ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2007/09/19_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/2.2007-09-19_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/09/19_Ordinaria

  • Data(s) 2007-09-19 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día dezanove de setembro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Requera Varela e D. Jesús Vázquez Almuiña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. José Carlos Silva Mariño. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15400.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 12 de setembro de 2007. ------ Folla: 2.15401.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade devolver as seguintes garantías: NAM ARQUITECTOS, S.L. (NIF B- 36.958.395). • A constituída en metálico, por importe de mil cento trece euros con sesenta céntimos (1.113,60 €), para responder da redacción do proxecto de reforma e ampliación do edificio da confraría de pescadores San Antonio de Cambados, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/01/2007 con número de operación 200700004115, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. INTURASA PÉREZ , RUMBAO, S.A. (NIF A- 36.122.174). • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil seiscentos trinta e seis euros (2.636,00 €), para responder do subministro vehículo recolector de 6 m3 de capacidade para o servizo de vías e obras do concello de A Guarda, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 26/03/2004 con número de operación 200400023942, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 3.15402.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DO DESENVOLVEMENTO E IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA DE INFORMACIÓN TERRITORIAL BASEADO NO SIG GEOPISTA EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA O Ministerio de Administracións Públicas e a Deputación de Pontevedra coa intención de impulsar a administración electrónica están levando a cabo un proxecto denominado Geopista que pretende mellorar a calidade do servizo que os concellos prestan ós seus cidadáns, así como mellorar a súa xestión interna permitindo o intercambio de información de xeito máis sinxelo e eficaz entre os axentes participantes. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente para a contratación mediante concurso, procedemento aberto, do desenvolvemento e implantación dun sistema de información territorial baseado no SIG Geopista en Concellos da Provincia de Pontevedra. Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda: -Autorizar o gasto de 497.000,00 euros, imputándose a cantidade de 263.989,00 euros á partida 07/911.911.662.07 do vixente orzamento provincial, e a restante, 233.011,00 euros, á partida correspondente do exercicio 2008. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o Concurso como Lei fundamental. -Iniciar o prazo de presentación de proposicións para devandito concurso, coa publicación do anuncio no Boletín Oficial da Comunidade Europea e cunha antelación mínima de cincuenta e dous días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia, Comunidade Autónoma e Estado. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE, COMO LEI FUNDAMENTAL DO CONTRATO, REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, O DESENVOLVEMENTO E IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA DE INFORMACIÓN TERRITORIAL BASEADO NO SIG GEOPISTA EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA I.- Obxecto do contrato. O desenvolvemento e implantación da 2ª fase do sistema de información territorial baseado no Sig Geopista, desenvolvido pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, en concellos da provincia de Pontevedra e na Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Os traballos a realizar atópanse desenvolvidos no prego de prescricións técnicas que se une como anexo, os cales enuméranse a continuación: • Consultoría. • Preparación de datos. • Formación. • Posta en marcha. • Probas e seguimento. • Subministración do hardware necesario para o modelo ASP. II.- Financiamento do subministro. O contrato financiarase con cargo á partida 07/911.911.662.07 do vixente Orzamento Provincial a cantidade de 263.989,00 €, e con cargo á partida correspondente ó exercicio do ano 2008, a cantidade de 233.011,00 €. III. Pago. O pago do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez prestada a conformidade pola Deputación. Anticiparase o pago correspondente á adquisición de hardware unha vez subministrado este á Deputación. IV.- Prazo. O prazo para a realización e implantación do sistema será dun ano a contar dende a data de formalización do contrato. As probas e seguimento realizaranse durante os seis meses seguintes a que o concello teña en marcha o sistema. V.- Tipo de licitación. O orzamento que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de catrocentos noventa e sete mil euros (497.000,00 €), IVE incluído. VI.- Capacidade para contratar. Están capacitados para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar ou acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos dos arts. 16 e 18 do texto refundido do R.d.l. da LCAP e non estean afectados por ningunha das circunstancias que enumera o art. 20 como prohibitivas para contratar. VII.- Garantía provisional. Será equivalente ó 2% do orzamento de licitación e poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o art. 35 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. VIII.- Garantía definitiva. A garantía definitiva será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse de calquera das formas previstas no art. 38 do texto refundido 2/2000, da LCAP. Dita fianza haberá de ingresarse exclusivamente na Caixa desta Deputación. A constitución da garantía definitiva deberá acreditarse dentro dos 15 días naturais seguintes á notificación da adxudicación do concurso. IX.- Presentación de proposicións: Lugar e prazo de presentación, formalidades e documentación. 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial, das 9 ás 13 horas, durante un prazo de cincuenta e dous días naturais, a partir da data do envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de plicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986804126) ou telegrama no mesmo día. 9.2. Formalidades. As proposicións constarán de dous sobres pechados denominados A e B e en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, e o nome do licitador. A) Sobre A, denominado proposición económica, que se presentará pechado, podendo ser lacrado e precintado, a petición do interesado e deberá ter a seguinte inscrición: Proposición económica para o concurso do desenvolvemento e implantación dun sistema de información territorial baseado no SIG Geopista en concellos da Provincia de Pontevedra. Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1. Proposta Económica. Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2. Descrición dos traballos a realizar sobre a análise que definirán a situación actual do cliente e as súas necesidades de cara á implantación do sistema. 3. Descrición das actuacións para a instalación e posta en marcha do sistema. 4. Proposta de tratamento de datos. 5. Proposta dun programa de formación, asistencia técnica e seguimento do sistema. 6. Outras melloras. B) Sobre B, denominado de documentos, expresará a inscrición de: Documentos xerais para o concurso do desenvolvemento e implantación dun sistema de información territorial baseado no SIG Geopista en concellos da Provincia de Pontevedra, e conterá a documentación que sinala o art.79 do texto refundido do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, da L.C.A.P., e en todo caso, a seguinte: 1. Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación, no seu caso, do asinante da proposición, consistentes: 1.1. Documento Nacional de Identidade do licitador cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, por fotocopia compulsada por quen ostente a representación pública administrativa, ou Escritura de constitución da Sociedade Mercantil, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. 1.2. Poder debidamente bastanteado. Cando o licitador non actúe en nome propio ou se trate dunha sociedade ou persoa xurídica, deberá acompañarse poder notarial para representar á persoa ou entidade en cuxo nome concorre ante a administración contratante. Deberase verificar as facultades da persoa que concorre en nome da empresa polo secretario da corporación, notario ou calquera outra persoa lexitimada para certificar a suficiencia do poder, sendo igualmente válido o bastanteo co que se concorreu a calquera licitación na administración publica nos últimos doce meses. Esta verificación será solicitada a instancias do licitador que incluirá, posteriormente, o poder bastanteado no sobre A. 1.3. En caso de concorrer á licitación varias empresas, constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou Entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión ante a Administración. 1.4. A empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea, de Estados signatarios de acordo sobre o Espazo Económico Europeo e restantes empresas estranxeiras deberán acreditar a súa capacidade de obrar na forma prevista na LCAP e demais normativa vixente. Todas as empresas estranxeiras, comunitarias ou non, deberán presentar unha declaración de sometemento á xurisdición dos tribunais e xulgados españois. 2.- Declaración do licitador, facendo constar que non se atopa incursa en ningunha das prohibicións para contratar enumeradas no art. 20 e concordantes do texto refundido do R.d.l. 2/2000 da LCAP. 3.- Documentos que acrediten atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou na súa falta seguro de indemnización por riscos profesionais. 6.- Declaración das cifras de negocios globais de subministros realizados nos tres últimos exercicios. 7.- Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais ou homologados encargados do control de calidade . X- Mesa de Contratación. A Mesa de Contratación estará integrada ou constituída do modo seguinte: PRESIDENTE, que o será o da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario. - O Interventor. - O Enxeñeiro Director do Servizo de Vías e Obras. - Responsable do Servizo Tic. SECRETARIO: - O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. XI.- Cualificación da documentación e apertura de proposicións. A Mesa de Contratación, en acto, que terá lugar ás 10 horas do segundo día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, se este fose sábado o primeiro día hábil seguinte, procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores en sobres B, indicando ós licitadores excluídos as causas da súa exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, en acto público, o Secretario da Mesa procederá á apertura de sobres A e dará lectura das proposicións económicas formuladas e elevaraas ós Servizos Técnicos correspondentes a efectos de que emitan o preceptivo informe. XII.- Criterios base para a adxudicación. Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán: a) Características técnicas:, ata un máximo de 4 puntos. b) Outras melloras, ata un máximo de 3 puntos. c) Menor prezo ofertado, ata un máximo de 2 puntos. d) Prazo, ata 1 punto. XIII.- Adxudicación definitiva. O Órgano de Contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e avaliados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, calquera que sexa o procedemento seguido e a forma de contratación empregada, será notificada ós participantes na licitación. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma indicadas na cláusula VIII. XIV.- Formalización do contrato. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato de adxudicación da subministración en Documento Administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó de notificación da adxudicación, constituíndo título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, dito contrato administrativo poderá elevarse a Escritura Pública a petición do contratista e á súa costa. XV.- Gastos a cargo do adxudicatario. Serán de conta do adxudicatario os gastos dos anuncios e demais que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600,00 euros. XVI.- Revisión de prezos. Dada a duración do contrato non é aplicable ó mesmo a revisión de prezos. XVII.- Indemnización ó contratista por forza maior. O contratista non terá dereito a que se lle indemnicen os danos que se lle produciron por perdas, avarías ou prexuízos nos bens antes da súa entrega, salvo que a Administración incorrese en mora ó recibilos. XVIII.- Garantía. O prazo de garantía fíxase en como mínimo dun ANO dende a posta en marcha do programa Geopista en cada un dos concellos. XIX.- Responsabilidade do contratista por vicios ou defectos durante o prazo de garantía. A Administración durante o prazo de garantía terá dereito á reposición ou reparación, se iso fose suficiente, dos bens subministrados que presenten vicios ou defectos. Durante o prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se a Administración constatase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista e fóra presumible que a súa reposición ou reparación non son suficientes para conseguir aquel fin, poderá, dentro daquel prazo, rexeitalos e deixalos a conta do contratista. XX.- Resolución do contrato. O contrato poderá extinguirse por algunha das causas de resolución anunciadas nos arts. 111 e 214 do texto refundido do R.D.L.2/2000, de 16 de xuño, da LCAP. XXI.- Réxime xurídico. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. XXII.- Xurisdición competente. As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo Órgano de Contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso Administrativa, a teor da Lei de dita xurisdición. XXIII.- Modelo de Proposición. Don . . . . . . . . . maior de idade, veciño de . . .. . . . ., con domicilio en . . . . . . . ., titular do DNI nº . .. . . . expedido con data . . .. . . ., en nome propio (ou en representación de . . . . . . . . . . con domicilio en . .. . . . . ., conforme acredito con Poder Bastanteado) decatado do anuncio publicado no _____ nº...do día.....para adxudicar mediante Concurso, o DESENVOLVEMENTO E IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA DE INFORMACIÓN TERRITORIAL BASEADO NO SIG GEOPISTA EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA comprométese a realizalo, con suxeición ó Prego de Cláusulas Particulares e de Prescricións Técnicas, polo prezo máximo de ......... (En letra e número) ......... euros. Ofértanse como melloras ós contidos expostos no Prego de condicións: (Enumerar) A valoración económica das melloras é de______________________ (Data e sinatura do propoñente)” ------ Folla: 4.15403.- RATIFICACIÓN DO ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE LA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ORGANIZACIÓN DE PRODUCTORES OPP-20 DA ILLA DE AROUSA, PARA MELLORAR AS CALIDADES DE COMERCIALIZACIÓN DOS SEUS RECURSOS E A VIXILANCIA DAS ZONAS DE PRODUCIÓN Dada conta do Acordo de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Organización de Productores OPP-20 da Illa de Arousa para mellorar a calidade da comercialización dos seus recursos e a vixilancia nas súas zonas de produción. Vistos os informes da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do enxeñeiro director do Servizo Agrario, ambos do 9 de maio de 2007; visto o informe de Secretaría Xeral do 10 de maio de 2007; visto o informe da Intervención de 11 de maio de 2007; e visto o documento R.C. núm. 200700040359 e a restante documentación que obra no expediente. Resultando que, debido á urxencia dos traballos a desenvolver pola OPP-20 da Illa de Arousa, o convenio asinouse o 23 de maio de 2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar o Acordo de colaboración, do 23 de maio do 2007, entre a Deputación de Pontevedra e a Organización de Productores de Marisco e Cultivos Mariños da provincia de Pontevedra (OPP-20) da Illa de Arousa, con CIF G36049161, para mellorar a calidade da comercialización dos seus recursos e a vixilancia nas súas zonas de produción, por importe de sesenta mil euros (60.000,00 €), que se librarán no seu día con cargo á partida orzamentaria 07/711.711.779.02, núm. de Operación 200700040359, do vixente orzamento provincial, segundo o disposto no clausulado do Acordo de colaboración. Dito Acordo é como segue: “ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ORGANIZACIÓN DE PRODUCTORES OPP-20 DA ILLA DE AROUSA REUNIDOS Dunha parte, o Sr. PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Ilmo. Sr. Rafael Louzán Abal, de acordo cas competencias que lle outorga o artigo 34.1b da Lei 7/85 do 2 de abril, das bases do réxime local, E doutra, o Presidente da Organización de Productores OPP-20 da Illa de Arousa, , D. Carlos Javier Otero Outeiral, de acordo co nomeamento feito polo Consello de Administración de dita entidade do día 28 de setembro do 2005 INTERVEÑEN Ámbalas partes, no exercicio das competencias que lles están legalmente atribuídas, recoñecéndose reciprocamente capacidade e obrigándose segundo os termos deste documento, MANIFESTAN A importancia económica e social que ten na Illa de Arousa o marisqueo e a pesca de baixura, integrando na Asociación de Productores (OPP-20) un total de 1.507 mariñeiros dedicados a pesca artesanal e de baixura, ó marisqueo a flote e ó marisqueo a pé. Que o traballo destas persoas abrangue varios campos diferentes: extracción, vixilancia, comercialización, etc., sendo a comercialización a que en estes momentos precisa unha mellor e mais rápida adaptación de acordo cos movementos e demanda dos mercados, as novas formas de transacción comercial e a presentación dos produtos. Que a vixilancia tamén precisa unha esmerada atención, xa que a extracción furtiva vai aumentando como consecuencia do prezo que acadan no mercado os mariscos das nosas rías, facendo do furtivismo unha maneira rápida e sinxela de obter cartos. En consecuencia, e coa finalidade de cooperar nas accións de mellora da vixilancia e comercialización, as dúas partes subscriben o presente acordo segundo as seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O presente acordo, establécese para regular a cooperación entre a Deputación Pontevedra e a Organización de Productores OPP-20 da Illa de Arousa, para mellora-la calidade da comercialización dos seus recursos e a vixilancia das súas zonas de produción. SEGUNDA.- A Deputación comprométese a apoiar economicamente a adquisición de ferramentas que supoñan melloras nas infraestruturas de comercialización e vixilancia: • Para mellorar a comercialización: - 6 máquinas clasificadoras que axilicen o proceso garantindo a equidade nas tallas e a non manipulación do produto por parte dos produtores e empregados da lonxa. - Instalación de novos terminais de venda que faciliten a venda por Internet en tempo real, á vez que se realiza a venda tradicional con compradores na lonxa • Para mellorar a vixilancia: - Medios técnicos axeitados que permitan unha navegación segura pola ría, así como a posibilidade de marcar puntos sospeitosos ou rutas. - Instalación de motores mais modernos que permitan realizar con garantías as labores de control e vixilancia así como as de salvamento. No caso da Deputación de Pontevedra, a execución de ditas accións someterase previamente ós informes da Asesoría Xurídica e da Intervención, e posterior aprobación pola Xunta de Goberno. TERCEIRA.- A contía total da axuda será de sesenta mil euros (60.000,00 €), con cargo á partida orzamentaria 07/711-711-779.02, comprometéndose a OPP-20 da Illa de Arousa á xustificación do gasto, previa ó aboamento da axuda, tal como se sinala no artigo 14 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, nun prazo de seis meses, comprometéndose a OPP-20 a dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento obtido. En calquera caso, a achega da Deputación será sen menoscabo da contribución económica e técnica que lle corresponda á OPP-20 como consecuencia da execución dos programas dependentes da mesma, sempre que non se exceda o 100% do custo total do orzamento dos proxectos. CUARTA.- O presente acordo manterá a súa vixencia durante o presente exercicio económico, iniciándose esta no momento da súa sinatura e prolongándose ata o 31 de decembro do presente ano. Se, rematado o período de cooperación, as accións obxecto deste acordo non estivesen finalizadas, o presente acordo poderá ser prorrogado, de forma expresa, mediante unha acta complementaria, asinada por ambas partes. QUINTA.- O incumprimento destas normas por unha das partes facultará á outra para rescindir o Convenio, quedando automaticamente anulados tódolos dereitos correspondentes sobre o obxecto do mesmo. Como proba de conformidade e para debida constancia do convido, as dúas partes outorgantes subscriben este documento, que asinan na Illa de Arousa o día 23 de maio do 2007 O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA O PRESIDENTE DA OPP-20 Asdo.: Rafael Louzán Abal Asdo.: Carlos Javier Otero Outeiral” ------ Folla: 5.15404.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dada conta que con data 5 de setembro de 2007 tivo entrada nesta Deputación Sentencia de data 13 de xullo de 2007 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en recurso Proc. Ordinario 271/2005 promovido por DRAGADOS, S.A. contra esta Deputación e o Concello de Pontevedra sobre liquidación taxas urbanísticas e ICIO correspondente ás obras de ampliación do Museo Provincial, pola que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. ------ Folla: 6.15405.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.15406.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 40 DO PROXECTO MODIFICADO “AMPLIACIÓN MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO” Vista a certificación núm. 40 relativa ás obras de “Ampliación Museo de Pontevedra e rehabilitación Edificio Sarmiento”, adxudicada no seu día á Empresa DRAGADOS, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 6 do mes de setembro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar ou recoñecemento da obriga e ou pago da mesma co detalle seguinte: DRAGADOS, S.A. (CIF. A-15.139.314) 07/432.451-662.01.2005 (Deputación) 30.395,70 € Ministerio de Educación.... 101.319,02 € Consellería de Cultura........ 21.711,22 € SUBTOTAL ………. 153.425.94 € Taxa Técnicos Directores 5.261,97 € Control de calidade 3.967,91 € Seguridade e Saúde 0,00 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR .………… 144.196,06 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.15407.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DA XESTIÓN MEDIANTE CONCESIÓN DUN SERVIZO DE ESCOLA INFANTIL NA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de data 1 de agosto de 2007, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da xestión do servizo de concesión da Escola Infantil “Príncipe Felipe”, cuxo convocatoria foi publicada no BOP (nº 152, 07/08/2007) e no DOGA (nº 154, 09/08/2007). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 28 de agosto de 2007, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe da Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” e a proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación da xestión mediante concesión dun servizo de Escola Infantil na Cidade Infantil “PRÍNCIPE FELIPE” á empresa Chupetes Galicia, S.L. (C.I.F. B-70.098.744) de conformidade coas seguintes tarifas: TARIFA Normal 110 €/mensuais Persoas cunha renda per cápita da unidade familiar entre o 100% e 150% do salario mínimo interprofesional 99 €/mensuais Persoas cunha renda per cápita da unidade familiar superiores ó 75% e inferiores ó 100% do salario mínimo interprofesional 66 €/mensuais Persoas cunha renda per cápita da unidade familiar entre o 50% e o 75% do salario mínimo interprofesional 33 €/mensuais A empresa adxudicataria obtivo a maior puntuación segundo os criterios de adxudicación establecidos no prego de condicións e cumprir con todos os requisitos esixidos no concurso. O presente contrato financiarase con cargo ás tarifas aboadas polos usuarios, así como pola subvención da Deputación que financiará o 30% dos gastos de funcionamento da gardería, que irá con cargo á partida 07/422.422.227.09 do vixente orzamento provincial e ás correspondentes de exercicios futuros. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de seis mil setenta e dous euros (6.072,00 €), que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 321,02 euros por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.15408.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DA SEGUNDA PARTE DO PLAN AGRUPADO 2007 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 8 de agosto de 2007, acordou a aprobación do expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación da segunda parte do Plan Agrupado 2007, distribuídas en función da modalidade e lugar de realización nos seguintes lotes: LOTE Nº 1: Acciones formativas On Line………………………… 34.650,00 € LOTE Nº 2: Acciones formativas Zona Pontevedra-Sur……………… 50.100,00 € LOTE Nº 3: Acciones formativas Zona Salnés e Semipresenciais……….. 38.250,00 € Resultando que o anuncio do concurso foi publicado no B.O.P. número, 158 e no DOGA número 161 de datas 16 e 21 de agosto de 2007, respectivamente. Resultando que a Mesa de Contratación se constituíu o día 3 de setembro de 2007 para examinar a documentación e apertura das proposicións económicas presentadas polas empresas, FORMADE, S.L. (Lote nº 1); ACADEMIA POSTAL 3 VIGO, S.L. (Lote nº 1); GECRERI, S.L. (Lotes núms. 1, 2 e 3); IDEAS POSIBLES, S.L. (Lotes núms. 1, 2 e 3); INICIA FORMACIÓN Y CONSULTORÍA, S.L. (Lotes núms. 2 e 3); FORMAGAL FORMACIÓN Y SERVIZOS, S.L. (Lotes núms. 2 e 3); GESTIÓN DE ESTUDIOS Y ANÁLISIS, S.L. (GESAN) (Lotes núms. 2 e 3); FORAMA CONSULTORES, S.L. (Lote nº 3) e EDECO CONSULTORES Y SERVICIOS GALICIA S.L.N.E. (Lote nº 3), as cales foron admitidas pasándose o expediente a informe dos correspondentes servizos técnicos do Servizo de Recursos Humanos e Formación desta Deputación. Considerando o establecido no artigo 34. 1 apartado k) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 117 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 196 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas no referente ós contratos de consultoría e asistencia e os de servizos que celebre a Administración. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial para 2007, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición dos gastos precisos para efectuar contratos de consultoría e asistencia que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. Vista a proposta formulada pola Mesa de Contratación na reunión do día 18 de setembro de 2007, para que se lle adxudique os lotes números 1, 2 e 3 ás empresas, FORMADE, S.L.; FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVIZOS, S.L. e FORAMA CONSULTORES, S.L., respectivamente, por resultar as ofertas máis vantaxosas de entre as presentadas e admitidas a cada un dos lotes ó obter a maior puntuación segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e por reunir os requisitos esixidos neste concurso. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Adxudicar o LOTE NÚMERO 1 do concurso á empresa FORMADE, S.L. (C.I.F. B-36.935.690), para efectuar a ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DAS ACCIÓNS FORMATIVAS "ON LINE", polo prezo ofertado de trinta e catro mil douscentos sesenta e cinco euros (34.265,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: CURSO Prezo Unitario Excel XP. Avanzado 3.560,00 € Access XP. Avanzado 3.560,00 € Francés básico 7.120,00 € Orientador laboral 6.675,00 € Experto en desenvolvemento local 6.675,00 € Formador de formadores 6.675,00 € -Adxudicar o LOTE NÚMERO 2 do concurso á empresa FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVIZOS, S.L., (C.I.F. B-36.477.677), para efectuar a ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DAS ACCIÓNS FORMATIVAS ZONA PONTEVEDRA-SUR, polo prezo ofertado de corenta e oito mil cincocentos noventa e sete euros (48.597,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: CURSO PLAN UNITARIO Prezo Unitario Dereitos e deberes dos funcionarios públicos. 1.455,00 € Responsabilidade penal, patrimonial e disciplinaria dos empregados públicos. 1.455,00 € Linguaxe administrativa galega. Nivel básico. 4.365,00 € Análise e implantación da norma ISO 9001-2000. 2.910,00 € Preparación, identificación e manexo de claves de lepidópteros, tortrícidos en laboratorio. 2.910,00 € Manexo e identificación de fungos coelomicetos. 2.910,00 € Incorporación de materias primas á fabricación animal. 873,00 € Lexislación alimentaria: pensos, materias primas e augas. 873,00 € Análise e evolución do ámbito socioafectivo do menor en risco. 2.910,00 € Estimulación e aprendizaxe temperá. Práctico. 2.910,00 € CURSOS ZONA PONTEVEDRA Prezo Unitario Deseño e mantemento de páxinas Web. 2.182,00 € Deseño e planificación de plans locais de igualdade. 1.455,00 € Arquivo de oficina: xestión e organización da documentación. 2.328,00 € Protección de datos de carácter persoal na Administración Pública. 2.328,00 € Tramitación de proxectos europeos. 3.637,50 € CURSOS ZONA SUR Prezo Unitario Deseño e mantemento de páxinas Web. 2.182,50 € Tramitación e xestión de proxectos europeos. 3.637,50 € A contratación administrativa. 2.910,00 € Calidade en Servizos Sociais. 2.910,00 € Normativa de rexistro e portelo único. 1.455,00 € -Adxudicar o LOTE NÚMERO 3 do concurso á empresa FORAMA CONSULTORES, S.L., (C.I.F. B-15.614.696), para efectuar a ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DAS ACCIÓNS FORMATIVAS ZONA SALNÉS Y SEMIPRESENCIAIS, polo prezo ofertado de trinta e sete mil novecentos noventa e cinco euros (37.995,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: CURSOS SEMIPRESENCIAIS Prezo Unitario Afiliación e cotización do persoal na Administración Local. 4.470,00 € A contratación laboral nas Administracións Locais. 4.470,00 € Prevención de riscos laborais na Administración Local. Nivel básico. 4.470,00 € Mantemento de instalacións. Módulo de soldadura. 7.450,00 € CURSOS ZONA SALNÉS Prezo Unitario Xornada de xardinaría. Aplicación da xardinaría ecolóxica na Administración Local. 5.960,00 € Calidade en Servizos Sociais. 2.980,00 € Microsoft Proyect. 2.980,00 € Elaboración de documentos administrativos. 2.980,00 € Organización e xestión de tarefas con Outlook. 2.235,00 € As actividades formativas dos tres lotes deste concurso atópanse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. A adxudicación dos lotes números 1, 2 e 3 a favor das empresas, FORMADE, S.L.; FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVIZOS, S.L. e FORAMA CONSULTORES, S.L., respectivamente, motívase, en todos os casos, por resultar as ofertas máis vantaxosas de entre as presentadas e admitidas a cada un dos lotes ó obter a maior puntuación segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e por reunir os requisitos esixidos neste concurso. O pagamento do prezo do contrato efectuarase ás empresas adxudicatarias de cada un dos lotes do concurso contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez finalizadas as accións formativas e sexa prestada a conformidade polos técnicos do Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra, con cargo á partida 07/122.314.165.00, do vixente Orzamento Provincial. As empresas adxudicatarias de cada un dos lotes deberán constituír unha garantía definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación polos importes seguintes:  Polo lote número 1 correspondente ás accións formativas “On Line”, 1.370,60 euros.  Polo lote número 2 correspondente ás accións formativas da zona Pontevedra-Sur, 1.943,88 euros.  Polo lote número 3 correspondente ás accións formativas da zona Salnés e semipresenciais, 1.519,80 euros. Estas garantías definitivas ingresaranse na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non se cumprir este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Os gastos xerados no expediente por inserción de anuncios nos boletíns oficiais cífranse en 593,36 euros, correspondendo 146,16 euros ós gastos do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e 447,20 euros polos gastos do Diario Oficial de Galicia. Os adxudicatarios deberán ingresar na Caixa desta Deputación, 167,15 euros no caso do lote número un; 241,69 euros polo lote número dous e 184,52 euros polo lote número tres, en concepto de gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.15409.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA CLARO SOL, S.A., PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DO PAZO PROVINCIAL A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, en sesión de data 27 de maio de 2005, adxudicou o contrato para a prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, á empresa CLARO SOL, S.A. (CIF. -A-36615763), polo prezo anual ofertado de 108.000,00 euros, a razón de 9.000,00 euros/mes, con efectos dende o día 1 de xuño de 2005, por un período de dous anos, prorrogable por outros dous, mediante acordo expreso de partes. Resultando que na cláusula segunda do contrato formalizado con data 20 de xullo de 2005, figura que o prezo do contrato se actualizará anualmente de acordo coa variación que experimente o Índice de Prezos ó Consumo (IPC), fixado polo organismo competente, previa solicitude xustificada formulada polo contratista e que a primeira actualización terá lugar unha vez transcorra o primeiro ano de contrato e con efectos a partir de dita data. Resultando que de acordo coa citada cláusula, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 11 de agosto de 2006 accedeu á revisión de prezos do contrato formalizado coa empresa CLARO SOL, S.A. para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, co incremento do 4% sobre o prezo deste, en concepto da variación do Índice de Prezos ó Consumo (IPC), ascendendo o novo prezo do contrato para o período do 1 de xuño de 2006 ó 31 de maio de 2007, ambos os dous incluídos, á cantidade de 112.320,00 €, a razón de 9.360,00 euros/mes. Resultando que unha vez finalizada a duración inicial do contrato, a Xunta de Goberno na sesión do día 15 de xuño de 2007, acordou prorrogar por dous anos a súa duración, con efectos dende o día 1 de xuño de 2007 ó 31 de maio de 2009, ambos os dous incluídos. Resultando que a empresa CLARO SOL, S.A., mediante escrito de data 5 de xullo de 2007, solicita unha nova actuación do prezo do contrato que lle foi adxudicado para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial nun 2,3% de acordo ó índice de prezos ó consumo (IPC), correspondente ó período de maio de 2006 a maio de 2007. Resultando que o custo do contrato para o período do 1 de xuño de 2007 ó 31 de maio de 2008, coa revisión de prezos ó 2,3%, supón un incremento de 2.583,36 euros, quedando o prezo anual do mesmo cifrado en 114.903,36 euros, a razón de 9.575,28 euros mensuais. Visto o informe emitido con data 18 de setembro de 2007, polo Servizo de Intervención, en relación a esta nova solicitude de revisión de prezos efectuada pola empresa Claro Sol, S.A. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Acceder á nova revisión de prezos do contrato formalizado coa empresa CLARO SOL, S.A. (CIF. -A-36615763) para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, co incremento do 2,3% sobre o prezo deste, en concepto da variación do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) nacional, ascendendo o novo prezo do contrato para o período do 1 de xuño de 2007 ó 31 de maio de 2008, ambos os dous incluídos, á cantidade de cento catorce mil novecentos tres euros con trinta e seis céntimos (114.903,36 €), a razón de 9.575,28 euros/mes, de acordo ó seguinte detalle: -Prezo actual do contrato (Importe anual).................................. 112.320,00 € -Importe anual do incremento do contrato nun 2,3 %............. 2.583,36 € -Prezo anual revisado................................................................ 114.903,36 € -Prezo mensual revisado........................................................... 9.575,28 € O novo prezo revisado supón un incremento anual do custe do contrato de 2.583,36 euros, correspondendo 1.506,96 euros ó período do 1 de xuño ó 31 de decembro de 2007, cantidade que será librada con cargo á partida 07/121.121.227.00 do vixente Orzamento Provincial (Rc número de operación 200700075163). Con respecto ás cantidades que corresponde aboar pola anualidade de 2008 (meses de xaneiro a decembro), por importe de 2.583,36 euros e á anualidade de 2009 (meses de xaneiro a maio), por importe de 1.076,40 €, contabilizaranse con cargo ós orzamentos de ditos exercicios. A empresa Claro Sol, S.A. deberá constituír unha fianza complementaria por importe de 103,33 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.15410.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DA CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CUNTIS NO PAM/05, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 292/550, DENOMINADA “REFORMA DA PRAZA DE ABASTOS”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación uno/liq. do Concello de Cuntis, e a vista do informe de Intervención de data 5 de setembro presente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de trinta e dous mil novecentos corenta e un euros con oitenta e catro céntimos (32.941,84 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito Concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911-762.45.2005, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº 292/550, denominada “Reforma da praza de abastos”, incluída no PAM/05. (Este acordo anula a Resolución Presidencial nº 13000 de data 10/09/2007). ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.15411.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS a) De conformidade co escrito de 10 de setembro de 2007 na que a xefa do Servizo de Acción Social solicita permiso e axuda económica para que a contratada laboral Dona Ruth González Reyes, Coordinadora do Proxecto “CHRONOS”, poida asistir, en representación deste Organismo Provincial, ás reunións técnicas do referido proxecto que se celebran os días 13 e 14 de setembro de 2007 nas cidades italianas de Ferrara e Viterbo; e ó aboo dos gastos de desprazamento e manutención correspondentes con cargo ó orzamento do proxecto “Chronos”, de acordo coa normativa establecida no mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do art. 67 da Lei 30/92, de 26 de novembro, convalidar o acto e conceder a Dona Ruth González Reyes o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 1.150,30 euros, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Desprazamento: Saída día 12 despois das 14:00 horas e regreso o día 14 antes das 22:00 horas. Más de 48 horas e menos de 60 horas Po-Aeropuerto Santiago-Po: (coche propio)....................... 120 Km. 22,80 € Autoestrada:......................................................................................... 10,00 € Aparcamento aeroporto:............................................................ 60,00 € Avións: Santiago-Roma-Bolonia-Roma-Santiago.................. 550,00 € Total Desprazamentos: 642,80 € Dietas: Día 12, 13 e 14 Manutención –Italia- (2,5 DSA)............................................... 237,50 € Aloxamento – Italia- (135€/noite) x 2 noites…………… 270,00 € TOTAL DIETAS: ........... 507,50 € Ditas cantidades imputaranse ás partidas 07/313.328.230.01 e 07/313.328.231.01 do vixente Orzamento provincial. b) De conformidade coa proposta de data 17 de agosto de 2007 da Xefa do Servizo de Acción Social na que solicita permiso e axuda económica, co carácter de “a xustificar”, para que Dna. Ana Mateos Escudeiro, Técnica de apoio do proxecto Mercurio poida asistir, en comisión de servizo e representando a este Organismo Provincial, a unha reunión técnica para a flexibilidade na organización do traballo, que se celebrará os próximos días 26 e 27 de setembro de 2007 en Murcia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dna. Ana Mateos Escudeiro o permiso solicitado e unha axuda económica, co carácter de “a xustificar”, por importe total de 658,97 euros, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación sinálase: Saída día 26 antes das 14:00 horas e regreso o día 27 antes das 22:00 horas. Desprazamentos: (incluído alugamento de coche sen condutor) Pontevedra – Vigo – Pontevedra 11,40 € Autoestrada (ida e volta) 5,50 € Aparcamento aeroporto 20,00 € Avión (Vigo – Madrid – Murcia) 400,00 € Taxi: (aeroporto – Hotel – Murcia) 100,00 € Total Desprazamentos 536,90 € Dietas: Día 26: (1 manutención + aloxamento) 103,37 € Día 27: (½ manutención) 18,70 € Total Dietas 122,07 € Ditas cantidades imputaranse ás partidas 07/313.623.230.01 de dietas por importe de 122,07 e á 07/313.623.231.01 de locomoción por importe 536,90 € do vixente Orzamento provincial. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.15412.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOC. DE VECIÑOS RAIGAME DE CALDAS DE REIS PARA “OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO CENTRO SOCIO CULTURAL” NA XUNTA DE GOBERNO DE 30/06/06 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 30/06/2006 unha subvención a favor da Asoc. de Veciños Raigame do concello de Caldas de Reis por un importe de 60.000,00 € para “Obras de construción do centro socio cultural” con cargo á partida 06/451.451.789.04, e concedida prórroga para a súa xustificación ata o 30 de setembro de 2007 por acordo da Xunta de Goberno de 23/03/2007, recíbese escrito da citada Asociación, presentado no Rexistro Xeral con data 27/08/07, no que solicitan unha nova prórroga para a súa xustificación debido á demora na tramitación da solicitude da licenza de obras para a construción do centro social ante o Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha segunda prórroga ata o 31 de decembro de 2007, para a xustificación da citada subvención. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.15413.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOC. CORO DE CÁMARA DE CRECENTE RESPECTO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE VESTIARIO” APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 18/07/2007 unha subvención a favor da Asoc. Coro de Cámara de Crecente por un importe de 335,00 para “Adquisición de vestiario” con cargo á partida 07/451.451.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 17/09/07, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día ante a imposibilidade de cumprir cos requisitos legais esixidos, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.15414.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 3.15104 DA XUNTA DE GOBERNO DE 11/05/07 RELATIVO Á DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS No acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 11 de maio de 2007 relativo á devolución de garantías definitivas do concurso de subministro de materiais do ano 2006, detectouse un erro tipográfico ó figurar un importe de 456,00 euros, cando en realidade a cantidade correcta é de 608,00 euros, así como outros datos relativos ó número de operación e data en que foi depositada na Tesourería Provincial Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, permite ás Administracións Públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 11 de maio de 2007 relativo á devolución da garantía definitiva constituída pola empresa Hormigones Valle Miñor para responder da adxudicación do lote nº 60 do concurso para a contratación do alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2006 no sentido seguinte: Onde di: HORMIGONES VALLE MIÑOR, S.A. (C.I.F. A- 36.623.510) • A constituída en valores, mediante aval de BANKINTER, por importe de catrocentos cincuenta e seis euros (456,00 €), para responder do “Concurso subministro de materiais do ano 2006, Lote 60”, e que foi depositada na Tesourería Provincial ou día 03/11/2006 co número de operación 200600095138, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e ou selo da empresa. Debe dicir: HORMIGONES VALLE MIÑOR, S.A. (C.I.F. A- 36.623.510) • A constituída en valores, mediante aval de BANKINTER, por importe de seiscentos oito euros (608,00 €), para responder do “Concurso subministro de materiais do ano 2006, Lote 60”, e que foi depositada na Tesourería Provincial ou día 09/05/2006 co número de operación 200600043450, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e ou selo da empresa. ------ Folla: 16.15415.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición