ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2006/10/20_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/2.2006-10-20_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/10/20_Ordinaria

  • Data(s) 2006-10-20 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas do día vinte de outubro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14377.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 13 de outubro de 2006. ------ Folla: 2.14378.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO DA OBRA "MELLORA DA SEGURIDADE VIAL E DOTACIÓN DE SERVIZOS NA AVDA. DE CAMBADOS ENLACE CON EP 9402 MOSTEIRO-BARRANTES Visto o acordo adoptado polo Pleno, en sesión celebrada o día 27 de setembro pasado, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Meis para a execución da obra "Mellora da seguridade vial e dotación de servizos en Avda. de Cambados con E.P. 9402 Mosteiro-Barrantes (Meis)", cun presuposto de 1.681.024,46 ¤. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 13 dos correntes, polo que se prestou aprobación ó proxecto da referida obra por importe de 1.681.024,46 ¤, IVE incluído: Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral relativo ó PREGO de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, e iniciar o procedemento de adxudicación da referida obra cun tipo de licitación de 1.681.024,46 ¤, IVE incluído. Obra obxecto do expediente financiarase con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2006 2007 2008 Total Deputación 59.829,09 598.290,83 538.461,74 1.196.581,66 Concello Meis 41.634,34 239.356,84 203.451,62 484.442,80 Total 101.463,43 837.647,67 741.913,36 1.681.024,46 A achega da Deputación correspondente a 2006 financiarase con cargo á partida 06/511.511.662.03. As anualidades de 2007 e 2008 contabilizaranse con cargo á partida correspondente dos seus respectivos presupostos, quedando condicionadas á aprobación dos mesmos. A achega do Concello finánciase nun 50 % con cargo ó PAM 2006, segundo a distribución por anualidades que aprobou a Xunta de Goberno en sesión ordinaria de 7 de abril de 2006, e o 50 % restante con cargo a fondos propios. Dita achega xerará crédito na partida 06/511.511.662.03 unha vez se produza o acto formal de compromiso firme de achega ou de recoñecemento do dereito. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. "PREGO DE CONDICIÓNS ECONOMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ NA CONTRATACION, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA "MELLORA DA SEGURIDADE VIAL E DOTACIÓN DE SERVIZOS NA AVDA. DE CAMBADOS ENLACE CON E.P. 9402 MOSTEIRO-BARRANTES" 1ª.- Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra, que se executa mediante convenio co Concello de Meis, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª.- Financiamento das obras: A obra obxecto do concurso financiarase do seguinte xeito: Anualidades 2006 2007 2008 Total Deputación 59.829,09 598.290,83 538.461,74 1.196.581,66 Concello Meis 41.634,34 239.356,84 203.451,62 484.442,80 Total 101.463,43 837.647,67 741.913,36 1.681.024,46 A achega da Deputación correspondente a 2006 financiarase con cargo á partida 06/511.511.662.03. As anualidades de 2007 e 2008 contabilizaranse con cargo á partida correspondente dos seus respectivos presupostos, quedando condicionadas á aprobación dos mesmos. A achega do Concello finánciase nun 50 % con cargo ó PAM 2006, segundo a distribución por anualidades que aprobou a Xunta de Goberno en sesión ordinaria de 7 de abril de 2006, e o 50 % restante con cargo a fondos propios. Dita achega xerará crédito na partida 06/511.511.662.03 unha vez se produza o acto formal de compromiso firme de achega ou de recoñecemento do dereito. 3ª.- Presuposto tipo de licitación: O presuposto tipo de licitación é de 1.681.024,46 ¤, IVE incluído, entendéndose comprendidos nos mesmos todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle será retida. Así mesmo, reterase ó adxudicatario o 0,72 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 4ª.- Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas no proxecto é de doce meses contado a partir da comprobación do replanteo de cada obra. 5ª.- Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- Fianzas: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- Forma de pago: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberá acompañarse a acta de recepción se as obras terminaron no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de Dirección das obras serán do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle serán retidos. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,72% do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- Proposicións.- O prazo para a presentación de ofertas será de vinte e seis días, contados dende o seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no D.O.G., de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este finalizará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre nº 1: Proposición económica: Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron compulsadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e se faga referencia a que se une a outra proposición. Sobre nº 2: Documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1. D.N.I., cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2. Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos en art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3. Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4. Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5. Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6. Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademais responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7. Certificación, expedida polo Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial esixíndose a seguinte: Grupo G, subgrupo 6, categoría e -Grupo I, subgrupo 1, categoría d. Quedan exentos de achegar a documentación todos aqueles contratistas que a achegaron nos últimos doce meses, achegando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pago das obrigacións tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 10ª.- Mesa de Contratación: Estará integrada do seguinte xeito: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vogais: O secretario. O interventor. O enxeñeiro director de Vías e Obras. Secretario: O xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11ª.- Cualificación da Documentación Xeral e Apertura de Proposicións: O acto de celebración de cualificación da Documentación Xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- Criterios de Valoración: 1. Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2. Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado, non téndose en conta aquel que, a xuízo dos Servizos Técnicos, sexa irrealizable polas características da obra... ata 4 puntos. 3. Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 2 puntos. 4. Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado.... ata 2 puntos. 5. Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 1 punto. O concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª.- Adxudicación definitiva: O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, será notificada ós participantes na licitación e publicarase no B.O.P. dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicadas na cláusula 6ª. 14ª.- Gastos a cargo do adxudicatario: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estima nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. 15ª.- Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. sen cuxos requisitos non se confecciona a acta de comprobación do replanteo. 16ª.- Demora na execución: Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incorrera en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 euros do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17ª.- Modelo de proposición: D. ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio, a efectos de notificacións, en ..., decatado da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de ..., segundo anuncio publicado no B.O.P. nº ..., de data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no Proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período de mantemento será de: Data e sinatura do propoñente, 18ª.- Información pública e convocatoria do Concurso: O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do Concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19ª.- Réxime Xurídico aplicable: En todo o non previsto neste prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Contratos das Administracións Públicas e restantes normas de Dereito Administrativo e, na súa falta, de Dereito Privado." ------ Folla: 3.14379.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, ó non estar suxeitos a responsabilidade e cumprir as condicións estipuladas nos respectivos contratos, e de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución de garantías definitivas das seguintes empresas: INICIATIVA GALEGA DE COMUNICACIÓN, S.L - A constituída en metálico, por importe de 1.008,00 euros, para responder da "Asistencia técnica para a difusión e promoción das actuacións realizadas pola Deputación Provincial", e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 21/07/2005 co número de operación 200500071969, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBREAL, S.L - A constituída en valores, mediante aval do Banco Pastor, por importe de 1.950,16 euros para responder dos "Traballos de pintura e varios na Imprenta Provincial (2004)" e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 23/07/2004, co número de operación 200400052896, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. CONSTRUCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L - A constituída en valores, mediante aval de Caixa Madrid, por importe de 6.936,80 euros para responder do "Subministro de 6.500 tt.mm de mestura bituminosa en quente tipo D-12" e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 26/06/2002, co número de operación 200200052373, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L - A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de 876,20 euros para responder da "Ampliación lote aluguer 650 horas tractor agrícola con cortamalezas" e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 23/08/2004, co número de operación 200400061176, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. MOTIVO JCB GALICIA, S.A. - A constituída en valores, mediante aval Banco Atlántico, por importe de 2.357,40 euros para responder do "Subministro lote 6 dunha retro pala de rodas" e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 12/02/2003, co número de operación 200300009248, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. MANUEL VAQUEIRO PÉREZ - A constituída en valores, mediante aval Banco de Galicia, por importe de 1.129,32 euros para responder do "Subministro de 450 m3 pedra tipo mampostería con destino ó Parque de Maquinaria" e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 24/08/2004, co número de operación 200400061282, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. ------ Folla: 4.14380.- APROBACIÓN DE GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE AGOLADA NO PAM/04, PARA A OBRA Nº 371/861, DENOMINADA "ENSANCHE E PAVIMENTACIÓN CAMIÑO VECIÑAL SOUTO DE ARRIBA", POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación técnica núm.1-liquidación, do concello de Agolada a Xunta de Goberno, á vista do informe de Intervención de data 25 de setembro de 2006, acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de 4.500,00 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de créditos, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 06/911.911.762.45.2004, como pago da subvención concedida á mesma, para obra nº. 371/861, denominada "Ensanche e Pavimentación camiño veciñal Souto de Arriba", incluída no PAM/04. ------ Folla: 5.14381.- APROBACIÓN DE GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CATOIRA NO PAM/04, PARA A OBRA Nº346/800, DENOMINADA "EQUIPAMENTO E REGO CAMPO DE FÚTBOL", POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación técnica núm.2, do concello de Catoira a Xunta de Goberno, á vista do informe de Intervención de data 25 de setembro de 2006, acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de 11.127,55 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de créditos, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 06/911.911.762.45.2004, como pago de parte da subvención de 71.170,05 ¤, concedidas ó mesmo, para a obra nº. 364/800, denominada "Equipamento e rego campo de fútbol", incluída no PAM/04. ------ Folla: 6.14382.- APROBACIÓN DE GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE O COVELO NO PAM/04, PARA A OBRA Nº 312/597, DENOMINADA "AUDITORÍA MUNICIPAL", POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación técnica núm.1-liquidación, do concello de O Covelo a Xunta de Goberno, á vista do informe de Intervención de data 23 de maio de 2006, acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de 7.500,00 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de créditos, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 06/911.911.762.45.2004, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº. 312/597, denominada "Auditoría Municipal", incluída no PAM/04. ------ Folla: 7.14383.- APROBACIÓN DE GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE PONTEAREAS NO PAM/04, PARA A OBRA Nº 358/825, DENOMINADA "REAPERTURA DA R.T.M.P.", POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación técnica núm.1-liquidación, do concello de Ponteareas a Xunta de Goberno, á vista do informe de Intervención de data 22 de xuño de 2006, acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de 9.000,00 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de créditos, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 06/911.911.762.45.2004, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº. 358/825, denominada "Reapertura da R.T.M.P.", incluída no PAM/04. ------ Folla: 8.14384.- ACTAS DO XURADO DO VI CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA De conformidade co disposto na base 9ª das que rexeron o VI Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra", que tivo lugar os días 6, 7 e 8 de outubro pasado no Pazo da Cultura desta cidade e despois das reunións mantidas polo Xurado Cualificador, a Xunta de Goberno queda enterada das actas do mesmo, concedendo os premios nas distintas categorías establecidas ás agrupacións que a continuación se reflicten e que se achegarán con cargo á partida 06/451.451.481.06: SECCIÓN TERCEIRA 280 3º Premio Banda de Música Unión de Guláns 280 3º Premio Banda de Música Reveriano Soutullo 302 2º Premio Banda de Música Municipal de Valga 328 2º Premio Banda de Música Xuvenil de Chapela 1º Premio e Premio da Federación Galega de Bandas de Música Populares, dotado con 300 ¤ á agrupación: Asoc. Musical do Municipio de Arbo, con 342 puntos 1º Premio e Mención de Honor Caixa Galicia, dotado con 3.000 ¤ e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 900 ¤ á agrupación:Banda de Música da U.V.C.D. de Candeán, con 360 puntos Premio "Manuel Quiroga" á mellor labor de dirección dotado con 300 ¤ó director da agrupación: Banda de Música Reveriano SoutulloJosé Fernández Prego SECCIÓN SEGUNDA 223 3º Premio Agrup. Músico Cultural de Ribadumia 241 3º Premio Agrupación Musical de Belesar 256 3º Premio Banda de Música Popular de Rubiós 2º Premio e Premio da Federación Galega de Bandas de Música Populares, dotado con 400 ¤ á agrupación: Banda de Música Bellas Artes, con 293 puntos 1º Premio e Mención de Honor Caixa Galicia, dotado con 3.900 ¤ e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 1.050 ¤ á agrupación: Agrupación Musical de Goián, con 348 puntos Premio "Manuel Quiroga" á mellor labor de dirección dotado con 400 ¤ó director da agrupación: Agrupación Musical de GoiánJuan Carlos Díaz Álvarez SECCIÓN PRIMEIRA 320 2º Premio Unión Musical de Meaño 357 1º Premio Banda de Música Xuvenil de Barro 1º Premio e Premio da Federación Galega de Bandas de Música Populares, dotado con 500 ¤ á agrupación: Asoc. Cult. Banda de Música de Catoira, con 360 puntos 1º Premio e Mención de Honor Caixa Galicia, dotado con 4.800 ¤ e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 1.200 ¤ á agrupación:Banda de Música Cultural de Salceda, con 368 puntos Premio "Manuel Quiroga" á mellor labor de dirección dotado con 500 ¤ó director da agrupación: Banda de Música Cultural de SalcedaAsterio Leiva Piñeiro SECCIÓN ESPECIAL 2º Premio e Premio da Federación Galega de Bandas de Música Populares, dotado con 600 ¤ á agrupación: Unión Musical de Valladares, con 292 puntos 1º Premio e Mención de Honor Caixa Galicia, dotado con 5.700 ¤ e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 1.500 ¤ á agrupación:Banda de Música Artística de Merza, con 342 puntos Premio "Manuel Quiroga" á mellor labor de dirección dotado con 600 ¤ó director da agrupación: Unión Musical de ValladaresJosé Iglesias Ramilo Ditas actas son como seguen: "ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO VI CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" SECCIÓN 3ª No Pazo da Cultura de Pontevedra, ás 20,00 horas do día 6 de outubro de 2006, reúnese o xurado cualificador do VI Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra", presidido por Don José Juan Durán Hermida, vicepresidente desta Deputación Provincial, e os vogais: D. Lino Blanchod, director e director artístico do concurso internacional bandístico do Val de Aosta (Italia), D. Manuel Bonachera Pedrós, director de banda e director de orquestra, D. Juan Gonzalo Gómez Deval, compositor, D. Vicente Soler Solano, director de orquestra, D. Francisco Pérez Rodríguez, director da Banda de Música Municipal de Ourense, proposto pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, actuando como secretario D. Antonio Santos Guerra, Xefe do Servizo de Cultura desta Deputación. Aberto o acto, procedese á audición das agrupacións seleccionadas para esta Sección, que interpretarán na orde sinalada as seguintes obras: Obra obrigada: "Meu pai" (Pasodobre), de J. M. González Iglesias Obra libre: 1.- BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE VALGA Obra libre: "La quintessenza", de Johan de Meij 2.- BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE CHAPELA Obra libre: "Hajj", de Stephen Melillo 3.- BANDA DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO Obra libre: "Cavaleiros de Santiago", de J. Luis Represas 4.- ASOC. MUSICAL DO MUNICIPIO DE ARBO Obra libre: "Diagram", de André Waignein 5.- BANDA DE MÚSICA UNIÓN DE GULÁNS Obra libre: "Ivanhoe", de Bert Appermont 6.- BANDA DE MÚSICA DA U.V.C.D. DE CANDEÁN Obra libre: "Dynamic Overture", de Franco Cesarini Tras unha pormenorizada e exhaustiva análise dos aspectos avaliables, tal como se esixen nas bases do Certame, concédense os seguintes premios: Puntos Premio Agrupación 280 3º Premio Banda de Música Unión de Guláns 280 3º Premio Banda de Música Reveriano Soutullo 302 2º Premio Banda de Música Municipal de Valga 328 2º Premio Banda de Música Xuvenil de Chapela 1º Premio e Premio da Federación Galega de Bandas de Música Populares, dotado con 300 ¤ á agrupación: Asoc. Musical do Municipio de Arbo, con 342 puntos 1º Premio e Mención de Honor Caixa Galicia, dotado con 3.000 ¤ e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 900 ¤ á agrupación:Banda de Música da U.V.C.D. de Candeán, con 360 puntos Premio "Manuel Quiroga" á mellor labor de dirección dotado con 300 ¤ó director da agrupación: Banda de Música Reveriano SoutulloJosé Fernández Prego E non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo a 01:00 horas do día sete de outubro, firmando a presente todos os asistentes, do que como secretario dou fe." "ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO VI CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" SECCIÓN 2ª No Pazo da Cultura de Pontevedra, ás 18,00 horas do día 7 de outubro de 2006, reúnese o xurado cualificador do VI Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra", presidido por Don José Juan Durán Hermida, vicepresidente desta Deputación Provincial, e os vogais: D. Lino Blanchod, director e director artístico do concurso internacional bandístico do Val de Aosta (Italia), D. Manuel Bonachera Pedrós, director de banda e director de orquestra, D. Juan Gonzalo Gómez Deval, compositor, D. Vicente Soler Solano, director de orquestra, D. Francisco Pérez Rodríguez, director da Banda de Música Municipal de Ourense, proposto pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, actuando como secretario D. Antonio Santos Guerra, Xefe do Servizo de Cultura desta Deputación. Aberto o acto, procedese á audición das agrupacións seleccionadas para esta Sección, que interpretarán na orde sinalada as seguintes obras: Obra obrigada: "Andaina" (Fantasía para banda), de Delfín Álvarez Martínez Obra libre: 1.- BANDA DE MÚSICA BELLAS ARTES Obra libre: "Egmont", de Bert Appermont 2.- BANDA DE MÚSICA POPULAR DE RUBIÓS Obra libre: "Alternances", de André Waignein 3.- AGRUPACIÓN MUSICAL DE BELESAR Obra libre: "St. Martin´s suite", de Jan Van Der Roost 4.- AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN Obra libre: "Diversions", de Philip Sparke 5.- AGRUPACIÓN MÚSICO-CULTURAL DE RIBADUMIA Obra libre: I.- "The Iliad" II.- "The isle of Calypso" III.- "The winds of Poseidon" from de Odyssey (Symphony nº 2), de Robert W. Smith (ASCAP) Tras unha pormenorizada e exhaustiva análise dos aspectos avaliables, tal como se esixen nas bases do Certame, concédense os seguintes premios: Puntos Premio Agrupación 223 3º Premio Agrup. Músico Cultural de Ribadumia 241 3º Premio Agrupación Musical de Belesar 256 3º Premio Banda de Música Popular de Rubiós 2º Premio e Premio da Federación Galega de Bandas de Música Populares, dotado con 400 ¤ á agrupación: Banda de Música Bellas Artes, con 293 puntos 1º Premio e Mención de Honor Caixa Galicia, dotado con 3.900 ¤ e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 1.050 ¤ á agrupación: Agrupación Musical de Goián, con 348 puntos Premio "Manuel Quiroga" á mellor labor de dirección dotado con 400 ¤ó director da agrupación: Agrupación Musical de GoiánJuan Carlos Díaz Álvarez E non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo as 21:00 horas do día sete de outubro, firmando a presente todos os asistentes, do que como secretario dou fe." "ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO VI CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" SECCIÓN 1ª No Pazo da Cultura de Pontevedra, ás 21,00 horas do día 7 de outubro de 2006, reúnese o xurado cualificador do VI Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra", presidido por Don José Juan Durán Hermida, vicepresidente desta Deputación Provincial, e os vogais: D. Lino Blanchod, director e director artístico do concurso internacional bandístico do Val de Aosta (Italia), D. Manuel Bonachera Pedrós, director de banda e director de orquestra, D. Juan Gonzalo Gómez Deval, compositor, D. Vicente Soler Solano, director de orquestra, D. Francisco Pérez Rodríguez, director da Banda de Música Municipal de Ourense, proposto pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, actuando como secretario D. Antonio Santos Guerra, Xefe do Servizo de Cultura desta Deputación. Aberto o acto, procedese á audición das agrupacións seleccionadas para esta Sección, que interpretarán na orde sinalada as seguintes obras: Obra obrigada: "Tres imaxes de Mudga", de David Fiuza Souto I.- Plantexamento II.- Reflexión III.- Final Obra libre: 1.- UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO Obra libre: "Un americano en París", de G. Gershwin (transcrip. J. Mª Malato Ruiz). 2.- ASOC. CULTURAL BANDA DE MÚSICA DE CATOIRA Obra libre: Symphony nº 2. "The big apple", de Johan de Meij II.- Gotham Largamente - Allegro agitato e nervoso - Con grandezza 3.- BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE BARRO Obra libre: "Wait of the World", de Stephen Melillo I.- And now the children lead III.- Remembering the future 4.- BANDA DE MÚSICA CULTURAL DE SALCEDA Obra libre: "The divine comedy", de Robert W. Smith I.- The inferno II.- Purgatorio III.- The ascensión IV.- Paradiso Tras unha pormenorizada e exhaustiva análise dos aspectos avaliables, tal como se esixen nas bases do Certame, concédense os seguintes premios: Punto Premio Agrupación 320 2º Premio Unión Musical de Meaño 357 1º Premio Banda de Música Xuvenil de Barro 1º Premio e Premio da Federación Galega de Bandas de Música Populares, dotado con 500 ¤ á agrupación: Asoc. Cult. Banda de Música de Catoira , con 360 puntos 1º Premio e Mención de Honor Caixa Galicia, dotado con 4.800 ¤ e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 1.200 ¤ á agrupación:Banda de Música Cultural de Salceda, con 368 puntos Premio "Manuel Quiroga" á mellor labor de dirección dotado con 500 ¤ó director da agrupación: Banda de Música Cultural de SalcedaAsterio Leiva Piñeiro E non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo a 01:00 horas do día oito de outubro, firmando a presente todos os asistentes, do que como secretario dou fe." "ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO VI CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" SECCIÓN ESPECIAL No Pazo da Cultura de Pontevedra, ás 17,00 horas do día 8 de outubro de 2006, reúnese o xurado cualificador do VI Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra", presidido por Don José Juan Durán Hermida, vicepresidente desta Deputación Provincial, e os vogais: D. Lino Blanchod, director e director artístico do concurso internacional bandístico do Val de Aosta (Italia), D. Manuel Bonachera Pedrós, director de banda e director de orquestra, D. Juan Gonzalo Gómez Deval, compositor, D. Vicente Soler Solano, director de orquestra, D. Francisco Pérez Rodríguez, director da Banda de Música Municipal de Ourense, proposto pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, actuando como secretario D. Antonio Santos Guerra, Xefe do Servizo de Cultura desta Deputación. Aberto o acto, procedese á audición das agrupacións seleccionadas para esta Sección, que interpretarán na orde sinalada as seguintes obras: Obra obrigada: "Lembranzas dun longo camiño", de José Laguarta Gracia (arr. E. Vila) (Pasodobre para banda sinfónica) Obra libre: 1.- UNIÓN MUSICAL DE VALLADARES Obra libre: "Symphony nº 2", de J. Barnes Chance 2.- BANDA DE MÚSICA ARTÍSTICA DE MERZA Obra libre: "A Cotswold Symphony", de Derek Bourgeois Tras unha pormenorizada e exhaustiva análise dos aspectos avaliables, tal como se esixen nas bases do Certame, concédense os seguintes premios: 2º Premio e Premio da Federación Galega de Bandas de Música Populares, dotado con 600 ¤ á agrupación: Unión Musical de Valladares, con 292 puntos 1º Premio e Mención de Honor Caixa Galicia, dotado con 5.700 ¤ e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 1.500 ¤ á agrupación:Banda de Música Artística de Merza, con 342 puntos Premio "Manuel Quiroga" á mellor labor de dirección dotado con 600 ¤ó director da agrupación: Unión Musical de ValladaresJosé Iglesias Ramilo E non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo as 20:00 horas do día oito de outubro, firmando a presente todos os asistentes, do que eu como secretario dou fe." ------ Folla: 9.14385.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS De conformidade coa proposta presentada o 06 de outubro de 2006, en onde a xefa do Servizo de Acción Social solicita permiso e axuda económica para que Dona Rebeca Domínguez Pérez, Coordinadora do proxecto Mercurio e Dona. Remedios Pérez González, Técnica de apoio á coordinación do citado Proxecto, poidan asistir, en comisión de servizo e representando a este Organismo Provincial, a unha REUNIÓN TÉCNICA organizada por la UAFSE (Autoridad de la Gestión del proyecto Mercurio) sobre a Responsabilidade Social na Empresa, e que se celebrará os días 24 e 25 de outubro en Barcelona, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude de las facultades que lle confire o artigo 61.2 do Real decreto 2568/86, de 28 de novembro e o artigo 105 da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia, conceder a Dª Rebeca Domínguez Pérez e a Dª Remedios Pérez González o permiso solicitado e una axuda económica por importe total de 1.230,84 euros, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: (saída 24 pola mañá e regreso día 25 pola tarde) Desprazamentos: (2 persoas) Avión: (Vigo-Barcelona-Vigo) x 2 persoas 800,00 ¤ Po-Vigo-Po: (coche propio) a aboar a REBECA DOMÍNGUEZ 11,40¤ Parking aeroporto (2 días): aboar a REBECA DOMÍNGUEZ 20,00¤ Peaxe autopista: aboar a REBECA DOMÍNGUEZ 5,30¤ Taxi (aeroporto-hotel e desprazamentos ós puntos de reunión. 150,00¤ TOTAL DESPRAZAMENTO: 986,70 ¤ Dietas: ( 2 persoas) Día 24: ( 1 dieta) x 2 persoas 206,74¤ Día 25: (½ manutención) x 2 persoas 37,40¤ TOTAL DIETAS: 244,14¤ Ditas cantidades imputaranse ás partidas 06/313.623.230.01 de dietas por importe de 244,14¤ e á 06/313.623.231.01 de locomoción por importe de 986,70¤ do vixente Presuposto provincial. ------ Folla: 10.14386.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.14387.- PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE PONTEVEDRA SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA, PARA O FINANCIAMENTO DE DIVERSAS OBRAS A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Pontevedra, pola que interesa a concesión dunha prórroga para execución da obra "Urbanización da praza de Valentín García Escudero", sendo unha das actuacións obxecto do "Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de Pontevedra sobre cooperación económica, para o financiamento de diversas obras", de conformidade co estipulado na Cláusula Sétima. A subvención da Deputación para esta obra ascende a cantidade de 361.012,10 euros. Esta prórroga concédese, con carácter improrrogable, ata o 30 de xuño de 2007. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.14388.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE A CAÑIZA, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "SANEAMENTO EN FRANQUEIRA: CEBREIRO, SENDÍN E COCHO", INCLUÍDA NO PAM/05 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do concello de A Cañiza, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 105/16, denominada "Saneamento en franqueira: Cebreiro, Sendín e Cocho", subvencionada con 60.320,00 ¤, por acordo da Xunta de Goberno de 18 de marzo de 2005. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2007, con carácter improrrogable. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.14389.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE COVELO, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "SINALIZACIÓN", INCLUÍDA NO PAM/05 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do concello de Covelo, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 311/703, denominada "Sinalización", subvencionada con 9.617,00 ¤, por Resolución Presidencial de 31/12/05. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2007, con carácter improrrogable. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.14390.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE COVELO, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "ACONDICIONAMENTO DE RECINTO DE FESTAS DE FOFE", INCLUÍDA NO PAM/05 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do concello de Covelo, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 309/664, denominada "Acondicionamento de recinto de Festas de Fofe", subvencionada con 5.000,00 ¤, por Resolución Presidencial de 19/12/05. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2007, con carácter improrrogable. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.14391.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE CUNTIS, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "ACCESO VIAIS MUNICIPAIS, 2ª FASE", INCLUÍDA NO PAM/05 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do concello de Cuntis, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 293/544, denominada "Acceso a viais municipais, 2ª fase", subvencionada con 15.053,36 ¤, por Resolución Presidencial de 24/08/05. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2007, con carácter improrrogable. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.14392.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE REDONDELA, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "SANEAMENTO EN NEGROS", INCLUÍDA NO PAM/05 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do concello de Redondela, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 198/108, denominada "Saneamento en Negros", subvencionada con 262.507,23 ¤, por Acordo da Xunta de Goberno de 8 de abril de 2005. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2007, con caracter improrrogable. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.14393.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE SILLEDA, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "TRANSFORMADOR PARA ALUMEADO GLORIETA CN-525", INCLUÍDA NO PAM/05 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do concello de Silleda, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 178/100, denominada "Transformador para alumeado glorieta CN-525", subvencionada con 28.040,00 ¤, por Resolución Presidencial de 1 de abril de 2005. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2007, con carácter improrrogable. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 18.14394.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA "EQUIPAMENTOS CAFETERÍA CAMPING MACEIRA, DO CONCELLO DE COVELO, CON CARGO Ó PAM/2006-2008, ANUALIDADE 2006 En aplicación da base 16 de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó concello de Covelo unha subvención por importe de noventa mil euros (90.000,00¤), con cargo ó programa de Acción Municipal 2006-2008, Anualidade 2006, partida 06/911.911.762.45 para financiar a obra: Equipamentos Cafetería Cámping Maceira", co núm. 237/418 e con suxeición ás condicións seguintes: a. A Subvención concédese para colaborar na actuación citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b. Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación de dita actuación, mediante a presentación da documentación correspondente, que terá que axustarse estritamente ás bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c. Os Servizos Técnicos Provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d. As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2007, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e. Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f. O pago da subvención, so se efectuará unha vez que se teña acreditado estar ó corrente das obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 19.14395.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CANGAS PARA A REALIZACIÓN DE DIVERSAS OBRAS DE MELLORA NAS ESTRADAS Visto que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Cangas coa finalidade de realizar obras de melloras nas estradas, e cuxo custo se estima na cantidade de cincocentos oitenta e nove mil trescentos vinte e cinco euros con sete céntimos (589.325,07 ¤). E vistos así mesmo os informes emitidos polo Sr. Secretario e Intervención de datas 17 e 20 de outubro de 2006, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cangas para a realización de diversas obras de melloras nas estradas. Así mesmo, facúltase ó presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CANGAS PARA A REALIZACIÓN DE DIVERSAS OBRAS En Cangas, a __________ de 2006 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. D. Jose Enrique Sotelo Villar, Alcalde-Presidente do Concello de Cangas, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPONEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido la Lei de contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cangas é posibilitar a realización e execución das seguintes obras: · E.P. 1003 RODEIRA-BOUBETA · E.P. 1001 CANGAS-COIROMAGDALENA, AVDA. LUGO Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a CINCOCENTOS OITENTA E NOVE MIL TRESCENTOS VINTE E CINCO EUROS CON SETE CENTIMOS (589.325,07 ¤) e comprenderá todos os gastos que derivan das obras a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes a redacción do Proxecto. Terceira.-Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico que serán financiadas con cargo a partida 06/511.511.612.02 do vixente Presuposto provincial as cantidades do ano 2006, sendo financiadas as cantidades das anualidades 2007 e 2008 coas partidas correspondentes dos exercicios futuros. As achegas do Concello xerarán crédito na partida sinalada no parágrafo anterior. Cuarta.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Cangas, mediante a achega das cantidades que se establecen de seguido: 2006 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra 179.359,80 ¤ 125.551,87 ¤ 107.615,88 ¤ Concello de Cangas 76.868,49 ¤ 53.807,94 ¤ 46.121,09 ¤ Investimento total 589.325,07 ¤ Quinta.- O Concello de Cangas, obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Sexta.- O Concello de Cangas comprométese ó mantemento dos tramos urbanos das obras obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de recepción de obras. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2008. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de PontevedraRafael Louzán Abal Polo Concello de CangasJose Enrique Sotelo Villar" ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 20.14396.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 17.13887 DA XUNTA DE GOBERNO DE 7 DE ABRIL DE 2006 Detectado un erro no cadro de distribución de subvencións, concedidas ó concello de Portas con cargo ó PAM/06-08, anualidades 2007 e 2008, da Xunta de Goberno do 7 de abril actual, acordo núm. 17.13887, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á súa rectificación, debendo figurar na anualidade 2007 a obra denominada "Asfaltado de pistas no Concello, 1ªfase", cun presuposto de 61.901,23 ¤, e na anualidade de 2008 "Asfaltado de pistas no concello, 2ª fase", cun presuposto de 52.615,60 ¤. A relación de obras subvencionadas ó Concello de Portas con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Total Subv. Materiais Escola San Xoán 21.852,00 16.388,22 16.388,22 Materiais auditorio ó aire Libre 21.471,31 16.102,68 16.102,68 Asfaltado de pistas no Concello, 1ª Fase 61.901,23 61.901,23 61.901,23 Asfalto de pistas no Concello, 2ª fase 52.615,60 52.615,60 52.615,60 43.323,31 32.490,90 61.901,23 61.901,23 52.615,60 52.615,60 147.007,73 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 21.14397.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 11.14370 DA XUNTA DE GOBERNO DE 13 DE OUTUBRO DE 2006 Visto o erro tipográfico padecido no texto do acordo 11.14370 adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión celebrada o 13 de outubro de 2006 referente ás devolucións das garantías definitivas das empresas Construcciones, Obras y Viales, S.A. e Explotación Minera de Campomarzo, S.A., constituídas para responder da primeira ampliación do lote 45, depositada na Tesourería Provincial o día 14/06/2005 e co nº de operación 200500061560 e da segunda ampliación do lote número 48, depositada na Tesourería Provincial o día 10/11/2005 e co nº de operación 200500102255, respectivamente, do concurso de subministro de materiais do ano 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar o mesmo no sentido de que: - onde di "... CONTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, (COVSA) S.A. A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de 5.768,00 euros, para responder do contrato do lote 45 para o subministro de materiais do ano 2005..." " ...EXPLOTACIÓN MINERA DE CAMPOMARZO S.A. A constituída en metálico, por importe de 66,90 euros para responder da segunda ampliación do lote 48 do subministro de materias do ano 2005..." - debe dicir "... CONTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de 5.768,00 euros, para responder do contrato da 1ª Ampliación do lote 45 para o subministro de materiais do ano 2005..." " ...EXPLOTACIÓN MINERA DE CAMPOMARZO S.A. A constituída en metálico, por importe de 66,90 euros para responder da segunda ampliación do lote 46 do subministro de materias do ano 2005..." Permanecendo invariable o resto do texto no acorda da Xunta de Goberno citado. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 22.14398.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 13.14127 DA XUNTA DE GOBERNO DE 7 DE XULLO DE 2006 Resultando que advertido erro material no acordo da Xunta de Goberno número 13.14127, de 7 de xullo de 2006, sobre execución de sentenza ditada en Procedemento Abreviado 60/06, promovido por D. Manuel Álvarez Araujo. Considerando o disposto no art. 105,2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o acordo número 13.14127 de 7 de xullo de 2006 relativo a execución de sentenza ditada no Procedemento Abreviado 60/06, promovido por D. Manuel Álvarez Araujo no sentido seguinte: Parágrafo primeiro, liña segunda, onde di "... ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ...", debe dicir "... ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra", corrixíndose así o erro material padecido. ------ Folla: 23.14399.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as nove horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición