ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2006/09/15_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/1.2006-09-15_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/09/15_Ordinaria

  • Data(s) 2006-09-15 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día quince de setembro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14275.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 8 de setembro de 2006. ------ Folla: 2.14276.- APROBACIÓN DAS AXUDAS PARA "ARRANXO DE VIVENDA 2006", DO CONCELLO DE MORAÑA a) Aprobándose pola Xunta de Goberno de 17 de febreiro de 2006 as Bases reguladoras das subvencións para arranxo de vivenda ano 2006, publicándose as mesmas no BOP de 02/03/06 e a vista do informe de fiscalización emitido pola Intervención o día 8 de agosto de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación da subvención para "Reformas interiores e cuarto de baño", por importe de 3.283,69 ¤, a favor de Don Manuel Ruibal Novás, veciño do concello de Moraña. b) Aprobándose pola Xunta de Goberno de 17 de febreiro de 2006 as Bases Reguladoras das subvencións para arranxo de vivenda ano 2006, publicándose as mesmas no BOP de 02/03/06 e a vista do informe de fiscalización emitido pola Intervención o día 8 de agosto de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación da subvención para "Arranxo de tellado", por importe de 2.167,34 ¤, a favor de Dona Manuela Vázquez Iglesias, veciño do concello de Moraña. c) Aprobándose pola Xunta de Goberno de 17 de febreiro de 2006 as Bases Reguladoras das subvencións para arranxo de vivenda ano 2006, publicándose as mesmas no BOP de 02/03/06 e a vista do informe de fiscalización emitido pola Intervención o día 8 de agosto de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación da subvención para "Arranxo de tellado", por importe de 3.000,00 ¤, a favor de Dona Concepción Gamallo Ruibal, veciño do concello de Moraña. d) Aprobándose pola Xunta de Goberno de 17 de febreiro de 2006 as Bases reguladoras das subvencións para arranxo de vivenda ano 2006, publicándose as mesmas no BOP de 02/03/06 e a vista do informe de fiscalización emitido pola Intervención o día 8 de agosto de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación da subvención para "Instalación de baño e fosa séptica", por importe de 3.584,62 ¤, a favor de Don José Cabaleiro Otero, veciño do concello de Moraña. ------ Folla: 3.14277.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondestes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e ó non estar a suxeitos á responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. (CIF B-36.147.429) - A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de mil novecentos cincuenta e dous euros (1.952,00 ¤), para responder de "Mellora de trazado e pavimento EP Viso-Alxan (Soutomaior) (F.P. 2002)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/04/2005 co número de operación 200500038517, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 4.14278.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO DE "DIVERSAS OBRAS DO POL E PPC 2006" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 1 dos correntes, polo que se prestou aprobación ós proxectos que máis adiante se detallan e que son obxecto do presente expediente de contratación; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, e iniciar o procedemento de adxudicación das seguintes obras: 1. "E.P. 9701 Baión-András (Vilanova de Arousa)" (POL 2006) 400.000,00 ¤ 2. "E.P. 9402 Mosteiro-Barrantes (S. Martín de Meis) (Meis)" (POL 2006) 588.000,00 ¤ 3. "E.P. 2203 Baredo a E.P. Baiona-Loureza (Baiona)" (POL 2006) 300.897,00 ¤ 4. "E.P. 2001 Calvario-A Garrida, tramo Autovía (Vigo)" (PPC 2006) 200.000,00 ¤ As obras nº 1, 2 e 3 financiaranse con cargo á partida 06/911.511.611.03 e a obra nº 4 con cargo á partida 06/911.511.611.09. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONOMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS DO POL E PPC 2006" 1ª.- Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, das obras que se detallan na base 3ª deste prego, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª.- Financiamento das obras: As obras obxecto do concurso financiaranse con cargo ás partidas 06/911.511.611.03 (obras nº 1, 2 e 3) e 06/911.511.611.09 (obra nº 4). 3ª.- Presuposto tipo de licitación: Os Presupostos tipo de licitación son os que máis adiante se detallan, IVE incluído, entendéndose comprendidos nos mesmos todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,72 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 1. "E.P. 9701 Baión-András (Vilanova de Arousa)" (POL 2006) 400.000,00 ¤ 2. "E.P. 9402 Mosteiro-Barrantes (S. Martín de Meis) (Meis)" (POL 2006) 588.000,00 ¤ 3. "E.P. 2203 Baredo a E.P. Baiona-Loureza (Baiona)" (POL 2006) 300.897,00 ¤ 4. "E.P. 2001 Calvario-A Garrida, tramo Autovía (Vigo)" (PPC 2006) 200.000,00 ¤ 4ª.- Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas nos proxectos será de seis meses para a obra nº 1, doce meses para a obra nº 2, e catro meses para as obras nº 3 e 4, contado a partir da comprobación do replanteo de cada obra. 5ª.- Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- Fianzas: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- Forma de pago: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberá acompañarse a acta de recepción se as obras terminaron no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de Dirección das obras serán do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle serán retidos. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,72% do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- Proposicións.- O prazo para a presentación de ofertas será de vinte e seis días, contados dende o seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso no Boletín Oficial dá Provincia ou no D.O.G., de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este finalizará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre nº 1: Proposición económica: Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica terá que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron compulsadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e se faga referencia a que se une a outra proposición. Sobre nº 2: Documentación xeral. Este sobre, que se xuntará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1. D.N.I., cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2. Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos en art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3. Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4. Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5. Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6. Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademais responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7. Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial esixíndose a seguinte: Obra nº 1: Grupo G, subgrupo 6, categoría d. Obra nº 2: Grupo A, subgrupo 2, categoría d, Grupo G, subgrupo 4, categoría d. Obra nº 3: Grupo G, subgrupo 4, categoría a. Obra nº 4: Grupo G, subgrupo 4, categoría b. Quedan exentos de achegar a documentación todos aqueles contratistas que a achegasen nos últimos doce meses, achegando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 10ª.- Mesa de Contratación: Estará integrada do seguinte xeito: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vogais: O secretario. O interventor. O enxeñeiro director de Vías e Obras. Secretario: O xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11ª.- Cualificación da Documentación Xeral e Apertura de Proposicións: O acto de celebración de cualificación da Documentación Xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- Criterios de Valoración: 1.- Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2.- Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado, non téndose en conta aquel que, a xuízo dos Servizos Técnicos, sexa irrealizable polas características da obra... ata 4 puntos. 3.- Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 2 puntos. 4.- Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado.... ata 2 puntos. 5.- Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 1 punto. O concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª.- Adxudicación definitiva: O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, será notificada ós participantes na licitación e publicarase no B.O.P. dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicadas na cláusula 6ª. 14ª.- Gastos a cargo do adxudicatario: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estima nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. 15ª.- Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. Sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16ª.- Demora na execución: Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incorrese en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 euro do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17ª.- Modelo de proposición: D. ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio, a efectos de notificacións, en ..., enterado da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de ..., segundo anuncio publicado no B.O.P. nº ..., de data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no Proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período de mantemento será de: Data e sinatura do propoñente, 18ª.- Información pública e convocatoria do Concurso: O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do Concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19ª.- Réxime Xurídico aplicable: En todo o non previsto neste Prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de Xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Contratos das Administracións Públicas e restantes normas de Dereito Administrativo e, no seu defecto, de Dereito Privado." ------ Folla: 5.14279.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO DE "DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE VIGO" Visto o acordo de Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 4 de agosto pasado, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración entre esta Deputación e o Concello de Vigo para a realización de obras en varias rúas de Vigo, establecéndose no mesmo que a Deputación asumiría o seu financiamento e execución por un importe total de 1.502.205,00 ¤, visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 1 dos correntes, polo que se prestou aprobación ós proxectos incluídos no referido convenio, e que máis adiante se relacionan; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, e iniciar o procedemento de adxudicación das seguintes obras: 1.- Humanización da rúa República Arxentina entre Urzaiz e García Barbón 489.113,00 ¤ 2.- Repavimentación rúas Gravina e Churruca 507.154,00 ¤ 3.- Humanización rúa Rogelio Abalde 324.071,00 ¤ 4.- Mellora pavimentación da Praza Independencia 181.867,00 ¤ As obras obxecto do expediente de contratación financiaranse con cargo á partida 06/911.911.662.00. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONOMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXIRÁ NA CONTRATACION, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE VIGO" 1ª.- Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, das obras que se detallan na base 3ª deste prego, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª.- Financiamento das obras: As obras obxecto do concurso financiaranse con cargo á partida 06/911.911.662.00. 3ª.- Presuposto tipo de licitación: Os presupostos tipo de licitación son os que máis adiante se detallan, IVE incluído, entendéndose comprendidos nos mesmos todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,72 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 1. Humanización da rúa República Arxentina entre Urzaiz e García Barbón 489.113,00 ¤ 2. Repavimentación rúas Gravina e Churruca 507.154,00 ¤ 3. Humanización rúa Rogelio Abalde 324.071,00 ¤ 4. Mellora pavimentación da Praza Independencia 181.867,00 ¤ 4ª.- Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas nos proxectos será de tres meses para as obras nº 1, 2 e 4, e dous meses para a obra nº 3, contado a partir da comprobación do replanteo de cada obra. 5ª.- Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- Fianzas: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- Forma de pago: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberá acompañarse a acta de recepción se as obras terminaron no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de Dirección das obras serán do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle serán retidos. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,72 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- Proposicións.- O prazo para a presentación de ofertas será de vinte e seis días, contados dende o seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso no Boletín Oficial dá Provincia ou no D.O.G., de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este finalizará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre nº 1: Proposición económica: Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron compulsadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e se faga referencia a que se une a outra proposición. Sobre nº 2: Documentación xeral. Este sobre, que se xuntará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1. D.N.I., cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2. Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos en art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3. Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4. Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5. Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6. Documento no que a empresa comprométese a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademais responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7. Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial esixíndose a seguinte: Obra nº 1: Grupo G, subgrupo 3, categoría e Obra nº 2: Grupo G, subgrupo 3, categoría e Obra nº 3: Grupo G, subgrupo 3, categoría e Obra nº 4: Grupo G, subgrupo 3, categoría d Quedan exentos de achegar a documentación todos aqueles contratistas que a achegasen nos últimos doce meses, achegando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 10ª.- Mesa de Contratación: Estará integrada do seguinte xeito: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vogais: O secretario. O interventor. O enxeñeiro director de Vías e Obras. Secretario: O xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11ª.- Cualificación da Documentación Xeral e Apertura de Proposicións: O acto de celebración de cualificación da Documentación Xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- Criterios de Valoración: 1. Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2. Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado, non téndose en conta aquel que, a xuízo dos Servizos Técnicos, sexa irrealizable polas características da obra... ata 4 puntos. 3. Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 2 puntos. 4. Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado.... ata 2 puntos. 5. Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 1 punto. O concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª.- Adxudicación definitiva: O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, será notificada ós participantes na licitación e publicarase no B.O.P. dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicadas na cláusula 6ª. 14ª.- Gastos a cargo do adxudicatario: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estima nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra 15ª.- Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. Sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16ª.- Demora na execución: Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incorrera en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 euros do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17ª.- Modelo de proposición: D. ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio, a efectos de notificacións, en ..., enterado da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de ..., segundo anuncio publicado no B.O.P. nº ..., de data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no Proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período de mantemento será de: Data e sinatura do propoñente, 18ª.- Información pública e convocatoria do Concurso: O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do Concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19ª.- Réxime Xurídico aplicable: En todo o non previsto neste Prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Contratos das Administracións Públicas e restantes normas de Dereito Administrativo e, no seu defecto, de Dereito Privado." ------ Folla: 6.14280.- APROBACIÓN DO PROXECTO "E.P. 7103 CERDEDO-CASTRO-QUIREZA (CERDEDO) (POL 2006) Visto o proxecto, redactado polo Servizo de Vías e Obras, para a execución da obra de "E.P. 7103 Cerdedo-Castro-Quireza (Cerdedo)", incluída no POL 2006, cuxo importe ascende á suma de 450.000,00 ¤, IVE incluído; e, visto o informe emitido por Intervención relativo á existencia de consignación orzamentaria na partida 06/911.511.611.03 do vixente Presuposto Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar ó referido proxecto. ------ Folla: 7.14281.- APROBACIÓN DO PROXECTO "URBANIZACIÓN EN OS CASTROS, FONDÓS E BUGARÍN (QUIREZA-CERDEDO) Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 7 de xullo pasado, polo que se prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Cerdedo para proceder á execución da obra de "Urbanización en Os Castros, Fondós e Bugarín (Quireza-Cerdedo)" cun presuposto 606.091,25 ¤, e que foi subscrito por ambas Institucións o pasado día 8 dos correntes; visto o proxecto redactado ó efecto; e, visto o informe favorable de Intervención relativo ó expediente para a aprobación do referido proxecto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto de "Urbanización nos Castros, Fondós e Bugarín (Quireza-Cerdedo)" cun presuposto 606.091,25 ¤, con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidade 2006 2007 2008 Total Deputación 103.035,51 257.588,78 154.553,28 515.177,57 Concello 18.182,74 45.456,84 27.274,10 90.913,68 Total 121.218,25 303.045,62 181.827,38 606.091,25 A obra financiarase con cargo á partida 06/511.511.612.02 a anualidade correspondente a 2006 por importe de 121.218,25 ¤. As anualidades correspondentes a 2007 e 2008 contabilizaranse con cargo ós seus respectivos presupostos nas correspondentes partidas que serán, no seu caso, a 07/511.511.612.02 e 08/511.511.612.02, xerando crédito as achegas do Concello na mencionada partida. ------ Folla: 8.14282.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 11 de setembro de 2006, para o recoñecemento extraxudicial de obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran coa referencia 200600000834 e que contén corenta e seis facturas sendo a primeira de Señalizaciones y Balizamientos de Galicia - SEBAGASA, por importe de 2.713,03 ¤ e a derradeira de Centro Asistencial San Juan de Dios - Palencia,. por importe de 4.032,75 ¤ obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 105.712,92 ¤ Descontos do IRPF 117,20 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 0 ¤ Total líquido 105.595,72 ¤ ------ Folla: 9.14283.- APROBACIÓN DAS BASES PARA A ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE INVESTIGACIÓN EN FITOPATOLOXÍA-CULTIVOS AGRÍCOLAS E ORNAMENTAIS PARA A FINCA AREEIRO (SERVIZO AGRARIO) De conformidade coa proposta do xefe do Servizo de Fitopatoloxía da Estación Fitopatolóxica Do Areeiro, así como co artigo 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases dunha bolsa de licenciado en bioloxía. enxeñeiro de montes ou agrónomo, para a realización de tarefas de investigación en Fitopatoloxía - Cultivos Agrícolas e Ornamentais na "Finca Areeiro". Ditas Bases son como seguen: "CONVOCATORIA E APROBACION DAS BASES PARA A ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE INVESTIGACIÓN EN FITOPATOLOXÍA - CULTIVOS AGRÍCOLAS E ORNAMENTAIS PARA A "FINCA AREEIRO" DEPENDENTE DO SERVIZO AGRARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. De conformidade coa proposta do xefe do Servizo de Fitopatoloxía da Estación Fitopatolóxica "Do Areeiro" e en virtude das facultades que me confire o art. 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, esta Deputación convoca unha bolsa de investigación en Fitopatoloxía - cultivos agrícolas e ornamentais na "Finca Areeiro" dependente do Servizo Agrario desta Deputación, segundo as seguintes BASES PRIMEIRA.- OBXECTO Estas bases regulan o procedemento que se seguirá para a concesión, por concurso de méritos, dunha bolsa para a realización de tarefas de investigación en Fitopatoloxía - cultivos Agrícolas e Ornamentais na Finca Areeiro dependente do Servizo Agrario da Deputación de Pontevedra. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES Poderán ser beneficiarias destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnen os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión do título de licenciado en bioloxía, enxeñeiro de montes ou enxeñeiro agrónomo, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data en que remate o prazo de solicitudes. d) Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 841,41 €/mes por beneficiario, que se imputará á partida 06/711.711.481.01 do Presuposto provincial. O pagamento das bolsas ós beneficiarios realizarase a partir da incorporación do bolseiro, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O goce das bolsas será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Corporación provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Certificado do expediente académico, onde deberá constar a nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido no R.d. 1497/87, modificado polo R.d. 1267/94. d) Currículum vitae e documentación acreditativa deste. e) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo en que goce da bolsa. f) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou paceder enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros: Presidente: O da Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue. Vogais: - O deputado delegado do Servizo Agrario desta Deputación ou deputado en quen delegue. - O enxeñeiro director do Servizo Agrario desta Deputación. - Un funcionario técnico superior da Finca Areeiro pertencente ó Servizo Agrario da Deputación de Pontevedra. Secretario: - O da Deputación de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA.- SELECCIÓN DO BOLSEIRO A selección dos bolseiros efectuarase conforme o seguinte baremo: a) Polo expediente académico, ata un máximo de tres (3) puntos. No caso de que no expediente académico non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.d. 1497/87, modificado polo R.d. 1267/94, será valorado con 0 puntos. b) Pola presentación e descrición dun posible traballo de investigación para desenvolver durante o período de duración da bolsa relacionado coas actividades que se levan a cabo na Finca Areeiro, e compatibles coas instalacións de que dispón esta, ata un máximo de tres (3) puntos. c) Por ter asistido a cursos de doutoramento, de formación e perfeccionamento impartidos en centros oficiais, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública relacionados coas actividades obxecto da convocatoria, ata un máximo de 2 (dous) puntos, computándose: 1) De 100 ou máis horas de duración 0,25 puntos / curso 2) De entre 60 e 99 horas de duración 0,20 puntos / curso 3) De entre 30 e 59 horas de duración 0,15 puntos / curso 4) De entre 10 e 29 horas de duración 0,10 puntos / curso 5) De 10 ou máis créditos 0,25 puntos / curso 6) De entre 6 e 9 créditos 0,20 puntos / curso 7) De entre 3 e 5 créditos 0,15 puntos / curso 8) De entre 1 e 2 créditos 0,10 puntos / curso * no suposto de non acreditarse a duración dos cursos, estes valoraranse a razón de 0,10 puntos por curso. d) Por acreditar experiencia en traballo de laboratorio: 0,20 puntos por ano ou fracción superior a seis (6) meses, ata un máximo dun (1) punto. Tamén se poderá manter unha entrevista persoal, relacionada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes se o tribunal o considera oportuno, valorándose de 0 a 3 puntos. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN: A comisión seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación a adxudicación desta bolsa ó aspirante que considere máis idóneo para realizar tarefas de investigación Fitopatolóxica - Cultivos Agrícolas e Ornamentais no Servizo Agrario (Finca Areeiro) da Deputación de Pontevedra. Este acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS Establécense as seguintes condicións xerais: a. As bolsas terán unha duración dun ano, a contar dende a data na que os adxudicatarios comezaron o seu desempeño, na Finca de Areeiro do Servizo Agrario desta Deputación. Poderán ser prorrogadas por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do xefe do Servizo Agrario, segundo o proxecto de investigación desenvolto polo bolseiro e co acordo da Xunta de Goberno. b. As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c. Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina da Finca Areeiro do Servizo Agrario, quedando suxeitos ó regulamento deste Servizo, cooperando cos técnicos nos traballos que o enxeñeiro-director deste Servizo estime oportunos. d. A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo. e. Os bolseiros non poderán renunciar á bolsa da que sexan beneficiarios ata o transcurso, cando menos, de seis meses dende a data da súa adxudicación. f. A comisión poderá convocar os solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu currículum. A decisión da comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación resérvase o dereito a destruír dita documentación. DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES A comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nas presentes bases. UNDÉCIMA.- DEREITOS SUPLETORIOS A convocatoria das bolsa, a selección do bolseiro/a e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitaranse ó previsto nas presentes bases e, ademais, ó previsto na Lei xeral de subvencións e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común." ------ Folla: 10.14284.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS a) A Xunta de Goberno queda enterada da sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso contencioso-administrativo nº 4273/2003, promovido por Dona LUCÍA MINIÑO TRONCOSO e Don JOSÉ RAMÓN FERNÁNDEZ GONZÁLEZ contra desestimación de reclamación por danos en accidente de tráfico o día 23 de xuño de 2000 na estrada que une a comarcal 550 en Ponte Dena coa PO-304 en Vichona (Sanxenxo), valorados en 20.044,49 ¤, e na que se exonera a esta Deputación ó non terse probado responsabilidade ningunha no accidente, que tivo como causa eficiente a desatención na condución por parte do reclamante. b) A Xunta de Goberno queda enterada da sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso contencioso-administrativo nº4755/2001, promovido por Don MARCELINO GONZÁLEZ MIJÓN contra esta Deputación e o concello de Baiona por danos en accidente de tráfico o día 29 de maio de 1999 no lugar de Laxes, valorados en 21.409,00 ¤, e na que se exonera a esta Deputación ó non terse probado responsabilidade ningunha na caída e conseguintes lesións padecidas polo reclamante. c) A Xunta de Goberno queda enterada do Auto da Sala do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia de data 21 de xullo de 2006 (Rex. entrada nº029256, de data 08/09/06) polo que se denega a medida cautelar de suspensión instada pola CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA no recurso nº 716/2006 sobre convocatoria de procesos selectivos, atendendo así os razoamentos contidos nas alegacións presentadas pola Asesoría Xurídica desta Deputación con data 10 de xullo de 2006. ------ Folla: 11.14285.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.14286.- APROBACIÓN DE EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DOS CURSOS DE FORMACIÓN DO PROXECTO "AQUELANDO" Visto o escrito da Xefa do Servizo de Acción Social que participa que a Deputación, dentro das súas actividades sociais, esta levando a cabo un programa denominado "Aquelando" que ten como obxectivo facilitar a inserción profesional de colectivos con especiais dificultades de acceso ó mercado laboral no sector de servizos a persoas. Dito proxecto contempla entre as súas actividades a realización de diversos cursos de formación, polo que resulta necesario a contratación dunha asistencia técnica para a organización dos mesmos, cuxo custo se estima en 156.000,00 euros. Visto o informe do Técnico Adxunto ó Xefe de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación da asistencia técnica, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, a asistencia técnica para a organización e impartición dos cursos de formación do Proxecto "AQUELANDO", cun presuposto máximo de cento cincuenta e seis mil euros (156.000,00 ¤). Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Declarar a tramitación urxente do mencionado expediente por motivos de interese publico. - Autorizar o gasto por importe máximo de 156.000,00 ¤, que se financiará en duas anualidades unha parte no ano 2006, por importe de 109.200,00 ¤, con cargo á partida 06/313.327.227.06 do vixente Presuposto Provincial e a parte restante no ano 2007, por importe de 46.800,00 ¤, con cargo á mencionada partida correspondente ó ano 2007. - Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e de prescricións técnicas que rexerán o Concurso como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de oito días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, TRAMITACIÓN URXENTE, A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DOS CURSOS DE FORMACIÓN DO PROXECTO "AQUELANDO" 1.- OBXECTO.- A contratación da organización e impartición dos cursos de formación do proxecto "Aquelando". O contrato comprende a impartición dun total de 3 cursos por cada un dos lotes, agrupados en función das seguintes áreas de formación: · Persoas maiores · Ocio e tempo libre · Infancia · Persoas discapacitadas Todos os cursos comprenden unha parte teórica e outra práctica relacionadas entre si. No prego de prescricións técnicas que se une como anexo a este prego recóllense de forma máis detallada os cursos a impartir e as súas características. 2.-FINANCIAMENTO.-A cantidade de 109.200,00 euros do prezo do contrato, correspondente á anualidade 2006, financiarase con cargo á partida 06/313.327.227.06 do vixente Presuposto Provincial, e a cantidade de 46.800,00 euros irá con cargo á partida correspondente do presuposto do ano 2007, quedando condicionada á aprobación do mesmo. 3.-DURACIÓN, DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN.- O programa ten unha duración prevista de 5 meses debendo finalizar antes do 31/07/2007, iniciándose as actividades durante os meses de outubro e novembro de 2006, en datas aínda por concretar, nos seguintes lugares: Lote Lugares de realización do curso 1 Silleda, Sanxenxo e O Porriño 2 A Estrada, Pontevedra e Gondomar 3 Pontevedra, Ponteareas, A Guarda 4 Caldas de Reis, Cangas e Cambados 4.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase contra a presentación das facturas correspondentes ás actividades da zona adxudicada, unha vez finalizada as accións formativas e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O prezo de cada un dos lotes é de TRINTA E NOVE MIL EUROS (39.000,00 ¤), en función dun prezo máximo por curso de 13.000,00 ¤, IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rdl 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de devandita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que teña formalizado a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante 8 días naturais seguintes á publicación do último anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30 /92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Á CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DOS CURSOS DE FORMACIÓN DO PROXECTO "AQUELANDO" LOTE Nº____________ Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. Proposición económica. Que deberá axustarse ó modelo contido na cláusula final do presente prego, podendo ser excluída a oferta no caso de non cumprir este requisito. 2. Descrición da metodoloxía de traballo e contidos. 3. Descrición dos recursos materiais e persoais a empregar nas actividades de formación. 4. Desenvolvemento do contido das melloras ofertadas Valorarase de xeito positivo os compromisos de contratación desenvolvidos na base 10 do prego de prescricións técnicas que se une como anexo. Cada licitador só poderá presentar unha proposición por zona. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. No caso de presentarse a máis dun lote, presentarase un único sobre B, e un sobre A por cada zona á que se licite. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DOS CURSOS DE FORMACIÓN DO PROXECTO "AQUELANDO" LOTE Nº____________. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a. Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b. Poder debidamente bastanteado. c. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a. Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, na súa falta seguro de indemnización por riscos profesionais. b. Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c. Declaración que indique o termo medio anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os tres últimos anos. d. Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e. Titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. f. Relación dos principais traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. 9-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O secretario Xeral da Corporación. -O interventor da Corporación. - A xefa do Servizo de Acción Social. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores en sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura de Sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1. Proposta metodolóxica e de contidos, ata 4 puntos. 2. Recursos destinados á impartición de actividades, ata 2,5 puntos. 3. Outras melloras (valorándose de forma moi positiva o compromiso de contratación dos alumnos), ata 2,5 puntos. 4. Menor prezo, ata 1 punto. 12.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 7ª. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo devandito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. No obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.-GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calesqueira outros que xere o expediente, que se orzamentan na contía máxima de 600,00 euros. 15.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á administración. 16.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 214 do TR da LCAP. 17.-RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 18.-XURISDICCIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo Órgano de Contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso-Administrativa, a tenor da Lei de dita xurisdición. 19.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don ....., maior de idade, veciño de ....., con domicilio en ..... titular do DNI ....., expedido en data ....., actuando en nome propio ou en representación de ..... con domicilio en ....., teléfono ..... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante Concurso o contrato correspondente á ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DOS CURSOS DE FORMACIÓN DO PROXECTO "AQUELANDO" LOTE Nº ______ comprométese a realizalo con suxeici

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición