Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2007-05-11_Ordinaria. Acta de sesión 2007/05/11_Ordinaria
Acta de sesión 2007/05/11_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/1.2007-05-11_Ordinaria
Título Acta de sesión 2007/05/11_Ordinaria
Data(s) 2007-05-11 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e trinta minutos do día 11 de maio do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15102.- ACTAS ANTERIORES A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 27 de abril e 4 de maio de 2007. ------ Folla: 2.15103.- RESOLUCIÓN DO RECURSO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO POLA ENTIDADE MERCANTIL COTRAGUA, SL. CONTRA O ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 2 DE MARZO DE 2007 RELATIVO Á APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE PLANTAS DEPURADORAS Dona María Asunción Álvarez Lois, en nome e representación da entidade mercantil Cotragua, SL, interpón recurso de reposición contra a cualificación do contrato e o prego de prescricións técnicas do concurso convocado para o subministro de tres plantas depuradoras, cos seguintes ANTECEDENTES I.- O subcomité de Xestión do Subprograma 1 no marco do Programa de Iniciativa Comunitaria Interreg III-A España-Portugal financiado polo Feder aprobou por resolución, de data 15/12/05, a concesión dunha axuda para o Proxecto Redesanea, na que figura como socio a Deputación de Pontevedra e que ten como obriga adquirir e instalar tres Plantas depuradoras compactas. O Pleno da Deputación, en sesión de 28 de xuño de 2006, e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Promoción Económica e Emprego, acordou por unanimidade aprobar o Proxecto Redesanea. II.- A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o día 2 de marzo de 2007, aprobou o expediente para a contratación, por procedemento aberto mediante concurso, o subministro de plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación. Así mesmo, tamén se acordou: • Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán o concurso. • Autorizar o gasto por importe máximo de 278.400,00 euros con cargo á partida 07/313.441.662.02. • Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de cincuenta e dous días naturais, a partir da data de envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas. II.- Posteriormente publícase a convocatoria do concurso no Boletín Oficial do Estado (núm. 80, 03/04/07), no Diario Oficial de Galicia (núm. 61, 27/04/07) e no Boletín Oficial de Pontevedra (núm. 56, 20/03/07). III.- Con data 23 de abril de 2007, preséntase un escrito de Dona María Asunción Álvarez Lois, en nome e representación da empresa Cotragua, SL, polo cal interpón un recurso de reposición. FUNDAMENTOS DE DEREITO Primeiro.- A empresa Cotragua, S.L esta lexitimada para interpoñer recurso de reposición contra o mencionado acordo por ser titular dun dereito lexítimo, de conformidade co precepto recollido no artigo 31.c) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, de aquí en diante LRXPAC. Interponse recurso de reposición contra a resolución que anuncia o concurso cando se debería interpoñer contra o acordo que aproba o expediente e o prego de condicións, polo que está administración non obstaculiza a súa tramitación ó deducir que refire a este último acto administrativo. (Art. 110.2 Lei 30/1992, de 26 de novembro, LRXPAC). Segundo.- A Deputación como socio do proxecto Redesanea ten entre as súas obrigas a adquisición e instalación de tres Plantas depuradoras compactas con aireación prolongada e desinfección con ozono. Para a realización desta actuación convocáronse dous concursos, un para a contratación da obra da infraestrutura básica do terreo e doutra banda, convocouse o concurso para o subministro de tres depuradoras. O primeiro é un contrato de obras por que se producen modificacións substanciais do terreo (art. 120 b) TRLCAP) que permitirán preparar a superficie para situar a depuradora. Terceiro.-O segundo concurso convocado cualificouse como subministro debido a que o empresario ha de entregar as depuradoras con arranxo ás características peculiares fixadas previamente pola Deputación, concepto que se encadra dentro do subministro de fabricación, de conformidade co artigo 172 apartado c) do TRLCAP. O subministro de fabricación pode revestir diversas formas, que en ocasións, son difíciles de discernir co contrato de obras. No ánimo de poñer luz sobre esta cuestión, a Intervención Xeral da Administración do Estado entendeu que o contrato de subministro caracterízase por que o seu obxecto esta constituído por bens mobles e por que a cousa ou cousas que terán que ser entregadas polo empresario deben de ser elaboradas con arranxo ás características peculiares fixadas previamente pola administración (IGAE inf. 145/75; 17072/75). En canto ó concepto de ben moble, o artigo 335 do código civil, sinala que se considerarán como tales aqueles bens que se poden transportar dun punto a outro sen menoscabo da cousa inmoble a que estiveren unidos, e que non se atopen recollidos en ningún dos casos sinalados no artigo 334 Cciv. Os apartados do art.334 Cciv. onde se podería encadrar este contrato sería o 1), que fai referencia ás “...construcciones de todo género adheridas al suelo” e o 3), que considera como tal a “todo lo que esté unido a un inmueble de una manera fija, de suerte que no pueda separarse de él sin quebrantamiento de la materia o deterioro del objeto”. Entendemos que non pode considerarse como unha construción porque dito termo se refire á técnica de realizar edificios e obras publicas, de conformidade cun proxecto ou plan determinado, mentres que o obxecto do contrato é un proceso de fabricación, tendente a realizar un conxunto de operacións necesarias sobre as materias primas coa finalidade de obter un determinado produto, que neste caso é unha depuradora. En referencia ó outro aspecto para ser considerado ben moble, a depuradora se se pode transportar dun punto a outro sen deteriorou do obxecto e menoscabo da infraestrutura realizada. De feito no Prego de prescricións técnicas sinálase o seguinte: “...estará compuesta por un único cuerpo compacto; ha de ser móbil y trasladable a otras instalaciones. Su instalación no será enterrada.” En canto a que o ben debe de ser elaborado con arranxo ás características peculiares fixadas previamente pola administración , o prego de prescricións técnicas sinala, expresamente e de forma previa, as características que teñen que ter as depuradoras. Cuarto.- En referencia á existencia dun subgrupo nas categorías de clasificación de contratistas do artigo 25 R.d. 1098/2001, relativo ás estacións de tratamento de augas, o órgano de contratación ten a potestade de poder esixilo se así o considerará oportuno e o determinase no Prego de condicións administrativas, tal e como o recolle o apartado 1 do artigo 175 TRLCAP. Para a existencia dunha maior concorrencia, e xa que estamos ante un contrato de subministro e non é esixible, considerouse non solicitar a acreditación de devandita clasificación. Quinto.- Considérase incluído dentro do contrato de subministro orixinario aquelas obras accesorias de instalación e montaxe dos bens como é a provisión de materiais, a instalación e a posta en marcha das depuradoras sempre que dita obriga veña imposta nos pregos de condicións. A Xurisprudencia do Ts (30/6/90, RJ 4976) vénse pronunciando no sentido de que só se considerará como contrato de obra cando o prazo de instalación dos elementos e a porcentaxe do seu custo fose superior ó dos elementos subministrados. Sexto.- No recurso afírmase que “las características técnicas recogidas en el pliego de prescripciones técnicas vulneran el principio de competencia...” sen achegar datos concretos e entrar no fondo do asunto. Respecto diso cabe mencionar que a Deputación nun proxecto de similares características denominado “Deputrans” convocou un concurso para o subministro de depuradoras no que participaron diferentes licitadores sen realizar obxección algunha. Así mesmo e a xuízo dos nosos técnicos, enténdese que as características esixidas pódenas cumprir calquera empresa especializada no sector da depuración. En base a todo o anteriormente exposto, e de conformidade coa lexislación vixente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Desestimar o recurso de reposición interposto pola Entidade Mercantil Cotragua, SL contra o acordo da Xunta de Goberno, adoptado na sesión de 2 de marzo de 2007, relativo á aprobación do expediente para a contratación do subministro de plantas depuradoras. ------ Folla: 3.15104.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, ó non estar suxeitos a responsabilidade e cumprir as condicións estipuladas nos respectivos contratos, e de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2000 de 16 de xuño polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución de garantías definitivas das seguintes empresas: CANTEIROS DO PORRIÑO REUNIDOS, S.A. (C.I.F. A-36.027.480) - A constituída en metálico, por importe de mil douscentos oitenta e oito euros (1.288,00 €), para responder da “1ª AMPLIACIÓN DO CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 55”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/06/2006 co número de operación 200600049955, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS DE PUENTEAREAS, S.L. (C.I.F. B-36.011.419) - A constituída en valores, mediante aval do BANCO SANTANDER C.H, por importe de oitocentos noventa euros (890,00 €), para responder da “1ª AMPLIACIÓN DO CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO AÑO 2006, LOTE 58”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/07/2006 co número de operación 200600061539, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (C.I.F. A-36.008.886) - A constituída en valores, mediante aval do BANCO DE GALICIA, por importe de dous mil trescentos vinte euros (2.320,00 €), para responder da “1ª AMPLIACIÓN DO CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 59”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 31/05/2006 co número de operación 200600049339, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PREFABRICADOS SAN CLEMENTE, S.L. (C.I.F. B-36.118.321) - A constituída en metálico, por importe de noventa e seis euros (96,00 €), para responder da “1ª AMPLIACIÓN DO CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO AÑO 2006, LOTE 62”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/06/2006 co número de operación 200600053773, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PRODUCTOS BITUMINOSOS DE GALICIA, S.A. (C.I.F. A-32.226.037) - A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de tres mil cincocentos noventa euros con vinte e catro céntimos (3.590,24 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 42 e 43”, e que foi depositada en la Tesourería Provincial o día 09/03/2006 co número de operación 200600021700, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo de la empresa. PRODUCTOS ASFÁLTICOS, S.A. (CEPSA) (C.I.F. A-28.072.809) - A constituída en valores, mediante aval de SANTANDER C.H, por importe de mil oitocentos corenta e tres euros con noventa e dos céntimos (1.843,92€), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 44”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/02/2006 co número de operación 200600016992, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PRODUCTOS ASFÁLTICOS, S.A. (CEPSA) (C.I.F. A-28.072.809) - A constituída en valores, mediante aval de SANTANDER C.H, por importe de dos mil cento oitenta euros con sesenta céntimos (2.180,60 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 45”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/02/2006 co número de operación 200600016993, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. REPSOL YPF LUBRICANTES Y ESPECIALIDADES, S.A. (CEPSA) (C.I.F. A-28.201.523) - A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE SABADELL, por importe de dos mil douscentos trinta e seis euros con corenta céntimos (2.236,40 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 46”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/02/2006 co número de operación 200600010146, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. REPSOL YPF LUBRICANTES Y ESPECIALIDADES, S.A. (CEPSA) (C.I.F. A-28.201.523) - A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE SABADELL, por importe de dos mil douscentos trinta e seis euros con corenta céntimos (2.236,40 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 47”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/02/2006 co número de operación 200600010144, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PROBISA TECNOLOGÍA Y CONSTRUCCIÓN, S.A. (C.I.F. A-28.105.120) - A constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de novecentos cincuenta e dos euros (952,00 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 48”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/02/2006 co número de operación 200600011632, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (C.I.F. A-36.008.886) - A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de catro mil douscentos corenta euros (4.240,00 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 49”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/02/2006 co número de operación 200600009855, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (C.I.F. A-36.008.886) - A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de oito mil novecentos sesenta euros (8.960,00 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 49”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/02/2006 co número de operación 200600009856, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EXPLOTACIÓN MINERA DE CAMPOMARZO, S.A. (C.I.F. A-28.279.214) - A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de cincocentos sesenta euros (560,00 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 50”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/04/2006 co número de operación 200600036045, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS DE PUENTEAREAS, S.L. (C.I.F. B-36.011.419) - A constituída en valores, mediante aval de BANCO SANTANDER C.H, por importe de tres mil novecentos sesenta euros con sesenta céntimos (3.960,60€), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 51”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/02/2006 co número de operación 200600010926, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRANITOS TRITURADOS, S.L. (C.I.F. B-36.158.665) - A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de tres mil catrocentos vinte e dous euros con corenta céntimos (3.422,40 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 52”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/02/2006 co número de operación 200600011870, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRANITOS Y ÁRIDOS DE ATIOS, S.L. (C.I.F. B-36.023.133) - A constituída en valores, mediante aval de BANCO SIMEÓN, por importe de tres mil novecentos cinco euros con corenta céntimos (3.905,40€), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 53”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/02/2006 co número de operación 200600011043, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (C.I.F. B-36.006.716) - A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de tres mil novecentos setenta e catro euros con corenta céntimos (3.974,40 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 54”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/03/2006 co número de operación 200600023209, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CANTEIROS DE PORRIÑO REUNIDOS, S.A. (C.I.F. A-36.027.480) - A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de tres mil setecentos oitenta euros (3.780,00 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 55”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/02/2006 co número de operación 200600011869, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FARO, S.L.- FOMENTO DE ÁRIDOS Y OBRAS (C.I.F. B-36.285.765) - A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de tres mil oitocentos sete euros (3.807,00 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 56”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 06/03/2006 co número de operación 200600020129, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (C.I.F. B-36.006.716) - A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de tres mil oitocentos trinta e catro euros (3.834,00 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 57”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/03/2006 co número de operación 200600023226, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS DE PUENTEAREAS, S.L. (C.I.F. B-36.011.419) - A constituída en valores, mediante aval de BANCO SANTANDER C.H, por importe de mil setecentos oitenta euros (1.780,00 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 58”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/02/2006 co número de operación 200600010924, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (C.I.F. A-36.008.886) - A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de catro mil seiscentos corenta euros (4.640,00 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 59”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/02/2006 co número de operación 200600009854, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. HORMIGONES VALLE MIÑOR, S.A. (C.I.F. A-36.623.510) - A constituída en valores, mediante aval de BANKINTER, por importe de catrocentos cincuenta e seis euros (456,00 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 60”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 03/11/2006 co número de operación 200600095138, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EXCAVACIÓNS MOSTEIRO, S.L. (C.I.F. B-36.123.800) - A constituída en metálico, por importe de douscentos euros (200,00 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 61”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/02/2006 co número de operación 200600009836, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PREFABRICADOS SAN CLEMENTE, S.L. (C.I.F. B-36.118.321) - A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de novecentos trinta e dos euros (932,00 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 62”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/02/2006 co número de operación 200600012019, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SEÑALIZACIONES POSTIGO, S.A. (C.I.F. A-28.276.822) - A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de mil cento setenta e sete euros con oitenta e oito céntimos (1.177,88 €), para responder do “CONCURSO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2006, LOTE 64”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/02/2006 co número de operación 200600018079, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. INDUSTRIAS DEL DEZA, S.L. INDEZA (NIF. B.36.009.785) - A constituída en valores, mediante aval de ACC SEGUROS DE CAUCIÓN, por importe de dezanove mil cento oitenta e catro euros con trinta e un céntimos (19.184,31 €), para responder de “POLIDEPORTIVO CUBERTO EN CABANAS – SALCEDO (PONTEVEDRA)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/06/1999 segundo núm.1999029419 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de mil novecentos cincuenta e cinco euros con setenta e oito céntimos (1.955,78 €), para responder de “REFORMADO DO POLIDEPORTIVO CUBERTO EN CABANAS – SALCEDO (PONTEVEDRA)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/03/2000 segundo núm.2000011942 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de mil novecentos catro euros con sesenta e un céntimos (1.904,61 €), para responder de “TERMINACIÓN E POSTA EN SERVIZO DO POLIDEPORTIVO CUBERTO EN CABANAS – SALCEDO (PONTEVEDRA)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/09/2000 segundo núm.2001052232 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de catro mil catorce euros con cincuenta e un céntimos (4.014,51 €), para responder de “PROXECTO COMPLEMENTARIO O PROXECTO REFORMADO DO POLIDEPORTIVO CUBERTO EN CABANAS – SALCEDO (PONTEVEDRA)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/09/2000 segundo núm.2000047092 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 4.15105.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITO NÚMERO 12/2007 O técnico adxunto do Servizo de Contratación mediante escrito de data 7 de marzo de 2007 pon de manifesto a necesidade de incrementar o crédito da partida 07/511.511.612.01 do vixente Orzamento provincial en 744.350,00 euros, para afrontar unha serie de gastos derivados de novas e maiores investimentos a realizar, propoñendo para iso a incoación dun expediente de transferencia de créditos, por un importe global de 744.350,00 euros, cuxo financiamento efectuarase mediante a minoración do crédito da partida 07/911.511.611.03 polo citado importe. Visto o informe de Intervención, de data 8 de maio de 2007, no que deixa constancia de que se razoa suficientemente as variacións de crédito entre as partidas 07/911.511.611.03 e 07/511.511.612.01 e que se cumpren os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que na partida 07/911.511.611.03 cuxo crédito se minora en 744.350,00 euros, expediuse o RC, polo importe en que se minora e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de créditos entre partidas pertencentes ó mesmo grupo de función pero xestionadas por diferentes centros xestores. A Xunta de Goberno, de conformidade co disposto na Base 10ª, apartado 3 b., correspondente á execución do orzamento para o exercicio de 2007, acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 12/2007 por importe total de 744.350,00 euros, incoado polo responsable do Centro Xestor de Contratación, Facenda e Patrimonio e os responsables dos Centros Xestores de Vías e Obras e Cooperación, minorando crédito no importe e na partida que se indica e incrementando crédito polo importe e na partida que se detalla a continuación: PARTIDA A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 511.511.612.01 Estradas, camiños e vías públicas- Estradas e obras derivadas de riadas (Centro Xestor; Vías e Obras) 744.350,00 € TOTAL............................... 744.350,00 € PARTIDA A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 911.511.611.03 Estradas, camiños e vías públicas - Programa Operativo Local (POL/DEPUTACIÓN) (Centro Xestor: Cooperación) 744.350,00 € TOTAL......................................... 744.350,00 € ------ Folla: 5.15106.- APROBACIÓN DA APLICACIÓN DE REMANENTES SOLICITADA POLO CONCELLO DE A ESTRADA, DA OBRA INCLUÍDA NO PAM/2006-08, Nº38-23-21/122 “PAVIMENTACIÓN ACCESO ÓS NÚCLEOS DE ARNOIS E OUTRAS”, PARA AS OBRAS “PAVIMENTACIÓN E ACCESO A SANTELES E OUTRAS” CO Nº 284.325.226/792 E “PAVIMENTACIÓN E ACCESO A CALLOBRE E OUTRAS” CO Nº285.326.227/793 Vista a petición do Concello de A Estrada, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a aplicación de remanentes da obra incluída no PAM/2006-08, nº 38-23-21/122: “Pavimentación e acceso ós núcleos de Arnois e outros”, para as obras: “Pavimentación e acceso a Santeles e outras”, co nº 284-325-226/792, cunha subvención de 2.574,60 € anualidade 2006; 17.675,30 € anualidade 2007, e 15.023,87 na anualidade de 2008; e “Pavimentación e acceso a Callobre e outras” co nº285-326-227/793 e unha subvención de 3.470,16 € na anualidade 2006; 23.823,59 € anualidade 2007 e 20.249,89 na anualidade 2008, con cargo ás partidas 07/911.911.762.45.2006 e 07/911.911.762.45, e suxeita ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril de 2006. A relación de obras subvencionadas ó Concello de A Estrada con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades Orzamento Subv. Orzamento Subv. Orzamento Subv. 2006-2008 TOTAL TOTAL TOTAL Total Subv. Instalación de Bandas reductoras na r/ Fernando Conde 32.277,12 32.277,12 32.277,12 Construción de beirarrúas na Sagrada-Codeseda 290.000,00 10.583,41 72.657,90 61.758,69 145.000,00 Auga potable para Guimarei (Avda. da Torre, A Torre e Cogoludo) 91.194,56 6.656,20 45.696,58 38.841,78 91.194,56 Vehículo para Protección Civil 25.500,00 25.500,00 25.500,00 Beirarrúas, iluminación e redes de abastecemento e saneamento en Vilar 190.610,21 13.912,45 95.512,67 81.185,09 190.610,21 Rede alcantarillado Ouzande 460.000,00 33.574,94 230.500,92 195.924,14 460.000,00 Adquisición de desbrozadora e cabezal 22.300,00 22.300,00 22.300,00 Mellora iluminación pública en Currelo e San Miguel de Castro 58.739,58 58.739,58 58.739,58 Mellora dos servizos urbanos na Avda. de Santiago Antón Losada 86.836,81 86.836,81 86.836,81 Pavimentación de accesos ós núcleos de Artois e outros 300.694,79 15.902,65 109.175,94 92.798,79 217.877,38 Pavimentación e acceso a Santeles e outras 35.273,77 2.574,60 17.675,30 15.023,87 35.273,77 Pavimentación e acceso a Callobre e outras 47.543,64 3.470,16 23.823,59 20.249,89 47.543,64 1.640.970,48 312.327,92 595.042,90 505.782,25 1.413.153,07 ------ Folla: 6.15107.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 8 de maio de 2007, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200700000395 e que conten quince facturas, sendo a primeira de Servicios Galicia, S.A. por importe 3.000,00 € e a derradeira de Ekipo, S.C.L., por importe de 24.151,66 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 80.508,62 € Descontos do IRPF 0 € Descontos do IVE soportado deducible 0 € Total líquido 80.508,62 € ------ Folla: 7.15108.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA ESTHER PIÑEIRO GARCÍA POR DANOS EN VEHÍCULO NA AVENIDA DE BUENOS AIRES DE PONTEVEDRA Dada conta que con data de rexistro 06/02/2007(rex. nº 003183) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Esther Piñeiro García con enderezo de notificacións na rúa Indalecio Armesto nº 10 de Pontevedra, por danos en vehículo matrícula PO-0018-AY o día 1 de xaneiro de 2007, na Avda. de Buenos Aires de Pontevedra e que individualiza economicamente en 2.028,60 €. Resultando.- Que con data 12/03/2007 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 03/04/2007 co seguinte contido: “…1. El tramo del vial en el que se produjo el accidente, a un kilómetro ciento cincuenta metros del puente de los Tirantes, dirección Monteporreiro, en la Avda. Buenos Aires de Pontevedra, pertenece a la red provincial de carreteras. 2. Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, “existencia de un árbol cruzado en la calzada sin señalizar”, en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3. Realizada visita de inspección al lugar del accidente se ha podido comprobar_ a) Que en el tramo de carretera en el que se hora produjo el accidente existe, entre otras, una señal horizontal de limitación de velocidad de 50 km/ b) Que el tramo de carretera en el que se produjo el accidente (según la descripción del mismo y la prueba documental que se ha recabado) se corresponde con una larga recta, de aproximadamente unos 200 metros, encontrándose el árbol que cruzaba la calzada en la mitad de dicha recta. Esa circunstancia desvirtuaría las alegaciones relativas a que “Debido a la ausencia de señales el conductor del vehículo no tuvo tiempo de reaccionar...” ya que el conductor del vehículo, vista la configuración del terreno, disponía de la suficiente visibilidad y tiempo de reacción para percatarse de la existencia de un árbol en la calzada siempre que hubiese respetado la limitación de velocidad (50 Km./hora) existente en ese tramo. 4. En consecuencia el análisis de las circunstancias que rodearon el accidente objeto del presente informe pone de manifiesto que la velocidad a la que circulaba, el día 1 de xaneiro de 2007, sobre las 06:00 horas de la mañana, D. Miguel Angel Guerra Piñeiro (hijo de Dª Esther Piñeiro García, titular del vehículo), era inadecuada para dicho tramo. Así las pruebas documentales que han sido recabadas por esta Unidad Administrativa muestran que, en el lugar del accidente, existe una limitación de velocidad de 50km/hora, limitación que no habría infringido lo dispuesto en el artículo 19 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo, que señala que “Todo conductor está obligado a respetar los limites de velocidad establecidos…” (en el mismo sentido el artículo 45 del Reglamento General de Circulación)” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, xa que se ben o antes citado Regulamento Xeral de Circulación establece que “corresponde al titular de la vía pública la responsabilidad del mantenimiento de la misma en las mejores condiciones posibles de seguridad para la circulación ...” (art. 139), é obrigado ter en conta a imposibilidade material para a Administración de contar cun número de funcionarios que fixera viable ter vixiados todos e cada un dos quilómetros de vías da súa titularidade, relacionando esta imposibilidade co deber do conductor de estar en todo momento en condicións de controlar o seu vehículo e manter a atención permanente á condución que garante a súa propia seguridade, a do resto dos ocupantes do vehículo e a dos demais usuarios da vía (arts. 17.1, 18.1 e 45 Regulamento Xeral de Circulación). Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 8.15109.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. ÁLVARO TAI TAI VICENTE EN NOME E REPRESENTACIÓN DE GENESIS SEGUROS GENERALES, S.A. POR DANOS EN VEHÍCULO, NA EP-0012 (VILABOA) Dada conta que con data de rexistro 09/04/2007 (rex. nº 014246) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Álvaro Tai Tai Vicente en nome e representación de GENESIS SEGUROS GENERALES, S.A. e con domicilio a efectos de notificacións en Paseo de las Doce Estrellas, nº 4-4ª planta, Campo de las Naciones, de Madrid por danos padecidos en vehículo matrícula 0424CSZ na estrada EP-0012 á altura do Concello de Vilaboa o día 3 de abril de 2006 e que cuantifica economicamente en.1.113,63 €. Resultando.- Que con data 10/04/2007 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 30/04/2007 co seguinte contido: “….pongo en su conocimiento que, una vez realizada visita de inspección al lugar del accidente, se ha podido comprobar que el tramo del vial en cuestión no es de titularidad provincial sino de competencia municipal”. Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 9.15110.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JESÚS MAÑÁ PENA EN NOME E REPRESENTACIÓN DE MAÑA, S.L. POR DANOS SUFRIDOS EN VEHÍCULO, NA EP-7011 (A ESTRADA) Dada conta que con data de rexistro 14/03/07 (rex. nº 009978) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Jesús Mañá Pena en nome e representación de MAÑA, S.L., e con enderezo de notificacións en Lugar de Devesa, Concello de Teo, A Coruña, por danos padecidos en vehículo matrícula 0285 CRY na estrada EP-7011 no lugar de As Pereiras, Curantes-A Estrada o día 28/11/2006 e que cuantifica economicamente en 345,14 € Resultando.- Que con data 10/04/2007 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 30/04/2007 co seguinte contido: “1. La “E.P.7011 Peno do Foxo-Olives” está incluida dentro de la red de carreteras provinciales. 2. No obstante lo anterior, una vez girada visita de inspección al vial de referencia, se ha podido comprobar que en el denominado “Lugar de As Pereiras, Curantes- A Estrada”, no existe ninguna instalación de tendido eléctrico que cruce la carretera. 3. En este punto es necesario traer a colación el informe estadístico elaborado por la Guardia Civil de tráfico que indica, entre otras cuestiones, lo siguiente: “El vehículo matrícula 0285…circulaba sentido E.P. 7011 procedente del lugar de Aspereiro, por una pista municipal sin denominación, cuando de repente escucha unos ruidos… y observa que se trata de un cable del tendido eléctrico que se había enganchado en el vehículo y que le había rallado el mismo…causa:_cable del tendido eléctrico roto y tirado en el suelo, conectado por uno de sus extremos al poste de la línea eléctrica” “Apartado nº 21. Tipo de Vía. CAMINO VECINAL” 4. En consecuencia, a la vista de lo expuesto, esta Unidad Administrativa concluye que el lugar en el que ocurrió el accidente de referencia no pertenece a la red provincial de carreteras”. Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 10.15111.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JULIO CESAR ESTÉVEZ DADÍN POR DANOS EN VEHÍCULO, NA ESTRADA DE VALLADARES DE VIGO Dada conta que con data de rexistro 24/04/2007 (rex. nº017298) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Julio Cesar Estévez Dadín con enderezo a efectos de notificacións en rúa Urzáiz nº 11-2 de Vigo por danos en vehículo matrícula 1338-FGB na estrada de Valladares nº 3 de Vigo o día 7 de novembro de 2006 e que cuantifica economicamente en 185,00 €. Resultando.- Que con data 02/05/2007 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 04/05/2007 co seguinte contido: “... pongo en su conocimiento que el citado vial no pertenece a la red de carreteras provinciales”. Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 11.15112.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.15113.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA A REALIZACIÓN DE ATLAS DIXITAIS INTERACTIVOS DOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Coa finalidade de visualizar a organización do territorio galego a través de atlas interactivos xurídicos a partir de fotografías aéreas e o seu tratamento dixital e a partir de diferentes estudos e investigacións desenvolvidas neste eido, ten a posibilidade de rematar e ofrecer a elaboración dun atlas que reúna os concellos pertencentes á provincia de Pontevedra, polo que se pretende subscribir cun convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Santiago, e á vista dos informes de 22/03/07 e 09/04/07 e 24/04/07 emitidos polo Secretario Xeral e polo Interventor, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Deputación de Pontevedra cunha achega económica por parte da Deputación de vinte e cinco mil oitocentos noventa e un euros con vinte céntimos (25.891,20 €), con cargo á partida 07/454.451.227.15. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACION DE PONTEVEDRA E A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA A REALIZACIÓN DE ATLAS DIXITAIS INTERACTIVOS DOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA En Pontevedra, de 2007 REUNIDOS Dunha banda, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. E doutra parte, o Excmo. e Mgfco. Sr. Senen Barro Ameneiro, como Reitor da Universidade de Santiago de Compostela (C.I.F. Q-1518001A), en virtude do nomeamento efectuado por Decreto 93/2006, do 1 de xuño da Xunta de Galicia (DOG do 08/06/2006), con poderes suficientes para a celebración deste acto en virtude do establecido no artigo 20 da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades (BOE do 24/12/2001), e no artigo 87 dos Estatutos da USC, aprobados polo Decreto 28/2004 do 22 de xaneiro da Xunta de Galicia (DOG do 09/02/2004). Ambos os dous recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, e EXPOÑEN I.- A organización administrativa dos núcleos de poboación en Galicia naceu, en xeral, da agregación das parroquias rurais. Nembargantes, na última década do século XX, acelerouse o proceso de desagregación, xa iniciado a comezos do século, do espazo galego tradicional moi ligado á sociedade agraria imperante. Dito proceso estaba asociado á construción das casas na proximidade das vías de comunicación que se ían trazando. O impacto máis forte desta descomposición produciuse no entorno das cidades provocado polo crecemento económico e o poboamento intercalar entre os núcleos tradicionais. Na actualidade superpóñense impactos derivados de novos elementos incorporados á paisaxe que carecían dunha presión tan agresiva como é a derivada da aparición de novas infraestruturas que están a desconfigurar as anteriores. II.- Unha forma axeitada para visualizar a organización do territorio galego pódese facer a través de atlas interactivos xurdidos a partires de fotografías aéreas e o seu tratamento dixital. A USC ven desenvolvendo dende hai tempo un traballo preciso neste eido que deu lugar á elaboración de varios atlas dixitais interactivos de diferentes zonas e núcleos de Galicia. III.- Na actualidade, a USC a partires dos diferentes estudos e investigacións desenvolvidas neste eido ten a posibilidade de rematar e ofrecer a elaboración dun atlas que reúna todos os Concellos pertencentes á Provincia de Pontevedra. IV.- Por outra banda, a Deputación de Pontevedra entre os seus obxectivos ten os de o fomento e a administración dos intereses peculiares da provincia. Con fundamento en canto queda exposto e sendo patente a vontade de colaboración das entidades comparecentes, ambas as partes acordan subscribir o presente convenio, consonte as seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto deste convenio, no marco da cooperación da Deputación de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela, de aquí en diante USC, é a realización de Atlas dixitais interactivos dos Concellos da Provincia de Pontevedra, Segunda.- A USC, a través do grupo de investigación dirixido polo Prof. José Ramón Chantada Acosta adscrito ó Departamento de Xeografía, realizará os traballos segundo o especificado no Anexo I a este Convenio. O Grupo informará regularmente á Deputación da marcha dos traballos e das posibles incidencias que puideran xurdir. Terceira.- A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de vinte e dous mil trescentos vinte euros (22.320,00 €) máis o 16% de IVE, o que fai unha totalidade de vinte e cinco mil oitocentos noventa e un euros con vinte céntimos (25.891,20 €), que serán financiados con cargo á partida orzamentaria 07/454.451.227.15. O pagamento de dita cantidade á USC farase en dúas achegas, o 50% ó asinar o presente convenio como provisión de fondos, que permitirá o inicio dos traballos a realizar. A cantidade restante aboarase ó rematar este. Cuarta.- Para seguir e controlar o cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación constituirase unha comisión de seguimento, da que forman parte o presidente da Deputación e a Vicerreitora de Investigación e Innovación da USC ou as persoas que designen por substitución. Quinta.- Ambas as partes comprométense a non difundir as informacións científicas ou técnicas do estudo ata a finalización do convenio, salvo acordo das dúas institucións. A USC entregará 5 orixinais en CD de cada un dos concellos, incluídos depósito legal, ISBN e copyright © do autor e da Deputación Provincial. Neste sentido recoñécese a autoría da obra aínda que a Deputación terá os dereitos para a súa explotación e ou comercialización. Pola súa banda a USC poderá facer uso da obra para a súa difusión gratuíta, con fins educativos e de investigación. No suposto dunha presentación formal da obra, os autores comprométense a participar na mesma se é o caso para precisar todas as alternativas dos seus contidos e funcionalidade. En calquera actuación ou difusión da obra deberase nomear a ambas entidades e facer mención ó presente convenio. Sexta.- O convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia durante un prazo de doce (12) meses dende o día seguinte ó da súa sinatura, salvo prórroga por mutuo acordo das partes de non resultar satisfactorio o resultado do estudo. Sétima.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Oitava.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e quedando sometido á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo por parte da comisión citada na cláusula cuarta, na resolución de posibles controversias que puidesen suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E, en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e na data indicados no seu encabezamento. Por parte da Deputación de Pontevedra, Por parte da Universidade de Santiago, Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. D. Senén Barro Ameneiro” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.15114.- APROBACIÓN DO CONVENIO ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN CELTA DE VIGO, PARA A EXTENSIÓN CULTURAL E APOIO DEPORTIVO ÓS XOVES DE TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa Fundación Celta de Vigo, co obxecto de promocionar o balonmán na cidade de Vigo e a súa área de influencia, mediante a achega de douscentos mil euros (200.000,00 €), e con cargo á partida 07/451.452.489.02 do vixente orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo, facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN CELTA DE VIGO PARA A EXTENSIÓN CULTURAL E APOIO DEPORTIVO ÓS XOVES DE TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Pontevedra, de de 2007 REUNIDOS D.Rafael Louzán Abal, presidente desta Excma. Deputación Provincial, actuando na súa representación, e D.Manuel Carlos Mouriño Atanes, en calidade de presidente da Fundación Celta de Vigo, con CIF G-36810042 e domicilio social en Avda. de Balaídos, s/n, do Concello de Vigo (36210). EXPOÑEN A Fundación Celta de Vigo e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra senten a necesidade de intensificar as relacións culturais e deportivas entre ámbalas dúas institucións, ó estares preocupadas pola divulgación e o recoñecemento dos seus valores máis señeros. Por iso contemplan o unir esforzos para que os nenos e xoves da provincia de Pontevedra poidan asistir, comprender e participar dos medios que o Museo do Real Club Celta de Vigo dispón co fin de obter a información e formación precisa do que foi e é unha institución socio-deportiva tan importante, como o é o Real Club Celta de Vigo. Iso suporá o habilitar, expresamente, as instalacións dispoñibles, nas que se recolle toda a historia do Club, engadidos os seus medios audiovisuais, en espazos horarios compatibles coas súas clases e tempo libre. O desenvolvemento dos obxectivos socio-deportivos esquematizaríase do seguinte modo: de acordo coa dirección dos colexios existentes na totalidade dos municipios pontevedreses, de acordo cos seus monitores, coas APAS ou de quen designe a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, créanse “GRUPOS DE VISITA GUIADOS”, de forma tal que ó longo do ano 2007, os 178.162 alumnos da provincia poidan percorrer as instalacións do Museo, distribuídos en máis de 800 m2, participar da hemeroteca e observar os audiovisuais do Museo do Real Club Celta de Vigo. Mediante o desenvolvemento dos obxectivos anteriormente mencionados, a Fundación Celta de Vigo e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra pretenden que durante a duración deste convenio os alumnos da provincia de Pontevedra, coñezan a historia dun dos clubs deportivos máis importantes de Galicia, colevando isto, o propio coñecemento da historia de Galicia e dos seus momentos máis relevantes, xa que a historia de Galicia e do Real Club Celta foron sempre unidas dende o nacemento deste último. Ademais deste obxectivo didáctico, con este convenio tamén se persigue un obxectivo lúdico, xa que durante esta visita se pretende que os nenos pasen un día agradable e divertido practicando unha serie de actividades deportivas en compañía dos seus compañeiros, sempre baixo a tutela e supervisión de profesionais especializados. Por todo o exposto anteriormente a Fundación Celta de Vigo e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra consideran que os obxectivos resumidos neste convenio axudan dun xeito importante e son necesarios para a formación deportiva, cultural e social dos 178.162 alumnos da nosa provincia. Para levar a cabo este Convenio de Extensión Cultural e Deportiva, ámbalas dúas institucións ACORDAN 1º.- Que todos os colexios da provincia poderán solicitar entradas para asistir ós partidos celebrados no estadio de Balaídos e disputados polo Celta, C.F. 2º.- Que a Fundación Celta de Vigo habilitará, expresamente, tódolos medios dispoñibles para que ningún neno e mozo da provincia de Pontevedra se quede sen ver o Museo do Real Club Celta de Vigo. 3º.- A xestión e organización das visitas á citada Fundación correrá a cargo da mesma, polo que se establecen grupos de alumnos para que, coordinados conxuntamente pola Fundación Celta de Vigo e os representantes dos alumnos, poidan asistir ó Museo do Real Club Celta de Vigo. 4º.- Habilitaranse as entradas ó Museo necesarias para que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra poida desenvolver a súa labor cultural e deportiva cos Centros que crea conveniente. 5º.- A organización e desenvolvemento da actividade correrá a cargo da Fundación Celta de Vigo, obrigándose a plasmar en toda a publicidade e propaganda oral ou escrita, que están patrocinadas pola Deputación Provincial. 6º.- Así mesmo a Fundación Celta porá a disposición da Excma. Deputación de Pontevedra, catro valados publicitarios no estadio Municipal de Balaídos das seguintes dimensións cada unha das mesmas:10 m.x 0.60 m. 7ª.- Nos actos e eventos deportivos da Excma. Deputación de Pontevedra, esta terá o dereito a invitar a xogadores do R.C. Celta de Vigo, S.A.D., sempre e cando por motivos técnicos, deportivos ou de dispoñibilidade dos propios xogadores sexa posible. 8º No periódico oficial do R.C. Celta “A Cor de Galicia “ a Excma. Deputación de Pontevedra poderá dispoñer en cada número editado durante a liga, dunha páxina publicitaria. 9º.- Establécese a cantidade de DOUSCENTOS MIL EUROS (200.000,00 €) con cargo á partida 07/451.452.489.02 como contribución da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para poder cubrir este convenio de extensión cultural e apoio deportivo ós 178.162 escolares da provincia ó Museo do Real Club Celta de Vigo para o ano 2007. 10º.- A Deputación Provincial de Pontevedra aboará a citada cantidade de 200.000,00 € unha vez que a Fundación Celta de Vigo, ó final do exercicio, e xustifique a contribución con: a.- Fotografías da publicidade insertada no Estadio de Balaídos. b.- Certificación do Club de que a referida publicidade estivo exposta no Estadio ó longo do actual 2007. c.- Memoria sobre as actividades culturais-deportivas realizadas. d.-Recortes das páxinas publicitarias da Excma. Deputación no periódico “A Cor de Galicia” . E como proba da firme vontade de fomentar o desenvolvemento cultural e deportivo de Galicia, e en particular da provincia de Pontevedra, asínase o presente Convenio no lugar e data do encabezado. O PRESIDENTE FUNDACIÓN CELTA DE VIGO Asdo.-Rafael Louzán Abal Asdo.- Manuel C. Mouriño Atanes” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.15115.- APROBACIÓN DO CONVENIO ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VALGA PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DO COMPLEXO DEPORTIVO DE CAMPAÑA A Deputación de Pontevedra coa finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base pretende instalar campos de herba artificial en diversos concellos, o que mellorará e ampliará as infraestructuras deportivas da provincia. Considerando o art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que sinala que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese subscribir un Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Valga para a instalación dun campo de fútbol de herba artificial. Vistos así mesmo, os Informes emitidos polo Sr. Secretario e Interventor, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello da Valga para a instalación de herba artificial no campo de fútbol do complexo deportivo de Campaña. Así mesmo, se faculta ó Presidente da Deputación para a formalización do convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VALGA PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DO COMPLEXO DEPORTIVO DE CAMPAÑA No Concello de Valga, a __________ de 2007 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. José María Bello Maneiro, Alcalde-Presidente do Concello de Valga, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPONEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido o cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestructura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol do Complexo Deportivo de Campaña, no municipio de Valga. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica con arraxo a un proxecto tipo. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: • Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). • Dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles (4 unidades). • Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). • Bancos de suplentes (2 unidades). • Un marcador. • Bancadas (200 unidades). Ambas fases serán coordinadas por técnicos especialistas. Segunda.- O importe da realización destas dúas fases para un campo de fútbol de 100x65 m, de acordo co proxecto base, cífrase na contía máxima de 368.000,00 euros, incluíndo o 25% achegado polo concello, que serán aboados pola Deputación ás empresas adxudicatarias, con cargo á partida 07/123.452.662.08 do orzamento provincial. Terceira.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.-O Concello de Valga comprométese as seguintes obrigas: 1- Achegar para a realización das obras de infraestrutura e da instalación do céspede artificial o 25 % do seu custo que se estima nuns 92.000,00 euros, de conformidade coas cantidades e anualidades que se establecen de seguido: Anualidade 2007 2008 Cantidade 46.000 € 46.000 € Investimento total 92.000 € A cantidade do ano 2007 debe
Ãrea de notas
Nota