos públicos e a súa contía con respecto ó gasto total realizado. d. Certificación de estar ó corrente de pago coa seguridade Social, a AEAT e a Excma. Deputación. e. Conta xustificativa dos gastos na que se determinará o custo ou gasto total da actividade subvencionada e declaración responsable de que os gastos que figuran nela foron aplicados á finalidade subvencionada. 8.2.- A efectos de xustificación do gasto, en ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda (art. 31.8 Lei 38/03), polo que tales extremos se xustificarán no expediente. 8.3.- Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación (art. 31.2 Lei 38/03, Xeral de Subvencións) 8.4.- A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase, en todo caso antes do 31 de outubro de 2007. 9).- CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS Os técnicos do Servizo Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión de subvencións e para que se realicen correctamente os investimentos previstos, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflectindo os resultados no correspondente informe, así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. 10).- RESPONSABILIDADES O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nas BASES e demais normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e a devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. 11).- PRAZO O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses, transcorrido o cal os interesados entenderán desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de concesión da subvención, tal como se recolle no art. 25.4 e 5 da Lei Xeral de Subvencións. ------ Folla: 314,315 4.14098.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos acordase a devolución das seguintes garantías: TÉCNICOS ASOCIADOS, SL (CIF B-36024636) · A constituída en metálico, por importe de DOUS MIL TRESCENTOS SETENTA E DOUS EUROS CON CINCUENTA E DOUS CÉNTIMOS (2.372,52), para responder de: "Climatización do Salón de Plenos do Pazo Provincial", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/07/2004 segundo número de operación 200400054572, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. · A constituída en metálico, por importe de MIL CINCOCENTOS TRINTA E CINCO EUROS CON SETENTA E SETE CÉNTIMOS (1.535,77), para responder de: "Climatización da zona de Presidencia no Pazo Provincial", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/11/2003, segundo número 200300088498 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DECORACIONES, INSTALACIONES Y CONSTRUCCIONES,S.A. (DICSA) (CIF A-36011047) · A constituída en valores, mediante aval do Banco Central Hispano, por importe de DOUS MIL TRESCENTOS SETENTA E TRES EUROS CON NOVENTA E UN CÉNTIMOS (2.373,91), para responder de: "Tratamento de Fachadas e Obras varias no Palacete de Mendoza", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/08/2004, segundo número 200400057733 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. · A constituída en valores, mediante aval do Banco Central Hispano, por importe de CATRO MIL CINCOCENTOS CORENTA EUROS (4.540,00), para responder de: "Reformado do Palacete de Mendoza para a súa adecuación ás condicións de accesibilidade", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/05/2004, segundo número 200400035609 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 315 5.14099.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS NÚMERO 12/06 Vista a proposta da Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación, de data 19 de xuño de 2006, relativa á incoación dun expediente de transferencia de créditos, entre diversas partidas do vixente presuposto provincial, por un importe global de 29.700,00 euros, coa finalidade de afrontar gastos que se derivan da contratación de persoal laboral eventual para distintos servizos desta Deputación Provincial. Visto o informe de Intervención, de data 26 de xuño de 2006, no que deixa constancia de que a proposta efectuada pola Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación razoa suficientemente as variacións de crédito nas distintas partidas e cumpre os requisitos previstos na normativas aplicable. Visto así mesmo que as partidas cuxo crédito se minora expedíronse os Rcs, polos importes en que se minoran e que o órgano competente para aprobar o expediente é a "Xunta de Goberno" por tratarse de transferencias de créditos de persoal pertencentes a distintos centros xestores. A Xunta de Goberno, de conformidade co disposto na Base 10ª, apartado 3 d., correspondente á execución do presuposto para o exercicio de 2006, acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 12/06 por importe total de 29.700,00 euros, incoado polos responsables dos centros xestores de Recursos Humanos, Tesourería, Gabinete da Presidencia e Intervención, minorando crédito nos importes e nas partidas que se indican e incrementando crédito polos importes e nas partidas que se detalla a continuación: PARTIDAS A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 453.453.131.01 Persoal laboral eventual (Soutomaior) 4.500,00 ¤ 612.611.131.01 Persoal laboral eventual (Tesourería) 25.200,00 ¤ TOTAL............... 29.700,00 ¤ PARTIDAS A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 112.111.120.01 Retribucións básicas, soldo (Gabinete da Presidencia) 4.500,00 ¤ 611.611.120.01 Retribucións básicas, soldo (Intervención) 10.000,00 ¤ 611.611.121.01 Retribucións complementarias, complemento de destino(Intervención) 5.200,00 ¤ 611.611.121.02 Retribucións complementarias, complemento específico(Intervención) 10.000,00 ¤ TOTAL............... 29.700,00 ¤ ------ Folla: 315,316 6.14100.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE A CAÑIZA DA OBRA INCLUÍDA NO PAM 2006, ANUALIDADE DE 2008, DENOMINADA "PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS RURAIS: RIBADIL, OROSO, ACHAS, DEVA E A CAÑIZA" POLAS OBRAS "PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑO RURAL DE RIBADIL-OROSO" E "PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS RURAIS: OROSO, ACHAS, DEVA E CAÑIZA", SENDO A DISTRIBUCIÓN DA SUBVENCIÓN 29.993,37 EUROS E 37.088,49 EUROS, RESPECTIVAMENTE A petición do concello de A Cañiza, de 23 de xuño actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación das obras incluídas no PAM 2006, anualidade 2008, denominada "Pavimentación de camiños rurais: Ribadil, Oroso, Achas, Deva e A Cañiza", polas obras "Pavimentación de camiño rural de Ribadil-Oroso" e "Pavimentación de camiños rurais: , Oroso, Achas, Deva e A Cañiza", coa seguinte distribución de subvención: 29.993,37 euros e 37.088,49 euros, respectivamente, e suxeitas ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó Concello de "A Cañiza" con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como de seguido se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. PresupostoTOTAL Subv. Total Subv. Pavimentación Rúa Oriente 79.145,21 79.145,21 79.145,21 Mellora ilumminación pública en Oroso, Franqueira e Valeixe 31.293,00 31.293,00 31.293,00 Pavimentación rúa do Carme e Praza do Mercado 83.243,71 83.243,71 83.243,71 Cementerio de A Cañiza 54.325,15 54.325,15 54.325,15 Muro Campo de Fútbol de Aguas Férreas 36.125,13 36.125,13 36.125,13 Construción muro de Pedra en Almuíña-Valeixe 36.711,39 36.711,39 36.711,39 Pavimentación de camiño rural de Ribadil-Oroso 29.993,37 29.993,37 29.993,37 Pavimentación de camiños rurais: Oroso, Achas, Deva e Cañiza 37.088,49 37.088,49 37.088,49 Construción Parque infantil na Travesía Sifón-A Cañiza 111.761,22 111.761,22 111.761,22 110.438,21 110.438,21 210.405,38 210.405,38 178.843,08 178.843,08 499.686,67 ------ Folla: 316,318 7.14101.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE ARBO PARA ADQUISICIÓN DUN CAMIÓN DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Arbo para "Adquisición dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos", sendo o seu presuposto total de 139.428,00 euros. A Deputación comprométese a achegar para a devandita adquisición a cantidade de 69.714,00 euros, en concepto de subvención, que se fará efectiva con cargo á partida orzamentaria 06/911.911.762.45 do vixente Presuposto provincial. A achega do concello farase ben con fondos propios ou mediante subvención doutras entidades públicas ou privadas. A contratación da adquisición levarase a cabo polo concello de Arbo a través dos correspondentes procedementos de contratación. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE ARBO PARA "ADQUISICIÓN DUN CAMIÓN DE RECOLLIDA RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS" En Pontevedra,............................................. REUNIDOS Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma e no exercicio das facultades que ten atribuídas Ilmo. Sr. D. Manuel Rivera Domínguez, en calidade de Alcalde-Presidente do Concello de Arbo, en nome e representación do mesmo e no exercicio das facultades atribuídas. Interveñen en razón dos seus cargos representando ás súas respectivas entidades locais, de conformidade coas competencias atribuídas polos artigos 21.1,b) e 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 61.1,a) e 105.1,a) da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base os principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3, c) do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido o cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Que o Concello de Arbo solicita á Deputación a "Adquisición dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos", sendo patente a vontade das partes intervenientes colaborar na súa compra. Pola súa parte para o Concello suponlle unha necesidade primordial a compra do vehículo para o funcionamento do Servizo de Recollida de Residuos Sólidos, ademais de carecer de recursos económicos suficientes para este fin. A compra do vehículo reportaralle ós veciños a mellora das prestacións dos servizos esenciais, dada a finalidade do mesmo. Con fundamento en canto queda exposto, as partes intervenientes formalizan o presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Arbo, é a "Adquisición dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos". Segunda.- O presuposto da devandita adquisición ascende a cantidade de 139.428,00 Euros, comprometéndose a Deputación a achegar para a devandita adquisición a cantidade de 69.714,00 Euros, en concepto de subvención, que se fará efectiva con cargo á partida 06/911.911.762.45 do vixente Presuposto provincial. A achega do Concello farase ben con fondos propios ou mediante subvención doutras entidades públicas ou privadas. Terceira.- A contratación da adquisición levarase a cabo polo Concello de Arbo a través dos correspondentes procedementos de contratación. Unha vez efectuada e recibida a subministración, poderase proceder á súa comprobación, realizándose o libramento da cantidade sempre e cando se cumpran os seguintes requisitos: - Factura expedida polo adxudicatario, debidamente dilixenciada contendo tódolos requisitos que lle dean validez, que exprese o importe da adquisición e aprobación da mesma polo órgano de goberno competente do Concello, así como a acta de recepción da compra. Cuarta.- Calquera medida que se adopte con cargo ó presente convenio será aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación, dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado ó Concello de Arbo, no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo doutros dez días poida poñer obxección á mesma, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Quinta.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, poderán reunirse os asinantes do presente Convenio, ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados. As discrepancias que, sometidas ó coñecemento e resolución da referida comisión non sexan resoltas a satisfacción da parte que a formule, serán sometidas ó coñecemento da xurisdición contencioso-administrativa, dado o carácter administrativo do convenio. Sexta.- En caso de incumprimento por parte de calquera das partes asinantes das obrigacións contempladas nas cláusulas anteriores, as entidades asinantes quedan facultadas expresamente para pedir a rescisión do presente convenio e indemnización de danos e prexuízos que causaren. Sétima.- O presente Convenio entrará en vigor a partires da data da súa sinatura e ata o 31 de outubro de 2007. Oitava.- Serán causas de Resolución: a) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. b) A imposibilidade de levalas a cabo. Novena.- Será de aplicación ó presente convenio a seguinte normativa: - Bases reguladoras da execución do Presuposto da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2006, así como as que se aproben para os exercicios 2007 e 2008. - Bases reguladoras do Programa de Acción Municipal 2006 - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. - Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. - Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Ámbalas dúas partes conscientes do auxe e relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica dos seus territorios, atribúelles a lexislación vixente como competencias locais mostran a súa firme vontade de incrementar, na medida que os seus presupostos llo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantir a correcta prestación integral dos servizos e actividades públicas na cidade de Arbo. E en proba de canto antecede, as partes intervenientes asinan o presente Convenio por cuadriplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra,Asdo. D. Rafael Louzán Abal Polo Concello de Arbo,Asdo. D. Manuel Rivera Domínguez" ------ Folla: 318,320 8.14102.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA INVESTIMENTOS ANO 2006 De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a concesión de subvencións de apoio á cultura dirixidas a entidades para investimentos ano 2006, ás Asociacións que se relacionan, por un total de 422.381,00 ¤, con cargo á partida 06/451.451.789.04. Ditas subvencións son como seguen: CIF / ASOCIACIÓN / CONCEPTO/ CONCEDIDO CONCELLO DE BAIONA G36839447/ HERMANDAD DE LA SANTA CASA DE MISERICORDIA/ Obras de restauración dunha talla que representa un Cristo/ 409´00 €. Q3600056J/ PARROQUIA STA. MARIA DE BAIONA/ Adquisición dun órgano/ 6.000´00 €. TOTAL CONCELLO DE BAIONA (2) / 6.409,00€. CONCELLO DE CALDAS DE REIS G36429850/ ASC. RESTAURACIÓN E CONSERV. PATRIMONIO DE GODOS/ Obras de restauración do retablo maior da igrexa parroquial de Sta. Mª de Godos/ 874´00 €. G36308674 ASOC. DEPORTIVO CULTURAL "SAN ROQUE" DE PARADIVAS/ Obras de acondicionamento da cuberta da igrexa parroquial/ 765´00 €. G36477636 ASOC. DE VECIÑOS RAIGAME/ Obras de construción do Centro Socio Cultural/ 60.000 €. Q1500020A PARROQUIA DE SAN CRISTOBO DE BRIALLOS/ Obras de restauración do retablo do altar maior do templo parroquial de Briallos/ 1.174 €. TOTAL CONCELLO DE CALDAS DE REIS (4)/ 62.813,00 €. CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO G36141802 ASOC. XUVENIL O COSTADO 405,00 Obras de rehabilitación do centro cultural TOTAL CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO (1) 405,00 ¤ CONCELLO DE CANGAS Q1500020A PARROQUIA SANTIAGO DE CANGAS 60.000,00 Instalación de iluminación interior na ex-colexiata de Cangas. TOTAL CONCELLO DE CANGAS (1) 60.000,00 ¤ CONCELLO DA CAÑIZA Q3600056J PARROQUIA STA.MARIA DE FRANQUEIRA 928,00 Obras de restauración do pavimento interior do santuario TOTAL CONCELLO DA CAÑIZA (1) 928,00 ¤ CONCELLO DE CATOIRA A36137719 ASOC. VECIÑAL CULTURAL SAN ANTONIO DE DIMO 765,00 Obras de mellora na Ermida de San Cibrán do Monte TOTAL CONCELLO DE CATOIRA (1) 765,00 ¤ CONCELLO DE CRECENTE Q3600056J PARROQUIA SAN CAETANO DE QUINTELA 6.000,00 Obras de rehabilitación interior da igrexa parroquial de Quintela, 1ª fase Q3600056J PARROQUIA DE SAN JUAN BAUTISTA DE ALBEOS 874,00 Obras de restauración e conservación do retablo maior de S. Juan de Albeos". TOTAL CONCELLO DE CRECENTE (2) 6.874,00 ¤ CONCELLO DE CUNTIS Q3600087E BENEDICTINAS MONASTERIO DE SAN BENITO DE CUNTIS 2.900,00 Obras de acondicionamento dunha sala para conferencias e estudio Q1500020A PARROQUIA SANTA MARIA DE CEQUERIL 1.229,00 Obras de restauración do retablo maior da igrexa de Cequeril TOTAL CONCELLO DE CUNTIS (2) 4.129,00 ¤ CONCELLO DA ESTRADA G36239986 AA.VV. NOVO CENTRO 1.611,00 Obras de acabado do local social parroquial G36451730 ASOC. COTO MANGUELO 1.229,00 Obras de rehabilitación do local social G36293843 ASOC. CULTURAL ANGEL DE OLIVES 655,00 Substitución de porta e ventás no local social G36452084 ASOC. DE VECIÑOS "SANTA MARIÑA DE AGAR" 819,00 Obras de rehabilitación do centro cultural G36016020 ASOC. DE VECIÑOS E CULTURAL "A FARRAPIÑA" 737,00 Obras de rehabilitación do centro cultural TOTAL CONCELLO DA ESTRADA (5) 5.051,00 ¤ CONCELLO DE GONDOMAR G36634343 CENTRO CULTURAL Y RECREATIVO DE PEITIEIROS 1.120,00 Obras de restauración do centro cultural TOTAL CONCELLO DE GONDOMAR (1) 1.120,00 ¤ CONCELLO DO GROVE G36470730 ASOC. VEC. DEPORTIVO CULTURAL AS BESADAS / 1.065,00/ Obras de ampliación do local social TOTAL CONCELLO DO GROVE (1) 1.065,00 ¤ CONCELLO DE MARÍN G36015287 ATENEO SANTA CECILIA - CLUB UNESCO 737,00 Obras de restauración do retablo de San Miguel, 3ª fase TOTAL CONCELLO DE MARÍN (1) 737,00 ¤ CONCELLO DE MOAÑA G36187367 SOCIEDAD DEPORTIVA TIRÁN 60.000,00 Obras de mellora das instalacións culturais e deportivas TOTAL CONCELLO DE MOAÑA (1) 60.000,00 ¤ CONCELLO DE MONDARIZ G36169860 ASOC. DE VECIÑOS XABRIÑA 1.284,00 Obras de construción dun local veciñal e social TOTAL CONCELLO DE MONDARIZ (1) 1.284,00 ¤ CONCELLO DE MOS G36050821 A.A.V.V. CULTURAL LEDICIA 901,00 Obras de mellora do local social: pintar, reparación instalación eléctrica e compra de cadeiras G36027316 ASC. CULTURAL SAN MARTÍN DE TAMEIGA 6.000,00 Obras de acondicionamento de local social G36102663 ASOC. RECREATIVA E CULTURAL DE GUIZÁN 2.900,00 Obras de colocación de falso teito Q3600056J PARROQUIA DE PETELOS 15.000,00 Obras de rehabilitación da capela de S. Mauro TOTAL CONCELLO DE MOS (4) 24.801,00 ¤ CONCELLO DE NIGRÁN G36770642 AA.VV. SAN PEDRO RAMALLOSA A UNIÓN 1.284,00 Obras de acondicionamento do local da biblioteca G36648319 UNIÓN POLIDEPORTIVA BOLOS DE CARRASCA 956,00 Obras de peche dunha terraza do local social TOTAL CONCELLO DE NIGRÁN (2) 2.240,00 ¤ CONCELLO DE PONTEVEDRA G36017143 AA.VV. O CASTRO DE STA. MARIA DE MOURENTE 1.010,00 Obras de mellora da casa da cultura G36121713 ASOC.CULT. VEIRA DO RÍO DE PONTESAMPAIO 1.639,00 Obras de construción sala de exposicións do museo Pontesa. Q1500020A PARROQUIA STA MARIA DE XEVE 1.366,00 Obras de conservación dos retablos Q1500020A PARROQUIA DE SAN ANDRES DE XEVE 15.000,00 Obras de restauración, reparación e conservación do "Retablo do altar maior da igrexa Q3600089A PARROQUIA DE SANTA MARÍA A MAIOR 874,00 Obras de acondicionamento do mirador sobre a torre do campanario TOTAL CONCELLO DE PONTEVEDRA (5) 19.889,00 ¤ CONCELLO DE PORTAS G36107225 ASOC. CULTURAL JOSEFINA FIGUEROA BARROS DE ROMAY 1.120,00 Obras de reforma da instalación eléctrica e instalación de calefacción TOTAL CONCELLO DE PORTAS (1) 1.120,00 ¤ CONCELLO DE POIO G36016632 CENTRO CULTURAL ATENEO CORREDOIRA 1.256,00 Obras de restauración do retablo maior da igrexa de S. Roque de Combarro TOTAL CONCELLO DE POIO (1) 1.256,00 ¤ CONCELLO DE PONTEAREAS G36142545 ASOC. CULTURAL OS MUIÑOS DE OLIVEIRA 737,00 Obras de mellora das instalacións do centro cultural G36177178 CENTRO CULTURAL DE XINZO 628,00 Obras de instalación de calefacción eléctrica no centro cultural TOTAL CONCELLO DE PONTEAREAS (2) 1.365,00 ¤ CONCELLO DE REDONDELA G36515237 ASC.C.S.E DEP.CULT. "CHAN DAS PIPAS DE SAXAMONDE" 1.284,00 Obras de reforma do centro cultural G36310241 C.CULT.S.R.DEP.E ASISTENCIA Á 3ªIDADE DE CABEIRO 1.040,00 Obras de mellora do acceso a persoas minusválidas á biblioteca G36146108 CENTRO SOCIAL CULTURAL E RECREATIVO DE CEDEIRA 655,00 Obras de instalación de calefacción na zona do auditorio do Centro Cultural Q3600056J PARROQUIA STA MARÍA DO VISO 9.000,00 Obras de restauración do retablo lateral esquerdo TOTAL CONCELLO DE REDONDELA (4) 11.979,00 ¤ CONCELLO DE RIBADUMIA Q1500020A PARROQUIA DE BARRANTES 3.500,00 Instalación de mecanismos de seguridade TOTAL CONCELLO DE RIBADUMIA (1) 3.500,00 ¤ CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS G36269280 AGRUPACIÓN CULTURAL XUNCO 983,00 Obras de instalación fixa de iluminación artística no escenario do centro cultural G36016640 CENTRO CULTURAL LA FERIA 1.202,00 Obras de reforma no centro cultural G36050508 CENTRO CULTURAL E SOCIAL DE CASTRO BARREIRO 2.500,00 Obras de ampliación de biblioteca e baño Q3600056J PARROQUIA SAN VICENTE DE SOUTELO 765,00 Obras de rehabilitación da sacristía parroquial TOTAL CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS (4) 5.450,00 ¤ CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO Q3600056J PARROQUIA SAN XOAN DE FORNELOS DA RIBEIRA 5.500,00 Obras de restauración do retablo maior da igrexa parroquial (2ª fase) TOTAL CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO (1) 5.500,00 ¤ CONCELLO DE SANXENXO G36364917 ASOC. CULTURAL SAN CAYETANO 737,00 Obras de rehabilitación do local social TOTAL CONCELLO DE SANXENXO (1) 737,00 ¤ CONCELLO DE SILLEDA G36368363 ASOC. DE VECINOS DEL PUEBLO DE PARADA 956,00 Obras de reforma do centro cultural de Parada TOTAL CONCELLO DE SILLEDA (1) 956,00 ¤ CONCELLO DE VIGO G36622793 A.VV. CRISTO DE LA VICTORIA 1.229,00 Obras de reposición de cuberta no local da Asociación: Auditorio G36623593 A.VV. MONTE DA MINA DE CASTRELOS 1.147,00 Obras de reparación do tellado do local social G36791291 AGRUP. DE CENTROS DEPORTIVOS E CULTURAIS DE VIGO 1.366,00 Obras de reformas do local da Agrupación G36648988 ASOC. VECIÑAL CULTURAL E DEPORTIVA SAN XURXO 1.010,00 Obras de acondicionamento do local social Q3600056J OBISPADO DE TUI - VIGO 90.000,00 Proposta de obras prioritarias para restauración do patrimonio histórico en relación coa sinatura de convenio de colaboración TOTAL CONCELLO DE VIGO (5) 94.752,00 ¤ CONCELLO DE VILA DE CRUCES G36243764 FUNDACIÓN CASA MUSEO A SOLAINA DE PILOÑO 15.000,00 Obras de rehabilitación da Casa Museo TOTAL CONCELLO DE VILA DE CRUCES (1) 15.000,00 ¤ CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA G36179430 ASOC. DE VECIÑOS SAN PEDRO DE TREMOEDO 1.256,00 Obras de adecentamento da capela de San Pedro de Mouzos Q1500020A PARROQUIA STA.MARIA DE CALEIRO 21.000,00 Obras de restauración interior da igrexa parroquial TOTAL CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA (2) 22.256,00 ¤ ------ Folla: 320,323 9.14103.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA EQUIPAMENTOS ANO 2006 De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a concesión de subvencións de apoio á cultura dirixidas a entidades para equipamentos ano 2006, ás Asociacións que se relacionan, por un total de 47.976,00 ¤, con cargo á partida 06/451.451.789.00. Ditas subvencións son como seguen: CIF / ASOCIACIÓN / CONCEPTO/ CONCEDIDO CONCELLO DE ARBO G36271989 ASOC. BANDA MUSICAL DEL MUNICIPIO DE ARBO/ Adquisición de instrumentos para a banda/ 882´00 €. TOTAL CONCELLO DE ARBO (1) 882,00 ¤ CONCELLO DE BARRO G36183804/ ASOC. CULTURA E XUVENTUDE DE BARRO/ Adquisición de instrumentos/ 846´00 €. TOTAL CONCELLO DE BARRO (1) 846,00 ¤ CONCELLO DE BUEU G36341923/ AGRUPACIÓN CULTURAL FOLCLÓRICA RETROUSO DE CELA / Adquisición de órgano e instrumentos tradicionais/ 702´00 €. TOTAL CONCELLO DE BUEU (1) 702,00 ¤ CONCELLO DE CANGAS G36284057/ ASOC. CULTURAL CACAREXO/ Adquisición de instrumentos musicais/ 432´00 €. G36394443/ ASOC. DANZA DE DARBO/ Adquisición de vestiario/ 398 €. G36030302/ BANDA DE MÚSICA BELLAS ARTES DE CANGAS/ Adquisición dun saxofón tenor/ 648 €. G36202299 CORAL POLIFÓNICA DE CANGAS "BRISAS DA RÍA"/ Adquisición de vestiario/ 432 €. TOTAL CONCELLO DE CANGAS (4) 1.908,00 ¤ CONCELLO DE GONDOMAR G36867687 NOVOS AIRES DE COUSO/ Adquisición de instrumentos/ 522 €. TOTAL CONCELLO DE GONDOMAR (1) 522,00 ¤ CONCELLO DA GUARDA G36151140 AA.VV. O PERCAMIÑO 432,00 Adquisición de instrumentos musicais para a banda de gaitas TOTAL CONCELLO DA GUARDA (1) 432,00 ¤ CONCELLO DE LALÍN G36480598 ASC.CONSERVATORIO MÚSICA TRAD. E FOLQUE DE LALÍN/ 738,00/ Adquisición de instrumentos para a escola G36041515 BANDA DE MÚSICA DE LALÍN/ 1.224,00/ Adquisición de instrumentos musicais TOTAL CONCELLO DE LALÍN (2) 1.962,00 ¤ CONCELLO DE MARÍN G36368991 ASOC. CULTURAL CORO DE CÁMARA THALASSA 360,00 Adquisición de vestiario G36036432 ASOC.ARTÍSTICO CULTURAL OS CHANEIROS 432,00 Adquisición de instrumentos musicais TOTAL CONCELLO DE MARÍN (2) 792,00 ¤ CONCELLO DE MONDARIZ G36054187 CENTRO DE ANIMACIÓN RURAL CASTROMAO 486,00 Renovación de vestiario e instrumentos TOTAL CONCELLO DE MONDARIZ (1) 486,00 ¤ CONCELLO DE MORAÑA G36353936 AGRUPACIÓN DE BAILE E PANDERETEIRAS "SEIXEBRA" 216,00 Adquisición de vestimenta tradicional TOTAL CONCELLO DE MORAÑA (1) 216,00 ¤ CONCELLO DE MOS G36425072 ASOC. CULT. BANDA DE GAITAS DE MOS 630,00 Adquisición de 30 traxes de faena para a Banda G36028827 CENTRO RECREATIVO E CULTURAL DE TORROSO 594,00 Adquisición de vestiario para os membros da Banda de música Xuvenil de Torroso G36355006 CORAL POLIFÓNICA VENTOS DO VAL 378,00 Adquisición de vestiario para os membros da coral G36024289 CÍRCULO CULTURAL Y DEPORTIVO SANTA EULALIA 702,00 Adquisición de gaitas para a banda de gaitas "Airiños do Castelo" TOTAL CONCELLO DE MOS (4) 2.304,00 ¤ CONCELLO DAS NEVES G36109270 BANDA DE MÚSICA DE RUBIÓS 576,00 Adquisición de instrumentos musicais TOTAL CONCELLO DAS NEVES (1) 576,00 ¤ CONCELLO DE NIGRÁN G36867067 CORAL POLIFÓNICA NOVOS AIRES DE NIGRÁN 432,00 Adquisición dun piano TOTAL CONCELLO DE NIGRÁN (1) 432,00 ¤ CONCELLO DE OIA G36196749 UNIÓN MUSICAL DE MOUGÁS 11.450,00 Adquisición de instrumentos musicais TOTAL CONCELLO DE OIA (1) 11.450,00 ¤ CONCELLO DE PONTEVEDRA G36035905 AGRUPACIÓN FOLKLÓRICA CELME 702,00 Adquisición de vestiario G36039535 ASOC. DE COROS E DANZAS DUOS PONTES 738,00 Adquisición de vestiario TOTAL CONCELLO DE PONTEVEDRA (2) 1.440,00 ¤ CONCELLO DO PORRIÑO G36305639 ASOC. CULTURAL OS PENEDIÑOS 522,00 Adquisición de traxes para a Coral Polifónica de Atios G36518470 ASOC.VECIÑAL E CULTURAL AS MIMOSAS DE CARRACIDO 468,00 Adquisición de pandeiretas TOTAL CONCELLO DO PORRIÑO (2) 990,00 ¤ CONCELLO DE PORTAS G36165272 ASOC. CULTURAL CORO DOMINGO FONTÁN 702,00 Adquisición de vestiario para a banda de gaitas e grupo de danza G36030609 BANDA DE MÚSICA UNIÓN DE LANTAÑO 540,00 Adquisición de instrumentos musicais TOTAL CONCELLO DE PORTAS (2) 1.242,00 ¤ CONCELLO DE PONTECESURES G36435931 ASOC. CULTURAL XARANDEIRA 432,00 Adquisición de gaitas para o grupo de gaitas TOTAL CONCELLO DE PONTECESURES (1) 432,00 ¤ CONCELLO DE RIBADUMIA G36310019 AGRUPACIÓN MÚSICO-CULTURAL DE RIBADUMIA 882,00 Adquisición de instrumentos musicais G36306819 BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE RIBADUMIA 882,00 Adquisición de vestiario TOTAL CONCELLO DE RIBADUMIA (2) 1.764,00 ¤ CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS G36123313 ASOC. AMIGOS DE LA MÚSICA 5.750,00 Adquisición de instrumentos musicais TOTAL CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS (1) 5.750,00 ¤ CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO G36458750 ASOC. CULTURAL VIRXE DAS DORES DE ALXÉN 540,00 Adquisición de 5 gaitas TOTAL CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO (1) 540,00 ¤ CONCELLO DE SILLEDA G36330884 ASOC. CULTURAL XIRANDOLA 306,00 Adquisición de instrumentos G36120517 CORAL POLIFÓNICA TRASDEZA 576,00 Adquisición de vestiario para os membros da coral TOTAL CONCELLO DE SILLEDA (2) 882,00 ¤ CONCELLO DE TUI G36258929 VOLUNTARIADO ALCOHÓLICOS REHABILITADOS BAIXO MIÑO 414,00 Adquisición de instrumentos musicais para a rondalla-tuna TOTAL CONCELLO DE TUI (1) 414,00 ¤ CONCELLO DE VALGA G36411148 ASOC. CULTURAL MUSIVAL 702,00 Adquisición de vestiario G36258689 CORAL POLIFÓNICA DE SANTA COMBA 630,00 Adquisición de vestiario para os membros da coral TOTAL CONCELLO DE VALGA (2) 1.332,00 ¤ CONCELLO DE VIGO G36698686 ASOCIACIÓN FOLCLÓRICA ANDARELA 414,00 Adquisición de instrumentos musicais G36651073 ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CABRAL 504,00 Adquisición de instrumentos musicais G36698140 SDAD.GAITAS Y BAILES REG. DE COMESAÑA "OS VENTOS" 450,00 Adquisición de instrumentos musicais G36633428 SOC. CULTURAL RECREATIVA E DEPORTIVA HELIOS 594,00 Adquisición de vestiario para o grupo de baile G36620854 SOCIEDAD CULTURAL Y DEPORTIVA ATLÁNTIDA DE MATAMÁ 558,00 Adquisición dunha tuba G36634137 UNIÓN MUSICAL DE CORUXO 630,00 Adquisición de instrumentos musicais G36639110 UNIÓN MUSICAL DE VALLADARES 594,00 Adquisición de instrumentos musicais TOTAL CONCELLO DE VIGO (7) 3.744,00 ¤ CONCELLO DE VILA DE CRUCES G36018695 ASOC. BANDA DE MÚSICA DE MERZA 702,00 Adquisición dun barítono G36323418 ASOC. CULTURAL MÚSICA VIVA DA COMARCA DO DEZA 828,00 Adquisición de campanólogo e vibráfono G36362408 ASOC. CULTURAL SAN SALVADOR DE CAMANZO 486,00 Adquisición de vestiario para a coral G36106276 ASOC. CULTURAL UNIÓN MUSICAL PUENTE LEDESMA 612,00 Adquisición de instrumentos musicais TOTAL CONCELLO DE VILA DE CRUCES (4) 2.628,00 ¤ CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA G36499127 ASOC. CULTURAL GAITAS DO MAR DE AROUSA 504,00 Adquisición de instrumentos musicais G36136679 ASOC. CULTURAL MALVEIRAS 500,00 Adquisición de gaitas e pandeiretas G36043933 ASOC. CULTURAL NOS DE SOBRADELO 702,00 Adquisición de instrumentos musicais G36446821 ASOC. SOCIO CULTURAL E DEPORTIVA "A FONTE FRÍA" 342,00 Adquisición de gaitas TOTAL CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA (4) 2.048,00 ¤ CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA G36015931 CÍRCULO MARÍTIMO DEPORTIVO 576,00 Adquisición dun acordeón TOTAL CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA (1) 576,00 ¤ CONCELLO DA ILLA DE AROUSA G36031292 ASOC. CULTURAL DORNA 684,00 Adquisición de traxes tradicionais TOTAL CONCELLO DA ILLA DE AROUSA (1) 684,00 ¤ ------ Folla: 323 10.14104.- APROBACIÓN DA REALIZACIÓN DE FESTAS DA BICICLETA NOS CONCELLOS DA PROVINCIA De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a celebración das Festa da Bicicleta e Marchas Populares nos concellos seguintes: MEAÑO 16/06/06 FESTA DA BICICLETA PAZOS DE BORBÉN 02/07/06 FESTA DA BICICLETA MEIS 08/07/06 FESTA DA BICICLETA OIA 08/07/06 FESTA DA BICICLETA SANXENXO 09/07/06 FESTA DA BICICLETA MARÍN 10/07/06 FESTA DA BICICLETA MONDARIZ BALNEARIO 16/07/06 FESTA DA BICICLETA CERDEDO 22/07/06 FESTA DA BICICLETA SOUTOMAIOR 22/07/06 FESTA DA BICICLETA POIO 23/07/06 FESTA DA BICICLETA A LAMA 28/07/06 FESTA DA BICICLETA MORAÑA 29/07/06 FESTA DA BICICLETA VILA DE CRUCES 29/07/06 FESTA DA BICICLETA RODEIRO 30/07/06 FESTA DA BICICLETA ------ Folla: 324 11.14105.- RECOÑECEMENTO DE SERVIZOS De conformidade co disposto na Lei 70/78, de 26 de decembro, de recoñecemento de servizo previsto na Administración Pública e Real Decreto 1461/82, de 25 de xuño , polo que se ditan normas de aplicación da Lei 70/78, de 26 de decembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer á funcionaria Dona Mª Ascensión Soto García, catorce anos, oito meses e vinte e oito días de servizos prestados na Deputación Provincial de Ourense nos períodos que a continuación se relacionan, con efectos 01 de xullo de 2006. CategoríaProfesional AdministraciónPública Vínculo(1) Dende Ata Total Día Mes Ano Día Mes Ano Ano Mes Día Administrativo Deputación de Ourense L 05 09 91 31 12 93 2 3 29 Oficial Relacións Públicas Deputación de Ourense L 01 01 94 31 08 97 3 8 Oficial Relacións Públicas Deputación de Ourense L 01 09 97 30 04 06 8 7 29 Administrativo Administración Xeral Deputación de Ourense C 01 05 06 31 05 06 1 TOTAL........... 14 8 28 A efectos de trienios a data de antigüidade retrotráese ó 5 de setembro de 1991. ------ Folla: 324 12.14106.- COMUNICACIÓNS Queda enterada a Xunta de Goberno de escrito do xefe do Servizo de Urbanismo do Excmo. Concello de Pontevedra (rexistro de entrada nesta Deputación nº023111), dando traslado do acordo de data 15 de maio de 2006 da Xunta de Goberno Local sobre "Aprobación definitiva do proxecto de urbanización da unidade de actuación nº15 do PXOU/RÚA PINTOR LAXEIRO, futura prolongación da avenida Juan Carlos I e rúa dos Montes a iniciativa de Lar de Pontenova I, S.L. ------ Folla: 324,327 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.14107.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE VIGO E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A COOPERACIÓN ECONÓMICA EN DETERMINADAS ACTUACIÓNS URBANAS A REALIZAR NA CIDADE DE VIGO A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o "Convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra para a cooperación económica en determinadas actuacións urbanas a realizar na cidade de Vigo, sendo o seu obxecto regular e disciplinar a colaboración económica entre a Excma. Deputación e o Concello no financiamento das obras obxecto do convenio entre o Concello e o Consorcio da Zona Franca de Vigo. Para os fins anteriores a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a participar no financiamento de ditas actuacións mediante a concesión duna subvención de 2.000.000,00 de euros, con cargo á partida 911.911.762.12 do presuposto da Deputación; achega que se fará nas mesmas anualidades e importes que as devolucións polo concello ó CZF de Vigo, e dicir: -2006 606.060,60 Euros -2007 424.242,42 Euros -2008 363.636,36 Euros -2009 303.030,30 Euros -2010 303.030,30 Euros O Concello de Vigo, comprométese a: Entregar á Deputación os proxectos das obras obxecto deste convenio para informe dos servizos técnicos provinciais. Instar ó CZFV a que permita o control da execución das obras obxecto deste convenio, é dicir, o reintegro ó CZFV da súa achega. Presentar declaración das subvencións obtidas para esta mesma finalidade e compromiso de comunicar á Deputación as que se obteñan no futuro minorándose, no seu caso, a subvención da Deputación. Dito Convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE VIGO E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A COOPERACIÓN ECONÓMICA EN DETERMINADAS ACTUACIÓNS URBANAS A REALIZAR NA CIDADE DE VIGO En Vigo a ..... de xuño de 2006. REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, en calidade de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra actuando en representación da mesma segundo o disposto no art. 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e no art. 105 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia. Doutra parte, a Excma. Sra. Dª Corina Porro Martínez, en calidade de Alcaldesa-Presidenta do Concello de Vigo, en representación de dito Concello segundo o disposto no art. 21 da Lei 7/1985 e no art. 61 da Lei 5/1997. Os intervenientes, na representación indicada que ostentan teñen e se recoñecen, no uso das facultades a eles outorgada polos órganos de goberno dos seus respectivos entes locais, capacidade para obrigarse e para a formalización do presente Convenio polo que a tal efecto, EXPOÑEN I.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra é unha administración local de carácter territorial e provincial que como tal, e de conformidade cos arts. 31.2.a) e 36.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, ten como fins e competencias propias asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal facilitando para elo a asistencia e a cooperación económica que se considere necesaria. Que o Concello de Vigo é unha administración local de carácter territorial e municipal que como tal, e de conformidade co art. 25.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, pode, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias promover toda clase de actividades e prestar cantos servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal. II.- Con data de 19 de abril de 2004, o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo -en adiante CZFV- subscribiron Convenio para o desenvolvemento do "Programa Vigo 2005" no que se incluíron unha serie de actuacións que, por limitacións orzamentarias, no puideron ser executadas na súa totalidade. III.- É vontade dos entes públicos citados no expoñendo anterior completar as súas previsións iniciais desenvolvendo as actuacións urbanas que se mencionan na estipulación cuarta do convenio que para tales fins pretenden subscribir, convenio que o Pleno do CZFV aprobou en sesión de data 22 de febreiro de 2006. (Xúntase copia de dito documento como anexo nº 1). IV.- En virtude do Convenio anexo o Concello de Vigo -estipulación novena- comprométese a devolver ó CZFV a cantidade de DOUS MILLÓNS DE EUROS, importe no que se estima o custo das intervencións urbanas previstas na cláusula cuarta de dito documento, devolución que se materializará, conforme se establece anexo do convenio asinado, en cinco anualidades e polos importes que no mesmo se sinalan. V.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra consciente da transcendencia e importancia das actuacións a levar a cabo entre as institucións citadas manifesta o seu desexo de participar no financiamento das obras obxecto do convenio entre o Concello e a CZFV, para a consecución duns fins que, así mesmo, tamén lle son propios. En base ó exposto as partes aquí intervenientes, ó amparo do sinalado no art. 57 da Lei 7/1985, acorden subscribir o presente CONVENIO DE COLABORACIÓN ECONÓMICA co fin de posibilitar a inmediata e pronta execución das actuacións proxectadas polo que a tal efecto establecen as seguintes. ESTIPULACIÓNS Primeira.- O obxecto do presente convenio é regular e disciplinar a colaboración económica entre a Excma. Deputación Provincial e o Concello de Vigo no financiamento das obras obxecto do convenio entre o Concello e a CZF de Vigo. Segunda.- Para os fins anteriores a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a participar no financiamento de ditas actuacións mediante a concesión dunha subvención de 2.000.000,00 euros, con cargo á partida 911.911.762.12 do presuposto da Deputación; achega que se fará nas mesmas anualidades e importes que as devolucións polo Concello ó CZF de Vigo, e dicir: - 2006 606.060,60 euros - 2007 424.242,42 euros - 2008 363.636,36 euros - 2009 303.030,30 euros - 2010 303.030,30 euros Terceira.- O Concello de Vigo comprométese a: - Entregar á Deputación os proxectos das obras obxecto deste convenio para informe dos servizos técnicos provinciais. - Instar ó CZFV a que permita o control da execución das obras polos técnicos provinciais. - Aplicar o importe da subvención á execución das obras obxecto deste convenio, é dicir, o reintegro ó CZFV da súa achega. - Presentar declaración das subvencións obtidas para esta mesma finalidade e compromiso de comunicar a Deputación as que se obteñan no futuro, minorándose, no seu caso, a subvención da Deputación. Cuarta.- A achega da Excma. Deputación Provincial non se verá afectada por ampliacións ou modificacións dos proxectos de obra a realizar que signifiquen incremento de gasto aínda no suposto de que o CZFV e o Concello de Vigo modifiquen os compromisos de financiamento acadados convencionalmente. No caso de que o custo das actuacións a executar e polo tanto as compensacións tributarias ou reintegros a realizar resulten inferiores ás inicialmente previstas no Convenio CZFV-Concello de Vigo, a achega da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra reducirase na mesma cantidade. Quinta.- Durante o período de realización das obras -intervencións urbanas en distintas rúas do centro da cidade- o Concello de Vigo comprométese a situar en lugar visible e no tamaño adecuado un cartel no que se faga constar a colaboración da Excma. Deputación Provincial no financiamento. Sexta. A xustificación da execución das obras farase coas correspondentes certificacións, acompañando á 1ª certificación copia do contrato de obra que formalice o CZFV co adxudicatario e á última a correspondente acta de recepción. Sétima. O pago da subvención farase en cada anualidade polo importe que corresponde a mesma, previa presentación polo Concello de Vigo das correspondentes certificacións polo importe da anualidade ou por importe superior, certificacións que o Concello solicitará ó CZFV. Dado que a execución da obra non coincide coas anualidades de pago, cabe a posibilidade de que as xustificacións se presenten anticipadamente. En todo caso, soamente se pagarán por parte da Deputación as execucións de obra debidamente xustificadas, aínda que se trate de obras executadas en anualidades anteriores ás que corresponda o pago. Oitava.- Subscrito o Convenio constituirase unha Comisión de Seguimento integrado polos representantes da cada unha das partes que serán nomeados polos Presidentes das respectivas entidades locais. A Comisión terá por finalidade resolver os problemas que puideran xurdir na interpretación, desenvolvemento e cumprimento deste Convenio. Novena.- O presente convenio estará vixente ata a data na que se produza o último pago da Deputación ó Concello de Vigo, que en todo caso deberá ser antes do 31 de decembro de 2010. Décima.- Serán causas de resolución do presente Convenio o incumprimento total ou parcial das estipulacións do mesmo. Décimo primeira.- O presente convenio de colaboración ten natureza administrativa e calquera cuestión litixiosa que se derive do mesmo será de aplicación a: - Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. - Bases reguladoras do presuposto da Deputación de Pontevedra. Décimo segunda.- En caso de litixio serán competentes os xulgados do contencioso-administrativo que correspondan á cidade de Pontevedra. En proba de conformidade asínase no lugar e data indicados por duplicado quedando un exemplar en poder de cada unha das partes. O Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, A Alcaldesa-Presidenta do Concello de Vigo Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. Dª Corina Porro Martínez" Dito anexo é como segue: "ANEXO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE VIGO E O CONSORCIO DA ZONA FRANCA DE VIGO PARA O DESENVOLVEMENTO DE INTERVENCIÓNS URBANAS E CESIÓN DE VIAIS Na estipulación novena do convenio establécese que a cantidade de dous millóns de euros (2.000.000,00 ¤) pola que, en concepto de préstamo, o Consorcio participa no financiamento das obras complementarias do Programa Vigo-2005, será devolta polo Concello ó Consorcio da Zona Franca de Vigo por compensación contra pagos de liquidacións tributarios esixibles ó mesmo. Na indicada estipulación indícase que ós efectos anteriores o Consorcio da Zona Franca de Vigo remitirá ó Concello a relación de tributos devengados sen concretar o espazo temporal no que tal compensación pode quedar concluída. Polo concello de Vigo tense formalizado un Convenio interadministrativo de colaboración coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no que a Administración Provincial se compromete a entregar ó Concello de Vigo en cinco anualidades (2006, 2007, 2008, 2009 e 2010) o importe de 2.000.000,00 ¤ ó obxecto de que o concello de Vigo faga fronte a súa obriga de compensación contraída co Consorcio da Zona Franca de Vigo. A data de hoxe existen outros Convenios Concello de Vigo-Consorcio Zona Franca de Vigo para actuacións similares nos que o Consorcio da Zona Franca reintégrase do seu financiamento a través do mesmo sistema de compensación tributaria. Os previsibles importes anuais das liquidacións tributarias que pode xirar o Concello de Vigo ó Consorcio da Zona Franca, dan lugar a que o total da débeda entre ambas institucións poda estenderse a un espazo temporal de sete ou oito anos, por iso, co fin de non prolongar no tempo a devolución da cantidade achegada polo CZFV, as partes intervenientes acordan: Primeiro.- O sistema de compensación tributaria previsto no convenio poderá substituírse por pagos en firme (reintegros) que realice o Concello ó Consorcio da Zona Franca. Segundo.- Os reintegros efectuaranse polo Concello de Vigo nas anualidades e importes seguintes: - Anualidade 2006 606.060,60 ¤ - Anualidade 2007 424.242,42 ¤ - Anualidade 2008 363.636,36 ¤ - Anualidade 2009 303.030,30 ¤ - Anualidade 2010 303.030,30 ¤ Vigo, ..... de xuño de 2006 O Delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo A Alcaldesa de Vigo" ------ Folla: 327,329 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.14108.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FUNDACIÓN CAIXAGALICIA - CLAUDIO SAN MARTÍN E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Fundación Caixagalicia, en materia de obra benéfico social, en base ó cal se efectuará unha achega económica por parte de Caixagalicia, de 80.000,00 ¤, distribuíndose 60.000,00 ¤ para o Certame Provincial de Bandas de Música e 20.000,00 ¤ para a edición das catro obras obrigadas do mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FUNDACIÓN CAIXAGALICIA CLAUDIO SAN MARTÍN E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA En Pontevedra, a 3 de xullo de 2006 REUNIDOS Dunha parte, D. José Luís MÉNDEZ LÓPEZ, maior de idade, con DNI 32.329.781, veciño da Coruña e con domicilio profesional na C/ Rúa Nova, 30. E doutra parte, D. Rafael LOUZÁN ABAL, maior de idade, con DNI Nº 35.451.643, veciño de Pontevedra e con domicilio profesional en Montero Ríos, s/n. Actúa o primeiro en calidade de Vicepresidente da FUNDACIÓN CAIXAGALICIA CLAUDIO SAN MARTIN (en diante Fundación Caixagalicia), en nome e representación da mesma, con CIF G-15169188 e domicilio social na Coruña, Rúa Nova, número 30. En tanto que o segundo actúa en calidade de Presidente da Excma. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, nomeado mediante acordo plenario de 12 de xullo de 2003, segundo as competencias que lle outorga o artigo 34.1.b da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local (LBRL), o artigo 61 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais (REF) e o artigo 105 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, co CIF P-3600000-B e con domicilio social en Pontevedra, Av. Montero Ríos, s/n. Ambos comparecentes recoñécense reciprocamente capacidade para o presente outorgamento e, en consecuencia, EXPOÑEN I.- Que a Fundación Caixagalicia é unha persoa xurídica privada, de natureza fundacional e de interese galego, que ten o carácter de obra social propia da Caixa de Aforros de Galicia. Foi constituída co obxecto de consagrar as súas actividades á acción cultural en calquera das súas posibles manifestacións, o que leva a efecto na práctica por medio da realización de múltiples e diversas actuacións, na liña das contidas no Decreto Lexislativo 1/2005, de 10 de marzo e no Decreto do Consello da Xunta de Galicia 261/1999, de 17 de setembro, polo que se desenvolve a regulación da obra benéfico social das Caixas de Aforro de Galicia. II.- Que entre as competencias das Deputacións Provinciais atópase a potenciación da actividade cultural en toda a provincia en coordinación cos programas que deseñan e poñen en práctica os concellos. III.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra vén desenvolvendo un intenso labor no ámbito cultural. IV.- Que, para a consecución dos fins referidos no Expositivo II anterior, a Deputación Provincial de Pontevedra desenvolve anualmente, entre outros programas de actividades culturais, o denominado "Certame Provincial de Bandas de Música." V.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da actividade cultural propia da Fundación Caixagalicia, considera a esta entidade como axente preferente para a colaboración na realización dos programas culturais que se refiren no expositivo II do presente convenio. Pola súa banda, a Fundación Caixagalicia, considerando o interese cultural e, xa que logo, a significación e transcendencia de tales actividades, accede a prestar á Deputación Provincial de Pontevedra a colaboración expresada. VI.- Que a Fundación Caixagalicia decidiu continuar no verán 2006 o programa As Nosas Músicas, que mostra un panorama da música folk contemporánea, apoiando a grupos musicais de raíces autóctonas á vez que se promove o turismo e difunde os nosos produtos e cultura. VII.- Que, en virtude de canto queda exposto, e cumprindo coa vontade das entidades ás que respectivamente representan, os comparecentes outorgan neste acto o presente convenio de colaboración, de acordo coas seguintes ESTIPULACIÓNS PRIMEIRA.- A Fundación Caixagalicia colaborará coa Deputación Provincial de Pontevedra no programa cultural denominado "Certame Provincial de Bandas de Música", mediante unha achega económica de sesenta mil euros (60.000) que se aplicará única e exclusivamente para tal fin. A citada achega económica farase efectiva mediante ingreso na conta número 2091 0545 00 3110000021, da que é titular a Deputación Provincial de Pontevedra, da seguinte forma: - O 50% de devandito importe o día 30 de setembro de 2006. - O 50% restante á finalización do devandito programa cultural, previa presentación por parte da Deputación Provincial de Pontevedra á Fundación Caixagalicia da memoria de actividades correspondente. SEGUNDA.- Así mesmo a Fundación Caixagalicia colaborará coa Deputación Provincial de Pontevedra na edición de catro publicacións relacionadas coas bandas de música, mediante unha achega económica de vinte mil euros (20.000) que se aplicará única e exclusivamente para tal fin. Dita cantidade será aboada no número de conta que a Deputación Provincial de Pontevedra indique para ese efecto unha vez lle fosen entregados á Fundación Caixagalicia 50 exemplares de cada unha das publicacións referidas. Ós efectos oportunos, a Deputación Provincial de Pontevedra garante á Fundación Caixagalicia que obterá as autorizacións e permisos necesarios, calquera que sexa a súa índole e alcance, para a realización das actividades á que se compromete en virtude desta estipulación SEGUNDA, e especialmente os esixibles, no seu caso, por razón da vixente normativa aplicable ós dereitos de propiedade intelectual, industrial e á propia imaxe que puidese afectar ós distintos elementos integrantes das citadas actividades. En consecuencia, a Fundación Caixagalicia queda liberada de calquera responsabilidade que puidese poñerse de manifesto por razón da ausencia ou da deficiencia de tales autorizacións e permisos, cuxa obtención, xestión e mantemento son da exclusiva responsabilidade da Deputación Provincial de Pontevedra. TERCEIRA.- A planificación, organización e realización das actividades descritas nas estipulacións Primeira e Segunda son responsabilidade exclusiva da Deputación Provincial de Pontevedra. A Deputación Provincial de Pontevedra informará á Fundación Caixagalicia, con antelación suficiente, da planificación, organización e realización das citadas actividades, especialmente daquelas que requiran representación institucional. CUARTA.- O nome e anagrama da Fundación Caixagalicia figurarán en todas as actividades dos programas culturais descritos, así como en todos os medios, soportes, convocatorias e comunicacións que se utilicen para a súa difusión publicitaria. QUINTA.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a enviar á Fundación Caixagalicia as probas de imprenta de todo o material divulgativo, así como das catro publicacións referidas na estipulación Segunda, a
Ãrea de notas
Nota