Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2007-03-30_Ordinaria. Acta de sesión 2007/03/30_Ordinaria
Acta de sesión 2007/03/30_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/3.2007-03-30_Ordinaria
Título Acta de sesión 2007/03/30_Ordinaria
Data(s) 2007-03-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas do día 30 de marzo do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Acctal., D. Julio Souto Diz. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14953.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 23 de marzo de 2007. ------ Folla: 2.14954.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS TUTELADAS NON LABORAIS EN EMPRESAS-ENTIDADES PARA PERSOAS USUARIAS DO PROXECTO AQUELANDO O pasado 1 de abril iniciáronse as actuacións do Proxecto Aquelando, promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra, que ten como obxectivo facilitar a inserción profesional de colectivos con especiais dificultades de acceso ó mercado de traballo no sector de servizos de atención a persoas. Resultando que con data 22 de agosto de 2006 emitiuse informe favorable da Xefa do Servizo de Acción Social para a contratación das actividades de formación do proxecto Aquelando. Considerando que os itinerarios de inserción laboral contemplan por unha banda a realización de cursos de formación, prácticas e inserción laboral en entidades cunha duración aproximada de 5 meses, debendo estas actuacións finalizar en todo caso antes do 31 de xullo de 2007. Doutra banda, débese levar a cabo o 2º itinerario consistente na facilitación de prácticas laborais a usuarios/as que xa teñen formación específica no ámbito de atención a persoas. Visto o informe de Secretaría Xeral da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra de data 22 de marzo de 2007. Visto que os beneficiarios do segundo itinerario deben realizar prácticas profesionais en empresas-entidades con obxecto social similar ós fins do proxecto Aquelando. Toda vez que non foi emitido informe de fiscalización e tendo en conta que o convenio leva consigo subscribir unha póliza de seguro, o Interventor acctal. manifesta que hai que reflectir na cláusula 3 do proxecto do convenio a partida orzamentaria correspondente para o cal tense que enviar a informe. Coa salvidade anterior, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o convenio de colaboración para a realización de prácticas tuteladas non laborais en empresas-entidades para persoas beneficiarias do proxecto Aquelando. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACION PARA A REALIZACION DE PRÁCTICAS TUTELADAS NON LABORAIS EN EMPRESAS-ENTIDADES PARA PERSOAS USUARIAS DO PROXECTO AQUELANDO En ................................, a .......... de....................... de 2007 REUNIDOS Dunha parte, D/Dª: Rafael Louzán Abal en calidade de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, con C.I.F. P-3600000-H. e domicilio en Avda. Montero Ríos s/n de Pontevedra, e ó amparo dos artigos 34.1-b) da Lei 7/85, de 2 de abril, de bases de réxime local, atribución 11 do artigo 61 do R.d. 2568/86 de 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais e do artigo 111 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, polo que se aproban as disposicións legais vixentes en materia de réxime local. Doutra parte, D/Dª:........... con D.N.I..........., en calidade de representante legal do a empresa/entidade................., con C.I.F.............. e domicilio en ......................... DECLARAN PRIMEIRO: Que é interese de ambas partes reforzar a formación e experiencia profesional das persoas usuarias do Proxecto de Subvención Global Aquelando, nos campos e ámbitos relacionados coa finalidade do proxecto e que melloren a súa empregabilidade. Para ese efecto, recoñécense reciprocamente capacidade e lexitimación para a negociación e sinatura do presente documento. SEGUNDO: Que segundo establece o Proxecto Aquelando, os usuarios e usuarias do Proxecto poderán ser dirixidas pola persoa orientadora para desenvolver prácticas profesionais non remuneradas co fin de mellorar o seu grado de empregabilidade; executarán ditas prácticas en empresas-entidades coas que se realizaron os oportunos convenios de colaboración, de maneira que completen o itinerario formativo que mellore o seu grado de empregabilidade. TERCEIRO: Que o obxecto do presente convenio é facilitarlles ás persoas participantes do Proxecto Aquelando que se desenvolve ata o 24 de xullo de 2007, coofinanciado polo Fondo Social Europeo dentro da Subvención Global, a realización de prácticas profesionais nos centros de traballo dependentes da citada empresa-entidade, e conseguir, deste xeito, unha mellor preparación para o emprego debido ó contacto con ambientes reais de traballo. Polo exposto e na súa virtude, ambas partes ACORDAN Subscribir o presente convenio de colaboración para a realización de prácticas profesionais en empresas-entidades, con arranxo ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- As prácticas profesionais se desenvolverán na empresa-entidade............................ localizada na r/..................... A persoa usuaria do proxecto que realizará as prácticas será: D/Dª..................... con D.N.I.............................. SEGUNDA.- A duración Total das prácticas será de .............. horas, cunha duración de ............. horas diarias. O tempo de realización das prácticas na empresa-entidade por parte da usuaria non poderá superar o tempo que se estipule no acordo asinado coa empresa-entidade. TERCEIRA.- Para a realización de ditas prácticas o alumnado terá un seguro que cubrirá os riscos de accidente profesional, os desprazamentos de ida e volta así como os riscos que se puidesen producir en distintos sitios, a condición de que estivesen desempeñando funcións relacionadas coas mencionadas prácticas. Este seguro corre a cargo do Proxecto Aquelando. CUARTA.- O contido das prácticas profesionais realizadas nesta empresa-entidade será o establecido no programa formativo do curso. QUINTA.- O contido e desenvolvemento das prácticas poderá ser en calquera momento obxecto de valoración e supervisión por parte do equipo técnico do Proxecto Aquelando, a través do persoal que teña asignado para esta tarefa, sen prexuízo das competencias da Inspección de Traballo e Seguridade Social. SEXTA.- Na realización das prácticas non laborais terase en conta a normativa aplicable en materia de seguridade e hixiene no traballo. SÉTIMA.- O Proxecto Aquelando designará pola súa banda un/unha ou varias/os titoras/es que terán como obxectivo apoiar tecnicamente ó alumnado, controlar o nivel de asistencia e avaliar o desenvolvemento da formación concertada. Así mesmo a empresa-entidade designará un titor que terá como obxectivo apoiar a o/á usuario/a. OITAVA.- Antes do comezo das prácticas, o órgano competente do Proxecto Aquelando poñerá en coñecemento da Inspección de Traballo e seguridade Social, para permitirlle un mellor desenvolvemento da súa actuación inspectora, o convenio-contrato de colaboración asinado entre o proxecto Aquelando e a empresa-entidade na que se realizarán, así como unha relación mensual do alumnado que participe nelas. A empresa deberá facilitarlles ós/ás representantes legais dos traballadores esta mesma información. NOVENA.- Non se poderá formalizar contrato de traballo entre o alumnado e a empresa-entidade durante o período de prácticas. Non existirá relación laboral entre a empresa-entidade asinante deste acordo e a persoa acolleita ó programa de prácticas non laborais. A realización das prácticas profesionais nos centros de traballo dependentes da citada empresa-entidade en ningún caso suporá a substitución do persoal con relación laboral coa empresa-entidade asinante deste acordo. DÉCIMA.- Cada usuario/a disporá dunha ficha de prácticas facilitada polo Proxecto Aquelando e dilixenciada pola empresa-entidade e polo/a titor/a das prácticas, onde figurarán as actividades a desenvolver e os obxectivos alcanzados na súa realización. DÉCIMO PRIMEIRA.- En caso de reiteradas faltas de puntualidade, inasistencia sen xustificar ou incorrecto comportamento do alumnado, a empresa-entidade poderá desistir de continuar na súa colaboración formativa coa persoa implicada, podendo facelo cunha comunicación ó Proxecto Aquelando ou á persoa responsable da tutorización das prácticas. DÉCIMO SEGUNDA.- Este acordo-contrato entrará en vigor ó día seguinte da súa sinatura e manterá a súa vixencia durante o período de realización das prácticas contempladas no Proxecto Aquelando. O incumprimento dalgunha das cláusulas deste acordo-contrato por parte de calquera das partes asinantes será causa da súa resolución. DÉCIMO TERCEIRA.- Ó presente convenio achegaránselle ó comezo das prácticas os seguintes documentos: 1. Relación de usuarios e usuarias que realizarán as prácticas. 2. Ficha de prácticas de o/a alumno/a. 3. Copia póliza do seguro de accidentes do alumnado e, se procede, da póliza de responsabilidade civil para facer fronte ós riscos que para os bens e persoas se poidan derivar da realización das prácticas non laborais. 4. Relación da persoa ou persoas titoras. 5. Calquera outro documento que as partes consideren necesario. E en proba de conformidade de canto antecede, asínase o presente convenio de colaboración en exemplar cuadriplicado no lugar e data indicados ó comezo. Pola Deputación De Pontevedra Pola (Empresa-Entidade) Asdo.-: Rafael Louzán Abal Asdo.- ................................” ------ Folla: 3.14955.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS (DIRECCIÓN XERAL DE INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO) PARA A DOTACIÓN ECONÓMICA DE BOLSAS DE ESTUDOS A ALUMNOS DO IGAFA Dada conta do Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro) para a dotación económica de bolsas de estudos para alumnos do Igafa. Vistos os informes favorables de Secretaría Xeral, Intervención, Enxeñeiro Director do Servizo Agrario e da Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e o Ditame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de 21 de marzo de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar ó Convenio de colaboración entre a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para a dotación económica de bolsas de estudos para alumnos do Igafa. Dito Convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS (DIRECCIÓN XERAL DE INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO) PARA A DOTACIÓN ECONÓMICA DE BOLSAS DE ESTUDOS A ALUMNOS DO IGAFA REUNIDOS Dunha parte, o Sr. PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Ilmo. Sr. Rafael Louzán Abal, de acordo cas competencias que lle outorga o artigo 34.1b da Lei 7/85 do 2 de abril, das Bases do Réxime Local. E doutra, a Sra. CONSELLEIRA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS, Excma. Sra. Carmen Gallego Calvar, investida das facultades conferidas polo artigo 34.10 da Lei 1/1983 do 22 de febreiro, da Xunta e seu Presidente, actuando en nome e representación da Xunta de Galicia (DOG. 21/03/83), INTERVEÑEN Ámbalas partes, no exercicio das competencias que lles están legalmente atribuídas, recoñecéndose reciprocamente capacidade e obrigándose segundo os termos deste documento, MANIFESTAN Que, conscientes da importancia económica e social que para Galicia en xeral, e para a provincia de Pontevedra en particular, ten o desenvolvemento da acuicultura e a formación de técnicos nesta materia, foi creado o Instituto Galego de Formación en Acuicultura, situado na Illa de Arousa. Que, dentro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro é a encargada de coordinar estes centros. Que a Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do disposto no artigo 36.1d, da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, ten competencia en materia de fomento e administración dos intereses peculiares da provincia. En consecuencia, e coa finalidade de cooperar nas accións de formación, dependentes da mencionada Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, mellorando os programas existentes para a provincia de Pontevedra, as dúas partes subscriben o presente convenio segundo as seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O presente Convenio específico, establécese para regular a cooperación entre a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e a Deputación Provincial de Pontevedra para mellorar a calidade da formación profesional no campo da acuicultura e o mergullo. En calquera caso, a achega da Deputación será sen menoscabo da contribución económica e técnica que lle corresponda á Consellería como consecuencia da execución dos Programas dependentes da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. SEGUNDA.- Deputación comprométese a dotar economicamente bolsas para a especialización de técnicos en diferentes sectores da acuicultura e o mergullo. As ditas bolsas terán unha duración de tres (3) meses e consistirán na estancia dos beneficiarios en diferentes empresas con sede nalgún dos estados da Unión Europea e que estean especializados nos distintos ámbitos da acuicultura e o megullo. No caso da Deputación de Pontevedra, a execución de ditas accións someterase previamente ós informes da Asesoría Xurídica e da Intervención, e posterior aprobación polo Órgano competente. TERCEIRA.- A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola súa parte, comprométese a elaborar o proxecto formativo que desenvolverán os alumnos participantes, supervisalo e facer o seguimento de cada unha das fases que o compoñen e mais elaborar unha memoria final que lle remitirán á Deputación Provincial de Pontevedra. A Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, someterá tamén ó Órgano competente da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a súa aprobación para executar as mencionadas accións. CUARTA.- A contía total das bolsas será de dezaoito mil (18.000,00) euros, que lles serán ingresadas ós alumnos seleccionados, con cargo á partida orzamentaria 07/711.711.481.01 do vixente orzamento provincial, facéndose cargo o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da selección dos mesmos. Unha vez seleccionados os alumnos, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura deberá remitirlle á Deputación Provincial de Pontevedra un escrito onde se faga constar o destino e a finalidade da viaxe, e a asignación económica de cada bolsa (que se distribuirá en función do nivel de vida dos países de destino). O 50% da contía bolsa será aboada ós beneficiarios da mesma previa entrega á Deputación de Pontevedra dunha declaración xurada na que declaren as axudas que teñen percibido para este mesmo fin. O 50% restante aboarase ó remitir unha memoria final unha vez rematada a viaxe, nun prazo máximo de seis meses. Estas axudas serán compatibles con outras axudas públicas ou privadas que se poidan percibir para este mesmo fin, sempre que non se supere o custo total da actividade. O beneficiario dará adecuada publicidade do carácter público do financiamento da actividade. Coa finalidade de facilitar as tarefas de seguimento, control e coordinación que permitan cumprir os obxectivos do presente Convenio, noméase unha comisión mixta integrada polo director do Instituto Galego de Formación en Acuicultura, o xefe de estudos, un representante do Consello Escolar e dous membros nomeados pola Deputación Provincial de Pontevedra, que velará pola marcha e execución do Convenio e á que lle competirá a resolución das controversias que poidan xurdir no seu desenvolvemento e execución. QUINTA.- O presente Convenio manterá a súa vixencia durante o presente exercicio 2007, iniciándose esta no momento da súa sinatura e prolongándose ata o 31 de decembro do presente ano. Se, rematado o período de cooperación, as accións obxecto deste Convenio non estivesen finalizadas, o referido período de cooperación poderá ser prorrogado de forma expresa mediante unha acta complementaria, asinada por ambas partes. SEXTA.- O incumprimento destas normas por unha das partes facultará á outra para rescindir o Convenio, quedando automaticamente anulados tódolos dereitos correspondentes sobre o obxecto do mesmo. Como proba de conformidade e para debida constancia do convido, as dúas partes outorgantes subscriben este documento, que asinan en Pontevedra o día. O Presidente da Deputación de Pontevedra A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos Asdo.: Rafael Louzán Abal Asdo.: Carmen Gallego Calvar” ------ Folla: 4.14956.- APROBACIÓN DAS BASES DO VII CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases do VII Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra”, que son do seguinte teor: “BASES VII CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” PRIMEIRA.- O VII Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” terá lugar os días 5, 6 e 7 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. SEGUNDA.- Dado o carácter promocional que pretende este certame, poderán optar a participar todas as bandas de música da provincia que o desexen. TERCEIRA.- Limítase o número de bandas de música participantes e o seu número de músicos, segundo as distintas categorías a: * Sección especial: 4 bandas participantes de 80 a 115 músicos. * Sección primeira: 6 bandas participantes de 60 a 80 músicos. * Sección segunda: 6 bandas participantes de 45 a 60 músicos. * Sección terceira: 10 bandas participantes de 35 a 45 músicos. Nesta clasificación de seccións inclúese a posible colaboración en cada banda de música de cinco instrumentistas alleos para a sección terceira, cinco para a sección segunda, seis para a sección primeira e oito para a sección especial. Ningún músico estará autorizado para actuar en dúas bandas de música inscritas na mesma sección. CUARTA.- Sobrepasado o número de bandas de música inscritas por seccións e para establecer as participantes así como a orde da súa actuación realizarase un sorteo público. Cada banda de música interpretará, fora de concurso, un pasodobre cuxa duración máxima será de 4 minutos. Dentro do concurso, cada banda interpretará unha obra obrigada, proposta polo comité organizador, e unha obra de libre elección. As bandas de música interpretarán en primeiro lugar a obra obrigada e a continuación a obra de libre elección. (A Deputación de Pontevedra non se fai responsable das xestións legais que lles poidan afectar ás bandas de música polo uso das partituras das obras de libre elección). A duración das obras de libre elección e os tempos totais de desviación que se lle permite a cada agrupación serán os seguintes: Sección especial: 20 ± 5 minutos. Sección primeira: 20 ± 5 minutos. Sección segunda: 15 ± 5 minutos. Sección terceira: 10 ± 5 minutos. O exceso será penalizado na puntuación do xurado. QUINTA.- O escenario e as instalacións sobre as que se desenvolva o certame serán os mesmos para todas as bandas de música participantes nunha mesma sección. A dita instalación será competencia exclusiva do comité organizador e non se poderán introducir modificacións que non efectúen este comité. SEXTA.- O xurado estará composto por cinco personalidades do mundo da música como vogais, o presidente, que será o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial, ou deputado en quen delegue, e un secretario, actuando o titular da institución ou funcionario en que delegue (con voz, pero sen voto). En relación ás posibles causas de abstención dos membros do xurado, estarase ó disposto no art. 28 da Lei 30/92, de 26 de novembro. SÉTIMA.- As bandas de música terán dereito a percibir con cargo á partida 07/451.451.481.06 e en concepto de participación, as seguintes cantidades: Sección especial: 3.600,00 € Sección primeira: 3.000,00 € Sección segunda: 2.400,00 € Sección terceira: 1.800,00 € No caso de que participase o número máximo de bandas permitidas en cada sección segundo se establece na base terceira, o importe máximo a percibir sería de 64.800,00 €. OITAVA.- Concederanse os seguintes premios: Primeiro premio: ás bandas de música que obteñan de 341 a 400 puntos. Segundo premio: ás bandas de música que obteñan de 291 a 340 puntos. Terceiro premio: ás bandas de música que obteñan de 221 a 290 puntos. Cada membro con dereito a voto poderá concederlle de 0 a 10 puntos sen fraccións a cada banda de música participante no certame por cada un dos seguintes aspectos: afinación, sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), interpretación e técnica, tanto na obra obrigada coma na de libre elección. A suma delas determinará os premios correspondentes. As puntuacións maior e menor que os membros do xurado lle outorguen a cada unha das obras interpretadas, sempre que exista unha diferenza superior a tres puntos respecto á media, quedarán excluídas do cómputo total e serán substituídas pola media das tres restantes, sendo a puntuación total a resultante das sumas das parciais de cada unha das obras interpretadas. NOVENA.- A decisión do xurado darase a coñecer unha vez rematadas as actuacións de todas as bandas de música de cada sección, mediante unha acta que, asinada polos membros do devandito xurado, pasará a coñecemento do Presidente ou o órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade. DÉCIMA.- A Fundación Caixa Galicia, de acordo co criterio do xurado, concederalles ás bandas de música que obteñan a mención especial os seguintes premios: Sección especial: 5.700,00 € Sección primeira: 4.800,00 € Sección segunda: 3.900,00 € Sección terceira: 3.000,00 € O importe destes premios imputaranse á partida 07/451.451.481.06, na que se xerará crédito unha vez asinado o convenio de colaboración coa Fundación Caixa Galicia como entidade patrocinadora deste evento. A Federación Galega de Bandas de Música Populares, recoñecerá o traballo realizado na interpretación das obras (máxima puntuación acadada) por parte das bandas de música federadas que participen no certame cos seguintes premios, quedando excluídas as que acaden a mención especial citada na base anterior. O empate implica que han de repartir o premio. Sección especial: 600,00 € Sección primeira: 500,00 € Sección segunda: 400,00 € Sección terceira: 300,00 € Musical Pontevedra concederalles cheques por valor instrumental ás bandas de música que obteñan a mención de honra, por importe de: Sección especial: 1.500,00 € Sección primeira: 1.200,00 € Sección segunda: 1.050,00 € Sección terceira: 900,00 € DÉCIMO PRIMEIRA.- As bandas de música inscritas interpretarán como obras obrigadas as seguintes: Sección especial: Na Picoña (Momentos) Luis Carro Sección primeira: Rapsodia en azul e branco Fernando Vázquez Sección segunda: Soños Pablo Beltrán Sección terceira: Gaudila Andrés Álvarez DÉCIMO SEGUNDA.- O prazo de inscrición será de 30 días naturais a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. As inscricións deberán formularse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada banda de música, segundo o modelo de instancia que figura ó final destas bases, presentándoa no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra. Durante o período de inscrición, e no Servizo de Cultura, estarán a disposición das bandas de música, para a súa consulta, as obras obrigadas de cada sección. DÉCIMO TERCEIRA.- Co obxecto de determinar nas bandas de música participantes a orde de actuación realizarase un sorteo público no Pazo provincial, sede da Deputación, ante o presidente da Corporación ou deputado en quen delegue, e os membros do comité organizador. As bandas de música que, unha vez admitidas e sorteadas, non participen na competición, salvo por causa grave xustificada, quedarán inhabilitadas para poder actuar no certame por un período de tres anos consecutivos, segundo o ditame do comité organizador. DÉCIMO CUARTA.- O comité organizador adoptará as medidas necesarias para informar, comunicar, enviar e recibir o material das bandas de música participantes no certame. Comunicada a súa inclusión ás agrupacións, estas teñen 30 días naturais para remitirlle ó Servizo de Cultura da Deputación Provincial o historial da banda de música, a súa foto e mailo currículo do director, así como CINCO exemplares da partitura da obra de libre elección, indicando a súa duración e o título do pasodobre a interpretar. A non presentación das partituras no prazo indicado significará a renuncia da banda de música a participar no certame. DÉCIMO QUINTA.- Para o control dos instrumentistas das bandas de música participantes establécense os seguintes puntos: 1.- Constitúese unha comisión de control que estará formada por dous membros designados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e por dous funcionarios do Servizo de Cultura da Deputación Provincial. Esta comisión poderá delegar o control de firmas previo á actuación das bandas nalgúns dos seus membros. A comisión de control será a entidade competente para controlar e vixiar a composición dos instrumentistas das agrupacións participantes. Para estes efectos queda plenamente facultada para adoptar cantas medidas sexan oportunas para realizar a tarefa de investigación, vixilancia e control e requirir e solicitar a documentación que estime necesaria das bandas de música participantes, utilizando así mesmo calquera dato dos listados das agrupacións incluídos nos plans culturais da Deputación Provincial así como os que posúe a Federación Galega de Bandas de Música Populares. Poderá formularlle ó comité organizador as propostas que considere convenientes, incluídas as referentes á cancelación da inscrición provisional e impeditivas de actuación da banda de música infractora así como a súa descualificación antes da decisión, aplicándolles a todas as agrupacións, sexan ou non federadas, o Regulamento de cadros de persoal de bandas de música para efectos de certames competitivos establecido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares que estea vixente na data límite de presentación de listados que para a presente edición será o 1 de setembro de 2006. 2.- Cada banda de música deberá comparecer cos seus propios músicos, sen reforzarse ou completarse con intérpretes doutras agrupacións musicais, salvo os alleos expresamente permitidos nestas bases. O criterio básico de adscrición dun músico a unha banda de música é pertencer a esta de maneira real e efectiva. Para acreditalo achegarán os seguintes listados: 2.1. Para as agrupacións integradas na Federación Galega de Bandas de Música Populares: relación nominal dos integrantes por instrumentos, co seu DNI ou pasaporte segundo o modelo de listado oficial que poderán obter na páxina web da Federación Galega de Bandas de Música Populares: www.fgbmp.org. 2.2. Para as agrupacións non integradas na Federación Galega de Bandas de Música Populares: relación nominal certificada dos integrantes por instrumentos, co seu DNI ou pasaporte, expedida polo secretario da banda de música e co visto e prace do presidente, na que conste unha declaración de pertenza ininterrompida e efectiva do músico á agrupación durante os dous últimos anos, lugar e data de nacemento e enderezo actual. 3.- Todas as bandas de música presentaranse no lugar da actuación, coa antelación suficiente, conforme ós horarios que fixe a organización. A banda de música que no momento da súa actuación non estea presente no lugar no que se desenvolva o certame quedará eliminada automaticamente. DÉCIMO SEXTA.- O comité organizador é o órgano de goberno, administración e coordinación de todos os aspectos do certame. Contará coa colaboración dun asesor artístico-musical que formará parte do mesmo. O comité organizador tomará as medidas oportunas para asegurar o correcto desenvolvemento do certame. No caso de que algunha proba teña que ser aprazada ou interrompida por causa xustificada, o comité arbitrará as medidas oportunas para o seu posterior desenlace. No desenvolvemento da actividade organizativa e formando parte do comité organizador do evento, o presidente designará a persoa que ha de asumir a dirección técnica, que será retribuída polos servizos prestados. A inscrición no certame implica a completa aceptación das súas bases. As decisións tomadas polo comité organizador na execución e desenvolvemento das presentes bases e todas aquelas cuestións non previstas resolveraas, en cada caso, de maneira irrevogable o propio comité. A sede oficial do comité organizador do certame será no Servizo de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra. Finalizado o certame, cada banda de música participante que o solicite poderá coñecer no Servizo de Cultura as actas do xurado cos resultados obtidos con respecto á súa agrupación. DÉCIMO SÉTIMA.- O comité organizador do VII Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” estará constituído da seguinte maneira: Presidente: o Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra ou deputado en quen delegue. Vogais: - un representante da Deputación de Pontevedra. - un representante da Federación Galega de Bandas de Música Populares. - un representante da empresa adxudicataria da organización do evento. - o asesor artístico-musical do certame. - o director técnico do certame. Secretario: - o titular da Deputación ou funcionario en quen delegue. DÉCIMO OITAVA.- Os membros do xurado e do comité organizador percibirán as indemnizacións correspondentes a axudas de custo e desprazamentos polas reunións nas que se redacte acta segundo establece o R.d. 462/2002, de 24 de maio, e actualizacións posteriores para o grupo 1. As asistencias percibiranse por asimilación, segundo as contías fixadas para os membros de tribunais de selección de persoal do grupo A.” ------ Folla: 5.14957.- APROBACIÓN DE FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES EN CONCELLOS DA PROVINCIA. ANO 2007 De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as propostas de celebración da Festa da Bicicleta e Marchas Populares nos concellos seguintes: AS NEVES 05/04/07 FESTA DA BICICLETA PONTEAREAS 17/05/07 FESTA DA BICICLETA GONDOMAR 17/05/07 FESTA DA BICICLETA TOMIÑO 20/05/07 FESTA DA BICICLETA PAZOS DE BORBÉN 20/05/07 FESTA DA BICICLETA BARRO 09/06/07 MARCHA POPULAR VILABOA 23/06/07 FESTA DA BICICLETA CAMPOLAMEIRO 23/06/07 FESTA DA BICICLETA ------ Folla: 6.14958.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.14959.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONSELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS (CSIC) PARA COÑECER O POTENCIAL DO CULTIVO DE NABICOL COMO BIODIESEL Dada conta do proxecto de investigación presentado no rexistro xeral da Deputación pola Misión Biolóxica de Galicia, dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas do Ministerio de Educación e Ciencia, para realizar un estudo sobre a utilización de variedades de Brassica napus como plantas bioenerxéticas; vistos os informes do enxeñeiro director do Servizo Agrario do 18 de decembro de 2006 e do 18 de xaneiro do 2007; visto o informe de Secretaría Xeral do 5 de marzo de 2007; visto o informe da Intervención de 19 de marzo de 2007; e vistos os documentos R.C. núm. 200700017970 e núm. 200700017971; A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través da Misión Biolóxica de Galicia, con NIF Q-2818002-D, para coñecer o potencial do cultivo de nabicol como biodiesel, por importe de dez mil seiscentos vinte euros (10.620,00 €), repartidos en dúas anualidades de modo que 2.100,00 € corresponden á presente anualidade 2007 e libraranse no seu día con cargo á partida orzamentaria 07/711.711.227.06, núm. de Operación 200700017970, do vixente orzamento provincial, e 8.520,00 € corresponderán á anualidade 2008 e libraranse no seu día con cargo á partida orzamentaria que será, no seu caso, a 08/711.711.227.06, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento, segundo o disposto nas cláusulas do Convenio de colaboración. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONSELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS PARA COÑECER O POTENCIAL DO CULTIVO DE NABICOL COMO BIODIESEL En Pontevedra, de dous mil sete. REUNIDOS Dunha parte D. Rafael Louzán Abal, con D.N.I. 35451643-H na súa calidade de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en nome e representación de mesma, de conformidade co artigo 34.1 b da Lei 7/85, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local. E doutra Dona Rosa Ana Malvar Pintos, Directora da Misión Biolóxica de Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (NIF: Q-2818002-D), no seu nome e representación en virtude do establecido no apartado Primeiro 6.6.5 da Resolución do Consello Superior de Investigacións Científicas de 7 de decembro de 2000 (BOE de 22 de decembro de 2000). Actuando en nome e representación das Entidades Xurídicas que representan, declaran a súa competencia para celebrar o presente convenio e EXPOÑEN 1º.- Que a Excma. Deputación de Pontevedra e o Consello Superior de Investigacións Científicas teñen subscrito un convenio de colaboración no marco do cal A Misión Biolóxica de Galicia facilitará á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra información e asesoramento científico cando o solicite e necesite para o mellor cumprimento dos seus fins. 2º.- Que a Excma. Deputación de Pontevedra está interesada en coñecer se as variedades de Brassica napus poden utilizarse como plantas bioenergéticas. 3º.- Que a Misión Biolóxica de Galicia dispón dunha colección de Brassica napus e sábese que as variedades galegas presentan un elevado contido en ácido erúcico polo que poderían utilizarse como biodiesel. CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente convenio é investigar a utilidade das sementes de variedades de nabicol autóctonas na produción de biodiesel. SEGUNDA.- Para contribuír ó obxecto sinalado na cláusula anterior o grupo de xenética e mellora de Brásicas da Misión Biolóxica de Galicia deseñará un proxecto de investigación (Anexo I) e comprométese ó seguimento, análise e interpretación dos resultados que se obteñan do mesmo. A Deputación de Pontevedra, pola súa banda preparará unha parcela de labor da Finca Mouriscade dunha superficie aproximada de 1.000 m2, para proceder a seméntaa da mesma. TERCEIRA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra aboará á Misión Biolóxica de Galicia a cantidade de dúas mil cen euros (2.100,00 € ) no 2007 e de oito mil cincocentos vinte (8.520,00 €) no 2008 con cargo á partida orzamentaria 07/711.711.227.06 que serán destinados fundamentalmente a costear as tarefas de campo e as análises das sementes (orzamento Anexo II). CUARTA.- O presente Convenio entrará en vigor a partir de sinatura do mesmo e terá unha duración de dous anos podendo prorrogarse, expresamente, ata un máximo de catro a petición de ambas partes, sempre que non se executou denuncia por algunha das partes (que haberá de efectuarse por escrito) con tres meses de antelación á data de finalización do Convenio. QUINTA.- O presente Convenio ten a natureza dos previstos no artigo 3.1 c) da Lei de Contratos das Administracións Públicas, Texto Refundido aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que queda fóra do ámbito de aplicación do TRLCAP e o seu réxime xurídico virá determinado polas súas propias estipulacións con suxeición ós principios contidos en dita norma para resolver as dúbidas e lagoas que puidesen suscitarse. A orde xurisdicional contencioso-administrativo será o competente para coñecer e dirimir os litixios a que houbese lugar. E en proba de conformidade, asinan o presente convenio en duplicado exemplar na data e lugar indicados no encabezamento Pola Deputación Polo C.S.I.C. Rafael Louzán Abal Rosa Ana Malvar Pintos Presidente Directora da Misión Biolóxica de Galicia” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.14960.-APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E CAIXANOVA EN MATERIA DE OBRA BENÉFICO SOCIAL (GRANDES ESPECTÁCULOS) Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración entre a Deputación provincial de Pontevedra e Caixanova, en materia socio cultural para o desenvolvemento de actuacións de carácter especial en distintos concellos da provincia de Pontevedra, mediante a achega de setenta e cinco mil euros (75.000,00€), e con cargo á partida 07/451.451.489.05 do vixente orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito Convenio é como segue. “CONVENIO DE COLABORACION ENTRE A EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CAIXA DE AFORROS DE VIGO, OURENSE E PONTEVEDRA “CAIXANOVA” EN MATERIA DE OBRA BENÉFICO SOCIAL (GRANDES ESPECTÁCULOS) Por unha banda, D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, con C.I.F. P-3600000H e domicilio en Pontevedra, r/Montero Ríos s/n, actuando en nome e representación de dita entidade. Por outra banda, D. Julio Fernández Gayoso, Presidente da Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, Caixanova, con C.I.F. G-36600369, domiciliada en Vigo, r/García Barbón 1-3, actuando en nome e representación de dita entidade. E X P O Ñ E N 1.- Que a Excma. Deputación de Pontevedra, en diante, tamén, a Deputación, é unha entidade de dereito público, con personalidade xurídica propia, cun ámbito de actuación determinado pola agrupación dos municipios da provincia de Pontevedra, que ten encomendada, en base á normativa vixente, o goberno e a administración, con carácter autónomo, desta provincia. Entre outros, é o seu obxectivo xeral o servizo de todos os cidadáns da provincia de Pontevedra, para satisfacer os intereses xerais e para dinamizar e modernizar a sociedade e as administracións locais que dela dependen. Entre moitas das súas competencias do seu ámbito territorial de actuación, atópase o desenvolvemento de actividades socio culturais, a promoción do deporte, o apoio ás actividades turísticas e o fomento de actividades de carácter formativo entre o colectivo de funcionarios da Administración Pública adscritos a esta Deputación e ós Concellos integrados na mesma. Tamén forma parte das súas competencias o impulso e fomento da cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, co desenvolvemento de actuacións, xa sexa organizadas dende a propia Deputación ou en colaboración con outras entidades públicas ou privadas. 2.- Que Caixanova é a entidade financeira líder na provincia de Pontevedra, ámbito no que desenvolve unha importantísima actividade financeira e unha ampla contribución social, tendo o desenvolvemento integral desta provincia, historicamente, como un dos seus primordiais obxectivos. Esta consideración por parte de Caixanova estendeuse ó longo do tempo á práctica totalidade dos sectores e axentes institucionais, económicos, empresariais e sociais da provincia de Pontevedra, a través de actuacións financeiras e de accións de obra socio cultural, de toda índole e magnitude, que se dirixiron a potenciar a expansión e a salvagardar a viabilidade das empresas, a promover o desenvolvemento de infraestruturas urbanísticas e sociais, a fomentar o turismo e o comercio, a facilitar a aplicación das novas tecnoloxías, a potenciar a formación do capital humano nos seus diferentes grados, a difundir e alentar a cultura, ou a axudar ós menos favorecidos, entre outras finalidades que tiveron como obxectivo común o impulsar a puxanza da provincia de Pontevedra e mellorar o nivel de vida dos seus cidadáns. 3.- Que, así mesmo, a actividade financeira de Caixanova foi de vital transcendencia para o impulso da economía e o benestar da provincia de Pontevedra, a través de accións tales como as axudas prestadas a importantes empresas da provincia, o financiamento da construción de numerosos núcleos de vivendas, o apoio ó desenvolvemento da rede de comunicacións viarias, a promoción de infraestruturas sociais,..., ademais de participar de forma destacada nos procesos de compra-venda ou privatización de empresas da provincia, e de constituír unha importante carteira de participacións no capital de sociedades encadradas en sectores estratéxicos, que se estenden a empresas con sede en Galicia ou que teñen na nosa Comunidade unha presenza relevante. 4.- Que, adicionalmente, Caixanova, exerce unha destacada actividade cultural, formativa, social e asistencial orientada á mellora de calidade de vida de todos os galegos. Neste sentido, e para o desenvolvemento dos seus proxectos, leva a cabo unha ampla e recoñecida Obra Social, tanto propia como en colaboración con outras institucións. 5.- Que, nesta traxectoria de Caixanova, foron múltiples e notorias as mostras de exitosa colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra -en manifestacións culturais, artísticas, recreativas, sociais e de apoio ós sectores produtivos-, que se demostraron de total transcendencia para o progreso da provincia. 6.- Que é intención de Caixanova manter o elevado grado de compromiso co progreso económico e a mellora social da provincia de Pontevedra, que esta entidade veu acreditando historicamente, reforzando en particular a súa atención cara a todos aqueles proxectos que con eses obxectivos poida suscitar a Deputación, contemplándose non só a axuda financeira e social, senón tamén a súa colaboración en materias formativas e de asesoramento, ou calquera outro medio que estea ó alcance de Caixanova. 7.- Que é intención compartida pola Excma. Deputación de Pontevedra e por Caixanova o fomentar e canalizar a involucración, na liña de colaboración que orienta o presente convenio, de todos os axentes económicos e sociais cuxos intereses conflúan na mesma finalidade de contribución ó desenvolvemento socio-económico, con especial consideración das Administracións Públicas, Autonómicas e Estatais, en canto a potencial elemento crave para o bo fin das iniciativas que poidan acometerse ó amparo deste acordo. 8.- Que ambas partes consideran que existen aspectos de carácter cultural, formativo e social cuxo desenvolvemento pode seguir realizándose de xeito conxunto, e, en base ó labor que as dúas institucións teñen encomendada, acordan a subscrición do presente convenio de colaboración, e ó efecto A C O R D A N Primeiro.- No marco desta longa e frutífera colaboración histórica entre ambas entidades, e ó obxecto de dar continuidade á mesma, a Excma. Deputación de Pontevedra e Caixanova considéranse mutuamente socios estratéxicos a efectos de contemplar a súa participación e colaboración en todos aqueles proxectos de potencial impacto relevante no desenvolvemento da provincia de Pontevedra que teñan repercusión socio cultural ou ben incidan nos ámbitos abarcados pola acción social de Caixanova, así como en calquera outros que ambas partes xulguen de interese. Adicionalmente, a esta manifesta vontade que ten o carácter de longo prazo, o presente convenio, ten por obxecto regular as colaboracións de Caixanova e a Excma. Deputación de Pontevedra en materia de programación de Actividades Culturais. Segundo.- Aspectos específicos relativos ás colaboracións entre Caixanova e a Excma. Deputación de Pontevedra en materia socio cultural, de carácter especial: Para colaborar no desenvolvemento de actuacións de carácter socio cultural de carácter especial na provincia de Pontevedra, Caixanova dota, con cargo a este mesmo exercicio 2007, unha partida orzamentaria total de 75.000,00 € (setenta e cinco mil euros). Este capítulo ten por obxecto a contratación de actuacións musicais e culturais de gran prestixio e de promoción da cultura galega, a suscitar de mutuo acordo entre Caixanova e a Deputación, acordándose, a colaboración económica de ambas partes nun 50% dos custos derivados de cada acto nos que exista un mutuo interese na súa celebración. Para poder afrontar dito pago, a Deputación de Pontevedra comprométese a consignar no ano 2007, unha partida orzamentaria de 75.000,00 € (setenta e cinco mil euros), que financiará con cargo á partida 07/451.451.489.05. Terceiro.- Así mesmo, a Deputación e Caixanova comprométense a analizar outras vías de colaboración en materia de obra social que, no seu caso, regularanse por convenio adicional expreso ó efecto, tratando de facer partícipes ós conciudadáns desta provincia das accións da obra social de Caixanova ou de establecer outras sinerxías coas que satisfacer as posibles demandas que existan dende a Deputación nesta materia. Cuarto.- Ó obxecto de instrumentar a necesaria coordinación para o desenvolvemento do presente convenio, así como para facilitar a canalización de propostas e o estudo dos proxectos ós que o mesmo poida dar lugar, constituirase unha Comisión Consultiva de catro membros, que estará integrada paritariamente por dous representantes de cada unha das entidades asinantes, a cal reunirase sempre que se entenda necesario, e, en todo caso, cunha periodicidade mínima trimestral. Ó amparo de dita Comisión, e sen menoscabo do exposto no acordo anterior, a Deputación informará a Caixanova dos actos de todo tipo que, con arranxo ós acordos anteriores, pretenda desenvolver e aqueles nos que, expresamente, desexa non figure o patrocinio de Caixanova. Quinto.- O presente convenio, nos seus aspectos de carácter orzamentario, estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2007. E en proba de conformidade, asínase o presente Convenio, por duplicado, en Pontevedra a dous de febreiro de dous mil sete. Pola Deputación de Pontevedra, Por Caixanova, Asdo: D. Rafael Louzán Abal Asdo: D. Julio Fernández Gayoso” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.14961.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN “ÉRGUETE-INTEGRACIÓN” ANO 2007 Ante a grave problemática derivada do uso e consumo de substancias tóxicas por unha banda e a escaseza de recursos a nivel de integración social para as persoas en situación de risco social por outra, leva á Deputación de Pontevedra a promover un Convenio de Colaboración coa Fundación Érguete-Integración, cooperando no seu programa de inserción socio-laboral para os toxicómanos, e a vista dos informes emitidos o 23/02/07 e o 06/03/07 polo Sr. Secretario Xeral e o Sr. Interventor, respectivamente, e con arranxo o ditame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Fundación Érguete-Integración para o programa de inserción socio-laboral de toxicómanos, cunha achega económica da Deputación de 36.000,00 € con cargo á partida orzamentaria 07/313.313.480.02. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN “ÉRGUETE-INTEGRACIÓN” PARA O ANO 2007 No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra, reúnense pola Deputación D. Rafael Louzán Abal como Presidente, en virtude do art. 34.1,b da Lei 7/85, de 2 de abril (LBRL), e Dona Carmen Avendaño Otero como Presidenta da Fundación Érguete-Integración (en diante Fundación), con CIF G-36.861.078. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o Convenio de Colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES As institucións asinantes do presente convenio ante o problema derivado do uso e consumo de substancias tóxicas por unha banda e a escaseza de recursos a nivel de integración social e laboral dirixidos ás persoas carentes de formación en situación de risco social por outra, consideran de suma importancia xuntar esforzos para facer fronte a este problema de enormes repercusións tanto persoais como sociais, razón pola que a Deputación subvenciona á Fundación cunha axuda económica que lle permite manter a infraestrutura que precisa para levar adiante os seus programas de integración. Por todo o traballo desenvolvido durante os anos anteriores e ante os programas xa aprobados cara o ano 2007 en actividades sociais, as partes asinantes consideran que a Fundación é unha entidade idónea para contribuír ó desenvolvemento da política social e asistencial da mesma na que a Excma. Deputación participa como membro do Padroado da Fundación e como organismo financeiro das actividades da mesma, actuación imprescindible para a realización de calquera dos seus programas. En base ás anteriores consideracións as dúas partes acordan establecer o presente Convenio, coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto.- Colaborar coa Fundación na recuperación de toxicómanos a través do mantemento da infraestrutura que permite a posta en marcha do Programa de Incorporación Socio-Laboral e do Plan de Inclusión Social de Galicia ademais doutros cursos de balde que se imparten durante todo o ano. Todas estas actividades están cofinanciadas entre outras entidades, por distintas Consellerías da Xunta, Caixanova e Concello de Vigo. SEGUNDA. Ámbito de actuación.- O ámbito de actuación do presente convenio comprende a totalidade da provincia de Pontevedra. TERCEIRA. Duración.- A duración do Convenio establécese para un ano natural con independencia da data da súa sinatura, entrando en vigor polo tanto o 1º de xaneiro e rematando o 31 de decembro do ano en curso. CUARTA. Condicións e financiamento.- A achega económica da Deputación elévase a trinta e seis mil euros (36.000,00€) consignados na partida 07/313.313.480.02 que se aboarán á Fundación conforme vaia xustificando os gastos da mesma en relación con este Convenio, mediante facturas que cumpran os requisitos legais. Esta subvención será compatible con outras subvencións ou axudas a teor do disposto no artigo 65.3 do RLGS. QUINTA. Participación das Institucións.- A Deputación e a Fundación Érguete-Integración que levará a cabo os Programas e cursos sinalados na cláusula Primeira, dando coñecemento á Deputación para o seu seguimento. As responsabilidades de ambas Institucións no desenvolvemento do programa serán as seguintes: DEPUTACIÓN: Achega económica e o apoio técnico para o estudo e seguimento da actividade. A súa función principal será a supervisión xeral do Programa. FUNDACIÓN: É o organismo responsable da xestión dos programas formativos e de inserción socio-laboral dos seus integrantes. Cederá o local acondicionado para ditos programas e se responsabilizará tanto da contratación do persoal como da captación, formación e seguimento dos profesionais que participarán no desenvolvemento destes obradoiros. Ademais proporcionará un seguro de cobertura de accidentes para os usuarios durante o desempeño das actividades referidas. Os Concellos da provincia, a través dos Servizos Sociais de Atención Primaria e as Organizacións Non Gubernamentais poderán remitir alumnos a ditos cursos, quedando a súa admisión condicionada ó criterio dos técnicos da Fundación. Ó remate das súas actividades a Fundación deberá presentar á Deputación unha memoria das mesmas. SEXTA. Causas de Resolución do Convenio.- Serán causas de resolución do presente Convenio, o incumprimento por algunha das partes asinantes do contido do Convenio, así como o incumprimento da xustificación da subvención por parte do beneficiario da mesma. SÉTIMA. Causas de Terminación das Actuacións.- As actuacións derivadas do presente Convenio, terminarán por expiración do prazo de vixencia do mesmo, se non existe prórroga, ou por resolución do Convenio por algunha das causas enumeradas na cláusula anterior. OITAVA. Publicidade.- A Deputación conforme o artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, procederá a publicar a subvención concedida. A Fundación comprométese a facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social en toda a publicidade que elabore sobre a mesma. NOVENA. Dereito Supletorio.- En todo o non regulado este Convenio axustarase ó previsto na Lei 38/2003 Xeral de Subvencións e a Lei 30/92 de Procedemento Administrativo Común. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no Pazo da Excma. Deputación. O Presidente da Deputación, A Presidenta da Fundación, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carmen Avendaño Otero” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.14962.- PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE VIGO PARA A UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DA CASA DE ACOLLIDA E PISO TUTELADO PARA MULLERES MALTRATADAS, ANO 2007 Subscrito o 4 de abril de 2006 o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo para atención e acollida de mulleres maltratadas física ou psicoloxicamente na Casa de Acollida e Piso Tutelado de Vigo, e promovida polas partes asinantes a prórroga expresa do mesmo, ó abeiro da cláusula cuarta do referido convenio, á vista dos informes do Secretario Xeral e do Sr. Interventor de data 30/01/07 e 20/02/07, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo para mantemento de estadías de mulleres maltratadas na Casa de Acollida e Piso Tutelado de Vigo, cunha achega económica da Deputación Provincial para este ano 2007, de 107.768,00 €, con cargo á partida 07/313.313.480.02. Dito Convenio é como segue: “PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE VIGO PARA A UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DA CASA DE ACOLLIDA E PISO TUTELADO PARA MULLERES MALTRATADAS ANO 2007 No Concello de Vigo reuníronse o día 4 de abril do 2006, pola Excma. Deputación , D. Rafael Louzán Abal, en calidade de Presidente, e Dª Corina Porro Martínez en calidade de Alcaldesa Presidenta do Excmo. Concello de Vigo, con código de identificación fiscal P 3605700 H. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o convenio de colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES As institucións asinantes do presente convenio ante a grave problemática que sofren as mulleres maltratadas consideran de suma importancia a utilización de recursos que contribúan a facer fronte a ditas situacións, polo que, asumindo as competencias previstas nos artigos 21 e 36 da Lei 7/ 85 de Bases de Réxime Local, nos artigos 15, 21 e 22 da Lei 4/93 de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia e consonte co disposto na Orde do 1 de abril de 1997 da Consellería de Familia, Muller e Xuventude pola que se regulan os requisitos específicos que deberán reunir os centros de acollida para mulleres vítimas de malos tratos e co “Regulamento interno da Casa de Acollida e do Piso Tutelado” e no “Prego de prescricións técnicas” que rexen a prestación do servizo da mesma, acordan establecer o presente Convenio, coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto.- A Deputación de Pontevedra mediante a sinatura do presente Convenio, establece apoio económico para ó mantemento do servizo especializado da Casa de Acollida, e o Piso Tutelado, para a atención das mulleres maltratadas, a dos seus fillos e persoas dependentes, en situación de emerxencia, que reúnan os requisitos esixidos, para o ingreso nestes centros. Asemade, establecerase a reserva de 10 prazas para as usuarias dos distintos Concellos da Provincia. SEGUNDA. Ámbito de actuación.- O ámbito de actuación do presente convenio comprende a totalidade da provincia de Pontevedra. TERCEIRA. Ingresos na Casa de Acollida ou Piso Tutelado, estadías e baixas.- Poderán ingresar na Casa de Acollida de Vigo, as mulleres maltratadas física e psicoloxicamente, maiores de idade, con ou sen fillos que sexan capaces de valerse por si mesmas e que presenten a correspondente denuncia contra o seu agresor, tal como ven recollida na normativa da Consellería de Familia Muller e Xuventude, e no regulamento de funcionamento da Casa de Acollida, publicado no BOP do día 27 de setembro de 1999. Non poderán ingresar: _ As mulleres con problemáticas de carácter psiquiátrico grave. _ As mulleres que presenten algún tipo de adicción: alcohol, drogas, etc. _ As mulleres que padezan enfermidade infecto-contaxiosa. Para o ingreso na Casa de Acollida esixirase a cada usuaria a sinatura do compromiso e aceptación do Regulamento interno desta. A permanencia no centro disporase inicialmente por tres meses podendo prorrogarse a mesma de acordo á lexislación vixente. Para ingresar no Piso Tutelado darase prioridade ás usuarias da Casa de Acollida xa que supón a última fase de atención ás mulleres maltratadas antes da súa inserción socio e/ou laboral, sendo o procedemento administrativo o mesmo co da Casa de Acollida. Tanto o Concello solicitante como o de Vigo e a Deputación comprometeranse a velar pola confidencialidade das informacións que afecten á vida das mulleres e a súa prole. Para os ingresos, establécense dous tipos de procedementos: a) procedemento ordinario: O ingreso ordinario na Casa de Acollida solicitarase á Deputación mediante escrito do alcalde ou alcaldesa solicitante acompañado do informe da traballadora social do concello solicitante. A Deputación, oído o Concello de Vigo, disporá o ingreso con cargo ó convenio, comunicándollo ó Concello solicitante e ó de Vigo. Este notificará á Deputación a data do ingreso. b) procedemento de urxencia: No caso de ingreso de urxencia poderá procederse mediante solicitude razoada, verbal ou escrita, dos Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello solicitante ó Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller (CMIDM) de Vigo e fora do seu horario de atención, á dirección da casa de acollida. Aquel dará conta inmediatamente deste feito á Deputación seguíndose a partir deste momento o procedemento recollido no apartado anterior. No suposto, de que por causas excepcionais, fose denegada algunha solicitude de ingreso na Casa de Acollida, o Concello deberá informar por escrito a Deputación, das causas que motivaron a denegación. O Concello de Vigo arbitrará un teléfono de urxencia que atenderá a demanda da Casa de Acollida fora do horario do CMIDM. Calquera ingreso será provisional durante quince días, en tanto o equipo técnico e a dirección do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, estudan a conveniencia do mesmo e, se é o caso condicións de estadía. En calquera caso, durante a permanencia das persoas acollidas no centro, e ata o momento no que se produzan as súas baixas no mesmo, a intervención farase coordinadamente entre os equipos técnicos da Casa de Acollida e o Concello demandante da axuda. O Concello de Vigo comunicará a baixa a Deputación. CUARTA. Vixencia.- O presente Convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2007 rematando o 31 de decembro do mesmo ano, podendo prorrogarse expresamente polas partes cun mínimo dun mes de antelación. QUINTA. Financiamento.- A achega económica por parte da Deputación para a Casa de Acollida e Piso Tutelado será ata 107.768,00 euros o ano que se consignarán na partida 07/313.313.480.02. Dita achega estará baseada nos seguintes criterios: 1.Para axuda de mantemento de gastos da Casa de Acollida Municipal, a Deputación achegará a cantidade de 60.667,68 euros o ano. 2.Polo servizo da Casa de Acollida e Piso Tutelado a disposición dos Concellos da provincia, unha reserva de 10 prazas (estean ou non ocupadas), fixando a cantidade de 12,90 euros praza /365 días, que ascende a un total de 47.085,00 euros. As cantidades correspondentes, tanto polo concepto de subvención para gastos de mantemento como o custo das prazas reservadas, experimentarán nas anualidades sucesivas o incremento determinado no índice de prezos o consumo. A contribución ós gastos do centro será compatible con outras axudas públicas ou privadas, se o importe das mesmas non excede os custos anuais da actividade. SEXTA. Compromiso do Concello de Vigo.- A achega económica da Deputación ó Concello de Vigo garantirá o funcionamento permanente do servizo e atención a todos os concellos da provincia. O Concello de Vigo proporcionará os Concellos da provincia un teléfono de urxencia que funcione as 24 horas do día, atendido por persoal especializado, asegurando unha información precisa sobre o recurso da Casa de Acollida, fora do horario do CMIDM e atención as demandas. As mulleres que ingresen na Casa de Acollida, procedentes dos concellos da provincia beneficiaranse dos servizos e recursos que o Concello de Vigo pon a disposición das mulleres vítimas de violencia de xénero, có obxecto de proporcionarlles unha atención integral, entre outras: servizo de atención domiciliaria a infancia, un diñeiro de peto as mulleres que se atopan nunha situación económica precaria durante a súa estancia na casa, bolsas de axuda económica á saída da muller da Casa de Acollida, favorecer a inserción das mulleres no mercado laboral, etc. Asemade o Concello de Vigo comprometerase a remitir a Deputación, unha memoria anual sobre o servizo da Casa de Acollida. Por último o Concello de Vigo, comprométese a acreditar no expediente o cumprimento dos requisitos esixidos no Artigo 14 da Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións. SÉTIMA. Pagamento.- O pago destas cantidades polos conceptos expresados faranse efectivos con cargo a partida orzamentaria 07/313.313.480.02 do orzamento vixente, logo da petición presentada polo Concello, en dous prazos: No primeiro trimestre do ano, farase efectiva a achega correspondente a axuda para gastos de mantemento da Casa de Acollida, e ó primeiro prazo correspondente a seis meses das prazas reservadas pola Deputación. Para facer efectivo o pago, o Concello xunto ca petición, deberá remitir informe sobre a evolución do servizo de reserva de prazas e do orzamento previsto da Casa de Acollida, para o exercicio en curso. O segundo pago do custo das prazas reservadas, poderase solicitar unha vez transcorrido o primeiro semestre do ano, remitindo igualmente a Deputación un informe sobre a evolución das prazas reservadas. OITAVA. Participación de Concellos.- Os Concellos interesados en que poidan ingresar mulleres na Casa de Acollida deberán adherirse a este Convenio dirixindo un escrito ó Presidente da Deputación no que tamén fagan constar o seu apoio económico a aquelas familias que careza
Ãrea de notas
Nota