ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2007/06/22_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/1.2007-06-22_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/06/22_Ordinaria

  • Data(s) 2007-06-22 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e dez minutos do día vinte e dous de xuño do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15243.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 15 de xuño de 2007. ------ Folla: 2.15244.- PRÓRROGA DA SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE DONA PASTORA SALGUEIRO TORRES, VECIÑA DE SANXENXO Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión de 20/07/06 unha subvención para arranxo de vivenda, por importe de 2.622,88 euros a favor de Dª. Pastora Salgueiro Torres veciña de Sanxenxo, sendo prorrogada tal subvención pola Xunta de Goberno de 13/04/07 e ante o escrito de 30/05/07 da Traballadora Social do devandito Concello, sinalando a imposibilidade da beneficiaria de acometer as obras no prazo establecido por mor de graves problemas familiares, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha nova prórroga ata o 30 de xullo de 2007, para xustificación de subvención para arranxo de vivenda, que por importe de 2.622,88 euros aprobou a Xunta de Goberno de 28/07/06 a favor de Dª Pastora Salgueiro Torres, veciña de Sanxenxo. ------ Folla: 3.15245.- PRÓRROGA DA SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 13 DE OUTUBRO DE 2006, A FAVOR DE DONA Mª AURORA GARCÍA GARCÍA, VECIÑA DE A ESTRADA Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión de 13/10/06 unha subvención para arranxo de vivenda, a favor de Dª Mª Aurora García García do concello da Estrada por importe de 6.670,00 euros, e á vista do escrito de 06/06/07, remitido pola beneficiaria da subvención, sinalando a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto por causas alleas a súa vontade, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de agosto de 2007, para xustificación de subvención para arranxo de vivenda, que por importe de 6.670,00 euros aprobou a Xunta de Goberno de 13/10/06 a favor de Dª Mª Aurora García García, veciña de A Estrada. ------ Folla: 4.15246.- ANULACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADO POLA XUNTA DE GOBERNO DE 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE DONA MILAGROS SALGUEIRO CEA, VECIÑA DE GONDOMAR Aprobándose pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, unha subvención para arranxo de vivenda por importe de 2.245,00 euros, a favor de Dª Milagros Salgueiro Cea, veciña de Gondomar, e producíndose a renuncia da beneficiaria de tal subvención con data 18/05/07, a Xunta de Goberno queda entereda da citada renuncia. ------ Folla: 5.15247.- APROBACIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS, ANO 2007 De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as subvencións dirixidas ás Asociacións Servizos Sociais Especializados 2007, cuxas Bases foron aprobadas pola Xunta de Goberno de 26/01/07 e publicadas no B.O.P. nº 28, de 8 de febreiro de 2007, para un total de 82 asociacións, por importe total de 215.226,00 euros, con cargo á partida orzamentaria 07/313.313.480.02 se ben, dita aprobación queda condicionada no caso das Asociacións “Abap”, “Afaga”, Cogami” e “Fundación Menela” ó cumprimento polas mesmas das súas obrigas coa Seguridade Social e Axencia Tributaria. Ditas subvencións son como seguen: SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS. ANO 2007 ORZAMENTO: 225.000,00 € / PARTIDA: 07/313.313.480.02 Concello Nº Asociación Actividade Nº H. Euros Observ. Bueu 1 Asoc. Parkinson Jornadas de Parkinson 2.100 € 4.1 Galicia-Bueu Divulgación Cambados 1 Asoc. Discapacitados C. Natación. Act. 183 2.463 € 2.1.+ c.v. Ps. R Físicos integraciónsocio-familiar "Esperanza S." nenos discap. Cangas 2 Asoc.diagnostic. Programa de prevención e 2.100 € 4.1 cancro mama ADICAM tratamento do linfedema Asoc. Pais de Min.PS Proxecto CATIVOS 200 2.500 € 2.1 + c.v. Morrazo... "ASPAMSIM" Grove, O 1 Asoc. axuda drogodep. Curso de cultivo bajo +300 4.425 € 1.1. Erguete abrigo para jóvenes risco exclusión Guarda, A 3 Asoc. Erguete Pr. Incorpor.social +300 4.425 € 1.1. Prevención Drog... drogodep.O. Encardernación artes. Baixo Miño Asoc. San Xerome Propagación e cultivo en 180 3.105 € 1.1.+1.4.+c.v. Emiliani contenedor arbustos ornam. A. Avelaiña axuda..... con enfermedade mental Taller de Habilidades Sociais para a integración persoas... +300 3.600 € 2.1. Lalín 2 Asoc.Minusválidos do Deza de Lalín "AMIDEZA" C. Formación e Integración Social para búsqueda empl. 180 1.760 € 2.1 + c.v. Asoc. Aspadeza Proxecto de ocio e tempo libre 96 892 € 2.1.+c.v. Moaña 3 Asoc. Chuchamel apoio lactancia materna El arte fundamental de la vida. Sensibilización. Manual 2.100 € 4.1 Asoc.volunt.alcoh.rehab.de Moaña.ARMO Xornadas de alcoholismo 1.800 € 4.2 Asoc Familiares e. Alzheimer del Morrazo C. Atención y cuidados en la enfermedad de Alzheimer 250 3.600 € 3.1 Mos 1 Asoc. Disminuidos Físicos e Síquicos de Mos C. De cerámica para persoas con discapacidade 80 860 € 2.1.+c.v. Nigrán 1 Asoc. de Pais do Centro "CASTRO NAVAS" C. Habilidades Sociais para persoas con T.E.A. 128 1.656 € 2.1+ c.v. Pontevedra 15 As. Padr. de paralíticos cereb. AMENCER Proxecto "DI-BRICO" 250 3.600 € 2.1 Fed. G. A.At. Persoas con Parálise Cereb. Po. C. Técnico Aux. Diseño Gráfico. Cuidadora de apoyo +300 4.425 € 1.1 Fundación Secretariado Gitano Compensación Educativa Externa "Chanelar" 300 3.600 € 2.1. A.E.C.C Progr.de formación e educación "Xóvenes pola saude" 2.100 € 4.1 Asoc. Discapacitados AMIZADE Curso ofimática Nivel 1 214 2.528 € 2.1.+c.v. Asoc. ALBA Formación para producción pezas artesanais cerámica +300 4.425 € 1.1. Asoc. San Vicente de Paul de Pontevedra C. tapicería e restauración de muebles 300 4.425 € 1.1 (Discr. Positiva) Asoc. Juan XXIII P.Sensibilización.característ.personas discapacidad 2.100 € 4.1 Alcohólicos rehabilitados de Pontevedra Asistencia a enfermos alcohólicos e familiares 200 2.500 € 2.1.+ c.v. (Discr. Positiva) Asoc.Club orientación Pontevedra Taller memoria y estimulación cogn. Asilo de Pontevedra 288 3.600 € 2.1. Asoc.Galega da enfermid.de Huntington C.Formativo e informativo para enfermos e coidadores 300 3.600 € 2.1. Asoc.Escola Tempo Libre "Paspallás" C. Directores/as de Tempo libre 300 3.600 € 3.1. Asoc. de Pais de Disminuídos Ps. "Virxe da O" Taller de cestería para Nos 122 1.668 € 2.1 + 1.3 + c.v. (discr. Posit.) Asoc. Fam. Enfermos Alzheimer y... "AFAPO" Estimulación cognitiva enfermos y grupos apoyo famil. 250 3.600 € 2.1 Aso. Galega de Lupus "AGAL" VI Congreso Nacional de Lupus 2.400 € 4.2 Salceda Caselas 1 Asoc. minusválidos AMICO Curso de Adobe Photoshop e Fotografía dixital 124 1.900 € 3.1.+c.v. (x Orzam.) Tomiño 1 A. Discapacitados do Baixo Miño VONTADE Obradoiro de actividades ocupacionais en coiro +300 4.425 € 1.1 Tui 1 Vol. Alcohol. rehab.do Baixo Miño"Da ese paso" Xornadas de Alcoholismo 1.800 € 4.2 Valga 1 A. Minusvál. Mancom. Ulla-Umia ASMIVALU Obradoiro de Arte Floral 168 1.736 € 2.1 + c.v. Vigo 36 Asoc. Axuda enfermo psíquico Doa Act. Integración Social a través da práctica de Tai Chi 252 3.600 € 2.1. ASPANAEX Jornadas de Formación "Fomentamos la igualdad" 1.800 € 4.2 Asoc. Fase de Encuentro Prevención. Apoio a familiares e enfermos VIH/SIDA 250 2.100 € 3.2 (x Orzam.) Federación Minusv.Físicos de Pontev.Cogami Curso de Informática Básica 244 4.163 € 1.1 + c.v. Asoc. Galega de Hemofilia Proxecto informativo para o colectivo hemofílico-07 2.100 € 4.1 Asoc. Viguesa de alcoholoxía ASVIDAL Campaña "Alcohol e Violencia de Xénero" 2.100 € 4.1 Federación Asoc. . Familiares..."Feafes-Galicia" Curso de Alfabetización Informática 186 3.147 € 1.1 + c.v. A. Pais Minusválidos de Pontevedra. APAM "Promoción de Vida Independente" +300 3.600 € 2.1 A. De Dano Cerebral de Vigo "ALENTO" C. Ofimática e Internet Pers. Dano Cerebral Adquirido 300 3.600 € 2.1 Médicos do Mundo Atención sociosanitaria a personas en riesgo +300 3.600 € 2.1. Autismo Vigo Escola de Pais: "Pais e Profesionais, somos un" 80 600 € 2.1 (x Orzam.) Asoc. Persoas Xordas de Vigo "Infórmome, logo Fórmome" 2.069 € 4.1 (x Orzam.) Fundación Integra para discapacidad int. Programa de autonomía doméstica 150 1.400 € 2.1 (x Orzam.) Hoy por Mañana Campamento de verano +300 2.100 € 2.1 (x Orzam.) Asoc. "ASPAVI" Iniciación en actividades de xardinería/reforestación 147 2.377 € 1.1.+ c.v. (x Orzam.) FADEMGA FEAPS GALICIA Apoio á incorpor. mercado laboral Persoas Discapacid. Int. 100 1.625 € 1.1 + c.v. A. Pais Centro Educ. Especial Menela de Vigo C. Iniciación á Xardinería 2007 96 892 € 2.1 + c.v. Fundación para a infancia. MENIÑOS A Infancia protag.e resp.no seu entorno familiar e social 2.100 € 4.1 Asoc. Ayuda a los toxicómanos Erguete P. Integr. sociolaboral con internos C. Peniten.A Lama 121 1.642 € 2.1 +c.v. A. Galega contra enfer.neuromusculares ASEM P. Divulgación e sensibilización nos medios comunic. 2.100 € 4.1 A. Bulímicos y Anoréxicos Pontevedra "ABAP" Estudio de investigación "TOMA MEDIDAS" 3.200 € 4.3 Asoc. SODINÁUTICA Igualdad de oportunidades 260 3.600 € 2.1 Fundación QUINESIA Formac. e orientac. laboral para persoas con discap. 300 4.425 € 1.1. Fed. E.e O... Pers c. autismo.."Autismo Galicia" Información e sens.Cara o Emprego persoas con T.E.A. 2.100 € 4.1 Asoc. MADRO Grupo de autoapoio para familiares de drogod. e afectados 170 1.740 € 2.1 + c.v. (discr. Positiva) Fundación Menela Achegam.as Persoas con TEA e as P. Discapacidade 125 1.400 € 3.1 S. Desenv. Ideas e Técnicas Minusv...."SODIM" Turismo Accesible en Turisport (Divulgación) 2.100 € 4.1 Fundación INLADI Xornada informativa sobre a L.E.P.A. (L. Dependencia) 1.200 € 4.2 A. Paraplexicos e grandes minusv. "ASPAYM" C. Formación de cuidador pers. del lesionado medular 250 3.600 € 3.1 A. Parkinson de Vigo Entrenamiento en el pensamiento creativo 100 900 € 2.1 + c.v. A. Pais...discapacidades "Special Olympics..." P. Respiro familiar para persoas con Discapacidade In. 250 2.100 € 3.2 Confed. Galega de minusválidos COGAMI C. de ofimática básica 244 4.163 € 1.1 + c.v. A. Cidadá para Prevención da Violencia "ALIAR" Prevención, sensibilización de conductas violentas 2.100 € 4.1 Asoc. de famil.e enfermos de Alzheimer AFAGA C.Ayuda a domicilio E. Demencias Neurodexenerativas 80 600 € 3.2 "AZO" A.G.Apoio o Desen.Inmig.y Emig. Retorn. Pensa Neles. Curso Atención a Persoas Dependentes 300 4.425 € 1.1 Fundación FUERTES C. Iniciación de sereno/a/vigilante nocturno/a 150 2.475 € 1.1 + c.v. Vilagarcía A. 4 Comité Cidadán anti VIH Arousán "Ccanvihar V." Obradoiro en novas tecnoloxías para VIH+, famil. y ach. 300 4.425 € 1.1. Asoc. Disminuidos Psíquicos "Con Eles" Curso de pintura y enmarcado para discapacitados 248 3.600 € 2.1 Fundación Galega contra o Narcotráfico Campaña "Panos Brancos contra a Droga" 2.100 € 4.1 Fundación Asilo... Residencia "Divina Pastora" C. Sensibil. para atención comunicación co residente 100 600 € 3.2 Vilanova A. 2 Asoc. de Pais do Centro "OS MECOS" Programa de Ocio e Tempo libre 120 940 € 2.1 "BATA. Baión" Asoc. tratamento do autismo Unidade de apoio ambulatorio +300 3.600 € 2.1 TOTAL 195.426 € Relación de Asociacións Enmarcadas no ámbito dos Servizos Sociais Especializados. Ano 2007 Solicitudes presentadas Fora De Prazo e admitidas Concello nº Asociación Actividade Nº H Euros Observ. Pontevedra 1 Asoc. Rexurdir Provincial Curso de actividades forestales 280 4.425 1.1 Redondela 1 Asoc. Familiares e enf. Mentais. "LENDA" Curso de carpintería-restauración +300 4.425 1.1 Sanxenxo 1 A. Prevención e Loita contra a droga.AVANTE Incorporación socio-laboral +300 4.425 3.1 + c.v. Vigo 2 Federación Galega I. Síndrome. "Down Galicia" Programa de Emprego con apoio. DOWN GALICIA +300 4.425 1.1 A. Alchólicos Rehabilitados de Vigo "ARVI" Campaña Divulgación, Prevenc. e Inf. De Alcoholismo 2.100 4.1 TOTAL 19.800 ------ Folla: 6.15248.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, ó non estar suxeitos a responsabilidade e cumprir as condicións estipuladas nos respectivos contratos, e de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución de garantías definitivas das seguintes empresas: UNIÓN DE TELEVISIONES GALLEGAS, S.A. (C.I.F. A- 15.766.256) - A constituída en metálico, por importe de novecentos sesenta e un euros con dezaoito céntimos (961,18 €), para responder da “Prestación de servizos de publicidade no canle de televisión Localia Vigo” año 2007, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/01/2007 co número de operación 200700004255, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. RADIO VIGO, S.A.U. (C.I.F. B-36.913.754) - A constituída en metálico, por importe de dous mil trescentos noventa e nove euros con noventa e oito céntimos (2.399,98 €), para responder da “Prestación de servizos de publicidade nas emisoras de Radio Vigo nas comarcas de Vigo, Baixo Miño, Condado e Paradanta”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/01/2007 co número de operación 200600004257, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CANTEIROS DO PORRIÑO REUNIDOS, S.A. (C.I.F. A- 36.027.480) - A constituída en metálico, por importe de mil seiscentos vinte euros (1.620,00€), para responder da “Contrato de subministro de materiais ampliación concurso do ano 2005, Lote 51”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 19/10/2005 co número de operación 200600095787, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. LEASEPLAN SERVICIOS, S.A. (C.I.F. A- 78.007.473) - A constituída en valores, mediante aval de ABN- AMRO, por importe de mil catrocentos trinta e dous euros con vinte e seis céntimos (1.432,26 €), para responder do “Aluguer oito vehículos sen conductor, adxudicado por R.P. 004288 de 26/04/02”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/08/2002 co número de operación 200600065935, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRÁFICAS SALNÉS, S.L. (C.I.F. B- 36.040.707) - A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de novecentos oitenta e nove euros con noventa e tres céntimos (989,93 €), para responder de “Edición e impresión do libro arquitectura e arte popular en Ribadumia, adxudicado por R.P. 016700 de 28/11/05”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/12/2005 co número de operación 200600112343, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CIENTISOL, S.L. (CIENYTECH) (C.I.F. B- 15.869.605) - A constituída en metálico, por importe de dous mil douscentos vinte e cinco euros con sesenta céntimos (2.225,60 €), para responder do “Lote nº 1 do concurso para efectuar o subministro de reactivos para a realización de análises de pensos e materias primas”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/06/2006 co número de operación 200600054555, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SODEXHO ESPAÑA, S.A. (C.I.F. A- 08.427.296), (empresa fusionaria de GR SERVICIOS HOSTELEROS, S.A. A- 80.440.431) - A constituída en valores pola empresa G.R. SERVICIOS HOSTELEROS, entidade actualmente absorbida por SODEXHO ESPAÑA, S.A., mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de nove mil seiscentos quince euros con oitenta e sete céntimos (9.615,87 €), para responder de “Contrato de servizo de alimentación e vestiario durante o ano 1994 na Cidade Infantil Príncipe Felipe”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 03/02/1994 co número de depósito 22, de data 03/02/1994, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SODEXHO ESPAÑA, S.A. (C.I.F. A- 08.427.296) - A constituída en valores, mediante aval de CAJA MADRID, por importe de tres mil sesenta en un euros con sesenta e cinco céntimos (3.061,65 €), para responder de “Contrato de servizos de hostalería no Centro de Vacacións de A Lanzada, correspondentes ó ano 2001”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 30/07/2001 co número de operación 200100037643 (SIC/ 2001040924), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SODEXHO ESPAÑA, S.A. (C.I.F. A- 08.427.296) - A constituída en valores, mediante aval de CAJA MADRID, por importe de dous mil cincocentos dezaseis euros (2.516,00 €), para responder de “Contrato de servizos de hostalería no Centro de Vacacións de A Lanzada, correspondentes ó ano 2003”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/07/2003 co número de operación 200300049090, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 7.15249.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN DE OBRA Nº6 DE “PROXECTO MODIFICADO NÚM.1 TERMINACIÓN EP-9402 MOSTEIRO-BARRANTES (MEIS)”, ADXUDICADAS Á EMPRESA CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. Vista a certificación núm.6 relativa as obras de “Modificado Núm. 1 terminación E.P. 9402 Mosteiro – Barrantes (Meis)”, adxudicadas no seu día a Construcciones Taboada Y Ramos, S.L., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 11 de xuño pasado e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2007, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Construc. TABOADA Y RAMOS, S.L. (B.36.052.876) 07/511-511-612.02.2004 (Deputación) 155.511,83 € Subtotal parcial …… 155.511,83 € Taxa dirección de obra 4.506,28 € Control de calidade 563,29 € Seguridade e saúde 563,29 € TOTAL …… 149.878,97 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servicio ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 8.15250.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE SILLEDA DA OBRA INCLUÍDA NO PAM/2006-08 “AMPLIACIÓN DOS CEMITERIOS PARROQUIAIS: CORTEGADA, CIRA E TABOADA”, APROBADA NA XUNTA DE GOBERNO DE 7 DE ABRIL DE 2006, ACORDO Nº 17.13887, PARA A OBRA “MELLORA NAS PARROQUIAS DE CORTEGADA, CIRA E TABOADA” Vista a petición do Concello de Silleda, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra: “Ampliación dos cemiterios parroquiais: Cortegada, Cira e Taboada”, incluída no PAM/2006-08, para a obra nº 227-139-122/931: “Mellora nas parroquias de Cortegada, Cira e Taboada”, coa mesma subvención que a anterior, quedando suxeita ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril de 2006. A relación de obras subvencionadas ó Concello de Silleda con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades Orzamento Subv. Orzamento Subv. Orzamento Subv. 2006-2008 TOTAL TOTAL TOTAL Total Subv. Mellora do alumeado público 20.000,00 6.000,00 8.000,00 6.000,00 20.000,00 Mellora das bibliotecas locais sociais e outros servizos de: Breixa, Dornelas, Fiestras, Laro, Mandúas, Martixe, Abades, Taboada, Ponte, Escuadro, Moalde, Silleda e Bandeira 183.001,00 30.000,00 75.441,00 77.560,00 183.001,00 Biblioteca Local Social de Xestoso e outros servizos 76.577,00 15.000,00 40.000,00 21.577,00 76.577,00 Adquisición de equipamento e mobiliario para bibliotecas locais sociais e outros servizos 41.334,00 7.708,00 11.813,00 21.813,00 41.334,00 Acondicionamento e mellora de rúas (San Isidro, Morón e Emilio Alonso Paz) e arranxo de viais 66.000,00 20.000,00 26.000,00 20.000,00 66.000,00 Restauración do antigo centro de saúde de Silleda como Biblioteca local social e outros servizos para a terceira idade 100.000,00 20.000,00 40.000,00 40.000,00 100.000,00 Pavimentación beirarrúas desde C.N.-525 ata Campo de fútbol de Lamela 12.003,49 4.000,00 4.003,49 4.000,00 12.003,49 Adquisición de vehículos industriais 58.000,00 40.000,00 18.000,00 58.000,00 Mellora nas parroquiais: Cortegada, Cira e Taboada 72.121,44 24.040,48 24.040,48 24.040,48 72.121,44 Saneamento rúa Xeral de Bandeira 57.581,50 19.196,50 20.000,00 18.385,00 57.581,50 Pintado de rúas dos cascos urbanos de Silleda 20.000,00 3.805,64 8.000,00 6.000,00 17.805,64 706.618,43 149.750,62 297.297,97 257.375,48 704.424,07 ------ Folla: 9.15251.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 10.15252.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. O Presidente, e con motivo da última sesión da Xunta de Goberno desta Corporación, agradece o traballo e dedicación de todos os seus membros desexándolles moita sorte. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as nove horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición