Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2007-03-16_Ordinaria. Acta de sesión 2007/03/16_Ordinaria
Acta de sesión 2007/03/16_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/3.2007-03-16_Ordinaria
Título Acta de sesión 2007/03/16_Ordinaria
Data(s) 2007-03-16 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas do día dezaseis de marzo do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. José Enrique Sotelo Villar, escusando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14904.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 9 de marzo de 2007. ------ Folla: 2.14905.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE “DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE VIGO” Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 16 de febreiro pasado, polo que se prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Vigo para a execución de diversas obras, financiándose con cargo á partida 07/911.911.662.00. Vistos os proxectos obxecto do expediente, que máis adiante se detallan, e que foron supervisados polo Servizo de Vías e Obras. Vistos os informes emitidos por Intervención, así como os documentos RC emitidos ó efecto, relativos á existencia de consignación para facer fronte ás obras na partida 07/911.911.662.00. Visto o escrito emitido polo enxeñeiro técnico de Vías e Obras no que se recomenda dar ó expediente de contratación carácter de urxencia, debido ó alto deterioro do pavimento que presentan as rúas obxecto das obras, supoñendo un elevado risco para a circulación debido ás diversos foxos, gretas e peladuras orixinadas pola fatiga do material. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. E, visto o informe fiscalización, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.Aprobar os proxectos de “Pavimentación rúa Policarpo Sanz a Avda. García Barbón ata a Glorieta de Isaac Peral” por importe de 392.060,00 €; “Pavimentación rúa Pizarro” por importe de 184.000,00 €, e “Pavimentación Travesía de Vigo entre Bailén e Numancia”, por importe de 260.000,00 €. 2.Aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das referidas obras. O expediente financiarase con cargo á partida 07/911.911.662.00 do vixente presuposto provincial. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e Diario oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta do adxudicatario. Dito prego é como segue: “PREGO DE CONDICIÓNS ECONOMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ NA CONTRATACION, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE “DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE VIGO” 1ª.- Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das obras que se detallan na base 3ª do presente prego, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª.- Financiamento: As obras obxecto do concurso financiaranse con cargo á partida 07/911.911.662.00. 3ª.- Presuposto tipo de licitación: Os presupostos tipo de licitación son os que máis adiante se detallan, IVE incluído, entendéndose comprendidos no mesmo todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle será retida. Así mesmo, reterase ó adxudicatario o 0,72 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra: 1.Pavimentación rúa Policarpo Sanz e Avda. García Barbón ata a Glorieta de Isaac Peral 392.060,00 €. 2.Pavimentación rúa Pizarro 184.000,00 €. 3.Pavimentación Travesía de Vigo entre Bailén e Numancia 260.000,00 € 4ª.- Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de cada obra será dun mes, contado a partir da comprobación do replanteo da obra. 5ª.- Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- Fianzas: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- Forma de pago: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedida polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberá acompañarse a acta de recepción se as obras terminaron no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- Proposicións.- O prazo para a presentación de ofertas será de trece días naturais, contados dende o seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no D.O.G., de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este finalizará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre nº 1: Proposición económica: Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron compulsadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e se faga referencia a que se une a outra proposición. Sobre nº 2: Documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1.D.N.I., cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2.Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos en art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3.Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4.Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5.Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6.Documento no que a empresa comprométese a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademais responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7.Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial esixíndose a seguinte: Grupo G, Subgrupo 4, categoría f, para as obras nº 1 e 3; e Grupo G, subgrupo 4, categoría e para a obra nº 2 Quedan exentos de presentar a documentación aqueles contratistas que a achegaron durante o presente ano 2007, incluíndo unicamente a certificación acreditativa da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 10ª.- Mesa de Contratación: Estará integrada do seguinte xeito: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vogais: O secretario. O interventor. O enxeñeiro director de Vías e Obras. Secretario: O xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11ª.- Cualificación da Documentación Xeral e Apertura de Proposicións: O acto de celebración de cualificación da Documentación Xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- Criterios de Valoración: 1.Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2.Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado... ata 4 puntos. 3.Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 2 puntos. 4.Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado.... ata 2 puntos. 5.Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 1 punto. Non serán valoradas aquelas proposicións que oferten un prazo de execución que, a xuízo dos técnicos, sexa inviable. O concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª.- Adxudicación definitiva: O Órgano de Contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, será notificada ós participantes na licitación e publicarase no B.O.P. dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicadas na cláusula 6ª. 14ª.- Gastos a cargo do adxudicatario: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estima nun máximo de 500,00 €, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución de obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 15ª.- Demora na execución: Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incorrera en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 € por cada 601,01 € do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 16ª.- Modelo de proposición: D. ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio, a efectos de notificacións, en ..., decatado da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de ..., segundo anuncio publicado no B.O.P. nº ..., de data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no Proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período de mantemento será de: Control de calidade: % sobre o presuposto de execución material. Data e sinatura do propoñente, 17ª.- Información pública e convocatoria do Concurso: O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do Concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 18ª.- Réxime Xurídico aplicable: En todo o non previsto neste Prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Contratos das Administracións Públicas e restantes normas de Dereito Administrativo e, na súa falta, de Dereito Privado.” ------ Folla: 3.14906.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA Vistos os proxectos remitidos polo Concello de Tui, que máis adiante se detallan, complementarios de obras que se veñen executando mediante convenio con dito Concello, así como o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras, que así mesmo se detalla; e, vistos os informes emitidos por Intervención relativos á existencia de consignación orzamentaria para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os seguintes proxectos: 1.“Dotación de servizos EP 3001 Tui-Rebordáns (Tui)”, por importe de 109.691,37 €, IVE incluído, con cargo á partida 07/511.511.612.02. 2.“Ampliación da Humanización do entorno da área panorámica de Tui”, por importe de 110.459,78 €, IVE incluído, con cargo á partida 07/911.911.662.00. 3.“Terminación EP 9407 Goulla-Porráns (Meis-Portas-Barro)”, por importe de 481.347,06 €, IVE incluído, distribuído nas anualidades de 2007 por importe de 209.281,33 €, 2008 por importe de 146.496,93 €, e, 2009 por importe de 125.568,80, existindo crédito para facer fronte á anualidade de 2007 na partida 07/511.511.612.02. As anualidades de 2008 e 2009 contabilizaranse nos seus correspondentes presupostos quedando condicionadas á súa aprobación. ------ Folla: 4.14907.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DE “ENSANCHE, DRENAXE E MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NOS ACCESOS Ó CEMITERIO DE LALÍN” Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión de 05/06/2003, polo que se adxudicou a Construciones Taboada y Ramos, S.L. a obra de “Ensanche, drenaxe e mellora da seguridade vial nos accesos ó cemiterio de Lalín” na suma de 1.217.009,70 €, IVE incluído. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 02/02/2007, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado de dita obra por importe de 1.460.357,22 €, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, que foi redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de que, iniciadas as obras, comprobouse a necesidade de recoller unha serie de modificacións, para adecuar as discrepancias existentes entre a realidade a executar e as previsións contidas no proxecto primitivo, que afectan ós capítulos de demolicións, rede de pluviais, rede eléctrica e alumado, e firmes e pavimentos, considerando necesaria, así mesmo, a introdución de novos capítulos tales como rede e bombeo de fecais, e redes de abastecemento e telefonía. Visto o escrito de Construciones Taboada y Ramos, S.L., polo que presta a súa conformidade a dito proxecto modificado. Visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral sobre o expediente de contratación en base ó establecido no art. 146 LCAP. E, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.Aprobar o gasto e o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146 e concordantes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP. 2.Adxudicar a Construciones Taboada y Ramos, S.L. adxudicataria da obra inicial e que prestou conformidade a dito proxecto modificado, a obra comprendida no proxecto modificado de “Ensanche, drenaxe e mellora da seguridade vial nos accesos ó cemiterio de Lalín”, na suma de 243.347,52 €, IVE incluído. O expediente financiarase con cargo á partida 07/511.511.612.02 na que existe crédito para facer fronte ó gasto. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 5.14908.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DUN CRUCEIRO PARA A 3ª IDADE Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 9 de febreiro de 2007, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da xestión e organización dun cruceiro, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (15/02/07) e no DOGA (16/02/07). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data de 3 de marzo de 2007, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. O informe da traballadora social, responsable do proxecto, participa que a proposta número 2 da empresa Halcón Viajes, S.A.U. é a máis vantaxosa de todas as presentadas, obtendo a máxima puntuación de conformidade cos criterios de adxudicación do prego de condicións, e cumprir cos requisitos esixidos no concurso. Vista a proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación da xestión e organización dun cruceiro para a terceira idade á empresa Halcón Viajes, S.A.U. (CIF A-10.005.510), polo prezo de oitocentos dez euros/persoa (810,00 €/persoa), IVE incluído. A empresa adxudicataria comprométese a recadar e xestionar as cantidades financiadas polos concellos e beneficiarios. O prezo da viaxe financiarase do seguinte xeito: A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade máxima de 125,00 € por persoa participante. Os Concellos interesados en participar neste programa deberán contribuír cunha cantidade máxima de 75,00 €/persoa. As persoas beneficiarias aboarán como máximo unha cantidade máxima de 610,00 €. O pago da parte correspondente á Deputación, que non poderá superar a cantidade máxima de 120.000,00 €, irá con cargo á partida 07/313.313.227.20 do vixente Presuposto Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 4.800,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 155,12 € por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. ------ Folla: 6.14909.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DA XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E REALIZACIÓN DUN PROGRAMA DE BALNEARIOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 2 de febreiro de 2007, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da xestión, organización e realización dun programa de balnearios, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (13/02/07) e no DOGA (16/02/07). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data de 3 de marzo de 2007, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. O informe da traballadora social, responsable do proxecto, participa que a proposta da empresa Halcón Viajes S.A.U. é a máis vantaxosa de todas as presentadas, obtendo a máxima puntuación de conformidade cos criterios de adxudicación do prego de condicións, e cumprir cos requisitos esixidos no concurso. Vista a proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación da xestión, organización e realización dun programa de Balnearios da Deputación de Pontevedra á empresa Halcón Viajes S.A.U. (CIF A-10.005.510), polos seguintes prezos en función dos balnearios que se relacionan a continuación: BALNEARIO PREZO Cuntis 98,00 € Mondariz 103,00 € A Toxa 123,00 € A empresa adxudicataria comprométese a recadar e xestionar as cantidades financiadas polos concellos e beneficiarios. O prezo da viaxe financiarase do seguinte xeito: A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade máxima de 50,00 euros por persoa participante. Os Concellos interesados en participar neste programa deberán contribuír cunha cantidade máxima de 30,00 euros/persoa. As persoas beneficiarias aboarán a cantidade restante en función do balneario elixido. O pago da parte correspondente á Deputación, que non poderá superar a cantidade máxima de 170.000,00 €, irá con cargo á partida 07/313.313.227.09 do vixente Presuposto Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 6.800,00 €, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 305,37 € por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. ------ Folla: 7.14910.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS De conformidade coa proposta de data 6 de marzo de 2007 da xefa do Servizo de Acción Social na que solicita permiso e axuda económica, co carácter de “a xustificar”, para que Dona. Rebeca Domínguez Pérez, Coordinadora do proxecto Mercurio, e Dona. Remedios Pérez González, Técnica de apoio á coordinación do citado Proxecto, poidan asistir, en comisión de servizo e representando a este Organismo Provincial, a unha reunión técnica sobre a Cooperación para a Transferencia en clave de igualdade organizada pola Unidade Administradora do Fondo Social Europeo (UAFSE), dependente do Ministerio de Asuntos Sociais, que se celebrará os próximos días 20 ó 22 de marzo de 2007 en Mérida (Estremadura), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dona Rebeca Domínguez Pérez e a Dona. Remedios Pérez González o permiso solicitado e unha axuda económica, co carácter de “a xustificar”, por importe total de 1.950,38 euros, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: (Saída el día 20 despois das 14:00 e regreso día 22 antes das 22:00) Desprazamento: (incluído coche propio de Rebeca Domínguez) Pontevedra-Vigo-Pontevedra:..................................... 11,40 € Autoestrada (ida e volta):........................................... 5,50 € Avión: ............2 persoas................................................ 1.400,00 € Taxi: (Aeropuerto-Hotel-Aeroporto)....... 100,00 € Aparcamento aeroporto: 20,00 € TOTAL DESPRAZAMENTOS:....... 1.536,90 € Dietas: Día 20: (½ manutención + aloxamento) x 2 persoas... 169,34 € Día 21: (1 dieta x 2 persoas).......................................... 206,74 € Día 22: (½ manutención) x 2 persoas........................ 37,40 € TOTAL DIETAS: ........... 413,48 € Ditas cantidades imputaranse ás partidas 07/313.623.230.01 de dietas por importe de 413,48€ e á 07/313.623.231.01 de locomoción por importe de 1.536,90€ do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 8.14911.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 9 de marzo de 2007, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200700000133 e que conten vinte e sete facturas, sendo a primeira de Vicente Manuel Couceiro Amor, por importe de 765,69 € e a derradeira de Señalizaciones y Balizamientos de Galicia-Sebagasa por importe 2.979,97 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 53.678,35 € Descontos do IRPF 140,64 € Descontos do IVE soportado deducible 520,47 € Total líquido 54.058,18 € ------ Folla: 9.14912.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.14913.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE O CONSEJO SUPERIOR DE INVESTIGACIONES CIENTÍFICAS E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O RECOÑECEMENTO DA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO COMO UNIDADE ASOCIADA Ó CSIC A TRAVÉS DA SÚA MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA Dada conta do Convenio de Cooperación para o recoñecemento da Estación Fitopatolóxica de Areeiro como Unidade Asociada ó CSIC a través da Misión Biolóxica de Galicia. Resultando que, debido á urxencia do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, o 23 de febreiro de 2007 asinouse dito Convenio. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar dito Convenio de Cooperación entre o Consejo Superior de Investigaciones Científicas e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para o recoñecemento da Estación Fitopatolóxica de Areeiro como Unidade Asociada ó CSIC a través da súa Misión Biolóxica de Galicia. Dito Convenio é como segue: “CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE O CONSEJO SUPERIOR DE INVESTIGACIONES CIENTÍFICAS E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O RECONOCIMIENTO DA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO COMO UNIDADE ASOCIADA Ó CSIC A TRAVÉS DA SÚA MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA En Madrid e Pontevedra, a 23 de febreiro de 2007 INTERVEÑEN Dunha parte, o Sr. D. Carlos Martínez Alonso, Presidente do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, actuando en nome propio e representación deste organismo e acordo coas atribucións que ten conferidas. E doutra, o Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en nome e representación desta Entidade e de acordo coas atribucións que ten conferidas. Ambos intervenientes recoñécense entre si con capacidade suficiente e poder bastante para obrigarse neste Convenio, a cuxo efecto EXPOÑEN I.Que a Xunta de Goberno do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), en reunión celebrada o 1 de xuño de 1993, aprobou a Normativa para a creación de Unidades Asociadas de I+D, en desenvolvemento do artigo 28.3 do Regulamento de Organización e Funcionamento do referido Organismo, modificada con data 8 de xullo de 1998. II.Que en sesión de 25 de febreiro de 2000, a Xunta de Goberno do CSIC aprobou unha nova Normativa Reguladora das Unidades Asociadas de I+D, que derrogou a anterior a que fai referencia o expositivo precedente. III.Que o vixente Estatuto do CSIC, aprobado por R.d. 1945/2000, de 1 de decembro, a previsión que se establece respecto das Unidades Asociadas de I+D non supuxo modificación da que contiña o derrogado Regulamento de Organización e Funcionamento do Organismo a que se fixo referencia no expositivo I do presente Convenio. IV.Que en sesión de 28 de xuño de 2005, a Xunta de Goberno do CSIC aprobou unha nova redacción da Normativa Reguladora á que se alude no expoñendo II. V.Que a Estación Fitopatolóxica de Areeiro da Deputación Provincial de Pontevedra está interesada en asociarse á Misión Biolóxica de Galicia do CSIC a través da figura a que se fixo referencia nos expoñendos precedentes, dada a afinidade de certas liñas de investigación que todos eles desenvolven. VI.Que a finalidade última do presente Convenio é a de potenciar a colaboración mutua entre a Estación Fitopatolóxica de Areeiro e a Misión Biolóxica de Galicia do CSIC en orde a un maior proveito científico e, en particular, ó desenvolvemento de traballos conxuntos de investigación. Polo anteriormente exposto, as partes acordan a subscrición deste Convenio con arranxo ás seguintes CLÁUSULAS Primeira.- Polo presente Convenio acórdase a asociación da Estación Fitopatolóxica de Areeiro da Deputación Provincial de Pontevedra á Misión Biolóxica de Galicia do CSIC. Dita Estación Fitopatolóxica de Areeiro terá a consideración de Unidade Asociada ó CSIC, de conformidade co establecido no citado Estatuto e na Normativa que o desenvolvemento da referida figura resulte de aplicación neste Organismo. Segunda.- O persoal científico de plantilla integrante da Unidade que se asocia ó CSIC, a través da citada Misión Biolóxica, así como o correspondente a esta, é o consignado nos anexos ó presente documento do cal forman parte integrante e inseparable a todos os efectos. Toda variación na composición do persoal pertencente ó centro do CSIC citado, ou á Estación Fitopatolóxica de Areeiro que se acolle a este convenio, deberá contar coa conformidade dos seus directores e se efectuará previa a oportuna modificación do correspondente anexo. Terceira.- A Estación Fitopatolóxica de Areeiro á que se confire a consideración de Unidade Asociada poderá concorrer ás convocatorias de financiamento ou outro tipo de accións, tanto internas como externas, a través do CSIC, nas mesmas condicións que o persoal deste Organismo. Cuarta.- O persoal da Unidade Asociada poderá facer uso dos servizos comúns, infraestruturas e equipamento científico da Misión Biolóxica do CSIC, sen máis limitacións que as establecidas no réxime interno de utilización. A súa vez o persoal do CSIC poderá facer uso dos servizos comúns, infraestruturas e equipamento ós que teña acceso aquela. Quinta.- A Estación Fitopatolóxica de Areeiro que queda asociada ó CSIC poderá desenvolver, na medida do necesario, a súa labor investigadora nas dependencias da Misión Biolóxica de Galicia. Así mesmo, o persoal do CSIC implicado poderá levar a cabo o seu traballo, previa autorización da Dirección do Instituto, na seda da Unidade Asociada. A permanencia en cada un dos centros de persoal propio de outro non suporá alteración algunha das normas de funcionamento nin da completa autonomía da Estación Fitopatolóxica de Areeiro da Deputación Provincial de Pontevedra e da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC. Sexta.- A consideración da Unidade Asociada ó CSIC deberá ser mencionada de forma expresa nas actividades da Estación Fitopatolóxica de Areeiro que obtén dito carácter. Sétima.- Nas publicacións e calquera outra forma de difusión dos resultados (congresos, seminario, cursos, informes, comunicación, etc.) a que dean lugar os traballos de investigación froito da asociación establecida deberase recoñecer e facer constar a participación de todos os investigadores que interviñeran e a súa presenza e adscrición ás institucións e unidades de que dependen. Oitava.- Cando de esta colaboración se deriven resultados susceptibles de protección industrial, a tramitación de esta, se procede, efectuarase a través do CSIC. A titularidade da patente ou modelo de utilidade que se obteña poderá ser compartida, distribuíndose, neste caso, os gastos e beneficios proporcionalmente á contribución das Institucións Intervenientes. Novena.- Os aspectos non regulados neste Convenio remitiranse ó disposto na Normativa Reguladora das Unidades Asociadas de I+D, aprobada pola Xunta de Goberno do CSIC. Décima.- O presente Convenio entrará en vigor no momento da súa sinatura e terá unha duración de tres anos, prorrogable por acordo expreso das partes. Non obstante o anterior , calquera delas poderá, en todo momento, mediante denuncia por escrito poñer fin á asociación establecida, sen prexuízo da finalización dos proxectos que en virtude de aquela se encontren en execución. E en proba de conformidade, asinan o presente documento, por duplicado e en todas as súas follas, no lugar e data ó comezo indicados. Polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas Pola Deputación Provincial de Pontevedra Asdo. Carlos Martínez Alonso Asdo. Rafael Louzán Abal Presidente Presidente” Os anexos son como seguen: “ANEXO 1 Persoal da plantilla que integra a unidade asociada. ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA D. J. Pedro Mansilla, Xefe de Servizo ANEXO 2 Persoal da plantilla do CSIC que colabora coa unidade asociada. MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA Dª Rosa Ana Malvar Pintos – Investigador Científico, responsable do Grupo Dª Ana María Butrón Gómez – Científico Titular” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.14914.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO PARA “ADQUISICIÓN DUNHA MOTONIVELADORA E UN ROLO COMPACTADOR PARA O PARQUE DE MAQUINARIA” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño para “Adquisición dunha motoniveladora e un rolo compactador para o Parque de Maquinaria”. O investimento total das obras ascende a 240.000,00 €, que se financiará en dúas anualidades, como establecemos deseguido: 2007 Deputación Provincial de Pontevedra (subvención do PAM/06, libre disposición) 170.000,00 € Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño 70.000,00 € Investimento total 240.000,00 € A Deputación de Pontevedra correspóndelle a contratación da adquisición, que se levará a cabo a través dos correspondentes procedementos de contratación. Sendo financiadas mediante unha subvención da Deputación Provincial de 170.000,00 €, con cargo á partida 07/911.911.762.45 do exercicio 2007, e a achega da Mancomunidade que ascende a 70.000,00 €, sendo imprescindible que a achega da mesma se aboe no momento da sinatura do mesmo. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO PARA “ADQUISICION DUNHA MOTONIVELADORA E UN ROLO COMPACTADOR PARA O PARQUE DE MAQUINARIA” En Pontevedra,............................ REUNIDOS Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma e no exercicio das facultades que ten atribuídas Ilmo. Sr. D. Jesús Mª. Fernández Portela, en calidade de Alcalde-Presidente da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, en nome e representación do mesmo e no exercicio das facultades atribuídas. Interveñen en razón dos seus cargos representando ás súas respectivas Entidades Locais, de conformidade coas competencias atribuídas polos artigos 21.1,b) e 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 61.1,a) e 105.1,a) da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base os principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3, c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido o cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño solicita á Deputación “Unha motoniveladora e un rolo compactador para o Parque de Maquinaria”, sendo patente a vontade das partes intervenientes colaborar na súa compra. Pola súa parte para a Mancomunidade suponlle unha necesidade primordial a adquisición, tanto da motoniveladora como do rolo compactador, para o funcionamento do Parque de Maquinaria, ademais de carecer de recursos económicos suficientes para este fin. A compra da motoniveladora e o rolo compactador reportaralle ós veciños a mellora das prestacións dos servizos esenciais, dada a finalidade do mesmo. Con fundamento en canto queda exposto, as partes intervenientes formalizan o presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, é a “adquisición dunha motoniveladora e un rolo compactador”. Segunda.- O Presuposto da devandita adquisición ascende a cantidade de 240.000,00 €, comprometéndose a Mancomunidade a achegar a subvención de 170.000,00 €, concedida pola Deputación Provincial no PAM/06, anualidade 2007 (Libre Disposición) para a devandita adquisición, que se fará efectiva con cargo á partida 07/911.911.762.45 do vixente Presuposto provincial. A achega de 70.000,00€ da Mancomunidade farase ben con fondos propios ou mediante subvención doutras Entidades Públicas ou Privadas. Respecto da achega da Mancomunidade, que supón un ingreso de dereito público xerará crédito na partida correspondente, debendo aboarse no momento da sinatura do convenio. Estas operacións deben efectuarse unha vez aprobado o convenio e antes de aprobar o expediente de contratación, tendo en conta o disposto no art. 69.2 do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño (TRLCP) Terceira.- A contratación da adquisición levarase a cabo pola Deputación Provincial de Pontevedra, a través dos correspondentes procedementos de contratación. Unha vez efectuada e recibida a subministración, poderase proceder a súa comprobación, realizándose o libramento da cantidade sempre e cando se cumpran os seguintes requisitos: - Factura expedida polo adxudicatario, debidamente dilixenciada contendo todos os requisitos que lle dean validez, que exprese o importe da adquisición e aprobación da mesma polo órgano de goberno competente da Mancomunidade, así como a acta de recepción da compra. Cuarta.- Calquera medida que se adopte con cargo ó presente convenio será aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación, dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado pola Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días poida poñer obxección á mesma, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Quinta.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, poderán reunirse ós asinantes do presente Convenio, ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados. As discrepancias que, sometidas ó coñecemento e resolución da referida comisión non sexan resoltas a satisfacción da parte que a formule, serán sometidas ó coñecemento da xurisdición contencioso-administrativa, dado o carácter administrativo do convenio. Sexta.- En caso de incumprimento por parte de calquera das partes asinantes das obrigas contempladas nas cláusulas anteriores, as Entidades asinantes quedan facultadas expresamente para pedir a rescisión do presente convenio e a indemnización de danos e prexuízos que causaren. Sétima.- O presente convenio entrará en vigor a partires da data da súa sinatura e ata o 31 de outubro de 2007. Oitava.- Serán causas de Resolución: a) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. b) A imposibilidade de levalas a cabo. Novena.- Será de aplicación o presente convenio a seguinte normativa: Bases reguladoras da Execución do Presuposto da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007. Bases reguladoras do Programa de Acción Municipal 2006, Anualidades 2006-2008. Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Ámbalas dúas partes conscientes do auxe e relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica dos seus territorios, atribúelles a lexislación vixente como competencias locais mostran a súa firme vontade de incrementar, na medida que os seus presupostos llelo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantir a correcta prestación integral dos servizos e actividades públicas na citada Mancomunidade. E en proba de canto antecede, as partes intervenientes asinan o presente Convenio por cuadriplicado e a un so efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Pola Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. D. Jesús Mª. Fernández Portela” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.14915.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE LALÍN DE DOAZÓN DUNHA XOVENCA E OITO LOTES DE EMBRIÓNS PARA O SORTEO NA XXIII EDICIÓN DE FEIRADEZA Visto o escrito formulado por Don José Crespo Iglesias, alcalde-presidente do Concello de Lalín, no que solicita a doazón dunha xovenca e oito lotes de embrións para o sorteo na XXIII edición de Feiradeza. Visto os informes favorables de Intervención, enxeñeiro director do Servizo Agrario e o ditame da Comisión de Agricultura de 26 de febreiro de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade doar unha xovenca e oito lotes de embrións ó Concello de Lalín, para sortear na XXIII edición de Feiradeza. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.14916.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE INVESTIGACIÓN EN VITICULTURA DEPENDENTE DO SERVIZO AGRARIO De conformidade coa proposta da Comisión seleccionadora dunha bolsa de Enxeñeira/o Agrónoma/o para tarefas de Investigación en Viticultura dependente do Servizo Agrario, aprobadas por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 29 de decembro de 2006 e publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 13 de data 18 de xaneiro de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar esta bolsa a Dona Mª Melania Magán Lestido, por importe de 841,41 €/mes, con efectos 1 de abril de 2007 e por un período de SEIS MESES, podendo prorrogarse ata outros SEIS MESES á vista do informe favorable do xefe do Servizo Agrario e por acordo da Xunta de Goberno; e designar como suplente, para o caso de renuncia da seleccionada, a D. Fernando Domínguez Agís. Ditas cantidades imputaranse á partida 07/711.711.481.02 do presuposto provincial. A aceptación e goce desta beca non establece relación laboral nin funcionarial coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó citado Organismo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.14917.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DE “EP 8004 CALDAS-VILANOVIÑA (MEIS-PORTAS) Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión de 10/04/2003, polo que se adxudicou a Construccións, Obras e Viais, S.A. a obra de “EP 8004 Caldas-Vilanoviña (Meis-Portas)” na suma de 929.756,75 €, IVE incluído. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 02/03/2007, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado de dita obra por importe de 1.115.708,11 €, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de que durante a execución da obra, e a petición do concello de Portas, así como dos veciños afectados, solicitáronse unha serie de melloras baseadas principalmente no aumento da explanación para facer un mellor uso das beirarrúas e aparcamento, aumentado o ancho da plataforma de 12 a 14 m., contemplando, así mesmo, o derribo e nova edificación dun galpón, así como o traslado de hórreos. Visto o escrito de Construccións, Obras e Viais, S.A., polo que presta a súa conformidade a dito proxecto modificado. Visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral sobre o expediente de contratación en base ó establecido no art. 146 LCAP. E, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.Aprobar o gasto e o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146 e concordante do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP. 2.Adxudicar a Construccións, Obras e Viais, S.A., adxudicataria da obra inicial e que prestou conformidade a dito proxecto modificado, a obra comprendida no proxecto modificado de “EP 8004 Caldas-Vilanoviña (Meis-Portas)”, na suma de 185.951,36 €, IVE incluído. O expediente financiarase con cargo á partida 07/511.511.612.02 na que existe crédito para facer fronte ó gasto. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da LCAP, que se establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.14918.- MODIFICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO Nº 6.14844, DE 2 DE MARZO DE 2007, POLO QUE SE APROBA O GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE AGOLADA NO PAM/04, PARA A OBRA Nº 168/840, DENOMINADA, “ADQUISICIÓN DE TERREOS EN VENTOSA”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta do acordo nº6.14844 da Xunta de Goberno de 2 de marzo de 2007, no que se omitiu incluír no mesmo a redacción dos documentos a achegar polo Concello unha vez realizada a compra dos terreos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a súa modificación, quedando redactado como deseguido se relaciona: “Dada conta da solicitude de aboo da certificación única, do concello de Agolada á vista do informe de Intervención de data 14 de xaneiro dos correntes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de 14.096,74 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911.762.45.2004, como pago da subvención concedida a mesma para a obra nº 168/840, denominada “Adquisición de terreos en Ventosa”, incluída no PAM/04. Así mesmo unha vez realizada a devandita compra deberá achegar a/as escritura/as de compras dos terreos adquiridos, o máis brevemente posible. (Este acordo anula a Resolución Presidencial nº de rexistro 002076, de 19 de febreiro dos correntes)”. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.14919.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO Nº 10.14848, DE 2 DE MARZO DE 2007, POLO QUE SE APROBA O GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ENTIDADE LOCAL MENOR ARCOS DA CONDESA NO PAM/04, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 286/594, DENOMINADA, “CONSTRUCIÓN CEMITERIO PÚBLICO LOCAL”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Debido a existencia dun erro mecanográfico na redacción do segundo parágrafo do acordo da Xunta de Goberno nº 10.14848, de 2 de marzo de 2007, aprobando o gasto e declarando de aboo para o pago da subvención concedida á Entidade Local Menor de Arcos da Condesa (Caldas de Reis) no PAM/04, para a realización da obra nº 286/594, denominada “Construción cemiterio público local”, polo procedemento extraxudicial de crédito, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade corrixir ó mesmo, debendo dicir: “Recoñecer a obriga de 15.000,00 euros,...”, en vez de: “Recoñecer a obriga de 14.096,74 euros ...” ------ Folla: 17.14920.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as nove horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------
Ãrea de notas
Nota