Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-07-14_Ordinaria. Acta de sesión 2006/07/14_Ordinaria
Acta de sesión 2006/07/14_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/1.2006-07-14_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/07/14_Ordinaria
Data(s) 2006-07-14 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e trinta minutos do día catorce de xullo do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos 1.14133.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 7 de xullo de 2006. ------ Folla: 2.14134- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE O GROVE, DAS OBRAS INCLUÍDAS NO PSA 2006, ANUALIDADES 2006, 2007 E 2008 DENOMINADAS: "SANEAMENTO EN SAN MARTÍN", "SANEAMENTO EN SAN VICENTE" E "SANEAMENTO DENDE AVDA. DE PORTUGAL A TERRA DE PORTO", POLAS OBRAS "SANEAMENTO EN TERRA DE PORTO", "REDE DE PLUVIAIS EN TERRA DE PORTO" E "SANEAMENTO EN SAN MARTÍN" COAS MESMAS SUBVENCIÓNS QUE AS ANTERIORES A petición do concello de O Grove, de 5 de xuño actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación das obras incluídas no PSA 2006, anualidades 2006-2008 denominadas "Saneamento en San Martín", "Saneamento en San Vicente" e "Saneamento dende Avda. de Portugal a Terra de Porto" polas obras, "Saneamento en Terra de Porto", "Rede de pluviais en Terra de Porto" e "Saneamento en San Martín" coas mesmas subvencións que as anteriores de 80.094,70 ¤, ascendendo o presuposto a 171.049,53 ¤, e suxeita ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno de 21 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó concello de O Grove con cargo ó PSA/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. PresupostoOTAL Subv. Total Subv. Saneamento en Terra de Porto 63.044,95 17.710,94 17.710,94 Rede de pluviais en Terra de Porto 44.959,83 33.719,87 33.719,87 Saneamento en San Martín 63.044,75 28.663,89 28.663,89 63.044,95 17.710,94 44.959,83 33.719,87 63.044,75 28.663,89 80.094,70 ------ Folla: 3.14135- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA JOSEFA PIÑEIRO VILAS POR DANOS EN FINCA DENOMINADA "GRANJOTA" SITA EN ERMELO (BUEU) Dada conta que con data de rexistro 24/05/06 (rex. nº 018909) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Josefa Piñeiro Vilas con enderezo de notificacións en Avda. Fernández Ladreda, nº 41 piso 3º E de Pontevedra por danos padecidos en finca denomina "La Granjota" sita no lugar de Ermelo (Bueu) a consecuencia das obras de ensanchamento da vía "EP 1306 Portela-Ermelo"e que individualiza economicamente en 18.823 ¤ mailos xuros legais de demora. Resultando.- Que con data 25/05/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 9/06/2006 co seguinte contido: "...1. Las obras derivadas del proyecto denominado "EP 1306 Portela-Ermelo" (Bueu) fueron adjudicadas por la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra a la empresa COVSA en la suma de 266.529,96 euros, IVA incluido, habiendo incluido la empresa en su oferta un plazo de ejecución de cinco meses y diversas mejoras valoradas en 31.312,99 euros. Dicho proyecto tiene por objeto el ensanche de la explanación, con desmontes, terraplenes, derribo y construcción de muros y cierres en nueva alineación, incluso nuevos muros de contención o sostenimiento necesarios para obtener la plataforma deseada, formación de paseos y cunetas y perfilado de taludes en todo tipo de terrenos, en una longitud de 3.995 metros. Como suele ser habitual en estos proyectos el Ayuntamiento de Bueu, en este caso a través de las gestiones realizadas por el Concejal de Obras y Servicios D. Francisco Graña Campelo, era la Administración encargada de poner a disposición de la empresa los terrenos necesarios para ejecutar las obras de referencia. Prueba de ello es el informe emitido por dicho concejal en el que textualmente se indica que "O Concelleiro de Obras, Francisco J. Graña, informa que procedeu a convocar ós propietarios das parcelas con motivo da ampliación do vial dende Meiro a Hermelo, convocatoria que se fai a cada un deles na súa propiedade. Comenzamos a reunión solicitando autorización para utilizar o terreno marcado para ampliación do vial correspondente, momento no que Dª Josefa Piñeiro nos indica que si os demais propietarios ceden, eles tamén, estando presentes nese intre veciños das fincas colindantes e incluso o seu cuñado que nos indica que non había problema a realizar a cesión tanto nesa propiedade como na de enfrente". Es por ello que sorprende la afirmación realizada en su escrito de reclamación por Dª Josefa Piñeiro Vilas cuando dice que "Dado que nadie me había solicitado la debida autorización para ejecutar estas obras, que afectan claramente a mi dominio privado...", afirmación que queda en entredicho a la luz de los informes emitidos tanto por el Ayuntamiento de Bueu como por la empresa COVSA y que se adjuntan al presente escrito. 2.Una vez que por el Servicio de Vías y Obras se tuvo conocimiento del problema suscitado en la finca propiedad de Dª Josefa Piñeiro Vilas, se ordenó la paralización inmediata de las obras. Así se pone de manifiesto en el informe emitido por el concejal de obras del Ayuntamiento de Bueu al señalar que "... inmediatamente paralizamos a excavación na súa propiedade de xeito que non se lle colleu ningún terreo para a ampliación do vial", en el mismo sentido el informe emitido por COVSA que señala que "En lo referente a la finca del denunciante paralizamos inmediatamente las obras de ampliación del vial en su parcela una vez que familiares directos de la propietaria se presentaron en el lugar mostrando su desacuerdo. 3. En relación con lo expuesto en el punto anterior, cabe hacer mención especial a la valoración efectuada por el perito de parte D. Carlos Falagán Mota, quien en su informe concluye: "El viernes 30 de septiembre el abajo firmante se personó en la finca descrita anteriormente, encontrándose con que en la finca Este de la denominada Granjola se estaba procediendo a cortar una franja de 3 metros de ancho aproximadamente a lo largo de todo su frente...teniendo en cuenta que entre la finca y la carretera hay un desnivel de más de 1,5 metros, para proceder a la reposición de esta sería necesario realizar un muro de contención de 1,5 metros de alto en todo su frente.... Conclusión 1ª La finca descrita en su estado actual, tendría la siguiente minusvalía: la pérdida de metros en la superficie resultante que se puede estimar aproximadamente en 90 metros cuadrados..." A la vista del informe pericial presentado por Dª Josefa Piñeiro Vilas cabe señalar lo siguiente: a) La ocupación a la que hace referencia "que se puede estimar aproximadamente en 90 metros cuadrados...", no se ajusta a la realidad, como pone de manifiesto la prueba documental aportada junto al presente informe; así en el reportaje fotográfico se puede observar como al llegar a la propiedad de la denunciante la carretera ensanchada hasta ese punto se vuelve a estrechar, de manera que no se ha ocupado ni un solo metro de terreno, siendo el único trabajo realizado la limpieza del talud del terraplén existente en la misma, circunstancia que corroboran los informes emitidos por el Ayuntamiento de Bueu y la empresa COVSA al respecto. Es por ello que la minusvalía de la propiedad a la que hace referencia la denunciante carece de fundamento alguno. b) En cuanto a la afirmación relativa que "teniendo en cuenta que entre la finca y la carretera hay un desnivel de más de 1,5 metros, para proceder a la reposición de esta sería necesario realizar un muro de contención de 1,5 metros de alto en todo su frente...", indicar que una vez demostrado que no se ha ocupado la propiedad de Dª Josefa Piñeiro Vilas, desde el punto de vista técnico carece de sentido hablar de la construcción de un muro de contención, sobre todo cuando la propia finca en cuestión carece hasta la fecha de dicho muro y en esa zona las tierras en talud se mantienen estables, circunstancia que se puede observar en las fincas anteriores en las que sí se ha realizado el ensanche y que no cuentan con muros de contención de tierras." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, extremo que se deduce dos informes emitidos polo Concelleiro de Obras e Servizos do Concello de Bueu e máis do cursado pola Xefa de Obra da empresa adxudicataria, que claramente afirmou que non se tocou a propiedade da reclamante agás o desbroce e a eliminación de maleza. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 4.14136- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS a) Dada conta de que con data 9 de xuño de 2006 ten entrada no Rexistro Xeral escrito do despacho Quesada Avogados de A Coruña, que ostentan a defensa desta Deputación no recurso 4099/ 2003, promovido por Dª Manuela Balboa Carbia contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 7021 (Acceso a Ponte Sarandón-A Estrada), o día 22 de xuño de 2002 en virtude da póliza subscrita no seu día coa aseguradora AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A., e na que se estima dito recurso, condenando á Deputación ó pago dunha indemnización de 1.980,22 € máis os xuros legais dende a data de reclamación en vía administrativa ata a data de notificación da sentenza. Resultando que con data 16 de xuño de 2006 por parte de Quesada Avogados comunícase mediante fax a consignación no Tribunal do importe da indemnización, acompañando copia de xustificante bancario do ingreso por importe de 2.271,05 ¤, unha vez incrementada á indemnización o importe de 290,83 ¤ en concepto de xuros legais desde o 9 de outubro de 2002, conforme ó ordenado na referida sentenza. Resultando que executada a sentenza pola propia aseguradora procede que por esta Deputación se reintegre a AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A. da cantidade correspondente á franquía establecida na póliza subscrita no seu día, que é de 601,01 ¤. Visto o documento RC de Intervención, de data 4 de xullo de 2006, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Aprobar o gasto e declarar de aboo con cargo á partida orzamentaria 06/511.511.210.00, e a favor de AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A., con CIF nº A07002967 a cantidade de 601,01 ¤ (seiscentos un euros con un céntimo) en concepto de franquía estipulada na póliza subscrita no seu día con esta Deputación para a cobertura de danos patrimoniais en estradas provinciais, e concretamente en relación con sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en recurso número 4099/2003 promovido por Dª Manuela Balboa Carbia, que estima o recurso presentado condenando ó pago dunha indemnización de 1.980,22 ¤ máis os xuros legais dende o 9 de outubro de 2002. Segundo.- Dar traslado do presente acordo para o seu coñecemento e cumprimento a AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A., á Intervención e á Tesourería. b) Dada conta de que con data 4 de xullo de 2006 notifícase sentenza ditada polo Xulgado do contencioso-administrativo nº 1 de Pontevedra en autos de Procedemento Abreviado 111/ 2006 promovidos por D. Jesús Treinta Ochoa contra desestimación de reclamación de responsabilidade por danos en accidente de tráfico na estrada Tomiño-Sabarís (Baiona) o día 6 de febreiro de 2005 como consecuencia da existencia dunha placa de xeo na calzada, na que se estima dito recurso condenando á Deputación ó pago dunha indemnización de 2.699,90 ¤ máis os xuros legais dende a reclamación en vía administrativa, impoñendo tamén as custas do litixio. Visto o informe da Intervención de data 12 de xullo de 2006, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: PRIMEIRO.- Proceder ó cumprimento nos seus propios termos da referida sentenza. SEGUNDO.- En consecuencia aprobar o gasto da indemnización recoñecida a D. Jesús Treinta Ochoa, por importe de 2.784,67 ¤ unha vez sumado ó principal o importe dos xuros legais conforme á sentenza, e con cargo á partida orzamentaria 05/511.511.210.00. TERCEIRO.- O pago efectivo da cantidade sinalada queda sometido á condición suspensiva da achega polo recorrente de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, así como copia do NIF, para o que lle será notificado o presente acordo. CUARTO.- Así mesmo, deberá darse traslado á aseguradora CASER, con enderezo en LARIÑO, Corredoría de seguros, SL, sita na rúa Rosalía de Castro nº 2 de Pontevedra, a efectos de que, conforme ó establecido na póliza subscrita no seu día proceda ó reintegro a esta Deputación da cantidade de 2.184,67 ¤ (dous mil cento oitenta e catro euros con sesenta e sete céntimos), mediante ingreso na conta que esta Deputación ten aberta na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618. QUINTO.- As custas procesuais serán aboadas unha vez se xire a oportuna liquidación. Dita sentenza deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos polos Servizos Xurídicos da Deputación, incluso a defensa en xuízo. c) Dada conta que con data 7 de xullo de 2006 notifícase Auto do Xulgado do contencioso-administrativo nº 2 de Vigo, polo que se ten por caducado o recurso núm. 237/ 2006 interposto por Dª MATILDE MONTERO BARREIRO por ocupación de finca en Lavadores-Vigo con motivo das obras EP Calvario-A Garrida, ó non presentar en prazo a recorrente o escrito de demanda, A Xunta de Goberno queda sabedora do contido favorable de dito Auto. d) Dada conta de que con data 5 de xullo de 2006 notifícase sentenza ditada polo Xulgado do contencioso-administrativo nº 1 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado 97/ 2006, promovidos por RIOBÓ Y ROUCO, S.L., contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na rúa Dr. José Abal de Moaña o día 14 de agosto de 2003 como consecuencia da existencia de area solta na calzada, na que se estima dito recurso condenando á Deputación ó pago dunha indemnización de 681,27 ¤ actualizado nos xuros legais correspondentes dende a data da reclamación en vía administrativa, impoñendo tamén as custas do litixio. Visto o informe da Intervención de data 12 de xullo de 2006, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: PRIMEIRO.- Proceder ó cumprimento nos seus propios termos da referida sentenza. SEGUNDO.- En consecuencia aprobar o gasto da indemnización recoñecida a RIOBÓ Y ROUCO, S.L., por importe de 693,27 ¤ (seiscentos noventa e tres euros con vintesete céntimos) unha vez sumado ó principal o importe dos xuros legais conforme á sentenza, e con cargo á partida orzamentaria 05/511.511.210.00. TERCEIRO.- O pago efectivo da cantidade sinalada queda sometido á condición suspensiva da achega polo recorrente de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, así como copia do CIF, para o que lle será notificado o presente acordo. CUARTO.- As custas procesuais serán aboadas unha vez se presente a oportuna liquidación. Dita sentenza deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos polos Servizos Xurídicos da Deputación, incluso a defensa en xuízo. e) Dada conta de que con data 5 de xullo de 2006 notifícase sentenza ditada polo Xulgado do contencioso-administrativo nº 3 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado 156/06 promovidos por D. Tomás Pardal Vilán contra desestimación de reclamación de responsabilidade por danos en accidente de tráfico na estrada de Sabarís a Baiona o día 4 de febreiro de 2004 como consecuencia dunha focha sen sinalizar na calzada, na que se estima dito recurso condenando a esta Deputación ó pago dunha indemnización de 430,00 ¤, cantidade que será actualizada conforme ó índice de prezos ó consumo desde o 4 de decembro de 2004 ata o 28 de abril de 2006, e cos xuros legais dende esa data ata o 4 de xullo de 2006 en que se ditou sentenza. Visto o informe da Intervención de data 12 de xullo de 2006, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: PRIMEIRO.- Proceder ó cumprimento nos seus propios termos da referida sentenza. SEGUNDO.- En consecuencia aprobar o gasto da indemnización recoñecida a D. Tomás Pardal Vilán, por importe de 457,45 ¤, unha vez sumado ó principal a actualización conforme ó IPC e xuros legais, de acordo coa sentenza, e con cargo á partida orzamentaria 05/511.511.210.00. TERCEIRO.- O pago efectivo da cantidade sinalada queda sometido á condición suspensiva da achega polo recorrente de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, así como copia do NIF, para o que lle será notificado o presente acordo. CUARTO.- Dar traslado, así mesmo, á Intervención e á Tesourería. Dita sentenza deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos polos Servizos Xurídicos da Deputación, incluso a defensa en xuízo f) Dada conta da Providencia do Xulgado de Instrución nº 3 de Pontevedra, ditada nos autos de dilixencias previas-procedemento abreviado 271/2006, polo que se admite a trámite o recurso de apelación presentado por esta Deputación contra o auto ditado con data 5 de xuño de 2006, A Xunta de Goberno queda sabedora do contido favorable da devandita providencia, estando o desenvolvemento do resto dos trámites procesuais ata o remate do procedemento principal. Dita providencia deriva dun expediente tramitado polo Servizo de Recursos Humanos e da Asesoría Xurídica desta Deputación, que ostenta así mesmo a defensa en xuízo. ------ Folla: 5.14137- DAR CONTA DA ACTIVIDADE DA ASESORÍA XURÍDICA A Xunta de Goberno toma razón e coñecemento do balance de actividade da Asesoría Xurídica dende a internalización do Servizo, operada no mes de xaneiro de 2004 e que se concreta no seguintes datos e cifras: Concepto nº Totais ¤ Totais Ptas. Procesos con sentenza o auto favorable 52 237.807,05 39.258.562 Procesos pendentes de sentenza, Recurso ou celebración de vista 28 335.142,64 55.763.043 Procesos con sentenza desfavorable 31 35.208,47 5.858.196 Procesos con sentenza parcialmente favorable 10 180.141,66 29.973.050 TOTAL 121 ------ Folla: 6.14138- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.14139.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DE MELLORA E PAVIMENTACIÓN EP MOSENDE-MORGADÁNS (PORRIÑO) Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 03/07/03, polo que se adxudicou á UTE ELSAMEX, S.A. - MODECAR, S.A. a obra de "Mellora de trazado e pavimentación EP Mosende - Morgadáns (Porriño)", na cantidade de 839.840,08, IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 23/06/06, polo que se aprobou, con cargo á partida 06/511.511.612.02, o proxecto modificado da citada obra por importe de 167.968,01 euros; visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que se presta conformidade ás medicións e prezos que figuran no proxecto modificado; visto o informe favorable emitido polo Sr. Secretario en canto ó procedemento a utilizar para a adxudicación da obra; e visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146.3 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar á UTE ELSAMEX, S.A. - MODECAR, S.A. a obra comprendida no proxecto modificado nº 1 de "Mellora e pavimentación EP Mosende - Morgadáns (Porriño)" na cantidade de 167.968,01 euros, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.14140.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DE EP 9402 MOSTEIRO-BARRANTES (MEIS) Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 23/01/03, polo que se adxudicou á UTE VÍAS Y CONSTRUCCIONES, S.A. - SEIXO, S.L. á obra de "EP 9402 Mosteiro - Barrantes (Meis)", na cantidade de 997.321,45 eruos, IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 23/06/06, polo que se aprobou, con cargo á partida 06/511.511.612.02, o proxecto modificado da citada obra por importe de 199.460,85 euros; visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que se presta conformidade ás medicións e prezos que figuran no proxecto modificado; visto o informe favorable emitido polo Sr. Secretario en canto ó procedemento a utilizar para a adxudicación da obra; e visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146.3 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar á UTE VÍAS Y CONSTRUCCIONES, S.A. - SEIXO, S.L. a obra comprendida no proxecto modificado nº 1 de "EP 9402 Mosteiro - Barrantes (Meis)" na cantidade de 199.460,85 euros, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.14141.- CORRECIÓN DE ERROS EXISTENTES NO ORZAMENTO DA OBRA PAVIMENTACIÓN CAMIÑOS EN GUILLAREI 2ª FASE, DO CONCELLO DE TUI, SUBVENCIONADA CON CARGO Ó PAM/06, ANUALIDADES 2006-2008 Detectados determinados erros aritméticos no presuposto da obra "Pavimentación camiños en Guillarei, 2ª fase" do concello de Tui, subvencionada con cargo ó PAM/06, anualidades 2006-2008, por acordo da Xunta de Goberno de 7 de abril do 2006, cómpre proceder a súa corrección, debendo figurar 46.042,64 euros en vez de 45.390,87 euros, que consta no devandito acordo: As obras do Concello distribuídas por anualidades con especificación da correspondente subvención quedan como de seguido se relacionan: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 PTO. TOTAL Subv. PTO. TOTAL Subv. PTO. TOTAL Subv. Total Subv. Pavimentación camiño Bouzabalada límite co termo de Tomiño en Areas 30.000,00 3.900,00 30.000,00 12.300,00 30.000,00 13.800,00 30.000,00 Pavimentación Bouzabalada a Tanotorio en Areas 37.750,04 4.907,51 37.750,04 15.477,52 37.750,04 17.365,01 37.750,04 Pavimentación camiños en Guillarei, 1ª. Fase 44.424,17 5.775,14 44.424,17 18.213,91 44.424,17 20.435,12 44.424,17 Pavimentación camiños en Guillarei, 2ª. Fase 46.042,64 5.988,14 46.042,64 18.865,68 46.042,64 21.188,82 46.042,64 Pavimentación camiño Frnal caño Costal Maión, Ribadelouro 32.765,95 4.259,57 32.765,95 13.434,03 32.765,95 15.072,33 32.765,93 Pavimentación camiño Salgosa e estrada Malvas-invernadoiros 44.650,76 5.804,60 44.650,76 18.306,81 44.650,76 20.539,35 44.650,76 Pavimentación pista Igrexa en Areas 10.906,26 1.417,81 10.906,26 4.471,57 10.906,26 5.016,88 10.906,26 Pavimentación camiño Malvas 10.424,85 1.278,48 10.424,85 3.540,39 10.424,85 5.605,98 10.424,85 Pavimentación camiños Caldelas: Pazos as Peteiras e Pista acceso a Ponte río Caselas 17.444,81 2.267,83 17.444,81 7.152,37 17.444,81 8.024,61 17.444,81 Pavimentación camiño en Pazos de Reis: Circos-Herdeiros 36.534,87 4.749,52 36.534,87 14.979,30 36.534,87 16.806,05 36.534,87 Pavimentación e Stº. Camiño en Baldrans: Pista Rapado-Poza 42.183,34 5.483,87 42.183,34 17.295,29 42.183,34 19.404,48 42.183,64 Pavimentacióncamiños Paramos: Iglesia a límite con Salceda e pista da Escola 19.318,01 2.511,34 19.318,01 7.920,38 19.318,01 8.886,29 19.318,01 Pavimentaión camiños en Randufe, fase 2 50.419,56 6.554,53 50.419,56 20.672,02 50.419,56 23.193,01 50.419,56 Pavimentación camiños en Randufe, fase 1 30.357,58 3.946,48 30.357,58 12.446,61 30.357,58 13.964,49 30.357,58 Pavimentaión e Stº. Camiño en Rebordans: Pista Montiño e Urbanización Os Rosales 15.365,58 1.997,53 15.365,58 6.299,88 15.365,58 7.068,17 15.365,58 Saneamento e beirarrúas en Caldelas 14.056,00 14.056,00 14.056,00 Beirarrúas en Sobredo 12.183,59 12.183,59 12.183,59 Polideportivo de Pexegueiro, 1ª. Fase 117.026,65 24.589,99 117.026,65 63.180,00 87.769,99 Construcción aseos baixo gradas no Pavillón Municipal de Areas 29.252,49 21.940,06 21.940,06 640.455,38 133.611,99 584.963,30 254.555,76 467.936,65 216.370,59 604.538,34 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.14142.- RECOÑECEMENTO DE SERVIZOS De conformidade co disposto na Lei 70/78, de 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración Pública e Real Decreto 1461/82, de 25 de xuño, polo que se ditan normas de aplicación da Lei 70/78, de 26 de decembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer á funcionaria Dª Ana C. Galiñanes Fernández, auxiliar administrativo adscrita a Intervención, os servizos prestados nas administracións ou organismos públicos que a continuación se relacionan, con efectos un de febreiro de 2006. CategoríaProfesional AdministraciónPública Vínculo(1) Dende Ata Total Día Mes Ano Día Mes Ano Ano Mes Día Auxiliar Administrativo Concello de O Grove L 16 01 01 30 06 01 5 16 TOTAL........... 5 16 Axente Censal Instituto Nacional de Estatística L 15 10 01 28 12 01 2 14 TOTAL........... 2 14 Administrativa Concello de Vigo E 24 11 04 31 12 04 1 7 TOTAL........... 1 7 ------ Folla: 11.14143.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------
Ãrea de notas
Nota