ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2007/07/26_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/2.2007-07-26_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/07/26_Ordinaria

  • Data(s) 2007-07-26 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vinte e seis de xullo do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Requera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuiña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Julio Souto Diz. Non asiste a señora deputada Dona Mª Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15297.- APROBACIÓN DO ACORDO DE SOCIOS DO PROXECTO “CHRONOS” Con motivo da posta en marcha do Proxecto “Chronos” presentado á convocatoria de propostas VP/2003/021 da Comisión Europea titulada “Enfoques innovadores na xestión do cambio” financiadas con arranxo ó artigo 6 do Regulamento relativo ó Fondo Social Europeo (Regulamento CE) núm. 1784/1999 do Parlamento Europeo e do Consello de 12 de xullo de 1999, relativo ó Fondo Social Europeo, DO L 213 de 13/08/1999, Ruth González Reyes, Coordinadora deste proxecto informa: 1.- O proxecto “Chronos”, presentouse dentro da liña da “xestión do cambio demográfico” co que se pretende establecer un modelo de intervención territorial multisectorial que facilite, de forma anticipada a empresas, administracións públicas e outros axentes sociais a toma de decisións referentes ás/ós traballadores de maior idade para tratar desta forma de reducir o impacto que supón para a economía o abandono destes do mercado laboral. 2.- Este proxecto foi aprobado en Xunta de Goberno de 20 de xaneiro de 2006, presentado a través dunha carta de compromiso do Presidente da Excma. Deputación Provincial de 24 de xaneiro de 2006 e posteriormente foi aprobado inicialmente pola Dirección Xeral de Emprego, Servizos Sociais e Igualdade de Oportunidades da Comisión Europea, e comunicada a súa aprobación o 4 de xullo de 2006, coa conseguinte petición de reformulación do proxecto axustándose ó novo presuposto. 3.- O proxecto foi finalmente aprobado pola Comisión Europea. Convén destacar que na liña de xestión do cambio demográfico soamente se aprobaron 2 proxectos en España (un deles o de Deputación de Pontevedra) e un total de 11 proxectos en toda a Unión Europea. 4.- O Pleno da Excma. Deputación Provincial celebrado en data 29 de novembro de 2006, aprobou definitivamente o proxecto cun presuposto total de 1.979.590,00 €, no que a achega da Deputación de Pontevedra supón 183.625,48 €. 5.- Neste proxecto a Deputación Provincial de Pontevedra, actúa como xefe de fila e como socios participan ademais a Deputación da Coruña, Confederación de Empresarios de Galicia, Centrais Sindicais (UGT, CCOO), Consellería de Traballo da Xunta de Galicia; e como socios transnacionais cofinanciadores figuran a Provincia de Viterbo (Italia), Talete (Italia) e BIC Minho (Portugal). 6.- O tempo de execución do proxecto é de 24 meses, comezando a súa execución o 27 de novembro de 2006 e con data de finalización de 26 de novembro de 2008. 7.- Para levar a cabo a execución das distintas accións do proxecto é necesario asinar un acordo entre os socios do proxecto. A elaboración de dito acordo seguiu os seguintes pasos: • Foi elaborado pola Coordinación xeral do proxecto Chronos e informado, tanto pola Secretaria Xeral como pola Intervención desta Deputación provincial en marzo de 2007. • Posteriormente, presentouse ós socios do proxecto Chronos no Comité de Dirección e coordinación que estes celebraron con data de 30 de marzo de 2007, no Salón de Sesións da Deputación Provincial de Pontevedra. En dita reunión (xúntase acta da reunión) plantexouse a posibilidade da tradución a italiano do acordo para remitir ós socios italianos e estableceuse un prazo de 10 días trala remisión da versión en italiano ós socios do proxecto para a revisión do mesmo. • Finalizado o prazo marcado para que os socios realizasen as súas alegacións ó acordo de socios, incorporáronse ó mesmo, cuestións puntuais que non afectan de maneira substancial o seu contido, e que foron plantexadas por un dos socios italianos e pola Confederación de Empresarios de Galicia, (xúntase en expediente) polo que se xunta o acordo final e, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o acordo final de Socios do proxecto Chronos para proceder a continuación á sinatura do mesmo por parte dos socios. Dito acordo final é como segue: “ACORDO SOCIOS (Partnership Agreement)” “Chronos” 2006/VP021/30081 Grant Agremeent VS/2006/0344 En Pontevedra a 25 de xuño do 2007 REUNIDOS Don D. Rafael Louzán Abal en calidade de Presidente, representante legal da Deputación Provincial de Pontevedra, como entidade Promotora do proxecto. Don Alessandro Mazzoli en calidade de Conselleiro, representante legal da provincia de Viterbo, como socio do proxecto. Dona Massimo Marcheto, representante legal de Talete Socità Cooperativa, como socio do proxecto. Don Leonardo Silva, en calidade de Presidente da Dirección, representante legal da Oficina da Innovaçao S.A.- Business Information Centre do Minho (BIC Minho), como socios do proxecto. Don Ricardo Jacinto Varela Sánchez, en calidade de Conselleiro, representante legal da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, como socio do proxecto. Don Salvador Fernández Moreda, en calidade de Presidente, representante legal da Deputación da Coruña, como socio do proxecto. Don Antonio Fontela Ramil, en calidade de Presidente, representante legal da Confederación de empresarios de Galicia, como socio do proxecto. Dona Rosa Arcos Caamaño, en calidade de Secretaria de Administración, representante legal da Unión Xeral de Traballadores (UXT) de Galicia, como socio do proxecto. Don Francisco Javier Montero Dongil, representante legal de Comisións Obreiras (CCOO) de Galicia, como socio do proxecto. Dona Lenka Krbcová Masinová, en calidade de Directora, representante legal de Centrum Komunitní Práce ústí nad labem - Poradenská Organizace (CKP), como socio observador do proxecto. Don Vladimir Ira, en calidade de Director do Consello de Dirección, representante legal de ETP Slovakia, como socio observador do proxecto. Todas as partes recoñécense mutuamente, na calidade na que interveñen, con capacidade e competencia suficiente para o outorgamento do presente Convenio de colaboración, e ó efecto, EXPOÑEN Que as entidades anteriores forman parte do partenariado do proxecto “Chronos”, aprobado pola Comisión Europea no marco das accións innovadoras do art. 6 do Regulamento do FSE. Que se asinou con data de 27 de novembro de 2006 o Grant Agreement con número de referencia VS/2006/0344 entre a Comisión Europea e a Deputación Provincial de Pontevedra. Que no Grant Agreement asinado entre a Comisión Europea e a Deputación Provincial de Pontevedra, recóllese que debe existir outro documento que regule as relacións entre os socios do proxecto; dito documento é o Partnership Agreement (Acordo entre os socios). Que todos os socios están interesados na sinatura do acordo de socios (Partnership Agreement), en base ós seguintes criterios e acordos aceptados por todos eles: 1º- Todos os socios están de acordo co contido e as condicións do Grant Agreement e os seus anexos, incluíndo os termos técnicos e económicos. 2º- Todos os socios aceptan o total do presuposto que ascende á cantidade de 1.979.590,40 € (Anexo II) aprobado pola Comisión Europea e aceptan facer as súas propias achegas ó presuposto nos termos que se describen nas cartas de Compromiso remitidas con anterioridade á Comisión e que forman parte do Grant Agremeent. 3º- Todos os socios están de acordo co contido e as disposicións que se enumeran no Manual de Xestión do Proxecto que forma parte deste acordo. 4º- Todos os socios comprométense a permanecer unidos no caso de existir unha deficiencia nalgunhas das partes, que buscarán unha solución rápida ou substitución. Se esa solución fose imposible informarase canto antes á Comisión Europea. 5º- Todos os socios están de acordo en manter unha contabilidade individualizada dos gastos do proxecto, de acordo coas normas da Comunidade Europea, de forma que se permita identificar claramente o estado de situación do proxecto e manter unha pista de auditoría suficiente (Segundo Regulamento (CE) No 438/2001 da Comisión de 2 de marzo de 2001). Así mesmo, as entidades asinantes comprométense a achegar toda a información necesaria e relevante para a elaboración de cantos informes fosen necesarios. 6º- Os socios acordan aceptar as modificacións técnicas e económicas establecidas polo promotor do proxecto en función dos informes de seguimento e as consideracións da Comisión Europea. Estas modificacións deberán de ser ratificadas polo Comité de Xestión e Coordinación do proxecto. 7º- Os socios comprométense a participar activamente na dirección, coordinación e implementación concreta das accións que lles foron encomendadas no proxecto. 8º- Os socios comprométense a participar na publicidade e divulgación dos resultados obtidos no proxecto respectando a normativa comunitaria sobre publicidade, así como as pautas establecidas no manual de xestión do proxecto. 9º- Cada socio será único responsable da xestión económica das actividades que lle son encomendadas no marco do proxecto, debendo xustificar a correcta execución dos fondos europeos con arranxo á normativa vixente e reingresando no seu caso os fondos recibidos. Por todo iso subscríbese o presente Convenio de colaboración con subxección ás seguintes: CLÁUSULAS 1-OBXECTO.- O presente convenio define as modalidades de cooperación entre as partes asinantes e determina as súas responsabilidades respectivas na execución do proxecto de xestión do cambio demográfico, acción innovadora no marco do artigo 6 de FSE, CHRONOS, cuxo contido foi aprobado por todos os socios. O proxecto prevé un custo total elixible de 1.979.590,40 €, conforme o acordo de concesión VS/2006/0344. A solicitude de financiamento público, a ficha de proxecto e os seus respectivos anexos, así como o manual de xestión do proxecto, forman parte do presente convenio. O proxecto CHRONOS pretende, como obxectivo principal, levar ó diálogo social a preocupación sobre os/as traballadores/as de maior idade, animando a todos os actores participantes -administracións publicas, empresariado e representantes dos/as traballadores/as- a anticiparse ós problemas demográficos tratando de prolongar a vida activa destes e estas traballadoras. O acordo, conseguido localmente, terá un carácter global innovador e un efecto multiplicador fundamental debido a súa transferibilidade, tanto ós territorios vinculados ó proxecto a través dos socios transnacionais como en calquera outro territorio da Unión. Este obxectivo conseguirase a través da concertación, a participación e a observación proactiva. Son obxectivos de carácter prioritario para todos os socios: 1) A anticipación das tendencias de envellecemento e emprego no contexto específico das provincias de Pontevedra e A Coruña por medio dun Observatorio Proactivo de Emprego, que terá tamén vertente transnacional a través da participación dos socios italianos -provincia de Viterbo e Talete- e portugués -Bic Minho- do proxecto. 2) Desenvolvemento de alternativas á xubilación anticipada como solución á reestruturación de empresas, a través da creación dun Banco de Propostas ou foro de diálogo, no que estean representados os axentes sociais, para a formulación de alternativas co fin de reter e reintegrar ós/ás traballadores/as de maior idade; del xurdirá o compromiso de levar ó diálogo social, a través dun Pacto, a problemática dos e as traballadoras de maior idade. Deste foro formarán parte as organizacións dos países membros da UE que son socias no proxecto e que, do mesmo xeito que Galicia, presentan unha elevada taxa de envellecemento da poboación. 3) Desenvolvemento de estratexias de xestión da idade a través da experimentación co emprego por conta propia (fomento do espírito empresarial), nos casos nos que a permanencia na propia empresa é imposible. Estes procesos deberán de estar tutelados por empresas do sector, constituíndo verdadeiros spin-off empresariais que se dirixen a traballadores/as de máis de 50 anos. 2-VIXENCIA DO CONVENIO.- O presente Convenio terá vixencia dende a súa sinatura ata o fin do proxecto “Chronos”, con data de 27 de novembro de 2008 ou ante unha posible prórroga acordada por unanimidade no Comité de xestión e coordinación do proxecto e aprobada a posteriori pola Comisión Europea. En todo caso manterase a vixencia do acordo ata o peche definitivo de todos os trámites do proxecto, especialmente as relacionadas coas cantidades transferidas ós socios e de ser o caso ó reintegro das cantidades non xustificadas. 3- NATUREZA DO CONVENIO.- O presente Convenio ten natureza administrativa, rexéndose a súa interpretación e desenvolvemento ó ordenamento xurídico administrativo, con expresa submisión das partes á xurisdición contencioso-administrativa. 4- ÓRGANOS.- Créanse para o seguimento e execución das actuacións a realizar no proxecto “CHRONOS” os seguintes órganos: Comité de xestión e coordinación O Comité de xestión e coordinación do proxecto está formado polos representantes legais de cada un dos socios do proxecto. As reunións serán convocadas polo/a representante do Promotor, que será quen presida as reunións do Comité. A convocatoria das reunións farase, polo menos, cunha semana de antelación e a ela achegarase tanto a orde do día como toda a documentación que sexa necesario que os membros do Comité revisen para a reunión. A petición de calquera membro do Comité, ou por iniciativa propia, o/a Presidente/a poderá convocar unha reunión extraordinaria sempre que as circunstancias así o requiran. En todas as reunións do Comité levantarase unha acta cos acordos alcanzados, que será aprobada no seo do mesmo na reunión seguinte. Unidade técnica de xestión Sobre a base do Comité de xestión e coordinación (formado por representantes legais) constituirase unha Unidade Técnica de xestión, integrada polos/as Coordinadores técnicos de cada unha das entidades, dirixidos polo/a Coordinador/a xeral da entidade promotora (Deputación de Pontevedra). Esta Unidade Técnica poderá reunirse cando o considere necesario, declarándose formalmente constituída cando asista unha maioría simple de socios (a metade +1). Esta Unidade Técnica de xestión será o órgano responsable do avance no día a día do proxecto. En canto á organización de ambos os órganos, os socios atenderán ás disposicións expostas no Manual de Xestión do proxecto que forma parte como anexo ó presente acordo. Comité de avaliación e control Este órgano estará conformado por cinco membros, catro Coordinadores de catro das entidades socias do proxecto e o Coordinador nomeado pola entidade Promotora do mesmo. Este Comité será o encargado de supervisar os avances na execución do proxecto con respecto ó calendario establecido, e ós indicadores deseñados, asegurándose de que todas as actuacións previstas execútanse en tempo e prazo. Este Comité elaborará un informe trimestral que se presentará nas reunións tanto da Unidade técnica de Xestión como do Comité de Xestión e Coordinación do proxecto. 5- EXECUCIÓN DE ACCIÓNS.- As entidades participantes no proxecto e asinantes do presente acordo comprométense a participar na execución das accións do mesmo na forma na que se determine no marco do Comité de Xestión e Coordinación ou, no seu caso, da Unidade técnica de xestión na súa primeira e posteriores reunións. Existirá un/a Coordinador/a xeral do proxecto, designado pola entidade Promotora, que dará conta do estado do mesmo á Comisión e que permanecerá en contacto continuamente con todos os socios e que poderá contar co apoio de asistencias técnicas externas. Ademais cada un dos socios designará un/a coordinador/a responsable do proxecto. Para garantir a correcta execución das accións do proxecto, realizouse unha distribución inicial do presuposto do mesmo entre todos os socios, que é a que se mostra a continuación, detallada por partidas orzamentarias: Socio Accións Presuposto Deputación de Pontevedra Contratación equipo técnico 352.600,00 € Viaxes 44.364,99 € Programa de recoñecemento empresarial 17.500,00 € Campaña de sensibilización 7.500,00 € Boletíns observatorio prospectivo 15.000,00 € Páxina web 25.000,00 € Conferencias e seminarios 24.030,00 € Varios(reunións, tradución e interpretación) 29.083,18 € Programa Spin off 30.000,00 € Auditoría externa 25.000,00 € Equipos 6.000,00 € Deputación de A Coruña Contratación equipo técnico 196.200,00 € Viaxes 17.651,23 € Asistencia técnica 50.000,00 € Avaliación 30.000,00 € Boletíns observatorio prospectivo 15.000,00 € Conferencias e seminarios 26.188,00 € Varios(reunións, tradución e interpretación) 2.545,78 € Consellería de Traballo Contratación equipo técnico 39.600,00 € Viaxes 28.571,63 € Programa de transferencia 20.000,00 € Varios(reunións, tradución e interpretación) 2.297,18 € Observatorio prospectivo de emprego 50.000,00 € CEG Contratación equipo técnico 39.600,00 € Viaxes 28.527,88 € Programa de recoñecemento empresarial 17.500,00 € Campaña sensibilización 25.441,18 € Varios(reunións, tradución e interpretación) 22.785,60 € Banco de Propostas 20.000,00 € Grupos de Traballo RRHH 20.000,00 € Programa de capacitación para 55+ 26.000,00 € CCOO Contratación equipo técnico 81.000,00 € Viaxes 20.634,37 € Campaña sensibilización 18.529,41 € Varios(reunións, tradución e interpretación) 7.162,53 € Banco de Propostas 15.000,00 € Programa de capacitación para 55+ 27.000,00 € UGT Contratación equipo técnico 81.000,00 € Viaxes 20.634,37 € Campaña sensibilización 18.529,41 € Varios(reunións, tradución e interpretación) 7.162,53 € Banco de Propostas 15.000,00 € Programa de capacitación para 55+ 27.000,00 € Societá cooperativa Talete Contratación equipo técnico 59.400,00 € Viaxes 10.878,16 € Conferencias e seminarios 24.730,00 € Varios(reunións, tradución e interpretación) 5.300,16 € Programa de teleformación adaptado a 55+ 60.000,00 € Viterbo Contratación equipo técnico 39.600,00 € Viaxes 10.878,16 € Conferencias e seminarios 24.730,00 € Varios(reunións, tradución e interpretación) 21.662,94 € Observatorio prospectivo de emprego 32.627,46 € Programa Spin off 10.000,00 € Grupos de Traballo RRHH 4.000,00 € BicMinho Contratación equipo técnico 15.400,00 € Viaxes 10.371,63 € Observatorio prospectivo de emprego 17.372,54 € Programa Spin off 40.000,00 € TOTAL ORZAMENTO PROXECTO 1.979.540,40 € Todos e cada un dos socios, agás os observadores, contribuirán a cofinanciar o presuposto total nas contías que se reflicten no anexo 7 da solicitude de subvención aprobada e nas cartas de compromiso asinadas por cada un deles. 6- RESPONSABILIDADES E OBRIGAS DAS PARTES.- A- RESPONSABILIDADES.- Responsabilidades do Promotor do proxecto O Promotor do proxecto presenta, en nome de todos os socios, a solicitude de subvención comunitaria para a realización do proxecto mencionado no apartado 1 e comprométese a: - responder, en tanto que referente único de conformidade co resto dos socios, ás solicitudes de información ou de modificación que puidese requirir a Comisión Europea. - comunicar ós demais socios os resultados da instrución e as decisións adoptadas pola Comisión. - comunicar á Comisión as decisións e modificacións adoptadas polo conxunto dos socios. - velar pola posta en marcha e a execución do proxecto conforme ó exposto na ficha de proxecto, respectando os prazos previstos. - informar á Comisión da posta en marcha do proxecto. - solicitar o pago intermedio e final da axuda, transferindo ó resto dos socios, o máis axiña posible, a parte que lles corresponda en cada caso. - garantir ante a Comisión a dispoñibilidade dunha contabilidade separada para o proxecto. - subministrar á Comisión información periódica de avance físico, administrativo e financeiro, no formato que sexa necesario para a implementación do sistema de seguimento. - conservar e ter dispoñible durante os cinco anos seguintes ó pago do saldo relativo ó proxecto, todos os xustificantes (orixinais ou copias certificadas conformes) relativos ós gastos e ós controis correspondentes, en previsión de solicitudes por parte da Comisión. Responsabilidades dos socios Os socios aceptan a coordinación técnica, administrativa e financeira do Promotor do proxecto, co fin de facilitar as súas obrigas ante a Comisión Europea. Ademais comprométense a: - contestar rapidamente ás solicitudes de información, así como facilitar os documentos necesarios para a instrución. - comunicar a súa aceptación das decisións e eventuais modificacións que poida adoptar a Comisión e que lle sexan comunicadas ó Promotor. - executar as actividades que lles son asignadas na ficha de proxecto - solicitude de subvención aprobada- nos prazos propostos. - transmitir ó Promotor información periódica de avance físico, administrativo e financeiro de cara á alimentación do sistema de seguimento. - enviar ó Promotor as declaracións de gastos con vistas a presentación dos informes semestrais de seguimento físico e declaracións de gastos do proxecto e o informe final. - enviar ó Promotor a documentación correspondente á execución do proxecto. - facilitar a documentación necesaria para os controis de execución do proxecto e a declaración de gastos. - asistir a todas as reunións do Comité de xestión e Coordinación. - realizar as tarefas encomendadas no marco do proxecto, así como todas aquelas que lles sexan encomendadas polo Comité de xestión e coordinación ou, no seu caso, pola Unidade Técnica de Xestión. B- OBRIGAS FINANCEIRAS DO PROMOTOR DO PROXECTO E OS SOCIOS.- O Promotor do proxecto e os demais socios comprométense a: - levar unha contabilidade separada correspondente á execución do proxecto, tanto para o financiamento FSE como para as correspondentes contrapartidas. - conservar unha copia compulsada de toda a documentación relativa á execución do proxecto. - aceptar o control dos servizos comunitarios competentes e das administracións que cofinancien o proxecto, en todo o relativo á execución do proxecto e á utilización das subvencións concedidas. 7- CADRO FINANCEIRO DO PROXECTO.- O Promotor do proxecto e os demais socios dan por válido o cadro financeiro que se inclúe na solicitude de subvención de proxecto e no cal indícase que o custo total elixible do proxecto será de 1.979.590,40 €, dos cales 1.348.593,68 € solicítanse como axuda FSE; os 630.996,72 €. SOCIO COFINANCIACIÓN Deputación de Pontevedra 183.625,48 Deputación de A Coruña 107.605,50 Consellería de Traballo 81.798,14 Confederación de Empresarios de Galicia 49.963,70 Unión Xeral de Traballadores 42.331,50 Comisiones Obreiras 42.331,50 Provincia de Viterbo 45.740,26 Business Innovation Centre (BIC) Minho 26.502,26 Talete 51.098,38 TOTAL 630.996,72 Polo tanto, a subvención da UE supón o 68,12% do presuposto total e a cofinanciación achegada pola totalidade dos socios o 31,88% restante. O Promotor do proxecto e cada un dos socios realizan, deste xeito, as seguintes achegas en termos porcentuais: Socio Cofinanciación % Deputación de Pontevedra 183.625,48 9,28% Deputación de A Coruña 107.605,50 5,44% Consellería de Traballo 81.798,14 4,13% Confederación de Empresarios de Galicia 49.963,70 2,52% Unión Xeral de Traballadores 42.331,50 2,14% Comisións Obreiras 42.331,50 2,14% Provincia de Viterbo 45.740,26 2,31% Business Innovation Centre (BIC) Minho 26.502,26 1,34% Talete 51.098,38 2,58% Total Cofinanciación Socios 630.996,72 31,88% Isto supón que, no caso de que o presuposto executado á finalización do proxecto fose inferior ó presuposto aprobado, a contribución neta da UE verase tamén reducida, do mesmo xeito que a de todos e cada un dos socios. Tanto a UE como os socios cofinanciarán a porcentaxe á que se comprometeron (ver táboa anterior) do presuposto total finalmente executado; é dicir, a UE achegará o 68,12% do presuposto total executado, a Deputación de Pontevedra achegará o 9,28% do presuposto executado, a Deputación da Coruña o 5,44%, etc. 8.- CIRCUÍTO FINANCEIRO.- O Promotor do proxecto é o responsable da xestión da conta bancaria na cal a Comisión Europea ingresará a totalidade dos pagos FSE correspondentes ó anticipo, pago intermedio e pago do saldo que solicite o Promotor do proxecto. Unha vez recíbanse o anticipo e os pagos correspondentes á axuda FSE, o Promotor do proxecto transferirá a cada socio, sobre a base dos gastos declarados/plan financeiro, a parte correspondente do reembolso/anticipo efectuado pola Comisión, previa presentación de garantía suficiente por parte do socio ante o promotor. O documento “Guía práctica para os promotores de proxectos Art.6” establece no seu capítulo V o procedemento operativo para a recepción dos pagos da Comisión Europea ó beneficiario. Este procedemento establece tres pagos por parte da Comisión Europea: - Un anticipo inicial por valor igual ó 30% da subvención comunitaria prevista. - Un pago intermedio por valor do 40% da subvención comunitaria prevista. - Un pago final por valor do saldo da subvención comunitaria prevista, que suporá o 30% restante da subvención, en caso de gastarse a totalidade do presuposto previsto. O promotor do proxecto trasladará este esquema de pagos ós socios, de maneira que: - Unha vez recibido o anticipo inicial por valor igual ó 30% da subvención comunitaria traspasará, previa petición formal do socio e acompañada da garantía financeira establecida polo promotor ou outras garantías admitidas en dereito, a cada un dos socios unha contía igual ó 30% da totalidade do presuposto UE que xestiona cada un. Para iso, no marco do Comité de Xestión e Coordinación do proxecto quedará aprobado previamente o presuposto individual e actividades de cada socio. - Unha vez recibido o pago intermedio por valor do 40% da subvención comunitaria, o Promotor do proxecto comprométese a traspasarse a cada socio o 40% do presuposto UE que xestiona a condición de que dito socio presente xa unha declaración de gastos subvencionables pagados por un valor igual á contía recibida como anticipo (100% do primeiro anticipo). - O pago final por valor do saldo da subvención comunitaria prevista recibirao o Promotor de proxecto unha vez presentado o informe final e a declaración de gastos final. Se o presuposto executado finalmente fose inferior ó presuposto aprobado pola Comisión, a achega da UE reducirase na mesma proporción. Polo tanto, unha vez que a Comisión europea realice o ingreso do saldo na conta do Promotor do proxecto, este procederá a traspasar a cada socio a contía correspondente de axuda UE en función da declaración que cada un presentase. 9.- DAS FALTAS E SANCIÓNS POR INCUMPRIMENTO DE OBRIGAS.- Se un socio incumpre as accións asignadas no marco do proxecto, pondo en grave situación o cumprimento dos obxectivos do proxecto, na primeira reunión que se celebre do Comité de Xestión e coordinación apercibirase ó socio. De non levar a cabo actuacións por parte do socio para restablecer o dano causado, en seguinte reunión do Comité de Xestión e coordinación poderá acordarse a liquidación das actuacións levadas a cabo ata ese momento polo socio e procederase a súa baixa. Á súa vez, o socio estará obrigado a devolver os fondos europeos recibidos e que non sexan gastados ou aqueles que fosen xestionados incorrectamente. Así mesmo, serán consideradas faltas, as seguintes: - A non asistencia de forma reiterada ás reunións de coordinación e seguimento, ou aquelas que sexan determinadas para a correcta xestión do proxecto. - A execución deficiente dos traballos encomendados a cada membro. - O non facilitar a información que sobre o proxecto sexa requirida pola Comisión ou o xefe de fila. - Calquera outra acción que supoña o incumprimento das obrigas e responsabilidades dos socios recollidas no apartado correspondente do presente acordo, así como da normativa comunitaria reguladora de fondos estruturais. 10- DEREITO APLICABLE.- Este convenio réxese segundo a lexislación vixente do país onde se atope a sede social do Promotor do proxecto, coa excepción das disposicións do acordo sobre as leis aplicables ás obrigacións contractuais 80/934/CEE asinado en Roma o 19 de xuño de 1980. O tribunal competente será o correspondente á sede social do Promotor do proxecto. 11- CAUSAS DE EXTINCIÓN.- O presente convenio resolverase por: - Polo cumprimento íntegro do seu obxecto. - Por resolución: o Por resultar inviable a realización das actuacións descritas neste protocolo por causas non imputables ás partes. o Por incumprimento de calquera das cláusulas do mesmo. DISPOSICIÓN ADICIONAL: Desenvolveuse un Manual de Xestión do proxecto Chronos -que se achega como anexo ó presente acordo- no que se determinan outros aspectos necesarios para o funcionamento do proxecto que non se describiron nos apartados anteriores. Para aquelas consideracións non establecidas no marco do presente acordo e o manual de xestión, a xestión do proxecto rexerase pola normativa vixente para a xestión proxectos financiados polo artigo 6 do Fondo Social Europeo, así como os regulamentos que regulan o funcionamento dos fondos estruturais e demais normativa comunitaria. E para que así conste, en proba de conformidade coas cláusulas deste protocolo, asinan as partes o presente documento, no lugar e data consignados no encabezado. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA Asdo.:D. Rafael Louzán Abal.- Asdo.:D. Salvador Fernández Moreda.- CONSELLERÍA DE TRABALLO-XUNTA DE CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA GALICIA Asdo.: D. Ricardo Jacinto Varela Sánchez.- Asdo.: D. Antonio Fontela Ramil.- CCOO UGT Asdo.: D. Francisco Javier Montero Don Gil Asdo.: Dona Rosa Arcos Caamaño.- BICMIHNO VITERBO Asdo.: D. Leonardo Gomes da Silva.- Asdo.: D. Alessandro Mazzoli.- TALETE CENTRUM KOMUNITNÍ PRÁCE ÚSTÍ NAD LABEM- PORADENSKÁ ORGANIZACE (CKP) Asdo.: Dona Massimo Marchetto.- Asdo.: Dona Lenka Krbcová Masinová.- ETP SLOVAKIA Asdo.: D. Vladimir Ira.-” ------ Folla: 2.15298.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DUNHA MOTONIVELADORA E DUN ROLO COMPACTADOR PARA A MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 18 de maio de 2007 polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro dunha motoniveladora e un rolo compactador para a “Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño”, por un importe global de douscentos corenta mil euros (240.000,00 €), IVE incluído, e cos vehículos que o precisen matriculados, desagregado nos seguintes lotes: Lote nº 1 -Unha motoniveladora........................................................................... 170.000,00 € Lote nº 2 -Un rolo compactador vibrador con tambor dianteiro e neumáticos traseiros............................................................... 70.000,00 € Resultando que no citado acordo a adxudicación deste concurso quedou condicionada á aprobación da subvención a favor da “Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño”, por importe de 170.000,00 euros, con cargo ó Programa de Acción Municipal 2006-2008 e ás modificacións orzamentarias a realizar para transferir e xerar crédito por importes de 170.000,00 euros e 70.000,00 euros na partida 07/911.911.662.02 do vixente presuposto provincial. Resultando que por acordo da Xunta de Goberno en sesión do día 18 de maio de 2007, aprobouse a concesión dunha subvención á “Mancomunidade Intermunicipal de Baixo Miño”, por importe de 170.000,00 euros, con cargo ó Programa de Acción Municipal 2006-2008, anualidade de 2007 (Libre designación) e que por Resolución Presidencial número 10.629 de data 13 de xullo de 2007 aprobouse o expediente de xeración de crédito número 20/07, en onde figura incluído a dotación de crédito por importe de 240.000,00 euros na partida de gastos 07/911.911.662.02, do vixente presuposto provincial. Resultando que o anuncio do concurso para a contratación do subministro dunha motoniveladora e un rolo compactador para a “Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño”, foi publicado no B.O.P. número, 110 de data 7 de xuño de 2007 e no D.O.G. número 111 de data 11 de xuño de 2007. Resultando que o acto de cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas tivo lugar o día 29 de xuño de 2007, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas empresas: Comercial Custodio, S.L. (Lotes núms. 1 e 2) ; Europactor, S.L. (Lotes núms. 1 e 2); Automoción La Junquera, S.L. (Lote nº 1) e Comoplesa-Lebrero, S.A.(Lote nº 2), as cales foron admitidas ó concurso, pasándose o expediente a informe dos correspondentes servizos técnicos do Parque de Maquinaria desta Deputación. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 23 de xullo de 2007 formula proposta para que se lle adxudiquen os dous lotes do concurso á empresa, Comercial Custodio, S.L., ó resultar que as ofertas presentadas por dita empresa ós lotes números 1 e 2, correspondentes ó subministro dunha motoniveladora e un rolo compactador, respectivamente, foron consideradas as mais vantaxosas en base ós informes emitidos ó respecto polo Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, de data 5 de xullo de 2007, así como por cumprir co especificado nos pregos de condicións. Considerando o establecido en artigo 34.1 apartado k) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 117 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 171 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas no referente ós contratos de subministro. Considerando, así mesmo, o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto provincial para 2007, concretamente na Base 16ª. 2, a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministros que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Adxudicar o Lote nº 1 do concurso á empresa, Comercial Custodio, SL (C.I.F. B-36.137.099), para efectuar o subministro dunha motoniveladora polo prezo de cento sesenta e cinco mil trescentos euros (165.300,00 €), IVE incluído e matriculada. - Adxudicar o Lote nº 2 do concurso á empresa, Comercial Custodio, SL (C.I.F. B-36.137.099), para efectuar o subministro un rolo compactador vibrador con tambor dianteiro e pneumáticos traseiros, polo prezo de sesenta e nove mil cento trinta e seis euros (69.136,00 €), IVE incluído. A adxudicación a favor da empresa Comercial Custodio, SL, motívase por presentar as propostas mais vantaxosas e por reunir os requisitos esixidos nos pregos de condicións que rexen dito concurso. O pago do prezo do subministro da motoniveladora e do rolo compactador para a “Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño”, efectuarase no seu día ó adxudicatario, contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez sexan recepcionadas cada unha das máquinas e prestada a conformidade por esta Deputación, con cargo á partida, 07/911.911.662.02, do vixente presuposto provincial. O adxudicatario deberá constituír sendas fianzas definitivas equivalentes ó 4% do prezo de adxudicación por importes de 6.612,00 euros polo lote nº 1 y 2.765,44 euros por el lote nº 2, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. En el caso de non cumprirse estes requisitos por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución dos contratos correspondentes ós citados lotes. Así mesmo, acórdase a devolución das garantías provisionais constituídas polos licitadores que non resultaron adxudicatarios. As garantías provisionais das empresas adxudicatarias de cada un dos lotes serán devoltas unha vez se constitúa a garantía definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 130,50 € e 353,60 € (total 484,10 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 3.15299.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 19 DO PROXECTO MODIFICADO DE INFRAESTRUTURA BÁSICA PARA A CONSTRUCIÓN DE 30 CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA DE ACORDO CO PROXECTO TÉCNICO Vista a certificación núm. 19 relativa ás obras do “Proxecto modificado de infraestrutura básica para construción de 30 campos de fútbol de herba sintética de acordo co proxecto técnico”, adxudicada no seu día á Empresa Construcciones Obras y Viales, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 10 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Construcciones Obras y Viales, S.A. (CIF A.36.008.886) 07/123.452.662.08 (Deputación) 670.604,31 € Subtotal 670.604,31 € Taxa Técnicos Directores 17.003,15 € Control de calidade 2.429,02 € Seguridade e saúde 2.429,02 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR..................... 648.743,12 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación do Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel despréndese do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo non concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 4.15300.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL POLA QUE SE PRESTA APROBACIÓN Á CERTIFICACIÓN Nº 9 DA OBRA DE “CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN (PONTEVEDRA)” Vista a Resolución Presidencial nº 10521 da obra, de data 19 de xullo de 2007, polas que se aprobaba o recoñecemento da obriga e o pago da certificación nº 9 da obra “Campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” e dado que segundo a base 17ª.1 das de execución do Presuposto Provincial correspondente á Xunta de Goberno o recoñecemento de obrigas de aqueles gastos que individualmente considerados excedan de 150.253,00 €, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar a referida Resolución Presidencial cuxo texto é o seguinte: Resolución nº 10521 “A Presidencia, en uso das facultades que lle confire la normativa local vixente, dita a seguinte RESOLUCIÓN: Visto informe favorable de Intervención, de data 2 de xullo 2007, relativo á certificación nº 9 da obra “Campo de Fútbol de Pasarón (Pontevedra)”, apróbase o recoñecemento da obriga e o pago da referida certificación, debendo librarse o seu importe con cargo á partida que se cita e co seguinte detalle: Partida Euros OBRECO, S.A. (CIF A.36.614.691) 07/451.452.662.02.2006 (Deputación) 278.707,24 € XUNTA DE GALICIA 16.726,66 € CONC. PONTEVEDRA 232.220,86 € Subtotal 527.654,76 € Taxa Técnicos Directores 15.289,91 € Control de calidade 7.644,95 € Seguridade e saúde TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR..................... 503.785,03 €” Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios de esta Deputación formalizaranse ingresándoos non concepto orzamentario que proceda e os de Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria”. ------ Folla: 5.15301.- RATIFICACIÓN DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS POLAS QUE SE PRESTA APROBACIÓN ÁS CERTIFICACIÓNS Nº 16 E 17 DAS OBRAS DE “INFRAESTRUTURA BÁSICA PARA CONSTRUCIÓN DE 30 CAMPOS DE FÚTBOL” Vistas as Resolucións Presidenciais nº 9408 e 9409, de data 19/06/2007, polas que se aprobaba o recoñecemento da obriga e o pago das certificacións nº 16 e 17 da obra de “Infraestrutura básica para construción de 30 campos de fútbol”, e dado que segundo a base 17ª.1 das de execución do presuposto provincial correspondente á Xunta de Goberno o recoñecemento de obrigas de aqueles gastos que individualmente considerados excedan de 150.253,00 €, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar as referidas Resolucións Presidenciais cuxos textos son os seguintes: Resolución nº 9408: “A Presidencia, en uso das facultades que lle confire a normativa legal local vixente, dita a seguinte RESOLUCIÓN: Visto o informe favorable de intervención, de data 13/06/2007, relativo á certificación nº 16 da obra “Infraestrutura básica para a construción de 30 campos de fútbol de herba sintética de acordo co proxecto técnico redactado ó efecto”, apróbase o recoñecemento da obriga e o pago da referida certificación, debendo librarse o seu importe con cargo á partida que se cita e co seguinte detalle: Construcciones Obras e Viais, S.A. (CIF A.36.008.886) 07/123.452.662.08 219.781,24 € Subtotal 219.781,24 € Taxa Técnicos Directores Id. 5.572,55 € Control de calidade Id. 796,08 € Seguridade e saúde Id. 796,08 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR..................... 212.616,53 € Os honorarios correspondente ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios de esta Deputación formalizaranse ingresándoos non concepto orzamentario que proceda e os de Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria.” Resolución nº 9409: “A Presidencia, en uso das facultades que lle confire a normativa legal local vixente, dita a seguinte RESOLUCIÓN: Visto o informe favorable de intervención, de data 13/06/2007, relativo á certificación nº 17 da obra “Infraestrutura básica para a construción de 30 campos de fútbol de herba sintética de acordo co proxecto técnico redactado ó efecto”, apróbase o recoñecemento da obriga e o pago da referida certificación, debendo librarse o seu importe con cargo á partida que se cita e co seguinte detalle: Construcciones Obras e Viais, S.A. (CIF A.36.008.886) 07/123.452.662.08 423.458,95 € Subtotal 423.458,95 € Taxa Técnicos Directores Id. 10.736,79 € Control de calidade Id. 1.533,83 € Seguridade e saúde Id. 1.533,83 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR..................... 409.654,50 € Os honorarios correspondente ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios de esta Deputación formalizaranse ingresándoos non concepto orzamentario que proceda e os de Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria.” ------ Folla: 6.15302.- DEVOLUCIÓN DE FIANZAS CONSTITUÍDAS PARA RESPONDER DO PAGO DE ACOPIOS CORRESPONDENTES Ó SUBMINISTRO DE DIVERSAS PLANTAS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS PARA PEQUENOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN NO MARCO DO “PROXECTO DEPUTRANS 2004-2005” Visto o acordo adoptado por a Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 25 de febreiro de 2005, polo que se lle adxudicou á empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A. [SMA] (C.I.F.- A-36888931), o concurso para a subministración de plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto “Deputrans 2004-2005”, por importe global de 4.622.368,00 euros, IVE incluído. Resultando que a Deputación Provincial de Pontevedra procedeu a efectuar a recepción o día 30 de marzo de 2005, entre outras, das plantas depuradoras modelo FACET tipo STP-25 número de serie 9312-241415 e tipo STP-50 número de serie 9318-241417 e o día 10 de novembro de 2005, entre outras, das plantas depuradoras modelo FACET tipo STP-25 número de serie 9537-250334 e tipo STP-50 número de serie 9542-250335; 9549-250337 e 9550-250337, as cales quedaron acopiadas nas instalacións que a empresa Facet Ibérica, S.A. ten no Polígono Industrial de Sabón en Arteixo (A Coruña), á espera da súa posterior instalación e posta en funcionamento, por parte da empresa adxudicataria. Resultando que no prego de condicións que rexeu o concurso figura a seguinte cláusula en relación á forma de pago: “Do prezo unitario ofertado a provisión representará o 85% do custo total (IVE incluído) e o 15% restante corresponderá á instalación e posta en marcha de forma indivisible. Se se solicita o pago das provisións este realizarase polas unidades almacenadas nese momento e con aval bancario para cada unha das plantas, aboándose o 75% do importe certificado. Cada aval será devolto no momento de recepción de cada planta”. Resultando que a empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A., para que se procedese ó pago da factura número 1580505 de data 11/05/2005, por importe de 1.920.136,46 euros, que corresponde ó 85% do total do prezo correspondente á entrega das 15 unidades de plantas para poboacións de ata 500 habitantes-equivalentes modelo FACET tipo STP-50 e 2 unidades de plantas para poboacións de ata 250 habitantes, modelo FACET tipo STP-25, así como ó pago de factura número 1701105 de data 11/11/2005, por importe de 2.008.876,46 euros, que corresponden ó 85% do total do prezo correspondente á entrega de 15 unidades de plantas para poboacións de ata 500 habitantes-equivalentes modelo FACET tipo STP-50 e 4 unidades de plantas para poboacións de ata 250 habitantes, modelo FACET tipo STP-25, que quedaron acopiadas nas instalacións da empresa FACET IBÉRICA, S.A., presentou, entre outros, unha serie de avais bancarios que foron depositados na Tesourería desta Deputación, para responder do 75% do valor das plantas depuradoras citadas. Resultando que a empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, (SMA), tal como figura nos respectivos informes do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 18 de xullo de 2007, procedeu á instalación das seguintes plantas depuradoras: • A planta 9312/241415 no municipio de Pazos de Borbén, núcleo de Nespereira. • A planta 9318/241417 no municipio de Mondariz, núcleo de Mouriscados. • A planta 9537/250334 no municipio de Vila de Cruces, núcleo de San Pedro de Losón. • A planta 9542/250335 no municipio de Pazos de Borbén, núcleo de Nespereira. • A planta 9549/250337 no municipio de Silleda, núcleo de Bandeira. • A planta 9550/250337 no municipio de Fornelos de Montes, núcleo de Calvos. Vistos os informes de Intervención de data 23 de xullo de 2007, para a devolución das fianzas constituídas para responder do 75% do importe certificado e abonado polas plantas depuradoras, FACET tipo STP-25 número de serie 9312-241415 e 9537-250334 e FACET tipo STP-50 número de serie: 9318-241417; 9542-250335; 9549-250337 e 9550-250337. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A devolución á empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A., das seguintes garantías constituídas para responder do 75% do importe certificado e abonado polas plantas depuradoras, FACET tipo STP-25 número de serie 9312-241415 e 9537-250334 e FACET tipo STP-50 número de serie: 9318-241417; 9542-250335; 9549-250337 e 9550-250337. • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de sesenta e seis mil cincocentos cincuenta e cinco euros (66.555,00 €), para garantir a planta depuradora número de serie 9312/241415 que queda instalada no municipio de Pazos de Borbén, núcleo de Nespereira, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/12/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500110095, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal. • A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de oitenta e sete mil cento trinta e dous euros con setenta e cinco céntimos (87.132,75 €), para garantir a planta depuradora número de serie 9318/241417 que queda instalada no municipio de Mondariz, núcleo de Mouriscados, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/05/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500050732, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal. • A constituída en valores, mediante aval de Caixagalicia, por importe de sesenta e seis mil cincocentos cincuenta e cinco euros (66.555,00 €), para garantir a planta depuradora número de serie 9537/250334 que queda instalada no municipio de Vila de Cruces, núcleo de San Pedro de Losón, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/11/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500104096, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal. • A constituída en valores, mediante aval de Caixagalicia, por importe de oitenta e sete mil cento trinta e dous euros con setenta e cinco céntimos (87.132,75 €), para garantir a planta depuradora número de serie 9542/250335 que queda instalada no municipio de Pazos de Borbén, núcleo de Nespereira, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/11/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500104113, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal. • A constituída en valores, mediante aval de Caixagalicia, por importe de oitenta e sete mil cento trinta e dous euros con setenta e cinco céntimos (87.132,75 €), para garantir a planta depuradora número de serie 9549/250337 que queda instalada no municipio de Silleda, núcleo de Bandeira, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/11/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500104098, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal. • A constituída en valores, mediante aval de Caixagalicia, por importe de oitenta e sete mil cento trinta e dous euros con setenta e cinco céntimos (87.132,75 €), para garantir a planta depuradora número de serie 9550/250337 que queda instalada no municipio de Fornelos de Montes, núcleo de Calvos, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/11/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500104090, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal. ------ Folla: 7.15303.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: JUAN ANTONIO PARDO OTERO (NIF 35.298.836-T). • A constituída en metálico, por importe de mil seiscentos setenta euros con corenta céntimos (1.670,40 €), para responder do contrato para a organización das Festas da bicicleta e Marchas populares, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 29/05/2006 con número de operación 200600048648, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MOTOS PIÑEIRO, S.L. (CIF B-36.210.987). • A constituída en metálico, por importe de mil cento cincuenta e oito euros con oitenta céntimos (1.158,80 €), para responder do contrato para o subministro dun tractor para o Servizo conxunto da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” e do Centro de Vacacións “A Lanzada”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/01/2006 con número de operación 200600004391, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRUPO NORTE MCA, S.L. (CIF B-36.220.135) • A constituída en metálico, por importe de mil cento setenta euros (1.170,00€), para responder do contrato para a Organización da Gala do Deporte 2004, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/02/2005 con número de operación 200500008646, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRUPO NORTE MCA, S.L. (CIF B-36.220.135). • A constituída en metálico, por importe de mil cento sesenta euros (1.160,00€), para responder do contrato para a organización do VI Certame Provincial de Bandas de Música de Pontevedra, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 27/09/2006 con número de operación 200600083041, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. RADIO POPULAR SA (CADENA DE ONDAS POPULARES ESPAÑOLAS) CIF A-28.281.368 • A constituída en valores mediante aval do Banco Sabadell Atlántico, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 €), para responder do contrato para a prestación de servizos de publicidade nas emisoras COPE Pontevedra e COPE Vigo, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/01/2007 con número de operación 200700004249, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FEDERICO DE LA PEÑA SANTOS (NIF 35.290.149-F) • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de novecentos vinte e sete euros con trinta e seis céntimos (927,36 €), para responder do contrato para a edición dun documental sobre os Conxuntos etnográficos dos muíños do Salnés, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/02/2006 con número de operación 200600010916, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. IDEAS POSIBLES, S.L. (NIF B-36.790.194) • A constituída en valores, mediante aval de Banco Sabadell, por importe de cincocentos corenta euros (540,00 €), para responder do contrato de plan agrupado de formación maio-xuño de 2006 para persoal funcionario e laboral integrante da zona sur, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04/07/2006 con número de operación 200600060028, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. IDEAS POSIBLES, S.L. (NIF B-36.790.194) • A constituída en valores, mediante aval de Banco Sabadell, por importe de seiscentos setenta euros (670,00 €), para responder do contrato de plan agrupado de formación setembro-decembro de 2006 para persoal funcionario e laboral integrante da zona sur, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/11/2006 con número de operación 200600099734, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. BRIGAL, S.A. (NIF A-36.659.084), FUSIONADA COA EMPRESA CELTIGRAF, S.L. (NIF B-36.632.149) • A constituída en valores, mediante aval de Banco Sabadell, por importe de cincocentos oitenta e cinco euros con sesenta e tres céntimos (585,63 €), para responder do contrato de subministro dunha procesadora de pranchas con destino á Imprenta Provincial, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/01/1996 con número de operación 741, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. BRIGAL, S.A. (NIF A-36.659.084), FUSIONADA COA EMPRESA CELTIGRAF, S.L. (NIF B-36.632.149) • A constituída en valores, mediante aval de Banco Sabadell, por importe de trescentos corenta e oito euros con trinta e un céntimos (348,31 €), para responder do contrato de subministro dunha procesadora de película DUPONT MOD. ESASYCOMPACT 55 con destino á Imprenta Provincial, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/11/1995 con número de operación 1995051437, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ARTES GRÁFICAS RODOPRINT, S.L. (NIF B-36.336.493) • A constituída en metálico, por importe de setecentos noventa euros con corenta céntimos (790,40 €), para responder do contrato de prestación de servizos de edición de 800 exemplares das catro obras musicais obrigatorias do VI CERTAME PROV. DE BANDAS DE MÚSICA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, ADXUDICADO POR R.P. DE 30/11/06, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/12/2006 con número de operación 200600107571, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. NTT EUROPE ONLINE SPAIN, S.R.L. (NIF B-82.954.868), DENOMINADA CON ANTERIORIDAD VERIO SPAIN (NIF B-82.954.868) • A constituída en metálico, por importe de mil cento cincuenta e nove euros con vintecinco céntimos (1.159,25 €), para responder do contrato de aluguer dunha plataforma HOSTING para a Deputación de Pontevedra mediante acordo da X. G de 28/01/2005, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/05/2005 con número de operación 200500049712, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 8.15304.- MODIFICACIÓN DA DENOMINACIÓN DA OBRA DO CONCELLO DE RODEIRO “ALUMEADO PÚBLICO NOS NÚCLEOS RURAIS DO CONCELLO, 1ª FASE” POR “ALUMEADO PÚBLICO NOS NÚCLEOS RURAIS DO CONCELLO”, SUBVENCIONADA CON CARGO Ó PAM/2006-08, APROBADAS NA XUNTA DE GOBERNO DE 7 DE ABRIL DE 2006 Vista a petición do Concello de Rodeiro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a modificación na denominación da obra núm. 95-94-78, incluída no PAM 2006-08 seguinte: “Iluminación pública nos núcleos rurais do concello, 1ª fase”, por “Iluminación pública nos núcleos rurais do concello”, quedando suxeita ás condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno núm. 17.13887, de 7 de abril de 2006. A relación de obras subvencionadas ó Concello de Rodeiro con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades Orzam. Subv. Orzam. Subv. Orzam. Subv. 2006-2008 TOTAL TOTAL TOTAL Total Subv. Pavimentación vías públicas municipais en Rañestras, Mourigas e Río 24.291,30 24.291,30 24.291,30 Acondicionam. dos locais sociais das parroquias de Guillar, O Az, Alceme (Rañestras) e Santa Baia - 1ª. Fase 32.000,00 4.000,00 20.000,00 24.000,00 Acondicionamento do CPI e do Centro de Saúde de Rodeiro, 1ª, 2ª e 3ª fase 64.000,00 16.000,00 15.000,00 17.000,00 48.000,00 Equipamento ximnasio municipal de Rodeiro-1ª e 2ª Fase 24.000,00 2.000,00 16.000,00 18.000,00 Acondicionamento dos campos de fútbol de Rodeiro e Río-1ª e 2ª fase 48.000,00 6.000,00 30.000,00 36.000,00 Iluminación pública nos núcleos rurais do Concello 54.000,00 14.000,00 20.000,00 20.000,00 54.000,00 Iluminación pública no núcleo de Rodeiro -1ª fase 36.000,00 6.000,00 15.000,00 15.000,00 36.000,00 Acceso ós núcleos dos lugares de Agrosagro, Baroncelle, Alén, Vilamea (Az), Vilamea (Camba), As Santas e Vistuide -1ª fase 30.000,00 18.000,00 12.000,00 30.000,00 Pavimentación vías públicas municipais en Vilameá (Negrelos), A Granxa, Coreixas e Padín e peche fronta do punto limpo de Rodeiro - 1ª fase 52.000,00 12.000,00 20.000,00 20.000,00 52.000,00 Pavimentación vías públicas municipais en Agrosagro, Carboentes, Saborín, Rodeiro, Mourigas, Negrelos e camiño de inverno - 1ª fase 32.000,00 14.000,00 18.000,00 32.000,00 Pavimentación vías públicas en As Pobanzas a Ermida, Lamazares Carboentes, Río de Camba, Fafián, Trasulfe, Vilamea, (Camba), etc. 1ª fase 60.000,00 10.000,00 25.000,00 25.000,00 60.000,00 Adquisición de mobiliario urbano - 1ª fase 22.832,00 3.608,47 13.515,49 17.123,96 Instalación de enerxía solar térmica ó campo de fútbol de Río - 1ª fase e 2ª fase 24.000,00 6.000,00 12.000,00 18.000,00 Acondic. do Centro Cultural Municipal e da antiga Cámara Agraria-1ª e 2ª fase 26.666,66 8.000,00 12.000,00 20.000,00 Acondic. dos locais sociais das parroquias de Alceme (A Latiza), Arnego e Pedroso - 1ª fase 69.337,00 12.000,00 40.000,00 52.000,00 Acondic. do Pavillón Polideportivo Municipal de Rodeiro -1ª fase 66.670,00 20.000,00 30.000,00 50.000,00 456.291,30 126.291,30 209.505,66 240.608,47 204.515,49 571.415,26 ------ Folla: 9.15305.- DAR CONTA DE SETENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA RECAÍDA EN RECURSO PROCEDEMENTO ABREVIADO 65/07 PROMOVIDO POR D. ROMÁN CANEDA OTERO Dada conta que con data 28 de xuño de 2007 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 5 de xuño de 2007 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en recurso Proc. Abreviado 65/07 promovido por D. Román Caneda Otero contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 9101 en sentido O Grove o día 23 de xaneiro de 2006, pola que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada a pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. ------ Folla: 10.15306.- ADXUDICACIÓN DE BOLSA DE LICENCIADO EN HISTORIA PARA O SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO De conformidade coa proposta da Comisión seleccionadora dunha bolsa de estudo de Licenciado en Historia con destino ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, publicada no Boletín Oficial da Provincia núm. 78 de data 23 de abril de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Don Xerardo Torrado Agulla, a bolsa de estudo convocada, por importe de 841,41 €/mes, con efectos de 16 de agosto de 2007 e polo período dun ano, podendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos en total, á vista do informe favorable do Xefe do Servizo e por acordo da Xunta de Goberno. En caso de renuncia da adxudicataria desígnanse como suplentes a Dona Ana Mª Fresco Santolalla, Don José Manuel Alonso Riobó e Dona Carlota Mª Pacheco Ferreira, por esta orde. Ditas cantidades imputaranse á partida 07/711.711.481.02 do presuposto provincial. A aceptación e disfrute desta bolsa de estudo non establece relación laboral nin funcionarial coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó citado Organismo.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición