Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2007-01-19_Ordinaria. Acta de sesión 2007/01/19_Ordinaria
Acta de sesión 2007/01/19_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/3.2007-01-19_Ordinaria
Título Acta de sesión 2007/01/19_Ordinaria
Data(s) 2007-01-19 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e vinte e cinco minutos do día dezanove de xaneiro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14722.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 12 de xaneiro de 2007. ------ Folla: 2.14723.- DAR CONTA DA RENUNCIA DE DONA CARMEN DOPAZO FERNÁNDEZ, VECIÑA DO CONCELLO DE GONDOMAR Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA CONCEDIDA NO SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 22 DE XULLO DE 2005 Aprobada pola Xunta de Goberno de 22 de xullo de 2005 unha subvención para arranxo de vivenda por importe de 2.149,48 € a favor de Dª Carmen Dopazo Fernández e comunicada pola traballadora social do seu concello, con data 1 de decembro de 2006, a renuncia expresa da citada beneficiaria respecto a tal subvención, ante a imposibilidade de levar a cabo a obra obxecto da mesma, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia de Dª. Carmen Dopazo Fernández á subvención de 2.149,49 € para arranxo de vivenda aprobada pola Xunta de Goberno de 22 de xullo de 2005, a favor desta veciña do concello de Gondomar. ------ Folla: 3.14724.- ANULACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA CONCEDIDA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 28 DE XULLO DE 2006 A FAVOR DE DONA DOLORES MONTERO SOUTO, VECIÑA DO CONCELLO DE AGOLADA Aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006 unha subvención para arranxo de vivenda por importe de 1.076,92 € a favor de Dª Dolores Montero Souto, veciña do concello de Agolada, e comunicada o 14 de decembro polo Sr. Alcalde do devandito concello a imposibilidade de levar a cabo tal subvención, xa que a beneficiaria da mesma xa ten outra axuda de semellante tipoloxía, que cubre o arranxo xeral da casa, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade anular a subvención de 1.046,92 € aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, a favor de Dª Dolores Montero Souto, veciña do concello de Agolada para arranxo da súa vivenda. ------ Folla: 4.14725.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE DONA ROSA SANTOS LORENZO, VECIÑA DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR. Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial na súa sesión de 28 de xullo de 2006, unha subvención de 3.138,99 € a favor de Dª. Rosa Santos Lorenzo, veciña do Concello de Soutomaior, para arranxo da súa vivenda, e comunicada en decembro do pasado ano polo Sr. Alcalde de tal concello a solicitude de prórroga para a xustificación, presentada pola beneficiaria da devandita subvención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 31 de xullo de 2007 para a xustificación da subvención para arranxo de vivenda que, polo importe de 3.138,99 €, aprobou a Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006 a favor de Dª. Rosa Santos Lorenzo, veciña do concello de Soutomaior. ------ Folla: 5.14726.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. (C.I.F. A.36.018.786) A constituída en metálico, por importe de sesenta e un mil corenta e catro euros con cincuenta e catro céntimos (61.044,54 €), para responder de “Materiais acopiados incluídos na certificación núm.1 da obra: CENTRO SOCIO CULTURAL E XUVENIL SANTA EULALIA (RIBADUMIA)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/10/2005 segundo núm.200500099659 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. OPAIN, S.L(C.I.F. B.36.719.490) A constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de vinte e seis mil oitocentos cincuenta e oito euros con trinta e dous céntimos (26.858,32 €), para responder de “Materiais de acopios incluídos na certificación núm. 6 da obra: CONSTRUCCIÓN DUN PAVILLÓN POLIDEPORTIVO EN MEAÑO”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/12/2005 segundo núm.200500116512 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (C.I.F. B.36.052.876) A constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de catro mil sesenta e nove euros con trinta e tres céntimos (4.069,33 €), para responder de “E.P.7202 PEREIRA- ACIBEIRO E RAMAL (FORCAREY)”, (Remanentes PPC-2002), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/12/2002 segundo núm.200200104354 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L . (NIF. B36477677) A constituída en metálico, por importe de novecentos cincuenta e oito (958,00 €), para responder da asistencia técnica para a organización de varios seminarios de difusión da cultura emprendedora englobadas no proxecto Cidade+, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/12/2005 co número de operación 200500114978, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L . (NIF. B36477677) A constituída en metálico, por importe de mil cento noventa e catro euros (1.194,00 €), para responder da asistencia técnica para a impartición dun módulo de ofimática dentro da formación transversal do Proxecto Cidade+, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/09/2005 co número de operación 200500087095, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORAMA CONSULTORES, S.L . (NIF. B15614696) A constituída en metálico, por importe de seiscentos setenta e catro euros con oito céntimos (674,08 €), para responder da asistencia técnica para a organización, xestión e execución do Plan Agrupado de Formación maio-xuño 2006 da zona do Salnés, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 30/06/2006 co número de operación 200600059627, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAPELERÍA MONTES (NIF. 35247049D) A constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de setecentos dezaoito euros con oitenta e un céntimos (718,81 €), para responder do subministro dunha estación total automática para a medición e replanteo de obras da marca Geodimeter e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 30/04/2004, co número de operación 200400031628, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. AELSA, S.A. (NIF. A36124956) A constituída en valores, mediante aval de Banco Simeón, por importe de setecentos nove euros con dezanove céntimos (709,19 €), para responder do subministro de automóbil marca Opel, modelo Zafira Elegance 2.0 DTI, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 27/02/2001, co número de operación 200100009220, SIC/2001010579, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. DOCUMENTACION E IMAGEN DEL NOROESTE-PONTEVEDRA, S.L (NIF.B36.399.087) A constituída en valores, mediante aval de Banco Sabadell, por importe de mil cento noventa e seis euros (1.196,00 €), para responder de subministro dunha fotocopiadora dixital para a unidade de conserxería e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 16/11/2005, co número de operación 200500103957, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. ZICO ESPAÑA, S.L (NIF. B36.103.026) A constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de mil cento noventa e nove euros con noventa e nove céntimos (1.199,99 €), para responder do subministro de camisetas serigrafiadas para atencións protocolarias da Presidencia desta Deputación e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 17/08/2006, co número de operación 200600070783, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. FORMADE, S.L (NIF. B36.935.690) A constituída en metálico, por importe de mil cento noventa e sete euros con noventa e dous céntimos (1.197,92 €), para responder da Asistencia Técnica para a organización, xestión do Plan Agrupado de Formación setembro-decembro 2006 Modalidade On Line, no segundo semestre e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/11/2006 co número de operación 200600097030, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORMADE, S.L (NIF. B36.935.690) A constituída en metálico, por importe de mil cento noventa e dous (1.192,00€), para responder da Asistencia Técnica para a organización, xestión do Plan Agrupado de Formación 2006 modalidade On Line, no primeiro trimestre e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 19/06/2006 co número de operación 200600055130, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L (NIF B36.477.677) A constituída en metálico, por importe de seiscentos cincuenta euros (650,00€), para responder da Asistencia Técnica para a organización, xestión do Plan Agrupado de formación maio-xuño 2006 para o persoal funcionario e laboral integrado na zona de Pontevedra e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/07/2006 co número de operación 200600065391, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 6.14727.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DA REALIZACIÓN DE DOUS PRODUTOS FORMATIVOS MULTIMEDIA DENTRO DO MARCO DO PROXECTO MERCURIO Visto o escrito da xefa do Servizo de Acción Social mediante o que participa, que a Deputación, dentro do marco do Proxecto Mercurio e coa finalidade de contribuír á mellora da capacitación profesional necesita levar a cabo a creación de dous produtos de xestión comercial: un dirixido a mulleres empresarias e outro a emigrantes retornados do sector comercial da provincia de Pontevedra, cuxo custo estímase na cantidade máxima de 82.000,00 euros, IVE incluído. Visto o documento Rc emitido por Intervención con núm. de operación 200600105411 polo que se certifica a existencia de crédito para facer fronte ó gasto e vistos así mesmo os informes emitidos polo Sr. Secretario Xeral sobre o prego de condicións economico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e o de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, a contratación da realización de dous produtos de xestión comercial dirixidos a empresarias e a emigrantes retornados da provincia de Pontevedra dentro do Proxecto Mercurio cun presuposto máximo de oitenta e dous mil euros (82.000,00 euros), IVE incluído. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar o gasto por importe máximo de 82.000,00 euros con cargo á partida 07/313.623.227.06.2006 do vixente Presuposto Provincial. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e de prescricións técnicas que rexerán o concurso como Lei fundamental. Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, A REALIZACIÓN DE DOUS PRODUTOS DE XESTIÓN COMERCIAL DIRIXIDOS A EMPRESARIAS E A EMIGRANTES RETORNADOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DENTRO DO MARCO DO PROXECTO MERCURIO 1.- OBXECTO.- A realización de dous produtos formativos multimedia de xestión comercial, un deles dirixido a empresarias e outro a emigrantes retornados do sector comercial da provincia de Pontevedra, dentro do marco do Proxecto Mercurio. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 07/313.623.227.06.2006 do vixente Presuposto Provincial. 3.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas e unha vez prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.-PRAZO DE EXECUCIÓN.- A empresa adxudicataria deberá presentar un calendario de actuación detallado e xustificado, debendo estar todas as actuacións concluídas antes do 31 de xullo de 2007. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima oitenta e dous mil euros (82.000,00 €), IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rdl 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizada a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (ó número 986-80 41 26) ou telegrama no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA REALIZACIÓN DE DOUS PRODUTOS DE XESTIÓN COMERCIAL UN DIRIXIDO A EMPRESARIAS E OUTRO A EMIGRANTES RETORNADOS DO SECTOR COMERCIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DENTRO DO MARCO DO PROXECTO MERCURIO Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposición económica. Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2.- Proposta de deseño e innovación. 3.-Descrición e contido dos programas. 4.-Outras melloras plantexadas. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA REALIZACIÓN DE DOUS PRODUTOS DE XESTIÓN COMERCIAL UN DIRIXIDO A EMPRESARIAS E OUTRO A EMIGRANTES RETORNADOS DO SECTOR COMERCIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DENTRO DO MARCO DO PROXECTO MERCURIO Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a.Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b.Poder debidamente bastanteado. c.En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.R. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.R. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a.Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, na súa falta seguro de indemnización por riscos profesionais. b.Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c.Declaración que indique o termo medio anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os tres últimos anos. d.Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e.Titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. f.Relación dos principais traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. 9-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O secretario Xeral da Corporación. -O interventor da Corporación. -O xefe do Servizo de Proceso de Datos. -A xefa do Servizo de Acción Social. SECRETARIO: O técnico adxunto ó xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos Sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1.- Deseño e innovación dos produtos formativos, ata 30 puntos. 2.- Metodoloxía e adaptación dos contidos formativos ó sector comercial, ata 30 puntos. 3.- Outras melloras, ata 20 puntos. 4.- Prezo, ata 20 puntos. 12.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 7ª. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. No obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calesqueira outros que xere o expediente, que se orzamentan na contía máxima de 600,00 euros. 15.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á administración. 16.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 214 do TR da LCAP. 17.-RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no Rdl 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 18.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo Órgano de Contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso-Administrativa, a teor da Lei de dita xurisdición. 19.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don .........., maior de idade, veciño de ........., con domicilio en ........ titular do DNI .........., expedido en data ........., actuando en nome propio ou en representación de .......... con domicilio en ........., teléfono ......... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante Concurso o contrato correspondente á REALIZACIÓN DE DOUS PRODUTOS DE XESTIÓN COMERCIAL UN DIRIXIDO A EMPRESARIAS E OUTRO A EMIGRANTES RETORNADOS DO SECTOR COMERCIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DENTRO DO MARCO DO PROXECTO MERCURIO, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, polo prezo máximo de ....... euros, IVE incluído. Ofértanse como melloras ós contidos expostos no Prego de condicións as seguintes: (Enumerar). A valoración económica destas melloras é de ......... euros, IVE incluído. (Data e sinatura do propoñente)” ------ Folla: 7.14728.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº7 RELATIVA AS OBRAS DE “REHABILITACIÓN DO EDIFICIO PARA ARQUIVO PROVINCIAL” Vista a certificación núm.7 relativa as obras de “Rehabilitación do Edificio para Arquivo Provincial”, adxudicadas no seu día á Empresa FEYJU GALICIA, S.L, visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 29 de decembro pasado e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: FEYJU GALICIA,S.L. 06/432.451-622.03.2004 (C.I.F. B.36.620.383) (Deputación) 189.123,63 € Subtotal parcial …… 189.123,63 € Taxa dirección de obra 5.480,26 € Control de calidade 4.110,19 € Seguridade e saúde 685,03 € TOTAL …… 178.848,15 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 8.14729.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº8 RELATIVA AS OBRAS DE “VARIANTE DE PONTEARNELAS, INCLUÍDA NA PONTE SOBRE O RÍO UMIA (RIBADUMIA)” Vista a certificación núm.8 relativa as obras de “Variante de Pontearnelas incluída na Ponte sobre o Río Umia (RIBADUMIA)”, adxudicadas no seu día á Empresa U.T.E. PONTE ARNELAS (SERCOYSA-ALDESA), visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 29 de decembro pasado e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: U.T.E. PONTEARNELAS 06/511.511-665.00 294.131,54 € (SERCOYSA-ALDESA) (Deputación) (C.I.F. G.36.516.961) Subtotal parcial …… 294.131,54 € Taxa dirección de obra 8.523,08 € Control de calidade 5.689,16 € Seguridade e saúde 14.212,24 € TOTAL …… 279.919,30 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 9.14730.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS” Visto o escrito da Xefa do Servizo de Acción Social participando que a Deputación dentro das súas actividades sociais esta levando un programa denominado “Ti tamén contas” que ten a finalidade de promover, fomentar e mellorar a situación da persoas maiores da provincia de Pontevedra, mediante a realización de diversas actividades e cursos, cuxo custo se estima en 90.000,00 euros. Visto o informe do Xefe de contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación da asistencia técnica, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, a asistencia técnica para a organización e impartición das actividades do programa social “TI TAMÉN CONTAS”, cun tipo de corenta e dous euros (42,00 €) por hora de curso, IVE incluído, contando cun presuposto máximo de noventa mil euros (90.000,00 €), e en función á seguinte división por lotes: Zona 1, correspondente ás Comarcas de Caldas de Reis, Salnés, Pontevedra e Morrazo. Zona 2, correspondente a Vigo e arredores, Comarca de Condado, Paradanta e Baixo Miño. Así mesmo a Xunta de Goberno, acorda: Declarar a tramitación urxente do mencionado expediente por motivos de interese publico. Autorizar o gasto con cargo á partida 07/313.313.227.09 correspondente ó vixente Presuposto Provincial. Aprobar os pregos de cláusulas administrativas que rexerá o Concurso como lei fundamental. Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS” 1.- OBXECTO.- A organización e impartición de diversas actividades de formación dirixidos a asociacións de persoas maiores dentro do programa social “Ti Tamén Contas”, que ten como finalidade promover, fomentar e mellorar a situación da persoas maiores da provincia de Pontevedra. Estas actividades teñen como obxectivos específicos potenciar a autonomía das persoas maiores, mellorando a capacidade física e psíquica, previndo situacións de illamento, soidade ou escasa socialización deste colectivo. O contrato comprende a impartición de 34 cursos desagregados no prego de prescricións técnicas e que se engloban nas seguintes áreas: Desenvolvemento persoal e saúde. Arte e manualidades. Cultura tradicional. Informática. Os cursos terán unha duración máxima de 30 horas sendo impartidos un día á semana durante 2 horas. A empresa adxudicataria deberá achegar o programa do curso e o material didáctico (carpeta didáctica do programa e folios), así como ordenadores nos cursos de informática, unha cociña nos cursos de elaboración de licores e conservas e padiolas para os cursos de masaxes. Estes materiais deberán ser levados pola empresa ó local onde se van a impartir os cursos. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar os mesmos dividiuse o contrato en dúas grandes zonas de actuación: Zona 1, correspondente á Comarcas de Caldas de Reis, Salnés, Pontevedra e Morrazo. Zona 2, correspondente ás comarcas de Vigo, Condado, Paradanta e Baixo Miño. O número de cursos a realizar estímase nun máximo de setenta e un repartíndose entre as distintas zonas, sen que a Deputación se comprometa a contratar un número determinado, xa que estará en relación coas solicitudes que efectúen as asociacións, e sempre que non se supere a cantidade máxima sinalada na cláusula sexta. Os licitadores deberán presentar unha oferta por cada unha das zonas nas que estean interesadas en participar. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 07/313.313.227.09 do vixente Presuposto Provincial. 3.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN.-O programa de actividades “Ti tamén Contas” levarase a cabo durante os meses de febreiro, marzo e abril en diferentes puntos da provincia de Pontevedra 4.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase contra a presentación das facturas correspondentes ás actividades da zona adxudicada, unha vez finalizada as accións formativas e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O prezo unitario por curso fíxase na cantidade máxima de mil douscentos sesenta euros (1.260,00 €), en función dun prezo por hora de 42,00 €, IVE incluído. 6.- ORZAMENTO.- O presuposto deste programa fíxase na cantidade máxima de 90.000,00 euros, IVE incluído. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rdl/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizada a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante 15 días naturais seguintes á publicación do último anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30 /92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (ó número 986 80 41 26) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS” DA ZONA ______. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.Proposición económica. Que deberá axustarse ó modelo contido na cláusula final do presente prego, podendo ser excluída a oferta no caso de non cumprir este requisito. 2.Descrición da metodoloxía de traballo e contidos. 3.Descrición da capacidade dos monitores encargados da Impartición das actividades. Cada licitador só poderá presentar unha proposición por zona. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. No caso de presentarse a máis dunha zona, presentarase un único sobre B, e un sobre A por cada zona á que se licite. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS” DA ZONA ______. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a.Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b.Poder debidamente bastanteado. c.En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.R. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica a.Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, na súa falta, seguro de indemnización por riscos profesionais. b.Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c.Declaración que indique o termo medio anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os tres últimos anos. d.Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e.Titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. f.Relación dos principais traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. 10-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O secretario xeral da Corporación. -O interventor da Corporación.. -Unha asistenta social designada pola Presidencia. SECRETARIO: O técnico adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1.Proposta metodolóxica e de contidos, ata 4 puntos. 2.Formación, calidades e número de monitores para a impartición das actividades, ata 3 puntos. 3.Outras melloras, ata 2 puntos. 4.Menor prezo, ata 1 punto. 13.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 7ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 15.-GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente, que se orzamentan na contía máxima de 600,00 euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á administración. 17.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 214 do TR da LCAP. 18.-RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no Rdl 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 19.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo Órgano de Contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso Administrativa, a tenor da Lei de dita xurisdición. 20.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don ........, maior de idade, veciño de ......., con domicilio en .........titular do DNI ........., expedido en data ........, actuando en nome propio ou en representación de ............. con domicilio en.........., teléfono ........... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante Concurso o contrato correspondente á CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS” DA ZONA ______, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo seguinte prezo: Prezo por hora de acción formativa ____ (prezo de licitación 42,00€/hora), sendo o prezo total por curso de ____ (o prezo máximo por curso é de 1.260,00 €) As melloras que se ofertan son as seguintes: (enumerar e valorar) (Data e sinatura do propoñente)” ------ Folla: 10.14731.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI” Visto o escrito da xefa do Servizo de Acción Social participando que a Deputación dentro das súas actividades sociais esta levando un programa denominado “Pensa en ti”que ten a finalidade de concienciar ás mulleres do seu papel na sociedade actual , mediante a realización de diversas actividades e cursos, cuxo custo estímase en 220.000,00 euros, IVE incluído Visto o informe do xefe de contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación da asistencia técnica, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, a asistencia técnica para a organización e impartición das actividades do programa social “Pensa en Ti”, en función dun tipo de corenta euros (40,00 €) por hora de curso, IVE incluído, contando cun presuposto máximo de douscentos vinte mil euros (220.000,00 €), e en función da seguinte división por lotes: Zona 1, correspondente ás comarcas do Condado, Paradanta, Baixo Miño e Vigo sur. Zona 2, correspondente ás zonas de Vigo Norte e Centro. Zona 3, correspondente a Tabeiros e Deza. Zona 4, correspondente a Pontevedra e Caldas. Zona 5, correspondente á zona do Salnés Así mesmo a Xunta de Goberno, acorda: Autorizar o gasto con cargo á partida 07/313.313.227.09 correspondente ó Presuposto Provincial do ano 2007. Aprobar os pregos de cláusulas administrativas que rexerá o Concurso como lei fundamental. Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI”. 1.- OBXECTO.- A organización e impartición de diversas actividades formativas dirixidas a Asociacións de mulleres da provincia, dentro do programa social “Pensa en ti”. Este Programa de carácter social ten como finalidade concienciar ás mulleres do seu papel na sociedade actual, promover as súas relacións sociais para evitar o seu illamento, así como promocionar o traballo creativo e novos campos de interese. O contrato comprende a impartición de cursos englobados nas seguintes áreas: Arte e manualidades. Cultura tradicional. Desenvolvemento persoal e de saúde. Igualdade de oportunidades. Área de xestión. Os cursos terán unha duración máxima de 30 horas sendo impartidos un día á semana durante 2 horas. A empresa adxudicataria deberá achegar o programa de cada curso e o material didáctico (carpeta didáctica do programa e folios). Así mesmo deberá achegar os aparellos necesarios para a realización dos cursos (como ordenadores nos cursos de informática, padiolas nos cursos de masaxe, etc.), sen que en ningún caso se inclúan neste concepto o material funxible ou consumible que en todo caso deberao achegar a asociación ou as propias alumnas. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar os mesmos, dividiuse o contrato en cinco zonas de actuación: Zona 1, correspondente ás comarcas do Condado, Paradanta, Baixo Miño e Vigo sur. Zona 2, correspondente ás zonas de Vigo Norte e Centro, e o Morrazo. Zona 3, correspondente a Tabeiros e Deza. Zona 4, correspondente a Pontevedra e Caldas. Zona 5, correspondente á zona do Salnés. As cantidades de cursos a realizar estímanse nun máximo de 183, repartíndose entre as distintas zonas, sen que a Deputación se comprometa a contratar un número determinado por zona, xa que estará en relación co número de solicitudes efectuadas polas asociacións da provincia. Os licitadores deberán presentar unha oferta por cada unha das zonas en que este interesado en participar. 2.-FINANCIAMENTO.- Financiarase con cargo á partida 07/313.313.227.09 do vixente presuposto provincial. 3.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN.-O programa de actividades “Pensa en ti” levarase a cabo durante os meses de febreiro, marzo e abril en diferentes puntos da provincia de Pontevedra 4.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase contra a presentación das facturas correspondentes ás actividades da zona adxudicada, unha vez finalizada as accións formativas e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O prezo unitario por curso será de 1.200,00 €, en función dun prezo por hora de 40,00 €, IVE incluído. 6.-ORZAMENTO.-O presuposto deste programa fíxase na cantidade máxima de 220.000,00 euros. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rdl 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizada a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante 8 días naturais seguintes á publicación do último anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.D. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, TRÁMITE DE URXENCIA, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI” DA ZONA ______. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.Proposición económica. Que deberá axustarse ó modelo contido na cláusula final do presente prego, podendo ser excluída a oferta no caso de non cumprir este requisito. 2.Descrición da metodoloxía de traballo e contidos. 3.Descrición da capacidade dos monitores encargados da impartición das actividades. Cada licitador só poderá presentar unha proposición por zona. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. No caso de presentarse a máis dunha zona, presentarase un único sobre B, e un sobre A por cada zona á que se licite. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, TRÁMITE DE URXENCIA, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI” DA ZONA ______. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a.Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b.Poder debidamente bastanteado. c.En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.R. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica a.Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, na súa falta seguro de indemnización por riscos profesionais. b.Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c.Declaración que indique o termo medio anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os tres últimos anos. d.Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e.Titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. f.Relación dos principais traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. 9-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O secretario xeral da Corporación. -O interventor da Corporación.. -Unha asistenta social designada pola Presidencia. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos Sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1.Proposta metodolóxica e de contidos, ata 4 puntos. 2.Monitores destinados á impartición das actividades (Currículo que máis se axeite ás actividades, número, etc.), ata 3 puntos. 3.Outras melloras, ata 2 puntos. 4.Menor prezo, ata 1 punto. 12.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 8ª. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.-GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente, que se orzamentan na contía máxima de 600,00 euros. 15.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á Administración. 16.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 214 do TR da LCAP. 17.-RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no Rdl 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 18.-XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo Órgano de Contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso Administrativa, a teor da Lei de dita xurisdición. 19.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don ..........., maior de idade, veciño de .........., con domicilio en ........... titular do DNI .........., expedida en data ........, actuando en nome propio ou en representación de ........... con domicilio en ..........., teléfono .......... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante Concurso o contrato correspondente á CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI” DA ZONA ______, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo seguinte prezo máximo: Prezo por hora de acción formativa___________ (prezo de licitación 40,00€/hora), sendo o prezo total por curso de___________ (prezo curso máximo 1.200,00 € ). As melloras que se ofertan son as seguintes: (enumerar e valorar).” ------ Folla: 11.14732.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS De conformidade coa proposta de data 27 de decembro, pola cal o xefe do Servizo Agrario solicita permiso e axuda económica para asistir, en comisión de servizo e representando a esta Excma. Deputación Provincial, á Reunión do Comité de Coordinación Proxecto Nea, Interreg III-B, que terá lugar os próximos días 16 e 17 de xaneiro de 2007 en Oporto (Portugal), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, convalidar o acto e conceder a D. Carlos Bengoechea Peré o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 163,18 euros, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: (Saída 16 pola mañá e regreso día 17 antes 22:00 horas) Dietas: Día 16 (1 manutención e aloxamento: Portugal) 141,24€ Día 17 (½ manutención Portugal) 21,94€ TOTAL DIETAS 163,18€ Ditas cantidades imputaranse con cargo á partida 07/711.713.230.01 de dietas por importe de 163,18€. ------ Folla: 12.14733.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.14734.- APROBACIÓN DOS CAMBIOS DE APLICACIÓN SOLICITADOS POLO CONCELLO DE CANGAS, DAS OBRAS INCLUÍDAS NO PAM 2006-08, DENOMINADAS “1ª FASE DE ORDENACIÓN XERAL E URBANIZACIÓN DO BARRIO DO FORTE” PARA A OBRA “PAVIMENTACIÓN BARRIO DO FORTE E DOTACIÓN SERVIZOS”, COA MESMA SUBVENCIÓN QUE ANTERIOR, E DA ACTUACIÓN INCLUÍDA NO PAM 2006-08, ANUALIDADE 2006, DENOMINADA “ADQUISICIÓN VEHÍCULO POLICÍA” PARA “ADQUISICIÓN VEHÍCULO BRIGADA DE OBRAS”, COA MESMA SUBVENCIÓN QUE A ANTERIOR Vista a petición do Concello de CANGAS, de 22 de novembro e 18 de decembro pasados, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación das obras incluídas no PAM 2006-08, denominadas “1ª FASE DE ORDENACIÓN E URBANIZACIÓN DO BARRIO DO FORTE” para a obra “PAVIMENTACIÓN BARRIO DO FORTE E DOTACIÓN SERVIZOS”, coa mesma subvención que a anterior de 57.184,70 € na anualidade 2006, 113.815,16 € na anualidade 2007 e 91.490,82 € na do 2008, ascendendo o presuposto a 380.606,29€, e da actuación incluída no PAM 2006-08, anualidade 2006, denominada “ADQUISICIÓN VEHÍCULO POLICÍA”, para “ADQUISICIÓN VEHÍCULO BRIGADA DE OBRAS”, coa mesma subvención que a anterior de 16.097,00 €, suxeitas ás condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno núm. 17.13887, de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas
Ãrea de notas
Nota