ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2007/01/05_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/3.2007-01-05_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/01/05_Ordinaria

  • Data(s) 2007-01-05 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e dez minutos do día cinco de xaneiro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Vicesecretario Xeral Acctal., e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14692.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións ordinarias dos días 22 e 29 de decembro de 2006. ------ Folla: 2.14693.- APROBACIÓN DAS BASES DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓN DE MULLERES SEN FINS DE LUCRO, ANO 2007 Coa finalidade de proceder á apertura da convocatoria 2007 de subvencións para Asociacións de Mulleres sen Fins de Lucro que se destinarán a cursos de formación tendentes a promover a integración das mulleres no mercado laboral, cunha duración mínima de 80 horas, partindo dunha dotación orzamentaria de 200.000,00 euros con cargo á partida 07/313.313.480.02, e á vista dos informes emitidos o 5 de outubro e o 15 de decembro de 2006, pola Asesoría Xurídica e Intervención respectivamente, e con arranxo ó ditame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras das Subvencións dirixidas ás Asociacións de Mulleres sen fins de lucro ano 2007, cun importe de 200.000,00 euros con cargo á partida 07/313.313.480.02 do vixente presuposto provincial, e segundo as prescricións recollidas no seu Clausulado. Ditas Bases son como seguen: “BASES DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS DE MULLERES SEN FINS DE LUCRO ANO 2007 A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente do papel a desenvolver pola muller na sociedade actual e considerando as dificultades coas que conta para o acceso e promoción dentro do mundo laboral convoca para o ano 2007, axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por Asociacións de Mulleres ou por aquelas outras que conten con departamento ou vogalía da muller e así o acrediten, todas elas sen fins de lucro, dirixidas basicamente á formación de cara a súa integración no mundo laboral, segundo as seguintes, BASES PRIMEIRA.- Actividades a subvencionar. Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas as actividades que se desenvolvan durante o ano 2007 e que sexan de carácter formativo a través da organización de cursos que poidan facilitar o acceso das alumnas socias da asociación solicitante ó mundo laboral. O listado de cursos subvencionables para o ano 2007, atópase relacionado no anexo 2. Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pagamento dos locais e gastos de mantemento destes, cando sexan a sede habitual da asociación, así como tamén as dirixidas ó desenvolvemento da actividade xeral da Asociación ó longo do ano. SEGUNDA.- Financiamento. A contía consignada para a realización de actividades promovidas por ditas asociacións ascende a 200.000,00 euros, cantidade que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a este programa de axudas, mentres non se amplíe o crédito da partida 07/313.313.480.02 do presuposto ordinario da Deputación Provincial. TERCEIRA. Requisitos. 1.Nin a Asociación nin a súa representación legal poden atoparse incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 2.As asociacións deberán desenvolver a súa actividade na provincia de Pontevedra e terán que estar recoñecidas como tales no Rexistro de asociacións da Xunta de Galicia. 3.Cada Asociación, só poderá presentar un Proxecto que terá de conter cada un dos apartados que se sinalan no “anexo 1”. No caso de que presente varios, a Deputación elixirá o máis viable segundo as bases da convocatoria. 4.Consideraranse cursos, aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de socias, as cales realizarán o número total de horas que a asociación fai constar no proxecto do curso. 5. Só se subvencionarán cursos a partir de 80 horas de duración e a partir de 300 horas a contía da axuda non se verá incrementada. 6.En toda publicidade que se elabore deberase facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social. CUARTA. Concesións 1. Non se concederán axudas a aquelas asociacións que non tiveran a 31 de marzo xustificada ou rexeitada por escrito a actividade (ou actividades) subvencionadas pola Deputación en anos anteriores. 2. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. 3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, esgotando a referida resolución do procedemento a vía administrativa. QUINTA. Documentación As solicitudes, no modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial ou nos rexistros e lugares ós que fai referencia o artigo 38 da LRXAP e PAC, debidamente cubertas e xunto cos seguintes documentos: 1.Proxecto da actividade no que consten os epígrafes do “anexo 1”. 2.Presuposto detallado e asinado da actividade a subvencionar 3.Fotocopia do DNI da representación legal da asociación debidamente autenticada e acreditar o seu cargo a través dunha certificación da secretaria da entidade ou fotocopia compulsada da acta na que se recolla a composición do órgano de dirección. 4.Fotocopia do CIF da asociación, debidamente autenticada. 5.No caso de que o solicitante non sexa unha asociación de mulleres, e sexa a primeira vez que presenta unha solicitude, deberá achegar certificación conforme ter constituída a vogalía da muller con anterioridade o ano 2007. 6.Declaración xurada da secretaria da asociación de que nin esta nin a súa representación legal se atopan incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (anexo 3). 7.Declaración das subvencións, axudas ou ingresos obtidos a través doutras Administracións para a mesma finalidade (anexo 3). 8.Certificación ou documento acreditativo de estar a Asociación ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (Axencia Estatal da Administración Tributaria) e coa Seguridade Social, ou declaración responsable e de compromiso de veracidade da presidenta da asociación de atoparse ó corrente no cumprimento de ditas obrigas ou autorizar a esta Deputación a obter ditas certificacións. De non cumprirse ditos requisitos, poderán ser subsanados segundo o disposto no artigo 71 da Lei de 30/1992 de procedemento administrativo, modificada pola Lei 4/1999, de 6 de xaneiro, concedéndose a teor do indicado precepto legal, un prazo de 5 días para que se repare a falta ou se acheguen os documentos preceptivos con indicación de que si así non o fixese entenderá que rexeita a petición. SEXTA. Prazos. O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación das Bases no B.O.P. SÉTIMA.Contía. Sempre que haxa solicitudes que reúnan os requisitos esixidos na presente convocatoria, concederanse axudas ata que se esgote o presuposto. 1.A contía máxima a subvencionar será de 3.500 euros. 2.A contía da axuda para a realización de cursos virá determinada fundamentalmente polos seguintes factores: a) Tipo de curso (escollerase un curso do anexo 2), puntuarase segundo a posibilidade de inserción dependendo da demanda laboral actual. b)Número de horas do curso (mínimo 80 horas), puntuaranse máis os cursos de maior número de horas, ata un máximo de 300 horas. c)Intensidade do curso (número de horas á semana), puntuándose este criterio a partir das dez horas de curso semanais. d)Repercusión formativa e de inserción laboral da actividade no ámbito local ou provincial. A redución do número de horas do curso unha vez aprobada a axuda pola Deputación, levará consigo a redución segundo baremo establecido para a determinar a contía da subvención. En ningún caso a contía das axudas recibidas por todos os conceptos poderá superar o custo total da actividade. OITAVA. Xustificación e pagamento As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustificar a actividade, de conformidade co previsto no artigo 30 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, nos tres meses seguintes a súa realización e, en todo caso, por motivos xustificados, antes do 15 de decembro de 2007, salvo situacións excepcionais de prórroga. Para o pagamento da subvención terase en conta o seguinte: No caso de que se xustifique gasto polo 100% do presuposto subvencionado aboarase a totalidade subvencionada. No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100% aboarase a parte proporcional da subvención. Os documentos a presentar serán os seguintes: 1.Xustificación do cumprimento da finalidade: a)Memoria explicativa, debidamente asinada, da actividade desenvolvida (anexo 4): descrición do curso, número de horas impartidas, nome e D.N.I. do monitor/a e título (cando o monitor que imparta o curso pertenza á asociación que solicita a axuda, deberá acreditar a súa formación específica para tal fin, e ser aprobado en asemblea xeral), relación de participantes co seu D.N.I. e cumprimento dos obxectivos propostos. b)Xustificación da difusión da cofinanciación por parte da Deputación na publicidade da asociación (dípticos, trípticos, carteis, etc.) nos cursos realizados. 2.Xustificación de gastos: a)Conta xustificativa de gastos (anexo 5): nela se determinará o custo ou gasto total da actividade subvencionada, coa declaración responsable de que os gastos que figuran na conta se aplicaron para a finalidade subvencionada (detalle dos gastos por conceptos, sinalando por cada un deles prezos unitarios e prezo total do concepto). b)Declaración responsable de que os gastos que figuran na conta se aplicaron á finalidade subvencionada (anexo 5). c) Declaración responsable de que todos os documentos que avalan os gastos (facturas e demais documentos de valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo) se atopan no local social da asociación a efectos da súa posible revisión pola administración que lle outorga a subvención (anexo 5). d)Xustificación dos gastos con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida. 3.Xustificación dos ingresos: a)Conta xustificativa de ingresos: detalle por entidades, organismos, particulares, etc.(anexo 5). b)Declaración responsable de que os ingresos ou recursos alleos non superan o custo ou gasto da actividade subvencionada (anexo 5). c)Recursos propios utilizados. 4.Certificación de datos bancarios da Asociación. NOVENA. Reintegro. No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modificar a finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das cláusulas da presente convocatoria, o beneficiario reintegrará a contía concedida, sempre que non transcorran catro anos dende a súa concesión. Infracción e sancións: aplicaranse as establecidas nos artigos 52 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. DÉCIMA. Control. Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control financeiro que efectúe a Deputación Provincial e ás previstas na lexislación do Consello de Contas tendo que facilitar toda a información que lles sexa requirida. DÉCIMO PRIMEIRA. Dereito supletorio. No que non prevexan as presentes Bases, estarase ó disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións e demais normas de pertinente aplicación. DÉCIMO SEGUNDA. Órgano competente para a súa aprobación. Ó abeiro da Base 16.2 de Execución do Presuposto para o ano 2007, e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei Xeral de Subvencións, o órgano competente para a aprobación destas Bases Reguladoras é a Xunta de Goberno.” ------ Folla: 3.14694.- SOLICITUDE DO CONSORCIO DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO CUARTO TRIMESTRE DO ANO 2006 Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Excma. Deputación, que ascende a 123.293,78 € para gastos de funcionamento do 4º trimestre do ano 2006, e o informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a cantidade de 123.293,78 €, como achega da Deputación para o ano 2006 ó Consorcio durante o cuarto trimestre. 2. Declarar de aboo a favor do Consorcio a cantidade de 123.293,78 € con cargo á partida 06/911.223.467.01. ------ Folla: 4.14695.- MODIFICACIÓN DA CONCESIÓN DE AXUDA ECONÓMICA E PERMISO PARA ASISTENCIA A CURSO DUNHA FUNCIONARIA CONCEDIDA EN XUNTA DE GOBERNO DE DATA 10 DE NOVEMBRO DE 2006 Visto o escrito presentado por Dona Beatriz de la Cruz Casalderrey, contratada laboral por obra ou servizo, adscrita ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, interesando o reintegro dos gastos ocasionados no desprazamento realizado, en representación deste Organismo Provincial, ó “II Encontro de Ibercarto”, do grupo de traballo de Cartotecas hispano-lusas, que tivo lugar os días 23 e 24 de novembro de 2006 en Lisboa (Portugal), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a petición formulada pola interesada, por non efectuar o desprazamento conforme ó disposto no acordo que autorizou esta comisión de servizos. ------ Folla: 5.14696- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS A) Dada conta de que con data 21 de decembro de 2006 ten entrada no Rexistro Xeral comunicación do despacho de avogados QUESADA de A Coruña, que ostenta a defensa desta Deputación, en virtude do contrato subscrito con AXA Aurora Ibérica de Seguros, S.A., nos autos de recurso contencioso administrativo núm. 5276/2003 promovidos por Dona JOSEFA ADÁN RODRIGUEZ contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 2907, termo municipal de Redondela, o día 28 de xaneiro de 2003, acompañando sentenza ditada nos referidos autos, que estima o recurso, anulando o acordo da Xunta de Goberno e ordenando unha indemnización ó demandante de 13.020,31 € máis os xuros legais dende o 20 de agosto de 2003. A Xunta de Goberno queda enterada da devandita sentenza, acordando o cumprimento nos seus propios termos. B) Dada conta de que con data 29 de decembro de 2006 ten entrada no Rexistro Xeral comunicación do despacho de avogados QUESADA de A Coruña, que ostenta a defensa desta Deputación, en virtude do contrato subscrito con AXA Aurora Ibérica de Seguros, S.A., nos autos de recurso contencioso administrativo núm. 4587/2002 promovidos por D. LORENZO ALONSO MANEIRO contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada Peinador-Os Balos (Guizán), termo municipal de Mos, o día 22 de marzo de 2001, acompañando sentenza ditada nos referidos autos, que estima o recurso, anulando o acordo da Xunta de Goberno e ordenando unha indemnización ó demandante de 889,21 € máis os xuros legais, conforme ó disposto no art. 141 da Lei 4/1999, de 13 de xaneiro. A Xunta de Goberno queda enterada da devandita sentenza, acordando o cumprimento nos seus propios termos. C) Dada conta de que con data 21 de decembro de 2006 ten entrada no Rexistro Xeral comunicación do despacho de avogados QUESADA de A Coruña, que ostenta a defensa desta Deputación, en virtude do contrato subscrito con AXA Aurora Ibérica de Seguros, S.A., nos autos de recurso contencioso administrativo núm. 5083/2003 promovidos por D. CARLOS MÍGUEZ PAZOS contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 7201 tramo Arcade-Pazos-Ponteareas, o día 7 de decembro de 2000, acompañando sentenza ditada nos referidos autos, que estima parcialmente o recurso, anulando o acordo da Xunta de Goberno e ordenando unha indemnización ó demandante de 22.627,29 € máis os xuros legais dende o 12 de novembro de 2002 ata a data da sentenza. A Xunta de Goberno queda enterada da devandita sentenza, acordando o cumprimento nos seus propios termos. D) Dada conta de que con data 21 de decembro de 2006 ten entrada no Rexistro Xeral comunicación do despacho de avogados QUESADA de A Coruña, que ostenta a defensa desta Deputación, en virtude do contrato subscrito con AXA Aurora Ibérica de Seguros, S.A., nos autos de recurso contencioso administrativo núm. 4372/2002 promovidos por D. JOSÉ ANTONIO LOIRA GONZÁLEZ contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada Figueirido-S. Xulián de Marín, o día 8 de maio de 2006, acompañando sentenza ditada nos referidos autos, que desestima o recurso ó terse pedido pola demandante no escrito de demanda a condena da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e non a desta Deputación Provincial. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da devandita sentenza. E) Dada conta que con data 2 de xaneiro de 2007 ten entrada nesta Deputación Auto do Xulgado do Contencioso nº 2 de Pontevedra, de data 22 de decembro de 2006, polo que se ten por desistida a Dona Mª del Pilar Álvarez Sanjuan do recurso número 251/2006, promovido contra esta Deputación, o Concello de Moaña e Aqualia Gestión Integral Agua, S.A., por danos en accidente de tráfico na EP 1102 Meira-Fraga (Moaña), ó haberse satisfeito as pretensións formuladas no recurso fóra do proceso por parte da codemandada Aqualia Gestión Integral Agua, S.A. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do referido Auto ------ Folla: 6.14697- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.14698- PERMISO E CONCESIÓN DE AXUDA PARA ASISTENCIA A CURSO A DÚAS TRABALLADORAS DO PROXECTO MERCURIO De conformidade á proposta de data 22 de decembro de 2006, pola que a Xefa do Servizo de Acción Social solicita permiso e axuda económica para que Dona. Rebeca Domínguez Pérez, Coordinadora do proxecto Mercurio e Dona. Remedios Pérez González, Técnica de apoio á coordinación do citado Proxecto, poidan asistir, en representación deste Organismo Provincial, á reunión coa Técnica Responsable do seguimento do Proxecto na Unidade Administradora do Fondo Social Europeo (UAFSE), dependente do Ministerio de Asuntos Sociais, co fin de concretar as actividades da última fase do Proxecto e que se celebrará o próximo día 10 de xaneiro de 2.007 en Madrid, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das facultades que lle confire o artigo 61.12 do Real decreto 2568/86, de 28 de novembro e o artigo 105 da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia, conceder a Dona Rebeca Domínguez Pérez e a Dona Remedios Pérez González o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 791,50 euros, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación de detalla: Desprazamento: (incluído coche propio de Rebeca Domínguez) Pontevedra-Vigo-Pontevedra:..................................... 11,40 € Autoestrada (ida e volta):............................................ 5,30 € Avión: ............2 persoas.......................................................... 600,00 € Taxi: (Aeroporto-Hotel-Aeroporto e despraz. por Madrid)....... 100,00 € TOTAL DESPRAZAMENTOS: ........... 716,70 € Dietas: ( saída o día 10 pola maña e regreso mesmo día despois das 22:00) Día 10: (1 dieta x 2 persoas) .................................................. 74,80 € TOTAL: ........... 74,80 € Ditas cantidades imputaranse ás partidas 07/313.623.230.01 de dietas por importe de 74,80 € e á 07/313.623.231.01 de locomoción por importe de 716,70 € do vixente presuposto provincial. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.14699- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN POR CONCURRENCIA COMPETITIVA DAS AXUDAS A CONCELLOS PARA DOTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS A PRAIAS-2007 Vistos os informes emitidos polo Enxeñeiro Director do Servizo Agrario, a Asesoría Xurídica e o de Intervención no que certifica a existencia de consignación por importe de cincocentos vinte mil euros (520.000,00 €) na partida 07/711.442.762.82 do vixente presuposto provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases reguladoras da concesión por concorrencia competitiva das axudas a concellos para dotación de servizos básicos a praias-2007. Ditas Bases son como seguen: “BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN POR CONCORRENCIA COMPETITIVA DE SUBVENCIÓNS ÓS CONCELLOS PARA A DOTACIÓN DOS SERVIZOS BÁSICOS ÁS PRAIAS- 2007 A Deputación de Pontevedra, para manter as praias da provincia e o seu contorno nas debidas condicións de limpeza e seguridade, vai continuar coas axudas para a dotación de servizos básicos ás praias iniciadas fai nove anos. 1.- Obxecto da convocatoria. Constitúe obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se haberá de seguir para a concesión de subvencións que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida orzamentaria 711.442.762.82, para dotar de servizos básicos ás praias e ó seu contorno, cun crédito inicial de cincocentos vinte mil euros (520.000,00 €). 2.- Actuacións susceptibles de axudas e contía da subvención. 2.1.- Serán obxecto de axudas os investimentos realizados en equipamentos para o mantemento das praias nas debidas condicións de hixiene e seguridade: duchas, puntos de auga potable, torres de vixilancia, megafonía para a advertencia de perigo, balizaxes para separación de zonas de baño, sinalización adecuada de servizos básicos e accesos, maquinaria de limpeza e demais equipamentos necesarios para ese fin que non se encontren aquí especificados. 2.2.- As axudas económicas poderán acadar o 75% do investimento realizado, ata un máximo de trinta e seis mil sesenta e un euros (36.061,00 €) por proxecto. A concesión das axudas será competencia do órgano previsto nas Bases de execución do presuposto, previo informe da Comisión Informativa de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente, salvo casos de urxencia nos que poderán concederse dándolle conta despois á Comisión. 3.- Beneficiarios. Poderá solicitar a subvención calquera municipio que teña unhas praias que se frecuenten habitualmente na época estival e que carezan dos servizos que se especifican no punto anterior, ou ben que desexen melloralos. 4.- Formalización das solicitudes. 4.1.- As solicitudes asinadas polo Alcalde do Concello solicitante dirixiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegándose a seguinte documentación: a.Memoria explicativa e detallada dos equipamentos que adquirirán. Na memoria debe figurar o nome e maila extensión das praias obxecto da actuación e, no caso de que sexa posible, co plano correspondente. b.Especificacións técnicas dos equipos dos que se prevexa a adquisición. c.Presuposto desagregado da obra ou dos equipos dos que se prevexa a adquisición. Se a actividade subvencionada supera os 30.000,00 € no caso de inversións ou 12.000,00 € no caso de subministros, deberanse presentar tres presupostos. d.Certificado do acordo do órgano competente da Corporación polo cal se acolle á subvención e se compromete a realizar a actuación. e.Certificación oficial, expedida polo funcionario competente, na que conste se obtivo ou solicitou axudas para estas actuacións a outras administracións públicas e a súa contía en relación co presuposto total da actuación. 4.2.- O Servizo Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar aclaracións ou ampliacións de información, así como propor que se condicione a concesión da subvención a aceptar as modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. As solicitudes que non cumpran tódolos requisitos esixidos terán un prazo de 10 días para ser subsanados. 5.- Prazo de presentación de solicitudes. As axudas suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante 45 días naturais no Rexistro Xeral da Deputación Provincial e na forma establecida no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de RXAP. 6.- Concesión. 6.1.- O procedemento ordinario de concesión das axudas será o de concorrencia competitiva. 6.2.- Co fin de atender imprevistos, accións que non admitan demora ou polos motivos expostos na base 25º.3 das de execución do presuposto a Presidencia poderá dispoñer de ata un 20% do crédito destinado a estas axudas fóra do prazo anteriormente sinalado. 7.- Condicións e selección de solicitudes. 7.1.- Na selección de solicitudes teranse en conta os seguintes criterios: - Concello declarado de interese turístico galego. - Importancia turística do Municipio. - Número de usuarios das praias. - Praias candidatas para obteren a bandeira azul da UE. - Número de praias. - Interese provincial. 7.2.- Os Concellos beneficiarios deberán facer constar a colaboración da Deputación Provincial en tódalas actuacións ou adquisicións que realicen. 8.- Xustificación e aboamento das subvencións. 8.1.- As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou as rexeitan expresamente no prazo de dez días contados dende a súa notificación. Así mesmo os beneficiarios poderán, por razóns xustificadas, solicitar a reformulación das axudas concedidas. 8.2.- Será esixida a xustificación do 100% do presuposto presentado para recibir a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do presuposto subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención. 8.3.- Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos: - Memoria detallada da actuación - Escrito asinado polo Alcalde que se lle dirixirá ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación solicitando que se efectúe o pagamento da subvención e indicando a contía e mailo concepto subvencionado, así como o número da conta corrente á que teña que enviar a transferencia. - Facturas orixinais, fotocopia compulsada das mesmas, ou certificación da obra realizada - Certificado acreditativo, expedido polo secretario, de que as facturas ou certificacións que se presentan como xustificante as aprobou o órgano de decisión correspondente. Certificación oficial, expedida polo funcionario competente, na que conste se obtivo ou solicitou axudas para o mesmo fin a outras administración públicas e a súa contía en relación co presuposto total da actuación. - Certificación oficial, expedida polo funcionario competente, na que conste que se fixo a debida divulgación do financiamento pola Deputación da actividade subvencionada. 8.4.- A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase antes do 31 de marzo de 2008. 9.- Control e seguimento das subvencións. A Deputación Provincial poderá levar a cabo a comprobación da execución da obra ou dos investimentos subvencionados por parte dos técnicos provinciais. 10.- Responsabilidades. O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. 11.- O Órgano competente para a aprobación destas bases será a Xunta de Goberno, segundo se recolle na base 16.2 das de execución do presuposto para 2007. 12.- Dereito supletorio. E no non previsto nestas bases estarase ó disposto na lexislación de contratos e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e demais lexislación de pertinente aplicación.” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.14700- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA CONTRATACIÓN DA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DAS VIAXES Á ESTACIÓN DE SAN ISIDRO PARA OS ESTUDANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DENTRO DO PROGRAMA “SEMANA BRANCA” DA DEPUTACIÓN Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 17 de novembro de 2006 polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, da xestión e organización das viaxes á estación de San Isidro para os estudantes da provincia de Pontevedra dentro do programa “Semana Branca” da Deputación de Pontevedra, por un tipo máximo de licitación de 290,00 euros/persoa, IVE incluído e para un máximo de 1.000 persoas beneficiarias. Resultando que o anuncio do concurso para a contratación da xestión e organización das viaxes á estación de San Isidro para os estudantes da provincia de Pontevedra dentro do programa “Semana Branca” da Deputación de Pontevedra, foi publicado no BOP número, 226 e no DOGA número 229, de datas 24 e 28 de novembro de 2006, respectivamente. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura de plicas tivo lugar o día 18 de decembro de 2006, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das plicas presentadas polas empresas Viajes El Corte Inglés SA; Viajes Turvisan SL, Viajes Iberia, S.A.; Viajes Halcón, S.A.; Hemisferios, S.L.; Viajes S.T. Sanxenxo, S.L.; Viajes Marsáns S.A. e Xestión Cultural Áurea, S.L., as cales foron admitidas ó concurso, pasándose o expediente a informe dos correspondentes servizos técnicos do Servizo de Acción Social desta Deputación. Vista a proposta formulada pola Mesa de Contratación na reunión do día 5 de xaneiro de 2007 para que se lle adxudique o concurso á empresa, Viajes Marsáns, SA por resultar a oferta máis vantaxosa das presentadas e admitidas, de acordo co informe emitido pola Xefa do Servizo de Acción Social, de data 4 de xaneiro de 2007, así como por reunir os requisitos esixidos nos pregos de condicións que rexen dito concurso. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Adxudicar á empresa, Viajes Marsáns, SA (C.I.F. A-08018921), o concurso convocado para a contratación da xestión e organización das viaxes á estación de San Isidro para os estudantes da provincia de Pontevedra dentro do programa “Semana Branca” da Deputación de Pontevedra, polo prezo ofertado de douscentos setenta e cinco euros por cada persoa beneficiaria do programa (275,00 €/persoa), IVE incluído, e para un máximo de 1.000 persoas beneficiarias. A adxudicación a favor da empresa Viajes Marsáns, SA, motívase por resultar a oferta máis vantaxosa das presentadas e admitidas, así como por reunir os requisitos esixidos nos pregos de condicións que rexen dito concurso. Unha vez adxudicado o contrato o financiamento do mesmo queda da seguinte forma: A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 90,00 euros por cada persoa participante. Os concellos que participen neste programa contribuirán coa cantidade de 30,00 euros por persoa. As persoas beneficiarias aboarán a cantidade de 155,00 euros. O pago das cantidades imputables á Deputación de Pontevedra serán libradas no seu día ó adxudicatario con cargo á partida, 07/313.313.227.09, do vixente presuposto provincial, e dito pago efectuarase de conformidade co estipulado na cláusula número 3 do prego de condicións económico-administrativas que rexen este concurso. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo máximo do contrato que financia a Deputación, por importe de 3.600,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo acórdase a devolución das fianzas provisionais constituídas polos licitadores que non resultaron adxudicatarios. A fianza provisional da empresa adxudicataria será devolta unha vez constitúa a fianza definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 94,19 euros e 251,25 euros, (total 345,44 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 10.14701.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as nove horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Vicesecretario Acctal., ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición