ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2007/03/02_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/3.2007-03-02_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/03/02_Ordinaria

  • Data(s) 2007-03-02 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e dez minutos do día dous de marzo do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14839.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 23 de febreiro de 2007. ------ Folla: 2.14840.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN GRUPO DE ESTUDOS SOBRE A CONDICIÓN DA MULLER “ALECRÍN” PARA “ATENCIÓN ESPECÍFICA Á MOCIDADE EN MATERIA DE SEXUALIDADE” Redactándose o borrador do Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e a Asociación Grupo de Estudos para a Condición da Muller “Alecrín” para “Atención á mocidade en materia de sexualidade” e á vista dos informes do Sr. Secretario Xeral de 30 de xaneiro e do Sr. Interventor de 19 de febreiro de 2007, e do documento Rc nº 200700003405 constatando a existencia de crédito dispoñible e con arranxo ó ditame da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, co voto favorable de todos os grupos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación Grupo de Estudos para a Condición da Muller “Alecrín”, por importe de 24.000,00 euros con cargo á partida 07/313.313.480.02 do vixente Orzamento provincial, para “Atención á mocidade en materia de sexualidade”. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN GRUPO DE ESTUDOS SOBRE A CONDICIÓN DA MULLER “ALECRÍN” PARA ATENCIÓN ESPECÍFICA Á MOCIDADE EN MATERIA DE SEXUALIDADE No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra, a.......de..............de 2007 reúnese pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, en calidade de Presidente da mesma e na súa representación segundo o artigo 34.1b) da Lei 7/1985 de 2 de abril de Bases de réxime local e, Dona Ana Míguez Vigo, Presidenta da Asociación GRUPO DE ESTUDOS SOBRE A CONDICIÓN DA MULLER “ALECRÍN”, con domicilio en r/ García Barbón, 3-5º-of.8 de Vigo e CIF G-36.633.154 As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o presente Convenio de colaboración, e EXPOÑEN As Institucións asinantes do presente Convenio ante as necesidades e demandas da mocidade en relación coa saúde afectiva e sexual e a importancia de ir creando actitudes positivas que potencien unha vivencia de sexualidade san e libre de riscos, consideran de grande interese prestar apoio institucional á rede pública de atención específica neste tema en particular e a este colectivo en concreto, para o seu fortalecemento e cando este recurso resulta insuficiente, apoiar, como recurso complementario, a iniciativa social, conforme ó disposto nos artigos 21 e 22 da Lei 4/93 de 14 de abril de Servizos Sociais de Galicia e demais disposicións vixentes, e considerando que o Grupo de Estudos sobre a Condición da Muller “ALECRÍN” reúne as condicións idóneas para levalo a cabo, formalizando o mesmo con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Son obxectivos a acadar neste convenio: 1.Atender as necesidades e demandas dos xoves en relación coa súa saúde afectiva e sexual. 2.Promover actitudes positivas, que potencien unha sexualidade san e libre de riscos. 3.Previr embarazos non desexados na mocidade. 4.Previr o contaxio de infeccións de transmisión sexual e da transmisión do VIH e as súas consecuencias. 5.Formación do voluntariado para o desenvolvemento do Programa. 6.Formación de formadores. SEGUNDA.- Ámbito de actuación e vixencia: O ámbito de actuación do presente Convenio, comprende a totalidade da provincia de Pontevedra. Terá carácter gratuíto e garantirá o anonimato e a confidencialidade. A súa vixencia será dende o 1 xaneiro ó 31 de decembro de 2007. TERCEIRA.- Condicións e financiamento: A achega económica ó Programa por parte da Deputación Provincial é de 24.000,00 € que se imputarán á Partida 07/313.313.480.02 A función principal da Deputación será a supervisión xeral do Programa a través da Comisión de Seguimento. A cantidade sinalada neste Convenio irase aboando conforme se vaian xustificando os gastos ata o total da axuda aprobada. CUARTA.- Comisión de seguimento: Serán funcións da Comisión de Seguimento, a análise, funcionamento e seguimento técnico do desenvolvemento do Centro Xove de Saúde Sexual e Anticoncepción “ALECRÍN”. Dita Comisión estará formada por parte da Deputación, polo Presidente/a da Comisión Informativa de Promoción do Emprego e Acción Social ou da Comisión Informativa da Muller, un funcionario técnico do Servizo de Acción Social e por unha Traballadora Social da U.T. de Servizos Sociais, actuando esta como secretaria da mesma, e por parte do Grupo de Estudos Sobre a Condición da Muller “ALECRÍN”, Dona Ana Míguez Vigo, como representante do mesmo ou a persoa en quen delegue, ademais de dous técnicos. As reunións da Comisión de Seguimento, manteranse como mínimo trimestralmente ou coa periodicidade que fixen os seus membros. O grupo “ALECRÍN” remitirá á Deputación, informe cuadrimestral sobre a evolución do Programa. QUINTA.- Publicidade: O Grupo de Estudos Sobre a Condición da Muller “ALECRÍN”, comprométese a facer constar a colaboración e participación da Deputación na publicidade que elabore, así como tamén no Centro Xove de Saúde Sexual e Anticoncepción “ALECRÍN”. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no Pazo Provincial, na data do encabezado. O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL REPRESENTANTE DE “ALECRÍN” Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Ana Míguez Vigo” ------ Folla: 3.14841.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DA OBRIGA CONTRAÍDA COA CONFRARÍA DE PESCADORES A PASTORIZA DE VILANOVA DE AROUSA PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA REXENERAR OS BANCOS MARISQUEIROS - ANO 2005 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 28 de outubro de 2005, con rexistro de saída núm. 16490 do 23 de novembro de 2005, no que se concede unha axuda de 16.000,00 € á Confraría de Vilanova de Arousa, con CIF núm. G36013597 e domicilio na rúa Castro, s/n, CP 36620, do Concello de Vilanova de Arousa, para a adquisición de semente para rexenerar os bancos marisqueiros do ano 2005. Visto o informe do xefe do Servizo Agrario do 30 de xaneiro de 2007; visto o informe emitido pola Intervención o 8 de febreiro de 2007 no que informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno por xustificarse fóra de prazo. Vista a restante documentación xustificativa do gasto que obra no expediente, unha vez subsanados os defectos sinalados pola Intervención; e visto que o importe total da xustificación ascende a 14.498,23 €, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer polo procedemento extraxudicial de crédito e declarar de aboo a obriga derivada da concesión dunha axuda á Confraría de Pescadores La Pastoriza de Vilanova de Arousa, con CIF núm. G36013597, para a adquisición de semente para rexenerar os bancos marisqueiros do ano 2005, por un importe global de catorce mil catrocentos noventa e oito euros con vinte e tres céntimos (14.498,23 €) con cargo á partida 06/711.711.479.01.2005, que queda pendente da incorporación de remanentes ó vixente orzamento do 2007, na partida que será, no seu caso, a 07/711.711.479.01.2006. ------ Folla: 4.14842.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ Y HERMIDA,S.L.(NIF. B.36.632.412) A constituída en valores, mediante aval do Banco Galego, por importe de mil seiscentos dous euros con oitenta e un céntimos (1.602,81 €), para responder de “Reconstrución ponte e lavadoiro en Arealonga E.P. 2905 (Redondela)”, pertencentes a (Fondos Propios de 2005), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/12/2005 segundo núm.200500117108 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. NAROM, S.L. (N.I.F. B.36.163.418) A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de tres mil novecentos seis euros con vinte e tres céntimos (3.906,23 €), para responder de “Empedrado recinto da Festa de Santa María de Caselas (Salceda), pertencente a (Fondos Propios de 2005), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/07/2005 segundo núm.200500070197 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 5.14843.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN NÚM. 34 RELATIVA AS OBRAS DE “AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO” Vista a certificación núm.34 relativa as obras de AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO”, adxudicadas no seu día á Empresa DRAGADOS, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 20 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2006, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: DRAGADOS, S.A. (C.I.F. A.15.139.314) 07/432.451-622.01.2005 (Deputación) 35.969,79 € DRAGADOS,S.A. 07/432.451-622.01.2005 (Ministerio Educación) 119.899,30 € DRAGADOS,S.A. 07/432.451-622.01.2005 (Consellería de Cultura) 25.692,71 € Subtotal parcial …… 181.561,80 € Taxa dirección de obra 6.226,93 € Control de calidade 4.695,56 € TOTAL …… 170.639,31 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 6.14844.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE AGOLADA NO PAM/04, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 168/840, DENOMINADA “ADQUISICIÓN DE TERREOS EN VENTOSA”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación única, do concello de Agolada, á vista do informe de Intervención de data 14 de xaneiro dos correntes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de 14.096,74 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911.762.45.2004, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº 168/840, denominada “Adquisición de terreos en Ventosa”, incluída no PAM/04 (Este acordo anula a Resolución Presidencial nº de rexistro 002076, de 19 de febreiro dos correntes). ------ Folla: 7.14845.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE AGOLADA NO PAM/04, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 168/840, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN PRAZA PÚBLICA EN VENTOSA”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación 1-liquidación, do concello de Agolada, á vista do informe de Intervención de data 14 de xaneiro dos correntes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de 3.903,26 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911.762.45.2004, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº 168/840, denominada “Pavimentación praza pública en Ventosa”, incluída no PAM/04 (Este acordo anula a Resolución Presidencial nº de rexistro 002075, de 19 de febreiro dos correntes). ------ Folla: 8.14846.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE AGOLADA NO PAM/04, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 360/862, DENOMINADA “CONSTRUCIÓN EDIFICIO PARA ACTIVIDADES CULTURAIS E SOCIAIS”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación única, do concello de Agolada, á vista do informe de Intervención de data 14 de xaneiro dos correntes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de 45.000,00 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911.762.45.2004, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº 360/862, denominada “Construción edificio para actividades culturais e sociais”, incluída no PAM/04 (Este acordo anula a Resolución Presidencial nº de rexistro 002074, de 19 de febreiro dos correntes). ------ Folla: 9.14847.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE AGOLADA NO PAM/04, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 164/811, DENOMINADA “SANEAMENTO AUGAS EN SAN PAIO”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación única, do concello de Agolada, á vista do informe de Intervención de data 14 de xaneiro dos correntes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de 32.120,85 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911.762.45.2004, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº 164/811, denominada “Saneamento augas en San Paio”, incluída no PAM/04 (Este acordo anula a Resolución Presidencial nº de rexistro 002077, de 19 de febreiro dos correntes). ------ Folla: 10.14848.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ENTIDADE LOCAL MENOR ARCOS DA CONDESA (CALDAS DE REIS) NO PAM/04, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 286/594, DENOMINADA “CONSTRUCIÓN CEMITERIO PÚBLICO LOCAL”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación única, da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa, á vista do informe de Intervención de data 16 de febreiro dos correntes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de 14.096,74 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor da devandita Entidade Local Menor e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911.762.45.2004, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº 286/594, denominada “Construción de cemiterio público local”, incluída no PAM/04 (Este acordo anula a Resolución Presidencial nº de rexistro 002171, de 22 de febreiro dos correntes). ------ Folla: 11.14849.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO a) De conformidade coa proposta de data 19 de febreiro de 2007, pola que a xefa do Servizo de Acción Social solicitando permiso e axuda económica para que os contratados laborais Don Joaquín Lede Martínez, Técnico encargado da xestión do Proxecto “Convive+” e Dona María Luisa González López, Axente de Desenvolvemento Local, poidan asistir, en representación deste Organismo provincial, a una reunión técnica do referido proxecto, e que se celebrará os próximos días 5 ó 8 de marzo de 2007 en Iserna (Italia), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, conceder Don Joaquín Lede Martínez e Dona María Luisa González López o permiso solicitado e unha axuda económica, co carácter de “A xustificar”, por importe total de 1.849,97 €, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: (Saída día 5 antes das 14:00 horas e regreso o día 8 despois das 22:00 horas) Desprazamento: Avión (2 persoas) 540,00 € Taxi (aeroporto-hotel-aeroporto 200,00 € TOTAL DESPRAZAMENTOS 740,00€ Dietas: Día 5 (1 manutención + aloxamento: Italia) x 2 persoas 388,26 € Día 6 e 7 (80% dieta en Italia) x 2 persoas 621,20 € Día 8 (½ manut. Italia e ½ manut. España) x 2 persoas 100,51 € TOTAL DIETAS 1.109,97 € Ditas cantidades imputaranse ás partidas 07/313.325.230.01 de dietas, por importe de 1.109,97 €, e á 07/313.325.231.01 de locomoción, por importe de 740,00€, do vixente Orzamento provincial. b) De conformidade coa proposta de data 16 de febreiro de 2007, presentada pola xefa do Servizo de Prevención e Riscos Laborais solicitando permiso e axuda económica para asistir ó “XVI CONGRESO DE LA SOCIEDAD ESPAÑOLA DE SALUD LABORAL EN LA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA”, que terá lugar os próximos días 21 ó 23 de marzo en Pamplona, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do establecido nas normas aprobadas pola Comisión de Goberno do 11 de novembro de 1983, no art. 16.6 a) do V Acordo Regulador e no Real decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnización por razón de servizo, conceder a Dona María del Carmen Crespo Blanco o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 1.142,57 €, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: (Saída día 20 pola mañá e regreso día 23 despois das 22:00 horas) Desprazamento: (vehículo propio): Pontevedra-Pamplona- Pontevedra (1.560Km) 296,40€ Peaxe autoestrada 30,00€ Aparcamento 60,00€ TOTAL DESPRAZAMENTOS 386,40€ Dietas: Día 20 (1 manutención e aloxamento ) 103,37€ Día 21 e 22 (80% dieta) 165,40€ Día 23 (1 Manutención) 37,40€ TOTAL DIETAS........... 306,17€ Inscrición curso 450,00€ Ditas cantidades imputaranse ás partidas 07/134.121.231.01 de locomoción, 07/134.121.230.01 de dietas e 07/122.314.162.00 de inscrición ó curso. Para o aboo das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 13ª do acordo nº 20.172 de data de 18 de novembro de 1.983, adoptado pola Comisión de Goberno, a funcionaria deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento da reunión e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, os gastos solicitados. ------ Folla: 12.14850.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS DA ZONA E69B, EN REVEL-VILALONGA (CONCELLO DE SANXENXO) Dada conta da comunicación do Sr. Xerente Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, de data 6 de febreiro de 2007 (rexistro de entrada núm. 4460, de data 14/02/07), pola que se remite copia do expediente sobre Plan Especial de infraestruturas e dotacións da zona E69B, en Revel-Vilalonga do Concello de Sanxenxo, a efectos de informe, por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 20 de febreiro de 2007, no que manifesta, entre outros: “...en relación a lo que afecta a las estradas provinciales y de acuerdo con la Ordenanza reguladora del uso y defensa de la carreteras provinciales, por parte de este Servicio se emite informe favorable.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Xerencia Municipal de Urbanismo ó Concello de Sanxenxo. ------ Folla: 13.14851.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PLAN PARCIAL DE DESENVOLVEMENTO DO S.U. 26, EN REVEL-VILALONGA (CONCELLO DE SANXENXO) Dada conta da comunicación do Sr. Xerente Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, de data 5 de febreiro de 2007 (rexistro de entrada núm. 3310, de data 06/02/07), pola que se remite copia do expediente sobre Plan Parcial de desenvolvemento do S.U. 26, en Revel-Vilalonga do Concello de Sanxenxo, a efectos de informe, por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 23 de febreiro de 2007, no que manifesta, entre outros: “...vista la documentación aportada, por parte de este Servicio se emite informe favorable..” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Xerencia Municipal de Urbanismo ó Concello de Sanxenxo. ------ Folla: 14.14852.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS a) Dada conta que con data 5 de decembro de 2006 ten entrada nesta Deputación Auto do Xulgado de 1ª Instancia nº 2 de Ponteareas dando audiencia por prazo de 5 días sobre posible falta de xurisdición daquel órgano xudicial respecto da demanda reconvencional plantexada contra este organismo provincial por D. Leandro Rodríguez Rodríguez en autos de procedemento ordinario 223/06, incoados a instancias de D. Tomás Martínez Farrapeira, por danos en accidente de tráfico. Resultando que no devandito prazo formúlase pola Asesoría Xurídica escrito de alegacións contra a referida demanda reconvencional con base na incompetencia de xurisdición. Resultando que con data 22 de febreiro de 2006 ten entrada nesta Deputación Auto do Xulgado citado, no que atendendo as teses da Asesoría Xurídica acorda non admitir a demanda de reconvención plantexada por D. Leandro Rodríguez. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do devandito Auto. b) Dada conta que con data 22 de febreiro de 2007 ten entrada nesta Deputación Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, polo que se ten por desistido a D. Manuel Cao Pérez nos autos de procedemento ordinario 263/2006 promovidos contra acordo plenario de aprobación do proxecto “Terminación do ensanche E.P. 9107 Virxe das Mareas” (O Grove), declarando terminado o procedemento e acordando o arquivo das actuacións despois de que no escrito de contestación á demanda formulada pola Asesoría Xurídica desta Deputación se fixera fincapé no extemporáneo da demanda posto que a discrepancia do xustiprezo da propiedade debe substanciarse noutro momento e procedemento. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do devandito Auto. ------ Folla: 15.14853.- COMUNICACIÓNS Queda enterada do escrito de Don Rubén López López, Director Xerente da Fundación PROVIGO Y SU ÁREA (rexistro de entrada 63087, de data 23/02/07), xuntando certificación de data 22 de febreiro de 2007, relativa a transferencia realizada pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, por importe de 30.051,00 €, correspondente á doazón á mencionada Fundación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.14854.- PRÓRROGA PARA O ANO 2007 DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A COMUNIDADE DE MADRID E A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA EN MATERIA DE SANIDADE VEXETAL (PATOLOXÍA VEXETAL) Dada conta do Convenio de Colaboración entre a Comunidade de Madrid e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, a través da Consejería de Economía e Innovación Tecnológica e o Servizo Agrario (Estación Fitopatolóxica do Areeiro) en materia de Sanidade Vexetal (Patoloxía Vexetal). Vistos os informes do enxeñeiro director do Servizo Agrario, de Asesoría Xurídica e o Ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de 26 de febreiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á prórroga do Convenio de Colaboración entre a Comunidade de Madrid e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a través da Consejería de Economía e Innovación Tecnológica e o Servizo Agrario (Estación Fitopatolóxica do Areeiro) en materia de Sanidade Vexetal (Patoloxía Vexetal), ata o 31 de decembro de 2007. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.14855.- DAR CONTA DA RENUNCIA DO CLUB SALVAMENTO ACUÁTICO DO CONCELLO DE PONTEVEDRA RESPECTO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “COMPRA DE REMOLQUE, ESQUÍS, TÁBOAS, MANEQUÍNS, FLOPYS E CRONÓMETROS” Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 28 de xullo de 2006 unha subvención a favor do Club Salvamento acuático do concello de Pontevedra por un importe de 1.262,00 € para “Compra de remolque, esquís, táboas, manequíns, flopys e cronómetros” con cargo á partida 06/451.452.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 20/02/07, do citado club renunciando á subvención concedida no seu día dado que non poden acreditar o gasto, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 18.14856.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO “EP 0018 XEVE-AMIL-ESPEDREGUEIRA (PONTEVEDRA)” Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 03/07/2003, polo que se adxudicou a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. á obra “E.P. 0018 Xeve – Amil – Espedregueira (Pontevedra)”, na cantidade de 422.773,27 €, IVE incluído. Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras co obxecto de recoller unha serie de circunstancias non previstas inicialmente que aconsellan ou determinan no seu caso a introdución e consideración de algunhas modificacións, cun orzamento de 507.327,76 euros, o que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 84.554,49 euros. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 02/02/2007, polo que se aprobou, con cargo á partida 07/511.511.612.02, o proxecto modificado da citada obra por importe de 84.554,49 euros. Visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que se presta conformidade ás medicións e prezos que figuran no proxecto modificado. E vistos os informes favorables emitidos polo Sr. Secretario e o Sr. Interventor informando favorablemente o procedemento de adxudicación e o expediente de contratación da referida obra, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o orzamento do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra comprendida no proxecto modificado “E.P. 0018 Xeve – Amil – Espedregueira (Pontevedra)” na cantidade de 84.554,49 €, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha garantía definitiva por importe de 3.382,18 euros, equivalente ó 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 19.14857.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO “EP 0507 VALIÑAS-PORTAS (BARRO-PORTAS)” Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 23/01/2003, polo que se adxudicou a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. á obra “E.P. 0507 Valiñas – Portas (Barro – Portas)”, na cantidade de 420.412,74 €, IVE incluído. Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras co obxecto de recoller unha serie de circunstancias non previstas inicialmente que aconsellan ou determinan no seu caso a introdución e consideración de algunhas modificacións, cun orzamento de 502.288,48 €, o que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 81.875,74 euros. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 02/02/2007, polo que se aprobou, con cargo á partida 07/511.511.612.02, o proxecto modificado da citada obra por importe de 81.875,74 euros. Visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que se presta conformidade ás medicións e prezos que figuran no proxecto modificado. E vistos os informes favorables emitidos polo Sr. Secretario e o Sr. Interventor informando favorablemente o procedemento de adxudicación e o expediente de contratación da referida obra, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.Aprobar o gasto. 2.Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o orzamento do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola adxudicataria da obra inicial. 3.Adxudicar a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra comprendida no proxecto modificado “E.P. 0507 Valiñas – Portas (Barro – Portas)” na cantidade de 81.875,74 €, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha garantía definitiva por importe de 3.275,03 euros, equivalente ó 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 20.14858.- CONCESIÓN DE PARQUES INFANTÍS E ÁREAS DEPORTIVAS ÓS CONCELLOS DA PROVINCIA A Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 2 de xuño de 2006, prestou aprobación ó expediente relativo o concurso para o subministro e instalación de parques infantís e áreas deportivas na Provincia de Pontevedra, publicándose o correspondente anuncio no Boletín da Comunidade Europea así como no Boletín Oficial do Estado, e no Diario Oficial de Galicia. Ó concurso presentáronse dez empresas das que, de acordo cos informes técnicos e a proposta da mesa de contratación, resultou adxudicataria Contenur España, S.L., por acordo da Xunta de Goberno, adoptado o día 19 de xaneiro de 2007. Con data 24 do mes de xaneiro, participouse a todos os concellos da Provincia de Pontevedra a posibilidade de presentar unha solicitude indicando os tipos de áreas que necesitan, por orde de prioridade, e acompañada da seguinte documentación: Certificación do acordo do órgano competente do concello comprometéndose ó financiamento do 10% do custo de cada área que se conceda. Memoria explicativa dos posibles beneficiarios da instalación e demais motivacións ou necesidades para que a Administración Provincial conceda a área, como poden ser número de centros escolares, poboación infantil, núcleos de poboación, número de parques infantís que dispoñen na actualidade, etc. Así mesmo, o Concello debe poñer a disposición da Deputación o terreo necesario, debidamente preparado e acondicionado, onde a empresa adxudicataria instalará os parques infantís concedidos, e obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. O mantemento da área, unha vez concluído o prazo de garantía, será por conta do Concello. Concluído o prazo de presentación de solicitudes, por Resolución da Presidencia de data 27 de febreiro de 2007 constituíuse unha Comisión de valoración das peticións, en base ás memorias explicativas achegadas polos concellos, efectuando a correspondente proposta de adxudicación dos parques infantís e das áreas deportivas a cada un dos concellos. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Conceder a cada un dos concellos da Provincia de Pontevedra os seguintes parques infantís e áreas deportivas, debendo achegar cada un deles o 10% do seu valor, na contía que, así mesmo, se indica. Concello Areas Infantís Area Tipo Grande Area de práctica deportiva Achega por Concello para nenos Opción A Opción B ata 5 anos A CAÑIZA 3 7.350,00 A ESTRADA 4 1 1 12.800,00 A GUARDA 1 1 1 7.160,00 A ILLA DE AROUSA 1 1 4.710,00 A LAMA 1 1 1 7.160,00 AGOLADA 1 1 1 7.160,00 ARBO 1 1 1 7.160,00 AS NEVES 2 2 10.560,00 BAIONA 3 1 1 10.920,00 BARRO 2 1 1 9.040,00 BUEU 2 1 1 1 11.490,00 CALDAS DE REIS 1 1 4.330,00 CAMBADOS 2 1 1 9.040,00 CAMPO LAMEIRO 1 1 1 7.160,00 CANGAS 4 1 1 12.800,00 CATOIRA 1 1 4.330,00 CERDEDO 1 1 1 7.160,00 COTOBADE 2 3.760,00 COVELO 3 5.640,00 CRECENTE 2 1 6.590,00 CUNTIS 1 1 4.330,00 DOZÓN 1 2.450,00 FORCAREI 2 2 8.660,00 FORNELOS DE MONTES 1 1 4.710,00 GONDOMAR 1 2 6.780,00 LALÍN 2 1 1 2 14.320,00 MARÍN 1 1 5.280,00 MEAÑO 2 1 2 11.870,00 MEIS 1 2 1 9.610,00 MOAÑA 1 1 1 7.160,00 MONDARIZ 1 1 1 7.160,00 MONDARIZ - BALNEARIO 1 2.830,00 MORAÑA 2 4.900,00 MOS 1 1 1 7.160,00 NIGRÁN 3 3 12.990,00 O GROVE 1 2 6.780,00 O ROSAL 1 1 4.330,00 OIA 2 1 1 8.660,00 PAZOS DE BORBÉN 2 2 10.560,00 POIO 2 1 1 9.040,00 PONTE CALDELAS 1 1 1 7.160,00 PONTEAREAS 3 2 1 13.370,00 PONTECESURES 1 1.880,00 PONTEVEDRA 3 2 13.010,00 PORTAS 2 4.900,00 REDONDELA 4 1 1 12.420,00 RIBADUMIA 1 2 1 9.610,00 RODEIRO 1 1 1 7.160,00 SALCEDA DE CASELAS 1 2 1 9.610,00 SALVATERRA DE MIÑO 3 1 9.800,00 SANXENXO 4 1 12.630,00 SILLEDA 3 1 1 10.920,00 SOUTOMAIOR 2 1 1 9.040,00 TOMIÑO 3 1 1 1 13.370,00 TUI 3 2 2 16.200,00 VALGA 1 1 1 7.730,00 VIGO 7 7 4 41.630,00 VILA DE CRUCES 2 5.660,00 VILABOA 3 5.640,00 VILAGARCÍA DE AROUSA 3 1 2 13.750,00 VILANOVA DE AROUSA 2 2 1 11.490,00 Total nenos Total Total Total práctica TOTAL ata 5 anos opción A opción B deportiva 93 67 22 53 542.880,00 89 2.- Os concellos deberán ingresar nas arcas provinciais a súa achega no prazo dun mes dende a notificación do acordo. 3.- Deberán poñer a disposición da Deputación o terreo necesario, debidamente preparado e acondicionado onde a empresa adxudicataria instalará os parques infantís e obter a correspondente licenza municipal, se fora precisa, e tramitar ante outros Organismos as autorizacións pertinentes. O acondicionamento da parcela onde se asenten os parques efectuarase de acordo coas indicacións técnicas que se achegan co traslado do acordo da concesión. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 21.14859.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA O SUBMINISTRO DE PLANTAS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS PARA PEQUENOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN NO MARCO DO PROXECTO REDESANEA O Subcomité de Xestión do Subprograma 1 no marco do Programa de Iniciativa Comunitaria Interreg III-A España-Portugal financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) aprobou por Resolución de data 15/12/05 a concesión dunha axuda de 1.376.070,00 € ó proxecto REDESANEA SP1.P129/03 presentado pola Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho en calidade de Xefe de Fila do mesmo, e figurando como socios a Deputación de Pontevedra, a Cámara Municipal de Melgaço, a Cámara Municipal de Paredes de Coura e a Cámara Municipal de Vila Nova da Cerveira. Resultando que o obxectivo do proxecto REDESANEA é dotar a unha rede de poboacións de cada unha das concas dos ríos Miño, Lérez e Umia dun sistema de depuración de augas residuais urbanas localizados nos lugares onde se produce a orixe da contaminación e a construción dunha rede de saneamento que de servizo ás poboacións obxecto desta actuación. Resultando que o Pleno da Deputación de Pontevedra acordou na sesión ordinaria do día 28 de xuño de 2006 aprobar o proxecto REDESANEA SP1.P129/03 cun orzamento de 1.000.000,00 €, dos cales o 75% corresponden á cofinanciación FEDER, e o 25% restante a fondos propios da Deputación de Pontevedra, distribuídos a razón de 302.200,00 € na anualidade do ano 2006, e 697.800,00 € na anualidade do ano 2007. Resultando que dentro das actuacións a realizar pola Deputación de Pontevedra no marco deste proxecto atópase a adquisición e instalación de tres plantas depuradoras compactas con aireación prolongada e desinfección con ozono como solución para poboacións dispersas e que serán de dous tipos: unha para unha poboación de menos de 100 habitantes e outras dúas para dúas poboacións de menos de 250 habitantes, cuxo custo estímase en 278.400,00 euros. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación proponse que sexa mediante procedemento aberto e forma concurso, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 15 de febreiro de 2007. Resultando que con data 20 de febreiro de 2007, o Sr. Secretario Xeral da Corporación informa o proxecto de prego de condicións administrativas, polo que con idéntica data elabórase o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación do subministro de plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto “Redesanea”, en base ó citado informe do Sr. Secretario. Resultando que polo Servizo de Intervención emítese informe de data 01/03/2007, sobre a existencia de crédito para facer fronte ó gasto por importe global de 278.400,00 euros con cargo á partida 07/313.441.662.02 do vixente orzamento provincial. Resultando que con data 1 de marzo do ano actual, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido no artigo 34.1 apartado k) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 117 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 171 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas no referente ós contratos de subministro. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial para 2007, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministros que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante concurso, procedemento aberto, do subministro de plantas depuradoras para pequenos núcleos de poboación dentro do proxecto “Redesanea”, por un importe máximo de douscentos setenta e oito mil catrocentos euros (278.400,00 €), IVE incluído. 2.Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso. 3.Autorizar o gasto por importe máximo de 278.400,00 euros, con cargo á partida 07/313.441.662.02. 4.Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de cincuenta e dous días naturais, a partir da data de envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas e cuxa data de finalización para presentación de proposicións económicas especificarase no anuncio a publicar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE PLANTAS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS PARA PEQUENOS NÚCLEOS DE POBOACIÓNS NO MARCO DE “REDESANEA” I.- Obxecto.- De conformidade co disposto nos artigos 49, 171 e 172 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (en diante TRLCAP), o obxecto deste prego de cláusulas administrativas particulares é regular a contratación do subministro de plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación que afectan ás concas dos ríos transfronterizos Galicia-Norte de Portugal no marco do “Redesanea”, aprobado dentro do Programa de Iniciativa Comunitaria Interreg III-A España-Portugal, financiado polo Fondo europeo de Desenvolvemento Rexional, con suxeición ó disposto no prego de prescricións técnicas. O número de plantas a subministrar será, sen prexuízo das melloras ofertadas no seu caso polos licitadores, o seguinte: 1 unidade de plantas para tratar un caudal diario de ata 25 m3. 2 unidades de plantas para tratar un caudal diario de ata 62,5 m3. II.- Financiamento e tipo de licitación.- O subministro obxecto deste contrato financiarase con cargo ós orzamentos provinciais para os exercicios 2006-2007 e ás subvencións concedidas ó efecto polo Fondo de Europeo de Desenvolvemento Rexional. O tipo de licitación, IVE incluído, queda fixado na cantidade global de 278.400,00 € III.- Procedemento e forma de adxudicación.- O subministro das plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación que afectan ás concas dos ríos transfronterizos Galicia-Norte de Portugal no marco de “Redesanea” contratarase mediante concurso (artigos 74.3, 85 a 90 e 180.2) en procedemento aberto (artigo 73.2) e en trámite ordinario. IV.- Prazos e penalidades.- O total de unidades a subministrar, 1 unidade de plantas para tratar un caudal diario de ata 25 m3 e as 2 unidades de plantas para tratar un caudal diario de ata 62,5 m3, deberán estar entregadas no/os lugar/es que se indique no seu momento, antes do día 30 de xuño de 2007. A instalación e posta en marcha de cada planta deberá realizarse dentro do prazo de 15 días hábiles a contar dende a notificación ó adxudicatario da ubicación definitiva de cada unha delas. Todos os danos que poidan chegar a producirse durante o transporte, descarga e instalación no emprazamento de cada un dos elementos integrantes do subministro deberán ser emendados por parte do adxudicatario. O prazo de garantía de todos os compoñentes do subministro, será, como mínimo, de 2 anos dende a entrada en funcionamento da instalación, de forma que durante este período e o de posta en marcha, calquera defecto observado nos distintos elementos que compoñan a instalación deberá ser emendado por parte do adxudicatario. De igual xeito todos os gastos, incluídos pezas e man de obra, ocasionados pola substitución dos compoñentes que resulten afectados correrán a cargo do adxudicatario durante o período de garantía. O funcionamento da planta subministrada terá que asegurar calquera tipo de incidencia que condicione a súa eficacia. En caso contrario, será responsabilidade do adxudicatario poñer todos os medios necesarios para emendar os defectos detectados, quedando englobadas dentro desta responsabilidade todas as posibles modificacións que fosen preciso realizar na instalación para emendalos. O adxudicatario responsabilizarase de mostrar o adecuado funcionamento das plantas subministradas e o procedemento a seguir en relación coas continxencias comúns que poidan xurdir para conseguir o normal funcionamento ó técnico do Concello beneficiario onde se instale. O adxudicatario dispoñerá dun servizo propio de postvenda, con medios materiais e persoal especializado, responsable da garantía na provincia de Pontevedra. Así mesmo, deberá comprometerse a prestar un servizo de mantemento preventivo e correctivo que garanta o funcionamento operativo da instalación, unha vez vencido o prazo da garantía, debendo cuantificar o custo anual do mesmo por unidade de planta, o cal servirá de referencia no seu momento. A non presentación do compromiso ou a non fixación do custo, entenderase como incumprimento deste apartado. O presente concurso está sometido a estritos prazos de cumprimento, derivados do financiamento con Fondos Europeos. O cumprimento dos prazos verificarase por cada planta depuradora a subministrar. No caso de que chegada a data indicada, o subministrador tivese todas ou algunhas das plantas sen entregar, indemnizará á Deputación de Pontevedra coa cantidade de 600,00 € por día e planta depuradora non entregada. V.- Garantías provisional e definitiva.- Os licitadores interesados deberán acreditar a constitución dunha garantía provisional por importe do 2% do tipo de licitación, en calquera das modalidades previstas no artigo 35 do TRLCAP e deberá ser ingresada na Caixa da Deputación. A garantía definitiva a formalizar polo adxudicatario será do 4% do importe da adxudicación, e poderase constituír en calquera das modalidades previstas no artigo 36 do TRLCAP e deberá ser ingresada na Caixa da Deputación. En todo caso, axustaranse ó disposto nos artigos 55 e seguintes do Regulamento Xeral do TRLCAP (R.d. 1098/2001, de 12 de outubro), así como ós modelos que figuran nos anexos do expresado regulamento. O adxudicatario deberá acreditar, no prazo de 15 días a partir da adxudicación do contrato, a constitución da garantía definitiva, procedéndose noutro caso á resolución do contrato de acordo co previsto no artigo 41 do TRLCAP. VI.- Licitadores.- Poderán participar na licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, acrediten a súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, e non se atopen comprendidos en ningunha das prohibicións para contratar previstas no artigo 20 do TRLCAP, en concordancia cos artigos 9 e ss. do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas. VII.- Proposicións e documentación.- Os interesados en participar neste concurso presentarán a documentación que se relaciona, incluída en tres sobres, co seguinte contido: 1) Sobre 1: figurará nel a seguinte inscrición: Documentación administrativa xeral do concurso de subministro de plantas depuradoras de augas residuais no marco de “Redesanea” e incluirá a documentación que se relaciona, de acordo cos números 2 e 3 do artigo 79 do TRLCAP. No interior deste sobre incluirase unha folla relacionando numericamente a documentación que se achega, na mesma orde que se sinala a continuación: a.Documento xustificativo de ter constituída a garantía provisional. b.Documentos que acrediten a personalidade do empresario. As persoas físicas acreditarán a súa personalidade mediante o DNI ou documento equivalente; as sociedades, mediante a escritura de constitución, debidamente inscrita no rexistro mercantil ou documento equivalente. En canto ás empresas estranxeiras non comunitarias, estarase ó disposto no artigo 23 do TRLCAP. c.Os que acudan á licitación en representación doutro, así como nos casos no que o licitador sexa unha sociedade ou persoa xurídica, deberán achegar tamén escritura de poder debidamente bastanteado, e acreditar a súa personalidade mediante o DNI. d.Declaración expresa e concreta de non estar incurso en ningunha das prohibicións de contratar ás que se refire o artigo 20 do TRLCAP, cos requisitos esixidos no artigo 21.5 do mesmo texto legal. e.Xustificante de estar ó corrente das obrigas tributarias, mediante certificado expedido pola Axencia Estatal Tributaria, con seis meses de antelación, como máximo, á data de publicación do anuncio do concurso, de conformidade co disposto nos artigos 13 e seguintes do Regulamento xeral do TRLCAP. f.Xustificante de estar ó corrente das obrigas coa Seguridade Social. Para ese efecto presentarase certificación expedido pola Seguridade Social, con seis meses de antelación como máximo á data de publicación do anuncio do concurso, de conformidade co disposto nos artigos 13 e seguintes do Regulamento xeral do TRLCAP. Tamén admitirase a documentación das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social. Serán igualmente válidos os xustificantes de ter solicitadas as certificacións relativas ás obrigas tributarias e coa Seguridade Social ou a declaración responsable de estar ó corrente no cumprimento das mesmas, pero a certificación acreditativa de tales requisitos esixirase ó licitador proposto, antes da adxudicación, concedéndose para ese efecto un prazo de 5 días hábiles, de conformidade co artigo 79 do TRLCAP. g.Xustificación da solvencia técnica do licitador, debendo presentar, para tal efecto, relación dos principais subministros efectuados durante os tres últimos anos, de obxectos similares ós deste concurso, con indicación de importe, datas e destino público ou privado dos mesmos. h.Xustificación da solvencia económica e financeira mediante informe dalgunha institución financeira ou bancaria. i.Para as empresas estranxeiras, declaración expresa de sometemento á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de forma directa ou indirecta poidan derivarse deste contrato, con renuncia ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlles. Todos os documentos serán orixinais ou fotocopias debidamente compulsadas. 2) Sobre 2: figurará nel a seguinte inscrición: Proposición económica do concurso de subministro de plantas depuradoras de augas residuais no marco de “Redesanea”, e incluirá: A) A proposta económica, de acordo co seguinte modelo: D./D.ª..., con domicilio en ..., DNI nº ..., en nome propio (ou en representación da empresa................., C.I.F.-............... segundo acredita con ...), informado/a de o expediente e condicións para contratar o subministro de plantas depuradoras de augas residuais no marco de “Redesanea” para a Deputación de Pontevedra, comprométese a súa execución polo importe de ................. €, IVE e demais impostos incluídos este modelo, a razón de................. euros por cada plantas para tratar un caudal diario de ata 25 m3. B) Melloras ofertadas, no seu caso, que serán detalladas e valoradas polas empresas licitadoras. Lugar, data e sinatura. 3) Sobre 3: figurará nel a seguinte inscrición: Proposta Técnica do concurso de subministro de plantas depuradoras de augas residuais no marco de “Redesanea”, co seguinte contido: O licitador presentará unha proposta técnica detallada da planta de tratamento de augas residuais que oferta, así como as condicións do subministro (acopio, instalación e posta en marcha) que levará a cabo. A proposta técnica incluirá os distintos aspectos que permitirán avaliar a oferta técnica de acordo co seguinte índice e criterios: 1.Solución técnica ofertada e proceso de explotación das plantas e mantemento. 2.Programa de traballo. 3.Control de calidade do subministro e instalación. 1.- Solución técnica ofertada e proceso de explotación das plantas e mantemento: Presentarase unha memoria técnica correspondente á plantas depuradoras prefabricadas e compactas ofertadas, na que se explique exhaustivamente as características técnicas das mesmas e a súa adecuación ás que constitúen as condicións descritas no apartado II. Características técnicas da plantas depuradoras prefabricadas e compactas de augas residuais domésticas, do presente prego de prescricións. Á memoria técnica uniranse planos de detalle e elementos gráficos necesarios para a adecuada comprensión da solución técnica ofertada. Os equipos a instalar deben responder exhaustivamente ás condicións enumeradas no presente prego de condicións administrativas e técnicas, sen ser admisible variacións contra a tecnoloxía descrita no mesmo. Adicionalmente poderanse presentar catálogos e outra documentación que o ofertante considere para complementar a xustificación das características técnicas indicadas no parágrafo anterior. As plantas de tratamento de augas residuais ofertadas contarán coas certificacións que acrediten estar construídas baixo: Sistema de garantía de calidade Norma ISO 9001:2000. Así mesmo a solución técnica ofertada, en canto á explotación, contará cos seguintes certificados: Certificado de Xeración Neta de Lodo nula, emitido por Organismo de Control Autorizado da Administración para a aplicación da Regulamentación sobre Protección do Medio Ambiente Atmosférico, Augas e Residuos. Certificado de calidade do efluente acorde á Directiva Comunitaria 91/271/CEE, modificada pola Directiva 98/15/CE trasposta á normativa estatal a través do Real decreto 509/1996, modificado polo Real decreto 2116/1998, emitido por unha Empresa Colaboradora da Administración para Organismos de Cuenca do Ministerio do Medio Ambiente. Así mesmo, os licitadores deberán presentar un documento no que se detalle o proceso de explotación da planta de tratamento de augas residuais ofertado, que sexa preciso para o normal funcionamento. Así mesmo incorporará á proposta técnica o plan de mantemento ou asistencia técnica que estará disposto levar a cabo á finalización do período de garantía. 2.- Programa de traballo: En relación ó programa de traballo presentarase un cronograma en forma de diagrama PERT ou equivalente, no que queden claramente definidas as actividades a desenvolver, os medios postos a disposición en cada actividade, os prazos de execución das actividades usando como unidade temporal a semana. 3.- Control de calidade do subministro e instalación. O licitador expoñerá o Control de calidade establecido no proceso de fabricación das plantas a subministrar. Co subministro de cada planta de tratamento presentaranse os seguintes certificados: Certificado de proba de funcionamento segundo Protocolo Típico de Probas emitido de acordo ó Sistema de Calidade do fabricante (ISO 9001:2000). Certificado de proba hidráulica segundo Protocolo Típico de Probas emitido de acordo ó Sistema de Calidade do fabricante (ISO 9001:2000). Certificado de pintado segundo Protocolo Típico de Probas emitido de acordo ó Sistema de Calidade do fabricante (ISO 9001:2000). Dentro da documentación que compón este apartado presentarase un modelo dos anteriores certificados así como: O programa de puntos de inspección de fabricación das plantas de tratamento. O protocolo típico de probas de aceptación en fábrica. En canto ás instalacións, o concursante deberá presentar un informe definindo o método e medidas para controlar e garantir pola súa banda a calidade dos traballos en caso de resultar adxudicatario. Os sobres presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra e deberán estar lacrados ou precintados. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama no mesmo día. A presentación das proposicións determina a aceptación incondicionada polos licitadores do contido da totalidade das cláusulas deste prego de cláusulas administrativas particulares e do prego de prescricións técnicas particulares, sen excepción algunha, de conformidade co artigo 79.1 do TRLCAP. VIII.- Mesa de contratación.- A mesa de contratación estará constituída da seguinte forma: Presidente: O da corporación ou membro desta en quen delegue. - Vogais: O enxeñeiro xefe do Servizo de Vías e Obras, O secretario da Corporación e o interventor. - Secretario: O técnico adxunto do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. IX.- Presentación de documentación.- O prazo para a presentación de proposicións non poderá ser inferior a cincuenta e dous días naturais, a partir da data de envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. X.- Cualificación da documentación administrativa xeral e apertura de plicas.- Ó terceiro día seguinte hábil a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- constituirase a mesa de contratación para a cualificación dos documentos presentados en tempo e forma, formalizándose a acta correspondente. Se unha vez verificada a documentación obrante no sobre 1, resultase que non existen deficiencias que corrixir, procederase á apertura pública dos sobres 2 e 3 no mesmo día, ás 12,00 horas, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial. En caso contrario, se a mesa de contratación observase defectos ou omisións subsanables na documentación presentada, comunicarao verbalmente ós interesados. Sen prexuízo do anterior, as circunstancias deberán facerse públicas a través de anuncios do órgano de contratación, concedéndose un prazo non superior a tres días hábiles para a corrección ou rectificación dos defectos ou omisións advertidos ante a mesa de contratación. Neste suposto, procederase á apertura en acto público dos sobres 2 e 3, no sétimo día hábil posterior ó de vencemento do prazo de presentación de proposicións, ás 12,00 horas, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial. No suposto de envío de documentación por correo que faga imposible a cualificación da documentación e a apertura de plicas nas datas sinaladas, o secretario da mesa de contratación comunicará ós licitadores, o máis axiña posible, as novas datas fixadas para tales actos. XI.- Criterios base para a adxudicación.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso serán os seguintes: a.Solución técnica ofertada e proceso de explotación das plantas e mantemento: valorarase ata 75 puntos, do modo seguinte: i.Deseño e funcionamento da planta: ata 15 puntos. ii.Pola calidade técnica e melloras na fabricación acreditada polas certificacións achegadas: ata 20 puntos. iii.Pola calidade técnica e melloras na explotación acreditada polas certificacións achegadas: ata 20 puntos. iv.Pola calidade técnica e melloras na instalación acreditada polas certificacións achegadas: ata 20 puntos. b.Oferta económica: Na que se terá en conta a oferta económica que figura no Sobre 2: valorarase ata 15 puntos. c.Programa de traballo: Valorarase ata 5 puntos. d.Sistema de control de calidade de instalación: Valorarase ata 5 puntos. Metodoloxía da avaliación: A non presentación da memoria técnica e documentos complementarios xustificativos da solución técnica ofertada, especificando detalladamente a adecuación das características técnicas, valorarase con cero (0) puntos no apartado a) i. A non presentación das certificacións requiridas valorarase con cero (0) puntos nos apartados a) ii e a) iii. A non presentación do documento explicación do proceso de explotación e mantemento das plantas a subministrar valorarase con cero (0) puntos no apartado b) ii. A non inclusión do programa de traballos suporá unha puntuación de cero (0) puntos no apartado d). A non inclusión do plan de control de calidade do subministro e instalación, suporá unha puntuación de cero (0) puntos no apartado e). A puntuación total será a suma dos apartados correspondentes ós criterios técnicos, puntuación total que poderá variar entre cero (0) e cen (100) puntos. XII.- Formalización do contrato.- Previamente á formalización do contrato, o adxudicatario achegará xustificantes acreditativos de depositar a fianza definitiva á que se refire a cláusula V do presente prego. O contrato se formalizará en documento administrativo dentro do prazo de 30 días, que contará dende o seguinte ó da notificación da adxudicación; no obstante, poderase elevar a escritura pública cando o solicite o contratista, e serán pola súa conta os gastos derivados do seu outorgamento. Se non se puidese formalizar o contrato dentro do mencionado prazo por causa imputable ó adxudicatario, estarase ó establecido no artigo 54.3 do TRLCAP. XIII.- Recepción das prestacións e pagos.- Os pagos realizaranse trala entrega do subministro e a formalización da acta correspondente, de conformidade co disposto nos artigos 99, 110, 185 e 186 do TRLCAP. Do prezo unitario ofertado a provisión representará o 85% do custo total (IVE incluído) e o 15% restante corresponderá á instalación e posta en marcha de forma indivisible. Se se solicita o pago das provisións este realizarase polas unidades almacenadas nese momento e con aval bancario para cada unha das plantas, aboándose o 75% do importe certificado. Cada aval será devolto no momento de recepción de cada planta. O pago requirirá a previa presentación da factura correspondente, entendéndose que os licitadores inclúen todos os traballos relativos ó subministro, tales como embalaxes, transportes, montaxes, etc., polo que non poderán esixir cantidade algunha por estes conceptos. XIV. Interpretación, modificación e resolución dos contratos.- Son facultades do órgano de contratación a interpretación, modificación e resolución dos contratos, de conformidade cos artigos 59, 189, 192 e 193 e concordantes do TRLCAP. XV. Revisión de prezos.- Non procede a revisión de prezos nestes subministros de conformidade co artigo 103.1 do TRLCAP, a sensu contrario. XVI. Cómputo de prazos.- De conformidade co disposto no artigo 76 do TRLCAP, todos os prazos que se sinalen en días enténdense naturais, a non ser que expresamente se faga constar que se trata de días hábiles. Os prazos de entrega da garantía definitiva e de formalización do contrato computaranse a partir da data da adxudicación, tendo en conta a publicidade deste trámite. XVII. Inspección.- A administración ten a facultade de inspeccionar e de ser informada do proceso de elaboración do subministro, de conformidade co disposto no artigo 188 do TRLCAP. XVIII.- Normativa aplicable.- En todo o non previsto neste prego, terá que aterse ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos das

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición