ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2007/02/02_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/3.2007-02-02_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/02/02_Ordinaria

  • Data(s) 2007-02-02 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas do día dous de febreiro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia de Dona María Teresa Pedrosa Silva, Vicepresidenta da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal e os señores deputados D. José Juan Durán Hermida e D. José Manuel Figueroa Vila, escusando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14757.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de xaneiro de 2007. ------ Folla: 2.14758.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN “OS PAZOS” DE MEIS, Á SUBVENCIÓN PARA CURSO DE “COCIÑA” APROBADA NO SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 23 DE XUÑO DE 2006 Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión de 23/06/06 unha subvención a favor da Asoc. de MM. RR. “Os Pazos” de Meis, por importe de 1.000,00 euros para a realización dun curso de “Cociña” e presentando o 30/01/07 escrito da devandita Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada da citada renuncia. ------ Folla: 3.14759.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE AXUDAS ÁS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS, ANO 2007 Dada conta das Bases Reguladoras de axudas económicas ás Embarcacións Tradicionais. Visto os informes emitidos por Secretaría Xeral e Intervención na que certifica a existencia de crédito Rc 200700003516 e o ditame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 24 de xaneiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases de axuda económica ás Embarcación Tradicionais con base en portos da Provincia de Pontevedra, e cunha dotación de 75.000,00 €, con cargo á partida 07/711.711.779.02. Ditas bases son como seguen: “BASES REGULADORAS DE AXUDAS ÁS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS ANO 2007. A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, correspondendo a presente convocatoria ó exercicio 2007. 1.- Obxecto.- Constitúe o obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, cun crédito inicial de SETENTA E CINCO MIL EUROS (75.000,00 €) con cargo á partida orzamentaria 07/711.711.779.02, para axudas a investimentos realizados para a recuperación e construción de embarcacións tradicionais dedicadas a actividades de promoción socio-cultural. Estas axudas promoverán accións tendentes a recuperar o patrimonio marítimo tradicional e mellora das manifestacións culturais, así como a xerar beneficios no seu entorno. Materia Programa Partida Presuposto PESCA Axudas ás embarcacións tradicionais 07/711.711.779.02 75.000,00 € 2.- Tipos de investimentos que poderán acceder a unha axuda: Poderase subvencionar a recuperación e a construción de réplicas de embarcacións tradicionais de pesca para o uso en actividades de promoción socio-cultural. As ditas axudas son incompatibles co uso da embarcación para a pesca e a acuicultura, e con calquera das axudas incluídas no programa comunitario ou autonómico de construción e modernización de embarcacións pesqueiras. Poderanse solicitar axudas para todos aqueles accesorios e materiais de mantemento das embarcacións tradicionais, que sexan de inversión e necesarios para o seu uso nas mencionadas actividades (velas, motores, remolques, reparacións da cuberta, obra morta, arboladura, seguridade, etc.). As axudas económicas poderán alcanzar como máximo ata o 50% dos investimentos para os que se solicitan, valorándose en base ós presupostos e os proxectos presentados. 3.- Beneficiarios: Poderán solicitar estas axudas entidades de carácter social e cultural que teñan entre os seus obxectivos a recuperación e conservación do patrimonio marítimo, que reúnan os seguintes requisitos: 1.Carecer de fins de lucro. 2.Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra. 3.Estar inscrita no Rexistro de Asociacións de Galicia. 4.Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións. 4.- Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo Agrario ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es e irán dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente, achegando ademais a seguinte documentación: a)Memoria da actividade a desenvolver. b)Presuposto do investimento. c)Certificación do órgano competente na que se especifique o acordo polo que se concede autorización para facer a solicitude ó asinante dela. Se actuase en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia. d)Fotocopia compulsada dos estatutos da persoa xurídica ou sociedade. e)Fotocopia compulsada do documento que acredite a inscrición no rexistro de asociacións. f)Fotocopia compulsada da tarxeta de identificación fiscal. g)Declaración de non ter solicitadas axudas económicas e /ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. h)Declaración de compromiso de non transferir a propiedade da embarcación, no caso de resultar beneficiario destas axudas. i)Declaración asinada polo presidente da asociación ou asinante da solicitude conforme non estea incursa en causa de incompatibilidade ou incapacidade para poder percibir subvencións da Administración, conforme ó disposto no art. 13.3 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e coñece e acepta as bases da convocatoria. j)Xustificación suficiente de ser propietario ou armador da embarcación ou acreditación da cesión dela. k)Folla de Asento da embarcación ou solicitude de tela en trámite. l)Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas. m)Certificación bancaria na que conste o titular, o número de conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda. As entidades poderán solicitar só unha subvención por cada proxecto. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. O Servizo Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar as aclaracións ou ampliacións da información, así como propoñer que se condicione a concesión da subvención a aceptar as modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. 5.- Valoración e concesión.- Os proxectos serán valorados polo órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración: - Nº de socios da Asociación ata un máximo de 10 puntos. Características e interese da actuación ata un máximo de 20 puntos. As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños. O Ilmo. Sr. Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, de acordo coas Bases de Execución do Presuposto, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños. 6.- Lugar e prazo de presentación.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presentar as solicitudes correspondentes. 7.- Xustificación e pagamento das subvencións.- Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación do investimento, cumprindo co disposto no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas. Os técnicos do Servizo Agrario informarán sobre a realidade do investimento. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no presuposto inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. Para o pago da subvención terase en conta o seguinte: a)No caso de que se xustifique gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. b)No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da mesma. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: Memoria asinada polo asinante da solicitude, conforme as accións obxecto do proxecto foron realizadas cumprindo as condicións impostas na concesión da axuda. Conta xustificativa dos gastos, asinada polo responsable da solicitude, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda. Xustificación con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura, número de unidades, prezos unitarios destas e custo total de cada unidade. Nestas mesmas facturas deberá figurar o aceptado, conforme e recibido, asinado polo responsable da solicitude coa data do día no que se presente dita xustificación. Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de tela feito. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. A documentación xustificativa á que se fai referencia presentarase nun prazo de seis meses a partir da data de comunicación da axuda concedida, se ben antes de finalizar o prazo, este poderá ampliarse solicitando a entidade interesada por escrito prórroga do mesmo. 8.- Control e seguimento das subvencións.- Os técnicos do Servizo Agrario da Deputación Provincial velarán por que se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente as actuacións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflectindo o resultado no correspondente informe, así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. 9.- Responsabilidades.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento xeral de recadación e nos demais supostos recollidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 10.- Dereito supletorio.- Para o non disposto nas presentes bases, rexerá o disposto nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e demais normativa de pertinente aplicación. 11.- Prazo de resolución.- O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses, transcorrido o cal os interesados entenderán desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de concesión da axuda.” ------ Folla: 4.14760.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE AXUDAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES, FEDERACIÓN PROVINCIAL E ASOCIACIÓNS DE CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ANO 2007 Dada conta das Bases reguladoras de axudas económicas a Confrarías de Pescadores, Federación Provincial e Asociación de Confrarías. Visto os informes emitidos por Secretaría Xeral e Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700004173 e o ditame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 24 de xaneiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de axudas económicas a Confrarías de Pescadores, Federación Provincial e Asociacións de Confrarías da Provincia de Pontevedra e cunha dotación de 125.000,00 €, con cargo á partida 07/711.711.779.02. Ditas Bases son como seguen: “BASES REGULADORAS DE AXUDAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES, FEDERACIÓN PROVINCIAL E ASOCIACIÓNS DE CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. ANO 2007 A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, correspondendo a presente convocatoria ó exercicio 2007. 1.- Obxecto.- Constitúe o obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, cun crédito inicial de cento vinte e cinco mil euros (125.000,00 €) con cargo á partida orzamentaria 07/711.711.779.02, para a mellora das súas infraestruturas e equipamento. Materia Programa Partida Presuposto PESCA Axudas a confrarías de pescadores, federación provincial e asociacións de confrarías de pescadores da provincia 07/711.711.779.02 125.000,00 € 2.- Tipos de investimentos que poderán acceder a unha axuda.- As axudas destinaranse ó financiamento de proxectos que melloren a infraestrutura e equipamento destas entidades nas seguintes materias: Mellora na comercialización, equipamento das lonxas, puntos de control, etc. Inversións relativas á seguridade, hixiene e saúde no traballo. Reparación e equipamento dos edificios sociais. Equipamento para a execución das labores de vixilancia. Estas axudas serán compatibles con outras cos mesmos obxectivos, de tal maneira que o importe da subvención concedida en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade a desenvolver polo beneficiario. O importe da axuda non poderá superar o 50% do custo da finalidade que se subvenciona, salvo casos especiais debidamente acreditados, no que por razóns de interese público, económico ou social da provincia se poida conceder unha porcentaxe superior. 3.- Beneficiarios.- Poderán solicitar estas axudas as confrarías de pescadores e asociacións de confrarías da provincia de Pontevedra, que reúnan os seguintes requisitos: 1.Ter autorizacións marisqueiras no ámbito da provincia de Pontevedra. 2.Carecer de fins de lucro. 3.Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións. 4.- Solicitudes e documentación. As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación, no Servizo Agrario ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es. Ditas solicitudes asinadas polo patrón maior da confraría ou presidente da entidade, dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegando a seguinte documentación: Proxecto da inversión proposta cara ó ano 2007, cunha memoria explicativa das accións a desenvolver, os obxectivos que se pretenden acadar, prezos descompostos das distintas actividades a desenvolver, cronograma dos traballos, accións de seguimento e número de persoas beneficiadas polo proxecto. No caso que os gastos subvencionables superen os 30.000,00 € no caso de execución de obras, ou 12.000,00 € no caso de subministros de bens de equipo, servizos, etc., deberan presentarse tres ofertas xustificando a preferencia da adxudicación efectuada. Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. Declaración asinada polo patrón maior da confraría ou polo presidente da asociación conforme a confraría ou asociación que representa non está incursa en causa de incompatibilidade ou incapacidade para poder percibir subvencións da administración, conforme o disposto no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e coñece e acepta as Bases da convocatoria. Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas. Certificación bancaria na que conste o titular, o número e conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda. As entidades poderán solicitar só unha subvención por cada proxecto. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. O Servizo Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar as aclaracións ou ampliacións da información, así como propoñer que se condicione a concesión da subvención a aceptar as modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. 5.- Valoración e concesión das axudas. Os proxectos serán valorados polo órgano competente da Deputación, unha vez vistas as solicitudes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración: nº de persoas beneficiadas pola actuación ata un máximo de 10 puntos. características e interese da actuación ata un máximo de 20 puntos. As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños. O Ilmo. Sr. Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, de acordo cas Bases de Execución do Presuposto, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños. 6.- Lugar e prazo de presentación. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presentar as solicitudes correspondentes. 7.- Xustificación e pagamento das subvencións. Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación da realización das accións previstas, que deberá facerse tendo en conta o establecido no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas. Os técnicos do Servizo Agrario informarán sobre a realidade do investimento. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no presuposto inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. Para o pago da subvención terase en conta o seguinte: a)No caso de que se xustifique gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. b)No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da mesma. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: 1.Memoria xustificativa conforme as accións obxecto do proxecto foron realizadas cumprindo as condicións impostas na concesión da axuda. 2.Conta xustificativa dos gastos, asinada polo representante legal da entidade, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda. 3.Xustificación con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura, número de unidades, prezos unitarios destas e custo total de cada unidade. Nestas mesmas facturas deberá figurar o aceptado, conforme e recibido, asinado polo patrón maior da confraría ou polo presidente da asociación coa data do día no que se presente dita xustificación. 4.Relación detallada das axudas económicas concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin, para dar cumprimento ó establecido no artigo 72.1 do regulamento da Lei xeral de subvencións. 5.Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de tela feito. 6.Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. A documentación xustificativa á que se fai referencia presentarase nun prazo de seis meses a partir da data de comunicación da axuda concedida, se ben antes de finalizar o prazo, este poderá ampliarse solicitando a entidade interesada por escrito prórroga do mesmo. 8.- Control e seguimento das subvencións. Os técnicos do Servizo Agrario da Deputación Provincial velarán por que se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente as actuacións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflectindo o resultado no correspondente informe, así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. 9.- Responsabilidades. O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e a devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento xeral de recadación. 10.- Dereito supletorio. Para o non previsto nestas bases, rexerá o disposto nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2007, o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e demais normativa de pertinente aplicación. 11.- Prazo de resolución. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses, transcorrido o cal os interesados entenderán desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de concesión da axuda.” ------ Folla: 5.14761.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE AXUDAS Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL, ANO 2007 Dada conta das Bases reguladoras de axudas económicas á Pesca Costeira Artesanal. Visto os informes emitidos por Secretaría Xeral e Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700003515 e o ditame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 24 de xaneiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de axudas económicas á Pesca Costeira Artesanal da Provincia de Pontevedra e cunha dotación de 100.000,00 €, con cargo á partida 07/711.711.779.02. Ditas Bases son como seguen: “BASES REGULADORAS DE AXUDAS Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL. ANO 2007 A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, correspondendo a presente convocatoria ó exercicio 2007. 1.- Obxecto.- A Deputación Provincial de Pontevedra, concederá axudas a investimentos realizados para a mellora de embarcacións dedicadas á pesca artesanal e de baixura, con base nos portos da provincia de Pontevedra, apoiando a adquisición de equipamentos que supoñan unha evidente mellora tecnolóxica na seguridade ou a comercialización. Estas axudas promoverán accións tendentes á modernización das embarcacións e mellora das condicións laborais dos seus tripulantes: haladores, sondas, radares, GPS, adquisición de elementos de seguridade: chalecos, aros salvavidas..., así como melloras na comercialización mediante á adquisición de remolques isotermos que permitan o traslado das capturas a outras lonxas onde se acadan mellores prezos dos seus produtos. Materia Programa Partida Presuposto PESCA Axudas á pesca costeira artesanal 07/711.711.779.02 100.000,00 € 2.- Tipos de investimentos que poderán acceder a unha axuda: Poderanse subvencionar inversións en equipamentos que supoñan unhas evidentes melloras tecnolóxicas, de seguridade, así como na comercialización, nos que nunca se incluirán reparacións, nin material usado. As axudas económicas poderán alcanzar como máximo ata o 40% dos investimentos para os que se solicitan, valorándose en base ós presupostos presentados, aplicando os topes seguintes: Equipamento: - Halador ata 1.000 euros - Sonda ata 600 euros - VHF ata 300 euros - Radar ata 700 euros - GPS ata 500 euros Estas axudas serán incompatibles con outras cos mesmos obxectivos. 3.- Beneficiarios.- Poderán solicitar estas axudas persoas físicas ou xurídicas, armadores de embarcacións artesanais, dedicadas a artes menores, incluíndo a explotación de marisqueo e recursos específicos, con porto base no ámbito na provincia de Pontevedra e inscritas no censo da Flota Pesqueira Operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia, que reúnan os seguintes requisitos: 1.Domicilio social na provincia de Pontevedra, no caso das persoas xurídicas, ou residencia, no caso das persoas físicas. 2.Que presenten un volume de venda en lonxa de alomenos 7.500 euros. 3.Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións. 4.-Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo Agrario ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es e irán dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente, achegando ademais a seguinte documentación: a)Presuposto do investimento. b)Copia compulsada do Permiso de Explotación. c)Fotocopia compulsada do DNI ou da tarxeta de identificación fiscal da entidade e do DNI do representante legal no seu caso. d)Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. e)Declaración de compromiso de non transferir a propiedade da embarcación, no caso de resultar beneficiario destas axudas. f)Declaración asinada polo interesado, ou no caso de persoas xurídicas polo representante legal da mesma, conforme non estar incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade para poder percibir axudas da Administración, conforme ó disposto no art.. 13.3 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e coñecer e aceptar as bases da convocatoria. g)Declaración de non ter solicitada ou concedida outras axudas públicas para este mesmo fin. h)Certificación expedida por unha vendeduría legal das vendas realizadas durante o exercicio do 2006. i)Fotocopias compulsadas da Folla de Asento. j)Xustificación suficiente de ser propietario ou armador da embarcación. k)Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social, se procede, e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas. l)Certificación bancaria na que conste o titular, o número de conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. O Servizo Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar as aclaracións ou ampliacións da información, así como propoñer que se condicione a concesión da subvención a aceptar as modificacións que se establezan sobre a inversión proposta. 5.- Valoración e concesión.- Os proxectos serán valorados polo órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración: Importe das vendas xustificadas no exercicio 2006 ata un máximo de 10 puntos. Se é a primeira vez que recibe unha axuda polas inversións que figuran nas bases ata un máximo de 10 puntos. As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños. O Ilmo. Sr. Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, de acordo cas Bases de Execución do Presuposto, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños. 6.- Lugar e prazo de presentación.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presentar as solicitudes correspondentes. 7.- Xustificación e pagamento das subvencións.- Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación do investimento, cumprindo co disposto no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas. Os técnicos do Servizo Agrario informarán sobre a realidade do investimento. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no presuposto inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. Para o pago da subvención terase en conta o seguinte: a)No caso de que se xustifique gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. b)No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da mesma. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: 1.Memoria xustificativa da realización das actuacións propostas e do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, dando cumprimento ó establecido no artigo 72.1 do regulamento da Lei xeral de subvencións. 2.Conta xustificativa dos gastos, asinada polo beneficiario da axuda o caso das persoas físicas, ou polo representante legal da entidade, no caso de persoas xurídicas, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda. 3.Xustificación con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura, número de unidades, prezos unitarios destas e custo total de cada unidade. Nestas mesmas facturas deberá figurar o aceptado, conforme e recibido, asinado polo beneficiario coa data do día no que se presente dita xustificación. 4.Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de tela feito. 5.Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo Provincial de Intervención. O prazo máximo de xustificación das inversións será de seis meses a partir da concesión da axuda, dentro do cal deberán estar realizados os investimentos subvencionados, si ben antes de rematar o prazo, este poderá ampliarse solicitando o beneficiario por escrito prórroga do mesmo. 8.- Control e seguimento das subvencións.- Os técnicos do Servizo Agrario da Deputación Provincial velarán por que se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente as actuacións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflectindo o resultado no correspondente informe, así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. 9.- Responsabilidades.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento xeral de recadación e nos demais supostos recollidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 10.- Dereito supletorio.- Para o non disposto nas presentes bases, rexerá o disposto nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e demais normativa de pertinente aplicación. 11.- Prazo.- O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses, transcorrido o cal os interesados entenderán desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de concesión da axuda.” ------ Folla: 6.14762.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS A AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA REXENERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ANO 2007 Dada conta das Bases reguladoras de axudas económicas para adquisición de semente para a rexeneración dos Bancos Marisqueiros da provincia de Pontevedra. Visto os informes emitidos por Secretaría Xeral e Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700003514 e o ditame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 24 de xaneiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de axudas económicas para a adquisición de semente para a rexeneración dos Bancos marisqueiros da Provincia de Pontevedra e cunha dotación de 150.000,00 €, con cargo á partida 07/711.711.479.01. Ditas Bases son como seguen: “BASES REGULADORAS DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA REXENERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. ANO 2007 A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, correspondendo a presenta convocatoria ó exercicio 2007. 1.- Obxecto.- Constitúe o obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, cun crédito inicial de CENTO CINCUENTA MIL EUROS (150.000,00 €) con cargo á partida orzamentaria 07/711.711.479.01, para a adquisición de semente para a rexeneración dos bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra. Materia Programa Partida Presuposto PESCA Axudas á adquisición de semente para rexeneración dos bancos marisqueiros na provincia de Pontevedra 07/711.711.479.01 150.000,00 € 2.- Tipos de investimentos que poderán acceder a unha axuda.- As axudas destinaranse á adquisición de semente para a rexeneración dos bancos marisqueiros, podendo acadar ata o 50% da axuda solicitada, valorándose en base ós presupostos e os proxectos presentados. Estas axudas serán compatibles con outras cós mesmos obxectivos. 3.- Beneficiarios.- Poderán solicitar estas axudas as confrarías de pescadores e asociacións de confrarías da provincia de Pontevedra, que reúnan os seguintes requisitos: 1.Ter autorizacións marisqueiras no ámbito da provincia de Pontevedra. 2.Carecer de fins de lucro. 3.Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións. 4.- Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación, no Servizo Agrario ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es. Ditas solicitudes asinadas polo patrón maior da confraría ou presidente da entidade, dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegando a seguinte documentación: Copia do plan de explotación marisqueira ou proxecto técnico de rexeneración proposto cara ó ano 2007, cunha memoria explicativa das accións a desenvolver, os obxectivos que se pretenden acadar, prezos descompostos das distintas actividades a desenvolver, cronograma dos traballos, accións de seguimento e número de persoas e/ou embarcacións beneficiadas polo proxecto. Presuposto da empresa que subministra a semente. Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. Declaración asinada polo patrón maior da confraría ou polo presidente da asociación conforme a confraría ou asociación que representa non está incursa en causa de incompatibilidade ou incapacidade para poder percibir subvencións da administración, conforme o disposto no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e coñece e acepta as Bases da convocatoria. Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas. Certificación bancaria na que conste o titular, o número e conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda. As entidades poderán solicitar só unha subvención por cada proxecto. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. O Servizo Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar as aclaracións ou ampliacións da información, así como propoñer que se condicione a concesión da subvención a aceptar as modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. 5.- Valoración e concesión das axudas. Os proxectos serán valorados polo órgano competente da Deputación, unha vez vistas as solicitudes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración: nº de persoas beneficiadas pola actuación ata un máximo de 10 puntos. características e interese da actuación ata un máximo de 20 puntos. As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños. O Ilmo. Sr. Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, de acordo cas Bases de Execución do Presuposto, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños. 6.- Lugar e prazo de presentación.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presentar as solicitudes correspondentes. 7.- Xustificación e pagamento das subvencións.- Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación das accións de rexeneración, que deberá facerse tendo en conta o establecido no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas. Os técnicos do Servizo Agrario informarán sobre a realidade do investimento. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no presuposto inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. Para o pago da subvención terase en conta o seguinte: a)No caso de que se xustifique gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. b)No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da mesma. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: 1.Conta xustificativa dos gastos, asinada polo representante legal da entidade, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda. 2.Xustificación con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura, número de unidades, prezos unitarios destas e custo total de cada unidade. Nestas mesmas facturas deberá figurar o aceptado, conforme e recibido, asinado polo patrón maior da confraría ou polo presidente da asociación coa data do día no que se presente dita xustificación. 3.Certificación do técnico da confraría ou asociación, conforme as accións obxecto do proxecto foron realizadas cumprindo as condicións impostas na concesión da axuda. 4.Autorización de inmersión expedida pola Consellería de Pesca e Cultivos Mariños. 5.Se os traballos de rexeneración precisasen autorización de outras administracións competentes como Costas do Estado ou da Dirección Xeral de Medio Ambiente Natural da Consellería do Medio Ambiente, Consellería de Pesca e Asunto Marítimos, e/ou outras, deberán achegarse os informes favorables para levar as actuacións previstas. 6.Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de tela feito. 7.Relación detallada das axudas económicas concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin, para dar cumprimento ó establecido no artigo 72.1 do regulamento da Lei xeral de subvencións. 8.Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. A documentación xustificativa á que se fai referencia presentarase nun prazo de seis meses a partir da data de comunicación da axuda concedida, se ben antes de finalizar o prazo, este poderá ampliarse solicitando a entidade interesada por escrito prórroga do mesmo. 8.- Control e seguimento das subvencións.- Os técnicos do Servizo Agrario da Deputación Provincial velarán por que se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente as actuacións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflectindo o resultado no correspondente informe, así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. 9.- Responsabilidades.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e a devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento xeral de recadación. 10.- Dereito supletorio.- Para o non previsto nestas bases, rexerá o disposto nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2007, o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e demais normativa de pertinente aplicación. 11.- Prazo de resolución.- O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses, transcorrido o cal os interesados entenderán desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de concesión da axuda.” ------ Folla: 7.14763.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE AXUDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA PUBLICACIÓNS DE PROMOCIÓN E DIVULGACIÓN DO MEDIO MARIÑO, ANO 2007 Dada conta das Bases reguladoras de axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro para a publicación, promoción e divulgación do Medio Mariño da provincia de Pontevedra. Visto os informes emitidos por Secretaría Xeral e Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700004221 e o ditame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 24 de xaneiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de axudas económicas para a publicación, promoción e divulgación do medio mariño da Provincia de Pontevedra e cunha dotación de 60.000,00 €, con cargo á partida 07/711.711.479.01. Ditas Bases son como seguen: “BASES REGULADORAS DE AXUDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA PUBLICACIÓNS DE PROMOCIÓN E DIVULGACIÓN DO MEDIO MARIÑO ANO 2007 A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, correspondendo a presente convocatoria ó exercicio 2007. 1.- Obxecto.- Constitúe o obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, cun crédito inicial de SESENTA MIL EUROS (60.000,00 €) con cargo á partida orzamentaria 07/711.711.479.01, para axudas a publicacións dedicadas a promoción e divulgación do mundo do mar. Materia Programa Partida Presuposto PESCA Axudas a publicacións de promoción e divulgación do medio mariño 07/711.711.479.01 60.000,00 € 2.- Tipos de investimentos que poderán acceder a unha axuda.- Poderanse subvencionar as publicacións sexan ou non periódicas ou outras formas impresas de comunicación que contribúan á divulgación, promoción e difusión do mundo do mar, do seu patrimonio, das súas xentes, das artes de pesca, da xeografía dunha zona concreta, etc. As axudas económicas poderán alcanzar como máximo ata o 50% dos investimentos para os que se solicitan, valorándose en base ós presupostos e os proxectos presentados. Estas axudas serán compatibles con outras cos mesmos obxectivos. 3.- Beneficiarios: Poderán solicitar estas axudas entidades de carácter social e cultural que teñan entre os seus obxectivos a divulgación, promoción e difusión, así como a recuperación e conservación do patrimonio marítimo, que reúnan os seguintes requisitos: 1.Carecer de fins de lucro. 2.Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra. 3.Estar inscrita no Rexistro de Asociacións de Galicia. 4.Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións. 4.- Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo Agrario ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es e irán dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente, achegando ademais a seguinte documentación: a)Memoria da actividade a desenvolver. b)Presuposto do investimento. c)Certificación do órgano competente na que se especifique o acordo polo que se concede autorización para facer a solicitude ó asinante dela. Se actuase en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia. d)Fotocopia compulsada dos estatutos da entidade. e)Fotocopia compulsada do documento que acredite a inscrición no rexistro de asociacións. f)Fotocopia compulsada da tarxeta de identificación fiscal. g)Declaración das axudas económicas solicitadas e /ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. h)Declaración asinada polo presidente da asociación ou asinante da solicitude conforme non estea incursa en causa de incompatibilidade ou incapacidade para poder percibir subvencións da Administración, conforme ó disposto no art.. 13.3 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e coñece e acepta as bases da convocatoria. i)Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas. j)Certificación bancaria na que conste o titular, o número de conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda. As entidades poderán solicitar só unha subvención por cada proxecto. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. O Servizo Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar as aclaracións ou ampliacións da información, así como propoñer que se condicione a concesión da subvención a aceptar as modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. 5.- Valoración e concesión.- Os proxectos serán valorados polo órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración: - Nº de socios da Asociación ata un máximo de 10 puntos. Características e interese da actuación ata un máximo de 20 puntos. As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños. O Ilmo. Sr. Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, de acordo cas Bases de Execución do Presuposto, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños. 6.- Lugar e prazo de presentación.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presentar as solicitudes correspondentes. 7.- Xustificación e pagamento das subvencións.- Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación do investimento, cumprindo co disposto no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas. Os técnicos do Servizo Agrario informarán sobre a realidade do investimento. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no presuposto inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. Para o pago da subvención terase en conta o seguinte: a)No caso de que se xustifique gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. b)No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da mesma. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: Conta xustificativa dos gastos, asinada polo responsable da solicitude, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda. Xustificación con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura, número de unidades, prezos unitarios destas e custo total de cada unidade. Nestas mesmas facturas deberá figurar o aceptado, conforme e recibido, asinado polo responsable da solicitude coa data do día no que se presente dita xustificación. Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. A documentación xustificativa á que se fai referencia presentarase nun prazo de seis meses a partir da data de comunicación da axuda concedida, se ben antes de finalizar o prazo, este poderá ampliarse solicitando a entidade interesada por escrito prórroga do mesmo. 8.- Control e seguimento das subvencións.- Os técnicos do Servizo Agrario da Deputación Provincial velarán por que se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente as actuacións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflectindo o resultado no correspondente informe, así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. 9.- Responsabilidades.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación e nos demais supostos recollidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 10.- Dereito supletorio.- Para o non disposto nas presentes bases, rexerá o disposto nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e demais normativa de pertinente aplicación. 11.- Prazo de resolución.- O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses, transcorrido o cal os interesados entenderán desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de concesión da axuda.” ------ Folla: 8.14764.- APROBACIÓN DE BASES DO PREMIO VALLE INCLÁN 2007 De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases do Premio Valle-Inclán 2007, que son do seguinte teor: “PREMIO VALLE-INCLÁN 2007 A Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Vilanova de Arousa, dentro das súas múltiples actividades no eido da cultura, convoca a cuarta edición do Premio “Valle-Inclán” que, atendendo ás disposicións do regulamento correspondente, se rexerá polas seguintes B A S E S Primeira.- A convocatoria é para estudos que versen e profundicen en calquera aspecto da vida ou da obra de Valle-Inclán dende un punto de vista científico. Segunda.- O premio estará dotado coa cantidade de vinte e catro mil euros (24.000,00€), que se achegará con cargo á partida 07/451.451.481.01 do presuposto provincial. O xurado poderá decidir deixalo deserto ou ben conceder cantos accésits considere con esta contía global. Terceira.- Os traballos deberán ter as seguintes características: Ser orixinais e inéditos. Deberán estar redactados en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Presentaranse cinco exemplares mecanografados a dobre espazo. A presentación poderá facerse baixo lema ou pseudónimo, neste caso achegarase a correspondente identificación do autor nun sobre aparte. Cuarta.- A presentación das solicitudes por parte dos candidatos farase no rexistro xeral desta Deputación a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ata o día 31 de xullo de 2007, aceptando os interesados as condicións establecidas na mesma. Rematado este prazo, a Secretaría Xeral da Deputación expedirá unha certificación das propostas presentadas que lle entregará ó xurado do premio, xunto coa documentación correspondente. A cada solicitude ou proposta xuntaránselle cantos documentos se consideren de interese para un mellor coñecemento de cada un dos candidatos. Quinta.- Para adxudicar o premio ó que se refire esta convocatoria constituirase un xurado integrado polos seguintes membros: Presidente: - presidente da Deputación ou deputado en quen delegue Vogais: - alcalde-presidente do Concello de Vilanova de Arousa - presidente da Comisión de Cultura. - un representante de cada un dos seguintes organismos: a.- Consellería de Cultura e Deporte b.- Consello da Cultura Galega c.- Fundación Valle-Inclán - tres persoas nomeadas pola Presidencia de recoñecido prestixio intelectual e académico. Secretario: - O titular da Corporación ou funcionario en quen delegue. Este xurado non poderá constituírse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros e resolverá todas as incidencias que se presenten, as súas decisións serán inapelables e poderá, así mesmo, solicitar a axuda de asesores especialistas na materia. Sexta.- O xurado analizará os traballos presentados con liberdade de criterios, valorando, especialmente, aqueles aspectos que supoñan unha contribución ó estudo da vida e a obra de Valle-Inclán ou a súa relación con Galicia. Da decisión do xurado e da adxudicación do premio redactarase unha acta detallada que, asinada por tódolos membros do devandito xurado, pasará a coñecemento do presidente da Deputación de Pontevedra, ou o órgano competente en quen delegue, para prestarlle a súa conformidade. Sétima.- A entrega do premio realizarase no lugar e a data que determine o presidente da Deputación, nun acto solemne e coa asistencia dos membros do xurado, así como de personalidades das artes e as letras. Xunto co premio, o/a galardoado/a recibirá un diploma e unha copia da acta da reunión do xurado. Oitava.- Durante o prazo dun ano, a partir da emisión do fallo do xurado, a Deputación promoverá a publicación do traballo premiado. Os traballos que non resulten galardoados poderán retirarse no Servizo de Cultura desta Deputación, no prazo de tres meses, contados dende a data da resolución do concurso, pasados os cales quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas.” ------ Folla: 9.14765.- APROBACIÓN DE BASES DA FESTA DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases da Festa da Bicicleta e Marchas Populares a realizar nos concellos da provincia no ano 2007 e que son do seguinte teor: “FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES – 2007 Esta Deputación Provincial de Pontevedra, no seu afán de fomentar o deporte popular aberto a todos os cidadáns que o desexen, vén celebrando, en colaboración cos concellos, actividades deportivas que, polo éxito alcanzado en anos anteriores, considera conveniente conservar. A súa programación rexerase polas seguintes B A S E S 1.- MARCHAS POPULARES Consisten na realización de carreiras pedestres por tramos urbanos ou rurais nos concellos, de conformidade cos seguintes requisitos: a) Poderán participar todas as persoas maiores de 8 anos en categorías masculina e feminina. b) O Concello sinalará a data idónea e o percorrido, encargándose igualmente de manter a orde coa Policía Municipal, Cruz Vermella, Protección Civil, etc. 2.- FESTAS DA BICICLETA Teñen por obxecto realizar marchas ciclistas populares de percorrido non superior a 10 km, podendo participar quen o desexe sen límite de idade e conforme ós seguintes requisitos: a)O Concello sinalará a data para a súa celebración e o percorrido para efectuar (indicando o lugar de concentración para a saída e a chegada, encargándose da orde coa Policía Municipal, servizos da Cruz Vermella, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico). b)Os peticionarios das probas realizarán as solicitudes de acordo co establecido no art. 2 no Anexo II do R.d. 1428/2003, de 21 de novembro (BOE núm. 306, de 23/12/03), polo que se aproba o Regulamento de circulación, en particular o referente a “probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos”. c)A concesión da proba obriga ós concellos a informar e dar a adecuada difusión pública do evento deportivo, así como a anunciar o patrocinio deste organismo provincial. 3.- Os concellos interesados solicitarán soamente unha das probas anteriormente relacionadas, mediante un escrito presentado no Rexistro Xeral desta Deputación, ata o 30 de xuño de 2007, achegando o compromiso formal de que, no suposto de ser favorecidos con algunha delas, cumprirán e garantirán o sinalado nestas bases. 4.- A concesión das probas ós peticionarios, autorizarase pola Xunta de Goberno, tras o informe previo da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, ata esgotar a consignación orzamentaria. 5.- Para a organización e control das marchas populares e festas da bicicleta procederase á correspondente adxudicación do contrato de prestación de servizos, asumindo a empresa adxudicataria os gastos da montaxe de valos e demais requisitos necesarios para salvagardar a seguridade dos participantes; colocación dos carteis anunciadores e publicitarios das probas, debendo ademais subscribir a correspondente póliza de seguros para evitar calquera contratempo que poidan sufrir os participantes. A empresa adxudicataria

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición