Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-09-22_Ordinaria. Acta de sesión 2006/09/22_Ordinaria
Acta de sesión 2006/09/22_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/1.2006-09-22_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/09/22_Ordinaria
Data(s) 2006-09-22 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e trinta minutos do día vinte e dous de setembro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14292.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 15 de setembro de 2006. ------ Folla: 2.14293.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN VECIÑAL "LABERINTO DE MOGOR" DE MARÍN, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA REALIZACIÓN DUN CURSO Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión de 21/07/06 unha subvención a favor da Asociación de Veciños "Laberinto de Mogor" de Marín, por importe de 700,00 euros para a realización do curso de "Elaboración de licores caseiros e conservas de produtos do campo" de 60 horas de duración e presentándose no Rexistro Xeral o 12/09/06 escrito da devandita Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, por imposibilidade de facer fronte o presuposto total da actividade, a Xunta de Goberno queda enterada da citada renuncia. ------ Folla: 3.14294.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONSEJO SUPERIOR DE INVESTIGACIONES CIENTÍFICAS (MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA) Dada conta da petición de prórroga do convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas, formulada por Dona Rosa Ana Malvar Pintos, directora da Misión Biológica de Galicia. Resultando que a Xunta de Goberno de data 15 de abril de 2005 aproba o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Visto o informe emitido polo enxeñeiro director do Servizo Agrario de 12 de xullo de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a prórroga ata o 8 de maio de 2007 do Convenio de Colaboración para a formación de persoal investigador. ------ Folla: 4.14295.- MODIFICACIÓN DOS ACORDOS REGULADORES DE DIVERSOS PREZOS PÚBLICOS PROVINCIAIS Vistos os expedientes tramitados a proposta do Servizo de Intervención desta Deputación para a modificación dos acordos reguladores de diversos prezos públicos provinciais e do Organismo Autónomo Local "Turismo Rías Baixas", coa finalidade, segundo consta nas memorias da Presidencia de cada expediente, de actualizar as tarifas dos mesmos para o exercicio 2007, cunha proposta de incremento en termos nominais do 2%, de acordo coa variación estimada para o I.P.C, en dito exercicio. Vistos os informes de Intervención que constan nos respectivos expedientes, a Xunta de Goberno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: -Aprobar as modificacións dos acordos reguladores dos diversos prezos públicos que se relacionan a continuación co obxecto de actualizar as tarifas dos mesmos para o exercicio de 2007. ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA VENDA DE MAPAS ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Mapas en relevo, cada un 34,60 ¤ B. Mapas plastificados, cada un 7,70 ¤ C. Mapas en papel sen pregar, cada un 3,85 ¤ D. Mapas en papel pregado con funda, cada un 4,60 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NA IMPRENTA PROVINCIAL ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Pola confección de traballos de imprenta esixirase: A.1. Por hora de traballo manual 20,50 ¤ A.2. Por hora de máquina MINERVA 17,40 ¤ A.3. Por hora de máquina automática 20,50 ¤ A.4. Por hora de encadernación 12,30 ¤ B. Ós traballos urxentes aplicaráselles un recargo do 50 % Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN COA MÁQUINA FITOSANITARIA ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Por hora de servizo 107,75 ¤ B. No caso de traballos urxentes aplicarase un recargo do 50 % Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ANÁLISE NA FINCA DE AREEIRO ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Por análise rutineira 15,40 ¤ B. Por análise de invernadoiro 24,60 ¤ C. Secuenciación do ADN 10,20 ¤ D. Análise molecular de armillaria: D.1. Por cada árbore ou unidade 18,35 ¤ D.2. Por hectárea 32,65 ¤ E. No caso de urxencia aplicarase un recargo do 50 % Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS DE FORMACIÓN QUE SE PRESTAN POLO CPAM. ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Cursos a grupos con material informático individual, por hora e alumno 6,15 ¤ B. Cursos a grupos con material informático para dúas persoas, por hora e alumno 5,40 ¤ C. Cursos a grupos sen material informático, por hora e alumno 5,40 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PREPARACIÓN E IMPLANTACIÓN DE EMBRIÓNS NA FINCA DE MOURISCADE ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA l. Implantación de embrións propios: 1. Embrións de novilla ou vaca de menos de 84 puntos de cualificación morfolóxica, cada embrión....................................... 143,00 ¤ 2. Embrións de novilla ou vaca de 85 ou 86 puntos de cualificación morfolóxica, cada embrión....................................... 204,00 ¤ 3. Embrións de novilla ou vaca de 87 ou mais puntos de cualificación morfolóxica, cada embrión....................................... 265,00 ¤ II. Implantación de embrións axenos: 1. Por cada embrión que se implante ............................................. 51,00 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA VENDA DE MAPAS DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL "TURISMO RÍAS BAIXAS" ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Por mapa 0,80 ¤ B. Pedidos de 50 ou máis mapas, cada un 0,40 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. Os anexos dos acordos reguladores dos diversos prezos públicos, nos que figuran as novas tarifas publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e, tal como consta nas memorias da Presidencia de cada expediente, entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2007. ------ Folla: 5.14296.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS De conformidade ó escrito de data 04 de Setembro de 2006, polo que o xefe de Sección do Servizo de Vías e Obras, solicita permiso e axuda económica para que o contratado laboral D. Eugenio José Marcote Carballo poida asistir a unha Reunión Técnica do Grupo da FEMP proxecto GEOPISTA e a un curso básico de GEOPISTA que terán lugar en Madrid os días 18 e 19 de setembro de 2.006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade convalidar o acto e conceder a Don Eugenio José Marcote Carballo o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 566,43 euros, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: (Saída día 17 despois 14:00 horas e regreso día 20 antes 16:00 horas) Desprazamento: (coche propio) Pontevedra-Madrid-Pontevedra: (1.244 Km.) 236,36 ¤ Peaxe autopista: 30,00 ¤ Parking: 50,00 ¤ TOTAL DESPRAZAMENTO: 316,36 ¤ Dietas: Día 17 (1/2 manutención + aloxamento): 84,67 ¤ Día 18 e 19 (80% Dieta): 165,40 ¤ TOTAL DIETA: 250,07 ¤ Ditas cantidades imputaranse ás partidas 06/511.511.230.01 de dietas por importe de 250,07 ¤ e á 06/511.511.231.01 de locomoción por importe de 316,36 ¤ do vixente Presuposto provincial. ------ Folla: 6.14297.- PROPOSTA DE CONCESIÓN DE FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES NOS CONCELLOS DA PROVINCIA De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a celebración das Festa da Bicicleta e Marchas Populares nos concellos seguintes: TUI 02/09/06 FESTA DA BICICLETA ILLA DE AROUSA 02/09/06 FESTA DA BICICLETA MOAÑA 03/09/06 FESTA DA BICICLETA PONTECESURES 09/09/06 FESTA DA BICICLETA A GUARDA 16/09/06 FESTA DA BICICLETA SALVATERRA DE MIÑO 17/09/06 FESTA DA BICICLETA LALÍN 23/09/06 MARCHA POPULAR O PORRIÑO 01/10/06 FESTA DA BICICLETA ------ Folla: 7.14298.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA VERA BARCIELA CERVIÑO POR DANOS SUFRIDOS EN VEHÍCULO, NA VÍA DE SERVIZO PARALELA Á ESTRADA A-55 (VIGO) Dada conta que con data de rexistro 8/09/2006 (Rex. nº 029257) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Vera Barciela Cerviño, veciña de Vigo e con domicilio a efectos de notificacións en Camiño Montevello, Bembrive nº 4 por danos padecidos en vehículo matrícula 7802 CJJ na vía de servizo paralela á autovía A-55 o día 31 de marzo de 2006 e que cuantifica economicamente en 169,72¤. Resultando.- Que con data 11/09/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 13/09/2006 co seguinte contido: "...pongo en su conocimiento que la citada vía de servicio no pertenece a la red de carreteras provinciales". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 8.14299.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JOSÉ DOMÍNGUEZ LINO EN NOME E REPRESENTACIÓN DE BILBAO, COMPAÑÍA ANÓNIMA DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. POR DANOS SUFRIDOS EN VEHÍCULO, NA ESTRADA PO-305 (VILAGARCÍA DE AROUSA) Dada conta que con data de rexistro 11/09/2006 (Rex. nº029567) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. José Domínguez Lino en nome e representación de Bilbao, Compañía Anónima de Seguros y Reaseguros, S.A. con enderezo de notificacións en Rúa Benito Corbal, 17-2º dereita, por danos padecidos en vehículo matrícula 6085-BPX na estrada PO-305 (Vilagarcía de Arousa) o día 5 de novembro de 2005 e que cuantifica economicamente en 7.257,05 ¤ Resultando.- Que con data 12/09/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 13/09/2006 co seguinte contido: "..pongo en su conocimiento que el citado vial no pertenece a la red de carreteras provinciales". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 9.14300.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS a) Dada conta de que con data 12 de setembro de 2006 notifícase a esta Deputación sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo-Sección 3ª do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recaída no recurso número 8500/2003, promovido por Dna. María del Carmen Souto Pérez contra xustiprezo de finca expropiada para a obra "Ensanche e acondicionamento da E.P. 4503 dende a C-550 a Aios (Sanxenxo), expediente 127/03, na que se estima parcialmente o recurso interposto, recoñecendo o dereito da demandante a ser indemnizada pola depreciación da parte da finca non expropiada, de 419 m² de extensión, fixándose unha porcentaxe do 15 por cento do valor fixado na resolución do Xurado Provincial de Expropiación para o chan da parte expropiada, debendo incrementarse dito importe cos xuros legais que se teñan producido por demora na tramitación e pago do xustiprezo. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Que se proceda ó cumprimento nos seus propios termos, dando traslado a tal efecto ó Servizo de Vías e Obras, á Intervención e á Tesourería. b) Dada conta que con data 8 de setembro de 2006 notifícase Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra sobre desestimento no recurso P.O. 122/2006 promovido polo INSTITUT PERE MATA de Reus (Tarragona) sobre reclamación de cantidade por estancia de D. Manuel Vila González, a Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable de dito Auto. ------ Folla: 10.14301.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.14302.- AXUDA ECONÓMICA PARA Á REALIZACIÓN DAS XORNADAS DE FORMACIÓN SOBRE COMERCIALIZACIÓN "DESENVOLVEMENTO DA ÁREA DE COMERCIALIZACIÓN NAS CONFRARÍAS DE PESCADORES" Vista a solicitude de axuda económica formulada por Don Manuel Pazos Vázquez, presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra. Vistos os informes emitidos por Intervención, do enxeñeiro director do Servizo Agrario e da técnica da Sección de Pesca e Cultivos Mariños. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación a axuda económica para a realización das xornadas de formación sobre comercialización "Desenvolvemento da área de comercialización nas Confrarías de Pescadores" á Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Provincia de Pontevedra, por importe de 15.000,00 ¤ e con cargo á partida 06/711.711.479.01. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.14303.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A UNIVERSIDADE INTERNACIONAL MENÉNDEZ PELAYO Vista a proposta do Servizo de cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa Universidad Internacional Menéndez Pelayo, para a realización dun programa de cursos a realizar en xullo, setembro e outubro de 2006, mediante a achega de sesenta e dous mil euros (62.000,00 ¤), e con cargo á partida 06/451.422.454.02 do vixente Presuposto a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A UNIVERSIDAD INTERNACIONAL MENÉNDEZ PELAYO Pontevedra, setembro de 2006 R E U N I D O S Dunha parte o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o art. 34.1.b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. E da outra o Excmo. Sr. D. Luciano Parejo Alfonso, reitor magnífico da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (no sucesivo U.I.M.P.). Ambas as partes, na representación que teñen, recoñécense capacidade legal para subscribiren o presente documento, e para o efecto, E X P O Ñ E N A U.I.M.P. ten previsto levar a cabo no seu centro de Pontevedra, un programa de cursos nos meses de xullo, setembro e outubro de 2006, relacionados no Anexo I. Por considerar que estes cursos revisten un alto interese científico e académico, a Deputación Provincial de Pontevedra desexa colaborar na súa realización. En consecuencia, A C O R D A N Primeiro.- A Deputación Provincial de Pontevedra achegará a cantidade de sesenta e dous mil euros (62.000,00 ¤), con cargo á partida 06/451.422.454.02, en concepto de colaboración económica para a realización dos devanditos cursos. Esta cantidade será ingresada na conta corrente número 9000-0001-20-020000860-6 do Banco de España, Sección de Organismos Autónomos - Axencia Principal de Madrid, a nome da Universidad Internacional Menéndez Pelayo, da seguinte forma: un 50% á sinatura do presente convenio e o outro 50% restante unha vez rematados os cursos, previa presentación por parte da UIMP dunha xustificación detallada dos gastos realizados con cargo á achega, segundo se indica na cláusula quinta. Segundo.- A U.I.M.P. pon a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra no conxunto dos cursos un total de 10 prazas con matrícula de balde para as persoas que ela designe. A Deputación Provincial de Pontevedra deberá comunicar, formalmente e coa suficiente antelación, os nomes das persoas que vaian ocupar as devanditas prazas. A gratuidade inclúe soamente a inscrición académica; a U.I.M.P. non se fará cargo da viaxe, aloxamento nin manutención das persoas que ocupen estas prazas. O resto das prazas serán cubertas polos procedementos habituais da U.I.M.P. Terceiro.- A U.I.M.P. comprométese a facer constar nos programas dos cursos e seminarios, e na difusión que destes se faga nos medios de comunicación social, a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra. Cuarto.- A Deputación Provincial de Pontevedra poderá incluír na documentación dos cursos ou seminarios preparada pola Universidade de Vigo e a U.I.M.P. para lles entregar ós alumnos aqueloutros documentos que considere de interese para eles. Quinto.- Unha vez rematado o programa de actividades en Pontevedra, farase constar a colaboración da Deputación de Pontevedra na memoria anual de actividades da universidade, e entregaráselle un dossier de prensa e a xustificación dos gastos ós que foi aplicada a achega da Deputación, mediante a presentación dunha conta xustificativa que deberá conter a totalidade dos gastos da actividade e aportando unicamente as facturas polo importe subvencionado, ben orixinais, ben fotocopias compulsadas. Dita xustificación deberá presentarse antes do 31 de xuño de 2007. Sexto.- Correspóndelle exclusivamente á U.I.M.P. aprobar os programas das súas actividades e as normas consonte as que se deben desenvolver, vixiando en todo intre o máis escrupuloso respecto á independencia da propia institución e das persoas que participan nas súas actividades. Sétimo.- A difusión que se faga dos cursos e seminarios nos medios de comunicación social, como se indica na cláusula terceira do presente convenio, terá que se emitir ou redactar en lingua galega no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. E, en proba de conformidade, asinan o presente documento por triplicado, no lugar e data indicados. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O REITOR DA UNIVERSIDADE INTERNACIONAL MENÉNDEZ PELAYO, D. Rafael Louzán Abal D. Luciano Parejo Alfonso" ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.14304.- APROBACIÓN DA NOVA DISTRIBUCIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA OBRAS CONCEDIDAS Ó CONCELLO DE COTOBADE NO PAM 2006, ANUALIDADES 2006-2008 A petición do concello de Cotobade, de 5 de setembro actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade unha nova distribución das subvencións para obras concedidas a dito concello no PAM 2006, anualidades 2006-2008, a través de Acordo da Xunta de Goberno de 7 de abril pasado, sen variar a tipoloxía das actuacións. A relación de obras subvencionadas ó concello de "Cotobade" con cargo ó PAM/06-08, distribuídas por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Total Subv. Acceso Laxe, Praza Rebordelo, Camiño Caroi, etc. 534.018,66 118.026,09 224.861,71 191.130,86 534.018,66 534.018,66 118.026,09 224.861,71 191.130,86 534.018,66 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.14305.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE BUEU DA OBRA INCLUÍDA NO PAM 2006-08, DENOMINADA "HUMANIZACIÓN DE VIAIS NO MUNICIPIO DE BUEU E ZONA DE OCIO NO ENTORNO DO PAVILLÓN MUNICIPAL DE BUEU" POLA OBRA "HUMANIZACIÓN DA RÚA MONTERO RÍOS EN BUEU E ZONA DE OCIO NO ENTORNO DO PAVILLÓN MUNICIPAL DE BUEU" COA MESMA SUBVENCIÓN QUE A ANTERIOR A petición do concello de Bueu, de 3 de agosto actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra incluída no PAM 2006-08, denominada "Humanización de viais no municipio de Bueu e zona de ocio no entorno do pavillón municipal de Bueu" pola obra "Humanización da rúa Montero Ríos en Bueu e zona de ocio no entorno do pavillón municipal de Bueu", coa mesma subvención que a anterior de 87.402,82 ¤ na anualidade 2006, 166.518,67¤ na anualidade de 2007 e 141.539,69 ¤ na anualidade 2008, ascendendo o presuposto a 395.461,18 ¤ e suxeita ás condición establecidas no Acordo da Xunta de Goberno de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó concello de "Bueu" con cargo ó PAM/06-08, distribuídas por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Total Subv. Humanización da rúa Montero Ríos en Bueu e zona d ocio no entorno do pavillón municipal de Bueu. 395.461,18 87.402,82 166.518,67 141.539,69 395.461,18 395.461,18 87.402,82 166.518,67 141.539,69 395.461,18 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.14306.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE AS NEVES DA OBRA INCLUÍDA NO PAM 2006-08, DENOMINADA "ABASTECEMENTO E CAPTACIÓN DE MANANTIAL EN OUTEIRO, SAN JOSÉ" POLA OBRA "MELLORA DE ABASTECEMENTO EN OUTEIRO, SAN JOSÉ", COA MESMA SUBVENCIÓN QUE A ANTERIOR A petición do concello de As Neves, de 31 de agosto actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra incluída no PAM 2006-08, denominada "Abastecemento e captación de manantial en Outeiro, San José" pola obra "Mellora de abastecemento en Outeiro, San José", coa mesma subvención que a anterior de 6.295,14 ¤ na anualidade 2006, 20.000,00 ¤ na anualidade de 2007 e 5.211,11 ¤ ¤ na anualidade 2008, ascendendo o presuposto a 31.506,25¤ e suxeita ás condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó concello de "As Neves" con cargo ó PAM/06-08, distribuídas por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 PresupostoTOTAL Subvención PresupostoTOTAL Subvención PresupostoTOTAL Subvención Total Subv. Rede de sumidoiro en Liñares 59.400,00 5.000,00 20.000,00 34.400,00 59.400,00 Pavimentación camiños de Gulans e Couto 46.317,80 5.000,00 20.000,00 21.317,80 46.317,80 Abastecemento de auga a San Bartolomé e Taboexa Norte 16.791,32 5.000,00 11.791,32 16.791,32 Captación manantial en Carregal Santiago de Ribarteme 12.018,50 6.000,00 6.018,50 12.018,50 Captación de manantiais en San Pedro 22.308,31 6.000,00 6.921,89 9.386,42 22.308,31 Abastecemento de auga a Carrasqueira en Rubios 16.178,40 6.000,00 10.178,40 16.178,40 Mellora de abastecemento en Outeiro, San José 31.506,25 6.295,14 20.000,00 5.211,11 31.506,25 Abastecemento de auga a Fermil e Pedrouzón, Rañade e Sabujeiro, en Setados 14.437,88 10.799,36 3.638,52 14.437,88 Reparación saneamento en Santiago de Ribarteme 12.224,94 6.000,00 6.224,94 12.224,94 Saneamento en Marco, Rubios 7.839,57 7.839,57 7.839,57 Pavimentación camiños: Calvario e Fontiñas en Tortoreos, Pedreouzón en Setados, Penlas e Senra en Santiago 60.000,00 5.000,00 13.683,84 41.316,16 60.000,00 Mellora saneamento en Tortoreos 5.977,17 5.977,17 5.977,17 Pavimentación camiño Senra, en Santiago Ribarteme 6.897,68 6.897,68 6.897,68 299.022,97 68.934,07 12.874,85 131.332,26 111.631,49 311.897,82 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.14307.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, A FAVOR DE DON JOSÉ LOSADA PEREIRA Aprobándose pola Xunta de Goberno de 17 de febreiro de 2006, as Bases Reguladoras das subvencións para "Arranxo de vivenda" ano 2006, publicándose as mesmas no BOP de 02/03/06 e a vista do informe de fiscalización emitido por Intervención o día 19 de setembro de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a subvención para "Construción de aseo" por importe de 2.215,38 ¤, a favor de Don José Losada Pereira, veciño de Rodeiro. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.14308.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA A FAVOR DE DON PLÁCIDO VALLADARES NOVOA Aprobándose pola Xunta de Goberno de 17 de febreiro de 2006, as Bases Reguladoras das subvencións para "Arranxo de vivenda" ano 2006, publicándose as mesmas no BOP de 02/03/06 e a vista do informe de fiscalización emitido por Intervención o día 19 de setembro de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a subvención para "Construción de aseo" por importe de 2.215,38 ¤, a favor de Don Plácido Valladares Novoa, veciño de Rodeiro. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 18.14309.- RENUNCIA DA "ASOCIACIÓN DE MAIORES, XUBILADOS E PENSIONISTAS" (ASOMAREC) DE REDONDELA E COMARCA, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 7/10/05, PARA CURSOS DE "BAILES DE SALÓN" Aprobada pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial do 7 de outubro de 2005, a concesión dunha subvención por importe de 675,00 euros para curso de "Bailes de salón" de 40 horas, a favor da "Asociación de Maiores, Xubilados e Pensionistas" (ASOMAREC) e como fora que con data 4 de xullo de 2006, comunícase por dita Asociación a renuncia da mesma á subvención sinalada por decisión propia, a Xunta de Goberno queda enterada da citada renuncia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 19.14310.- CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 23/06/06 SOBRE APROBACIÓN DAS SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ASOCIACIÓNS DE MULLERES SEN FINS DE LUCRO, ANO 2006 Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, as subvencións a favor de 113 Asociacións de Mulleres Sen Fins de Lucro, por importe total de 177.000,00 ¤, con cargo á partida 06/313.313.480.02 e detectándose erro material no cadro das subvencións, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade corrixir dito erro, no sentido de que onde di que a data de rexistro de entrada da solicitude da Asociación de Veciños "Dr. José Casas Villa de Bouzas" de Vigo, é a de 7 de abril de 2006, debe dicir a de 5 de abril do presente ano, tal e como constata o certificado da Oficina de Correos obrante no expediente administrativo da súa razón. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 20.14311.- CONVALIDACIÓN DE ACORDO ADOPTADO POR RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL NÚMERO 11.964 RELATIVO Á APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS NÚMERO 19/06 Vista a proposta da Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación, de data 24 de agosto de 2006, relativa incoación dun expediente de transferencia de créditos, entre diversas partidas do vixente presuposto provincial, por un importe global de 25.000,00 euros, coa finalidade de afrontar gastos que se derivan da contratación de persoal para distintos servizos desta Deputación Provincial. Visto o informe de Intervención, de data 28 de agosto de 2006, no que deixa constancia de que a proposta efectuada pola Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación razoa suficientemente as variacións de crédito nas distintas partidas e cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que nas partidas cuxo crédito se minora expedíronse os RCs, polos importes no que se minoran e que por erro aprobouse este expediente por Resolución Presidencial número 11.964 de data 28 de agosto de 2006, cando o órgano competente para aprobar o mesmo é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de créditos de persoal pertencentes a distintos Centros Xestores, de conformidade co disposto na Base 10ª, apartado 3 d., correspondente execución do presuposto para o exercicio de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar o acordo adoptado por Resolución Presidencial número 11.964 de data 28 de agosto de 2006 a efectos de convalidar a aprobación do expediente de transferencia de crédito número 19/06 por importe total de 25.000,00 euros, cuxo contido literal é o seguinte: A Presidencia, en virtude das facultades que lle confire a lexislación vixente, adoptou a seguinte Resolución: De acordo co informe de Intervención de 28 de agosto de 2006, sobre transferencia de créditos RESOLVO: aprobar o expediente de transferencia de crédito incoado polo responsable do Centro Xestor Recursos Humanos, e os responsables dos Centros Xestores: Servizo Central e Arquivos, Biblioteca e Publicacións, minorando créditos nos importes e partidas que se indican e incrementando crédito polos importes e nas partidas que tamén se detallan a continuación: Partidas a minorar Importe ¤ Partidas a incrementar 121.121.120.02 20.000,00 454.451.131.01 122.121.121.01 5.000,00 454.451.131.01 TOTAL 25.000,00 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 21.14312.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL Nº11552 RELATIVA Á ADQUISICIÓN DE NOVE PARCELAS LINDANTES COA FINCA DO CASTELO DE SOUTOMAIOR E PAGO DE CONCEPTOS NON VALORADOS INICIALMENTE Vista a Resolución Presidencia número 11.552, de 23 de agosto de 2006, relativa ó expediente para a adquisición de nove fincas colindantes co Complexo de Soutomaior. Vistos os informes emitidos polo enxeñeiro director do Servizo Agrario da data 4 de setembro de 2006, polo que se pon de manifesto en relación coa finca número 3 un erro por defecto na medición da superficie e, en relación coa finca número 6 a omisión na valoración dunha plantación de castaños, polo que se estima procedente a variación da cantidade que corresponde pagar ós propietarios das fincas anteditas. Visto o informe de data 13 de setembro de 2006, emitido por Intervención, polo que se acredita a existencia de consignación para facer fronte ó gasto. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: a) Ratificar na súa integridade a Resolución Presidencial número 11.552 de data 23 de agosto de 2006, no seguinte sentido. b) Aprobar o gasto por importe de mil seiscentos corenta e catro euros (1.644,00¤), con cargo á partida 06/711.711.620.00. c) Declarar de aboamento as seguintes cantidades, a favor das persoas seguintes polo conceptos que así mesmo se expresan: PROPIETARIO/NIF nºfinca Concepto Valoración TOTAL Carmen Vilán Pérez (35.231.731-D) 3 70 m2 terreo 18 ¤/ m2 1.260,00 ¤ Manuel Antonio Estramadouro Criado(35.970.876-A) 6 Plantación de castaños 17u x 12¤ = 20412u x 15¤ = 180 384,00 ¤ TOTAL 1.644,00 ¤ ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 22.14313.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRAS INCLUÍDAS NO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A REALIZACIÓN DE DIVERSAS OBRAS Visto o acordo adoptado polo Pleno da Corporación Provincial, en sesión celebrada o día 15 dos correntes, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Ponteareas para a realización de diversas obras; vistos os proxectos correspondentes ás obras incluídas en dito convenio; e, vistos os informes, emitidos por Intervención, relativos á existencia de crédito para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar ós seguintes proxectos: 1.- "Execución de colectores xerais de fecais e pluviais no casco urbano de Ponteareas", por importe de 626.541,61 ¤, IVE incluído, desagregado en dúas fases, Sector A por importe de 95.125,16 ¤ e Sector B por importe de 532.416,45 ¤, con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2006 2007 2008 Total Deputación 100.000,00 200.000,00 201.233,29 501.233,29 Concello 95.125,16 30.183,16 0,00 125.308,32 Total 195.125,16 230.183,16 201.233,29 626.541,61 A achega do Concello para 2006 financiase con cargo ó POL 2006, co que se financia a fase correspondente ó Sector A. O resto da obra, Sector B, financiarase con cargo á partida 06/911.911.662.09, por importe de 100.000,00 ¤, contabilizándose as anualidades de 2007 e 2008 con cargo ós seus respectivos presupostos nas correspondentes partidas que serán, no seu caso, 07/911.911.662.09 e 08/911.911.662.09. 2.- "Mellora da seguridade vial en E.P. 4006 Ponteareas-As Neves", por importe de 239.325,91 ¤, IVE incluído, con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2006 2007 Total Deputación 60.000,00 131.460,73 191.460,73 Concello 12.000,00 35.865,18 47.865,18 Total 72.000,00 167.325,91 239.325,91 3.- "Mellora da seguridade vial en E.P. 4001 Ponteareas-Guillade (PK 0 a cruce cemiterio)", importe de 382.945,53 ¤, IVE incluído, con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2006 2007 2008 Total Deputación 50.000,00 125.000,00 131.356,43 306.356,43 Concello 10.000,00 30.000,00 36.589,10 76.589,10 Total 60.000,00 155.000,00 167.945,53 382.945,53 As obras nº 2 e 3 fináncianse con cargo á partida 06/511.511.612.02, na que existe crédito para facer fronte ó gasto da anualidade 2006. As anualidades de 2007 e 2008 contabilizaranse con cargo ós seus respectivos presupostos nas correspondentes partidas que serán, no seu caso, a 07/511.511.612.02 e 08/511.511.612.02. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 23.14314.- APROBACIÓN DO PROXECTO "ACCESO Ó EMBARCADOIRO DE OIA (OIA)" (POL 2006) Visto o proxecto de "Acceso ó embarcadoiro de Oia (Oia)", redactado polo Servizo de Vías e Obras, e cuxo importe ascende á suma de 300.000,00 ¤; e, visto o informe emitido por Intervención relativo á existencia de consignación na partida 06/911.511.611.03, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 24.14315.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE "DIVERSAS OBRAS DO POL E PPC 2006" Visto o acordo adoptado polo Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 15 dos correntes, polo que se aprobou inicialmente o proxecto de "EP 0002 Tomeza-figueirido (Vilaboa)" (POL 2006) con presuposto para coñecemento da Administración de 300.000,00 ¤, desagregado en presuposto de execución por contrata de 258.815,05 ¤, e expropiacións por importe de 41.184,95 ¤. Vistos os acordos adoptados pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 15 dos correntes, polo que se prestou aprobación ós proxectos "EP 7103 Cerdedo- Castro Quireza (Cerdedo)" (POL 2006) por importe de 450.000,00 € e "Variante Acceso a Lira EP Leirado-Lira (Salvaterra)" (PPC 2006) por importe de 458.000,00¤. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, toda vez que as obras terán que estar contratadas con anterioridade ó día 1 de novembro próximo, xa que de non ser así perderíanse as subvencións destinadas polo MAP para a execución das obras, e iniciar o procedemento de adxudicación das seguintes obras: 1.- E.P. 7103 Cerdedo-Castro Quireza (Cerdedo)(POL 2006) 450.000,00 ¤ 2.- E.P. 0002 Tomeza-Figueirido (Vilaboa) (POL 2006) 258.815,05 ¤ 3.- Variante Acceso a Lira E.P. Leirado-Lira (Salvaterra) (PPC 2006) 458.000,00 ¤ As obras nº 1 e 2 financiaranse con cargo á partida 06/911.511.611.03. A obra nº 3 con cargo á partida 06/911.511.611.09. A adxudicación da obra "E.P. 0002 Tomeza-Figueirido (Vilaboa) (POL 2006)" queda condicionada a que pola Xunta de Galicia se decrete a urxente ocupación dos terreos afectados pola mesma. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONOMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRAMITE DE URXENCIA,, DE "DIVERSAS OBRAS DO POL E PPC 2006" 1ª.- Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das obras que se detallan na base 3ª deste prego, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª.- Financiamento das obras: As obras obxecto do concurso financiaranse con cargo ás partidas 06/911.511.611.03 (obras nº 1 e 2) e 06/911.511.611.09 (obra nº3). 3ª.- Presuposto tipo de licitación: Os presupostos tipo de licitación son os que máis adiante se detallan, IVE incluído, entendéndose comprendidos nos mesmos todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,72 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 1. E.P. 7103 Cerdedo-Castro Quireza (Cerdedo)(POL 2006) 450.000,00 ¤ 2. E.P. 0002 Tomeza-Figueirido (Vilaboa) (POL 2006) 258.815,05 ¤ 3. Variante Acceso a Lira E.P. Leirado-Lira (Salvaterra) (PPC 2006) 458.000,00 ¤ 4ª.- Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas nos proxectos será de doce meses para a obra nº 1, seis meses para as obras nº 2 e 3, contado a partir da comprobación do replanteo de cada obra. 5ª.- Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- Fianzas: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- Forma de pago: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberá acompañarse o acta de recepción se as obras terminaron no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de Dirección das obras serán do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle serán retidos. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,72% do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- Proposicións.- O prazo para a presentación de ofertas será de trece días naturais, contados dende o seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso no Boletín Oficial dá Provincia ou no D.O.G., de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este finalizará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre nº 1: Proposición económica: Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron compulsadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, no caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e fágase referencia a que se une a outra proposición. Sobre nº 2: Documentación xeral. Este sobre, que se xuntará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1. D.N.I., cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2. Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3. Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4. Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5. Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6. Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademais responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7. Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial esixíndose a seguinte: Obra nº 1: Grupo A, subgrupo 2, categoría d. Obra nº 2: Grupo G, subgrupo 4, categoría d. Obra nº 3: Grupo G, subgrupo 4, categoría e. Quedan exentos de achegar a documentación todos aqueles contratistas que a achegaron nos últimos doce meses, achegando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial.. 10ª.- Mesa de Contratación: Estará integrada do seguinte xeito: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vogais: O secretario. O interventor. O enxeñeiro director de Vías e Obras. Secretario: O xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11ª.- Cualificación da Documentación Xeral e Apertura de Proposicións: O acto de celebración de cualificación da Documentación Xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- Criterios de Valoración: 1. Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2. Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado, non téndose en conta aquel que, a xuízo dos Servizos Técnicos, sexa irrealizable polas características da obra... ata 4 puntos. 3. Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 2 puntos. 4. Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado.... ata 2 puntos. 5. Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 1 punto. O concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que obtendo obtido unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª.- Adxudicación definitiva: O Órgano de Contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, será notificada ós participantes na licitación e publicarase no B.O.P. dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicadas na cláusula 6ª. A adxudicación da obra "E.P. 0002 Tomeza-Figueirido (Vilaboa) (POL 2006)" queda condicionada a que pola Xunta de Galicia se decrete a urxente ocupación dos terreos afectados pola mesma. 14ª.- Gastos a cargo do adxudicatario: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estima nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra 15ª.- Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. Sen cuxos requisitos non se confeccionará o acta de comprobación do replanteo. 16ª.- Demora na execución: Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incorrera en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 ¤ do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17ª.- Modelo de proposición: D. ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio, a efectos de notificacións, en ..., sabedor da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de ..., segundo anuncio publicado no B.O.P. nº ..., de data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no Proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período de mantemento será de: Data e sinatura do propoñente, 18ª.- Información pública e convocatoria do Concurso: O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do Concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19ª.- Réxime Xurídico aplicable: En todo o non previsto neste Prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Contratos das Administracións Públicas e restantes normas de Dereito Administrativo e, na súa falta, de Dereito Privado." ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 25.14316.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACION, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO COS CONCELLOS DE CERDEDO E A ESTRADA" Vistos os acordos da Xunta de Goberno, adoptados en sesión celebrada o día 07/07/2006, polos que se prestou aprobación ó convenio de colaboración co Concello de A Estrada para a execución da obra de "Dotación de beirarrúas en Sagrada E.P. Estrada-Forcarei", cun presuposto de 290.000,00 ¤, e ó convenio de colaboración co Concello de Cerdedo para a execución da obra de "Urbanización en Os Castros-Fondós e Bugarín (Quireza-Cerdedo)" cun presuposto de 606.091,25 ¤. Vistos os acordos da Xunta de Goberno, adoptados en sesión celebrada o día 15 dos correntes, polo que se prestou aprobación ós proxectos relativos ós referidos convenios e que son obxecto do presente expediente de contratación. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, e iniciar o procedemento de adxudicación das seguintes obras: 1. Beirarrúas na Sagrada E.P. Estrada-Forcarei (A Estrada) 290.000,00 ¤ 2. Urbanización en Os Castros, Fondós e Bugarín (Quireza-Cerdedo) 606.091,25¤ A obra nº 1 financiarase con cargo á partida 511.511.612.02 nas anualidades de 2006 (21.166,82 ¤), 2007 (145.315,80 ¤) e 2008 (123.517,38 ¤). A obra nº 2 financiarase con cargo á partida 511.511.612.02 nas anualidades de 2006 (121.218,25 ¤), 2007 (303.045,62 ¤) e 2008 (181.827,38 ¤). O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. "PREGO DE CONDICIÓNS ECONOMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO COS CONCELLOS DE CERDEDO E A ESTRADA" 1ª.- Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, das obras que se detallan na base 3ª deste prego, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª.- Financiamento das obras: A obra nº 1 financiarase con cargo á partida 511.511.612.02 nas anualidades de 2006 (21.166,82 ¤), 2007 (145.315,80 ¤) e 2008 (123.517,38 ¤). A obra nº 2 financiarase con cargo á partida 511.511.612.02 nas anualidades de 2006 (121.218,25 ¤), 2007 (303.045,62 ¤) e 2008 (181.827,38 ¤). 3ª.- Presuposto tipo de licitación: Os presupostos tipo de licitación son os que máis adiante se detallan, IVE incluído, entendéndose comprendidos nos mesmos todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,72 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 1. Beirarrúas na Sagrada E.P. Estrada-Forcarei (A Estrada) 290.000,00 ¤ 2. Urbanización en Os Castros, Fondós e Bugarín (Quireza-Cerdedo) 606.091,25¤ 4ª.- Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas nos proxectos será de catro meses para a obra nº 1 e doce meses para a obra nº 2, contado a partir da comprobación do replanteo de cada obra. 5ª.- Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- Fianzas: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- Forma de pago: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberá acompañarse a acta de recepción se as obras terminaron no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de Dirección das obras serán do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle serán retidos. Así mesmo, reterase ó adxudicatario o 0,72% do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- Proposicións.- O prazo para a presentación de ofertas será de vinte e seis días, contados dende o seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso no Boletín Oficial dá Provincia ou no D.O.G., de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este finalizará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre nº 1: Proposición económica: Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron compulsadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e se faga referencia a que se une a outra proposición. Sobre nº 2: Documentación xeral. Este sobre, que se xuntará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1. D.N.I., cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2. Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos en art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3. Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4. Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5. Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6. Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademais responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7. Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial esixíndose a seguinte: Obra nº 1: Grupo G, subgrupo 3, categoría c. Obra nº 2: Grupo G, subgrupo 4, categoría c. Quedan exentos de achegar a documentación todos aqueles contratistas que a achegaron nos últimos doce meses, achegando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para o seu admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 10ª.- Mesa de Contratación: Estará integrada do seguinte xeito: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vogais: O secretario. O interventor. O enxeñeiro director de Vías e Obras. Secretario: O xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11ª.- Cualificación da Documentación Xeral e Apertura de Proposicións: O acto de celebración de cualificación da Documentación Xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- Criterios de Valoración: 1. Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2. Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado, non téndose en conta aquel que, a xuízo dos Servizos Técnicos, sexa irrealizable polas características da obra... ata 4 puntos. 3. Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 2 puntos. 4. Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado.... ata 2 puntos. 5. Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a s
Ãrea de notas
Nota