ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2007/02/16_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/3.2007-02-16_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/02/16_Ordinaria

  • Data(s) 2007-02-16 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e quince minutos do día dezaseis de febreiro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14799.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 9 de febreiro de 2007. ------ Folla: 2.14800.- RATIFICACIÓN DA ADDENDA E PRÓRROGA DO CONVENIO ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL PARA DESENVOLVER O PROGRAMA DE MELLORA GANDEIRA DE GALICIA Dada conta da Addenda e Prórroga do Convenio de Colaboración para o desenvolvemento da mellora gandeira en Galicia de data 31 de decembro de 2006. Resultando que por acordo da Xunta de Goberno de data 8 de setembro de 2004 aprobouse o Convenio de Colaboración entre a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e a Excma. Deputación de Pontevedra para desenvolver o Programa de Mellora Gandeira en Galicia e cun período de vixencia ata o 31 de decembro de 2006. Resultando que debido á urxencia a Addenda e Prórroga do Convenio foi aprobada polo Consello da Xunta o 28 de decembro de 2006 e asinado polos representantes de ambas Administracións o 31 de decembro de 2006. Resultando que na Addenda e Prórroga contémplase incrementar o número de xovencas a 55 uds., que a vixencia se establece ata o 31 de decembro de 2008 e o financiamento do mesmo por parte da Consellería de Medio Rural ascende a un total de 350.000,00 € desagregándose en 175.000,00 € para o ano 2007 e 175.000,00 € para o 2008. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar a Addenda e Prórroga do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Medio Rural e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en materia do Programa de Mellora Gandeira en Galicia. Dita addenda e prórroga é como segue: “ADDENDA E PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA DESENVOLVER O PROGRAMA DE MELLORA GANDEIRA EN GALICIA En Santiago de Compostela, a 31 de decembro de 2006 REUNIDOS Dunha parte, D. Alfredo Suárez Canal, actuando en nome da Xunta de Galicia e en representación da Consellería do Medio Rural, en virtude das facultades que lle atribúen o artigo 34.1 da Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu Presidente. Doutra parte o Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, elixido no pleno celebrado o 12 de xullo do 2003, en nome e representación da mesma, con plenas facultades para o presente acto. EXPOÑEN 1.- Que con data de 22 de outubro de 2004, asinouse un convenio de colaboración entre a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para levar a cabo actuacións dentro do Programa de mellora gandeira de Galicia. 2.- Que dito convenio contempla unha serie de actuacións na finca de Mouriscade (Lalín-Pontevedra), propiedade da Deputación de Pontevedra entre as que se cita: manter un rabaño illado de xovencas receptoras de embrións. Nesta actuación contemplase o mantemento dun rabaño mínimo de 50 xovencas receptoras de embrións cunhas estritas condicións sanitarias e de manexo, para implantar nelas embrións de alto valor xenético adquiridos pola Consellería, co fin de obter animais cos que mellorar a cabana leiteira galega. Para esta actividade concreta asignouse unha cantidade no ano 2006 de 79.500,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 11.03.613-A.760.0. 3.- Que dado que a finalidade do rabaño de receptoras era dar resposta as necesidades de implantación de embrións do Programa de mellora gandeira de Galicia, considerouse necesario ampliar o número de receptoras a 55, resultando por tanto insuficiente a achega económica da Consellería para este concepto no presente ano 2006. 4.- Que ambas entidades consideran necesario continuar a colaboración nestas actividades para o progreso da cabana gandeira de Galicia. 5.- Que o exposto anteriormente aconsella facer unha addenda ó convenio de colaboración entre a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de data 22 de outubro de 2004, para levar a cabo actuacións dentro do Programa de Mellora Gandeira de Galicia, contemplando un incremento económico no ano 2006, e unha prorroga na súa duración tal e como está contemplado na cláusula sétima. Por todo o anterior ACORDAN CLÁUSULA PRIMEIRA.- OBXECTO: Modificar o convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a realización das actuacións prevista mediante unha addenda e prorroga, de conformidade co seguinte: Adaptar os custos do presente exercicio ós gastos reais do mantemento dun rabaño maior de xovencas, considerando un incremento de cinco receptoras mais cun importe de 7.950,00 €. Prorrogar o presente convenio por dous anos mais (2007 e 2008), ata o 31 de decembro de 2008, tal e como está contemplado na súa cláusula sétima xa que é o tempo estimado como necesario para conquerir os obxectivos desexados. CLÁUSULA SEGUNDA.- MODIFICACIÓNS ORZAMENTARIAS: Ampliar a contía económica fixada para o ano 2006 en 7.950,00 € para este apartado concreto pasando así da cantidade total de 167.000,00 € á cantidade de 174.950,00 € para o ano 2006. A desagregación por exercicios orzamentarios da cantidade achegada pola Consellería para a prorroga do convenio, quedará como segue: Exercicio 2007 175.000,00 € Exercicio 2008 175.000,00 € Total 350.000,00 € Dita achega económica farase con cargo á partida orzamentaria 11.03.613-A.760.0. Estes presupostos son cofinanciados polo FEOGA-Orientación nun 75%. CLÁUSULA TERCEIRA.- Para todo o demais estarase ó disposto no convenio asinado 22 de outubro de 2004 entre ámbalas dúas partes. E para que así conste, maniféstase o consentimento de ámbalas partes convenientes no lugar e data do encabezamento, instrumentándose por quintuplicado, referendado despois a súa plena conformidade con todas e cada unha das cláusulas aquí vertidas. O CONSELLEIRO DO MEDIO RURAL O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Alfredo Suárez Canal Rafael Louzán Abal” ------ Folla: 3.14801.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL PARA A DETERMINACIÓN DAS ESPECIES QUE XERAN PRAGAS E ENFERMIDADES FORESTAIS E A REALIZACIÓN DE ANÁLISES PARA PROBAS DE LABORATORIO A FIN DE VERIFICAR A VIRULENCIA DAS CEPAS DE CANCRO DE CASTAÑO CAPTADAS EN GALICIA Dada conta do Convenio de Colaboración para a determinación de especies que xeran pragas e enfermidades forestais e a realización de análises para probas de laboratorio a fin de verificar a virulencia das cepas de cancro captadas en Galicia, e o financiamento do mesmo por parte da Consellería de Medio Rural ascende a un total de 192.600,00 €, desagregándose 92.600,00 € para o ano 2006 e 100.000,00 € para o ano 2007. Resultando que debido á urxencia da Consellería de Medio Rural o 21 de decembro de 2006 asinouse dito Convenio. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar o Convenio de Colaboración entre a Consellería de Medio Rural e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de 21 de decembro de 2006, en materia de determinación de especies que xeran pragas e enfermidades forestais e a realización de análises para probas de laboratorio a fin de verificar a virulencia das cepas de cancro do castaño captadas en Galicia. Dito Convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DA XUNTA DE GALICIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A DETERMINACIÓN DAS ESPECIES QUE XERAN PRAGAS E ENFERMIDADES FORESTAIS E A REALIZACIÓN DE ANÁLISES PARA PROBAS DE LABORATORIO A FIN DE VERIFICAR A VIRULENCIA DAS CEPAS DE CANCRO DE CASTAÑO CAPTADAS EN GALICIA En Santiago de Compostela, a 21 de decembro de 2006. REUNIDOS Dunha parte, o Sr. D. Alfredo Suárez Canal, Conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia, actuando no nome e representación da mesma en virtude das facultades atribuídas na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de Normas Reguladoras da Xunta de Galicia e do seu Presidente. E doutra parte, o Sr. D. Rafael Louzan Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no seu nome e representación, en virtude das facultades que ostenta, segundo o artigo 34.1, b da Lei 7/85, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local. EXPOÑEN PRIMEIRO.- I) Que da Lei 43/2002, de 20 de novembro, de sanidade vexetal se induce a necesidade de que as administracións competentes dispoñan dun sistema de observación a fin de facer un seguimento do estado sanitario das masas forestais e de detectar a aparición de novos axentes patóxenos. Que para determinar as causas dos danos observados e para determinar ou clasificar no seu caso as especies dos patóxenos requírese a concorrencia de persoal moi especializado, de laboratorios con equipamento e metodoloxía adecuados. Que para desenvolver métodos de loita contra as pragas e as enfermidades das especies e masas forestais requírese a concorrencia de centros con tecnoloxías avanzadas e persoal científico moi cualificado e equipos humanos complexos a fin de poder estudar novos procedementos de determinación e de tratamento así como de poñer a punto métodos eficientes de loita contra pragas e de enfermidades. II) Que a Consellería do Medio Rural ten nas súas competencias a ordenación, fomento e mellora da produción forestal, de acordo co abeiro do disposto no Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia e no Decreto 562/2005, do 1 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria. SEGUNDO.- Que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra é titular da denominada Estación Fitopatolóxica do Areeiro, centro que dispón tanto de persoal científico cualificado e especializado para realizar determinacións no ámbito da fitopatoloxía forestal, como de instalacións e laboratorios onde determinar, clasificar ou contribuír a clasificar as especies patóxenas, realizar ensaios experimentais a fin de deseñar novos procedementos de loita contra pragas e enfermidades e adaptados ás condicións galegas, e realizar cultivos de especies patóxenas e dos seus parasitos. TERCEIRO.- Que a Consellería do Medio Rural non dispón dos medios axeitados para afrontar estas tarefas. Por todo isto, acordan subscribir o presente convenio de colaboración que se rexerá polas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- FINALIDADE Este convenio establece as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Deputación Provincial de Pontevedra para a prestación por parte da Estación Fitopatolóxica do Areeiro á Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, da Consellería de Medio Rural, dos seguintes servizos: Determinación, e no seu caso clasificación ou contribución á clasificación, dos axentes patóxenos que se desenvolvan, así como a dedución de posibles causas abióticas que se observen nas mostras ou partes de plantas captadas no campo polos servizos de forestais, e enviadas á Estación Fitopatolóxica ó efecto. Captura no campo por persoal da Estación Fitopatolóxica de novos pés de castaño con chanceo (Endothia parasítica) a fin de investigar a hipovirulencia da cepa e a compatibilidade entre distintas cepas así como de dispor de recursos deste material fúnxico para desenvolver no seu momento métodos de loita biolóxica contra dita enfermidade. SEGUNDA.- DURACIÓN DO CONVENIO.- O presente convenio producirá efectos dende a data da súa sinatura ata o 30 de novembro do 2007. TERCEIRA.- RESPONSABILIDADE DOS TRABALLOS.- A captura e a remisión de mostras de plantas e de solos a determinar ou clasificar será realizada en campo polas Unidades Técnicas dos Servizos de Montes e Industrias Forestais, baixo a dirección e coordinación da Subdirección Xeral de Recursos Forestais, que actuará ademais como interlocutor perante a Deputación Provincial para este convenio. Os órganos mencionados teñen a súa dependencia da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais da Consellería do Medio Rural. Pola súa parte, as tarefas a realizar pola Excma. Deputación Provincial as executará o equipo da Estación Fitopatolóxica baixo a dirección do Xefe do Servizo de Fitopatoloxía da Deputación Provincial de Pontevedra, que ademais actuará de interlocutor perante a Consellería do Medio Rural para este convenio. CUARTA.- SEGUIMENTO DOS TRABALLOS.- Para facilitar o seguimento e cumprimentos dos traballos a realizar, constituirase unha Comisión Mixta paritaria integrada polo Director Xeral de Montes e Industrias Forestais e o Subdirector Xeral de Recursos Forestais da Consellería do Medio Rural, ou persoas que designen, o Enxeñeiro Director do Servizo Agrario e o Xefe de Servizo de Fitopatoloxía da Deputación en representación da Deputación Provincial de Pontevedra. Esta Comisión, presidida polo Director Xeral de Montes e Industrias Forestais, constituirase no prazo de trinta (30) días, contados a partir da data de sinatura deste convenio. A Comisión Mixta ditará as súas propias normas internas de funcionamento, reunirase cando o solicite algunha das partes e, en todo caso, ó menos unha vez ó ano. QUINTA.- REALIZACIÓN DOS TRABALLOS E PRESENTACIÓN DE INFORMES.- Durante a vixencia do convenio e para cada ano, os servizos forestais en colaboración coa Estación Fitopatolóxica de Areeiro realizarán: Unha mostraxe sistemática do estado sanitario das Masas Forestais Galegas coas capturas necesarias por parcelas ó ano. O número total de parcelas de mostraxe permanentes en toda Galicia será inferior a 200. Ademais, poderanse realizar tomas de mostras ocasionais por emerxencia de axentes detectados puntualmente en número variable nas especies indicadas ou noutras. Estímase que as tomas ocasionais non xerarán un número de mostras a analizar superior a 200. Estímase tamén que en total o número de mostras a analizar pola Estación Fitopatolóxica non será superior a 500 unidades. O cónteo e análise dos insectos recollidos nas trampas postas polos servizos forestais. A prospección do fungo Fusarium circinatun desenvolverase nunha campaña coa toma de aproximadamente 500 mostras ó longo de toda Galicia que serán enviadas ó laboratorio fitopatolóxico para a súa análise e informe de resultados. Pola súa parte, os servizos da Estación Fitopatolóxica realizarán a mostraxe de campo dos pés de castaño así como os cultivos, análises e tarefas de laboratorio para determinar, clasificar ou contribuír a clasificar os axentes patóxenos presentes nas mostras de plantas, as análises de solos, os estudos de compatibilidade e de virulencia das cepas de cancro. A Estación Fitopatolóxica dará de cada mostra recibida e analizada unha relación escrita das especies patóxenas determinadas ou dos axentes abióticos que no seu caso puideran ter provocado os danos. Da mesma forma procederá en relación cos resultados das análises de solo. En canto á captura e investigación das cepas de fungo hipovirulentas, ó rematar a tarefa encomendada a Estación Fitopatolóxica elaborará unha relación dos traballos realizados e resultados obtidos. O final do ano 2006 e o final do convenio realizará sendas memorias recollendo os traballos realizados e os resultados obtidos. SEXTA.- IMPORTE E CONDICIÓNS DE PAGAMENTO.- O financiamento deste convenio correrá a cargo da Consellería de Medio Rural, nunha cantidade de cento noventa e dous mil seiscentos euros (192.600,00 €), con cargo á partida orzamentaria 11.06.614C-640.1 código proxecto1996 15044. A Consellería do Medio Rural efectuará a liquidación do pagamento a favor da Deputación de Pontevedra previa presentación por parte da Deputación dunha memoria onde se detallen os traballos realizados, e unha vez certificados os traballos polo responsable da Consellería do Medio Rural encargado da dirección, antes dos meses de decembro dos anos 2006 e 2007. A desagregación por anualidades do presuposto de execución será o seguinte: Ano 2006----......................................................................92.600,00 euros Ano 2007----....................................................................100.000,00 euros O presente convenio está cofinanciado con fondos FEOGA-ORIENTACIÓN da U.E. SÉTIMA.- CONFIDENCIALIDADE DA INFORMACIÓN E DOS RESULTADOS.- A Consellería do Medio Rural resérvase o dereito de publicar os resultados, parciais ou finais, obtidos durante a execución do convenio. Se os servizos da Deputación Provincial de Pontevedra desexasen utilizar os resultados antes mencionados para a súa publicación, deberán obter a autorización previa e por escrito da Consellería de Medio Rural. Calquera que sexa o medio de difusión, ámbalas dúas partes comprométense a facer mención expresa do presente convenio, así como á indicación do cofinanciamento cos fondos FEOGA-ORIENTACIÓN. Non obstante, en calquera caso, a Deputación Provincial poderá facer uso dos coñecementos adquiridos durante a realización do estudo en actividades propias da súa función. OITAVA.- RELACIÓN LABORAL COA CONSELLERÍA.- A subscrición deste convenio non conleva relación laboral contractual ou de calquera outro tipo entre os profesionais que vaian a desenvolver as actividades a realizar pola Deputación Provincial e a Consellería do Medio Rural, de maneira que non se lle poderá esixir ningunha responsabilidade, nin directa nin subsidiaria, polos actos ou feitos acaecidos no desenvolvemento do mesmo. NOVENA.- MODIFICACIÓN, DENUNCIA E RESCISIÓN DO CONVENIO.- As partes poderán denunciar ou modificar o presente convenio en calquera momento por acordo mutuo, notificándose cun prazo de antelación de 3 meses. O incumprimento de calquera das obrigas contraídas no presente convenio por unha das partes facultará á outra parte a rescindir o mesmo, quedando automaticamente anulados todos os dereitos correspondentes sobre o obxecto da investigación, pero non así as obrigas contraídas no mesmo. DÉCIMA.- XURISDICIÓN.- As partes comprométense a resolver de maneira amigable calquera desacordo que poida xurdir no desenvolvemento do presente convenio no seno da Comisión Mixta. Este convenio ten natureza administrativa e rexerase polas súas propias cláusulas. En caso de defecto destas, polas normas xerais do dereito administrativo. No seu caso, as partes someterán as diverxencias que puideran presentarse relativas a súa interpretación ou cumprimento perante a Xurisdición Contencioso-Administrativa. E en proba de conformidade, asínase o presente convenio en triplicado exemplar no lugar e data indicados. O CONSELLEIRO DO MEDIO RURAL O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Asdo.- Alfredo Suárez Canal Asdo.- Rafael Louzán Abal” ------ Folla: 4.14802.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. (C.I.F. A.36.018.786) A constituída en valores,mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dezaoito mil corenta euros (18.040,00 €), para responder de “Proxecto de execución do Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/07/2003 segundo núm.200300049285 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil trescentos corenta e dous euros con oitenta e tres céntimos (2.342,83 €), para responder de “Obras complementarias na sede do Parque comarcal de Bombeiros do Morrazo”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/08/2005 segundo núm.200500078775 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil oitocentos cincuenta euros con vinte e catro céntimos (2.850,24 €), para responder de “Reinversión de baixa da obra de Campo de Fútbol de Arbo”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/08/2005 segundo núm.200500077836 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. SETGA, S.L(C.I.F. B.36.699.064) A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de mil trescentos noventa e seis euros con setenta e sete céntimos (1.396,77 €), para responder de “iluminación pública na Estrada de Cabanelas (RIBADUMIA)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/06/2005 segundo núm.200500063553 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES CALDEVERGAZO, S.L. (NIF. B36133916) A constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dous mil trescentos cincuenta e seis euros (2.356,00 €), para responder de:”Adicional de urbanización pedra e Lameiro E.P. Calvario-La Garrida (Vigo)”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/10/2005, segundo núm. 200500095917 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. (NIF. B36005411) A constituída en valores, mediante aval do Banco Simeón, por importe de nove mil oitocentos setenta e sete euros con catro céntimos (9.877,04 €), para responder de:”Mellora E.P. 4201 Setados – Ribarteme – Vide (As Neves)”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/07/2003, segundo núm. 200300054665 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. MANUEL VAQUEIRO, S.L. (NIF. B36033470) A constituída en valores, mediante aval do Banco de Galicia, por importe de mil oitocentos setenta e seis euros (1.876,00 €), para responder de: “Muro de sostemento P.K. 786 M.D. E.P. 2603 Puxeiros-Peinador (Vigo), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/09/2005, segundo núm.200500089714 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (NIF. A36319622) A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de once mil cincocentos vinte e catro euros con corenta e nove céntimos (11.524,49 €), para responder de:”Pavimentado capa de rodadura e substitución de saneamento na rúa Placer de Vigo”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/07/2004, segundo núm. 200400051620 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L. (NIF. A32204620) A constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de mil novecentos dez euros con cincuenta céntimos (1.910,50 €), para responder de:”Medición vallas de protección en estradas provinciais Zona Sur”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/06/2005, segundo núm. 200500064392 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval do Banco de Galicia, por importe de mil douscentos cincuenta e cinco euros con once céntimos (1.255,11 €), para responder de:”Balizamento E.P. 2803 Fornelos-Festín P.k. 0-3,4 (Fornelos de Montes)”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/03/2004, segundo núm. 200400022683 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. FARO, S.L. (NIF. B36285765) A constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de mil cincocentos euros (1.500,00 €), para responder de: ”Pavimentación acceso cemiterio de Quireza (Cerdedo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/05/2005, segundo núm. 200500049322 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. TRANSPORTES Y MAQUINARIA CP, S.L. (NIF. B36193605) A constituída en valores, mediante aval do Banco Bilbao Vizcaya, por importe de dous mil douscentos vinte e seis euros (2.226,00 €), para responder de:”Mellora seguridade vial e servizos E.P. 7016 a Estrada-Vinseiro-As Casetas (A Estrada)”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/09/2005, segundo núm. 200500084922 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (NIF. A36001063) A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos setenta e oito euros (2.378,00 €), para responder de: ”Reforzo de rodadura e obras accesorias P.k. 1+100 a 2+100 da E.P. Redondela-Nespereira (Redondela)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/07/2005, segundo núm. 200500069375 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil douscentos noventa e nove euros con sesenta céntimos (2.299,60 €), para responder de: ”Adaptación das pontes da E.P. Gaxate-Xende sobre o río Oitavén ós condicionantes de augas de Galicia (A Lama)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/07/2005, segundo núm. 200500069374 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. NAROM, S.L. (NIF. B36163418) A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de dous mil trinta e oito euros con oitenta e sete céntimos (2.038,87 €), para responder de: “Reconstrución muro e terraplén desprendido P.K. 3280 a 4201 Vide-Ribarteme (As Neves)”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/08/2005, segundo núm. 200500080851 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de dous mil trescentos seis euros con setenta e tres céntimos (2.306,73 €), para responder de: ”Reconstrución nova ponte no regato Meixoeiro E.P. 5106 Covelo-Barciademera (Covelo)”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/08/2005, segundo núm. 200500080850 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. ELSAMEX, S.A. (NIF. A28504728) A constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de dous mil trescentos oitenta e oito euros (2.388,00 €), para responder de: ”Terminación E.P.0201 Ponte Caldelas-Barbudo (Pontecaldelas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/08/2005, segundo núm. 200500079550 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de seis mil cincocentos corenta e oito euros con corenta céntimos (6.548,40 €), para responder de: “E.P. 0201 Ponte Caldelas-Barbudo (Pontecaldelas)”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/08/2003, segundo núm. 200300060026 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. PLANIFICACIÓN, DESARROLLO Y G. DE CONSTRUCCIÓN, S.A. (G.P.D.), (NIF.A36229557) A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de tres mil oitocentos sesenta e catro euros con cincuenta e seis céntimos (3.864,56 €), para responder de: “Reforma de cuberta do Pazo de Deportes Do Grove”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/05/2004, segundo núm. 200400034665 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. INDEZA, S.L. (NIF. B36009785) A constituída en valores, mediante aval de Afigal, por importe de cinco mil cincuenta e catro euros con sesenta e seis céntimos (5.054,66 €), para responder de: “Ensanche beirarrúas e servizos na Modia o Facho, Covas de Lobos e Couto (Cambados)”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/04/2003, segundo núm. 200300028935 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil trescentos oitenta e tres euros (2.383,00 €), para responder de: “Obras complementarias ó Colector e Pozo de Bombeo no Grove”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/01/2005, segundo núm. 200500001797 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dez mil seiscentos cincuenta e tres euros con oitenta e dous céntimos (10.653,82 €), para responder de: “Proxecto modificado E.P. 0401 Carballedo-Caroi, 1ª Fase (Cotobade)”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/12/2002, segundo núm. 200200104770 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (NIF. B36052876) A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catro mil trescentos oitenta e tres euros con sesenta e nove céntimos (4.383,69), para responder de: “E.P. 7004 Alto da Cruz-Santeles (A Estrada)”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/07/2003, segundo núm. 200300055583 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de catro mil novecentos dezaoito euros con vinte e oito céntimos (4.918,28 €), para responder de: “Renovación rodadura C.P. Meixueiro-Cuvi (Vigo)”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/07/2004, segundo núm. 200400051480 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. (NIF. B36052702) A constituída en valores, mediante aval de B.B.V.A, por importe de dous mil trescentos corenta e cinco euros con cincuenta e un céntimos (2.345,51 €), para responder de: “Desprendemento de terras na estrada Cerdedo-Portela (Forcarei)”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/07/2003, segundo núm. 200300055601 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de B.B.V.A, por importe de mil seiscentos noventa e sete euros con un céntimo (1.697,01 €), para responder de: “E.P. 6103 Santo Domingo-Sanguiñedo (Mozón)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/01/2003, segundo núm. 200300005768 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ Y HERMIDA, S.L. (NIF. B36632412) A constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de mil seiscentos corenta e nove euros (1.649,00 €), para responder de: “Ampliación en planta de intersección do acceso ó Porto de Oia (Oia)”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/09/2005, segundo núm. 200500085170 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF. A36008886) A constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de sete mil catrocentos tres euros con corenta e un céntimos (7.403,41 €), para responder de: “Ensanche de beirarrúas e servizos na Modia o Facho, Covas de Lobos e Couto (Cambados)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/04/2003, segundo núm. 200300027992 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Mapfre Caución y Crédito, por importe de dous mil trescentos oitenta e oito euros (2.388,00), para responder de: “Novo colector na rúa Ecuador de Vigo”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/09/2005, segundo núm. 200500086227 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil trescentos noventa e seis euros (2.396,00 €), para responder de: “Pavimentación beiras o marxe EP 8001 Caldas-Carracedo-Catoira”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/08/2005, segundo núm. 200500076783 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil setecentos doce euros (1.712,00 €), para responder de: “Escavación e reposición de servizos en Leiro (Ribadumia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/08/2005, segundo núm. 200500076784 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de oito mil cincocentos vinte e nove euros con sesenta e nove céntimos (8.529,69), para responder de: “EP 8303 Igrexa de Fragas (Campo Lameiro)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/01/2003, segundo núm. 200300001396 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Acc.Seguros, por importe de mil setecentos cincuenta e catro euros con setenta e cinco céntimos (1.754,75 €), para responder de: “Remate PO-1002 Magdalena – Aldán (Cangas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/05/2001, segundo núm. 2001025312, (SIC 200100023027) de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval do Banco Atlántico, por importe de cinco mil catrocentos oitenta e nove euros con trinta e oito céntimos (5.489,38 €), para responder de: “Remate EP 9302 Xil-Covas-Barrantes (Meaño)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/07/2003, segundo núm. 200300051447 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos oitenta e oito euros (2.388,00 €), para responder de: “Mellora rodadura EP 2305 Mañufe-Nande (Gondomar)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/06/2005, segundo núm. 200500062278 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval do Banco Pastor, por importe de mil douscentos sesenta e catro euros (1.264,00 €), para responder de: “Instalación bados en pasos peonís e sinalización EP 9801 Ponte- Laxes e EP 9803 Embarcadoiro – Centro (Illa de Arousa)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/08/2005, segundo núm. 200500077598 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval do Banco Pastor, por importe de mil catrocentos vinte e tres euros con sesenta céntimos (1.423,60 €), para responder de: “Renovación capa rodadura EP Donas-Mañufe (Gondomar)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/08/2005, segundo núm. 200500077597 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval do Banco Pastor, por importe de mil seiscentos sesenta e catro euros (1.664,00 €), para responder de: “Terminación urbanización Barcia de Mera – Piñeiro (Covelo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/08/2005, segundo núm. 200500081040 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de dous mil trescentos nove euros con vinte e sete céntimos (2.309,27 €), para responder de: “Canalizacións e muros en EP Ribadumia-Grenla (Ribadumia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/07/2003, segundo núm. 200300054706 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de trece mil setecentos oitenta e nove euros con oitenta céntimos (13.789,80 €), para responder de: “EP Calvario-A Garrida (Camiño de Presas-Igrexa de Beade) (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/07/2004, segundo núm. 200400053503 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de dezasete mil cento trece euros con corenta céntimos (17.113,40 €), para responder de: “EP Calvario-A Garrida – Tramo Beade- Carneiras (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/07/2004, segundo núm. 200400053501 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 5.14803.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 1º TRIMESTRE DO ANO 2007 Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Excma. Deputación, que ascende a 127.700,00 € para gastos de funcionamento do 1º trimestre do ano 2007, e o informe de Intervención, a Xunta de Goberno de acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a cantidade de 127.700,00 €, como achega da Deputación para o ano 2007 ó Consorcio durante o primeiro trimestre. 2.- Declarar de aboamento a favor do Consorcio a cantidade de 127.700,00 € con cargo á partida 07/911.223.467.01. ------ Folla: 6.14804.- MODIFICACIÓN DA DENOMINACIÓN DE DIVERSAS OBRAS DO CONCELLO DE RODEIRO, SUBVENCIONADOS CON CARGO Ó PAM 2006/08, ASÍ COMO A CORRECCIÓN DO IMPORTE DO ORZAMENTO DA OBRA “ACONDICIONAMENTO DO CENTRO CULTURAL MUNICIPAL E DA ANTIGA CÁMARA AGRARIA, 1ª E 2ª FASE” Vista a petición do concello de Rodeiro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar a denominación das obras incluídas no PAM 2006-08 seguintes: “Acondicionamento dos locais sociais das parroquias de Guillar, O Az, Álceme (Rañestras) e Santa Baia, 1ª fase, PAM/06-07, por “Acondicionamento dos locais sociais das parroquias de Guillar, O Az, Álceme (Rañestras) e Santa Baia, 1ª e 2ª fase”, “Acondicionamento dos campos de fútbol de Rodeiro e Río, 1ª fase”, PAM/06-07, por “Acondicionamento dos campos de fútbol de Rodeiro e Río, 1ª e 2ª fase”; e “Acondicionamento do Centro Cultural Municipal e da antiga Cámara Agraria, 1ª fase”, PAM/07-08”, por “Acondicionamento do Centro Cultural Municipal e da antiga Cámara Agraria, 1ª e 2ª fase”, así mesmo corríxese o importe do presuposto desta última obra de 26.668,00 €, pola cantidade de 26.666,66 euros, quedando suxeitas ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó concello de Rodeiro con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades Presuposto Subv. Presuposto Subv. Presuposto Subv. 2006-2008 Total Total Total Total Subv. Pavimentación Vías Públicas municipais en Rañestras, Mourigas e Río 24.291,30 24.291,30 24.291,30 Acondicionamento dos locais sociais das parroquias de Guillar, O Az, Alceme (Rañestras) e Santa Baia - 1ª e 2ª Fase 32.000,00 4.000,00 20.000,00 24.000,00 Acondicionamento do CPI e do Centro de Saúde de Rodeiro, 1ª. Fase 64.000,00 16.000,00 15.000,00 17.000,00 48.000,00 Equipamento ximnasio municipal de Rodeiro-1ª. Fase 24.000,00 2.000,00 16.000,00 18.000,00 Acondicionamento dos campos de fútbol de Rodeiro e Río-1ª e.2ª Fase 48.000,00 6.000,00 30.000,00 36.000,00 Iluminación pública nos núcleos rurais do Concello - 1ª. Fase 54.000,00 14.000,00 20.000,00 20.000,00 54.000,00 Iluminación pública no núcleo de Rodeiro - 1ª. Fase 36.000,00 6.000,00 15.000,00 15.000,00 36.000,00 Acceso ós núcleos dos lugares de Agrosagro, Baroncelle, Alén, Vilamea (Az), Vilamea (Camba), As Santas e Vistuide -1ª. Fase 30.000,00 18.000,00 12.000,00 30.000,00 Pavimentación vías públicas municipais en Vilameá (Negrelos), A Granxa, Coreixas e Padín e peche Fronta do punto limpo de Rodeiro - 1ª. Fase 52.000,00 12.000,00 20.000,00 20.000,00 52.000,00 Pavimentación vías públicas municipais en Agrosagro, Carboentes, Saborín, Rodeiro, Mourigas, Negrelos e camiño de inverno -1ª. Fase 32.000,00 14.000,00 18.000,00 32.000,00 Pavimentación vías públicas en As Pobanzas a Ermida, Lamazares Carboentes, Río de Camba, Fafián, Trasulfe, Vilamea, (Camba), etc. 1ª. Fase 60.000,00 10.000,00 25.000,00 25.000,00 60.000,00 Adquisición de mobiliario urbano -1ª. Fase 22.832,00 3.608,47 13.515,49 17.123,96 Instalación de enerxía solar térmica ó campo de fútbol de Río - 1ªFase 24.000,00 6.000,00 12.000,00 18.000,00 Acondicionamento do Centro Cultural Municipal e da antiga Cámara Agraria- 1º. e 2ª Fase 26.666,66 8.000,00 12.000,00 20.000,00 Acondicionamento dos locais sociais das parroquias de Alceme (A Latiza), Arnego e Pedroso - 1ª. Fase 69.337,00 12.000,00 40.000,00 52.000,00 Acondicionamento do Pavillón Polideportivo Municipal de Rodeiro - 1ª. Fase. 66.670,00 20.000,00 30.000,00 50.000,00 456.291,30 126.291,30 209.505,66 240.608,47 204.515,49 571.415,26 ------ Folla: 7.14805.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS De conformidade coa proposta de data 5 de febreiro do funcionario D. José Fernández López, adscrito ó Servizo de Intervención, na que solicita permiso e axuda económica para poder asistir ó curso “As Entidades Locais e a presentación de novos proxectos de Cooperación Territorial Europea (Iniciativas Comunitarias) para o 2007-2013”, que terá lugar os próximos días 21 ó 28 de febreiro e o 05 e 06 de marzo en Santiago de Compostela, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das facultades que lle confire o artigo 61.12 do Real decreto 2568/86, de 28 de novembro, e o artigo 105 da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia, conceder a D. José Fernández López o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 329,60 euros, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Desprazamentos: (coche propio) Pontevedra- Santiago-Pontevedra: (120 Km.) x 7 días 159,60 € Peaxe autoestrada: 70,00 € TOTAL: 229,60 € Inscrición ó curso: 100,00 € Ditas cantidades imputaranse con cargo á partida 07/611.611.231.01 de Desprazamentos por importe de 229,60 € e á 07/122.314.162.00 de inscrición ó curso por importe de 100,00 €. Para o aboo das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 13ª do acordo nº 20.172, de data de 18 de novembro de 1.983, adoptado pola Comisión de Goberno, o solicitante deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento do curso e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, os gastos solicitados. ------ Folla: 8.14806.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DE INVESTIGACIÓN PARA O INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS Retírase da orde do día expediente relativo á “Prórroga dunha bolsa de investigación para o Instituto de Investigacións Mariñas”. ------ Folla: 9.14807.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS a) Dada conta que con data 24 de xaneiro de 2007 notifícase Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra polo que declara desistido a Don Alexander Pestrucho do recurso núm. 293/2006 promovido contra proceso selectivo no ORAL, a Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable de dito Auto. b) A Xunta de Goberno queda enterada de Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 49/06 promovidos por Dona Concepción Méndez Domínguez e outros contra acordo de aprobación do proxecto “Terminación do ensanche e mellora da EP 8004 Vilanoviña-Caldas”, na que se desestima o recurso presentado por considerar o acordo axustado a Dereito. c) A Xunta Goberno queda enterada da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado 301/2006 promovidos contra esta Deputación por D. Fermín Montes Araujo contra desestimación de reclamación de responsabilidade por danos en accidente de tráfico o día 31 de outubro de 2005 na estrada provincial 2908 Arcade-Amoedo como consecuencia de aceite na calzada, que desestima dito recurso, absolvendo a este organismo de toda responsabilidade. ------ Folla: 10.14808.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.14809.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE COVELO, PARA A XUSTIFICACIÓN DA ACTUACIÓN “REDACCIÓN DO DOCUMENTO DE PLANEAMENTO, PARCELACIÓN E PROXECTO URBANIZACIÓN”, INCLUÍDA NO PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL 2005 Vista a solicitude do Concello de O Covelo, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución da actuación incluída no Programa de Planeamento Urbanístico Xeral 2005, subvencionada con 9.000,00 €, denominada: “Redacción do documento de planeamento, parcelación e proxecto urbanización”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder dita prórroga ata o 20 de decembro de 2007. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.14810.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A EXECUCIÓN DE DIVERSAS OBRAS A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o “Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a execución de diversas obras”, sendo o seu presuposto total de 294.860,71 €. O obxecto do Convenio é posibilitar a realización e execución das seguintes obras: Acondicionamento de espazos adxacentes á Igrexa, cun presuposto de 176.886,07 €. Acondicionamento da Praza do Conservatorio, cun presuposto de 39.799,51 € Acondicionamento da Praza do Auditorio, cun presuposto de 78.175,13 €. Os investimentos necesarios para a realización das obras obxecto deste convenio, serán financiados mediante unha subvención da Deputación de Pontevedra, a con cargo o PAM/06, anualidades 2007 e 2008, segundo o que se establece de seguido: 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra (Subvención do PAM/06, Libre disposición) 173.447,47 € 121.413,24 € Investimento total 294.860,71 € As achegas por anualidades distribuiranse como relacionamos a continuación: - Obra Acondicionamento entorno Igrexa: 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra (Subvención do PAM/06, Libre disposición) 104.050,50 € 72.835,57 € Investimento total 176.886,07 € - Obra Acondicionamento praza do Auditorio: 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra (Subvención do PAM/06, Libre disposición) 45.772,55 € 32.402,58 € Investimento total 78.175,13 € - Obra Acondicionamento praza do Conservatorio: 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra (Subvención do PAM/06, Libre disposición) 23.624,42 € 16.175,09 € Investimento total 39.799,51 € A Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas nos proxectos técnicos, que serán financiadas con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello con cargo á partida 07/911.911.762.45. Dito Convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A EXECUCIÓN DE DIVERSAS OBRAS. No Concello de Ponteareas, a .... de .................... de 2007 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Salvador González Solla, Alcalde-Presidente do Concello de Ponteareas, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio para o cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas é posibilitar a realización e execución das seguintes obras: Acondicionamento de espazos adxacentes á Igrexa, cun presuposto de 176.886,07 €. Acondicionamento da Praza do Conservatorio, cun presuposto de 39.799,51€. Acondicionamento da Praza do Auditorio, cun presuposto de 78.175,13 €. Segunda.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas nos proxectos técnicos, que serán financiadas mediante unha subvención a través do PAM/06, con cargo á partida 07/911.911.762.45 as anualidades do exercicio do 2007, e as demais anualidades coas correspondentes dos próximos exercicios. O Concello de Ponteareas poderá nomear a un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Terceira.- O Concello de Ponteareas, obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros Organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Cuarta.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a douscentos noventa e catro mil oitocentos sesenta euros con setenta e un céntimos (294.860,71€), e comprenderá todos os gastos que derivan das obras a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. Quinta.- Os investimentos necesarios para a realización das obras obxecto deste convenio, serán financiados mediante unha subvención da Deputación de Pontevedra, a con cargo o PAM/06, anualidades 2007 e 2008, segundo o que se establece de seguido: 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra (Subvención do PAM/06, Libre disposición) 173.447,47 € 121.413,24 € Investimento total 294.860,71 € As achegas por anualidades distribuiranse como relacionamos a continuación: - Obra Acondicionamento entorno Igrexa: 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra (Subvención do PAM/06, Libre disposición) 104.050,50 € 72.835,57 € Investimento total 176.886,07 € - Obra Acondicionamento praza do Auditorio: 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra (Subvención do PAM/06, Libre disposición) 45.772,55 € 32.402,58 € Investimento total 78.175,13 € - Obra Acondicionamento praza do Conservatorio: 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra (Subvención do PAM/06, Libre disposición) 23.624,42 € 16.175,09 € Investimento total 39.799,51 € Sexta.- O Concello de Ponteareas comprométese á xestión, mantemento e conservación da estrada unha vez rematadas as obras, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de recepción de obras. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2009. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Ponteareas, Rafael Louzán Abal Salvador González Solla” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.14811.- PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MONDARIZ PARA O ESTABLECEMENTO DO TENDIDO ELÉCTRICO EN SABAXÁNS A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o “Protocolo de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Mondariz, para o establecemento do tendido eléctrico en Sabaxáns”, acadando o importe da súa realización 60.494,65 €. O Concello de Mondariz, obrígase a licitar, contratar e realizar a actuación mencionada, poñendo para iso a disposición os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar perante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. As obras serán executadas pola Deputación, e financiaranse con cargo á partida 07/911.911.762.45 do vixente Presuposto ordinario. Dito Protocolo é como segue: “PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MONDARIZ PARA O ESTABLECEMENTO DO TENDIDO ELÉCTRICO EN SABAXÁNS No Concello de Mondariz, a 17 de xaneiro de 2007 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Julio Alén Montes, Alcalde-Presidente do Concello de Mondariz, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente protocolo, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito protocolo de colaboración dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. II.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente protocolo de colaboración, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente protocolo, no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Mondariz, é o establecemento do tendido eléctrico en Sabaxáns, cun presuposto de sesenta mil catrocentos noventa e catro euros con sesenta e cinco céntimos (60.494,65 €). Segunda.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra financiara a actuación referida na cláusula anterior con cargo o Programa de Acción Municipal 2006/2007. Terceira.- O Concello de Mondariz, obrígase a licitar, contratar e realizar a actuación mencionada, poñendo para elo a disposición os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Cuarta.- O Concello de Mondariz comprométese á xestión, mantemento e conservación das instalacións unha vez rematadas as obras, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de recepción. Quinta.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Sexta.- O presente protocolo entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2007. Sétima.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste protocolo. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente protocolo por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Mondariz, Rafael Louzán Abal Julio Alén Montes” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.14812.- PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MONDARIZ PARA O ESTABLECEMENTO DUN DEPÓSITO DE AUGAS EN QUEIMADELOS A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o “Protocolo de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Mondariz, para o establecemento dun depósito de augas en Queimadelos”, acadando o importe da súa realización 24.000,00 €. O Concello de Mondariz, obrígase a licitar, contratar e realizar a actuación mencionada, poñendo para iso a disposición os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar perante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. As obras serán executadas pola Deputación, e financiaranse con cargo á partida 07/911.911.762.45 do vixente Presuposto ordinario. Dito protocolo é como segue: “PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MONDARIZ PARA O ESTABLECEMENTO DUN DEPOSITO DE AUGAS EN QUEIMADELOS No Concello de Mondariz, a 17 de xaneiro de 2007 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Julio Alén Montes, Alcalde-Presidente do Concello de Mondariz, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente protocolo, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito protocolo de colaboración dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. II.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente protocolo de colaboración, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente protocolo, no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Mondariz, é o establecemento dun deposito de augas en Queimadelos, cun presuposto de vinte e catro mil euros (24.000,00 €). Segunda.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra financiará a actuación referida na cláusula anterior con cargo o Programa de Acción Municipal 2006/2007. Terceira.-O Concello de Mondariz, obrígase a licitar, contratar e realizar a actuación mencionada, poñendo para elo a disposición os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras, así como de

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición