ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2007/10/10_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/3.2007-10-10_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/10/10_Ordinaria

  • Data(s) 2007-10-10 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e cinco minutos do día dez de outubro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia de D. José Juan Durán Hermida, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal e os señores deputados D. José Manuel Figueroa Vila, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Julio Alén Montes e D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15451.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 3 de outubro de 2007. ------ Folla: 2.15452.- SUBVENCIÓNS PARA ARRANXO DE VIVENDAS, ANO 2007 (2º GRUPO) Aprobadas pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de 26/01/07, as Bases Reguladoras da convocatoria 2007, de Subvencións para Arranxo de Vivenda, aprobado o 1º grupo destas Subvencións, pola Xunta de Goberno de 18 de xullo do presente ano, polo importe de 214.347,00 € en concellos de menos de 20.000 habitantes, e de 55.588,00 € en concellos de máis de 20.000 habitantes, a favor de 100 unidades familiares, e completado o expediente das que quedaran pendentes de tramitación, á vista dos informes emitidos polo Sr. Interventor e a Traballadora Social, o 2 e 5 de outubro de 2007, respectivamente, constatando a existencia de consignación orzamentaria para atender tal gasto, e o cumprimento de todos os requisitos de documentación esixidos nas Bases, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do 2º grupo de Subvencións para Arranxo de Vivenda ano 2007, correspondente a Concellos de menos de 20.000 habitantes, polo importe total de 7.696,77, con cargo á partida 07/313.313.780.01, a favor de 6 unidades familiares ou de convivencia, segundo o cadro adxunto: PROPOSTA DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL, AÑO 2007 PARA CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 Hbts. Concello Beneficiario Achegas Achegas Contía a xustificar Obxecto da Deputación Concello polo Concello axuda AGOLADA 30% D. Manuel Bujan Otero 779,03 233,71 1.012,74 Reforma interiores TOTAIS AGOLADA 779,03 233,71 1.012,74 MEIS 40% Dna. Camila Buceta Torres 785,71 314,29 1.100,00 Arranxo cuberta Dna. Rosa Vázquez Ares 535,71 214,29 750,00 Arranxo baño TOTAIS MEIS 1.321,42 528,58 1.850,00 MONDARIZ 40% Dna. Flora Faro Rivas 1.257,86 503,14 1.761,00 Instalación fiestras TOTAIS MONDARIZ 1.257,86 503,14 1.761,00 MORAÑA 30% Dna. Milagros Barreiro García 2.338,46 701,54 3.040,00 Reformas interiores TOTAIS MORAÑA 2.338,46 701,54 3.040,00 MOS 50% D. Ernesto Rodríguez Carrera 2.000,00 1.000,00 3.000,00 Arranxo cuberta TOTAIS MOS 2.000,00 1.000,00 3.000,00 TOTAIS GLOBAIS 7.696,77 2.966,97 10.663,74 ------ Folla: 3.15453.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONSTRUCCIONES MORAIS, S.L. (NIF B- 36.173.557) • A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de nove mil quince euros con dezaoito céntimos (9.015,18 €), para responder da obra de reconstrución de muro, cuneta e regadío P.K. 2,600 E.P. Vilar- Fozara (Mondariz), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 29/03/1996 con número de operación 1996010728, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. UTE OBRAS Y CONSTRUCCIONES SEIXO, S.L.- CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. (NIF G- 36.418.176) • A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de once mil douscentos noventa e oito euros con oitenta céntimos (11.298,80 €), para responder da obra E.P. 5004 VILAR- VALEIXE (CAÑIZA- CRECENTE), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 02/09/2002 con número de operación 200200071747, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. UTE OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO, S.L.- TRANSPORTES E MAQUINARIA C.P., S.L. (NIF G- 36.443.323) • A constituída en valores, mediante aval de SEGUROS ASEFA, S.A., por importe de oito mil trescentos setenta e dous euros (8.372,00 €), para responder da E.P. 0306 PONTEVERDUGO- CAMBESES- A LAMA, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 26/08/2003 con número de operación 200300061874, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO, S.L. (NIF B- 36.290.963) • A constituída en valores, mediante aval de ACC SEGUROS, por importe de mil cincocentos noventa e seis euros (1.596,00 €), para responder da renovación rodadura E.P. 2001 CALVARIO- LA GARRIDA, TRAMO MOURELLE (VIGO), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12/08/2004 con número de operación 200400058335, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. UTE OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO, S.L.- CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. (NIF G- 36.418.176) • A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de sete mil novecentos cincuenta e seis euros con corenta e oito céntimos (7.956,48 €), para responder da E.P. 4302 RIOFRIO- VILAR (MONDARIZ), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 02/09/2002 con número de operación 200200071746, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO, S.L. (NIF B- 36.290.963) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dezasete mil setecentos cincuenta e cinco euros con noventa e oito céntimos (17.755,98 €), para responder da construción do Centro Cultural e Deportivo en Berducido- Xeve, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/10/2001 con número de operación 2001057378, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES MORAIS, S.L. (NIF B- 36.173.557) • A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de cento vinte euros con vinte céntimos (120,20 €), para responder da reposición cunetas P.K. 1.200 E.P. GONDOMAR- PEITEIROS, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 29/03/1996 con número de operación 1996010729, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES MORAIS, S.L. (NIF B- 36.173.557) • A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de cento setenta e dous euros con corenta e sete céntimos (172,47 €), para responder da reposición muro e cuneta Arcade- Amoedo P.K. 11,400 e 1,850 (Soutomaior), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 27/04/1998 con número de operación 1998015831, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ALBINO GONZÁLEZ, S.L.- CONFECCIONES STORY (NIF B- 36.233.542). • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de novecentos vinte euros con oitenta e seis céntimos (920,86 €), para responder do subministro de diverso vestiario para as brigadas e vixiantes do servizo de vías e obras, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 30/08/2006 con número de operación 200600073960, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FRATERNIDAD- MUPRESPA (NIF G- 82.287.228). • A constituída en valores, mediante aval de DEUTSCHE BANK, por importe de mil noventa e catro euros con corenta céntimos (1.094,40 €), para responder do servizo de vixilancia da saúde e recoñecementos médicos do persoal da Deputación de Pontevedra durante o ano 2004, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/04/2004 con número de operación 200400029402, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L. (NIF B- 36.477.677). • A constituída en metálico, por importe de seiscentos noventa e seis euros (696,00 €), para responder da asistencia técnica de actividades de formación correspondente ó plan agrupado de formación 2007 da modalidade a distancia, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/05/2007 con número de operación 200700043366, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS DE CURRO- ARICUR, S.L. (NIF B- 36.010.205). • A constituída en valores, mediante aval de BANCO POPULAR, por importe de mil cento oitenta e seis euros con oitenta céntimos (1.186,80 €), para responder do subministro de 4.300 m3 de material seleccionado de préstamo, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/07/2005 con número de operación 200500070968, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 4.15454.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, en sesión de data 26 de maio de 2006, adxudicou o contrato para a prestación do servizo de limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, á empresa EULEN, S.A. (CIF.-A-28.517.308), polo prezo anual ofertado de 459.290,40 euros, IVE incluído, con efectos a partir do 1 de xullo de 2006, por un período inicial dun ano, prorrogable por outro ano, mediante acordo expreso das partes. Resultando que no punto 17 do prego de cláusulas económico-administrativas que rexen na adxudicación do contrato, o prezo actualizarase anualmente de acordo coa variación que experimente o Índice de Prezos ó Consumo (IPC), previa solicitude xustificada formulada polo contratista. Resultando que con posterioridade a Xunta de Goberno en sesión do día 15 de xuño de 2007, acordou prorrogar por un ano a duración do citado contrato coa empresa EULEN, S.A , con efectos a partir do 1 de xullo de 2007 ó 30 de xuño de 2008, ambos incluídos. Resultando que a empresa EULEN, S.A, mediante escrito de 13 de setembro de 2007, que tivo entrada no rexistro desta Deputación o día 29/09/2007, solicita a actualización do prezo do contrato nun 2,2%, de acordo ó Índice de prezos ó Consumo (IPC) correspondente ó período de xullo de 2006 a xullo de 2007 e considerando o Técnico Adxunto do Servizo de Contratación que o período de actualización debe ser de xuño de 2006 a xuño de 2007, posto que os índices refírense ó último día do mes, correspondendo a este período unha variación no IPC de 2,4 %. Resultando que en caso de ser aprobada a revisión, co incremento do 2,4 %, a cuantificación do contrato sería a seguinte: -Prezo actual do contrato (Importe anual) 459.290,40 € -Importe anual de incremento do contrato nun 2,4% 11.022,97 € -Importe mensual de incremento do contrato nun 2,4 % 918,58 € -Prezo anual revisado 470.313,37 € -Prezo mensual revisado 39.192,78 € Visto o informe emitido con data 2 de outubro de 2007 polo Servizo de Intervención. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Acceder á revisión de prezos do contrato formalizado coa empresa EULEN S.A. (CIF.-A-28.517.308) para prestación do servizo de limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, co incremento do 2,4% sobre o prezo do mesmo, en concepto da variación do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) nacional, ascendendo o novo prezo do contrato para o período do 1 de xullo de 2007 ó 30 de xuño de 2008, á cantidade de catrocentos setenta mil trescentos trece euros con trinta e sete céntimos (470.313,37 €), a razón de 39.192,78 euros/mes, de acordo ó seguinte detalle: -Prezo actual do contrato (Importe anual) 459.290,40 € -Importe anual de incremento do contrato nun 2,4% 11.022,97 € -Importe mensual de incremento do contrato nun 2,4 % 918,58 € -Prezo anual revisado 470.313,37 € -Prezo mensual revisado 39.192,78 € O novo prezo revisado supón un incremento anual do custo do contrato de 11.022,97 euros, correspondendo 5.511,48 euros ó período do 1 de xullo a 31 de decembro de 2007, cantidade que será librada con cargo á partida 07/422.422.227.00 do vixente Orzamento Provincial (Rc número de operación 200700078944), e con respecto á parte correspondente á anualidade de 2008 (meses de xaneiro a xuño), por importe de 5.511,48 euros, contabilizarase na correspondente partida que será, se é o caso, a 08/422.422.227.00, quedando condicionada á aprobación do respectivo orzamento. A empresa EULEN, S.A. deberá constituír unha fianza complementaria por importe de 440,92 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados a partir da notificación deste acordo. ------ Folla: 5.15455.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN 1-FINAL DA OBRA “REPARACIÓNS DE BRANDÓNS E REPOSICIÓN DE RODADURA E SINALIZACIÓN NA E.P. NA SUBZONA DE PONTEAREAS (PONTEAREAS)” (OBRAS DE EMERXENCIA 1ª FASE) Visto o informe favorable de Intervención de data 27/09/2007, relativo á certificación 1-final da obra “Reparacións de brandóns e reposición de rodaxe e sinalización na E.P. na subzona de Ponteareas (Ponteareas)” (obras de urxencia 1ª fase), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pagamento da referida certificación, debendo librarse o seu importe con cargo á partida 07/511.511-612.01, con arranxo ó seguinte detalle: Euros CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. (CIF B-36008886) 783.705,62 Subtotal 783.705,62 Taxa dirección de obra 22.709,52 Total descontos 22.709,52 Importe líquido a percibir pola empresa 760.996,10 Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os de Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 6.15456.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE A ESTRADA, PARA A XUSTIFICACIÓN DE DIVERSAS OBRAS INCLUÍDAS NO PAM/06 E O PSA/06 Vista a solicitude do concello da Estrada, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar diversas obras incluídas no PAM/06 e PSA/06, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder dita prórroga das obras que a continuación se relacionan: OBRA Núm. PLAN SUBVENCIÓN Beirarrúas, iluminación e redes de abastecemento e saneamento en Vilar. 33/156 PAM/06 10.826,67 Dotación de servizos na rúa IRYDA 281/855 PAM/06 17.898,23 Pavimentación e acceso a Curantes e outras 283/857 PAM/06 3.294,93 Complementaria á de beirarrúas, iluminación e redes de abastecemento e saneamento en Vilar 287/849 PAM/06 3.085,78 Saneamento en Montillón de arriba 9/693 PSA/06 9.920,79 Complementaria á de saneamento en Aguións 115/852 PSA/06 2.317,64 Saneamento e abastecemento na rúa IRYDA 116/851 PSA/06 10.276,94 Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2008, con carácter improrrogable. ------ Folla: 7.15457.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.15458.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE COTOBADE, PARA A XUSTIFICACIÓN DE DIVERSAS OBRAS INCLUÍDAS NO PAM/06 E O PSA/06 Vista a solicitude do concello de Cotobade, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar diversas obras incluídas no PAM/06 e PSA/06, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder dita prórroga das obras que a continuación se relacionan: OBRA Núm. PLAN SUBVENCIÓN Acceso Laxe, praza Rebordelo, camiño Caroi, etc. 20/536 PAM/06 118.026,09 Saneamento en San Xurxo de Sacos e Tenorio 60/963 PSA/06 28.199,37 Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2008, con carácter improrrogable. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.15459.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE VILABOA, PARA A XUSTIFICACIÓN DE DIVERSAS OBRAS INCLUÍDAS NO PAM/06 E O PSA/06 Vista a solicitude do concello de Vilaboa, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar diversas obras incluídas no PAM/06 e PSA/06, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder dita prórroga das obras que a continuación se relacionan: OBRA Núm. PLAN SUBVENCIÓN Abastecemento de auga en Paredes 134/351 PAM/06 55.008,39 Abastecemento de auga no barrio de Paredes 64 PSA/06 13.510,81 Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2008, con carácter improrrogable. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.15460.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DO “PREMIO ENTRE CULTURAS-2007” A Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado cualificador do Premio Entreculturas – 2007 despois da reunión mantida o pasado 5 de outubro e que é do seguinte teor: ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO PREMIO ENTRECULTURAS 2007 Na Sala de Xuntas desta Deputación de Pontevedra, sendo as 10,00 horas do 5 de outubro de 2007, reúnese o xurado cualificador do Premio Entreculturas 2007, presidido por: Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación, e os vogais: José Juan Durán Hermida, vicepresidente e presidente da Comisión de Cultura, Mª Teresa Pedrosa Silva, vicepresidenta e presidenta da Comisión I. de Benestar Social E Muller, Salvador González Solla, alcalde do Concello de Ponteareas, Benito Vila Tejo, ex-presidente do Fogar de Ribadumia en Bos Aires, Celia Soto Espiña, asesora lingüista, actuando como secretario Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura e Deportes desta Deputación. Escusa a súa asistencia Dª Mª Regina de Mongiardim da Costa Flor e Almeida, decana do Corpo Consular. Aberto o acto o presidente manifesta que, convocado o referido Premio Entreculturas 2007, dotado coa cantidade de 12.000,00 € e aprobadas as bases por R.P. nº 10696 de 18/07/07 e publicadas no BOP núm. 145 de 27/07/07, rematou o prazo de presentación de candidatos/as o 20 de setembro do presente ano. De acordo co establecido na base 4ª da convocatoria, o xurado xa constituído propón como candidatos ó premio os seguintes: No apartado primeiro, para premiar a unha entidade ou persoa do mundo hispano e da emigración á Sociedade Caballeros de Santiago (Salvador de Bahía – Brasil), entidade con fins culturais filantrópicos e sociais en beneficio de todos os galegos emigrantes en Brasil e que lles serve como centro de intercambio entre basileiros e galegos. No apartado segundo, para premiar a unha persoa ou entidade de ámbito galego, Fundación Balms para la Infancia, con sede en Vigo –Pontevedra, con fins benéfico-sociais sen ánimo de lucro que desenvolve proxectos destinados a protexer os dereitos do neno. Vistos os dossiers das dúas candidaturas e previa deliberación o xurado acorda por unanimidade dos seus membros concederlles o Premio Entreculturas 2007 ás seguintes institucións: 1. Dotado coa cantidade de 6.000,00 € a Sociedade Caballeros de Santiago pola súa intensa actividade a favor dos emigrantes galegos en Brasil. 2. Dotado coa cantidade de 6.000,00€ a Fundación Balms para la Infancia polo seu labor a favor dunha boa causa como é a infancia. E, non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo as 10.30 horas do mencionado día, do que eu, como secretario dou fe. 2.- Ditos premios achegaranse con cargo á partida 07/451.451.481.01 do orzamento provincial.” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.15461.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS A) De conformidade co escrito de 4 de outubro de 2007 na que a Xefa do Servizo de Acción Social solicita permiso e axuda económica para que as contratadas laborais Dna. Ruth González Reyes, Coordinadora do Proxecto “CHRONOS”, e Dna. Aranzazu Fernández Rivera, Técnica do programa de transferencia do referido proxecto, poidan asistir, en representación deste Organismo Provincial, á reunión técnica que se celebra os días 22 e 23 de outubro de 2007 en Bruxelas (Bélxica), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dna. Ruth González Reyes e a Dna. Aranzazu Fernández Rivera o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 2.561,40 euros, co carácter de “a xustificar”, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Desprazamento: Saída día 21 antes das 14:00 horas e regreso o día 24 antes das 22:00 horas. Máis de 72 horas e menos de 80 horas (3,50 DSA) Po-Aeroporto Vigo-Po: (coche propio) a aboar a Ruth. 60 Km 11,40 € Autoestrada:......................................................................................... 6,00 € Aparcamento aeroporto:................................................................... 60,00 € Avión: Vigo-Bruxelas-Vigo: para 2 persoas................. 900,00 € Taxi: Aeroporto-hotel-aeroporto........................................... 100,00 € TOTAL DESPRAZAMENTOS: 1.077,40 € Dietas: Días 21, 22, 23 e 24 Manutención –Bélxica- (3,5 DSA) x 2 persoas....................... 644,00 € Aloxamento – Bélxica- (140€/noite) x 3 noites x 2 persoas 840,00 € TOTAL DIETAS: 1.484,00 € Ditas cantidades imputaránselle ás partidas 07/313.328.230.01 e 07/313.328.231.01 do vixente orzamento provincial. B) De conformidade coa proposta de data 3 de outubro, na que o Xefe do Servizo Agrario solicita permiso e axuda económica para que a funcionaria Dna. Adela Abelleira Argibay poida asistir á “XXIII REUNIÓN ANUAL DO GRUPO DE TRABALLO DE LABORATORIOS DE DIAGNÓSTICO E PROSPECCIÓNS FITOSANITARIAS” que terá lugar os próximos días 5 ó 8 de novembro de 2007 en Cartaza (Huelva), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dna. Adela Abelleira Argibay o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 1.270,17 euros, desagregado da seguinte maneira: (Saída día 05 antes das 14:00 e regreso día 9 antes das 22:00) DESPRAZAMENTO Taxi: Pontev.-Aeroporto Santiago-Pontevedra 140,00€ Avión: (Santiago-Sevilla-Santiago-) 600,00€ Tren/autobús: (Sevilla-Huelva-Sevilla) 60,00€ Taxi: (aeroporto-estación tren/bus-hotel-estación tren/bus-aeroporto) 100,00€ TOTAL DESPRAZAMENTO: 900,00€ DIETAS: (residencia eventual) Día 5 (1 manutención+ aloxamento) 103,37€ Días 6-7-8 (80% dieta): 3 días 248,10€ Día 9 (½ manutención) 18,70€ TOTAL DIETAS: 370,17€ Ditas cantidades imputaránselle con cargo ás partidas 07/711.711.230.01 de dietas por importe de 370,17 € e á 07/711.711.231.01 de Desprazamentos por importe de 900,00€. Para o aboo das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 14ª do acordo nº 9.14880 de data de 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, o solicitante deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento da reunión e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma; os gastos desprazamentos e dietas, nos termos e condicións establecidos no real Decreto 462/2002. ------ Folla: 12.15462.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición