ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2007/03/09_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/3.2007-03-09_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/03/09_Ordinaria

  • Data(s) 2007-03-09 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas do día nove de marzo do ano dous mil sete, baixo a Presidencia de D. José Juan Durán Hermida, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal e a deputada Dona María Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14872.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 2 de marzo de 2007. ------ Folla: 2.14873.- AXUDAS ECONÓMICAS A COOPERATIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA a)Dada conta da solicitude de axuda económica formulada por Aprodeza Sociedade Cooperativa, para a adquisición de estantes, ordenador e ecógrafo. Visto o informe emitido por Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700011447 e o Ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 26 de febreiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á aprobación da axuda económica a Aprodeza Sociedade Cooperativa, para a adquisición de estantes, ordenador e ecógrafo, por importe de 10.000,00 € e con cargo á partida 07/711.711.789.00. b)Dada conta da solicitude de axuda económica formulada pola Cooperativa Gandeira de Botos, NIF F-36257558, para a ampliación de nave e a adquisición de cortaleña, encintadora, estendedor e fresadora. Visto o informe emitido por Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700011452 e o Ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 26 de febreiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á aprobación da axuda económica a Cooperativa Gandeira de Botos, para a ampliación de nave e a adquisición de cortaleña, encintadora, estendedor e fresadora, por importe de 10.000,00 € e con cargo á partida 07/711.711.789.00. c)Dada conta da solicitude de axuda económica formulada por Campodeza Sociedade Cooperativa, NIF F-36047058, para a realización de reforma en nave. Visto o informe emitido por Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700011443 e o Ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 26 de febreiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á aprobación da axuda económica a Campodeza Sociedade Cooperativa, para a realización de reforma en nave, por importe de 12.000,00 € e con cargo á partida 07/711.711.789.00. d)Dada conta da solicitude de axuda económica formulada por Coafor Sociedade Cooperativa, NIF F-36173599, para a adquisición de mobiliario de oficina. Visto o informe emitido por Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700011449 e o Ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 26 de febreiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á aprobación da axuda económica a Coafor Sociedade Cooperativa, para a adquisición de mobiliario de oficina, por importe de 10.000,00 € e con cargo á partida 07/711.711.789.00. e)Dada conta da solicitude de axuda económica formulada por Cobideza Sociedade Cooperativa, NIF F-36211019, para a adquisición de elevador, estantes, mostrador, porta e fiestras. Visto o informe emitido por Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700011446 e o Ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 26 de febreiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á aprobación da axuda económica a Cobideza Sociedade Cooperativa, para a adquisición de elevador, estantes, mostrador, porta e fiestras, por importe de 15.000,00 € e con cargo á partida 07/711.711.789.00. f)Dada conta da solicitude de axuda económica formulada pola Sociedade Cooperativa Condado Paradanta, NIF F-36277747, para a adquisición de colmenas e diverso material apícola. Visto o informe emitido por Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700011451 e o Ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 26 de febreiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á aprobación da axuda económica a Sociedade Cooperativa Condado Paradanta, para a adquisición de colmenas e diverso material apícola, por importe de 2.500,00 € e con cargo á partida 07/711.711.789.00. g)Dada conta da solicitude de axuda económica formulada pola Sociedade Cooperativa Gandeira de Dozón, NIF F-36181659, para a adquisición de cisterna, arado, astilladora e desbrozadora. Visto o informe emitido por Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700011444 e o Ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 26 de febreiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á aprobación da axuda económica a Sociedade Cooperativa Gandeira de Dozón, para a adquisición de cisterna, arado, astilladora e desbrozadora, por importe de 7.500,00 € e con cargo á partida 07/711.711.789.00. h)Dada conta da solicitude de axuda económica formulada pola Cooperativa Campo Silleda, NIF F-36257574, para a adquisición rotativa e sembradora. Visto o informe emitido por Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700011450 e o Ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 26 de febreiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á aprobación da axuda económica a Cooperativa Campo Silleda, para a adquisición rotativa e sembradora, por importe de 9.000,00 € e con cargo á partida 07/711.711.789.00. i)Dada conta da solicitude de axuda económica formulada pola Sociedade Cooperativa Gandeiros do Deza, NIF F-336393775, para a ampliación nave 2ª fase. Visto o informe emitido por Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700011429 e o Ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 26 de febreiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á aprobación da axuda económica a Sociedade Cooperativa Gandeiros do Deza, para a ampliación nave 2ª fase, por importe de 17.000,00 € e con cargo á partida 07/711.711.789.00. j)Dada conta da solicitude de axuda económica formulada por Horsal Sociedade Cooperativa, NIF F-36033132, para a construción nave 2ª fase. Visto o informe emitido por Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700011442 e o Ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 26 de febreiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á aprobación da axuda económica a Horsal Sociedade Cooperativa, para a construción nave 2ª fase, por importe de 50.000,00 € e cun cargo á partida 07/711.711.789.00. k)Dada conta da solicitude de axuda económica formulada por Indega Sociedade Cooperativa, NIF F-36463776, para a construción de nave. Visto o informe emitido por Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700011445 e o Ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 26 de febreiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á aprobación da axuda económica a Indega Sociedade Cooperativa, para a construción de nave, por importe de 20.000,00 € e con cargo á partida 07/711.711.789.00. l)Dada conta da solicitude de axuda económica formulada por Sociedade Cooperativa Valle del Deza, NIF F-36165082, para a adquisición de limpadora de pradeiras, desbrozadores, equipo herbicida, aboadora, desbrozadora mano, rolo e mesa de oficina. Visto o informe emitido por Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700011448 e o Ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 26 de febreiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á aprobación da axuda económica a Sociedade Cooperativa Valle del Deza, para a adquisición de limpadora de praderas, desbrozadores, equipo herbicida, aboadora, desbrozadora mano, rolo e mesa de oficina, por importe de 6.000,00 € e con cargo á partida 07/711.711.789.00. m)Dada conta da solicitude de axuda económica formulada por Sociedade Cooperativa Xuncoga, NIF F-36334092, para a automatizacion planta mesturas, trazabilidade, sfwre, PC industrial, depósitos almacén materias primas, dosificadores automáticos aditivos e dosificador líquidos. Visto o informe emitido por Intervención na que certifica a existencia de crédito RC 200700011441 e o Ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 26 de febreiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á aprobación da axuda económica a Sociedade Cooperativa Xuncoga, para a automatizacion planta mesturas, trazabilidade, sfwre, PC industrial, depósitos almacén materias primas, dosificadores automáticos aditivos e dosificador líquidos, por importe de 50.000,00 € e cun cargo á partida 07/711.711.789.00. ------ Folla: 3.14874.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA “CONSTRUCIÓN DE PASARELA PEONIL SOBRE O RÍO VERDUGO”, DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS CON CARGO Ó PAM/2007 En aplicación da base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó concello de Ponte Caldelas unha subvención por importe de cento dez mil euros (110.000,00 €), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2006-08, anualidade, 2007, partida 07/911.911.762.45 para financiar a obra: “Construción de pasarela peonil sobre o río Verdugo”, co núm. 271/640 e con suxeición ás condicións seguintes: a.A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b.Para o aboo da subvención concedida, requirírase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que terá que axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c.Os Servizos Técnicos Provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d.As obras que se acollan a este Programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2008, de non facelo así, procederase á anulación da subvención. e.Nas obras levadas a cabo polo sistema de Administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f.O pago da subvención, só se efectuará unha vez se acredite estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. Este acordo anula a Resolución Presidencial nº 1908 de data 15/02/07. ------ Folla: 4.14875.- MODIFICACIÓN DO IMPORTE DO ORZAMENTO DAS OBRAS “CUBRICIÓN PATIO C.R.A. RAÍÑA ARAGONTA” E “CUBRICIÓN LAVADOIRO MARIÑA”, DO CONCELLO DE SALCEDA E CASELAS, INCLUÍDAS NO PAM/2006-08, APROBADAS NA XUNTA DE GOBERNO DE 7 DE ABRIL DE 2006 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar o orzamento da obra “Cubrición patio C.R..A. Raiña Aragonta”, do concello de Salceda de Caselas, incluída no PAM/2006-08, anualidade 2008, cun orzamento de 16.880,00 €, sendo o novo orzamento de 22.507,79 €, e a obra “Cubrición Lavadoiro Mariña”, incluída no PAM/2006-08, anualidade 2008, cun orzamento de 5.000,00 €, sendo o novo orzamento de 6.667,00 €, quedando suxeitas ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó concello de Salceda de Caselas con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona. Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Orzamento Subv. Orzamento Subv. Orzamento Subv. Total Subv. TOTAL TOTAL TOTAL Aglomerado carretera Sestelo-Noveleira 11.418,67 11.418,67 11.418,67 Asfaltado Tiras- Revolta 3.333,67 3.333,67 3.333,67 Asfaltado Tiras Camiño Laxe 6.389,51 6.389,51 6.389,51 Aglomerado camiño Donelle 12.754,89 12.754,89 12.754,89 Mellora casetas campo fútbol- San Esteban 8.000,00 6.000,00 6.000,00 Acometida traída de aguas Budiño 21.170,31 21.170,31 21.170,31 Alumeado P. en Soutelo, Entenza e Parderrubias 23.480,60 23.480,60 23.480,60 Alumeado P. en Salceda, Picoña, San Xurxo e Budiño 22.445,30 22.445,30 22.445,30 Asfaltado Camiño Piñeiro 2.166,89 2.166,89 2.166,89 Aglomerado Outeiro-Laxe 9.110,64 9.110,64 9.110,64 Aglomerado Rúa Arxentina 8.100,00 8.100,00 8.100,00 Aglomerado Rúa Brasil 8.700,00 8.700,00 8.700,00 Aglomerado Camiño Pantel- Toural 27.635,61 27.635,61 27.635,61 Asfaltado Torreiro Iglesia-Entienza 14.705,07 14.705,07 14.705,07 Ensanche muros Arrotea 15.038,17 15.038,17 15.038,17 Aglomerado rúa Pontevedra 15.000,00 15.000,00 15.000,00 Aglomerado camiño Casas-Gumil 4.889,38 4.889,38 4.889,38 Ensanche e muros pista Fraga 25.317,00 25.317,00 25.317,00 Aglomerado camiño Rubindo-Budiño 4.099,79 4.099,79 4.099,79 Melloras beirarrúas Cerquido 6.000,00 6.000,00 6.000,00 Cubrición patio Cra. Raiña Aragonta 22.507,79 16.880,00 16.880,00 Asfaltado pista Pedradagua 6.667,33 6.667,33 6.667,33 Cubrición Lavadoiro Mariña 6.667,00 5.000,00 5.000,00 63.067,05 61.067,05 116.344,11 116.344,11 106.186,46 98.891,67 276.302,83 ------ Folla: 5.14876.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, ó non estar suxeitos a responsabilidade e cumprir as condicións estipuladas nos respectivos contratos, e de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución de garantías definitivas das seguintes empresas: EULEN, S.A (NIF.28517308) A constituída en valores, mediante aval de Mapfre Caución e Crédito, por importe de 184,00 € (cento oitenta e catro euros) para responder do Servizo de limpeza do Parque Central de Maquinaria da Deputación e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 31/05/1996, co número de operación 1996019644, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. EULEN, S.A (NIF.28517308) A constituída en valores, mediante aval de HCC EUROPE, por importe de 17.444,54 € (dezasete mil catrocentos corenta e catro euros con cincuenta e catro céntimos) para responder do Servizo de limpeza na Cidade Infantil Príncipe Felipe da Deputación e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 09/09/2003, co número de operación 200300065470, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. CONSULTORES INFORMÁTICOS DE PONTEVEDRA, S.L (NIF. B36100337) A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de 3.710,00 € (tres mil setecentos dez euros) para responder do subministro de 73 equipos informáticos para diversos concellos da Provincia e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 03/10/2005, co número de operación 200500091063, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L (NIF B36477677) A constituída en metálico, por importe de, 1.196,00 € (mil cento noventa e seis euros) para responder da asistencia técnica para a organización de xornadas técnicas sobre a emigración/inmigración dentro do proxecto Cidade e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 23/11/2005, co número de operación 200500106340, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L (NIF B36477677) A constituída en metálico, por importe de 520,00 € (cincocentos vinte euros) para responder da asistencia para o desenvolvemento dun Plan Agrupado de Formación 2005 para o persoal funcionario e laboral en colaboración coa Academia Galega de Seguridade e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 21/07/2005, co número de operación 200500071984, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L (NIF B36477677) A constituída en metálico, por importe de 676,00 € (seiscentos setenta e seis euros) para responder da asistencia para o desenvolvemento dun Plan Agrupado de Formación 2005 para o persoal funcionario e laboral, cursos a distancia e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 21/07/2005, co número de operación 200500071986, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L (NIF B36477677) A constituída en metálico, por importe de 676,00 € (seiscentos setenta e seis euros) para responder da asistencia para o desenvolvemento dun Plan Agrupado de Formación 2005 para o persoal funcionario e laboral, 2º edición cursos a distancia e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 10/01/2006, co número de operación 20060000020, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. MAQUINARIA LANO, S.L (NIF B36295251) A constituída en metálico, por importe de 916,48 € (novecentos dezaseis euros con corenta e oito céntimos) para responder do subministro dunha rozadora articulada para o servizo de Vías e Obras do concello de Ponteareas e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 14/09/2004, co número de operación 200400065788, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. GEDEMÓN, S.L (NIF.B36820330) A constituída en valores, mediante aval SANTANDER CENTRAL HISPANO, por importe de 1.048,73 € (mil corenta e oito euros con setenta e tres céntimos) para responder do subministro e instalación dun sistema de iluminación para a decoración de nadal no Pazo Provincial da Deputación e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 30/12/2005, co número de operación 200500117447, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. MUEBLES VILANOVA PEÑA, C.B (NIF. E36272078) A constituída en metálico, por importe de 775,34 € (setecentos setenta e cinco euros con trinta e catro céntimos) para responder do subministro de diverso mobiliario para o Salón de Plenos da Deputación e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 30/01/2006, co número de operación 200600006063, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. GESTOSO AUTOMOCIÓN, S.L (NIF.B36428357) A constituída en metálico, por importe de 1.188,00 € (mil cento oitenta e oito euros) para responder do subministro dun vehículo para o Servizo de Vías e Obras do concello de Pazos de Borbén e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 13/09/2004, co número de operación 200400065518, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. ECOVIGO PUBLICIDAD, S.L (NIF. B36614808) A constituída en valores, mediante aval do BANCO GALEGO, por importe de 1.081,12 € (mil oitenta e un euros con doce céntimos) para responder da asistencia técnica de creatividade para accións publicitarias institucionais da Deputación de Pontevedra e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 12/05/2005, co número de operación 200500050486, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. COMERCIAL SEBASTIÁN-JOSÉ SEBASTIÁN VALES (NIF.35278957Q) A constituída en metálico, por importe de 1.196,73 € (mil cento noventa e seis euros con setenta e tres céntimos) para responder do subministro de mobiliario, electrodomésticos e outros enseres para o centro cultural de Valladares (Vigo) e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 12/12/2005, co número de operación 200500111658, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. FORAMA CONSULTORES, S.L (CIF 15.614.969) A constituída en metálico, por importe de 595,92 euros (cincocentos noventa e cinco euros con noventa e dous céntimos) para responder da asistencia para a organización, xestión e execución do Plan Agrupado de Formación setembro-decembro de 2006 para o persoal funcionario e laboral integrado na zona do Salnés e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 03/11/2006, co número de operación 200600095166, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. ------ Folla: 6.14877.- APROBACIÓN DE FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES EN CONCELLOS DA PROVINCIA De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a celebración das Festas da Bicicleta e Marchas Populares nos concellos seguintes: CAMBADOS 01/05/07 FESTA DA BICICLETA A ESTRADA 06/05/07 FESTA DA BICICLETA VILANOVA DE AROUSA 06/05/07 FESTA DA BICICLETA CATOIRA 17/05/07 FESTA DA BICICLETA BAIONA 17/05/07 FESTA DA BICICLETA RIBADUMIA 26/05/07 FESTA DA BICICLETA CANGAS 17/06/07 FESTA DA BICICLETA MONDARIZ 23/06/07 FESTA DA BICICLETA RODEIRO 29/07/07 FESTA DA BICICLETA ------ Folla: 7.14878.- APROBACIÓN DAS BASES DO CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS “NOVOS VALORES 2007” De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases do certame de artes plásticas “Novos Valores-2007”, que son do seguinte teor: “NOVOS VALORES 2007 - Certame de Artes Plásticas A Deputación de Pontevedra, significada ó longo da súa historia polo seu compromiso con promoción da Cultura en xeral e das Artes en particular, convoca o Certame de Artes Plásticas NOVOS VALORES 2007. Rexeranse polas seguintes: BASES PRIMEIRA.- Poderán participar neste certame, sen límite de idade, todos os artistas (pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos, ceramistas, videocreadores, etc.) susceptibles de seren considerados novos valores, naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, debendo, en último caso, acreditar documentalmente esa circunstancia. Quedan excluídos da convocatoria os artistas xa premiados nalgunha das anteriores convocatorias deste mesmo certame. SEGUNDA.- As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose as que xa fosen expostas noutras mostras, individuais ou colectivas, ou figurasen noutros concursos. Só se aceptarán dúas obras por artista en cada especialidade. O seu peso non será superior ós 500 quilos e a súa máxima dimensión non excederá os 2'00 m. No ámbito da creación audiovisual, admitiranse obras unicamente en soporte CD ou DVD e en formato vídeo, non podendo exceder a duración da proxección de 4 minutos. A exhibición dos traballos seleccionados neste eido farase mediante unha proxección continua de todas as obras dende un reprodutor de DVD a un monitor. Se algún autor desexase outro tipo de proxección, deberá achegar, tanto para a selección do xurado coma para a exhibición, os aparellos técnicos necesarios para poder efectuala, sempre adaptados ó lugar no que a obra se presente. TERCEIRA.- As obras presentaranse no Edificio “Sarmiento” do Museo Provincial de Pontevedra, ben persoalmente, ben a través dun medio de transporte que garanta a súa entrega. O prazo de recollida estenderase dende o día 8 deica o 18 de maio deste ano, de martes a venres e entre as 10:00 e as 13:00 horas. Xunto coa obra ou obras os artistas entregarán unha fotocopia do seu DNI e o boletín de inscrición con todos os campos debidamente cubertos. Este poderá ser recollido tanto no Servizo de Cultura da Deputación Provincial coma no Museo Provincial de Pontevedra. No momento da entrega os concursantes recibirán un recibo que a documente. A súa presentación será imprescindible para a posterior retirada da obra. CUARTA.- A Deputación de Pontevedra, como entidade organizadora do certame, custodiará as obras recibidas, pero non se fará responsable dos sinistros de calquera clase que se puidesen producir durante o transporte, custodia, exposición e devolución das obras. Recoméndase, por iso, que os seus remitentes as aseguren. QUINTA.- Correrán por conta dos concursantes os gastos de envío e devolución das obras, así como da póliza de seguro, de ser o caso. A súa retirada, segundo ós prazos que se sinalan na base oitava, deberá realizarse de maneira persoal prioritariamente. Se non se fai así, será responsabilidade dos interesados a xestión directa da devolución. SEXTA.- As obras presentadas ó certame serán obxecto dunha primeira selección coa que se conformará a exposición Novos Valores 2007, que estará aberta ó público, no lugar que oportunamente se indicará, durante o mes de agosto. SÉTIMA.- Todas as obras seleccionadas serán reproducidas no catálogo que se editará como complemento da exposición. Corresponderalles ós seus autores, non obstante, a xestión ou a obtención dos permisos necesarios para esa inserción gráfica. OITAVA.- As obras non seleccionadas deberán retiralas os seus autores dentro dos dez días seguintes ó da difusión pública dos acordos do xurado seleccionador. As seleccionadas, á súa vez, deberán recollelas tamén os seus autores, nos dez días seguintes ó último no que estivesen expostas. No caso contrario, entenderase que renuncian á súa propiedade, quedando a organización facultada para tomar as decisións que sobre elas estime oportunas. NOVENA.- O xurado seleccionador nomearao o presidente da Deputación de Pontevedra. A súa composición será a seguinte: Presidente: O titular da Corporación provincial ou deputado en quen delegue. Vogais: O deputado-presidente da Comisión de Cultura. Cinco persoas de recoñecido prestixio nos campos da crítica, das artes ou da historia da arte. Secretario: O titular da Deputación ou funcionario en quen delegue. DÉCIMA.- Este mesmo xurado será o encargado de propoñer, de entre as obras inicialmente seleccionadas, a adxudicación ós seus autores de seis axudas económicas para ampliación dos seus estudos artísticos, por importe de seis mil euros (6.000,00 €) brutos cada unha. Unha destas bolsas levará o nome específico de José Fernández López e deberá recaer, necesariamente, nunha obra pictórica. Corresponderá a súa dotación a D. Manuel Fernández de Sousa Faro, fillo de tan egrexia personalidade. O importe destas axudas imputarase con cargo á partida 07/451.451.481.01 do vixente orzamento provincial. UNDÉCIMA.- A concesión da axuda económica será obxecto dun convenio entre o/a adxudicatario/a e a Deputación de Pontevedra no que se concretará o seu emprego, aboándose o 50% do importe no momento de asinalo e o restante 50% ó entregar a memoria, coa xustificación do investimento realizado, e dúas obras orixinais e asinadas. DUODÉCIMA.- A participación neste certame leva implícita a aceptación plena destas bases. O xurado seleccionador, cuxas decisións serán inapelables, queda facultado, ademais, para interpretar e resolver as dúbidas que se puidesen presentar no transcurso das súas deliberacións.” ------ Folla: 8.14879.- APROBACIÓN DE BASES DO CENTRO DE DÍA – CURSO 2007-2008 Con data 27 de xuño de 2003 o Pleno da Excma. Deputación aproba a creación do Centro Día na Cidade Infantil “Príncipe Felipe” para a atención, tanto básica como integral diaria dos menores da Provincia. Con motivo de proceder á apertura do prazo para solicitar praza neste Centro para o curso 2007-2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán a selección e a súa publicación. Ditas bases son como seguen: “BASES DO CENTRO ATENCIÓN DE DÍA Tendo en conta o disposto no Título II da Lei 4/1993 de Servizos Sociais (DOG 23/4/1993) e maila Orde do 6 de novembro de 2000 pola que se modifica a Orde do 29 de febreiro de 1996 pola que se regulan os requisitos específicos que deben reunir os centros de menores e os centros de atención á infancia (DOG 20/11/2000), a Excma. Deputación de Pontevedra, pon en funcionamento na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, UN CENTRO DE DÍA, servizo que supón unha alternativa á separación dos menores do núcleo familiar e asegura que as necesidades básicas dos rapaces queden cubertas permitindo que continúen os lazos afectivos e físicos coas familias. DESTINATARIOS: Menores de entre 4 meses e os 16 anos procedentes de familias que necesiten dun apoio diario e puntual para completar a formación e atención dos seus fillos. Ofrécese o Centro de Día como alternativa o internamento, xa que permite a permanencia dos menores no seu ámbito familiar, evitando o seu desarraigo e favorecendo a súa integración social. OBXECTIVOS: Favorecer procesos de integración social tanto persoal como grupal. Promover o cambio de actitudes e condutas nos menores, interiorizando hábitos que permitan a súa eficaz incorporación social. Asesorar e orientar a menores e ás familias que así o soliciten ante problemas ou necesidades concretas. Dotar de estratexias de afrontamento e recursos persoais ante situacións problemáticas e/ou de risco social que se ven favorecidas por factores que facilitan estas situacións. Garantir ós menores unhas mellores condicións de saúde, hixiene e nutrición. Evitar o absentismo escolar. Evitar o internamento cando a problemática familiar non o faga estritamente necesario, garantindo que o neno permaneza no seo da súa familia, restablecendo, fortalecendo ou creando os vínculos familiares dos menores. Educar para capacitar ó individuo nunha libre e progresiva elección entre as diversas opcións que a vida actual lle ofrece. Facilitar a apertura do menor cara os demais e posibilitar que se relacione positivamente co seu entorno. Garantir o cumprimento dos obxectivos marcados polos distintos centros residenciais. INFRAESTRUTURA: Para elo contamos con: Un entorno espacial amplo, seguro, san, alegre e propicio para a expansión dos nenos en todos os sensos. Unhas instalacións externas convenientemente dispostas para o xogo e a recreación (campo de fútbol, pavillón polideportivo, piscinas, espazos libres, bambáns, xardíns, zonas de recreo interiores). Unha conexión ca cidade de Pontevedra fácil, rápida con transporte propio para servizo de persoal e alumnos. Cun hospital a cen metros para calquera tipo de urxencia. Cun centro escolar infantil, de primaria e de secundaria dentro do mesmo recinto. Tamén cun centro de formación profesional e unha escola de hostalería. Con cociña xeral propia, comedor xeral e comedores particulares nas propias unidades de convivencia. Con unidades de convivencia moi amplas, recentemente remodeladas con salas, ambiente de xogo, de descanso ou de traballo escolar segundo a necesidade de programación individualizada. Cunha ratio de persoal/neno que tamén supera amplamente as esixencias normativas, ofrecendo grandes facilidades para a atención personalizada e a formación de titorías. Con organización de actividades extraescolares: recreativas, formativas, transversais, complementarias, de apoio escolar, etc. Con servizos médico, psicolóxico e de asistencia social, que contan cunha ampla experiencia nos distintos campos de atención á infancia. DESENVOLVEMENTO TEMPORAL E MODALIDADE A SEGUIR O Centro de Día da Cidade Infantil Príncipe Felipe, en función das prestacións que ofrecerá ós menores beneficiarios deste, rexérase pola modalidades de “ATENCIÓN DE DÍA BÁSICA” e “ATENCIÓN DE DÍA INTEGRAL” estes tipos de atención inclúen as seguintes prestacións: Atención de Día Básica: Aloxamento diúrno en instalacións adecuadas. Atención durante o curso lectivo, axustándose o máximo posible o calendario escolar, con excepcións da fin de semana (Sábados e Domingos) e festivos, e os meses de xullo e agosto (1 de xullo ó 31 de agosto). Horarios de atención flexible, dependendo das necesidades do menor, valoradas polo equipo do menor e a institución Alimentación: xantar e merenda. Apoio e seguimento escolar, incluíndo materiais funxibles nos casos nos que se consideren oportunos, e sempre que as familias non reciban outro tipo de axudas para esta mesma causa. Financiamento do transporte de proximidade de ida e volta ó domicilio familiar exceptuando ós nenos de idades comprendidas entre os 4 meses e os 3 anos. A duración media do curso non poderá exceder dun ano, rematado este período, será preciso proceder á revisión da situación do menor e a ditar unha nova resolución. Participar nas actividades organizadas pola institución ou polo centro escolar o que acuda o menor. Colaboración na normalización da dinámica familiar. Tendo en conta o disposto na Orde do 3 de xullo do 2000, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo, o horario máximo de permanencia dos nenos/as no centro, será con carácter xeral, de 8 horas diarias, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas. Atención de Día Integral: Aloxamento diúrno en instalacións axeitadas. Atención durante todo o ano. Horario de atención mínimo do centro será de 8 da mañá a 20:00 horas da tarde. Alimentación: xantar e merenda, en casos puntuais que así o requiran, almorzo e cea. Hixiene e educación nos hábitos de saúde. Seguimento e apoio escolar, incluíndo materiais educativos e didácticos. Animación planificada do tempo libre e os materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades. Financiamento do transporte de proximidade de ida e volta ó domicilio familiar exceptuando ós nenos de idades comprendidas entre os 4 meses e os 3 anos. Servizo de titorías; orientación psico-educativa. Colaboración co equipo do menor para a normalización da dinámica familiar. Tendo en conta o disposto na Orde do 3 de xullo do xullo do 2000, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo, o horario máximo de permanencia dos nenos/as no centro, será con carácter xeral, de 8 horas diarias, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas. ACTIVIDADES O Centro disporá dun servizo básico de manutención para os menores, con cobertura alimenticia e hixiénica; ademais, proporcionaranse os recursos cos que conta esta Institución de carácter educativo e/ou terapéutico necesarios. Os nosos esforzos centraranse nos seguintes apartados: Actividades de apoio e seguimento escolar. Intervención médico-sanitaria en caso de urxencia. Hixiene e educación nos hábitos de saúde. Celebración de aniversarios, festas (Nadal, Carnaval, Fin de curso....) Servizo de información, orientación e acompañamento. Animación planificada do tempo libre. Terapia de grupo e individual. Biblioteca (promoción da lectura). Realización de diversas actividades a través de distintos talleres como: *Taller de educación para a saúde. *Taller de deporte. *Taller de música. *Taller de habilidades sociais. *Taller de apoio escolar. Hábitos de estudo. *Taller de orientación laboral. NÚMERO DE PRAZAS De 4 a 18 meses --------- 10 prazas De 18 meses a 3 anos ---- 20 prazas De 3 a 8 anos -------------- 40 prazas De 8 a 16 anos ------------- 50 prazas O número de prazas por tramo de idade, poderá variar en función do número de solicitudes e dos ingresos decretados pola Consellería de Familia, tendo en conta que o cómputo total de prazas non poderá exceder do establecido. CRITERIOS DE ADMISIÓN -Solicitude debidamente cumprimentada. -Situación económica: RPC mensual da unidade familiar, referida ó salario mínimo interprofesional vixente: -Inferior ó 50% do SMI . +8 puntos -Entre o 50% e o 75% do SMI +6 puntos -Superior ó 75% e inferior ó 100% do SMI +4 puntos -Entre o 100% e o 125% do SMI -4 puntos -Superior ó 125% e inferior ó 150% do SMI -6 puntos -Superior ó 150% do SMI -8 puntos -Situación laboral familiar: -Situación laboral de ocupación de ámbolos dous membros parentais.....8 puntos -Situación laboral de desemprego sen prestación económica: Pai.............................................................................................4 puntos Nai.............................................................................................4 puntos -Situación laboral de desemprego con prestación económica: Pai.............................................................................................3 puntos Nai.............................................................................................3 puntos -Traballos sen cualificar fora do fogar sen percepción económica fixa: Pai..............................................................................................3 puntos Nai..............................................................................................3 puntos No caso de familias monoparentais, adxudicaráselle a puntuación do epígrafe correspondente computando por dous, exceptuado o primeiro punto, en que a puntuación da familia monoparental se asimila á formada por dous membros. -Situación Socio-Familiar: -Por cada membro menor de 18 anos a cargo da unidade familiar, incluído/a o/a neno/a para o que se solicita a praza ..........................................2 puntos -Por cada membro maior de 18 anos a cargo da unidade familiar, sen ingresos económicos, agás os pais ou titores do neno/a para o que se solicita a praza.....2 puntos -Por discapacidade física, psíquica ou sensorial, enfermidade crónica que requira internamento periódico, alcoholismo ou drogodependencia (segundo o grao): Pai....................................................................................................ata 5 puntos Nai...................................................................................................ata 5 puntos Outros membros..........................................................................ata 5 puntos -Pola condición de familia monoparental........................................6 puntos -Calquera outra circunstancia socio-familiar que sexa susceptible de valoración ó xuízo da comisión e adecuadamente acreditada.......................ata 5 puntos -Informe dos servizos de psicoloxía da Institución, valorando as circunstancias do menor.................................................................................................ata 5 puntos - Informe dos Servizos Sociais da Institución, valorando as circunstancias do menor, familia, entorno, ...................................................................de – 5 ata 5 puntos -En caso de minusvalías, trastornos Psicolóxicos, etc. e imprescindible xuntar informe médico. -Existe para os menores un período de proba e de adaptación ós centros e ás súas normas, no caso de non cumprilas poderán ser dados de baixa nos centros, previo informe dos Servizos Técnicos da Cidade Infantil. - O principio de cada curso, as familias asinarán no Centro, un protocolo de compromisos, dependendo as circunstancias que motiven a admisión do menor. - Existirá a posteriori unha comisión de Seguimento, que valorará durante o transcurso da estancia do menor, se os compromisos inicias son cumpridos. - A Comisión de Seguimento ten a competencia de decidir a continuidade ou non do menor no Centro, se os compromisos non son acadados ou non se cumpren. En todo caso serán criterios de inadmisión: Menores que se atopen en situación de desamparo e, polo tanto, suxeitos á xurisdición da Xunta de Galicia. Menores sen capacidade de autovalemento. Menores con trastornos graves de conduta. Menores con deficiencias psicolóxicas graves. Menores con toxicomanías. A valoración da solicitude realizarase cada curso escolar, non implicando a admisión, a prorroga o curso seguinte. PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES (Modelo Anexo I) Dende o 12 ó 30 de marzo LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES(Modelo Anexo I) Dirección Xerencia da Cidade Infantil. LUGAR DE RECOLLIDA DAS SOLICITUDES (Modelo Anexo I) Dirección Xerencia da Cidade Infantil. TELÉFONO DE INFORMACIÓN: 986-804135” ------ Folla: 9.14880.- NORMATIVA REGULADORA DAS LICENZAS E AXUDAS ECONÓMICAS PARA ASISTENCIA A CURSOS, CONFERENCIAS, CONGRESOS, SEMINARIOS, XORNADAS E REUNIÓNS De conformidade co disposto no art. 142 do Real decreto lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, en relación co art. 64 da Lei 4/88 da Función Pública de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as normas que regulan a concesión de licenzas e axudas económicas para asistir a cursos, conferencias, congresos, xornadas, seminarios ou reunións. Dita normativa é como segue: “NORMATIVA REGULADORA DAS LICENZAS E AXUDAS ECONÓMICAS PARA ASISTIR A CURSOS, CONFERENCIAS, CONGRESOS, SEMINARIOS, XORNADAS OU REUNIÓNS De conformidade co disposto no art. 142 do Real decreto lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, en relación co art. 64 da Lei 4/88 da función pública de Galicia, as licenzas a persoal desta Deputación para asistir a cursos, conferencias, congresos, xornadas, seminarios ou reunións, igual que as axudas económicas suxeitaranse ás seguintes normas e procedemento: A)ASISTENCIA A CURSOS, CONFERENCIAS, CONGRESOS, SEMINARIOS OU XORNADAS: 1ª.- Das referidas licenzas e axudas só poderán ser beneficiarios os funcionarios de carreira, interinos, de emprego e persoal laboral fixo desta Deputación. 2ª.- Correspóndelle a súa concesión á Xunta de Goberno. Só por excepción e nos casos de urxencia xustificada poderán autorizarse por resolución presidencial, dándolle conta desta á Xunta de Goberno. 3ª.- A petición de licenza e axuda económica no seu caso (matrícula, gastos de desprazamento, axudas de custo) formularaa o interesado con antelación suficiente, non inferior a un mes, a través do xefe do servizo, centro ou unidade respectiva, quen informará a petición, precisando as razóns que determinan que esta deba ser atendida. Seguidamente, e con polo menos quince días de antelación á data de iniciación do curso, trasladarase, a través do rexistro xeral desta Deputación, ó Servizo de Recursos Humanos e Formación para a súa tramitación. Para tal efecto, este Servizo deberá solicitar o visto e prace ou conforme do vicepresidente que supervisa e controla a asistencia a cursos de formación. 4ª.- No informe do xefe do Servizo, centro ou unidade respectiva farase constar expresamente que a concesión da licenza non prexudicará o normal desenvolvemento dos traballos do Servizo, así como se o interesado fixo uso de anteriores licenzas deste tipo; especificando claramente qué incidencia pode ter o curso, conferencia, congreso, xornada ou seminario en orde á mellora da formación do funcionario proposto e ó rendemento deste na función ou traballo que desempeña. 5ª.- O Servizo de Recursos Humanos e Formación unirá ó expediente o informe sobre os antecedentes e supostos alegados, licenzas empregadas anteriormente nese mesmo ano, cumprimento das condicións esixidas e valoración económica das axudas interesadas. Se a licenza solicitada implica un custo económico o Servizo de Recursos Humanos e Formación, antes de elevar o expediente a través do secretario xeral á Xunta de Goberno, pedirá un informe de Intervención, en cumprimento do previsto no art. 213 e seguinte do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e unirao ó expediente. 6ª.- Procurarase o equilibrio na concesión destas licenzas entre o persoal dos distintos centros, servizos ou unidades da Deputación, asignando consignacións para este fin no orzamento ordinario, que non poderán superarse dentro do exercicio a non ser que concorran circunstancias de carácter extraordinario. 7ª.- Dentro de cada centro, servizo ou unidade, a concesión destas licenzas e axudas proporase en función da lista de solicitudes e antigüidade, non podéndose asignar outra da mesma especialidade, ó que obteña unha licenza deste tipo, se está pendente de concesión a solicitude dalgún dos seus compañeiros do centro, servizo ou unidade. 8ª.- Para poder conceder a axuda económica que se establece debería existir unha correlación total entre o obxecto do curso, conferencia, congreso, xornada ou seminario e o traballo ou función que dentro da Deputación desempeña o solicitante. 9ª.- As licenzas e axudas a que se refiren estas normas son distintas e independentes das que a Corporación poida conceder para a realización de estudos en cursos académicos regulares, ou das bolsas de estudo ou de viaxe ás que se refire o artigo 94.3 do Regulamento de funcionarios de Administración local, de 30 de maio de 1952, e polo tanto a súa duración non excederá en ningún caso de dous meses. 10ª.- Cando as licenzas solicitadas non leven aparellada ningunha concesión de axuda económica tramitaranse dentro da normativa legal establecida e outorgaraas a autoridade ou órgano facultado para ese fin, pero en todo caso serán preceptivos esta licenza e o informe do xefe do Servizo. 11ª.- A axuda económica máxima que se lles poderá conceder ós solicitantes comprenderá: gastos de matrícula ou inscrición, gastos de desprazamento e as axudas de custo do grupo ó que pertenza o funcionario, que terán a consideración de residencia eventual. Cando a asistencia a cursos, conferencias, congresos, xornadas ou seminarios se produza en comisión de servizos por orde expresa da Corporación provincial, mediante acordos do Pleno, Xunta de Goberno ou resolución presidencial, sen que o interesado o solicitase, aboarase o 100% da axuda de custo establecida legalmente e os demais gastos regulamentarios. En todo caso, os desprazamentos efectuaranse nos termos e condicións que se determinan na orde que autoriza a comisión. 12ª.- A duración desta licenza terá un límite máximo de 40 horas anuais, que poderá ser ampliado polo presidente. En todo caso, daráselle conta á Comisión Paritaria Mixta daqueles permisos e axudas económicas que se tramiten a través da Xunta de Goberno, sendo necesario un ditame previa desta Comisión para a autorización de todos aqueles cursos que excedan das 40 horas. 13ª.-Ningún funcionario desta Deputación poderá gozar de máis dunha licenza deste tipo dentro do período dun ano natural, a non ser por acordo expreso e debidamente fundamentado da Xunta de Goberno. 14ª.- Unha vez rematado o curso, conferencia, congreso, xornada ou seminario ó que o funcionario concorreu, e para que se lle aboe a axuda económica acordada, terá que presentar unha memoria sobre o desenvolvemento deste e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma, os gastos de matrícula, de desprazamentos e axudas de custo, nos termos e condicións establecidos no Real decreto 462/2002. 15ª.- Estas normas terán efectividade a partir do 1 de febreiro de 2007 e exporanse nos taboleiros de edictos do Pazo provincial e dos distintos centros da Deputación para o seu xeral coñecemento. B)ASISTENCIA A REUNIÓNS: O persoal funcionario ou laboral que deba asistir por orde do presidente ou vicepresidente desta Deputación a reunións convocadas por organismos ou institucións públicas ou privadas terán dereito a percibir a indemnización establecida no Real decreto 462/2002 pola comisión de servizo que se lle encomende.” ------ Folla: 10.14881.- COMUNICACIÓNS Quedou enterada da comunicación da Subdirectora Xeral Adxunta de Réxime Xurídico e Bases de Datos Locais do MAP, de data 23/02/07, (nº rexistro de entrada 8615, de data 05/03/07) no que comunica que a Dirección Xeral de Cooperación Local resolveu inscribir no Rexistro de Entidades Locais á Mancomunidade Terras de Pontevedra. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.14882.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA E CAMBIO DE APLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 02/06/2006 PARA “ACONDICIONAMENTO DA PRAIA DAS PATIÑAS” Visto os informes de Intervención e da técnica de Medio Ambiente así como o escrito de solicitude de prórroga e de cambio de aplicación da subvención presentado polo Sr. Alcalde do concello de Vilanova de Arousa en relación coa axuda concedida pola Xunta de Goberno de 02/06/2006, por importe de 13.400,00€, para “Acondicionamento da praia das Patiñas”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder o cambio de aplicación da axuda económica para a obra “Balizamento da praia do Terrón”, por importe de 12.919,81 € e unha prórroga para a xustificación da mesma ata o 30 de maio de 2007. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.14883.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A COOPERATIVA DE ARMADORES DE VIGO Dada conta do Convenio Marco de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Cooperativa de Armadores de Vigo, (ARVI), para o fomento e desenvolvemento do sector pesqueiro de altura. Vistos os informes de Intervención, Enxeñeiro Director do Servizo Agrario e o Ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de 26 de febreiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio Marco de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Cooperativa de Armadores de Vigo, (ARVI), para o fomento e desenvolvemento do sector pesqueiro de altura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A COOPERATIVA DE ARMADORES DE VIGO (ARVI) En (lugar e data) REUNIDOS Por unha parte D. Rafael Louzán Abal, Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, no seu nome e representación, en virtude das facultades que ostenta segundo o artigo 34.10, da lei 7/85, de Bases de Réxime Local. E, por outra, D. Ramiro Gordejuela Aguilar, con D.N.I: 13.190.405, na calidade de Presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo, Sociedad Cooperativa Gallega (ARVI), con poder bastante outorgando ante o Notario de Vigo, D. José María Rueda Pérez, con data 9 de decembro de 1999, e número de protocolo 2.621. EXPOÑEN Que o sector pesqueiro de altura, é un sector socioeconómico estratéxico para a provincia de Pontevedra, tanto pola súa achega económica, como polos postos de traballo que xera. Que por iso é de primordial importancia apoiar seu desenvolvemento, modernización e adaptación ós cambios producidos dende a extracción ata a comercialización final dos recursos renovables da explotación. Que ámbalas partes consideran aconsellable promover a cooperación e colaboración das dúas institucións no desenvolvemento do sector, sen detrimento do exercicio das competencias e das disposicións de rango superior que na actualidade ou nun futuro poidan ter outras Administracións. Que as dúas partes son conscientes de que o desenvolvemento da pesca de altura, así como a conservación, ordenación, explotación e comercialización dos recursos, deben asentarse sobre unha base científica e tecnolóxica. Que as dúas institucións subscriben un Convenio Marco de Cooperación que sirva para o fomento e mellora do desenvolvemento do sector pesqueiro de altura, de acordo cas seguintes cláusulas: PRIMERA: É obxecto do presente Convenio a realización común de programas é proxectos referidos a algún dos seguintes aspectos: 1.Axudas a programas de control, estudo para a implantación de novos equipamentos e formación que supoña a mellora das condicións de vida e traballo a bordo (seguridade e saúde laboral). 2.Axudas ó estudo da aplicación de novas técnicas no proceso produtivo. 3.Axudas a proxectos de melloras tecnolóxicas na comercialización de cara a fomentar a calidade dos produtos e a súa trazabilidade. 4.Axudas á difusión do mundo da pesca de altura. 5.Demais accións tendentes a mellorar as tecnoloxías aplicadas no sector, así como o control e mellora da presentación e calidade dos diferentes produtos. SEGUNDA: O presente Convenio Marco será obxecto de desenvolvemento a través de Convenios Específicos, determinándose en cada un deles o programa a desenvolver, os fins propostos, os medios necesarios para a súa realización, a duración do programa, o orzamento económico mais a persoa designada para a dirección do programa. Os Convenios específicos deberán constar, como mínimo, dunha breve memoria explicativa dos obxectivos da colaboración, cos anexos que se consideren necesarios e dun orzameento de gastos no que se recollerá a distribución das achegas financeiras entre as institucións e a distribución temporal de gastos, cando a duración sexa superior a un exercicio económico, así como o réxime de pagamentos. Se creará unha Comisión Mixta que estudará as propostas de Convenios Específicos e informará sobre estas antes de ser sometidas ós órganos reitores de ámbalas partes. TERCEIRA: Cando dos Convenios Específicos deriven obrigas de natureza económica, observaranse as normas sobre a aprobación do expediente de gasto e as de intervención previa regulamentaria. CUARTA: As achegas económicas destinadas ós diferentes proxectos, recollidas en Convenios Específicos, que puidese efectuar a Deputación de Pontevedra, poderanse entender, si é o caso, como un incremento dos investimentos ou axudas doutros organismos, para unha mellor e mais rápida mellora nalgún aspecto do sector na provincia de Pontevedra, non podendo superar en ningún caso o 100% do investimento orzamentado. QUINTA: Este Convenio Marco e nos Convenios Específicos que se poidan asinar, terán sempre carácter administrativo e deles non poderán derivar outro tipo de dereitos e/ou obrigas. SEXTA: No prazo de trinta días hábiles, a partir da data da sinatura do presente Convenio Marco, constituírase unha comisión Mixta con representantes designados por ámbalas dúas institucións en réxime de paridade. A dita Comisión será o órgano de planificación, seguimento e avaliación das accións derivadas do presente Convenio Marco. A comisión mixta xuntarase sempre que o solicite unha das partes, polo menos dúas veces no ano, elevando informes e/ou propostas ós órganos reitores de ambas institucións. SÉTIMA: As cuestións litixiosas acerca da interpretación, modificación, resolución e máis efectos que puidesen derivar da aplicación do presente Convenio Marco, ou dos Específicos que se establezan como consecuencia do mesmo, así como o incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nos mesmos, poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e a devolución, no seu caso, das cantidades percibidas, de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. OITAVA: O presente Convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa sinatura e terá una duración de catro anos (art.198 do R.d.l. 2/2000). Se se estima conveniente terá que formalizarse un novo convenio. NOVENA: O presente Convenio poderá anularse por denuncia de calquera das partes polo menos con seis meses de antelación á data de resolución proposta. No caso de existir algún Convenio Específico vixente ó abeiro deste Convenio Marco, o dereito de denuncia non poderá exercitarse en tanto non se arbitre a fórmula de resolución dos Convenios Específicos en vigor. E como proba de conformidade asinan o presente Convenio en tódalas súas follas, no lugar e data indicados. O PRESIDENTE DA DEPUTACÓN O PRESIDENTE DA COOPERATIVA DE DE PONTEVEDRA ARMADORES DE VIGO Asdo.: Rafael Louzán Abal Asdo.: Ramiro Gordejuela Aguilar” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.14884.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VIGO PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS EN VARIAS RÚAS Visto que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo coa finalidade de realizar obras en diversas rúas, cuxo custo total se estima na cantidade de un millón douscentos noventa e un mil cento dez euros (1.291.110,00 €). E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Intervención, de datas 7 e 8 de marzo de 2007, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vigo para a realización de obras en varias rúas. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VIGO PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS EN VARIAS RÚAS En Vigo, a ________de dous mil sete REUNIDOS Dunha parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma, e facultado para este acto polo acordo da Xunta de Goberno. E doutra a Excma. Sra. Dna. Corina Porro Martínez, en calidade de Alcaldesa-Presidenta do Concello de Vigo, e facultada para este acto polo acordo da Xunta de Goberno Local do Concello. Interveñen en razón dos seus cargos representando ás súas respectivas Entidades Locais, de conformidade coas competencias atribuídas polos artigos 21.1,b) e 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 61.1,a) e 105.1,a) da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base os principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixo o cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente Convenio, no marco da cooperación económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vigo, é posibilitar a realización e execución das seguintes obras: Obra Orzamento Proxecto de “pavimentación da rúa Policarpo Sanz e Avda. García Barbón ata glorieta de Isaac Peral” 392.060 € Pavimentación da rúa Sagunto 48.600 € Pavimentación da Rúa Pizarro 184.000 € Pavimentación da rúa Colón, entre Areal e Policarpo Sanz 53.450 € Pavimentación da rúa Numancia, entre Doutor Canoa e a travesía de Vigo 21.000 € Pavimentación da Rúa Palencia 32.000 € Pavimentación da travesía de Vigo, entre Bailén e Numancia 260.000 € Reparación de beirarrúas no centro urbano zona1 60.000 € Reparación de beirarrúas no centro urbano zona 2 60.000 € Reparación de beirarrúas no centro urbano zona 3 60.000 € Reparación de beirarrúas no centro urbano zona 4 60.000 € Reparación de beirarrúas no centro urbano zona 5 60.000 € TOTAL 1.291.110 € SEGUNDA.- A Excma. Deputación de Pontevedra asume o financiamento das obras na contía sinalada para cada unha delas na cláusula primeira deste convenio, ascendendo o seu importe total a un millón douscentos noventa e un mil cento dez euros (1.291.110,00 €), con cargo á partida 07/911.911.662.00. Así mesmo, sempre que exista acordo entre ámbalas dúas partes, poderán realizarse cambios de aplicación, respectando a cantidade existente para este fin. TERCEIRA.- O Concello de Vigo, obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira. CUARTA.- As devanditas obras serán executadas pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, ben directamente, ou a través dos correspondentes procedementos de contratación. Unha vez realizadas as mesmas, procederase a recepción das mesmas e a súa entrega ó Concello de Vigo. QUINTA.- Unha vez recibidas ditas obras polo Concello de Vigo, este, na súa calidade de titular último, comprométese a adoptar as medidas oportunas para a vixilancia, mantemento e conservación das mesmas, de modo que estas se atopen en perfecto estado para o seu uso e difrute polos cidadáns. SEXTA.- Calquera modificación do presente convenio será aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación dándolle traslado dunha certificación do acordo adoptado ó Excmo. Concello de Vigo no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días poida poñer obxección á mesma, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. SÉTIMA.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente Convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e por un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días dende a petición expresa realizada por calquera delas na Sede do organismo requirido. A resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do Convenio serán resoltas, a falta de entendemento na citada Comisión, dado o carácter administrativo do Convenio, pola xurisdición contencioso administrativa. OITAVA.- O presente convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2008, podendo prorrogarse sempre e cando existan circunstancias excepcionais debidamente motivadas. NOVENA.- Será causa de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. DÉCIMA.- Ámbalas dúas partes, conscientes do auxe e relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica dos seus territorios, atribúelles a lexislación vixente como competencias locais amosan a súa firme vontade de incrementar, na medida que os seus orzamentos llo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantir a correcta prestación integral dos servizos e actividades públicas na Cidade de Vigo. E en proba de canto antecede, as partes intervenientes asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Excma. Deputación de Pontevedra, Polo Concello de Vigo, D. Rafael Louzán Abal Dna. Corina Porro Martínez” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.14885.- ACEPTACIÓN DA CESIÓN GRATUÍTA, POR PARTE DO CONCELLO DE VIGO DO EDIFICIO ANEXO Ó ANTIGO REITORADO Á DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A Deputación de Pontevedra solicitou ó concello de Vigo a cesión gratuíta do edificio anexo ó antigo reitorado, co fin

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición