ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2006/11/17_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/2.2006-11-17_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/11/17_Ordinaria

  • Data(s) 2006-11-17 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e vinte minutos do día dezasete de novembro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. José Juan Durán Hermida e D. Ramón Campos Durán, escusando as súas ausencias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14473.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 10 de novembro de 2006. ------ Folla: 2.14474.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA "ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA, CONSUMIDORES E USUARIOS DE TUI", Á SUBVENCIÓN PARA "CURSO DE RESTAURACIÓN DE MOBLES", CONCEDIDA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 23/06/06 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de 23 de xuño de 2006 unha subvención por importe de 700 euros para curso de "Restauración de mobles" a favor da "Asociación de Amas de Casa, Consumidores y Usuarios de Tui", e comunicada o 8 de novembro de 2006, pola citada Asociación a súa renuncia á subvención outorgada no seu día por imposibilidade de reanudar o curso dende o mes de maio e incumprindo as horas mínimas do curso previstas nas Bases da convocatoria, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da "Asociación de Amas de Casa, Consumidores y Usuarios de Tui", á subvención de 700 euros, concedida pola Xunta de Goberno de 23 de xuño de 2006, para curso de "Restauración de mobles" de 117 horas. ------ Folla: 3.14475.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓNS A FONDO PERDIDO PARA "ARRANXO DE VIVENDA" A FAVOR DE VECIÑOS DOS CONCELLOS QUE FIXERON MAIOR ACHEGA Aprobadas por sucesivas Xuntas de Goberno desta Deputación Provincial, as subvencións para "Arranxo de vivenda, ano 2006" por importe total de 275.652,85 ¤, quedando un sobrante na partida 06/313.313.780.01 de 6.347,15 ¤, e a vista do informe da Traballadora Social de 07/11/06 e o informe de fiscalización do 13 do mesmo mes, de conformidade coa Base 2ª da convocatoria e do artigo 109 da lei da Administración Local de Galicia e o artigo 22 da Lei 4/1993 de Servizos Sociais de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación das subvencións a fondo perdido para "arranxo de vivenda" por importe de 6.113,85 ¤, a favor dos veciños dos concellos de Barro e Catoira, para as obras e polos importes individuais que se detallan no cadro adxunto: "PROPOSTA DE AXUDAS DE ARRANXO DE VIVENDA, ANO 2006 PARA CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 Hbts. QUE REALIZARON UNHAMAIOR ACHEGA Concello Beneficiario Achegas Deputación Contía a Xustificar Polo Concello Obxecto da Axuda Observacións BARRO Benigno Constenla Fontán 123,85 123,85 Colocación de Porta Axuda Complementaria María Outeda Castrelos 1.454,32 1.454,32 Reformas Interiores, Portas e Remate da Obra Axuda Complementaria Manuel Caramés Castro 1.508,00 1.508,00 Instalación Eléctrica TOTAIS BARRO 3.086,17 3.086,17 Catoira Jose Luis Loureiro Rodríguez 3.027,68 3.027,68 Mellora de Cuberta e Carpintería Exterior de Aluminio TOTAIS CATOIRA 3.027,68 3.027,68 Totais Concellos 6.113,85 6.113,85 " ------ Folla: 4.14476.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d. lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: TOPOGALICIA, S.L. (C.I.F. B.36.380.269) - A constituída en metálico, por importe de novecentos oito euros (908,00 ¤), para responder de "Asistencia técnica de topografía para redacción do Proxecto da E.P. PORTELA - SOUTO DE VEA (A ESTRADA)", (Fondos Propios - 2005), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/01/2006 segundo núm.200600003573 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. UTE BATAN ARENAL, SL - LUIS TABOADA (M.I. A NOME DE LUIS TABOADA (NIF. B.36.278.471) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de once mil setecentos cincuenta e nove euros con sesenta e catro céntimos (11.759,64 ¤), para responder de "Dotación de servizos no Poligono Industrial de Camballón (Vila de Cruces), (Fondos Propios de 2001), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/08/2001 segundo núm.200100038749 (SIC 2001 042111) de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES CASAS NOVAS, S.L. (N.I.F. B.36.026.771) - A constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de dous mil oitocentos vinte e oito euros con cincuenta e cinco céntimos (2.828,55 ¤), para responder de "Construcción de ponte na E.P. 7202 Pereira-Acibeiro (Forcarei)", (Fondos Propios de 2003), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/06/2003 segundo núm.200300047014 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. UTE OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO SL - TRANSPORTES Y MAQUINARIA, CP SL (NIF G.36.443.331) - A constituída en valores, mediante aval de Asefa, S.A, por importe de cinco mil trescentos oito euros con oitenta e oito céntimos (5.308,88 ¤), para responder de "E.P. 0016 Porta de Sol - Castelo (Pontevedra)", (Fondos Propios de 2003), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/08/2003 segundo núm.200300061876 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. UTE OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO, S.L. - EIRIÑA, S.L. (N.I.F. G.36.419.158) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cinco mil novecentos oitenta e seis euros con oito céntimos (5.986,08 ¤), para responder de "Proxecto modificado E.P. 9302 Xil-Cobas-Barrantes (Meis)", (Fondos Propios de 2001), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/12/2001 segundo núm.200100201604 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caja Madrid, por importe de nove mil douscentos setenta e nove euros con corenta e sete céntimos (9.279,47 ¤), para responder de "E.P. 1001 Cangas- Coiro- Magdalena (Cangas)", (Fondos Propios de 2002), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/09/2002 segundo núm.200200076521 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caja Madrid, por importe de seis mil novecentos setenta e seis euros con setenta e dous céntimos (6.976,72 ¤), para responder de "E.P. 1008 Hío - Vilanova (Cangas)", (Fondos Propios de 2002), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/09/2002 segundo núm.200200076522 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES,S.A. (COVSA) (N.I.F. A.36.008.886) - A constituída en valores, mediante aval do Banco Pastor, por importe de dous mil trescentos noventa e seis euros (2.396,00 ¤), para responder de "Saneos e corrección de peraltes na EP 8001 Carracedo-Catoira (Catoira)", (Fondos Propios de 2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/01/2005 segundo núm200500005266 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de ACC Seguros, por importe de trinta e dous mil douscentos setenta e tres euros con sesenta e tres céntimos (32.273,63 ¤), para responder de "Modificado de acondicionamento e urbanización da EP N-541 Montecelo - C-550 (Pontevedra)", (Convenio co Concello-2000), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/05/2001 segundo núm.200100023028 (SIC 2001025313) de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 ¤), para responder de "Reposición servizos afectados EP Sanxenxo-Meaño", (Fondos Propios de 2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/05/2005 segundo núm.200500049658 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil trescentos noventa e seis euros (2.396,00 ¤), para responder de "Ensanche EP Goulla- Porráns Tramo Romai-Portas (Portas)", (Fondos Propios de 2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/05/2005 segundo núm. 200500049657 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil novecentos noventa e tres euros con catro céntimos (2.993,04 ¤), para responder de "EP Sanxenxo-Meaño (Sanxenxo)", (Fondos Propios de 2001), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/10/2001 segundo núm.200100053199 (SIC 2001057812) de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de mil oitocentos setenta e seis euros con corenta céntimos (1.876,40 ¤), para responder de "Canalización eléctrica e de telefonía EP Coirón-Leiro. Tramo Cruceiro vello Freixo", (Fondos Propios de 2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/06/2004 segundo núm.200400038462 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de dous mil trescentos trinta e sete euros con vinte e sete céntimos (2.337,27 ¤), para responder de "Traslado de peches e muros na EP Coirón-Ribadumia-Leiro. Tramo Vía rápida - Variante (Ribadumia)", (Fondos Propios de 2003), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/07/2003 segundo núm. 200300054707 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Barclays Bank, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 ¤), para responder de "Muros de contención e sostemento en EP Cuntis-Cequeril (Cuntis)", (Fondos Propios de 2005), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/07/2005 segundo núm. 200500067982 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa - A constituída en valores, mediante aval de Barclays Bank, por importe de dous mil cento cincuenta e seis euros (2.156,00 ¤), para responder de "Movemento de terras na EP Samieira-Busto (Poio)", (Fondos Propios de 2005), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/07/2005 segundo núm. 200500067981 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Banco Atlántico, por importe de quince mil cinco euros con noventa e un céntimos (15.005,91 ¤), para responder de "EP 7007 Couso-San Miguel de Barcala (A Estrada)", (Fondos Propios de 2003), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/07/2003 segundo núm.200300051446 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sabadell Atlántico, por importe de mil seiscentos cincuenta e seis euros (1.656,00 ¤), para responder de "Urbanización tramo Sergas-Montecelo", (Fondos Propios de 2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/01/2005 segundo núm. 200500002472 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sabadell Atlántico, por importe de mil novecentos sesenta euros (1.960,00 ¤), para responder de "Mellora capa de rodadura EP 8704 Catoira-Estación e remate EP 8702 Catoira-Torres do Oeste (Catoira) ", (Fondos Propios de 2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/01/2005 segundo núm.200500002474 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de tres mil seiscentos cincuenta euros con corenta céntimos (3.650,40 ¤), para responder de "EP 5601 Tramo r/ Lugo- Espíritu Santo (Cangas)", (Fondos Propios de 1997), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/10/1997 segundo núm. 1997042017 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de mil novecentos sesenta e dous euros con noventa e un céntimos (1.962,91 ¤), para responder de "EP 8702 Catoira- Torres do Oeste (Catoira)", (Fondos Propios de 2002), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/12/2002 segundo núm.200200107094 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de once mil douscentos cincuenta euros con oitenta e dous céntimos (11.250,82 ¤), para responder de "EP 9407 Goulla-Porráns (Meis - Portas - Barro)", (Fondos Propios de 2002), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/04/2003 segundo núm.200300027984 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos dezaoito euros con sesenta céntimos (2.318,60 ¤), para responder de "Mellora capa rodadura e alumeado EP 0008 Acceso a Montecelo (Pontevedra)", (Fondos Propios de 2003), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/08/2003 segundo núm.200300061250 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos catro euros (2.304,00 ¤), para responder de "Mellora avenida orillamar (O Grove)", (Fondos Propios de 2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/06/2005 segundo núm.200500062277 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (N.I.F. A.36.001.063): - A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de dous mil douscentos oitenta e dous euros con sesenta e catro céntimos (2.282,64 ¤), para responder de "E.P. Marco-Tomeza-Figueirido (Pontevedra)", (Fondos Propios de 2001), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/01/2002 segundo núm.200200003899 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de tres mil setecentos trinta e catro euros con oitenta céntimos (3.734,80 ¤), para responder de "E.P. Estrada-Ouzande (A Estrada)", (Fondos Propios de 2002), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/09/2002 segundo núm.200200075887 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. MOTIVO JCB GALICIA, S.A. (N.I.F. A.15.418.551) - A constituída en valores, mediante aval de Banco Atlántico, por importe de cinco mil catrocentos sete euros con trinta e dous céntimos (5.407,32 ¤), para responder de "Subministro dunha escavadora de rodas (Lote nº3)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/02/2006 segundo núm. 200300009247 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 5.14477.- APROBACIÓN DE GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE LALÍN NO PAM/04, PARA A OBRA Nº129/565, DENOMINADA "INSTALACIÓNS DEPORTIVAS EN PAVILLÓN COMARCAL", POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación técnica nº 2, do Concello de Lalín, e á vista do informe de Intervención de data 9 de novembro dos correntes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de 11.905,48 ¤, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito Concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 06/911.911.762.45.2004, como pagamento de parte da subvención de 57.000,00 ¤, concedida ó mesmo, para a obra nº 129/565, denominada "Instalacións deportivas en pavillón comarcal". ------ Folla: 6.14478.- APROBACIÓN DE GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE RODEIRO NO PAM/04, PARA A OBRA Nº58/521, DENOMINADA "PAVIMENTACIÓN CAMIÑOS ALTO DO FARO-PEDROSO E RODEIRO-A VEIGA", POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación técnica nº 2, do Concello de Rodeiro, e á vista do informe de Intervención de data 9 de novembro dos correntes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de 33.799,56 ¤, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito Concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 06/911.911.762.45.2004, como pagamento de parte da subvención de 108.253,79 ¤, concedida ó mesmo, para a obra nº 58/521, denominada "Pavimentación camiños alto do Faro-Pedroso e Rodeiro-A Veiga", incluída no PAM/04. ------ Folla: 7.14479.- APROBACIÓN DE GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE RODEIRO NO PAM/04, PARA A OBRA Nº369/854, DENOMINADA "AMPLIACIÓN DE PRAZA NO LUGAR DE MOURIGAS, AMEIRO, RODEIRO", POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación técnica nº 2, do Concello de Rodeiro, e á vista do informe de Intervención de data 9 de novembro dos correntes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de 5.940,04 ¤, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito Concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 06/911.911.762.45.2004, como pagamento da subvención concedida ó mesmo, para a obra nº 369/854, denominada "Ampliación de praza no lugar de Mourigas, Ameiro, Rodeiro", incluída no PAM/04. ------ Folla: 8.14480.- MODIFICACIÓN DO IMPORTE DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE TUI PARA A OBRA "ASEOS BAIXO GRADAS NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE AREAS", INCLUÍDA NO PAM/06, ANUALIDADE 2006 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a modificación do importe da subvención, concedida ó Concello de Tui, para a obra "Aseos baixo gradas no Pavillón Municipal de Areas", incluída no PAM/06, anualidades 2006, polos acordos da Xunta de Goberno de 7 de abril de 2006 e 14 de xullo de 2006, sendo o importe que se lle concede 21.939,37 ¤, en lugar de 21.940,06¤, que figuraba nos devanditos acordos, o que implica o cambio do importe total das subvencións correspondente a esta Entidade Local, que ascende a 604.537,65 ¤, en vez de 604.538,34 ¤. As obras do Concello distribuídas por anualidades con especificación da correspondente subvención quedan como de seguido se relacionan: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Orzamento TOTAL Subv. Orzamento TOTAL Subv. Orzamento TOTAL Subv. Total Subv. Pavimentación camiño Bouzabalada límite co termo de Tomiño en Areas 30.000,00 3.900,00 30.000,00 12.300,00 30.000,00 13.800,00 30.000,00 Pavimentación Bouzabalada a Tanotorio en Areas 37.750,04 4.907,51 37.750,04 15.477,52 37.750,04 17.365,01 37.750,04 Pavimentación camiños en Guillarei, 1ª. Fase 44.424,17 5.775,14 44.424,17 18.213,91 44.424,17 20.435,12 44.424,17 Pavimentación camiños en Guillarei, 2ª. Fase 46.042,64 5.988,14 46.042,64 18.865,68 46.042,64 21.188,82 46.042,64 Pavimentación camiño Frnal caño Costal Maión, Ribadelouro 32.765,95 4.259,57 32.765,95 13.434,03 32.765,95 15.072,33 32.765,93 Pavimentación camiño Salgosa e estrada Malvas-invernadoiros 44.650,76 5.804,60 44.650,76 18.306,81 44.650,76 20.539,35 44.650,76 Pavimentación pista Igrexa en Areas 10.906,26 1.417,81 10.906,26 4.471,57 10.906,26 5.016,88 10.906,26 Pavimentación camiño Malvas 10.424,85 1.278,48 10.424,85 3.540,39 10.424,85 5.605,98 10.424,85 Pavimentación camiños Caldelas: Pazos as Peteiras e Pista acceso a Ponte río Caselas 17.444,81 2.267,83 17.444,81 7.152,37 17.444,81 8.024,61 17.444,81 Pavimentación camiño en Pazos de Reis: Circos-Herdeiros 36.534,87 4.749,52 36.534,87 14.979,30 36.534,87 16.806,05 36.534,87 Pavimentación e saneamento Camiño en Baldrans: Pista Rapado-Poza 42.183,34 5.483,87 42.183,34 17.295,29 42.183,34 19.404,48 42.183,64 Pavimentación camiños Paramos: Iglesia a límite con Salceda e pista da Escola 19.318,01 2.511,34 19.318,01 7.920,38 19.318,01 8.886,29 19.318,01 Pavimentación camiños en Randufe, fase 2 50.419,56 6.554,53 50.419,56 20.672,02 50.419,56 23.193,01 50.419,56 Pavimentación camiños en Randufe, fase 1 30.357,58 3.946,48 30.357,58 12.446,61 30.357,58 13.964,49 30.357,58 Pavimentación e saneamento Camiño en Rebordáns: Pista Montiño e Urbanización Os Rosales 15.365,58 1.997,53 15.365,58 6.299,88 15.365,58 7.068,17 15.365,58 Saneamento e beirarrúas en Caldelas 14.056,00 14.056,00 14.056,00 Beirarrúas en Sobredo 12.183,59 12.183,59 12.183,59 Polideportivo de Pexegueiro, 1ª. Fase 117.026,65 24.589,99 117.026,65 63.180,00 87.769,99 Construción aseos baixo gradas no Pavillón Municipal de Areas 29.252,49 21.939,37 21.939,37 641.107,15 133.611,30 585.615,07 254.555,76 468.588,42 216.370,59 604.537,65 ------ Folla: 9.14481.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE COVELO, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "URBANIZACIÓN S.A.U.S", INCLUÍDA NO PAM/05 Á vista da solicitude do Concello de Covelo, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 142/191, denominada "Urbanización S.A.U.S.", subvencionada con 19.907,41 ¤, por Resolución Presidencial de data 25/04/05, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a citada prórroga. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31/10/07, con carácter improrrogable. ------ Folla: 10.14482.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR, PARA A XUSTIFICACIÓN DA ACTUACIÓN "REDACCIÓN DO PXOM E CARTOGRAFÍA ANALÍTICA", INCLUÍDA NO PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL 2005 Á vista da solicitude do Concello de Soutomaior, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a execución da actuación incluída no Programa Planeamento Urbanístico Xeral 2005, subvencionada con 21.000,00 ¤, denominada: "Redacción do PXOM e cartografía analítica", a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a citada prórroga. Esta prórroga concédese ata o 20 de decembro de 2007. ------ Folla: 11.14483.- RATIFICACIÓN DE RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL DE 08/11/06, POLA QUE SE APROBA O GASTO E DECLARA DE ABOO O IMPORTE, A FAVOR DO CONCELLO DE PONTEVEDRA, PARA O PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A OBRA DENOMINADA "ADQUISICIÓN DE VEHÍCULO DE AUTOBOMBA URBANA PESADA PARA O CORPO DE BOMBEIROS Á vista do expediente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ratificar a Resolución Presidencial de 08/11/06, núm. Rexistro 015890, pola que se aproba e declara de aboo, a favor do Concello de Pontevedra, a cantidade de 240.000,00 ¤ con cargo ó Estado de Gastos do vixente orzamento, con aplicación á partida 06/911.911.762.46.2005, como pagamento da subvención concedida para a obra "Adquisición de vehículo de autobomba urbana pesada para o Corpo de Bombeiros", actuación incluída no Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, de 21 de abril de 2005 para diversa dotación para o Parque de Bombeiros. ------ Folla: 12.14484.- INFORME EN RELACIÓN COA EXENCIÓN DE POSTOS RESERVADOS A FUNCIONARIOS DE ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DE BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA Vista a petición da Presidenta do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas de Baixo Miño, Condado e Louriña, de data 02/11/06, na que solicita a emisión, por parte da Deputación, dun informe previo á tramitación do expediente de exención da obriga de manter postos propios reservados a funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional do Consorcio e unha vez emitido o mesmo polo Secretario Xeral, que literalmente di: "En relación coa petición da Presidenta do Consorcio contra incendios e salvamento das comarcas de Baixo Miño, Condado e Louriña (nº rexistro de entrada 35636 de data 08/11/06) sobre informe relativo á exención de postos propios reservados a funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional do Consorcio, a efectos de dar cumprimento ó art. 4 do R.D. 1732/1994, de 29 de xullo, que regula a provisión de postos de traballo reservados a ditos funcionarios, maniféstase: O Consorcio, de conformidade cos artigos 2 e 149.2 da lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración de Galicia, é unha Entidade Local. Por conseguinte como tal, deberá dispoñer de funcionarios para que presten as funcións públicas necesarias establecidas no apartado 3 a) e b) do art. 92 da Lei 7/85, de 2 de abril, estando esta responsabilidade administrativa reservada a funcionarios con habilitación de carácter nacional. A exención de ditas funcións está prevista no art. 4 do R.D. 1732/1994, de 29 de xullo, e as mesmas poden ser exercidas polos funcionarios que presten ditos servizos no municipio que ostente, en cada momento, a Presidencia e iso ó amparo do art. 31 da citada disposición, sempre que estes funcionarios pertenzan á categoría superior dentro da súa subescala". A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó mesmo e remitilo ó citado Consorcio. ------ Folla: 13.14485.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA EUGENIA VELASCO PAZOS EN NOME DE DON ANTONIO MEIS OTERO POR DANOS EN VEHÍCULO PO-1895-BH NA ESTRADA EP-9101 SENTIDO O GROVE Dada conta que con data de rexistro 22/06/2006 (rex. nº022449) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita Dona Eugenia Velasco Pazos en nome e representación de D. ANTONIO MEIS OTERO con enderezo de notificacións na rúa da Tablada, 6-baixo dereita de Pontevedra por danos padecidos no vehículo matrícula PO-1895-BH o día 23 de xaneiro de 2006, na estrada EP 9101 sentido O Grove e que individualiza economicamente en 2.476,00 ¤. Resultando.- Que con data 27/06/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 21/07/2006 co seguinte contido: " ...1. La carretera 9101 sentido O Grove es de titularidad provincial. 2. Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia del accidente objeto de la presente reclamación. 3. Las obras de ensanche y acondicionamiento de la C.P. 9101 San Vicente do Mar -O Grove están siendo ejecutadas por la empresa COVSA, y no por Pavimentos de Meaño. 4. Por parte de este Servicio no se ha tenido constancia de la existencia de otros accidentes, en fechas próximas al que es objeto del presente informe, por la misma causa. 5. A este escrito se adjunta un listado en el que se detalla el estado de señalización de la Carretera Provincial San Vicente do Mar- O Grove, facilitado por la empresa COVSA y cuya exactitud ha sido comprobada por técnicos de este Servicio; listado en el que se puede observar la continúa presencia de señales indicando la realización de obras en la carretera y entre las cuales se encuentran numerosos carteles anunciando "Gravilla suelta". Por último señalar que es opinión del técnico que suscribe que si el conductor hubiese respetado la limitación de velocidad específica existente a lo largo de todo el tramo de carretera en obras ( en su mayor parte entre 30 y 40 Km/hora) parece difícil perder el control del vehículo aún existiendo gravilla en la calzada..." E.P. SAN VICENTE-O GROVE ESTADO DE SEÑALIZACIÓN P.K. Margen Drcho. SEÑALIZACION VERTICAL 0+000 AL Peligro Obras 0+130 Limitación a 50 Peligro indefinido Cartel de Precaución de Obras con señales de obras Limitación a 40 Cartel de COVSA SEÑALIZACIÓN HORIZONTAL Marca Vial del eje en color amarillo Limitación de 40 P.K. 1+110 Margen Izdo. Limitación a 40 pintada en la calzada P.K. 1+120 Margen Drcho. SEÑALIZACION VERTICAL AL 1+260 Peligro Obras Limitación a 40 Peligro paso estrecho Valla direccional en poste de Fenosa limitando la calzada P.K. 1+250 Margen Drcho. Marca Vial del Eje en color amarillo P.K. 1+320 P.K.1+320 Margen Drcho. Tres Vallas direccionales en postes de Fenosa AL 1+400 P.K. 1+480 Margen Drcho. Cartel de Gravilla suelta P.K. 1+830 Margen Izdo. Cartel de Gravilla suelta P.K: 1+860 Margen Drcho. Valla direccional en poste de Fenosa a 4 metros del eje P.K.2+060 Margen Drcho. Valla direccional en poste de Fenosa a 4 metros del eje P.K.2+110 Margen Izdo. Valla direccional en tirante de Telefónica P.K.2+840 Margen Drcho. Peligro Obras AL 2+980 Limitación a 40Peligro indefinido Cartel de Gravilla suelta Valla direccional limitando la calzada Valla direccional en poste de Fenosa P.K.3+050 Margen Izdo. Valla direccional en poste de Fenosa P.K. 3+140 Margen Drcho Valla direccional en Poste de Fenosa Grupo de señales Móviles P.K. 3+410 Margen Izdo. Limitación a 40 Grupo Señales Móviles Margen Drcho. Cartel atención tramo en obras con señales de limitación de velocidad a 40 y Peligro Obras P.K.3+700 Margen Drcho. Cartel Diputación Provincial de Pontevedra P.K.3+800 Margen Izdo. Cartel atención tramo en obras con señales de limitación de velocidad a 40 y Peligro Obras P.K: 3+890 Margen Izdo. Cartel de Gravilla suelta Señal de peligro Obras y Gravilla suelta P.K. 3+920 Margen Drcho. Cartel Carretera sin pintar P.K. 4+130 Margen Izdo. Valla direccional en poste de Fenosa, zona de aparcamiento P.K.4+340 Margen Izdo. Valla direccional en poste de Fenosa, zona de aparcamiento P.K. 4+730 Margen Drcho. Peligro Obras en Poste de Fenosa P.K.4+770 Margen Drcho. Peligro paso estrecho P.K.4+810 Margen Drcho. Limitación a 40 P.K.4+920 Margen Izdo. Señal de Peligro Gravilla suelta P.K.5+160 Margen Izdo. Cartel Gravilla suelta P.K.5+330 Margen Drcho. Peligro Obras P.K. 5+380 Margen Drcho. Limitación a 40 P.K. 5+430 Margen Drcho. Peligro paso estrecho P.K. 5+450 Margen Dercho. Tres Vallas con dos Paneles Direccionales y dir. Obligatoria cortando la carretera antigua P.K.5+500 Margen Izdo. Cartel de Gravilla suelta Señal de Peligro Obras y Gravilla suelta P.K.5+550 Margen Izdo. Cartel carretera sin pintar P.K.5+600 Margen Izdo. Panel de DesvíoLimitación a 30Peligro ObrasLimitación a 40Peligro indefinido P.K. 5+660 Margen Izdo. P.K.5+900 Margen Drcho. P.K. 5+950 Margen Drcho. P.K.6+000 Margen Drcho P.K. 6+050 Margen Drcho. Cartel de Gravilla suelta Señal de peligro Obras y Gravilla suelta P.K. 6+200 Margen Izdo. Peligro escalón lateral P.K.6+220 Margen Izdo. Cartel de Gravilla suelta Señal de Peligro Obras y Gravilla suelta P.K.6+260 Margen Izdo. Limitación a 30 P.K. 6+290 Margen Izdo. Vallas direccionales impidiendo acceso a la variante P.K: 6+320 Margen Izdo. Peligro indefinidoLimitación a 40Peligro ObrasCartel COVSA P.K. 6+360 Margen Izdo. P.K. 6+410 Margen Izdo. P.K. 6+640 Margen Izdo. P.K. 6+670 Margen Drcho. Peligro escalón lateral P.K. 6+780 Margen Drcho. Peligro indefinidoPeligro ObrasLimitación a 40 AL 6+810 P.K. 7+080 Margen Drcho. Peligro escalón lateral P.K. 7+130 Margen Drcho. Limitación a 40 P.K. 7+170 Margen Drcho. Peligro paso estrecho P.K.7+190 Margen Drcho. Valla direccional P.K. 7+260 Margen Izdo. Peligro indefinido P.K. 7+310 Margen Izdo. Cartel atención tramo en obras con señales de lim.de velocidad a 40 y Peligro Obras P.K. 7+330 Margen Izdo. Limitación a 50Peligro ObrasCartel de ObraCartel de COVSA P.K. 7+410 Margen Izdo. P.K. 7+420 Margen Drcho. Además de estas señales fijas, existen otros 4 equipos de señales móviles colocadas donde estén abiertos los tajos con las máquinas trabajando. Resultando.- Que con data de 01/08/2006 deuse traslado do anterior informe do Servizo de Vías e Obras, a empresa COVSA, a fin de que realizara as alegacións que tivera por conveniente, sendo recibidas as mesmas en 13/10/2006 co seguinte contido literal: "... Habiendo recibido escrito bsb/pal sobre reclamación del Sr. D. Antonio Meis Otero, debemos manifestar que efectivamente COVSA es adjudicataria, por parte de esa Excma. Diputación, de las obras ENSANCHE E ACONDICIONAMIENTO EP SAN VICENTE-O GROVE (O GROVE) el 17/11/03, una vez comprobados los hechos que expone en su escrito, manifestamos que estamos de acuerdo en el sentido de que la señalización de la obra era la adecuada y que, tal y como señala el técnico, si se hubiese respetado el límite de velocidad, difícilmente se hubiese perdido el control del vehículo..." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto a vía atopábase perfectamente sinalizada polo que de terse respectado os artigos 45 e 46 do Regulamento Xeral de Circulación, aprobado por Real decreto 139 ("... obligación de adaptar la velocidad a las características y circunstancias de la vía con el fin de poder incluso detener el vehículo si fuese necesario ante cualquier obstáculo que pudiera presentarse") non se tería producido o accidente. Considerando.- Que aínda rexeitando a relación de causalidade non podería en ningún caso reprocharse á Deputación responsabilidade algunha polo ditado dos seguintes artigos: -art. 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas "...1. Será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato. 2. Cuando tales daños y perjuicios hayan sido ocasionados como consecuencia inmediata y directa de una orden de la Administración, será ésta responsable dentro de los límites señalados en las leyes. También será la Administración responsable de los daños que se causen a terceros como consecuencia de los vicios del proyecto elaborado por ella misma en el contrato de obras o en el de suministro de fabricación." -art. 134 do Decreto 3354/67 "Será de cuenta del contratista indemnizar todos los daños que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución de las obras." -art.12 do Decreto 3854/70 " Indemnizaciones por cuenta del contratista.-Será obligación del contratista indemnizar los daños que se causen a la administración o al personal dependiente de la misma por iguales causas y con idénticas excepciones que las que con referencia a terceros señala el art. 134 del Reglamento General de Contratación." A maiores a xurisprudencia do Tribunal Supremo, a partires da Sentenza de data de 31 de xuño de 1989 inaugura unha liña xurisprudencial mantida ata hoxe, polo que convén, "ad exemplum", trasuntar un parágrafo daquela: " cuando los daños y perjuicios se derivan de una actividad técnica no cumplida directamente por la organización administrativa, sino por organizaciones privadas no integradas en la Administración, con las que ésta contrata atribuyéndoles la gestión de un servicio público, o la ejecución de una obra pública, se interfiere entre Administración y particulares una empresa privada a la que materialmente le son atribuibles sus causas" Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 14.14486.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS a) A Xunta de Goberno queda enterada de Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 176/ 2006 promovidos pola entidade mercantil AUTOS LOBELLE, S.L. contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na rúa Santa Margarita de Pontevedra, o día 21 de febreiro de 2005 como consecuencia da existencia de substancia deslizante na calzada, danos que valorou en 1.085,23 ¤, e na que se desestima o recurso. Dita sentenza, non recurrible e favorable ós intereses da Deputación, deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos integramente, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral. b) A Xunta de Goberno queda enterada de Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 206/ 2006 promovidos pola entidade mercantil CLÍNICA MÉDICA Y LABORATORIOS, S.L. contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada Baíña-Baiona (Baiona), o día10 de xaneiro de 2006, danos que valorou en 630,36 ¤, e na que se desestima o recurso. Dita sentenza, non recurrible e favorable ós intereses da Deputación, deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos integramente, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral. c) A Xunta de Goberno queda enterada de Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 3 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 203/ 2006 promovidos pola entidade mercantil CLÍNICA MÉDICA Y LABORATORIOS, S.L. contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada Bahíña-Baiona (Baiona), o día20 de agosto de 2005, danos que valorou en 1.371,12 ¤, e na que se desestima o recurso. Dita sentenza, non recurrible e favorable ós intereses da Deputación, deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos integramente, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral. d) A Xunta de Goberno queda enterada de Sentenza e Auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en recurso número 35/ 2006 (4504/ 2001), promovido por D. Miguel Ángel Torres Villanueva contra esta Deputación, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia e o Concello de Marín, por danos en accidente de tráfico o día 30 de outubro de 2000 na estrada C-550 Marín-Bueu, como consecuencia da irrupción de xabarís na calzada, danos que valorou en 286.646 pesetas, e na que se desestima o recurso eximindo de toda responsabilidade a esta Deputación Provincial. Dita sentenza, favorable ós intereses da Deputación, deriva dun procedemento administrativo seguido polos Servizos Xurídicos da Deputación, ostentando a defensa en xuízo os letrados da aseguradora Axa Aurora Ibérica de Seguros, S.A. A Xunta de Goberno a proposta da Presidencia felicita ó Asesor Xurídico D. Bernardo Sartier Boubeta, pola gran labor que está realizando. ------ Folla: 15.14487.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.14488.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN PARA O FOMENTO DA RIQUEZA FORESTAL DE GALICIA (AFRIFOGA), PARA A REALIZACIÓN DUN ESTUDO DAS POSIBILIDADES DE UTILIZACIÓN DE BIOMASA FORESTAL RESIDUAL E DO MATORRAL ACCESORIO DO MONTE Vista a proposta da Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia (AFRIFOGA), núm. CIF G36028603, para celebrar un convenio de colaboración co obxectivo de realizar un estudo das posibilidades de utilización de biomasa forestal residual e do matorral accesorio do monte para a produción de biomasa e produtos enerxéticos ou de outro tipo e con iso contribuír a evitar futuros lumes; visto o informe do xefe do Servizo Agrario do 25 de outubro de 2006; visto o informe de data 31 de outubro, emitido pola Secretaría que acredita a legalidade do Convenio; visto o informe da Intervención do 2 de novembro no que se certifica a existencia de crédito; vista a documentación xustificativa para a concesión da axuda e o informe do xefe do Servizo do 14 de novembro e unha a vez subsanados os reparos formulados pola Intervención; visto o documento RC núm. de Operación 200600094819. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia (AFRIFOGA), CIF núm. G36028603, para a realización dun estudo das posibilidades de utilización de biomasa forestal residual e do matorral accesorio do monte, por un importe total de 82.810,00 ¤, imputables á partida 06/711.711.489.01 do vixente Orzamento provincial, núm. de Operación 200600094819, que se librarán segundo se recolle no clausulado do Convenio. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN PARA O FOMENTO DA RIQUEZA FORESTAL DE GALICIA-AFRIFOGA, PARA A REALIZACIÓN DUN ESTUDO DAS POSIBILIDADES DE UTILIZACIÓN DE BIOMASA FORESTAL RESIDUAL E DO MATORRAL ACCESORIO DO MONTE No Pazo Provincial, a .................. de 2006 REUNIDOS Dunha parte, Rafael Louzán Abal, na súa condición de presidente da Deputación de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. E doutra parte, José Amador Baquero Hernandez, en calidade de presidente da Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia, de aqui en diante AFRIFOGA. Ámbalas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, e EXPOÑEN I.- O pasado verán a provincia de Pontevedra sufriu unha catástrofe medioambiental e económica como consecuencia dos lumes producidos. A Consellería de Medio Rural informou, que entre os días 4 e 15 de agosto do presente ano, producíronse na provincia de Pontevedra mais de 500 incendios que afectaron a unhas 38.000 hectáreas e ameazaron a máis de 3000 entidades de poboación. II.- A Deputación ó abeiro das competencias que lle atribúe o artigo 36 da Lei 7/85, reguladora das bases do réxime local, considera necesario impulsar a riqueza forestal como medida encamiñada á loita contra os incendios forestais. Así mesmo, esta institución estima interesante a realización dun plan de aproveitamento e un estudo da situación estrutural da propiedade forestal, que permita ter coñecemento da potencialidade dos produtos silvícolas, a posibilidade da utilización dos residuos derivados das operacións forestais e vexetación accesoria dos montes con destino á utilización como biomasa forestal para a produción de enerxía ou transformación en produtos derivados. III.-Que AFRIFOGA é unha asociación sen ánimo de lucro, con implantación rexional pero con especial actividade e sede na provincia de Pontevedra, que agrupa a propietarios forestais individuais e agrupados e a comunidades de montes veciñais en man común. Os fins principias da asociación para o fomento da riqueza forestal de Galicia son a extensión de técnicas de xestión sustentable nos montes, fomentar a compatibilidade entre usos, o fomento de iniciativas de mellora das estruturas forestais (agrupacións de predios, xestión conxunta, etc.), o asesoramento e divulgación a comunidades de Montes e a colaboración coas distintas Administracións públicas na mellora do medio rural e na busca de novos tipos de aproveitamentos que redunden na economía do medio rural, na preservación dos recursos naturais e na prevención de incendios. VI.-Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Deputación de Pontevedra e a Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia, de aquí en diante AFRIFOGA, é contribuír a redución de lumes mediante a realización dun estudo das posibilidades de utilización de biomasa forestal residual e do matorral accesorio do monte para produción de biomasa e produtos enerxéticos ou de outro tipo. Segunda.- O persoal técnico de AFRIFOGA, co seu equipamento e instalacións realizarán o estudo obxecto deste convenio, cos seguintes obxectivos: · Estudar, clasificar e coñecer a orixe da biomasa natural, sobre todo forestal da provincia de Pontevedra. · Avaliar a produción potencial da biomasa natural do monte da provincia de Pontevedra. · Determinar as existencias de biomasa arbórea e arbustiva dos montes da provincia nunha área establecida como piloto en función das conclusións de este estudo. Terceira.- A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de oitenta e dous mil oitocentos dez euros (82.810,00 ¤), que serán financiadas con cargo á partida 06/711.711.227.06. O pagamento de dita cantidade farase nunha achega á finalización do mesmo, para o cal AFRIFOGA remitirá a Deputación a seguinte documentación: · Un informe acumulativo das actuacións realizadas ó abeiro do Convenio, dende o seu comezo ata ó remate das accións, que deberá ser aprobado polo órgano competente. · Exemplares dos estudos, traballos, diagnósticos, conclusións ou cartografía correspondentes. · Os xustificantes acreditativos dos gastos efectuados e dos pagamentos feitos a terceiros para o desenvolvemento do convenio. Cuarta.- A Deputación só certificará as cantidades xustificadas sen superar o importe citado na cláusula terceira, e no caso que no alcancen dita cantidade ou incumpran as obrigas do convenio, AFRIFOGA procederá o reintegro das cantidades percibidas. Quinta.-Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de seguimento da que forman parte o Presidente da Deputación e o Presidente da asociación, ou persoas en quen deleguen, así como un técnico designado por cada institución. Sexta.- Ámbalas dúas partes comprométense a non difundir as informacións científicas ou técnicas do estudo ata finalización do convenio, salvo acordo de ámbalas dúas institucións. Cando unha das partes que desexe utilizar os resultados parciais ou finais deberá solicitar a conformidade da outra parte, entendo, transcorrido un mes, o silencio como tácita autorización para a súa difusión. En calquera actuación o difusión do estudo deberase nomear a ambas entidades e facer mención ó presente convenio. Sétima.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento, e terá vixencia durante un prazo de SEIS MESES dende o día seguinte a súa sinatura, salvo prorroga expresa por mutuo acordo das partes de non resultar satisfactorio o resultado do estudo. Oitava.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Novena.-O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula cuarta, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra, Asdo.: Rafael Louzán Abal Por AFRIFOGA, Asdo.: José Amador Baquero Hernández ------ Folla: 17.14489.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA PARA PROMOVER UN FORO DE ORGANIZACIÓN EMPRESARIAIS E ENTIDADES SITUADAS NO ARCO ATLÁNTICO Vista a proposta de convenio remitida pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), con CIF núm. G36615219 e domicilio social na rúa Avda. García Barbón, núm. 104, 1º andar, CP 36201 de Vigo, para promover un foro de organizacións empresariais e entidades situadas no arco atlántico; visto o informe favorable da Asesoría Xurídica do 3 de outubro de 2006; vista a documentación xustificativa achegada; visto o informe favorable do xefe do servizo do 9 de outubro; visto o informe de Intervención, do día 30 de outubro de 2006, no que se informa sobre a concesión directa dunha axuda de trinta e seis mil euros (36.000,00 ¤), con cargo á partida orzamentaria 06/121.622.471.02 para dito fin e unha vez subsanados os defectos; e visto o documento R.C. núm. 200600093132; A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Confederación de Empresarios de Pontevedra para promover un foro de organizacións empresariais e entidades situadas no arco atlántico, por importe de trinta e seis mil euros (36.000,00 ¤), que se librarán no seu día con cargo á partida orzamentaria 06/121.622.471.02, núm. de Operación 200600093132, do vixente Orzamento provincial, de conformidade co disposto na cláusula cuarta do Convenio de colaboración. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA FORO DE ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAIS DO ARCO ATLÁNTICO PARA A POTENCIACIÓN ECONÓMICA TRANSNACIONAL; ESPECIAL REFERENCIA ÓS PORTOS REUNIDOS Dunha parte, Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación de Pontevedra. Doutra, José Manuel Fernández Alvariño, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP). Ámbalas partes recoñécense capacidade xurídica e legal suficiente para formalizar o presente CONVENIO DE COLABORACIÓN continuando coa experiencia positiva que ambas entidades obtiveron na sinatura de convenios de colaboración anteriores. EXPOÑEN 1. A Deputación de Pontevedra representa a totalidade dos municipios da provincia no seu conxunto e ten entre os seus obxectivos a promoción e o desenvolvemento económico de forma global e das diversas comarcas en particular, desenvolvendo, á súa vez, unha importante actividade social, contribuíndo de forma destacada á mellora do benestar e da calidade de vida de todos os residentes na provincia e con unha especial preocupación pola dinamización económica e social deste ámbito. 2. A CEP é, á súa vez, a organización representativa dos intereses empresariais no seu ámbito de actuación, integrando a 11 asociacións e federacións empresariais de base sectorial (servizos, industria e comercio) e de base territorial. Desempeñando unha importante labor impulsouse ó desenvolvemento de infraestruturas e equipamento empresarial; a promoción de iniciativas e de novos proxectos; o fomento da internacionalización ou expansión exterior das empresas; a formación e información a empresarios e directivos, especialmente a PYMES e autónomos; a obtención e canalización de fondos de axuda para a mellora do tecido produtivo; e, en xeral, o apoio constante a todas cantas iniciativas favorezan o desenvolvemento económico da provincia. 3. Ámbalas entidades veñen colaborando na consecución dos seus obxectivos comúns de fortalecemento dos sectores produtivos, o fomento da iniciativa empresarial e do emprego no seu ámbito de actuación. E, en base ó exposto, ACORDAN PRIMEIRA.- As accións ás que se refire o presente anexo atópanse incluídas no marco xeral da parte expositiva do convenio marco de colaboración subscrito o pasado 11 de maio de 2004. SEGUNDA.- A CEP promoverá UN FORO DE ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAIS E ENTIDADES SITUADAS NO ARCO ATLÁNTICO, ó obxecto de analizar posibles vías de cooperación e colaboración coa finalidade de dinamizar a economía transnacional desta área. Para iso, analizarase, entre outras cousas, o estado actual das infraestruturas e as posibilidades inmediatas de desenvolvemento e mellora, tendo como referente, A MELLORA DAS COMUNICACIÓNS E DOS PORTOS situados no Arco Atlántico. Dentro da análise indicada farase unha profunda reflexión das posibilidades actuais dos tres portos do Estado - Vigo, Marín e Vilagarcía de Arousa - (autoestradas do mar, tráfico de mercancías e persoas, etc.), así como a intercomunicación vía terrestre entre estes. O foro terá como soporte documental datos estatísticos obxectivos e utilizarase como metodoloxía para o seu desenvolvemento unha serie de conferencias/ponencias e mesas redondas que permitan obter unha serie de conclusións e propostas de actuación que se recollerán nunha publicación que se distribuirá entre os participantes e remitirase ós suxeitos implicados e a todos aqueles en quen se presuma interese. TERCEIRA.- A CEP responsabilízase da correcta execución da citada acción, así como de proporcionar o equipo de técnicos que resulten necesarios (xa sexan externos ou ben propios). CUARTA.- Co fin de financiar a actuación descrita, a Deputación de Pontevedra establece un compromiso de gasto, con cargo á partida 06/121.622.471.02 do orzamento de 2006, por un valor de TRINTA E SEIS MIL EUROS (36.000,00 ¤). Dos cales dezaoito mil euros faranse efectivos á Confederación de Empresarios de Pontevedra, una vez sexa remitida certificación do inicio da acción, acompañada dunha proposta sobre o Plan de Traballos a realizar. A CEP poderá buscar financiamento complementario doutras entidades en caso de non ser suficiente a achega da Deputación. Concluídas as actuacións remitirase a certificación da súa realización e a memoria, no seu caso, así como os xustificantes de gasto (presentando recibos ou facturas polo importe subvencionado e unha conta xustificativa dos gastos), procedéndose á liquidación. Se por algunha causa non puidera levarse a cabo o traballo, procederase ben á devolución do importe da achega da Deputación, ben a propoñer o seu destino para outras accións. QUINTA.- Nas publicacións impresas e en toda referencia en calquera medio de difusión, ás accións contempladas e ós logros conseguidos, mencionarase á Deputación de Pontevedra como patrocinadora. SEXTA.- O presente convenio entra en vigor o día da súa sinatura e estende a súa vixencia ata o 30 de xuño do ano 2007, data na que terá que estar executada a totalidade da acción descrita, salvo que por razóns extraordinarias se decida, de mutuo acordo, prorrogar dito prazo ata o 31 de decembro do mesmo ano 2007. Pontevedra, ....... de novembro de 2006 Pola Confederación de Empresarios de Pontevedra, O PresidenteAsdo.: José Manuel Fernández Alvariño Pola Deputación de Pontevedra,O PresidenteAsdo.: Rafael Louzán Abal" ------ Folla: 18.14490.- XUSTIFICACIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS - ANO 2005 Dada conta das xustificacións de subvencións para actividades culturais do ano 2005 presentadas polas Asociacións culturais de: Agrupación Vecinal Pino Abuelo, Unión Cultural de Campo Lameiro, Asoc. Cultural Cacarexo, Club Motos Vellas do Salnés, Centro Cultural e Social de Castro Barreiro, Fed. de A.VV. Eduardo Chao, e visto os informes de Intervención polos que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por terse presentado as mesmas fóra do prazo establecido nas bases da convocatoria, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar as xustificacións por un importe total de 6.302,00 ¤, con cargo á partida 06/451.451.489.05.2005, ás asociacións que se relacionan a continuación: Concello Asociación Concepto Importe Caldas de Reis/ Agrupación Vecinal Pino Abuelo (G-36458875)/ Divulgación cultural día da patrona do pobo 711,00 ¤ Campo Lameiro/ Unión Cultural de Campo Lameiro (G-36176352)/ Axuda ó Certame de bandas 1.186,00 ¤ Cangas/ Asoc. Cultural Cacarexo (G-36284057)/ XVI Xornadas Culturais Muiño do Fausto 1.708,00 ¤ Ribadumia/ Club Motos Vellas do Salnés (G-36316735)/ XIII Concentración de Motos Antigas e Ruta do Salnés/ 972,00 ¤ Salceda de Caselas/ Centro Cultural e Social de Castro Barreiro/ (G-36050508)/ Mes Cultural Castro Barreiro 2005/ 800,00 ¤ Vigo/ Fed. de A.VV. Eduardo Chao (G-36681708)/ Axuda Topovigo: Recuperación da toponimia 925,00 ¤ TOTAL ……………………….. 6.302,00 ¤ ------ Folla: 19.14491.- ADXUDICACIÓN DA AMPLIACIÓN DE 3 LOTES DO "ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE" E DE 2 LOTES DO "SUBMINISTRO DE MATERIAIS" DO CONCURSO CONVOCADO PARA O ANO 2006 Vista a proposta formulada polo xefe xeral do Parque de Maquinaria de data 30 de outubro de 2006 para a contratación da ampliación de 3 lotes de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" e de 2 lotes do "Subministro de materiais" do concurso do ano 2006, con motivo de estar esgotándose os mesmos e ante a necesidade de continuar efectuando traballos de infraestruturas, bens naturais e outras obras que se lle demandan que realice o Parque de Maquinaria durante o ano en curso. Visto o documento Rc, expedida por Intervención de data 02/11/2006, certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto previsto por importe global de 60.732,00 euros. Visto o informe favorable emitido polo Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 06/11/2006, para a ampliación de ditos lotes ás mesmas empresas adxudicatarias do concurso do ano 2006, polos mesmos prezos unitarios ofertados, así como os informes do Secretario Xeral e o de fiscalización do expediente emitido por Intervención. A Xunta de Goberno, de conformidade co disposto no artigo 189 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, acorda por unanimidade: -Aprobar a contratación da ampliación dos lotes que a continuación se relacionan do concurso de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" e "Subministro de materiais", adxudicados pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o 3 de febreiro de 2006, polas seguintes cantidades e ás empresas que se indican: ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE. Lote Adxudicatario NúmeroHoras Prezo Hora Total Euros 15 DESBROCES DEZA, S.L.(B-36282010)Por alugamento de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 150 30,00 ¤/h 4.500,00 ¤ 18 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626)Por alugamento de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 300 34,80 ¤/h 10.440,00 ¤ 19 EXPLOTACIONES AGROPECUARIAS DEL DEZA, S.C. (G-36418952)Por alugamento de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 350 37,12 ¤/h 12.992,00 ¤ TOTAL AMPLIACIÓN DE LOTES DE ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE................................... 27.932,00 ¤ SUBMINISTRO DE MATERIAIS Lote Adxudicatario Cantidade Prezo Total Euros 58 ÁRIDOS PUENTEAREAS, S.L. (B-36011419)Subministro de zahorra ZA-0/40 2.000 Tm. 8,90 ¤/Tm 17.800,00 ¤ 61 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (B-36123800)Subministro e instalación de muro de sostemento de granito 300 m2 50,00 ¤/m2 15.000,00 ¤ TOTAL AMPLIACIÓN LOTES SUBMINISTRO DE MATERIAIS...... 32.800,00 ¤ -Así mesmo apróbase o gasto por importe global de 60.732,00 euros para facer fronte a ditas adxudicacións, con cargo á vinculación xurídica das partidas 06/511.511.210.00, 06/511.511.210.01 e 06/511.511.210.02 do vixente Orzamento Provincial. -Ditas ampliacións efectúanse conforme ó previsto nas bases polas que se rexeu o concurso publicado no B.O.P. nº 249 do 29/12/2005, para poder atender ás previsións de traballos a realizar correspondentes a infraestruturas, bens naturais e outras obras. -As empresas adxudicatarias deberán constituír fianza definitiva do 4% do prezo de adxudicación, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación do acordo de adxudicación, cuxa fianza será ingresada na Tesourería desta Deputación. Caso de non cumprirse este requisito, declararase resolto o contrato. ------ Folla: 20.14492.- ADXUDICACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DOS CURSOS DE FORMACIÓN DO PROXECTO "AQUELANDO" Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 15 de setembro de 2006, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da organización e impartición dos cursos de formación do Proxecto "Aquelando", cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 187 de 28/09/06) e no DOGA (nº 189 de 29/09/06). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 11 de outubro de 2006, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe da xefa do Servizo de Acción Social, e a proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Adxudicar os catro lotes do concurso para a contratación da organización e impartición dos cursos de formación do proxecto "AQUELANDO" ás empresas que seguidamente se citan, e polos importes, incluído o IVE que se detallan: - Lote nº 1, Curso de "Auxiliar de axuda a domicilio con persoas maiores", á U.T.E. COESCO-SOCYCER que se comprometen a constituír a empresa CENTRO DE ORIENTACIÓN DE ESTUDIOS COMERCIALES, S.L. (COESCO), con CIF B-36.043.073 e a empresa COESCO DEZA S.L. con CIF B-36.307.270, por importe de trinta e oito mil novecentos setenta euros (38.970,00 ¤), IVE incluído. - Lote nº 2, Curso de "Animación de lecer e ocupación do tempo libre", á empresa GESTIFOR GALICIA S.L( CIF B-36.497.949), por importe de trinta e seis mil trescentos euros (36.300,00 ¤); IVE incluído. - Lote nº 3, Curso de "Auxiliar de coidado infantil", á empresa IDEAS POSIBLES, S.L.(CIF B-36.790.194), por importe de trinta e sete mil novecentos cincuenta euros (37.950,00 ¤); IVE incluído. - Lote nº4, Curso de "Auxiliar de axuda a domicilio con persoas discapacitadas físicas e psíquicas", á U.T.E. COESCO-SOCYCER que se comprometen a constituír a empresa CENTRO DE ORIENTACIÓN DE ESTUDIOS COMERCIALES, S.L. (COESCO) con CIF B-36.043.073 e a empresa COESCO DEZA S.L. con CIF B-36.307.270, por importe de trinta e oito mil novecentos setenta euros (38.970,00 ¤),IVE incluído. De conformidade co artigo 24.1 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xullo, a UTE COESCO-SOCYCER deberá formalizarse mediante escritura pública unha vez recibida a notificación desta adxudicación, debendo remitir ó Servizo de Contratación unha copia da escritura de constitución, para poder proceder ó pago das facturas. A duración

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición