Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2007-02-23_Ordinaria. Acta de sesión 2007/02/23_Ordinaria
Acta de sesión 2007/02/23_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/3.2007-02-23_Ordinaria
Título Acta de sesión 2007/02/23_Ordinaria
Data(s) 2007-02-23 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e dez minutos do día vinte e tres de febreiro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14821.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 16 de febreiro de 2007. ------ Folla: 2.14822.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE INVESTIMENTOS DESTINADOS Á ACTUALIZACIÓN, REVISIÓN E INFORMATIZACIÓN DE ARQUIVOS MUNICIPAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Dada conta do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra para a realización de investimentos destinados á actualización, revisión e informatización de arquivos municipais da provincia de Pontevedra, e o financiamento do mesmo por parte da Consellería de Cultura e Deporte ascende a un total de 64.000,00 €, que se imputarán con cargo á aplicación orzamentaria 12.03.432A.7600, dos orzamentos xerais da Comunicade Autónoma de Galicia para o ano 2007. Resultando que debido á urxencia da Consellería de Cultura e Deporte o 19 de xaneiro de 2007 asinouse dito Convenio. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar o Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, de 19 de xaneiro de 2007, en materia de realización de investimentos destinados á actualización, revisión e informatización de arquivos municipais da provincia de Pontevedra. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA E A DEPUTCIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE INVESTIMENTOS DESTINADOS Á ACTUALIZACIÓN, REVISIÓN E INFORMATIZACIÓN DE ARQUIVOS MUNICIPAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2007 REUNIDOS Dunha parte, a Sra. Dª. Ánxela Bugallo Rodríguez, actuando en representación da Consellería de Cultura e Deporte, en virtude do seu cargo de Conselleira, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, así como o artigo 2º da Resolución de 8 de abril de 1991. Doutra, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente, segundo o disposto no artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 11/99, do 21 de abril, de modificación de aquela e o artigo 105 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. As dúas partes, en nome e representación que ostentan e coa capacidade legal para este acto, EXPOÑEN I.- A Xunta de Galicia, en virtude do disposto no artigo 27.18 do Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, ten atribuídas competencias exclusivas en materia de patrimonio histórico, artístico, arquitectónico no seu ámbito territorial. Na Lei 8/1995, do 30 de outubro, de Patrimonio Cultural de Galicia (no seu título VIII: “Das medidas de fomento”), disponse que as administracións públicas concederán axudas para a conservación, recuperación, restauración e promoción do patrimonio cultural de Galicia. II.- O Servizo de Patrimonio Documental da Deputación de Pontevedra, ven desenvolvendo dende hai anos un proceso de organización e asistencia técnica ós arquivos municipais da provincia. Deste xeito trátase de garantir a axeitada xestión da documentación que custodian, é dicir, a protección e difusión do noso patrimonio. III.- Conscientes as dúas institucións da importancia desta actuación, consideran oportuno aunar esforzos e colaborar conxuntamente en levar adiante as actuacións que sexan necesarias cara á protección e conservación do patrimonio cultural. IV.- En virtude do exposto anteriormente e de acordo co principio de colaboración para ofrecer un mellor servizo ós fins públicos propios de cada Administración pública interveniente e sobre todo de conformidade co respecto mutuo ós ámbitos competenciais que corresponden a cada unha das partes segundo o ordenamento xurídico vixente, a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, acordan subscribir o presente convenio de colaboración que rexerá polas seguintes CLÁUSULAS Primeira.- E obxecto do presente convenio regular as bases de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da súa Consellería de Cultura e Deporte dentro das liñas de actuación que en materia de conservación e protección do patrimonio cultural, están sinalados no seu programa de obxectivos, e a Deputación Provincial de Pontevedra a realización de actividades destinadas á actualización, revisión e informatización de fondos documentais dos arquivos municipais da provincia de Pontevedra correspondentes ós concellos de: Soutomaior, Cangas, Caldas de Reis, Salceda de Caselas, Porriño, Oia, A Guarda, Gondomar, Tomiño, Agolada, Campo Lameiro, Rodeiro, Silleda, Dozón, Ribadumia e Vila de Cruces. Segunda.- A Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, achegará a cantidade total de sesenta e catro mil euros (64.000,00 €), que e imputarán con cargo á aplicación orzamentaria 12.03.432A.7600, dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007. O importe das subvencións percibidas para este proxecto non poderá en ningún caso ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados supere o custo da actividades que vai desenvolver o beneficiario. Terceira.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a: Contratar a execución das actuacións, segundo a normativa reguladora de Contratos das Administracións Públicas. Xestionará calquera modificación que xurda no desenvolvemento das actuacións, e porá a disposición desta actuación todos medios materiais, técnicos e humanos necesarios. O beneficiario da axuda consiste expresamente a inclusión dos datos relevantes deste convenio nos rexistros públicos que proceda, de acordo coa disposición adicional do decreto 132/2006, do 27 de xullo. Cuarta.- Noméase unha Comisión mixta de seguimento e control integrada por dous membros de cada unha das dúas partes. Esta Comisión será a encargada de solucionar as controversias que se poidan suscitar na interpretación do convenio. Quinta.- O pagamento pola Consellería de Cultura e Deporte das cantidades previstas na cláusula segunda, levarase a cabo logo da presentación dos xustificantes de gastos (facturas) das actuación executadas, que deberá vir acompañada de certificación do órgano correspondente da Deputación Provincial, de ter sido aprobados os gastos polo órgano competente. En todo caso para o libramento da cantidade estipulada no presente documento será imprescindible informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura e Deporte. Así mesmo, de acordo coa cláusula deste convenio, relativa á concorrencia de subvencións, será necesario para o pagamento da axuda a presentación dunha declaración responsable expedida polo órgano competente, comprensiva das outras axudas percibidas ou solicitadas para este proxecto, na que se indique entidade concedinte, data e importa total concedido. Sexta.- A Consellería de Cultura e Deporte, a través dos seus servizos técnicos, resérvase a facultade de realizar as inspeccións e comprobación que considere necesarias co fin de asegurar o cumprimento das normas e requisitos cos que se concede esta axuda. Sétima.- A Consellería de Cultura e Deporte non asume máis obriga que a de achegar a cantidade prevista na cláusula segunda do presente documento. A subscrición do presente convenio non leva consigo por si soa relación contractual algunha cos profesionais que realicen as actividades obxecto do dito convenio. Oitava.- O presente Convenio estará suxeito ás obrigas xerais derivadas da aplicación da normativa de axudas e subvencións establecidas no artigo 78 da Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. O beneficiario ten a obriga de presentar colaboración e facilitar canta documentación lle sexa requirida no exercicio das funcións de control que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ó Consello de Contas. Ademais son obrigas do beneficiario todas as establecidas polo artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e polo artigo 14 da lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de subvencións. Procederá o reintegro parcial ou total da subvención no caos previstos polo artigo 78.10 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e polo artigo 37da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de subvencións. Novena.- A vixencia do presente convenio iniciarse a partir do día seguinte ó da súa sinatura ó da súa sinatura e rematará o 30 de novembro do ano 2007. Décima.- A Deputación Provincial de Pontevedra queda obrigada a. a.Non alterar o destino da achega. b.Realizar a correspondente execución segundo o proxecto ou memorias valoradas autorizadas pola Consellería de Cultura e Deporte. c.Admitir as inspeccións e controis que establezan os servizos técnicos da Consellería de Cultura e Deporte. d.A efectuar a xustificación do gasto na forma preceptuada, facultándose ós servizos técnicos da Consellería de Cultura e Deporte para determinar o correcto cumprimento desta esixencia. e.No caso de que a entidade beneficiaria concerte con terceiros a execución total ou parcial das actividades obxecto deste convenio, estarase ó disposto polo artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de subvencións. Décimo primeira.- Ademais das xerais, son causas de resolución do presente convenio as seguintes: a.As desviacións de fondos achegados para outro fin distinto do que motivou o outorgamento do convenio. b.A falta de xustificación do emprego das contías recibidas. c.O incumprimento de calquera outra das cláusulas establecidas no dito convenio. Décimo segunda.- O presente convenio de cooperación ten natureza administrativa. As dúbidas que se presenten na súa interpretación e execución, serán resoltas pola Comisión Mixta. As partes quedan suxeitas á Xurisdición contencioso-administrativa para a resolución de calquera conflito que puidese xurdir na aplicación do mesmo. En proba de conformidade cos termos do convenio, as partes comparecentes asínano e rubrícano por duplicado exemplar no lugar e data expresados. A Conselleira de Cultura e Deporte, O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Ánxela Bugallo Rodríguez Rafael Louzán Abal” ------ Folla: 3.14823.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: INDEZA, S.L. (N.I.F. B.36.009.785) A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de trinta e seis mil cento noventa e un euros con sesenta céntimos (36.191,60 €), para responder de “Acondicionamento travesía a E.P. 0007 rúas de Santa Margarida e da Pomba (Pontevedra)”,pertencentes o (Convenio co Concello de Silleda – 2003), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/07/2004 segundo núm.200400050517 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (N.I.F. A.36.001.063). A constituída en valores, mediante aval de Caixagalicia, por importe de oito mil cento trinta e seis euros con corenta e oito céntimos (8.136,48 €), para responder de “Remate E.P. 6503 Silleda-Siador-Refoxos (Silleda), pertencente razo”,pertencentes a (R.PPC-2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/12/2004 segundo núm.200400088076 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos setenta e nove euros con sesenta céntimos (2.379,60 €), para responder de “Remate E.P. 9601 Cea-Castrogudin (Vilagarcia de Arousa”, pertencentes a (Fondos Propios – 2005), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/07/2005 segundo núm.200500069372 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (N.I.F. B.36.052.876). A constituída en valores, mediante aval de B.B.V.A., por importe de doce mil cento catro euros (12.104,00 €), para responder de “E,P. 6504 Negreiros – Carboeiro (Silleda), pertencentes o (POL-2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/09/2004 segundo núm.200400064808 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de B.B.V.A, por importe de once mil corenta euros (11.040,00 €), para responder de “E.P. 6101 Vidueiro-Amedo (Dozón)”, pertencentes o (POL-2004), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/09/2004 segundo núm.200400064807 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores,mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos corenta e tres euros con quince céntimos (2.343,15 €), para responder de “Mellora do trazado da estrada E.P. 6511 Bandeira-Silleda (Silleda), pertencentes a (Fondos Propios – 2003), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/07/2003 segundo núm.200300055593 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. OBREAL, S.L.(C.I.F. B.15.630.098) A constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de douscentos oitenta e oito euros (288,00 €), para responder de “Polideportivo en Valga (Reinversion da Baixa)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/01/2006 segundo núm.200600000022 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval do Banco Pastor, por importe de cento sesenta e oito euros con vinte e cinco céntimos (168,25 €), para responder de: “Campo de fútbol e gradas en Valga (Reinversión da Baixa)”,e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/01/2006, segundo núm. 200600000021 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF. A.36.008.886) A constituída en valores, mediante aval de Caixagalicia, por importe de dous mil trescentos noventa e catro euros (2.394,00 €), para responder de: “Prolongación beirarrúas nas Sinas (Vilanova)”, pertencentes a (Fondos Propios de 2005)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/03/2005, segundo núm. 200500030705 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de sete mil seiscentos sesenta e sete euros (7.667,00 €), para responder de: “Capa de rodaxe en r/ Martínez Garrido de Vigo”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/07/2004, segundo núm. 200400053511 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil cincocentos trinta e tres euros con trinta e tres céntimos (1.533,33 €), para responder de:“Modificado capa de rodaxe en r/ Martínez Garrido (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/12/2005, segundo núm. 200500116711 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de dous mil oitocentos doce euros con once céntimos (2.812,11 €), para responder de: “Capa de rodaxe da Praza de España de Vigo”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/07/2004, segundo núm. 200400053507 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de cincocentos sesenta e dous euros con trinta e cinco céntimos (562,35 €), para responder de: “Modificado capa de rodaxe da Praza de España en Vigo”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/12/2005, segundo núm. 200500116629 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de sete mil novecentos sesenta e nove euros con corenta e dous céntimos (7.969,42 €), para responder de: “EP 9209 C-550 Igrexa de Vilalonga (Sanxenxo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/10/2001, segundo núm. 200100053222 (SIC 2001057835) de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 €), para responder de: “Muros de contención e sostemento 0018 Xeve-Amil-Espedregueira (Pontevedra)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/08/2005, segundo núm. 200500076786 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil cincocentos noventa e nove euros con cincuenta e dous céntimos (1.599,52€), para responder de: “Modificado capa de rodadura en Avenida Arquitecto Palacios en Vigo”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/12/2005, segundo núm. 200500116758 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de sete mil novecentos noventa e oito euros con vinte e tres céntimos (7.998,23), para responder de: “Capa de rodaxe en Avenida Arquitecto Palacios (Autobuses a Castrelos) en Vigo”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/07/2004, segundo núm. 200400053506 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil douscentos quince euros con sesenta e sete céntimos (1.215,67 €), para responder de: “Proxecto modificado da capa de rodaxe da Avenida das Camelias de Vigo”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/12/2005, segundo núm. 200500116678 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de seis mil setenta e oito euros con sesenta e dous céntimos (6.078,62 €), para responder de: “Capa de rodaxe da avenida das Camelias (Tramo Praza Independencia-Concello de Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/07/2004, segundo núm. 200400053509 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de vinte e seis mil corenta e seis euros con doce céntimos (26.046,12 €), para responder de: “Modificado núm. 1 do Ensanche da EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro (Meaño-Ribadumia), pertencentes a Fondos Propios de 2002”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/01/2003, segundo núm. 200300003792 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pago orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 4.14824.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA O SUBMINISTRO DE DIVERSOS TIPOS DE REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE O Sr. Enxeñeiro Director do Servizo Agrario mediante escrito de data 30 de xaneiro de 2007, solicita que se proceda a tramitar a contratación do subministro de reactivos para o Laboratorio da Finca Mouriscade, axuntando para iso informe e prego de prescricións técnicas elaborado pola Xefa do Laboratorio. Resultando que no citado prego se relacionan os reactivos que se precisan utilizar en dito laboratorio durante o ano 2007, clasificados nos seguintes lotes: LOTE DENOMINACIÓN IMPORTE 1 Reactivos para a realización de análises de pensos e materias primas 58.010,00 € 2 Reactivos para a determinación de salmonela ssp en pensos, materias primas ou outros alimentos seguindo o protocolo do equipo minividas existente no centro 27.870,00 € 3 Reactivos para a identificación de xermes e realización de antibiogramas en mostras de leche, seguindo as instrucións do equipo vitek 2 de que dispón o centro 15.070,00 € 4 Reactivos para a realización de varias determinacións microbiolóxicas en pensos, materias primas e outras matrices 18.085,00 € TOTAL............... 119.035,00 € Resultando que polo Servizo de Intervención emítese o documento RC número de operación 200700006993 de data 05/02/2007, certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto por importe global de 119.035,00 euros con cargo á partida 07/711.711.221.07 do vixente orzamento provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación proponse que sexa mediante procedemento aberto e forma concurso, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 7 de febreiro de 2007. Resultando que con data 13 de febreiro de 2007, o Sr. Secretario Xeral da Corporación informa o proxecto de prego de condicións administrativas, polo que con idéntica data elabórase o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación do subministro de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade en base ó citado informe do Sr. Secretario. Resultando que con data 16 de febreiro do ano actual, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido no artigo 34. 1 apartado k) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 117 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 171 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas no referente ós contratos de subministro. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial para 2007, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministros que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 €. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante concurso, procedemento aberto, do subministro de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da finca Mouriscade durante o ano 2007, ata un importe máximo de cento dezanove mil trinta e cinco euros (119.035,00 €), IVE incluído, desagregado nos lotes e polos prezos unitarios máximos, por cada lote e tipo de reactivo, que a continuación se detalla: LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE PENSOS E MATERIAS PRIMAS ...........................................ATA UN MÁXIMO DE 58.010,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario Máximo (IVE incluído) SOLUCIÓN ÁCIDA DETERXENTE RE 5 LITROS 45,00 € SOLUCIÓN NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS 35,00 € POTASIO HIDRÓXIDO 0.23 N 5 LITROS SV 41,00 € ÁCIDO SULFURICO 0.1275 M SV 5 LITROS 48,00 € SODIO HIDRÓXIDO 32% PA 5 LITROS 45,00 € POTASIO SULFATO PA 5 KG 124,00 € COBRE II SULFATO V-HIDRATO 500G PA 25,00 € ÁCIDO BÓRICO 4% 5 LITROS RV 64,00 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.1N SV 1 LITRO 14,00 € ÁCIDO SULFÚRICO 95-97% PA 2.5 LITROS 30,00 € ETER PETROLEO 40-60º PA 5 LITROS 76,00 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.310 M (1.128%P/V) SV 5 LITROS 28,00 € CLORURO DE CESIO PA 100 G 155,00 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 37% 1 LITRO 16,00 € ETANOL ABSOLUTO PA 2.5 LITROS 62,00 € HEXANO MESTURA DE ALCANOS PA 2.5 LITROS 60,00 € N-HEXANO 96% CALIDAD HPLC 1 LITRO 41,00 € ETANOL 96º V/V PA 5 LITROS 100,00 € LOTE Nº 2.- REACTIVOS PARA A DETERMINACIÓN DE SALMONELLA SSP EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS OU OUTROS ALIMENTOS SEGUINDO O PROTOCOLO DO EQUIPO MINIVIDAS EXISTENTE NO CENTRO ............. ATA UN MÁXIMO DE 27.870,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario Máximo (IVE incluído) CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOIA 20X10 ML 25,00 € CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML 25,00 € CALDO M 20X10 ML 24,00 € VIDAS Immuno - Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 261,00 € VIDAS Salmonella (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 329,00 € LOTE Nº 3.- REACTIVOS PARA A IDENTIFICACIÓN DE XERMES E REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMAS EN MOSTRAS DE LEITE, SEGUINDO AS INSTRUCCIÓNS DO EQUIPO VITEK 2 DE QUE DISPÓN O CENTRO ....... ATA UN MÁXIMO DE 15.070,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario Máximo (IVE incluído) TARXETAS DE IDENTIFICACION E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIXA DE 20 UNIDADES. 137,00 € LOTE Nº 4.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE VARIAS DETERMINACIÓNS MICROBIOLÓXICAS EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS E OUTRAS MATRICES ....................................... ATA UN MÁXIMO DE 18.085,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario Máximo (IVE incluído) AUGA PEPTONA TAMPONADA 3X3 L 57,00 € MEDIO CROMOXENICO PARA E.COLI, AGAR 6X 200 ML 61,00 € MEDIO VRBG agar 6X200 ML para reconto de enterobacterias 32,00 € MEDIO BAIRD PARKER CON SUPLEMENTO 4X 100 ML, para reconto e confirmación de estafilococus coagulasa positivos. 61,00 € MEDIO SULFITO DE HIERRO-AGAR CON SUPLEMENTO ESPECIFICO para reconto de Clostridium Perfringes. 50,00 € MEDIO SABORAUD CLORANFEENICOL 6X 100 ML, illamento selectivo de fungos. 25,00 € 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso. 3. Autorizar o gasto por importe máximo de 119.035,00 euros, con cargo á partida 07/711.711.221.07. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE DIVERSOS TIPOS DE REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE 1.- Obxecto.- O subministro de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade de conformidade coas características que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado pola Directora do citado laboratorio e desagregados nos seguintes lotes: LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE PENSOS E MATERIAS PRIMAS. SOLUCIÓN ÁCIDA DETERXENTE RE 5 LITROS SOLUCIÓN NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS POTASIO HIDRÓXIDO 0.23 N 5 LITROS SV ÁCIDO SULFURICO 0.1275 M SV 5 LITROS SODIO HIDRÓXIDO 32% PA 5 LITROS POTASIO SULFATO PA 5 KG COBRE II SULFATO V-HIDRATO 500G PA ÁCIDO BÓRICO 4% 5 LITROS RV ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.1N SV 1 LITRO ÁCIDO SULFÚRICO 95-97% PA 2.5 LITROS ETER PETROLEO 40-60º PA 5 LITROS ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.310 M (1.128%P/V) SV 5 LITROS CLORURO DE CESIO PA 100 G ÁCIDO CLORHÍDRICO 37% 1 LITRO ETANOL ABSOLUTO PA 2.5 LITROS HEXANO MESTURA DE ALCANOS PA 2.5 LITROS N-HEXANO 96% CALIDAD HPLC 1 LITRO ETANOL 96º V/V PA 5 LITROS LOTE Nº 2.- REACTIVOS PARA A DETERMINACIÓN DE SALMONELLA SSP EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS OU OUTROS ALIMENTOS SEGUINDO O PROTOCOLO DO EQUIPO MINIVIDAS EXISTENTE NO CENTRO. CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOIA 20X10 ML CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML CALDO M 20X10 ML VIDAS Immuno - Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS VIDAS Salmonella (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS LOTE Nº 3.- REACTIVOS PARA A IDENTIFICACIÓN DE XERMES E REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMAS EN MOSTRAS DE LEITE, SEGUINDO AS INSTRUCCIÓNS DO EQUIPO VITEK 2 DE QUE DISPÓN O CENTRO. TARXETAS DE IDENTIFICACION E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIXA DE 20 UNIDADES LOTE Nº 4.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE VARIAS DETERMINACIÓNS MICROBIOLÓXICAS EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS E OUTRAS MATRICES. AUGA PEPTONA TAMPONADA 3X3 L MEDIO CROMOXENICO PARA E.COLI, AGAR 6X 200 ML MEDIO VRBG agar 6X200 ML para recuento de enterobacterias MEDIO BAIRD PARKER CON SUPLEMENTO 4X 100 ML, para reconto e confirmación de estafilococus coagulasa positivos. MEDIO SULFITO DE HIERRO-AGAR CON SUPLEMENTO ESPECIFICO PARA RECONTO DE Clostridium Perfringes. MEDIO SABORAUD CLORANFEENICOL 6X 100 ML, illamento selectivo de fungos. O subministro destes reactivos poderá ser ampliado sempre que exista consignación no vixente Orzamento e informe favorable de Intervención, previa autorización do Órgano de Contratación, mantendo o prezo de adxudicación do concurso. 2.-Financiamento.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 07/711.711.221.07 do vixente Orzamento Provincial. 3.- Pago.- O pago do prezo do subministro efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado o subministro e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.-Prazo e lugar de entrega.- O subministro dos reactivos efectuarase na Finca Mouriscade sita no termo municipal de Lalín (Pontevedra), nun prazo de 24 horas dende que o persoal do laboratorio solicíteo, durante o ano 2007. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o artigo 190.1 do texto refundido do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, da L.C.A.P. 5.- Tipo de licitación.- Ante a imposibilidade de determinar o número dos diversos reactivos que se precisan durante o ano 2007, o orzamento do contrato fíxase ata a cantidade máxima que figura para cada un dos lotes en función dos cálculos efectuados sobre o número de unidades que se estiman utilizar durante devandito ano, sen garantir así mesmo unha cantidade mínima a adquirir, polo que a adxudicación do contrato efectuarase en base ós prezos unitarios, por cada tipo de reactivos, que oferten os licitadores, e cuxo tipo máximo de licitación fíxase nas seguintes cantidades: LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE PEENSOS E MATERIAS PRIMAS ................................... ATA UN MÁXIMO DE 58.010,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario Máximo (IVE incluído) SOLUCIÓN ÁCIDA DETERXENTE RE 5 LITROS 45,00 € SOLUCIÓN NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS 35,00 € POTASIO HIDRÓXIDO 0.23 N 5 LITROS SV 41,00 € ÁCIDO SULFURICO 0.1275 M SV 5 LITROS 48,00 € SODIO HIDRÓXIDO 32% PA 5 LITROS 45,00 € POTASIO SULFATO PA 5 KG 124,00 € COBRE II SULFATO V-HIDRATO 500G PA 25,00 € ÁCIDO BÓRICO 4% 5 LITROS RV 64,00 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.1N SV 1 LITRO 14,00 € ÁCIDO SULFÚRICO 95-97% PA 2.5 LITROS 30,00 € ETER PETROLEO 40-60º PA 5 LITROS 76,00 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.310 M (1.128%P/V) SV 5 LITROS 28,00 € CLORURO DE CESIO PA 100 G 155,00 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 37% 1 LITRO 16,00 € ETANOL ABSOLUTO PA 2.5 LITROS 62,00 € HEXANO MESTURA DE ALCANOS PA 2.5 LITROS 60,00 € N-HEXANO 96% CALIDAD HPLC 1 LITRO 41,00 € ETANOL 96º V/V PA 5 LITROS 100,00 € LOTE Nº 2.- REACTIVOS PARA A DETERMINACIÓN DE SALMONELLA SSP EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS OU OUTROS ALIMENTOS SEGUINDO O PROTOCOLO DO EQUIPO MINIVIDAS EXISTENTE NO CENTRO ................. ATA UN MÁXIMO DE 27.870,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario Máximo (IVE incluído) CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOIA 20X10 ML 25,00 € CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML 25,00 € CALDO M 20X10 ML 24,00 € VIDAS Immuno - Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 261,00 € VIDAS Salmonella (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIONES 329,00 € LOTE Nº 3.- REACTIVOS PARA A IDENTIFICACIÓN DE XERMES E REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMAS EN MOSTRAS DE LEITE, SEGUINDO AS INSTRUCCIÓNS DO EQUIPO VITEK 2 DE QUE DISPÓN O CENTRO.............................ATA UN MÁXIMO DE 15.070,00 EUROS TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario Máximo (IVE incluído) TARXETAS DE IDENTIFICACION E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIXA DE 20 UNIDADES. 137,00 € LOTE Nº 4.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE VARIAS DETERMINACIÓNS MICROBIOLÓXICAS EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS E OUTRAS MATRICES ............. ATA UN MÁXIMO DE 18.085,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario Máximo (IVE incluído) AUGA PEPTONA TAMPONADA 3X3 L 57,00 € MEDIO CROMOXENICO PARA E.COLI , AGAR 6X 200 ML 61,00 € MEDIO VRBG agar 6X200 ML para reconto de enterobacterias 32,00 € MEDIO BAIRD PARKER CON SUPLEMENTO 4X 100 ML, para reconto e confirmación de estafilococus coagulasa positivos. 61,00 € MEDIO SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO ESPECIFICO PARA RECONTO DE Clostridium Perfringes. 50,00 € MEDIO SABORAUD CLORANFEENICOL 6x100 ML, illamento selectivo de fungos. 25,00 € 6.- Capacidade para contratar.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizada a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. 7.- Garantía definitiva.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- Presentación de proposicións; lugar e prazo de presentación; formalidades; documentación.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais a contar dende o seguinte ó da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincial ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas, agas por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE DIVERSOS TIPOS DE REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE LOTE NÚMERO..................... Cada licitador só poderá presentar unha proposición para cada un dos lotes. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase así mesmo unha descrición das características técnicas dos reactivos ofertados e as melloras que poida ofertar o licitador. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE DIVERSOS TIPOS DE REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE LOTE NÚMERO........................... Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a.Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b.Poder debidamente bastanteado. c.En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3. Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4. Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica a.Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, na súa falta seguro de indemnización por riscos profesionais. b.Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c.Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d.Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e.Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos reactivos a subministrar con referencia a certas especificacións ou normas. 9 .- Mesa de contratación.- Estará composta por: Presidente: O presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. Vogais: -O secretario xeral da Corporación. -O interventor da Corporación. -O enxeñeiro director do Servizo Agrario. Secretario: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10 .- Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, en acto público, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- Criterios base para a adxudicación.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Menor prezo ofertado, ata 5 puntos. 2) Calidade dos reactivos, ata 3 puntos. 3) Outras melloras, ata 2 puntos. 12.- Adxudicación.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 7ª. 13.- Formalización do contrato.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- Gastos a cargo do adxudicatario.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600,00 €. 15.- Indemnización ó contratista.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías, ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración incorrera en mora ó recibilos. 16.- Garantía.- Establécese como prazo de garantía o dun ano. 17.- Responsabilidade do contratista por vicios ou defectos durante o prazo de garantía.- A Administración durante o prazo de garantía terá dereito á reposición ou reparación, se iso fose suficiente, dos bens subministrados que presenten vicios ou defectos. Durante o prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se a Administración constatase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista e fóra presumible que a súa reposición ou reparación non son suficientes para conseguir aquel fin, poderá, dentro daquel prazo, rexeitalos e deixalos a conta do contratista. 18.- Resolución do contrato.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do TR da LCAP. 19.- Réxime xurídico.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 20.- Xurisdición competente.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 21.- Modelo de proposición.- Don............., maior de idade, veciño de............., con domicilio en ......... titular do DNI.............., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa ........... (C.I.F. nº .........) con domicilio en ........., teléfono.......... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente ó “Subministro de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da FINCA MOURISCADE Lote Número ..........., comprométese a realizalo ata a cantidade máxima que figura en dito lote, con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo ós seguintes prezos unitarios, IVE incluído: LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE PEENSOS E MATERIAS PRIMAS..................ATA UN MÁXIMO DE 58.010,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario Máximo (IVE incluído) SOLUCIÓN ÁCIDA DETERXENTE RE 5 LITROS SOLUCIÓN NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS POTASIO HIDRÓXIDO 0.23 N 5 LITROS SV ÁCIDO SULFURICO 0.1275 M SV 5 LITROS SODIO HIDRÓXIDO 32% PA 5 LITROS POTASIO SULFATO PA 5 KG COBRE II SULFATO V-HIDRATO 500G PA ÁCIDO BÓRICO 4% 5 LITROS RV ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.1N SV 1 LITRO ÁCIDO SULFÚRICO 95-97% PA 2.5 LITROS ETER PETROLEO 40-60º PA 5 LITROS ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.310 M (1.128%P/V) SV 5 LITROS CLORURO DE CESIO PA 100 G ÁCIDO CLORHÍDRICO 37% 1 LITRO ETANOL ABSOLUTO PA 2.5 LITROS HEXANO MESTURA DE ALCANOS PA 2.5 LITROS N-HEXANO 96% CALIDAD HPLC 1 LITRO ETANOL 96º V/V PA 5 LITROS Calidade dos reactivos: (Descrición das súas características técnicas, con achega dos seus correspondentes certificados de calidade). Outras melloras (Relacionar e valorar as mesmas). LOTE Nº 2.- REACTIVOS PARA A DETERMINACIÓN DE SALMONELLA SSP EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS OU OUTROS ALIMENTOS SEGUINDO O PROTOCOLO DO EQUIPO MINIVIDAS EXISTENTE NO CENTRO ................ ATA UN MÁXIMO DE 27.870,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario Máximo (IVE incluído) CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOIA 20X10 ML CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML CALDO M 20X10 ML VIDAS Immuno - Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS VIDAS Salmonella (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS Calidade dos reactivos: (Descrición das súas características técnicas, con achega dos seus correspondentes certificados de calidade). Outras melloras (Relacionar e valorar as mesmas). LOTE Nº 3.- REACTIVOS PARA A IDENTIFICACIÓN DE XERMES E REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMAS EN MOSTRAS DE LEITE, SEGUINDO AS INSTRUCCIÓNS DO EQUIPO VITEK 2 DE QUE DISPÓN O CENTRO..................ATA UN MÁXIMO DE 15.070,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario Máximo (IVE incluído) TARXETAS DE IDENTIFICACION E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIXA DE 20 UNIDADES. Calidade dos reactivos: (Descrición das súas características técnicas, con achega dos seus correspondentes certificados de calidade). Outras melloras (Relacionar e valorar as mesmas). LOTE Nº 4.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE VARIAS DETERMINACIÓNS MICROBIOLÓXICAS EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS E OUTRAS MATRICES.......................ATA UN MÁXIMO DE 18.085,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario Máximo (IVE incluído) AUGA PEPTONA TAMPONADA 3X3 L MEDIO CROMOXENICO PARA E.COLI , AGAR 6X 200 ML MEDIO VRBG agar 6X200 ML para reconto de enterobacterias MEDIO BAIRD PARKER CON SUPLEMENTO 4X 100 ML, para reconto e confirmación de estafilococus coagulasa positivos. MEDIO SULFITO DE HIERRO-AGAR CON SUPLEMENTO ESPECIFICO para reconto de Clostridium Perfringes. MEDIO SABORAUD CLORANFEENICOL 6X 100 ML, illamento selectivo de fungos. Calidade dos reactivos: (Descrición das súas características técnicas, con achega dos seus correspondentes certificados de calidade). Outras melloras (Relacionar e valorar as mesmas). (data e sinatura do propoñente)” ------ Folla: 5.14825.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MANUEL CASTRO RIAL ABAD EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DON VICTOR GARCÍA ESTRADA E HILO DIRECT SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. POR DANOS SUFRIDOS EN VEHÍCULO, NA AVDA. DE BUENOS AIRES DE PONTEVEDRA Dada conta que con data de rexistro 17/11/2006 (Rex. nº 036730) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Manuel Castro Rial Abad en nome e representación de D. Victor García Estrada con enderezo de notificacións en rúa Eduardo Pondal nº 10-1º A de Pontevedra por danos padecidos en vehículo matrícula 7102 BJK na Avda. de Buenos Aires.de Pontevedra o día 24/11/2005 e que cuantifica economicamente en 1.923,91.€ Resultando.- Que con data 25/01/2007 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 30/01/2007 co seguinte contido: “… se ha podido comprobar que ese tramo del vial no está incluido dentro de la red provincial de carreteras, correspondiendo la titularidad del mismo al Ayuntamiento del Pontevedra”. Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 6.14826.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JOSÉ COSTAS RODRÍGUEZ POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA PORRIÑO-MOSENDE (PORRIÑO) Dada conta que con data de rexistro 28/11/2006 (Rex. nº 037707) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. José Costas Rodríguez con enderezo en Cabadiña s/n- Mosende de O Porriño, por danos padecidos en vehículo matrícula 6032 DGD o día 22/10/2006, na EP-2603 Porriño-Mosende e que individualiza economicamente en 563,99 €. Resultando.- Que con data 10/01/2007 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 24/01/2007 co seguinte contido: . “(…) no se conocía la existencia de una arqueta en mal estado en la carretera, el día 22 de octubre de 2006, susceptible de producir el accidente de referencia. Así mismo señalar que, por parte de esta Unidad Administrativa, no se ha tenido constancia de la existencia de otros accidentes, en fechas próximas, anteriores o posteriores a la del accidente objeto del presente informe, por la misma causa(…) En 16 de enero de 2007 y tras visita de inspección al lugar del accidente, el capataz informa que a la altura del punto Kilométrico 0+100 sólo existe en la calzada una arqueta con tapa circular de fundición, de 60 centímetros de diámetro, embebida en dado de hormigón de 1x1 metros, en correcto estado; dicha arqueta pertenece a la red distribuidora “R, Cable y Telecomunicaciones de Galicia, S.A.”, instalada según los vecinos, en fechas próximas a la del accidente; también manifiestan que la canalización realizada de unos 800 metros estuvo siempre vallada y señalizada, la empresa R, Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A. contaba con la preceptiva autorización provincial. (…) el artículo 57 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de vehículos a Motor y Seguridad Vial, Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo señala que “La responsabilidad de la señalización de las obras que se realicen en las vías objeto de esta Ley corresponderá a los organismos que las realicen o las empresas adjudicatarias de las mismas, de acuerdo con lo que reglamentariamente se determine” (…) por otro lado en la condición nº 5 de la autorización concedida en su día a la empresa R se indica que “Durante el tiempo que dure la ejecución de las obras se colocarán las señales necesarias de acuerdo con el Reglamento General de Circulación…”. En consecuencia, si el accidente en cuestión fue provocado por la falta de señalización del tramo en obras (incluida una arqueta presuntamente defectuosa), la responsabilidad correspondería a la empresa R. (…) el artículo 45 del Reglamento General de Circulación señala que “Todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta, además, sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características y el estado de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación, y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar la velocidad de su vehículo a ellas, de manera que siempre pueda detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pueda presentarse (artículo 19.1 del texto articulado)”, por lo que, en ese supuesto, la responsabilidad de lo ocurrido recaería sobre D. José Costas Rodríguez.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do informe do Servizo de Vías e Obras dedúcense os seguintes puntos de feito indubitados: 1º.- Non se tivo constancia doutros accidentes pola causa que é obxecto deste expediente. 2º.- Trala inspección “in visu” e “in situ” o lugar do sinistro percíbese unha arqueta con tapa circular de fundición de 60 cm. de diámetro incluída nun dado de formigón de 1x1 metros, este último en perfecto estado; a arqueta pertence a rede distribuidora “R, Cable y Telecomuicaciones de Galicia, S.A”. 3º.- “R” contaba con autorización da Administración Provincial, na que na súa condición quinta establecíase que “…durante el tiempo que dure la ejecución de las obras se colocarán las señales necesarias de acuerdo con el Reglamento General de Circulación.” 4º.- Os veciños da zona manifestan que a canle da liña de 800 metros estivo sempre valada e sinalizada. Así as cousas si se tivera respectado o artigo 45 do Regulamento Xeral de Circulación (respecto de todo condutor e toma en consideración das características estado da vía de xeito que poida deter o vehículo dentro dos límites do seu campo de visión e ante calquera obstáculo que puidese presentarse) o accidente non se houbera producido, polo que a reclamación debe ser desestimada nesta vía administrativa. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación ------ Folla: 7.14827.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JOSÉ CARLOS ALONSO CHAVES CON ENDEREZO EN PRAZA DE SAN AGUSTÍN Nº5 (PONTEAREAS) POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA EP 4001 PONTEAREAS-GUILLADE Dada conta que con data de rexistro 09/12/2006 (Rex. nº 038882) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita D. José Carlos Alonso Chaves con enderezo en Praza de San Agustín nº 5 de Ponteareas por danos padecidos en vehículo matrícula 0975-BCL o día 29/11/2006, na estrada EP 4001 Ponteareas-Guillade e que individualiza economicamente en 119,21 €. Resultando.- Que con data 20/12/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 12/01/2007 e do que interesa destacar os seguintes parágrafos: “(…) del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia del accidente de referencia; tampoco de otros accidentes provocados por la misma causa. (…) sí se tuvo constancia de la existencia de un bache en el firme de la carretera provincial 4001,(…) punto Kilométrico 0+350, (…) el mismo fue reparado por la brigada de la zona el día 30 de noviembre de 2006(…) llovía con intensidad (…) llovía muy fuerte y había una intensa niebla (…) Según dispone el artículo 45 del Reglamento General de Circulación, “Todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta, además, sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características y el estado de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación, y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar la velocidad de su vehículo a ellas, de manera que siempre pueda detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pueda presentarse (artículo 19.1 del texto articulado)” Por otro lado, el artículo 46 del Reglamento General de Circulación señala que: “Se circulará a velocidad moderada y, si fuera preciso, se detendrá el vehículo cuando las circunstancias lo exijan, especialmente en los casos siguientes: k) En los casos de niebla densa, lluvia intensa, nevada o nubes de polvo o humo(…) si se hubiera respetado el límite de velocidad establecido para dicha zona (ya que se trata de un tramo urbano con una limitación de velocidad de 50 Km/hora), no parecen tener la entidad suficiente como para provocar los daños denunciados, salvo que se circulase a una mayor velocidad como parece ser el caso…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois do informe do Servizo de Vías e Obras dedúcense os seguintes extremos indubitados: 1º.- O Servizo de Vías e Obras tivo coñecemento da existencia da focha o día 30/11/2006, é dicir, o día seguinte do accidente, sendo reparado nesa mesma data. 2º.- O propio condutor di literalmente que “llovía muy fuerte y había una intensa niebla” 3º.- Posto todo o anterior en relación co artigo 45 do Regulamento Xeral de Circulación pódese chegar racionalmente a unha aproximación certeira de que o sinistro produciuse por un exceso de velocidade que desprezou a obriga de ter en consideración as condicións ambientais e meteorolóxicas que permitisen deter o vehículo dentro do campo de visión ante calquera obstáculo que puidera presentarse. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 8.14828.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.14829.- SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN Á CONSELLERÍA DE TRABALLO DA XUNTA DE GALICIA, PARA O PROXECTO “ARELAR EMPREGO” EN VIRTUDE DA ORDE 28/12/06 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E A CONVOCATORIA PÚBLICA PARA CONCESIÓNS DE SUBVENCIÓNS PARA A POSTA EN PRÁCTICA EN GALICIA DURANTE OS ANOS 2007 E 2008 DE PROGRAMAS EXPERIMENTAIS EN MATERIA DE EMPREGO O pasado 24 de xaneiro do 2007 publicouse no DOG nº 17 a Orde de 28 do decembro do 2006 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2007 e 2008 de programas experimentais en materia de emprego. A Deputación Provincial de Pontevedra a través de súa Unidade de Promoción de Emprego, pertencente ó Servizo de Acción Social, conta con catro Técnicos Locais de emprego que están traballando dende o ano 1999 en medidas que inclúen accións tanto de creación de emprego por conta allea coma a través do autoemprego. Ademais, e con Iniciativas Comunitarias como Equal ou Interreg, ademais de outros programas de emprego como Subvención Global, e unha Unidade de Promoción de Desenvolvemento financiada tamén pola Xunta de Galicia, traballou en diferentes ámbitos do emprego: formación, orientación e inserción tendo sempre en conta diferentes colectivos de difícil inserción e sen olvidar a evolución social e os cambios sociolóxicos e organizativos da nosa sociedade para unha efectiva integración no mercado laboral. Coma consecuencia de todas estas circunstancias, o que se plantexa con este informe proposta é a idoneidade de presentar un novo proxecto “Arelar Emprego” nesta convocatoria, que ten como principal obxectivo a mellora da ocupabilidade con caracter xeral e a integración con carácter particular de desempregados de distintos colectivos considerados como prioritarios no Plan de Acción polo Emprego. As accións e os contidos formativos de ARELAR EMPREGO son as seguintes: ACCIÓN 1: Selección de demandantes de emprego por / ou conxuntamente co Servizo Publico de Emprego. Recepción dos/as benef
Ãrea de notas
Nota