Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-12-05_Ordinaria. Acta de sesión 2006/12/05_Ordinaria
Acta de sesión 2006/12/05_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/2.2006-12-05_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/12/05_Ordinaria
Data(s) 2006-12-05 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas do día cinco de decembro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Julio Souto Diz. Non asiste a señora deputada Dona María Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14564.- APROBACIÓN DE GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DA CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE BAIONA NO PROGRAMA PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL 2004, PARA ACTUACIÓN Nº3, DENOMINADA "REVISIÓN PGOU E CARTOGRAFÍA", POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da xustificación da subvención do concello de Baiona e á vista do informe de Intervención de data 19 de novembro dos correntes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de 24.000,00 ¤, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito Concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 06/911.911.462.09.2004, como pago da subvención concedida ó mesmo, para actuación nº3, denominada "Revisión PGOU e cartografía", incluída no PUG/04. ------ Folla: 2.14565.- CORRECIÓN DE ERRO EXISTENTE NO ACORDO Nº4.14322 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 29/09/06 Dado que a adquisición do "Camión de recollida de residuos sólidos urbanos", obxecto do Convenio formalizado entre a Deputación e o concello de Arbo, vai a ser realizada polo citado concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a modificación do acordo nº 4.14322 da sesión de esta de 29 de setembro pasado, anulando a condición c) e sendo a súa redacción definitiva a seguinte: "En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó concello e Arbo unha subvención por importe de sesenta e nove mil setecentos catorce euros (69.714,00 ¤) - Libre disposición-, con cargo ó Programa de Acción Municipal 2006, Partida 06/911.911.762.45 para financiar a "Adquisición dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos", co núm. 239/159 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na compra do camión, mediante convenio, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requiriráselle a previa xustificación da adquisición, que terá que axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión e o convenio aprobado para a súa adquisición." ------ Folla: 3.14566.- CORRECIÓN DE ERRO EXISTENTE NO ORZAMENTO DA OBRA Nº69, DENOMINADA "ALCANTARILLADO EN PORTELIÑA", DO CONCELLO DE MOS, SUBVENCIONADA CON CARGO Ó PAM/2006-08, ANUALIDADE 2006, E MODIFICACIÓN DO IMPORTE DA SUBVENCIÓN Detectado un erro no Presuposto da obra "Alcantarillado en Porteliña", subvencionada ó Concello de Mos por acordo nº 17.13887, da Xunta de Goberno de 7 de abril pasado, con cargo ó PAM/06-08, anualidade de 2006, na que figuraba a cantidade de 42.080,37 ¤, debendo figurar o importe de 42.067,84 ¤, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder a súa modificación, ó igual que a subvención. A relación de obras subvencionadas ó Concello de Mos con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Total Subv. Parque infantil San Rafael en Pereiras 5.883,40 5.883,40 5.883,40 Pavimentación de viario e beirarrúas en Herville-Cela 64.116,60 64.116,60 64.116,60 Alcantarillado en Porteliña 42.067,84 42.067,84 42.067,84 Alcantarillado en Amieirolongo-Sanguiñeda 46.373,31 46.373,31 46.373,31 Alcantarillado en Regadas 77.794,11 63.232,28 63.232,28 Alcantarillado en Castro 44.786,85 44.786,85 44.786,85 Alcantarillado en Castro Gándara 59.141,56 59.141,56 59.141,56 Pavimentación vial en Bosende 53.515,06 53.515,06 53.515,06 Acondicionamento e pavimentación de rotonda Estrada da Vía-Dornelas 25.085,21 25.085,21 25.085,21 Urbanización Víal Acceso a Catín 82.514,49 82.514,49 82.514,49 Urbanización de Praza en Amieirolongo-Sanguiñeda 20.387,63 20.387,63 20.387,63 112.067,84 112.067,84 228.095,83 213.534,00 181.502,39 181.502,39 507.104,23 ------ Folla: 4.14567.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE LALÍN, PARA A XUSTIFICACIÓN DA ACTUACIÓN "TRABALLOS ELABORACIÓN CARTOGRAFÍA BASE PARA PXOM", INCLUÍDA NO PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL 2005 Á vista da solicitude do Concello de Lalín, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución da actuación incluída no Programa Planeamento Urbanístico Xeral 2005, subvencionada con 15.000,00¤, denominada: "Traballos elaboración cartografía base para PXOM", a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a mesma. Esta prórroga concédese ata o 20 de decembro de 2007. ------ Folla: 5.14568.- MODIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA "ADQUISICIÓN DE TERREOS PARA PARQUES PÚBLICOS", DO CONCELLO DE MONDARIZ, CON CARGO Ó PAM/2006, E APLICAR O REMANENTE NAS OBRAS "SINALIZACIÓN VERTICAL 23 PANEIS" E "VALO CON PASAMÁNS EN PASEO LAREDO A petición do Concello de Mondariz, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a modificación da subvención de 87.203,71 ¤ incluída no PAM 2006, para "ADQUISICIÓN DE TERREOS PARA PARQUES PÚBLICOS", por 61.344,00 ¤, e aplicar o remanente de 25.859,71 ¤ da seguinte forma: na obra "SINALIZACIÓN VERTICAL 23 PANEIS" 15.183,07 ¤, e na obra "VALO CON PASAMÁNS EN PASEO LAREDO" 10.676,64 ¤, quedando suxeitas ás condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó Concello de Mondariz con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Total Subv. Adquisición de terreos para Parques Públicos 61.344,00 61.344,00 61.344,00 Sinalización vertical 23 paneis 15.183,07 15.183,07 15.183,07 Valo con pasamáns en paseo Laredo 10.676,64 10.676,64 10.676,64 Saneamento Barrio de Cernadela (Parroquia de Riofrío) 307.356,57 166.139,32 141.217,25 307.356,57 87.203,71 87.203,71 307.356,57 166.139,32 141.217,25 394.560,28 ------ Folla: 6.14569.- MODIFICACIÓN DO ORZAMENTO DA OBRA "2ª FASE CASA CULTURAL DE MAVIA", DO CONCELLO DE OIA, SUBVENCIONADA CON CARGO Ó PAM/2006 A petición do Concello de Oia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a modificación do presuposto da obra incluída no PAM 2006, denominada "2ª FASE CASA CULTURAL DE MAVIA", de 15.932,80 ¤, pola cantidade de 126.608,81 ¤, quedando suxeitas ás condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó Concello de Oia con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Total Subv. 2ª. Fase de acceso, Pavimentación, alcantarillado e iluminación da Praza Pública de Burgueira 25.409,76 25.409,76 25.409,76 Colocación de Barandilla no Eirado de Mougás 6.372,51 4.779,38 4.779,38 Enlosado de pedra e adoquín na Praza de Loureza 29.998,00 22.498,50 22.498,50 Colocación de sinais de tráfico e espellos no municipio 2.428,98 1.821,74 1.821,74 Restauración en Eirado de Mougás 9.000,00 6.750,00 6.750,00 Casa Cultura Mavia. 2ª. Fase 126.608,81 11.949,87 11.949,87 Pavimentación camiño de Fabes en Mougás 29.659,67 29.659,67 29.659,67 Acceso a cemiterio de Burgueira 10.755,06 10.755,06 10.755,06 Pavimentación camiños Pelame, Chavella, Naro 27.362,73 27.362,73 27.362,73 Pavimentación camiño da escola en Viladesuso 26.251,07 26.251,07 26.251,07 Pavimentación camiños en Eido de Arriba, Torroñas 20.195,95 20.195,95 20.195,95 Casa cultural da Portela, 2ª. Fase 25.481,00 19.110,00 19.110,00 Colocación de sinais de tráfico e espellos no municipio 6.142,79 6.142,79 6.142,79 Pavimentación camiño de Mourouzo en Pedornes 28.696,00 28.696,00 28.696,00 Pavimentación camiño Praza de Acevedo 29.488,10 29.488,10 29.488,10 Colocación de barandilla no recinto de festas de Torroña 11.474,24 8.605,25 8.605,25 Ensanche do camiño de Argaceiros, Stª. María de Oia 9.573,84 9.573,84 9.573,84 Ensanche do camiño Cruña, Mougás 7.758,79 7.758,79 7.758,79 Ensanche do camiño Roderas. Viladesuso 29.338,66 29.338,66 29.338,66 Ensanche do camiño da Bouza en Torroña 5.093,21 5.093,21 5.093,21 199.818,06 73.209,25 145.848,27 139.477,27 121.422,84 118.553,85 331.240,37 ------ Folla: 7.14570.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA "ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE" E "SUBMINISTRO DE MATERIAIS" CON DESTINO A TRABALLOS DE INFRAESTRUTURAS, BENS NATURAIS E OUTRAS OBRAS DURANTE O ANO 2007. Visto o expediente tramitado ó efecto a proposta do Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria polo que se solicita a contratación de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais con destino á realización de traballos de infraestruturas, bens naturais e outras obras, durante o ano 2007, cuxa execución se axustará ó establecido no prego de prescricións técnicas. Visto o prego de cláusulas administrativas particulares de data 1 de decembro de 2006, que conta co informe favorable do Sr. Secretario Xeral, e no que se fai constar na cláusula XII do mesmo que "A adxudicación queda condicionada á aprobación definitiva do Presuposto Provincial para o exercicio de 2007", a efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 69.4. do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, en canto á existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas do contrato no exercicio 2007. Visto o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data, 4 de decembro de 2006, que figura no expediente. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, do "Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte" e "Subministro de materiais", para a realización de traballos de infraestruturas, bens naturais e outras obras durante o ano 2007, por un tipo máximo de licitación de 1.043.150,00 euros, para o aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e de 1.747.900,00 euros para o subministro de materiais, IVE incluído, condicionando a adxudicación dos diversos lotes que forman parte do concurso e que a continuación se relacionan, á aprobación definitiva do Presuposto Provincial para o exercicio de 2007, e á existencia de crédito adecuado e suficiente nas partidas 07/511.511.210.00, 07/511.511.210.01 e 07/511.511.210.02 do mesmo, de conformidade co establecido no artigo 69 apartados 3 e 4 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño. ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE LOTE Nº 1 800 H. de motoniveladora de 125 CV. a 59,00 ¤/h. 47.200,00 ¤ LOTE Nº 2 800 H. de motoniveladora de 125 CV. a 59,00 ¤/h. 47.200,00 ¤ LOTE Nº 3 800 H. de motoniveladora de 125 CV. a 59,00 ¤/h. 47.200,00 ¤ LOTE Nº 4 600 H. de rolo vibrador de 10 Tm. a 30,00 ¤/h. 18.000,00 ¤ LOTE Nº 5 600 H. de rolo vibrador de 10 Tm. a 30,00 ¤/h. 18.000,00 ¤ LOTE Nº 6 600 H. de rolo vibrador de 10 Tm. a 30,00 ¤/h. 18.000,00 ¤ LOTE Nº 7 600 H. de rolo vibrador de 10 Tm. a 30,00 ¤/h. 18.000,00 ¤ LOTE Nº 8 800 H. de retro pala 4 x 4 de 70 CV. a 35,00 ¤/h. 28.000,00 ¤ LOTE Nº 9 800 H. de retro pala 4 x 4 de 70 CV. a 35,00 ¤/h. 28.000,00 ¤ LOTE Nº 10 800 H. de retro pala 4 x 4 de 70 CV. a 35,00 ¤/h. 28.000,00 ¤ LOTE Nº 11 800 H. de retro pala 4 x 4 de 70 CV. a 35,00 ¤/h. 28.000,00 ¤ LOTE Nº 12 650 H. de retro pala 4 x 4 (con martelo) a 37,00 ¤/h. 24.050,00 ¤ LOTE Nº 13 600 H. de retro Exc.(1 m3. cazo)de 100 CV. a 45,00 ¤/h. 27.000,00 ¤ LOTE Nº 14 400 H. de retro Exc.(con martelo) 150 CV a 55,00 ¤/h. 22.000,00 ¤ LOTE Nº 15 500 H. de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. a 41,00 ¤/h. 20.500,00 ¤ LOTE Nº 16 500 H. de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts a 41,00 ¤/h 20.500,00 ¤ LOTE Nº 17 500 H. de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. a 41,00 ¤/h 20.500,00 ¤ LOTE Nº 18 500 H. de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. a 41,00 ¤/h. 20.500,00 ¤ LOTE Nº 19 500 H. de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. a 41,00 ¤/h 20.500,00 ¤ LOTE Nº 20 500 H. de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. a 41,00 ¤/h. 20.500,00 ¤ LOTE Nº 21 700 H. de pala rodas (2 m3.cazo) 130 CV a 39,00 ¤/h. 27.300,00 ¤ LOTE Nº 22 600 H. de pala de cadeas de 130 CV. a 43,00 ¤/h. 25.800,00 ¤ LOTE Nº 23 500 H. de Bulldozer de 150 CV. a 60,00 ¤/h. 30.000,00 ¤ LOTE Nº 24 600 H. de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. a 36,50 ¤/h. 21.900,00 ¤ LOTE Nº 25 600 H. de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. a 36,50 ¤/h. 21.900,00 ¤ LOTE Nº 26 600 H. de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. a 36,50 ¤/h. 21.900,00 ¤ LOTE Nº 27 600 H. de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. a 36,50 ¤/h. 21.900,00 ¤ LOTE Nº 28 700 H. de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. a 30,00 ¤/h. 21.000,00 ¤ LOTE Nº 29 700 H. de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. a 30,00 ¤/h. 21.000,00 ¤ LOTE Nº 30 700 H. de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. a 30,00 ¤/h. 21.000,00 ¤ LOTE Nº 31 700 H. de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. a 30,00 ¤/h. 21.000,00 ¤ LOTE Nº 32 700 H. de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. a 30,00 ¤/h. 21.000,00 ¤ LOTE Nº 33 700 H. de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. a 30,00 ¤/h 21.000,00 ¤ LOTE Nº 34 500 H. de cisterna asfáltica de 8 Tm. a 40,00 ¤/h. 20.000,00 ¤ LOTE Nº 35 600 H. de camión góndola de 40 Tm. a 48,00 ¤/h. 28.800,00 ¤ LOTE Nº 36 500 H. de camión art. PMA 36/40 Tm. a 44,00 ¤/h. 22.000,00 ¤ LOTE Nº 37 500 H. de camión art. PMA 36/40 Tm. a 44,00 ¤/h. 22.000,00 ¤ LOTE Nº 38 500 H. de camión art. PMA 36/40 Tm. a 44,00 ¤/h. 22.000,00 ¤ LOTE Nº 39 500 H. de camión art. PMA 36/40 Tm. a 44,00 ¤/h. 22.000,00 ¤ LOTE Nº 40 500 H. de camión art. PMA 36/40 Tm. a 44,00 ¤/h. 22.000,00 ¤ LOTE Nº 41 500 H. de camión art. PMA 36/40 Tm. a 44,00 ¤/h. 22.000,00 ¤ LOTE Nº 42 500 H. de camión art. PMA 36/40 Tm. a 44,00 ¤/h 22.000,00 ¤ LOTE Nº 43 500 H. de camión art. PMA 36/40 Tm. a 44,00 ¤/h 22.000,00 ¤ SUBMINISTRO DE MATERIAIS LOTE Nº 44 200 Tm. de emulsión ECM-1 a 260,00 ¤/Tm 52.000,00 ¤ LOTE Nº 45 200 Tm. de emulsión ECM-1 a 260,00 ¤/Tm 52.000,00 ¤ LOTE Nº 46 200 Tm. de emulsión ECM-1 a 260,00 ¤/Tm 52.000,00 ¤ LOTE Nº 47 250 Tm. de emulsión ECR-2 a 250,00 ¤/Tm 62.500,00 ¤ LOTE Nº 48 250 Tm. de emulsión ECR-2 a 250,00 ¤/Tm 62.500,00 ¤ LOTE Nº 49 250 Tm. de emulsión ECR-2 a 250,00 ¤/Tm 62.500,00 ¤ LOTE Nº 50 100 Tm. de emulsión ECM-1 a 270,00 ¤/Tm 27.000,00 ¤ LOTE Nº 51 A 800 Tm. de emulsión ECM-especial a 290,00 ¤/Tm 232.000,00 ¤ 51 B 4.000 Tm. de árido 0/6 en betume quente a 28,00 ¤/Tm 112.000,00 ¤ LOTE Nº 52 1.000 Tm. de árido 0/6 a 14,00 ¤/Tm 14.000,00 ¤ LOTE Nº 53 6.900 Tm. de árido 2/6 ó 6/12 a 15,00 ¤/Tm 103.500,00 ¤ LOTE Nº 54 6.900 Tm. de árido 2/6 ó 6/12 a 15,00 ¤/Tm 103.500,00 ¤ LOTE Nº 55 6.900 Tm. de árido 2/6 ó 6/12 a 15,00 ¤/Tm 103.500,00 ¤ LOTE Nº 56 6.900 Tm. de árido 2/6 ó 6/12 a 15,00 ¤/Tm 103.500,00 ¤ LOTE Nº 57 6.750 Tm. de árido 40/63 a 15,00 ¤/Tm 101.250,00 ¤ LOTE Nº 58 6.750 Tm. de árido 40/63 a 15,00 ¤/Tm 101.250,00 ¤ LOTE Nº 59 6.750 Tm. de árido 40/63 a 15,00 ¤/Tm 101.250,00 ¤ LOTE Nº 60 5.000 Tm. de zahorra ZA-0/40 a 9,00 ¤/Tm 45.000,00 ¤ LOTE Nº 61 4.000 Tm. de mestura bituminosa enquente tipo D-12 con árido granítico a 31,00 ¤/Tm 124.000,00 ¤ LOTE Nº 62 200 m3. de formigón H-175 árido 25 a 76,00 ¤/m3 15.200,00 ¤ LOTE Nº 63 100 m2. muro mampostería pedra granítica 2 a 60,00 ¤/m 6.000,00 ¤ LOTE Nº 64 2.650 m3. escavación en roca con voadura a 20,00 ¤/m3 53.000,00 ¤ LOTE Nº 65 A 50 Tubos formigón de 1 m. Æ 100 a 38,00 ¤/Ud 1.900,00 ¤ 65 B 300 Tubos formigón de 1 m. Æ 60 a 18,00 ¤/Ud 5.400,00 ¤ 65 C 400 Tubos formigón de 1 m. Æ 50 a 16,00 ¤/Ud 6.400,00 ¤ 65 D 800 Tubos formigón de 1 m. Æ 40 a 12,00 ¤/Ud 9.600,00 ¤ LOTE Nº 66 50 Tubos P.V.C. de 3 m., Æ 315de 6,2 de espesor xunta incluída a 76,00 ¤/Ud 3.800,00 ¤ LOTE Nº 67 A 25.000 ml. de pintura sinalizaciónhorizontal ancho de banda 0,15 a 0,80 ¤/ml 20.000,00 ¤ 67 B 12.500 ml. de pintura sinalizaciónhorizontal ancho de banda 0,10 a 0,70 ¤/ml 8.750,00 ¤ 67 C 100 m2. de pintura cebreados,simboloxía, Stop, etc. a 26,00 ¤/m2 2.600,00 ¤ 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en devandito concurso. 3. Autorizar o gasto por importe global de 2.791.050,00 euros con cargo á partida 07/511.511.210 do Presuposto Provincial para 2007. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación dos citados alugamentos de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, a contar desde o seguinte ó da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE, COMO LEI FUNDAMENTAL DO CONTRATO, REXERÁ O CONCURSO TRAMITADO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, O "ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE" E "SUBMINISTRO DE MATERIAIS", DURANTE O EXERCICIO DE 2007 I.- OBXECTO DO CONTRATO É obxecto do contrato o "ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE" e "SUBMINISTRO DE MATERIAIS", para traballos de infraestruturas, bens naturais e outras obras, durante o ano de 2007, de conformidade coas prescricións técnicas contidas no Anexo I. Os lotes poderán ser ampliados sempre que exista consignación no vixente Presuposto e informe favorable de Intervención, previa autorización do Órgano de Contratación, mantendo o prezo de adxudicación por concurso. Así mesmo poderase traspasar dun lote a outro, ou no mesmo lote, subministros de material ou do alugamento de maquinaria e vehículos de transporte das mesmas características, sempre que non supoña incremento algún do custo total e coa previa autorización do Órgano de Contratación. II.- FINANCIAMENTO DO SUBMINISTRO O alugamento e subministro obxecto do contrato financiarase con cargo á partida 511.511.210. do Presuposto Provincial de 2007. III.- PAGO DO PREZO DE ADXUDICACIÓN DO SUBMINISTRO O pago do prezo do remate efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas. IV.- CUMPRIMENTO DO CONTRATO O subministro efectuarase en calquera punto da provincia, segundo as características das obras a realizar, sempre que se manteña o mesmo prezo e se cumpran as previsións de Programación de conservación e mantemento de Infraestruturas. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o art. 190.1 do Real decreto lexislativo 2/2000 de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. V.- BASE OU TIPO DE LICITACIÓN O presuposto do contrato que servirá de base de licitación ascende a un total global de 1.043.150,00 euros (IVE incluído) para Alugamento de Maquinaria e Vehículos de Transporte, e de 1.747.900,00 euros (IVE incluído) para subministro de Materiais, de acordo co detalle e presuposto para cada lote que figuran no Anexo I. VI.-CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rdl 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de devandita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizado a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. VII.- GARANTÍA DEFINITIVA A garantía definitiva será do 4% do importe de adxudicación, e poderá constituírse de calquera das formas previstas no art. 36 da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Dita fianza haberá de ingresarse exclusivamente na Caixa desta Deputación. A constitución da garantía definitiva deberá acreditarse dentro dos 15 días naturais seguintes á notificación da adxudicación do concurso. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. VIII. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 8.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial, das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais a contar dende o seguinte ó da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincial ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 80 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e a hora de imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama no mesmo día. 8.2. Formalidades: As proposicións constarán de dous sobres pechados denominados A e B e en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, e o nome do licitador. A) Sobre A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final e presentarase pechado, podendo ser lacrado e precintado, a petición do interesado e deberá ter a seguinte inscrición: Proposición económica para o concurso de ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E SUBMINISTRO DE MATERIAIS. LOTE Nº ......... Cada licitador unicamente poderá presentar unha soa proposición por cada lote. Tampouco poderá subscribirse ningunha proposta de unión temporal con outros, se o fixo individualmente ou figuran en máis dunha unión temporal. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada no concurso. B) Sobre B, denominado "DE DOCUMENTOS", expresará a inscrición de: Documentos xerais para o concurso de ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E SUBMINISTRO DE MATERIAIS. LOTE Nº ......... . Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación, no seu caso, do asinante da proposición, consistentes en: 1.1. Documento Nacional de Identidade do licitador cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, por fotocopia compulsada por quen ostente a representación pública administrativa, ou Escritura de constitución da Sociedade Mercantil, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. 1.2. Poder debidamente bastanteado. 1.3. En caso de concorrer á licitación varias empresas, constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou Entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión ante a Administración. 2. Declaración do licitador, facendo constar que non se atopa incursa en ningunha das prohibicións para contratar enumeradas no art. 20 e concordantes da LCAP. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente no cumprimento das obrigacións tributarias e de seguridade social impostas polas disposicións vixentes. 4. Documentos acreditativos da solvencia técnica e económica: 4.1 Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou na súa falta seguro de indemnización por riscos profesionais. 4.2. Para as Sociedades balance ou extractos de balances. 4.3. Declaración das cifras de negocios globais de subministros realizados nos tres últimos exercicios. 4.4. Relación dos principais subministros efectuados durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e destino, público ou privado. 4.5. Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 4.6. Mostras nas ofertas para subministro de áridos. IX.- MESA DE CONTRATACIÓN. A Mesa de Contratación estará constituída do modo seguinte: Presidente, que o será o da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. Vogais: O interventor da Excma. Deputación Provincial. O secretario da Excma. Deputación Provincial. O enxeñeiro director do Servizo de Vías e Obras O xefe xeral do Parque de Maquinaria. Secretario: O técnico adxunto do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. X.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN E APERTURA DE PROPOSICIÓNS A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, se este fóra sábado o primeiro día hábil seguinte, procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores en sobres B, indicando ós licitadores excluídos as causas da súa exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, en acto público, o Secretario da Mesa procederá á apertura de sobres A e dará lectura das proposicións económicas formuladas e elevaraas ós Servizos Técnicos correspondentes a efectos de que emitan o preceptivo informe. XI.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán: - Menor prezo ofertado: ata 4 puntos. - Dispoñibilidade e antigüidade das máquinas e vehículos a utilizar na execución do contrato: ata 3 puntos. - Situación xeográfica da planta ou canteira e capacidade de subministro: ata 3 puntos. - Prazo de entrega do subministro: ata 2 puntos. - Outras melloras: ata 2 puntos. XII.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA Dado que se trata dunha tramitación anticipada da aprobación do expediente, a adxudicación definitiva queda condicionada á existencia de crédito e á aprobación definitiva do Presuposto Provincial para o exercicio de 2007, a efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 69 apartados 3 e 4 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño. O Órgano de Contratación, recibida a proposta de adxudicación da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, calquera que sexa o procedemento seguido e a forma de contratación empregada, será notificada ós participantes na licitación. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma indicadas na cláusula VII. XIII.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato de adxudicación do subministro en Documento Administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó de notificación da adxudicación, constituíndo título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, dito contrato administrativo poderá elevarse a Escritura Pública a petición do contratista e á súa costa. XIV.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO Serán de conta do adxudicatario os seguintes gastos: Os gastos dos anuncios e demais que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600,00 euros. XV.- REVISIÓN DE PREZOS Dada a duración do contrato non é aplicable ó mesmo a revisión de prezos. XVI.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA O contratista non terá dereito a que se lle indemnicen os danos que se lle produciron por perdas, avarías ou prexuízos nos bens antes da súa entrega, salvo que a Administración incorrera en mora ó recibilos. XVII.- GARANTÍA O prazo de garantía fíxase nun ano. XVIII.- RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA A Administración durante o prazo de garantía terá dereito á reposición ou reparación, se iso fose suficiente, dos bens subministrados que presenten vicios ou defectos. Durante o prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se a Administración constatase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista e fóra presumible que a súa reposición ou reparación non son suficientes para conseguir aquel fin, poderá, dentro daquel prazo, rexeitalos e deixalos a conta do contratista. XIX.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por algunha das causas de resolución anunciadas nos arts. 111 e 192 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño. XX.- RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no Rdl 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. XXI.- XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo Órgano de Contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso-Administrativa, a teor da Lei de dita xurisdición. XXII.- MODELO DE PROPOSICIÓN Don ...... maior de idade, veciño de ...... con domicilio en ...... titular do DNI nº ...... expedido con data ......, en nome propio ou en representación de ...... con C.I.F. nº ....... e. domicilio en ......., conforme acredito con poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante concurso, o "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" ou "Subministro de Materiais", Lote nº......, comprométese a realizalo, con suxeición ó Prego de Cláusulas Económico-Administrativas Particulares e de Prescricións Técnicas, nas seguintes condicións: Prezo ofertado polo Lote núm. ....... (en letra e número) ....... euros, a razón do prezo unitario de ....... euros. Outras melloras (relacionar as mesmas). Prazo de entrega do subministro (Indicar o mesmo). Dispoñibilidade e antigüidade das máquinas e vehículos (Indicar a mesma). Situación xeográfica da planta ou canteira e capacidade de subministro (Indicar a mesma). (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 8.14571.- XUSTIFICACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA AA.VV. NOSA TERRA DE MOS PARA "OBRAS DE ACONDICIONAMENTO LOCAL SOCIAL" Dada conta da xustificación da subvención concedida por RP nº 17381 de 12/12/05 á AA.VV. Nosa Terra de Mos para "Obras de acondicionamento do local social", por importe de 12.000,00 ¤, con cargo á partida 05/451.451.789.04, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por terse presentado a mesma fóra do prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 12.000,00 ¤, con cargo á partida 06/451.451.789.04.2005 do vixente Presuposto provincial. ------ Folla: 9.14572.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO A UN FUNCIONARIO De conformidade coa proposta de data 16 de outubro de 2.006, pola que o funcionario D. José Luís Castro Carpintero, arquiveiro-bibliotecario adscrito ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico solicita permiso e axuda económica para poder asistir a un programa de formación denominado "Para saber más: Programa de cursos de formación profesional"; e en concreto para asistir a tres cursos denominados: "Las normas de gestión de archivos", "Los documentos electrónicos en los archivos: normativa para su gestión" e "Previsión y sensibilidad: su influencia en la conservación de documentos de archivos y bibliotecas" que se celebrarán na Universidade de Salamanca, e que terán lugar ó longo do ano 2.006 e 2.007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, conceder ó funcionario D. José Luís Castro Carpintero o permiso solicitado e unha axuda económica, por este ano 2.006, correspondente ós gastos de inscrición do programa de formación e que ascende a 345,00 euros. Dita cantidade imputarase á partida 06/122.314.162.00 do vixente Presuposto provincial. ------ Folla: 10.14573.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.14574.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE Dª AMALIA REY GONZÁLEZ, VECIÑA DO CONCELLO DE VIGO Aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, unha subvención de 4.500,80 euros para "arranxo de vivenda" a favor de Dª Amalia Rey González, veciña do Concello de Vigo, e solicitada pola Traballadora Social do Servizo de Benestar Social do citado Concello o 02/11/06 unha prórroga para a devandita subvención ante a imposibilidade da beneficiaria de rematar as obras e a xustificación das mesmas no prazo esixido; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de marzo de 2007, respecto á subvención para "arranxo de vivenda" por importe de 4.500,80 euros, aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, a favor de Dª Amalia Rey González, veciña de Vigo. ------ Folla: 12.14575.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE Dª DOLORES PÉREZ ALONSO, VECIÑA DO CONCELLO DE VIGO Aprobada pola Xunta de Goberno de 28/07/06 unha subvención de 2.860,29 euros, para "arranxo de vivenda" a favor de Dª Dolores Pérez Alonso, veciña de Vigo, e solicitada polo Servizo de Benestar Social do citado Concello, unha prórroga para tal subvención ante a imposibilidade da beneficiaria de rematar as obras e a súa xustificación no prazo esixido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de marzo de 2007, respecto á subvención para "arranxo de vivenda" por importe de 2.860,29 euros, aprobada a favor de Dª Dolores Pérez Alonso, veciña de Vigo, pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006. ------ Folla: 13.14576.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE D. JOSÉ CARLOS COUSIDO FIGUEIRAS, VECIÑO DO CONCELLO DE MEIS Aprobada o 28 de xullo de 2006, pola Xunta de Goberno, unha subvención de "arranxo de vivenda" por importe de 3.714,29 euros, a favor de D. José Carlos Cousido Figueiras, veciño de Meis, e solicitada no mes de novembro do presente ano polo Sr. Alcalde do citado Concello, unha prórroga para tal subvención ante os problemas que lle xurdiron ó beneficiario, impedíndolle rematar as obras e a súa xustificación no tempo esixido; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de maio de 2007, para a subvención de "arranxo de vivenda" por importe de 3.714,29 euros, aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, a favor de D. José Carlos Cousido Figueiras, veciño do Concello de Meis. ------ Folla: 14.14577.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE Dª Mª CARMEN VÁZQUEZ BARREIRO, VECIÑA DO CONCELLO DE MEIS Aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, unha subvención de 1.068,03 euros de "arranxo de vivenda" a favor de Dª Mª Carmen Vázquez Barreiro, veciña de Meis, e solicitada polo Sr. Alcalde do devandito Concello, o 18/11/06 unha prórroga para tal subvención xa que por problemas xurdidos á beneficiaria non puido rematar as obras e a súa xustificación no prazo esixido; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de maio de 2007, para a subvención de "arranxo de vivenda" por importe de 1.068,03 euros a favor de Dª Mª Carmen Vázquez Barreiro, veciña de Meis, aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006. ------ Folla: 15.14578.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 22 DE XULLO DE 2005, A FAVOR DE Dª RAMONA OUTEDA GONZÁLEZ, VECIÑA DO CONCELLO DE MEIS Aprobada pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 22 de xullo de 2005, unha subvención de 1.428,57 euros a favor de Dª Ramona Outeda González, veciña do Concello de Meis, para "arranxo de vivenda" e solicitada o 18/11/06 prórroga para tal subvención polo Sr. Alcalde do devandito Concello, xa que por problemas xurdidos á beneficiaria non puido rematar as obras; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 31 de decembro de 2006, para a subvención de "arranxo de vivenda" por importe de 1.428,57 euros, aprobada pola Xunta de Goberno do 22 de xullo de 2005, a favor de Dª Ramona Outeda González, veciña do Concello de Meis. ------ Folla: 16.14579.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE Dª INOCENCIA ALVES GONÇALVES, VECIÑA DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS Aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, unha subvención de 4.594,01 euros, para "arranxo de vivenda" a favor de Dª Inocencia Alves Gonçalves, veciña do Concello de Caldas de Reis, e solicitada polo Sr. Alcalde de dito Concello o 21 de novembro do ano en curso, unha prórroga para tal subvención, xa que por problemas do construtor, a beneficiaria non puido rematar as obras e a xustificación correspondente no prazo esixido; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de xuño de 2007, respecto á subvención para "arranxo de vivenda" por importe de 4.594,01 euros, aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, a favor de Dª Inocencia Alves Gonçalves, veciña do Concello de Caldas de Reis. ------ Folla: 17.14580.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE Dª MANUELA OTERO SAAVEDRA, VECIÑA DE CALDAS DE REIS Aprobada pola Xunta de Goberno na súa sesión de 28/07/06, unha subvención de 2.439,31 euros a favor de Dª Manuela Otero Saavedra, veciña do Concello de Caldas de Reis, para arranxo da súa vivenda, e solicitada prórroga o 21/11/06 polo Sr. Alcalde do citado Concello, xa que por problema do construtor a beneficiaria non puido rematar as obras; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de xuño de 2007 respecto á subvención para "arranxo de vivenda" de 2.439,31 euros, aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, a favor de Dª Manuela Otero Saavedra, veciña do Concello de Caldas de Reis. ------ Folla: 18.14581.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE Dª CARMEN EIREA PENA, VECIÑA DE CALDAS DE REIS Aprobada o 28 de xullo de 2006, pola Xunta de Goberno una subvención de 2.233,07 euros a favor de Dª Mª Carmen Eirea Pena, veciña do Concello de Caldas de Reis, para arranxo da súa vivenda, e solicitada o 15/11/06 polo Sr. Alcalde do citado Concello unha prórroga para tal subvención, ante a imposibilidade da beneficiaria de rematar as obras e a xustificación correspondente no prazo esixido; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de xuño de 2007, para a subvención de "arranxo de vivenda" por importe de 2.233,07 euros a favor de Dª Mª Carmen Eirea Pena, veciña de Caldas de Reis, aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006. ------ Folla: 19.14582.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE Dª JOSEFA CASTRO CASAL, VECIÑA DE CALDAS DE REIS Aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, unha subvención de 900,70 euros a favor de Dª Josefa Castro Casal, veciña de Caldas de Reis, para arranxo da súa vivenda, e solicitada o 15/11/06 polo Sr. Alcalde do devandito Concello, unha prórroga ante a imposibilidade da beneficiaria de tal subvención de rematar as obras no prazo esixido; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de xuño de 2007, para a subvención de "arranxo de vivenda" a favor de Dª Josefa Castro Casal, veciña de Caldas de Reis, que por importe de 900,70 euros aprobou a Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006. ------ Folla: 20.14583.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE D. MANUEL CABADAS FREAZA, VECIÑO DO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES Aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, unha subvención para "arranxo de vivenda" por importe de 3.189,38 euros, a favor de D. Manuel Cabadas Freaza, veciño do Concello de Fornelos de Montes, e solicitada prórroga o 28/11/06 polo Sr. Alcalde do devandito Concello, para tal subvención ante a imposibilidade do beneficiario de rematar as obras e a súa xustificación no prazo esixido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de abril de 2007, respecto á subvención para "arranxo vivenda" que por importe de 3.189,38 euros aprobou a Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, a favor de D. Manuel Cabadas Freaza, veciño de Fornelos de Montes. ------ Folla: 21.14584.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE Dª ALEGRÍA PAZ PIÑEIRO, VECIÑA DO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES Aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo do presente ano, unha subvención para "arranxo de vivenda" de 1.152,31 euros a favor de Dª Alegria Paz Piñeiro, do Concello de Fornelos de Montes e solicitada polo Sr. Alcalde do devandito Concello, unha prórroga para tal subvención ante a imposibilidade para a súa beneficiaria de rematar as obras e a correspondente xustificación no prazo esixido; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de abril de 2007, para a subvención de "arranxo de vivenda" por importe de 1.152,31 euros, aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, a favor de Dª Alegria Paz Piñeiro, veciña do Concello de Fornelos de Montes. ------ Folla: 22.14585.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA "ASOC. DE MUJERES Y FAMILIAS DEL ÁMBITO RURAL GALLEGO-AMFAR GALICIA" DE LALÍN RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA CURSO DE "LICORES CASEIROS" APROBADA NO SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 23 DE XUÑO DE 2006 Aprobada pola Xunta de Goberno de 23 de xuño de 2006, unha subvención de 700,00 euros a favor da "Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego-AMFAR" de Lalín, para curso de "Licores caseiros" e comunicada por tal Asociación a súa renuncia a tal subvención o 30 de novembro de 2006, ante os problemas da mesma para financiar o custo total do curso, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da "Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego-AMFAR" de Lalín, á subvención de 700,00 euros, aprobada no seu favor pola Xunta de Goberno de 23 de xuño de 2006, para curso "Licores caseiros". ------
Ãrea de notas
Nota