ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2007/08/08_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/2.2007-08-08_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/08/08_Ordinaria

  • Data(s) 2007-08-08 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día oito de agosto do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Requera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15331.- ACTAS ANTERIORES A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións dos días 18 e 26 de xullo do ano 2007, extraordinaria urxente e ordinaria, respectivamente. ------ Folla: 2.15332.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº4 RELATIVA ÁS OBRAS DE “EXECUCIÓN DE COLECTORES XERAIS DE FECAIS E PLUVIAIS NO CENTRO URBANO DE PONTEAREAS (PONTEAREAS)” (DO6/364) Vista a certificación núm.4 relativa as obras de “Execución de colectores xerais de fecais e pluvais no centro urbano de Ponteareas (Ponteareas)”, adxudicadas no seu día a Empresa SERCOYSA, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 24 de xullo pasado e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: SERCOYSA, S.A. (C.I.F. A.36.319.622) 07/911.911-662.09 (Deputación) 61.603,59 € SERCOYSA,S.A IDEM (CONCELLO) 3.709,80 € Subtotal parcial …… 65.313,39 € Taxa dirección de obra 1.892,59 € Control de calidade Seguridade e saúde 340,67 € TOTAL …… 63.080,13 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 3.15333.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “CAMPO DE FÚTBOL DE O TERRÓN (VILANOVA DE AROUSA)” A Xunta de Goberno da Deputación, en sesión 1 de decembro de 2006, adxudico o concurso para a contratación da obra “Campo de Fútbol de O Terrón (Vilanova de Arousa)” á UTE CONSTRUCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A.-PROFESIONAL INTERSERVICES, S.A. polo importe de seiscentos setenta e catro mil trescentos corenta e cinco euros con corenta e catro céntimos (674.345,44€), IVE incluído, cun prazo de execución de tres meses, e unhas melloras valoradas en 84.023,57 €. Pola empresa NORAI redáctase un proxecto modificado da obra, coa intención de realizar unha actuación de recuperación medioambiental dos terreos adxacentes, e a posta en valor da zona como área de esparexemento para a poboación de Vilanova de Arousa, ademais de cumprir coas esixencias da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia O Enxeñeiro Director do Servizo de Vías e obras supervisa o mencionado proxecto e informa, con data 19 de xullo de 2007, que o mesmo adáptase ás esixencias do Servizo de Protección do Litoral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia., e que dita variación non sufriu variación económica. Polo exposto, e de conformidade cos artigos 101 e 146 do TRLCAP, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto modificado da obra “Campo de fútbol de O Terrón (Vilanova de Arousa)”, que non produce ningunha variación económica no contrato.” ------ Folla: 4.15334.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº5 - LIQUIDACIÓN RELATIVA ÁS OBRAS DO PROXECTO MODIFICADO “EP 0507 PORTELA-VALIÑAS-PORTAS (BARRO)” Vista a certificación núm. 5 - liquidación relativa as obras do “ Proxecto modificado E.P. 0507 Portela – Valiñas – Portas (Barro)”, adxudicada no seu día a empresa CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A., visto informe favorable do Servicio de Intervención de data 6 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A.36.008.886) 07/511.511-612.02 (Deputación) 190.576,76 € SUBTOTAL ..................... 190.576,76 € Taxa Técnicos Directores 5.522,36 € Control de calidade 690,30 € Seguridade e Saúde 690,30 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR .................... 183.673,80 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 5.15335.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 12 RELATIVA ÁS OBRAS DO PROXECTO “NOVA PONTE SOBRE O RÍO UMIA (VARIANTE PONTE ARNELAS). MODIFICADO Nº 1 (RIBADUMIA E VILANOVA DE AROUSA) Vista a certificación núm. 12 - liquidación relativa as obras do “ Proxecto nova ponte sobre o Río Umia (Variante Pontearnelas) modificado nº 1 (Ribadumia e Vilanova de Arousa)”, adxudicada no seu día a empresa UTE Ponte Arnelas (Sercoysa-Aldesa), visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 10 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: UTE PONTE ARNELAS (SERCOYSA – ALDESA) (CIF. G-36.516.961) 07/123.452-662.00 (Deputación) 466.217,21 € SUBTOTAL ..................... 466.217,21 € Taxa Técnicos Directores 13.509,63 € Control de calidade e S. e Saúde 9.017,68 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR .................... 443.689,90 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 6.15336.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 39 RELATIVA ÁS OBRAS DO PROXECTO MODIFICADO DE “AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO (PONTEVEDRA)” (DO3/776.5) Vista a certificación núm.39 relativa ás obras do “Proxecto modificado de ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do edificio Sarmiento (Pontevedra) (DO3/776-5)”, adxudicadas no seu día a Empresa DRAGADOS, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 18 de xullo pasado e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: DRAGADOS,S.A. (C.I.F. A.15.139.314) 07/432.451-622.01.2005 (Deputación) 30.093,57 € DRAGADOS,S.A. IDEM. M.CULTURA 100.311,90 € DRAGADOS,S.A. IDEM. XUNTA 21.495,40 € Subtotal parcial …… 151.900,87 € Taxa dirección de obra 5.209,67 € Control de calidade 3.928,47 € Seguridade e saúde TOTAL …… 142.762,73 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 7.15337.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 1 RELATIVA ÁS OBRAS DE “REPARACIÓN DE BRANDÓNS E REPOSICIÓN DE RODADURA E SINALIZACIÓN NAS EE.PP. DA SUBZONA DE GONDOMAR (GONDOMAR)”, (DO7/19). (DANOS TEMPORAIS-1ª FASE) Vista a certificación núm.1 relativa ás obras de “Reparación de brandóns e reposición de rodadura e sinalización nas EE.PP. da subzona de Gondomar (GONDOMAR), (DO7/19) (DANOS TEMPORAIS-1ª FASE)”, adxudicadas no seu día a Empresa CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A, visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 26 de xullo pasado e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (C.I.F. A.36.001.063) 07/511.511-210.00 (Deputación) 227.950,23 € Subtotal parcial …… 227.950,23 € Taxa dirección de obra 6.605,34 € Control de calidade Seguridade e saúde TOTAL …… 221.344,89 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 8.15338.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 2 RELATIVA ÁS OBRAS DE “REPARACIÓN DE BRANDÓNS E REPOSICIÓN DE RODADURA E SINALIZACIÓN NAS EE.PP. DA SUBZONA DE GONDOMAR (GONDOMAR)” (DO7/19). (DANOS TEMPORAIS-1ª FASE) Vista a certificación núm.2 relativa as obras de “Reparación de brandóns e reposición de rodadura e sinalización nas EE.PP. da subzona de Gondomar (Gondomar), (DO7/19)”, (danos temporais-1ª Fase), adxudicadas no seu día a Empresa CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 26 de xullo pasado e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (C.I.F. A.36.001.063) 07/511.511-210.00 (Deputación) 237.380,74 € Subtotal parcial …… 237.380,74 € Taxa dirección de obra 6.878,61 € Control de calidade Seguridade e saúde TOTAL …… 230.502,13 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 9.15339.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: FORAMA CONSULTORES, S.L. (NIF B- 15.614.696) • A constituída en metálico, por importe de mil sesenta euros (1.060,00 €), para responder do plan agrupado 2007 na zona norte (abril- xuño), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/05/2007 con número de operación 200700040386, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORAMA CONSULTORES S.L. (CIF B- 15.614.696) • A constituída en metálico, por importe de oitocentos trinta e dous euros (832,00 €), para responder do plan agrupado de formación 2007 zona Salnés (abril- xuño), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/05/2007 con número de operación 200700040387, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CLARO SOL, S.A. (CIF A- 36.615.763) • A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de setecentos sete euros con quince céntimos (707,15 €), para responder do servizo de limpeza finca Mouriscade ano 2006, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/03/2006 con número de operación 200600024611, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CLARO SOL, S.A. (CIF A- 36.615.763) • A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de douscentos noventa e dous euros con corenta e catro céntimos (292,44 €), para responder do servizo de limpeza 445m2 AMPLIACIÓN FINCA AREEIRO, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 21/04/2006 con número de operación 200600038283, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CLARO SOL, S.A. (CIF A- 36.615.763) • A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de mil cento doce euros con cincuenta e dous céntimos (1.112,52 €), pera responder do servizo de limpeza FINCA AREEIRO DO 1/03/06 ó 31/12/06, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/03/2006 con número de operación 200600024610, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. RÍAS BAXAS COMUNICACIÓN, S.A. (CIF A- 36.643.674) • A constituída en metálico, por importe de mil seiscentos oitenta euros (1.680,00 €), para responder dos servizos de publicidade no xornal Atlántico Diario, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/01/2007 con número de operación 200600002744, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L. (CIF B- 36.477.677) • A constituída en metálico, por importe de mil cento corenta e oito euros (1.148,00 €), para responder da asistencia técnica para organización, xestión e execución do plan agrupado de formación maio- xuño 2006 para o persoal funcionario e laboral correspondente a cursos de deputación, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 18/10/2006 con número de operación 200600088880, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L. (CIF B- 36.477.677). • A constituída en metálico, por importe de mil noventa e dous euros (1.092,00€), para responder da asistencia técnica para organización, xestión e execución do plan agrupado de formación 2006 correspondente á modalidade a distancia, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/07/2006 con número de operación 200600065394, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L. (CIF B- 36.477.677) • A constituída en metálico, por importe de seiscentos vinte e catro euros (624,00 €), para responder da asistencia técnica para organización, xestión e execución do plan agrupado de formación setembro- decembro 2006 para o persoal funcionario e laboral integrado na zona de Pontevedra, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/11/2006 con número de operación 200600098155, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L. (CIF B- 36.477.677). • A constituída en metálico, por importe de seis mil trescentos trinta e oito euros con corenta céntimos (6.338,40 €), para responder da asistencia técnica para organización e impartición de actividades do programa Pensa en Ti 2006, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 21/04/2006 con número de operación 200600038286, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRUPO NORTE MCA, S.L. (CIF B- 36.220.135) • A constituída en metálico, por importe de seiscentos corenta euros (640,00 €), para responder do servizo de atención ó público (azafatas) nas sedes da XXIX Bienal de Arte de Pontevedra, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 18/08/2006 con número de operación 200600071185, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PUBLICIDADE TERCEIRO MILENIO, S.L. (CIF B- 36.344.430). • A constituída en metálico, por importe de setecentos noventa e nove euros con noventa céntimos (799,90 €), para responder dos servizos de publicidade no periódico Página XXI, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 3/10/2006 con número de operación 200600084666, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MMCE RETAIL, S.A. (CIF A- 79.469.771) • A constituída en metálico, por importe de mil cincocentos noventa e oito euros (1.598,00 €), para responder dos servizos de subministro dun vehículo todo terreo 4X4 para o parque de maquinaria, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/04/2005 con número de operación 200500042143, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TEÓFILO COMUNICACIÓN, S.L. (CIF B- 36.298.099) • A constituída en metálico, por importe de mil cento noventa e nove euros con oitenta céntimos (1.199,80 €), para responder da edición de 1000 exemp. do libro “Vilaxoán, A Coral, O S. Martín...”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04/05/2007 con número de operación 200700037400, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FUNDACIÓN DE ESTUDIOS Y ANÁLISIS, S.L. (CIF B- 15.597.669) • A constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de mil catrocentos noventa e oito euros (1.498,00 €), para responder do deseño e elaboración dunha guía de información e recursos para emigrantes retornados no marco do proxecto Cidade +, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/11/2005 con número de operación 200500106337, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GESTIÓN DE ESTUDIOS Y ANÁLISIS, S.L. (CIF B- 15.657.406) • A constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de cincocentos cincuenta e dous euros (552,00 €), para responder da memoria final Proxecto Cidade +, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/07/2006 con número de operación 200600063362, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. D. ACEVEDO LÓPEZ, BERNARDO- ICE (CIF 76.826.612- B) • A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de mil cento noventa e seis euros con oitenta céntimos (1.196,80 €), para responder da Copa do Futuro Deputación de Pontevedra, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/06/2007 con número de operación 200700052293, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. D. JOSÉ LUÍS NOGUEIRA RAPARIZ- VAZQUEZ (CIF 35.430.405- D) • A constituída en metálico, por importe de cincocentos noventa e sete euros con noventa e sete céntimos (597,97 €), para responder do subministro trofeos concurso Exposición Internacional da Camelia XLIII, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 27/03/20007 con número de operación 200700020925, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ELIO MI CANOA, S.L. (CIF B- 36.862.258) • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de nove mil cento corenta e cinco euros con setenta e seis céntimos (9.145,76 €), para responder do subministro de diverso material náutico deportivo, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 19/01/2006 con número de operación 200600003514, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 10.15340.- COMUNICACIÓNS Queda enterada da comunicación do Decano da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, de xullo de 2007, na que, ademais de recoñecer a esta Deputación formalmente a actividade desenvolta, transmite o agradecemento pola orientación e titoría prestada ós seus alumnos. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.15341.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE BUEU PARA A XUSTIFICACIÓN DE OBRAS INCLUÍDAS NO PAM/06 Á vista da solicitude do concello de Bueu, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar as obras incluídas no PAM/06, anualidade 2006, e que se relacionan de seguido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder un aprazamento na súa xustificación ata o día 31 de outubro de 2008, con carácter improrrogable. Nº de obra Obra Subvención Data de concesión 21/376 Iluminación de viais: Cabalo (Beluso), Norte a Outeiro (Bueu), Costiña e Pousada (Cela). 16.000,00 27/09/06 276/666 Pavimentación camiños municipais Bueu, Beluso e Cela 37.552,07 15/06/07 277/876 Acondicionamento pista deportiva do Colexio Público de Cela e pista deportiva da Banda do Río 12.298,69 15/06/07 10/665 Humanización da Rúa Montero Ríos 37.552,06 15/06/07 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.15342.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, TRÁMITE DE URXENCIA, DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DA SEGUNDA PARTE DO PLAN AGRUPADO 2007 A Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación mediante escrito de data 16 de xullo de 2007 solicita que proceda a efectuar a contratación dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento das accións formativas programadas dentro da segunda parte do Plan Agrupado do ano 2007 distribuídas en función da modalidade e lugar de realización nos seguintes lotes LOTE Nº 1: Accións formativas On Line 34.650,00 € LOTE Nº 2: Accións formativas Zona Pontevedra-Sur 50.100,00 € LOTE Nº 3: Accións formativas Zona Salnés e Semipresenciais 38.250,00 € Resultando que estas accións formativas van dirixidas á formación do persoal da Deputación de Pontevedra e dos seus Organismos Autónomos dependentes, así como ó persoal dos Concellos adheridos ó Plan Agrupado e que a Xefe do Servizo de Recursos Humanos e Formación, con data 16 de xullo de 2007, elaborou o prego de prescricións técnicas para regular esta contratación, en cuxos anexos 1, 2, e 3 detalla as denominacións dos cursos, obxecto, programa, perfil das asistentes, número de alumnos, modalidade, duración, lugar e datas de celebración. Resultando que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC número de operación 200700066595 de data 06/08/2007, certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto por importe global de 123.000,00 euros con cargo á partida 07/122.314.165.00 do vixente orzamento provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación proponse que sexa mediante procedemento aberto, tramitación de urxencia e forma concurso, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 31 de xullo de 2007. Resultando que con data 6 de agosto de 2007, o Sr. Secretario Accidental informa o proxecto de prego de condicións administrativas, é polo que con idéntica data elabórase o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento das accións formativas programadas dentro da segunda parte do Plan Agrupado do ano 2007, en base ó citado informe do Sr. Secretario Accidental. Resultando que con data 7 de agosto do ano actual, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido no artigo 34. 1 apartado k) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 117 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 196 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas no referente ós contratos de consultoría e asistencia e os de servizos que celebre a Administración. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial para 2007, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para efectuar contratos de consultoría e asistencia que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación da segunda parte do plan agrupado 2007, por un importe máximo de cento vinte e tres mil euros (123.000,00 €), distribuídas en función da modalidade e lugar de realización das actividades formativas nos seguintes lotes: LOTE Nº 1: Accións formativas On Line 34.650,00 € LOTE Nº 2: Accións formativas Zona Pontevedra-Sur 50.100,00 € LOTE Nº 3: Accións formativas Zona Salnés e Semipresencial 38.250,00 € Estas actividades formativas atópanse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. A tramitación de urxencia establecido no artigo 71 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, xustifícase en que a data de comezo dos primeiros cursos está fixada para o 24 de setembro de 2007 e que o expediente non puido iniciarse coa antelación suficiente pola sobrecarga de traballo existente no Servizo de Recursos Humanos, as baixas de enfermidade, o comezo do período vacacional e o elevado número de procesos de selección e contratación que se realizaron nos últimos meses no citado Servizo. 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito concurso. 3. Autorizar o gasto por importe máximo de 123.000,00 euros, con cargo á partida 07/122.314.165.00 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da referida asistencia técnica, concedendo un prazo de oito días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio no boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, TRÁMITACIÓN DE URXENCIA, OS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DA SEGUNDA PARTE DO PLAN AGRUPADO 2007 1.- OBXECTO.- A organización e desenvolvemento das accións formativas programadas dentro da segunda parte do Plan Agrupado do ano 2007, distribuídas en función da modalidade e lugar de realización nos seguintes lotes: Lote número 1: Accións formativas On Line. Lote número 2: Accións formativas Zona Pontevedra-Sur. Lote número 3: Accións formativas Zona Salnés e Semipresenciais. Estas accións formativas van dirixidas á formación do persoal da Deputación de Pontevedra e dos seus Organismos Autónomos dependentes, así como ó persoal dos Concellos adheridos ó Plan Agrupado e as mesmas executaranse de acordo co estipulado no prego de prescricións técnicas elaborado pola Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación de data 16 de xullo de 2007 que se une como anexo a este prego. Nos anexos 1, 2, e 3 do prego de prescricións técnicas detállanse as denominacións dos cursos, obxecto, programa, perfil das asistentes, número de alumnos, modalidade, duración, lugar e datas de celebración correspondentes as accións formativas On Line (Lote número 1), accións formativas Zona Pontevedra-Sur (Lote número 2) e accións formativas Zona Salnés e Semipresenciais (Lote número 3), respectivamente. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato para cada un dos lotes citados financiarase con cargo á partida 07/122.314.165.00 do vixente Orzamento Provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez finalizadas as accións formativas e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN.- A datas de celebración das accións formativas On Line (Lote número 1), accións formativas Zona Pontevedra-Sur (Lote número 2) e accións formativas Zona Salnés e Semipresenciais (Lote número 3), así como o lugar en onde se vai a desenvolver aparecen relacionadas nos anexos 1, 2 e 3 do prego de prescricións técnicas, respectivamente. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato que servirá de base de licitación fíxase nas seguintes cantidades máximas: LOTE Nº 1: Accións formativas On Line 34.650,00 € LOTE Nº 2: Accións formativas Zona Pontevedra-Sur 50.100,00 € LOTE Nº 3: Accións formativas Zona Salnés e Semipresenciais 38.250,00 € Estas actividades formativas atópanse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 19 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias diante da Administración debendo nomear perante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación de cada un dos lotes, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contado a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio no boletín Oficial da Provincial ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase fechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Á CONTRATACIÓN, POR TRÁMITE DE URXENCIA, DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DA SEGUNDA PARTE DO PLAN AGRUPADO 2007. LOTE NÚMERO……………………….. Cada licitador poderá presentar unha proposición económica por cada un dos lotes en que se estea interesado en participar, indicando no sobre o número do lote ó que opta. Non poderase subscribir proposta algunha de unión temporal con outras licitadores se fíxose de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada no concurso. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTACIÓN PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Á CONTRATACIÓN, POR TRÁMITE DE URXENCIA, DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DA SEGUNDA PARTE DO PLAN AGRUPADO 2007. LOTE NÚMERO……………………….. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, se é o caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a. Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b. Poder debidamente bastanteado. c. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal diante da Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada diante da Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a. Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b. Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c. Declaración de cifras de negocio globais dos servizos realizados nos tres últimos exercicios. d. Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 9 .- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Xefe do Servizo de Recursos Humanos e Formación. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio. 10 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recolleitas na Acta. A seguir, en acto público, o Secretario da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Sistema organizativo para o cumprimento do contrato, ata 4 puntos. 2) Melloras adicionais, no que fai á xestión, avaliación e liquidación do plan, ata 3 puntos. 3) Calidade didáctica do material a entregar ós alumnos, ata 2 puntos. 4) Menor prezo ofertado, ata 1 punto. 12.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente dentro do mes seguinte ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 7ª. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- As actividades obxecto do contrato inclúen tarefas de preparación dos cursos en atención ás demandas do Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra, así como o deseño e disposición de materiais, impartición dos cursos en aulas dotadas con medios axeitados, avaliación do mesmo e elaboración e entrega de informe final. A empresa adxudicataria será a encargada de proporcionar as aulas con espazos precisos para o bo desenvolvemento dos cursos, dotadas de todos os requirimentos técnicos, informáticos e medios de proxección necesarios, tendo en conta lugares e datas previstas no programa, que poden ser modificados en función do número de alumnos. Nos cursos On Line a empresa adxudicataria será a encargada de proporcionar o soporte informático necesario para a realización do curso. Para o desenvolvemento dos cursos, a empresa adxudicataria deberá dispoñer dos técnicos necesarios para que actúen como instrutores do curso, correndo cos honorarios, así como cos gastos de todo tipo que a súa estancia, aloxamento e desprazamento, se é o caso, poidan orixinar. A empresa adxudicataria deberá entregar a cada alumno o seguinte material; manual didáctico, cartafoles, libro de notas e bolígrafo. Así mesmo deberá achegar á Deputación, polo un orixinal do manual do alumno e outro do profesor, cos supostos prácticos e demais documentación que entreguen ó alumnado para o seu arquivo. Para os efectos do sinalado no parágrafo f) do artigo 43 da Lei 48/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a Deputación Provincial de Pontevedra non será responsable das obrigas relativas a tributos que deban repercutirse ou cantidades que deberán reterse a traballadores, profesionais ou outros empresarios, na parte que corresponda ós traballos obxecto desta contratación. A tales efectos, o contratista deberá facer entrega no Servizo de Contratación do certificado específico de encontrarse ó corrente das súas obrigas tributarias emitido a estes efectos pola administración Tributaria durante os 12 meses anteriores ó pagamento de cada factura correspondente á contratación. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600,00 euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia de feitos ou circunstancias non imputables á Administración e que impidan a normal prestación do servizo. 17.- REVISIÓN DE PREZOS.- Non procede. 18.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 214 do TR da LCAP. 19.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 20.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 21.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don........., maior de idade, veciño de....., con domicilio en ..............titular do DNI......., expedido en data.........., actuando en nome propio / ou en representación da empresa.........con C.I.F.- número........ e domicilio en ........, teléfono........ segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Informado do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente á prestación do os servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación da segunda parte do plan agrupado 2007, lote número …, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo ó seguinte detalle: • Polo prezo global de ............................................................................euros (En letra e número). Desagregado nos prezos unitarios das accións formativas incluídas no lote ó que se opte. • Sistema organizativo (Indicar os detalles máis significativos do mesmo) • Melloras (Relacionar as mesmas coa valoración económica correspondente) • Calidade didáctica do material a entregar ós alumnos (Indicar os detalles máis significativos do mesmo). (Data e sinatura do propoñente)” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.15343.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS NÚMERO 27/2007 A Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación mediante escrito de data 7 de agosto de 2007 pon de manifesto a necesidade de incrementar o crédito da partida 07/122.121.232.02 do vixente orzamento provincial en 25.000,00 euros, para afrontar os gastos de asistencia a tribunais correspondentes a diferentes procesos selectivos convocados pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos os derivados de procesos de contratación laboral, propondo para iso a incoación dun expediente de transferencia de créditos, por un importe global de 25.000,00 euros, cuxo financiamento efectuar mediante a minoración do crédito das partidas 07/511.511.120.01 por importe de 20.000,00 euros e 07/511.511.121.02, por importe de 5.000,00 euros. Visto o informe de Intervención, de data 7 de agosto de 2007, no que deixa constancia de que se razoa suficientemente as variacións de crédito entre as partidas 07/122.121.232.02; 07/511.511.120.01 e 07/511.511.121.02 e que se cumpren os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que nas partidas 07/511.511.120.01 e 07/511.511.121.02, cuxo crédito se minoran en 20.000,00 € e 5.000,00 €, respectivamente, expedíronse os documentos “RC”, polos importes en que se minoran e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de créditos de persoal entre partidas xestionadas por diferentes centros xestores. A Xunta de Goberno, de conformidade co disposto na Base 10ª, apartado 3 d., correspondente á execución do orzamento para o exercicio de 2007, acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 27/2007 por importe total de 25.000,00 euros, incoado polo responsable do Centro Xestor de Recursos Humanos e Formación e o responsable do Centro Xestor de Vías e Obras, minorando crédito nos importes e nas partidas que se indican e incrementando crédito polo importe e na partida que se detalla a continuación: PARTIDA A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 122.121.232.02 Asistencias a tribunais de oposicións (Centro Xestor: Recursos Humanos e Formación) 25.000,00 € TOTAL 25.000,00 € PARTIDA A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 511.511.120.01 Retribucións básicas. Soldo (Centro Xestor: Vías e Obras) 20.000,00 € 511.511.121.02 Retribucións complementarias. Complemento específico (Centro Xestor: Vías e Obras) 5.000,00 € TOTAL 25.000,00 € ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.15344.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POLO LETRADO SR. CASTRO RIAL ABAD EN NOME E REPRESENTACIÓN DE D. AQUILES GARCÍA NIETO POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P.-8001 (CATOIRA) Dada conta que con data de rexistro 22/05/07 (rex. nº 019957) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita polo letrado Sr. Castro Rial Abad en nome e representación de D. AQUILES GARCIA NIETO con enderezo de notificacións en rúa Eduardo Pondal nº 10-1ºA de Pontevedra, por danos en vehículo matrícula C-0826-BW padecidos o día 7/12/2006, na EP-8001 e que individualiza economicamente en 2.688,23 €. Resultando.- Que con data 4/06/2007 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 26/06/2007 co seguinte contido: “…1. Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, “existencia de grandes ramas de un árbol de eucalipto derribadas en el medio de la carretera sin señalizar”, en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 2. Realizada visita de inspección al vial de referencia se ha podido comprobar que el tramo de carretera en el que ocurrió el accidente (según la descripción del mismo y la prueba documental que se ha recabado) se corresponde con una larga recta con buena visibilidad, encontrándose las ramas del árbol, aproximadamente, en la mitad de la misma. Como prueba de ello el informe levantado por Protección Civil de Catoira cuando señala que “Achegados… ó punto sinalado, atopándose son que o que interrumpía a estrada era unha grande pola de eucalipto, que a consecuencia do impacto coa mesma hai un vehículo detido a uns doscentos metros da mesma, obstruindo parcialmente a estrada…” Esa circunstancia desvirtuaría las alegaciones relativas a que “…el Sr. Aquiles García no tuvo tiempo de reaccionar…” ya que el conductor del vehículo, vista la configuración del terreno, disponía de la suficiente visibilidad y tiempo de reacción para percatarse de la existencia de ramas de un árbol en la calzada, siempre que la velocidad a la que circulase fuese la adecuada para el tramo de carretera en cuestión. 4. En cuanto al argumento que versa sobre “Los daños padecidos… se ocasionaron como consecuencia de un defectuoso funcionamiento de los servicios públicos de los que es competente la Administración Pública a la que nos dirigimos, entre otras razones, por ausencia de señalización de un obstáculo en la carretera”, cabe recordar que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 57.2 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a motor y Seguridad Vial, aprobado por el Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo, así como en el artículo 139.2 del Reglamento General de Circulación, “ La autoridad encargada de la regulación del tráfico será responsable de la señalización de carácter circunstancial en razón de las contingencias de aquel y de la señalización variable necesaria para su control, de acuerdo con la legislación de carreteras”. Es por ello que el reclamante pretende hacer nacer la responsabilidad de la Administración Provincial del incumplimiento de la obligación de señalización de unas ramas de árbol cruzando la carretera, al no poder calificarse esa circunstancia como permanente, la responsabilidad de dicha señalización recaería sobe los servicios correspondientes de la Administración Estatal, al ser esta Administración la que ostenta las competencias en materia de tráfico y seguridad vial. Por otro lado, si como todos los indicios apuntan la caída de las ramas del árbol sobre la zona de circulación se produjo minutas antes de las once de la noche -llamada telefónica del Servicio de Emergencias de Galicia (112) sobre las 23:00 horas al Servicio de Protección Civil de Catoira o el hecho de que no se tenga constancia de la existencia de otros accidentes durante ese día por la misma causa- y el accidente, según relato de los hechos, ocurrió sobre las 23:00 horas, era imposible para los servicios técnicos de la Administración proceder a la limpieza de la calzada de forma inmediata, por lo que el accidente que se produce en ese intervalo de tiempo debe calificarse como imprevisible e inevitable, conforme a los estándares más rigurosos de prestación de los servicios de mantenimiento y conservación de las vías públicas.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, xa que a causa eficiente do sinistro débese a un elemento externo e irresistible, característico da forza maior, que fai aquela imprevisible e inevitable, iso sen engadir que non pode invocarse a caída sorpresiva cando existen datos obxectivos bastantes que demostran que o punto onde caeron as polas da árbore é en liña recta, polo que non pode estimarse a reclamación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.15345.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POLA SRA. ANGULO GASCÓN EN NOME E REPRESENTACIÓN DE D. JOSÉ LUIS FAZANES CERVIÑO POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P.–1304 IGLESARIO-CELA A BUEU(BUEU) Dada conta que con data de rexistro 31/05/2007 (rex. nº021058) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Mª Amor Angulo Gascon en nome e representación de D. José Luis Fazanes Cerviño con enderezo de notificacións en rúa San José, 4-1ºF de Pontevedra, por danos padecidos en vehículo o día 1/06/2006, na EP-1304 Iglesario-Cela a Bueu (Bueu) e que individualiza economicamente en 421,65 €. Resultando.- Que con data 12/06/2007 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 14/06/2007 co seguinte contido: “1. La E.P. 1304 Iglesario-Cela a Bueu pertenece a la red provincial de carreteras. 2. Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa “alcantarilla rota” en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3. En este punto es necesario traer a colación el relato de los hechos efectuado por el reclamante, sin que exista informe de la policía al respecto, cuando señala que “El día 1 de junio de 2006, Dª Ramona Novás Portela circulaba conduciendo el vehículo… por la carretera E.P. 1304 Iglesario-Cela, en sentido a la Iglesia de Cela, cuando se encuentra con una alcantarilla rota de la que salía una piedra del recercado de hormigón”, es decir, tal y como se pone de manifiesto en la propia reclamación, la causa inmediata del accidente –aquellla que influye de tal manera que no hay ninguna otra que esté más cercana al efecto- es el deterioro que presentaba la alcantarilla situada en ese tramo de la carretera. Es por ello que, para una mejor resolución de la reclamación, se hace preciso aclarar los argumentos expuestos en el informe emitido por Aqualia cuando señala, entre otras cuestiones, que “Como consecuencia de la inspección efectuada se pudo comprobar que existe una tapa de saneamiento situada en el lugar del siniestro, en perfecto estado de conservación y mantenimiento, pero que ha visto modificada su rasante a consecuencia del asfaltado de la carretera”. En primer lugar señalar que la alcantarilla no se encontraba “...en perfecto estado de conservación...” como manifiesta la citada empresa, sino en un evidente estado de deterioro, presentado la rotura del hormigón que rodea la tapa de saneamiento tal y como demuestra la prueba documental aportada por el reclamante. En segundo lugar no es cierto que en las fechas anteriores al accidente, recordemos 1 de junio de 2006, se hubiese asfaltado el vial de referencia, sno que sólo se llevó a cabo una regularización del aglomerado, actuación que en ningún caso conlleva una modificación de la rasante de la carretera. En consecuencia, fue el deterioro que presentaba la tapa de saneamiento la causa inmeidata del accidente lo que conlleva claramente a la ruptura del nexo entre el actuar de esta Administración y el resultado producido. 4. Siendo así los hechos ocurridos y dado que el servicio de alcantarillado es de competencia municipal, según lo previsto en la letra f, del párrafo 2º del artículo 25 de la Ley 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases de Régimen Local, el Ayuntamiento sería el responsable no sólo del mantenimiento del citado servicio sino también de los posibles daños que el mismo ocasione. No obstante lo anterior, en el supuesto de existir un contrato de concesión administrativa de gestión del servicio público de abastecimiento de agua potable, mantenimiento de la red de saneamiento y depuración de aguas residuales concertado por el Ayuntamiento, la responsabilidad recaería sobre la empresa concesionaria, a tenor de lo dispuesto en el artículo 97 del Real Decreto Legislativo 2/2000 de 16 de junio, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas, en relación lo dispuesto en el párrafo segundo del artículo 121 de la Ley de Expropiación forzosa.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois mentres que non se achega atestado da Garda Civil ou informe da Policía Municipal, do documentado de informe de Vías e Obras dedúcese o seguinte: 1º.- Manifestacións subxectivas e interesadas do reclamante carentes de soporte probatorio obxectivo ningún. 2º.- Rotura do formigón que rodea a tapa do sumidoiro (foto achegada polo reclamante). 3º- A rede de sumidoiro é un Servizo de competencia estritamente municipal a teor do artigo 25.2-L da Lei 7/85. 4º.- O Servizo atópase en concesión coa empresa “Aqualia” que, a teor da sentenza de 31 de xullo de 1.989 do Tribunal Supremo, é a responsable dos danos: “...cuando los daños y perjuicios se derivan de una actividad técnica no cumplida directamente por la organización adminsitrativa, sino por organizaciones privadas no integradas en la Administración, con las que ésta contrata atribuyéndoles la gestión de un servicio público, o la ejecución de una obra pública, se interfiere entre Administración y particulares una empresa privada a la que materialmente le son atribuíbles sus causas.” No mesmo sentido o artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións públicas, polo que a reclamación debe ser desestimada. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.15346.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JOSÉ GEY FERREIRÓS POR DANOS EN VEHÍCULO NA PO-8703 ESTRADA DA IGREXA A COAXE (CATOIRA) Dada conta que con data de rexistro 31/05/2007 (rex. nº 020989) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. José Gey Ferreirós con enderezo de notificacións en Praza de Curros Enríquez, nº 1-2º de Pontevedra, por danos padecidos o día 22/10/2006, na PO-8703 Iglesia-Coaxe (Catoira) e que individualiza economicamente en 600,00 €. Resultando.- Que con data 12/06/2007 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 22/06/07 co seguinte contido: “1. La que denominan PO-8703 Iglesia-Coaxe pertenece a la red de viales provinciales. 2. Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, “existencia en la calzada de arena y piedras sin señalizar”, en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3. No obstante lo anterior es necesario recordar que durante el mes de octubre de 2006 la Comunidad Autónoma Gallega, y especialmente la zona de las Rías Baixas, sufrió unas adversas condiciones meteorológicas que afectaron de forma notable, entre otras infraestructuras, a las vías de comunicación; los desperfectos sufridos en dichas vías provocaron, por un lado, que diversos núcleos de población quedasen prácticamente incomunicados y, por otro, que

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición