ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2007/04/04_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/1.2007-04-04_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/04/04_Ordinaria

  • Data(s) 2007-04-04 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e dez minutos do día catro de abril do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.14973.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 22/09/06, A FAVOR DE DON PLÁCIDO VALLADARES NOVOA, VECIÑO DO CONCELLO DE RODEIRO Aprobada pola Xunta de Goberno de 22/09/06 unha subvención para arranxo de vivenda por importe de 2.215,38 €, a favor de D. Plácido Valladares Novoa, veciño do Concello de Rodeiro, e solicitada con data 29/03/07, polo Sr. Alcalde do devandito Concello, unha prórroga para tal subvención, toda vez que por causas alleas ó beneficiario da mesma, non puideron rematarse as obras, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 31 de maio de 2007, respecto a subvención para arranxo de vivenda, que por importe de 2.215,38 €, aprobou a Xunta de Goberno de 22/09/06 a favor de D. Plácido Valladares Novoa, veciño do Concello de Rodeiro. ------ Folla: 2.14974.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 22/09/06, A FAVOR DE DON JOSÉ LOSADA PEREIRA, VECIÑO DO CONCELLO DE RODEIRO Aprobada pola Xunta de Goberno de 22/09/06 desta Excma. Deputación Provincial, unha subvención para arranxo de vivenda por importe de 2.215,38 €, a favor de D. José Losada Pereira, veciño do Concello de Rodeiro, e solicitada o 29/03/07, polo Sr. Alcalde do devandito Concello, unha prórroga para tal subvención, toda vez que por causas alleas ó beneficiario da mesma, non puideron rematarse as obras, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 31 de maio de 2007, respecto a subvención para arranxo de vivenda, que por importe de 2.215,38 €, aprobada na Xunta de Goberno de 22/09/06 a favor de D. José Losada Pereira, veciño do Concello de Rodeiro. ------ Folla: 3.14975.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE PONTEAREAS, DA OBRA INCLUÍDA NO PAM 2006-08, ANUALIDADE 2006, DENOMINADA “1ª FASE REFORMA RÚA DARÍO BUGALLAL”, PARA A OBRA “ADAPTACIÓN CASA CULTURA-BIBLIOTECA DE PRADO, 1ª FASE”, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 7 DE ABRIL DE 2006, ACORDO Nº17.13887 Vista a petición do Concello de Ponteareas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra incluída no PAM/2006-08, anualidade 2006 denominada “1ª FASE REFORMA RÚA DARIO BUGALLAL”, aprobada na Xunta de Goberno de 7 de abril pasado, acordo núm. 17.13887, para a obra “ADAPTACIÓN CASA CULTURA-BIBLIOTECA DE PRADO, 1ª FASE”, coa mesma subvención que a anterior de 54.707,41 €, quedando suxeita ás condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno núm. 17.13887, de 7 de abril de 2006. A relación de obras subvencionadas ó Concello de Ponteareas con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006 TOTAL Subv. TOTAL Subv TOTAL Subv -2008 Total Subvención Instalación eléctrica en baixa tensión para ilumminación pública en Padróns 26.121,04 26.121,04 26.121,04 Adaptación Casa Cultura Biblioteca de Prado, 1ª. Fase 54.707,41 54.707,41 54.707,41 Obras complementarias e de acondicionamento exterior de anexo á Residencia da 3ª. Idade para Centro de Día, 3ª. Fase 33.628,82 33.628,82 33.628,82 4ª. Fase de adecuación do Conservatorio 59.926,76 59.926,76 59.926,76 Reformas varias no Pavillón e Piscina municipal 24.047,15 24.047,15 24.047,15 Reparación de edificio existente de gardería e obras accesorias 89.954,73 89.954,73 89.954,73 Instalación de ascensor e salvaescaleiras na Casa cultural de Xinzo 29.568,40 29.568,40 29.568,40 Subministro para alumeado público 29.956,15 29.956,15 29.956,15 Instalación eléctrica en baixa tensión para alumeado público, parroquia de Guláns, barrio Casal 12.646,40 12.646,40 12.646,40 4ª. Fase da Casa cultural de Ribadetea 95.922,60 47.961,30 47.961,30 95.922,60 Centro cultural de Guláns, 1ª. Fase 120.000,10 60.000,10 60.000,00 120.000,10 Pavimentación da pista de Picouto a Ramallal en Paredes 39.065,78 15.000,00 24.065,78 39.065,78 Pavimentación da pista de Outeiro de Castro a Outeiro Fernando, Fozara 115.841,18 40.000,00 62.498,82 102.498,82 Reformas varias en planta baixo cuberta Casa Cultural de Areas 89.773,84 25.000,00 64.773,84 89.773,84 Saneamento en San Roque 90.000,00 27.961,30 62.038,70 90.000,00 198.431,18 198.431,18 712.729,18 378.048,38 0,00 321.338,44 897.818,00 ------ Folla: 4.14976.- MODIFICACIÓN DE FINANCIAMENTO DA OBRA “4ª FASE DE ADECUACIÓN DO CONSERVATORIO”, DO CONCELLO DE PONTEAREAS, INCLUÍDA NO PAM/2006-08, ANUALIDADE 2006, APROBADO NA XUNTA DE GOBERNO DE 7 DE ABRIL DE 2006, ACORDO Nº17.13887 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar o financiamento da obra “4ª FASE DE ADECUACIÓN DO CONSERVATORIO”, do Concello de Ponteareas, aprobada en Xunta de Goberno de 7 de abril 2006, acordo núm. 17.13887, incluída no PAM/2006-08, anualidade 2006, cunha subvención de 59.926,76 €, pasando a subvencionarse con 44.945,07 €, e co mesmo orzamento de 59.926,76 €, quedando suxeita ás condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno núm. 17.13887, de 7 de abril de 2006. A relación de obras subvencionadas ó Concello de Ponteareas con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006 TOTAL Subv. TOTAL Subv TOTAL Subv -2008 Total Subvención Instalación eléctrica en baixa tensión para ilumminación pública en Padróns 26.121,04 26.121,04 26.121,04 Adaptación Casa Cultura Biblioteca de Prado, 1ª. fase 54.707,41 54.707,41 54.707,41 Obras complementarias e de acondicionamento exterior de anexo á residencia da 3ª. Idade para centro de día, 3ª. fase 33.628,82 33.628,82 33.628,82 4ª. fase de adecuación do Conservatorio 59.926,76 44.945,07 44.945,07 Reformas varias no Pavillón e Piscina municipal 24.047,15 24.047,15 24.047,15 Reparación de edificio existente de gardería e obras accesorias 89.954,73 89.954,73 89.954,73 Instalación de ascensor e salvaescaleiras na Casa cultural de Xinzo 29.568,40 29.568,40 29.568,40 Subministro para alumeado público 29.956,15 29.956,15 29.956,15 Instalación eléctrica en baixa tensión para ilumminación pública, parroquia de Guláns, barrio Casal 12.646,40 12.646,40 12.646,40 4ª. Fase da Casa cultural de Ribadetea 95.922,60 47.961,30 47.961,30 95.922,60 Centro cultural de Guláns, 1ª. fase 120.000,10 60.000,10 60.000,00 120.000,10 Pavimentación da pista de Picouto a Ramallal en Paredes 39.065,78 15.000,00 24.065,78 39.065,78 Pavimentación da pista de Outeiro de Castro a Outeiro Fernando, Fozara 115.841,18 40.000,00 62.498,82 102.498,82 Reformas varias en planta baixo cuberta Casa Cultural de Areas 89.773,84 25.000,00 64.773,84 89.773,84 Saneamento en San Roque 90.000,00 27.961,30 62.038,70 90.000,00 198.431,18 183.449,49 712.729,18 378.048,38 0,00 321.338,44 882.836,31 ------ Folla: 5.14977.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.14978.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE BAIONA, PARA DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “KANGURAS”. ANO 2007 Rematada o 31/12/06 a vixencia do Convenio de colaboración subscrito entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona para a posta en marcha do Programa Kanguras, para coidado de nenos/as do termo municipal de tal concello, producíndose un remanente económico favorable de 15.782,97 € por parte desta Deputación e de 1.303,70 € por parte do devandito concello; á vista do informes emitidos polo Sr. Secretario Xeral e polo Sr. Interventor, con datas 21/11/06 e 30/12/06, respectivamente, e coa finalidade de dar continuidade o referido programa que tan bo resultados acadou no pasado exercicio, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona, ano 2007, para continuidade do Programa Kanguras, orientado o coidado de nenos/as do devandito concello, mediante a aplicación orzamentaria dos remanentes producidos nas achegas económicas de ambas as dúas Corporacións Locais, no ano 2006. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE BAIONA PARA O ANO 2007 PARA A CONTINUIDADE DO PROXECTO “KANGURAS” EN APOIO ÁS FAMILIAS DO CONCELLO QUE NON PODEN ACCEDER A ACTIVIDADES FORMATIVAS, LABORAIS OU SOCIAIS, POR NON TER CON QUEN DEIXAR OS SEUS NENOS E NENAS No concello de Baiona reúnense o 16 de Abril e 2007 pola Excma. Deputación Provincial D. Rafael Louzán Abal en calidade de Presidente, e coas competencias que lle atribúe o art. 34.1,b da Lei 7/85, de 2 de abril Reguladora de Bases de Réxime Local e D. Jesús Vázquez Almuiña como Alcalde do -Concello de Baiona. Ámbalas dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o Convenio de Colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES As Institucións asinantes do presente Convenio co fin de colaborar na consecución da plena igualdade entre homes e mulleres, consideran fundamental apoiar ás familias con menores o seu cargo, sobre todo no caso das mulleres por ser o sector máis afectado, para que poidan formarse e acceder ó mundo laboral. Para conseguir este obxectivo consideran necesario a posta en marcha dun Programa de KANGURAS que lles permita as nais ou pais que reúnan uns requisitos determinados, dispor dun tempo persoal para que poidan realizar actividades tanto formativas como laborais, sociais e/ou culturais. Asumindo as competencias previstas no artigo 36 da Lei 7/85 Reguladora das Bases de Réxime Local que fai referencia ás competencias das Deputacións e nos artigos 5, 21 e 22 da Lei 4/93 dos Servizos Sociais da Comunidade Autónoma Galega nos que se recollen as áreas de actuación dos servizos sociais, nas que se atopan incluídos tanto a muller (5º.3.a), como a familia e infancia (5º.3.e), sectores ós que se dirixe o presente convenio, así como tamén os artigos 21 e 22 que recollen as competencias dos Concellos e Deputacións respectivamente, e tendo en conta que o Concello de Baiona aprobou en decembro do ano 2004 o I Plan Municipal de Igualdade entre Homes e Mulleres 2005-06 e que a Deputación de Pontevedra acaba de aprobar no Pleno do 22 de febreiro o seu I Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres 2005-08 e que ambos planes conteñen un conxunto de medidas tendentes a impulsar e desenvolver políticas sociais que orienten as prácticas de igualdade nas accións, tanto municipais como provinciais, que repercutan no benestar e calidade de vida da cidadanía, as partes asinantes consideran que o Concello de Baiona é unha entidade idónea para contribuír ó desenvolvemento da política social e asistencial da proposta do presente Convenio. En base ás anteriores consideracións, ámbalas dúas partes acordan establecer o presente Convenio, coas seguintes CLÁUSULAS Primeira. Obxecto.- As Institucións asinantes, Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Concello de Baiona, levarán a cabo durante o ano 2007, de mutuo acordo e por segundo ano consecutivo, o Programa gratuíto KANGURAS cos obxectivos seguintes: 1.Ter en funcionamento o servizo de kanguras nos cursos de formación ocupacional organizados polo Concello cando exista incompatibilidade de horarios para a asistencia ós mesmos. 2.Potenciar a formación das mulleres de Baiona, nun sector que se presenta como facilitador da inserción laboral como son os servizos sociocomunitarios, e mais concretamente de coidadoras infantís. 3.Facilitar a inserción laboral das mulleres de Baiona. 4.Incluír a perspectiva de xénero e da igualdade de oportunidades na formación das mulleres e na prestación dun servizo público. 5.Potenciar a participación activa e continua en igualdade para mulleres e homes en diferentes ámbitos (laborais, formativos e culturais) ofertándolles a posibilidade de poñer os seus fillos e fillas a cargo dunha kangura de modo que acaden tempo persoal e laboral necesario para poder facelo. 6.Ofrecer os/as menores un entorno educativo e de ocio cunha profesional encargada do seu coidado. No Anexo adxunto ó convenio queda recollida a fundamentación do programa, os obxectivos xerais, beneficiarios, criterios de admisión de solicitudes, baremos para selección e priorización das mesmas, recursos humanos, funcionamento do servizo e coordinación e avaliación do mesmo e orzamento. Segunda. Ámbito de actuación.- O ámbito de actuación do presente convenio comprende o municipio de Baiona. Terceira. Destinatarios/as.- Os destinatarios de dito programa poden ser tanto persoas individuais como colectivos que reúnan os requisitos e condicións recollidas no presente Convenio e Anexo do mesmo. Cuarta. Condicións para poder acceder ó servizo.- Para poder acceder ó servizo gratuíto de KANGURAS e indispensable: Ser veciño/a do Concello de Baiona (nais, pais e parellas), ter fillos/as entre 0 e 12 anos o seu cargo e non ter con quen deixalos para realizar actividades formativas, laborais ou sociais que repercutan favorablemente no seu desenvolvemento persoal ou no dos/as menores. Que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó baremo que se recolle no Anexo. Quinta. Duración e financiamento.- O presente convenio entrará en vigor o día 1º de xaneiro de 2007, con independencia da data da súa sinatura, e rematará o 31 de decembro do mesmo ano. O financiamento do Proxecto por parte da Deputación serán os remanentes do programa de 2006 da partida 06/313.313.462.05. Unha vez realizada a incorporación de remanentes dita contía poderá aboarse en mensualidades unha vez xustificados os gastos, ata acadar o total da mesma a través das correspondentes facturas, nóminas ou outros documentos válidos legalmente a tal fin. Pola súa parte o Concello tamén participará cos remanentes de programa unha vez xustificados todos os gastos do mesmo con cargo á partida 324.22706 do orzamento de 2006 prorrogado para 2007. Sexta. Causas de Resolución do Convenio.- Serán causas de resolución do presente Convenio, o incumprimento por algunha das partes asinantes do contido do Convenio, así como o incumprimento da xustificación da subvención por parte do beneficiario da mesma. Sétima. Causas de Terminación das Actuacións.- As actuacións derivadas do presente Convenio, terminarán por expiración do prazo de vixencia do mesmo, se non existe prórroga, ou por resolución do Convenio por algunha das causas enumeradas na cláusula anterior. Oitava. Participación das institucións.- As responsabilidades da Deputación e do Concello no desenvolvemento do programa serán as seguintes: Deputación: Achega económica e apoio técnico para o estudo e seguimento da actividade. A súa función principal será a supervisión xeral do Programa. Concello de Baiona: Participará no programa coa achega económica sinalada na cláusula 5ª e será o organismo responsable da xestión, coordinación, seguimento, control e avaliación do programa que se realizará a través do CIM coa colaboración dos Servizos Sociais Municipais e contratacións técnicas que considere necesarias. Presentará trimestralmente na Deputación un informe sobre a evolución do programa e unha memoria o remate do mesmo. Novena. Comisión de seguimento.- A Comisión de Seguimento terá as seguintes funcións: seguimento técnico das actuacións e evolución do proceso e remate do Proxecto. Dita Comisión estará formada por parte da Deputación pola Xefa do Servizo de Acción Social e unha Traballadora Social que actuará como secretaria da Comisión e por parte do Concello de Baiona, a Directora do CIM e a traballadora social. As reunións da Comisión de Seguimento serán trimestrais ou antes se os membros que a forman o consideran necesario. Décima. Publicidade.- A Deputación conforme o artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, procederá a publicar a subvención concedida. O Concello de Baiona comprométese a facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social en toda a publicidade que se elabore. O Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, O Alcalde do Concello de Baiona, Asdo.-: Rafael Louzán Abal Asdo.- Jesús Vázquez Almunia” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.14979.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CAMBADOS PARA A MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA C-550 Visto que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Cambados para mellorar a seguridade vial na estrada 550, cuxo custo total se estima na cantidade de cincocentos noventa e cinco mil corenta e cinco euros con corenta e sete céntimos (595.045,47 €). E vistos así mesmo, os informes emitidos por el Sr. Secretario e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cambados para a mellora da seguridade vial na C-550. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CAMBADOS PARA A MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA C-550 No Concello da Cambados, a __________ de 2007 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. José Manuel Cores Tourís, Alcalde-Presidente do Concello de Cambados, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cambados para a mellora de seguridade vial na C-550, do PK 34+800 o PK 36+700, no lugar de Xesteira, da parroquia de Castrelo-Cambados, cunha lonxitude de 1.900 metros. Segunda.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico que serán financiadas con cargo a partida 07/911.911.662.09 a cantidade da anualidade 2007, e con cargo a partida correspondente de exercicios futuros as anualidades dos anos 2008 e 2009. O Concello de Cambados poderá nomear a un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Terceira.- O Concello de Cambados, obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución da obra relacionada na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. A adxudicación do concurso para executar a obra quedará condicionada á ratificación previa do presente convenio polo Pleno do concello de Cambados. Cuarta.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a 595.045,47 euros e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do Proxecto. Quinta.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Cambados, mediante a achega das cantidades que se establecen de seguido: As cantidades a achegar polo concello, que son un ingreso de dereito publico, xerarán crédito na partida 911.911.662.09, debendo ingresar a cantidade correspondente a anualidade 2007 antes do comezo das obras. As cantidades das anualidades 2008, 2009 e 2010 deben ser ingresadas durante o primeiro trimestre do exercicio correspondente. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. Sexta.- O Concello comprométese o mantemento das rúas obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de recepción de obras. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2010. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Cambados, Asdo.-: Rafael Louzán Abal Asdo.- José Manuel Cores Tourís” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.14980.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS EN DIVERSAS RÚAS Visto que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas coa finalidade de realizar obras en diversas rúas, cuxo custo se estima na cantidade de cento setenta e cinco mil seiscentos setenta e seis euros con noventa céntimos (175.676,90 €). E vistos, así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a realización de obras en diversas rúas. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura”. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS EN DIVERSAS RÚAS No Concello de Ponteareas, a _______ de 2007 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Salvador Gonzalez Solla, Alcalde-Presidente do Concello de Ponteareas, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para realizar obras de mellora nas rúas que se establecen de seguido: Pavimentación das rúas Ciclista Emilio Rodríguez, Pombas, Virxe Remedios, cun orzamento de cincuenta e oito mil cento trinta e sete euros con vinte e sete céntimos (58.137,27 €). Pavimentación das rúas Braña, Azorín e Morales Hidalgo, cuxo orzamento é de cincuenta e sete mil setecentos trinta e un euros con setenta e dous céntimos (57.731,72 €). Pavimentación das rúas Vidales Tome, Mestres Alfonso Vázquez Fraile, Alcalde D. Ojea e Estrada, estimándose o custo en cincuenta e nove mil oitocentos sete euros con noventa e un céntimos (59.807,91 €). Segunda.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas nos proxectos técnicos que serán financiadas con cargo a partida 07/911.911.662.09, na cantidade total de cento cincuenta e oito mil cento nove euros con vinte e un céntimos (158.109,21 €), correspondente a parte financiada pola institución provincial. O Concello de Ponteareas poderá nomear a un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Terceira.- O Concello, obrígase a achegar a cantidade de dezasete mil cincocentos sesenta e sete euros con sesenta e nove céntimos (17.567,69 €) a Deputación de Pontevedra, o que supón un ingreso de dereito público, antes do comezo das obras. No caso de falta de ingreso desta cantidade ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. Así mesmo, debera poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución da obra relacionada na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Cuarta.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a cento setenta e cinco mil seiscentos setenta e seis euros con noventa céntimos (175.676,90 €) e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes a redacción do Proxecto. Quinta.- O Concello comprométese o mantemento das rúas obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de recepción de obras. Sexta.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Sétima.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2008. Oitava.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Ponteareas, Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- Salvador González Solla” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.14981.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE TOMIÑO PARA A DOTACIÓN DE SERVIZOS NA PO-562 Visto que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño coa finalidade de realizar as obras necesarias para dotar de servizos á estrada PO-562, cuxo custo estímase na cantidade de catrocentos noventa mil catrocentos tres euros con corenta e tres céntimos (490.403,43 €). E vistos, así mesmo, os informes emitidos por el Sr. Secretario e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Tomiño para a dotación de servizos na PO-562. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE TOMIÑO PARA A DOTACIÓN DE SERVIZOS NA PO-562 No Concello de Tomiño, a ___ de 2007 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. José Luis Fernández Lorenzo, Alcalde-Presidente do Concello de Tomiño, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Tomiño para realizar a obra para dotar de servizos na PO-562. Segunda.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico que serán financiadas con cargo a partida 07/911.911.662.09 a cantidade da anualidade 2007, e con cargo a partida correspondente do exercicio futuro a anualidade 2008. O Concello de Tomiño poderá nomear a un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Terceira.- O Concello, obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución da obra relacionada na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Cuarta.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a catrocentos noventa mil catrocentos tres euros con corenta e tres céntimos, (490.403,43 €) e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes a redacción do Proxecto. Quinta.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño, mediante a achega das cantidades que se establecen de seguido: 2007 2008 Total Deputación Provincial de Pontevedra 201.930,82 € 141.351,58 € 343.282,40 € Concello de Tomiño 147.121,03 € 147.121,03 € Investimento total 201.930,82 € 288.472,61 € 490.403,43 € Sexta.- O Concello comprométese o mantemento das rúas obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de recepción de obras. A parte financiada polo concello, que supón un ingreso publico, xerará crédito na partida 911.911.662.09 do ente provincial, ingresando a cantidade correspondente a anualidade 2008, dentro do primeiro trimestre do seu ano natural. A adxudicación do concurso para executar a obra quedará condicionada á ratificación previa do presente convenio polo Pleno do concello de Tomiño. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2009. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Tomiño, Asdo.-: Rafael Louzán Abal Asdo.- José Luis Fernández Lorenzo” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.14982.- ADXUDICACIÓN POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS LOTES NÚMEROS 62 E 64 QUE QUEDARON DESERTOS NO CONCURSO CONVOCADO PARA CONTRATAR O ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE E SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2007, ASÍ COMO A NOVA ADXUDICACIÓN DO LOTE NÚMERO 14 DE DITO CONCURSO Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión del día 5 de decembro de 2006, pola que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para efectuar o “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte” e “Subministro de materiais”, con destino a traballos de infraestruturas, bens naturais e outras obras durante o ano 2007, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP número 240 de data 18 de decembro de 2006 e no Diario Oficial de Galicia número 242 de data 19 de decembro de 2006. Resultando que a Xunta de Goberno na sesión do día 12 de xaneiro de 2007, procedeu a adxudicar os diversos lotes do concurso convocado para contratar o aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2007, e acordou declarar desertos, entre outros, os lotes números 62 e 64 debido a que non se presentaron licitadores para optar á adxudicación dos mesmos. Resultando que o Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria mediante escrito de data 14 de febreiro de 2007 propón que se realicen os trámites pertinentes para adxudicar os lotes 62 e 64 que quedaron desertos e que tralas xestións realizadas e as invitacións cursadas as empresas, HORMIGONES VALLE MIÑOR, S.A. e EXCAVACIONES EXPANO, S.A., presentaron ofertas para optar á adxudicación dos lotes 62 e 64. Vista a proposta efectuada pola Mesa de Contratación, na reunión celebrada o día 4 de abril de 2007, para a adxudicación dos lotes números 62 e 64 que quedaron desertos no concurso para a contratación do “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte” e “Subministro de materiais” do ano 2007, ás empresas, HORMIGONES VALLE MIÑOR, S.A. e EXCAVACIONES EXPANO, S.A., respectivamente, así como a proposta para que se adxudique novamente o lote número 14 do concurso á empresa “OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L.”, ó renunciar a empresa MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROSA, S.L., á adxudicación do mesmo. A Xunta de Goberno, de conformidade co previsto no artigo 182 a) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, acorda por unanimidade: -Adxudicar mediante procedemento negociado sen publicidade, os lotes números 62 e 64 que quedaron desertos no concurso para a contratación do “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte” e “Subministro de materiais” ano 2007, ós licitadores que a continuación se detallan e polos importes en euros que se citan, incluído o IVE. Lote Adxudicatario Cantidade Prezo Total Euros 62 HORMIGONES VALLE MIÑOR, S.A. (A-36623510) Subministro de formigón H-175 árido 25 200 m3 76,00 €/m3 15.200,00 € 64 EXCAVACIONES EXPANO, S.A. (C.I.F.- A-36112720) Escavación en roca con voadura 2.650 m3 20,00 m3 53.000,00 € A adxudicación dos lotes 62 e 64 que quedaron desertos no concurso convocado para o ano 2007, ás empresas HORMIGONES VALLE MIÑOR, S.A. e EXCAVACIONES EXPANO, S.A., motívase en que as ofertas presentadas por ditas empresas non superan o prezo de licitación fixado para cada un dos lotes citados e cumpren co estipulado nos pregos de condicións. Así mesmo, a Xunta de Goberno en relación á adxudicación efectuada na sesión do día 12 de xaneiro de 2007 á empresa MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROSA, S.L., do lote nº 14 do concurso do ano 2007 correspondente ó aluguer de 400 horas de aluguer dunha retro escavadora con martelo de 150 CV, acorda por unanimidade: -Aceptar a renuncia efectuada pola empresa MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROSA, S.L., á adxudicación do lote nº 14 do concurso do ano 2007 correspondente ó aluguer de 400 horas de aluguer dunha retro escavadora con martelo de 150 CV, ó detectar que a máquina ofertada non posúe o martelo picador esixido no prego de condicións e ser causa de resolución do contrato por non ter constituído a fianza definitiva. -Adxudicar á empresa “OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L.” (C.I.F.-B-36371227), o lote número 14 do concurso do ano 2007 correspondente ó aluguer de 400 horas de aluguer dunha retro escavadora con martelo de 150 CV, polo prezo 20.800,00 euros, a razón de 52 €/h, IVE incluído. A adxudicación do citado lote número 14 á empresa “OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L.”, motívase no feito que dita empresa presentou a seguinte oferta mais vantaxosa das que optaron á adxudicación de dito lote. O gasto para facer fronte a ditas adxudicacións imputarase á vinculación xurídica que forman as partidas 07/511.511.210.00, 07/511.511.210.01 e 07/511.511.210.02 do vixente Orzamento Provincial. As empresas adxudicatarias dos lotes números 14, 62 e 64, deberán constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación, por importes de 832,00 €, 608,00 € e 2.120,00 €, respectivamente, que ingresarán na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ós adxudicatarios, dará lugar á resolución dos contratos. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.14983.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE “DIVERSAS OBRAS” Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de “Diversas Obras”, visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Adxudicar a CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. a obra de “Capa de rodadura E.P. 8403 Cuntis-Alto da Cruz, tramo E.P. Piñeiro-Arcos, tramo E.P. Piñeiro-Arcos-CN Chapa-Carril (Cuntis)” na suma de 74.690,82 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 6.100,00 €, un período de mantemento de trinta e oito meses e, o 2% do orzamento de execución material para control de calidade. - Adxudicar a CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. a obra de “Terminación, ensanche e mellora E.P. 9502 Valga-Baño e E.P. 8506 Baño-C-550 (Valga)” na suma de 128.422,90 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 7.410,00 €, un período de mantemento de trinta e seis meses e, o 2 % do orzamento de execución material para control de calidade. Os adxudicatarios, constituirán unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que establecerán na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso, a cantidade de 214,15 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G., que ascendeu a un total de 428,30 €. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.14984.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE “DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE PONTEAREAS” Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de “Diversas Obras a executar mediante convenio co Concello de Ponteareas”, visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Adxudicar a BELYPA CONSTRUCCIONES, S.L. a obra de “Acondicionamento de espazos adxacentes á Igrexa” na suma de 137.086,71 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 12.290,85 €, un período de mantemento de dezaoito meses e, o 1,5% do orzamento de execución material para control de calidade. - Adxudicar a CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. a obra de “Acondicionamento da Praza de Auditorio” na suma de 71.921,12 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 2.345,25 €, un período de mantemento de trinta e seis meses e, o 3 % do orzamento de execución material para control de calidade. O adxudicatario da obra de “Acondicionamento de espazos adxacentes á Igrexa” depositará, de acordo co establecido no art. 36.4 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP, unha garantía definitiva do 20 % do prezo de adxudicación toda vez que de acordo co referido informe técnico incorre en baixa temeraria. O adxudicatario da obra “Acondicionamento da Praza de Auditorio”, constituirá unha garantía definitiva por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP, que establecerán na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso, a cantidade de 202,01 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G., que ascendeu a un total de 404,02 €. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.14985.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE “DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE TUI” Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de “Diversas Obras a executar mediante convenio co Concello de Tui”; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso, e vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Adxudicar a MOVEX VIAL, S.L. a obra de “Seguridade vial E.P. 2502 Cerquido-Ribadelouro (tramo Magdalena-Ribadelouro)” na suma de 357.550,00€, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de catro meses, melloras valoradas en 24.104,48 €, un período de mantemento de corenta e dous meses, e o 1,5% do orzamento de execución material para control de calidade. O adxudicatario constituirá unha garantía definitiva por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP, que establecerán na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso, a cantidade de 214,15 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G., que ascendeu a un total de 428,30 €. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.14986.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA DE “REDESANEA EN CONCELLO DE MEIS, CONCELLO DE PORTAS E CONCELLO DE RIBADUMIA” Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de “Redesanea en Concello de Meis, Concello de Portas e Concello de Ribadumia”; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso, e vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a PAVIMENTOS DE MEAÑO, SL a referida obra na suma de 611.014,37 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 5.978,85 €, e un período de mantemento de vinte e catro meses, e o 2% do orzamento de execución material para control de calidade. O adxudicatario constituirá unha garantía definitiva por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP, que establecerán na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso, a cantidade de 381,48 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no BOP. e DOG. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.14987.- APROBACIÓN DE VARIOS PROXECTOS DE OBRAS Vistos os proxectos redactados polo Servizo de Vías e Obras, así como os remitidos polos Concellos de Cambados e Ponteareas, que máis adiante se relacionan; e, vistos os informes emitidos por intervención relativos á existencia de consignación orzamentaria, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar ós seguintes proxectos: 1.- “Dotación de beirarrúas en O Castro E.P. 6502 Silleda-Castro-Merza (Silleda)”, por importe de 138.413,15 €, IVE incluído, con cargo á partida 07/511.511-612.02. 2.- “Beirarrúas en Tomiño, segunda fase”, por importe de 490.403,43 €, IVE incluído, a executar mediante convenio co Concello de Tomiño con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidade 2007 2008 Total Deputación 201.930,82 141.351,58 343.282,40 Concello 147.121,03 147.121,03 Total 201.930,82 288.472,61 490.403,43 En canto á achega da Deputación Provincial, existe crédito para a anualidade de 2007 na partida 07/911.911.662.09. A anualidade de 2008 contabilizarase na partida correspondente do seu orzamento quedando condicionada á súa aprobación. A achega do Concello xerará crédito na partida correspondente. 3.- “Pavimentación casco urbano de Ponteareas, rúas Vidales Tomé, Mestres Alfonso Vázquez, Alcalde D. Ojea e Estrada”, a executar mediante convenio co Concello de Ponteareas, por importe de 59.807,91 €, dos que o Concello achega a suma de 5.980,79 €, con cargo á partida 07/911.911.662.09. 4.- “Pavimentación casco urbano de Ponteareas, rúas Braña, Azorín e Morales Hidalgo”, a executar mediante convenio co Concello de Ponteareas, por importe de 57.731,72 €, dos que o Concello achega a suma de 5.773,17 €, con cargo á partida 07/911.911-662.09. 5.- “Pavimentación casco urbano de Ponteareas, rúas Ciclista Emilio Rodríguez, Pombas, Virxe Remedios e Reveriano Soutullo”, a executar mediante convenio co Concello de Ponteareas, por importe de 58.137,27 €, dos que o Concello achega a suma de 5.813,73 €, con cargo á partida 07/911.911.662.09. 6.- “Mellora da seguridade vial na C-550 en lugar de Xesteira, Castrelo (Cambados)” por importe de 595.045,47 €, IVE incluído, a executar mediante convenio co Concello de Cambados con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidade 2007 2008 2009 2010 Total Deputación 181.100,81 126.770,55 108.660,47 416.531,83 Concello 64.285,71 45.000,00 38.571,50 30.656,43 178.513,64 Total 245.386,52 171.770,55 147.231,97 30.656,43 595.045,47 En canto á achega da Deputación Provincial na anualidade de 2007 existe crédito na partida 07/911.911-662.09. As anualidades de 2008 e 2009 contabilizaranse nas partidas correspondentes dos seus orzamentos quedando condicionadas á súa aprobación. As achegas do Concello de Cambados xerarán crédito nas partidas correspondentes. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.14988.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS De conformidade coas propostas de data 7 de marzo de 2007 das contratadas laborais Dona Rebeca Domínguez Pérez, coordinadora do proxecto Mercurio, e Dona Remedios Pérez González, técnica de apoio do referido proxecto, nas que se solicita permiso e axuda económica para asistir ó curso denominado “As entidades locais e a presentación de novos proxectos ó obxectivo de cooperación territorial Europeas (iniciativas comunitarias) para o ano 2007-2013”, que se celebrou os días 19 ó 28 de febreiro de 2007 en Santiago de Compostela, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade convalidar o acto e conceder a Dona Rebeca Domínguez Pérez e a Dona Remedios Pérez González o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 200,00 €, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Inscrición ó curso: Rebeca Domínguez Pérez 100,00 € Remedios Pérez González 100,00 € Dito importe imputarase á partida 07/313.623.226.19 do vixente orzamento provincial. Para o aboo das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 14ª do acordo núm. 9.14880 de data 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, as solicitantes deberán presentar unha memoria sobre o desenvolvemento do curso e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con subxección á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma; os gastos de matrícula, nos termos e condicións establecidos no R.d. 462/2002. ------ Folla: 17.14989.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición