ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2007/02/09_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/3.2007-02-09_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/02/09_Ordinaria

  • Data(s) 2007-02-09 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e trinta minutos do día nove de febreiro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14781.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 2 de febreiro de 2007. ------ Folla: 2.14782.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE MM.RR. “SAN XINÉS DE BAMIO” DE VILAGARCÍA DE AROUSA, Á SUBVENCIÓN PARA CURSO DE “PATRONAXE INDUSTRIAL”, APROBADA NO SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 23 DE XUÑO DE 2006 Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión de 23/06/06 unha subvención a favor da Asoc. de MM. RR. “San Xinés de Bamio” de Vilagarcía de Arousa, por importe de 1.500,00 euros para a realización dun curso de “Patronaxe industrial” e presentándose o 05/02/07 escrito da devandita Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, por imposibilidade de xustificala, a Xunta de Goberno queda enterada da citada renuncia. ------ Folla: 3.14783.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “SAN ESTEVO DE NEGROS” DE REDONDELA, Á SUBVENCIÓN PARA CURSO DE “RESTAURACIÓN DE MOBLES”, APROBADA NO SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 23 DE XUÑO DE 2006 Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión de 23/06/06 unha subvención a favor da Asoc. de Veciños “San Estevo de Negros” de Redondela, por importe de 700,00 euros para a realización dun curso de “Restauración de mobles” e presentándose o 07/02/07 escrito da devandita Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, por imposibilidade de xustificala, a Xunta de Goberno queda enterada da citada renuncia. ------ Folla: 4.14784.- BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), ANO 2007 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e consciente da importancia de fomentar e impulsar investimentos para Agrupacións Veciñais, dadas as carencias de recursos das mesmas, aprobar as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas dentro do Plan de Acción Comunitaria para o exercicio 2007, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, que son as seguintes: “BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), PARA O EXERCICIO 2007 PRIMEIRA.- OBXECTO.- A finalidade desta convocatoria e apoiar ás Agrupacións Veciñais na realización de investimentos, tanto obras como adquisicións, durante o ano 2007. Os obxectivos dos investimentos que se financiarán con cargo a este programa serán os seguintes: a.A mellora do medio rural e barriadas urbanas mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, que permita ós seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida. b.O desenvolvemento das Agrupacións Veciñais ó obxecto de aumentar a súa capacidade para resolver os seus problemas. Dita solución requirirá a unión de recursos, esforzos e vontades. Poderán ser obxecto da subvención: 1º.- As obras incluídas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85 de 2 de abril, de Réxime Local, coa excepción da compra de terreos. 2º.- Adquisicións que teñan relación coas materias antes ditas. SEGUNDA.- FINANCIAMENTO.- O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas Bases. Dito Programa, por importe de seiscentos mil euros (600.000,00 €), financiarase con cargo ó Presuposto de 2007, partida 911.514.789.07, que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos. TERCEIRA.- REQUISITOS.- As actuacións comunitarias serán caracterizadas pola concorrencia dos seguintes requisitos: a.Libre determinación dos veciños na elección das obras que desexan executar. b.Voluntariedade na participación e liberdade de ditos veciños sobre a forma de organizarse. CUARTA.- BENEFICIARIOS.- Poderán solicitar estas axudas todas as Agrupacións Veciñais que reúnan os seguintes requisitos: 1.Carecer de fins de lucro. 2.Desenvolver as súas actuacións no ámbito territorial do municipio ó que pertence. 3.Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas. 4.Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. QUINTA.- SOLICITUDES E DOCUMENTACION.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo de Cooperación ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a.Proxecto ou memoria explicativa do investimento concreto, acompañado de croquis de situación, asinado polo representante. b.Presuposto do investimento a realizar, ben sexa obra ou adquisicións de subministros ou equipamentos. c.Conxunto dos acordos adoptados polos veciños para a realización das obras ou adquisicións, en réxime de Acción Comunitaria, co nomeamento dun representante único da Agrupación e identificación do mesmo, sinalando expresamente o compromiso de completar o financiamento da obra mediante a achega do traballo, transporte, maquinaria ou metálico, así como de asumir os riscos que puideran xurdir con ocasión da prestación antes citada. d.Declaración responsable na que conste se a Agrupación de Veciños obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien a actividade ou investimento a subvencionar, e compromiso de comunicar a Deputación as que se obteñan nun futuro. e.Acta de constitución da Agrupación Veciñal, e fotocopia compulsada do CIF, deberase presentar en todo caso. f.Declaración responsable de estar ó corrente das obrigas tributarias (Estado e Deputación) e coa Seguridade Social. g.Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria. h.Certificación da sucursal correspondente da conta bancaria na que terá que ingresarse o importe da subvención, que debe estar a nome da Agrupación ou como mínimo de tres titulares que figuren na Acta de constitución da mesma. As Agrupacións só poderán solicitar unha subvención por cada investimento, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude. Dado o carácter municipal das actuacións a realizar en réxime de acción comunitaria, incumbe ás Agrupacións Veciñais obter as licenzas necesarias para acometer as obras solicitadas, consonte dispón o Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística e demais disposicións aplicables. Solicitarán licenza do Concello, sen prexuízo das autorizacións ou concesións que sexan necesarias outorgar polos organismos competentes, unha vez concedida a subvención pola Deputación. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. SEXTA.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes de subvencións, que se acollan a este programa, comezará ó día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia, sendo de 30 días naturais. SÉTIMA.- DESTINO.- O importe total das subvencións públicas destinadas a financiar obras en réxime de Acción Comunitaria utilizarase exclusivamente, tratándose de obras, na adquisición de materiais e/ou alugamento de maquinaria, e no caso de adquisicións, na compra das mesmas. OITAVA.- COMPATIBILIDADE.- As axudas serán compatibles con outras axudas ou subvencións concedidas por outras entidades para a mesma obra ou adquisición, pero en ningún caso o volume das mesmas poderá superar o custo da actividade a realizar. A tal efecto comunicarase a Deputación Provincial de Pontevedra a obtención doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, incluía a propia Deputación, ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros. NOVENA- SELECCION E CONCESIÓN.- A asignación de subvencións das distintas obras ou adquisicións farase en función dos seguintes criterios: 1º.- Número de veciños beneficiarios afectados da obra ou adquisición para a que se solicita a subvención. 2º.- Incidencia e interese municipal ou provincial. 3º.- A potencialidade económica da Agrupación Veciñal que solicita a realización de obras con cargo a este programa de Acción Comunitaria. 4º.- A necesidade das obras ou adquisicións apreciada en razón da súa urxencia, estado material e condicións de uso. 5º.- Outras circunstancias globais de interese socioeconómico, que a xuízo do órgano competente se deban considerar. Así mesmo, os beneficiarios poderán, por razóns xustificadas, solicitar unha reformulación da subvención concedida. As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades. Sendo procedemento ordinario de concesión das axudas o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose a estes efectos a Presidencia ata un 20 % do crédito total deste programa para a súa concesión directa, tal como se prevé na base 25.2ª das de execución do vixente Presuposto provincial. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo real da actividade ou da adquisición ou da mellora a desenvolver polo beneficiario. DÉCIMA.- XUSTIFICACION E ABOAMENTO DAS SUBVENCIÓNS.- 1.- As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou rexeitan expresamente no prazo de dez días contados dende a súa notificación. Así mesmo, os beneficiarios poderán, por razóns xustificadas, solicitar unha modificación das subvencións concedidas. 2.- Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizado o investimento, ben sexan obras u adquisicións, os beneficiarios deberán xustificalas antes do día 31 de outubro do 2008. Se non puidesen executalas no prazo establecido, poderase solicitar unha ampliación do prazo establecido para a xustificación que non exceda da metade do mesmo. 3.- Será esixida a xustificación do 100% do presuposto presentado para recibir a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do presuposto subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención. 4.- Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos: a.Facturas orixinais, ou fotocopias compulsadas, conformadas polo Presidente da Agrupación Veciñal, con indicación do DNI. Admitíndose só aquelas que inclúan materiais, aluguer de maquinaria, ou a realización dalgunha adquisición. A xustificación con facturas será, como mínimo, polo importe da subvención concedida. b.Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando: acredor e documento, importe, data de emisión, se é posible, data na que se pagou; información, no seu caso, das desviacións con relación o presuposto que serviu de base á concesión). c.Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no presuposto inicial, non aboándose mais que o importe xustificado co límite da subvención concedida. d.Informe dos técnicos provinciais correspondentes ó obxecto de comprobar a realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no proxecto ou presuposto ou, no seu caso, memoria valorada. e.Declaración responsable de non ter recibido outras subvencións de Administracións Públicas ou detalle do financiamento obtido para a finalidade subvencionada e declaración responsable de que os ingresos obtidos non superan o custo da mesma. f.Acreditación de estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo Provincial de Intervención. g.A xustificación deberá acompañarse dunha memoria da actividade ou do investimento realizado e dos resultados obtidos. h.Para o pago da subvención terase en conta o seguinte: No caso de que se xustifique gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da subvención. O aboamento da subvención practicarase directamente á Agrupación Veciñal na conta bancaria indicada por esta. DÉCIMO PRIMEIRA.- CAMBIO DE APLICACIÓN.- Non se admitirá o cambio de aplicación da subvención se non se solicita antes do 31 de marzo do 2008, sempre que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o Presidente ou Vicepresidente en quen delegue, e que se poida realizar a nova obra no prazo de execución que se establece para as que se acollan a este programa. DÉCIMO SEGUNDA.- DEVOLUCIÓN E REINTEGRO.- As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: a.Por obtelas falseando as condicións requiridas. b.Por non aplicala ós fins para os que foi concedida. c.Por incumprilo beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento xeral de recadación. DÉCIMO TERCEIRA.- APROBACIÓN DAS BASES.- De acordo co establecido na Base 16.2 das de execución do presuposto para o 2007, e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. DECIMO CUARTA.- DEREITO SUPLETORIO.- Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, de 18/11/2003). DÉCIMO QUINTA.- RECLAMACIÓNS.- Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto no artigo 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estimen conveniente. Os anexos son os seguintes: Anexo I: DECLARACIÓN. Anexo II: ACTA DE CONSTITUCION DA AGRUPACION VECIÑAL. Anexo III: CONTA XUSTIFICATIVA” ------ Folla: 5.14785.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE GASÓLEO A PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA Visto o escrito do Xefe Xeral do Parque de Maquinaria participando a necesidade de contratar o subministro de gasóleo para abastecer as máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria, cuxo custo estímase en 213.600,00 euros, IVE incluído. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, o subministro de gasóleo A para o abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria, ata unha cantidade máxima de douscentos trece mil seiscentos euros (213.600,00 €), IVE e impostos incluídos. Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda: -Autorizar dito gasto con cargo á partida 07/511.511.221.03 do vixente Presuposto provincial. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o Concurso como Lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE GASÓLEO A PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA 1.- OBXECTO.- O subministro de gasóleo A para o abastecemento das máquinas e vehículos asignados ó Parque de Maquinaria da Deputación de Pontevedra. A Deputación de Pontevedra non se compromete a solicitar unha cantidade mínima de gasóleo, senón que realizará as peticións en función das súas necesidades ata a cantidade máxima estipulada na cláusula sexta de 213.600,00 €, IVE e impostos incluídos. No Prego de prescricións técnicas que se une como anexo desenvólvese con máis detalle o obxecto do contrato. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á seguinte partida 07/511.511.221.03 do vixente presuposto provincial. 3.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase tras a presentación das correspondentes facturas e unha vez prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. Deberase achegar, como anexo ás facturas, un escrito onde se desagreguen os índices aplicables á fórmula sinalada na cláusula sexta. 4.-.LUGAR E PRAZO DE ENTREGA.- A empresa Adxudicataria realizará a descarga do gasóleo no deposito instalado no Parque de Maquinaria da Deputación na cidade de Pontevedra, sendo os gastos de transporte e descarga por conta do Adxudicatario. A entrega deberá ser efectuada no prazo máximo de 24 horas a contar dende a solicitude do subministro polo Parque de Maquinaria. 5..-DURACIÓN DO CONTRATO.- O contrato terá unha duración dun ano a contar dende o día seguinte á formalización do contrato, sempre que non se esgote antes a cantidade estimada de 213.600,00 € que finalizaría o mesmo. Así mesmo, poderá ser prorrogado de forma expresa por ambas partes, e ata a resolución do novo concurso o ano próximo. 6.-TIPO DE LICITACIÓN.- Os licitadores terán que realizar as súas ofertas en función do parámetro DELTA da fórmula que se indica a continuación, sendo o importe a pagar por factura o resultado de dita fórmula. A oferta do parámetro DELTA será efectuada en función dos EUROS/LITRO. CIxCDxD+DELTA+II.EE+I.V.M.H.+IVE Sendo: CI: Cotización Internacional ALTA GORGOES CIF NWE, BASIS ARA, concretamente a media aritmética das cotizacións válida a semana anterior (de luns a venres) en que se realiza o subministro. O período de vixencia de cada prezo semanal será por conseguinte de sábado ás 00:00 horas ó venres seguinte (PLATTS EUROPEAN MARKETSCAN). CD: O valor de cambio de divisas (euros/US Dólar) en base á media aritmética da semana anterior en que realiza o subministro. D: Densidade do tipo de carburante correspondente. DELTA: Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenamento, transporte tanto primario como capilar, gastos xerais, etc. I.I.E.E.: Impostos especiais. I.V.M.H: Imposto sobre vendas minoristas de determinados hidrocarburos. I.V.E: Valor en cada momento. 6.- ORZAMENTO.- O contrato orzaméntase ata a cantidade máxima de douscentos trece mil seiscentos euros (213.600,00 €), IVE e Impostos incluídos. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rdl 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizada a Adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida Execución do contrato. 8.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Constituirase por importe do 2% do presuposto total de licitación. Poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o artigo 35 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente no Caixa da Deputación. O incumprimento deste requisito será causa de exclusión do concurso. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de Adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de Adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó Adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 10.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante os 15 días naturais seguintes á publicación do último anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.D. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 10.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente Prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, O SUBMINISTRO DE GASÓLEO A PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposición económica. Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente Prego. 2.-Proposta do apoio técnico do subministro. Infraestrutura e servizos, horarios, formas de petición, persoal que realizará o subministro, etc. 3.-Melloras. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE GASÓLEO A PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a.Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b.Poder debidamente bastanteado. c.En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.R. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a.Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou na súa falta seguro de indemnización por riscos profesionais. b.Declaración das cifras de negocios globais dos tres últimos exercicios. c.Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas. d.Relación dos principais subministros realizados nos tres últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. 5.-Resgardo acreditativo de depositar na Caixa da Deputación a garantía provisional. 11-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: - O presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O secretario Xeral da Corporación. - O interventor da Corporación. - O xefe xeral do Parque de Maquinaria. SECRETARIO: O técnico adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 12.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo ou en sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación en acto público, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 13.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a Adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1.Menor prezo ofertado, ata 5 puntos. 2.Outras melloras, ata 2 puntos. 3.Apoio técnico ó subministro, 2 puntos. 4.Prazo de entrega, ata 1 punto. 14.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A Adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da Adxudicación do contrato ó Adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 9ª. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da Adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 16.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do Adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente, que se orzamentan na contía máxima de 600,00 euros. Así mesmo, serán a cargo do Adxudicatario os gastos de transporte e descarga do subministro. 17.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia da Execución do contrato, e que non poidan imputarse á administración. 18.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 19.-RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente Prego de condicións, estarase ó disposto no Rdl 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 20.- XURISDICIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo Órgano de Contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso Administrativa, a teor da Lei de dita xurisdición. 21.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don..............., maior de idade, veciño de..........., con domicilio en ..........titular do DNI............, expedido en data.........., actuando en nome propio ou en representación de .........con domicilio en ..........., teléfono............ segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante Concurso o contrato correspondente á CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE GASÓLEO A PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA, comprométese a realizalo con suxeición ó Prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas: Polo prezo do parámetro DELTA, en función da fórmula indicada na cláusula 6, de ___________ euros/litro. O prazo máximo de entrega será de ________ horas.(non poderá superar o estipulado na cláusula 4). Ofértase como melloras ós contidos expostos no Prego de condicións: (Enumerar e valorar). (Data e sinatura do propoñente)” ------ Folla: 6.14786.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS a) Dada conta que con data 24 de xaneiro de 2007 notifícase Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra polo que declara desistido a D. Alexander Pestrucho do recurso núm. 311/2006 promovido contra proceso selectivo no ORAL, a Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable de dito Auto. b) Dada conta que con data 9 de xaneiro de 2007 ten entrada no Rexistro Xeral sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Ordinario núm. 80/2006, promovidos por Dona María del Alba Filgueira Posada, contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por lesións padecidas na estrada de Bembrive (EP Calvario-Vincios) o día 9 de xuño de 2004, como consecuencia do mal estado da beirarrúa. Resultando que na devandita sentenza condénase a esta Deputación a que indemnice á demandante na cantidade de 19.166,22 €, que se concretan en días de baixa e secuelas derivadas do accidente. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Quedar enterada da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Ordinario do número 80/2006, promovidos por Dona María del Alba Filgueira Posada, contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por lesións padecidas na estrada de Bembrive (E.P. Calvario-Vincios), debido ó mal estado da beirarrúa, ordenando o cumprimento no seus propios termos ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo a favor do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra a cantidade de 19.166,22 € (dezanove mil cento sesenta e seis euros con vinte e dous céntimos), en concepto de execución de sentenza ditada en autos de Procedemento Ordinario núm. 80/2006, promovidos por Dona María del Alba Filgueira Posada contra esta Deputación, segundo documento RC da Intervención de data 24/01/07. Terceiro.- Dito pago farase efectivo con cargo á partida 511.511.210.00 do vixente Presuposto e mediante ingreso na Conta de Consignacións e Depósitos Xudiciais do devandito Xulgado na entidade BANESTO, entidade 0030, Oficina 6085, número 3649.0000.85.0080.06. Cuarto.- Dar traslado desta Resolución ós efectos oportunos ó Xulgado, á Intervención e á Tesourería. Quinto.- Dar traslado, así mesmo, á aseguradora AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A.con enderezo en Vigo, Praza de América 1-2ª planta, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita no seu día proceda ó ingreso íntegro da devandita cantidade de 19.166,22 (dezanove mil cento sesenta e seis con vinte e dous céntimos) na conta que esta Deputación ten na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618. ------ Folla: 7.14787.- COMUNICACIÓNS Quedou enterada da comunicación da Subdirectora Xeral Adxunta de Réxime Xurídico e Bases de Datos Locais do MAP, de data 24/01/07, (nº rexistro de entrada 2457, de data 30/01/07) no que comunica que a Dirección Xeral de Cooperación Local resolveu inscribir no Rexistro de Entidades Locais o deslinde entre os termos municipais de Cerdedo e Forcarei. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.14788.- APROBACIÓN DAS BASES PARA ADXUDICACIÓN DE PRÉSTAMOS SEN INTERESE 2007 De conformidade co disposto no art. 66 do V Acordo Regulador para persoal funcionario e artigo 79 do I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Excma. Deputación Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases da convocatoria para a adxudicación dos préstamos sen interese do ano 2007 ata a contía máxima de seis mil euros (6.000,00 €), elaborada pola Comisión Paritaria Mixta en desenvolvemento do previsto nos citados artigos 66 e 79 do V Acordo Regulador e I Convenio Colectivo, tras comprobarse que nas mesmas se arbitran as normas correspondentes para a concesión de ditos préstamos, atendendo ás necesidades sociais e ingresos dos solicitantes, garantindo a equidade das mesmas e fixando os requisitos e xustificación documentais precisas. A concesión de ditos préstamos será financiada con cargo á partida 07/122.314.830.07, dotada con cento vinte mil douscentos euros. Ditas Bases son como segue: “BASES PARA A CONCESIÓN DE PRÉSTAMOS SEN INTERESE Segundo o establecido no artigo 66 do V Acordo Regulador para persoal funcionario e artigo 79 do I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Excma. Deputación Provincial, a Xunta de Goberno, a proposta da Comisión Paritaria Mixta, presta aprobación ás seguintes Bases para a concesión dos préstamos sen interese do ano 2007: 1.- BENEFICIARIOS/AS.- Poderán solicitar préstamos sen interese os funcionarios/as de carreira en activo e persoal laboral fixo dependente desta Excma. Deputación Provincial. Non terán dereito a préstamos sen interese para adquisición de primeira vivenda ou mellora da habitual, aqueles beneficiarios que posúan mais dunha vivenda por unidade familiar. 2.- CONTÍA.- Estes préstamos sen interese poderán concederse ata a contía máxima de seis mil euros ó persoal desta Excma. Deputación Provincial que reúna os requisitos establecidos nestas Bases. 3.- FINS ÓS QUE SE DESTINA A ADXUDICACIÓN.- Con cargo á consignación económica de cento vinte mil douscentos euros (120.200,00 euros) prevista na partida 07/122.314.830.07 do presuposto provincial atenderanse as solicitudes que se destinen ós seguintes fins: a.Gastos destinados a compra de vivenda que constitúa residencia única e habitual do peticionario ou praza de garaxe. b.Gastos destinados a melloras de vivenda que reúnan as características anteriores. c.Gastos destinados á amortización de préstamos bancarios por adquisición ou mellora de vivenda habitual do peticionario. d.Gastos destinados a adquirir mobiliario para a vivenda habitual do peticionario. e.Gastos destinados á compra de vehículo particular, para aqueles funcionarios que por razón do seu traballo teñan que realizar desprazamentos do centro de traballo ó lugar onde desenvolvan a súa actividade. f.Gastos derivados de procesos de enfermidade grave cando se refiran directamente ó solicitante, ó seu cónxuxe, ós fillos, ou a persoa dependente economicamente do mesmo, integrante da unidade familiar. 4.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DEMAIS DOCUMENTACIÓN.- As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral da Excma. Deputación Provincial antes do día 28 de febreiro de 2007, acompañadas da seguinte documentación, segundo os fins os que se destine o préstamo: A) Gastos destinados a compra de vivenda que constitúa residencia única e habitual do peticionario ou praza de garaxe: Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. Declaración na que figure a dirección da vivenda ou praza de garaxe para o que se solicita o préstamo. Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. Presuposto da obra a realizar, da vivenda ou praza de garaxe que desexa adquirir ou escritura acreditativa da adquisición ou construción. B) Gastos destinados a melloras de vivenda que reúnan as características anteriores: Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. Declaración na que figure a dirección da vivenda para a que se solicita o préstamo. Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. Presuposto da mellora a realizar. C) Gastos destinados á amortización de préstamos bancarios por adquisición ou mellora de vivenda habitual do peticionario Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. Declaración na que figure a dirección da vivenda para a que se solicita o préstamo. Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. Xustificante do préstamo hipotecario D) Gastos destinados a adquirir mobiliario para a vivenda habitual do peticionario: Presuposto de compra de mobles segundo corresponda á petición. Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. Declaración na que figure a dirección da vivenda para a que se solicita o préstamo. Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. E): Gastos destinados á compra de vehículo particular, para aqueles funcionarios que por razón do seu traballo teñan que realizar desprazamentos do centro de traballo ó lugar onde desenvolvan a súa actividade: Certificación do Secretario desta Excma. Deputación Provincial na que se xustifique que o interesado, durante o último ano, fixera uso habitual do seu vehículo particular nos desprazamentos realizados do seu centro de traballo ó lugar onde desenvolve a súa actividade. F) Gastos derivados de procesos de enfermidade grave: Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar, sexa conxunta ou separada. Informe ou informes médicos do proceso de enfermidade. Todos os documentos que acompañen á solicitude deberán levar o selo de Rexistro de Entrada na Deputación Provincial. Os servizos médicos provinciais elevarán informe en todos os casos de solicitudes de préstamos para atender gastos por enfermidade, no que farán constar o seu parecer sobre a concesión dos mesmos a Comisión Paritaria Mixta. 5.- CONCESIÓN DOS PRÉSTAMOS SEN INTERESE.- Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e a correspondente documentación, o Servizo de Recursos Humanos no prazo máximo de 30 días naturais, clasificarán as solicitudes e formulará proposta á Comisión Paritaria Mixta, a cal elevará ó órgano correspondente da Deputación Provincial a proposta definitiva de adxudicación destes préstamos. Para elaborar a proposta de concesión dos préstamos darase preferencia a aquelas solicitudes que teñan un cociente de nivel de renda mais baixo. Neste sentido enténdese como renda familiar do peticionario/a, ós efectos de adxudicación dos préstamos sen interese, o cociente que resulte de dividir os ingresos familiares entre o número de membros da unidade familiar que figure na declaración ou declaración da renda. A Excma. Deputación Provincial dará publicidade as presentes Bases a través da súa colocación en todos os taboleiros de anuncios dos distintos Centros da Deputación. Non se tramitará unha nova solicitude de préstamo ata que o interesado teña amortizado a totalidade do anticipo ou préstamo que lle fora concedido con anterioridade. No suposto de que un funcionario a quén lle outorgase un préstamo sen interese causara baixa no seu posto de traballo, como consecuencia da extinción da súa relación laboral, concesión de calquera tipo de excedencia, permiso sen soldo ou suspensión da relación funcionarial, agás a dimanante de incapacidade temporal ou maternidade, o reintegro das cantidades non devoltas será practicado dentro do mesmo mes en que se produza a mencionada baixa. 6.- XUSTIFICACIÓN DOS PRÉSTAMOS SEN INTERESE.- Transcorrido un prazo máximo de 6 meses dende a concesión do préstamo deberán presentarse a través do Rexistro de Entrada da Deputación Provincial segundo corresponda: a.Factura ou facturas correspondentes nas que figuren o IVE e o NIF da empresa/s que realice ou subministre a obra ou na que se adquiran os mobles. b.Escritura acreditativa da adquisición ou construción da vivenda que constitúa a residencia única e habitual do peticionario. c.Xustificante de haber amortizado o préstamo bancario correspondente. d.Documento público de adquisición de garaxe, ou licenza municipal no caso de construción acompañada das facturas correspondentes nas que figure o IVE ou NIF da empresa que realice a obra. e.Factura de compra de vehículo particular debidamente cumprimentada. f.No caso de enfermidade grave as facturas que deriven do tratamento médico que reciba o afectado e gastos complementarios. Así mesmo, nos casos de construción ou adquisición de vivenda deberán presentarse documento público ou privado da adquisición ou construción no prazo dun ano. Se transcorridos estes prazos máximos de seis ou doce meses non se achegaran as facturas ou xustificantes, a Deputación Provincial procederá a descontar en nómina o 30% do salario mensual do peticionario/a, ata detraer a cantidade total concedida. Neste suposto o beneficiario/a non poderá optar a concesión dun novo préstamo sen interese ata que transcorra un prazo de vinte anos.” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.14789.- BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL SECCIÓN ACTIVIDADES 2007 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e consciente da importancia de promover, fomentar e impulsar actividades para concellos e outras entidades locais, dadas as carencias de recursos das mesmas, aprobar as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas dentro do Plan de Acción Municipal, Sección Actividades para o exercicio 2007, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, que son as seguintes: “BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCION ACTIVIDADES (PAM), PARA O EXERCICIO 2007 PRIMEIRA.- OBXECTO.- A finalidade desta convocatoria é subvencionar aquelas actividades culturais e deportivas, xestionadas libremente polas entidades locais, coa finalidade de apoiar e contribuír o desenvolvemento sociocultural e deportivo dos concellos e demais entidades locais da provincia na realización de actividades, durante o ano 2007. O obxectivo das actividades que se acollan ás subvencións deste Programa de Acción Municipal, Sección Actividades, será asegurar a prestación integral e adecuada ós Servizos de competencia municipal, dirixido a todos os concellos e outras entidades locais da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes. Poderán ser obxecto da subvención as actividades organizadas polas entidades locais seguintes: 1º.- As actividades culturais, que contribúan o desenvolvemento, cultural, educativo e social das persoas que viven nos municipios e outras entidades locais, e que o seu Plan de Execución teña lugar entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do exercicio 2007. En xeral o tipo de actividades susceptibles de subvención son as que deseguido relacionamos: 1.Actividades de difusión cultural, favorecedoras da extensión e divulgación da cultura, como son as proxeccións de cine, vídeo, representacións teatrais, música, folclore e tradición, viaxes estritamente culturais dun día de duración ou máis e outros eventos semellantes. 2.Actividades artísticas, favorecedoras da creatividade e a iniciativa cultural, como son o fomento dos grupos de teatro, grupos musicais, creacións literarias tales como revistas culturais, científicas, recitais, concursos literarios, etc. 3.Actividades lúdicas, favorecedoras do esparcimento e ocio, como son festexos tradicionais folclóricos, semanas culturais, etc. 4.Actividades formativas, favorecedoras da promoción educativa, cultural e profesional das persoas do municipios como son cursos de formación xeral, ciclos culturais, conferencias socioculturais, encontros e xornadas de estudo, etc. 5.Calquera outra actividade cultural semellante as anteriores. 2º.- As actividades deportivas, que contribúan o desenvolvemento deportivo e de esparcimento, con repercusión que incida na promoción deportiva dentro da provincia de Pontevedra, con Plan de Execución que teña lugar entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do exercicio 2007, e que se detallan a continuación: 1.Actividades organizativas de eventos deportivos puntuais, tales como organización de campionatos, ligas, etc. 2.Actividades participativas en eventos deportivos, de carácter puntual e extraordinario. 3.Actividades de fomento deportivo, sendo a súa finalidade a promoción, fomento e formación deportiva con carácter específico ou inespecífico. 4.Calquera outra actividade deportiva semellante as anteriores. SEGUNDA.- FINANCIAMENTO.- O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas Bases. Dito Programa, por importe de oitocentos mil (800.000,00) euros, financiarase con cargo ó Presuposto de 2007, partida 911.911.462.00, que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos. TERCEIRA.- REQUISITOS.- As actividades culturais e deportivas municipais serán caracterizadas pola concorrencia dos seguintes requisitos: a.Libre determinación dos concellos na elección das obras que desexan executar. b.Voluntariedade na participación e liberdade dos concellos na forma de organizarse. CUARTA.- BENEFICIARIOS.- Poderán solicitar estas axudas todos os concellos e entidades locais da provincia menores de 50.000 habitantes, que desexen acollerse a esta convocatoria e que teñan previsto realizar actividades deportivas e culturais no período comprendido dende o 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano 2007. Os beneficiarios da subvención estarán obrigados ó seguinte: a)As axudas serán compatibles con outras subvencións concedidas por outras entidades para o mesmo proxecto, pero en ningún caso o volume das mesmas poderá superar o custo da actividade a realizar. A tal efecto comunicarase á Deputación Provincial de Pontevedra a obtención doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, incluída a Deputación Provincial de Pontevedra, ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros. b)Difundir convenientemente e facer constar en toda información que a actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Pontevedra. c)Comunicar ó Servizo de Cooperación calquera eventualidade na actividade ou programa subvencionado, cando afecte a tal subvención e no momento en que aquela se produza. d) Proporcionar toda a información que lle sexa requirida polo Servizo de Cooperación encargado do seguimento e evolución das subvencións. QUINTA.- SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cooperación ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a.Memoria explicativa da actividade concreta, debidamente asignada. b.Presuposto da actividade a realizar, detallado e debidamente asinado. c.Declaración responsable na que conste se a entidade local obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien a actividade a subvencionar, e compromiso de comunicar a Deputación as que se obteñan nun futuro. d.Resolución ou certificación do acordo do órgano competente da Entidade Local polo que se determine a actividade e solicitude de subvención para a súa realización. e.Declaración responsable de estar ó corrente das obrigas tributarias (Estado e Deputación) e coa Seguridade Social. f.Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria. As Entidades Locais deberán presentar as solicitudes especificando as actividades concretas, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude. Calquera falsidade dos datos presentados dará lugar á perda da subvención concedida, ademais doutras medidas que para o caso poida arbitrar a Deputación de Pontevedra. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. SEXTA.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes de subvencións, que se acollan a este programa, comezará ó día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia, sendo de 30 días naturais. SÉTIMA.- COMPATIBILIDADE.- As axudas serán compatibles con outras axudas ou subvencións concedidas por outras entidades para a mesma obra ou adquisición, pero en ningún caso o volume das mesmas poderá superar o custo da actividade a realizar. A tal efecto comunicarase a Deputación Provincial de Pontevedra a obtención doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, incluída a propia Deputación, ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros. OITAVA.- SELECCION E CONCESIÓN.- A asignación de subvencións ás distintas actividades, sexan culturais ou deportivas, farase en función dos seguintes criterios: a.Número de poboación beneficiada na entidade local obxecto da subvención. b.Presuposto destinado á realización da actividade. c.Interese xeral da actividade na entidade local afectada. d.Existencia de planificación establece de actividades na entidade local. e.Repercusión e incidencia da actividade na Provincia de Pontevedra. f.Custo da actividade en relación coa capacidade económica da entidade local. g.Fomento dos valores que se patrocinen, especialmente en relación coa Comunidade Autónoma. Non poderá concederse para una actividade unha subvención inferior a seiscentos (600,00) euros. Así mesmo, os beneficiarios poderán, por razóns xustificadas, solicitar unha reformulación da subvención concedida. As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades. Sendo procedemento ordinario de concesión das axudas o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose a estes efectos a Presidencia ata un 20 % do crédito total deste programa para a súa concesión directa, tal como se prevé na base 25.2ª das de execución do vixente presuposto provincial. A acreditación das causas imprevisibles e excepcionais deberase facer mediante informe dos servizos técnicos da entidade beneficiaria. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo real da actividade a realizar polo beneficiario. NOVENA.- MODIFICACIÓN DA SOLICITUDE.- As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou rexeitan expresamente no prazo de dez días contados dende a súa notificación. Cando a subvención concedida non acade o 100% do presuposto no que se baseou a solicitude, o beneficiario da actuación subvencionadora poderá modificar a súa solicitude axustando o programa e presuposto as súas posibilidades de financiamento, axeitándose ó establecido nas distintas normas desta convocatoria. A modificación deberá ser solicitada antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade subvencionada. DÉCIMA.- XUSTIFICACIÓN E ABOAMENTO DAS SUBVENCIÓNS.- 1.- Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizada a actividade, os beneficiarios deberán xustificalas antes do día 30 de xuño do 2008. 2.- No caso de non poder presentala xustificación na data establecida na Base 9.1, as entidades beneficiarias poderán solicitar unha ampliación do prazo establecido para a xustificación sempre que non exceda da metade do mesmo. 3.- A solicitude de prórroga deberá obrar nesta Deputación antes de que finalice o prazo de execución da actividade subvencionada. Será esixida a xustificación do 100% do presuposto presentado para recibir a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do presuposto subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención. 4.- Para recibilas subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos: a.Facturas orixinais, ou fotocopias compulsadas, debendo corresponder o gasto á actividade subvencionada, e con data comprendida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2007, ambos inclusive. A xustificación con facturas será, como mínimo, polo importe da subvención concedida. b.Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando: acredor e documento, importe, data de emisión, se é posible, data na que se pagou; información, no seu caso, das desviacións con relación o presuposto que serviu de base á concesión). (Anexo III). c.Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no presuposto inicial, non aboándose mais que o importe xustificado co límite da subvención concedida. d.Declaración de non ter recibido outras subvencións de Administracións Públicas para a finalidade subvencionada, ou de recibilas detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. e.Declaración responsable de terse realizado a actividade de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención. f.Certificación do secretario ou interventor (ou funcionario competente) acreditativa de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron á actividade subvencionada, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se se considera oportuno, os xustificantes correspondentes. g.Para o pago da subvención terase en conta o seguinte: No caso de que se xustifique gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da subvención. O aboamento da subvención practicarase directamente a Entidade Local beneficiaria da subvención. DÉCIMO PRIMEIRA.- CAMBIO DE APLICACIÓN.- Non se admitirá o cambio de aplicación da subvención se non se solicita antes do 31 de outubro do 2007, sempre que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o Presidente ou Vicepresidente en quen delegue, e que se poida realizar a nova actividade no prazo de execución que se establece para as que se acollan a este programa. DÉCIMO SEGUNDA.- DEVOLUCIÓN E REINTEGRO.- As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: a.Por obtelas falseando as condicións requiridas. b.Por non aplicala ós fins para os que foi concedida. c.Por incumprilo beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento xeral de recadación. DÉCIMO TERCEIRA.- APROBACIÓN DAS BASES.- De acordo co establecido na Base 16.2 das de execución do presuposto para o 2007, e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. DÉCIMO CUARTA.- DEREITO SUPLETORIO.- Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, de 18/11/2003). DÉCIMO QUINTA.- RECLAMACIÓNS.- Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto no artigo 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estimen conveniente.” Os anexos son os seguintes: “Anexo I: DECLARACIÓN. Anexo II: NORMAS XERAIS DE PRESENTACION DE FACTURAS. Anexo III: CONTA XUSTIFICATIVA.” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.14790.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE TUI PARA A EXECUCIÓN DE DIVERSAS OBRAS Visto que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Tui para a realización das obras de humanización do entorno da praza de Galicia e a mellora da seguridade vial na EP 2502, cuxos presupostos son de 199.410,36 € e 401.741,32 €, respectivamente. E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Tui para a execución de diversas obras. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE TUI PARA A EXECUCIÓN DE DIVERSAS OBRAS No Concello de Tui, a .... de .................... de 2007 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local. D. Antonio Fernández Rocha, Alcalde-Presidente do Concello de Tui, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades rep

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición