Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2007-04-20_Ordinaria. Acta de sesión 2007/04/20_Ordinaria
Acta de sesión 2007/04/20_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/1.2007-04-20_Ordinaria
Título Acta de sesión 2007/04/20_Ordinaria
Data(s) 2007-04-20 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas do día vinte de abril do ano dous mil sete, baixo a Presidencia de Dona María Teresa Pedrosa Silva, Vicepresidenta da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, e os señores deputados D. José Enrique Sotelo Villar e D. José Manuel Figueroa Vila. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15011.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 13 de abril de 2007. ------ Folla: 2.15012.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA CONCEDIDA Á COOPERATIVA DO CAMPO DE SILLEDA PARA ADQUISICIÓN DE ROTATIVA E SEMENTADORA Dada conta da solicitude formulada por D. Marcelino García González, Presidente da Cooperativa do Campo de Silleda, NIF F-36257574, para o cambio de aplicación da axuda económica concedida por Xunta de Goberno de data 9 de marzo de 2007 por importe de 9.000,00 €, para adquisición de rotativa e sementadora. Visto o informe emitido polo enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder ó cambio de aplicación da axuda económica por importe de 9.000,00 € concedida para adquisición de rotativa e sementadora e que se destine á adquisición de fresadora con rolo incorporado e sementadora. ------ Folla: 3.15013.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA REALIZACIÓN DE DOUS PRODUTOS DE XESTIÓN COMERCIAL DIRIXIDOS A EMPRESARIAS E A EMIGRANTES RETORNADOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DENTRO DO PROXECTO MERCURIO Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, do día 19 de xaneiro de 2007, aprobando o expediente para a contratación mediante concurso, procedemento aberto, da realización de dous produtos de xestión comercial dirixidos a empresarias e a emigrantes retornados da provincia de Pontevedra dentro do Proxecto Mercurio, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 22, 31/01/07) e no DOGA (nº 24, 02/02/07). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, que tivo lugar o día 22 de febreiro do ano en curso, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación, trasladándose posteriormente as ofertas presentadas ó servizo técnico correspondente para o seu informe. Visto o informe da Xefa do Servizo de Acción Social e a proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Adxudicar o concurso para a contratación da realización de dous produtos de xestión comercial dirixidos a empresarias e a emigrantes retornados da provincia de Pontevedra dentro do Proxecto Mercurio á empresa GESTIFOR GALICIA S.L. (CIF B-36.497.949), polo prezo ofertado de setenta e cinco mil euros (75.000,00 €) , IVE incluído, por ser a empresa que obtén a maior valoración de acordo cos criterios de adxudicación sinalados no Prego de condicións económico-administrativas, ademais de reunir os requisitos esixidos en dito concurso. O pago do contrato efectuarase no seu día o adxudicatario con cargo a partida 07/313.623.227.06. do vixente Presuposto Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente o 4% do prezo de adxudicación por importe de 3.000,00 € que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables o adxudicatario, dará lugar a resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 243,60 euros, por gastos de anuncios no Diario Oficial de Galicia. ------ Folla: 4.15014.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA ACHEGA MUNICIPAL Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN COA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS E SERVIZOS DA EP 9303 MEAÑO-DENA”, DO CONCELLO DE MEAÑO, CON CARGO Ó PAM/2006-08, ANUALIDADE 2006 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, visto os informes que se unen ó expediente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Meaño unha subvención por importe de cen mil euros (100.000,00 €), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2006-08, anualidade 2006 (libre disposición), partida 07/911.911.762.45, para financiar a “Achega municipal ó convenio de colaboración coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para dotación de beirarrúas e servizos da E.P. 9303 Meaño-Dena”, co núm. 264/697 e con suxeición ás condicións seguintes: a.A subvención concédese para colaborar na actuación citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b.Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación de dita actuación, mediante a presentación da documentación correspondente, que terá que axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c.Os Servizos Técnicos Provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d.As obras que se acollan a este Programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2007, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e.O pago da subvención, só se efectuará unha vez teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 5.15015.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE INDEMNIZACIÓNS OU AXUDAS POR DANOS OCASIONADOS EN VEHÍCULO PARTICULAR POR RAZÓN DO SERVIZO Actualmente tal e como se atopa organizado o Servizo de Vías e Obras, parte do persoal das brigadas e do Parque Central de Maquinaria utiliza o seu vehículo particular por razón do servizo nos desprazamentos que realizan do centro de traballo ó lugar onde desenvolve a súa actividade, xa sexa dentro ou fóra da xornada laboral, segundo se atopen ou non de garda. A tal efecto, no artigo 41 do V Acordo Regulador para persoal funcionario e artigo 53 do I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Excma. Deputación Provincial, contemplouse que por acordo entre a Corporación e a Xunta de Persoal se poida establecer indemnizacións especiais para compensar os danos e prexuízos ou gastos extraordinarios derivados do desenvolvemento de cometidos profesionais. En consecuencia, atendendo a estas circunstancias, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as normas reguladoras da concesión de axudas por danos ocasionados en vehículo particular con motivo dos desprazamentos realizados por razón do servizo, que se rexerá polas seguintes: “B A S E S PRIMEIRA.- Obxecto. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de axudas económicas para compensar os danos causados en vehículo particular como consecuencia de accidentes de circulación producidos nos desprazamentos por razón do servizo. Non serán obxecto de compensación: a.Aqueles supostos en que a obrigación da reparación dos danos corresponda integramente a unha entidade aseguradora ou a un terceiro. b.Os danos derivados de avarías mecánicas. c.Os danos derivados de accidentes acontecidos nos desprazamentos do domicilio ó centro de traballo e viceversa. SEGUNDA.- Beneficiarios. Poderán solicitar esta indemnización ou axuda o persoal desta Excma. Deputación Provincial que no desempeño do traballo teñan que utilizar o seu vehículo particular para desprazarse do centro de traballo ó lugar onde desenvolven a súa actividade e que como consecuencia diso sufran un accidente do que deriven danos no vehículo, non cubertos adecuadamente por outro sistema compensatorio. Están excluídos deste tipo de axudas os desprazamentos efectuados en vehículo particular por asistencia a cursos de formación e perfeccionamento, seminarios, congresos, xornadas, simposios ou calquera outro de natureza similar. SEGUNDA.- Requisitos. A concesión deste tipo de indemnización ou axuda esixe: a.Que exista autorización previa para realizar tales desprazamentos en vehículo particular. b.Que o accidente se produza dentro da xornada laboral ou fóra con autorización previa. c.Que o accidente se produza no traxecto normal ou ordinario para o traslado do centro de traballo a un lugar distinto onde se desenvolve a súa actividade. d.Que ese traxecto non sexa alterado por motivos de carácter particular. e.Que o vehículo se atope asegurado. f.Que non sexa indemnizado polos mesmos danos e non teña dereito a ningunha outra axuda no futuro. TERCEIRA.- Indemnización. De concorrer as circunstancias expresadas nos apartados anteriores, o funcionario ou traballador accidentado terá dereito ás seguintes indemnizacións ata un límite máximo de 12.000,00 €. a.O 70% do valor venal (valor oficial declarado segundo matrícula) no caso de que o vehículo sexa declarado sinistro total. b.O 50% do custo de reparación do vehículo particular segundo conste na factura (con IVE incluído), se este non foi declarado sinistro total. Esta indemnización aboarase con cargo á partida 122.121.489.16. CUARTA.- Solicitude e xustificación. Para o recoñecemento desta indemnización, o funcionario ou traballador accidentado deberá presentar no Rexistro Xeral da Deputación Provincial instancia solicitando a correspondente indemnización ou axuda no prazo dun mes dende que se produciu o feito, acompañada da seguinte documentación: a.Informe do Xefe do Servizo xustificativo do desprazamento e percorrido efectuado polo funcionario ou traballador accidentado. b.Identificación do vehículo e condutor. c.Tarxeta de inspección técnica e permiso de circulación. d.Declaración do accidente con descrición detallada do mesmo, especificando lugar, data e hora. e.Dilixencias ou atestado practicado polo axentes ou autoridades encargadas da vixilancia do tráfico. De non existir xustificarase mediante os documentos ou informes que se estimen pertinentes, previa valoración das circunstancias en que se produciu. f.Documentación acreditativa da existencia e vixencia do contrato de seguro do vehículo, no que conste o seu ámbito de cobertura e, de ser o caso, o límite da franquicia. g.Taxación do dano ocasionado por un perito ou presuposto de reparación do vehículo. h.Factura regulada de reparación do vehículo. i.Declaración xurada de non ter dereito e non ser indemnizado polos mesmos danos ou, de ser o caso, xustificación do importe das indemnizacións percibidas ou recoñecidas. En casos excepcionais, dito prazo poderá ampliarse por un período máximo de dous meses, contados a partir da data en que tivo lugar o accidente. QUINTA.- Compatibilidade. Esta indemnización ou axuda terá carácter complementario con respecto ás que poida percibir do seguro privado, nese caso a porcentaxe aplicable calcularase sobre a diferenza entre o custo do dano e a axuda que perciba, tendo en conta o límite fixado na base terceira. SEXTA.- Procedemento A tramitación deste expediente someterase ó seguinte procedemento: 1.Recibida a solicitude, o Servizo de Recursos Humanos comprobará se achegou a documentación sinalada na base cuarta. Se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos esixidos requirirase ó interesado para que nun prazo de dez días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixese, teráselle desistido da súa petición. 2.Examinada a documentación achegada, poderase acordar a apertura dun período de proba por un prazo non superior a trinta días nin inferior a dez, a fin de que poidan solicitarse cantos documentos ou informes consideren pertinentes. 3.Instruído o procedemento, solicitarase o ditame da Comisión Paritaria Mixta, que terá carácter non vinculante. 4.A continuación remitirase o expediente a Intervención para fiscalización. 5.Unha vez informado por Intervención, se ditará Resolución Presidencial concedendo ou denegando a indemnización ou axuda solicitada. En caso de concesión deberá acreditarse que o interesado cumpre os requisitos esixidos nestas bases e que xustificou mediante factura regulada a realización do gasto. SÉTIMA.- Reintegro de gastos. Aprobada a concesión de axuda ou indemnización, procederase ó reintegro dos gastos ocasionados conforme ás porcentaxes establecidas na base terceira. De recibir calquera outra axuda ou indemnización aplicarase o disposto na base cuarta para a determinación da cantidade que lle poida corresponder por tal concepto. OITAVA.- Carácter retroactivo. As solicitudes presentadas con anterioridade á aprobación destas bases deberán cumprimentarse coa documentación e informes que se esixen as mesmas para a súa tramitación. NOVENA.- Casos excepcionais. Os casos excepcionais non contemplados nas bases serán estudados pola Comisión Paritaria Mixta, quen ditaminará sobre a posibilidade de conceder ou non a axuda ou indemnización en función das circunstancias en que se produciu o accidente.” ------ Folla: 6.15016.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.15017.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E CAIXANOVA EN MATERIA DE OBRA BENÉFICO SOCIAL (PLAN CULTURAL – 2007 E ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS) Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración entre a Deputación provincial de Pontevedra e Caixanova, en materia de obra benéfico social, en base ó cal se efectuará unha achega económica, por parte de Caixanova, de 300.000,00 €, distribuíndo 150.000,00 € para o Plan Cultural 2007, e os restantes 150.000,00 € para o desenvolvemento doutras actividades socioculturais, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACION ENTRE A EXCMA. DIPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CAIXA DE AFORROS DE VIGO, OURENSE E PONTEVEDRA “CAIXANOVA”, EN MATERIA DE OBRA BENÉFICO SOCIAL (PLAN CULTURAL-2007 E ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS) Por unha banda, D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, con C.I.F. P-3600000-H e domicilio en Pontevedra, r/Montero Ríos s/n, actuando en nome e representación de dita entidade. Por outra banda, D. Julio Fernández Gayoso, Presidente da “Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, Caixanova”, con C.I.F. G-36600369, domiciliada en Vigo, r/García Barbón 1-3, actuando en nome e representación de dita entidade. E X P O N E N 1.- Que a Excma. Deputación de Pontevedra, en diante, tamén, a Deputación, é unha entidade de dereito público, con personalidade xurídica propia, cun ámbito de actuación determinado pola agrupación dos municipios da provincia de Pontevedra, que ten encomendada, en base á normativa vixente, o goberno e a administración, con carácter autónomo, desta provincia. Entre outros, é o seu obxectivo xeral o servizo de todos os cidadáns da provincia de Pontevedra, para satisfacer os intereses xerais e para dinamizar e modernizar a sociedade e as administracións locais que dela dependen. Entre moitas das súas competencias do seu ámbito territorial de actuación, atópase o desenvolvemento de actividades socio culturais, a promoción do deporte, o apoio ás actividades turísticas e o fomento de actividades de carácter formativo entre o colectivo de funcionarios da Administración Pública adscritos a esta Deputación e ós Concellos integrados na mesma. Tamén forma parte das súas competencias o impulso e fomento da cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, co desenvolvemento de actuacións, xa sexa organizadas dende a propia Deputación ou en colaboración con outras entidades públicas ou privadas. 2.- Que Caixanova é a entidade financeira líder na provincia de Pontevedra, ámbito no que desenvolve unha importantísima actividade financeira e unha ampla contribución social, tendo o desenvolvemento integral desta provincia, historicamente, como un das súas primordiais obxectivos. Esta consideración por parte de Caixanova estendeuse ó longo do tempo á práctica totalidade dos sectores e axentes institucionais, económicos, empresariais e sociais da provincia de Pontevedra, a través de actuacións financeiras e de accións de obra socio cultural, de toda índole e magnitude, que se dirixiron a potenciar a expansión e a salvagardar a viabilidade das empresas, a promover o desenvolvemento de infraestruturas urbanísticas e sociais, a fomentar o turismo e o comercio, a facilitar a aplicación das novas tecnoloxías, a potenciar a formación do capital humano nos seus diferentes grados, a difundir e alentar a cultura, ou a axudar ós menos favorecidos, entre outras finalidades que tiveron como obxectivo común o impulsar a puxanza da provincia de Pontevedra e mellorar o nivel de vida dos seus cidadáns. 3.- Que, así mesmo, a actividade financeira de Caixanova foi de vital transcendencia para o impulso da economía e o benestar da provincia de Pontevedra, a través de accións tales como as axudas prestadas a importantes empresas da provincia, o financiamento da construción de numerosos núcleos de vivendas, o apoio ó desenvolvemento da rede de comunicacións viarias, a promoción de infraestruturas sociais,..., ademais de participar de forma destacada nos procesos de compra-venda ou privatización de empresas da provincia, e de constituír unha importante carteira de participacións no capital de sociedades encadradas en sectores estratéxicos, que se estenden a empresas con sé en Galicia ou que teñen na nosa Comunidade unha presenza relevante. 4.- Que, adicionalmente, Caixanova, exerce unha destacada actividade cultural, formativa, social e asistencial orientada á mellora de calidade de vida de todos os galegos. Neste sentido, e para o desenvolvemento dos seus proxectos, leva a cabo unha ampla e recoñecida Obra Social, tanto propia como en colaboración con outras institucións. 5.- Que, nesta traxectoria de Caixanova, foron múltiples e notorias as mostras de exitosa colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra -en manifestacións culturais, artísticas, recreativas, sociais e de apoio ós sectores produtivos-, que se demostraron de total transcendencia para o progreso da provincia. 6.- Que é intención de Caixanova manter o elevado grado de compromiso co progreso económico e a mellora social da provincia de Pontevedra, que esta entidade veu acreditando historicamente, reforzando en particular a súa atención cara a todos aqueles proxectos que con eses obxectivos poida suscitar a Deputación, contemplándose non só a axuda financeira e social, senón tamén a súa colaboración en materias formativas e de asesoramento, ou calquera outro medio que estea ó alcance de Caixanova. 7.- Que é intención compartida pola Excma. Deputación de Pontevedra e por Caixanova o fomentar e canalizar a involucración, na liña de colaboración que orienta o presente convenio, de todos os axentes económicos e sociais cuxos intereses conflúan na mesma finalidade de contribución ó desenvolvo socio-económico, con especial consideración das Administracións Públicas, Autonómicas e Estatais, en canto a potencial elemento clave para o bo fin das iniciativas que poidan acometerse ó amparo deste acordo. 8.- Que ambas partes consideran que existen aspectos de carácter cultural, formativo e social cuxo desenvolvemento pode seguir realizándose de xeito conxunto, e, en base ó labor que as dúas institucións teñen encomendada, acordan a subscrición do presente convenio de colaboración, e ó efecto A C O R D A N Primeiro.- No marco desta longa e frutífera colaboración histórica entre ambas entidades, e ó obxecto de dar continuidade á mesma, a Excma. Deputación de Pontevedra e Caixanova considéranse mutuamente socios estratéxicos a efectos de contemplar a súa participación e colaboración en todos aqueles proxectos de potencial impacto relevante no desenvolvemento da provincia de Pontevedra que teñan repercusión socio cultural ou ben incidan nos ámbitos abarcados pola acción social de Caixanova, así como en calquera outros que ambas partes xulguen de interese. Adicionalmente, a esta manifesta vontade que ten o carácter de longo prazo, o presente convenio, ten por obxecto regular as colaboracións de Caixanova e a Excma. Deputación de Pontevedra en materia de achegas de Caixanova con cargo á súa Obra Social para o presente exercicio 2007. Segundo.- Con cargo ó presuposto da obra social de Caixanova, esta realiza unha dotación orzamentaria global por un importe máximo de ata 300.000,00 € (trescentos mil euros), cuxa disposición regularase polo expresado no presente convenio, incluíndose aspectos de carácter asistencial, formativo, cultural, social, apoio ó deporte base e protección do medio-ambiente. Terceiro.- Aspectos específicos relativos ás colaboracións entre Caixanova e a Excma. Deputación de Pontevedra en materia socio cultural, de carácter xeral: Para colaborar no desenvolvemento de actuacións de carácter socio cultural, Caixanova dota, con cargo a este mesmo exercicio, unha partida orzamentaria total de 300.000,00 € (trescentos mil euros), que fará efectiva mediante consumos de carácter trimestral e contra solicitude expresa da Deputación, ó vencemento de cada período. En concreto, é interese de ambas partes que o destino dos fondos mencionados neste capítulo teñan como destino preferente: O copatrocinio da programación cultural realizada baixo a denominación “Plan Cultural 2007”, promovido polo Servizo de Cultura e Deportes da Deputación, que contempla o desenvolvemento de actividades culturais nos diferentes municipios da provincia, por parte de bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, rondallas, grupos de ballet, de danza, de teatro, de música clásica ou tradicional, etc. Para este capítulo resérvase unha dotación orzamentaria de 150.000,00 € (cento cincuenta mil euros). Neste capítulo, Caixanova resérvase a posibilidade de propoñer, cun mes de anticipación, a realización de actos en colaboración coa Deputación, con cargo a este presuposto, a desenvolver nos diferentes municipios da provincia e que poderá integrar na súa programación cultural. O desenvolvemento doutras actividades socio culturais, como as enumeradas seguidamente, para o cal Caixanova destina unha partida global conxunta de 150.000,00 € (cento cincuenta mil euros): Colaboración en actividades culturais e exposicións do Museo Provincial de Pontevedra. O desenvolvemento de actividades de carácter cultural e científico. O desenvolvemento de actividades que teñan como obxectivo fundamental a promoción do deporte, e, en especial, o deporte destinado ós máis novos. Colaboración con la “Escola de Canteiros”, para a promoción e formación dos mozos no oficio de “canteiro”. A dotación de infraestruturas para as instalacións deportivas, co obxectivo de apoio específico ó deporte base. Colaboracións de carácter Editorial. Promoción turística da provincia. O desenvolvemento das Aulas Virtuais da Escola para as Administracións Públicas de Caixanova, cunha dotación de 30.000,00 euros. E en xeral, todas aqueloutras actividades que, de mutuo acordo, considérense de interese desenvolver. A Execución desta partida farase mediante acordos ou convenios que se refiran ás diversas actividades aquí indicadas e que especificarán o importe outorgado e o perceptor ou perceptores do seu aboo, e nos que intervirán, polo menos, a Deputación de Pontevedra e Caixanova. A Deputación comprométese a que nos programas ou catálogos comunicativos que se elaboren para a súa difusión e distribución, xa sexa en actividades propias ou realizadas en colaboración con outras entidades públicas ou privadas, se faga constar o mecenazgo de Caixanova. Por outra banda, Caixanova poderá facer a publicidade que considere conveniente sobre os eventos a desenvolver, pero facendo constar que o é en colaboración coa Deputación. Cuarto.- Caixanova atenderá, de forma prioritaria e personalizada, as solicitudes de asesoramento e apoio que se realicen dende a Excma. Deputación de Pontevedra, en apoio ós proxectos e formulacións que se realicen a través da mesma. Pola súa banda, a Deputación dirixirase preferentemente ante Caixanova para a formulación de colaboración e apoio naqueles proxectos que considere relevante levar a cabo, con obxecto de alcanzar sinerxías no seu desenvolvemento e posta en marcha. Quinto.- A Deputación e Caixanova con este convenio dan continuidade ó marco de colaboración mutua iniciado coa sinatura do convenio anterior, mediante o cal poidan propoñerse e establecerse outro tipo de medidas e instrumentos de apoio ós fins pretendidos nos apartados anteriores e que, en definitiva, melloren a situación económica dos sectores produtivos que representa. De xeito prioritario, será obxecto de especial dedicación a colaboración que poida realizarse a través da Escola de Negocios Caixanova e a través da Escola para as Administracións Públicas Caixanova, co fin común de colaborar no desenvolvemento de programas de formación directiva empresarial e de responsables da función pública. Sexto.- Así mesmo, a Deputación e Caixanova comprométense a analizar outras vías de colaboración en materia de obra social que, no seu caso, regularanse por convenio adicional expreso ó efecto, tratando de facer partícipes ós conciudadáns desta provincia das accións da obra social de Caixanova ou de establecer outras sinerxías coas que satisfacer as posibles demandas que existan dende a Deputación nesta materia. Sétimo.- A Deputación de Pontevedra, dará preferencia ás solicitudes que, fronte a outros, Caixanova lle suscite para o posible uso de instalacións propiedade ou xestionadas pola Deputación, con obxecto de celebración de actividades diversas en beneficio dos conciudadáns da provincia e o público en xeral. Así mesmo, a Deputación dará especial relevancia á promoción da imaxe institucional de Caixanova no seu ámbito de actuación, coidando dos soportes publicitarios que de común acordo se instalen nas súas dependencias. De igual xeito, a Deputación fará figurar expresamente o patrocinio de Caixanova en todos cantos actos culturais, formativos, sociais, educativos, empresariais, de promoción do turismo e o comercio, etc. nos que non conste o patrocinio exclusivo doutras entidades, e que puidesen resultar de interese institucional para Caixanova. Os representantes da Deputación farán mención ó patrocinio e apoio financeiro de Caixanova na realización dos diferentes eventos e nas rodas de prensa, conferencias, medios de comunicación, ..., que ó efecto se convoquen. Oitavo.- Ó obxecto de instrumentar a necesaria coordinación para o desenvolvemento do presente convenio, así como para facilitar a canalización de propostas e o estudo dos proxectos ós que o mesmo poida dar lugar, constituirase unha Comisión Consultiva de catro membros, que estará integrada paritariamente por dous representantes de cada unha das entidades asinantes, a cal reunirase sempre que se entenda necesario, e, en todo caso, cunha periodicidade mínima trimestral. Ó amparo de dita Comisión, e sen menoscabo do exposto no acordo anterior, a Deputación informará a Caixanova dos actos de todo tipo que, con arranxo ós acordos anteriores, pretenda desenvolver e aqueles nos que, expresamente, desexa non figure o patrocinio de Caixanova. Noveno.- A Excma. Deputación de Pontevedra, como administración pública que é, en apoio á formación impartida dende a Escola para as Administracións Públicas Caixanova en materia do curso “Master en Xestión e Dirección de Administracións Públicas”, comprométese a prestar a súa colaboración como centro de acollida dalgún alumno adscrito ó mencionado curso de formación (ou doutro que ó efecto puidese resultar de interese para ambas partes), para o desenvolvemento nas súas instalacións da fase de prácticas correspondente, valorándose e facéndose constar por parte de Caixanova, para todos os efectos e instancias, este apoio da Deputación neste ámbito formativo. Décimo.- O presente convenio, nos seus aspectos de carácter orzamentario, estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2007. E en proba de conformidade, asínase o presente Convenio, por duplicado, en Pontevedra a dous de febreiro de 2007. Por Excma. Deputación de Pontevedra, Por Caixanova, Asdo: D. Rafael Louzán Abal Asdo: D. Julio Fernández Gayoso” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.15018.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A EXECUCIÓN DAS OBRAS “REFORMAS EN RÚA REVERIANO SOUTULLO FASE 1 E 2” E A “REFORMA DO ADOQUINADO DA RÚA DARIO BUGALLAL” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o “Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a execución de diversas obras”, sendo o seu presuposto total de 126.664,66 euros. O obxecto do convenio é posibilitar a realización e execución das seguintes obras: Reformas en Rúa Reveriano Soutullo, Fase 1, cun presuposto de 58.858,47 €. Reformas en Rúa Reveriano Soutullo, Fase 2, cun presuposto de 23.727,19 €. Reforma de Adoquinado de la Rúa Dario Bugallal, cun presuposto de 44.079,00 €. Os investimentos necesarios para a realización das obras obxecto deste convenio, serán financiados mediante unha subvención da Deputación Provincial de Pontevedra, con cargo ó PAM/06, anualidades 2007 e 2008, segundo o que se establece deseguido: 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra (Subvención do PAM/06, Libre disposición) 88.665,26 € 37.999,40 € Investimento total 126.664,66 € As achegas por anualidades distribuiranse como relacionamos a continuación: - Obra Reformas en Rúa Reveriano Soutullo, Fase 1: 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra (Subvención do PAM/06, Libre disposición) 41.200,93 € 17.657,54 € Investimento total 58.858,47 € - Obra Reformas en Rúa Reveriano Soutullo, Fase 2: 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra (Subvención do PAM/06, Libre disposición) 16.609,04 € 7.118,15 € Investimento total 23.727,19 € - Obra Reforma de Adoquinado de la Rúa Darío Bugallal: 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra (Subvención do PAM/06, Libre disposición) 30.855,30 € 13.223,70 € Investimento total 44.079,00 € A Deputación de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas nos proxectos técnicos, que serán financiadas con cargo á cantidade que lle corresponde ó concello con cargo á partida 07/911.911.762.45. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A EXECUCIÓN DAS OBRAS “REFORMAS EN RÚA REVERIANO SOUTULLO FASE 1 E 2” E A “REFORMA DO ADOQUINADO DA RÚA DARIO BUGALLAL” No Concello de Ponteareas, a …………………… REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Salvador González Solla, Alcalde-Presidente do Concello de Ponteareas, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio para o cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas é posibilitar a realización e execución das seguintes obras: Reformas en Rúa Reveriano Soutullo, Fase 1, cun presuposto de 58.858,47 €. Reformas en Rúa Reveriano Soutullo, Fase 2, cun presuposto de 23.727,19 €. Reforma de Adoquinado da Rúa Dario Bugallal, cun presuposto de 44.079,00 €. Segunda.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas nos proxectos técnicos, que serán financiadas mediante unha subvención a través do PAM/06, con cargo á partida 07/911.911.762.45 as anualidades do exercicio do 2007, e as demais anualidades coas correspondentes dos próximos exercicios. O Concello de Ponteareas poderá nomear a un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Terceira.- O Concello de Ponteareas, obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros Organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Cuarta.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a cento vinte e seis mil seiscentos sesenta e catro euros con sesenta e seis céntimos (126.664,66 €), e comprenderá todos os gastos que derivan das obras a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. Quinta.- Os investimentos necesarios para a realización das obras obxecto deste convenio, serán financiados mediante unha subvención da Deputación de Pontevedra, con cargo o PAM/06, anualidades 2007 e 2008, segundo o que se establece de seguido: 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra (Subvención do PAM/06, Libre disposición) 88.665,26 € 37.999,40 € Investimento total 126.664,66 € As achegas por anualidades distribuiranse como relacionamos a continuación: - Obra Reformas en Rúa Reveriano Soutullo, Fase 1: 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra (Subvención do PAM/06, Libre disposición) 41.200,93 € 17.657,54 € Investimento total 58.858,47 € - Obra Reformas en Rúa Reveriano Soutullo, Fase 2: 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra (Subvención do PAM/06, Libre disposición) 16.609,04 € 7.118,15 € Investimento total 23.727,19 € - Obra Reforma de Adoquinado da Rúa Dario Bugallal 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra (Subvención do PAM/06, Libre disposición) 30.855,30 € 13.223,70 € Investimento total 44.079,00 € Sexta.- O Concello de Ponteareas comprométese á xestión, mantemento e conservación da estrada unha vez rematadas as obras, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de recepción de obras. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2009. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Ponteareas, Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. D. Salvador González Solla” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.15019.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A MANCOMUNIDADE DO SALNÉS PARA A EXECUCIÓN DO PROXECTO DE REHABILITACIÓN DE MUIÑOS E DOTACIÓN DE SERVIZOS “A SEGORELLA” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Mancomunidade do Salnés para a execución do Proxecto de Rehabilitación de Muíños e dotación de servizos “A Segorella”. O obxecto do presente convenio é a realización do “Proxecto de Rehabilitación de Muíños e dotación de servizos “A Segorella”, cun presuposto de trescentos mil euros (300.000,00 €), sendo subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra con cargo á partida 07/911.911.763.00 dito vixente presuposto provincial. As obras correspóndelle realizalas á Mancomunidade do Salnés, debendo seguir a lexislación de contratos das Administracións Públicas, así como a de contratación de persoal. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A MANCOMUNIDADE DO SALNES PARA A EXECUCION DO PROXECTO DE REHABILITACION DE MUIÑOS E DOTACION DE SERVIZOS “A SEGORELLA” En Pontevedra, a …………………………………. REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en nome e representación da mesma e no exercicio das facultades que ten atribuídas. D. Jorge Domínguez Rosal, na súa condición de Presidente da Mancomunidade do Salnés, en virtude de nomeamento efectuado pola Comisión Xestora de data 3 de setembro de dous mil , en nome e representación da mesma e no exercicio das facultades que ten atribuídas. Interveñen en razón dos seus cargos representando ás súas respectivas Entidades Locais, de conformidade coas competencias atribuídas polos artigos 21.1,b) e 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 61.1,a) e 105.1,a) da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio para o cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra e a Mancomunidade do Salnés, conscientes do auxe e relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica dos seus territorios, atribúelles a lexislación vixente como competencias locais mostran a súa firme vontade de incrementar, na medida que os seus ornamentos llo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantir a correcta prestación integral dos servizos e actividades públicas na Mancomunidade do Salnés. IV.- Que a Mancomunidade do Salnés solicita á Deputación unha axuda para a realización do “Proxecto de Rehabilitación de Muíños e Dotación de Servizos “A Segorella”. A realización do devandito Proxecto reportaralle ós veciños a mellora das prestacións dos servizos esenciais, dada a finalidade do mesmo. Con fundamento en canto queda exposto, quedando patente a vontade de colaboración, as partes intervenientes formalizan o presente convenio, consorte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Mancomunidade do Salnés, é a realización do “Proxecto de Rehabilitación de Muíños e dotación de servizos “A Segorella”, cun presuposto de 300.000,00 €. Segunda.- No devandito proxecto defínense e xustifícanse as actuacións, así como se desagregan as partidas de gastos que se farán, correspondéndolle realizalas á Mancomunidade do Salnés, debendo seguir a lexislación de contratos das administracións públicas, así como a de contratación de persoal. Unha vez realizadas as mesmas, poderase proceder a súa comprobación e inspección polos Servizos técnicos da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Unha vez rematadas as actuacións realizarase o libramento da cantidade previa xustificación dos gastos mediante facturas e documentos xustificativos correspondentes, que deberán ser informadas polos técnicos provinciais, e aprobada polo órgano competente, debendo acompañarse tamén da acta de recepción. Terceira.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a trescentos mil euros (300.000,00 €), sendo subvencionado na súa totalidade pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, con cargo á Partida 911.911.763.00, e comprenderá todos os gastos que derivan das obras a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo da Mancomunidadade e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. Cuarta.- A Mancomunidade do Salnés no Proxecto, comprométese a adoptar as medidas oportunas para a vixilancia, mantemento e conservación das mesmas, de modo que se atopen en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns. Quinta.- Calquera medida que se adopte con cargo ó presente convenio será aprobada polo Órgano competente de Goberno dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado á Excma. Deputación Provincial, no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días poidan formular as alegacións que se estimen oportunas, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Sexta.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, poderán reunirse ós asinantes do presente Convenio, ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados. As discrepancias que, sometidas ó coñecemento e resolución da referida comisión non sexan resoltas a satisfacción da parte que a formule, serán sometidas ó coñecemento da xurisdición contencioso-administrativa, dado o carácter administrativo do convenio. Sétima- En caso de incumprimento por parte de calquera das partes asinantes das obrigas contempladas nas cláusulas anteriores, as Entidades asinantes quedan facultadas expresamente para pedir a rescisión do presente convenio e a indemnización de danos e perdas que causaren. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2009. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio, podendo o órgano concedinte esixir ó beneficiario da subvención, a Mancomunidade do Salnés, o reintegro da mesma. Décima.- Será de aplicación o presente convenio a seguinte normativa reguladora: - Bases reguladoras da execución do presuposto da Deputación Provincial para o exercicio 2007. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. - Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. - Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Demais normativa reguladora no que poida afectar a este Convenio. Undécima.- A Mancomunidade do Salnés deberá dar difusión do financiamento obtido, mediante a axeitada, publicidade de carácter público. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Pola Mancomunidade do Salnés, Asdo.: D. Rafael Louzán Abal Asdo.: D. Jorge Domínguez Rosal” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.15020.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN PARA O SÍNDROME DE DOWN “XUNTOS” DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DUN PROXECTO DE LOGOPEDIA O abeiro da Lei 13/82 de 7 de abril de Integración Social de los Minusválidos, a Lei 7/85 de 2 de abril de Réxime Local e a Lei 4/93 de 14 de abril de Servizos Sociais de Galicia, a Deputación de Pontevedra pretende subscribir un Convenio de Colaboración coa Asociación Síndrome de Down “Xuntos” de Pontevedra para o desenvolvemento dun programa de logopedia para nenos/as deste colectivo, que facilite a aprendizaxe gramatical e o desenvolvemento das habilidades sociais, polo que a vista dos informes emitidos o 09/04/07 e o 16/04/07, polo Sr. Secretario Xeral e o Sr. Interventor, respectivamente, e con arranxo ó ditame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e á Asociación Síndrome de Down “Xuntos” de Pontevedra, para o desenvolvemento dun programa de logopedia, cunha achega económica desta Corporación Local de 15.000,00 €, con cargo á Partida orzamentaria 07/313.313.480.02. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOWN PONTEVEDRA “XUNTOS” ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN, PARA COLABORAR NA REALIZACIÓN DO PROXECTO DE LOGOPEDIA QUE DESENVOLVE ESTA ENTIDADE No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra o ---- de ---- de 2007, reunidos D. Rafael Louzán Abal, en calidade de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do art. 34.1 b da Lei 7/85 de 2 abril, e D. Manuel Pérez Cabo, en calidade de Presidente de DOWN PONTEVEDRA “XUNTOS” Asociación Síndrome de Down, con C.I.F.: G-36164887, e domicilio social na Rúa Cobián Roffignac, 9-2º, do Concello de Pontevedra. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribiren o convenio de colaboración de acordo coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Obxecto. A través do presente Convenio establécense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA e DOWN PONTEVEDRA “XUNTOS” ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN para o desenvolvemento do proxecto de logopedia destinado as persoas con Síndrome de Down e/ou Discapacidade Intelectual, no ámbito da provincia de Pontevedra, a través dun equipo multidisciplinar. SEGUNDA.- Obrigas das Partes: De acordo co presente Convenio: DOWN PONTEVEDRA “XUNTOS” comprométese a: 1.Ofrecer un servizo especializado de logopedia ás persoas con Síndrome de Down e/ou Discapacidade Intelectual. 2.O proxecto constará en: Entrevistas previas coas familias e usuarios. Avaliación do desenvolvemento nas distintas áreas da linguaxe dos usuarios. Intervención logopedia cos usuarios. Contacto cos centros educativos nos que están escolarizados os usuarios. 3.Proporcionar o persoal necesario para o funcionamento e realización do proxecto, un coordinador do programa e persoal profesional. 4.Executar as actividades nas instalacións do seu local social sito na Rúa Cobián Roffignac, 9-2º en Pontevedra. 5.Presentar Memoria anual das actividades realizadas. A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA comprométese a: 1. Entregar á Asociación a cantidade de 15.000,00 € (quince mil euros) para axudar ó pago da contratación de persoal adscrito a dito programa, así como dos gastos de xestión e administración e outros gastos derivados do desenvolvemento do mesmo. TERCEIRA.- Duración. O presente convenio entrará en vigor na data en que sexa asinado e finalizará o 31 de decembro de 2007, podendo prorrogarse expresamente sempre que se acorde con dous meses de antelación. A duración total do convenio, incluídas as prórrogas, non poderá exceder de catro anos. CUARTA. – Financiamento. A achega económica por parte da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA para a realización do presente Convenio será como máximo de 15.000,00 euros consignados na partida 07/313.313.480.02 e contraerase a obriga de pago ata o 31 de decembro de 2007. A devandita contía aboarase nun único pago, unha vez xustificados os gastos, ata acadar o total da mesma a través das correspondentes facturas, nóminas ou outros documentos válidos legalmente a tal fin, xunto coa presentación da memoria final das actividades desenvolvidas. QUINTA. - Comisión de Seguimento. Acórdase a creación dunha Comisión de Seguimento Técnico, formada por representantes das partes asinantes, consistindo as súas funcións no seguimento técnico das actuacións e avaliación das actividades. Esta comisión estará formada por parte da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA por un representante do Servizo de Acción Social, actuando como secretario o titular desta ou persoa en quen delegue, e por parte de DOWN PONTEVEDRA “XUNTOS”, polo Presidente da mesma ou a persoa en quen delegue. As reunións da Comisión de Seguimento serán convocadas por calquera das partes asinantes. SEXTA. – Forma de Terminación das Actuacións. O presente Convenio pode rematar por expiración do prazo de vixencia, ou por resolución. Neste último caso, as causas poden deberse ó incumprimento dalgunha das partes en relación ó contido do Convenio, ou por incumprimento da xustificación da subvención por parte de DOWN PONTEVEDRA “XUNTOS”. SÉTIMA. – Réxime Xurídico Aplicable. Artigo 49 da Constitución Española de 1978. Artigo 4 do Título Primeiro da Lei 13/1982 de 7 de abril, de Integración Social de Minusválidos. Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. E demais lexislación aplicable. oitava.- Publicidade. A Deputación Provincial de Pontevedra resérvase o dereito de publicar os resultados, parciais ou finais, obtidos durante a execución do Convenio. DOWN PONTEVEDRA “XUNTOS” comprométese a facer constar a colaboración e participación da Deputación Provincial de Pontevedra en toda a publicidade que elabore, calquera que sexa o medio de difusión. En calquera caso, DOWN PONTEVEDRA “XUNTOS” poderá facer uso dos coñecementos adquiridos durante a realización da actividade. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra na data arriba indicada. O Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, O Presidente de Down Pontevedra “Xuntos”, Asdo.: D. Rafael Louzán Abal Asdo.: D. Manuel Pérez Cabo” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.15021.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN PARA SÍNDROME DE DOWN DE VIGO, PARA UN PROGRAMA DE VIDA INDEPENDIENTE No marco das competencias que lle atribúen a Lei 13/82 de Integración Social de los Minusválidos, a Lei 7/85 de Réxime Local e a Lei 4/93 de Servizos Sociais de Galicia, a Deputación de Pontevedra pretende subscribir un Convenio de Colaboración coa Asociación Síndrome de Down de Vigo, para o desenvolvemento dun Proxecto de Vida Independente, que forma a mozos con síndrome de Down, en resolución de conflitos, normas de convivencia, administración de gastos e realización de tarefas da vida cotiá, para chegar a vivir de forma independente, polo que á vista dos informes emitidos o 09/04/07 e o 16/04/07 polo Sr. Secretario Xeral e Sr. Interventor, respectivamente, e con arranxo ó ditame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Síndrome de Down de Vigo, para realización dun Proxecto de Vida Independente, cunha achega económica desta Corporación Local de 15.000,00 €, con cargo á Partida 07/313.313.480.02 do vixente presuposto provincial. Dito Convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOWN VIGO - ASOCIACIÓN PARA A SÍNDROME DE DOWN PARA COLABORAR NA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE VIDA INDEPENDENTE QUE DESENVOLVE ESTA ENTIDADE No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra o ---- de ---- de 2007, reunidos D. Rafael Louzán Abal, en calidade de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do art. 34.1 b da Lei 7/85 de 2 abril, e D. Fernando Molina Magdalena, en calidade de Presidente de DOWN VIGO: Asociación para a Síndrome de Down, con C.I.F. G-36.697.324, e domicilio social na Rúa Portela, 48 baixo, do Concello de Vigo. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribiren o convenio de colaboración de acordo coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. - Obxecto. A través do presente Convenio establécense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA e DOWN VIGO para o desenvolvemento de actividades do programa de Vida Independente destinado a persoas con Síndrome de Down e/ou Discapacidade Intelectual, no ámbito da provincia de Pontevedra, a través dun equipo multidisciplinar. SEGUNDA. - Obrigas das Partes. De acordo có presente Convenio: DOWN VIGO comprométese a: 1.Realizar as actividades que faciliten a incorporación a unha vida independente de persoas con Síndrome de Down e/ou Discapacidade Intelectual. 2.Ditas actividades constarán de: Entrevistas previas coas familias e usuarios. Entrevista clínica sobre os posibles usuarios. Formación teórica previa nas aulas de DOWN VIGO, onde se abordan habilidades de resolución de conflitos, habilidades de planificación, toma de decisións, normas de convivencia, gastos que ocasiona a vida independente (manutención, gas, luz, auga, aluguer,...). 3.Facilitarase ós usuarios do Programa Vida Independente o acceso á vivenda compartida que DOWN VIGO dispón, onde se abordarán tarefas para a vida diaria, alimentación, a compra. ,... 4.Proporcionar o persoal necesario para o funcionamento e realización de ditas actividades, un coordinador do programa e persoal profesional contratado pola Asociación, ademais do mediador voluntario da vivenda, responsabilizándose a Asociación de toda as obrigas que isto carree (impostos,...). 5.Executar as actividades nas instalacións do seu local social sito na Rúa Portela, 48 baixo, así como na vivenda cedida polo Concello de Vigo na Rúa Anduriña, en Vigo. 6.Presentar Memoria anual das actividades realizadas. A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA comprométese a: 1. Entregar á Asociación a cantidade de 15.000,00 € (quince mil euros) para axudar ó pago da contratación de persoal adscrito a dito programa, así como dos gastos de xestión e administración e outros gastos derivados do desenvolvemento do mesmo. TERCEIRA.- Duración. O presente convenio entrará en vigor na data en que sexa asinado e finalizará o 31 de decembro de 2007, podendo prorrogarse expresamente sempre que se acorde con dous meses de antelación. A duración total do convenio, incluídas as prórrogas, non poderá exceder de catro anos. CUARTA. – Financiamento. A achega económica por parte da Deputación Provincial de Pontevedra para a realización do presente Convenio será como máximo de 15.000,00 euros, consignados na partida 07/313.313.480.02 e contraerase a obrigación de pago ata o 31 de decembro de 2007. A devandita contía aboarase nun único pago, unha vez xustificados os gastos, ata acadar o total da mesma a través das correspondentes facturas, nóminas ou outros documentos válidos legalmente a tal fin, xunto coa presentación da memoria final das actividades desenvolvidas. QUINTA.- Comisión de Seguimento. Acórdase a creación dunha Comisión de Seguimento Técnico, formada por representantes das partes asinantes, consistindo as súas funcións no seguimento técnico das actuacións e avaliación das actividades. Esta comisión estará formada por parte da Deputación Provincial de Pontevedra por un representante do Servizo de Acción Social, actuando como secretario o titular desta ou persoa en quen delegue, e por parte de DOWN VIGO, polo Presidente da mesma ou a persoa en quen delegue. As reunións da Comisión de Seguimento serán convocadas por calquera das partes asinantes. SEXTA. – Forma de Terminación das Actuacións. O presente Convenio pode rematar por expiración do prazo de vixencia, ou por resolución. Neste último caso, as causas poden deberse ó incumprimento dalgunha das partes en relación ó contido do Convenio, ou por incumprimento da xustificación da subvención por parte de DOWN VIGO. SÉTIMA. – Réxime Xurídico Aplicable. Artigo 49 da Constitución Española de 1978. Artigo 4 do Título Primeiro da Lei 13/1982 de 7 de abril, de Integración Social de Minusválidos. Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. E demais lexislación aplicable. OITAVA.- Publicidade. A Deputación Provincial de Pontevedra resérvase o dereito de publicar os resultados, parciais ou finais, obtidos durante a execución do Convenio. DOWN VIGO comprométese a facer constar a colaboración e participación da Deputación Provincial de Pontevedra en toda a publicidade que elabore, calquera que sexa o medio de difusión. En calquera caso, DOWN VIGO poderá facer uso dos coñecementos adquiridos durante a realización da actividade. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra na data arriba indicada. O Presidente da Excma. Deputación Provincial de O Presidente de Down Vigo, Pontevedra, Asdo.: D. Rafael Louzán Abal Asdo.: D. Fernando Molina Magdalena” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.15022.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE TUI PARA DOTAR DE EQUIPAMENTO DEPORTIVO Ó CENTRO INTERFEDERADO DE REMO Considerando que as Deputacións teñen establecidas entre as súas competencias o desenvolvemento económico local, e o fomento dos intereses peculiares da provincia (art. 36 LRBRL 7/85), preténdese dotar do equipamento necesario ó Centro Interfederado de Piragüismo de Tui, xa que permitirá fomentar a práctica deportiva e permitirá contar con equipos de elite en ditas instalacións, o que carreará prestixio ó deporte da provincia. Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, polo que se pretende asinar un convenio entre a Deputación e o Concello de Tui para a adquisición de equipamento deportivo para o citado centro, cuxo custo se estima en douscentos vinte e un mil novecentos oitenta e tres mil euros con trinta e cinco céntimos (221.983,35 €). E vistos así mesmo, os Informes emitidos polo Sr. Secretario e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Tui para dotar de equipamento deportivo ó Centro Interfederado de Remo. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE TUI PARA DOTAR DE EQUIPAMENTO Ó CENTRO INTERFEDERADO DE REMO No Concello de Tui, REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Antonio Fernández Rocha, Alcalde do Concello de Tui, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ámbalas dúas partes intervenientes, actúan en nome e representación das súas respectivas institucións, e recoñécense reciprocamente competencia e capacidade suficiente para a formalización do presente convenio, en base o principio de liberdade de pactos e de colaboración. EXPOÑEN I.- Que de conformidade co disposto nos artigo 36 da Lei 7/85, Reguladora das Bases do Réxime Local, as Deputacións Provinciais teñen atribuídas as competencias de desenvolvemento económico e social, e o fomento dos intereses peculiares da provincia. Sendo o piragüismo uns dos deportes máis arraigados na provincia de Pontevedr
Ãrea de notas
Nota